7º pascua ascensión c2016 bene pagola

15
Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Bach, Concierto dos violines. 8 de maio de 2016 Ascensión do Señor – C (Lucas 24, 46-53 Texto: José Antonio Pagola

Transcript of 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Page 1: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Bach, Concierto dos violines.

8 de maio de 2016Ascensión do Señor – C

(Lucas 24, 46-53

Texto: José Antonio Pagola

Page 2: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Os evanxeos ofrécennos

diversas claves para entender como

comezaron a súa andaina histórica as

primeiras comunidades cristiás sen a presenza de Xesús ao fronte dos

seus seguidores.

Page 3: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Tal vez, non foi todo tan sinxelo como, ás veces, o imaxinamos.

Como entenderon e viviron a súa relación con El, unha vez desaparecido da terra?

Page 4: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Mateu non di unha palabra da súa Mateu non di unha palabra da súa ascensión ao ceo. ascensión ao ceo.

Remata o seu evanxeo cunha escena de despedida Remata o seu evanxeo cunha escena de despedida nunha montaña de Galilea na que Xesús lles fai nunha montaña de Galilea na que Xesús lles fai

esta solemne promesa: esta solemne promesa: «Sabede que eu estou convosco todos os días ata a

fin do mundo».

Page 5: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Os discípulos non han de sentir a súa ausencia. Os discípulos non han de sentir a súa ausencia. Xesús estará sempre con eles. Xesús estará sempre con eles.

Pero, como?Pero, como?

Page 6: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Lucas ofrece unha visión diferente.Lucas ofrece unha visión diferente. Na escena final do seu evanxeo, XesúsNa escena final do seu evanxeo, Xesús

«sepárase deles subindo cara ao ceo». «sepárase deles subindo cara ao ceo». Os Os discípulos teñen que aceptar con todo realismo a discípulos teñen que aceptar con todo realismo a

separación: separación: Xesús vive xa no misterio de Deus.Xesús vive xa no misterio de Deus.

Page 7: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Pero sobe ao Pai Pero sobe ao Pai «bendicindo» «bendicindo» os seus. os seus. Os seus seguidores comezan a súa andaina protexidos por Os seus seguidores comezan a súa andaina protexidos por

aquela bendición coa que Xesús curaba os enfermos, aquela bendición coa que Xesús curaba os enfermos, perdoaba os pecadores e agarimaba os pequenos.perdoaba os pecadores e agarimaba os pequenos.

Page 8: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

O evanxelista Xoán pon na boca de Xesús unhas palabras O evanxelista Xoán pon na boca de Xesús unhas palabras que propoñen outra clave.que propoñen outra clave.

Ao despedirse dos seus, Xesús dilles: Ao despedirse dos seus, Xesús dilles: «Eu «Eu voume ao Pai e vós estades tristes... Con todo, voume ao Pai e vós estades tristes... Con todo,

convénvos que eu me vaia para que recibades o Espírito convénvos que eu me vaia para que recibades o Espírito Santo»Santo»..

Page 9: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

A tristura dos discípulos é explicable. Desexan a seguridade que lles dá ter a Xesús sempre a carón deles.

É a tentación de vivir de maneira infantil baixo a protección do Mestre.

Page 10: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

A resposta de Xesús amosaA resposta de Xesús amosa unha sabia pedagoxía. unha sabia pedagoxía.

A súa ausencia fará medrar a madurezaA súa ausencia fará medrar a madureza dos seus seguidores. dos seus seguidores.

Déixalles a marca do seu Espírito. Déixalles a marca do seu Espírito. Será el quen, na súa ausencia, promoverá o Será el quen, na súa ausencia, promoverá o crecemento responsable e adulto dos seus.crecemento responsable e adulto dos seus.

Page 11: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

É bo lembralo nuns tempos en que parece

crecer entre nós o medo á creatividade, a

tentación do inmobilismo ou a saudade por un

cristianismo pensado para outros tempos e

outra cultura.

Page 12: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

Os cristiáns temos caído máis dunha vez ao longo da historia na tentación

de vivir o seguimento de Xesús de maneira infantil.

Page 13: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

A festa da Ascensión do Señor lémbranos que, rematada a presenza histórica de Xesús, vivimos «o tempo do Espírito», tempo de

creatividade e de crecemento responsable.

Page 14: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

O Espírito non proporciona aos seguidores de Xesús «receitas eternas». Dános luz e alento para ir buscando camiños

sempre novos para reproducir hoxe a súa actuación.

Así vainos conducindo cara á verdade completa de Xesús.

Page 15: 7º pascua ascensión c2016 bene pagola

CRECEMENTO E CREATIVIDADE 

Os evanxeos ofrécennos diversas claves para entender como comezaron a súa andaina histórica as primeiras comunidades cristiás sen a presenza de Xesús ao fronte dos seus seguidores. Tal vez, non foi todo tan sinxelo como, ás veces, o imaxinamos. Como entenderon e viviron a súa relación con El, unha vez desaparecido da terra?

Mateu non di unha palabra da súa ascensión ao ceo. Remata o seu evanxeo con unha escena de despedida nunha montaña de Galilea na que Xesús lles fai esta solemne promesa: «Sabede que eu estou convosco todos os días ata a fin do mundo». Os discípulos non han de sentir a súa ausencia. Xesús estará sempre con eles. Pero, como?

Lucas ofrece unha visión diferente. Na escena final do seu evanxeo, Xesús «sepárase deles subindo cara ao ceo». Os discípulos teñen que aceptar con todo realismo a separación: Xesús vive xa no misterio de Deus. Pero sobe ao Pai «bendicindo» os seus. Os seus seguidores comezan a súa andaina protexidos por aquela bendición coa que Xesús curaba os enfermos, perdoaba os pecadores e agarimaba os pequenos.

O evanxelista Xoán pon na boca de Xesús unhas palabras que propoñen outra clave. Ao despedirse dos seus, Xesús dilles: «Eu voume ao Pai e vós estades tristes... Con todo, convénvos que eu me vaia para que recibades o Espírito Santo». A tristura dos discípulos é explicable. Desexan a seguridade que lles dá ter a Xesús sempre a caróns deles. É a tentación de vivir de maneira infantil baixo a protección do Mestre.

A resposta de Xesús amosa unha sabia pedagoxía. A súa ausencia fará medrar a madureza dos seus seguidores. Déixalles a marca do seu Espírito. Será el quen, na súa ausencia, promoverá o crecemento responsable e adulto dos seus. É bo lembralo nuns tempos en que parece crecer entre nós o medo á creatividade, a tentación do inmobilismo ou a saudade por un cristianismo pensado para outros tempos e outra cultura.

Os cristiáns temos caído máis dunha vez ao longo da historia na tentación de vivir o seguimento de Xesús de maneira infantil. A festa da Ascensión do Señor lémbranos que, rematada a presenza histórica de Xesús, vivimos «o tempo do Espírito», tempo de creatividade e de crecemento responsable. O Espírito non proporciona aos seguidores de Xesús «receitas eternas». Dános luz e alento para ir buscando camiños sempre novos para reproducir hoxe a súa actuación. Así vainos conducindo car a á verdade completa de Xesús.

José Antonio Pagola