13º domingo tob bene pagola 2012

16
1 de xullo de 2012 13º Tempo ordinario (B) Marcos 5, 21-43 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a actitude de Xesús ante a muller. Pásao . José Antonio Pagola Música: Himno al Amor; present: B.Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain

Transcript of 13º domingo tob bene pagola 2012

Page 1: 13º domingo tob bene  pagola 2012

1 de xullo de 201213º Tempo ordinario (B)

Marcos 5, 21-43Red evangelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a actitude de Xesús ante a muller. Pásao.

José Antonio Pagola

Música: Himno al Amor; present: B.Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain

Page 2: 13º domingo tob bene  pagola 2012

A escena é sorprendente. O evanxelista Marcos presenta unha muller

descoñecida como modelo de fe para as comunidades cristiás.

Page 3: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Dela poderán aprender como buscar a Xesús con fe, como chegar a un contacto sandador con El e como encontrar nel a forza para iniciar

unha vida nova, chea de paz e saúde.

Page 4: 13º domingo tob bene  pagola 2012

A diferenza de Xairo, identificado comoA diferenza de Xairo, identificado como “ “xefe da sinagoga" e home importante en Cafarnaún, xefe da sinagoga" e home importante en Cafarnaún,

esta muller non é ninguén. esta muller non é ninguén. Só sabemos que padece unha enfermidade secreta, Só sabemos que padece unha enfermidade secreta,

tipicamente feminina, que lle impide vivir de maneira sa a súa tipicamente feminina, que lle impide vivir de maneira sa a súa vida de muller, esposa e nai.vida de muller, esposa e nai.

Page 5: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Sofre moito física e moralmente. Arruinouse buscando axuda nos médicos,

pero ninguén a puido curar. Con todo, resístese a vivir para sempre

como unha muller enferma. Está soa.

Ninguén a axuda a achegarse a Xesús, pero ela saberá encontrarse con El.

Page 6: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Non espera pasivamente a

que Xesús se lle achegue e lle

impoña as súas mans.

Ela mesma o buscará.

Irá superando todos os

obstáculos. Fará todo o que

pode e sabe.

Page 7: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Xesús comprenderá o

seu desexo dunha vida máis

sa. Confía

plenamente na súa forza

sandadora.

Page 8: 13º domingo tob bene  pagola 2012

A muller non se contenta só con A muller non se contenta só con ver a Xesús de lonxe. ver a Xesús de lonxe.

Busca un contacto máis directo Busca un contacto máis directo e persoal. e persoal.

Actúa con determinación, pero Actúa con determinación, pero non de maneira aloucada.non de maneira aloucada.

Non quere molestar a ninguén. Non quere molestar a ninguén.

Page 9: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Achégase por detrás, entre a xente, e tócalle o manto.

Nese xesto delicado concrétase e expresa a súa confianza total en Xesús.

Page 10: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Todo ocorreu en segredo, pero Xesús

quere que todos coñezan a fe grande

desta muller. Cando ela, asustada e tremente, confesa o que fixo, Xesús dille:

“Filla, a túa fe a, a túa fe curoute. curoute.

Vai en paz e con Vai en paz e con saúde"saúde". .

Page 11: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Esta muller, coa súa capacidade para buscar e acoller a

salvación que se nos ofrece en Xesús, é un modelo de fe para

todos nós.

Page 12: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Quen axuda ás mulleres Quen axuda ás mulleres dos nosos días a dos nosos días a

encontrarse con Xesús? encontrarse con Xesús?

Quen se esforza por Quen se esforza por comprender os comprender os obstáculos que obstáculos que

encontran na Igrexa encontran na Igrexa actual para vivir a súa actual para vivir a súa fe en Cristofe en Cristo "en paz e "en paz e

con saúdecon saúde"?

Page 13: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Quen valora a fe e os esforzos das teólogas que, sen apenas apoio ningún e vencendo toda clase de resistencias e rexeitamento, traballan sen descanso por abrir camiños que permitan á muller vivir con

máis dignidade na Igrexa de Xesús?

Page 14: 13º domingo tob bene  pagola 2012

As mulleres non encontran entre nós a acollida, a valoración e a

comprensión que encontraban en

Xesús. Non sabemos

miralas como as miraba El.

Page 15: 13º domingo tob bene  pagola 2012

Non obstante, a miúdo, elas son tamén Non obstante, a miúdo, elas son tamén hoxe as que coa súa fe en Xesús e o seu hoxe as que coa súa fe en Xesús e o seu alento evanxélico sosteñen a vida das alento evanxélico sosteñen a vida das

nosas comunidades cristiásnosas comunidades cristiás. .

Page 16: 13º domingo tob bene  pagola 2012

A FE DA MULLER 

A escena é sorprendente. O evanxelista Marcos presenta unha muller descoñecida como modelo de fe para as comunidades cristiás. Dela poderán aprender como buscar a Xesús con fe, como chegar a un contacto sandador con El e como encontrar nel a forza para iniciar unha vida nova, chea de paz e saúde.

A diferenza de Xairo, identificado como “xefe da sinagoga" e home importante en Cafarnaún, esta muller non é ninguén. Só sabemos que padece unha enfermidade segreta, tipicamente feminina, que lle impide vivir de maneira sa a súa vida de muller, esposa e nai.

Sofre moito física e moralmente. Arruinouse buscando axuda nos médicos, pero ninguén a puido curar. Con todo, resístese a vivir para sempre como unha muller enferma. Está soa. Ninguén a axuda a achegarse a Xesús, pero ela saberá encontrarse con El.

Non espera pasivamente a que Xesús se lle achegue e lle impoña as súas mans. Ela mesma o buscará. Irá superando todos os obstáculos. Fará todo o que poida e sabe. Xesús comprenderá o seu desexo dunha vida máis sa. Confía plenamente na súa forza sandadora.

A muller non se contenta só con ver a Xesús de lonxe. Busca un contacto máis directo e persoal. Actúa con determinación, pero non de maneira aloucada. Non quere molestar a ninguén. Achégase por detrás, entre a xente, e tócalle o manto. Nese xesto delicado concrétase e expresa a súa confianza total en Xesús.

Todo ocorreu en segredo, pero Xesús quere que todos coñezan a fe grande desta muller. Cando ela, asustada e tremente, confesa o que fixo, Xesús dille: “Filla, a túa fe curoute. Vai en paz e con saúde. Esta muller, coa súa capacidade para buscar e acoller a salvación , que se nos ofrece en Xesús, é un modelo de fe para todos nós.

Quen axuda ás mulleres dos nosos días a encontrarse con Xesús? Quen se esforza por comprender os obstáculos que encontran na Igrexa actual para vivir a súa fe en Cristo "en paz e con saúde"? Quen valora a fe e os esforzos das teólogas que, sen apenas apoio ningún e vencendo toda clase de resistencias e rexeitamentos, traballan sen descanso por abrir camiños que permitan á muller vivir con máis dignidade na Igrexa de Xesús?

As mulleres non encontran entre nós a acollida, a valoración e a comprensión que encontraban en Xesús. Non sabemos miralas como as miraba El. Non obstante, a miúdo, elas son tamén hoxe as que coa súa fe en Xesús e o seu alento evanxélico sosteñen a vida das nosas comunidades cristiás.

José Antonio Pagola