12º domingo tob bene pagola

16
24 de xuño de 2012 24 de xuño de 2012 12º Tempo Ordinario (B) 12º Tempo Ordinario (B) Marcos 4, 35-41 Marcos 4, 35-41 Red evangelizadora Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS BUENAS NOTICIAS Sementa confianza en Xesús. Pásao. Sementa confianza en Xesús. Pásao. José Antonio Pagola José Antonio Pagola Música:Mantovani-orquesta;present: B: Música:Mantovani-orquesta;present: B: Areskurrinaga HC Areskurrinaga HC:

Transcript of 12º domingo tob bene pagola

Page 1: 12º domingo tob bene pagola

24 de xuño de 201224 de xuño de 201212º Tempo Ordinario (B)12º Tempo Ordinario (B)

Marcos 4, 35-41Marcos 4, 35-41Red evangelizadora Red evangelizadora BUENAS NOTICIASBUENAS NOTICIASSementa confianza en Xesús. Pásao.Sementa confianza en Xesús. Pásao.

José Antonio Pagola José Antonio Pagola 

Música:Mantovani-orquesta;present: B: Música:Mantovani-orquesta;present: B: Areskurrinaga HCAreskurrinaga HC::

Page 2: 12º domingo tob bene pagola

A barca na que van Xesús e os seus discípulos vese

atrapada por unha de aquelas tormentas

imprevistas e furiosas que se levantan no lago de Galilea ao

serán dalgúns días de verán.

Page 3: 12º domingo tob bene pagola

Marcos describe o episodio para

espertar a fe das comunidades

cristiás que viven momentos difíciles.

Page 4: 12º domingo tob bene pagola

O relato non é O relato non é unha historia unha historia

tranquilizante para tranquilizante para consolarnos aos consolarnos aos

cristiáns de hoxe coa cristiáns de hoxe coa promesa dunha promesa dunha

protección divina que protección divina que permita á Igrexa pasear permita á Igrexa pasear

tranquila a través da tranquila a través da historiahistoria.

Page 5: 12º domingo tob bene pagola

É a chamada decisiva É a chamada decisiva de Xesús para facer de Xesús para facer con El a travesía en con El a travesía en

tempos difíciles:tempos difíciles: "Por que sodes tan "Por que sodes tan

covardes? covardes? Aínda non tendes Aínda non tendes

fe?"fe?"..

Page 6: 12º domingo tob bene pagola

Marcos prepara a escena desde o principio.

Dinos que "era ao serán".

Axiña caerán as tebras da noite sobre o lago.

É Xesús quen toma a iniciativa daquela estraña travesía:

“Vamos á outra beira".

Page 7: 12º domingo tob bene pagola

A expresión non é nada A expresión non é nada inocente. inocente.

Invítaos a pasar xuntos, Invítaos a pasar xuntos, na mesma barca, cara na mesma barca, cara ao outro mundo, máis ao outro mundo, máis

alá do coñecido: alá do coñecido: a rexión pagá da a rexión pagá da

Decápole.Decápole.

Page 8: 12º domingo tob bene pagola

De súpeto levántase un De súpeto levántase un forte furacán e as ondas forte furacán e as ondas rompen contra a fráxil rompen contra a fráxil

embarcación inundándoa embarcación inundándoa de auga.de auga.

A escena é patética: na A escena é patética: na parte dianteira, os parte dianteira, os discípulos loitando discípulos loitando

impotentes contra a impotentes contra a tempestade; na popa, tempestade; na popa, nun lugar algo máis nun lugar algo máis

elevado, Xesús durmindo elevado, Xesús durmindo tranquilamente sobre un tranquilamente sobre un

cabezalcabezal.

Page 9: 12º domingo tob bene pagola

Aterrorizados, os discípulos espertan

a Xesús. Non captan a

confianza de Xesús no Pai.

O único que ven nel é unha incrible falta de interese por eles.

Están cheos de medo e

nerviosismo: “Mestre, seica non Mestre, seica non

che importa que che importa que afoguemosafoguemos?”.?”.

Page 10: 12º domingo tob bene pagola

Xesús non se xustifica. Xesús non se xustifica. Ponse de pé e pronuncia unha Ponse de pé e pronuncia unha

especie de exorcismo:especie de exorcismo: o vento cesa de ruxir e faise o vento cesa de ruxir e faise

unha gran calma.unha gran calma.

Page 11: 12º domingo tob bene pagola

Xesús aproveita esa paz e silencio grandes para facerlles dúas preguntas

que hoxe chegan ata nós: "Por que sodes tan covardes? Seica aínda non tendes fe?".

Page 12: 12º domingo tob bene pagola

Que nos está sucedendo aos cristiáns?Que nos está sucedendo aos cristiáns?

Por que son tantos os nosos medos para Por que son tantos os nosos medos para afrontar estes tempos cruciais, e tan pouca a afrontar estes tempos cruciais, e tan pouca a

nosa confianza en Xesús? nosa confianza en Xesús?

Page 13: 12º domingo tob bene pagola

Non é o medo a afundirnos o que nos

está bloqueando?

Non é a busca cega de seguridade a que nos

impide facer unha lectura lúcida,

responsable e confiada destes tempos?

Page 14: 12º domingo tob bene pagola

Por que nos Por que nos resistimos a ver que resistimos a ver que

Deus está Deus está conducindo a Igrexa conducindo a Igrexa cara a un futuro máis cara a un futuro máis fiel a Xesús e ao seu fiel a Xesús e ao seu

Evanxeo?Evanxeo?

Page 15: 12º domingo tob bene pagola

Por que buscamos seguridade no coñecido e Por que buscamos seguridade no coñecido e establecido no pasado, e non escoitamos a establecido no pasado, e non escoitamos a

chamada chamada de Xesús a “pasar á outra beira”

para sementar humildemente a súa Boa Nova

nun mundo indiferente a Deus, pero tan necesitado de esperanza?.

Page 16: 12º domingo tob bene pagola

POR QUE TANTO MEDO 

A barca na que van Xesús e os seus discípulos vese atrapada por unha daquelas tormentas imprevistas e furiosas que se levantan no lago de Galilea ao serán dalgúns días de verán. Marcos describe o episodio para espertar a fe das comunidades cristiás que viven momentos difíciles.

O relato non é unha historia tranquilizante para consolarnos aos cristiáns de hoxe coa promesa dunha protección divina que permita á Igrexa pasear tranquila a través da historia. É a chamada decisiva de Xesús para facer con El a travesía en tempos difíciles: "Por que sodes tan covardes? Aínda non tendes fe?".

Marcos prepara a escena desde o principio. Dinos que "era ao serán". Axiña caerán as tebras da noite sobre o lago. É Xesús quen toma a iniciativa daquela estraña travesía: "Vamos á outra beira". A expresión non é nada inocente. Invítaos a pasar xuntos, na mesma barca, cara a outro mundo, máis alá do coñecido: a rexión pagá da Decápole.

De súpeto levántase un forte furacán e as ondas rompen contra a fráxil embarcación inundándoa de auga. A escena é patética: na parte dianteira, os discípulos loitando impotentes contra a tempestade; na popa, nun lugar algo máis elevado, Xesús durmindo tranquilamente sobre un cabezal.

Aterrorizados, os discípulos espertan a Xesús. Non captan a confianza de Xesús no Pai. O único que ven nel é unha incríble falta de interese por eles. Están cheos de medo e nerviosismo: “Mestre, seica non che importa que afoguemos?”.

Xesús non se xustifica. Ponse de pé e pronuncia unha especie de exorcismo: o vento cesa de ruxir e faise unha gran calma. Xesús aproveita esa paz e silencio grandes para facerlles dúas preguntas que hoxe chegan ata nós: “Por que sodes tan covardes? Aínda non tendes fe?".

Que nos está sucedendo aos cristiáns? Por que son tantos os nosos medos para afrontar estes tempos cruciais, e tan pouca a nosa confianza en Xesús? Non é o medo a afundirnos o que nos está bloqueando? Non é a busca cega de seguridade a que nos impide facer unha lectura lúcida, responsable e confiada destes tempos? Por que nos resistimos a ver que Deus está conducindo a Igrexa cara a un futuro máis fiel a Xesús e ao seu Evanxeo? Por que buscamos seguridade no coñecido e establecido no pasado, e non escoitamos a chamada de Xesús a "pasar á outra beira" para sementar humildemente a súa Boa Nova nun mundo indiferente a Deus, pero tan necesitado de esperanza.

José Antonio Pagola