Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia...

12
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 65 - novembro 2012 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Transcript of Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia...

Page 1: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 65 - novembro 2012

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

25N Día Internacional

contra a

violencia de xénero

Page 2: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Tema do mes Manifesto contra a violencia machista

25N12

A violencia machista é un fenómeno que non mingua. Debe ser das poucas cousas que non paran; todo o

contrario, mantense e perpetúase no tempo, xeración tras xeración.

A situación actual na que estamos a vivir está agudizando as desigualdades sociais e isto o comprobamos di-

rectamente no noso día a día desde a educación social: peche de centros, eliminación de programas,

diminución ou eliminación de subvencións... Esta desprotección social, como consecuencia dos recortes nas

políticas sociais, están a xerar unha maior violencia contra as mulleres– sexa do tipo que sexa-, ao favorecer

unha sociedade máis patriarcal, máis machista e moito máis desigual.

Existen leis que foron fitos no estado español para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, e tamén

para marcar medidas de protección integral contra a violencia de xénero, pero con isto só non é suficiente.

Por máis que exista a protección institucional, a responsabilidade individual e a xustiza social, as leis teñen

que aplicarse, para previr, frear e denunciar actos de violencia contra as mulleres, polo feito de ser mulleres,

xa que esta violencia ten, entre outras formas, un carácter estrutural.

Polo tanto,

rexeitamos todo acto, por moi minúsculo que pareza que sexa, ou desapercibido que pase por gran

parte da sociedade, contra as mulleres polo simple feito de selo.

reivindicamos unha plena e verdadeira igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

convidamos a “poñerse as gafas de xénero” e mirar o mundo con perspectiva feminista. Compren-

deremos así que a violencia machista non é un asunto particular, senón que é un fenómeno global e un

asunto de estado, de tódolos estados.

apostamos pola coeducación, como mellor alternativa á educación mixta e fronte á educación segre-

gada e como o mellor exemplo do entendemento entre persoas, desde a súa infancia.

A educación en igualdade non só garante os dereitos e liberdades fundamentais das mulleres e dos

homes, senón que tamén permite o desenvolvemento das comunidades e dos pobos, solución precisa

para darlle un cambio de rumbo a estas políticas inxustas que estamos a padecer.

O noso chamamento é posicionarse contra a violencia ás mulleres e poder dicir que SOMOS DE FIAR,

porque somos corresponsables con esta lacra e actuamos en consecuencia. Ogallá non teñamos que mani-

festarnos máis contra a violencia machista.

Fiadeiras Ceesg, 25 de novembro de 2012.

Page 3: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Maiores cineastas, maiores protagonistas

O CGCEES organizou o pasado 30 de novembro a I Mostra de cine "Maiores

cineastas, maiores protagonistas", que se configurou como un espazo de

encontro, reflexión e debate participativo entre axentes clave que na actua-

lidade son responsables do desenvolvemento e promoción do Envellece-

mento Activo e a Solidariedade Interxeracional. A creación cinematográfica

pode ser unha estratexia educativa para a promoción do envellecemento

activo e a acción interxeracional.

cgcees

Remate do Ano Europeo do

Envellecemento Activo e a

Solidariedade Interxeracional.

Coincidindo con este acto, tiña lugar no

IMSERSO a última reunión da Comisión

Organizadora do Ano Europeo do Enve-

llecemento Activo, na que está integra-

do o Consejo, e á que asistiu unha das

coordinadoras do GEIX, Mónica Serrano,

en sustitución de Mª Jesús Calvo, do

CGCEES.

O CGCEES implicouse de cheo durante o

2012 nesta conmemoración, pois a parte

de formar parte da comisión organiza-

dora do IMSERSO, creou unha comisión

non permanente específica e organizou

o 1º Laboratorio de innovación socioedu-

cativa para o envellecemento activo e a

interxeracionalidade, e a mostra de cine

da que falamos nesta mesma páxina.

Máis actualidade e documentación so-

bre este tema na web oficial.

www.envejecimientoactivo2012.es

www.facebook.com/2012envejecimientoactivo

Ano Europeo do Envellecemento Activo

e da Solidariedade Interxeracional 2012

Page 4: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

actualidade

As compañeiras e compañeiros da APEG (Asociación Profesional des Édu-cateurs Gradués) están preparando con gran esforzo e ilusión o XVIII Congreso Mundial de Educadoras e Educadores Sociais na cidade de Luxemburgo os días 2, 3, 4 e 5 de abril de 2013 co lema “Inclusión so-cial e Integración”. O periodo de inscrición xa está aberto, tendo a opción de inscribirse 1, 2, 3 ou os 4 días. Tamén se lanzou a 1ª chamada para a presentación de comunicacións e obradoiros. Encontraredes toda a información sobre o congre-so en www.worldcongress.lu. De momento a web aínda non está total-mente traducida a castelán, pero irase avanzando nisto.

Congreso Mundial de Educación Social

Bota a andar o novo grupo de traballo de Infancia

O día 29 de novembro foi a primeira reunión do que será o Grupo de Traballo de Infancia. O obxectivo do encontro foi informar do que supón implicarse nun grupo de traballo, dos compromisos que o Ceesg ten con estes, e de coñecer as expectativas das persoas intere-sadas en participar. Tratábase dunha reunión informativa, sen compromiso de vincularse posterior-mente ao grupo, aínda que xa houbo va-rias que confirmaron o seu interese en participar, e mesmo se designou xa un coordinador. Quedou marcada unha segunda reunión que será o 18 de decembro ás 17 h. na sede do colexio. Os asuntos a tratar son: plan de traballo do grupo, decidir nome do grupo, elaborar texto de presentación para a web e repasar o conxunto de inte-grantes do grupo nesta fase inicial. Se estás interesada/o en partici-par, podes achegarte ata o Ceesg, e se non podes asistir ese día, envía as túas propostas por correo electrónico para que podan ser tidas en conta.

Avances no II Concurso Memorial Toni Juliá

Publicadas as cláusulas específicas da fase galega do II Concurso de Proxectos de Edu-cación Social, podemos facer pública xa a composición do tribunal que se encargará da valoración dos proxectos que participen. Serán Xosé Manuel Cid, da Universidade de Vigo; Jesús Rodríguez, da Universidade de Santiago; María Dolores Candedo, da Universidade da Coruña; e Eva Moldes e Sofía Riveiro, do Ceesg. A todas elas/es, gra-zas pola súa colaboración, e a todas/os vós, recordade que tedes ata o 31 de marzo de 2013 para presentar os vosos proxectos.

Page 5: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

O pasado 26 de novembro, tivo lu-

gar na Facultade de Ciencais da

Educación de A Coruña, un Xornada

co título “Aprendizaxe-Servizo. Cara

o desenvolvemento profesional e o

compromiso social”.

Estas xornadas pretendían por unha

banda amosar ao alumnado, a po-

tencialidade dunha metodoloxía que

pretende combinar os procesos de

aprendizaxe, cos de compromiso

social e o servizo á comunidade,

partindo da diagnose de necesida-

des reais existentes en cada contex-

to.

Por outra banda, a UDC empregaba

esta xornada como mecanismo para

explorar as posibilidades de poder

aplicar esta metodoloxía de traballo

ben no marco de materias concre-

tas, no desenvolvemento do Practi-

cum, entre outras posibillidades.

Nas xornadas contouse coa presen-

za de Josep M. Puig Rovira, Cate-

dráctico de Teoría e Historia da Edu-

cación da Universidade de Barcelo-

na, e que conta cunha ampla expe-

riencia no estudo e aplicación desta

metodoloxía, e que puido establecer

o marco xeral do que significa a

Aprendizaxe-Servizo(APS) ademais

de moderar as mesas de debate.

O Ceesg participou nunha das me-

sas de debate, nas que diversas

entidades deron a súa percepción

sobre as posibilidades de aplicación

desta metodoloxía, o papel que po-

de xogar cada entidade na posta en

marcha de proxectos destas carac-

teristicas, ou os obstáculos máis

relevantes para a súa posta en mar-

cha.

Durante a mesa de debate, dende o

Ceesg manifestamos a nosa aposta

por esta metodoloxía, xa que enten-

demos que pode ser de moita utili-

dade para a praxe profesional na

ES, xa que os puntos de conexión

entre a educación social e o aprendi-

zaxe-servizo son múltiples: A bús-

queda de xustiza e a equidade so-

cial, a perspectiva comunitaria no

desempeño profesional, o carácter

transformador das accións socioedu-

cativas, o empoderamento das per-

soas, o profesional da ES como faci-

litador de procesos de aprendiaxe –

neste caso a través dos servizos á

comunidade-, etc…

De feito, as posibilidades de aplica-

ción son enormes, xa que calquera

grupo ou colectivo (alumnado dun

centro educativo, grupo de mozos e

mozas dun centro de menores, ou

calquera colectivo de persoas ven-

cellados a un proxecto socioeducati-

vo concreto) que teña definido pre-

viamente unha serie de aprendiza-

xes que serán adquiridos mediante a

diagnose dunha necesidade social

do seu contexto, e o desenvolve-

mento dun servizo que dea resposta

a esa necesidade, é susceptible de

participar en proxectos desta índole.

Por iso, dende este esquema, a apli-

cabilidade na educación social é

total, percibíndose multitude de ám-

bitos nos que esta metodoloxía sería

idónea para o noso desempeño pro-

fesional.

Dende este posicionamento, durante

a mesa de debate, o Ceesg manifes-

tou a súa dsipoñibilidade a implicar-

se en proxectos vertebrados dende

a APS, definindo liñas a través das

cales o Ceesg podería facer ache-

gas a este tipo de proxectos:

Asesoramento ás diferentes enti-

dade participantes para o deseño

do proxecto dende a perspectiva

socioeducativa.

Facilitar contacto entre entidades

e profesionais da educación so-

cial para promover a posta en

marcha de proxectos destas ca-

racteristicas.

Impulsar a divulgación desta me-

todoloxía no campo da educación

social.

Realizar procesos formativos pa-

ra educadoras e educadores so-

ciais en torno a aprendizaxe des-

ta ferramenta na nosa praxe.

Poder achegar profesionais a

entidades que precisen de facili-

tadores dos procesos de Aprendi-

zaxe-Servizo.

En definitiva, o Aprendizaxe-Servizo

non representa o gran descubrimen-

to na ES, pero sí que reordena, dá

sentido e proxecta na boa dirección

a nosa praxe, adecuando o equilibrio

entre as aprendizaxes e o servizo a

colectivos concretos dunha vila ou

cidade, dende a detección real e

palpable das necesidades existen-

tes. Por iso, a Aprendizaxe-Servizo

é algo máis cunha metodoloxía, é

unha percepción da nosa praxe pro-

fesional baseada na equidade social

e no empoderamento das persoas

no seu contexto de referencia.

Dende o Ceesg, animamos a que

vos acheguedes a esta metodoloxía,

xa que pode ser moi útil en moitos

ámbitos. De feito no Ceesg temos

unha recente publicación sobre

APS, que pensamos que pode ser

do voso interese, e que aparece re-

ferenciada neste boletín.

Aprendizaxe-Servizo.

Unha metodoloxía propia da Educación Social.

Page 6: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

formación II Xornadas de

Educación e Violencia de Xénero

O grupo de traballo en igualdade Fiadeiras, do

Ceesg, xunto coa Facultade de Ciencias de Edu-

cación da Universidade de Vigo (Campus de Ou-

rense), un ano máis e seguindo coa intención fir-

me de eliminar toda forma de violencia machista,

presenta estas xornadas de educación e violencia

de xénero, para achegar experiencias que traba-

llen a sensibilización no marco da igualdade e fa-

cendo ver as desigualdades imperantes, claros

indicadores da violencia de xénero. Ademais, te-

rá un peche artístico para coñecer o traballo que

se fai desde o Teatro da Oprimida.

A Entrada é de Balde!!!

“A Educación Social ten ferramentas moi útiles pa-ra traballar a prol da igual-dade, sensibilizando e le-vando a cabo proxectos que permitan convivir nunha sociedade máis

xusta e igualitaria.”

Page 7: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Comic do ceesg

Última sesión do Ciclo de formación xurídica

O vindeiro 14 de decembro ás 17:00 na sede do Ceesg terá

lugar a última sesión do Ciclo de formación xurídica para

educadoras/es sociais.

Centrarémonos na lexislación e normas que afectan á nosa

profesión, con especial incidencia na lei de servizos sociais e

no decreto que regula os servizos sociais comunitarios e o

seu financiamento.

Page 8: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Para ler e reflexionar...

Guía metodológica para educadoras y educadores sociales. Educar en Igualdad / Igualdad en Educar (Colegio Profesional de Educadoras y Educadores Sociales de Andalucía)

Esta guía práctica editada en CD expón unha serie de accións de xénero a incorporar nas prácticas de intervención socioeducativa nos distintos ámbitos de intervención das educadoras e educadores sociais, co fin de promover a coeducación e orientación afectivo-sexual e o desenvolvemento integral da poboación coa que intervimos. Tamén pode descargarse dende a web do COPESA.

Algunhas obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Más de cien consultas frecuentes en las ONL (Fundación Luís Vives) Como ben indica o título esta publicación dá resposta a multitude de consultas frecuentes das entidades non lucrativas, formulándoo en forma de pregunta/resposta, e clasificándoo en dife-rentes áreas: xurídica, fiscal, de xestión e proxectos e de comunicación. Nace a iniciativa despois da experiencia do portal Solucionesong.org, onde se recollen este tipo de consultas para apor-tar solucións de forma colectiva.

Aprendizaje Servicio (ApS). Educación y compromiso cívico. (Josep M. Puich, coord.) Esta obra presenta a Aprendizaxe servizo (ApS), unha metodoloxía pedagóxica de alto poder formativo que combina nunha soa actividade a asimilación de contidos, competencias e valo-res, coa realización de tarefas ao servizo da comunidade. Parte da idea de que a axuda mu-tua é un mecanismo de progreso persoal, económico e social mellor que a persecución do pro-veito e o éxito individual. Promove polo tanto un cambio cultural no que debe potenciarse a solidariedade, a cohesión social e a igualdade.

SENENT, J.M. (Coord.): Escritos de la cooperación y la movilidad. Universitat de Valencia. 2012.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, J.; GUTIÉRREZ MOAR, M.C. e ÁLVAREZ SEOANE, C.D.: Memoria de actividades das comisións Cultural e de Normalización Lingüística. Período 2006-2010. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. 2011.

GONZÁLEZ SANTIAGO, E.M.; VIQUEIRA PÉREZ M.J., e SANZ LOBO, M.D.: Avaliación do proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar. Barrio de Fontiñas. Santiago de Compostela. Deputación da Coruña. 2012.

GONZÁLEZ SANTIAGO, E.M.; VIQUEIRA PÉREZ M.J., e SANZ LOBO, M.D.: Proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar. Barrio de Fontiñas. Santiago de Compostela. Deputación da Coruña. 2012.

Novas publicacións da biblioteca

Page 9: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

ACTUACIÓNS

Xunta Permanente. O 8 de novembro reuníronse a Pre-sidenta, Vicepresidenta, Secretaria e Tesoureira do Ceesg para avanzar o traballo da Xunta de Goberno.

Reunións das dinamizadoras/es dos PIC. O estudanta-do que se encarga de dinamizar os Puntos de Informa-ción Colexial estiveron moi activos este mes planifican-do as súas actividades. En Santiago reuníronse os días 7, 13 e 20. En Ourense os días 9 e 23.

Reunión coa Deputación de Pontevedra. Seguimos a rolda de reunións coas deputacións, para coñecer o estado de implantación do convenio asinado entre estas e a Consellería de Traballo e Benestar, para o financiamento do persoal de servizos sociais dos concellos. Esta vez tivemos o encontro con Dna. Marta Iglesias, Deputada de Servizos Sociais, o día 2 de novembro. Reunión do Foro de Inmigración As entidades da zona

de Santiago integradas no Foro de Inmigración somos convocadas á xuntanza ordinaria, na que se informa sobre actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante; se infor-ma sobre as propostas de actuación e comisións de traballo establecidas na asemblea, valórase o conver-satorio realizado o día 27 de outubro, e da continuida-de da campaña Ninguén sobra nunha crise, entre ou-tros temas.

I Encontros de reflexión e debate sobre a infancia en risco. O CIPF A Xunqueira, de Pontevedra, celebra estes encontros e convidounos a dar a visión do traballo con menores na Comunidade Autónoma a través do Ceesg. Eran dirixidas a alumnado do Ciclo Superior en Educación Infantil e tiveron lugar o día 15 de novembro.

Reunión de Fiadeiras. O día 13 de novembro, as Fiadeiras vense en Santiago para preparar as II Xornadas de educación e violencia de xénero: sensibilizando, que serán en Ourense o día 5 de decembro.

Reunión da Área de Comunicación. O día 16 de nove-mbro quedamos para traballar sobre o próximo núme-ro da revista Galeduso, que se centrará en Educación Ambiental.

Participación no II Congresso Internacional de Educação Social - Educação e Inovação Social. A Associaçao dos Profissionais Técnicos Super iores de Educação Social (APTSES) convidounos a participar o día 10 de novembro nunha mesa redonda.

Congreso Internacional das Persoas Maiores. O Grupo de Estudios e Intervención Xeragóxica do Ceesg estivo presente no congreso organizado pola Xunta de Galicia o día 15 de novembro.

Apoio á Folga Xeral. Representantes do Ceesg estivemos presentes nas manifestacións de diversas localidades galegas que se realizaron durante a folga xeral, o 14 de novembro.

Ciclo de formación xurídica. Continuando o ciclo de formación xurídica, o 9 de novembro tivo lugar a súa terceira sesión, centrada en dereitos laborais.

Inauguración do Máster en Mediación. Convídannos a formar pate da mesa inaugural do Máster en Media-ción organizado pola Universidade de Santiago, que tivo lugar o 9 de novembro.

Xunta de Goberno. O 17 de novembro houbo unha reunión para revisar as actuacións realizadas e avanzar na planificación para 2013.

Charla/obradoiro: Claves para unha búsqueda de emprego eficaz en época de crise. En colaboración coa Federación de Mulleres Progresistas de Madrid, en-marcado no programa E-logia, organizouse esta charla na que falamos dos erros máis comúns na búsqueda de emprego e do autoemprego como unha al-ternativa. Foi o 12 de novembro.

I Encontro de educadoras/es en drogodependencias: a realidade da intervención educativa. O 16 de novembro, Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo organizou este encontro dirixido ao persoal educativo das súas entidades. Asistiron dúas persoas representando ao Ceesg, que foi convidado.

Presentación a alumnado da USC. A Área de Comunicación participa presentando ao colexio nas aulas da Universidade de Santiago, no marco dunha materia relacionada coa profesionalización. Foi os días 19 e 22 de novembro.

Informe sobre a habilitación profesional. O Concello de Redondela fíxonos unha consulta sobre a validez e re-coñecemento da habilitacións profesionais, á que res-pondemos coa elaboración dun informe no que inclui-mos a necesidade e pertinencia do proceso de habili-tación, e aclaramos que a súa validez exténdese a todo o estado.

Page 10: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

II Congreso Ibérico A fenda dixital. O Ceesg colabora con este congreso, que se celebrou os días 23 e 24 d enovembro e que pretende crear un espazo de encon-tro entre as/os profesionais de Galicia e Portugal, coa intención de analizar as posibilidades que ofrecen as TIC na escola e no desenvolvemento local.

Comezo do posgrao de intervención familiar no sistema de protección á infancia. Deu comezo a segunda edición do postgrado organizado en colaboración con IFIS-Grupo 5. A plataforma formativa online está opertaiva dende o día 23 de novembro.

Escrito ao Concello de Ribeira. Damos a coñecer a nosa profesión, despois de que teñan convocado varios pos-tos do ámbito social e educativo, pero non de educado-ras/es sociais.

Xornadas profesionais: alzhéimer un problema de to-dos. O GEIX asiste ás Xornadas Profesionais sobre Alz-heimer organizadas por AFAGA. Con esta xoranda pre-téndese ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais e futuros profesionais directa ou indirec-tamente relacionados con esta problemática.

Concentración de Galicia por Palestina e BDS-Galiza. Asistimos á concentración organizada por Galiza por Palestina e BDS-Galiza, que fan un chamamento á cidadanía, movementos sociais, sindicatos e partidos políticos, a sumarse á concentración en apoio ao pobo palestino e contra a impunidade do estado de Israel. Foi o día 24 de novembro en Santiago.

Escrito á Consellería de Educación. Propuxemos a in-clusión dun/ha representante do Ceesg no Consello Galego de Convivencia Escolar.

Clausura do Programa Aquelando 2. Asistimos á xornada de clausura do Programa Aquelando 2, un programa de formación e inserción laboral das presoas en situación de exclusión social da deputación de Pomntevedra.

Conferencia de Enrique Echeburúa. Entre os actos dispostos para celebrar o 25 de Novembro do 2012, Día internacional contra a violencia de xénero, o Concello de Nigrán organizou unha conferencia impartida por Enrique Echeburúa, experto nesta materia. Asistimos ao acto, que foi o día 26 de novembro.

Mesa redonda: consecuencias da crise na saúde. Asis-timos á mesa redonda organizada polo Encontro Be-nestar Social de Pontevedra, na que, entre outros, in-terviu a educadora social Silvia Gálvez. Con ete acto, celebrado en Pontevedra o 29 de novembro preténdese transmitir a importancia de ter unha actitude saudable ante o desemprego e a crise económica actual, para non caer na depresión e incluso no suicidio.

Xornada sobre Aprendizaxe-Servizo. A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña organiza esta xornada, co subtítulo: “Camiños cara o desenvolvemento profesional e o compromiso social.” O Ceesg participou no grupo aberto de discusión sobre Intervención socioeducativa e Aprendizaxe-servizo: unha ollada dende a praxe profesional. Foi o día 26 de novembro.

Pleno e asemblea da Unión Profesional de Galicia. O día 27 de novembro en Santiago asistimos ao encontro dos colexios profesionais integrados na Unión Profesional.

Participación no acto de clausura da campaña contra a violencia de xénero. O Concello de Cambre organizou a campaña "Sen violencia de xénero + felices", que incluíu varios actos ao longo dos meses de outubro e novembro. O grupo Fiadeiras foi convidado a participar e intervir no Acto final da campaña polo Día Internacional contra a violencia de xénero, o día 26 de novembro.

Reunión do Comité organizador no Ano Europeo do envellecemento activo e a solidariedade internacional. Asistirá unha das integrantes do GEIX por delegación da coordinadora da Comisión non permanente de envellecemento activo do CGCEES. Convocada polo IMSERSO.

Participación no acto do 25N do Concello de Pontedeume. Unha das Fiadeiras foi a encargada de presentar o acto que todas os anos realiza o Concello de Pontedeume en conmemoración do 25N. O acto consistiu nunha breve presentación dos motivos polos que nos xuntamos nesta data, a lectura do manifesto institucional a cargo da Concelleira de Benestar social municipal, o fallo do V Certame de relatos breves pola Igualdade e a clausura e peche do acto.

Escrito á Secretaría Xeral de Política Social. A proposta do Grupo de Traballo de Intervención Socioeducativa con Familias, enviamos un escrito dirixido á Secretaria Xeral de Política Social, para solicitar información acerca dos criterios de acceso aos programas SIUSS e MATIASS, así como para informar das diversas situacións que se dan nos concellos en relación a este asunto.

Presentación a alumnado da USC. A Área de Comunicación participa presentando ao colexio nas aulas de Educación Social da Universidade de Santiago, no marco dunha materia relacionada coa profesionalización. Foi os días 19 e 22 de novembro.

Reunión de constitución do Grupo de Traballo en Infancia. Foi a ocasión de presentar ás persoas interesadas, afondar no que significa integrarse nun grupo de traballo, e comezar a perfilar o que serán os obxectivos e liñas de traballo do grupo.

Page 11: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

Para a persoa

colexiada

Para quen se colexia

Calquera persoa que “traía” a unha/un educadora/educador so-cial non colexiada/o, terá un 50% de descontó na súa cota cole-xial, isto é, da exención do pago dun semestre.

70 € para colexiadas/os en activo 52,50 € para colexiadas/os en activo con ingresos inferiores ao SMI

35 € para colexiadas/os en situación de desemprego. A persoa colexiada que teña sufragada polo menos unha cota semestral poderá ‘traer’ a unha soa persoa ate o remate desta campaña.

A educadora ou educador social recén chegada/o ao Ceesg a través desta campaña, non pagará a cota de alta no Ceesg.

15 € no 1º ano dende o depósito do título 35 € no 2º ano dende o depósito do título 65 € a partir do 2º ano dende o depósito do título.

A promoción farase efectiva no momento en que toda a docu-mentación (Anexo I, Anexo II e documentación de colexiación) sexa presentada no Ceesg.

...Trae a alguén!

De agasallo de Nadal...

A promoción remata o 22 de xaneiro,

non esperes máis!

Maiores cineastas, maiores protagonistas. O CGCEES organiza a I Mostra de cine "Maiores cineastas, maiores protagonistas", que se configura como un espazo de encontro, reflexión e debate participativo entre axentes clave que na actualidade son responsables do desenvolvemento e promoción do Envellecemento Activo e a Solidariedade Interxeracional. Foi o 30 de novembro.

Xornadas Ecofeministas: repensando a vida. Organiza-do por diferentes colectivos e asociacións comprometi-das coa transición cara a un modelo de vida afastado do consumismo exacerbado e da produción sen límite. Fiadeiras forma parte da organización destas xornadas que se desenvolven en Santiago de Compostela e comezan o día 30 de novembro.

Page 12: Boletín do Ceesg 25N Día Internacional contra€¦ · 25N Día Internacional contra a violencia de xénero. Tema do mes Manifesto contra a violencia machista 25N12 A violencia machista

formación

Ii xornadaS de educación e violencia de xénero

SENSIBILIZANDO Organizan: Fiadeiras (Ceesg) e Fac. de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Campus Ourense) Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán. Facultade de Ciencias da Educación (Campus Ourense) Data: 5 de decembro de 16:30 a 20:30 h. Contidos: Achegaranse experiencias prácticas de sensibilización contra a violencia de xénero. Inscricións: Asistencia libre e gratuíta ata completar aforo, non se necesita inscrición previa. Dirixido a persoas colexiadas. Información: www.ceesg.org / [email protected] / [email protected]

——————————

Ciclo de Formación xurídica para educadoras/es sociais

sesión 4: foto de FAMILIA Organizan: Ceesg e A Sensu Contrario. Lugar: Sala de usos múltiples do Ceesg (Santiago de Compostela) Data: 14 de decembro de 17:00 a 19:00 h. Contidos: Centrarase na lexislación e normas que afectan á nosa profesión, con especial incidencia na lei de servizos so-ciais e no decreto que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Inscricións: Gratuíta previa inscrición na web do Ceesg. Información: www.ceesg.org / [email protected]

——————————

Congreso mundial de educación social

inclusión social e integración Organizan: Asociación Internacional de Educación Social (AIEJI) e Asociación Profesional des Éducateurs Gra-dués (APEG). Lugar: Luxemburgo. Datas: do 2 ao 5 de abril de 2013. Contidos: Centrarase na lexislación e normas que afectan á nosa profesión, con especial incidencia na lei de servizos so-ciais e no decreto que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Inscricións: A través da web do congreso: www.worldcongress.lu. Pode facerse para 1, 2, 3, ou os 4 días. Información: www.worldcongress.lu/es

emprego

Animador/a sociocultural. Para o concello de Barba-dás.

Xerente de vivenda comunitaria. Para o concello de Samos.

Docente área sociosanitaria. Vigo.

Formadores/as. Pontevedra.

Educador/a Social. Para organizar e impartir unha escola de Familias. Narón.

Educador/a Social. Para unha asociación de axuda en toxicomanía.

Titulado/a. Para colaboración en investigación. Santia-

Formadores/as. Para impartir certificados de profesio-nalidade.

Aniamdores/as—Monitores/as infantís. Vigo.

Educador/a social. Para empresa de servizos sociosa-nitarios. Pontevedra.

Monitores/as. Pontevedra e Marín.

Monitores de producción de eventos. Pontevedra.

Xestor/a da formación. Para desenvolvemento de plans de formación continua. A Coruña.

Técnico de intervención familiar. Para execución dos procesos de intervención familiar. Un posto en Coru-

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg