9 trindade 2015 b bene pagola

14
31 maio 2015 Santísima Trindade Mateu 28, 16-20 Presentación: B. Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Andrés Tejero. José Antonio Pagola

Transcript of 9 trindade 2015 b bene pagola

Page 1: 9 trindade 2015 b   bene pagola

31 maio 2015Santísima Trindade

Mateu 28, 16-20 Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Andrés Tejero.

José Antonio Pagola

Page 2: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Ao longo dos séculos os teólogos cristiáns os teólogos cristiáns elaboraron profundos estudos elaboraron profundos estudos sobre a Trindade. Con todo, bastantes cristiáns dos nosos días non logran captar que ten que ver coas súa vida esas

admirables doutrinas.

Page 3: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Ao parecer, hoxe necesitamos oír falar de Deus con palabras

humildes e sinxelas, que toquen o noso pobre corazón, confuso e

desalentado, e reconforten a nosa fe vacilante. Necesitamos, tal vez, recuperar o esencial do noso credo para aprender a vivilo con alegría

nova.

Page 4: 9 trindade 2015 b   bene pagola

««Creo en Deus Pai, Creo en Deus Pai, creador do ceo e da terracreador do ceo e da terra». ».

Non estamos sós ante os nosos problemas e Non estamos sós ante os nosos problemas e conflitos. conflitos.

Non vivimos esquecidos, Deus é o noso Non vivimos esquecidos, Deus é o noso «Pai» querido. «Pai» querido.

Así o chamaba Xesús e así o chamamos nós. Así o chamaba Xesús e así o chamamos nós.

Page 5: 9 trindade 2015 b   bene pagola

El é a orixe e a meta da nosa vida. El é a orixe e a meta da nosa vida. Creounos a todos só polo amor, e Creounos a todos só polo amor, e

espéranos a todos con corazón de Pai ao espéranos a todos con corazón de Pai ao final da nosa peregrinación por este mundo.final da nosa peregrinación por este mundo.

Page 6: 9 trindade 2015 b   bene pagola

O seu nome é hoxe esquecido e negado O seu nome é hoxe esquecido e negado por moitos.por moitos.

Os nosos fillos van afastándose del, e os Os nosos fillos van afastándose del, e os crentes non sabemos contaxiarlles a crentes non sabemos contaxiarlles a

nosa fe, pero Deus séguenos ollando a nosa fe, pero Deus séguenos ollando a todos con amor. todos con amor.

Page 7: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Aínda que vivamos cheos de dúbidas, non temos que perder a fe nun Deus Creador e Pai,

pois perderiamos a nosa última esperanza.

Page 8: 9 trindade 2015 b   bene pagola

«Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, noso

Señor». É o gran agasallo que Deus

fixo ao mundo. El contounos como é o Pai.

Page 9: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Para nós, Xesús Para nós, Xesús nunca será un home nunca será un home

máis.máis. Ollándoo a El, Ollándoo a El, vemos o Pai:vemos o Pai:

nos seus xestos nos seus xestos captamos a súa captamos a súa

tenrura e tenrura e comprensión.comprensión.

Nel podemos sentir Nel podemos sentir a Deus humano, a Deus humano,

achegado, amigo.achegado, amigo.

Page 10: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Este Xesús, o Fillo amado de Deus, animounos a construír

unha vida máis fraterna e ditosa para todos.

É o que máis quere o Pai. Indicounos, ademais, o camiño a

seguir: ««Sede compasivos como o voso Sede compasivos como o voso

Pai é compasivoPai é compasivo».».

Page 11: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Se esquecemos a Xesús, quen ocupará o seu baleiro?,

quen nos poderá ofrecer a súa luz e a súa esperanza?

Page 12: 9 trindade 2015 b   bene pagola

««Creo no Espírito Santo, Creo no Espírito Santo, Señor e dador de vidaSeñor e dador de vida».».

Este misterio de Deus non é algo afastado. Este misterio de Deus non é algo afastado. Está presente no fondo de cada Está presente no fondo de cada

un de nós. un de nós.

Page 13: 9 trindade 2015 b   bene pagola

Podémolo captar como Espírito que alenta as Podémolo captar como Espírito que alenta as nosas vidas, como Amor que nos leva cara aos nosas vidas, como Amor que nos leva cara aos

que sofren. que sofren. Este Espírito é o mellor que hai Este Espírito é o mellor que hai

dentro de nós. dentro de nós.

Page 14: 9 trindade 2015 b   bene pagola

O ESENCIAL DO CREDO 

Ao longo dos séculos, os teólogos cristiáns elaboraron profundos estudos sobre a Trindade. Con todo, bastantes cristiáns dos nosos días non logran captar que ten que ver coa súa vida esas admirables doutrinas.

Ao parecer, hoxe necesitamos oír falar de Deus con palabras humildes e sinxelas, que toquen o noso pobre corazón, confuso e desalentado, e reconforten a nosa fe vacilante. Necesitamos, tal vez, recuperar o esencial do noso credo para aprender a vivilo con alegría nova.

«Creo en Deus Pai, creador do ceo e da terra». Non estamos sós ante os nosos problemas e conflitos. Non vivimos esquecidos, Deus é o noso «Pai» querido. Así o chamaba Xesús e así o chamamos nós. El é a orixe e a meta da nosa vida. Creounos a todos só por amor, e espéranos a todos co corazón de Pai ao final da nosa peregrinación por este mundo.

O seu nome é hoxe esquecido e negado por moitos. Os nosos fillos vanse afastando del, e os crentes non sabemos contaxiarlles a nosa fe, pero Deus séguenos ollando a todos con amor. Aínda que vivamos cheos de dúbidas, non temos que perder a fe nun Deus Creador e Pai pois perderiamos a nosa última esperanza.

«Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, noso Señor». é o gran agasallo que Deus fixo ao mundo. El contounos como é o Pai. Para nós, Xesús nunca será un home máis. Ollándoo a El, vemos o Pai: nos seus xestos captamos a súa tenrura e comprensión. Nel podemos sentir a Deus humano, achegado, amigo.

Este Xesús, o Fillo amado de Deus, animounos a construír unha vida máis fraterna e ditosa para todos. É o que máis quere o Pai. Indicounos, ademais, o camiño a seguir: «Sede compasivos como o voso Pai é compasivo». Se esquecemos a Xesús, quen ocupará o seu baleiro, quen nos poderá ofrecer a súa luz e a súa esperanza?

«Creo no Espírito Santo, Señor e dador de vida». Este misterio de Deus non é algo afastado. Está presente no fondo de cada un de nós. Podémolo captar como Espírito que alenta as nosas vidas, como Amor que nos leva cara aos que sofren. Este Espírito é o mellor que hai dentro de nós.  

José Antonio Pagola