Receitas con froita

54

Transcript of Receitas con froita

Page 1: Receitas con froita
Page 2: Receitas con froita
Page 3: Receitas con froita
Page 4: Receitas con froita

XELATINA DE FROITAS

INGREDIENTES: •30 ml de zume de Froita (pera, mazá e grosella negra, ou mazá e amorodo)•100 g de froita fresca, moi picada: plátano, kiwi, pexego pelado, amorodos.

PREPARACIÓN: Disolve a xelatina segundo as instrucións do paquetee engade o zume removendo. Incorpora a froita picada. Pon a xelatina nun molde grande ou en varios individuais e déixaa arrefriar.

Page 5: Receitas con froita
Page 6: Receitas con froita

FROITAS EN XAROPE DE CECIMBRE E CANELA

INGREDIENTES • 200 g de azucre• 1 litro de auga• 3 paus de canela• 1 presa de cecimbre• 3 kiwis• 3 nectarinas• 10 amorodos

ELABORACIÓN• Quentar o azucre coa auga e a canela. • Deixar ferver durante cinco minutos a lume baixo. Retirar os paus de

canela e engadir a cecimbre. Triturar e coar. • Pelar e torar os kiwis e as nectarinas. Retirar o talo dos amorodos e cortar

en metades. • Reencher un recipiente grande coas froitas e cubrir co xarope de

cecimbre e canela. Servir frío.• *Pódese facer o mesmo con outras froitas como mango e piña.

Page 7: Receitas con froita
Page 8: Receitas con froita

MOUSSE DE AMORODOINGREDIENTES• 300 gramos de froitas variadas • 100 gramos de azucre• Media cunca de zume de laranxa• 4 claras de ovo • 300 cc de crema de leite• 2 sobres de xelatina sen sabor• 1 pouco de auga• Aceite

ELABORACIÓN• Primeiro preparamos a froita; tamén 50 gramos de azucre e o zume de laranxa.

Mesturamos ben e quentámolo nun cazo ata que empece a ferver. Logo deixámolo arrefriar.

• Collemos as 4 claras de ovo mesturámolas co resto de azucre nunha cunca y quentámolo a lume lento mentres o bates co batedor ata que teña unha textura de merengue.

• Agora mesturamos isto co preparado de froitas; batemos ben a medio punto. Preparamos a xelatina hidratándoa con auga e disolvéndoa a baño María. Entón mesturámola tamén.

• Poñemos a mestura nun molde cun pouco de aceite e deixámola na neveira varias horas para que endureza.

Page 9: Receitas con froita
Page 10: Receitas con froita

ARCO DA VELLA DE FROITAS

• Amorodos ou sandía para o ENCARNADO.• Nésperas, mandarinas ou melón de cantalupo

para o LARANXA.• Piña para o AMARELO.• Uvas verdes para o VERDE.• Que tal ameixas para o AZUL e o AÑIL?• Uvas negras ou arandos para o VIOLETA. Intenta facer a montaxe sobre unha bandexa

branca, para que as cores resalten máis, ou se non nunha de cor azul clariño a imitación do ceo.

Page 11: Receitas con froita
Page 12: Receitas con froita

PERAS REENCHIDAS DE ARROZ

INGREDIENTES• 2 peras • 1 litro de auga • unha rama de vainilla • 100 g de azucre • arroz con leite

ELABORACIÓN• Pelamos dúas peras grandes e cortámolas pola metade. • Cocémolas en 1 litro de auga coa rama de vainilla ou canela e 100

g de azucre durante 12 minutos aproximadamente, dependendo da madurez da pera.

• Unha vez cocidas cortamos dúas ou tres pequenas cavidades que reenchemos con arroz con leite ou crema catalá.

• Botamos por riba azucre e pasamos o soplete para caramelizar.

Page 13: Receitas con froita
Page 14: Receitas con froita
Page 15: Receitas con froita

XELATINA CON FROITASINGREDIENTES• 1 sobre de xelatina de limón • 1 melocotón • 1 mango • 1 kiwi

ELABORACIÓN• Pela e corta a froita en anaquiños e déixaa nun

prato. • Bota a xelatina nun sobre de auga fervendo e

remove ata que se disolvan os pos. Engade un vaso de auga fría á mestura.

• Bota o prato da froita na xelatina. • Verte todo nunha cunca e déixao na neveira 6 ou 7

horas.

Page 16: Receitas con froita
Page 17: Receitas con froita

POLOS DE ARANDOS E GRANADASINGREDIENTES• 225 gr. de zume de granada• 2 e 1/2 cuncas de arandos frescos• 1 iogur grego (170 gr. aprox)

ELABORACIÓN• Xuntar todos os ingredientes e bater cun batedor.• Verter a mestura en varios moldes pequenos para polos,

ou nuns vasos refugables. Coloca o pau de madeira para xeados e engade algúns arandos enteiros arriba para decorar. Meter no conxelador ata que estean conxelados.

• Se a mestura non está o suficientemente espesa para que o pau e os arandos queden ben colocados, podes usar un anaco de papel encerado (papel para forno) e atravesar o pau polo papel. Coloca os arandos enriba do papel. Unha vez conxelado simplemente terás que quitar o papel con coidado.

Page 18: Receitas con froita
Page 19: Receitas con froita

FLORES DE MELÓN E SANDÍA

INGREDIENTES: • Melón Cantaloupe • Sandía• Pauciños de piruletas• Cortadores de pasta de metal

ELABORACIÓN• Cortar toros de melón e sandía grosos, tendo a precaución de

eliminar as pebidas da sandía ou utilizar unha variedade sen pebidas.

• Utilizar os diferentes cortadores de metal para facer diferentes figuras. Neste caso fixéronse flores, combinando o vermello e o amarelo.

• Inserir nos pauciños de piruletas e manter na neveira até o momento de consumilo.

Page 20: Receitas con froita
Page 21: Receitas con froita
Page 22: Receitas con froita

XEADO DE FRAMBOESAS

INGREDIENTES• 150g de azucre • 50 ml de auga mineral• 900g de framboesas frescas de boa calidade• 1 cullerada de zume de limón

PREPARACIÓN• Nunha ola, poñer a quentar auga mineral e azucre a lume lento ata

que se disolva o azucre. Levar a punto de ebulición e deixar arrefriar.

• Unha vez frío, colocar o xarope que formou e agregar as framboesas e o zume de limón. Licuar ata obter o puré.

• Pasar o puré por un coador fino para eliminar as semente e colocar en maquina de xeado de acordo coas instrución uns 20-30 minutos

Page 23: Receitas con froita
Page 24: Receitas con froita

AMORODOS BAÑADOS EN CHOCOLATE

INGREDIENTES• Chocolate para fundir• Amorodos

ELABORACIÓN• Lavar os amorodos e sacudilos lixeiramente para secalos. • Fundir o chocolate ao baño maría ou ao microondas.• Suxeitar os amorodos polas hojas e mollalos no chocolate fundido.• Sacudir delicadamente para eliminar o exceso de chocolate e colocar

os amorodos nunha bandexa cuberta con papel de forno.• Coloca a bandexa no frigorífico durante 5 minutos para fixar o

chocolate.• Decorar en contraste con chocolate usando unha pequena manga

pasteleira. Isto dará aos amorodos un aspecto moi elegante e profesional.

Page 25: Receitas con froita
Page 26: Receitas con froita

BOLIÑAS DE COCOINGREDIENTES• 250 gr coco raiado • 2 Cunca de chocolate espeso • 300 gr azucre • 2 vasos de auga

PREPARACIÓN• Pon ao lume nun cazo os dous vasos de auga e o azucre. Cando se

consiga xarope coa mestura anterior, agrégase o coco raiado humedecido.

• Bátese ben e retírase o cazo do lume. • Déixase descansar a mestura durante 10 horas, aproximadamente.• Pasado ese tempo, fórmanse bolas e rebózanse co chocolate

espeso e frío. • Colócase nunha fonte e listo para servir.

Page 27: Receitas con froita
Page 28: Receitas con froita

MOUSSE DE PLÁTANO

INGREDIENTES• 400 gr de plátano • o zume de 1 limón • 60 gr azucre • 2.5 dl nata montada

ELABORACIÓN• Tritura os plátanos co zume de limón e o azucre.• Engade a nata montada e mestura. • Sirve en moldes individuais ou en copas. • Podes decorar con porcións de plátano e con froitas vermellas

e abrillantar con xarope fervendo.

Page 29: Receitas con froita
Page 30: Receitas con froita

MELOCOTÓNS EN XAROPEINGREDIENTES • 1kg de melocotóns.• 500gr de azucre.• 1l de auga.

ELABORACIÓN• Pela os melocotóns, córtaos pola metade e quítalles o óso.

Ponnos nunha pota e reserva.• Pon a quentar a auga co azucre e cando rompa a ferver,

vérteo enriba dos melocotóns. Deixa repousar 3h.• Introduce os melocotóns escorridos en botes e pon a ferver de

novo o xarope durante 3minutos. Despois, vérteo sobre os melocotóns, dentro dos botes.

• Tapa os botes e méteos na cazarola con auga fervendo durante 30minutos para esterilizalos. Pon un pano no fondo da pota para que non se rompan.

Page 31: Receitas con froita
Page 32: Receitas con froita

COPA DE GALLETAS CON MELOCOTÓN

INGREDIENTES• Dous melocotóns• 15 o 20 galletas• Plátano ou fresa• Leite condensada • Zume de melocotón• Nata• Canela

ELABORACIÓN• Machucar as galletas.• Botar nunha copa de sobremesa o melocotón.• Engadir por riba, as galletas machucadas o zume de melocotón e a

leite condensada.• Por riba de todo iso botar trociños de plátano ou fresas, nata e

canela, e listo para servir.

Page 33: Receitas con froita
Page 34: Receitas con froita

AMORODOS CON NATA

INGREDIENTES • 500 gramos de fresas• ½ litro de nata para montar• Azucre

ELABORACIÓN• Lava ben os amorodos con abundante auga e

quítalle o rabiño.• Bota a nata nun recipiente fondo e engade un

pouco de azucre• Corta os amorodos en anacos e bótalle a nata

cando estea montada• Sirve en recipientes individuais

Page 35: Receitas con froita
Page 36: Receitas con froita

MELOCOTÓNS RECHEOSINGREDIENTES • Lata de melocotóns en xarope • 4 culleradas de azucre• 1 xema de ovo • 2 claras de ovo• 3 culleradas de coñac• 100 gramos de améndoa moída

ELABORACIÓN • Mestura os 100 gramos de améndoa moída con 2 culleradas de

azucre, o coñac e a xema de ovo. • Une todo moi ben e reenche os melocotóns con esta crema.  • Bate as claras a punto de neve con 2 culleradas de azucre e

cubre os melocotóns.• Mete no forno a gratinar e se queres adorna cunha guinda.

Page 37: Receitas con froita
Page 38: Receitas con froita

CREMA DE ARANDOS

INGREDIENTES• 250 gramos de arandos• 3 culleradas de azucre• 2 cuncas de nata montada.

ELABORACIÓN• Lávanse e tritúranse os arandos co batedor e

resérvanse. Mestúraos pouco a pouco coa nata e o azucre.

• Reparte a mestura nas copas e adorna coas froitas.

Page 39: Receitas con froita
Page 40: Receitas con froita

Torta de piña fríaINGREDIENTES• 500 gramos de piña en xarope• 1 sobre de xelatina de limón• 1 paquete de sobados• 120 ml de nata líquida

ELABORACION • Escorre o xarope da piña e resrvao nun vaso.• Cortamos a piña en anaquiños e facemos a base da torta.• Enriba poñemos os sobados ocupando todo o molde.• Por outra parte poñemos a ferver o xarope da piña.• Disólvese no xarope a nata e a xelatina de limón.• Revolvese moi ben e vertese por enriba dos sobados empapándoos ben.• Por último deixamos arrefriar no frigorífico.

Page 41: Receitas con froita

Xelatina de mango

Page 42: Receitas con froita

Ingredientes:

• 3 mangos

• 250 gramos de philadelfia

• Grenetina (xelatina neutra)

Page 43: Receitas con froita

Pasos a seguir:

• votar a grenetina nun tazo de auga tibia para que se vaia hidratando.

• Pelar o mango e cortalo en anaquiños e votalo n un vaso de batedoiro xunto coa crema de queixo philadelfia e o tazo de grenetina co auga.

• Batelo ben e poñelo nun recipiente e metelo no frigorífico.

Page 44: Receitas con froita
Page 45: Receitas con froita

AMORODOS CON IOGURTINGREDIENTES• 10 fresas• 100 g de grosellas• 50 g de framboesas• 200 g de iogur natural• 2 claras de ovos • 3 culleradas de azucre

ELABORACIÓN• Para o xarope, lava as fresas, quítalles o rabiño. Pon a reducir

nunha cazola a fogo lento xunto ao azucre.• Separa as claras do ovo, ponas nunha cunca, engade unha

culleradiña de azucre e bate co batedor de montar ata obter merengue.

• Envolve co iogur suavemente e deixa arrefriar no frigorífico.

Page 46: Receitas con froita
Page 47: Receitas con froita

MOUSSE DE LIMÓN E LARANXAINGREDIENTES• 150 gr. de leite condensado • 2 limóns • 2 claras de ovo • 3 follas de xelatina • 2 culleradas de azucre • auga • menta (para decorar)

ELABORACIÓN• Forra con papel de aluminio o fondo de 4 aros o moldes. (poñendo o papel por fóra do aro).• Saca a casca amarela dun limón coa axuda dun pelador. Córtaa fina e pona a ferver nunha

cazola con medio vaso de auga e 2 culleradas de azucre. Deixa que ferva durante 5-6 minutos. Expreme os dous limóns e reserva o zume.

• Dilúe as láminas de xelatina nunha tixola cun chisco de auga e resérvaas.• Verte nun bol o leite condensado e o zume dos dous limóns. Bate co batedor. Engade a

xelatina diluída. Separa nun bol dúas claras de ovo e móntaas coa axuda dun batedor de varillas. Engade o resto de ingredientes. Mestura suavemente, con movementos envolventes. Reenche os moldes coa mousse e introduce no frigorífico ata que adquiran consistencia.

• Desmolda as mousses e preséntaas coa casca de limón confitada por riba. Decora cunhas folliñas de menta.

Page 48: Receitas con froita
Page 49: Receitas con froita

CREMA DE MANGOINGREDIENTES• 1 mango maduro• 1 melocotón• 1 Iogur grego• 125 gr de queixo Mascarpone ou similar• 4 culleradas de azucre• 1 cullerada de licor de melocotón• 6-8 galletas Digestive trituradas para a base ELABORACIÓN• Nun bol poñemos o queixo co iogur e 2 culleradas de azucre. Bater a mestura ata que

quede homoxénea. Reservar na neveira.• Poñemos o mango pelado e cortado en anacos no vaso do batedor e trituramos xunto

con 2 culleradas de azucre, 1 cullerada de licor e un pouco da mestura de iogur y queixo ata que quede unha crema non moi espesa.

• Cortamos o melocotón en dados. Reservamos uns cantos para a decoración e o os outros poñémolos nun cazo cunha cullerada de azucre e un pouco de auga e cocémolos a lume suave 5 minutos para que se abranden y formen un xarope.

• Para montar a copa poñemos no fondo unhas culleradas de galletas trituradas ou restos de un biscoito esmigallado. A continuación poñemos unhas culleradiñas da crema de mango. Logo poñemos o melocotón e por último, a mestura de queixo e iogur.

Page 50: Receitas con froita
Page 51: Receitas con froita

SOBREMESA DE MAZÁ E OUTRAS FROITAS

INGREDIENTES:• 200 gr. de puré de mazá• 200 gr. de ameixas• 1 merengue mediano• 1 cullerada de augardente• crema chantilly

ELABORACIÓN: • Colocar en vasos ou copas o puré de mazá, uns

anacos de merengue e as ameixas. • Verter un pouco de augardente e rematar coa crema

chantilly.

Page 52: Receitas con froita
Page 53: Receitas con froita
Page 54: Receitas con froita