plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias...

23
Plan de Traballo Ceesg 2013 Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia 02/03/2013 Rúa Lisboa, nº 20 Baixo C, 15707 Santiago de Compostela T. 981 55 22 06 | F. 981 93 82 74 | [email protected] | www.ceesg.org

Transcript of plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias...

Page 1: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

�Plan de Traballo Ceesg

2013

� Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia � 02/03/2013

Rúa Lisboa, nº 20 Baixo C, 15707 Santiago de Compostela

T. 981 55 22 06 | F. 981 93 82 74 | [email protected] | www.ceesg.org

Page 2: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

� Páxina 1

Plan de Traballo Ceesg 2013

As liñas básicas e estratéxicas están recollidas neste documento. Aparecen tanto as propostas de traballo das áreas como dos grupos.

Áreas

Área de Acción Profesional e Sociolaboral

Definida como a área que traballa pola calidade da profesión, revisando prazas, enviando escritos, e formulando estratexias para que a Educación Social teña cabida no mercado laboral cunhas condicións dignas, para ofrecer os mellores servizos ás persoas coas que traballamos.

Área de Comunicación e Participación Colexial

É a encargada de notificar as novidades ás colexiadas e colexiados, así como facilitar as vías para participar da vida colexial, a prol da mellora profesional. Encárgase das redes sociais e de todos os elementos de comunicación do colexio profesional.

Área de Desenvolvemento Profesional

Nesta área trabállase pola defensa da profesión a través da mellora continua, a reciclaxe profesional, os encontros e todas as xornadas ou actuacións que se poidan facer para visibilizar a profesión.

* [Eliminamos a Área de Xestión Financieira e

Captación de Recursos].

Grupos

Grupo de traballo en Igualdade, Fiadeiras

Pretendemos xerar un espazo para o encontro, reflexión e traballo profesional das educadoras e educadores sociais da nosa comunidade, encamiñado a romper cos modelos sexistas que seguen a frear a día de hoxe os avances cara unha sociedade democrática e xusta.

Grupo de estudos e intervención xeragóxica, Geix

O Grupo de Estudios e Intervención Xerontolóxica (GEIX) creouse como espazo de reflexión, de debate e para compartir experiencias entre un grupo de educadoras sociais que traballaban no ámbito das persoas maiores.

Grupo de traballo en infancia e adolescencia, Escaravellando

É un grupo de educadoras e educadores sociais interesados/as no ámbito da infancia e a adolescencia, coa motivación de crear un punto de encontro entre profesionais do eido.

Grupo de traballo en Intervención Socioeducativa con Familias, aBeira

Elaboramos propostas e actuacións formativas, reivindicativas e de sensibilización que potencien e incrementen as boas prácticas e os recursos para mellorar a calidade de vida das familias e as infancias en dificultade social.

Grupo de traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental, Dcea

De moi recente creación, este grupo tratará na súa primeira etapa reflexionar sobre o que se entende por comunitario, e estudar a figura profesional do/a educador/a social no desenvolvemento comunitario.

Page 3: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

Contido

ESTRUTURA ORGANIZATIVA ........................................................................................ 3

ESTRATEXIAS 2013 ....................................................................................................... 4

ÁREA DE ACCIÓN PROFESIONAL E SOCIOLABORAL ............................................... 6

ÁREA DE COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN COLEXIAL ....................................... 3

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL .......................................................... 5

GRUPOS DE TRABALLO ................................................................................................. 8

FIADEIRAS, GRUPO DE TRABALLO EN IGUALDADE, .............................................. 8

GEIX, GRUPO DE ESTUDOS E INTERVENCIÓN XERAGÓXICA ............................. 10

ESCARAVELLANDO, GRUPO DE TRABALLO EN INFANCIA E ADOLESCENCIA ..... 13

ABEIRA, GRUPO DE TRABALLO EN INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA CON FAMILIAS

.............................................................................................................................. 14

DCEA, GRUPO DE TRABALLO EN DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO E EDUCACIÓN

AMBIENTAL ........................................................................................................... 15

ceesg.org

Page 4: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

� Páxina 3

Estrutura organizativa

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia está estruturado organizativamente en tres grandes Áreas e en varios Grupos de Traballo:

1. Área de Acción Profesional e Sociolaboral: - Eva Moldes Casal (coordinadora,

vicepresidenta) - Eva López Soto (secretaria) - Laura Cruz López (tesoureira,

coordinación) - Alberto Fernández de Sanmamed Santos

(vogal) 2. Área de Comunicación e Participación Colexial: - Ramón Molina Gómez (coordinador, vogal) - Sofía Riveiro Olveira (presidenta) - Tania Merelas Iglesias (vogal)

3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

vogal) - Mª Jesús Gutiérrez Candame (vogal) - Vanesa Cernadas Agraso (vogal)

4. Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica (GEIX): - Mónica Sérrano Soto (coordinadora,

colexiada) - María Alonso Pais - Laura Pena Fernández - Cruz María Refojos Meneses - María Esther Pérez Enríquez - Laura Vilaboy Romero

5. Grupo de Traballo en Igualdade, Fiadeiras: - Tania Merelas Iglesias (coordinadora, vogal) - Eva Bastón Martínez (colexiada) - Isabel Taboada Mougán (colexiada) - Natalia Domínguez Galán (colexiada) - Noelia Darriba García (colexiada) - Sofía Riveiro Olveira (presidenta) - Ana María Cabaleiro García (colexiada)

6. Grupo de Traballo de Intervención Socioeducativa con Familias, aBeira: - Rita Conde Sumay (coordinadora,

colexiada) - Eva Moldes Casal (vicepresidenta) - Mª Rosario Mallo Alonso (colexiada) - Lourdes Varela González (colexiada) - Laura Varela Crespo (colexiada) - Ana Mª Domínguez Márquez (colexiada) - Mónica Fernández Gesteira (colexiada) - Rocío Nuñez Rúa (colexiada) - Belén Fernández Fernández (colexiada) - Estefanía Lema Moreira (colexiada)

7. Grupo de Traballo de Infancia e Adolescencia, Escaravellando: - Rodrigo Saa Carreira (coordinador,

colexiado) - Duarte Crestar Pena (colexiado) - Cristina González Pardo (colexiada) - Mercedes Bolaño Pampín (colexiada) - María Rial Fernández (colexiada) - Lucía Fernández Iglesias (colexiada) - Estefanía Lema Moreira (colexiada) - Beatriz Caneda Zamar (colexiada) - Raquel López Fernández (colexiada) - María Quintas Sotelo (colexiada) - Constantino Couso Miguélez (colexiado)

8. Grupo de Traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental: - Raquel López (coordinadora, colexiada) - Iván García García (colexiado) - Xosé López Gómez (colexiado) - Silvia Gálvez Vilches (colexiada) - Lucía Lesta García (colexiada) - Jessica Rodríguez García (colexiada) - José A. Rico Prieto (colexiado) - Sabela Dávila Cacheda (colexiada) - Noa Devesa Rodríguez (colexiada)

Page 5: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Estratexias 2013

Son varias as frontes que temos abertas para este ano, e tentaremos dar conta do que facemos en relación a cada unha delas, mais estas cremos que son as máis salientables para o noso futuro profesional:

� Seguimento do Anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais: para coñecer en qué situación queda a nosa profesión ante a indefinición na que aparecemos nesta futura lei. Defendemos a colexiación obrigatoria e a reserva de actividade, polo que xa estamos establecendo accións e buscando apoios institucionais.

� Control do grao de implantación do Decreto de Servizos Sociais (99/2012): a través da asesoría xurídica, do grupo de traballo de familias (aBeira), e da área de traballo de acción profesional estamos a deseñar unha estratexia para identificar en qué medida se está a asumir o dito decreto.

� Elaboración do Profesiograma e o Mapa de Recursos dos ámbitos nos que existen grupos de traballo: para coñecer a realidade da educación social en Galicia, optamos por botar man dos grupos de traballo como facilitadores da labor de definición de funcións e recompilación de recursos nos distintos ámbitos: familia, infancia, xerontoloxía, igualdade e comunidade e educación ambiental.

� Observatorio de Recortes: como vimos facendo na última época, temos un firme compromiso de defensa do público e de denuncia das inxustizas e precariedades que se están dando no eido dos servizos sociais a raíz dos recortes que se están a dar a todos os niveis. Seguimos adheridas-os a Alianza Social Galega, Cumio Social, Plataforma Mira por Elas, ... e todas aquelas entidades que nos traian á orde do día do quebrantamento do Estado de Benestar.

Observatorio de Recortes

Profesiograma e Mapa de Recursos dos ámbitos dos

grupos de traballo

Seguemento do anteproxecto de Lei de Servizos Profesionais

Cumprimento da implantación do

Decreto de Servizos Sociais

Page 6: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

� Páxina 5

Áreas de Traballo

Acción Profesional e Sociolaboral

Comunicación e Participación Colexial

Desenvolvemento Profesional

Page 7: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Área de Acción Profesional e Sociolaboral

Obxectivos de 2013

1. Avanzar no recoñecemento dunha categoría única de Educador/a Social no V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

2. Coñecer a realidade da Educación Social nos ámbitos vinculados a Grupos de Traballo e a centros penitenciarios (estratéxico do CGCEES).

3. Contribuír á definición do perfil profesional da educadora e do educador social nos ámbitos vinculados a Grupos de Traballo.

4. Promover o coñecemento profesional da normativa básica en relación aos ámbitos estratéxicos do Ceesg: centros de menores, servizos sociais e centros penitenciarios.

5. Achegar ás educadoras e aos educadores sociais o discurso e reflexión sobre ética e deontoloxía profesional.

6. Operativizar e sistematizar a recollida, publicación e denuncia sobre o desmantelamento do Estado do Benestar.

Page 8: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Accións 2013

Permanentes da área:

� Seguimento, supervisión e intervención, cando sexa preciso, das convocatorias e prazas de educador/a social na Administración Pública, na iniciativa privada e no terceiro sector.

� Especificamente neste 2013 analizaremos a listaxe de peritaxe. � Seguimento das disposicións legais en materia social e educativa, e dos convenios onde se regularice a

figura profesional e a situación laboral da educadora e do educador social, así como da súa aplicación. En concreto, ademais dos que se promovan ao longo do ano, analizaremos a aplicación dos seguintes, en colaboración cos Grupos de Traballo e coa Área de Desenvolvemento Profesional:

• II Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores. • Decreto de servizos sociais comunitarios. Entre outras tarefas, contactaremos coas Deputacións

provinciais para o seguimento da contratación das educadoras e educadores sociais. • Lei de mediación en asuntos civís e mercantís.

� Reunións mensuais coa asesoría xurídica.

Específicas para o 2013:

En relación ao Convenio Único: � Reunión con colexiadas/os que sexan persoal laboral da Xunta de Galicia da categoría de Educador/a-

profesor/a especial, para consensuar o obxectivo de mudar a categoría profesional e contar co seu apoio. � Revisión e análise das RPT da Consellería de Traballo e Benestar e de Educación. � Reunión coas Secretarías Xerais dos Sindicatos para trasladar a análise das RPT da Xunta de Galicia, a

forza colexial nos Sindicatos e as reivindicacións do Ceesg. En relación aos demais obxectivos:

� OB1: Elaboración, en colaboración cos Grupos de Traballo e con CGCEES, dun mapa de recursos nos seguintes ámbitos: infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social; servizos sociais comunitarios; centros penitenciarios; igualdade; e maiores.

� OB2: Elaboración do Profesiograma da educadora e do educador social nos seguintes ámbitos: infancia e

adolescencia en situación de desprotección e conflito social; servizos sociais comunitarios; centros penitenciarios; igualdade; desenvolvemento comunitario e educación ambiental; e maiores. Esta acción desenvolverase en estreita colaboración cos Grupos de Traballo do Ceesg.

� OB3: Organización e desenvolvemento de dúas xornadas xurídicas sobre lexislación en infancia e

adolescencia, e servizos sociais comunitarios. � OB3: Edición e publicación, en colaboración coa Área de comunicación e participación colexial, dun CD

“Colexio en Dixital” no que se recompile a lexislación internacional, estatal e autonómica sobre infancia e adolescencia e servizos sociais comunitarios.

� OB4: Organización e desenvolvemento dunhas xornadas sobre Ética e Deontoloxía: Profesión, Banca e

Prensa.

� OB5: Articulación na web dun espazo específico para a recollida e reflexión sobre os recortes sociais, laborais e económicos e a súa implicación social e profesional.

Page 9: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Temporalización

Cuadrimestre Actuacións

Xaneiro-abril

� Elaboración da ficha base para o profesiograma e mapa de recursos. � Envío das solicitudes de información sobre centros e programas

concertados para a atención á infancia e adolescencia, e centros penitenciarios.

� Contacto cos GT e inicio da elaboración dos profesiogramas e mapas de recursos.

� Revisión e análise das RPT da Xunta de Galicia. � Revisión do Convenio de protección e reforma (Grupo de Traballo). � Articulación na web dun espazo específico para a recollida e reflexión

sobre os recortes sociais, laborais e económicos e a súa implicación social e profesional (–seguimento da prensa-).

Maio-agosto

� Celebración das xornadas xurídicas sobre servizos sociais comunitarios (maio).

� Recompilación da lexislación sobre servizos sociais comunitarios. � Reunión con colexiadas/os persoal laboral da Xunta de Galicia. � Contacto cos Sindicatos.

Setembro-decembro

� Celebración das xornadas xurídicas sobre infancia e adolescencia (setembro).

� Recompilación da lexislación sobre infancia e adolescencia. � Celebración das xornadas sobre Ética e Deontoloxía profesional

(decembro).

Page 10: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Área de Comunicación e Participación Colexial

Obxectivos específicos 2013

1. Incrementar a participación das/os educadoras/es sociais nos soportes do Ceesg: Boletín, Galeduso, redes sociais e Web.

2. Incrementar a presenza do Colexio nos medios de comunicación.

3. Manter a comunicación do Ceesg coa Universidades (incluída a UNED) e coas futuras/os profesionais da ES.

4. Potenciar os eventos creados neste dous últimos anos e que promovan a nosa identidade profesional e divulguen boas prácticas na ES.

5. Promover actuacións dirixidas a fomentar a colexiación de profesionais da ES.

6. Editar e publicar un número da revista monográfica Galeduso e o Boletín mensual.

Page 11: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Accións 2013

� Edición da revista monográfica Galeduso de Educación Ambiental.

� Elaboración do Boletín como publicación mensual de referencia.

� Lanzamento da Campaña de Colexiación “12 ANOS FACENDO PROFESIÓN, 12% DE

DESCONTO” coas estratexias de comunicación pertinentes.

� Elaboración dunha base de datos e establecemento de contactos cos medios de comunicación.

� Deseño de accións específicas dentro dos Puntos de Información Colexial nas 3 universidades.

� Elaboración dunha publicación do Día Mundial da Educación Social (DMES).

� Celebración dos actos do Día Mundial da Educación Social.

� Difusión da Campaña Amigas/os do Ceesg.

� Elaboración da campaña “ESCRIBE O QUE FAS” para a dignificación profesional e visibilización da ES.

� Avaliación do boletín do Ceesg.

� Elaboración do Manual de Comunicación.

� Elaboración de merchandising do Ceesg.

� Difusión e celebración da Fase galega do Concurso Toni Juliá.

� Xuntanzas coas Universidades incluíndo o contacto coa UNED.

� Accións específicas para a Dinamización dos Foros da web do Ceesg.

� Celebración do Xantar Laranxa.

Temporalización

Cuadrimestre Actuacións

Xaneiro-Marzo

� Xantar Laranxa � Accións PIC � Avaliación Boletín do Ceesg � Contacto coa UNED � Campaña “Amigas do Ceesg” � Elaboración de Merchandising do Ceesg

Abril-Xuño

� Concurso Toni Juliá (fase galega) � Accións PIC � publicación DMES � Galeduso educación ambiental

Xullo-setembro � Xuntanzas universidades � Manual de comunicación � Base de datos de medios de comunicación

Outubro-Decembro � Día Mundial da ES � Concurso Toni Juliá � Campaña “Amigas do Ceesg”

Accións anuais

� Boletín mensual � PIC � Dinamización foro web � “12 anos facendo profesión, 12% de desconto” � “Escribe o que fas”

Page 12: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Área de Desenvolvemento Profesional

Obxectivos específicos 2013

1. Desenvolver accións formativas diversificadas en temáticas, ámbitos territoriais e tempos de celebración, potenciando as presentadas a bolsa de formación.

2. Regular, dar soporte e consolidar os grupos de traballo existentes.

3. Manter os encontros do Espazo Dialoga.

4. Colaborar intensamente na difusión do Congreso Mundial da Educación Social de Luxemburgo, potenciando a

participación de profesionais da educación social en Galicia no evento.

5. Informar ás colexiadas/os sobre o estado e as novidades do paso de Diplomadas/os a Graduadas/os en Educación Social.

6. Deseñar o plan formativo para o ano 2014.

7. Traballar conxuntamente coa área de Acción profesional e coa asesoría xurídica o tema de peritaxe e ofertar unha formación neste ámbito impartida pola nosa asesoría xurídica.

Page 13: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Accións 2013

� Implementación do plan de formación do ano 2013.

� Potenciación da formación estratéxica nun nicho de emprego para as educadoras/os sociais: mediación.

� Impulso do grupo de traballo en adiccións a través dun encontro de profesionais.

� Reunión seguimento grupos de traballo.

� Elaboración do protocolo de difusión de formación externa ao Ceesg.

� Elaboración do plan de formación do 2014.

� Apoio na difusión da celebración do Congreso Mundial de Educación Social.

� Revisión e información na web sobre os plans de formación regrada: curso ponte, mestrados,...

� Mesa redonda coa participación de: Universidade de A Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, UNED, CGEES e Función Pública, o paso das diplomadas/os en educación social a graduadas/os.

Temporalización

Trimestre Actuacións

Xaneiro-marzo

� Formación inicial en mediación � Dar soporte aos grupos de traballo e reunión estratéxica. � Protocolo difusión formación externa ao Ceesg. � Formación: O emprego con apoio e a figura do/a preparador/a

laboral: unha inserción laboral real de todos/as. � Difusión do Congreso Mundial de Educación Social.

Abril-xuño

� Encontro profesionais no ámbito das adiccións. � Formación: Educación social e tics: a rede como un espazo máis de

intervención. � Dar soporte aos grupos de traballo e reunión de seguimento. � Mesa redonda: situación do pas o das diplomadas/o en educación

social a graduadas e graduados.

Xullo-setembro � Formación: O valor pedagóxico do humor en educación social. � Formación en mediación máis extensa. � Dar soporte aos grupos de traballo.

Outubro-decembro � Formación en peritaxe � Deseñar a formación para o ano 2014

Page 14: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Grupos de Traballo

Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade

Geix, grupo de estudos e intervención xeragóxica

Escaravellando, grupo de traballo en infancia e adolescencia

Familias, grupo de traballo en intervención socioeducativa con familias

Dcea, grupo de traballo en desenvolvemento comunitario e educación ambiental

Page 15: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Grupos de traballo

Grupo de traballo en igualdade, Fiadeiras

Obxectivos xerais

� Comprometer a praxe do Ceesg co feminismo e a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

� Situar a igualdade de xénero como valor central da práctica educadora.

� Crear un espazo de encontro e reflexión entre educadoras e educadores comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.

� Denunciar as discriminacións que seguen a lastrar o desenvolvemento das mulleres, con especial atención ao que acontece na comunidade galega.

Obxectivos específicos para 2013

� Manternos activas na rede (Facebook, Twitter, Blog Fiadeiras).

� Elaborar un mapa de recursos do pais en materia de igualdade.

� Manter as liñas de colaboración con outras entidades.

� Contribuir a dinamizar os PIC. � Facer uso de recursos artísticos nas

actividades de Fiadeiras sempre que sexa posible.

� Buscar autofinanciamento para o grupo.

Áreas de Intervención e obxectivos específicos para este ano 2013

� Sensibilización/Reivindicación.

◦ Dar a coñecer o compromiso do Ceesg coa coeducación a través da elaboración de material de sensibilización.

◦ Elaborar manifestos para datas conmemorativas e con motivo doutras situacións que así o requiran.

� Formación.

◦ Realizar accións formativas de carácter básico en materia de igualdade de xénero.

� Arte e cultura

◦ Manter as actividades de carácter cultural e lúdico desenvolvida nos anos anteriores. Accións

� De carácter reivindicativo: encamiñadas a denunciar discriminacións que permanecen activas e limitan as posibilidades de desenvolvemento das mulleres, prestando especial atención ao que acontece no contexto da comunidade galega.

� Elaboración de manifestos denunciando as diferentes formas que adquire a violencia de xénero na nosa sociedade e expresando o posicionamento de Fiadeiras ao respecto.

� Presenza comprometida en foros feministas (galegos, españois, internacionais). � Blogue Fiadeiras: “fiadeiras.blogaliza.org”. � Facebook Fiadeiras Ceesg. � Conta de Twitter � Deseño e posta en marcha da Campaña de Coeducación, para presentala co motivo do 8 de

marzo (videocreación, folleto, consulta web…).

Page 16: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

� De carácter formativo: encamiñadas a mellorar a formación das educadoras e educadores sociais en materia de igualdade entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero como elemento crítico do seu quefacer profesional:

� Participación do Grupo Fiadeiras en Seminarios, Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas do grupo.

� Coordinación con outros grupos de traballo do Ceesg. � Coordinación con outras entidades que traballan nesta materia (facilitando información,

descontos...). � Planificación e execución de formación en materia de igualdade de xénero.

� De carácter cultural: encamiñadas utilizar recursos artísticos para crear espazos de encontro para favorecer a reflexión compartida en torno a cuestión de educación social e xénero.

� III Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras. � Actualización da Biblioteca do Ceesg en materia de xénero, igualdade e feminismo. � Acto para a celebración do aniversario do grupo Fiadeiras.

Cronograma

1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre 4º trimestre

áreas Actividades X

AN

FEB

MZ

ABR

MA

I

XL

AG

SET

OU

T

NO

V

DEC

1. S

ensibi

lizac

ión/

Rei

nvin

dica

ción

Elaboración dun Mapa de Recursos en Igualdade.

Deseño e posta en marcha da Campaña de Coeducación, para presentala co motivo do 8 de marzo (videocreación, folleto, consulta web…).

Dinamización Puntos de Información Colexial (PIC) das universidades galegas.

Elaboración de manifesto con motivo do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora

Elaboración de manifesto e realización de acto conmemorativo con motivo do 25 de novembro, Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

Organización e realización das Xornadas 25 de Novembro: Educación e Violencia de xénero: boas prácticas para a súa erradicación

Organización dunha mesa redonda con motivo do 23 de setembro, Dia Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas

Venta de lotería para cesta de Igualdade con motivo do 8 de marzo

Realización dun calendario do 2014 para a venta

Venta de chapas e broches

2.

Form

ació

n

Coordinación Grupos de Traballo

Planificación e execución de formación Básica en Igualdade de Xénero

3. A

rte

e C

ultu

ra

Mantemento do blog de Fiadeiras e das contas de Twiter e Facebook

Acto conmemorativo do aniversario de Fiadeiras

Organización do Festival Son De Fiar (para Marzo do 2014)

III Ciclo de Cine Feminista Fiadeiras

Page 17: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Geix, grupo de estudos e intervención xeragóxica

1. Obxectivos

� Potenciar a figura do/a Educador/a Social no

ámbito das persoas maiores.

� Intervir para a mellora sociolaboral dos

profesionais da intervención socioeducativa.

� Promover o intercambio de experiencias e

recursos socioeducativos.

� Provocar o debate e a reflexión sobre a

propia práctica profesional.

� Difundir información e coñecementos

referidos á intervención socioeducativa

coas persoas maiores.

� Promover a participación de persoas

colexiadas nas actividades do GEIX.

2. Accións

O Plan de Traballo xirará en torno a catro Liñas de Actuación, que se atopan directamente relacionadas

cos obxectivos propostos. De cada unha delas, extráense unha serie de accións concretas que serán implementadas ao longo do ano 2013.

PLAN DE TRABALLO

2013

LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación e organización de accións formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das persoas maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido dos/as educadores/as sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.

LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación da existencia e das accións realizadas desde o GEIX, posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.

Page 18: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación e organización de accións formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das persoas maiores.

� Xornadas sobre Xerontoloxía e Educación Social. Retomar a actividade desta iniciativa, co fin de dar os

primeiros pasos na organización das xornadas do ano 2014.

� Proposta de formación. “Envellecemento Activo: ferramentas para a intervención socioeducativa”.

Pendentes de aprobación por parte da Xunta, e a partir da mesma comeza a elaboración de material

didáctico, manual de contidos, preparación de sesións e organización das mesmas.

� Participación e colaboración con accións formativas organizadas por outras entidades, que resulten de

interese para os/as educadores/as sociais e a intervención socioeducativa no eido dos maiores.

� Participación no seminario de Suxo Rodríguez. Xerar sinerxías e colaboracións coa Universidade de

Santiago de Compostela (USC).

� Participación nas xornadas interxeneracionais de Xermade.

LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido dos/as educadores/as sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.

� Revisión, publicación e difusión do manual “A necesidade do Educador/a Social en Xerontoloxía”. Miguel

Ángel Vázquez (Universidade de Ourense).

� Continuidade da Comisión de Envellecemento Activo do Consello de Educadores e Educadoras Sociais

(antes Comisión non permanente).

� Seguimento da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.

� Organización de accións para o Día Internacional das Persoas Maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.

� Estudio –piloto: “Mapa situacional dos programas socioeducativos para persoas maiores en centros

sociais”. Deseño do proxecto de investigación, envío ao Consello de Educadores e Educadoras Sociais

para difundir o borrador aos diferentes Colexios de Educadores/as, e comezar coa recollida de datos.

LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación da existencia e das accións realizadas desde o GEIX, posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.

� Creación e consolidación da páxina do Facebook e Blog.

Page 19: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

3. Cronograma de reunións

Trimestre Actuacións

Xaneiro-marzo � Marzo: reunión presencial ordinaria do GEIX

Abril-xuño � Xuño: Reunión presencial ordinario do GEIX

Xullo-setembro � Setembro: Reunión presencial ordinario do GEIX

Outubro-decembro � Novembro: Reunión presencial ordinario do GEIX

� Accións para o Día Internacional das Persoas Maiores.

4. Avaliación

Todo proceso de traballo require dunha avaliación que indique, non so o resultado acadado senón tamén,

que teña en conta a eficiencia, a relación custe – beneficio, das accións desenvoltas. Así, para o ano 2013, desde o

GEIX, apóstase por unha avaliación continua, que permita coñecer o alcance e as repercusións das propostas e

das colaboracións que poidan xurdir. Todo isto cun afán de mellora e de superación, onde se optimicen os

recursos e se saque o mellor rendemento, a prol da defensa dun espazo para os/as Educadores/as Sociais no eido

das persoas maiores.

A continuación detallarase cada un dos instrumentos e técnicas que se van a empregar para recoller a información

necesaria.

� Informes. Este tipo de documento recollerá o seguimento e o resultado de accións desenvoltas por

integrantes do grupo, ven sexa en actividades propias como en colaboracións externas, co fin de que

quede constancia das accións, así como para ter informado aos membros do grupo.

� Actas de reunión GEIX. Aquelas decisións que sexan acordadas nas diferentes xuntanzas do grupo,

quedarán reflectidas nunha acta.

� Actas de reunión de traballo. Asemade, aqueles grupos de traballo que teñan asignada unha tarefa específica,

rexistrarán as decisión e as medidas que vaian a levar a cabo.

� Cuestionario de valoración. Este instrumento será empregado en actividades puntuais que sexan organizadas

polo grupo, onde os e as participantes poderán expoñer a súa opinión sobre diferentes aspectos

relevantes que permitan coñecer o grao de satisfacción, o impacto da iniciativa, … entre outros.

� Plan de traballo. Previamente ao comezo da actividade anual, redactarase un documento onde se recollan

as diferentes propostas que se pretenden desenvolver nese período. O Plan de Traballo, non so guiará as

accións do devandito ano, senón que tamén servirá de instrumento para avaliar o cumprimento dos

accións propostas ao comezo do ano, así como ver a consecución dos obxectivos expostos.

Page 20: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Escaravellando, grupo de traballo en infancia e adolescencia

Obxectivos específicos

� Defender e analizar a figura do educador e da educadora social no eido da infancia e a adolescencia.

� Establecer redes de colaboración con outros grupos e entidades vencellados con esta poboación.

� Desenvolver accións formativas, lúdicas, educativas, culturais,… orientadas a fortalecer a figura da educadora e do educador social neste eido.

� Traballar coa documentación relativa a nosa actuación.

Accións

� Difusión do grupo (logo e facebook) � Contacto coas tres Universidades galegas para ver a dispoñibilidade de asistir a unha das clases para

explicar a figura do Educador/a Social nos centros. � Analizar a realidade do Educador/a en Galicia para presentar esta análise a un concurso da Generalitat. � Charlas-Café nos tres campus galegos. � Formacións sobre a infancia e a adolescencia.

Temporalización

Trimestre Actuacións

Xaneiro-marzo

� Creación do Logo

� Creación do Facebook

� Contacto coas Universidades

� Inicio da análise da realidade

Abril-xuño

� Charlas-café

� Preparación da documentación da análise da realidade para o

concurso

Xullo-setembro � Finalización do documento para o concurso e presentación do

mesmo

Outubro-decembro � Actividades formativas (por definir)

Page 21: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

aBeira, grupo de traballo en intervención socioeducativa con familias

Obxectivos

� Analizar o grado de cumprimento do

decreto dos Servicios Sociais Comunitarios.

� Analizar os instrumentos de traballo

actuais e facer propostas para a súa mellora.

� Elaborar profesiograma: estudo das

funcións dos Educadores e Educadoras Sociais nos Servicios Sociais comunitarios de Galicia.

� Elaboración de un mapa de recursos

dos Servizos Sociais comunitarios básicos de Galiza.

Accións

1.a Elaborar modelo de informe. 1.b Presentar o modelo de informe. 1.c Acción formativa sobre o modelo de informe nas 4 provincias. 1.d Seguemento de programas informáticos de traballo: Siuss. 2/3.a Elaborar unha enquisa avaliativa. 2/3.b Aplicación da enquisa avaliativa. 2/3.c Análise dos resultados e elaboración de informe. 2/3.d Presentación de resultados ó Ceesg.

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro-marzo � 1.a / 1.d / 2/3.a

Abril-xuño � 1.b / 1.d / 2/3.b

Xullo-setembro � 1.d / 2/3.c

Outubro-decembro � 1.c / 1.d / 2/3.d

Page 22: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Dcea, grupo de traballo en desenvolvemento comunitario e educación ambiental

Obxectivos específicos 2013

� Abordar a conceptualización teórica dos termos desenvolvemento comunitario e a educación ambiental e establecer relación entre os aspectos teóricos e as experiencias prácticas.

� Coñecer a situación destes dous conceptos en Galicia, tanto en políticas como en recursos.

� Coñecer como é a formación do Grao de Educación Social relativa a estes conceptos.

� Defender e reivindicar a importancia do desenvolvemento comunitario como ferramenta clave de cambio e intervención social.

� Reclamar o ámbito comunitario e ambiental como un espazo interdisciplinar onte ten cabida a figura do/a educador/a social.

� Apostar e reivindicar o traballo comunitario dende a Educación Social como forma de ter no centro a persoa, familia ou comunidade á que nos diriximos (superando dinámicas de traballo e realización de proxectos de arriba abaixo)

Accións 2013

� Traballo de reflexión sobre o que se entende por comunitario. � Autoformación entre as compoñentes do grupo e as persoas colaboradoras. � Análise da información e recursos existentes sobre DC e EA e comparación con outras comunidades. � Estudo da figura do/a educador/a social vinculada ao desenvolvemento comunitario e reflexionar sobre as

posibilidades de traballo da nosa profesión neste ámbito. � Realización de propostas metodolóxicas de intervención nestes eidos e de coordinación con outros

profesionais e axentes locais.

Temporalización

Trimestre Actuacións

Xaneiro – marzo � Constitución do grupo e organización interna.

� Reflexión sobre qué é o termo DC eEA.

Abril - xuño � Contacto con institucións, entre elas as universidades.

� Recopilación e elaboración de material

� Recollida e análise da información e os recursos locais.

Xullo - setembro � Recopilación e síntese de toda a información obtida, elaboración

dun documento con esta información.

� Difusión das primeiras achegas.

Outubro - decembro � Proposta de formación

� Elaboración do plan de traballo 2014

Page 23: plan trab ceesg 2013ceesg.org/files/documentos/plan_traballo-2013.pdf · - Tania Merelas Iglesias (vogal) 3. Área de Desenvolvemento Profesional: - Mª José Caride Delgado (coordinadora,

� Plan de Traballo Ceesg

Síguenos en

http://es-es.facebook.com/ceesg