16º domingo tob bene pagola 2012

Post on 24-May-2015

162 views 10 download

Transcript of 16º domingo tob bene pagola 2012

22 de xullo de 201216º Tempo ordinario (B)

Marcos 6, 30-34Red evanxelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a mirada compasiva de Xesús. Pásao.

José Antonio Pagola

Música: Bach; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain

Marcos describe con todo detalle a situación. Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a un

lugar tranquilo e retirado. Quere escoitalos con calma, pues volveron cansos da

súa primeira andaina evanxelizadora e desexan compartir a súa experiencia co Profeta que os enviou.

O propósito de Xesús queda frustrado. A xente descobre a súa intención e adiántaselles

correndo pola ribeira. Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha

multitude vinda de todas as aldeas da contorna. Como reaccionará Xesús?

Marcos describe graficamente a súa actuación: os discípulos han de aprender como han de tratar a xente;

nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesús con esas persoas perdidas no anonimato, das

que ninguén se preocupa.

""Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e conmoveuse porque andaban como conmoveuse porque andaban como

ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles con calma"con calma"..

O primeiro que destaca o evanxelista é a mirada de Xesús.

Non se irrita porque interromperon os seus plans. míraos paseniñamente e conmóvese.

Nunca lle molesta a

xente. O seu

corazón intúe a

desorientación e o

abandono en que se

encontran os campesiños de aquelas

aldeas.

Na Igrexa temos que aprender a mirar a xente como a miraba Xesús:

captando o sufrimento, a soidade, o desconcerto ou o abandono que desconcerto ou o abandono que

sofren sofren moitos e moitas. moitos e moitas.

A compaixón non agroma da atención ás normas A compaixón non agroma da atención ás normas ou do recordo das nosas obrigas. ou do recordo das nosas obrigas.

Espértase en nós cando miramos atentamente Espértase en nós cando miramos atentamente os que sofren.os que sofren.

Desde esa mirada Xesús Desde esa mirada Xesús descobre a necesidade descobre a necesidade

máis profunda daquelas xentes:máis profunda daquelas xentes: "andan como ovellas sen "andan como ovellas sen

pastor"pastor"..

A ensinanza que reciben dos mestres e ensinanza que reciben dos mestres e letrados da Lei non lles ofrece o letrados da Lei non lles ofrece o

alimentoalimento que necesitan. que necesitan.

Viven sen que ninguén coide realmente Viven sen que ninguén coide realmente delas. delas.

Non teñen un pastor que as guíe e as Non teñen un pastor que as guíe e as defenda.defenda.

Movido pola súa compaixón, XesúsMovido pola súa compaixón, Xesús " ponse a ensinalle" ponse a ensinalles con calma".

Sen présas, dedícase en présas, dedícase pacientemente a ensinarlles a

Boa Nova de Deus e o seu proxecto humanizador do Reino.

Non o fai por obrigación. Non pensa en si mesmo.

Comunícalles a Palabra de Deus, conmovido pola

necesidade que teñen dun pastor.

Non podemos permanecer indiferentes ante tanta xente que,

dentro das nosas comunidades cristiás, anda buscando un alimento máis sólido que o que

recibe.

Non temos que Non temos que aceptar como normalaceptar como normal

a desorientación a desorientación relixiosa dentro da relixiosa dentro da

Igrexa. Igrexa. Temos que Temos que

reaccionar de reaccionar de maneira lúcida e maneira lúcida e

responsable.responsable. Non poucos cristiáns Non poucos cristiáns

buscan ser mellor buscan ser mellor alimentados. alimentados.

Necesitan pastores Necesitan pastores que lles transmitan que lles transmitan

a ensinanza de a ensinanza de XesúsXesús..

A MIRADA DE XESÚS 

Marcos describe con todo detalle a situación. Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a un lugar tranquilo e retirado. Quere escoitalos con calma, pois volveron cansos da súa primeira andaina evanxelizadora e desexan compartir a súa experiencia co Profeta que os enviou.

O propósito de Xesús queda frustrado. A xente descobre a súa intención e adiántaselles correndo pola beira. Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha multitude vinda de todas as aldeas da contorna. Como reaccionará Xesús?

Marcos describe graficamente a súa actuación: os discípulos han de aprender como han de tratar a xente; nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesús con esas persoas perdidas no anonimato, das que ninguén se preocupa. "Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e conmoveuse porque andaban como ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles con calma".

O primeiro que destaca o evanxelista é a mirada de Xesús. Non se irrita porque interromperon os seus plans. Míraos paseniñamente e conmóvese. Nunca lle molesta a xente. O seu corazón intúe a desorientación e o abandono en que se encontran os campesiños daquelas aldeas.

Na Igrexa temos que aprender a mirar a xente como a miraba Xesús: captando o sufrimento, a soidade, o desconcerto ou o abandono que sofren moitos e moitas. A compaixón non agroma da atención ás normas ou do recordo das nosas obrigas. Espértase en nós cando miramos atentamente os que sofren.

Desde esa mirada Xesús descobre a necesidade máis profunda daquelas xentes: "andan como ovellas sen pastor". A ensinanza que reciben dos mestres e letrados da Lei non lles ofrece o alimento que necesitan. Viven sen que ninguén coide realmente delas. Non teñen un pastor que as guíe e as defenda.

Movido pola súa compaixón, Xesús " ponse a ensinarlles con calma". Sen présas, dedícase pacientemente a ensinarlles a Boa Nova de Deus e o seu proxecto humanizador do Reino. Non o fai por obrigación. Non pensa en si mesmo. Comunícalles a Palabra de Deus, conmovido pola necesidade que teñen dun pastor.

Non podemos permanecer indiferentes ante tanta xente que, dentro das nosas comunidades cristiás, anda buscando un alimento máis sólido que o que recibe. Non temos que aceptar como normal a desorientación relixiosa dentro da Igrexa. Temos que reaccionar de maneira lúcida e responsable. Non poucos cristiáns buscan ser mellor alimentados. Necesitan pastores que lles transmitan a ensinanza de Xesús.

 José Antonio Pagola