Libro receitas eso e infantil

34
LIBRO DE RECEITAS DE COCIÑA Traballo de colaboración entre o alumnado de ESO e de educación infantil

Transcript of Libro receitas eso e infantil

Page 1: Libro receitas eso e infantil

LIBRO DE RECEITAS DE COCIÑA

Traballo de colaboración entre o

alumnado de ESO e de educación infantil

Page 2: Libro receitas eso e infantil

CPI Virxe da Cela (Monfero)

Curso académico 2014.2015

AS FREIXÓS

Ingredientes

-1/4 l. de leite

-1/4 l. de auga

-4 ovos

-300 gr. de fariña

-80 gr. de azucre

-Sal (un pisco)

-Un anaco de touciño de porco

-Rela da pel de 1 limón

-Un chorro de anís

Preparación

Para preparar os freixós, bateremos nunha cunca os ovos cun pisco de sal, logo mesturamos co leite e a auga. Pouco a pouco vamos engadindo a fariña e o azucre, e ao final poñémoslle a rela do limón e engadimos anís.

Collemos unha tixola para preparar os nosos freixós. Pinchamos o touciño cun garfo e pasámolo pola tixola para engraxalo.

Cando a tixola estea ben quente, engadimos unha pouca mestura, repartimos ben a masa e esperamos un pouquiño hasta que estea dourada. Dámoslle a volta, deixamos que se doure uns segundos e xa temos a primeira freixó. Así ata acabar a nosa masa. E BON PROVEITO...

Page 3: Libro receitas eso e infantil

Zaira Díaz Primoy (1º da ESO).

Page 4: Libro receitas eso e infantil

POLO Á SIDRA

Ingredientes

-1 polo

-2 cebolas

-250 g de cogomelos

-medio litro de sidra

-10 abelás

-10 améndoas

-aceite e o sal ao gusto de cada un.

Preparación

Fritir o polo en anacos, botarlle cebolas picadas para que se abranden; logo os cogomelos picados. Pasamos polo morteiro as abelás e améndoas e botámolas na pota.Botar a sidra e o sal ao gusto de cada un. Finalmente, cocelo a lume lento.

Roberto Uzal Couto (1º da ESO).

Page 5: Libro receitas eso e infantil

ARROZ DE LUMBRIGANTE

Ingredientes

-2 lumbrigantes de uns 800 gr

-700 gr de arroz

-1 vaso de aceite

-1 cebola

-2 dentes de allo

-1 folla de loureiro

-1 copa de coñac

-1 vaso de viño branco

-2l de caldo de pescado ou marisco

-Perexil

-Azafrán

-Sal e pementa

Preparación

O primeiro de todo é coller unha tixola grande, onde hai que fritir os allos, a cebola, o loureiro e o perexil moi picados.

Incorpora o lumbrigante cortado en anacos, dálle unhas voltas e flamexa o coñac. Engade o viño branco, un pisco de azafrán e déixao facer uns minutos.

A continuación, pasa todo a unha cazola, refoga o arroz, sal e pementa e engade o resto do caldo de pescado ou marisco.

Introdúceo no forno uns 20 minutos a 200 graos procurando que non se seque o arroz; engades máis auga se fose necesario.

A preparación pretende ser zumenta, tirando a caldosa.

Page 6: Libro receitas eso e infantil

Sara Golpe Regueiro (1º da ESO)

SOPA DE MARISCO

Ingredientes (para 6 persoas)

-250g de ameixas

-250g de mexillóns

-250g de gambas

-250g de cigalas

-4 nécoras

-2 anacos de peixe sapo ou de pescada

-1 cebola

-2 dentes de allo

-100g de pan

-Pirixel

-Azafrán

-Sal

-Aceite

-Auga

Preparación

Limpar ben os mexillóns e as ameixas deixándoas en remollo con auga e sal durante unhas horas para que solten toda a area. Aos mexillóns convén rasparlles as cunchas tamén para que queden ben limpos.

Nunha cazola con auga e sal, poñer a cocer todo o marisco conxuntamente co peixe 10 minutos. Unha vez cocido todo, reservar o caldo.

Separar a carne do marisco da súa cuncha e as espiñas do peixe. Coar o caldo e colocalo todo noutra ola.

Nunha tixola con aceite quente facer un refrito co allo e a cebola, que previamente picamos.

Engadir o refrito, toda a carne do peixe e o marisco, previamente tallado, e refogar todo xunto durante 5 minutos aproximadamente.

Verter o contido da tixola na ola do caldo, salgar e engadir un pouco de azafrán.

Page 7: Libro receitas eso e infantil

Deixar cocer uns 25 minutos. Retirar a ola do lume, engadir os anacos de pan e botar o pirixel picado. E a comer.

Iván Deive Martínez (2º da ESO)

TORTA DE OREO

Ingredientes

-Galletas “Oreo”

-200g. de leite

-250g. de nata líquida

-Medio sobre de leite callado en po

-200g. de queixo “Filadelfia”

-150g. de azucre

Preparación

Sobre un molde desmontable, coloca galletas abertas pola metade e enche todos os ocos coa propia galleta moída. Por outra banda, pon nunha pota a nata, o queixo, o azucre e o leite (reservando unha media cunca del). Pon todo isto a lume lento ata que todo quede homoxéneo (se é necesario pásalle o batedor), ao mesmo tempo que disolve o leite callado na media cunca de leite.

Cando estea a punto de ferver, engade o leite callado na pota e déixao ferver uns 4 minutos removendo continuamente. Verte a mestura no molde, con coidado para que non se levante a galleta.

Page 8: Libro receitas eso e infantil

Déixao arrefriar unha hora e despois, coloca galleta moída por enriba e se queres, algunha galleta enteira para decorar.

Déixaa repousar unha noite na neveira, quita o molde e listo para comer!

Sergio García Coira, 2º da ESO.

TORTA DE PIÑA

Ingredientes

-1 l. de nata líquida

-1 paquete de sobaos grande

-3 paquetes de xelatina de piña

-1 vaso de azucre

-2 vasos de zume de piña

-2 vasos de auga

-Caramelo

-Piña

Preparación

Mestúranse o zume, a auga e o azucre e póñense a ferver. Cando rompa a ferver, bótanse os dous sobres de xelatina ata disolvelos ben e retírase do lume. Logo bótaslle un dos vasos de auga fría para que arrefríe antes.

A parte, nun recipiente ponse o caramelo, e enriba, a piña. Noutro recipiente, férvese a nata e cando a xelatina esta fría, agrégaselle a nata e bátese todo.

Page 9: Libro receitas eso e infantil

Logo, botamos todo nun molde e poñemos os sobaos enriba e quedan flotando. Deixámolo na neveira 12 horas e listo para servir!

Ana González Fernández, 2º ESO

TORTITAS

Ingredientes

·150 gramos de fariña.

·10 gramos de fermento.

·20 gramos de azucre.

·2 ovos.

·275 mililitros de leite.

·25 gramos de manteiga.

·1 pisco de sal.

Preparación

1. Mesturar a fariña e o fermento. Engadir o azucre e un pisco de sal.

2.Bater os ovos e mesturalos co anterior.

3.Agregar o leite e remexer.

4.Botar a manteiga previamente derretida na masa.

5.Deixar repousar uns 15 minutos aprox.

6.Antes de botar a tortita na tixola, untar con manteiga coa axuda dun pano de mesa.

Page 10: Libro receitas eso e infantil

Consellos:

-Esta receita dá aproximadamente (dependendo do grosor) unhas 10 tortitas.

-Agregar nata ou xarope de chocolate por enriba da tortita unha vez feita.

-Engádelle á masa labras de chocolate (se este é do teu agrado)

Ana Pena Freire (2º da ESO)

OSSOBUCO DE PORCO CELTA

Ingredientes

2 kg de ossobuco (xarrete con óso)

2 cebolas

1 pemento vermello

3 cenorias

3 dentes de allo

2 tomates

salsa

2 vasos de viño tinto

aceite de oliva

2 vasos de caldo de ósos

pemento doce

Preparación

Nunha cazola con aceite, douramos a carne e despois reservámola. Picamos as verduras e botámolas no mesmo aceite coado con sal ata que estean cociñadas. Engadimos os tomates pelados e picados. Deixamos que se faga todo. Incorporamos o viño tinto, a carne e o caldo. Antes de retirala. botarémoslle unha cullerada de pemento doce.

Suxestión

Pode ir acompañada de arroz en branco ou patacas.

Raquel Suárez Antón 2ºESO.

Page 11: Libro receitas eso e infantil

BISCOITO DE CHOCOLATE AO VIÑO TINTO

Ingredientes

-4 ovos.

-200 gramos de azucre.

-200 gramos de cacao en po ou "cola-cao".

-110 mililitros de viño tinto.

-200 gramos de fariña de repostería.

-1 sobre de Royal.

-Azucre glas para botar por enriba.( Non é necesario).

Preparación

Primeiro hai que bater os ovos mailo azucre. Logo, hai que incorporar a manteiga e montar un pouco. Despois, hai que botar o cacao e o viño. Logo, botar a fariña e o Royal e despois, acabar de bater.

Hai que tela no forno durante trinta e cinco ou corenta minutos. Por último, hai que servilo cando estea frío.

Ángel Varela Cortizas, 2º da ESO.

Page 12: Libro receitas eso e infantil

"BROWNIE" CON NOCES

Ingredientes

-250gr de manteiga

-150gr de azucre

-200gr de chocolate para sobremesas

-4 ovos

-150gr de fariña

-Un vaso de noces

Preparación

Derretemos os 250gr de manteiga no microondas, nun recipiente grande, e mentres a manteiga aínda está quente, partimos a libra de chocolate en anacos e derretémola tamén. Cando teñamos unha crema de cor marrón clara uniforme, botamos os ovos enteiros, coa clara e a xema e a fariña. Removemos todo ata que se torne denso e uniforme e botamos as noces. Metemos a crema no noso recipiente favorito e enfornamos por 10-20 minutos.

Xa temos o noso "brownie" listo.

Manuel Santamariña Ruiz de León (4º da ESO)

Page 13: Libro receitas eso e infantil

CALDO GALEGO

Ingredientes

-1 feixe de grelos

-100 g de fabas brancas

-1 bo anaco de unto duns 40 g

-½ kg de patacas

-1 óso de lacón

-1 óso de caña de tenreira

Preparación

O verdadeiro caldo galego é un caldo mesturado, que só leva unha mestura de patacas, fabas, verduras, unto de porco rancio e máis nada.

Poñer ao lume un pote con auga, fabas brancas e os ósos. Poñer os grelos lavados e partidos coas mans nun recipiente diferente con auga fervendo para quitarlles parte do amargor. Retíranse e resérvanse. Cando comece a ferver a auga coas fabas, engadirlle o unto. Ao pasar 45 minutos, incorporar as patacas cortadas en anacos non demasiado grandes e os grelos. Deixar todo ao lume ata que estea ben cocido e, para rematar, rectificar de sal.

Page 14: Libro receitas eso e infantil

PICADO DE LIMÓN

Ingredientes: ( para 4 persoas)

-4 limóns grandes e zumentos

-2 culleradas sopeiras de azucre

-Auga fría

Preparación

Relar un pouco da pel do limón (só a parte amarela) e espremer os 4 limóns. A continuación, incorporar o zume e a rela, o azucre e auga fría para obter a limoada con sabor intenso, co punto de doce que se prefira. Verter nunha xerra. Introducir no conxelador ata que teña a consistencia de picado.

Repartir en vasos de refresco e servir.

Laura Río Deibe (2º da ESO)

Page 15: Libro receitas eso e infantil

MADALENAS CASEIRAS

Ingredientes

-2 vasos de fariña.

-1/2 vaso de azucre.

- 1 vaso de nata líquida.

-Raspa dun limón.

-Raspa dunha laranxa.

-3 ovos.

-1 sobre de lévedo.

-1 unha culleriña de aceite.

Preparación

1. Botar os ovos nun recipiente e bater.

2. No recipiente, botar pouco a pouco o azucre mentres se bate.

3. A continuación, engadir a nata, as raspas (a de limón e a de laranxa) e o aceite.

4. Mentres se remove, engadir a fariña e o lévedo.

5. Mesturar todo ata obter unha masa homoxénea.

6. Deixar repousar 30 minutos.

7. Ir quentando o forno a 180 graos centígrados.

Page 16: Libro receitas eso e infantil

8. Coller os papeis das madalenas e verter a masa (cubríndoos ata a metade aproximadamente) e engadir un pouco de azucre por encima.

9. Deixar as madalenas no forno 10 minutos aproximadamente.

10. Retirar as madalenas e deixar arrefriar.

Andrea Brage Amado, (2º da ESO)

Page 17: Libro receitas eso e infantil

TORTA DE CHOCOLATE, GALLETA E FLAN

Ingredientes

-Unha libra de chocolate negro de 500gr.

-4 sobres pequenos de flan.

-2 litros de leite.

-4 paquetes de galletas.

-2 litros de auga.

PreparaciónPrimeiro, poñemos un litro de auga nunha pota a quentar. Mentres quence a auga, rompemos o chocolate e botámolo na pota coa auga case fervendo. Hai que remexer ata que estea totalmente derretido e non teña grumos.

Logo, nun recipiente bótase un litro de leite, os catro sobres de flan e reméxese tamén ata que non teña grumos.

Logo, collemos a fonte na cal vai ir a torta. Primeiro ponse unha capa de galletas sen mollar, e vaise botando o flan e chocolate alternativamente e entre capa e capa ponse unha de galletas molladas no que ti queiras: leite, Sansón, etc.

Carlos Castro Rivas (2º E.S.O.)

Page 18: Libro receitas eso e infantil

CUPCAKES CON CREMA E CHOCOLATE

Ingredientes para 12 unidades

- 100 gr de manteiga

- 160 gr de azucre

- 2 ovos

- 150 gr de fariña

- Fermento

- ½ culleriña de bicarbonato

- 1 chisco de sal

- 150 gr de chocolate con leite en anacos

- 100 gr de iogur

- Moldes de papel para ás madalenas

Cobertura

- 100 gr de chocolate amargo

- 200 gr de manteiga

- 250 gr de azucre glas

Preparación

1- Prequenta o forno a 175 graos. Coloca os moldes de papel nun molde para varias madalenas. Bate a manteiga co azucre ata que quede lixeira e posteriormente, incorpora os ovos un por un. Mestura a fariña co fermento, o bicarbonato e o sal e, alternándoa co iogur, vaina incorporando á masa de manteiga. Engade tamén o chocolate en anacos.

2- Reparte a masa nos ocos do molde e cocíñaa no forno uns 20 minutos. A continuación, déixaa arrefriar sobre unha reixa.

3- Mentres tanto, prepara a cobertura. Derrete o chocolate amargo a baño María e déixao arrefriar. Bate a manteiga ata que quede escumosa, engade o chocolate e mestúrao ata que estea cremoso. Incorpora o azucre glas. Se non queda bastante espesa, engade un pouco máis de

Page 19: Libro receitas eso e infantil

azucre glas. Introdúcea nunha manga pasteleira coa boca grande e distribúea sobre os cupcakes. Decóraos como máis che guste.

Alba Rodríguez Purriños (2º da ESO)

CALDO GALEGO

Ingredientes

-200 gramos de fabas brancas secas.

-300 gramos de tenreira.

-300 gramos de verzas.

-1 anaco pequeno de unto, de 50 gramos máis ou menos.

-1 chourizo galego.

-Carne salgada de porco.

-Costela

-Touciño

-Un óso de lacón con carne.

Preparación

Primeiro, poñemos as fabas nunha cazola de auga fría a remollo durante 12 horas. Tamén se poden poñer a remollo as partes salgadas do porco, cambiando a auga unha vez.

Page 20: Libro receitas eso e infantil

Unha vez feito isto, escorremos os ingredientes e poñemos no lume unha pota grande onde engadimos as fabas que estaban a remollo, o chourizo, a carne e o unto. Hai que deixalo cocer a lume medio durante unha hora.

Logo, pelamos as patacas e cortámolas en dados, en lascas ou en láminas, ao gusto. Engadímolas cando falten 10 minutos para a cocción do caldo, aproximadamente logo de 40 minutos de cocción. A continuación, retiramos a carne e o chourizo e reservamos.

A seguir lavamos e tallamos as verzas, mellor grelos ou nabizas, mais tamén nos serve o repolo. Engadímolas coas patacas e cocémolas durante vinte minutos máis. Neste momento, debemos regular o sal, por se necesita un pouco máis. Normalmente, non é necesario dado que a carne é salgada, por moito que a puxésemos a remollo.

Para rematar, picamos en anacos pequenos a carne e o chourizo e introducímolos ao caldo. Removemos para xuntar todo. Podemos chorrear con aceite de oliva para darlle o toque final.

Aínda que está bo de todas as maneiras, normalmente é a partir do segundo día cando mellor sabe, dado que lle damos tempo para que se mesturen os sabores. Para servir, o ideal sería nunha cunca de barro e acompañado de pan galego.

Adrián Mosquera Varela (2º da ESO)

Page 21: Libro receitas eso e infantil

BROWNIE DE CHOCOLATE

Ingredientes (6 persoas)

- 150 gr. de chocolate negro para sobremesas.

- 200 gr. de manteiga.

- 200 gr. de azucre.

- 80 gr. de fariña.

- 4 ovos.

- 10 noces.

- Auga.

Preparación

Pon os ovos nunha cunca, báteos coa variña e incorpora o azucre pouco a pouco. Talla o chocolate e a manteiga, ponos nunha cunca e deixa que se fundan ao baño María removendo con coidado. Unha vez fundido, engade a cunca dos ovos e remexe ben.

Por outro lado, mestura a fariña coas noces peladas e talladas. Engádea á mestura dos ovos. Remexe ben e coloca todo nun recipiente apto para o forno, untado con manteiga e fariña. Enforna a 180ºC durante 40 minutos. Deixa amornar para desmoldar. Funde o resto do chocolate e engade uns fíos por encima do brownie.

Erea Fernández Lence (4º da ESO)

Page 22: Libro receitas eso e infantil

ENSALADA ALIÑADA DE XAMÓN E PATACAS

Ingredientes

-500 g de patacas

-12 talladas grosas de xamón cocido de boa calidade

-25 g de alcaparras grandes e pequenas

-Unha presa de brotes de rúcula

-100 g de bonito en aceite.

Preparación

Lávanse as patacas e cócense aproximadamente durante 30 minutos en auga fervendo con sal. Convén facelo a lume lento para que non rompan. Cando estean feitas, sácanse da cazola, déixanse arrefriar e resérvanse. Despois, córtanse en talladas de medio centímetro de espesor. Mentres, se esmigállase ben o bonito e prepárase para o acabado e a presentación.

Acabado e presentación: Na base de cada prato, colocase o bonito e, encima, póñense catro talladas de pataca. O conxunto coróase coas rebandas de xamón cocido. Adórnase o prato agregando os dous tipos de alcaparras e a rúcula.

Tempo de preparación: 50 minutos.

Zito Gómez Ramos (1º da ESO)

Page 23: Libro receitas eso e infantil

TORTA DE TRES CHOCOLATES

Ingredientes

Para a base de galletas

150 gr. de manteiga

1 cullerada sopeira de azucre branco

1 paquete de galletas á vosa elección

Para as cremas de chocolate

100 gr de chocolate negro 70%

50 gr de cacao en po Royal

150 gr de chocolate con leite

150 gr de chocolate branco

90 gr de azucre branco (30 gr por capa)

600 ml de nata líquida 35% MG (200 ml por capa)

600 ml de leite enteiro (200 ml por capa)

3 sobres de leite callado Royal (12 gr en cada sobre de leite callado)

Un pouco de cacao en po Royal para decorar.

Preparación da base de galleta

Untamos unha capa moi fina de manteiga no molde. Derretemos o resto da manteiga usando o microondas, así é máis rápido. Coa picadora trituramos as galletas (se es celíaco deben ser sen glute, podédelas encontrar en case todos os supermercados). Se non tedes picadora, nun trapo de cociña botamos as galletas, envolvemos e machucámolas cunha culler ou algo pesado, non queda tan fino pero serve igual.

Mesturamos cunhas varas manuais ou un batedor a manteiga derretida co azucre. Engadimos todo por enriba das galletas trituradas, mesturamos e repartimos pola base. Prememos contra o fondo coa axuda dunha culler ou cos dedos. Metémola á neveira durante media hora.

Preparación da torta aos 3 chocolates

Dos 200 ml de leite que imos utilizar para a primeira capa de chocolate negro, separamos uns 100 ml aproximadamente, o que caiba nun vaso, e neles disolvemos un sobre de leite callado Royal ata que estea ben mesturado. O resto do leite (100 ml) e 200 ml de nata botámolos a un cazo e poñémolo a ferver con 30 gr de azucre. Esta será a capa de

Page 24: Libro receitas eso e infantil

chocolate menos doce pois o chocolate 70% leva pouco azucre, o contraste estará moi bo.

Toramos o chocolate, canto máis fino quede, mellor se fundirá e engadímolo coas dúas culleradas de cacao en po Royal ao leite que temos no cazo. Removemos coas varas ata que obteñamos unha crema homoxénea e suave, engadimos o leite callado diluído no leite e removemos ata que ferva durante 4 ou 5 minutos. Non debemos deixalo máis tempo que o indicado pois se non, a crema de chocolate se nos queimará. Retiramos do lume e deixamos que se tempere, vertemos con suavidade sobre a capa de galletas sempre axudados dunha culler para que non caia en fervenza directamente sobre as galletas e nos forme un burato.

Para as seguintes capas, o proceso é similar, veredes que o chocolate con leite e o branco se disolve antes pois ten unha maior cantidade de manteiga de cacao e outros compoñentes alleos. Mentres preparamos a 2ª e 3ª capa de chocolate pasarán uns 7 minutos aproximadamente, o tempo perfecto para que o leite callado quede consistente e a capa de abaixo se solidifique lixeiramente, de forma que non patine a seguinte capa. Así podemos solapar as capas da torta sen ter que esperar a que arrefríe como adoita pasar cando utilizamos xelatinas. De feito, se deixades que arrefríe demasiado, as capas non chegarán a solaparse ben e pódese escorrer a mestura de chocolate. Recordade usar unha culler ao verter para evitar romper a capa de abaixo que ten que estar callada, pero aínda pegañenta.

Para que as diferentes capas se agarren ben, o truco é raspar coa axuda dun garfo a capa anterior antes de engadir a seguinte. Así quedaranvos as capas coma se fosen unha soa, os ocos que deixa o garfo encheranse de chocolate que fará de pegamento.

Unha vez que temos as capas listas metemos na neveira con coidado durante 3 horas ata que os chocolates estean totalmente asentados, recordade que esta torta está moito mellor dun día para outro. Cando cheguen os vosos convidados, sacamos a torta da neveira e desmoldamos coa axuda dun coitelo.

Déixovos un último consello: para evitar lavar o cazo na preparación da crema, se vos dá igual, podedes empezar polo chocolate branco, seguir co chocolate con leite e rematar co negro.

Cintia Grueiro Buján (4º da ESO)

Page 25: Libro receitas eso e infantil
Page 26: Libro receitas eso e infantil

SETAS REBOZADAS CON PATACAS FRITAS

Ingredientes

-Setas (tamaño medio)-Patacas-Pan raiado con pirixel

-Ovos-Sal-Aceite para fritir

Preparación1. Pelas, lavas e cortas as patacas. Lavas as setas e sécalas.

2. Pasas as setas polo ovo cun pouco de sal e despois polo pan raiado e pirixel.

3. Frites as setas e finalmente as patacas.

Consello : Acompañar con ALIOLI DE ALLO NEGRO.Antía Gómez Ramos (4º da ESO)

Page 27: Libro receitas eso e infantil

ENSALADA DE VERÁN

Ingredientes(Todas as cantidades dependen do gusto da persoa e do nº de comensais)

-Leituga (calquera tipo: mesturada, do país...)

-Maínzo

-Cenoria relada

-Remolacha relada

-Bonito

-Sal

-Aceite virxe extra

-Crema balsámica

Froita:

-Piña

-Mazá

-Pera

-Melocotón

Preparación

1. Cortas e lavas a leituga.

2. Nunha fonte, botas a leituga. Engádelle a cenoria e a remolacha ao gusto.

3. Sen cortarte, abre a lata de bonito e engádeo á ensalada.

4. Lava, pela e corta a froita que elixiches antes para botala.

5. Alíñaa cunhas areas de sal, un pouco de aceite virxe extra e crema balsámica.

6. Finalmente, mestura todo ben.

Antía Gómez Ramos (4º da ESO)

Page 28: Libro receitas eso e infantil

MACARRÓNS CON QUEIXO GRATINADO

Ingredientes (cantidades ao gusto)

-Macarróns (preferible as hélices de cores)

-Queixos: coller todos os tipos de queixos que teñas na casa (non serve o fresco)

-Queixo relado (varios queixos nunha bolsiña; 4 preferible)-Auga

-Sal

-Salsa de tomate

Preparación

1. Nunha pota, botas auga e unhas areas de sal.

2. Cando ferva, botas os macarróns e deixalos cocer.

3. Unha vez feitos, escorrelos

4. Nunha fonte, bótalos. Non esquezas acender o forno para que no momento xusto estea quente.

5. Botas a salsa de tomate

6. Por riba, botas o queix. Asegúrate de espallalo ben.

7. Introdúcelos no forno e os deixas uns 15 min. a 225ºC

Antía Gómez Ramos (4º da ESO)

Page 29: Libro receitas eso e infantil

CALDO GALEGO

Ingredientes

-150 gr. de fabas.

-500 gr. de patacas.

-Verdura (grelos, repolo,

nabizas…)

-1 óso de porco da parte do

espiñazo.

-50 gr. de unto.

-Sal.

-Aceite de Oliva.

PreparaciónO primeiro que debemos facer é deixar a remollo as fabas a noite anterior.

Poñemos nunha ola con auga as fabas, o queixo, o unto, a sal e deixámolo

cocer lentamente durante hora e media. Engadimos as patacas talladas e

continuamos a cocción. Cando as patacas estean case feitas, engadirase a

verdura tallada coa man. Sacamos o unto e machucámolo sobre unha

culler para que solte a esencia e devolvémolo á ola. Por último, deixamos

cocer ata que as patacas estean listas. Deixamos repousar un anaco e

servimos. Rico rico!

Pablo Medín Roibás (4º da ESO)

Page 30: Libro receitas eso e infantil
Page 31: Libro receitas eso e infantil

KEIKE DE IOGUR

Ingredientes

-2 iogures

-6 ovos

-4 vasos de azucre (vasos onde veñen os iogures)

-2 de Royal

-6 de fariña

-Raspa de limón

-1 vaso de aceite (vasos onde veñen os iogures)

-1 copa de coñac

Preparación

Bátense as claras a punto de neve; logo, bótase o azucre e os iogures e

mestúranse; despois, o aceite e o coñac. Logo, bótase a xema dos ovos e

a raspa de limón e remóvese. A seguir, engádeselle a fariña e o Royal e

déixase aproximadamente media hora ao forno.

Tania Grueiro Buján (2º da ESO)