Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día...

12
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 94 - xuño 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día...

Page 1: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 94 - xuño 2015

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Tema do mes

Os días 6 e 7 de xuño o Ceesg tivo unha cita en Pamplona

para celebrar a Asemblea do CGCEES. Xunto cos 15

colexios profesionais e a Asociación de Educadoras e

Educadores Sociais de Cantabria, Mónica Serrano,

presidenta do Ceesg; e Maite Sío, secretaria; representaron

ao colexio acompañadas de Alberto Fernández de

Sanmamed Santos, antigo compañeiro da Xunta de

Goberno do Ceesg e expresidente do CGCEES.

O sábado traballouse sobre a memoria xeral e económica

do 2014. Presentáronse temas centrais do CGCEES como é

o regulamento profesional, os estatutos e a formación

universitaria. Sobre estes temas acordouse seguir

traballando pola regulación e ordenación da nosa profesión

permitindo así o noso recoñecemento e mellora da

empregabilidade de educadoras e educadores sociais.

Máis tarde as Presidencias dos Colexios firmaron o

Convenio Marco que pon en valor o compromiso e unión

dos Colexios para co CGCEES.

E así chegamos o domingo, comezando polos plans de

traballo. Na Vogalía de Sociolaboral tratáronse, entre outros

temas, o informe socioeducativo realizado polo grupo de

traballo aBeira do Ceesg, co cal se fará un consenso xunto

co elaborado polo CPESRM. A Vogalía de Formación

Universitaria participará nos informes sobre equivalencias do

noso título universitario segundo o RD 967/2014, e

continuará cos convenios coa UNED, SIPS, e outras

entidades. Dos grupos de traballo destas vogalías forma

parte o Ceesg coa participación de Eva Moldes e Alfonso

Tembrás respectivamente. Continuouse presentando o plan

de traballo da Vogalía de Internacional, a Comisión de

Envellecemento Activo, Aprendizaxe ao longo da Vida e

Interxenercionalidade da que forma parte a presidenta do

Ceesg, Mónica Serrano; a Comisión Deontolóxica, e o Comité

de Comunicación no que colabora Alberto Fernández de

Sanmamed Santos. Neste punto acordouse que o grupo de

traballo sobre igualdade do Ceesg, Fiadeiras, compartiría co

CGCEES e cos Colexios Profesionais o Protocolo de

Comunicación Inclusiva presentado por dito grupo o 8 de

marzo no Día Internacional da Muller.

Pronto chegou a hora de que os compañeiros de Andalucía e

Alberto como membro do Comité Organizador nos puxeran

ao día dun tema central para todas e todos nós: O VII

Congreso Estatal de Educación Social “A máis Educación

Social, máis cidadanía”. Este terá lugar os días 21, 22 e 23 de

abril do 2016 en Sevilla.

Expuxéronse as novas incorporacións ao Consello: Paz Calvo

do CEESCYL incorporarase a Tesourería, e Máximo Sayago do

COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais.

O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio

entregou á Asociación de Cantabria as cartas nas que se

manifestaba o apoio para a creación do Colexio Profesional.

Tamén se fixo un recoñecemento a Daniel Rubio do Colexio

do País Vasco pola súa participación no Consello e o seu labor

no Comité de Comunicación, e un agradecemento ao

COEESNA por ser uns excelentes anfitrións-as.

Non faltaron as tertulias, os debates, os momentos de

dispersión en ceas e comidas. As educadoras e educadores

navarros agasalláronnos cun Aurresku de benvida, cunha visita

guiada pola cidade, e pola noite fixéronnos bailar kalejira a

ritmo de trikitxas.

Rematamos a asemblea con apertas e cun fermoso poema de

Goconda Belli: “un non escolle”.

Un non escolle o país onde nace;

pero ama o país onde naceu.

Un non escolle o tempo para vir o mundo;

pero debe deixar pegada do seu tempo.

Ninguén pode evadir a súa responsabilidade.

Ninguén pode taparse os ollos, os oídos,

enmudecer e cortarse as mans.

Todos temos un deber de amor que cumprir,

unha historia que nacer,

unha meta que alcanzar.

Non escollemos o momentos para vir o mundo:

agora podemos facer o mundo en que nacerá e crecerá a

semente que traemos con nós.

Maite Sío Docampo Educadora Social, Colexiada nº 3850

Secretaria do Ceesg

Vogal do CGCEES

Asemblea do CGCEES 2015

Page 3: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

cgcees

O Colexio Profesional de Educadores e Educadoras Sociais

de Canarias segue avanzando despois da creación a través

da Lei 8L/PL-0014, de 10 de xuño do 2014.

Os representantes do devandito Colexio e o CGCEES

asinaron o acordo de integración do Colexio ao Convenio

de regulación de relacións administrativas que manteñen

asinado o Consello e os Colexios dos diferentes territorios

do Estado.

Ademais, o pasado 18 de Xuño inaugurouse a Sede das

Palmas do colexio canario. Á cerimonia achegáronse

numerosos profesionais da Educación Social e membros da

prensa local. Houbo un brinde e escoitáronse palabras de

membros da Comisión Permanente. Falouse das funcións e

competencias das/os educadoras/es sociais e do que poden

ofrecer á cidadanía.

Uns pasos máis na consolidación da nosa profesión en

Canarias.

El CEESCAN sigue avanzando

Coa ilusión de difundir e consolidar a nosa profesión

convocouse a III Edición do Concurso de Proxectos de

Educación Social “Memorial Toni Julià”, co convencemento

de que a pegada que deixamos é imprescindible reflectila

tamén mediante unha literatura propia.

Alégranos comprobar que imos crecendo e a esta edición

presentáronse proxectos desde sete entidades do CGCEES,

algunhas con máis dun traballo.

Nestes momentos os proxectos atópanse en fase de

valoración e selección do que será o traballo gañador, por

un xurado que este ano está composto por:

Sra. Dna. Flor Hoyos Alarte (Educadora Social e

Mediadora en Equipo Especializado en Familia e Menores.

Presidenta de Honra do CGCEES).

Sr. D. Carlos Sánchez-Valverde Visus (Educador Social.

Profesor de Educación Social na Universidade de Barcelona.

Coordinador do Consello de Redacción de RES Revista de

Educación Social).

Sra. Dna. Elena Aycart Carbajo (Educadora Social.

Intervención Socioeducativa no medio aberto con

adolescentes. Conselleira Honoraria do CGCEES).

Sra. Dna. Ana Iglesias Galdo (Educadora Social.

Profesora no Grao de Educación Social e Decana da

Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da

Coruña).

Sr. D. Francisco Javier Alicante García (Educador

Social. Profesor de Metodoloxía da Intervención Social e

Coordinador do Prácticum no Máster de

Drogodependencias e outras adiccións na Universidade de

Deusto).

Sr. D. Xavier Úcar Martínez (Catedrático de Pedagoxía

Social no Departamento de Pedagoxía Sistemática e Social

da Universidade Autónoma de Barcelona. Presidente da

Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social).

Sr. D. Joaquín Corcobado Romo (Subdirector de

Asuntos Sociais da FEMP).

O nome do Proxecto gañador farase público en outubro de

2015, no marco dos actos conmemorativos do Día

Internacional da Educación Social, e o premio entregarase

durante o VII Congreso Estatal de Educación Social que se

celebrará en Sevilla, os días 21, 22 e 23 de abril de 2016.

Concurso Memorial Toni Juliá

Page 4: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

actualidade

Presentación do libro #Edusohistorias, unha viaxe pola Educación Social

Os pasados 18 de xuño en Ourense e o 19 de xuño en Vigo, Educablog, El Blog de la Educación Social

presentaron o seu libro #Edusohistorias unha viaxe pola Educación Social.

“Arealidadesuperaa ficción”esta foiamáximaque inspiroua IñigoRodríguez,RaúlLuceño,AsierFélixeJorge Roz, a embarcarse na elaboración e edición dun libro de relatos que, mediante a ficción, explica a profesión da Educación Social.

Ambos actos contaron coa presenza de Asier Félix, membro do equipo coordinador a publicación (Educablog), e de Alfonso Tembrás, vogal do Ceesg e un dos autores desta obra vivencial, que reúne 23

relatos de ficción baseados en historias reais protagonizadas por profesionais da Educación Social e polas

persoas coas e para as que traballan. Historias sobre infancia institucionalizada, sobre persoas con problemas de adiccións, sobre persoas sen fogar; contos sobre mulleres, sobre migrantes, sobre persoas maiores; relatos sobre diversidade funcional, sobre o traballo comunitario, persoas privadas de liberdade, con dificultades en

saúdemental…Escritos, endefinitiva, dungrupodeEducadoras e Educadores Sociais prologadospordousmestres na materia, Segundo Moyano e Enrique Martínez-Reguera e coordinados polo Equipo EducaBlog.

Desde EducaBlog levan traballando na visibillización da nosa profesión dende o ano 2006. Ademais da web e

das redes sociais, realizan accións formativas relacionadas coas TIC e a intervención social con diferentes colectivos.

Page 5: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Encontro/Asemblea do Foro de Inmigración

O pasado 13 de xuño en Lugo tivo lugar a Asemblea do Foro Galego de Inmigración, do que o Ceesg forma parte. Baixo o lema “Derrubando fronteiras” organizouse un-ha xornada na que houbo oco para pales-tras e actos reivindicativos para chamar a atención sobre a actual situación de repre-sión da poboación inmigrante, da súa per-da de dereitos sociais e sanitarios, dos voos da vergoña, e o peche dos CIES.

O 15 de Xuño é o Día Internacional polo Peche dos CIE, Centros de Internamento de Estranxeiros. Centros de amoreamento de persoas onde, por lei, se pode estar ata 60 días esperando unha suposta deportación que, moitas veces non se levará a cabo, e que as deixa nun-ha situación de aínda maior vulnerabilidade, ao im-pedir a súa regularización. As condicións neses cen-tros son infrahumanas e se exercen sobre persoas que cometen unha única falta: carecer dun papel que as convirta en residentes neste país. Estamos pois, diante dunha represión racista. Unha frontei-ra que deberiamos derribar.

Pero as fronteiras van moito máis aló dos propios CIE. Día tras día, as persoas inmigrantes están sendo so-metidas a redadas e identificacións arbitrarias pola súa aparencia ou cor de pel. Redadas que se están executando inclusive nos propios domicilios.

Non nos podemos esquecer da Fronteira Sur, das va-llas de Ceuta e Melilla e as ilegalidades que está come-tendo o goberno coas expulsións chamadas “en quente” que non son outra cousa que expulsións ile-gais. Con todo isto, estase conseguindo a expulsión indiscriminada de persoas, evitando así conceder asilo ás que chegan fuxindo dunha morte segura nos seus países; moitos deles en conflitos bélicos.

Temos outra fronteira fortemente armada nas depor-tacións de poboación inmigrante. O goberno do Esta-do español e grandes empresas estanse lucrando cos respectivos voos de Deportación. Empresas do grupo Globalia, ao que pertencen Air Europa, Viajes Halcón, Viajes Ecuador, Travelplan ou Pepe Phone... son parte de todo este entramado O goberno aprobou pagar a esas empresas algo máis de 12 millóns de euros para este ano e o seguinte en concepto de voos de depor-tación.

A represión á que é sometida a poboación inmigrante ten outras fronteiras que se volven invisíbeis. A vulne-ración dos seus dereitos sociais: No territorio hai múl-tiples fronteiras legais que amparan a denegación sistemática dos dereitos básicos, obrigando as per-soas migrantes a transitar por un labirinto burocrático con altas doses de racismo e xenofobia:

A exclusión sanitaria das persoas migrantes en sItuación de irregularidade administratIva, pro-bablement e sexa a maior e a máis ruin elimina-ción de dereitos básicos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos.

Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo d@s traballador@s migrantes, de forma concreta no ámbito do emprego doméstico; ainda que tamén en sectores como a hostelería, o sector pesquei-ro ou o agrogandeiro. Condicións indignas e de explotación resgardada nas sucesivas reformas laborais do goberno neoliberal.

Engadido a esta situación, e como outro exe-mplo destas fronteiras interiores temos as res-tricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder a estas prestacións sociais. A Xunta impide o acceso á RISGA ás persoas que carecen de documentación, inxustiza que leva-mos tempo denunciando, e que aprobación da nova Lei de Inclusión Social de Galicia non só non mudou senón que impuxo novos atrancos.

Derribemos as fronteiras que nos separan. Os seres humanos somos todos un.

Non importa procedencia, cor, relixión.

Ningunha persoa é ilegal! Non máis represión á poboación inmigrante!

MANIFESTO

DERRUBANDO FRONTEIRAS

Page 6: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

formación

O VII Congreso estatal en marcha

SEVILLA ESPÉRANOS...

A EDUCACIÓN SOCIAL NECESARIA...

A CIDADANÍA NECESÍTANOS...

No marco da Asemblea Xeral Ordinaria do CGCEES, celebrada en Pamplona os días 6 e 7 de xuño de 2015, as diferentes delegacións dos colexios profesionais analizaron a mar-cha dos traballos que se están levando a cabo para a celebración do VII Congreso Estatal de Educación Social que se celebrará en Sevilla os días 21, 22 e 23 de abril de 2016.

Todas as entidades implícanse de forma activa no Congreso Estatal como acto central onde se visibiliza a profesión en todo o estado. As compañeiras e os compañeiros do Co-lexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Andalucía (CoPESA) informaron sobre os últimos avances na organización, en concreto sobre as reunións mantidas con universidades e administracións de ámbito autonómico e estatal, ademais da posta en marcha do Comité Científico coa participación de expertos de todo o Estado e do Comité Asesor formado por representantes dos colexios membros do CGCEES e da Asociación Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Cantabria.

Durante a Asemblea empezouse a traballar sobre os contidos do Congreso para conse-guir que este sexa un reflexo fiel da situación actual da profesión e do preocupante esta-do dos servizos sociais. O Congreso debe fixar as liñas de traballo que deberán seguir as nosas organizacións no futuro.

Para as educadoras e os educadores sociais o Congreso debe plasmar a aposta clara po-las persoas e a preocupación polos recortes que está a sufrir o estado de benestar do que nos estabamos dotando. A profesión debe implicarse na defensa da cidadanía, tal como reflicte o lema do Congreso:

Cobro de cotas colexiais. A finais do mes de xullo farase o cobro de

cotas colexiais correspondente ao segundo semestre de 2015. Para benefi-ciarte da cota reducida por desemprego ou salario inferior ao SMI, o prazo de envío da documentación xustificativa é ata o 10 de xullo.

Peche por vacacións. A semana do 10 ao 14 de agosto, a oficina do

Ceesg permanecerá pechada por vacacións.

avisos

Page 7: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Zapatero, aos teus zapatos

Que España é un país de expertazos, é algo qué todos sabemos. Practicamente da igual a ocasio n e o contexto, porque calquera oportunidade e boa para sentar ca tedra nun proceso de alquimia intelectual, polo que a opinio n persoal transfo rmase en cuestio n de segundos en argumentario fundamentado, se non en dogma.

Xoga a seleccio n espan ola de fu tbol? Este paí s conta ipso facto con corenta e seis millóns de adestra-dores de fútbol, qué téñ éñ claros os cambios, os erros de Del Bosque, as éstratéxias ños co rñérés, a dieta ideal prepartido, a xestio n emocional do banco e as formulacio ns ta cticas para derrotar ao dream team se fixese falta.

Do eche o esto mago? Para que vas ir ao me dico, se temos corenta e seis millóns de especialistas en medicina interna, farmacoloxí a, homéopatí a é ciencias escuras, que saben a golpe de vista que mal che afecta e que remedios obrara n o milagre de res-tablecerte. Vai ao primeiro espan olin o que queiras e recetarache a medicacio n, ou dieta a base de ourin os de gato que necesitas, sen dubidar un segundo.

Esta s depre? Non se che ocorra ir ao psico logo, por-que ademais de ser cousa de zumbados, pode ser substituí do ra pida e eficazmente polos corenta e seis millóns de terapeutas dé dilatada éxpériéñcia en diagno stico psicolo xico, terapia e acompan amen-to que viven ao teu arredor. “Faime caso. Ti o que tes que facer e ...”. “Á min a curma pasa balle o que a ti, e quita mosllo con du as labazadas”.

Creo que sabes ao que me refiro. Se non, abonda con que te plantes diante da tele un intre. Guaperillas con dous dedos de luces que fan de xornalistas. Xor-nalistas que fan de “todo logos” en sete programas distintos. Parapsico logos, videntes, princesas do po-bo e parasitos do sistema que crean tendencia. Polí -ticos sen formacio n e oficio previo con ecido que sal-tan de sillón en sillón, léxislañdo é profétizañdo so-bre I+D, Sau de, Economí a, Enxen erí a Civil e o que se pon a por diante.

Suma e segue.

Esta realidade de pan e circo que e Espan a, pasa de ser traxico mica a potencialmente devastadora, cando afecta a un a mbito tan complexo como o da Educacio n. Dela depende o futuro e a esperanza da nosa sociedade. Non da como para frivolizar e xo-ga rnola cos crecepelos pedago xicos. Non da como para guru s de prime time.

Chegados a este punto do post, toca facer amigos. Falemos do feno meno “Hermano Mayor”. Proceso mediante o cal, catapultado pola caixa tonta, uñ tipo

xurdido da nada no sector, adianta pola dereita a pedagogos, educadores, psico logos e mestres de probada solvencia, para converterse no feno meno pedago xico da de cada.

Como ben sabemos, Pedro García Augado e , ou foi, xogador de waterpolo. Protagoñista duñha histo-ria persoal chea de e xitos e fracasos, que son parte central do seu discurso televisivo e media tico. Áde-mais e “coach” (sigo esperando un termo en espan ol para ver se entendo mellor a que carallo se dedican, e que non fagan xa o resto de profesionais das cien-cias sociais con ecidas).

Parto da base de que o seu testemuño pode ser inspirador para moitos mozos é mozas qué atravé-san dificultades, e que poden ver as su as propias vivencias reflectidas nel. Un modelo a seguir, e un faro na escura noite dos seus problemas. Pero de aí a facer un show televisivo sobre intervención educativa con menores... Noñ o véxo. Paré cémé alucinante. Imaxina desvos un programa da tele no que un ex-xogador de ba dminton operase a corazo n aberto ou atendese partos? Ou outro no que ex-xogadores de pelota vasca arrincasen moas ou fixe-sen endodoncias? Seguramente non...

E momento de deixar claro que para prestar apoio educativo ás familias (éspécialméñté a aquélas qué atravesan situacio ns de dificultade) existen PRO-FE-SIO-NAIS. Pérsoas formadas coñ moito és-forzo durante anos na universidade, polos seus cole-xios profesionais e institucio ns de prestixio. Xente que investiga e avalí a a su a pra ctica diaria para me-llorala. Produtos do investimento pu blico (nada ba-rato), que ten como obxectivo preparar perfí s capa-ces de dar un servizo de calidade a cidadaní a e cu-brir as su as necesidades. Á cristalizacio n de moitos anos de profesionalizacio n do sector e da loita de miles de persoas para definir, dignificar e asentar os seus oficios.

E momento de deixar patente que un curso de cen horin as (por caro, rico e ben envolto que sexa) non autoriza tecnicamente nin lexitima eticamente, para traballar con persoas que necesitan profesio-nais ben preparados. Un coach educativo, non e un educador.

Chema F. Burgaleta

Educador Social

www.educacionnomada.com

facebook.com/educacionnomada

bloguES

Page 8: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Considero extremadamente positivo que a apari-ción de programas televisivos centrados na edu-cación, faga qué as familias faléñ désté asuñto é ré-flexionen sobre as su as habilidades e necesidades como educadores. Prefí roo ao marujeo, o déporté réi ou o cinema de serie b. Pero xa vai sendo hora de que neste fodido paí s cada un se dedique con humil-dade, compromiso e coherencia a aquilo que sabe facer e para o que se preparou.

Son o primeiro que fala do poder inmenso do Saber Estar en Educacio n. Da importancia da presenza consciente e amorosa. Da necesidade de desenvol-ver os valores e as actitudes dos profesionais do sec-tor. Pero non e suficiente. Para amarte xa tes a tu a avoa. O que diferencia ao bo profesional dela, e que a parte do ví nculo inquebrantable, este ache gache con ecemento, intencionalidade, habilidades e tecni-ficacio n.

Tomemos como mostra este boto n. Hai pouco ví a esta foto nas redes sociais:

Áí nda que non dubido da boa intencio n do Hermano Mayor, como profésioñal da Educacio ñ ñoñ podo ma is que estar preocupado. Esta frase percorre a rede como un regueiro de pólvora, coñtéñdo ñéla

unha informacio n que pasa a formar opinio n xeral, sen dar opcio n a un debate sereno e profesional.

Mentres que os “Gu stame” e os “re-tuits” apontoan esta concisa afirmacio n e a encumbran a rango de lei, o debate académico e profesional centra a súa mirada na necesidade de acabar coa frag-mentación da Educación. Eñ atopar a forma dé devolver aos docentes as súas competencias no traballo integral cos rapaces, trañscéñdéñdo ao estritamente curricular. Fa lase da necesidade de coordinación, cooperación e complicidade por parte das familias co traballo académico dos seus fillos, coñsciéñtés dé qué a iñformacio ñ ésta xa fo ra do catro paredes do colexio. Deba tese sobre o modelo holístico de intervencio n, e a urxencia de introducir nas aulas a formación en competen-

cias transversais, a empatía ou as habilidades de intelixencia emocional.

En definitiva, hoxe ma is que nunca, o que se di nes-ta imaxe é cando menos discutible, se non con-traproducente. Méñtrés qué sé avoga éñtré éxpér-tos por compartir responsabilidades, tender pontes e volver a alianza entre axentes educativos, esta fra-se fractu raa e segre gaos.

Con todo, o impacto deste fenómeno viral ama-teur incide moito máis no imaxinario colectivo, que a opinión fundada de todo o sector profesio-nal xunto. Da igual o qué digamos, éscribamos ou fagamos, porque o que enche os salo ns de actos e os teatros municipais de familias fans e o que sae na tele. O prestixio profesional conce deo a tu a cota de pantalla, e a credibilidade saí r en El Hormiguero. O que importa ao persoal e o que se aparenta ser, e non o que realmente se e .

Poderiamos resignarnos. Pechemos as universida-des e poñamos o futuro deste país en mans de Mediaset ou Atresmedia. Noñ sérí a tañ garañtista, pero polo menos chegarí ache o consello sobre o que tes que facer directamente ao sofa de casa ou ao smartphone. Ádemais, tampouco hai que po rse en plan esixente, porque se sae na tele, é que é verda-de verdadeira.

Pois eu acabo o meu post de hoxe con esta frase:

“Que ao teu fillo non o eduque un waterpolista. Non delegues!”.

#ProfesionalesenEducación

Ártigo publicado en www.educacionnomada.com

16 dé maio dé 2015

Page 9: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

A miña historia coa Educación Social comezou no mes-mo momento en que o orientador do meu instituto soubo atopar en min unha habilidade e capacidade pa-ra poder ser unha profesional do ámbito social. Supoño que, en parte, tanto no meu instituto como no meu fogar se me coñecía como a revolucionaria, libertaria, soñadora e utópica que cría que podía existir un mun-do mellor. Díxome con estas palabras “Gústache a xen-te, e a xente necesita persoas que se preocupen por elas”; ese día, con 18 anos, decateime que o meu futuro estaba destinado cara os demais e cara a loita por un mundo mellor. O meu currículo formativo comeza por un Ciclo Supe-rior en Animación Sociocultural, continúa por unha Di-plomatura en Educación Social e remata nunha Diplo-matura en Traballo Social. O resto do currículo é forma-ción complementaria que serviu para especializar e re-ciclar. Pero, pola razón que sexa, a Educación Social está impregnada na miña vida, non só a nivel profesio-nal senón tamén a nivel familiar e persoal. A miña vinculación profesional (a pesar de que nunca tiven un contrato que puxera “Educadora Social”, se-nón todas as denominacións que te podes atopar que se asemellan) estivo orientada en tres vertentes: unha ás persoas maiores, a través de obradoiros teóricos e prácticos para mellorar a calidade de vida e fomentar a autonomía persoal, outra o ocio e o tempo de lecer destinado a persoas con discapacidade intelectual, e a última orientada ao desenvolvemento comunitario e animación sociocultural nunha barriada de Barcelona. Todas as experiencias foron enriquecedoras e cheas de aprendizaxes que demostraban día tras día o acerto que foran as miñas decisións na vida para investir para e por a cidadanía. A nivel familiar, a Educación Social me define sen que-rer, aínda que eu creo que no fondo querendo, nunha persoa concienciada con formas distintas de relación e de saber facer as cousas, arremetendo no meu entorno máis próximo. Isto provoca que moitas veces, a miña familia dime “non practiques connosco”, ao que eu respondo “facede as cousas ben e así non terei que practicar con ninguén”. Como dixo un compañeiro meu, fai uns meses, nunha mesa redonda en Cabreiros, “as educadoras e os edu-cadores sociais, somos como médicos e os nosos reme-dios medicinais son a educación dende todas as súas vertentes e condicións”. A nivel persoal, deixo navegar na miña cabeza, e só se me ocorre dedicarlle unhas palabras que saían do meu interior:

“Non atopo palabras para poder dicirche o que sinto cando te expreso, cando a miña mente e o meu corpo se reproduce en ti. Acompáñasme den-de que o meu ser acadou a madurez de persoa. Nos inicios, día tras día, noite tras noite, furgaches polos camiños unidos na miña cabeza física, emo-cionaches o meu sentir e provocaches os latidos precisos para o meu vivir. Déchesme, sen esperar nada a cambio, as ferramentas para crear espazos cheos de reflexións, emocións, ideoloxías, crenzas e unha forma de vida. Estou namorada de ti porque o amor e máis que un sentimento, é toda unha pai-xón, unha forma de vivir, de emocionar, de comuni-car, de expresar, de convivir…e todo mo ofreces, cando teño a oportunidade de poder vivir de ti. Antes, os días que non podía expresarme a través túa, inundábame a soidade, a incerteza. Sentía en-fado, negación, dúbida porque non podía expresar-me a través de ti, pero hoxe, neste momento, xa non me preocupa, porque te levo no interior da capa máis fina da miña pel, esa primeira capa que recubre todo o demais, que o protexe e que crece cara fóra, formando a miña pel definitiva que recu-bre todo o meu ser. Algúns so te ven como un tra-ballo, outros como un desenvolvemento persoal e profesional, pero supoño que para min supera a vocación. Sinto paixón de profesión, do que son como muller traballadora, amor profesional, pero nunca xamais amor persoal e familiar que sempre estará por diante de todo o demais”

Para finalizar, a miña vinculación co Colexio de Educado-ras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg): a través do grupo GEIX (Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxi-ca), e sendo membro da súa Xunta de Goberno cubre os baleiros por non poder traballar como Educadora So-cial, axúdame a estar preto da profesión, a vincularme ás compañeiras e compañeiros de profesión, a visibilizar e demostrar que temos cabida e temos respostas ás necesidades das persoas, que a Educación Social e as educadoras e educadores sociais traballamos para crear cidadanía, mellorar as condicións de vida das persoas e utilizar as técnicas socioeducativas para acadar un mun-do social onde a xustiza e riqueza persoal son elemen-tos básicos.

Mónica Serrano Soto Educadora Social

Colexiada nº 3795 Presidenta do Ceesg

QuE fas ti pola educación social?

Page 10: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Para ler E reflexionar...

Aprendendo a previr a violencia de xénero. (Sonia Souto) Esta publicación editada pola Xunta de Galicia é un proxecto didáctico que inclúe materiais para fornecer aos profesionais, profesorado e alumnado, mozas e mozos, dunha axuda para reflexionar sobre a violencia de xénero co obxectivo de comprender, sensibilizar e procurar evitar na mocidade este problema. Nos seus diferentes capítulos aborda a definición, tipos e falsas crenzas sobre o tema; como empeza, como detectar e frear o maltrato; os perfís de agresores e vítimas, sistema patriarcal e cómplices; como evitar a violencia e romper os estereotipos de xénero; que facer no caso de padecer malos tratos, e un recompilatorio de filmes, documentos e bibliografía sobre o tema.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Recorda que tes á túa disposición a Biblioteca do Ceesg, unha biblioteca especializada en Educación Social

onde atoparás as publicacións organizadas por ámbitos de actuación da profesión.

Para consultas na biblioteca, é recomendable que avises previamente, para asegurarte de que a biblioteca

non estea reservada para outras actividades.

Consulta o catálogo completo de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca

Consulta o regulamento para o empréstito de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca

Page 11: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Actuacións

Encontro dos grupos de traballo. Xuntanza avaliativa que nos permite ver os avances e dificultades que atopan os grupos para acadar os seus obxectivos, e buscar unha coordinación óptima entre o ceesg e cada grupo.

Reunión coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería

de Traballo e Benestar. Abordamos a nova lei de em-prego público de Galicia, como unha vía para que os postos de educador pasen a denominarse educador/a social e admitan só a educadoras/es sociais.

Formación en peritaxe. O gabinete xurídico do Ceesg, Asensu Contrario, imparte formación básica sobre a actividade pericial como educadoras/es sociais có obxectivo de adquirir coñecementos básicos sobre a peritaxe como medio de pro-ba, a elaboración dun informe pericial e a nosa actuación nun procedemento xudicial.

Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xeronto-

loxía. Participamos e colaboramos co congreso, for-mando parte do seu comité organi-zador e do comité científico, e nun-ha das mesas redondas. Nesta edi-ción, o congreso leva por lema: atención sociosanitaria: modelos de atención, coordinación e novas ne-cesidades. Tamén o Geix participou no congreso coa organización dun obradoiro.

Xornada: una apuesta segura por la atención sociosani-

taria. Asistimos a esta xornada organizada polo Centro Residencial para maiores SARQuavitae de Santiago.

Reunión do Foro de Inmigración. As entidades da zona de Santiago integradas no foro reunímonos para ava-liar e avanzar na campaña En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes, e organización de asemblea/encontro final de curso do foro. Tamén se informou sobre o Encontro de Mulleres do 9 de Maio, e se pre-parou o novo encontro previsto para o 6 de xuño no CTC, con temática relacionada coa busca de empre-go.

Obradoiro: A emoción da voz. Organizamos esta actividade dirixida a persoas que traballan coa voz ou que necesiten mellorar as súas capacidades vocais, dicción, ou expresión en público.

Xornadas interxeracionais de Cabreiros. Un ano máis participamos e colaboramos con esta actvidade que serve para o encontro, achegamento e aprendizaxe mutua entre a mo-cidade e as persoas maiores.

Presentación do libro Edusohistorias. Educablog pre-sentou en Ourense e Vigo o seu último libro, que ten ademais como un dos protagonistas a Alfonso Tembrás, da xunta de go-berno do Ceesg, educador social con gran traxectoria no ámbito do traballo coas persoas con problemas co uso das drogas e outras adic-cións, e autor dun dos relatos reco-llidos nesta publicación.

Xornada de portas abertas da Fundación Secretariado

Xitano. A sede de Santiago de Compostela prepararon unha tarde de diversión con actividades ao aire libre, obradoiros e música cos que disfrutar e coñecer máis de preto e de verdade a comunidade xitana e o im-pacto dos programas da fundación na vida de miles de familias xitanas.

Xuntanzas de traballo interno. Mantiveron reunións organizativas a Área de Desenvolvemento Profesional, a de Comunicación e Participación Colexial, e os gru-po de traballo Fiadeiras e aBeira.

Reunión do grupo de traballo da ESGADI. O grupo de traballo formado pola Consellería de Traballo e Be-nestar, para a elaboración da Estratexia Galega de Discapacidade, organiza unha nova reunión para avanzar no seu traballo.

Xuntanza con En página Impar. Reunímonos para abor-dar a posible colaboración na organización dun con-greso internacional de infancia.

20 promocións de Educación Social en Ourense. A Fa-cultade de Ciencias da Educación do Campus de Ou-rense (Universidade de Vigo) celebra que xa ten 20 promocións de Educación Social, e para iso organiza-ron un encontro de todas elas en Lodoselo, cun com-pleto programa de actividades.

Servizo xurídico do Ceesg. Cada primeiro mércores de mes, e cada terceiro martes de mes, o Servizo xurídi-co está dispoñible para que as persoas colexiadas reci-ban asesoramento xurídico sobre calquera cuestión.

Asemblea do CGCEES. Participamos na asemblea xeral do Consello Estatal, abordando múltiples temas que afectan á pro-fesión, así como ao funcionamento interno dos colexios e á coopera-ción intercolexial dentro do Con-sello.

Page 12: Boletín do Ceesg€¦ · COEESCV e Maite Sío do Ceesg, ambos como vogais. O domingo foi un día de moitas emocións, pois cada Colexio entregou á Asociación de Cantabria as cartas

Intermediador/a laboral. A Coruña. Perfil comercial para prospección, mediación e sensibilización en empresas.

Estas son as ofertas de emprego publicadas durante o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Modificación das subvencións para accións formativas dirixidas prioritaria-mente ás persoas traballadoras desempregadas. DOG 2/06/15

Consellería de Traballo e Benestar: Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que partici-pen en accións formativas de formación profesional para o emprego. DOG 5/06/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións pa-ra accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego. DOG 9/06/15 Consellería de Sanidade: Subvencións ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de pro-gramas de carácter sociosanitario. DOG 10/06/15 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de activi-dades de servizos sociais comunitarios e inclusión. DOG 10/06/15 Corrección o 23/06/15 Consellería de Traballo e Benestar: Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa). DOG 15/06/15

Consellería de Sanidade: Subvencións para proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro. DOG 16/06/15. Corrección o 30/06/15 Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións de programas desenvolvidos polas corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión. DOG 22/06/15

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Ad-ministracións públicas e xustiza: Protocolo de deriva-ción entre as comunidades autónomas para a coordina-ción das súas redes de centros de acollida para as mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas. DOG 5/06/15 Consellería de Sanidade: Modificación da composición e funcionamento da Comisión Galega de Coordinación e Seguimento da Actividade fronte á Infección por VIH/sida e outras Infeccións de Transmisión Sexual (ITS). DOG 11/06/15

Formación

II Seminario Internacional de Educación Social e Alfabetización Lectora Ler, escribir e com@prender na era dixital

Organiza: Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC), Universidade de Castela a Mancha. Data: 25 de setembro. Lugar: A Coruña. Facultade de Ciencias da Educación. Prezo: 50 € con poster. 25 € persoas alleas á UDC. 10 € persoas vinculadas á UDC. Desconto do 20% ás persoas cole-xiadas no Ceesg alleas á UDC. Máis información: [email protected]

Conocer a los jóvenes para trabajar con ellos Organiza: UNED Cantabria. Datas: 13 a 15 de xullo. Lugar: Cantabria. Posibilidade de facelo online. Prezo: Matrícula ordinaria: 108 €. Estudantes universitarios: 63 €. Ás persoas colexiadas aplicaráselle o mesmo des-conto que a estudantes. Consultar outras cotas reducidas. Máis información: http://extension.uned.es/actividad/idactividad/9302