3º coresma b 2015 bene pagola

12
Música: Unchained Melode-Mantovani Presentación: B.Areskurrinaga HC EuskaraD.Amundarain 8 marzo 2015 3 ºCoresma B Xoán Xoán 2, 13-25 2, 13-25 José Antonio Pagola Un Templo Novo

Transcript of 3º coresma b 2015 bene pagola

Page 1: 3º coresma b  2015 bene pagola

Música: Unchained Melode-MantovaniPresentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraD.Amundarain

8 marzo 20153 ºCoresma B

  XoánXoán 2, 13-25 2, 13-25

José Antonio Pagola

Un Templo Novo

Page 2: 3º coresma b  2015 bene pagola

Os catro evanxelistas fanse

eco do xesto provocativo de

Xesús expulsando do templo a

«vendedores» de animais e

«cambiadores» de diñeiro.

Non pode soportar ver a casa de seu

Pai chea de xentes que viven do culto.

A Deus non se merca con

«sacrificios».

Page 3: 3º coresma b  2015 bene pagola

Pero Xoán, o último evanxelista, engade un diálogo cos xudeus no que Xesús afirma de maneira solemne que, tras a destrución do

templo, El «erguerao en tres días». Ninguén pode entender o que di.

Por iso, o evanxelista engade: «Xesús falaba do templo do seu corpo».

Page 4: 3º coresma b  2015 bene pagola

Non esquezamos que Xoán está escribindo o seu evanxeo cando o templo de Xerusalén leva vinte

ou trinta anos destruído. Moitos xudeus séntense orfos.

O templo era o corazón da súa relixión. Como poderán sobrevivir sen a presenza de Deus

no medio do pobo?

Page 5: 3º coresma b  2015 bene pagola

OO evanxevanxelista recelista recoorda rda aaos seguidores de os seguidores de XesúsXesús que el que elees s nononn han de sentir nostal han de sentir nostalxxiaia do do vevellllo templo. o templo.

XesúsXesús, «destru, «destruíído» polas autoridades relido» polas autoridades relixxiosas, pero iosas, pero «resucitado» po«resucitado» polo Pailo Pai,, é o é o ««nnoovo templovo templo». ».

NoNon é unha n é unha metáfora atrevida. metáfora atrevida. É unha É unha realidadrealidadee que ha de marcar para sempre que ha de marcar para sempre a a

relación dos cristirelación dos cristiááns con ns con DeusDeus..

Page 6: 3º coresma b  2015 bene pagola

Para os que ven en Xesús o novo templo onde habita Deus,

todo é diferente. Para encontrarse con Deus,

non abonda entrar nunha igrexa.

É necesario achegarse a Xesús, entrar no seu proxecto, seguir os seus pasos, vivir co

seu espírito..

Page 7: 3º coresma b  2015 bene pagola

Neste novo templo que é Xesús, para adorar a Deus non abonda o incenso, as aclamacións nin as liturxias solemnes.

Os verdadeiros adoradores son aqueles que viven ante Deus

«en espírito e en verdade».

Page 8: 3º coresma b  2015 bene pagola

A verdadeira adoración

consiste en vivir co

«Espírito» de Xesús

na «Verdade»

do evanxeo. Sen isto, o

culto é «adoración baleira».

Page 9: 3º coresma b  2015 bene pagola

As portas deste novo templo que é As portas deste novo templo que é Xesús están abertas a todos. Xesús están abertas a todos.

Ninguén está excluído. Ninguén está excluído. poden entrar nel os pecadores,poden entrar nel os pecadores,

os impuros e, incluso, os pagáns.os impuros e, incluso, os pagáns.

Page 10: 3º coresma b  2015 bene pagola

O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. Neste templo non se fai discriminación ningunha. Neste templo non se fai discriminación ningunha.

Non hai espazos diferentes para homesNon hai espazos diferentes para homes e para mulleres. e para mulleres.

En Cristo xa «non hai varón e muller». En Cristo xa «non hai varón e muller». Non hai razas elixidas nin pobos excluídos.Non hai razas elixidas nin pobos excluídos.

Page 11: 3º coresma b  2015 bene pagola

Os únicos preferidos son os necesitados de Os únicos preferidos son os necesitados de amor e de vida. amor e de vida.

Necesitamos igrexas e templos para Necesitamos igrexas e templos para celebrar a Xesús como Señor, pero El é o celebrar a Xesús como Señor, pero El é o

noso verdadeiro templo.noso verdadeiro templo.

Page 12: 3º coresma b  2015 bene pagola

8 marzo 20153 ºCoresma B Xoán 2, 13-25

UN TEMPLO NOVO 

Os catro evanxelistas fanse eco do xesto provocativo de Xesús expulsando do templo a «vendedores» de animais e «cambiadores» de diñeiro. Non pode soportar ver a casa de seu Pai chea de xentes que viven do culto. A Deus non se merca con «sacrificios».

Pero Xoán, o último evanxelista, engade un diálogo cos xudeus no que Xesús afirma de maneira solemne que, tras a destrución do templo, El «erguerao en tres días». Ninguén pode entender o que di. Por iso, o evanxelista engade: «Xesús falaba do templo do seu corpo».

Non esquezamos que Xoán está escribindo o seu evanxeo cando o templo de Xerusalén leva vinte ou trinta anos destruído. Moitos xudeus séntense orfos. O templo era o corazón da súa relixión. Como poderán sobrevivir sen a presenza de Deus no medio do pobo?

O  evanxelista  recorda  aos  seguidores  de  Xesús  que  eles  non  han  de  sentir  nostalxia  do  vello  templo.  Xesús, «destruído» polas autoridades relixiosas, pero «resucitado» polo Pai, é o «novo templo». Non é unha metáfora atrevida. É unha realidade que ha de marcar para sempre a relación dos cristiáns con Deus.

Para os que ven en Xesús o novo  templo onde habita Deus,  todo é diferente. Para encontrarse con Deus, non abonda  entrar  nunha  igrexa.  É  necesario  achegarse  a  Xesús,  entrar    no  seu  proxecto,  seguir  os  seus  pasos,  vivir  co  seu espírito.

Neste  novo  templo  que  é  Xesús,  para  adorar  a  Deus  non  abonda  o  incienso,  as  aclamacións  nin  as  liturxias solemnes. Os verdadeiros adoradores son aqueles que viven ante Deus «en espírito e en verdade». A verdadeira adoración consiste en vivir co «Espírito» de Xesús na «Verdade» do evanxeo. Sen isto, o culto é «adoración baleira».

As portas deste novo  templo, que é Xesús, están abertas a  todos. Ninguén está excluído. Poden entrar nel os pecadores, os  impuros e,  incluso, os pagáns. O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. Neste templo non se fai discriminación ningunha. Non hai espazos diferentes para homes e para mulleres. En Cristo xa «non hai varón e muller». Non hai  razas  elixidas  nin  pobos  excluídos. Os  únicos  preferidos  son  os  necesitados  de  amor  e  de  vida. Necesitamos  igrexas  e templos para celebrar a Xesús como Señor, pero El é o noso verdadeiro templo. 

José Antonio Pagola