5º coresma a 2014 bene pagola
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
245 -
download
6
description
Transcript of 5º coresma a 2014 bene pagola
José Antonio Pagola
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a esperanza cristiá na resurrección. Pásao.
6 de abril de 20145º Coresma (A)
Xoán 11, 1 - 45Música: Mozart Concierto de oboesPresent:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain
Xesús nunca oculta o seu cariño cara aos tres irmáns que viven en Betania.
Seguramente son os que o acollen na súa casa sempre que sobe a Xerusalén.
Un día Xesús recibe un recado: o noso irmán Un día Xesús recibe un recado: o noso irmán Lázaro, “teu amigo”, está enfermo. Lázaro, “teu amigo”, está enfermo.
Ao pouco tempo, Xesús encamíñase cara á Ao pouco tempo, Xesús encamíñase cara á pequena aldea.pequena aldea.
Cando se presenta, Lázaro morreu xa. Ao velo chegar, María, a irmá
máis nova, bótase a chorar. Ninguén a pode consolar.
Ao ver chorar a súa amiga e tamén os xudeus que a acompañan, Xesús
non pode conterse. Tamén el “se bota a chorar” xunto a eles.
a xente comenta: “Como o quería”!
Xesús non chora só pola morte dun amigo moi
querido. Rómpeselle a alma ao sentir a impotencia de todos
ante a morte.
Todos levamos no Todos levamos no máis íntimo de máis íntimo de
noso ser un noso ser un desexo insaciable desexo insaciable
de vivir. de vivir. Por que temos que Por que temos que
morrer?morrer? Por que a vida Por que a vida
non é máis ditosa, non é máis ditosa, máis longa, máis máis longa, máis
segura, máis vidasegura, máis vida??
Que vai ser Que vai ser de todos e cada de todos e cada
un de nós?un de nós? É inútil tratar É inútil tratar
de enganarnos.de enganarnos. Que podemos Que podemos
facer? facer? Rebelarnos? Rebelarnos? Deprimirnos?Deprimirnos?
O home de hoxe, O home de hoxe, como o de todas as como o de todas as
épocas, leva épocas, leva cravada no seu cravada no seu
corazón a pregunta corazón a pregunta máis inquietante e máis inquietante e
máis difícil máis difícil de responder: de responder:
Sen dúbida, a reacción máis xeneralizadaSen dúbida, a reacción máis xeneralizada é esquecernos e “seguir tirando”. é esquecernos e “seguir tirando”.
Pero, non está o ser humano chamado a vivir a súa Pero, non está o ser humano chamado a vivir a súa vida e a vivirse a sí mesmo con lucidez e vida e a vivirse a sí mesmo con lucidez e
responsabilidade? responsabilidade?
Só ao noso final temos que achegarnos de forma Só ao noso final temos que achegarnos de forma inconsciente e irresponsable, sen tomar postura inconsciente e irresponsable, sen tomar postura
ningunha?ningunha?
Ante o misterio último do noso destino non é posible apelar a dogmas científicos
nin relixiosos. Non nos poden guiar máis alá desta vida.
Máis honrada parece a postura do escultor Eduardo Chillida ao que, en certa ocasión, lle
escoitei dicir: ““Da morte, a razón dime que é definitiva. Da Da morte, a razón dime que é definitiva. Da
razón, a razón dime que é limitada”.razón, a razón dime que é limitada”.
O cristiáns non sabemos da outra vida máis que O cristiáns non sabemos da outra vida máis que os demaisos demais.
Tamén nós nos temos que achegar con humildade ao feito escuro da nosa morte.
Pero facémolo cunha confianza radical na Bondade do Misterio de Deus que
albiscamos en Xesús. Ese Xesús ao que, sen telo visto, amamos e, sen
velo aínda, lle damos a nosa confianza.
Esta confianza non pode ser entendida desde Esta confianza non pode ser entendida desde fóra. Só pode ser vivida por quen respondeu, fóra. Só pode ser vivida por quen respondeu,
con fe sinxela, ás palabras de Xesús: con fe sinxela, ás palabras de Xesús: ““Eu son a resurrección e a vida. Eu son a resurrección e a vida.
Cres ti isto?”Cres ti isto?”. .
Recentemente, Hans Küng, o teólogo Recentemente, Hans Küng, o teólogo católico máis crítico do século vinte, católico máis crítico do século vinte,
próximo xa ao seu final, dixo que para próximo xa ao seu final, dixo que para el morrer era el morrer era “descansar no misterio “descansar no misterio
da misericordia de Deus”.da misericordia de Deus”.
UN PROFETA QUE CHORAXesús nunca oculta o seu cariño cara aos tres irmáns que viven en Betania. Seguramente son
os que o acollen na súa casa sempre que sobe a Xerusalén. Un día Xesús recibe un recado: o noso irmán Lázaro, “o teu amigo”, está enfermo. Ao pouco tempo, Xesús encamíñase cara á pequena aldea.
Cando se presenta, Lázaro morreu xa. Ao velo chegar, María, a irmá máis nova, bótase a chorar. Ninguén pode consolala. Ao ver chorar a súa amiga e tamén os xudeus que a acompañan, Xesús non pode conterse. Tamén el “se bota a chorar” xunto a eles. A xente comenta: “Como o quería”!
Xesús non chora só pola morte dun amigo moi querido. Rómpeselle a alma ao sentir a impotencia de todos ante a morte. Todos levamos no máis íntimo do noso ser un desexo insaciable de vivir. Por que temos que morrer? Por que a vida non é máis ditosa, máis longa, máis segura, máis vida?
O home de hoxe, como o de todas as épocas, leva cravada no seu corazón a pregunta máis inquietante e máis difícil de responder: Que vai ser de todos e cada un de nós? É inútil tratar de enganarnos. Que podemos facer? Rebelarnos? Deprimirnos?
Sen dúbida, a reacción máis xeneralizada é esquecernos e “seguir tirando”. Pero, non está o ser humano chamado a vivir a súa vida e a vivirse a si mesmo con lucidez e responsabilidade? Só ao noso final temos que achegarnos de forma inconsciente e irresponsable, sen tomar postura ningunha?
Ante o misterio último do noso destino non é posible apelar a dogmas científicos nin religiosos. Non nos poden guiar máis alá desta vida. Máis honrada parece a postura do escultor Eduardo Chillida ao que, en certa ocasión, lle escoitei dicir: “Da morte, a razón dime que é definitiva. Da razón, a razón dime que é limitada”.
Os cristiáns non sabemos da outra vida máis que os demais. Tamén nós nos temos que achegar con humildade ao feito escuro da nosa morte. Pero facémolo cunha confianza radical na Bondade do Misterio de Deus que albiscamos en Xesús. Ese Xesús ao que, sen telo visto, amamos e, sen velo aínda, lle damos a nosa confianza.
Esta confianza non pode ser entendida desde fóra. Só pode ser vivida por quien respondeu, con fe sinxela, ás palabras de Xesús: “Eu son a resurrección e a vida. Cres ti isto?”. Recentemente, Hans Küng, o teólogo católico máis crítico do século vinte, próximo xa ao seu final, dixo que para el morrer era “descansar no misterio da misericordia de Deus”.
José Antonio Pagola