Receitas 3 eso

2
AS NOSAS RECEITAS LITUANAS E POLACAS FAVORITAS Este ano, dentro do proxecto eTwinning, Let’s Cook Together, de 3º de ESO, colaboramos con un centro escolar polaco e outro lituano para falar de comida, cociña e gastronomía. A continuación algunhas das receitas que máis nos gustaron entre as que aprendemos dos compañeiros destes países. POSTRE DE XELATINA (por Josefina Feito e Lucía Villar) Ingredientes: 2 sobres de xelatina de sabores (framboesa, arandos…) 450 ml de auga Froita (framboesa, arandos...) Galletas (sobre 6) Preparación: Remover a xelatina nos 450 ml de auga. Poñer as froitas coas galletas partidas en anacos, en recipiente Baleirar a xelatina nos recipientes e gardalos no refrixerador GALLETAS MARS (por Carla Fernández e Jennifer Vázquez) Ingredientes: Catro barras de chocolate (Mars) Manteiga Un vaso de cereais (Corn Flakes) Preparación: 1. Derreter a manteiga nun cazo. 2. A continuación engadir as barras de chocolate ao cazo. 3. Mesturar coa manteiga e engadir os cereais. 4. Remexer todo. 5. Poñer a mestura en papel de forno, para que non se pegue, e deixar arrefriar. 6. Por último, degustar o resultado. Esta receita chegou ata nós grazas a unha alumna polaca chamada Kamila. Nós probamos a facelas e o resultado foi o que vedes nas fotos.

Transcript of Receitas 3 eso

Page 1: Receitas 3 eso

AS NOSAS RECEITAS LITUANAS E POLACAS FAVORITAS

Este ano, dentro do proxecto eTwinning, Let’s Cook Together, de 3º de ESO, colaboramos con un centro escolar polaco e outro lituano para falar de comida, cociña e gastronomía. A continuación algunhas das receitas que máis nos gustaron entre as que aprendemos dos compañeiros destes países.

POSTRE DE XELATINA (por Josefina Feito e Lucía Villar)Ingredientes:

• 2 sobres de xelatina de sabores (framboesa, arandos…) • 450 ml de auga• Froita (framboesa, arandos...)• Galletas (sobre 6)

Preparación:Remover a xelatina nos 450 ml de auga.Poñer as froitas coas galletas partidas en anacos, en recipienteBaleirar a xelatina nos recipientes e gardalos no refrixerador

GALLETAS MARS (por Carla Fernández e Jennifer Vázquez)Ingredientes:

• Catro barras de chocolate (Mars)• Manteiga• Un vaso de cereais (Corn Flakes)

Preparación:1. Derreter a manteiga nun cazo.2. A continuación engadir as barras de

chocolate ao cazo.3. Mesturar coa manteiga e engadir os

cereais.4. Remexer todo.5. Poñer a mestura en papel de forno, para que

non se pegue, e deixar arrefriar.6. Por último, degustar o resultado.

Esta receita chegou ata nós grazas a unha alumna polaca chamada Kamila. Nós probamos a facelas e o resultado foi o que vedes nas fotos.

Page 2: Receitas 3 eso

PIZZA LITUANA (por Daniel Rodríguez e Diego Vázquez)Ingredientes:Necesitamos queixo e manteiga, un ovo, algunhas salchichas, fariña, sal e ketchup.Preparación:Para facer a masa para a pizza, batemos un ovo, engadimos manteiga, sal e fariña e mesturamos.Cortamos algunhas salchichas e raiamos queixo.Amasamos a masa e dividímola en pequenas pezas.Estiramos a masa co rodillo.Untamos o ketchup na masa estirada, engadimos as salchichas e o queixo raiado.Metémolo no forno e cando estean feitas sacámolas.

TORTA DE QUEIXO (por Antía Cabanas e Sandra Núñez)Ingredientes para a base da tarta:

• 3 vasos de fariña• 1 vaso de azucre• 4 xemas de ovo• 250 g de manteiga• 2 culleradiñas de levadura

Ingredientes para o recheo:• 2 ovos• 125 g de manteiga• ½ vaso de azucre• 600 ml de leite• 500 g de queixo crema• 2 sobres de preparado de natillas instantáneas

Ingredientes para a cobertura:• 4 claras de ovo• un vaso de azucre

Preparación:Prequentamos o forno a 180º C.Empezamos mesturando todos os ingredientes para a base da tarta, ata conseguir unha masa que poidamos malear facilmente cun rolete.Engraxamos o molde con un pouco de manteiga e colocamos a base ben estendida. Para o recheo botamos as xemas, o queixo, o leite, o azucre e os dous sobres de preparado de natillas e mesturamos pouco a pouco ata obter unha masa homoxénea. Engadímola ao molde.Para a cobertura montamos as catro claras de ovo e mesturadas co azucre e reservamos.Introducimos a tarta ao forno, que previamente prequentamos, durante un 45 minutos aproximadamente. Nos últimos cinco minutos engadimos a cobertura anteriormente preparada.Para rematar, deixámola repousar un tempo antes de servila.