Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F...

11
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F...

Page 1: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

tema do mes

Comunicado en apoio de Asfedro, e todos os recursos de prevención e asistencia na área de drogodependencias.

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, mediante o presente comuni-cado, facemos pública a nosa preocupación pola grave situación na que se atopan os recursos de

prevención e asistencia na área das drogodependencias.

A entidade Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) xa anunciou a grave situación económica na que se atopa, o que podería levar ao peche da súa comunidade terapéutica, dei-xando sen atención ás persoas drogodependentes de toda a área de Ferrol, véndose afectados todos os recursos de prevención e asistenciais que promove desde hai moitos anos Asfedro,

atendendo a un gran número de persoas.

Esta situación non é illada, senón que está a afectar a outras entidades con problemas similares,

nas que o persoal leva meses sen cobrar.

Ante a seria ameaza de peche de recursos, demandamos á Consellería de Sanidade un compro-

miso firme co financiamento dos mesmos, e que o considere unha prioridade.

O Ceesg solicitou cita coa Consellería para tratar este asunto no mes de marzo do presente

ano, estando aínda á espera de resposta.

En canto ao persoal e as persoas atendidas nestes centros e as súas familias, amosamos o noso

máximo apoio e solidariedade.

Xuño 2013

Imaxe: diariodeferrol.com

Imaxe: lavozdegalicia.es (Ángel Manso)

Imaxe: Alfonso Tembrás

Fotogra�as de diversas concentracións de denuncia pola situa-

ción de Asfedro.

A finais deste mes, esta en dade recibiu un adianto da Conselle-ría de Sanidade que lle permi rá manter os seus servizos por agora, aínda que segue padecendo falta de fondos.

Page 3: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

CGCEES

Os membros de Asemblea Estatal de Mareas La-ranxas insisten en que os servizos sociais están "en perigo de extinción". A marea laranxa defende os servizos sociais ameazados pola anunciada refor-ma da Administración Local.

A Marea Laranxa Estatal iniciou a campaña

"Servizos Sociais en perigo de extinción" para mostrar un enérxico rexeitamento aos demoledo-res efectos que a anunciada reforma da Adminis-tración Local terá sobre os servizos sociais de con-cellos e bisbarras. A protesta, que arrincou o día 9 de xuño cunha concentración en Galapagar (Madrid), onde o Concello xa privatizou todos os servizos sociais municipais, levouse a cabo en toda España.

Celebráronse actos en diversos centros e servizos sociais de especial significado, que estarían en risco de privatizarse ou desaparecer se se aproba a de-vandita reforma tal e como está prevista. Entre os servizos e prestacións ameazados encóntranse al-gúns tan emblemáticos como a axuda a domicilio, a teleasistencia domiciliaria, as residencias, os cen-tros de convivencia e comedores do maior, os ser-

A Marea Laranxa estatal sae á rúa contra os recortes sociais vizos de promoción da muller, de prevención e promoción da infancia e outros moitos, que conce-llos e bisbarras veñen prestando dende hai déca-das.

Esta reforma supón unha seria agresión á autono-mía local. Pon en serio risco de extinción unha boa parte dos actuais servizos sociais, especialmente todos os servizos sociais especializados xestionados pola Administración Local e é un ataque ao crite-rio de proximidade e subsidiariedade na que cre-mos que se debe basear o noso sistema democrá-tico.

En Galicia aínda non temos constancia de que se organizase ningún acto enmarcado nesta campa-ña, pero é sen dúbida un asunto moi relevante, e queremos compartir e difundir os actos levados a cabo noutros territorios a través das fotos que se foron colgando nas redes sociais das diferentes mareas e das entidades adheridas a elas. Son só unha pequena pincelada de toda a actividade da campaña, pois tamén houbo concentracións e ou-tros actos en Valencia, As Palmas, Granada, Bil-bao, Jaén, etc.

Sevilla (Andalucía)

Zaragoza (Aragón)

Valladolid (Cas lla y León)

Huesca (Aragón)

Cádiz (Andalucía)

Telde (Canarias)

Page 4: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

actualidade

En relación á solicitude efectuada con data 28 de nove-

mbro de 2012 á Dirección Xeral de Familia e Inclusión en

relación ao acceso á ferramenta MATIASS, informamos

da resposta facilitada:

(...) En relación coa utilización do MATIASS por outros profesionais técnicos de

servizos sociais distintos dos/as traballadores/as sociais, debo sinalar que, como

ferramenta informática de divulgación de información técnica e profesional en

materia de servizos sociais vía web, está aberta ao acceso de todos/as as/os

profesionais técnicos/as dos equipos multidisciplinares dos servizos sociais comu-

nitarios.

Porque o interese claro da Consellería de Traballo e Benestar á facilitar que to-

do o persoal técnico de servizos sociais, tal como expresa no apartado da web

institucional da consellería que enlaza co MATIASS (http://benestar.xunta.es/

web/portal/recursos-matiass), que cando reflicte os requisitos para o acceso ao

MATIASS se refire a todos os “profesionais técnicos dos servizos sociais de aten-

ción primaria, de atención especializada e de entidades de iniciativa social ins-

critas como prestadoras de servizos sociais”

(...)

Nestes casos de conflitos persistentes nos que non se lle facilitan o usuario e a

chave do MATIASS ao/á educador/a social ou a calquera outro profesional téc-

nico dos servizos sociais comunitarios, poden poñerse en contacto co Servizo de

cooperación coa corporacións locais, que, previa a acreditación da condición de

persoal técnico de servizos sociais dependente do centro ou entidade corres-

pondente, se lle facilitarán os datos de usuario e chave, porque estes son do

centro ou entidade e non exclusivos da persoa á que se lle outorgou a súa cus-

todia. (...)

Teléfono do Servizo: 981.544.890.

Acceso ao MATIASS por parte de profesionais dos servizos sociais

Page 5: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

O pasado 7 de xuño, dende o Ceesg e a petición do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE de Santiago, "7 cores-Compostela" levamos a cabo unha xornada informativa sobre a homofobia no IES XELMIREZ I.

Durante dúas horas, estivemos cun grupo de terceiro da ESO, falando e intercambiando información sobre o tema que nos ocupa, fixemos fincapé no feito de que non hai un modelo de sexualidade senón que hai tantas sexualidades como persoas e que a sexualidade é un proceso que abarca toda a nosa vida (sexuación), dende que nacemos ata que morremos.

Falamos da orientación sexual como a atracción, o desexo e a capacidade de namoramento cara un sexo e sobre a diversidade como riqueza humana, chea de matices modos e peculiaridades,... o maioritario non debe de lexitimarse ou normalizarse, é dicir, ás veces un argumento dos rapaces é que a homosexualidade non é "normal" non é o "frecuente" e polo tanto non é "bo". Evitamos falar da palabra normal porque leva implícito un significado oculto en clave de bo ou malo, non en clave de frecuencia. É dicir, cando se fala de que algo é normal, dáse como entendido que é o que debe de ser, o sensato, natural e o lexítimo, polo tanto todo o que non se atope dentro deses marxes é "anormal" "malo" e polo tanto o non desexable. Cando mudamos a palabra normal por frecuente ou habitual, as cousas cambian. Son só palabras, pero as palabras

Charla contra a homofobia a alumnado de secundaria

crean mensaxes e as mensaxes actitudes. Que non sexa o habitual non implica que sexa negativo, prexudicial ou patolóxico senón diverso, que en definitiva é que somos en sociedade.

Os rapaces implicáronse contando experiencias grazas a Gonzalo (Coordinador do Grupo LGTB) quen se abriu a eles falando da súa propia experiencia persoal, isto resultou moi enriquecedor pois mostroulles unha perspectiva diferente.

A modo de conclusión, debemos facer fincapé na necesidade deste tipo de formación transversal como parte do curriculum didáctico, pois aínda queda moito camiño por facer, a simple vista parece que todos somos respectuosos e aceptamos todo tipo de orientación sexual pero afondando no tema a homofobia está latente nas aulas e atrévome a dicir, que na sociedade en xeral, que coeduca cos valores que transmite e non sempre son os acertados.

María José Carballa Rosales

Educadora social

Colexiada nº 3661

Page 6: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Para ler e reflexionar...

Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza. (Diego Lores Correa, Enrique García Escamilla, e Manolo Sáez Bayona -Coords.-)

A RBIs consiste no dereito que ten cada cidadán/á de percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais, sen ningunha condición, que garanta un mínimo de subsistencia a todas as persoas. Este estudo analiza a viabilidade da súa implantación en Galicia, a través de dous posibles modelos: un centrado nos colectivos máis vulnerables, e outro que abarca a toda a poboación. A proposta de implantación da RBIs ten unha forte motivación de transformación do actual modelo de producción e consumo capitalistas, avanzando cara unha sociedade máis xusta e equilibrada.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

• LORES CORREA, D. GARCÍA ESCAMILLA, E. e SÁEZ BAYONA, M. (Coords.) (2012): Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza. Colectivo Baladre, Zambra iniciativas sociales, ODS Coia, Grupo Axitación Social, Lapsus.

• Revista Sinergias. Nº 0. Octubre 2012. Monográfico “Tiempos difíciles. La educación social en el sistema educativo”. Colegio Profesional del Educadoras y Educadores Sociales de Andalucía.

• Revista Sinergias. Nº 1-2. Abril 2013. Monográfico “Ciudadanía: entre cronopios y famas. Educación Social y práctica profesional”. Colegio Profesional del Educadoras y Educadores Sociales de Andalucía.

• Boletín COGAMI. Nº 21. Xuño 2013. Cogami. • Revista Educar(NOS). Nº 61. II época. 1 (2013). Grupo Milani. • Revista Perfiles. Revista General de Política Social. Nº 291. Maio 2013. ONCE • Revista Perfiles. Revista General de Política Social. Nº 292. Xuño 2013. ONCE • Revista Galega de Educación. Nº 56. Xuño 2013. Monográfico “Educación cero-3” • Revista En la Calle. Revista sobre situaciones de riesgo social. Nº 25. Maio-Agosto 2013. • Revista La letra A. Libre pensamiento. Nº Marzo 2009. Confederación General de Trabajadores (CGT), Ecologistas en Acción, Baladre.

• Revista Cuadernos renta básica. Nº 11. Xuño 2012.

Novas publicacións da biblioteca

Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial.

• A finais de xullo procederase ao cobro da cota de mantemento colexial. O

prazo de envío da documentación para a bonificación da cota por situa-

ción de desemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMI é ata o día 25 de xullo25 de xullo25 de xullo25 de xullo.

• En caso de situacións económicas moi complicadas, existe a posibilidade

de aprazar o pago. Consúltanos esta opción.

avisosavisosavisosavisos

Page 7: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Micro-leccións de orientación laboral

A entrevista de traballo “Soa o teléfono; é para citarte para unha entrevista de traballo.... que nervios!!! E agora... que?” Seguro que a todas e todos nós nos pasou esta situación algunha que outra ocasión. Pois despois do “agora que?” é o mo-mento de preparar a entrevista de traballo para que saia perfecta! Neste artigo imos sinalar algúns aspectos que debemos ter en conta á hora de enfrontarnos a ela:

María P. Sande

Educadora social e Psicopedagoga

Colexiada nº 3946 http://orientandodendearede.blogspot.com

Preparar con anterioridade a entrevista. Cando nos chaman para citarnos para unha entrevista debemos preparar o que imos dicir; dependendo do posto de traballo, comentarémoslle as no-sas fortalezas e o que lle podemos ofrecer relacionado co posto. Ademais, debemos supoñer algunhas preguntas que poida que nos fagan e ter pensadas as contestacións; en definitiva, non podemos chegar e improvisar, senón que temos que ter algunha información preparada.

Informarnos sobre a entidade e/ou empresa. Este punto está moi relacionado co anterior. An-tes de acudir á entrevista é fundamental informarnos dos servizos que a entidade e/ou empresa ofrece á sociedade e pensar en que posto poderiamos traballar e que poderiamos ofrecerlles. Desta maneira, a persoa entrevistadora detectará que temos interese na súa entidade e que coñecemos o seu quefacer.

Apagar o teléfono. É importante que antes de entrar na entrevista desconectemos o teléfono móvil, posto que dá mala impresión se, durante a entrevista, soa o teléfono. Se, por unha casua-lidade, non nos lembramos de apagalo e soa, debemos desconectalo o antes posible e pedir desculpas á persoa entrevistadora.

Coidar a imaxe persoal. É imprescindible acudir a unha entrevista de traballo cun bo aspecto per-soal; ir aseada/o, vestida/o acorde á ocasión, sen demasiada maquillaxe,… son factores que te-mos que coidar cando vaiamos a unha entrevista.

Puntualidade. É recomendable chegar ó lugar da entrevista cinco minutos antes para así non ter imprevistos, non chegar tarde e que a persoa entrevistadora non teña que esperar por nós; a impuntualidade é un factor moi negativo que afecta á nosa imaxe.

Sempre temos que levar un curriculum vitae impreso. Aínda que xa llo mandáramos pola rede ou llo entregáramos en man, é aconsellable levar unha copia; poida que estes non o teñan impre-so e queiran botarlle unha ollada ou preguntarnos acerca da información que contén. Ademais, se pasou certo tempo do envío do curriculum, deixariámoslle un C.V. actualizado.

Ser optimista e confiar en nós mesmas/os. Nunca debemos ir cunha actitude pesimista a unha entrevista de traballo, xa que ese pesimismo será detectado polo entrevistador/a e afectará a nosa imaxe. Debemos ir cunha actitude positiva e pensar que o “non” xa o temos e que pode-mos conseguir o “si”. Ademais, temos que confiar en nós mesmos para que os demais o fagan. Neste senso, é aconsellable ir con tranquilidade e que a entrevista se desenvolva coa maior natu-ralidade posible.

Non ser pedante. Durante a entrevista non podemos ser pedantes utilizando, abusivamente, palabras técnicas. É recomendable empregar algunha palabra técnica, se o entrevistador é do noso ámbito, pero desenvolvéndonos con naturalidade. Ademais, debemos dar a coñecer o que sabemos pero dende a humildade, posto que a teoría e palabrería é moi fácil pero o importante é a práctica no posto de traballo. Así pois, debemos ir con cautela e amosar os coñecementos que temos dunha maneira moi xeral.

Page 8: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Coidar os xestos corporais. Temos que ter en conta que a maneira de sentarnos e de expresar-nos xestualmente dan información adicional. Por isto, ante unha entrevista de traballo temos que ter coidado cos xestos corporais e que non dean información contraditoria á que estamos a dicir. Por exemplo, se estamos a comentar que temos moitas ganas de comezar a traballar e aprender das nosas compañeiras/os, non podemos estar sentados/as como se estivéramos no sofá das nosas casas, senón que debemos de sentarnos coa espalda recta e cun xesto de intere-se, motivación, ganas,...

Amosar entusiasmo polo traballo. Durante a entrevista debemos amosar interese polo posto de traballo e explicar o que podemos ofrecer e desenvolver nese posto. Pero...ollo! Non é recomen-dable ofrecer unha imaxe de desesperación nin pena!

Preguntar. Debemos realizarlle preguntas sobre o posto de traballo e entidade á persoa entre-vistadora para que detecte que temos interese no posto e estamos motivadas/os para traballar con eles/elas.

Non falar mal doutras empresas, xefas/es ou compañeiras/os. Se tivemos unha mala experiencia con outras entidades ou empresas, é aconsellable que se manteñan á marxe e non se comenten na entrevista de traballo. Se a persoa entrevistadora escoita de nós palabras ofensivas cara outra empresa, esta pensará que tamén o imos facer coa súa entidade e influirá á hora da seleccción da candidata/o.

Sempre quedar ben ante a persoa entrevistadora. No tocante a isto, aínda que notemos que, por calquera circunstancia, non nos van coller para o posto de traballo sempre temos que quedar ben e agradecerlles a oportunidade que nos deron de poder presentarnos e deixar explicarlle a información do curriculum. Desta maneira “non cerramos portas senón que as deixamos entre-abertas” para posteriores oportunidades.

Pensar que sempre é unha experiencia da que po-

demos aprender. Aínda que non nos collan para o posto de traballo, temos que pensar que unha en-trevista de emprego é sempre unha oportunidade de aprendizaxe e, ó finalizala, temos que autoava-liarnos e sinalar os puntos fortes e débiles que se produciron durante o desenvolvemento desta; des-ta maneira, intentaremos que na seguinte non se produzan os erros que se cometeron.

Reformulación positiva: convertir o malo en bo. Debemos buscar o lado positivo ós nosos pun-tos débiles; é dicir, que se na entrevista nos comentan que non temos experiencia laboral, sinalar que estamos moi motivados por entrar no eido laboral e con moitas ganas de traballar; se un punto débil é a idade avanzada, poñer o acento na nosa madurez, responsabilidade, experien-cia,... Temos que contestar positivamente ante calquera aspecto que poida que sexa unha traba para conseguir o posto.

Preguntas moi persoais, como actuar? Non hai unhas pautas universais para responder ás pre-guntas relacionadas co noso ámbito privado; cada quen sabe os seus límites e ata onde quere contar. Calquera que sexa a resposta non podemos contestar de maneira que nos sintamos ofen-didas/os, senón que debemos responder de maneira educada e cordial. Temos que ter coidado con estas preguntas porque, moitas das veces, á persoa non lle interesa a información, senón o noso comportamento ante estas cuestións privadas.

Page 9: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Actuacións

IX Xornadas interxeracio-nais rurais. Un ano máis, en Cabrei ros, as Xornadas interxeracionais rurais ofrecen un espazo de encontro e refle-xión para as persoas maiores, compartido tamén coa mocida-de. Neste marco, o día 8 presentouse a I Invernada de Cine, que terá lugar nos meses de outubro, novembro e decembro en Xermade (Lugo), e na que colaborará o Ceesg.

Reunión de Escaravellando. O Gru-po Escaravellando reuniuse o día 4 de xuño na sede do Ceesg para seguir avanzando no seu plan de traballo. Estúdiase a colaboración nun estudio sobre a protección de menores en Ga-licia.

Showrooms sobre avances TIC en servizos sociais.

Asistimos a un acto de carácter demostrativo sobre novos sistemas de teleasistencia avanzada baseados en tecnolo-xías TIC, organizado pola Consellería de Traballo e Be-nestar. Tivo lugar o día 3 de xuño en Santiago.

Xunta de Goberno. O 19 de xuño en Santiago tivo lu-gar unha reunión da directiva do Ceesg para avanzar no traballo e tomar decisións sobre diversos asuntos.

Nomeamento de represen-tantes na Comisión Deonto-lóxica do CGCEES. O CGCEES está en proceso de creación dunha Comisión Deontolóxica, na que participarán represen-tantes das entidades autonómi-cas. O Ceesg será representado polo colexiado Alfonso Tem-brás, e polo profesor universi-tario Pablo Meira.

Apoio ao manifesto das ensinanzas musicais e dos profesionais da música ante a LOMCE. Asinamos a adhesión ao manifesto conxunto das ensinanzas musicais e dos profesionais da música ante a LOMCE, impulsado pola COAEM (Confederación de Asociación de Educación Musical). Rexéitase o anteproxecto no que se refire á educación musical.

Reunión do Foro de Inmi-gración. As entidades de San-tiago integradas no Foro teñen a súa reunión mensual. Céntra-se sobre todo na valoración da asemblea xeral que tivo lugar en Ribeira o 2 de xuño, e na posta en marcha das decisións alí adoptadas.

Reunión de Fiadeiras. As Fiadeiras seguen avanzando na campaña a favor da coedu-cación e organizando a forma-ción básica en Igualdade. Reú-nense para isto os días 6 e 21 de xuño.

Sinatura contra a privatización dos servizos so-ciais de Galapagar. En Galapagar (Madrid) o equipo de goberno municipal iniciou a privatización dos Servizos Sociais da Atención Primaria, que acarreará o deterioro do servizo e das condicións laborais dos profesionais que o sustentan.

Sinatura para a retirada do Anteproxecto de re-forma da LBRL. O Colexio andaluz impulsa unha reco-llida de sinaturas para retirar o anteproxecto de reforma da LBRL. As medidas recollidas no anteproxecto, de le-varse a cabo, poden ter consecuencias desastrosas na prestación dos Servizos Sociais.

Xunta permanente. Presidenta, Vicepresidenta, Secre-taria e Tesoureira do Ceesg, reuníronse para preparar a Xunta de Goberno, avanzando na organización do traba-llo e para avaliar o desenvolvido ata agora. Foi o 3 de xuño na nosa sede.

Charla sobre a homofobia. Cola-boramos co grupo LGTB do PSdeG de Santiago, 7 cores Compostela, para impartir unha charla sobre homofobia ao alumnado de 3º e 4º de ESO no IES Xelmírez I de Santiago, o día 7 de xuño.

Page 10: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Entrevista con alumna da UDC. Unha alumna doutoranda da Universidade da Coruña contactou co Ceesg para solicitar unha entrevista sobre as competencias do título de Grao de Educación Social da UDC e o seu potencial profesionalizador. Reunímonos con ela o 17 de xuño.

Reunión coa Subdirección Xeral de Servizos Sociais. O grupo aBeira reúnese coa directora xeral para presentarse, para ofrecer a súa colaboración, e para tratar determinados asuntos relacionados coa súa área. A cita fora solicitada coa Directora xeral de Familia e Inclusión, que delegou na subdirección por un imprevisto.

Reunión con 7 Cores Compostela. Despois da colaboración nunha charla sobre homofobia, o 17 de xuño mantemos un encontro no que valoraremos as posibilidades e viabilidade de levar a cabo un ciclo de charlas en centros de secundaria na área de Compostela, no curso 2013/2014.

Reunión dos Grupos de Traballo. A Área de desenvolvemento profesional mantén un encontro coas persoas coordinadoras dos grupos de traballo do Ceesg, o día 28 de xuño. É unha reunión de seguimento, na que avaliar o traballo realizado ata o momento, propoñer melloras, trasladar dificultades, etc.

Reunión coa parlamentaria Carme Adán. O día 13 de xuño mantivemos un encontro coa parlamentaria do BNG Carme Adán, que solicitou para compartir impresións sobre a lei de inclusión que se aprobará proximamente. Trasladámoslle as nosas achegas ao anteproxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia que se está tramitando, incidindo nunha maior presenza do traballo socioeducativo e de prevención das situacións de risco e exclusión social das persoas e dos grupos, así como do mantemento dos equipos interdisciplinares das oficinas comarcais de I+B do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Reunión de aBeira. O día 14 de xuño, o Grupo de Traballo centra-do na intervención socioeducativa con Familias reúnese na sede do Ceesg para seguir avanzando no seu traballo.

Emendas parciais ao Anteproxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia. Remitímosllas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Escrito a Secretaría Xeral de Igualdade. Fiadeiras solicita colaboración para o financiamento dunha publicación didáctica para traballar a coeducación con colectivos en diferentes etapas do ciclo vital, a desenvolver no 2014.

Infórmate en ceesg.org ou chamando ao 981.552.206

Page 11: Boletín do Ceesg · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 72 - xuño 2013 A profesión que sentes, o colexio

Animador/a sociocultural, Axente de desenvolvemento local, e Monitora de minorías étnicas. Lugo. Educador/a social e animador/a social. San Xoán de Río. Educador/a técnico/a de emprego. Vigo.

4 Especialistas en coeducación. Comarcas de A Barcala, Santiago, O Sar, Barbanza, Muros, Noia, Xallas, Fisterra ou Terra de Soneira. Monitoras/es de tempo libre. Meaño. Educador/a social. Vigo.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas dos boletíns

EMPREGO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza:

− Axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade. DOG 03/06/13. Corrección o 21/06/13.

− Subvencións a ONGD para proxectos para actividades de educa-ción para o desenvolvemento. DOG 10/06/13

− Axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xes-tantes e lactantes. DOG 20/06/13

− Axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraes-colares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. DOG 21/06/13

− Axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino. DOG 21/06/13

Consellería de Traballo e Benestar:

− Programa de incentivos á formación e contratación -programa Forcon-.DOG 04/06/13

− Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras. DOG 06/06/13

− Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras. DOG 06/06/13

− Subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas. DOG 10/06/13

− Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación inde-finida de persoas asalariadas. DOG 12/06/13

− Axudas para fomentar o emprego en empresas de economía social e para promocionar o cooperativismo. DOG 29/06/13

− Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras. DOG 20/06/13

− Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras. DOG 20/06/13

− Prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Tra-ballo e Benestar para o curso 2013/14. DOG 27/06/13

Ministerio de Emprego e Seguridade Social:

− Subvencións na área de integración de persoas inmigrantes. BOE 04/06/13

Deputación Provincial de Ourense:

− Subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais. BOP 04/06/13

Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade:

− Subvencións a entidades de calquera titularidade, sen ánimo de lucro, destinadas ao finaciamento de programas de prevención e control da infección por VIH e sida. BOE 11/06/13

− Subvencións na área de atención a maiores. BOE 14/06/13 − Subvencións para as actuacións de turismo e termalismo para per-

soas con discapacidade. BOE 14/06/13 − Subvencións para programas de intervención integral en barrios con

presencia significativa de poboación inmigrante. BOE 20/06/13 Instituto Galego de Promoción Económica:

− Axudas á reorientación e competitividade das pemes galegas. DOG 17/06/13

Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación:

− Subvencións a ONGD para proxectos de cooperación para o desen-volvemento, incluídos os de Educación para o Desenvolvemento en España. Cambio no prazo de presentación de solicitudes. BOE 20/06/13

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

− Subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen áni-mo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais. DOG 27/06/2013

NORMATIVA E LEXISLACIÓN

− LEI 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innova-ción de Galicia. DOG 17/06/13

− DECRETO 95/2013, do 13 de xuño, polo que se crean as escolas de doutoramento nas universidades do Sistema universitario de Galicia. DOG 26/06/13

PREMIOS Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Premios Raíña Sofía 2013 de Rehabilitación e de Integración. BOE 24/06/13 Concello de Ferrol (A Coruña): VI Premio Solidario Cidade de Fe-rrol. BOP 21/06/13 Concello de Pontedeume (A Coruña): VI Certame de Relatos Bre-ves pola Igualdade de Xénero. BOP 19/06/13

Formación

I Congreso Internacional de Educación e Desenvolvemento

Santander, 8-11 de outubro de 2013 http://www.ugr.es/~aepc/WEBEDUCACION/

Xornadas virtuais científico-técnicas sobre TDAH: O DSM-V xa está aquí, e agora qué facemos?

1-4 outubro 2013 http://www.dsmvytdah.com/

DESCONTOS NA COTA DE INSCRICIÓN PARA PERSOAS COLEXIADAS NO CEESG