1º domingo advento b -2014 bene pagola

17
José Antonio Pagola Rede evanxelizadora Buenas Noticias Contribúe a manter esperta a fe. Pásao. Música: Maranatha; Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain José Antonio Pagola 30 de novembro de 2014 1º Advento (B) Marcos 23, 33 - 37

Transcript of 1º domingo advento b -2014 bene pagola

Page 1: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

José Antonio Pagola

Rede evanxelizadora Buenas Noticias

Contribúe a manter esperta a fe. Pásao.

Música: Maranatha;

Presentación: B.Areskurrinaga HC

Euskaraz:D.Amundarain

José Antonio Pagola

30 de novembro de 2014

1º Advento (B)

Marcos 23, 33 - 37

Page 2: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

As primeiras xeracións cristiás viviron

obsesionadas pola pronta vinda de Xesús.

O resucitado non podía tardar.

Vivían tan atraídos por El que querían

encontrarse de novo canto antes.

Page 3: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Os problemas empezaron cando

viron que o tempo pasaba e a vinda

do Señor se demoraba.

Page 4: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Co tempo, aquelas pequenas comunidades

podían caer pouco a pouco na indiferenza e

o esquecemento.

Axiña se

decataron de

que esta

tardanza

encerraba un

perigo mortal.

Podíase apagar

o primeiro ardor.

Page 5: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Preocupábaos unha

cousa:

«Que, ao chegar,

Cristo non nos

atope dormidos».

Page 6: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

«Vixiade», «estade alerta»,

«vivide espertos ».

A vixilancia

é a palabra clave.

Os evanxeos repítena

constantemente:

Page 7: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Segundo Marcos, a orde de

Xesús non é só para os

discípulos que o están

escoitando.

«O que vos digo a vós ,

dígollo a todos: Velade».

Page 8: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non é unha chamada máis.

A orde é para todos os seus

seguidores de todos os tempos..

Page 9: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Pasaron vinte séculos de cristianismo.

Como a vivimos os cristiáns de

hoxe?

Mantense viva a nosa fe ou foise

apagando na indiferenza e a

mediocridade?

Page 10: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non vemos que

a Igrexa

necesita un

corazón novo?

Non sentimos

a necesidade de

sacudirnos a apatía

e o autoengano?

Page 11: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non imos espertar o mellor que hai na

Igrexa?

Non imos reavivar esa fe humilde e limpa de

tantos crentes sinxelos?

Page 12: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non temos que

recuperar

o rostro vivo de

Xesús,

que atrae,

chama,

interpela e

esperta?

Page 13: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Como podemos

seguir falando,

escribindo e

discutindo tanto

de Cristo, sen

que a súa persoa

nos enamore e

trasforme un

pouco máis?

Page 14: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non nos decatamos de que unha Igrexa

«durmida» á que Xesucristo non seduce nin toca

o corazón, é unha Igrexa sen futuro, que se irá

apagando e envellecendo por falta de vida?

Page 15: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Non sentimos a

necesidade de espertar e

intensificar a nosa

relación con El?

Quen coma El pode espertar o

noso cristianismo da

inmobilidade, da inercia, do

peso do pasado, da falta de

creatividade?

Page 16: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

Quen poderá

contaxiarnos

a súa

ledicia?

Quen nos dará a súa forza

creadora e a súa vitalidade?

Page 17: 1º domingo advento   b -2014  bene pagola

UNHA IGREXA ESPERTA

As primeiras xeracións cristiás viviron obsesionadas pola pronta vinda de Xesús. O resucitado non podía

tardar. Vivían tan atraídos por El que querían encontrarse de novo canto antes. Os problemasempezaron cando viron que o tempo pasaba e a vinda do Señor se demoraba.

Axiña se decataron de que esta tardanza encerraba un perigo mortal. Podíase apagar o primeiro ardor.

Co tempo, aquelas pequenas comunidades podían caer pouco a pouco na indiferenza e o

esquecemento. Preocupábaos unha cousa: «Que, ao chegar, Cristo non nos atope durmidos».

A vixilancia converteuse na palabra clave. Os evanxeos repítena constantemente: «Vixiade», «estade

alerta», «Vivide espertos». Segundo Marcos, a orde de Xesús non é só para os discípulos que o están

esoitando. «O que vos digo a vós, dígollo a todos: Velade». Non é unha chamada máis. A orde é para

todos os seus seguidores de todos os tempos.

Pasaron vinte séculos de cristianismo. Que foi desta orde de Xesús? Como a vivimos os cristiáns de

hoxe? Seguimos espertos? Mantense viva a nosa fe ou foise apagando na indiferenza e a

mediocridade?

Non vemos que a Igrexa necesita un corazón novo? Non sentimos a necesidade de sacudirnos a apatía

e o autoengano? Non imos espertar o mellor que hai na Igrexa? Non imos reavivar esa fe humilde e

limpa de tantos crentes sinxelos?

Non temos que recuperar o rostro vivo de Xesús, que atrae, chama, interpela e esperta? Como

podemos seguir falando, escribindo e discutindo tanto de Cristo, sen que a súa persoa nos enamore e

trasforme un pouco máis? Non nos decatamos de que unha Igrexa «durmida» á que Xesucristo non

seduce nin toca o corazón, é unha Igrexa sen futuro, que se irá apagando e envellecendo por falta de

vida?

Non sentimos a necesidade de espertar e intensificar a nosa relación con El? Quen coma El pode

espertar o noso cristianismo da inmobilidade, da inercia, do peso do pasado, de falta de creatividade?Quen poderá contaxiarnos a súa ledicia? Quen nos dará a súa forza creadora e a súa vitalidade?

José Antonio Pagola