ACTA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CEESG …ceesg.org/users/ceesg/obxetos/actaasamblea2010.pdf · Os...

22
Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 1 de 22 ACTA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CEESG Data Venres 26 de marzo de 2010 Lugar Sala de Usos Múltiples do Ceesg Convocatoria 16:30 en primeira convocatoria e 17:00 en segunda Hora de comezo 17:15 horas Fin da asemblea 20:00 horas Asisten 7 Membros da Xunta de Goberno 12 Colexiadas e colexiados (INCLUÍDO EN ANEXO ACTA) Orde do día 1. Aprobación da acta anterior. 2. Presentación das memorias técnicas e económicas de 2009. 3. Aprobación dos Plans de Traballo 2010. 4. Aprobación do Orzamento 2010. 5. Flexibilización de prazos en solicitudes de bonificación de cotas. 6. Influencia da Lei Ómnibus na Educación Social e no Ceesg. 7. Propostas e preguntas. Acordos adoptados 1. A acta da Asemblea Xeral 2009 deuse por aprobada por todas e todos as/os presentes, non téndose manifestado ninguén en contra (total de 19 votos a favor ). No ANEXO recóllese este documento. 2. A memoria de actuacións do 2009 e os Plans de Traballo 2010, coa previa aprobación das/os asistentes, explicáronse conxuntamente, realizándose unha votación posterior individualizada. Os documentos orixe das explicacións están dispoñibles no ANEXO (texto íntegro da memoria técnica 2009, texto íntegro dos Plans de Traballo 2010 e presentación de power point) . Os “Plans de Traballo do Ceesg para 2010” foron aprobados por unanimidade (total de 19 votos a favor ). As memorias técnicas e económicas do 2009 quedaron aprobados coa totalidade de votos a favor das persoas presentes na asemblea (total de 19 votos a favor ). No ANEXO recóllese a memoria económica do 2009. 3. Tras a explicación do Orzamento do Ceesg 2010, procedeuse á súa votación, que foi favorable coa totalidade dos votos das persoas asistentes (total de 19 votos a favor ). Pódese consultar o documento e a presentación realizada no ANEXO. 4. A flexibilización de prazos en solicitudes de bonificación de cotas tamén foi aprobada pola totalidade dos presentes. Deste xeito, a partir de agora, para solicitar bonificación de cotas semestrais de mantemento colexial, establecerase un prazo determinado que se indicará debidamente antes de cada cobro. Se a solicitude fose enviada fóra de prazo, a persoa colexiada deberá devolver o recibo do cobro non bonificado e enviar un escrito explicativo acompañado da documentación pertinente para a bonificación, axuntando ademais resgardo de ingreso da cota bonificada, máis a comisión bancaria que se lle xerase ao Ceesg pola devolución inicial (total de 19 votos a favor ). 5. O punto da orde do día “Influencia da Lei Omnibus na Educación social e no Ceesg” só foi informativo, polo que non requiriu votación. Explicáronse as consecuencias da aplicación desta lei, así como as accións levadas a cabo ata agora para adaptarnos a ela, desde o Consejo General de Colegios

Transcript of ACTA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CEESG …ceesg.org/users/ceesg/obxetos/actaasamblea2010.pdf · Os...

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 1 de 22

ACTA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CEESG

Data Venres 26 de marzo de 2010 Lugar Sala de Usos Múltiples do Ceesg Convocatoria 16:30 en primeira convocatoria e 17:00 en segunda Hora de comezo 17:15 horas Fin da asemblea 20:00 horas Asisten 7 Membros da Xunta de Goberno

12 Colexiadas e colexiados (INCLUÍDO EN ANEXO ACTA)

Orde do día

1. Aprobación da acta anterior. 2. Presentación das memorias técnicas e económicas de 2009. 3. Aprobación dos Plans de Traballo 2010. 4. Aprobación do Orzamento 2010. 5. Flexibilización de prazos en solicitudes de bonificación de cotas. 6. Influencia da Lei Ómnibus na Educación Social e no Ceesg. 7. Propostas e preguntas.

Acordos adoptados

1. A acta da Asemblea Xeral 2009 deuse por aprobada por todas e todos as/os presentes, non téndose manifestado ninguén en contra (total de 19 votos a favor). No ANEXO recóllese este documento.

2. A memoria de actuacións do 2009 e os Plans de Traballo 2010, coa previa aprobación das/os

asistentes, explicáronse conxuntamente, realizándose unha votación posterior individualizada. Os documentos orixe das explicacións están dispoñibles no ANEXO (texto íntegro da memoria técnica 2009, texto íntegro dos Plans de Traballo 2010 e presentación de power point) . Os “Plans de Traballo do Ceesg para 2010” foron aprobados por unanimidade (total de 19 votos a favor). As memorias técnicas e económicas do 2009 quedaron aprobados coa totalidade de votos a favor das persoas presentes na asemblea (total de 19 votos a favor). No ANEXO recóllese a memoria económica do 2009.

3. Tras a explicación do Orzamento do Ceesg 2010, procedeuse á súa votación, que foi favorable coa totalidade dos votos das persoas asistentes (total de 19 votos a favor). Pódese consultar o documento e a presentación realizada no ANEXO.

4. A flexibilización de prazos en solicitudes de bonificación de cotas tamén foi aprobada pola

totalidade dos presentes. Deste xeito, a partir de agora, para solicitar bonificación de cotas semestrais de mantemento colexial, establecerase un prazo determinado que se indicará debidamente antes de cada cobro. Se a solicitude fose enviada fóra de prazo, a persoa colexiada deberá devolver o recibo do cobro non bonificado e enviar un escrito explicativo acompañado da documentación pertinente para a bonificación, axuntando ademais resgardo de ingreso da cota bonificada, máis a comisión bancaria que se lle xerase ao Ceesg pola devolución inicial (total de 19 votos a favor).

5. O punto da orde do día “Influencia da Lei Omnibus na Educación social e no Ceesg” só foi

informativo, polo que non requiriu votación. Explicáronse as consecuencias da aplicación desta lei, así como as accións levadas a cabo ata agora para adaptarnos a ela, desde o Consejo General de Colegios

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 2 de 22

Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) e desde o Ceesg. Todas as persoas presentes na asemblea se interesaron moito por este asunto, amosando certa preocupación e aportando as súas propostas, que serán valoradas. Entre as accións levadas a cabo ata agora, atópase a cumprimentación dun cuestionario remitido dende o CGCEES, a instancias do Ministerio de Economía e Facenda, sobre reserva de actividade e colexiación obrigatoria.

Intervencións realizadas Todas as persoas asistentes se amosaron moi participativas durante o desenvolvemento da asemblea e en todos os puntos da orde do día. Recóllense a continuación as intervencións e propostas realizadas que serán valoradas pola Xunta de Goberno:

1. Debate sobre a situación das negociacións en relación ao Convenio Único da Xunta de Galicia: 1ª intervención: Colexiada Isabel Taboada Mougán

Fai a proposta de presentar unha denuncia no Valedor do Pobo xa que se están vulnerando os dereitos das persoas que son atendidas por persoas que non están cualificadas coa titulación axeitada.

2ª intervención: Colexiada Guadalupe del Pino Villamarín Taboada Presionar aos sindicatos dende dentro por parte das persoas colexiadas afiliadas, de forma que chegue a convertirse nunha prioridade ao incrementarse as demandas. Neste caso propúxose facer un modelo de carta e remitilo ás persoas colexiadas para que a fagan chegar aos seus sindicatos, en caso de estar afiliadas/os. Tamén propuxo facer unha recollida de sinaturas.

3ª intervención: Colexiada Mar Bóveda Idear novas estratexias para facer presión e mobilizarse, para visibilizar a demanda.

2. Consulta sobre o Posgrao de Educación Social e ámbito escolar:

Intervención: Colexiada Mar Bóveda Por que se chegou a definir este posgrao? De que forma vai participar o Ceesg e como vai afectar ás persoas colexiadas? Terase que dispoñer deste título para traballar no ámbito escolar?

Resposta: Vogal Alberto Fernández-Sanmaded Definiuse seguindo a experiencia da Comunidade Balear, vendo que podería ser unha vía para avanzar neste tema e poder desenvolver unha experiencia piloto de contratación de educadoras/es sociais nos centros de ensino. Asinouse un acordo entre a Universidade de Vigo, o Ceesg e a Administración. É unha acción formativa especializada á que só poderán acceder as/os educadoras/es sociais. Tamén houbo negociacións co Ministerio de Educación para introducir a figura da/o educadora e educador social nos centros de ensino, para que se incluíra no Pacto de Estado en Educación. Quedouse en facer público na web o documento enviado.

3. Consulta sobre o movemento en contra das habilitacións profesionais:

Intervención: Guadalupe del Pino Villamarín Taboada. Solicitude de posicionamento do Ceesg respecto dos criterios de habilitación.

Resposta: Vogal Alberto Fernández-Sanmaded Cada Autonomía ten dereito a facer a súa propia lei de creación do colexio profesional, definindo ou non criterios de habilitación. Ata agora todos os colexios estableceron criterios de habilitación. Fíxose un escrito asinado por todos os colexios sobre o posiciomanto do CGCEES. Quedouse en colgar na web o documento elaborado.

4. Propostas en relación coa Lei Ómnibus: 1ª intervención: Colexiada Isabel Taboada Mougán

Solicitou poñer a disposición de todas as persoas colexiadas na web do Ceesg o documento enviado dende o CGCEES. Considera necesario desenvolver actividades de mobilización das persoas colexiadas, para exercer un maior grao de presión. Propón facer unha mesa informativa sobre este tema, porque estamos moi desinformadas/os.

2ª intervención: Colexiada Mar Bóveda Opina que neste tema é necesario visibilizar cal é a situación na que nos atopamos coa nova normativa, e mobilizar ás pesoas colexiadas.

3ª intervención: Vogal Carlos Varela

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 3 de 22

Propón contratar unha empresa de marketing para “vender” o que somos, a imaxe que queremos trasladar e posicionarmos no mercado (non se lle ve viabilidade económica). Tamén e necesario facer roldas e notas de prensa (sobre todo en edicións locais).

4ª intervención: Vogal Laura Cruz Traslada outras propostas de acción como colaborar con outros colexios profesionais e solicitar o apoio dos decanatos de Ciencias da Educación.

Resposta: Vogal Alberto Fernández-Sanmamed

O problema principal para desenvolver as propostas presentadas é que xogamos cos prazos, xa que temos menos de tres meses. Considera importante enviar o cuestionario realizado polo CGCEES á Consellería de Presidencia, e solicitar entrevistas cos grupos parlamentarios.

5. Proposta de actuación para a Área de Acción Profesional: Intervención: Colexiada Isabel Taboada Mougán.

Definir as funcións da Educación Social en relación a outros perfís como Técnico/a de integración social. Contactar coa Asociación de integración social para desenvolver unha acción conxunta. Ofrecer asesoramento ás/aos educadoras/es sociais que traballen en equipos con técnicas/os de integración social.

6. Sobre a presencia de educadoras/es sociais na Formación Ocupacional: Intervención: Colexiada Guadalupe del Pino Villamarín Taboada

Denuncia a escasa presencia e comprométese a elaborar un borrador.

7. Consulta sobre as actuacións realizadas en relación as Plan Concertado, publicado recentemente: Intervención: Colexiada Eva López Soto

Informa de que na nova redacción non se contempla expresamente a figura de educadoras/es sociais, e que as contías de titulado medio son inferiores ás de e traballadoras/es sociais, sendo as dúas diplomaturas. A colexiada insta a que se promova algunha actuación dende o Ceesg, e comprométese a elaborar un escrito para dirixir á Consellería co posicionamento do Ceesg.

8. Consulta sobre o curso ponte do Título de Grao en Educación Social.

Intervención: Colexiada Mar Bóveda Solicitouse unha homologación directa das persoas que demostren x anos de experiencia como educadoras/es sociais. Pero dúas Universidades aínda non se posicionaron e a USC xa iniciou este ano o curso ponte.

Resposta: Vogal Alberto Fernández-Sanmamed A nivel de CGCEES, consultouse por escrito ao Ministerio sobre se as persoas diplomadas van ter as mesmas posibilidades que no título de grao, de acceso a máster, postos de traballo, categoría laboral... Contestaron que era cousa de cada Universidade.

9. Outras propostas: a. Colexiada Guadalupe del Pino Villamarín Taboada: desenvolver unha acción participativa coas

persoas colexiadas, propoñendo que fagan slogans sobre a Educación Social, para visibilizarnos.

b. Colexiado José Carlos Piñeiro González: Visibilizar a nosa profesión, en novos ámbitos, por exemplo na seguridade vial.

Asdo.: Laura Cruz López

Secretaria da Xunta de Goberno

VºBº.: Mª José Fernández Barreiro Presidenta Xunta de Goberno

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 4 de 22

ANEXO

� DOCUMENTACIÓN ENTREGADA E

PRESENTADA ÁS/AOS ASISTENTES NÁ

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CEESG

2010

� LISTADO DE ASISTENTES

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 5 de 22

COLEXIADOS ASISTENTES ASEMBLEA CEESG 2010 26 DE MARZO DE 2010

Nº Colexiado Nome Apelidos

1 0816 Pablo Álvarez García

2 3500 Mª del Mar Bóveda López

3 0846 Duarte Crestar Pena

4 3010 Laura Cruz López

5 0102 Alberto Fdez. de Sanmamed Santos

6 0111 Mª José Fernández Barreiro

7 3549 Raquel González Borrajo

8 0924 Eva Mª López Soto

9 3490 Antonio Luis Noceda Carballo

10 3286 Belén Piñeiro Álvarez

11 3394 José Carlos Piñeiro González

12 3512 Antonio Jesús Respino Souto (Delega en Duarte Crestar)

13 3389 Sofía Riveiro Olveira (Delegado en Laura Cruz)

14 3221 Montserrat Sánchez Barcia

15 0865 Paloma Mª Seijo Anca

16 3560 Mª Isabel Taboada Mougán

17 0103 Alfonso Tembrás López

18 3292 Carlos Manuel Varela Ulla

19 3395 Guadalupe Pino Villamarín Taboada

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 6 de 22

ACTA Nº 14 DE 24 DE ABRIL DE 2009 DE ASEMBLEA XERAL DO CEESG MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA

Comeza a Asemblea Xeral Ordinaria do CEESG 2009 ás 18:15 h. 18:15 h. Presentes na Mesa – Mª José Fernández Barreiro, Alfonso Tembrás López, Mª Jesús Gutiérrez Candame, Laura Cruz López e Alberto Fdez. de Sanmamed Santos (Presidenta, Vicepresidente, Tesoureira, Secretaria e Vogal, respectivamente). Toma a palabra a Presidenta Mª José Fernández Barreiro. Da a benvida ás persoas presentes e agradece a asistencia. Procede á lectura da orde do día: ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta anterior. Acta nº 7 da asemblea xeral do CEESG 2008 – Facultade de CC. Da Educación USC de 30 de maio de 2008.

2. Aprobación das memorias de actuacións das Áreas de traballo do CEESG e da memoria económica concernentes ao exercicio 2008.

3. Aprobación dos Plans de Traballo 2009. 4. Aprobación do Orzamento 2009. 5. Propostas e preguntas.

PUNTO 1: APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR. Non opoñéndose ningún dos presentes, dase por lida e aprobada. PUNTOS 2, 3 e 4: APROBACIÓN DAS MEMORIAS DE ACTUACIÓNS DAS ÁREAS DE TRABALLO DO CEESG e MEMORIA ECONÓMICA 2008; APROBACIÓN DOS PLANS DE TRABALLO 2009 e APROBACIÓN DO ORZAMENTO 2009. Toma a palabra a Presidenta. En primeiro lugar explícanse conxuntamente memorias de traballo e plan de traballo e, logo, memoria económica 2008 e orzamento 2009, dado que non se opón ningún dos presentes á unión de temas da orde do día, aínda que despois se proceda á votación por separado. A Presidenta cede a palabra á Secretaria do CEESG e coordinadora da Área de Comunicación e participación colexial co obxecto de comezar coa exposición. Procédese á explicación dos documentos indicados, distribuídos por áreas de traballo do CEESG, baseándose nas seguintes transparencias, ofrecéndose a facilitalas ás persoas que o desexen: Destácase na exposición das transparencias expostas os seguintes puntos: ÁREA DE COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN COLEXIAL:

- No tocante ás “Memorias de Actuacións do CEESG 2008”: � A realización do CD en dixital “En Galicia, en galego”, como

manual de boas prácticas en Educación Social centrado en normalización lingüística.

� O interese da xunta de goberno do CEESG en estar presente nos medios de comunicación en 2008, como obxectivo impotante de dar a coñecer a profesión e de posicionarse, destacando as 6 novas de prensa efectuadas ao longo do ano.

� A constante intención da xunta de goberno de “abrir” as propostas a opinión dos colexiados.

- No tocante aos “Plans de Traballo do CEESG 2009”: � Entre os obxectivos do CEESG 2009 destaca a intención de

incrementar os fondos dixitais e mellora “visual” da páxina web do colexio, unido ao “Espazo Dialoga” en colaboración cos outros colexios profesionais do “social” (COTS e COP) e sindicatos.

� O cronograma 2009 exponse aberto a debate final, dado que se considera importante a publicación de artigos do que se vaia facendo no colexio ao longo do ano.

ÁREA DE ACCIÓN PROFESIONAL: 18:25 h. Toma a palabra a Tesoureira e coordinadora da área de Acción Profesional Mª Jesús Gutiérrez Candame e destaca na exposición das transparencias o seguinte:

- No tocante ás “Memorias de Actuacións do CEESG 2008”: � A realización de 8 recursos de reposición a postos de traballo mal

convocados según a normativa vixente, así como, a obtención de diversas resolucións, unhas favorables e outras non. Laméntase non ter podido gañar perante o TSJ de Galicia o recurso ás bases da convocatoria de postos de Educador/Profesor Especial da Xunta de Galicia, debido a non existir a categoría única de Educador Social no Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia.

� Insiste no interese desta área en acadar o funcionamento de novos xacementos de emprego para os profesionais da Educación Social, destacando a necesidade de acadar a incorporación de educadores en centros escolares e de movilizar a intervención dos nosos profesionais como peritos xudiciais.

- No tocante aos “Plans de Traballo do CEESG 2009”: � Manifesta que os obxectivos deste área de traballo para 2009 son

moi ambiciosos, tanto a nivel de administracións públicas como a nivel privado.

� En 2009 a nova web do colexio permitirá que os colexiados poidan facer un seguimento directo e permanente das reclamacións que o colexio leve a cabo dende esta área de traballo, cara á mellora e normalización do perfil profesional.

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL: 18:35 h. Toma a palabra o Vicepresidente e coordinador deste área, Alfonso Tembrás López e destaca na exposición das transparencias o seguinte:

- No tocante ás “Memorias de Actuacións do CEESG 2008”: � Ano moi “denso” en actuacións, destacando o traballo

formativo desenvolto no ámbito de saúde. - No tocante aos “Plans de Traballo do CEESG 2009”:

� Colaboración activa entre todas as áreas de traballo do CEESG, sobre todo no tocante á actualización da web no tocante a esta área, e en relación á re-activación dos grupos de traballo.

� Ofrecer diversidade de accións formativas, abranguendo distintos ámbitos de traballo.

� A “profesión en imaxes” é algo que esta área desexa desenvolver e plasmar, como proposta máis interesante de 2009.

� Facilitar o acceso e participación no plan formativo desde o inicio, a base de participación, para o que a área de comunicación e participación colexial facilitará moito o traballo. Considérase que as accións formativas facilitan en “analógico” o entrontro máis persoal.

� Por último, destácase, no último trimestre do ano, a intención de “obter” compromisos dos políticos co colexio.

ÁREA DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS: 18:45 h. Toma a palabra a Presidenta, Mª José Fernández Barreiro e distribúense a exposición desta área entre ela (relacións institucionais autonómicas) e o Vogal Alberto Fdez. de Sanmamed Santos –actual presidente do CGCEES- (relacións institucionais estatais). Puntualízase a que seguirá dándose prioridade, en 2009, a que Galicia siga a participar no traballo consensuado a nivel estatal coa participación activa nas vogalías de CGCEES. A nivel autonómico procédese á lectura de actuacións e obxectivos, destacando como actuación máis importante os traballos levados a cabo na definición do novo “título de grao en educación social” coas universidades galegas. Traballo exitoso, xa que se incorporaron case un 70% das aportacións colexiais efectuadas aos borradores revisados das 3 universidades, sobre todo na UDV. Por outra banda, 2009 suporá a nivel autonómico un novo comezo de contactos, co novo goberno da Xunta de Galicia, prestando atención á reformulación política e retomando unha vez máis os centos de ámbitos abertos e buscando a defensa do que se considere “xusto” para os profesionais da educación social. A nivel estatal móstrase a ledicia de ter acadado neste último mes a aprobación de 2 novos colexios de educación social (xa 12 con eles) nas comunidades de Extremadura e Navarra, estando abertos ademais os procesos de solicitude de creación dos colexios de Madrid e Canarias. Aspírase a un CGCEES cunha superestructura pero, cos colexios que son, faise o que se pode. A nivel estatal, Alberto Fdez. de Sanmamed puntualiza, sobre a lectura das transparecias, o seguinte:

- 2008 foi un ano moi complexo, no que coexisten ASEDES e CGCEES como entidades estatais da educación social, centrándose os traballos no traspaso de poderes ao CGCEES. Isto supuxo moitos cambios estructurais, traballo e gastos. Na xunta de goberno de CGCEES participan todos os colexios profesionais de educación social existentes, os 10 e todas as asociacións profesionais nas comunidades que todavían non teñen órgano colexial, cun total de 15 persoas. Menciónase que o 14 de maio de 2009 terá lugar o acto de disolución de ASEDES.

- O CGCEES realizou en 2008 numerosos escritos en aras da regulación da profesión en comunidades nas que non existe aínda colexio profesional, así como escritos á UNED no tocante a postgraos nos que non se admitía educadores sociais.

- Menciona o gran traballo levado a cabo en 2008 desde o CGCEES co Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para a aprobación dos Estatutos Definitivos de CGCEES e no establecemnto dun convenio de colaboración que permitirá aos educadores sociais “ter voz” en reunións trimestrais co ministerio.

- Indica, cara a 2009, a necesidade de búsqueda de financiamento para o portal www.eduso.net e a introdución de 2 representantes na AIEJI co obxectivo de presidir a oficina europea da AIEJI e no curso 2010-2011 presentar no parlamento europeo o Estatuto Europeo do Educador Social, xa que recurriuse á vía de “comezar por arriba”, xa que dende o estatal vese moi difícil acadalo.

19:05 h. A presidenta abre turno de intervencións e achegas á exposición das Memorias de Actuacións 2009 e Plans de Traballo 2009.

INTERVENCIÓNS Á MEMORIA DE ACTUACIÓNS 2008 1ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Indica que “o feito xa está”, polo que se deben votar as memorias de actuacións 2008 non son susceptibles de modificación. 19:08h. Toma a palabra a Presidenta Mª José Fernández Barreiro para proceder á VOTACIÓN DAS MEMORIAS DE TRABALLO DO CEESG 2008. Como ninguén se opón, a Presidenta declara que o método de votación será por Asentimento:

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 7 de 22

Quedan pois aprobadas por maioría de todas/os as/os presentes. A Presidenta mostra o seu agradecemento polo apoio demostrado. INTERVENCIÓNS AO PLAN DE TRABALLO 2009 1ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Propón varias suxerencias, considerando necesario integralas no plan de traballo: a) Papel do educador social como informador xuvenil. Indica que a Xunta de Galicia facía cursos de educadores subvenís, buscando potenciar a figura do educador xuvenil como “informador” xuvenil, o que considera un despropósito descomunal que require da intervención do CEESG. b) Papel do educador social como educador ambiental. Indica que estes postos queren visualizarse como “profesión” pero moitos non están na educación social. c) Papel dos educadores sociais como profesionais de tempo libre. Solicita ao colexio que se propoña á nova Xunta de Galicia que, alomenos, como “directores” estén contemplados educadores sociais, ou como moito tamén pedagogos, dado que é un ámbito que pasou do voluntariado a profesionalizarse e hai empresas que se constitúen hoxe en día como escolas de tempo libre. Anima á xunta de goberno do colexio a que se adiante ás circunstancias e indague cómo van as negociacións nestes tres ámbitos expostos. d) Plan FIP. Considera unha “memez” que unha persoa polo simple feito de facer un curso do plan FIP xa poida exercer sen máis. Pide a intervención tamén neste ámbito. e) Pide explicación de qué reporta ao colexio estar presentes en ASEDES/CGCEES. Cuestiona qué lle reporta ao colexio estar pagando trimestralmente por formar parte desta/s institución/s estatais. f) Indica que reitera a súa petición da asemblea xeral do CEESG 2008, a necesidade de cambiar a visión de profesión dende o colexio. Considera que “nós non imos chamar a niguén, deben chamarnos a nós”. A idea que propón é que “só se é o que se percibe” e o colexio ten a loita polas prazas da administración pública xa institucionalizada, céntrase nun traballo en rede, na filosofía da web 2.0., pero… “non somos percibidos”. g) Fai a seguinte reflexión: “Isto é patético. Somos 11 persoas na presente asemblea xeral. A profesión está enferma. Non estamos preparados para colectivizar”. Propón contratar unha boa axencia, xente de fóra que nos diga cómo facernos percibir e se para iso fai falla haberá que subir as cotas colexiais. Cuestiona se a asemblea xeral de hoxe sae nalgún xornal dado que considera que hai que estar nos medios para ser percibidos.

2ª intervención: Colexiada Isabel Taboada Mougan Indícalle ao colexiado Carlos M. Varela que “se pasa un pouco” dado que ela ten a concepción de que somos un colexio moi “participativo e cañero” e non considera que a solución pase por unha empresa de marketing. Para esta colexiada o importante é incrementar o diálogo entre universidades e profesionais da educación social-práctica profesional, posto que non pode ser que un recén titulado non teña nin idea da práctica, xa que a desconexión pasa en todas as carreiras pero en educación social é grave. 3ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Considera que os máis de 8.000 € anuais que se dan a ASEDES, de adicarse a “profesionais” cundirían máis; ou ben, por exemplo, dar 3.500 € á mellor reportaxe fotográfica sobre educación social serí aun modo de fomentar que o colectivo de colexiados se “movera”. Engade un ámbito máis a revisión do colexio, os CIM (centros de información á muller). Di á colexiada Isabel que ten toda a razón na necesidade de incrementar o diálogo pero que é ao revés, debe ser o colexio o que diga á universidade qué papel ten o educador social, qué funcións e ónde exercelas e na estratexia de posicionamento, para que se nos vexa, fan falta “profesionais”. 4ª intervención: Colexiada Isabel Taboada Mougan Respóndelle ao colexiado Carlos Varela que “ve” tanto á universidade como aos profesores como destinatarios dun diálogo necesario, sendo “eles”, ao seu xuízo, os responsables de desenvolver o que plantexa Carlos Varela e non o Ceesg. RESPOSTAS ÁS INTERVENCIÓNS Resposta da Secretaria do Ceesg, Laura Cruz López: indica que moito do plantexado por Carlos Varela ten relación coa área que coordina, comunicación e participación colexial. Dalle a razón na necesidade de reivindicar máis e de “anticiparse”, considerando preciso incrementar a presenza do Ceesg nos medios. Nembargantes ve difícil “chegar” aos ámbitos de traballo manifestados por Carlos Varela, CIM, educador ambiental, plan FIP…. porque considera que son “eses novos profesionais” os que teñen que dicir e facer un informe, como ferramenta virtual e precisamente a idea de “colaborador externo de comunicación” é esa, que a xente desde fóra participe na wiki da nova web do Ceesg (así, todo o tema de redes sociais se está a meter na web). Considera que hai que promover outro tipo de participación, apostando por unha boa campaña de difusión destas novas referencias da web a todos (tamén á sociedade en xeral), xa que o que se pretende é “facernos ver” porque pola vía de “chamar ás portas” non nos atenden.

5ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Di á Secretaria Laura Cruz que non é cuestión de táctica, xa que a estratexia parte da visión global do colexio, se o Ceesg non plantexa en firme “quén somos” (“Queremos que o Educador Social en 2011 sexa ASÍ”) todo o que se debuxe aquí é máis do mesmo. Manifesta que se mellorou pero non tanto xa que un técnico de cultura dun concello non entende o que é un educador social máis aló da propia denominación “educador social”. Indica, ademais, que a web é unha ferramenta máis pero se non hai un obxectivo firme, non se sabe ben a ónde vai o educador social. Resposta do Vicepresidente Alfonso Tembrás López: indica que efectivamente a profesión mellora pouco a pouco e é máis coñecida fóra que en Galicia, pese a que somos os “tocapelotas” que chaman á Consellería de Educación pero, lamentablemente, o que non chega son os cartos para ter “profesionais” e “chegar”. Considera ter feito un bo recorrido e dos erros e intentos tamén se aprende pese a que non conseguimos “chegar” á vista desta asemblea, xa que “se non se escribe, non se existe” e, baixo este precepto é así, os educadores sociais non escribimos, como os médicos ou os psicólogos, e por iso non nos coñecen. 6ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Comparte a valoración exporta polo vicepresidente, xa que de entregar o programa exposto na presente asemblea a un avogado ou a un técnico, nin o le. Visto o exposto considera 2 temas primordais: un plan extratéxico do colexio e eliminar grupos de traballo adicando a súa partida orzamentaria a sentarnos os “11” aquí presentes cunha empresa de comunicación co obxecto de “centrarnos en qué somos e cómo nos vendemos”, como se dun producto de mercado novo se tratara.

Resposta da Presidenta do Ceesg, Mª José Fernández Barreiro: indica ao colexiado Carlos Varela que está en mente da xunta de goberno a necesidade de planificación estratéxica para que se coñeza máis e mellor a profesión. O problema é que hai demasiados ámbitos sociais e, en moitas ocasións, nos toca ser “apagalumes”. Nun futuro seguirá a haber mil profesións e múltiples ciclos formativos e non é nada fácil loitar contra iso. Facer un plan estratéxico custa cartos e xa axustar o orzamento para o exercicio 2009 foi complicado coa adquisición do novo local do colexio e centrémonos no profesiograma coa wiki, ben ou mal plantexado é o primeiro xeito de buscar achegas. Sobre a súa cuestión a para qué serve pagar a ASEDES, indícalle que o “catálogo de funcións e competencias do educador social” e, en xeral, os “documentos profesionalizadotes” constitúen unha pequena mostra, ASEDES somos todos, e ASEDES está a conseguir colexios cos apoios á súa creación. Cabe indicar que hai situacións particulares por autonomías pero a nivel estatal hai convenios e temas que dependen da administración estatal á que como colexios autonómicos non podemos chegar, é un marco legal ao que non chegamos só desde Galicia.

7ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Insiste, sobre ASEDES, en cuestionar qué fai ASEDES exactamente, porque se fai moito igual os máis de 8.000 € que paga Galicia son poucos cartos. Indica que non pode quedar máis tempo na presente asemblea por obrigas familiares pero que insiste en que él os 11.000 € asignados no orzamento 2009 a formación adicaríaos exclusivamente a facer un plan estratéxico, dándolle igual o instrumento que se empregue e ofrécese él mesmo a legar o equipo que o deseñe. Fai esta proposta á Mesa da presente Asemblea Xeral 2009: coordinar él mesmo un equipo para o deseño do plan estratéxico do Ceesg adicando para ilo os fondos que se pretende asignar a formación en 2009 unicamente a este fin, comprometéndose él a facer un documento, aprobalo e orzamentalo para o deseño do plan estratéxico e se en 2010 se aproba en asemblea xeral que non haxa formación, que se aprobe asambleariamente e se comece a executar en 2010.

7ª intervención: Colexiado Carlos M. Varela Ulla Insiste, sobre ASEDES, en cuestionar qué fai ASEDES exactamente, porque se fai moito igual os máis de 8.000 € que paga Galicia son poucos cartos. Indica que non pode quedar máis tempo na presente asemblea por obrigas familiares pero que insiste en que él os 11.000 € asignados no orzamento 2009 a formación adicaríaos exclusivamente a facer un plan estratéxico, dándolle igual o instrumento que se empregue e ofrécese él mesmo a legar o equipo que o deseñe. Fai esta proposta á Mesa da presente Asemblea Xeral 2009: coordinar él mesmo un equipo para o deseño do plan estratéxico do Ceesg adicando para ilo os fondos que se pretende asignar a formación en 2009 unicamente a este fin, comprometéndose él a facer un documento, aprobalo e orzamentalo para o deseño do plan estratéxico e se en 2010 se aproba en asemblea xeral que non haxa formación, que se aprobe asambleariamente e se comece a executar en 2010. Respostas da Mesa: Secretaria – Laura Cruz – Non ve viable eliminar a formación. Considera preciso manter na planificación do Ceesg a formación continua e profesionalización, non é prescindible. Presidenta – Mª José Fernández – Iniciar este ano 2009 a definición dun plan estratéxico sería viable pero de xeito interno, sen recurrir a “profesionais” externos por non ter cabida no orzamento 2009 ese gasto. Vogal – Alberto Fdez. de Sanmamed – Un estudio de “profesionais” externos é carísimo, basta só con ver a minuta dun asesor mensual e a tarifa publicitaria dos recortes de prensa e

televisión e se poden asumirse dende o Ceesg. Aclara, sobre ASEDES-CGCEES que as memorias destas institucións estatais están colgadas na web www.eduso.net e que o Ceesg podería renunciar á integración no CGCEES pero sería inxustificable se o comparamos con outros colectivos como os médicos nos que non cabe a posiblidade de os seus colexios autonómicos non estén integrados nas institucións estatais. Puntualiza, ademais, que a profesión non está tan mal, no 1994 saiu a 1ª promoción de titulados en Barcelona, no 1995 en Galicia e estamos a dar pasos agigantados e, froito de reunións mantidas con moitos colectivos (tanto a nivel autonómico como estatal) dinnos que “queremos abarcalo todo”; cabe mellorar a participación sí, ver qué estratexias usar para vir a esta asemblea, aquí estamos 11 sí, pero somos 1.000, non 11. 8ª intervención: Colexiada Mar Bóveda Indica entender o mesmo tanto de boca do vogal Alberto Fdez. de Sanmamed como do colexiado Carlos Varela, considera que están a dicir o mesmo pero de distinto xeito e da a razón á colexiada Isabel Taboada no sentido de que efectivamente se nos valora moito noutros colectivos; tense adicado bastante en formación e difusión pero tras levar moitos anos traballando (no seu caso en xestión cultural) e contribuíndo a facer profesión pero nalgúns campos da xunta de goberno do Ceesg a proposta da web é para trasladar á sociedade en xeral. Ve, nos orzamentos entregados, o esforzo en difusión interna pero ao mellor sí é preciso adicar esforzos a cousas de formación a nivel “empresa”. A Secretaria, Laura Cruz, indica que pola limitación do tempo de dispoñibilidade deste local, en préstamo, deberíamos votar para poder continuar coa exposición económica.

19:50h. Toma a palabra a Presidenta Mª José Fernández Barreiro para proceder á VOTACIÓN DOS PLANS DE TRABALLO DO CEESG 2009 INCLUÍNDO A PROPOSTA DO COLEXIADO CARLOS M. VARELA UL.LA DE COORDINAR ÉL MESMO UN EQUIPO PARA A REDACCIÓN, DEFINICIÓN E DESEÑO DUN PLAN ESTRATÉXICO PARA O CEESG SEN EMPREGAR, ALOMENOS EN 2009, “PROFESIONAIS” EXTERNOS QUE SUPOÑAN DESEMBOLSO ECONÓMICOS e, en Asemblea Xeral 2010 valorarase por todas/os as/os colexiadas/os se o Ceesg se centrará no desenvolvemento do Plan Estratéxico en detrimento de realización de programa formativo algún (dedicando os fondos de formación 2010 a investimentos externos para o mencionado fin).

Como ninguén se opón, a Presidenta declara que o método de votación será por Asentimento:

Quedan pois aprobadas por maioría de todas/os as/os presentes. A Presidenta mostra o seu agradecemento polo apoio demostrado.

EXPOSICIÓN DA MEMORIA ECONÓMICA 2008 e DO ORZAMENTO 2009. A Presidenta Mª José Fernández Barreiro cede a palabra á tesoureira Mª Jesús Gutiérrez para expoñer este punto. Procede a indicar que se vexan os documentos entregados (anexo da presente acta) ao respecto e procede á proxección dos seguintes gráficos descriptivos:

Puntualiza en en 2008 gastouse moito, recaendo a mayor partida, como é lóxico, nos gastos de persoal. En 2009 indica que se tratará de ser o máis “austeiros” posible, acortando gastos en envíos postais (co incremento de fondos dixitais grazas á programación da área de comunicación e participación colexial do Ceesg) e debendo na área de desenvolvemento profesional axustarse ao orzamento para non impartir cursos deficitarios, xa que gran parte do déficit de 2008 veu da Escola de Primavera que se acaba convertindo nun “congreso” conlevando un gran peso económico e organizativo. Xunto con isto, o desexable é “movernos” para buscar outras fontes de ingresos alternativas. A tesoureira coincide coa presidenta en que a formación debe “destacar”, xa que debe constituir a canle para abrir novas vías, para a búsqueda de debate e para “xerar” profesión, debendo polo tanto superarse dúas grandes trabas: a falta de participación e unha estimación adecuada de cotas de inscrición nas actividades de formación, altas cando se estime que non se van cubrir custos. Puntualízase que se recollen no reverso do orzamento 2009 as obrigas de pago contraídas a finais do exercicio 2008 coa adquisición do novo local do Ceesg sito na Rúa Lisboa 20 baixo C da

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 8 de 22

cidade de Compostela, a maiores do orzamentado para o presente exercicio ordinario 2009. Local moi necesario e que o colexio leva anos buscando, local magnífico que se está a acondicionar e para o que está todo ese remanente do colexio ahí comprometido. Estase á espera de poder facer o traslado de oficinas a uns dous meses vista. Local que tamén fará máis accesible a profesión xa que é un baixo e disporá dunha sala multiusos para 25 persoas máximo. Farase a oportuna inauguración en canto esté todo operativo e coas debidas licenzas municipais. 20:00h. Toma a palabra a Presidenta Mª José Fernández Barreiro para proceder ás votacións. Como ninguén se opón, a Presidenta declara que o método de votación será por Asentimento:

Quedan pois aprobados ambos documentos por maioría de todas/os as/os presentes. A Presidenta mostra o seu agradecemento polo apoio demostrado. PUNTO 5: PROPOSTAS E PREGUNTAS 1ª intervención: Colexiada Ania Mª Piñeiro MIrás Solicita á xunta de goberno do colexio a necesidade de puntualizar, cara a evitar sexismos, incluíndo a nivel representación, o femenino/masculino, aplicándoo tanto na fala como na escrita. Respostas da Mesa: Presidenta – Mª José Fernández Barreiro.

Responde que xa se está a facer o esforzo por unificar a todos os niveis esta proposta, xa que de feito fora xa unha proposta feita na anterior asemblea de 2008. Non producíndose máis intervencións, a Presidenta Mª José Fernández Barreiro da por pechada a presente asemblea ás 20:10 h e mostra o seu agradecemento a todas/os as/os presentes e non presentes, aos máis de 1000 colexiados grazas aos que podemos estar na presente asemblea.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 9 de 22

Introdución

En 2009 o Organigrama do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), mantivo a mesma estrutura que no exercicio precedente, por áreas de traballo. Resaltar que neste ano producíronse os seguintes cambios en cargos de Xunta de Goberno: - O Vogal Carlos Manuel Varela Ulla tomou posesión da vocalía vacante, froito da

dimisión en 2008 de Luis Ángel Velasco Vaz. - Dimisión dos Vogais Mª Pilar Cañas Loureiro, Andrea Fernández Resille e

Águeda Valín Armas, por incompatibilidade persoal e profesional. Así, a estrutura actual das actuacións da entidade mantívose distribuída en cinco grandes Áreas de Traballo coordinadas polos membros da Xunta Permanente do Ceesg (Presidenta, Vicepresidente, Secretaria e Tesoureira): 1. Área de Comunicación e Participación colexial:

a. Responsable-coordinadora: Laura Cruz López (Secretaria do Ceesg).

b. Integrantes da Xunta de Goberno: Pablo Montero Souto e Sofía Riveiro Olveira.

c. Integrantes do Ceesg: Belén Piñeiro Álvarez, Isabel Taboada Mougán e Guadalupe Pino Villamarín Taboada.

2. Área de Desenvolvemento Profesional (antigo formación): a. Responsable-coordinador: Alfonso Tembrás López

(Vicepresidente do Ceesg). b. Integrantes da Xunta de Goberno: Mª José Caride Delgado.

3. Área de Acción Profesional: a. Responsable-coordinadora: Chus Gutiérrez Candame (Tesoureira

do Ceesg). b. Integrantes da Xunta de Goberno: Carlos Manuel Varela Ulla e

Paloma Mª Seijo Anca. 4. Área de Relacións Institucionais estatais:

a. Responsable-coordinador: Alberto Fdez. de Sanmamed Santos (Vogal do Ceesg e Presidente de Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales - Cgcees).

b. Integrantes da Xunta de Goberno: Mª José Fernández Barreiro e Alfonso Tembrás López.

5. Área de Relacións Institucionais autonómicas: a. Responsable-coordinadora: Mª José Fernández Barreiro

(Presidenta do Ceesg). b. Integrantes da Xunta de Goberno: Duarte Crestar Pena.

Relátase a continuación a relación de actuacións desenvolvidas en cada unha das áreas ao longo do exercicio 2009. Área de Comunicación e Participación colexial

Obxectivos e accións do plan de traballo

Neste área de traballo recaen as funcións de potenciar a comunicación e participación social, intra e inter colexial, profesional e disciplinar, e optimizar o recoñecemento e a proxección da Educación Social e das/os educadoras e educadores sociais. Enmárcanse nela moitos dos servizos que a/o colexiada/o percibe directamente do Ceesg. a. Servizo de publicacións: Boletín do Ceesg (de tirada mensual) e a Revista Galeduso

(de tirada anual). b. Servizo Web: Actualización diaria das seccións da web do colexio

http://www.colexioeducadores.com, con información puntual e actualizada de novas de interese na Educación Social, tanto a nivel formativo como profesional e institucional, entre outros.

c. Servizo de préstamo bibliotecario: Seguimento e organización dos novos volumes que mensualmente incrementan o fondo bibliográfico do Ceesg e dos que os/as colexiados e colexiadas poden dispoñer a través do servizo de préstamo bibliotecario.

d. Servizo de asesoramento continuo á/ao colexiada/o. A continuación damos conta das actuacións desenvolvidas e da consecución dos obxectivos na área de comunicación e participación colexial.

Actuacións desenvolvidas

Dentro da Área de comunicación e participación colexial desenvolvéronse as seguintes actuacións:

o Publicación mensual do Boletín do Ceesg. o Presenza nos medios de comunicación:

- Declaración conxunta dos Colexios de Traballo Social e Educación Social sobre a necesidade duns servizos sociais públicos e de calidade. Maio 2009.

- Publicación de artigo na Revista Tempos do mes de Setembro, sobre a lei de responsabilidade penal do menor. Autoría de Eva López Soto, colexiada do Ceesg.

- Emisión dun comunicado en relación ao peche dos Plans de apoio ás familias, igualdade, e infancia e adolescencia por parte da Xunta de Galicia. Novembro 2009.

o Presentación do Ceesg nas universidades galegas. En 2009 levouse a cabo aos estudantes de 3º de Educación Social das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo (Campus de Ourense) os días 1 de xuño e 3 de xuño, respectivamente, e a aos estudantes de 2º de Educación Social da Universidade de A Coruña o día 15 de maio.

o Promocións para colexiadas/os. Mantivéronse as mesmas do exercicio 2008 e engadiuse unha nova:

- Grupo Editorial Anaya. Descontos en libros entre un 25% e un 30% para as/os colexiadas/os que os demanden a través do Ceesg.

- Gimnasio Espagat Complejo Salud. Promocións a colexiadas/os de entrada bonificada ás súas instalacións.

- Banco Sabadell Atlántico-Tecnocredit. Promocións de produtos financeiros en condicións vantaxosas a colexiadas/os do Ceesg.

- Acordo co Gabinete de Psicoloxía Andares. Desconto do 20% ás colexiadas e colexiados do Ceesg nos servizos de psicoterapia. A tarifa ordinaria

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 10 de 22

actual por sesión é de 50 €, sendo para os membros do Ceesg de 40 €. [email protected].

- En febreiro de 2009, estableceuse un acordo co Gabinete Besada & Valencia, de Vigo, que ofrece ás/aos colexiadas e colexiados un desconto do 20% nos seus servizos de psicoloxía infanto-xuvenil e adulto.

o Mantemento do servizo de avisos on line. Dispoñible no apartado “subscricións” da zona privada da web. Xerado para facer chegar aquela información que polo seu axustado prazo non pode incluírse no “Boletín do Ceesg”, así como, para resaltar contidos de interese da nosa web. A información é enviada por correo electrónico a todas aquelas persoas que teñan acceso á área restrinxida de www.colexioeducadores.com. O único requisito para isto é estar colexiada/o e solicitalo a través da propia web. Constitúe unha ferramenta moi útil para que a/o colexiada/o reciba no mesmo día as noticias de interese vinculadas á profesión (ofertas ou convocatorias de emprego, convocatorias de cursos, comunicados de prensa, etc.). Ao longo do exercicio 2009 enviáronse 73 avisos on line, en total.

o Mantemento do Taboleiro de emprego do Ceesg, non conseguindo ter operativa en 2009 a nova bolsa de emprego do Ceesg, que se mantivo en fase de construción, ao igual que tamén está en construción a remodelación de toda a web www.colexioeducadores.com.

o Novidades máis destacadas en 2009: i. Espazo Dialoga. Foron múltiples os encontros

de traballo organizados ao longo do exercicio 2009 cos colexios profesionais galegos dos ámbitos do social no desenvolvemento deste espazo. Froito deste traballo conxunto celebrouse, baixo a organización conxunta dos colexios profesionais de Traballo Social, Psicoloxía e Educación Social un acto formal que tivo lugar o día 16 de outubro na Casa das Asociacións sita en Santiago de Compostela, asistindo varios representantes do Ceesg. O tema de traballo escollido, nesta primeira edición, foron os Convenios de traballo no sector social, polo que foron convidados os diferentes sindicatos e patronais a un espazo de diálogo no que se achegaron posturas e se definiron liñas de traballo conxunto.

ii. Foro de Educación 2010. Participación activa por parte da Vogal do Ceesg Sofía Riveiro nos traballos levados a cabo neste evento, a celebrar en 2010, destacando a súa asistencia á xuntanza de constitución do Subcomité Organizativo do Foro de Educación 2010, que tivo lugar o día 28 de maio, así como a participación nas reunións que tiveron lugar o 26 de setembro e o 28 de outubro, na cidade de Santiago de Compostela.

o Outras actuacións relacionadas coa participación colexial foron: i. Participación na Comisión interdisciplinar

para a elaboración do Programa Marco de Educación Familiar, organizada polo programa “Tecendo redes” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, asistindo ás reunións que tiveron lugar os días 17 de marzo, 12 de maio e 10 de decembro en Santiago de Compostela. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

ii. Asistencia ao acto conmemorativo do Día do Traballo Social, organizado polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social o día 27 de marzo en Santiago de Compostela. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

iii. Asistencia ao acto de toma de posesión de Alberto Núñez Feijoo como Presidente da Xunta de Galicia, que tivo lugar en Santiago o día 18 de abril. Asistiu Laura Cruz, Secretaria do Ceesg.

iv. Asistencia á Mesa Redonda "Redes Sociais: Facebook, Tuenti...: a cara oculta dos amigos dos meus fillos", que tivo lugar o día 20 de abril en Santiago, organizado pola Concellaría de Benestar Social do Concello de

Santiago de Compostela. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

v. Asistencia o día 23 de Abril ao Acto Central da Semana da Acción Mundial pola Educación (SAME 2009), organizada pola Campaña Mundial pola Educación, na Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela. Asiste Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

vi. Apoio á campaña Eu decido! en defensa do dereito ao aborto na sanidade pública, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres.

vii. Apoio á reivindicación formulada pola Rede Social Galicia Sur para a apertura, sen dilación, do Centro de Inclusión Social e Albergue Público de Vigo.

viii. Adhesión ao Foro Mundial da Educación 2010.

ix. Asistencia á presentación pública do libro de texto para 6º de primaria de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos, por parte do Seminario Galego de Educación para a Paz e o Consorcio Editorial Galego, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 4 de xuño. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

x. Relatorio na mesa redonda titulada “Os desafíos da atención residencial de calidade no contexto da rede de servizos sociais para a infancia e a familia”, que tivo lugar no marco do curso de verán “Atención residencial á infancia en dificultade social”, impartido polo centro asociado da UNED da Coruña entre os días 1 e 3 de xullo. Participou Laura Cruz, Secretaria do Ceesg.

xi. Asistencia ao curso de verán “Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: estado de benestar e xénero (participación social – corresponsabilidade – dependencia – xestión dos tempos)”, que tivo lugar do 7 ao 10 de xullo, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

xii. Asistencia á presentación do libro “Mulleres na educación en Galicia”, coordinado pola Profesora Doutora da Universidade de Santiago Mª José Méndez Lois, que tivo lugar o día 28 de xullo no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

xiii. Asistencia á presentación do Libro O alzheimer e outras demencias en Galicia, que tivo lugar en Santiago de Compostela o día 21 de outubro. Asistiron Paloma Seijo, Vogal do Ceesg e unha das autoras do libro, e Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

xiv. Apoio á iniciativa da Marcha Mundial pola Paz e a Non violencia. O Ceesg atópase entre as entidades participantes na convocatoria do acto que se celebrou o día 25 de outubro en Santiago de Compostela tras a lectura dun Manifesto.

xv. Colaboración coa exposición Prensa (en)tendida, publicacións periódicas en Compostela organizada pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela enviando as publicacións Galeduso e Boletín do Ceesg. Asistencia á súa inauguración que tivo lugar o día 17 de decembro no Centro Sociocultural de Vite (Santiago). Trátase dunha exposición itinerante que percorrerá os centros socioculturais de Santiago.

xvi. Participación nun programa de Radio 3 (RNE), organizado pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, a través dunha entrevista sobre “A Profesionalización dos

educadores/as sociais e o papel dos colexios profesionais”. O programa emitiuse en xaneiro de 2010, está dispoñible na web da Uned e de Radio 3.

xvii. Asistencia ao Acto cívico conmemorativo do 61 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948-2009), organizado polo Seminario Galego de Educación para a Paz, en colaboración con UNICEF Galicia, o Colexio de Avogados de Santiago e o Consello da Cultura Galega. Tivo lugar en Santiago de Compostela o día 10 de decembro.

Procedementos de traballo

Para o desenvolvemento das diferentes actuacións na área de comunicación e participación colexial, mantivéronse os mesmos procedementos de traballo empregados en 2008:

o Coordinación activa con diversas entidades, destacando Cimo en Ourense, que ao longo de todo o ano continuou a remitir mensualmente ofertas de emprego vinculadas á Educación Social, integradas no Taboleiro de Emprego da Web e na sección de emprego do Boletín do Ceesg.

o Recepción, procura e publicación de ofertas formativas. o Servizo de préstamo bibliotecario funcionando ao 100%, mantendo

a disposición das/os colexiadas/os na web www.colexioeducadores.com o Catálogo On Line de Edicións dispoñibles na Biblioteca do Ceesg, en constante actualización, con buscas por áreas temáticas e a posterior solicitude en préstamo.

o Seguimento da información de interese para a profesión, en coordinación coa Área de Acción Profesional, en:

- Diarios Oficiais: DOG, BOP e BOE.

- Subvencións e axudas.

- Lexislación, Convenios colectivos, emprego público, órganos de selección, cadros de persoal, creación/supresión de centros e titularidade, etc.

o Seguimento de publicacións periódicas, moitas das cales constituíron un notable incremento da Biblioteca do Ceesg, entre elas:

- Revista Perfiles. Fundación ONCE. - Revista Pedagogía Social. Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social. - Revista Educación Social. Fundación Pere Tarrés. - Xornal Infoxove. Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. - Xornal Entre Mayores. - Boletín do Centro de Documentación de Drogodependencias. Observatorio Vasco

de Drogodependencias. - Todas as publicacións de institucións públicas e privadas recibidas na sede do

Ceesg e constitutivas de fondo bibliográfico. o Compromiso co portal www.eduso.net. O Ceesg, ao longo de todo

o 2009, procedeu ao envío ao portal estatal da Educación Social información sobre todo tipo de eventos formativos organizados pola nosa entidade, co obxecto de manter informadas/os ás/aos Educadoras/es do resto do Estado e acadar así unha maior cohesión social.

Área de Desenvolvemento Profesional

Actuacións desenvolvidas

A continuación detallamos as accións formativas desenvolvidas durante o ano 2009:

Contido

Na V edición, a Xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social o eixe principal xirou a redor da práctica diaria do traballo socioeducativo cos maiores. A xornada dirixíase fundamentalmente a profesionais da Educación Social interesados no ámbito de traballo de xerontoloxía, aínda que se mantivo aberto a todas as persoas interesadas na temática. Centrouse nos seguintes obxectivos: o Coñecer programas e experiencias socioeducativas a desenvolver ao longo da

xeografía galega, así como en diferentes recursos de maiores.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 11 de 22

o Reflexionar sobre as novas necesidades e demandas que, respecto ao incremento da esperanza de vida, presenta a sociedade en xeral e as persoas maiores en particular.

o Participar no deseño e construcción do discurso e das liñas de acción propias da Educación Social no traballo con persoas maiores.

Para a difusión da actividade publicáronse 2500 trípticos informativos e 60 carteis, que foron distribuídos a persoas colexiadas, universidades, e outras entidades públicas e privadas vinculadas ao ámbito xerontolóxico.

Participantes

O nº de participantes foi de 52 persoas, coa seguinte distribución: - 22 educadoras/es sociais colexiadas/os. - 9 educadoras/es sociais non colexiadas/os. - 7 estudantes de Educación Social. - 3 estudantes doutras titulacións. - 11 outro tipo de profesionais ou educadoras/es sociais non colexiadas/os.

Entidades colaboradoras

- Aportación económica. - Cesión de espazo e medios técnicos. - Participación do Director da Obra Social no acto inaugural. - Participación do responsable do Programa de Maiores da Obra Social no acto de clausura e como moderador dunha mesa redonda.

Programa

Unha vez finalizada a actividade, publicáronse 150 exemplares do Libro de Actas que recolle os relatorios do evento, como colofón ao acto máis relevante desenvolvido en 2009. Esta publicación fíxose chegar ás/aos participantes, persoas colaboradoras, bibliotecas das universidades, así como a entidades públicas e privadas relacionadas co acto.

Participación do Ceesg en cursos, xornadas, congresos e outros eventos

VV XXoorrnnaaddaass IInntteerrxxeerraacciioonnaaiiss RRuurraaiiss ““AApprreennddeennddoo ccooss nnoossooss mmaaiioorreess””

Asistencia á inauguración das V Xornadas Interxeracionais Rurais, que tiveron lugar o día 30 de maio en Cabreiros (Xermade). As xornadas desenvolvéronse os días 30 de maio e 6 e 13 de xuño, organizadas por Nova Escola Galega, colaborando o Ceesg na súa difusión. Asistiu a entón Vogal do Ceesg Águeda Valín Armas.

Negociacións de Descontos a colexiadas e colexiados do Ceesg en cursos, xornadas, congresos e outros eventos, organizados por outras entidades.

Desconto dun 10% para profesionais colexiados no curso de RISOTERAPIA organizado polo Instituto Mediterráneo de Risoterapia.

Desconto dun 10% para persoas colexiadas nos cursos de Habilidades Sociais no Traballo con Maiores e Intervención con Víctimas de Violencia de Xénero.

Descontos en cursos de de diverso contido: Mediador en Inserción Laboral, Avaliación do Maltrato Infantil, Deseño, Desenvolvemento e Avaliación de Proxectos Sociais, etc.

Negociación de descontos a persoas colexiadas en múltiples módulos formativos (Saúde Sexual, Linguaxe e comunicación, Estudos de Xénero, Discapacidade, Socioloxía Básica, Desarrollo de Proxectos, ...etc).

Desconto dun 25% no Foro Internacional Global Eco-Forum, organizado por Eco-unión, asociación de medio ambiente sen ánimo de lucro.

Xirxilar ofreceu a colexiadas e colexiados do Ceesg un 10% de desconto nos seus cursos de formación a distancia.

IS Intervención Social ofreceu un desconto nas súas actividades formativas do 10% para as persoas integradas no Ceesg.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 12 de 22

Consulting Dovall, segundo acordo adoptado coa Asociación Canaria de Educadores Sociais (ACAES) aplicou un desconto do 15% a todos os Educadores Sociais nos cursos Intervención Socioeducativa en Marxinación Social, Animación Sociocultural con persoas maiores e Técnico en Intervención Multidisciplinar no S.A.D. Área de Acción Profesional

Xaneiro 2009

Resolucións Resolución favorable do recurso de reposición interposto contra as bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de director/a do Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá, no que se solicitou a admisión das persoas habilitadas como educadoras sociais no proceso selectivo.

Escritos

Carta dirixida á Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO), para confirmar se as persoas habilitadas como educadoras sociais poderán acceder ao posto de educador/a social convocado para o centro xerontolóxico de Vimianzo.

Febreiro 2009

Escritos

Escrito dirixido ao concello de Cee, en relación á convocatoria e bases para a contratación temporal dun educador familiar publicada no BOP de A Coruña de 27 de xaneiro de 2009, para poñer de manifesto as recomendacións do Ceesg referidas á admisión no proceso selectivo de persoas habilitadas para o exercicio da educación social (que nos confirmaron telefonicamente) e a aplicación do baremo de concurso indicado na orde de convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de programas de educación familiar no caso de que sexan solicitantes, ou ben, de limitar o acceso a esta praza ás educadoras e educadores sociais no caso de que non o sexan.

Marzo 2009

Escritos Envío de escrito a Alberto Núñez Feijóo, felicitándoo pola victoria electoral do seu partido e polo seu novo cargo como Presidente da Xunta de Galicia. No mesmo, poñémonos a disposición do novo Goberno para a colaboración no deseño das políticas sociais.

Maio 2009

Recursos de Reposición

Recurso de reposición contra as bases xerais reguladoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de educador/a familiar, do Concello Meis, publicadas no BOP de Pontevedra de 26 de maio. Solicítase a admisión de persoa habilitadas polo Ceesg para exercer como educadores/as sociais.

Escritos

Envío de escrito ao Concello de Mos, en relación ás bases de convocatoria dun posto de Educador/a Social publicadas no portal www.concellomos.es e anunciada no xornal Faro de Vigo de 21 de abril, sinalando que a única titulación admitida no proceso selectivo debe ser a de Educación social ou habilitación correspondente.

Envío de Escrito ao Concello de Miño, en relación ás bases de convocatoria dun posto de Técnico Sociocultural, publicadas no BOP de A Coruña de 16 de abril, solicitando a inclusión das persoashabilitadas no proceso selectivo e sinalando a conveniencia de denominar a praza “Animador/a Sociocultural”.

Xuño 2009

Recursos de reposición

Recurso de reposición contra a convocatoria e as bases para a contratación laboral temporal dun responsable para a oficina de información e asesoramento a inmigrantes do concello de Ribadeo, anunciadas no xornal La Voz de Galicia, de 14 de maio de 09. Solicitouse a admisión das persoas habilitadas no proceso selectivo.

Recurso de reposición contra as bases específicas para cubrir unha praza de educador/a familiar no concello de Meis, publicadas no BOP de Pontevedra de 26 de maio de 09. Solicitouse a admisión das persoas habilitadas no proceso selectivo.

O Concello de Meis admitiu o recurso interposto, rectificando as bases específicas da praza de educador/a familiar, con publicación de rectificación de erros no BOP de Pontevedra de data 3 de xullo de 2009.

Escritos

Envío de escrito ao Concello de A Coruña en relación ás bases publicadas na web www.coruna.es/oposiciones para a cobertura dunha praza de Animador/a Sociocultural. Infórmase de que as educadoras e educadores sociais poden desenvolver este posto e solicítase a admisión destes profesionais no proceso selectivo.

Xullo 2009

Escritos

Escrito enviado ao Concello de Cangas, en relación ás bases de convocatoria das prazas de “Coordinador/a de ludoteca” e “Técnico/a de xuventude”, publicadas no taboleiro de anuncios do concello. Recomendamos ás educadoras/es sociais como profesionais máis axeitados para o desempeño destes postos.

Agosto 2009

Escritos

Escrito enviado ao Concello de A Coruña, en relación ás bases de selección dun técnico medio de administración especial, a cobertura dunha vacante con denominación “Ténico/a de Xestión Relacional” no departamento de igualdade e participación cidadá. Os requisitos limitaban o acceso a titulados en Periodismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Educador Social. O Ceesg solicitou a revisión das bases, indicando a idoneidade das/os profesionais da Educación Social, diplomados e habilitados profesionais, para o desempeño do devandito posto de traballo.

Novembro 2009

Recursos de Reposición

Recurso de reposición contra as bases para cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello de Lalín, publicadas no taboleiro de anuncios do concello o 03/11/09. Solicítase a admisión de persoas habilitadas no proceso selectivo.

Recurso de reposición contra as bases para cubrir unha praza de educador/a familiar no Concello de Pastoriza, publicadas no BOP de Lugo de 23/11/09. Solicítase a admisión de persoas habilitadas no proceso selectivo.

Escritos

Escrito ao Concello de O Pino, en relación ás bases para cubrir unha praza denominada “Animador/a Sociocultural”, anunciadas no BOP de A Coruña de 6/11/09. Informamos de que o único perfil idóneo para cubrir os postos de animadores/as socioculturais é o de Educador/a Social.

O Concello de O Pino responde por escrito, en data 3/12/2009, que as bases cumpren os requisitos da Excma. Deputación Provincial que é a que subvenciona a devandita contratación, polo que non se modificarían as bases.

Escrito ao Concello de Vimianzo, en relación ás bases para cubrir unha praza denominada “Técnico/a de cultura”, publicadas no BOP de A Coruña de 6/11/09. Informamos da conveniencia de acotar a participación no proceso selectivo a profesionais con especialización no eido da cultura, como é o caso das/os educadores/as sociais.

Escrito ao Concello de Arzúa, en relación ás bases para cubrir unha praza denominada “Animador/a sociocultural”, anunciada en www.concellodearzua.org. Informamos de que o único perfil idóneo para cubrir os postos de animadores/as socioculturais é o de Educador/a Social.

Escrito ao Concello de Miño, en relación ás bases para cubrir unha praza denominada “Técnico de Servizos Sociais”, publicada no BOP de 27/10/09. Informamos da conveniencia de adaptar a denominación dos postos de traballo ao perfil profesional que os ocupa.

B. APORTACIÓNS A NORMATIVA E OUTRAS CUESTIÓNS DOS ÁMBITOS PROPIOS

A continuación, reflectimos as tarefas máis destacadas para a defensa e mellora da nosa profesión en Galicia.

Cabe resaltar, sen lugar a dúbidas, que ao igual que no exercicio precedente, a importante labor levada a cabo na participación activa da elaboración do Título de Grado de Educación Social nas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. Esta participación pasou pola asistencia a múltiples reunións coas tres universidades para o deseño dos títulos de grado.

Agradecer o gran traballo desempeñado nestas xestións á Presidenta Mª José Fernández Barreiro e aos Vogais María José Caride Delgado, Pablo Montero Souto e Alberto Fdez. de Sanmamed que facilitaron especialmente a participación e encontros levados a cabo.

Dende o Ceesg sempre asumimos a importancia e participación en todos os procesos normativos nos que se nos convocou, e tamén nos que non, polo que gran parte dos nosos esforzos se dirixiron ao estudo dos documentos, realización de achegas, solicitude ás/aos colexiadas e colexiados de participación activa:

Xaneiro 2009

Ao longo do primeiro semestre realizouse unha colaboración activa co Servizo Galego de Igualdade no desenvolvemento de obradoiros dirixidos a adolescentes sobre resolución de conflitos, co obxectivo da prevención da violencia de xénero. Desenvolvéronse en diversos concellos de Galicia. Levaron a cabo os obradoiros as colexiadas Mª Pilar Cañas Loureiro e María Carro Calvo. Carta dirixida a Dona Mercedes Suárez Pazos, decana da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, amosando o apoio do Ceesg ao deseño do título de Grao de Educación Social proposto pola súa facultade e agradecendo a posibilidade de participación do colexio durante o proceso de deseño.

Carta dirixida a D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez, Conselleiro de Traballo, trasladándolle a preocupación das/os colexiadas/os sobre o límite máximo de 9 meses de contratación de persoal a través de determinados Plans de Cooperación.

Carta dirixida a D. Benito Fernández Rodríguez, Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na que solicitamos que as persoas habilitadas como educadoras sociais sexan admitidas na especialidade Servizos á Comunidade dos corpos de profesores de formación profesional.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 13 de 22

Febreiro 2009

Carta dirixida a D. Alberto Tizón Martín, Subdirector Xeral de Menores, solicitando aclaración das razóns polas que non se contactou co colexio para a elaboración do protocolo de acollemento e mostrando interese en participar activamente no proceso.

Escrito dirixido ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar trasladándolle a preocupación expresada polas/os colexiadas/os polo sistema de listaxes de contratación temporal nesa entidade, e solicitándolle o establecemento dun sistema de consulta.

Escrito ao Defensor del Pueblo solicitando a publicación Centros de Protección de menores con trastornos de conducta y en situación de dificultade social, manifestándolle o interese do Ceesg por esclarecer as situacións recollidas no mesmo e ofrecéndonos a colaborar neste ou noutros asuntos.

Marzo 2009

Envío de achegas á Dirección Xeral de Formación e Colocación en relación ás cualificacións profesionais de Programación e desenvolvemento de accións culturais e Promoción e intervención educativa con persoas con discapacidade, que pasarán a formar parte do Catálogo Nacional de Cualificacións.

Envío de correccións e observacións ás bases da convocatoria dun posto de Educador/a Familiar, remitidas polo concello de Cedeira previamente á súa aprobación.

Abril 2009

Participación nunha xuntanza da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia), para formar parte dunha das comisións do programa “VERIFICA”, da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad de la Educación), que se encargará de avaliar os títulos de grado en Educación Social. Tivo lugar o día 4 de abril en A Coruña. Asistiu María José Caride, Vogal do Ceesg.

Outubro 2009

Revisión e valoración da Lei de modificación de diversas leis de Galicia, para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, facilitada dende a Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

C. ACTUACIÓNS NA PROCURA DE NOVOS CAMPOS DE EMPREGO

Educadores en centros escolares

Outubro 2009

Reunión con D. José Graña, Subdirector Xeral de Ordenación Educativa (Consellería de Educación), na que lle presentamos a proposta do Ceesg sobre a incorporación de Educadoras/es sociais no ámbito escolar. Tivo lugar o día 29 de outubro e asistiron Mª José Fernández, Mª José Caride e Montse Sánchez: Presidenta, Vogal e traballadora do Ceesg respectivamente.

Noviembre 2009

Encontro con D. José Luis Canosa, Subdirector Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (por delegación de D. José Manuel Pinal, Director Xeral de Centros e Recursos Humanos) para plantexar a inserción de educadores/as sociais no sistema educativo. Tivo lugar o día 26 de novembro e asistiron Alfonso Tembrás e Montse Sánchez, Vicepresidente e traballadora do Ceesg respectivamente.

E. OUTROS DATOS DE INTERESE

A) Suscrición de Seguro de Responsabilidade Civil.

A procura e formalización dun seguro de responsabilidade civil constituíu un dos grandes retos do Ceesg, dende o comezo da súa andadura alá polo ano 2001.

O Ceesg, en virtude da lei de colexios profesionais de Galicia (Lei 11/2001, de 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia), está obrigado a

facilitar “propostas” de seguro de responsabilidade civil, mais non á súa subscrición obrigatoria.

Así, para as colexiadas e os colexiados que o solicitaron, no segundo semestre de 2009, subscribiuse a póliza máis beneficiosa que conseguimos coa Correduría de seguros Segurengin.

En 2009 o custo ascendeu a tan só 16 €/ano por colexiado que desexara subscribir o devandito seguro.

As coberturas e información do seguro están a disposición colexial na web do Ceesg:

http://www.colexioeducadores.com/documentacion.asp?sec=2&id=56

Aproveitamos estas memorias para agradecer a colaboración do Ceesc (Col�legi d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya), responsable das primeiras negociacións coa devandita correduría de seguros.

B) Constitución do Equipo de Traballo para a elaboración do Plan Estratéxico do Ceesg, tal como se acordou na Asemblea Xeral Ordinaria 2009.

O Equipo estará coordinado por Carlos M. Varela Ulla, colexiado e actual Vogal do Ceesg. Nas publicacións do Ceesg informarase pormenorizadamente da evolución do Plan Estratéxico, co que se pretenden sentar as “bases” do futuro do Ceesg, en beneficio de todo o colectivo de profesionais da Educación Social de Galicia.

Área de Relacións Institucionais Estatais

Contido

Esta sección centrou os seus esforzos nas relacións con entidades e institucións do resto do Estado vinculadas á Educación Social e, sobre todo, destacar o traspaso definitivo de funcións de ASEDES a Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees) levado a cabo en 2009. Continuouse, en 2009, asumindo dende Galicia, por Alberto Fdez. de Sanmamed Santos, a Presidencia do Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees), participando activamente nas reunións de Xunta de Goberno de Cgcees e no desenvolvemento dos acordos establecidos, especialmente no referido a representación da profesión a nivel estatal (sinatura de convenios, FEMP, MEyPS, etc).

Paralelamente, tamén se asumiron encargos estatais a nivel de comunicación, centralizados a través de www.eduso.net, así como a nivel de situación profesional e representación internacional (AIEJI). Así, as persoas de xunta de goberno do Ceesg que están a intervir activamente en Vogalías dos ámbitos mencionados son:

- Vogalía de Situación Sociolaboral e Profesional: Paloma Mª Seijo Anca.

- Vogalía de Comunicación: Sofía Riveiro Olveira.

- Vogalía Institucional: Mª José Fernández Barreiro.

Actuacións levadas a cabo a nivel estatal

Xaneiro 2009

Solicitude ao Cgcees de intermediación para solicitar a admisión de educadoras/es sociais nas bolsas de investigación e programas de innovación convocadas polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. O Cgcees enviou solicitude por escrito ao Ministerio.

Maio 2009

Solicitude ás Fundacións Pedro Barrié de la Maza, Paideia e Mª José Jove de colaboración para o mantemento do portal www.eduso.net.

Participación na Asemblea ASEDES-Cgcees de disolución ASEDES, que tivo lugar en Tenerife do 14 ao 17 de maio. Acudiron Alfonso Tembrás e Chus Gutiérrez, Vicepresidente e Vogal do Ceesg respectivamente en representación do colexio e Alberto Fdez. de Sanmamed en calidade de Presidente do Cgcees.

Xuño 2009

Envío de documentación do Ceesg para ser distribuída no VI Congreso Nacional de Servicios Sociales Municipales, a través do stand que dispuxo o Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales. O Congreso tivo lugar en Zamora os días 10, 11 e 12 de xuño, organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias.

Agosto-setembro 2009

Colaboración co I Encontro de Benestar Profesional e calidade de vida persoal das/os profesionais da Educación Social, ofrecendo 5 bolsas de asistencia de 100€ ás persoas colexiadas e facendo difusión do evento a nivel autonómico.

Outubro 2009

Asistencia ao I Encontro de Benestar Profesional e Calidade de Vida Persoal dos/as Profesionais da Educación Social, que tivo lugar en Palma de Mallorca do 8 ao 10 de outubro de 2009. No marco desta

actividade, o día 10 de outubro participamos na Asemblea Xeral Extraordinaria do Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales. Asistiron Alberto Fernández de Sanmamed, Vogal do Ceesg e Presidente do Cgcees e Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

Novembro 2009

Colaboración co Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees) no envío de aportacións ao documento titulado Estudio y propuesta de trabajo para la configuración de un modelo actualizado de servicios sociales municipales.

Colaboración co Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees) na difusión dun cuestionario entre educadoras/es sociais galegos, para unha investigación sobre os ámbitos de traballo deste colectivo, que está a desenvolver o educador social Josep Vallés Herrero.

Área de Relacións institucionais autonómicas

Xaneiro 2009

Encontro do Observatorio Galego da Infancia, que tivo lugar en Santiago o día 22 de xaneiro, para a revisión do seu regulamento interno e dos plans de traballo de 2009. Posterior envío por escrito de aportacións a estes documentos. Asistiu Alberto Fernández de Sanmamed, Vogal do Ceesg.

Febreiro 2009

Acordo da Xunta de Goberno do Ceesg de adquisición e formalización de escritura notarial de compra-venda dun baixo para as oficinas do Ceesg sito na rúa Lisboa, do Polígono de Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Maio 2009

Participación o día 14 de maio na mesa redonda Colexios Profesionais e Igualdade de Xénero, que tivo lugar no marco do Simposio interdisciplinario Muller, participación e igualdade: universidades, política local e movemento asociativo, que tivo lugar en A Coruña, organizado pola Asociación Luso-galega de Antropoloxía aplicada. Interveu Mª José Fernández, Presidenta do Ceesg.

Xuntanzas con D. Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela, o día 29 de abril e con Dna. Mar Martín, Concelleira de Benestar, o día 7 de maio. Propúxoselle a posibilidade de colaboración do concello nunha xornada sobre servizos sociais. Ao primeiro encontro acudiron Mª José Fernández e Mari Carmen Rey, Presidenta e Secretaria Técnica do Ceesg respectivamente. Á segunda acudiu Alfonso Tembrás, Vicepresidente.

Xullo 2009

Xuntanza con D. Xosé María Barreiros, Director Xeral de Función Pública, co obxecto de presentarlle a nosa proposta de modificación do V Convenio Colectivo Único de Persoal Laboral da Xunta de Galicia, no sentido de que a categoría 6 do grupo II se denomine “Educador/a Social” e se limite o acceso a ela ás educadoras/es sociais ou ás persoas que teñan prestado servizo nesta categoría con anterioridade.

Agosto e Setembro 2009

Asistencia á Xornada Informativa: Saúde Física e Saúde Mental. Móvete polo teu benestar, que tivo lugar o día 9 de setembro en Narón, organizada por FEAFES, Pfizer e Asociación Porta Nova. Asistiu Alfonso Tembrás, Vicepresidente do Ceesg.

Asistencia á Xornada contra a Explotación Sexual e a Trata. Secretaría Xeral de Igualdade, que tivo lugar o 23 setembro en Santiago de Compostela, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do Ceesg.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 14 de 22

Participación na mesa redonda titulada Formación e selección de técnicos municipais en educación, que tivo lugar no marco do curso de verán Educación e Administración local, organizado polo grupo Esculca, da Universidade de A Coruña. Tivo lugar o día 16 de setembro en A Coruña e participou como relatora Chus Gutiérrez, Tesoureira do Ceesg.

Encontro con representantes da CIG (D. Manuel Gallardo Canitrot o día 16 de setembro) e da UXT (Francisco Núñez Rodríguez o día 21) para solicitar un posicionamento acerca das propostas do colexio en relación ao V Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia. Asistiron Mª José Fernández e Montse Sánchez, Presidenta e traballadora do Ceesg respectivamente. Iniciáronse contactos para reunións con CCOO e CSI-CSIF.

Outubro 2009

Designación de Mª José Fernández como representante do Ceesg no Comité Cívico do Plan Municipal de Civismo do Concello de Ourense.

Novembro 2009

Participación na primeira reunión da Comisión Cívica do Concello de Ourense, que tivo lugar o día 3 de novembro. Asistiu Mª José Fernández, Presidenta do Ceesg.

Encontro con Dna. Susana López Abella, Directora Xeral de Familia e Benestar (por delegación de D. Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia) co obxecto de plantexar asuntos de interese para o Ceesg e que son da súa competencia. Tivo lugar o día 24 de novembro e asistiron Mª José Fernández, Carlos Varela e Montse Sánchez, Presidenta, Vogal e traballadora do Ceesg respectivamente.

Decembro 2009

Encontro con representantes da CSI-CSIF (día 9 de decembro) e de CC.OO. (día 21 de decembro) para solicitar un posicionamento acerca das propostas do colexio en relación ao V Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Encontro co Director Xeral de Función pública, D. José María Barreiro, co obxecto de que nos informe sobre as posibilidades de modificar a categoría denominada “Educador/a // Profesor especial”. Tivo lugar o día 10 de decembro.

Sinatura de convenio de colaboración con Atendo Calidade. A través desta colaboración, o Centro de Día Atendo Calidade de Santiago de Compostela ofrece un desconto do 15% nos seus servizos para todas as colexiadas e colexiados.

Actuacións de xestión

Indicamos a continuación outras actuacións do Ceesg que non están directamente relacionadas coas áreas sinaladas pero das que é importante dar conta posto que teñen que ver co traballo interno de xestión do colexio. Destas e doutras tarefas xa comentadas encárganse as tres persoas contratadas Mª Luisa Oubel, Mª del Carmen Rey e Montse Sánchez.

É de destacar:

o A tramitación de solicitudes de SUBVENCIÓNS DO Ceesg:

- Deputación da Coruña – Promoción Económica. Solicitude de subvención para a adquisición e obras das novas instalacións do Ceesg sitas en Rúa Lisboa 20 – baixo C da cidade de Santiago de Compostela.

- Solicitude de subvención ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a “Reforma da web do Ceesg cara a súa configuración como Web 2.0”.

o Ao longo de 2009 realizáronse múltiples xestións e visitas, vinculadas coa formalización da adquisición e reforma do local sito en Rúa Lisboa nº 20 – baixo C, da cidade de Santiago de Compostela, hoxe en día actual sede do Ceesg.

o Atención continuada ás xestións, que dende a Administración Xeral do Estado e, en seguimento co Cgcees, se estaban a manter en relación á adaptación á directiva europea, actual Lei Ómnibus.

o A atención continuada ao colexiado que, dende o comezo da andadura deste colexio tratamos de prestar e garantir, baseándonos no bo trato e a cordialidade,

tratando de adaptar criterios de flexibilidade coas persoas menos favorecidas co mantemento de bonificacións.

o Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2009, levada a cabo o 24 de abril de 2009 no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), sito na zona de San Lázaro da cidade de Santiago de Compostela.

Para finalizar, cómpre destacar un dos cambios máis significativos acontecidos no 2009, para o Ceesg e para a profesión. Referímonos á adquisición e inauguración da nova sede do Colexio, sita en R/ Lisboa, nº 20 baixo, Santiago de Compostela.

Anexos

Anexo 1: Evolución colexial en 2009

Gráfico da evolución dos movementos de colexiación durante o 2009.

Unha parte importante das baixas realizadas procede do traslado de expedientes a outros colexios de nova creación e, outra parte, das baixas automáticas que se realizan ante o impago de dúas cotas colexiais.

Así, o gran pico de baixas de setembro coincide co pagos da cota do 2º semestre de 2009 e, ao mesmo tempo coa recente creación dos colexios de Navarra e Extremadura.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro

Altas

Baixas

Meses Altas Baixas

Xaneiro 12 8

Febreiro 5 3

Marzo 7 10

Abril 2 7

Maio 7 7

Xuño 8 26

Xullo 8 13

Agosto 0 4

Setembro 12 28

Outubro 1 5

Novembro 5 6

Decembro 7 13

Total 74 130

MEMORIA DE ACTUACIÓNS 2009

PLANS DETRABALLO 2010

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 15 de 22

Vicepresidencia

Presidencia

Secretaría

Tesourería

Organigrama

ÁREAS

DESENVOLVEMENTOPROFESIONAL

COMUNICACIÓN EPARTICIPACIÓN

COLEXIAL

ACCIÓNPROFESIONAL

RELACIÓNSINSTITUCIONAIS

Área de comunicación eparticipación colexial

Laura Cruz López (secretaria ceesg)�Pablo Montero Souto (vogal ceesg) �Sofía Riveiro Olveira (vogal ceesg)�Belén Piñeiro Álvarez (colexiada)�Isabel Taboada Mougán (colexiada)�Guadalupe Pino Villamarín Taboada (colexiada)�

inte

gran

tes

ACTUACIÓNS I

Publicacións

Nos mass media

• Publicación mensual do Boletín do Ceesg.• Edición do Galeduso nº 8: Saúde e Educación

Social.• Artigo na revista Tempos sobre

“Responsabilidade penal do menor” (Eva López)

• 2 novas de prensa• Temáticas: servizos sociais públicos e de

calidade, eliminación dos plans de familia, infancia e igualdade.

• Participación no programa de Radio 3-Uned: entrevista sobre profesionalización e papel dos colexios profesionais.

memoria2009

ACTUACIÓNS II

Melloras soportes

Outras

• Reforma da imaxe estética e estrutura de contidos da web.

• Celebración do Espazo Dialoga: Traballo Social, Psicoloxía, Sindicatos.

• Colaboración exposición prensa “en-tendida”

Servizos

• Avisos on line• Mantemento da web• Taboleiro de emprego• Préstamo bibliotecario, novo catálogo on line

OBXECTIVOS

Soportes

Procesos

Difusión

Participación

Mellorar a imaxe e contidos

Boletín

Galeduso Igualdade Afondar e

incrementar

formais

informais

(+) dixital

(-) papel

Ampliar e diversificar Fortalecer

comunicación

plan2010

interactiva

outros colexios

web

CRONOGRAMA

1º trimestre2010

2º trimestre

3º trimestre

4º trimestre

• Inauguración da nova sede do Ceesg.• Redeseño contidos Galeduso e Boletín.• Elaboración do manual de publicacións.• Presentación da nova web.

• Preparación da celebración dos 10 a do Ceesg• Redeseño gráfico do Galeduso e Boletín.

• Publicación novo Boletín só dixital.

• Celebración 2º Espazo Dialoga• Novo Galeduso de Igualdade

Área de acciónprofesional

Mª Jesús Gutiérrez Candame (tesoureira do ceesg)�Paloma Mª Seijo Anca (vogal do ceesg)�Carlos Varela Ulla (vogal do ceesg)�

inte

gran

tes

ACTUACIÓNS Imemoria2009

Positiva (habilitadas/os)�

Ed. familiar, Inmigración.

ASC, ss.ss, xuventude, ludoteca, familias…

ACTUACIÓNS II

Administraciónspúblicas

• Educadoras/es sociais no ámbito escolar.Ámbitos emprego

• Participación na elaboración do Título de Grado en ES.• Membros da comisión da Acsug para a validacións dos

títulos de grao do ámbito xurídico.• Escrito Consellería de Traballo sobre a contratación de

9 meses na modalidade de Cooperación.• Negociacións en relación ao V Convenio Laboral da

Xunta de Galicia.

• Suscrición do Seguro de Responsabilidade Civil.Outros

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 16 de 22

OBXECTIVOS

Proxección profesional

Profesiograma

Guía de entidades

Avanzar e recoñecer unha categoría única

Estudar os espazos e ámbitos

de traballo

Actualizar e difundir na

web Iniciar a construción participada

Convenios

Situación laboral

plan2010

ACCIÓNS

2010

• Estudo sobre as condicións laborais de titulados/as.• Difusión dos resultados do estudo a través de

distintos medios e soportes.• Deseño e desenvolvemento dunha campaña de

colexiación nas Universidades: “antenas”.• Definición e desenvolvemento, xunto coa área de

comunicación, dunha wiki no web do CEESG para construír o perfil profesional en diferentes ámbitos (profesiograma ).

• Estudo dos medios dispoñibles para ofrecer un servizo de asesoría na creación de empresas.

Área de desenvolvementoprofesional

Alfonso Tembrás López (vicepresidente do ceesg)�Mª José Caride Delgado (vogal do ceesg)�

inte

gran

tes

ACTUACIÓNS

Xornadas • V sobre xerontoloxía e Educación Social (52 p).

memoria2009

Participacióndo ceesg

Outras

• V Xornadas Interxeneracionais Rurais.• Participación no Foro Mundial pola Educación

2010.• Relatorio no Curso de Verán “Atención residencial

á infancia” Uned.• Relatorio no Curso de Verán “Educación e

Administración Local” UdC.

• Negociación de descontos en 8 accións formativas.

• Colaboración na difusión de distintos eventos.

OBXECTIVOS

Plan formativo 2011

Desenvolvemento profesional

Grupos de traballo

Coñecer necesidades formativas

Regular, dar soporte,

consolidar e potenciar

Deseñar e facilitar o acceso e a

participación

Accións Formativas

Ofrecer diversidade

plan2010

CRONOGRAMA

1º trimestre

2010

2º trimestre

3º trimestre

4º trimestre

• Definición no web dun espazo para formación• e para os grupos de traballo

• Deseño dunha ferramenta telemática para inscricións

• Elaboración do regulamento dos grupos de trab• Xornada de traballo: A lei de Servizos Sociais

• Escola de primavera: prácticas de avaliación.

• Encontro de infancia• VI Xornadas de Xerontoloxía• Teatro do oprimido

Área de relaciónsinstitucionais

Autonómicas:• Mª José Fernández Barreiro (presidenta do ceesg)�• Duarte Crestar Pena (vogal do ceesg)�

Estatais:• Alberto Fdez. de Sanmamed Santos (vogal do ceesg

e presidente do CGCEES)��• Comunicación: Sofía Riveiro Olveira (vogal do ceesg)�• Situación profesional: Paloma Seijo Anca (vogal do ceesg) �• Internacional: Mª José Fernández Barreiro (presidenta do ceesg)

inte

gran

tes

ACTUACIÓNS

• Vogalías de comunicación, internacinal e profesional

• Solicitude da admisión das/os e.s. nas bolsas de investigación.

• Colaboración no I Encongro de Benestar Profesional

• Achegas ao documento para a configuración dun modelo de ss.ss. municipais.

• Difusión dunha enquisa para un estudo sobre ámbitos de traballo.

EstataisCGCEES

memoria2009

ACTUACIÓNS

• Participación no Observatorio da Infancia.• Solicitude colaboración do concello de Santiago

para a celebración das xornadas de ss.ss.• Actuacións en relación ao V convenio colectivo

único da Xunta de Galicia.• Participación no Comité Cívico do Plan Municipal

de Civismo do Concello de Ourense.• Participación na Comisión Interdisciplinar de

Tecendo redes para a elaboración do Programa Marco de Educación Familiar.

• Sinatura do convenio con Atendo Calidade.

Autonómicas

memoria2009

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 17 de 22

OBXECTIVOS

Entidades

Universidades

• Fortalecer e consolidar relacións• Definir actuacións conxuntas• Colaborar• Coordinarse• Difundir a profesión• Mellorar situación socioprofesional

Admóns.

Autonómica

alumnado

locais

profesorado

estatal

privadaspúblicas

Colexios profesionais

plan de estudospracticum

traballo social

psicoloxía

outros

plan2010

AIEJI

CGCEES

ACCIÓNS

2010

• Participación na avaliación dos títulos de grao do ámbito xurídico.

• Participación no Observatorio Galego da infancia.• Colaboración e negociacións co novo goberno.• Seguimento da Lei Omnibus.• Revisión e actualización convenios.

Ámbitos activos• Infancia en risco e vulnerabilidade social• Educación social e centros escolares• Educación familiar• Servizos sociais• Maiores

autonómicas

ACCIÓNS

Xerais

2010

Comunicación

Profesional

Internacional

• Coordinación interna entre os distintos colexios e asociacións.

• Participación nas tarefas urxentes.• Difusión das accións desenvolvidas.

• Deseño de canles de comunicación estables, a nivel interno e externo.

• Potenciación do portal web www.eduso.net,

• Seguimento e avaliación das leis estatais, convenios... que afectan á nosa profesión.

• Colaboración na vogalía.

estatais

MEMORIA ECONÓMICA

superábit16.426,09

ORZAMENTO168.116,56 €

plan2010

EVOLUCIÓN COLEXIAL

2009

Altas 74Baixas 130

1051 colexiadas/os 995 colexiadas/os

Moitas grazas pola túa atención e participación

www.colexioeducadores.com

[email protected]

981 55 22 06

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 18 de 22

Introdución

A estrutura das actuacións do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia manterase distribuída en cinco grandes Áreas de Traballo coordinadas polos membros da Xunta Permanente do Ceesg (Presidenta, Vicepresidente, Secretaria e Tesoureira):

Relátase a continuación o plan de actuacións a desenvolver por cada unha das áreas en 2010.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 19 de 22

Área de Comunicación e Participación Colexial

Obxectivos Específicos 2010

• Presentar, difundir e desenvolver accións formativas sobre o novo Portal Web.

• Rematar o redeseño dos soportes de comunicación impresos: Boletín e Galeduso.

• Reducir o volume de material de edición impresa e aumentar a difusión de publicacións dixitais.

• Publicar un Galeduso temático sobre Educación Social e Igualdade.

• Afianzar a colaboración institucional cos Colexios de Traballo Social e Psicoloxía, desenvolvendo unha acción conxunta.

• Incrementar a participación das/os educadoras/es sociais nas publicacións propias do Ceesg.

• Dar a coñecer o Ceesg a través de publicacións en medios de comunicación externos.

Accións Específicas 2010

• Dar a coñecer o Ceesg a través de publicacións en medios de comunicación externos.

• Inauguración do local: institucional e colexial de portas abertas.

• Redeseño dos medios de comunicación: Galeduso e Boletín.

• Edición e publicación dun Galeduso sobre Igualdade.

• Presentación do Portal Web a diferentes colectivos e medios: universidades, colexiadas/os, prensa...

• Organización participativa da celebración dos 10 anos de Ceesg.

• Espazo dialoga, por definir a temática en función de acordos entre os colexios profesionais de Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía.

• Campaña de Novas Colexiacións transversal en todas as accións.

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro-marzo

• Xaneiro: Inauguración do local.

• Febreiro: Redeseño de contidos do Galeduso e do Boletín.

• Marzo: presentación da nova Web na Asemblea Xeral.

• Manual de comunicación e publicacións.

Abril-xuño

• Organización participativa da celebración dos 10 anos de Ceesg.

• Presentación da Web en entidades.

• Preparación do Espazo Dialoga.

• Redeseño gráfico do Galeduso e do Boletín.

Xullo-setembro • Xullo: publicación do novo Boletín só dixital.

Outubro-decembro

• Outubro: celebración dun novo Espazo dialoga*.

• Novembro: novo Galeduso de Igualdade. Presentación nas Universidades.

• Decembro: agasallo de Nadal.

* A data pode variar tendo en conta os acordos acadados cos outros Colexios Profesionais.

Área de Desenvolvemento Profesional

Obxectivos Específicos 2010

• Identificar as necesidades formativas e de desenvolvemento profesional das/os educadoras/es sociais colexiadas/os.

• Desenvolver accións formativas diversificadas en temáticas, ámbitos territoriais e tempos de celebración.

• Regular, dar soporte, consolidar e potenciar os grupos de traballo existentes.

• Mellorar a difusión das accións formativas.

• Facilitar o acceso e a participación nas accións formativas planificadas.

• Deseñar o plan formativo para o a no 2011.

Accións específicas para o 2010

• Definición e desenvolvemento, en colaboración coa área de comunicación e participación colexial, dun espazo específico na web onde difundir as accións formativas, propias e alleas, recoller os documentos de traballo e materiais facilitados e canalizar as demandas de formación e suxestión das/os colexiadas/os.

• Elaboración do regulamento dos grupos de traballo.

• Deseño, en colaboración coa área de comunicación e participación colexial, dun espazo específico na web para os grupos de traballo con ferramentas que favorezan o traballo virtual en grupo.

• Deseño dunha ferramenta web para a inscrición telemática nas accións formativas.

• Deseño participativo dun plan de formación para o 2011.

• Desenvolvemento e avaliación das accións formativas ao redor das seguintes temáticas:

o Xornada técnica sobre a lei de Servizos Sociais.

o Escola de primavera: Prácticas de avaliación e informe en Educación Social.

o Encontro de Infancia.

o Xorndas de Xerontoloxía.

o Teatro do oprimido, con pre-inscripción previa (en caso de cubrirse o custo do curso coa cota de inscrición).

Cronograma

Trimestre Actuacións Responsables

Xaneiro-marzo

• Elaboración do regulamento dos plans de traballo.

• Deseño específico para os grupos de traballo na nova páxina web.

• Responsables da área de desenvolvemetno profesional.

• Educadora Social Ceesg.

• Responsables da área de comunicación.

Abril-xuño • Xornada técnica de Servizos Sociais.

Xullo-setembro

Escola de Primavera: Prácticas de avaliación, informe en Educación Social.

• Responsables da área de desenvolvemetno profesional

• Educadora Social Ceesg.

Outubro-decembro

• Encontro infancia.

• Xornadas Xerontoloxía.

• Responsables da área de desenvolvemetno profesional.

• Educadora Social Ceesg.

• Grupo de traballo en xerontoloxía.

* A temporalización do curso Teatro do oprimido dependerá da dispoñibilidade do relator.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 20 de 22

Área de Acción Profesional

Obxectivos Específicos 2010

• Velar polo exercicio profesional (boas prácticas socioeducativas).

• Avanzar no recoñecemento dunha categoría única de Educador/a social no V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia e no IV Convenio Colectivo Marco Estatal de Servicios de Atención a las Personas Dependientes y Desarrollo de la Promoción de la Autonomía Personal.

• Estudar os espazos e ámbitos de traballo e proxección profesional da Educadora e do Educador Social dende o Plan Estratéxico.

• Actualizar e difundir na web una guía de comunicación de entidades do ámbito socieducativo, públicas, privadas e de iniciativa social (web e actualizar a base de datos).

• Difundir na web os documentos profesionalizadores.

• Coñecer a situación laboral das/os Educadoras/es Sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Iniciar a construción participada do profesiograma da Educación Social en diferentes ámbitos, a través do portal web e do Plan Estratéxico.

Accións Específicas 2010

• Estudo sobre as condición laborais das/os tituladas/os en Educación Social a través dunha enquisa.

• Difusión dos resultados do estudo a través de distintos medios e soportes en distintas entidades, públicas e privadas responsables da contratación.

• Definición e desenvolvemento, en colaboración coa Área de Comunicación e Participación Colexial, dunha wiki no portal web do Ceesg onde construir o perfil profesional da Educadora e do Educador Social nos diferentes ámbitos de traballo (profesiograma) e difundilo na web.

• Realización dunha campaña de colexiación. Entre as actuacións, definiuse a creación de “antenas” nas Facultades de Ciencias da Educación das Universidades de Galicia onde se oferte o título de Educación Social. Isto supón a definición dun Plan de Comunicación Social que dé visibilidade ao Ceesg no ámbito universitarios a través da nosa presenza nestes contextos.

• Estudo dos medios dispoñibles para ofrecer un servizo de asesoría de creación de empresas, a colexiadas e colexiados do Ceesg, a través de dúas vías:

o Análise das posilidades de contratación no Ceesg dun Técnico de Inserción Laboral, subvencionado.

o Análise da posibilidade de conveniar con entidades especializadas (IGAPE, BIC Galicia).

Accións Xerais 2010

• Seguimento, supervisión e intervención, cando sexa preciso das convocatorias e prazas de educador/a social na Administración Pública (Xunta, Deputacións, Concellos, Consorcio, ...etc), na iniciativa privada e no terceiro sector

• Seguimento da lexislación en materia social e educativa.

• Seguimento de disposicións legais e convenios onde se regularice a figura profesional e a situación laboral da educadora e do educador social. Entre outras:

o Orde pola que se convocan e aproban as bases polas que se regula concesión de axudas para levar a cabo programas de educación familiar que desenvolvan as corporacións locais e o Plan Concertado.

o V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

o Convenio Colectivo do sector de Residencias Privadas da Terceira Idade de Galicia.

o Convenio Colectivo Marco Estatal de Servizos de Atención as Persoas Dependentes e Desenvolvemento da promoción da Autonomía Persoal.

o Convenio de Intervención Social.

o Mantemento e actualización das bases de datos de entidades sociais e educativas (públicas, privadas e terceiro sector) existentes na nosa comunidade autónoma.

o Estudo das RPT da Administración autonómica, provincial e local.

o Seguimento do número e accións realizadas das/os Educadoras/es Sociais nas listaxes de Peritos Xudiciais e Mediación Familiar. Seguimento estatístico do Programa Mediagal.

o Seguimento do Plan Bolonia.

o Seguimento da inserción de educadores/as sociais nos IES.

• Difusión a través dos soportes de comunicación precisos, das acción desenvolvidas desde a área, así cómo se desenvolven os diferentes procesos e accións xerais (web, boletín, etc.).

Axentes implicados

• Servizo Xurídico do Ceesg.

• Áreas de Comunicación e Participación Colexial, Desenvolvemento Profesional e Relacións Institucionais.

• Impulsarase a colaboración de Educadoras/es Sociais colexiadas/os na defensa e promoción da profesión, promovendo a denuncia de convocatorias irregulares, a participación na elaboración do profesiograma, ...etc.

• Outras entidades colaboradoras do Ceesg: Cimo, Xeneme, Universidades, Asociacións, etc.

Áreas de Relacións Institucionais: Autonómicas e Estatais

Obxectivos

• Consolidar o equipo de xunta de goberno como representantes do Ceesg.

• Dar a coñecer máis a figura da educadora e do educador social na Administración e no eido da empresa privada.

• Representar ao Ceesg ante as administracións públicas para tratar os temas de maior relevancia para a nosa profesión.

• Representar ao Ceesg ante calquera institución (Universidades, asociacións e outras entidades).

• Favorecer liñas de colaboración con entidades que podan ofrecer servizos e relacións de interese coa nosa profesión.

Accións no ámbito autonómico

• Realizar as actuacións necesarias para a inclusión das/os Educadoras/es Sociais nos centros escolares (representación ante a Administración, colaboración coas Universidades …etc).

• Participar na elaboración dos plans de Educación Familiar en Galicia, entendendo que a Educación Social é a profesión axeitada para cumplir estas tarefas educativas.

• Colaborar coa Administración pública na mellora e estructuración dos servizos sociais galegos (mapa de servizos sociais, consorcio galego de servizos sociais, servizos sociais de base, etc).

• Continuar coas accións emprendidas para a modificación do V Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galicia para que recolla a categoría laboral de “Educadora/Educador Social”. Seguirase con encontros cos sindicatos e Función Pública.

• Colaborar e participar coa administración e con outras entidades nos plans de infancia e xuventude, no Observatorio Galego de Infancia e nos foros que sexa preciso.

• Realizar unha campaña de comunicación institucional sobre a figura da/o educadora/educador social no sector público (administracións locais e deputacións provinciais), no sector privado e no 3º sector.

• Seguimento da Lei ómnibus.

• Revisión dos convenios de colaboración vixentes no Ceesg e negociacións cara á celebración de novas colaboracións.

Accións ámbito estatal • No eido estatal (A través da participación do Ceesg no Consejo General de Colegios

Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees):

• Manter a representación do Ceesg no Cgcees, propoñendo a un membro do noso colexio para a próxima xunta directiva de Cgcees.

• Colaborar co Cgcees, designando un representante para cada unha da vogalías existentes (internacional, situación professional e comunicación).

• Mellorar a visibilización do Cgcees na nosa comunidade autónoma (dar maior presenza na web do colexio (a través dunha nova sección) e utilizar os boletíns mensuais para comunicar novidades no eido nacional).

• Colaborar co Cgcees para conquerir financiación ao portal Eduso.net. * A través da participación do Ceesg no Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (Cgcees).

Cronograma

En xeral, as tarefas teran carácter anual, segundo as necesidades que se vaian presentando de reunions e representación do Ceesg ante a administración e outras entidades.

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 21 de 22

Trimestre Actuacións Responsables

Xaneiro-marzo

• Campaña de presentación Ceesg no sector público. Difusión - carta.

• Convocatoria da asamblea xeral do Ceesg

• Presidencia: redacción da carta e sinatura.

• Comunicación: revisión e modificación:

• Secretaría do Ceesg: xestión de envíos.

Abril-xuño

• Campaña presentación Ceesg no terceiro sector.

• Boletín especial sobre o Cgcees

• Presidencia: redacción da carta e sinatura.

• Comunicación: revision e modificación:

• Secretaría do Ceesg: xestión de envíos.

Xullo-setembro

• Posta en marcha da nova sección na web e no Boletín do Ceesg referida ao traballo do Cgcees e á participacion do Ceesg no consello estatal.

• Posta en marcha da ventanilla única en colaboracion co Cgcees.

• Presidencia

• Comunicación

• Secretaría do Ceesg: xestión

Outubro-decembro

• Revision dos convenios de colaboración vixentes a nivel estatal e avaliación de novas posibles colaboracións a nivel territorial.

• Valoración das actuacións anuais referidas aos obxectivos marcados: incorporación das educadoras e educadores sociais nos centros de ensino, programas de educación familiar, normativa de servizos sociais, inclusión da categoría profesional única “Educadora/Educador Social”.

• Presidencia

• Comunicación

• Secretaría do Ceeesg: xestión

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Páxina 22 de 22

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Rúa Lisboa nº 20 – Baixo C

15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

T | 981 55 22 06 F | 981 93 82 74

[email protected]

ceesg.org