31º domingo tob bene pagola 2012
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
121 -
download
5
Embed Size (px)
Transcript of 31º domingo tob bene pagola 2012

4 de novembro de 201231º Tempo ordinario (B)
Marcos 12, 28-34
Red evangelizadora BUENAS NOTICIASDifunde o amor a Deus e ao próximo. Pásao.
José Antonio Pagola
Música: Albinoni Concerto Albinoni Concerto nº6;presenta:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain

Un escriba achégaseUn escriba achégase a Xesús.a Xesús.
Non vén a tenderlle unha Non vén a tenderlle unha trampa. trampa.
Tampouco a discutir Tampouco a discutir con el. con el.
A súa vida está A súa vida está fundamentada en leis e fundamentada en leis e normas que lle indican normas que lle indican como comportarse en como comportarse en
cada momento.cada momento. Con todo, no seu Con todo, no seu
corazón espertouse unha corazón espertouse unha pregunta: pregunta:
"Que mandamento é o "Que mandamento é o primeiro de todos?" primeiro de todos?"
Que é o máis importante Que é o máis importante para acertar na vidapara acertar na vida??

Xesús entende moi ben o Xesús entende moi ben o que sente aquel home.que sente aquel home.
Cando na relixión se van Cando na relixión se van acumulando normas e acumulando normas e preceptos, costumes e preceptos, costumes e
ritos, é fácil vivir dispersos, ritos, é fácil vivir dispersos, sen saber exactamente sen saber exactamente
que é o fundamental para que é o fundamental para orientar a vida de maneira orientar a vida de maneira
sa. sa. Algo disto ocorría en certos Algo disto ocorría en certos
sectoressectores do xudaísmo.do xudaísmo.

Xesús non lle cita os mandamentos de Moisés. Xesús non lle cita os mandamentos de Moisés. Sinxelamente, recórdalle a oración queSinxelamente, recórdalle a oración que
esa mesma mañá pronunciaron os dous esa mesma mañá pronunciaron os dous ao saír o sol, seguindo o costume xudeu:ao saír o sol, seguindo o costume xudeu:
"Escoita, Israel, o Señor noso Deus "Escoita, Israel, o Señor noso Deus é o único Señor: amarás o Señor teu Deus é o único Señor: amarás o Señor teu Deus
con todo o teu corazón"con todo o teu corazón"..

O escriba está pensando nun Deus que ten O escriba está pensando nun Deus que ten poder de mandar. poder de mandar.
Xesús colócao ante un Deus cuxa voz temos que escoitar. Xesús colócao ante un Deus cuxa voz temos que escoitar. O importante non é conocer preceptos e cumprilos. O importante non é conocer preceptos e cumprilos.
O decisivo é deternos a escoitar O decisivo é deternos a escoitar a ese Deus que nos fala a ese Deus que nos fala
sen pronunciar palabras humanas.sen pronunciar palabras humanas.

Cando escoitamos o Cando escoitamos o verdadeiro Deus,verdadeiro Deus,
espértase en nós unha espértase en nós unha atracciónatracción
cara ao amor. cara ao amor. Non é propiamente Non é propiamente
unha orde.unha orde. É o que agroma en nós É o que agroma en nós ao abrirnos ao Misterio ao abrirnos ao Misterio
último da vida:último da vida:
"Amarás". "Amarás".

Nesta experiencia, non hai intermediarios relixiosos, non hai
teólogos nin moralistas. Non necesitamos que
ninguén nolo diga desde fóra.
Sabemos que o importante é amar.

Este amor a Deus non é un Este amor a Deus non é un sentimento sentimento
nin unha emoción. nin unha emoción. Amar o que é a fonte e a orixe Amar o que é a fonte e a orixe
da vida é vivir amando a vida, a da vida é vivir amando a vida, a creación, as cousas e, sobre creación, as cousas e, sobre
todo, as persoas. todo, as persoas.

Xesús fala de amar "con todo o corazón, con toda a alma,
con todo o ser". Sen mediocridade nin cálculos
interesados. De maneira xenerosa e confiada.

Xesús engade, aínda, Xesús engade, aínda, algo que o escriba algo que o escriba
non preguntou. non preguntou. Este amor a Deus é Este amor a Deus é
inseparableinseparable do amor ao próximo. do amor ao próximo.
Só se pode amar a Só se pode amar a Deus Deus
amando o irmán. amando o irmán. Do contrario, o amor a Do contrario, o amor a
Deus é mentira. Deus é mentira. Como imos amar o Pai Como imos amar o Pai
sen amar sen amar os seus fillos e fillas?os seus fillos e fillas?

Non sempre coidamos os
cristiáns esta síntese de
Xesús. Con frecuencia,
tendemos a confundir o amor a Deus coas prácticas relixiosas e o fervor,
ignorando o amor práctico e solidario
aos que viven excluídos pola sociedade e
esquecidos pola relixión.

Pero, que hai de
verdade no noso amor a Deus se
vivimos de costas
aos que sofren?

O IMPORTANTE
Un escriba ahégase a Xesús. Non vén a tenderlle unha trampa. Tampouco a discutir con el. A súa vida está fundamentada en leis e normas que lle indican como comportarse en cada momento. Con todo, no seu corazón espertouse unha pregunta: “Que mandamento é o primeiro de todos?" Que é o máis importante para acertar na vida?
Xesús entende moi ben o que sente aquel home. Cando na relixión se van acumulando normas e preceptos, costumes e ritos, é fácil vivir dispersos, sen saber exactamente que é o fundamental para orientar a vida de maneira sa. Algo disto ocorría en certos sectores do xudaísmo.
Xesús non lle cita os mandamentos de Moisés. Sinxelamente, recórdalle a oración que esa mesma mañá pronunciaron os dous ao saír o sol, seguindo o costume xudeu: "Escoita, Israel, o Señor noso Deus é o único Señor: amarás o Señor teu Deus con todo o teu corazón".
O escriba está pensando nun Deus que ten poder de mandar. Xesús colócao ante un Deus cuxa voz temos que escoitar. O importante non é coñecer preceptos e cumprilos. O decisivo é deternos a escoitar a ese Deus que nos fala sen pronunciar palabras humanas.
Cando escoitamos o verdadeiro Deus, espértase en nós unha atracción cara ao amor. Non é propiamente unha orde. É o que agroma en nós ao abrirnos ao Misterio último da vida: "Amarás". Nesta experiencia, non hai intermediarios relixiosos, non hai teólogos nin moralistas. Non necesitamos que ninguén nolo diga desde fóra. Sabemos que o importante é amar.
Este amor a Deus non é un sentimento nin unha emoción. Amar ao que é a fonte e a orixe da vida é vivir amando a vida, a creación, as cousas e, sobre todo, as persoas. Xesús fala de amar "con todo o corazón, con toda a alma, con todo o ser". Sen mediocridade nin cálculos interesados. De maneira xenerosa e confiada.
Xesús engade, aínda, algo que o escriba non preguntou. Este amor a Deus é inseparable do amor ao próximo. Só se pode amar a Deus amando o irmán. Do contrario, o amor a Deus é mentira. Como imos amar o Pai sen amar os seus fillos e fillas?
Non sempre coidamos os cristiáns esta síntese de Xesús. Con frecuencia, tendemos a confundir o amor a Deus coas prácticas relixiosas e o fervor, ignorando o amor práctico e solidario aos que viven excluídos pola sociedade e esquecides pola relixión. Pero, que hai de verdade no noso amor a Deus se vivimos de costas aos que sofren?
José Antonio Pagola