Boletin do Ceesg nº 92

14
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 92 - abril 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg Entón, para que serve a utopía? Para iso, serve para avanzar. EDUARDO GALEANO

description

Abril 2015.

Transcript of Boletin do Ceesg nº 92

Page 1: Boletin do Ceesg nº 92

Rúa Lisboa, 20 - baixo

15707 Santiago de Compostela A Coruña

T 981552206 | F 981938274

[email protected] www.ceeesg.org

nº 92 - abril 2015

A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Entón, para que serve a utopía? Para iso, serve para avanzar.

EDUARDO GALEANO

Page 2: Boletin do Ceesg nº 92

Tema do mes

Vender vidas adolescentes para contentar votantes adultos

O pasado 17 de abril, o "Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia" organizaba unha

xornada de debate sobre as modificacións da Lei

de protección xurídica do menor (Encontro de

Infancia e Educación Social: Implicacións non

traballo cotián dous cambios lexislativos). Unha

delas afecta ás novas formas de internamento

pechado para os adolescentes que nin delinquen

nin teñen problemas de saúde mental. A partir das

súas reflexións escribín este breve artigo (ARA.

Criaturas 25.04.15) que agora comparto traducido

do catalán.

Ao final de lexislatura apróbanse bastantes normas

vasoira. Leis innecesarias de moito valor

electoralmente simbólico. Ademais, son de

complicado debate para unha oposición que xa

dedica o seu tempo a tratar de conquistar o poder.

Case sempre afectan a persoas sen posibilidade de

protesta social ou electoral. Acabámolo de ver coas

adolescentes e o seu dereito (acompañado) a

decidir libremente sobre a súa maternidade.

Pagan a prenda do xogo político para que os

cidadáns adultos voten conservadoramente.

Non obstante, outras normas similares a punto de

aprobarse quedan moito máis escondidas. Sen

moito ruído (tan só un pequeno debate sobre a

competencia téñena a Comunidades Autónomas)

discútense estes días no Congreso dúas leis que

modifican o sistema de protección de menores.

Unha delas volve vender vidas adolescentes para

contentar votantes adultos. Trátase dunha lei,

orgánica, destinada a crear e regular "Centros

(pechados) para menores con problemas de

conduta". Simbolicamente, a mensaxe está clara:

estean tranquilos, agora xa poderemos pechar os

adolescentes que non se traian ben.

Resulta que un adolescente non pode ser privado

de liberdade se non cometeu un delito significativo

e se aínda non ten 14 anos. Tamén está claro que o

sistema de saúde mental non acaba de saber que

facer cos adolescentes e non ten recursos axeitados

para xestionar os seus malestares, as súas condutas

complicadas. Dende o sistema de protección non se

quere aceptar que un menor non pode ser protexi-

do a calquera prezo e sen gañar a súa implicación.

Ademais, moitos dos adolescentes protexidos son

espacialmente difíciles porque necesitan pasar con-

tas de vidas infantís de abandono e maltrato. Pero,

con independencia de pensar que facer, molestan e

hai que encerralos.

A complexidade é alta. Aínda así, os profesionais

que dedicamos a vida a traballar con adolescentes

que sofren e fan sufrir, que vimos de historias de

destrución como a da heroína, sabemos que na

inmensa maioría de situacións non ten ningún sen-

tido encerralos. Sabemos que se trata de ter espa-

zos residenciais abertos cunha alta capacidade de

influencia educativa e terapéutica. Garantir o

acompañamento permanente e intensivo no seu

propio medio. E, ademais, construír unha perma-

nente dose de paciencia social (de apoio familiar e

comunitario) para conseguir que, despois duns

anos, cheguen a formar parte da comunidade.

Estimados lectores, non voten aos que venden o

espellismo da súa tranquilidade a cambio de vidas

adolescentes!

Jaume Funes Artiaga

Educador, Psicólogo e Xornalista

www.jaumefunes.com

Page 3: Boletin do Ceesg nº 92

cgcees

Actividades para a mellora e sostibilidade do Estado de Benestar

No mes de febreiro anunciabamos a incorporación

do CGCEES na Alianza Científico Profesional para

a mellora e sostibilidade do Estado de Benestar,

cos obxectivos de reforzar normativamente o esta-

do do benestar, fomentar a colaboración estrutural

da sociedade civil co Estado e coas Administra-

cións Públicas, e reforzar o papel dos axentes so-

ciais.

O primeiro paso da Alianza foi solicitar unha

reunión co Presidente do Goberno para a presen-

tación da iniciativa. O seguinte paso previsto é pre-

sentala a todos os partidos políticos.

Desde o CGCEES intentarase establecer comuni-

cación coas organizacións educativas vinculadas a

esta alianza para establecer liñas de intercambio e

colaboración.

Colaboración coa revista do CEESIB

Desde o Col·legi d'Educadores i Educadors So-

cials de les Illes Balears (CEESIB) informan de

que están a preparar o próximo número da súa

revista monográfica, “Trobada d'educació social”,

que tratará sobre la inclusión social, que foi o

tema das VII Xornadas de Educación Social, que

organizaron no pasado mes de febreiro.

Animan a participar, aportando experiencias,

proxectos, programas, prácticas, etc., que traten

sobre a inclusión social de persoas en risco de

ser excluídas socialmente, como intervencións

socioeducativas de acompañamento a mozos e

mozas ex-tuteladas/os polo sistema de protec-

ción, mocidade con medidas xudiciais, poboación

penitenciaria, persoas con problemas de drogo-

dependencias, persoas sen teito, etc.

Ver presentación da Alianza Cien-tífico Profesional para a mellora e sostibilidade do Estado de Benes-tar

O prazo de entrega dos artigos finaliza o día 10

de xullo de 2015 e deben ter unha extensión má-

xima de 5 páxinas en "Arial12". O CEESIB res-

pectará a lingua na que se escriba o documento.

Page 4: Boletin do Ceesg nº 92

actualidade

Pola fin do xenocidio migratorio no Mediterráneo

A Campaña Estatal polo Peche dos CIE´s, xunto con múltiples organizacións de defensa dos dereitos humanos, condenamos o Xenocidio Migratorio que se está producindo no Mar Mediterráneo e denunciamos:

Que as persoas que perderon a vida tiñan diversos motivos para emprender a súa viaxe; entre estes, fuxir de conflitos políticos, bélicos e da propia pobreza. Lonxe de ser fenómenos “naturais”, están directamente relacionados coa política exterior da Unión Europea e os seus intereses comerciais.

Que a Unión Europea define a estas persoas como “inmigrantes ilegais” para non ter que aceptar as implicacións do que realmente son: potenciais refuxiados, nenos e nenas, vítimas de diversos conflitos.

Que a maioría das persoas que se afogaron deberían estar amparadas pola lexislación e os tratados de protección internacionais subscritos polos países da Unión Europea. Ante a imposibilidade de cursar calquera tipo de solicitude, vense obrigadas a arroxarse ao mar para, unha vez chegadas a Europa, tratar de conseguir este recoñecemento.

Que a UE ven dando reiteradas mostras de que a suposta orientación máis humanitaria e respectuosa cos Dereitos Humanos das súas políticas migratorias non pasa dunha farsa e de discurso baleiro que agochan o carácter securitario e bélico das mesmas. A maior responsable deste enfoque é a Axencia Frontex. A Axencia entende o intento de acceso das persoas como un “risco” (literalmente) de violación das Fronteiras. Dedícanse millóns de euros a sufragar tecnoloxía militar de vixilancia e, en cambio, non se destina ningunha medida ao salvamento de persoas.

Lembramos que a Axencia Frontex pasou de ter un orzamento anual de 5 millóns de euros na súa orixe (2004) a máis de 80 millóns por ano en 2015. O Estado Español destinou no último lustro case 290 millóns de euros a selar as fronteiras españolas e

menos de 10 millóns á acollida de refuxiados, unha das ratio máis desiguais da Unión Europea. Tamén pagou 50 millóns de euros a Marrocos para que constrúa un novo valo de concertinas. Non faltan recursos, senón vontade política.

Que a tecnoloxía de Frontex é capaz de localizar as embarcacións, pero resulta absolutamente incapaz de salvar ás persoas. Por prioridades políticas, invístese o diñeiro no control de persoas pero non no seu salvamento.

Que o Ministro de Interior, Fernández Díaz, é responsable directo de lexitimar estas mortes, pois considera que salvar vidas no Mediterráneo pode xerar un efecto chamada. É dicir, segundo o Ministro, hai persoas que hoxe teñen que morrer para que un posible efecto (sen unha relación causal clara) sexa evitado. O verdadeiro efecto chamada non é Salvamento Marítimo. Máis ben estamos ante un efecto directo de expulsión, consecuencia das políticas Europeas en África. Afirmacións como as do Ministro deberían ter consecuencias legais.

Que non é tolerábel aceptar que “outra embarcación afundiuse”: hai toda unha cadea de responsabilidades que deben ser investigadas, esclarecidas e, no seu caso, xulgadas. Hase de evitar que volva suceder, mellorando os protocolos de salvamento.

Que é inadmisible a hipocrisía do Presidente do Goberno cando indica que “Xa non valen as palabras, hai que actuar” en relación ás mortes do Mediterráneo. Lamentabelmente, naufraxios como este adoitan servir para lanzar medidas que dotan de máis medios a Frontex sen cambiar un chisco a súa errática concepción das migracións (como unha ameaza e un risco) e a súa lóxica bélica. Noutras ocasións, déronse respostas de intervención directa nos países de orixe: ben condicionando as “axudas ao desenvolvemento” á colaboración na represión das migracións ou ben con intervencións diplomático-militares que xeran aínda máis desprazados e desprazadas. Ambas as opcións

Tanto Foro de Inmigración (ao que pertence o Ceesg), como o Ceesg de xeito individual, sumámonos ao Manifesto Pola fin do Xenocidio Migratorio no Mediterráneo, elaborado pola Campaña Estatal polo peche dos CIE.

Calquera persoa a título particular pode asinalo. Asinar manifesto.

MANIFIESTO: Pola fin do Xenocidio Migratorio no Mediterráneo

Page 5: Boletin do Ceesg nº 92

supoñen precarizar aínda máis a experiencia migratoria e aumentar os naufraxios no Mediterráneo, o mar máis mortífero do mundo.

Que é necesario o investimento nun programa europeo de salvamento marítimo acorde á envergadura do problema, paralela a unha redución do financiamento de programas, operacións e tecnoloxías que militarizan a fronteira.

Que se fai necesaria a realización dun programa de identificación e memoria das vítimas, e de repatriación dos corpos ás súas familias.

A traxedia como xénero literario fai referencia a como os personaxes son enfrontados contra o

destino dos deuses con resultados de morte ou infortunio. O que ocorreu o domingo nas augas do Mediterráneo, con todo, está lonxe de poder considerarse como tal: non son traxedias inevitábeis, é unha responsabilidade da Unión Europea.

Pola fin das mortes no Mediterráneo.

Pola fin do Xenocidio Migratorio.

#GenocidioMigratorio

19 de abril de 2015

Campaña Estatal polo Peche dos CIEs.

Recentemente, o Partido Popular informou, a través da súa secretaria xeral, de que o anteproxecto de Lei de Servizos e Colexios Profesionais está parado e retirado. Foi durante un almorzo informativo organiza-do pola Fundación Caminos, dependente do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Este anuncio chega despois de que o ministro de Economía anunciase en febreiro que o anteproxecto de lei se retrasaría por tempo indefinido.

Retirada da LSCP

20 promocións de Educación Social - Ourense

Este curso celebramos que xa temos 20 promo-cións de Educación Social na Facultade de Cien-cias da Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo)

E dende a Facultade están a organizar un encon-tro de todas elas, que será os días 27 e 28 de xuño en Lodoselo.

O Ceesg quere estar alí, acompañar a todas esas persoas que se formaron / nos formamos en Ou-rense, e implicarse neste evento. Os prezos son simbólicos de auténtica homenaxe, como recoñecemento polos 20 anos indo ao CDR O Viso a celebrar este encontro.

Cotas: Só venres (inclúe cea): 10€ Só sábado: (inclúe xantar): 12€ Só sábado; (inclúe xantar e cea): 20€ Venres e sábado (incluíndo todos os xantares e

ceas previstas): 20€

Para pasar a noite hai 40 prazas en camas, e pode-ranse montar tendas de campaña polos arredo-res.

Prazo de inscrición ata o 9 de xuño.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES Venres 26 xuño

17.30 h. Benvida 18.00 h. Xogo de Pistas polo Pobo 21.00 h. Cea 23.00 h. Velada

Sábado 27 de xuño 09.00 h. Almorzo 10.00 h. Excursión a Couso 14.00 h. Xantar 16.00 h. Obradoiro do Pan 18.00 h. Xogos tradicionais e populares 21.00 h. Cea 23.00 h. Velada

Domingo 28 de xuño 09.30 h. Almorzo 10.30 h. Despedida

Vémonos en Lodoselo!

Inscricións a través do Ceesg.

Page 6: Boletin do Ceesg nº 92

formación

Xornada de emprendemento

Datas: 8, 9, 15 e 16 de xuño Horario: 16:30 a 20:30 h. Lugar: Sede do Ceesg (Santiago) Inscricións: [email protected]

Descargar ficha de inscrición

FORMACIÓN GRATUÍTA

PROGRAMA PARTE I 1. Organización empresarial

2. Marketing e comercialización.

3. Análise económico– financiero. PARTE II 1. A empresa de Inserción Laboral.

2. O traballador en Inserción.

3. Promoción das Empresas de Inserción.

4. Presentación das Empresas de Inser-ción.

Financiado por:

Page 7: Boletin do Ceesg nº 92

Obradoiro “A emoción da voz”

Obxectivo do obradoiro: Revisar as habilidades necesarias para o traballo de comunicación dia-rio. Dirixido a: Profesionais que traballan coa voz (na animación sociocultural, educación social, tra-ballo social, tempo libre, profesorado, oradores, etc.) e a persoas que necesiten mellorar as súas capacidades vocais, a súa dicción, ou aprender a expresarse en público. Docente: Isabel Pichel, xornalista e socióloga. Data: 12 de xuño de 2015. Horario: De 17:00 a 19:00 h. Lugar: Santiago de Compostela. Sede do Ceesg. Cotas:

Persoas colexiadas ou amigas do Ceesg, persoas en desemprego e estudantes: 8 € Outras situacións: 12 €

Prazo de inscrición: ata o 10 de xuño.

Isabel Pichel é xornalista e socióloga. Tamén é a

autora de A viva voz, un comic protagonizado por Faladoriña, que constitúe un manual moi intere-sante para a prevención de doenzas da voz, e diri-xido a todas aquelas persoas que usan a voz como ferramenta de traballo, e a aquelas que necesitan ou desexan mellorar a súa dicción en galego. Máis información sobre A viva voz.

Acceder ao formulario de inscricións.

Page 8: Boletin do Ceesg nº 92

XI Xornadas interxeracionais rurais

Page 9: Boletin do Ceesg nº 92

Realidades, desexos e necesidades.

Un espazo de acción para a Educación Social

Hai dous modos de pensar, vivir e facer as cousas, unha

e xerando problemas e a segunda consiste en intentar

solucio ns, porque problemas sempre habera . Son dous

modelos que comparten unha metodoloxí a comu n,

ambos os dous obrí gannos a tomar decisio ns. Sabemos

que a estrutura da nosa personalidade da sentido aos

nosos desexos, e que os axentes necesarios para a

abordaxe dos conflitos que son as emocio ns, a enerxí a

do comportamento, do comportamento moral (Camps,

2010).

Tal como explica Jose Antonio Caride Go mez (2002) no

seu artigo Construír la profesión: la Educación Social

como proyecto ético y tarea cívica, as profesio ns sociais

naceron e consolida ronse coa idea de satisfacer as

demandas dunha cidadaní a cada vez ma is consciente

dos seus dereitos. Partiremos da base que estes dereitos

xorden da deteccio n de necesidades. As necesidades

sociais dependen de certa organizacio n, de interaccio ns

subordinadas a normas onde o poder das institucio ns e

decisivo na distribucio n dos recursos. Luí s Ballester

(1991) no seu traballo Las necesidades sociales, teorías y

conceptos básicos, asegura que a tradicio n cultural e o

medio polo cal os grupos sociais regulan as normas. O

costume socialmente aceptado e compartida xustifica o

feito, mentres que a comunicacio n da norma lle da

sentido. Esta e unha interpretacio n absolutamente libre

da pedagoxí a de Habermans (1968) e se rvenos para

introducir outro escenario, vimos ao mundo con claros

impulsos cara aos outros, non obstante transcorrido o

tempo algo acontece en no s que trastorna este impulso

primario, e nos volvemos insensibles a dor do outro (de

Waal, 2007), e cando a cultura e a norma sucumbe aos

intereses, compon entes extranormativos, que xogan un

complexo papel en relacio ns sociais (Ballester, 1999).

Permití deme a licenza de citar novamente a Frans de

Waal, (2007) cando sentencia que se pode sacar o mono

da selva pero non podemos sacar a xungla do interior do

mono.

Doutro modo, como explicar que as estatí sticas sobre

pobreza infantil sexan cada vez ma is escandalosas e

permanezamos insensibles a elas a trave s de accio ns

decididas a cambiar esta inercia?, asistimos impasibles,

sen pedir explicacio ns, parece que vai camin o de

converterse en algo socialmente establecido, cultural e

tradicionalmente aceptado, cada vez hai ma is nenos

pobres, pero so nos dedicamos a contalos, os nenos non

son os adultos do futuro, son cidada ns de pleno dereito

que viven no presente. Sei que xeneralizar e pretencioso,

non obstante sobra dicir que temos mu ltiples informes,

recomendacio ns, baseados en evidencias que informan,

que predí n, que contan persoas, que reflicten datos, pero

temos poucas accio ns.

Talvez sexa necesario que a tradicio n cultural,

extranormativa dos intereses, sexa cuestionada para

axustala a norma legal, que en Espan a queda reflectida

na Constitucio n e na Convencio n dos Dereitos do Neno.

Normas supremas a s que estamos obrigadas todas as

administracio ns, pois xa na de cada de 1900, Max Weber

destaca que o elemento esencial da racionalizacio n da

conduta e a substitucio n da í ntima submisio n ao

costume pola adaptacio n planeada a unha situacio n

obxectiva de intereses.

Como vivimos? Que clase de pobreza estamos dispostos

a xerar, que problemas imos solucionar e como

pretendemos facelo? suxeitos como estamos a

interaccio n entre factores normativos, directrices, a s

que debemos cinguirnos no desempen o do noso labor, e

os desexos extranormativos, que impiden unha lectura

puramente xurí dica ou e tica das necesidades, sabemos

que ao apelar a criterios normativos a explicacio n da

xe nese dina mica e xustificacio n das necesidades e de

todo insuficiente (Ballester, 1991).

Doyal e Gough (1991) consideran o discurso sobre as

necesidades como prescricio ns dirixidas a s normas,

unha esixencia xene rica unha a ncora na que non

podemos permanecer impasibles, cando a orde

econo mica esta dirixida a perpetuar a pobreza

amparada en sistemas polí ticos e econo micos

deliberadamente ineficaces, que impiden o acceso aos

recursos de capas importantes da sociedade (Pogge,

2005). En que parte desta engrenaxe estamos

instalados? deberí a ser unha interpretacio n constante,

forzosamente somos necesarios para xustificar o

inmutable crecemento da desigualdade social. A

expresio n da actividade racional e tica, de principios esta

baseada en normas dereitos e obrigas utilitaristas que

desembocan en que e bo aquilo que e u til para a maiorí a

(camps, 2010).

Magdalena Gelabert Horrach

Educadora social, movimiento

educativo ELAUVO [email protected]

http://elauvo.blogspot.com

bloguES

Page 10: Boletin do Ceesg nº 92

E necesario dar ao desexo un status obxectivo e

recon ecer o seu concepto racional para materializalo e a

necesidade de resistir para cambiar o que non nos gusta.

Intervir activamente no proceso que transforma a

hexemoní a do absurdo "a forma colectiva do

comportamento absurdo e , sen du bida, a ma is perigosa,

xa que o seu cara cter absurdo non chama a atencio n de

ningue n e acaba sendo sancionada como

normalidade" (Miller, 2006: 140), pasar do valor de uso

a lo xica do valor de cambio, sen temor a s consecuencias

adversas do proceso (Ballester, 1991), o que

coloquialmente chamamos saí r da zona de confort a

pesar das presio ns da cultura organizativa. Considerar

que a satisfaccio n das necesidades ba sicas e unha meta

moral que implica a pra ctica de principios e ticos,

suxeitos a valores que a cultura enxalza ou non, nun

momento dado.

Tradicionalmente a producio n imaxinaria do desexo foi

reprimida e desvalorizada por ser froito de proxeccio ns

case ma xicas, non obstante temos a capacidade para

controlar as nosas accio ns, as que dan sentido aos nosos

desexos, accio ns complexas, nas que conflu en

diversidade de valores, competencias e sabores:

con ecementos, capacidades, actitudes, comportamentos,

habilidades, etc. (Go mez, 2002), son accio ns do desexo e

disciplinar as accio ns da sentido aos desexos (Ballester,

1991).

O educador social esta lexitimado pola su a formacio n e

experiencia, nun escenario cada vez ma is interdepen-

dente dos procesos de cambio social (Go mez, 2002).

Pero tame n e o resultado de mu ltiples factores onde o

seu mundo emocional dependera da construcio n do seu

cara cter (Camps, 2010).

REFERENCIAS

Ballester, L. (1991). Las necesidades sociales. Teorí as y conceptos ba sicos. Madrid: Sí ntesis S.A.

Camps, V. "Conferencia: LAS EMOCIONES MORALES. LA CONSTRUCCIO N SOCIAL DE LA AUTOESTIMA. Vic-toria Camps. Fundacio n Juan March." Fundación Juan March. 2010. Consultado el 04 del 03 de 2015 en: http://www.march.es/conferencias/anteriores/voz.aspx?p1=22659&l=1

De Waal, F. (2007). El mono que llevamos dentro. ¿hemos heredado de nuestros ancestros algo más que el asia de poder y una violenta territorialidad?. Barcelona: Tusquets editores

Doyal, L., y Gough, I. (1991). A theory of human needs. Londres: Macmillan

Go mez, J. (2002). Construir la profesio n: la Educacio n Social como proyecto e tico y tarea cí vica. Pedagogía social: revista interuniversitaria 9, Pp 91-125.

Miller, A. (2006). Por tu propio bien: raíces de la violen-cia en la educación del niño. Barcelona: Tusquets edito-res.

Weber, M.(1978). Economy and Society: An Outline of Interpretive Sociology. University of California Press.

Page 11: Boletin do Ceesg nº 92

Para ler e reflexionar...

Por una pedagogía de ayuda entre iguales. Reflexiones y prácticas. (Maribel de la Cerda Toledo)

Este libro aborda la temática de la ayuda entre iguales, una propuesta en la que el alumnado enseña a los compañeros y compañeras mediante una actividad planificada con una clara voluntad educativa. Esta práctica, de gran potencial educativo, permite trabajar sobre contenidos académicos y pone en juego un dinamismo pedagógico esencial para la vida y las relaciones afectivas entre personas. La obra se divide en tres partes que abordan una aproximación teórica, otra en la que se presentan experiencias prácticas, y finalmente un apartado en el que la autora ofrece una síntesis de las principales líneas pedagógicas que dan forma a este tipo de prácticas.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Dende o ano 2011 formo parte do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. No marco do grupo de investigación SEPA desenvolvo o meu labor investigador nos diversos proxectos do equipo e tamén, de forma particular, coa tese de doutoramento que estou realizando.

En liñas xerais, a investigación non é un campo profesional no que pensamos como educadoras sociais, case sempre orientadas á intervención directa con amplos colectivos e realidades sociais. Non obstante, é unha saída laboral enriquecedora e que pode aportar moito á construción da profesión; por unha banda, os traballos investigadores que realizamos buscan, entre outros obxectivos, a consolidación e reivindicación do perfil profesional da educación social, ao mesmo tempo que é posible participar na formación de futuras xeracións de profesionais.

No meu caso, a tese de doutoramento que desenvolvo indaga sobre o papel que a educación do lecer, e xa que logo, as e os profesionais da educación social, teñen nos procesos de recuperación de violencia de xénero. Unha das metas da investigación é propoñer unha reflexión sobre o rol profesional da Educación Social nas casas e recursos de acollida.

Evidentemente, unha tese non cambia o mundo pero sí pode contribuír á reivindicación da nosa profesión e da nosa praxe. Este é o camiño que eu transito como educadora e que comparto neste pequeno espazo.

Tania Merelas Iglesias

Educadora Social

Colexiada nº 3539

QuE fas ti pola educación social?

Horario de verán.

De xuño a setembro, o horario de atención ao público no Ceesg será:

Luns a venres

8:00 a 15:00 h.

Servizo xurídico presencial: de cada mes, de 12:00 a 14:00 h.

aviso

primeiros mércores

terceiros martes

Page 12: Boletin do Ceesg nº 92

Actuacións

II Semana da promoción social. O alumnado de Educación Social e de Traballo Social do Campus de Ourense - Universidade de Vi-go, organizan esta actividade, na que o Ceesg participa no acto inaugural.

3ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural. Colaboramos e asistimos a estas xor-nadas que pretenden contribuír a promover o in-terese pola cultura e tradicións propias da parro-quia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer ex-periencias e estratexias que nos permitan contribuír a im-pulsar iniciativas de desen-volvemento social e económi-co na nosa contorna.

Achegas ao borrador de Carteira de Servizos So-ciais de Inclusión. Revisamos o texto que propoñen dende a Consellería de Traballo e Benestar, e face-mos as observacións que consideramos pertinentes para unha mellora dos servizos que se propoñen.

Designación de representante para grupo de tra-ballo CGCEES. CGCEES reactiva o grupo de traballo sobre Educación Social e Prisións para elaborar un plan de traballo específico nesta materia na súa próxima Asemblea.

Seminario Internacional polo dereito á Educa-ción. O seminario ten o lema "A educación cambia o mundo. A participación cidadá na Axenta post-2015". As Fiadeiras presentan o seu grupo como un-ha boa práctica para tra-ballar desde a igualdade dentro do obradoiro "educar en igualdade den-tro e fóra da aula: o enfo-que de xénero na práctica educativa"

Escrito á Deputación de Pontevedra sobre a SAP. Solicitamos á Deputación de Pontevedra a retirada dunhas bases de selección nas que, entre o temario da proba de acceso, inclúe dous temas sobre a Sín-drome de Alienación Parental, que carece total-mente de base científica e que se basea en prexuí-zos de xénero.

Encontro: Implicacións no traballo cotián dos cam-bios lexislativos no ámbito da infancia. Organiza-mos unha xornada na que analizar como afectarán os cambios normativos previstos ao traballo das per-soas que traballan no ámbito da infancia.

Xornadas interxeracionais da Facultade de Cien-cias da Educación de Ouren-se. Colaboramos e asistimos a estas xornadas que van xa pola súa XII edición.

Adhesión ao manifesto Pola fin do xenocidio mi-gratorio no Mediterráneo. Impulsado pola Campa-ña Estatal polo Peche dos CIES.

Asistencia á presentación da asociación Inventi-va. Presentación de Inventiva, asociación recén constituída en Vigo para o desenvolvemento do ta-lento, creatividade e altas capacidades dos nenos e nenas da provincia de Pontevedra. Inventiva é unha asociación de caracter aberto cuxo obxectivo prin-cipal é axudar a cubrir as necesidades dos nenos que demandan unha estimulación diferente para potenciar o seu desenvolvemento integral e a súa contribución á mellora da sociedade.

XXIX Encontros de Educadores/as pola paz. Baixo o lema Convivencia e Benestar para o Século XXI: Experiencias e Recursos, Nova Escola Galega orga-nizou este encontro que afondou en innovadoras perspectivas, ferramentas e dinámicas educativas dirixidas á consecución dun benestar común ópti-mo, libre das múltiples ex-presións da violencia. Nesta edición, como novidade, ce-lebrouse unha asemblea de estudantado de educación social.

Page 13: Boletin do Ceesg nº 92

Asemblea da Unión Profesional de Galicia. Mem-bros da Asociación de colexios profesionais reuní-monos para aprobar as contas do exercicio 2014, entre outros asuntos.

Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg estará dispoñible na sede do Ceesg. As per-soas colexiadas poden achegarse ata as oficinas pa-ra recibir orientación e asesoramento xurídico so-bre calquera cuestión que queira plantexar.

Grupo de traballo da Xunta – ESGADI. Participa-mos semanalmente nas reunións do grupo de traba-llo para a elaboración da Estratexia Galega de Dis-capacidade, no que temos representación, e face-mos achegas aos borradores aportados.

Reunión da Comisión para realización do Docu-mental. As persoas encargadas do Documental so-bre a Historia da Educación Social traballaron sobre o guión, e seguintes gravacións.

Reunión Comité organizador Xornada Educación social e Escola. De cara á celebración dunha 3ª Xor-nada sobre esta temática, reunímonos con repre-sentantes das entidades que colaboraremos: Uni-versidades de Santiago, Vigo e A Coruña, e Nova Escola Galega.

IV Xornadas de educación social e violencia de xénero. A Universidade da Coruña, na súa Facultade de Ciencias da Edu-cación, acolle a IV edición das xornadas que organiza o grupo Fiadeiras co obxectivo da sensibilización ante a violencia de xénero.

Reunión da Área de Acción Profesional. A Área de Acción Profesional reúnese para avanzar no seu plan de traballo.

Photocall Olladas dende a Educación Social. O PIC de Santiago organiza un Photocall para difundir e promover a participación no II Concurso Olladas dende a Educación Social.

Reunión do Foro de Inmigración. As entidades de Santiago pertencentes ao Foro reuníronse para va-lorar as actividades desenvolvidas e as que están previstas desenvolver no marco da Rede Galega en Defensa da Sáude. Tamén prepararemos a asem-blea/encontro final da campaña "En Defensa dos Dereitos das Persoas Migrantes", e abordáronse pro-postas para conseguir unha maior participación e achegamento do Foro ás persoas migrantes de Com-postela e as súas asociacións e grupos.

V Xornadas de innovación educativa no mundo rural. Asistimos á Xornada organizada pola Univer-sidade de Santiago, que se centra en "Muller, me-moria e comunidade no rural galego.

Reunión coa Decana da Facultade de Educación da USC. A Decana da Facultade de Ciencias da Edu-cación recíbenos para intercambiar opinións sobre o cambio normativo que permite que as titulacións universitarias de grao pasen dunha duración de 4 anos a 3.

Reunión da Área de comunicación. Para avanzar nos seus plans de traballo 2015.

Reunión de aBeira. Para planificar as súas seguin-tes actividades, que se centrarán, sobre todo, na validación do modelo de informe socioeducativo.

Reunión do PIC de Santiago. Para organizar a pro-moción do concurso Olladas dende a Educación So-cial.

Reunión da Xunta Permanente do Ceesg. Revisión de todos os asuntos nos que actualmente está tra-ballando o colexio.

Page 14: Boletin do Ceesg nº 92

Técnico de Intervención Familiar. Vigo. Animador/a sociocultural. Santiago. Docente para o certificado profesional de docencia da

formación para o emprego.

Docente para o certificado de profesionalidade Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapaci-dade. Vigo.

Monitores/as e Directores/as de tempo libre.

Estas son as ofertas de emprego publicadas durante o mes pasado na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións a entidades locais para información xuvenil e acti-

vidades para xuventude. DOG 9/04/15 Programa Deseñando o teu futuro. DOG 10/04/15 Programa Iniciativa Xove. DOG 10/04/15 Subvencións para o fomento do emprego a través dos progra-

mas de cooperación en entidades sen ánimo de lucro. DOG 15/04/15

Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuve-nil. DOG 17/04/15

Axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 a través do Cheque infantil. DOG 27/04/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para forma-ción actividade laboral dos contratos para a formación e aprendi-zaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro. DOG 27/04/15. Corrección o 30/04/15 Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza: Subvencións a proxectos de acción humanitaria no exterior. DOG 7/04/15

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza: Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autó-noma de Galicia en relación coa Lei 5/2014, do 27 de maio, de me-didas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administra-ción local. DOG 8/04/15

Formación

Certificado de profesionalidade: Docencia para o Emprego Organiza: Grupo Conforma. Datas: Grupo A: do 25 de maio ao 7 de agosto (luns a venres pola mañá). Grupo B: do 25 de maio ao 11 de agosto (luns a venres pola

tarde, e sábados pola mañá). Lugar: Ourense. Prezo: 1500 €. Desconto do 20% ás persoas colexiadas no Ceesg. Máis información: http://ceesg.org/novas/895/formacion-desconto-docencia-o-emprego

Formación en atención temperá Curso A: “Intervención con escolares con dificultades de lectura e escritura. Unha aproximación desde la práctica Psico-educativa.” Curso B: “Os problemas de atención: superando o debate con solución desde a aula e no fogar familiar” Organiza: APAE Atención temprana. Datas: 16 de maio. Lugar: A Coruña. Prezo Xeral:55 €. Persoas colexiadas: 40€. Máis información: http://atenciontempranaapae.blogspot.com.es/

Xestión da diversidade cultural no ámbito sanitario Organiza: Asociación Matiz. Datas: Varias edicións no 2015 e 2016, en diversas datas. Lugar: En liña. Prezo: 90 €. Descontos para estudantes e persoas en desemprego. Desconto do 20% para persoas colexiadas. Máis información: http://www.asociacionmatiz.org/

Manexar o impacto de situacións traumáticas Organiza: Loft psicólogos. Data: 30 de maio. Lugar: Milladoiro (Ames). Prezo: Xeral: 80 €. Estudantes e persoas colexiadas no Ceesg: 60 € Máis información: http://ceesg.org/novas/889/formacion-desconto-manexar-o-impacto-situacions-traumaticas

Terapia con cans Curso A: Intervención psicoeducativa para nenos/as con TEA, utilizando a figura do can de apoio ou de asistencia como elemento mo-tivador e reforzador da aprendizaxe. Santiago. 9 e 10 de maio. Curso B: Desenvolvemento de habilidades socioemocionais en menores a través da figura do can de apoio. Santiago. 27 e 28 de xuño. Organiza: Terapia Guau. Lugar: Santiago. Prezo: Curso A: 230 €. Curso B: 160 € Desconto do 20% para persoas colexiadas. 4 Máis información: http://www.terapiaguau.com/