7º domingo toa 2014 bene pagola

15
23 de febreiro de 2014 7º Tempo ordinario (A) Mateu 5, 38-48 Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Constrúe un mundo máis fraterno e amable. Pásao. José Antonio Pagola Música:Mozart-sinfonia nº 29; Present:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain

Transcript of 7º domingo toa 2014 bene pagola

Page 1: 7º domingo toa 2014  bene pagola

23 de febreiro de 20147º Tempo ordinario (A)

Mateu 5, 38-48

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASConstrúe un mundo máis fraterno e amable. Pásao.

José Antonio Pagola

Música:Mozart-sinfonia nº 29;Present:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain

Page 2: 7º domingo toa 2014  bene pagola

A chamada ao amor é sempre sedutora. Seguramente, moitos acollían con agrado a chamada de Xesús a amar a

Deus e ao próximo. Era a mellor síntese da Lei.

Pero o que non podían imaxinar é que un día lles falase de amar os inimigos.

Page 3: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Con todo, Xesús fíxoo. Sen respaldo ningún da tradición bíblica,

distanciándose dos salmos de vinganza que alimentaban a oración do seu pobo,…

Page 4: 7º domingo toa 2014  bene pagola

…enfrontándose ao clima xeral de odio que se respiraba na súa contorna, proclamou con claridade

absoluta a súa chamada: “Eu, en cambio, dígovos: Amade os vosos inimigos, facede o ben aos que vos aborrecen e rezade polos

que vos calumnian”.

Page 5: 7º domingo toa 2014  bene pagola

A súa linguaxe é escandalosa e A súa linguaxe é escandalosa e sorprendente, pero totalmente sorprendente, pero totalmente

coherente coa coherente coa súa experiencia de Deus.súa experiencia de Deus.

O Pai non é violento: ama incluso O Pai non é violento: ama incluso os seus inimigos, non busca a os seus inimigos, non busca a

destrución de ninguén. destrución de ninguén.

Page 6: 7º domingo toa 2014  bene pagola

A súa grandeza non consiste en vingarse senón en amar incondicionalmente a todos.

Quen se sinta fillo dese Deus, non introducirá non mundo odio nin

destrución de ninguén.

Page 7: 7º domingo toa 2014  bene pagola

O amor ao inimigo non O amor ao inimigo non é unha ensinanza é unha ensinanza

secundaria de Xesús, secundaria de Xesús, dirixida a persoas dirixida a persoas chamadas a unha chamadas a unha

perfección heroica.perfección heroica. A súa chamada quere A súa chamada quere introducir na historia introducir na historia unha actitude nova unha actitude nova

ante o inimigo porque ante o inimigo porque quere eliminar no quere eliminar no mundo o odio e a mundo o odio e a

violencia destrutora.violencia destrutora.

Page 8: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Quen se pareza a Deus non

alimentará o odio contra

ninguén, buscará o ben

de todos incluso dos seus inimigos.

Page 9: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Cando Xesús fala do amor ao inimigo, non está pedindo que alimentemos en nós sentimentos

de afecto, simpatía ou cariño cara aos que nos fan mal.

O inimigo segue sendo alguén do que podemos esperar dano, e dificilmente poden cambiar os sentimentos

do noso corazón.

Page 10: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Amar ao inimigo significa, antes que nada, non facerlle mal, non buscar nin desexar facerlle dano.

Non temos que estrañarnos se non sentimos amor ningún cara a el.

É natural que nos sintamos feridos ou humillados. Temos que preocuparnos cando seguimos alimentando o odio e a

sede de vinganza.

Page 11: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Pero non se trata só de non facerlle mal. Podemos dar máis pasos ata estar incluso dispostos a facerlle

o ben se o encontramos necesitado.

Page 12: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Non temos que esquecer que somos máis humanos Non temos que esquecer que somos máis humanos cando perdoamos que cando nos vingamos cando perdoamos que cando nos vingamos

alegrándonos da súa desgraza.alegrándonos da súa desgraza.

Page 13: 7º domingo toa 2014  bene pagola

O perdón sincero ao inimigo non é fácil. Nalgunhas circunstancias á persoa se lle pode facer naquel momento practicamente imposible liberarse

do rexeitamento, o odio o a sede de vinganza.

Page 14: 7º domingo toa 2014  bene pagola

Non temos que Non temos que xulgar a ninguén xulgar a ninguén

desde fóra. desde fóra. Só Deus nos Só Deus nos comprende e comprende e

perdoa de maneira perdoa de maneira incondicional, incondicional,

incluso cando non incluso cando non somos capaces de somos capaces de

perdoar.perdoar.

Page 15: 7º domingo toa 2014  bene pagola

UNHA CHAMADA ESCANDALOSA 

A chamada ao amor é sempre sedutora. Seguramente, moitos acollían con agrado a chamada de Xesús a amar a Deus e ao próximo. Era a mellor síntese da Lei. Pero o que non podían imaxinar é que un día lles falase de amar os inimigos.

Con todo, Xesús fíxoo. Sen respaldo ningún da tradición bíblica, distanciándose dos salmos de vinganza que alimentaban a oración do seu pobo, enfrontándose ao clima xeral de odio que se respiraba na súa contorna, proclamou con claridade absoluta a súa chamada: “Eu, en cambio, dígovos: Amade os vosos inimigos, facede o ben aos que vos aborrecen e rezade polos que vos calumnian”.

A súa linguaxe é escandalosa e sorprendente, pero totalmente coherente coa súa experiencia de Deus. O Pai non é violento: ama incluso os seus inimigos, non busca a destrución de ninguén. A súa grandeza non consisto en vingarse senón en amar incondicionalmente a todos. Quen se sinta fillo dese Deus, non introducirá no mundo odio nin destrución de ninguén.

O amor ao inimigo non é unha ensinanza secundaria de Xesús, dirixida a persoas chamadas a unha perfección heroica. A súa chamada quere introducir na historia unha actitude nova ante o inimigo porque quere eliminar no mundo o odio e a violencia destrutora. Quen se pareza a Deus non alimentará o odio contra ninguén, buscará o ben de todos, incluso dos seus inimigos.

Cando Xesús fala do amor ao inimigo, non está pedindo que alimentemos en nós sentimentos de afecto, simpatía ou cariño cara a quen nos fai mal. O inimigo segue sendo alguén do que podemos esperar dano, e dificilmente poden cambiar os sentimientos do noso corazón.

Amar o inimigo significa, antes que nada, non facerlle mal, non buscar nin desexar facerlle dano. Non temos que estrañarnos se non sentimos amor ningún cara a el. É natural que nos sintamos feridos ou humillados. Temos que preocuparnos cando seguimos alimentando o odio e a sede de vinganza.

Pero non se trata só de non facerlle mal. Podemos dar máis pasos ata estar incluso dispostos a facerlle o ben se o encontramos necesitado. Non temos de esquecer que somos máis humanos cando perdoamos que cando nos vingamos alegrándonos da súa desgraza.

O perdón sincero ao inimigo non é fácil. Nalgunhas circunstancias á persoa se lle pode facer naquel momento practicamente imposible liberarse do rexeitamento, o odio o a sede de vinganza. Non temos que xulgar a ninguén desde fóra. Só Deus nos comprende e perdona de maneira incondicional, incluso cando non somos capaces de perdonar.

José Antonio Pagola