4º coresma c 2016 bene pagola

12
Presentación:B.Areskurrinaga HC Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz. D. Amundarain Euskaraz. D. Amundarain Música: Mendelssohn. Concierto para violín. Andante Música: Mendelssohn. Concierto para violín. Andante 6 de marzo de 2016 4º Coresma – C (Lucas 15,1-3.11-32) José Antonio Pagola José Antonio Pagola O outro fillo

Transcript of 4º coresma c 2016 bene pagola

Page 1: 4º coresma c 2016 bene pagola

Presentación:B.Areskurrinaga HCPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz. D. AmundarainEuskaraz. D. AmundarainMúsica: Mendelssohn. Concierto para violín. AndanteMúsica: Mendelssohn. Concierto para violín. Andante

6 de marzo de 20164º Coresma – C

(Lucas 15,1-3.11-32)

José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola

O outro fillo

Page 2: 4º coresma c 2016 bene pagola

Sen dúbida, a parábola máis cativadora de Xesús é a Sen dúbida, a parábola máis cativadora de Xesús é a do «pai bo», mal chamada do «pai bo», mal chamada «parábola do fillo pródigo».«parábola do fillo pródigo».

Precisamente, este «fillo máis novo» atraeu sempre a atención de comentaristas e predicadores.

A súa volta ao fogar e a acollida incrible do pai conmoveron a todas as xeracións cristiás.

Page 3: 4º coresma c 2016 bene pagola

Con todo, a parábola fala tamén do «fillo máis vello», un home que permanece xunto a seu pai,

sen imitar a vida desordenada de seu irmán, lonxe do fogar.

Cando o informan da festa organizada por seu pai para acoller o fillo perdido, queda desconcertado.

Page 4: 4º coresma c 2016 bene pagola

O retorno do irmán non lle produce alegría,O retorno do irmán non lle produce alegría, como a seu pai, senón rabia: como a seu pai, senón rabia:

«indignouse e negábase a entrar»«indignouse e negábase a entrar» na festa. na festa. Nunca marchara de casa, pero agora séntese como Nunca marchara de casa, pero agora séntese como

un estraño entre os seus.un estraño entre os seus.

Page 5: 4º coresma c 2016 bene pagola

O pai sae a O pai sae a convidalo co convidalo co

mesmo agarimo mesmo agarimo con que acolleu a con que acolleu a

seu irmán. seu irmán. Non lle grita nin lle Non lle grita nin lle

dá ordes. dá ordes. Con amor humilde Con amor humilde

«trata de «trata de persuadilo» persuadilo»

para que entre na para que entre na festa da acollida. festa da acollida.

Page 6: 4º coresma c 2016 bene pagola

É daquela cando o fillo estoupa deixando ao descuberto todo o seu resentimento.

Pasou toda a súa vida cumprindo ordes do pai, pero non aprendeu a amar como ama

el. Agora só sabe esixir os seus dereitos e

denigrar a seu irmán.

Page 7: 4º coresma c 2016 bene pagola

Esta é a traxedia do fillo máis vello.

Nunca marchou da casa, pero o seu corazón estivo sempre lonxe.

Sabe cumprir mandamentos pero non sabe amar. Non entende o amor de seu pai a aquel fillo perdido.

El non acolle nin perdoa, non quere saber nada con seu irmán.

Xesús termina a súa parábola sen satisfacer a nosa curiosidade:

entrou na festa ou quedou fóra?

Page 8: 4º coresma c 2016 bene pagola

Envoltos na crise relixiosa da sociedade moderna,

habituámonos a falar de crentes e non-crentes,

de practicantes e de afastados, de matrimonios bendicidos pola Igrexa e de parellas en situación

irregular...

Page 9: 4º coresma c 2016 bene pagola

Mentres nós seguimos clasificando os seus fillos,

Deus séguenos esperando a todos, pois non é

propiedade dos bos nin dos practicantes.

É Pai de todos.

Page 10: 4º coresma c 2016 bene pagola

O «fillo máis vello» é unha interpelación O «fillo máis vello» é unha interpelación para cantos cremos vivir xunto a el.para cantos cremos vivir xunto a el. Que estamos facendo os que non Que estamos facendo os que non

abandonamos a Igrexa? abandonamos a Igrexa? Asegurar a nosa supervivencia relixiosa Asegurar a nosa supervivencia relixiosa

observando o mellor posible o prescrito, ou observando o mellor posible o prescrito, ou ser testemuñas do amor grande de Deus a ser testemuñas do amor grande de Deus a

todos os seus fillos e fillas? todos os seus fillos e fillas?

Page 11: 4º coresma c 2016 bene pagola

Estamos construíndo comunidades abertas que Estamos construíndo comunidades abertas que saben comprender, acoller e acompañar aos que saben comprender, acoller e acompañar aos que

buscan a Deus entre dúbidas e interrogantes?buscan a Deus entre dúbidas e interrogantes? Erguemos barreiras ou tendemos pontes? Erguemos barreiras ou tendemos pontes?

Ofrecémoslles amizade ou mirámolosOfrecémoslles amizade ou mirámolos con receo?con receo?

Page 12: 4º coresma c 2016 bene pagola

O OUTRO FILLO 

Sen dúbida, a parábola máis cativadora de Xesús é a do «pai bo», mal chamada «parábola do fillo pródigo». Precisamente, este «fillo máis novo» atraeu sempre a atención de comentaristas e predicadores. A súa volta ao fogar e a acollida incrible do pai conmoveron a todas as xeracións cristiás.

Con todo, a parábola fala tamén do «fillo máis vello», un home que permanece xunto a seu pai, sen imitar a vida desordenada de seu irmán, lonxe do fogar. Cando o informan da festa organizada por seu pai para acoller o fillo perdido, queda desconcertado. O retorno do irmán non lle produce alegría, como a seu pai, senón rabia: «indignouse e negábase a entrar» na festa. Nunca marchara da casa, pero agora séntese como un estraño entre os seus.

O pai sae a invitalo co mesmo agarimo con que acolleu a seu irmán. Non lle grita nin lle dá ordes. Con amor humilde «trata de persuadilo» para que entre na festa da acollida. É daquela cando o fillo estoupa deixando ao descuberto todo o seu resentimento. Pasou toda a súa vida cumprindo ordes do pai, pero non aprendeu a amar como ama el. Agora só sabe esixir os seus dereitos e denigrar a seu irmán.

Esta é a traxedia do fillo máis vello. Nunca marchou da casa, pero o seu corazón estivo sempre lonxe. Sabe cumprir mandamentos pero non sabe amar. Non entende o amor de seu pai a aquel fillo perdido. El non acolle nin perdoa, non quere saber nada co seu irmán. Xesús termina a sú parábola sen satisfacer a nosa curiosidade: entrou na festa ou quedou fóra?

Envoltos na crise relixiosa da sociedade moderna, habituámonos a falar de crentes e non-crentes, de practicantes e de afastados, de matrimonios bendicidos pola Igrexa e de parellas en situación irregular... Mentres nós seguimos clasificando a seus fillos, Deus séguenos esperando a todos, pois non é propiedade dos bos nin dos practicantes. É Pai de todos.

O «fillo máis vello» é unha interpelación para os que cremos vivir xunto a el. Que estamos facendo os que non abandonamos a Igrexa? Asegurar a nosa supervivencia relixiosa observando o mellor posible o prescrito, ou ser testemuñas do amor grande de Deus a todos os seus fillos e fillas? Estamos construíndo comunidades abertas que saben comprender, acoller e acompañar aos que buscan a Deus entre dúbidas e interrogantes? Erguemos barreiras ou tendemos pontes? Ofrecemos amizade ou mirámolos con receo? 

José Antonio Pagola