30º domingo tob 2015 bene pagola

13
sentación: B.Areskurrinaga HC karaz: D. Amundarain ica: Veracinic, senfonia 8 Largo. 25 outubro 2015 30º Tempo Ordinario Marcos 10, 46-52 José Antonio Pagola Curarnos da cegueira

Transcript of 30º domingo tob 2015 bene pagola

Page 1: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Veracinic, senfonia 8 Largo.

25 outubro 201530º Tempo Ordinario

Marcos 10, 46-52

José Antonio Pagola

Curarnos da cegueira

Page 2: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Que podemos facer cando a fe se vai apagando no noso corazón?

É posible reaccionar? Podemos saír da indiferenza?

Marcos narra a curación do Marcos narra a curación do cego Bartimeo para cego Bartimeo para animaranimar os seus lectores a vivir un os seus lectores a vivir un

proceso que poida cambiar proceso que poida cambiar as súas vidas.as súas vidas.

Page 3: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Non é difícil recoñecernos na figura de Bartimeo. Non é difícil recoñecernos na figura de Bartimeo. Vivimos, ás veces, como «Vivimos, ás veces, como «cegoscegos», sen ollos para », sen ollos para mirar a vida como a miraba Xesús. «mirar a vida como a miraba Xesús. «SentadosSentados», »,

instalados nunha relixión convencional, sen forza instalados nunha relixión convencional, sen forza para seguir os seus pasos. Descamiñados, «para seguir os seus pasos. Descamiñados, «ao bordo ao bordo do camiñodo camiño» que leva Xesús, sen telo como guía das » que leva Xesús, sen telo como guía das

nosas comunidades cristiás.nosas comunidades cristiás.

Page 4: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Que podemos facer? A pesar da súa cegueira, Bartimeo «decátase»

de que, pola súa vida, está pasando Xesús. Non pode deixar escapar a ocasión e comeza a gritar

unha e otra vez: «ten compaixón de min».

Page 5: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Isto é sempre o primeiro: abrirse a calquera chamada ou experiencia que nos invita a curar

a nosa vida.

Page 6: 30º domingo tob 2015 bene pagola

O cego non sabe recitar oracións

feitas por outros. Só sabe gritar e pedir compaixón porque

se sente mal. Este grito humilde e

sincero, repetido desde o fondo do corazón, pode ser para nós o comezo dunha vida nova. Xesús non pasará

sen parar.

Page 7: 30º domingo tob 2015 bene pagola

O cego segue no chan, lonxe de Xesús, pero escoita atentamente o que lle din os seus

enviados: «Ánimo! Érguete. Estate chamando».

Page 8: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Primeiro, déixase animar abrindo unha pequena fenda á esperanza. Logo, escoita a chamada a

erguerse e reaccionar. Por último, xa non se sente só:

Xesús estao chamando. Isto cambiao todo.

Page 9: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Bartimeo dá tres pasos que van cambiar a súa vida. «Arrebola o manto» porque lle estorba para encontrarse con Xesús. Logo, aínda que

se move entre tebras, «dá un brinco» decidido.

Desta maneira «achégase» a Xesús.

Page 10: 30º domingo tob 2015 bene pagola

É o que necesitamos moitos de nós: liberarnos moitos de nós: liberarnos de ataduras que afogan a nosa fe; tomar, por de ataduras que afogan a nosa fe; tomar, por

fin, unha decisión sen deixala para máis tarde; e fin, unha decisión sen deixala para máis tarde; e poñernos ante Xesús con poñernos ante Xesús con confianza sinxela e

nova.

Page 11: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Cando Xesús lle pregunta que quere del, o cego non

dubida. Sabe moi ben o que necesita: «Mestre, que poida ver».

É o máis importante.

Page 12: 30º domingo tob 2015 bene pagola

Cando un comeza a ver as cosas de maneira nova, a súa vida transfórmase.

Cando unha comunidade recibe luz de Xesús, convértese.

Page 13: 30º domingo tob 2015 bene pagola

CURARNOS DA CEGUEIRA 

Que podemos facer cuando a fe se vai apagando no noso corazón? É posible reaccionar? Podemos saír da indiferenza? Marcos narra a curación do cego Bartimeo para animar os seus lectores a vivir un proceso que poida cambiar as súas vidas.

Non é difícil recoñecernos na figura de Bartimeo. Vivimos, ás veces, como «cegos», sen ollos para mirar a vida como a miraba Xesús. «Sentados», instalados nunha relixión convencional, sen forza para seguir os seus pasos. Descamiñados, «ao bordo do camiño» que leva Xesús, sen telo como guía das nosas comunidades cristiás.

Que podemos facer? A pesar da súa cegueira, Bartimeo «decátase» de que, pola súa vida, está pasando Xesús. Non pode deixar escapar a ocasión e comeza a gritar unha e outra vez: «ten compaixón de min». Isto é sempre o primeiro: abrirse a calquera chamada ou experiencia que nos invita a curar a nosa vida.

O cego non sabe recitar oracións feitas por outros. Só sabe gritar e pedir compaixón porque se sente mal. Este grito humilde e sincero, repetido desde o fondo do corazón, pode ser para nós o comezo dunha vida nova. Xesús non pasará sen parar.

O cego segue no chan, lonxe de Xesús, pero escoita atentamente o que lle din os seus enviados: «Ánimo! Érguete. Estate chamando». Primeiro, déixase animar abrindo unha pequeña fenda á esperanza. Logo, escoita a chamada a erguerse e reaccionar. Por último, xa non se sente só: Xesús estao chamando. Isto cámbiao todo.

Bartimeo dá tres pasos que van cambiar a súa vida. «Arrebola o manto» porque lle estorba para encontrarse con Xesús. Logo, aínda que se move entre tebras, «dá un brinco» decidido. Desta maneira «achégase» a Xesús. É o que necesitamos moitos de nós: liberarnos de ataduras que afogan a nosa fe; tomar, por fin, unha decisión sen deixala para máis tarde; e poñernos ante Xesús con confianza sinxela e nova.

Cando Xesús lle pregunta que quere del, o cego non dubida. Sabe moi ben o que necesita: «Mestre, que poida ver». É o máis importante. Cando un comeza a ver as cosas de maneira nova, a súa vida transfórmase. Cando unha comunidade recibe luz de Xesús, convértese. 

José Antonio Pagola