Boletin do Ceesg nº 90

17
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 90 - febreiro 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

description

Febreiro 2015

Transcript of Boletin do Ceesg nº 90

Page 1: Boletin do Ceesg nº 90

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 90 - febreiro 2015

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletin do Ceesg nº 90

* O resultado das eleccións foi o seguinte:

Nº votos favorables: 49.

Nº votos desfavorables: 1.

Nº votos en branco: 2.

Nº votos nulos: 6.

8. ÉTICA E BENESTAR PROFESIONAL

Transparencia. Poñer en valor boas prácticas. Traballar na dimención dos coidados. Educar en habilidades sociais, resiliencia, etc.

Nova Xunta de Goberno do Ceesg. Liñas estratéxicas 2015-2019.

As eleccións* celebradas o pasado 28 de febreiro dan paso a unha nova etapa no Ceesg, na que toma o mando un

equipo de persoas comprometidas coa nosa profesión e decididas a promovela, representala e defendela en todos

os eidos. Esas son as súas liñas estratéxicas para o período 2015-2019:

Tema do mes

1. RECOÑECEMENTO SOCIAL DA PROFESIÓN

Promovendo a identidade profesional. Achegándonos como profesionais á sociedade. Asentando novos espazos profesionais. Ampliando horizontes.

7. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Colaborando co CGCEES e outros colexios profe-sionais.

Diálogo con entidades sociais galegas. Relación e presenza: administración pública. Iniciar relacións co sector empresarial.

6. EQUIPO DE TRABALLO: TRABALLO EN REDE

Sentido crítico, actitude proactiva. Responsabilidades equitativas. Avaliación continua e autocrítica. Eficiencia e empoderamento.

5. EMPREGO E EMPREGABILIDADE

Defendendo postos de traballo e espazos profesio-nais en risco.

Coidando a presenza profesional e laboral. Denunciando convocatorias onde non estamos. Estimulando o autoemprego. Mellorando a bolsa de emprego.

4. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

Formación continuada de calidade. Deseño de documentos científico-técnicos. Colaborando con outras entidades. Protagonismo dos grupos de traballo.

3. PARTICIPACIÓN COLEXIAL

Motivando a colexiación. Innovar para chegar e achegarnos. Interconexión entre os grupos de traballo. Novos espazos e xeitos de participar.

2. PRESENZA MEDIÁTICA

Estratexia de Márketing social. Medios de comunicación. Medios dixitais. Publicacións.

Page 3: Boletin do Ceesg nº 90

cgcees

Alianza de organizacións científico-profesionais para a mellora e

sostibilidade dos 4 piares básicos do Estado do Benestar.

O pasado mes de xaneiro, na sede da Sociedade Española

de Xeriatría e Xerontoloxía, quince organizacións científico-

profesionais de Sanidade, Servizos Sociais e Educación

asinaron o Convenio de creación da Alianza Científico-

profesional para a mellora e sostibilidade do Estado de

Benestar.

As organizacións que forman esta Alianza estiman que coa

incorporación no 2020 da xeración do baby-boom ao colecti-

vo de maiores de 65 anos, o sistema e o Estado do Benestar

poden verse comprometidos tal como o coñecemos na ac-

tualidade, polo que procede analizar en profundidade a súa

estrutura, cobertura, ámbito de aplicación xunto aos factores

da demanda, para poder introducir a tempo as reformas que

resulten oportunas.

As organizacións científico-profesionais e cidadás teñen o

compromiso e a responsabilidade de mellorar as canles de

participación estruturais co Estado e ser un axente social

plenamente recoñecido. É necesario achegar e implicar a

cidadanía e a sociedade civil, coa Política e o Estado e crear

unha visión e proxecto colectivo a medio e longo prazo, para

volver ilusionar e implicar a cidadanía e a sociedade civil.

Os obxectivos xerais da Alianza son:

1. Mellorar o diálogo social. É necesario ampliar o diálogo

social, que actualmente está centrado en economía e

emprego e incorporar neste, os 4 piares do Estado de

Benestar (Sanidade, Servizos Sociais, Educación e Pen-

sións).

2. Mellorar a participación cidadá e das organizacións da

Sociedade Civil co Estado e partidos políticos.

3. Mellorar o Estado do Benestar e a súa sostibilidade.

4. Incorporar a prevención en todas as áreas de actuación

dos sistemas, como unha ferramenta clave e estratéxica

a potenciar.

A Alianza busca entre outros impulsar os seguintes cam-

bios:

1. Reforzar normativamente o Estado de Benestar, tendo

como base a Constitución e conformado polos seus 4 piares

(Sanidade, Educación, Servizos Sociais e Pensións), incluín-

do:

Lei Orgánica de Sanidade.

Lei Orgánica de Educación.

Nova Lei Orgánica de Servizos Sociais.

Sistema de Pensións.

Formúlase que as súas reformas requiran amplos consensos

e unha participación activa da sociedade civil.

2. Fomentar a colaboración estrutural da sociedade civil

co Estado e as Administracións Públicas, para propoñer

melloras e claves na sostibilidade e mellora do Estado de

Benestar:

Nova Lei Xeral de participación cidadá.

Isto permitirá ter un sistema máis forte, sostible e estable,

evitando innecesarios cambios de rumbo de curto prazo ante

os diferentes ciclos políticos. Formulamos un sistema partici-

pativo, que implique amplos pactos.

3. Reforzar o papel dos axentes sociais, para colaborar de

forma máis eficiente co Estado e os grupos políticos, na rea-

lización de propostas a curto, medio e longo prazo, basea-

das no coñecemento e a experiencia.

Ampliando o diálogo social cos 4 grupos de axentes so-

ciais implicados no Estado do Benestar:

1. Organizacións empresariais.

2. Organizacións sindicais.

3. Organizacións científico-profesionais (de Sanidade, Ser-

vizos Sociais e Educación).

4. Organizacións cidadás: organizacións de persoas maio-

res, de persoas con discapacidade e situación de depen-

dencia, de colectivos en risco de exclusión, organiza-

cións sociais do terceiro sector, organizacións cidadás

de sanidade e organizacións cidadás de educación.

Sociedades integrantes: Consejo General de Colegios de Licenciados en Educación Física y

Ciencias de la Actividad Física y del Deporte.

Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores

Sociales.

Consejo General de Colegios Oficiales de Enfermería.

Federación de Asociaciones Científico Médicas Españolas.

Consejo General de Colegios de Fisioterapeutas.

Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos.

Consejo General de Colegios Oficiales de Pedagogos y Psicopedago-

gos.

Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos.

Consejo General del Trabajo Social.

Conferencia Nacional de Decanos y Directores de Escuelas Universita-

rias de Terapia Ocupacional.

Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social.

Consejo General de Logopedas de España.

Consejo General de Colegios Oficiales de Doctores y Licenciados en

Filosofía y Letras y en Ciencias.

Colegio Nacional de Ciencias Políticas y Sociología.

Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (secretaría da Alianza).

Page 4: Boletin do Ceesg nº 90

actualidade

Homenaxe a Alberto Fernández de Sanmamed Santos

Jesús Rodríguez Rodríguez, Colexiado de Honra.

O pasado 28 de febreiro, tras celebrar as eleccións e

asemblea do Ceesg, celebramos o acto público co que

quixemos recoñecer a disposición, interese e cariño

que Jesús Rodríguez Rodríguez, amosou sempre á

hora de colaborar co colexio dende que este naceu.

Suso, persoa a quen admiramos e que acollemos con

gran orgullo nesta entidade, recibiu con gran cariño e

agradecemento esta mención honorífica polo seu la-

bor e contribucións á profesión de Educación Social,

arroupado pola súa familia, amigas e amigos, compa-

ñeiras/os da Facultade de Ciencias da Educación da

Universidade de Santiago e de Nova Escola Galega, da

veciñanza de Cabreiros (Xermade), polas persoas que

xa recibiron esta distinción con anterioridade (Xosé

Manuel Cid, Mariló Candedo e Ana Iglesias), ademais

das persoas colexiadas alí presentes.

No seu discurso de agradecemento, Suso loou os lo-

gros do Ceesg nos seus 14 anos de vida e quixo com-

partir este recoñecemento coas entidades ás que está

vinculado e a través das cales se fraguou sempre as

distintas colaboracións co colexio.

A xornada do 28 de febreiro tamén serviu para dedicar

unha pequena homenaxe a Alberto Fernández de San-

mamed Santos, que despois de moitos anos vencella-

do ao colexio, deixa o seu cargo na Xunta de Goberno.

Alberto xogou un papel indiscutible na historia do Co-

lexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia,

pois foi unha das persoas que promoveu a súa consti-

tución, dende a antiga Asociación de Educadores So-

ciais Galicia (AESG), que chegou a presidir. Foi tamén o

primeiro presidente do Ceesg xa dende a comisión

xestora do colexio e na primeira Xunta de Goberno

(2003-2007), seguiu ata agora formando parte da di-

rección do colexio como vogal. Foi tamén unha persoa

clave para a constitución do Consejo General de Cole-

gios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES),

do que tamén ostentou a presidencia dende a súa

creación ata o 2014, e no cal segue conservando cargo

honorífico como Presidente de Honra.

O compromiso de Alberto coa Educación Social queda

máis que patente con esta dilatada participación na

vida colexial. Co seu carácter traballador e infatigable,

estamos seguras de que non abandonará completa-

mente a actividade colexial, pois como el mesmo dixo

ao rematar a súa presidencia do CGCEES, queda “na

retaguardia, pero retaguardia activa, sempre ao servi-

zo da Educación Social”. E sabemos que así seguirá

sendo tamén para o colexio.

Page 5: Boletin do Ceesg nº 90

Nova Xunta de goberno do Ceesg. Resultado das eleccións.

PRESIDENCIA

Mónica Serrano Soto

SECRETARÍA

Educadora Social, traballadora social, especialista

no proceso de avellentamento activo, crítica,

reflexiva, empática, positiva e altamente organiza-

da.

Lito Prado Rodríguez

VICEPRESIDENCIA

Educador Social. Activista, ecoloxista e altermundis-

ta.

Maite Sío Docampo

Educadora social, psicopedagoga, responsable,

optimista, tenaz, dinámica e valente.

Alfonso Tembrás López

TESOURERÍA

Gosto pouco das etiquetas, si de achegar e partici-

par e niso levo uns cantos anos.

Daniel Alves Rivera

Educador social. Comunicativo, empático, em-

prendedor, loitador, crítico, soñador e compro-

metido.

VOGAL - Área de Acción Profesional

Antón Bouzas Álvarez

Educador social. Comunicativo, empático, empren-

dedor, loitador, crítico, soñador e comprometido.

VOGAL - Área de Acción Profesional

Teresa Delgado López

Educadora Social, Mediadora, Técnica en recur-

sos humanos, formadora.

VOGAL - Área de Acción Profesional

Educadora social, pedagoga, creativa, docente,

dinámica e feminista.

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Natalia Domínguez Galán

Educadora Social e pedagoga. Creo e defendo o

dereito a unha renda básica universal como de-

reito humano de cidadanía. Vivo no Concello de

Brión.

Eva López Soto

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Educadora Social, mediadora, comprometida e

participativa.

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Beatriz Caneda Zamar

Educadora social, feminista, pedagoga, activista,

comprometida e crítica.

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Leticia Castro Torres

Enérxica, comprometida, reflexiva e crítica.

VOGAL - Área de Comunicación e Participación Colexial

Andrea Maroñas Bermúdez

Educadora Social, publicista, Dinamizadora en

lectura e escritura, Mediadora Socio Cultural,

CREATIVA e dinámica.

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Priscila Maximino Bento Educadora Social, utópica e colaboradora.

VOGAL - Área de Acción Profesional

Eva Moldes Casal

Educadora social e pedagoga.

VOGAL - Área de Comunicación e Participación Colexial

Belén Piñeiro Álvarez Educadora social, de aldea. Responsable, meticu-

losa. Feminista por convicción. Ecoloxista porque

si. Terca de nacemento. Inconformista.

VOGAL - Área de Comunicación e Participación Colexial

Sofía Riveiro Olveira

Educadora social, docente. Creativa. Negociado-

ra. Comunicadora.

VOGAL - Área de Desenvolvemento Profesional

Laura Vilaboy Romero “O mellor do mundo é a

cantidade de mundos que

el contén” Eduardo Galeano

Page 6: Boletin do Ceesg nº 90

Posicionamento do Ceesg ante a reforma das ensinanzas universitarias

Ante a aprobación no Consello de Ministros de data 30.01.2015 do “Real Decreto 43/2015, de 2 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 139-1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e o Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutora-do” (publicado no BOE de 3.02.2015), o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) expresa a súa preocupación ante o esce-nario académico que se plantexa para os futuros e futuras estudantes universitarios.

Este Real Decreto permitirá ás universidades ofre-cer a partir do vindeiro curso títulos de grao de 180 créditos, é dicir, de tres anos, máis un máster de dous anos, en lugar dos 240 (catro anos) máis un ano de máster, que son obrigatorios na actuali-dade. Trátase do maior cambio no sistema univer-sitario español desde a incorporación de España ao Espazo Europeo de Educación Superior, coñeci-do como Plan Bolonia.

Desde o Ceesg consideramos que o texto non foi debatido suficientemente e non alcanzou un pac-to entre as forzas políticas e sociais, polo que o seu texto non garante estabilidade e homoxenei-dade ao sistema de acreditación de estudos uni-versitarios.

Compartimos a valoración de distintas frontes, como a Confederación de Reitores (CRUE), a AN-PE ou o propio alumnado, considerando que o de-creto provocará "contradicións e confusións" pa-ra o alumnado e a sociedade polo feito de que un mesmo título poida ter diferente duración nunha universidade e noutra, ademais de que a fórmula de 3 máis 2 “encarece” os estudos, ao custar máis un curso de máster, expulsando ao alumnado con menor poder adquisitivo.

Consideramos necesaria a homoxenización da for-mación en todo o Estado, polo que ante a aproba-ción do Real Decreto 43/2015, de 2 de febreiro solici-tamos ao Ministerio de Educación, Cultura e De-porte a súa derrogación, e ás Universidades posi-cións unánimes e consensuadas que minimicen o impacto desta norma, no caso de que siga adian-te.

Santiago de Compostela, febreiro 2015

Próximo número da Revista RES: Educación Social e xénero.

Se queres compartir, debater, reflexionar e inter-cambiar experiencias profesionais, RES, Revista de Educación Social é a túa revista. Sen esquecer o rigor científico, publícanse colaboracións en calquera idio-ma no que poidamos realizar o proceso de valora-ción externa por contar entre os nosos colaborado-res con especialistas que controlen esas linguas (a título de exemplo, nestes momentos contamos con valoradores que o fan en castelán, galego, éuscaro, catalán, francés, inglés, portugués e italiano). O teu traballo verase reflectido en RES, Revista de Educa-ción Social, co rigor metodolóxico que necesita a di-fusión do coñecemento científico-técnico. Admíten-se tamén revisións teóricas que sobre todo, faciliten o labor dos profesionais na imprescindible actualiza-ción que leva consigo a profesión e aqueles outros que dende unha perspectiva crítica promovan o cambio social. Animámosvos a facer chegar á redacción da revista todas aquelas noticias, recensións, proxectos, refle-

xións, etc. que consideredes interesantes, orixinais e inéditas. Na web encontrardes orientacións específicas sobre as colaboracións, información sobre os criterios de publicación e o email de contacto onde enviar as propostas. Tema do próximo número: Número 21. Educación Social e Xénero. Prazo de envío de propostas: 15 de maio de 2015.

www.eduso.net/res

Page 7: Boletin do Ceesg nº 90

3º Concurso tfg.eduso

Rematado xa o prazo de presentación dos concurso da 2ª edición do

concurso (o resultado farase público o vindeiro 2 de outubro, coinci-

dindo co Día Mundial da Educación Social), lanzamos xa a 3ª edición

para que o alumnado que teña presentado e defendido o traballo no

mes de xaneiro poida presentar xa o seu traballo ao concurso.

O prazo de presentación de traballos será ata o 22 de xaneiro de 2016,

de xeito que tamén o alumnado que o presente en setembro ou outu-

bro poida participar.

Mantense a división en dúas modalidades diferentes: Educación Social

ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbi-

tos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social

ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección pro-

fesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Poderán concorrer ao concurso os traballos que se presenten no actual curso académico en calquera das uni-

versidades galegas, incluíndo os centros UNED galegos, que sexan presentados en galego, e acaden unha nota

mínima de 8,5.

As bases do concurso poden descargarse xa na web do ceesg.

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores So-

ciais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos

e as Asociacións Profesionais existentes, convoca o 3º CONCURSO ES-

TATAL DE PROXECTOS DE EDUCACIÓN SOCIAL, que leva o nome de

"Memorial Toni Julià" en homenaxe a un dos máis importantes precur-

sores da nosa profesión no Estado.

A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais reali-

zados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educa-

ción social, premiándose as que se consideren máis interesantes e in-

novadoras, e facilitando a súa futura difusión.

O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Cole-

xio profesional ou asociación de Educación social da comunidade autó-

noma na que se desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o ac-

tualmente a persoa que o presenta. A entidade autonómica, a través

dun xurado creado para o certame, encargarase de seleccionar os traballos finalistas, que serán enviados ao

CGCEES para que outro tribunal elixa os proxectos gañadores.

O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa e amosar o interese por facer un recoñecemento

público a todos aqueles proxectos que cheguen ao colexio. Por iso, publicamos unhas cláusulas específicas a

través das cales se establecen dous premios que se concederán aos proxectos presentados no Ceesg que re-

sulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso).

Toda a información, as bases xerais (fase estatal) e as cláusulas específicas (fase galega), podedes atopalas na

web do ceesg.

3º Concurso de proxectos de Educación Social Memorial Toni Julià

Page 8: Boletin do Ceesg nº 90

formación

O Grupo de Investigación SEPA e o grupo de traballo do

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia,

Eira do Ceesg organizan o 12 de marzo unha sesión in-

formativa sobre o téxtil sustentable na que se presenta-

rá a iniciativa LATITUDE e se desenvolverá unha GRATI-

FEIRA para o troco de roupa e outros enseres.

QUE É UNHA GRATIFEIRA? Un espazo onde trocar, doar e coller o que queiras. Unha for-ma de simplificar a túa vida, desfacerte do que xa non preci-sas, coller o que necesitas sen necesidade de compralo, poñer en práctica un hábito sustentable… QUE TEÑO QUE FACER? Se queres traer: o martes 12 ás 10:00 abrirase o horario para a exposición de obxectos. Non tes máis que traer o que quei-ras e deixalo no

espazo que se habilitará no Edificio Central da Facultade de CC. da Educación (ao carón da cafetería). Ás 19:00 rematará a GRATIFEIRA e recollerase todo. As cousas que queden sen trocar serán empregadas noutras actividades con obxectivos parellos en clave de sustentabilidade. Se queres levar: o martes 12 ás 10:00 abrirase o horario para a exposición de obxectos. Non tes máis que pasar por alí e coller o que precises ate as 19:00, en que pecharemos o chiringuito. QUE PODO LEVAR? Libros – Materiais de papelería – CDs – DVDs – Materiais in-formáticos – Útiles de cociña – Instrumentos musicais – Revis-tas – Bolsas/Bolsos – Útiles de viaxe – Obxectos decorativos – Roupa. * Os obxectos deben estar en bo estado. * Non se admiten produtos perecedoiros.

Page 9: Boletin do Ceesg nº 90

I Encontro lusogalaico de Educación Social. Vigo, marzo 2015.

O Colexio de Educadoras e Educado-res Sociais de Galicia (Ceesg) xunto coa Associaçao dos Profissionais Téc-nicos Superiores de Educaçao Social de Portugal (Aptses), deseñamos este encontro de debate e reflexión coa finalidade de coñecernos máis e me-llor, crear vínculos de traballo común e facer da educación social unha pro-fesión máis forte e consolidada, transformando fronteiras en realida-des. Para iso, entendemos que o me-llor é coñecer o terreo, polo que tamén propoñemos varias visitas a contornas ou entidades susceptibles

de atoparmos educación social.

ORGANIZAN:

Inscricións A inscrición debe facerse a través do formulario dispoñible ao efecto en www.elgeducacionsocial.org, onde tamén se indica o número de conta para efectuar o pago da matrícu-la. Existen diferentes cotas:

Cota reducida (persoas colexiadas, asociadas, estudan-

tes, ou en desemprego):

Só matrícula: 30 €

Matrícula + xantar 14 de marzo: 40 €

Matrícula + cea 14 de marzo: 50 €

Matrícula completa (con xantar e cea): 60 €

Cota normal:

Só matrícula: 65 €

Matrícula + xantar 14 de marzo: 75 €

Matrícula + cea 14 de marzo: 85 €

Matrícula completa (con xantar e cea): 95 € Prazo de inscrición ata o 10 de marzo.

Visitas a institucións. O programa do encontro inclúe na tarde do sábado a visita a algún recurso da cidade relacionado coa acción socioeducativa. Pódese escoller entre cinco entidades diferentes:

O Centro de Inserción Social (CIS) Carmen Avenda-ño.

Doral, residencia para persoas maiores.

Igualarte, Fundación artística para persoas con ca-pacidades diferentes.

Asociación Faraxa contra a prostitución e a trata.

Fundación Secretariado Xitano. Durante as visitas, poderemos coñecer o día a día das entidades, a presenza, papel ou necesidade da educa-ción social nelas, etc.

Lugar e data

14 e 15 de marzo. Vigo. Verbum, Casa das palabras.

+info Programa, onde durmir, e máis información na web do evento: www.elgeducacionsocial.org

Page 10: Boletin do Ceesg nº 90

XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE

EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

DE GALICIA

AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia) imparti-rá para o Ceesg unha xornada informativa sobre as empresas de

inserción laboral de Galicia.

A xornada ten por obxecto a a difusión da figura das empresas de inserción en Galicia. Explicarase qué é unha empresa de in-serción laboral e o seu procedemento de constitución, e expo-ñeranse as oportunidades de negocio neste ámbito, así como os principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa deste tipo. Entre outros temas, abordaranse tamén as características das persoas que poden traballar neste tipo de empresas, da súa

contratación, etc.

A inscrición é gratuíta, debendo inscribirse previamente por email en [email protected] A ficha de inscrición pode

descargarse na web do Ceesg.

A actividade está dirixida preferentemente a persoas colexiadas ou amigas do Ceesg, pero pode participar calquera outra persoa

interesada na temática.

Prazas limitadas.

PROGRAMA Bloque I

A Empresa de Inserción Laboral

Concepto de empresa de inserción laboral.

Entidades promotoras de empresas de inserción laboral.

Procedemento de constitución e cualificación.

Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción laboral.

Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de inserción laboral

Bloque II

O/A traballador/a en Inserción

Características da persoa traballadora susceptible de ser contratada en inserción.

Factores de exclusión social.

Características de contratación. O contrato de inserción.

Itinerarios e convenios de inserción.

Bloque III

Promoción das Empresas de Inserción

Bloque IV

Presentación das Empresas de Inserción laboral de Galicia

27 de marzo, venres. De 16:30 a 20:30 h.

Sede do Ceesg (Rúa Lisboa, 20, baixo – barrio de Fon-

tiñas. Santiago) Ver ubicación.

Page 11: Boletin do Ceesg nº 90

Encontro de Infancia e Educación Social.

Ante os cambios lexislativos

que se aveciñan no ámbito da

protección á infancia, dende o

Ceesg e dende o Grupo de

Traballo sobre intervención so-

cioeducativa na infancia e ado-

lescencia (Escaravellando) ve-

mos necesario afondar nas im-

plicacións que ditos cambios

terán no traballo das educado-

ras e educadores sociais, e no

funcionamento dos recursos de

atención a nenos e nenas en

situación de desamparo ou

desprotección.

Moi pronto toda a información

en www.ceesg.org

Avellentamento activo. Ferramentas para a intervención socioeducativa.

O GEIX (Grupo de Estudos e

Intervención Xeragóxica do

Ceesg) prepara xa a terceira

edición da formación sobre

ferramentas para a

intervención socioeducativa

enfocada cara un

avellentamento activo, co

obxectivo, entre outros, de dar

a coñecer e afondar na figura

da educadora e o educador so-

cial no ámbito das persoas

maiores.

Moi pronto toda a información

en www.ceesg.org

Page 12: Boletin do Ceesg nº 90

Dependencia e construción da autonomía

PROGRAMA

Page 13: Boletin do Ceesg nº 90

O rexeitamento á palabra NON.

Algunha vez che pasou que dixeches que si, querendo

dicir que non?

En ocasio ns os adultos encontra monos con situacio ns

que aí nda sendo conscientes de non querer facer algo,

cedemos e dicimos que si a cousas que non nos

apetecen ou non nos parecen ben. Isto pode ser

debido a falta de autoestima, ao medo a ser rexeitado,

ao esgotamento, a intimidacio n da outra persoa etc. E

isto leva molo a moitos a mbitos da vida: social, laboral

e mesmo familiar.

Do que hoxe falamos e da importancia de dicir NON

cando se trata de educar os nenos. Falamos da

importancia dos límites.

Cando preguntas a un pai/nai o porque de consentir

ao seu fillo escoitas argumentos como “quero darlle o

que eu nunca tiven", "para o meu neno quero o

mellor", "quero

que sexa feliz"…

Pero pretender

que os nenos

sexan felices

custe o que

custe e un

obxectivo

erro neo.

A medida que o

neno se vai desenvolvendo aprende lí mites, normas, o

que se pode facer e o que non.

Esta aprendizaxe podemos dicir que e "un tira e

afrouxa" onde os nenos tenden a pon er os pais a

proba para conseguir o que queren. E aquí ve n a

importancia da palabra NON. Porque todo non pode

ser SI.

Un neno que non con ece os lí mites conve rtese nun

pequeno ditador que cre que todo o mundo ten que

facer o que o desexa e enfure cese cando non consegue

o que quere. Rabechas, falsas dores de barriga,

berrinches, rexeitamento a comida ou ao sono,

insultos, violencia fí sica en casos ma is extremos... son

os comportamentos destes pequenos tiranos. Para

evitar estas codutas e importante que o neno siga

unhas normas e para que estas sexan efectivas

prese ntovos 5 pautas útiles para o dí a a dí a:

Es o seu modelo a seguir: os nenos aprenden por

imitación así que se lle dis que non diga palabras

groseiras, que lea, que se sente ben a mesa, que non

berre... debes facer o mesmo.

Non cambies as normas: Estas deben ser ben

meditadas para non as cambiar. Se hoxe dis A e

man a B o neno sentirase confuso e non sabera a que

aterse.

Ollo ao reforzo positivo: Non centres toda a tú a

atencio n no que o neno fai mal, cando faga as cou-

sas ben e importante que llo digas "que cuarto tan

ordenado", "que ben fixeches os deberes"… Esto

causara unha sensacio n de satisfacción no neno e

tendera a repetir as boas condutas posto que lles

gusta que os seus pais se comprazan deles.

Calma: Cando perdemos a calma esta moslle a

transmitir o neno que pode connosco. Por iso aí n-

da que esteas ao lí mite debes calmarte e dicir as

cousas dun xeito educado, sen levantar a voz e da n-

dolle a entender quen ten o control da situacio n.

Non levantes os castigos: Os castigos deben ser

equitativos ao incúmprimento das normas xa qúe

se pon emos un castigo desproporcionado tende-

mos a levantalo. Para evitar isto debemos meditar

o castigo (sen demoralo no tempo) así sera efecti-

vo. Se o levantamos o neno aprende que a chantaxe

emocional funciona.

Entre os pais, consenso: E interesante que a

parella fale da educacio n dos seus fillos a soas,

nunca diante deles. Se a tu a parella dixo que se

poden comer unhas galletas preto da hora da cea e

ti non esta s de acordo, non o desautorices diante

dos nenos, tera s tempo despois para falalo ma is

tarde. A parella debe remar na mesma direccio n.

Estas pautas con ecia delas? usa delas con frecuencia?

cal e a ma is difí cil de cumprir para vo s?

Gustarí ame saber

P.D: Un libro interesante e unha actividade en familia.

Publicado no blog

educacionymediacion.wordpress.com

26 de novembro de 2014

Patricia Vázquez Carballal

Educadora Social e Psicopedagoga

Colexiada nº 3993

@patri_carballal

bloguES

Page 14: Boletin do Ceesg nº 90

Para ler e reflexionar...

Educar para convivir. Xogos e obradoiros de educación para o desenvolvemento en primaria. (Médicos do Mundo). 2009. Catarata.

Un libro elaborado por persoas que levan numerosos anos poñendo en práctica as dinámicas que recollen. A primeira parte formula as bases dunha educación para o desenvolvemento como unha educación para a cidadanía global, explicando os fundamentos técnicos e os principios metodolóxicos, baseados na metodoloxía socioafectiva. A segunda parte é a aplicación desa metodoloxía con actividades para o alumnado de terceiro a sexto de primaria. Cada proposta comeza cunha dinámica para motivar e vivir na propia pel o tema que se tratará. A continuación avaliase, partindo das propias experiencias e sentimentos vividos, para logo tentar identificar o vivido co que acontece na vida real. Todas as propostas rematan sempre cun apartado titulado “Que podemos facer nós desde aquí” para mudar esa realidade que temos analizado.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Iso da Educación Social é como ... asistente social? A Educación Social hai que explicala, pero sobre todo hai que experimentala. Se buscamos unha característi-ca que a distinga doutras profesións do eido social esa é a súa vocación pedagóxica. Isto é unha das claves, identificar oportunidades e estratexias para educar(nos) en diferentes escenarios sociais e ao longo da vida. Temos o deber de dicir que non, porque nós non asisti-mos… estamos. Non atendemos a números, nin a usuarios, nin a clientes… fundamentalmente acompa-ñamos, aprendemos e educámonos coas persoas. A competencia das/os educadoras/es sociais, máis que solucionar os problemas económicos e sociais, pasa por activar múltiples formas de ensinar-comunicar-transmitir contidos culturais socialmente válidos e va-liosos; por acompañar neses procesos de adquisición garantindo e promovendo a posibilidade de que cada persoa reciba unha educación que lle permita (con)vivir nun espazo de relación, participación e debate no que construír o “nós”, é dicir, a identidade individual e colectiva (García Molina, 2004). Non asistimos, facemos. Temos como prioridade ás persoas, perseguindo unha mellor calidade de vida e benestar individual e colectivo; en definitiva, falamos de imaxinar que cidadáns queremos ser, na procura dunha sociedade máis xusta, comprometida e respon-sable. Para isto, temos como ferramentas básicas ás palabras e como escenario, o máis complexo e enrique-cedor: a vida cotiá. Entón, somos utópicos? Imaxinamos utopías sí –todos deberiamos facelo– pero a nosa profesión non reclama supostos inalcanzables, senón a salvagarda dos derei-tos e o desenvolvemento integral das persoas en pla-

nos de equidade e xustiza social. Aqueles que pretenden reducir a Educación Social a unha definición aséptica non o conseguirán, mesmo sería esquecer a súa natureza xa que esta alude sobre todo “a unha experiencia emocional, unha esfera de compromisos e responsabilidades, un mundo de valo-res, unha fonte de contradicións e de sensacións difíci-les de racionalizar” (Caride, 2003: 5) Precisamente, os compromisos adquiridos impídennos asistir –e moito menos asentir– á perda das garantías sociais básicas das persoas. Falar dunha praxe socio-educativa implica asumir unha conciencia crítica e unha práctica reivindicativa, onde dicir “adiante” cando é preciso pero a berrar “NON” cando é de xustiza; recor-dando que a Educación Social é tamén un dereito da cidadanía. Que non nos enganen, son tempos de crise pero sobre todo son tempos de necesaria Educación Social, aos que non asistimos de xeito pasivo pois somos, estamos e facemos coa cidadanía; que non é pouca cousa. Referencias:

Caride, J.A. (2003). Dereitos e deberes na Educación Social: reflexións acerca da necesidade dunha deon-toloxía profesional d@s educador@s sociais. García Molina, J. (2004). ¿Que tipo de profesión é a educación social?, Galeduso, 2, 4-7.; Galeduso, 4, 4-8.

Andrea Maroñas Bermúdez

Educadora Social

Colexiada nº 0118

QuE fas ti pola educación social?

Page 15: Boletin do Ceesg nº 90

Actuacións

Homenaxe a Alberto Fernández de Sanmamed Santos. No mesmo acto no que se nomea Colexiado de Honra, face-mos unha pequena homenaxe sor-presa a Alberto Fernández de San-mamed, figura clave na creación do Colexio e da Educación Social orga-nizada a nivel galego e estatal.

Toma de posesión da Decana de Educación da Universidade de Santiago. Carmen Fernández Mo-rante tomou posesión do seu cargo de Decana da Facultade de Ciencias da Educación nun acto insti-tucional da Universidade de Santiago. Asistimos ao acto para amosar o noso apoio durante esta nova etapa.

Reunión das persoas que conforman a candidatu-ra electoral. Para seguir traballando nas súas liñas estratéxicas 2015-2019, e facelas públicas antes da celebración das eleccións.

A educación e os materiais didácti-cos en Finlandia: qué podemos aprender? Colaboramos con esta formación ofrecida por Nova Escola Galega, unha actividade con distin-tos modelos de avaliación de recur-sos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino.

Sorteo público de integrantes da mesa electoral. Efectúase o sorteo no que se designarán as colexia-das/os que deben formar a mesa electoral nas eleccións do Ceesg.

Jornada de debate en torno a la Ética y Deontolo-gía en Educación Social: La Comisión Deontológi-ca como herramienta de reflexión ética. Asistimos a esta xornada organizada polo Colexio de Educa-ción Social do País Vasco, coas que afianzar ou pro-mover as comisións deontolóxicas nos Colexios Pro-fesionais de Educación Social do estado e á súa vez fortalecer a creación e posta en marcha disto mes-mo para o CGCEES.

Eleccións do Ceesg. As persoas colexiadas decidi-rán se aceptan a candida-tura proposta para o go-berno do Ceesg nos próxi-mos catro anos.

Conferencia: LOMCE, unha carreira de obstáculos para unha educación pública e de calidade. Asisti-mos a este acto organizado por Down Galicia, que tivo como relator a Federico Mayor Zaragoza, presi-dente da Fundación Cultura de Paz.

Acto de nomeamento do Colexiado de Honra. Organi-zamos un acto público de nomeamento do Colexiado de Honra, Jesús Rodríguez Rodríguez. No acto intervirán as Colexiadas de Honra nomeadas con anterioridade, a presidencia do Ceesg, e o propio homenaxeado.

Reunións de comité organizador do I Encontro lusogalaico. As persoas do comité organizador re-uníronse en dúas ocasións para pechar diversas cuestións respecto deste encontro. Entre elas, ulti-man as visitas previstas a Asociación Faraxa, Secre-tariado Xitano, Fun-dación Igualarte, Doral residencias, e Centro de Inserción Social.

Asemblea do Ceesg. Pre-sentaranse as memorias económica e de actividades do ano 2014, e valorarase a proposta de orzamentos e plan de traballo para 2015.

Escrito sobre persoal educativo en centros de menores. Dirixímonos á Consellería de Traballo e Benestar para solicitar que nas contratacións de xestión de acollemento de menores en situación de desamparo ou risco tutelados pola Xunta de Galicia se esixa que o persoal educativo teña a titulación ou habilitación en educación social, por unha me-llor calidade do servizo e para evitar o intrusismo profesional.

I Congreso Internacional Os retos da educación no século XXI: calidade e excelencia educativa. Asis-timos a este evento que se organizou en Composte-la, coa presenza de especialistas de diversos países do noso entorno cultural con ampla experiencia nos temas a abordar.

Page 16: Boletin do Ceesg nº 90

Reunión da Comisión para realización do Docu-mental. Reuníronse as persoas encargadas da plani-ficación e elaboración do documental sobre a Histo-ria da Educación Social en Galicia, para seguir avanzando no guión.

Presentación do Ceesg nas aulas da Universidade de Vigo e Universidade de Santiago. Facemos un-ha presentación do colexio, e das campañas ami-gas/os do Ceesg e PICs nas aulas de Educación So-cial. Temos presenza ademais durante unhas horas nas facultades, cun stand infor-mativo ao que puido achegarse calquera estudante para afondar nalgunha cuestión ou plantexar algunha dúbida.

Escrito ao concello de Vigo. Manifestándolle a ne-cesidade de contratación de máis educadoras/es sociais no concello, debido á situación que se está dando na cidade, e ao imprescindible traballo in-terdisciplinar.

Reunión do Geix. Encontro para preparar a reunión do grupo de demencias de Fagal.

Escrito aos decanatos sobre a reforma universita-ria. Informamos ás Universidades galegas do noso desacordo coa reforma dos títulos universitarios e solicitamos respostas unánimes e consensuadas pa-ra minimizar o impacto negativo que este cambio pode supoñer.

Reunión de Fiadeiras. O Grupo Fiadeiras pecha o deseño das IV Xornadas Educación Social e Violencia de Xénero, prepara un protoco-lo interno de comunicación non sexista, e a continuidade da campaña contra os microma-chismos.

II Semana galega de loita contra as fronteiras. Asistimos á convocatoria aberta para participar na organización da II Sema-na de Loita contra as Fronteiras. O Colexio estivo presente en diversas actividades, e dinamizamos a charla-coloquio organi-zada en Santiago de Compostela.

Resposta a escrito sobre a contratación de forma-ción de profesionais de casas niño. A Consellería de Traballo e Benestar publicou a contratación do "Servizo para a impartición do programa formativo para os futuros profesionais das casas niño". Nos pregos de condicións técnicas non se especificaba que a titulación das/os posibles docentes puidese ser Educación Social. Solicitamos rectificación, que foi aceptada, así que educadoras/es sociais sere-mos incluídos como posibles docentes neste servi-zo.

Envío de propostas sobre modificación da Rela-ción de Postos de Traballo da Consellería de Tra-ballo e Benestar. Seguindo as recomendacións da Dirección Xeral de Xuventude na última reunión mantida, enviamos á Consellería de Traballo e Be-nestar unha proposta sobre a inclusión dos postos de educador/a en varios centros, así como un lista-do de funcións destes/as profesionais, para defen-der a súa modificación nas RPT, de cara á creación dunha categoría denominada "educador/a social".

Reunión de A Eira do Ceesg. Reformulan o seu plan de traballo 2015 e traballan no estudo da pre-senza da educación ambiental nos currículos formativos da titu-lación de Educación social nas universidades galegas.

Servizo xurídico do Ceesg. As persoas colexia-das poden achegarse ata as oficinas para reci-bir orientación e asesoramento xurídico sobre calquera cuestión que queira plantexar os primeiros mércores de cada mes, en horario de tarde.

Reunión do Espazo Dialoga. Retómase o espa-zo dialoga para analizar a situación dos servi-zos sociais na actualidade, e facer propostas conxuntas de actuación.

Sinatura de convenio con En página Impar. Pechamos esta colaboración para a realización das entrevistas que se proxectarán no marco da xornada sobre os cambios lexislativos no sis-tema de protección á infancia, así como para outras colaboracións que xurdan ao longo deste ano.

Page 17: Boletin do Ceesg nº 90

Técnica/o en drogodependencias. A Estrada.

Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Prestación económica

de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos. DOG 02/02/15

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa: Bolsas de posgrao no estranxeiro. DOG 04/02/15

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións públicas e xustiza: Axudas de emerxencia social e para viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario. DOG 24/02/15

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminis-tracións públicas e xustiza: Decreto 20/2015, do 29 de xa-neiro, de racionalización de órganos colexiados da Xunta de Galicia. DOG 12/02/15

EMPREGO Deputación provincial de Pontevedra: Oferta de emprego

público para o ano 2015. 2 prazas de Técnico especialista edu-cación diúrna. Promoción interna. DOG 02/02/2015

Formación

Detección e prevención de dificultades da linguaxe e fala na infancia Organiza: UNED Coruña Datas: 12 e 13 de marzo. Lugar: A Coruña. Posibilidade de seguilo e participar a distancia, en streaming. Prezo con desconto para persoas colexiadas. Máis información: https://extension.uned.es/

A Terepia familiar. Intervención en drogodependencias

Organiza: Loft psicólogos. Datas: 14 de marzo. Lugar: Milladoiro (Ames). Prezo con desconto para persoas colexiadas. Máis información: www.ceesg.org

Cursos de Xeibra Xestión

Oferta de cursos: Animador/a sociocultural con persoas maiores. | Monitor/a de Talleres e Actividades Extraescolares | Monitor/a de Repostería Creativa | Curso Monitor/a de Talleres Infantiles | Curso de Animación á Lectura: Contacontos | Monitor/a de Comedor Escolar | Certi-ficado Oficial de Manipulador/a de Alimentos | Curso Musicoterapia en Educación Infantil | Curso Risoterapia en Educación Infantil. Organiza: Xeibra Xestión. Lugar: A distancia. Prezo con desconto para persoas colexiadas. Máis información: www.ceesg.org

3rd International Congress of Educational Sciences and Development

Organiza: Universidade de Granada e Universidade do País Vasco. Datas: 26 e 27 de xuño. Lugar: San Sebastián. Prezo con desconto para persoas colexiadas que se inscriban antes do 12 de marzo. Máis información: http://congresoeducacion.es/edu_web/