Boletín do Ceesg nº 103

38
Boletín do Ceesg

description

 

Transcript of Boletín do Ceesg nº 103

Page 1: Boletín do Ceesg nº 103

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg nº 103

2

Neste boletín: Tema do mes: Novo Grupo de Traballo de Saúde. Paula Uría Macías.

CGCEES:

Asemblea 2016.

Próximo número da revista RES: Inserción sociolaboral e educación social.

Actualidade:

Olladas dende a Educación Social.

Asistencia Persoal: Un nicho laboral en auxe, aínda que descoñecido para a propia adminis-

tración. Estefanía Estévez Cacheiro.

Formación: XII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros.

I Congreso Internacional e III Xornadas sobre Educación Social e Escola. Ampliado o prazo

de comunicacións.

Formación doutras entidades.

Emprego

Grupos de traballo:

A Eira do Ceesg: A educación muda(nos). Ruta polas 3R.

Geix: participación no Galisenior.

Escaravellando: Participación no I Congreso Internacional de Infancia.

BloguES: Educación Social en institucións educativas? Sí, e non o digo eu… Carlos Zapata

http://portalzapata.blogpot.com.es

Para ler e reflexionar: Educación para la Salud. (Costa Cabanillas, M. e López Méndez, E.)

Actuacións

15 anos de historia. De Cesg a Ceesg.

Os soños de todas

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 103 - maio 2016

Page 3: Boletín do Ceesg nº 103

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Eva López Soto Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0924

Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Page 4: Boletín do Ceesg nº 103

4

TEMA DO MES Novo Grupo de Traballo: Saúde

Tal e como reflexa a Declaración de Otawa sobre Promoción da Saúde celebrada en Xenebra en 1986 pola OMS, a promoción da saúde é o proceso que permite ás persoas incrementa-lo control sobre a súa saúde para mellorala. Estas prácticas abranguen unha infinidade de ámbitos e accións, dirixidas ás persoas e profesionais da Educación Social tendo como fin o empoderamento das persoas e comunidades.

Promoción da saúde é una etapa máis dentro do proceso de atención integral, que está constituído pola asistencia, a prevención, a adaptación social a un problema crónico e finalmente a promoción da saúde, que é un nivel elemental de dita atención integral, indispensable para dar unha resposta eficaz a aqueles problemas de saúde máis de carácter relacional e de orixe social.

Hoxe en día as sociedades desenvolvidas plantexan novas necesidades de saúde, polo que como profesionais da Educación Social debemos crear novas formas coherentes de abarcar ditas necesidades ou problemáticas. Polo tanto hai tres áreas de intervención: problemas de saúde, estilos de vida e transicións vitais. Estas plantexan novos coñecementos, actitudes e habilidades para comprendelos, e consecuentemente condicionarán os obxectivos e plantexamentos da formación.

Existen diferentes escenarios e tipos de intervención na promoción e educación para a saúde, polo que é importante que as/os profesionais da educación teñan en conta os espazos de sociabilidades máis habituais e cotiáns para poder desenvolver a súa actuación cunha maior eficacia. Así pois, a saúde é un elemento transversal a moitos ámbitos, nos que caben resaltar os máis importantes que son: os servizos sanitarios e sociais, o medio escolar e laboral, o ámbito social, a familia, institucións penais, lecer e tempo libre... xa sexan a nivel individual, familiar, grupal ou comunitario.

Os tipos de intervención poden ser de diversos tipos, como exemplo: consello

Paula Uría Macías.

Coordinadora do grupo de

traballo de Saúde.

Colexiada nº 4869.

Page 5: Boletín do Ceesg nº 103

5

e asesoramento, educación para a saúde individual, educación para a saúde grupal e/ou colectiva, información ou comunicación, acción e comunicación, acción e dinamización social,…

Como grupo, somos conscientes de que a educación para a saúde é un tema moi amplo e que, cada un/unha de nós como profesionais, temos diferentes inquedanzas e intereses. Pero aínda así é fundamental abordar tódolos ámbitos como son o físico, psicolóxico e social. E tódolos colectivos: discapacidade/diversidades funcionais, trastornos do comportamento (mentais, TDHA…), drogodependencias, exclusión social,…

Dende a Educación Social debemos traballar co concepto da adicción como elemento clave, que inflúe no desenvolvemento persoal, grupal e colectivo. Este concepto abrangue non só as adicións ás drogas, senón tamén outras condutas destrutivas relacionadas co comportamento, coma o xogo, o sexo, o diñeiro, o poder, a alimentación, o corpo, o uso das novas tecnoloxías… que inflúen non só na propia persoa, senón na familia, grupo de amigos e sociedade. Na antítese da adición atópase as condutas saudables que son xeradoras de vida, tendo como soporte os valores e dereitos humanos dentro dun mundo con recursos limitados, onde a sostibilidade e a convivencia se impoñen. Desta forma é necesario detecta-las causas que levan a una persoa a autodestruirse.

Dende o grupo de traballo pretendemos construír una nova realidade e para iso vemos necesaria a creación de novos conceptos e defender e concretar o noso papel dentro dos equipos profesionais que levan a cabo intervencións asistidas con animais, por exemplo, que é un ámbito sen regular e que no temos que facernos un oco claro, así como se presupón xa para os profesionais da psicoloxía.

O pasado venres 6 de maio, celebrouse a primeira reunión para a creación do Grupo de Traballo de Saúde do Ceesg. Uns dos obxectivos que buscamos alcanzar coa creación do grupo son:

Visibilizar e dignificar o papel das/os educadoras/es sociais como axentes dinamizadores do cambio e promotores de saúde.

Traballar sobre un concepto de saúde amplo e positivo. Resaltar o carácter transversal de saúde; a promoción de hábitos e

estilos de vida saudables.

“Dende a

Educación Social

debemos traballar

co concepto da

adicción como

elemento clave,

que inflúe no

desenvolvemento

persoal, grupal e

colectivo”

Page 6: Boletín do Ceesg nº 103

6

Transmitir coñecementos, fomentar comportamentos e actitudes saudables.

As persoas integrantes do grupo son:

Alfonso Tembrás López (Educador Social en ACLAD na Comunidade Terapéutica dende 1992)

Aldara Fernández Servia (Educadora Social, experiencia en alcoholismo/trastornos personalidade en comunidade)

Pablo Veiga Romero (Educador Social, 20 anos de experiencia no campo das adiccións, en concreto en Trastornos por Uso de Alcohol)

Pastora López Lago (Educadora Social de menores) Rocío Núñez Rúa (Educadora Social, 12 anos traballando no terceiro

sector con diversidades) Xaquín Bouza Leirachá (Educador Social da comunidade terapéutica de

ASFEDRO, no programa “Educando no lecer”) Camilo Vila García (Educador Social en Vivenda Tutelada para a

autonomía persoal e inserción sociolaboral -IGAXES 3-) Noelia Rodríguez Álvarez Lucía Pereda Pérez (Educadora Social na Asociación de Axuda ó

Drogodependiente “Érguete” de Vigo) Manuel Rodríguez Iglesias (Educador Social en Asociación de Lucha

Contra la Droga Alborada) Olalla Conde Seoane Paula Uría Macías (Coord.) (Graduada en Educación Social e voluntaria

en ASPANAES)

Reunión de constitución do grupo de traballo sobre Saude,

na sede do Ceesg.

Page 7: Boletín do Ceesg nº 103

7

CGCEES Asemblea do CGCEES 2016

Os días 21, 22 e 23 de abril de 2016 máis de 650 profesionais da Educación

Social celebraron en Sevilla o seu VII Congreso Estatal.

Ao longo destes tres intensos días de encontro, reflexión e debate coa

participación, elaborouse de maneira participada o Compromiso de Sevilla,

documento que foi recollido por un representante de cada Colexio Profesional

como símbolo de compromiso, tras a persuasiva e emotiva participación de

Marco Marchioni no acto de presentación de Conclusións dos cinco Eixos de

Diálogo que estruturaron o Programa do Congreso.

Clausurado oficialmente o VII Congreso, o sábado 23 de abril na tarde

celebrouse a Asemblea anual do Consello Xeral no Palacio de Congresos de

Sevilla.

Ademais de aprobarse por unanimidade a Memoria 2015 e o Plan Xeral de

Acción 2016, tamén se aprobou a proposta de planificación do proceso

participativo sobre a actualización do Modelo de Consello que culminaría en

2017.

Nesta Asemblea acordouse continuar apostando decididamente pola

regulación e ordenación da profesión que permitan o seu recoñecemento e

Asemblea do CGCEES.

Page 8: Boletín do Ceesg nº 103

8

mellore a empregabilidade sendo o debate sobre a aprobación definitiva dos

Estatutos o tema ao que se dedicou unha profunda reflexión desde o

asesoramento xurídico presencial, acordándose a estratexia institucional a

seguir.

Outro importante acordo foi a elección por unanimidade de Aragón como

sede do próximo VIII Congreso Estatal de Educación Social que terá lugar no

ano 2020.

Para 2016, reafírmase o obxectivo común de revisar a organización interna

dos equipos de traballo interterritoriais das Vogalías e Comisións de traballo,

orientando as súas achegas ás liñas estratéxicas deste momento que

xustifiquen xuridicamente a nosa capacidade de influencia nas persoas en

todos os ámbitos nos que intervimos, a súa saúde, benestar subxectivo e

calidade de vida. E, no seu caso, adoptar as medidas xurídicas que procedan

considerando o proxecto de Lei de Servizos Profesionais aprazado para 2016 e

as directrices da Directiva Europea, recollidas no Compromiso de Valencia

2012.

A Asemblea tamén expresou o interese por manter e ampliar as excelentes

relacións institucionais a nivel Estatal e o desenvolvemento dos Convenios de

colaboración subscritos coa UNED, a SIPS, MECD, MSSI, etc. e, ademais,

activar a colaboración cos Ministerios do Interior e de Xustiza.

Finaliza a Asemblea agradecendo o gran traballo realizado polo Colexio

Profesional de Andalucía na organización do VII Congreso Estatal de

Educación Social que culminou co Compromiso de Sevilla co que a

profesión se compromete a liderar o impulso da transformación social

desde a acción socioeducativa cara ao dereito, a dignidade, a

responsabilidade e a liberdade das persoas de todas as idades.

Page 9: Boletín do Ceesg nº 103

9

O próximo número da revista RES xirará sobre a temática da Inserción

sociolaboral e Educación Social. Hoxe en día, o investimento en formación

non garante unha inserción laboral digna; vemos frecuentemente persoas

hiperformadas con salarios cos que non chegan a final de mes, deixando así

de ser o feito de ter traballo un factor de protección fronte á exclusión.

A afectación do desemprego non é homoxénea e cébase no colectivo de persoas máis novas, converténdose nun dos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade. A magnitude da situación levou á UE a potenciar unha Estratexia de Emprendemento e Emprego para a Mocidade, que no noso país concretouse nos Plans de Garantía Xuvenil, nos que nos próximos anos se fará un importante esforzo orzamentario para evitar perder a toda unha xeración.

Que pode achegar a Educación Social a este escenario onde a dificultade da inserción sociolaboral devén un compoñente de exclusión e segregación? Como se concreta o acompañamento socioeducativo neses percorridos biográficos e sociais tan inestables, que non favorecen unha vida digna? Sexa tanto coa mocidade como con outros colectivos que tamén están excluídos do mercado laboral.

Animámosvos a compartir as vosas reflexións e experiencias a través deste

número da revista. Podedes enviar os artigos para valorar a súa publicación é

ata o 12 de xuño (ampliouse o prazo inicial) a [email protected], tendo en conta

as indicacións do consello de redacción.

http://www.eduso.net/res/

Próximo número da Revista RES

Page 10: Boletín do Ceesg nº 103

10

A celebración do VII Congreso Estatal de Educación Social en Sevilla contou

coa presenza e compromiso da Asociación Internacional de Educadoras e

Educadores Sociais (AIEJI), tanto pola elección deste lugar para reunir ao seu

Comité Executivo, como pola súa participación activa no mesmo.

O seu Presidente, Benny Andersen, protagonizou un discurso final, como

parte dos momentos da clausura, no que se unía ao lema do congreso “A máis

educación social, máis cidadanía?”

Tamén comentou na súa intervención que como educadoras e educadores

sociais traballamos para dar voz ás persoas en situacións vulnerables, para

empoderalas e que tomen decisións na súa vida e esixan cando os seus

dereitos son vulnerados. Igualmente que o traballo socioeducativo permite a

cidadanía real, non só politicamente falando e expresada a través do voto,

senón no sentido de achegar unha identidade á devandita cidadanía, para iso

debemos asegurarnos de ter as mellores ferramentas posibles para

desenvolver o noso traballo.

Referiuse á necesidade de esixir unha sociedade máis xusta, xa que non se

pode separar da nosa profesión e o noso quefacer diario. Para que o noso

traballo teña éxito, é lexítimo o noso compromiso de loitar por unha

sociedade.

Para finalizar incidiu en que é unha gran tarefa, unha gran responsabilidade,

pero temos que estar á altura, cada dia. Simplemente porque: "Temos o

mellor traballo do mundo!"

Neste marco do Congreso de Sevilla decidiuse no Comité Executivo da AIEJI

concretar a data do próximo Congreso Internacional de Educación Social que

A AIEJI no VII Congreso de Educación Social

Page 11: Boletín do Ceesg nº 103

11

se celebrará en Campinas (Brasil) entre os días 10 e 12 de abril de 2017. A

entidade anfitrioa do mesmo será a brasileira Associacao dos Educadores e

Educadoras Sociais do Estado de Sao Paulo (AEESSP).

Este anuncio coincide coa aprobación da regulación en Brasil da profesión da

Educadora e Educador Social, na Comisión de Educación, Cultura e Deporte.

Mentres preparamos a nosa presenza no devandito congreso, buscamos

tamén formas que vos poidan motivar a estar nel, con prezos máis alcanzables

e o apoio do CGCEES a través da súa Vogalía Internacional.

Benny Andersen, presidente da AIEJI, durante a clausura do VII Congreso Estatal de Educación Social.

Page 12: Boletín do Ceesg nº 103

12

ACTUALIDADE Olladas dende a Educación Social

Chega unha nova edición, e xa imos pola terceira, do Concurso de fotografía

“Olladas dende a Educación Social”, cunha importante novidade, pois

amplíase a posibilidade de participación a todas as persoas colexiadas do

Ceesg, sumándose así ao estudantado, profesorado e PAS das universidades

galegas.

Este concurso de fotografía xurdiu no 2014 como iniciativa do PIC (Punto de

Información Colexial) da Universidade da Coruña, un grupo de dinamización

formado por alumnado voluntario do Grao en Educación Social cuxa

finalidade é crear un vínculo entre o Colexio de Educadoras e Educadores

Socias de Galicia (Ceesg) e o estudantado. Á segunda edición do concurso

sumáronse tamén os PIC da Universidade de Santiago e da Universidade de

Vigo (Campus de Ourense). Nesta terceira edición, o Ceesg toma o relevo

dunha iniciativa que une fotografía e educación social, coa finalidade de

inmortalizar en imaxes a nosa mirada socioeducativa da vida cotiá e da

contorna que nos rodea.

As bases prevén a posibilidade de participar enviando ata tres fotos (orixinais,

inéditas, realizadas por ti). Cada unha delas debe ir acompañada dun pé de

foto, que debe incluír o título da fotografía e unha pequena reflexión sobre a

imaxe. Podes envialas ata o 5 de agosto.

As persoa que resulte gañadora do concurso poderá participar de xeito

gratuíto noutro proxecto fotográfico do colexio: os soños do Ceesg.

Page 13: Boletín do Ceesg nº 103

13

ASISTENCIA PERSOAL: Un nicho laboral en auxe, aínda

que descoñecido para a propia administración.

Para quen non oíse falar da figura do Asistente Persoal (AP), sitúolles rapidamente. No catálogo de servizos e prestacións da Lei de Dependencia, recóllese unha contía económica que contribúe á contratación dun AP. Ao relacionar AP e Dependencia emana un profesional que ten como meta realizar ou axudar a realizar unha ou varias tarefas que perseguen a autonomía da persoa no desempeño das actividades da súa vida cotiá. Cada unha das súas funcións profesionais vai ligada ás necesidades específicas de cada usuaria/o en particular, por iso é polo que a listaxe de tarefas sexa tan diversa: persoais, de condución, do fogar, de acompañamento, etcétera. Son educadora social (esta simple afirmación xa daría para outro artigo) e, no meu caso, traballo desde hai máis de dous anos como AP para unha persoa con Trastorno do Espectro Autista. O meu labor profesional é proporcionarlle as ferramentas necesarias para que consiga un maior grao de autonomía e independencia en áreas como o uso da comunidade, a vida no fogar, a preparación á vida laboral ou o acceso ao lecer e á educación, entre outros.

Esta nova figura profesional -noutros países europeos leva anos implantada- é moi enriquecedora, xa que permite á persoa optar por un recurso personalizado que lle permite asumir o control da súa propia vida, sendo motor e parte do proceso. A dignidade de calquera persoa, entendida como o dereito para tomar decisións e defender a súa autonomía, debe ser recoñecida e protexida; máis aínda cando se trata de persoas en situación de dependencia, porque son vulnerables de ser excluídas e, por iso, deben ser obxectivo dunha maior defensa por parte da sociedade, profesionais e institucións. Ademais, trátase dun recurso idóneo para expandir o catálogo de asistencias dun modo máis equitativo. Explícome: unha persoa cunha enfermidade mental tería acceso a unha atención que suavizaría en certa medida a falta actual de recursos para este colectivo. Incluso unha persoa maior cun grao de dependencia moi significativo podería, se así o desexase, optar por permanecer no seu fogar (sobre todo nas zonas rurais) antes de

Estefanía Éstévez Cacheiro

Educadora social.

Asistente persoal.

Colexiada nº 4796.

Page 14: Boletín do Ceesg nº 103

14

acudir a unha residencia, a condición de que teña a sorte de ter unha praza. Un tema interesante a tratar noutro artigo na nosa comunidade autónoma (céntrome Galicia polas nosas características xeográficas e poboacionais) sería coller a partida de gasto público destinada a Atención á Dependencia e comparar en que sistema obteriamos máis, tanto en garantías relacionadas coa calidade de vida das persoas usuarias como a efectividade económica; se construíndo unicamente enormes e vistosos centros ou impulsando o servizo de AP xunto a outras prestacións como a de axuda a domicilio. Párense a pensalo mentres eu sigo co meu.

Aquí xorde a primeira incoherencia. Aínda que se ofrece este servizo, o AP non está recoñecido no Sistema da Seguridade Social como unha profesión, por iso é polo que a que escribe estea obrigada a darse de alta no epígrafe de “outros servizos domésticos” para poder traballar. Dito así, poderían pensar que traballo na limpeza do fogar ou que son coidadora, pero nada máis lonxe da realidade. En Castela e León recoñecen o noso labor e esixen un apartado bastante máis digno: “profesional dos servizos sociais sen aloxamento para persoas con discapacidade”, aclarando que nunca un/ha AP debe estar no réxime de persoas empregadas do fogar. Unha prestación tan versátil non está desenvolvida nin recoñecida xuridicamente/legalmente e descoñezo as razóns, aínda que se intúen.

A finais de 2014, lin este titular: “Sanidade impulsa o asistente persoal para persoas dependentes”. É dicir, amplíase a prestación para AP ás persoas valoradas en calquera grao de dependencia. Como simple cabeceira atrae, e mesmo conquista, ao lector. Con todo, o corpo da noticia decepciona. Sacan a relucir cantidade de números e porcentaxes, pero boto en falta unha análise das características específicas das persoas beneficiados (factor clave no que se basea a valoración do seu grao), xa que isto marca directamente cales son as súas necesidades individuais. Con todo, enorgullécense ao afirmar que as/os participantes no acordo coincidiron en que a formación de toda/o AP debe ser unha mestura entre os certificados de profesionalidade de atención sociosanitaria e axuda a domicilio. A sociedade sempre pide celeridade á administración, pero neste caso eu diríalles “poñan o freo, compañeiros!”. Ao falar de Dependencia, englobamos non só necesidades persoais relacionadas coa mobilidade física, senón tamén coa agora chamada diversidade intelectual-cognitiva. Intrígame, que camiño seguiron para concluír que o AP

“Ao falar de

Dependencia,

englobamos non

só necesidades

persoais

relacionadas coa

mobilidade física,

senón tamén coa

agora chamada

diversidade

intelectual-

cognitiva”

Page 15: Boletín do Ceesg nº 103

15

debe ter esa formación mixta sen abordar as nosas tarefas profesionais... Unha incoherencia máis, o que non exista unha formación específica para este nicho laboral ao que queren supostamente aplicarlle calidade. Pero tranquilas/os, a administración ten solución para isto. Todos á vía “sociosanitaria”, quen se vai queixar?

Cuestiónoo todo e, se algo non me convence, busco información ata resolver as miñas dúbidas. Séguenme retumbando as palabras dunha das funcionarias ás que molestei: “Pero se ti es unha coidadora, non?”. Cun sorriso e ton firme, rebatinlle: “Son educadora social e traballo como AP para un mozo con TEA. Debería pararse a entender as diferenzas.” Despois desta frase adóitanme ofrecer (agradézoo) unha listaxe de teléfonos da Xunta aos que chamar para máis información. Derivar responsabilidades, vaia. Non era consciente da cantidade de ramificacións que tiña a administración (e a descoordinación entre estas, xunto á pouca actualización da realidade existente) ata que necesitei que alguén resolvese a miña dúbida: como AP e coas tarefas que hoxe en día estou a realizar, cal é a formación que se me require oficialmente? Despois dunha infinidade de vaivéns e chamadas (Consellería de Política Social, Instituto de Cualificacións, Dependencia ou Certificados de profesionalidade, entre outros) chegou a min o teléfono de Inspección de Servizos Sociais. Educadamente (volvo agradecer), coméntanme que a lei publicada no BOE do 16/11/2015 relacionada coas persoas en situación de dependencia (resolución do 3/11/15) é unha lei de mínimos e que, como persoa contratada pola Xunta, debo cumprila e que a miña formación como educadora social e as tarefas que desempeño nada inflúen na formación que se me require para poder traballar de AP. Así as cousas, debo estudar e pagar por unha formación que nada ten que ver co meu traballo actual e sen poñer trabas. A lei manda. Tras esta afirmación, repítolle o mantra que lle facía chegar a todos aqueles e aquelas funcionarias cos que falara ata agora. Detalleille as miñas tarefas actuais como AP para logo facer fincapé en que deberían estar ao tanto e recoñecer a existencia de tres tipos de AP segundo a diversidade funcional da persoa usuaria, sexa de tipo intelectual - cognitiva, relacionada coa mobilidade física ou con ambas. Imaxínense a situación, unha autónoma rasa do servizo doméstico explicándolle ao departamento encargado de inspeccionar os servizos sociais actuais (permítolles unha gargallada) cal é a realidade existente da que se esqueceron falar na

“Séguenme

retumbando as

palabras dunha

das funcionarias

ás que molestei:

«Pero se ti es unha

coidadora, non?»”

Page 16: Boletín do Ceesg nº 103

16

devandita lei.

Hai anos, chegou ás miñas mans un caderno de actividades de Francisco Prat no que expoñía dilemas acerca da bioética que podería definirse como a reflexión sobre o ético dos nosos comportamentos implicados na atención á vida e saúde doutras persoas. Agora, téñoo máis presente que nunca. A bioética clínica é a que está “de moda” por tratar temas como o aborto ou a eutanasia. Para este artigo interésame destacar a bioética asistencial non médica, que se estende a outras ciencias e disciplinas como terapia ocupacional, educación social, traballo social... no que a atención á persoa abarca o campo sanitario, o social e o sociosanitario. Calquera profesional que traballe para persoas en situación de vulnerabilidade ten a esixencia ética de facer ben o seu traballo. Ademais da miña responsabilidade moral persoal, teño unha responsabilidade profesional da que non podo (nin quero, oian) prescindir. Por iso, estou totalmente de acordo en cumprir unha Lei de mínimos de marras, pero cando esta responda á pluralidade de necesidades existente das persoas usuarias. Un/unha profesional formada convenientemente (neste caso unha AP) é beneficiosa para a persoa usuaria. Non buscar a profesionalidade do colectivo supón dar as costas a parte das persoas usuarias e as súas familias.

Perdín a conta das veces que me dixeron “mellor iso que nada, non te queixes a ver se van acabar sacando o pouco que hai”. Talvez pensen que a figura de AP é algo relativamente novo neste país e que temos que darlle tempo para que mellore como servizo. A corrente que impulsa a aparición do AP é o Movemento de Vida Independente e, por suposto, non ten nada de recente, senón que levan décadas reivindicando os seus dereitos. Humildemente, estou convencida de que é mellor modificar as incongruencias sobre qué é e qué supón a Asistencia Persoal antes de que estas se volvan crónicas e a súa modificación sexa máis laboriosa. A administración debe partir dun enfoque global e integral xa que as circunstancias das persoas usuarias recoñecidas con algún grao de dependencia son tan diversas que supoñen implicacións psicolóxicas, sociais, familiares, económicas, etcétera; e non só médico-asistenciais. Por iso, hai que ir máis aló do recoñecemento duns dereitos. É crucial debater e crear boas bases para que este nicho laboral non se converta nun servizo entendido unicamente como sanitario-asistencial. Ante os malos tratos institucionais, intencionados ou non, a esta figura profesional e as súas

“Calquera

profesional que

traballe para

persoas en

situación de

vulnerabilidade

ten a esixencia

ética de facer ben

o seu traballo”

Page 17: Boletín do Ceesg nº 103

17

persoas usuarias é necesario alzar a voz. Para min, ten sentido falar diso e atrévome a escribir, conscientemente, a palabra maltrato co fin de remover conciencias, xa que na base desa lei que alguén denominou “de mínimos” están as decisións institucionais que vulneran o principio de xustiza desde a falta de coñecemento da realidade existente. Non xeneralizo as miñas críticas ao colectivo funcionariado, pero escribo estas liñas para que aquelas/es profesionais que me escoitaron e chegaron a darme a razón (non por escrito, claro) do baleiro existente en canto a Asistencia Persoal, expoñan por que non rexistraron a miña queixa nin a fixeron chegar a quen fose pertinente. A nivel particular, non conseguín que estas inxustizas en política social saísen de faladoiros entre amigos, por iso é polo que decidise informar sobre este escenario ao meu colexio profesional. A voz dunha iniciativa individual gaña relevancia cando a presión pasa a ofrecela un colectivo, por iso animo a que calquera que crea que no seu labor profesional existen inxustizas as denuncie oficialmente.

Familias, persoas usuarias, asistentes persoais, SOCIEDADE: non podemos conformarnos. As nosas reivindicacións, baseadas en argumentos sólidos, deben soar máis forte que as decisións e políticas inxustas e incompletas. Lembren: non falamos de esmola nin luxos. A gravidade do asunto reside en tratar ás persoas en situación de dependencia como meros números, obviando que deben recibir servizos de calidade que respondan as necesidades individuais reais, máis aínda cando son ofrecidos desde a administración pública. Reclamemos, por tanto, unha implantación real e efectiva da prestación de AP para que esta non quede atrapada nas baleiras palabras dun titular atractivo.

Administracións, xefes de departamentos, conselleiros, PROFESIONAIS: Traballemos de modo inter e multidisciplinar. Todos temos os nosos límites. Non se trata dunha mostra de debilidade, senón de profesionalidade, o saber delegar e mesmo pedir opinión nunha situación que un/unha non domina ou coñece plenamente. Arriscareime a realizar unha petición: conten connosco, as/os asistentes persoais, para facer deste nicho laboral un verdadeiro sector de profesionais cualificadas/os para que as persoas usuarias e as súas familias gañen en calidade de vida e en vida de calidade. Como profesionais do social, debémosllo, teñen DEREITO a iso.

Convídolles a que ENTRE TODAS E TODOS fagamos ética profesional.

“As nosas reivindicacións,

baseadas en argumentos

sólidos, deben soar máis forte que as

decisións e políticas inxustas e

incompletas”

Page 18: Boletín do Ceesg nº 103

18

FORMACIÓN

Aprendendo cos nosos maiores.

As Xornadas Interxeracionais Rurais seguen cumprindo anos coa participación

de veciñas e veciños do concello de Xermade, e tamén de Friol, San

Sadurniño, Esmelle (Ferrol), ou Cedeira, e coa colaboración de diversas

entidades, entre as que está o Ceesg. Este ano teñen como obxectivo a posta

en valor da agrogandeiría galega, falando da situación actual no campo, dos

seus problemas e novos retos.

Desde Friol e Esmelle trouxeron a Cabreiros experiencias de Asociacións

veciñais que traballan para valorizar o rural coa implicación de veciñas e

veciños.

Nas xornadas que quedan por celebrar, o día 4 de xuño, María e Laura, mozas

do concello de Xermade, presentarán unha guía das asociacións existentes

nas distintas parroquias e rematarase a xornada con dous grupos de

pandereteiras, cantareiras e bailadoras, de 4 a 85 anos que nos acompañan

dende San Sadurniño e Cedeira.

Pola tarde emitirase un fermoso programa de radio dirixido por dous expertos

xornalistas, onde se dará voz ás asociacións que nos contarán os seus

proxectos e historia e tamén á xente do público que desexe participar.

O último día das Xornadas, que será o 11 de xuño, falarase de saúde, farase

entrega e presentación do II Premio Xermade na Historia, e pola tarde, Maxia

e Teatro para todos os públicos.

XII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

Page 19: Boletín do Ceesg nº 103

19

Ampliado o prazo de envío de comunicacións!

O prazo de presentación amplíase ó 15 de xuño de 2016 (resumo).

O prazo de presentación do texto completo remata o 15 de xullo de 2016.

Consulta aquí as normas para a elaboración dos resumos e das comunica-cións.

I Congreso Internacional e

III Xornadas de Educación Social e Escola

http://edusoescola.wix.com/congreso

Page 20: Boletín do Ceesg nº 103

20

Programa Superior en Mediación Familiar. En liña, con prácticas presenciais. 19 e 20 de maio. AT Person. www.atperson.com

Desconto do 30% na cota de inscrición.

Información detallada de

todas estas accións

formativas en

www.ceesg.org

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Encontro Embaixadoras/es da Infancia 2016. Huelva. 17 e 25 de setembro. Consejo Independiente de Protección a la Infancia. www.cipinfancia.org

Desconto de 100€ na cota de inscrición.

Page 21: Boletín do Ceesg nº 103

21

EMPREGO

Educador/a. A Coruña. Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Formador/a - titor/a aprender traballando. Vigo.

Animador/a cultural. Touro.

Lanzadeira de emprego. Arteixo, Redondela, Santiago, Lugo.

Educador/a social. Vigo.

Orientador/a laboral. Vigo.

Mediadora en Igualdade. A Coruña.

Educador/a familiar. O Barco de Valdeorras.

Coordinador/a de ludoteca de verán. Verín

Monitoras/es de lecer e tempo libre. Verín

Docente. Culleredo

Page 22: Boletín do Ceesg nº 103

22

GRUPOS DE

TRABALLO A educación muda(nos): Ruta polas 3R.

O grupo de traballo A Eira do Ceesg organizou unha actividade de educación

para o consumo responsable o pasado 11 en Santiago de Compostela, dirixida

a toda a cidadanía e totalmente de balde. O obxectivo era provocar a

reflexión sobre as consecuencias sociais e ambientas da produción téxtil,

presentando alternativas desexables desde os principios da Educación Social

e, concretamente da Educación Ambiental. A acción consistiu nunha ruta

polas tres R: reducir, reutilizar e reciclar, a través dun circuíto con tres

estacións nas que se desenvolveron as seguintes actividades:

ESTACIÓN REDUCIR: Un xogo a través de fotografías e unha pequena

dinámica para fomentar a reflexión crítica e coñecer información sobre

a industria téxtil.

ESTACIÓN REUTILIZAR: Unha gratifeira onde se puido adquirir e

compartir libre e gratuitamente roupa para a súa reutilización.

ESTACIÓN RECICLAR: Pequeno obradoiro de reciclaxe de roupa.

Nun stand informativo repartiron trípticos nos que se recollen alternativas de

consumo responsable, información sobre a importancia da Educación Social

como profesión e, ademais, a relevancia da Educación Ambiental e a

Educación para o consumo responsable.

Page 23: Boletín do Ceesg nº 103

23

O Geix no Galisenior

Igual que vimos facendo nas últimas convocatorias do salón Galisenior, o

Ceesg participou na programación a través do seu comité asesor. Este ano

tivemos presenza nas xornadas técnicas coa conferencia "Intervención

socioeducativa en persoas maiores con demencia". Mónica Serrano foi a

encargada do relatorio, que compartiu mesa con persoas que representaban a

diferentes entidades relacionadas co envellecemento activo.

O stand serviu para dar a coñecer a figura da educación social no sector da

xerontoloxía. Por el pasaron estudantes, profesionais, e persoas maiores.

Page 24: Boletín do Ceesg nº 103

24

Participación no Congreso Internacional de Infancia

Os días 19 e 20 de maio celebrouse no Paraninfo do Reitorado da Universida-

de da Coruña o I Congreso Internacional da Infancia, organizado pola Asocia-

ción Periodística, de Estudios e Comunicación P Estudio.

O Congreso pretendía fomentar a reflexión para dar resposta a dúas grandes preguntas: qué impide no noso día a día a excelencia á hora de atender as ne-cesidades da Infancia e como podemos facelo mellor. Así, uniu a todos os axentes responsables dos distintos entornos da Infancia para buscar a manei-ra de atender mellor as súas necesidades.

Concretamente, o grupo sobre infancia e adolescencia Escaravellando estivo

presente na mesa sobre “O sistema social”, coa participación de Estefanía Le-

ma, e na mesa sobre “O sistema de reparación e apoio profesional”, coa parti-

cipación de Daniel Alves.

Page 25: Boletín do Ceesg nº 103

25

Educación social nas institucións educativas?

Pois si, e non o digo eu...

O verán está a ser moi proveitoso, hai tempo para facer un pouco de todo.

Estou a ultimar cousiñas para este blogue, que vai cobrar un sentido diferente

a partir de setembro por motivos que xa expoñerei. Pero hai tempo que non

escribo, e fágoo agora para tratar outro tema pouco recorrente no blogue.

Son moitos cidadáns os que aínda non entenden a faceta pluridimensional da

Educación Social e tentan que llo simplifiquemos respondendo a iso de "Pero

ti entón onde traballarías?" ou "Iso é para traballar con xente excluída, non?".

O perfil de profesionais da Educación Social pode estar en infinidade de áreas,

traballar con moitísimos colectivos e, por suposto, en varios ámbitos da

Educación. Bueno, en varios, nos tres: Formal, Non Formal e Informal.

Persoalmente non é unha clasificación que me guste, porque a Educación que

non é regrada ou académica faise con moita formalidade en tanto a estrutura

e obxectivos de acción.

Nesta entrada imos xustificar por que o Educador Social debe estar nos

Centros Educativos, que xa o está, pero usando unha expresión rápida está

"pouco e mal", e se non que lle pregunten aos que xa están nela.

O 30 de Xaneiro de 2006, a Comisión de Definición de Educación Social creada

pola Asociación Estatal de Educación Social (ASEDES) fai público un Catálogo

de Funcións e Competencias do Educador Social. As competencias que se

detallan neste documento son transversais, ou sexa, non só son propias do

Educador Social, son válidas para calquera profesional, sexa este de o campo

social ou non. Estas son: competencia comunicativa (capacidade para

expresarse de forma satisfactoria e para comprender distintos códigos

referentes aos diferentes contextos socioculturais e profesionais),

Carlos Zapata

Educador social e Animador

Sociocultural.

http://portalzapata.blogspot.com.es/

@CarlosZapa

BloguES

Page 26: Boletín do Ceesg nº 103

26

competencia relacional (capacidade de relacionarse con outras persoas ou

grupos a través dunha escoita activa e formas de expresión clara), capacidade

de análise e síntese (capacidade para comprender as situacións sociais e

educativas, diferenciando os feitos que as compoñen, para establecer unha

visión dos diferentes elementos que entran en xogo), capacidade crítico -

reflexiva (capacidade para o estudo e a comprensión dos contextos sociais,

políticos, económicos, educativos, así como dos significados, interpretacións e

accións que se producen neles), competencia para a selección e xestión do

coñecemento e a información (capacidade para seleccionar, no continuo fluxo

de informacións que producen as nosas sociedades, aquelas que resulten

máis relevantes e decisivas).

Xa que aquí non se atopa nada que sexa totalmente específico ao educador

social, búscase nas funcións do Educador Social. Tras a lectura das funcións

singulares e compartidas, estase en disposición de afirmar que todas elas

están relacionadas coa figura do Educador Social nos Contextos Regrados,

como en calquera outro ámbito, xa que o Educador Social é un profesional

que debe ter as seguintes funcións sempre para realizar o seu labor de forma

satisfactoria e eficaz. Estas son:

Funcións Singulares

Este grupo de funcións permítenos dar conta da acción socioeducativa como

eixo vertebrador e específico do educador social. Correspóndense cun campo

de responsabilidade que dá contas das nosas formas de levar a cabo a

práctica.

Transmisión, desenvolvemento e promoción da cultura. É o campo de

responsabilidade correspondente ás accións e actividades relacionadas

co cultural en xeral e con finalidades tendentes á súa recreación, posta a

disposición, aprendizaxes a realizar e/ou procesos de transmisión e

adquisición en forma de bens culturais que poden configurarse en

diferentes áreas de contidos.

Page 27: Boletín do Ceesg nº 103

27

Xeración de redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e

sociais. É o campo de responsabilidade que fai referencia ás accións e

actividades intencionadas que favorecen a aparición e consolidación de

espazos e tempos educativos (é dicir, de situacións favorecedoras de

procesos individuais e grupais relacionados coas posibilidades dunha

mellora persoal ou social) nos diferentes contextos sociais.

Mediación social, cultural e educativa. É o campo de responsabilidade

que atende ao conxunto de accións desenvolvidas para enriquecer os

procesos educativos individuais ou colectivos a partir de

acompañamentos, orientacións e derivacións que propician novos

encontros con elementos culturais, con outras persoas ou grupos e con

outros lugares. A intención é facilitar as relacións interpersoais,

minimizar as situacións de conflito e propiciar novos itinerarios para o

desenvolvemento persoal, social e cultural.

Funcións Compartidas

Este grupo correspóndese cun campo de responsabilidade onde as accións,

actividades e tarefas a desenvolver son equivalentes ás que realizan outros

profesionais, sen esquecer que o substancial e a lóxica que define a estes

correspóndense con outras especificidades.

Coñecemento e análise dos contextos sociais e educativos. Campo de

responsabilidade que fai referencia ao coñecemento das dinámicas

institucionais e os contextos sociais nas súas dimensións macro, meso e

micro relacionados co desenvolvemento dun suxeito de dereito.

Deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos

educativos. Campo de responsabilidade que fai referencia a accións,

actividades e tarefas relacionadas tanto en institucións como con

programas, proxectos e actividades.

Xestión, dirección, coordinación e organización de institucións e

Page 28: Boletín do Ceesg nº 103

28

recursos educativos. Campo de responsabilidade que comprende

accións e actividades relacionadas cunha finalidade socioeducativa.

A conclusións que podemos sacar é que a Educación Social, polo seu evidente

carácter pedagóxico, debe estar totalmente vinculada á Educación en

Contextos Regrados e así servir de forma complementaria a outras figuras

predominantes e formalizadas nestas institucións como son docentes,

psicólogo e orientadores para así conseguir unha Educación integral. Do que

fai e pode facer (que son dúas cuestións distintas) xa falamos noutra ocasión.

Page 29: Boletín do Ceesg nº 103

29

PARA LER E

REFLEXIONAR

Educación para la salud. Guía práctica para promover estilos de vida saludables (Pirámide)

Ano: 2008 Autores: Miguel Costa Cabanillas e Ernesto López Méndez

Cando nenas/os e adolescentes amosan comportamentos e estilos de vida

que supoñen un risco para a súa saúde e para a súa calidade de vida,

gustaríanos poder entender por que o fan. A obesidade, a práctica de

relacións sexuais sen protección, o consumo de drogas, a implicación en

accións violentas... son problemas do mundo no que vivimos que

plantexan enormes desafíos ás políticas de saúde pública, á educación en

xeral e para os pais e nais. Esta obra explica as claves conceptuais para

entender por qué nenas/os e adolescentes se comportan como o fan, e por

qué a miúdo resulta tan difícil influír nelas/es para que o fagan dun xeito

saudable. Tamén presenta métodos, procedementos, guías prácticas e

recursos didácticos para axudarlles a clarificar os valores que son

importantes na súa vida e a resolver problemas e tomar decisións con

responsabilidade, promover a súa autonomía e o seu espírito crítico, e

fortalecer a súa capacidade para facer fronte á presión do grupo.

O libro presenta ademais un método práctico para planificar os programas

e actividades de Educación para a Saúde, de maneira que se asegure a súa

implantación, viabilidade e eficacia.

Podes consultar esta publicación na

Page 30: Boletín do Ceesg nº 103

30

ACTUACIÓNS Presentación do Ceesg ao alumnado da UDC A profesora Mariló Candedo, da Universidade da Coruña, convidounos a

presentar o colexio profesional a un grupo de alumnado de Educación

Social. No salón de graos, arredor de 80 alumnas/os puxeron atención

na presentación e participaron en diferentes dinámicas que tiñan por

obxectivo explorar os diferentes ámbitos de traballo da educación so-

cial, e coñecer os recursos de educación social da zona da Coruña.

Presentación do Libro de Actas do Encontro Luso-Galaico

O sábado 21 de maio, a Deputación de Pontevedra prestaba as súas instala-

cións no Pazo Provincial para a presentación do Libro de Actas do Encontro

Luso-Galaico de Educación Social. Participaban nela representantes do co-

mité organizador, tanto por parte do noso colexio como por parte da

APTSES, así como a Deputada de Benestar da Deputación Provincial de Pon-

tevedra, dona Digna Rivas.

Tras a presentación, tivo lugar a primeira reunión para a organización do II

Encontro Luso-Galaico de Educación Social, que xa ten lugar e data: Porto,

maio de 2017.

Page 31: Boletín do Ceesg nº 103

31

E tamén... Reunión do Comité Asesor de Galisenior e participa-

ción no evento.

Reunións de traballo da Área de Desenvolvemento Profesional.

Participación nas xornadas E agora que? Estudo ou tra-ballo? Organizadas pola Facultade de Ciencias da Edu-cación da Universidade da Coruña.

Reunión do Foro de Inmigración, das entidades da zona de Santiago, e na Xuntanza xeral, a nivel autonómico.

Constitución do Grupo de Traballo de Saúde.

Reunión do grupo promotor de Educación Social na escola.

Actividade de sensibilización “A educación muda(nos): ruta polas 3 Rs” (A Eira do Ceesg)

Participación na reunión da subcomisión de avaliación do título de grao de Educación Social na Universidade da Coruña.

Celebración da primeira sesión das Aulas xurídi-cas para educadoras/es sociais.

Asistencia a xuntanza informativa sobre as deporta-cións, boicot a Globalia e Air Europa, e á mesa informa-tiva da campaña.

Adhesión á Campaña contra as deportacións de persoas migrantes e boicot ás empresas que se lucran deste negocio.

Participación na reunión do grupo de traballo en demencias de FAGAL.

Presentación á Dirección Xeral de Familias, In-fancia e Dinamización Demográfica dunha pro-posta de formación para o persoal socioeducati-vo dos centros de atención á infancia dependen-tes do seu departamento.

Participación nas mesas de traballo para a elabo-ración da Estratexia Galega de Envellecemento desde a Innovación (ESGAEN). Asistimos ás me-sas sobre “participación social” e “preparación para a xubilación”.

Palestra: feminismo nas letras, organizada pola Plataforma Feminista de Galicia.

Participación nas xornadas sobre saúde e sexua-lidade organizadas pola Deputación da Coruña.

Colaboración coa XII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros e participación na súa inau-guración.

Servizo xurídico do Ceesg, primeiro martes e ter-ceiro mércores de cada mes.

Formación en peritaxe Un grupo de 20 profesionais e estudantes de Educación Social asistiron ao

curso “A educación social e a peritaxe xudicial”, impartido en Ourense o día

28 de maio. Neste curso apórtanse coñecementos básicos para poder ac-

tuar como perita/o nun procedemento xudicial, sobre as distintas ordes xu-

risdicionais e a actividade pericial como medio de proba, a elaboración do

informe pericial como educador/a.

Page 32: Boletín do Ceesg nº 103

32

15 ANOS DE

HISTORIA De Cesg a Ceesg

Sempre foi intención das persoas impulsoras da creación do noso Colexio

facer especialmente visible á muller nesta organización. Na proposta que se

mandou á Xunta de Galicia, no ano 1999, figuraba xa como nome o de

“Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia”. As circunstancias

fixeron que, pese ao apoio dalgúns grupos parlamentarios, non fose posible

utilizar xa esa denominación desde o comezo.

Dende entón, mantívose sempre como obxectivo que a verba EDUCADORAS

estivese incluída expresamente na denominación do colexio. Houbo que

esperar un momento adecuado para propoñer á Xunta de Galicia o cambio de

denominación, e foi o 19 de maio de 2006 cando a Asemblea Xeral de

colexiadas/os, reunida na Coruña, aprobou, de xeito maioritario, que o nome

do colexio mencionase expresamente ás “educadoras sociais”, situándose

ademais en primeiro lugar.

Os motivos máis importantes para propoñer este cambio foron, primeiro,

porque a maioría de colexiadas somos mulleres (naquel momento próxima ao

80%, e actualmente sobrepasando o 82%) e con gran presenza nos órganos de

dirección e participación colexial. Outra razón para visibilizar o feminino na

denominación do colexio foi que se quería dar recoñecemento ao papel que

tradicionalmente desenvolvemos as mulleres nalgunhas profesións

(educativas, sanitarias, sociais...) consideradas, ata hai ben pouco, ocupacións

“de segunda” e que, hoxe en día, véñense a converter en profesións básicas

do estado de benestar e polo tanto, as verdadeiramente importantes na vida

da cidadanía.

O cambio entrou en vigor despois da publicación no DOG do “Decreto

Page 33: Boletín do Ceesg nº 103

33

195/2006, do 26 de outubro, polo que se aproba o cambio de denominación

do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, que pasa a denominarse Colexio

de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia”, o 9 de novembro de 2006.

Por suposto, o cambio de nome ten moito que ver co principio ideolóxico da

igualdade entre mulleres e homes, e coa conciencia de que unha das

manifestacións máis notables da desigualdade é a linguaxe. A aposta polo uso

dunha linguaxe non sexista veríase reforzada na Asemblea Xeral do Ceesg do

ano 2007, cando se decidiu non só utilizar unha linguaxe inclusiva en todas as

comunicacións do Ceesg, senón usar a forma feminina en primeiro lugar.

Xa máis recentemente, o grupo de traballo de igualdade, Fiadeiras, elaborou

un protocolo de comunicación non sexista que ademais de asumir como

propio, recomendamos a todas e todos os profesionais dos eidos social e

educativo que o incorporemos ao noso traballo diario.

Cambio de logotipo

Co cambio de denominación do colexio, fíxose necesario cambiar as súas

siglas e polo tanto tamén o imagotipo.

Considerouse oportuno que aparecese a denominación completa xunto coas

siglas para reiterar a importancia do cambio de nome. E así evolucionou o

logotipo:

No 2015, o grupo Fiadeiras elaborou un protocolo de comunicación non sexista.

Page 34: Boletín do Ceesg nº 103

34

As cores verde e laranxa foron as elixidas para o novo logo.

O verde é a cor da vida e da natureza. É emocional, apracible e expresa

xuventude. É moi equilibrado e evoca tranquilidade e sosego. Unha cor moi

asociada a Galicia.

O laranxa expresa seguridade e comodidade. É unha cor estimulante e

chamativa, que invita á acción, ao movemento e á interactividade.

Conservouse a referencia á flor do toxo, que se representa co símbolo.

Logotipo trazado anterior. Terminacións abruptas e imperfectas que simulan unha tipografía manual. Necesidade de adaptación da forma orixinal para facelo máis accesible.

Novo logotipo coa denominación inicial. Non se perde a idea de proximidade, pois a tipo-grafía utilizada simula igualmente un trazo manual.

Novo logotipo coa denominación actual. As letras que o forman achéganse para darlle consistencia ao nome. O “g” alóngase para albergar a denominación completa.

Imaxe inicial do símbolo en liñas.

Imaxe do símbolo simplificado ao

máximo. Xiro de 45º á esquerda.

Estilización das follas. Mantemento da posición da planta. Símbolo resultante en positivo.

Page 35: Boletín do Ceesg nº 103

35

O dereito de soñar non figura entre os trinta dereitos humanos que as Nacións Unidas

proclamaron a fins de 1948. Pero se non fóra por el, e polas augas que dá de beber, os

demais dereitos morrerían de sede.

Eduardo Galeano.

#sinteosteussoños

Page 36: Boletín do Ceesg nº 103

36

Principios deontolóxicos xerais Principio da profesionalidade.

«A autoridade do/a educador/a social fundaméntase na súa competencia,

a súa capacitación, a súa cualificación para as accións que desempeña, a

súa capacidade de autocontrol e a súa capacidade de reflexión sobre a súa

praxe profesional, avaladas por un título universidtario específico ou a súa

habilitación outorgada por un colexio profesional de educadores sociais.

O/A educador/a social está profesionalmente preparado/a para a utiliza-

ción rigorosa de métodos, estratexias e ferramentas na súa práctiva profe-

sional, así como para identificar os momentos críticos nos que a súa pre-

senza poida limitar a acción socioeducativa. Para realizar a súa prñactica

diaria adquiriu as competencias necesarias, tanto na orde teórica como na

práctica. No momento de levar a cabo o seu traballo, ten sempre unha in-

tencionalidade educativa honesta concretada nun

proxecto educativo realizado en equipo ou en rede e

está en disposición de formarse permanentemente

como un proceso continuo de aprendizaxe, que permi-

te o desenvolvemento de recursos persoais favorece-

dores da actividade profesional.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 37: Boletín do Ceesg nº 103

37

AVISOS

Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publícalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Cobro de cotas colexiais No mes de xullo pasarase o cobro da cota colexial do segundo semes-tre 2016. O prazo para solicitar a aplicación de bonificación por salario inferior ao mínimo, desemprego ou situación análoga, é ata o 8 de xullo.

Horario de verán O horario de atención ao público da oficina do Ceesg dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro será de 8:00 a 15:00 h.

O horario do servizo de asesoramento xurídico presencial será de 12:00 a 14:00 h., manténdose os días: primeiros martes e terceiros mércores de e cada mes.

Do 15 ao 19 de agosto estará pechado por festividade local e vaca-

Page 38: Boletín do Ceesg nº 103

38

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg