Boletín do Ceesg nº104

48
Boletín do Ceesg

description

 

Transcript of Boletín do Ceesg nº104

Page 1: Boletín do Ceesg nº104

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg nº104

2

Neste boletín: Tema do mes: Discurso do acto de Graduación de Educación Social 2015/16 da Facultade de Ciencias da

Educación do Campus de Ourense. Os camiños da Educación Social: académico e/ou profesional. Yolanda

Rodríguez e Deibe Simo.

CGCEES:

Petición de retirada do programa ‘Proyecto Bullying’

Actualidade:

José Manuel Vaamonde Romero “Chemi”. Educador Social (1958-2016)

Camiño a Ítaca… relato dunha experiencia teatral en saúde mental. Pedro Seoane Ladra.

Concurso de proxectos Memorial Toni Juliá.

Olladas dende a Educación Social.

Declaración da Unión Profesional polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas: As profesións, coas refu-

xiadas.

Reflexión sobre a proposta de instalar cámaras de vixilancia nos colexios.

Traballando por unha Lei de educación social

Formación:

Campinas será sede do próximo Congreso Mundial de Educación Social.

I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola.

Curso de Lingua de Signos Española.

Formación doutras entidades.

Emprego

Grupos de traballo:

aBeira: Reunión co Director Xeral de Inclusión Social.

BloguES: A voltas co vocacional e co “descanso”. Alberto Apellaniz

http://educacionsocialasturias.wordpress.com

Para ler e reflexionar: Paradojas y Geometrías en los Procesos de Intervención Social (Blanco López, J.;

Hernández Ramírez, M.; Ávila Castro, M.J. e García Leiva, F.)

Actuacións

15 anos de historia. Creación do CGCEES e a súa presentación en Lugo.

Os soños de todas

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 104 - xuño 2016

Page 3: Boletín do Ceesg nº104

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Eva López Soto Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0924

Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Page 4: Boletín do Ceesg nº104

4

TEMA DO MES

Discurso do Acto de Graduación de Educación Social

2015/16 da Facultade de Ciencias da Educación do

Campus de Ourense.

O alumnado de Educación Social celebrou recentemente os seus actos de graduación. Xa imos pola cuarta promoción do título de grao. Este ano tivemos a oportunidade de acompañar ás novas tituladas e tituladas das Universidades de Santiago e de Vigo (Campus de Ourense). Foi en Ourense onde a docente Yolanda Rodríguez e o educador social Deibe Simo foron os escollidos polo alumnado para exercer como madriña e padriño de promoción. Recollemos aquí as súas palabras dedicadas ao alumnado.

OS CAMIÑOS DA EDUCACIÓN SOCIAL: ACADÉMICO E/OU PROFESIONAL

Boas tardes a todas e a todos. A Decana da Facultade de Ciencias da Educación Dª. Mar García Señorán, ao Vicedecano da Titulación D. Xose Manuel Cid e a Vicedecana de Calidade Dª. Carmen Ricoy, a Concelleira de Servicios Sociais Dª. Sofía Godoy, ao Vicepresidente do Colexio de Educadores/as Sociais D. Aurelio Prado, aos profesores e profesoras, nais, pais, e demais acompañantes e aos Graduados e Graduadas en Educación Social.

Tanto para Deibe Simo como para min, é un verdadeiro orgullo e un pracer, representar neste acto a todo o profesorado de Educación Social así como aos Titores/as das Institucións que apoian a Titulación. Queremos darvos as grazas por darnos a oportunidade de acompañarvos nun día tan especial.

Empezaremos dirixíndonos e felicitando a todas as persoas familiares, amigos e amigas, acompañantes dos recén graduados e graduadas; polo apoio e o esforzo que lles brindastes ao longo destes anos. Polo tanto, este Acto tamén é para vós.

Dra. Yolanda Rodríguez Castro

Madriña Académica da

promoción Educación Social

2015/16 do Campus de Ourense

Dr. Jesús Deibe Fernández Simo

Padriño Institucional da

promoción Educación Social

2015/16 do Campus de

Ourense.

Educador Social

Colexiado nº 4851

Page 5: Boletín do Ceesg nº104

5

Continuar dando os parabéns, igualmente a todo o profesorado que vos acompañou ao longo destes catro anos. E rematar felicitando aos verdadeiros e máximos protagonistas do acto, a todos e todas os Graduados e Graduadas en Educación Social.

Agora si, xa chegou o momento, no que temos que cortar os fíos para que poidades despregar as vosas ás e empecedes a voar. Ides iniciar unha nova etapa na que podedes seguir dous itinerarios: o profesional ou o académico universitario, ambos os dous son emocionantes e á vez, complexos.

Eu podo compartirvos a miña experiencia a nivel académico como docente e investigadora, aquí na universidade. Non vos vou a enganar, non é un camiño doado, require moitas horas de traballo, moito esforzo e un alto grado de implicación e compromiso persoal e profesional. Vives nunha constante incertidume, sempre pendente de novas convocatorias de bolsas de investigación pre-doutorais, post-doutorais, de contratos..., e cando pensas, que no teu camiño profesional, xa van aparecer máis rectas que curvas, aparéceche unha nova curva pechada, que fai que retrocedas no teu camiño avanzado. Isto é consecuencia directa da lamentable política de contratación das universidades, marcadas polas directrices estatais restritivas. Esperamos que esta situación se arranxe e cambie pronto, xa que, dende logo, redunda, na tan desexable calidade docente e investigadora. A pesar destes obstáculos, eu creo e amo o meu traballo, que é o que me permite seguir cara adiante. Por iso, intentade sempre ser os/as mellores no voso traballo, superarvos cada día e, nunca perdades a confianza en vós mesmos e mesmas.

Ante esta situación que vos relato, pensaredes, se o camiño académico é duro, Por qué segues nel?, porque me falta explicarvos a parte máis bonita, a que compensa: por un lado, está todo o relacionado coa Investigación, a través dos Traballos Fin de Grado estades tendo un contacto de directo con ela. Dende logo é apaixonante investigar en temas sociais, educativos, de saúde, sempre coa finalidade de profundar na verdadeira natureza dos

“xa chegou o momento, no que temos que cortar

os fíos para que poidades

despregar as vosas ás e empecedes a

voar”

Page 6: Boletín do Ceesg nº104

6

problemas que temos na sociedade actual como as discriminacións, a violencia de xénero, a trata de seres humanos, o acoso sexual, acoso escolar, entre outros moitos problemas, para buscar solucións. Neste ámbito o campo da Educación Social ten moito que aportar xa que xoga un papel esencial na construción de sociedades máis xustas e igualitarias. A Educación Social precisa desenrolar e dar unha maior visibilidade á súa investigación, precisa tamén contar con especialistas Doutores e Doutoras en Educación Social.

Outra das razóns para seguir neste camiño académico, sodes todos e todas vós. A actividade docente, en palabras de Fullan e Hargreaves, é definida como emocionante, profundamente ética e intelectualmente esixente para os que poñemos o corpo e a alma na aula. Coa docencia contribuímos na vosa formación como futuros/as axentes de transformación social ao servizo da liberación e da xustiza social. O contacto directo co alumnado é moi enriquecedor. Sempre, sodes capaces de sorprendernos, coas vosas aportacións, traballos e iniciativas. Iso é marabilloso!. Os nosos camiños cruzáronse no 2º curso do Grao, e a verdade, que cando nos volvemos encontrar en 4º, foi moi grato, comprobar a vosa evolución tanto a nivel persoal como a nivel académico. Se me permitides a ousadía, caracterizaría a vosa promoción como persoas comprometidas, colaboradoras, reivindicativas e creativas; cuns principios asentados en dereitos e valores como a democracia, a xustiza, a igualdade, a responsabilidade e a tolerancia. Dende logo, todas estas características fannos sentir a todo o profesorado moi orgullosos. Esta é a xente que precisa a nosa universidade!. Gracias polos momentos compartidos e por axudarme a mellorar como docente e como persoa.

En relación ao camiño a nivel profesional, quen mellor que o padriño Deibe Simo para falarvos do traballo da Educación Social a pé de campo, e darvos uns valiosos consellos.

Alumnado de Educación Social durante o seu acto de gradua-

ción en Ourense.

“A Educación Social precisa desenrolar e dar unha maior visibilidade á súa investigación, precisa tamén contar con especialistas Doutores e Doutoras en Educación Social.”

Page 7: Boletín do Ceesg nº104

7

Exercer como educadoras e educadores sociais supón dedicarse a un dos oficios de maior complexidade que coñezamos. Seguro que neste tempo, cada vez que decides que estudades educación social, escoitastes expresións tales como é fácil, é doado, que é iso?.... . Nada máis lonxe da verdade. A riqueza das realidades nas que actuamos require dun elevado manexo nas competencias persoais e profesionais. Só mediante unha capacitación técnica moi elevada poderedes construír estratexias eficaces para a intervención socioeducativa. Traballamos con persoas, todas diferentes entre elas. En contextos con factores e percepcións moi diversas e en constante cambio. En palabras de Ortega, hai tantas realidades como puntos de vista.

Agora ides observar como todo o patrimonio formativo que acumulastes durante estes anos vos será de gran utilidade. As persoas que antes pasamos polo mesmo proceso que estades a vivenciar agora, canto máis tempo vai transcorrendo, máis vamos valorando o adquirido na Facultade.

Estamos de acordo en que as esixencias neste ámbito son altas, que a elevada cualificación é imprescindible. De forma que a profesionalización non é unha esixencia corporativa do noso colectivo, é a única resposta posible ás necesidades que nos vamos ir atopando. Polo dito, temos que deixar claro que non aceptamos nin o voluntariado como mecanismo substitutivo da acción profesional, nin o intrusismo laboral. Acaso unha voluntaria pode facer o traballo dunha educadora social?, acaso o voluntariado pode dar resposta ás necesidades das persoas ás que acompañamos?. Non pode!. O voluntariado é positivo para outras cousas, pero non para a acción socioeducativa. Que diriades se ides ao SERGAS e en lugar dunha médica vos atente unha voluntaria? Como é posible que sigamos tolerando que as persoas que precisan de acompañamento socioeducativo, na meirande parte dos casos en situacións dificultade social, sexan atendidas por voluntari@s. Temos que valorar o noso traballo. E para iso debemos de facernos cada vez máis visibles.

Nunha sociedade cos indicadores de desigualdade social que estamos a coñecer é precisa a educación social para facilitar os procesos de empoderamento daquelas persoas ás que acompañamos.

“Exercer como educadoras e

educadores sociais supón dedicarse a

un dos oficios de maior

complexidade que coñezamos.”

Page 8: Boletín do Ceesg nº104

8

En outubro xuntaremos nun congreso en Ourense para falar de Educación Social e Escola. Digámolo ben alto, o sistema educativo só poderá responder ás necesidades do alumnado vulnerable cando as educadoras sociais estean nas escolas. Non hai escusas e a administración non pode permanecer allea ás evidencias.

Se queredes ser populares sumádevos á desgraciada moda do asistencialismo, ó nefasto cambio dos dereitos pola caridade. Si queredes ser profesionais recordade que, en palabras de Barreiro, nas colas dos comedores sociais ou dos bancos de alimentos as únicas persoas felices son as voluntarias que fan o reparto. Iso non é acción social, iso é beneficencia con lamentables consecuencias para as persoas.

Vós sodes Educadoras e Educadores Sociais, levade con orgullo, ética e bo facer un oficio pensado para contribuír a unha sociedade máis xusta.

Xa non queremos alongarnos máis. Gozade de toda esta nova etapa profesional e/ou académica que empeza, coas súas satisfaccións e cos seus obstáculos, xa que todo este camiño servirá para enriquecervos como persoas e fantásticas e fantásticos profesionais.

Yolanda e eu, estamos seguros que volveremos coincidir nesta nova etapa da vosa vida. Sorte e moita forza para afrontar todos os retos que vos esperan. E SOBRE TODO MOITA EDUCACIÓN SOCIAL. Moitas grazas.

“o sistema

educativo só

poderá responder

ás necesidades do

alumnado

vulnerable cando

as educadoras

sociais estean nas

escolas”

Page 9: Boletín do Ceesg nº104

9

CGCEES

Petición de retirada do programa ‘Proyecto

Bullying’

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais, en representación de todos os Colexios e Asociacións Profesionais de Educadoras e Educadores Sociais do Estado, emite o presente comunicado con relación ao novo espazo televisivo denominado “Proyecto Bullying”, o cal consiste no seguimento e abordaxe de casos de acoso escolar, tomando imaxes de situacións reais con cámara oculta para a súa resolución. Este formato foi presentado á prensa o 6 de xuño de 2016 con previsión de emitilo a finais do mes de xuño de 2016 na canle Cuatro. Segundo os responsables do programa o seu obxectivo é axudar a quen estea atravesando unha situación de acoso escolar, fomentar o espírito de equipo e de compañeirismo nos centros escolares e sensibilizar á opinión pública.

Socialmente percíbese unha crise do ser como individuo que se reflicte en todas as dimensións que rodean á persoa. O sistema educativo debe evolucionar cara a unha novo paradigma no que outros contidos estean presentes e a disposición da comunidade educativa, entre eles a educación emocional, alicerce esencial para o crecemento e a maduración integral como individuo en todas as contornas nas que participa.

Cando se mostran escenas televisadas da contorna escolar, nas que ven relacións frustrantes e mal xestionadas entre menores, propíciase a normalización de roles propios duns malos tratos e por tanto de relacións pouco saudables e irrespetuosas.

Non se debe permitir que programas desta índole transmitan realidades que requiren unha abordaxe profesional e un trato confidencial, que non mostran o resultado dunha investigación ou estudo da situación senón unhas reproducións televisivas que repercuten negativamente sobre as contornas educativas, os/as menores afectados/as, e os/as propios/as acosadores/as, todos/as eles/as vítimas dun problema social. Doutra banda a identidade dos/as menores implicados/as pode non quedar do todo preservada, a pesar do uso do pixelado e distorsión da voz, como se anuncia. Facer un espectáculo

Page 10: Boletín do Ceesg nº104

10

desta problemática é unha frivolidade que demostra pouca sensibilidade e escaso coñecemento do tema.

O formato da “telerealidade”, en xeral, baséase no morbo e regodéase no drama e na violencia, en lugar de poñer interese nas solucións e a prevención. Como exemplo comparable a “Proxecto Bullying”, polos seus obxectivos, está o caso do programa “Hermano Mayor”, que realiza supostas intervencións socioeducativas e psicolóxicas que están moi lonxe do traballo que se debe realizar neses casos e dan a imaxe de ofrecer solucións rápidas e fáciles, a modo de fórmulas máxicas, que non son reais, nin perdurables no tempo.

O CGCEES condena enerxicamente as propostas nas que a intervención se converte nun espectáculo para o entretemento, perdendo de vista o gran labor dos/as profesionais do ámbito socioeducativo que levan anos traballando incansablemente para mellorar e canalizar esta problemática, baixo unha base científica e un método rigoroso.

É necesaria unha intensa sensibilización social, tomar conciencia do problema, establecer protocolos de actuación profesional (ou ver onde fallan os que xa existen) e atallar as situacións de acoso escolar a través de intervencións sociais, educativas e psicolóxicas con rigor, ética e profesionalidade, para iso a única solución non é cargar con novas funcións aos docentes senón a incorporación ao sistema educativo de profesionais especializados tanto nos centros educativos como nos dispositivos de apoio a estes para que se poida efectuar un traballo que alcance a toda a comunidade educativa tanto desde a perspectiva preventiva como desde a detección e tratamento, como ocorre en varias comunidades autónomas coa incorporación de educadores/as sociais nos centros educativos.

Por todo iso o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais apoia á Fiscalia de Menores de Madrid, e a todas as Fiscalías de Menores da Comunidades Autónomas que así o consideren, na súa decisión de opoñerse á emisión do Programa “Proyecto Bullying” da canle Cuatro.

Page 11: Boletín do Ceesg nº104

11

ACTUALIDADE

José Manuel Vaamonde Romero “Chemi”

Educador Social (1958-2016)

Hoxe quero patrocinar un partido de soños... talleres

onde reparar ás de colibrí...admítense....., coa música

de Silvio Rodríguez sempre me virá á cabeza.

Así era Chemi, educador dos que facían talleres para

reparar ás de colibrís.

Ese era Chemi, educador social dos que construíron a

profesión e despois se habilitaron para seguir facéndoa.

O 2 de xuño captaron unha supernova a millóns de anos

luz.... estamos convencidas de que é el.

Chemi era un deses educadores que estaba á beira da

xente, dos que facía vida coa xente,dos que loitan por

unha vida digna das persoas e cren nelas...

Unha noite quedamos un grupiño despois do curro e

Chemi chegou co Mosca, un tipo ao que poucos

sentaban na súa mesa; esa noite foi un máis. Estou

convencida que desde ese día ese tipo mirou con outros

ollos a vida.

Gardaba regaliños para momentos de desánimo da

peña que se lle achegaba... e facíalles rir, sempre lles

facía rir.

Page 12: Boletín do Ceesg nº104

12

Apadriñaba rapaces que necesitaban dos seus momentos, dos seus saberes,

dos seus chistes malos e dos seus bos falares.

“Foi ou único que me sacaba sempre a bailar”

“Non parecía que estivese traballando”

“Viu en min o que ninguén soubo ver”

Educador dos que fan profesión á beira das persoas, educador dos que ven

persoas e non expedientes, persoa de referencia de tantos e tantas colibrís

que pasan pola vida sen que ninguén lles bote contas.

Necesitamos os teus chistes, necesitamos o teu sorriso, necesitamos o teu

"cieliño imos ver as estrelas"

Arteixo e eses pequenos lugares do mundo por onde deixaches pegada botan

de menos os teus chistes chungos e as túas camisas de cadros.

Manteremos os teus faceres como ensinos tatuados querido colega.

Grazas Chemi e alí onde esteas segue brillando porque aquí hai un lote de

peña que seguirá o teu ronsel.

Sonia González

Educadora Social

Page 13: Boletín do Ceesg nº104

13

CAMIÑO A ÍTACA...

Relato dunha experiencia teatral en saúde mental

Porque traballar só é moi aburrido, eu traballo con Marien, con Ana,

con Elena, con María e con Ángeles.

O relato desta experiencia non pretende ser un relato técnico nin unha avaliación en sentido estrito, aínda que conteña datos técnicos será un retrato emocional posto que ese é o material co que traballamos no noso oficio: as emocións...

Aínda que o meu nome figure aquí como quen relata esta experiencia, o que paso a describir é produto dunha colectividade, unha colectividade de profesionais e participantes do Centro de Día para Persoas Con Enfermidade Mental do Concello de Totana-Murcia (CDEM).

Traballar nun CDEM vén ser algo así como organizar o caos, unha sorte de caos necesario e humano que diariamente nos esgota e parécese tanto a nós que poderiamos dicir que é substancial ao noso traballo. Da colectividade que formamos participantes e profesionais do CDEM xorde con traballo, planificación e implicación xorde o mellor e máis creativo que levamos dentro... non sen esforzo ou tropezos, medos e derrotas... pero o importante é levantarse de cada caída e volver tentalo.

Que criamos que achegaría o teatro aos participantes e ao seu proceso?

Como apuntaba Andrés Sampayo Agudo (Mestre de Pedagoxía Terapéutica) no seu artigo “O teatro con fin terapéutico” para a web

www.saludmental.info, o teatro non constitúe algo exclusivo e indispensable para servir de ‘cura’ milagrosa, pero si un excelente

Pedro Seoane Ladra

Educador social.

Centro de Día para Persoas

con Enfermidade Mental do

Concello de Totana-Murcia.

Colexiado nº 3634.

Page 14: Boletín do Ceesg nº104

14

apoio para polo menos paliar ou diminuír certas carencias, déficits ou dificultades que á persoa cunha determinada enfermidade adóitanlle afectar. O teatro neste caso axúdanos á reforzar o traballo

doutros obradoiros e intervencións:

As Habilidades Sociais (improvisacións, teatrillos, xogos cooperativos)

A Comunicación e interacción (O “Role Playing”)

A Expresión Corporal (Diálogos, Mímica, Xogo xestual)

A Estimulación cognitiva (Memoria, Percepción, Atención, Linguaxe, Funcións executivas)

A parte de reforzar o traballo noutras áreas co Teatro conseguimos manifestar sentimentos, emocións, divertirnos e inconscientemente traballamos unha serie de aspectos fundamentais para todo desenvolvemento humano:

A comunicación

A cooperación

A capacidade de esforzo

A integración

A responsabilidade

A autoestima

Como sucedeu todo?

Cronoloxicamente o inicio desta experiencia sitúase en 2013, no primeiro ano de vida do CDEM, este dispositivo é herdeiro do Servizo de Apoio Psicosocial Municipal que durante moitos anos atendeu á poboación con Enfermidade Mental no municipio de Totana.

En 2013 o equipo de profesionais decidimos en base ás consideracións que expuxen anteriormente que era necesario programar unha actividade como esta dentro do horario do centro. Neses primeiros días a actividade toma o nome de “OBRADOIRO DE EXPRESIÓN CORPORAL” como algo máis inespecífico e xeral. Dese arranque inicial nace a chirigota de entroido “O

Page 15: Boletín do Ceesg nº104

15

tractor Amarelo” xa que detectaramos que a falta dun proxecto finalista desmotivaba aos participantes do obradoiro e facíalles perder interese na actividade. Esta chirigota vai destinada a un público restrinxido: familiares e amig@s. Esta experiencia, por casualidade e por mandato democrático d@s participantes termina representándose ante un público maior composto por autoridades municipais, persoas alleas ao centro e medios de comunicación... dunha maneira fortuíta o caos xurdira e levábanos a enfrontarnos e a romper co primeiro tabú... o medo ao ridículo... e dera un resultado positivo, afrontáramos o caos con planificación.

Tan só uns días despois nunha asemblea improvisada no patio pequeno unha tarde de venres, os propios participantes propoñen aos profesionais que o fin desa actividade debe evolucionar cara ao teatro e que desexan montar unha obra para o mes de xullo. O equipo recolle o luva pero expón diferentes compromisos aos que desexen participar: implicación, traballo e responsabilidade, compromisos sempre necesarios e máis cando o tempo aprema como era o caso.

Nas tres semanas seguintes empezan os ensaios e as primeiras dificultades: empezan a frustrarse a implicación e a responsabilidade ao que se une a dificultade dos primeiros guións e a falta de adestramento no estudo de textos tan densos. Para liquidar este último problema divídese a obra en oito escenas e trabállase a través da explicación minuciosa de cada escena, procédese á repetición das mesmas de maneira mecánica e sobre estas vimbias ir deixando paso á creatividade da improvisación... así xorde ‘ROMEO e XULIETA’. A outra parte do problema resólvese dunha maneira moi humana referíndome con este termo á maneira tan mundana na que se soluciona, ante a pasividade que exhiben os participantes o equipo entendemos que estamos a asumir nós mism@s demasiada responsabilidade evitando que ell@s por tanto asuman como seu o proceso e as consecuencias desa pasividade, polo que se lles comunica que se suspende a actividade se non existe un compromiso pleno do grupo, ante esa formulación deciden tomar as súas responsabilidades e terminar o proceso. Nestes momentos profesionais e participantes aprendemos que para construír ese barco necesitabamos as mans de tod@s. A obra estreouse con rotundo éxito, pero isto xa nos importa menos pois o importante é o camiño e no camiño caeron tabús, medos e construíuse unha conciencia máis forte de grupo e de implicación co centro.

“@s propi@s participantes

propoñen aos e ás profesionais que o fin desa actividade

debe evolucionar cara ao teatro ”

Page 16: Boletín do Ceesg nº104

16

Por setembro de 2014 co novo curso empezado a actividade pasou a denominarse “Expresión Corporal e Teatro”, aínda que non moito despois xa pasou a chamarse “Obradoiro de Teatro”, como era inevitable.

Subimos o listón: no Obradoiro de Teatro ninguén quere acomodarse e decidimos atrevernos con textos de maior dificultade, tramas complexas e máis personaxes, xa non só queremos divertirnos e aprender, queremos crear un produto artístico... a nosa elección esta vez é ‘A Odisea’ de Homero que inspirou xunto coa Viaxe a Ítaca de Kavafis nosa ‘Lúa de Ítaca’, unha versión adaptada das obras orixinais onde Ulises renuncia a reinar en favor de Penélope unha vez regresa a Ítaca xa que entende que non é lóxico que non poida reinar unha muller e estea a expensas do seu dubidoso regreso.

Neste caso tivemos máis esixencia, pero tamén tivemos unha axuda extraordinaria. No nadal deste ano un grupo de estudantes de bacharelato internacional do IES Juan da Cerva achéganse ao centro para coñecernos e entendemos que sería bo que compartisen algo máis de tempo connosco e coñecesen o día a día dunha persoa con Enfermidade Mental. Empezamos a traballar xunt@s , a convivir e a crear un proxecto común: poñer en marcha unha obra de teatro complexa... non existe mellor programa de sensibilización nin mellor maneira de establecer unha amizade.

A finais de xullo de 2015 estreamos no CSC La Cárcel, emblema cultural do municipio cunha representación aberta á cidadanía e con gran éxito, non só de público, senón de crecemento persoal e humano tanto para profesionais, como para participantes do centro e estudantes. Este gran momento axúdanos a proxectar a imaxe do enfermo mental dunha maneira positiva, descubrindo á persoa que adoita esconder o estigma, grazas a esta apertura á sociedade as actuacións multiplícanse por dúas, repetimos no propio instituto

e nun colexio de primaria e infantil. Entremedias deste traballo atrevémonos tamén cun Belén Vivente aberto ao público e un concurso de talentos (Sardina´s Got Talent) en petit comité, quen dixo medo?... no momento de escribir esta nota están a bulir nas nosas cabezas novas ideas para 2016: crear monicreques, realizar performances,

O grupo durante un dos seus ensaios

“decidimos atrevernos con

textos de maior dificultade, tramas

complexas e máis personaxes; xa non

só queremos divertirnos e

aprender, queremos crear un

produto artístico...”

Page 17: Boletín do Ceesg nº104

17

experimentar con audiovisuais...

Esta relato de como organizar o caos termina aquí cunhas breves conclusións e retos e con ganas de que vos acheguedes ao teatro como ferramenta... educativa, terapéutica e transformadora.

Conclusións

Nesta viaxe aprendemos moitas cousas e construímos outras tantas pero fundamentalmente:

Construímos unha comunidade humana ao redor dun obxectivo.

Apostamos pola toma de decisións democrática e participativa.

Abrimos o centro de día á sociedade.

Realizamos unha proposta innovadora e arriscada.

Pero quedan moitos RETOS:

Manter o obxectivo rehabilitador da actividade por encima da finalidade artística.

Innovar para evitar a desmotivación.

Dar maior autonomía sobre o proceso ás/aos participantes.

Avaliar a longo prazo a actividade na vertente educativa e na terapéutica.

“Este gran momento

axúdanos a proxectar a imaxe

do enfermo mental dunha maneira

positiva, descubrindo á

persoa que adoita esconder o

estigma”

Page 18: Boletín do Ceesg nº104

18

4ª Edición do Concurso de proxectos

de Educación Social Memorial Toni Juliá

Con motivo da celebración do Día Internacional da Educación Social (2 de

outubro de 2016) o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e

Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais

Autonómicos e a Asociación Profesional existente, convoca a 4ª EDICIÓN DO

CONCURSO ESTATAL DE PROXECTOS DE EDUCACIÓN SOCIAL “Memorial Toni

Julià” en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión.

Dita convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados

por educadoras e educadores sociais e estudantes de educación social,

premiándose os que se consideren máis interesantes e innovadores e

facilitando a súa futura difusión.

O prazo para presentar proxectos finaliza o 30 de marzo de 2017.

Queres saber máis sobre quen foi Toni Juliá? a revista RES

dedicou un número monográfico á súa traxectoria.

Antoni Julià i Bosch

Page 19: Boletín do Ceesg nº104

19

Las profesiones, con las personas refugiadas

Responsabilidad profesional por el Día Mundial de las Personas Refugiadas

En el Día Mundial de las Personas Refugiadas, la Agencia de las Naciones

Unidas dedicada a los asuntos de Asilo y Refuxio (ACNUR)ha lanzado la cam-

paña #ConLosRefugiados, acompañada de una petición a los gobiernos que

será entregada en la sede de la ONU en Nueva York con ocasión de la sesión

de la Asamblea General del 19 de septiembre.

La petición pide a los gobiernos que:

Garanticen que todos los niños refugiados tengan acceso a la educación.

Garanticen que todas las familias refugiadas tengan un lugar seguro donde

vivir.

Garanticen que todos los refugiados puedan trabajar o formarse para adquirir

nuevas competencias y así poder contribuir positivamente a sus comunidades.

La fecha del Día Mundial del Refugiado fue acordada por la Asamblea General

de las Naciones Unidas en el año 2000 y coincide con la efeméride de la apro-

bación de la Convención de Ginebra de 1951 sobre el Estatuto de los Refugia-

dos, la norma marco global del derecho de asilo. Fue consensuada como una

expresión de solidaridad con África, continente que alberga a la mayoría de

los refugiados del mundo.

En España, como en muchos otros

lugares, este día se convierte en

una jornada de reivindicación, so-

bre todo, a la luz de la realidad

que reflejan datos como los ofre-

cidos por ACNUR en su estudio

Tendencias Globales, que cifra ya Fotografía de Gabriel Tizón de la exposición Sin Filtros.

Page 20: Boletín do Ceesg nº104

20

en más de 60 millones los desplazados que hay en todo el mundo, e informes

como el realizado por la Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR), en

el cual se alerta de que, a pesar del fuerte incremento del número de perso-

nas que buscaron el año pasado refugio en Europa, tanto la Unión Europea

como España adoptaron medidas que han puesto en grave peligro un derecho

humano como el asilo.

Las peticiones al próximo Gobierno con motivo de esta efeméride por parte de CEAR –retirada del apoyo de España al acuerdo entre la UE y Turquía; la acogida de forma inmediata de las personas refugiadas que se encuentran en Grecia e Italia en cumplimiento de los acuerdos de reubicación adoptados por el Consejo Europeo, la puesta en marcha de vías legales y seguras de acceso al procedimiento de asilo; la eliminación de los obstáculos para el acceso al de-recho de asilo; y la trasposición inmediata de las directivas europeas en esta materia, con su Reglamento que desarrolle normativamente la Ley de Asilo pendiente desde hace siete años— coinciden con las de otros muchos partici-pantes de la sociedad civil –Comisiones Obreras, UGT y Cumbre Social, entre otras– que, con el lema ‘Refugio por Derecho’, han impulsado reivindicar la legitimidad de quienes huyen a encontrar un Estado que les proteja y la obli-gación de los gobiernos a responder.

En este sentido, la Abogacía Española ha exigido la creación y regulación de “visados humanitarios” para quienes pidan protección internacional. Esta pe-tición está recogida en las conclusiones conclusiones del XXVI Encuentro de Estranjería y Asilo recientemente celebrado clausurado en Burgos. Asimismo, el Consejo General del Trabajo Social ha publicado recientemente una

campaña con el objetivo de concien-ciar a la población de que todas las personas somos responsables de la situación por las que están pasando las personas refugiadas.

Hoy se reclamarán en el Congreso de los Diputados la adopción de on-ce medidas urgentes para que adop-te el futuro Gobierno en materia de asilo y refugio.

Fotografía de Gabriel Tizón da exposición

Refuxiados sen camiño.

Page 21: Boletín do Ceesg nº104

21

Compromiso internacional de las profesiones liberales

«La Unión Mundial de las Profesiones Liberales está muy preocupada, como el

conjunto de la comunidad internacional, por la crisis mundial de refugiados

que ha dado lugar a que un gran número de personas hayan tenido que dejar

sus hogares en busca de seguridad, encontrando en su camino grandes pro-

blemas relacionados con su integración, no solamente en otros entornos, sino

también en el mercado laboral». Estas fueron las palabras de Eric Thiry, presi-

dente de la Unión Mundial de las Profesiones Liberales, el pasado 7 de junio

en la 105ª sesión anual de la Conferencia Internacional del Trabajo.

Desde Unión Profesional, por medio medio del grupo de trabajo dedicado a Asuntos Humanitarios, se ha insistido en que tan importante es la cuestión del asilo como el análisis de las causas de este fenómeno; y los profesionales tienen un deber capital en esta cuestión. En palabras de Thiry, con motivo de las reflexiones sobre el futuro del trabajo, «teniendo en cuenta los rápidos cambios que enfrenta el mundo laboral, o particularmente sobre la cuestión específica relativa a la ayuda a resolver –y prevenir– la crisis de los refugiados, millones de profesionales liberales en todo el mundo, sea a título individual, sea reagrupados en organizaciones locales o regionales, representados a nivel internacional pueden proporcionar una valiosa asistencia que contribuirá al desarrollo de los individuos y al desarrollo de la salud pública, así como de los planos sociales, técnicos, científicos y jurídicos de nuestras sociedades».

Page 22: Boletín do Ceesg nº104

22

Olladas dende a Educación Social

Llega una nueva edición, y ya vamos por la tercera, del Concurso de fotografía

“Olladas dende a Educación Social”, con una importante novedad, pues se

amplía la posibilidad de participación a todas las personas colegiadas del

Ceesg, sumándose así al estudiantado, profesorado y PAS de las universidades

gallegas.

Este concurso de fotografía surgió en el 2014 como iniciativa del PIC (Punto de

Información Colegial) de la Universidad de A Coruña, un grupo de dinamiza-

ción formado por alumnado voluntario del Grado en Educación Social cuya

finalidad es crear un vínculo entre el Colegio de Educadoras y Educadores So-

cias de Galicia (Ceesg) y el estudiantado. A la segunda edición del concurso se

sumaron también los PIC de la Universidad de Santiago y de la Universidad de

Vigo (Campus de Ourense). En esta tercera edición, el Ceesg toma el relevo de

una iniciativa que une fotografía y educación social, con la finalidad de inmor-

talizar en imágenes nuestra mirada socioeducativa de la vida cotidiana y del

entorno que nos rodea.

Las bases prevén la posibilidad de participar enviando hasta tres fotos

(originales, inéditas, realizadas por ti). Cada una de ellas debe ir acompañada

de un pie de foto, que debe incluir el título de la fotografía y una pequeña re-

flexión sobre la imagen. Puedes enviarlas hasta el 5 de agosto.

Las persona que resulte ganadora del concurso podrá participar de manera

gratuita en otro proyecto fotográfico del colegio: os soños do Ceesg.

Page 23: Boletín do Ceesg nº104

23

Reflexión sobre a proposta de instalar

cámaras de vixilancia nos colexios,

dirixida á Consellería de Educación

Desde o colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia queremos

achegar a nosa reflexión sobre o debate mediático en relación coa

conveniencia ou non de poñer cámaras de vixilancia en espazos comúns dos

centros educativos e ofrecer a nosa colaboración como profesionais expertas

das ciencias sociais e educativas, da importante carreira de educación social,

que se imparte nos tres campus das universidades galegas.

Ante as condutas antisociais e delitivas no contorno do ensino e espazos da

adolescencia e da mocidade, consideramos un erro o feito propoñer

proxectos de control como son as cámaras de vixilancia e, consecuentemente,

sancións administrativas e/ou aplicación do código penal, converténdose esta

metodoloxía en diagnose tardía, intervención rápida, sancionadora, sen

darnos conta de que estamos deixando fóra as intervencións preventivas, as

accións socioeducativas, que son máis eficaces e correctoras a medio e longo

prazo, e que muda a conciencia de responsabilidade individual e colectiva dos

valores que desexamos promover, como son a convivencia, a igualdade, a

solidariedade, a paz, a interculturalidade, a resolución de conflitos a través do

diálogo e todo o rexeitamento ó machismo, ó racismo, á homofobia ou a

calquera acción violenta, sexa do tipo que sexa.

A observación, a diagnose, a acción e a avaliación continuada dos programas

socioeducativos necesitan duns orzamentos suficientes que permitan a

Page 24: Boletín do Ceesg nº104

24

promoción de equipos multidisciplinarios psicopedagóxicos que non poden

deixar fóra ás educadoras sociais, como acontece demasiadas veces, pois

trátase dunha profesión universitaria con aspiración e vocación de ser

transformadora. Noutras comunidades, é unha figura incorporada de xeito

normalizado no sistema educativo, como resposta ás necesidades educativas

e sociais do alumnado e para a atención á convivencia escolar. polo que nos

animamos Por isto, animámonos a reiterar a nosa disposición a colaborar ou,

no seu caso, a asesorar en todo aquilo que sexamos convidadas, e

aproveitamos esta reflexión para ofrecernos a unha colaboración estreita que

beneficiaría a medio e longo prazo os desexos nosos e seus de mellorar a

educación preventiva, a educación social, e a convivencia nos entornos

escolares.

Page 25: Boletín do Ceesg nº104

25

Traballando por unha Lei de Educación Social.

Ante a situación legal de bloqueo institucional na aprobación dos Estatutos do

CGCEES e o encasillamiento por parte do Goberno da condición voluntaria pa-

ra a colexiación dos/as educadores/as sociais, e tras os acordos tomados na

Asemblea Xeral celebrada en Sevilla, o despacho Asensu Contrario (asesores

do CGCEES), realiza no marco das aulas xurídicas anuais como exercicio prácti-

co e método colaborativo virtual:

1. O bosquexo dos parámetros substantivos que debe conter unha LEI DE

EDUCACIÓN SOCIAL.

2. O bosquexo da SOLICITUDE AO GOBERNO DA APROBACIÓN DA CITADA

LEI mediante a vía do dereito de petición do artigo 29 da Constitución.

Con esta experiencia colaborativa preténdese iniciar os traballos básicos para

recompilar documentación e argumentos que permitan redactar un relatorio

sobre o que o Consello e os Colexios, dentro das súas competencias, poidan

basearse. Trátase de aprender nas aulas xurídicas e á súa vez traballar pola

profesión e o seu futuro.

O CGCEES puxo de prazo ou 15 de xullo para achegar dende cada colexio toda

argumentación científica e descritiva do que considerades que debe

conter unha Lei de Educación Social, cos seguintes parámetros:

1.- Que é a Educación Social. Principios cientifícos, técnicos e éticos que a describen.

2.- Que ámbitos inclúe.

3.- A quen se dirixe.

Page 26: Boletín do Ceesg nº104

26

4.- Para que.

5.- Quen é o/a Educador/a Social.

6.- Como se organiza o exercicio da profesión.

7.- Incompatibilidades.

8.- A Educación Social na función pública.

9.- Interrelación con outras ramas da educación.

10.- Educación Social vs Educación Formal.

11.- Competencias Autonómicas.

Esperamos as vosas achegas o antes posible en [email protected]

Page 27: Boletín do Ceesg nº104

27

FORMACIÓN

A AIEJI (Asociación Internacional de Educación Social) anunciou o pasado mes

de maio que o próximo Congreso Mundial de Educación Social terá lugar os

días 10, 11 e 12 de abril de 2017 en Brasil. A entidade anfitrioa do congreso é

a AEESSP (Associação dos Educadores e Educadoras Sociais Estado de São

Paulo) e o Congreso terá lugar na Universidade de Campinas, no estado Sao

Paulo.

Pronto teremos máis información sobre a organización do congreso. Mentres

tanto, podemos ver a “Carta de Campinas”, elaborada pola AEESSP e a AIEJI

no I Encontro Latino-Americano de Educadores/as Sociais, do que se cumpre

agora un ano:

CARTA DE CAMPINAS

AEESSP / AIEJI

A práctica da educación social intensificouse despois da II

Guerra Mundial. Desde entón, foise creando e (re)creando de

acordo ás características socioculturais e ao escenario

económico de cada país.

A Asociación dos Educadores e as Educadoras Sociais

do Estado de São Paulo (AEESSP), aliada desde 2011 coa

Asociación Internacional de Educador/as Sociais (AIEJI),

e a comisión organizadora deste I Encontro Latinoamericano

de Educadoras e Educadores Sociais queren recoller,

mediante esta carta, algunhas cuestións de crucial

importancia para a educación social e reafirmar o

compromiso coa loita para a construción permanente dun

ámbito plural de actuación dos educadores e educadores que

preserve a nosa identidade, a nosa diversidade e a nosa

autonomía.

Campinas será sede do próximo Congreso Mundial de

Educación Social

Page 28: Boletín do Ceesg nº104

28

Considerando que:

1. A educación social é un campo de discusións que se

foi estruturando e organizando de diferentes formas;

2. Nos últimos anos, a educación social foise

estruturando como profesión en varios países de

América Latina;

3. A práctica da educación social foi exercida por militantes da preservación, a garantía e a conquista de

dereitos;

4. As áreas nas cales un eventual curso de educación

social sería acollido fan parte da discusión sobre a identidade e sobre a construción da estruturación da

formación e a profesionalización do educador/a social;

5. Existen, para os educadores/as sociais, diversas

denominacións profesionais ou de actuación: desde monitores/as, ata coidadores/as, pasando por arte-educadores/as, axentes sociais de saúde, educación e

cultura, líderes comunitarios e militantes de

movementos sociais;

6. A denominación utilizada responde tanto a referencias históricas como a referencias profesionais, e delimita

dereitos, salarios, horarios e condicións laborais;

7. Temos en común o traballo con grupos comunitarios

nos cales as relacións sociais demandan unha intervención orientada á mellora da calidade de vida e

á garantía e/ou conquista de dereitos;

8. Recoñecemos saberes e valores académicos, así como

o coñecemento derivado da experiencia que cualifican

o noso labor profesional ou militante;

9. A nosa actuación é militante, voluntaria e profesional,

tanto por parte dos educadores/as sociais con formación técnica e superior, como por parte dos

educadores/as sociais con vivencias cotiás na

Page 29: Boletín do Ceesg nº104

29

construción dunha sociedade máis xusta, plural e

igualitaria;

10. O proceso de estruturación do Educador Social como

profesional é un proceso en que as disputas conceptuais mestúranse con cuestións relacionadas co mercado de traballo e de formación, cousa que ten

impactos significativos na elaboración de currículos e carreiras académicas, así como na definición de políticas sociais básicas no que este profesional poida

actuar.

Defendemos que:

1. Neste ‘marco’ necesario para a formulación da

formación académica e para a profesionalización dos educadores/as sociais, non podemos perder de vista a traxectoria histórica de militancia e o aprendido no

ámbito dos movementos sociais para a defensa, a

garantía e a conquista de dereitos;

2. A discusión e o deseño de cursos de educación social, así como de plans de estudos, deben partir do diálogo

cos movementos sociais e cos educadores/as sociais que, historicamente, exerceron a súa práctica en

distintos ámbitos;

3. É de fundamental importancia que os movementos

sociais participen no debate xunto co Estado e as Universidades, e que neste debate discútase a integración dos educadores/as sociais en carreiras xa

existentes (de educación, saúde, ciencias sociais, traballo social, psicoloxía) ou a creación dunha nova

proposta formativa específica para educadores/as;

4. Debe recoñecerse ás persoas que posúen e transmiten

prácticas tradicionais como educadores/as sociais, con formacións distintas, pero non menos importantes que as escolares, para o exercicio no noso ámbito de

actuación;

5. Deben incluírse criterios de acceso ao mercado laboral,

Page 30: Boletín do Ceesg nº104

30

a cargos, a carreiras, e a salarios, que contemplen

estas diferentes formas de cualificación profesional

non académica;

6. A creación dunha profesión non debe impedir que os educadores/as sociais, voluntarios/as, militantes,

axentes sociais, exerzan libremente as súas prácticas xunto ás comunidades e aos movementos sociais, é dicir, sen necesidade de estar vinculados ao mercado

laboral;

Finalmente,

Declaramos que:

A nosa forza vén da diversidade de saberes, de historias e de prácticas que constrúen a nosa identidade. O noso facer

pretende a construción autónoma, colectiva e organizada

dunha sociedade máis xusta, igualitaria e plural.

Aprobada por aclamación na plenaria final do I Encontro Latinoamericano de Educadores e Educadoras Sociais, en

Campinas, São Paulo, Brasil, o día 26 de xuño de 2015.

Page 31: Boletín do Ceesg nº104

31

Estamos a organizar para setembro un curso de Lingua de signos Española,

que será impartido pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (integrada na Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Esta acción ten como obxe-ctivo que as persoas participantes reciban unha formación complementaria sobre a discapacidade auditiva e todo o que abarca (cultura xorda, lingua de signos, funcións da/o intérprete de lingua de signos,...) dentro do ámbito pro-fesional da Educación Social.

Moi pronto abrirase o prazo de inscrición a través da nosa web. De momento, adiantamos lugar e datas:

Datas: do 19 ao 23 de setembro, de 16:00 a 20:00 h. (20 h.)

Lugar: Santiago de Compostela. Sede do Ceesg.

Curso de Lingua de Signos Española

Page 32: Boletín do Ceesg nº104

32

I Congreso Internacional e

III Xornadas de Educación Social e Escola

http://edusoescola.wix.com/congreso

O pasado 15 de xuño remataba o prazo para a presentación dos resumes das comunicacións e pósteres para presentar neste congreso. Foron moitas as

propostas recibidas, e agora o Comité Científico ten a tarefa de seleccionar as que poderán presentarse neste foro, non o vai ter doado!

O número elevado de comunicacións vennos a demostrar que a temática do congreso esperta moito interese, e esperamos tamén que o número de inscri-cións tamén sexa unha mostra do interese e tamén do apoio á necesidade de

impulso á normalización da figura da Educación Social dentro do sistema esco-lar en Galicia.

Recuerda: 30 de septiembre y 1 de octubre de 2016. Ourense.

Page 33: Boletín do Ceesg nº104

33

Terceira idade e Intervención Asistida con Animais. En liña, formato webinar. 2 edicións, en xullo e setembro. Terapia Guau. www.terapiaguau.com

Desconto do 20% na cota de inscrición.

Información detallada de

todas estas accións

formativas en

www.ceesg.org

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Terapia Gestalt.

Santiago de Compostela. Comezo novembro 2016, duración

un ano (690 h.). PAÑÑA. Centro de Psicología Humanista. www.gestaltgalicia.com

Desconto do 20% na cota de inscrición.

Menores e Intervención Asistida con Cans. En liña, formato webinar. 2 edicións, en xullo. Terapia Guau. www.terapiaguau.com

Desconto do 20% na cota de inscrición.

Page 34: Boletín do Ceesg nº104

34

EMPREGO

Técnica/o de actividades de xuventude. Bande. Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Monitor/a - Animador/a sociocultural. Santiago.

Educador/a social. Vigo.

Monitor/a de tempo libre. Rairiz de Veiga.

Educador/a Monitor/a. Narón.

Animador/a sociocultural. Ponteareas.

Educador/a social. Vigo.

Técnica/o comarcal. O Ribeiro.

Coordinador/a comarcal. Maceda.

Educador/a social. Terras de Celanova.

Profesor/a Asociado/a. Ourense.

Educador/a social. Sada.

Page 35: Boletín do Ceesg nº104

35

Educador/a social. Vigo.

Director/a de Campos de traballo.

Educador/a social. Santiago de Compostela.

Animador/a cultural. Monfero.

Page 36: Boletín do Ceesg nº104

36

GRUPOS DE

TRABALLO Xuntanza con Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión

O grupo aBeira reuniuse co Director Xeral de Inclusión Social. A cita foi

solicitada por parte do grupo por ter unha estreita relación con todas as áreas

de interese do grupo de traballo, centrado na Intervención Socioeducativa

con Familias.

Entre os asuntos abordados, un dos principais foi o relacionado co Informe

Socio Educativo (ISE): plantexouse un plan formativo para profesionais dos

servizos sociais, incluír os datos desta ferramenta no SIUSS, e solicitouse

financiamento para a súa publicación.

Por outra banda, aproveitamos o encontro para aclarar os termos do

anunciado reforzo de persoal educativo nos servizos sociais municipais,

recordando a nosa demanda de que os postos se denominen “Educador/a

social” e se limiten a profesionais con este perfil.

Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión Fotografía: Álvaro Ballesteros | www.lavozdegalicia.es

Page 37: Boletín do Ceesg nº104

37

A voltas co vocacional e o “descanso”

Ben, estes días no 7º Congreso de Educación Social puiden oír que a nosa profesión é de compromiso e de militancia. Que somos Educadores Sociais as 24 horas do día e que un dos nosos grandes problemas é o levarnos o traballo á casa.

Moitas outras profesións levan o traballo á casa; uns levando exames para corrixir ou traballos; outros levando tal ou cal proxecto para rematar; ou outros moitos o teléfono que os mantén atentos todo ese tempo... e así poderiamos seguir un bo cacho.

Pero o que nos diferencia (tamén non tanto) é cando levamos a situación de tal ou cal persoa; que estará a facer agora? estará consumindo? estarana maltratando? chegaría á súa casa? e tantas e tantas preguntas que podemos facer cada día. Iso quítanos de poder estar coas nosas familias, facer relacións coas nosas cuadrillas. Iso é parte do traballo, habemos de buscar momentos de conectar con outras partes da nosa vida. Conectar cos outros, os que non son destinatarios do noso traballo, temos que buscar eses momentos de osixenación, de coidarnos, querernos e iso axudaranos a querelos e coidalos.

Alberto Apellaniz

Educador social.

educacionsocialasturias.wordpress.com/

@EdusoAlberto

BloguES

Page 38: Boletín do Ceesg nº104

38

Somos educadores as 24 horas porque a nosa mirada é social, non é doutra forma, non pode nin (atrévome a dicir) debe selo. Os nosos ollos son críticos, cando compramos roupa, comida... cando vemos a tv, cando miramos internet, cando escoitamos a radio e mesmo a música que eliximos (cantas veces quedamos cunha letra para usala en tal ou cal momento; ou vimos unha película ou serie e unha imaxe serviríanos para tal ou cal actividade). Esa é a mirada social, o ser educador social as 24 horas; non é levarnos o curro a casa, xa que iso non é san.

E somos vocacionais. Pode ser que algún/ha estudase outra carreira (normalmente de humanidades, pero teño outros exemplos) e que co tempo dedicase o seu traballo ao servizo das persoas (iso é o que moitas persoas habilitadas fixeron; descubrir a súa vocación máis tarde que outras). A vocación ten connotacións relixiosas, e así o pon a RAE na primeira acepción. Pero tamén di que o é respecto das profesións (un médico é vocacional, un mestre tamén... e así poderiamos seguir cunhas cantas). Pero cando un é novo achégase a axudar a outros e iso pode espertar esa ‘chamada’ a estar, acompañar a outros (vou fuxir a palabra de axudar a outros porque a min tampouco me gusta).

En Asturias é triste ver que na UNIOVI sexan tan poucos os matriculados, e síntoo pero esa vocación téñena máis dos que están a estudar a titulación e moitos deles van estudar Traballo Social (pensando que son ‘iguais’) querendo facer Educación Social... e os que máis claro o teñen (non quero xeneralizar) o fagan pola UNED xa que é pública e a outra posibilidade é na privada; pero iso é outro tema.

En fin, é unha opinión. Que seguramente teña moitas lagoas e moitas persoas poidan rebaterme ou apoiar a idea cos seus comentarios (que sempre agradezo).

Artigo publicado no blog ‘Paranoias de una educadora y un educador social en Asturias’ en abril de 2016.

http://www.educacionsocialasturias.wordpress.com

Page 39: Boletín do Ceesg nº104

39

PARA LER E

REFLEXIONAR

Paradojas y Geometrías en los Procesos de Intervención Social (Aconcagua)

Ano: 2010 Editores: Juan Blanco López, Macarena Hernández Ramírez,

Mª Ángeles Ávila Castro, Felipe García Leiva

Este libro pretende unha reflexión crítica e colectiva do concepto

“Intervención Social” e de cal é a súa importancia na nosa sociedade e

cultura. O seu sentido último é o de motivar a reflexión colectiva entre

estudantes e profesionais sobre o concepto en si mesmo de

intervención, sen pretensión algunha de formalizar un “manual” de boas

prácticas pois -din as editoras- non teñen receitas máxicas, nin a verdade

absoluta, do mesmo xeito que non existen na intervención social; pero si

parten da necesidade de comezar pola reflexión crítica, sincera e

colectiva de que é e como practicamos iso da “Intervención Social”

Podes consultar esta publicación na

Page 40: Boletín do Ceesg nº104

40

ACTUACIÓNS

Participación e colaboración nas XII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

Un ano máis, colaboramos nas xornadas de Cabreiros, participando na

súa mesa inaugural e asistindo, entre outras actividades, á presentación

da Guía de asociacións veciñais, culturais e xuvenís. A Asociación de

veciños de Cabreiros logra un ano máis reunir a xentes de todas as

idades para compartir varias xornadas de contido diverso, construíndo

comunidade.

Reunión do xurado do III Concurso de traballos TFG.eduso

O xurado elixiu os traballos gañadores do III Concurso de traballos de

fin de grao de Educación Social TFG.eduso. O resultado darase a coñe-

cer coincidindo coa celebración do Día Mundial da Educación Social.

O noso máximo agradecemento ás persoas que aceptaron formar par-

te do xurado este ano: José María Faílde (Universidade de Vigo), María

Díaz de Robles (UNED A Coruña), Jesús Rodríguez (Universidade de

Santiago), Mariló Candedo (Universidade de A Coruña) e Andrea Ma-

roñas (Ceesg).

Page 41: Boletín do Ceesg nº104

41

E tamén...

Peche do Proxecto MentoringUSC, a través do cal unha alumna da Universidade recibiu asesoramento para o tránsito ao mundo laboral por parte dunha educadora social.

Participación na reunión do Foro de Inmigración, das entidades da zona de Santiago.

Celebración das Aulas xurídicas para educadoras/es sociais.

Reunión sobre a Renda Social Municipal, do Concello da Coruña.

Participación nos Actos de Promoción do Grao de Edu-cación Social da Universidade de Vigo (Campus de Ou-rense) e da Universidade de Santiago.

Acto de presentación de “Compostela, territorio de mulleres”

Designación de representante na Mesa Local de Coor-dinación Interinstitucional contra a Violencia de xénero do Concello de Santiago.

Reunións de traballo da Comisión de Regularización,

do grupo de traballo Fiadeiras, e da Xunta de Goberno do Ceesg.

Nota de prensa sobre o programa “Proyecto Bullying”, conxunta cos colexios oficiais de Psicoloxía e Traballo Social.

Reunión do grupo de traballo A Eira do Ceesg coa So-ciedade Galega de Educación Ambiental, para barallar posibles colaboracións.

Compromiso de participación no proxecto IMAGO, que trata de visibilizar a profesión e ás súas persoas para chegar á imaxe de insconsciente colectivo.

Reunción de aBeira e do Ceesg coa Dirección Xeral de Inclusión Social.

Reunión do Comité Organizador do II Encontro Lusogalaico de Educación Social (sección Galicia)

Participación na Palestra Transfeminismos, orga-nizada pola Plataforma Feminista Galega de Ou-rense.

Alegacións aos pregos da licitación de proxectos de educación ambiental

Tras a publicación dos respectivos anuncios de licitación dos servizos para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental desde as aulas da natu-reza e dende os parques naturais de Galicia, solicitamos que inclúan educa-ción social como un dos perfís aptos para o posto de director/a de equipo, e que as condicións económicas se axusten para poder cumprir o servizo de xeito adecuado.

Page 42: Boletín do Ceesg nº104

42

15 ANOS DE

HISTORIA Creación do CGCEES e a súa presentación en Lugo.

O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales foi

creado a través da Lei 41/2006 das Cortes do Estado, publicada no BOE de 27

de decembro do ano 2006.

A decisión de solicitar a creación do Consello foi de todos os colexios

profesionais de Educación Social existentes naquel momento nos diferentes

territorios do estado, daquela integrados en ASEDES (Asociación Estatal de

Educación Social). A existencia de varios colexios autonómicos, e a previsión

de creación doutros nas comunidades onde non existían, facía necesario

dotarnos dun órgano que tivese un recoñecemento oficial, e no que recaese a

representación da profesión a nivel estatal. No momento da constitución do

Consello existían 10 colexios profesionais.

Comezaba entón, en decembro de 2006 a andaina do CGCEES, que viría a

substituír a ASEDES. Todos os Colexios e Asociacións de Educadoras e

Educadores Sociais quixeron que o primeiro acto do Consejo fose en Galicia,

como recoñecemento á aposta que viña realizando o colexio galego pola

situación profesional estatal, e por liderar o traballo desenvolvido na

Comisión de ASEDES de Creación de Consejo Estatal. Así pois, o día 9 de

febreiro de 2007 constituíuse en Lugo a Comisión Xestora do Consello, e

aprobáronse os seus Estatutos Provisionais, que sentaban as bases do seu

funcionamento. O 23 de maio de 2007, publicáronse no BOE os estatutos pro-

visionais.

Naquel acto acompañáronnos, ademais das/os representantes e presidentas/

es dos 10 colexios existentes, representantes do Congreso das/os Deputadas/

os, do Senado, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e a Xunta

Page 43: Boletín do Ceesg nº104

43

Permanente do Ceesg.

Para o Ceesg foi unha ledicia, unha satisfacción e un gran orgullo que se elixise

Galicia para este acto histórico para a Educación Social.

Dende aquel acto, en Lugo, o Consello Xeral asume e pretende continuar a

traxectoria histórica das anteriores entidades de representación estatal e ten

como principal obxectivo traballar pola Educación Social como profesión

socialmente necesaria, dando cobertura ás entidades que o forman a través

da súa coordinación e representación conxunta. Pretende ser unha entidade

non soamente centrada en aspectos organizativos e na lexítima defensa

profesional, senón que debe ser un organismo útil para os Colexios que o

forman e exercer un papel proactivo ante as políticas sociais, que aposte por

mellorar a nosa profesión e pola defensa das persoas e colectivos cos que

traballamos. Desde esta óptica o Consello Xeral é unha organización que

promove a participación conxunta e o debate, unha organización que

promove o cambio social e baseada en valores cun forte compromiso social

plasmados nos seus principios ideolóxicos:

Page 44: Boletín do Ceesg nº104

44

Participación

Representación

Igualdade

Solidariedade

Cooperación

Cohesión

Corresponsabilidade

Independencia

Coordinación

Transparencia

Pluralidade

Integración

Dinamización

Sostibilidade

Denuncia e proposta

Autonomía

Ética

Responsabilidade

Page 45: Boletín do Ceesg nº104

45

#ósmeus15anos

Page 46: Boletín do Ceesg nº104

46

Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Principios deontolóxicos xerais Principio da acción socioeducativa.

«O/A educador/a social é un profesional da educación que ten como

función básica a creación dunha relación educativa que lle facilite á

persoa ser protagonista da súa propia vida.

Ademais, o/a educador/a social en todas as súas accións

socioeducativas, partirá do convencemento e responsabilidade de

que a súa tarefa profesional é a de acompañar a persoa, o grupo e a

comunidade para que melloren a súa calidade de vida, de maneira

que non lle corresponde o papel de protagonista na relación

socioeducativa, suplantando as persoas, os grupos ou as

comunidades afectadas.

Por isto, nas súas acción socioeducativas

procurará sempre unha aproximación directa cara

ás persoas coas que traballa e favorecer nelas

aqueles procesos educativos que lles permitan un

crecemento persoal positivo e unha integración

crítica na comunidade á que pertencen.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 47: Boletín do Ceesg nº104

47

AVISOS

Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publícalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Cobro de cotas colexiais No mes de xullo pasarase o cobro da cota colexial do segundo semes-tre 2016. O prazo para solicitar a aplicación de bonificación por salario inferior ao mínimo, desemprego ou situación análoga, é ata o 8 de xullo.

Horario de verán O horario de atención ao público da oficina do Ceesg dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro será de 8:00 a 15:00 h.

O horario do servizo de asesoramento xurídico presencial será de 12:00 a 14:00 h., manténdose os días: primeiros martes e terceiros mércores de e cada mes.

Do 15 ao 19 de agosto estará pechado por festividade local e vaca-cións do persoal.

Page 48: Boletín do Ceesg nº104

48

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg