Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización...

12
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 73 - xullo 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización...

Page 1: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 73 - xullo 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

tema do mes

Posicionamento do CGCEES respecto a proposta de anteproxecto de lei de racio-nalización e sostibilidade da administración local en referencia aos servizos sociais1

O artigo primeiro, punto sete do Anteproxecto de Lei, modifi-ca o artigo 25, apartado 2. e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Regu-ladora das Bases do Réxime Local (LRBRL) que establece que os municipios exercerán en todo caso como competencias pro-pias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, entre outras a Avaliación e información, de situa-cións de necesidade social, e a atención inmediata a persoas en

situación ou risco de exclusión social.

O punto oito do mesmo artigo, incorpora un novo apartado seis ao artigo 26, que fixa, como criterio xeral na prestación de servizos públicos, que estes se presten mediando taxas e pre-zos públicos. Polo tanto a gratuidade dos servizos públicos lo-

cais pasa a ser excepcional.

O punto nove do mesmo artigo, modifica o artigo 27, apartado 2, letra c da LRBRL que establece que co obxecto de evitar duplicidades administrativas, mellorar a transparencia dos servi-zos públicos e o servizo á cidadanía, e en xeral, contribuír aos procesos de racionalización administrativa, xerando un aforro neto de recursos, a Administración do Estado e a das Comuni-dades Autónomas poderán delegar, seguindo criterios ho-moxéneos, entre outras, a competencia da prestación dos Ser-

vizos Sociais.

Finalmente, o punto nove do mesmo artigo, dispón a supresión

do artigo 28 da LRBRL.

Na lexislación vixente, a Prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, é competencia dos Municipios de máis de 20.000 habitantes, de acordo co disposto no artigo

25, apartado 2 k), da LRBRL.

Ante todo iso, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educa-

doras e Educadores Sociais,

MANIFESTA

1. Que estas medidas, de levarse a cabo, poden significar un atentado á autonomía local que a Constitución outorga aos municipios, así como aos tratados europeos que establecen os Servizos Sociais como servizos de interese xeral na Unión

Europea

2. Que provocarán a vulneración dos dereitos das persoas, dereitos na súa maioría subxectivos e que emanan doutros

marcos lexislativos estatais e autonómicos.

3. Que significarán a perda da territorialidade como valor enga-dido á tarefa dos e as educadoras sociais e, en xeral dos Ser-vizos Sociais, e non unicamente como delimitación xeográfica administrativa ou competencial. O Catálogo de referencia dos Servizos Sociais, define o principio de Proximidade: A prestación dos servizos sociais realizarase dende o ámbito máis próximo ás persoas, favorecendo a permanencia no seu ámbito habitual de convivencia e a integración activa na vida da súa comunidade. Favorecerase a adaptación dos recursos

á comunidade, coa participación das persoas interesadas.

4. Que impedirán o Traballo en rede (transversalidad, vincula-ción social.....). Como sistema, os servizos sociais son un nó máis da rede dun territorio. Coa recentralización de compe-tencias destrúense as sinerxías entre os diferentes sistemas

municipais.

5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización total dos servizos, (o Anteproxecto fala de: "favorecer a iniciativa económica privada evitando intervencións adminis-trativas desproporcionadas"), e a supresión da necesaria cooperación público - privada. Obviamente, debemos en-tender o valor engadido que achega a especialización do sector privado como complementario e non substitutivo das accións do sector público. O sector público ten que exercer aquelas competencias que lle son propias sobre os

niveis de calidade que teñen que ter todos os servizos.

E DENUNCIA

6. O que de ataque ao estado do Benestar e das consecuencias que iso está a ter e terá con esta reforma lexislativa nas vidas e nos dereitos das persoas en situación de vulnerabili-

dade.

7. A invasión de competencias do Estado cos marcos lexislati-vos de moitas das Comunidades Autónomas e Municipios do Estado Español que aprobaron e despregou un modelo de Servizos Sociais, de acordo coa realidade territorial e co

marco lexislativo e competencial.

8. Que se propoña, ademais, dende a ignorancia das propias medidas que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade está a aprobar, como o Catálogo de referencia dos Servizos Sociais, catálogo aprobado polo Consello terri-torial de Servizos sociais e do Sistema para a autonomía e atención á Dependencia, que establece entre os seus princi-pios: Universalidade, Responsabilidade pública, Igualdade, Equidade, Prevención e dimensión comunitaria, Promoción da autonomía persoal, Atención personalizada e integral, Inserción e normalización, Proximidade, Solidariedade, Cali-

dade, Participación e Cooperación e colaboración.

9. E que estea inspirado no retorno a mode-los asistencialistas e de beneficencia atendendo ao feito que o Anteproxecto unicamente está baseado na rendibilidade económica deixando á marxe a rendibilidade social e os intereses e as necesidades das persoas, grupos e comunida-

des.

En definitiva, os cambios propostos polo Goberno do Estado poden levar a unha situación de indefensión das persoas, co-lectivos e comunidades máis vulnerables dos nosos pobos e

cidades, polo que

DEMANDA

Que sexa retirada a proposta e se inicie un proceso de participación e de busca de consenso cos diferentes niveis administrativos, profesionais e das persoas coas que traballamos para responder así aos verdadeiros

intereses da cidadanía.

Xullo 2013

1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de

2013.

Page 3: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

CGCEES

A fin de semana do 6 de xullo celebrouse unha reunión da Comisión Permanente do CGCEES en Galicia. Revisou os encargos que xurdiron da pasada Asemblea Xeral celebrada en La Rioja: Declaración de Valencia e o documento presente e futuro do CGCEES.

Por outra parte repasou a actividade das diferentes Vocalías e comisións, facendo especial énfase ás propostas do Comisión Deontolóxica e Aprendizaxe ao longo da vida, que está organizando unha xornada coa colaboración do IMSERSO.

Ademais, detívose en profundidade cos estatutos definitivos do CGCEES, analizando a proposta do equipo letrado para reclamar unha resposta urxente por parte do MSSSI.

Outro tema que ocupou a súa actividade foi a lei de servizos profesionais e a proposta do CGCEES de incidencia política.

E por último, o sentido da fotografía, é que quixo levar o espírito da marea laranxa ata o fin do mundo, ante os posibles efectos negativos para as persoas da modificación da lei de bases de réxime local.

Comisión Permanente en Galicia

O Cume Social cumpre un ano desde a súa fundación por parte de máis de 150 organizacións representativas da sociedade civil, entre elas o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES). Neste tempo seguimos asistindo a un escenario de recortes indiscriminados en servizos públicos esenciais, e ao debilitamento do Estado do Benestar, así como a unhas políticas regresivas que incrementan o paro, afondan a recesión e provocan unha situación insostible para a maioría da sociedade. Ante esta situación, resulta imprescindible preservar a cohesión social para seguir reivindicando dereitos básicos, como o dereito a unha vivenda, traballo digno, e seguir avanzando no Estado do Benestar, así como de apostar por políticas de consenso que busquen o ben común. Enlace ao manifesto do primeiro aniversario do Cume Social.

Primeiro aniversario do Cume Social

Page 4: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

actualidade

O pasado 8 de xullo reunímonos coa Directora Xeral de Familia e Inclusión Social, dona Mª Amparo Gon-zález Méndez. Eran moitos os temas que queríamos expoñer ou polos que nos queríamos interesar. In-formamos dos temas que puidemos tratar neste en-contro:

Proxecto de Lei de protección á infancia (estatal). Consideran que a proposta de lei é positiva e pe-díronnos a nosa valoración. Indicamos que a consi-deración do Acollemento familiar como medida pre-ferente había que poñela en contexto, e analizar a situación social, familiar e persoal de cada neno e nena, para adoptar a medida máis adecuada á súa situación, e así evitar acollementos fracasados. Infór-manos que a nova Directora ten o compromiso de que este ano se aprobe a nova lei. Preguntounos se estamos no Observatorio de Infancia do Estado, on-de o CGCEES non está, por non contemplar na súa normativa a presenza de colexios profesionais.

Estado tramitación e implantación do Proxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia. Está en fase parlamentaria polo que non atenderon ás novas achegas que enviamos, e indicáronnos que é o mo-mento de dirixilas aos diferentes grupos parlamenta-rios. Entenden que atenderon ás nosas suxestións, por canto se incluíu o termo "socioeducativo" no texto, sobre todo no caso do traballo con menores. Insistimos na necesidade dunha mirada educativa, de incorporar o termo "socioeducativo" nas diferentes actuacións e de recoñecer o informe socioeducativo. Comentan que as enmendas parciais están dispoñi-bles na web do Parlamento de Galicia, na entrada do 25 de xuño, e que a lei se desenvolverá a través de decretos específicos. Unha vez aprobada teñen seis meses para isto, e o proceso participativo neste caso farase a través do Consello Galego de Benestar.

Estado e previsión de actuacións do Consello Ga-lego de Benestar Social. Informan de que se convo-cará a primeira xuntanza para este mes ou á volta de vacacións, despois de que algunha entidade e a xun-ta nomeen as persoas representante que faltan.

Estado actual da Axencia Galega de Servizos So-ciais. Está en trámites. Depende da Secretaría Xeral Técnica. Comentamos as achegas máis significativas que no seu momento fixera o Ceesg ao proxecto de estatutos da Axencia.

Proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade

da Administración Local. Comparten o noso posi-cionamento en relación ás competencias dos servi-zos sociais, incluso realizaron enmendas neste senti-do.

Inclusión do profesional da Educación Social na regulación de escolas infantís. Confírmannos que se está valorando a modificación do Decreto que regula as escolas infantís. Deixamos constancia da importancia de incluír o perfil de educador/a social.

Nova regulación dos centros sociocomunitarios. É unha normativa interna, polo que non se publicará no DOG. Teñen a intención de homoxeneizar o fun-cionamento dos centros. Estudarán a posibilidade de incorporar o perfil de educador/a social.

Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Informamos de que hai educadoras sociais que coordinan este tipo de servizos, e que nalgún caso sucedeu que o conce-llo só acepta o informe da traballadora social como coordinadora. Van revisar isto.

Financiamento dos servizos sociais comunitarios. A Xunta faise cargo a través do Plan Concertado do financiamento de todo o persoal recoñecido no De-creto, dos concellos de máis de 20.000 habitantes. Para concellos de menos de 20.000 habitantes só se fan cargo da figura de traballador/a social. Entenden que por Lei e tal e como ven recollido no Decreto, son as Deputacións as que teñen que financiar o res-to de persoal. Dende a entrada en vigor do Decreto estableceron convenios anuais para colaborar coas Deputacións no financiamento dalgún recurso espe-cífico como Escolas infantís e Atención Temperá. Afirma que as educadoras familiares non deben estar nerviosas, xa que, aínda que non se asine o convenio (como foi o caso da Deputación de Lugo) a respon-sabilidade de financiar os concellos de menos de 20.000 habitantes vén establecida no Decreto.

Convenio Único de Persoal Laboral da Xunta de Galicia (denominación e perfís de acceso ao posto de “Educador/a. Profesor/a especial”: Explicámoslles que todos os temas que levábamos falados, da in-corporación do perfil de educador/a social nos dife-rentes centros (escolas infantís, centros sociocomuni-tarios, centros de menores...) tiñan que ver coa pro-blemática de non contar cun perfil propio. Non de-pende do seu departamento, xa o sabiamos, pero comentan que na medida en que esteamos nomea-das como perfil en diferentes normativas esixirá que

Reunión coa Dirección Xeral de Familias e Inclusión.

Page 5: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

se cree o perfil no Convenio. Comentan tamén que depende de Facenda, tanto de Función Pública como de Orzamento, ambas integradas en Facenda. Pen-san que non se están dando pasos para un novo Convenio.

Centros de menores: Están traballando no cambio do Decreto que regula os requisitos mínimos (o mesmo que regula as escolas infantís). Van contar con nós para a súa modificación. Comentamos que o perfil do educador/a ten que ser de educador/a so-cial, apuntamos as comunidades autónomas nas que se recolle especificamente na súa normativa. Comen-tamos que hai centros nos que traballan como edu-cadores/as persoas sen titulación vinculada a Cien-cias da Educación, feito que sorprende. Preguntáron-nos a nosa apreciación xeral sobre a rede de centros, ademais desta cuestión do persoal educativo, e co-mentamos a importancia da formación (de aí a im-portancia do perfil), e comentamos que, aínda que tardemos en conseguir o recoñecemento no Conve-nio Único, no prego técnico de condicións para esta-blecer convenios ou contratos con entidades sociais para a xestión de centros, si pode figurar a esixencia

de que o persoal sexa educador/a social.

Outros temas que saíron na reunión foron o Plan Demográfico de Galicia no que se fai referencia ao SAF Infantil e ás Casas Niño, recursos que intentarán promover. Tamén o Decreto que regula os Puntos de Encontro Familiar, do que nos comentan que está en trámites para a súa aprobación. Comenta-mos que hai moitas educadoras sociais traballando nestes recursos. Informáronnos de que están a ela-borar unha Orde de subvencións dirixidas a conce-llos coa finalidade de traballar co pobo xitano, comentando que o noso perfil tamén debería estar aí recollido. En canto ao Mapa de servizos sociais, teñen pendente a aprobación do mapa definitivo, sen concretar datas.

Como vedes, foi un encontro no que puidemos abordar moitos asuntos de interese, nun ambiente cordial e distendido, e co acordo dunha colabora-ción activa mutua. Asuntos nos que aínda queda moito por facer, e nos que seguimos traballando.

Todos os servizos dun colexio profesional ao teu alcance.

Infórmate no Ceesg. Tlf. 981.552.206

Page 6: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Marea Laranxa Madrid organiza unha recollida de sinaturas contra o desmantelamento do sis-tema público de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Madrid.

Copiamos aquí parte do texto:

(…) Las familias y las personas a las que atendemos sufren las consecuencias de la mala gestión del sec-tor:

• Reducción de un 35% en el presupuesto de la Comunidad De Madrid para asuntos sociales.

• Reducción de más de un 15% en los conciertos económicos por plaza en discapacidad, falta de profesionales, aumento de la ratio en todos los programas de intervención, listas de espera sangrantes, cierres de centros en diferentes ámbitos como por ejemplo la atención en dro-godependencias o los centros de salud mental.

• RECORTES SALVAJES en la dependencia y recursos sociales que afecta a miles de perso-nas usuarias y a la pérdida de los derechos laborales de los profesionales.

Con la crisis como excusa y la reforma de la Adminis-tración Local, las administraciones públicas están desmantelando los Servicios Sociales. Los responsa-bles de la situación son claros: tanto la patronal co-mo la administración han utilizado las políticas de privatización para el lucro económico y para la ena-jenación de responsabilidades y tal como decíamos antes no podrían haberlo hecho si nuestra respuesta hubiera sido la debida. (…)

Contra o desmantelamento do sistema público de servizos sociais da CAM

Sinaturas en:

http://www.change.org/es/peticiones/profesionales-de-la-intervenci%C3%B3n-social-y-poblaci%C3%B3n-en-general-no-al-desmantelamiento-del-sistema-publico-de-servicios-sociales-de-la-cam

SERVIZOS SOCIAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Page 7: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

A Unión Profesional de Galicia é unha entidade que

agrupa a moitos dos colexios profesionais existentes

na nosa comunidade, e na que está integrado o Ceesg

dende hai uns anos. Unha das súas (nosas) principais

preocupacións neste momento é a futura Lei de Servi-

zos Profesionais. Esta nova norma, se prospera en ba-

se ao borrador que circulou nos últimos meses por

diferentes estamentos, propiciará a liberalización de

servizos e, segundo Unión Profesional de Galicia,

“mermará a calidade dos servizos profesionais, dará

vía libre ao intrusismo profesional e deixará despro-

texido ao usuario destes servizos”. Entre outras cou-

sas, determinará se a colexiación será ou non obriga-

toria.

Centrándose neste tema, organizou o pasado 19 de

xullo en Santiago de Compostela unha xornada dirixi-

da tanto a representantes colexiais como a profesio-

nais colexiadas/os.

A Xornada estivo estruturada en catro mesas redon-

das, nas que estivo representada a administración pú-

blica (Consellerías de Presidencia, Cultura e Educación,

Economía e Industria e Sanidade), así como diferentes

colexios profesionais. Foron moitas e moi variadas as

ideas expostas: as esixencias de Bruxelas en torno aos

servizos profesionais; a eliminación de trabas burocrá-

ticas; a dificultade de harmonizar as profesións en Eu-

ropa, a Lei de criaçao das associaçoes públicas profes-

sionais en Portugal (entidades equiparables aos cole-

xios profesionais en España); as consecuencias da lei; a

obriga de colexiación; estratexias de fidelización de

colexiados/as; as razóns para colexiarse (á marxe da

obrigatoriedade); as cotas colexiais...

Está dispoñible un resume de cada exposición, así co-

mo algúns relatorios completos, na web de Unión Pro-

fesional de Galicia: www.unionprofesionaldegalicia.org

As últimas informacións publicadas en prensa sobre a

implantación da lei que reformará os colexios profe-

sionais apuntan que “pervivirán 18: médicos, farma-

céuticos, dentistas, veterinarios, enfermeros, fisiotera-

peutas, podólogos, ópticos, abogados, procuradores,

graduados sociais, notarios, registradores, ingenieros,

ingenieros técnicos, arquitectos y arquitectos técnicos, a

los que se sumarán, probablemente, los psicólogos clí-

nicos. Inegenieros y arquitectos técnicos contienen a su

vez 10 y 9 variantes, respectivamente”. (Expansión,

17/07/13)

A postura da Unión Profesional de Galicia, compartida

polo Ceesg, é a defensa da colexiación obrigatoria,

que garanta a calidade dos servizos profesionais re-

coñecendo a cualificación dos profesionais á vez que

representa unha garantía para as persoas usuarias de

ditos servizos.

Pola súa banda, a Unión Profesional estatal, publicou

recentemente unha nota de prensa na que amosa a súa

postura contraria á aprobación do anteproxecto, por-

que "non se corresponde coa imprescindible interlocu-

ción previa do citado Ministerio propoñente co conxunto

das profesións reunidas en Unión Profesional, que agru-

pa 35 Consellos e Colexios Profesionais de ámbito esta-

tal e que representa a 966 Colexios Profesionais territo-

riais cunha base de 1.404.000 profesionais colexiados/

as.” Na súa opinión, isto supón un menosprezo e unha

desconfianza inxustificada, e levar a cabo unha propos-

ta lexislativa de costas ao sector.

Xornada sobre a Lei de Servizos Profesionais

Joám José Santamaría Conde, Pere Camprubí i García, José Mª Arrojo Fernández

y Antonio Macho Senra, durante a segunda mesa redonda.

Page 8: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

formación

II Encontro de profesionais que traballan no ámbito das adiccións

O pasado venres 31 de maio tivo lugar este

segundo encontro no Centro Cívico de Elviña en

A Coruña. Estabamos profesionais de diversos

lugares de Galicia de diferentes entidades e

recursos dedicados á prevención, a atención a

persoas con problemas relacionados co uso de

sustancias, recursos para facilitar á incorporación

social, recursos comunitarios... A pesar da

situación que estamos a padecer, co peche

dalgúns programas, a precariedade co que se

está a traballar noutros casos, foron moitos os

que fixeron un grande esforzo por participar do

encontro.

Comezamos a nosa reflexión compartindo a

experiencia de traballo de Gorka Moreno sobre

todo nas áreas de traballo con nenas e nenos en

situacións de vulnerabilidade, en programas de

garantía social....

Despois houbo un espazo para o encontro

informal e, por último compartimos algunhas

experiencias de traballo que se están a

desenvolver na nosa comunidade. O tempo, ben

prezado, resultou escaso e non quedou tempo

para todo, nin para todas/os.

Quedaron experiencias por contar e faltounos

espazo para traballar algúns dos obxectivos que

tiñamos previsto no encontro. Concretamente os

referidos aos espazos para a participación que nos

pode facilitar o Ceesg a través dos grupos de

traballo.

Certo é que pensamos dar continuidade a estes

encontros e que as TICs son ferramentas que nos

van permitir manternos en contacto e traballar

xuntas/os para ir configurando o Grupo de Traballo

e novos encontros para coñecernos e afondar no

noso traballo.

É importante agradecer ao Colexio de Educadoras

e Educadores Sociais de Galicia -especialmente ás

persoas que traballan acotío para facer que todo

funcione-, a ACLAD -e dun xeito especial ao

director Miguel Plaza e ás miñas compañeiras

Victoria, Bea e Blanca-, e ao Concello da Coruña

que nos facilitou o lugar onde se desenvolveu o

encontro.

Alfonso Tembrás López

Educador social Colexiado nº 103

Page 9: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Micro-leccións de orientación laboral

Certificados de profesionalidade

Neste artigo imos tratar dos Certificados de Profe-sionalidade. Con el queremos explicar, dunha ma-neira sinxela, o que son, para que serven e como se poden conseguir.

Que son?

Os Certificados de Profesionalidade parten do Catálo-go Nacional de Cualificacións Profesionais do Instituto Nacional de Cualificacións. Son documentos que nos acreditan oficialmente que estamos cualificados para desempeñar un determinado posto de traballo. E...cando estamos cualificados? Cando adquirimos as competencias para desenvolver unha actividade labo-ral.

Os certificados están compostos por unidades de competencia e estas son adquiridas a través de módu-los formativos. Ademais, os Certificados de Profesio-nalidade clasifícanse en varios niveis e, cada un ten uns determinados requisitos para o seu acceso; así mesmo tamén se clasifican en diferentes familias pro-fesionais.

Para que serven?

Os Certificados de Profesionalidade proporcionan unha acreditación de cualificación profesional; ase-guran que unha persoa é competente nunha actividade laboral.

Así pois facilitan a inserción laboral e a selección de persoal, posto que se unha empresa ten definidas as competencias que son necesarias para un posto será máis fácil o proceso de selección.

Ademais, ó ser módulos formativos acumulables podemos realizalos en distintos momentos; isto quere dicir, que se nun momento estamos a cursar un Certificado de Profesionalidade e, por calquera circunstancia temos que abandonalo, darannos unha acreditación dos módulos xa cursados podendo desenvolver os outros noutro momento e así obter o certificado. Este feito facilita a inserción laboral xa que, como veremos no último apartado, unha persoa pode adquirir un certificado de profesionali-dade tan só adquirindo as unidades de competencia que lle falta.

Así mesmo se queremos cursar un ciclo de Formación Profesional e xa temos cursados módulos dal-gún certificado de profesionalidade relacionado, estes poderán ser convalidados posto que xa temos adquiridas as unidades de competencia asociadas ós módulos; e viceversa, se temos cursado un ciclo formativo e queremos obter un certificado de profesionalidade que teña relación co ciclo, se os mó-dulos coinciden tamén poderán ser convalidados.

Cales son os da nosa familia profesional?

Na nosa familia profesional (Servizos Socioculturais e á Comunidade) existen 17 Certificados de Profe-sionalidade de diferentes niveis de cualificación. Algúns deles son dinamización comunitaria, docen-cia de formación profesional para o emprego, atención sociosanitaria a persoas dependentes en insti-

María P. Sande Educadora social e Psicopedagoga

Colexiada nº 3946 http://orientandodendearede.blogspot.com

Page 10: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Como os podemos conseguir?

Os Certificados de Profesionalidade podémolos conseguir a través de dúas vías:

⇒ A través da vía formativa.

Como xa comentamos en liñas anteriores, para conseguir un Certificado de Profesionalida-de por esta vía debemos cursar os módulos formativos que compoñen o certificado. Así pois, unha vez adquiridas as unidades de competencia conseguiriamos o Certificado de Profesionalide.

Estes certificados son organizados polo Servizo Público de Emprego e outros centros au-torizados.

⇒ A través da experiencia laboral.

Ademais da vía formativa, tamén podemos demostrar que temos adquiridas as competen-cias dun determinado Certificado de Profesionalidade a través da nosa experiencia labo-ral. Para a súa obtención, temos que pasar o proceso de avaliación e acreditación de com-petencias que convoque a Administración; desta maneira, se acreditamos ter adquiridas determinadas competencias dun certificado teremos que cursar aquelas unidades de com-petencia que non demostramos.

Este procedemento está composto por diferentes fases: asesoramento, avaliación e acre-ditación. Durante o proceso ofrécennos o plan de formación que máis se axuste ó noso perfil profesional.

Para ler e reflexionar...

El valor pedagógico del humor en la Educación Social. (Jesús Damián Fernández Solís e Juan García Cerrada, 2010)

Neste libro dase a coñecer o valor educativo do humor na educación social desde a teoría e a práctica. Analízase o concepto de humor, as súas funcións, as súas dimensións e as barreiras para a súa implementación. Reflexiónase sobre as características, aptitudes, actitudes e cualidades humanas dos educadores e educadoras alegres, positivas/os e divertidas/os e analízanse os beneficios do humor instalado no equipo de educadores. Por último, danse a coñecer, desde a práctica, proxectos socioeducativos de educación social de humor e con humor.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

• FERNÁNDES SOLÍS, J.D. e GARCÍA CERRADA, J. (2010): El valor pedagógico del humor en la Educación Social. Desclée.

• Revista Educar(NOS). Nº 62. II época. 2 (2013). Grupo Milani. • Revista Pedagogía Social. Revista interuniversitaria. Nº 22. Terceira época. Xullo-setembro 2013. Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social.

• Xunta de Galicia (2013): Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia en Galicia. Horizonte 2020. Xunta de Galicia.

Novas publicacións da biblioteca

Page 11: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Actuacións

Reunión coa Dirección Xeral de Familia e Inclusión. O

pasado día 8 de xullo mantivemos un novo encontro coa

Directora Xeral de Familia e Inclusión, dona Amparo Gon-

zález Rodríguez, con varios temas na nosa axenda: o

proxecto de lei de protección á infancia (estatal), o an-

teproxecto de lei de inclusión social de Galicia, o proxec-

to de lei de reacionalización e sostibilidade da adminis-

tración local, a inclusión de educadoras/es sociais na

regulación das escolas infantís, o estado actual da axen-

cia galega de servizos sociais, a previsión de actuacións

do consello galego de benestar social, o desenvolvemen-

to do perfil de ES nos SAF, a nova regulación dos centros

sociocomunitarios, etc.

Curso: O valor pedagóxico do humor en educación social. Do 3 ao 5 de xullo en colabo-ración coa Universidade de A Coruña. O sentido do humor acostuma asociarse co lado máis trivial e menos serio da vida. Sen embargo, xoga un papel fundamental na comunica-ción, axúdanos a superar tensións interpersoais e a manexar conflitos, reduce o estrés... Trátase dun auténtico paraugas ante as adversidades, un recurso valioso para a acción so-cioeducativa no mundo complexo, incerto e incluso dramático ao que nos enfrontamos desde as profesións do social. Neste obradoiro pretendemos poñer de manifesto o carác-ter didáctico e motivador do humor, o seu poder como ferramenta pedagóxica.

Adhesión á Plataforma pola Renda Básica das Iguais.

Aínda non está creada nin presentada a Plataforma como

tal, pero existe un grupo de entidades e persoas

interesadas no seu impulso. Sumámonos a este interese,

para integrarnos nela dende o principio e implicarnos na

súa posta en marcha.

Reunión de aBeira. O Grupo de traballo centrado na

intervención socioeducativa con familias reuniuse o 19

de xullo no Ceesg para preparar o profesiograma do seu

ámbito, e avanzar no modelo de informe socioeducativo.

Sinatura contra o desmantelamento dos servizos sociais

públicos da Comunidade de Madrid. Marea Laranxa

Madrid organiza recollida de sinaturas por esta causa,

que o Ceesg apoia.

Inauguración do curso de verán de Mediación. Fomos

convidadas a intervir no acto inaugural do curso de verán

“A mediación de actualidade: mediación en asuntos civís

e mercantís e mediación penal” organizado pola

Universidade de Santiago de Compostela. Defendemos o

papel da educación social na mediación, sobre todo, nos

asuntos civís.

A educación social di N N á reforma da

administración local

Page 12: Boletín do Ceesg · municipais. 5. E que o seu resultado será a privatización e liberalización ... Xullo 2013 1 Realizado sobre a versión do 21 de Maio de 2013. CGCEES ... Entenden

Docentes de FP. Diversos perfís, entre eles, educadoras/es sociais. Santiago. Diagnóstico e propostas de intervención. Contratación da elaboración do diagnóstico e propostas de actuación sobre educación para o desenvolvemento nun barrio. Vigo. Directores/as de tempo libre. Para quenda de campa-mentos da primeira quincena de agosto.

Formador/a. Rama sociosanitaria. Monitores/as de tempo libre. 4 postos. Necesaria forma-ción e experiencia. Santiago de Compostela. Titor/a de inserción laboral. Para o proxecto “Imos tra-ballar 2”. Vigo Persoal docente e investigador. 3 prazas ás que poden acceder educadoras/es sociais. Lugo.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas dos boletíns

EMPREGO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego. BOE 3/07/13 Concello de Lugo: Subvencións para proxectos de coope-ración ao desenvolvemento e sensibilización social. BOP 9/07/13 Consellería de Sanidade: Subvencións para o cofinancia-mento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por concellos ou agrupa-cións de concellos de Galicia. DOG 12/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións a entidades do Terceiro Sector de ámbito es-tatal colaboradoras coa Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade. BOE 13/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións estatais destinadas á realización de progra-mas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF. BOE 13/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións para a realización de programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do IRPF. BOE 18/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Axudas económicas a entidades privadas sen fins de lucro e de ámbito estatal, para a realización de programas supra-comunitarios sobre adiccións. BOE 23/07/13

Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións destinadas a apoiar ao movimiento asociativo e fundacional de ámbito estatal. BOE 23/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións públicas destinadas á realización de Postgra-dos oficiais de Estudos de Xénero e Actividades do ámbito universitario relacionadas coa Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. BOE 25/07/13 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade: Subvencións públicas destinadas a proxectos de atención a mulleres vítimas de trata de seres humanos con fins de ex-plotación sexual. BOE 27/07/13

NORMATIVA E LEXISLACIÓN

Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 6/2013, de 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia. DOG 3/07/13 Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade. DOG 04/07/13 Consellería de Traballo e Benestar: DECRETO 113/2013, do 24 de xullo, polo que se modifica o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. DOG 26/07/13 Xefatura do Estado: Lei 11/2013, de 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego. BOE 27/07/13

XORNADAS VIRTUAIS CIENTÍFICO-TÉCNICAS SOBRE O TDAH

Organiza: Fundación CALVIDA

Datas: Do 1 ao 4 de outubro.

Lugar: En liña. Prezo: Xeral: 90 €. Colexiadas/os Ceesg: 60 €. Máis información e inscricións: www.dsmvytdah.com

I CONGRESO INTERNACIONAL DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN E DO DESENVOLVEMENTO

Organiza: Fundación General UGR-Empresa

Datas: Do 8 ao 11 de outubro.

Lugar: Santander. Prezo: Xeral: 240 €. Colexiadas/os Ceesg: 200 € (Outras op-cións segundo inclusión de xantar, cea… e para estudantes) Máis información e inscricións: http://www.ugr.es/~aepc/WEBEDUCACION/

formación