Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 6- Ano: XIV - Xuño 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 20 CIDADE Páx.5 CULTURA Páx.15 Os días 23 e 24 de xuño, VI Torneo Barrios Deportivo Cultura restaurará a decoración románica da catedral A conselleira de Sanidade visitou as obras de ampliación do CHUO Do 20 ao 28 de xuño Ourense celebra as súas festas maiores SOCIEDADE Páx.9 Execútase a demolición da vivenda de Reza Á esquerda, o novo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, que accede á alcaldía en goberno de coalición co BNG e co apoio na sesión de investidura de CxG. Á dereita, o novo alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, que gobernará en minoría./P.LODEIRO E RAMSÉS. Entrevista a Amancio Rodríguez, presidente da A.VV. A Chavasqueira Cambio de cor política en Barbadás e Ourense [páx. 2-4] [Páx. 8]

description

As investiduras dos novos alcaldes de Ourense, Jesús Vázquez, e Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, na portada do número de xuño de Ourense por Barrios.

Transcript of Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 6- Ano: XIV - Xuño 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 20CIDADE Páx.5 CULTURA Páx.15

Os días 23 e 24 de xuño, VI Torneo Barrios Deportivo

Cultura restaurará a decoración románica da catedral

A conselleira de Sanidade visitou as obras de ampliación do CHUO

Do 20 ao 28 de xuño Ourense celebra as súas festas maiores

SOCIEDADE Páx.9

Execútase a demolición da vivenda de Reza

Á esquerda, o novo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, que accede á alcaldía en goberno de coalición co BNG e co apoio na sesión de investidura de CxG. Á dereita, o novo alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, que gobernará en minoría./P.LODEIRO E RAMSÉS.

Entrevista a Amancio Rodríguez, presidente da A.VV.

A Chavasqueira

Cambio de cor política en Barbadás e Ourense [páx. 2-4]

[Páx. 8]

Page 2: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSXuño de �015

AS NOVAS CORPORACIÓNS: BARBADÁS

4 CONCELLO DE BARBADÁSPP

- Consuelo Vispo- Manuel González- J. Carlos Villanueva- Nieves Carril- M. Ángel Fernández- Mirian Prieto

PSOE- X. Carlos Valcárcel- Victoria Morenza- Margarita Pérez- J. Rafael Sierra- Adrián Varela

BNG- X. Manoel Fírvida- Mª Ánxela González- Serafín Núñez

DO- Serafina Varelas- Julia Jácome

CxG- Ramón Padrón

P. Lodeiro

Pleno histórico en Bar-badás onde, tras �5 anos de goberno popular, un so-cialista senta no sillón da alcaldía. Xosé Carlos Val-cárcel, despois de oito anos na oposición, foi proclama-do novo rexedor, grazas á maioría que suman os vo-tos da súa formación (cinco edís), os tres do BNG (que tamén entra no goberno), e o do edil de Compromiso por Barbadás (que quedará na oposición).

Tras xurar ou prome-ter os seus cargos, os 17 edís da nova corporación elixían a man alzada o seu alcalde. As cabezas de lista do PP, Chelo Vispo, e de DO, Fina Varelas, votáron-se a si mesmas. Esta última explicou na súa exposición

Redacción

O Concello de Barba-dás celebrou este 18 de xuño un pleno extraordi-nario no que se estableceu oficialmente que a corpo-ración municipal pasa de tres grupos políticos a cinco, coa entrada de Democracia Ourensana e Compromiso por Bar-badás.

Nesta sesión, ademais, foi aprobada a frecuen-cia mensual dos plenos (ata agora eran cada dous meses), “respondemos a unha demanda dos ve-ciños, porque Barbadás ten moitos asuntos que tratar”, explicou o novo rexedor, o socialista Xosé Carlos Valcárcel.

Así mesmo, acordouse a delegación de compe-tencias do alcalde nas Xuntas de Goberno Lo-cal -que contarán con 3 membros do PSOE e � do BNG- “para que a oposición teña máis información”, aclarou Valcárcel. E aumentouse o número de comisións informativas, pasando de 6 a 10 áreas, ao desagru-par Cultura e Deporte, incluír as nova de Co-mercio, Turismo, Mobi-lidade ou Cooperación; e modificar as actuais para adaptalas ás necesidades do concello.

Estas comisións con-tarán con 11 membros: 4 do PP, 3 do PSOE, � do

4Críticas do PPO PP de Barbadás

denunciou as novas re-tribucións que terán os membros do goberno.

Segundo a voceira popular, Chelo Vispo, “enchíaselles a boca coa palabra austerida-de durante oito anos na oposición e o primeiro que fan é incrementar as dedicacións exclusi-vas e o soldo”. Segundo Vispo, o anterior gober-no percibía 7.�00 euros mensuais con cinco de-dicacións, mentres que o novo recibirá 8.660 (non especifica se son brutos ou netos). “In-crementando o gasto do Concello en máis dun �0%”, destaca.

4O custo do novo goberno

O BNG aclarou o cus-to deste novo goberno, dacordo co pacto asina-do co PSOE (aínda pen-dente de aprobación).

O tenente de alcalde cobrará �.498 euros/mes brutos (fronte aos 3.751,89 do anterior), e os catro edís con dedica-ción exclusiva, 1.861,3� euros/mes brutos (fronte aos 1.76�,68 que cobra-ba un e os 1.704,13 dos outros tres). Ademais, estes soldos inclúen a seguriade social e co-rresponden a traballo a tempo completo, e non a media xornada como no mandato popular.

E redúcense as axudas por asistencias a órganos de goberno. O alcalde cobrará 150 euros e os edís 100 (antes, 190 per-cibía o rexedor e 14�,50 os concelleiros).

que “eu xa gañei porque estamos aquí para loitar polos veciños”.

Pero quen conseguiu a maioría foi o líder socialis-ta, grazas ao apoio de BNG e Compromiso.

Concello máis aberto No seu discurso, Valcár-

cel prometeu un concello “máis aberto e próximo”, con maior participación cidadá e no que ve impres-cindible o “diálogo” coas demais forzas políticas. Traballará por un muni-cipio con “máis cohesión social e menos desigualda-des”; reclamará “a colabo-ración leal” da Xunta e da Deputación para conseguir infraestruturas como o cen-tro de saúde, unha segunda escola infantil e o instituto; revisará as taxas munici-pais; recortará as partidas de protocolo, publicidade e representación; e tratará de mellorar “todos os servizos públicos”.

Os socialistas comparti-rán goberno co BNG. Xosé

Manoel Fírvida expresou o seu desexo de “parti-cipar nun novo tempo político” e de “estar á altura da confianza dos veciños”.

Cambio histórico en Barbadás 4 O socialista Xosé Carlos Valcárcel, novo rexedor, co apoio de BNG e Compromiso.

Valcárcel e Fírvida suxeitando o bastón de mando que agora comparten./P.LODEIRO

Máis transparencia, menos gasto, mellor xestión4 Chegan os primeiros cam-bios do novo goberno.

BNG , 1 de DO e outro de Compromiso.

En canto ao reparto de concellerías, o alcalde fa-rase cargo de Policía Lo-cal, Persoal e Réxime Inte-rior; e o tenente de alcalde, Xosé Manoel Fírvida, de Facenda, Patrimonio e Cooperación, así como de Promoción Económica, Turismo e Mobilidade.

Victoria Morenza será a responsable de Urbanismo, Infraestruturas, Servizos e Vivenda; Adrián Varela, de Deportes; Rafael Sie-rra, de Medio Ambiente e Limpeza; Margarita Pérez, de Comercio e Educación; Serafín Núñez, de Servizos Sociais, Sanidade e Parti-cipación veciñal; e Ánxela González, de Cultura, Mo-cidade e Igualdade.

Dedicacións exclusivasQuedan por concretar as

dedicacións exclusivas que terán os membros do go-berno. Sábese que haberá cinco, a do tenente alcalde e as doutros catro conce-lleiros.

En canto a esta decisión, o alcalde teno claro: “bus-camos baixar o gasto e me-llorar a xestión. O que teña dedicación exclusiva estará as �4 horas ao servizo dos veciños, nada de medias tintas. Pero aínda non está decidido definitivamen-te porque hai que cadrar o servizo aos cidadáns co orzamento do Concello”, aclarou Valcárcel.

Chelo Vispo, do PP.

Compromiso respaldou ao PSOE pero quedará na oposición

Page 3: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSXuño de �015

AS NOVAS CORPORACIÓNS: OURENSE

Ó.B./P.L.

Non houbo sorpresas de última hora e os dez votos do Partido Popular (a lista máis votada nos pasados comicios do �4 de maio) bastaron para proclamar a Jesús Vázquez novo rexe-dor de Ourense.

Había expectación no consistorio ourensán o pa-sado sábado, 13 de xuño, para seguir o acto de cons-titución da nova corpora-ción municipal, cun salón de plenos a rebosar de autoridades, concelleiros, público e medios de co-municación.

Lidos os preceptos lexis-lativos de rigor e constituí-da a mesa de idade, os �7 edís tomaron posesión dos seus cargos. As fórmulas utilizadas variaban entre o “prometo” e o “xuro”, en-gadindo varios membros de Democracia Ourensana e os de Ourense en Común a frase de “por imperativo legal” (os tres de OueC ta-mén engadiron “conforme ao mandato dos veciños de Ourense e da asamblea”).

A votación para a elec-ción de alcalde transcorreu como se agardaba. Cada candidato recibiu exclusi-vamente o voto dos seus e Jesús Vázquez, polo tanto, gobernará con minoría o Concello de Ourense neste mandato que comeza.

“Man tendida”No seu discurso de in-

vestidura, Vázquez reco-llía a mensaxe da cidada-nía sobre como gobernar: “hai que facelo xuntos e entre todos”. O novo al-calde avanzou unha políti-ca de man tendida, diálo-go, transparencia, centrada no beneficio colectivo e na

4 Comeza a organizarse a nova corporación

Sen sorpresas: Jesús Vázquez é o novo alcalde de Ourense4 O político popular levantou o bastón de mando entre os aplausos dos seus e a indiferencia da oposición.

busca do consenso e pe-diulle á oposición que sexa “firme” pero tamén “co-rresponsable” nos grandes proxectos da cidade.

Vázquez Abad fixo unha mención especial ao traba-llo realizado polo PSOE na pasada lexislatura que calificou de “dura etapa”. O líder dos socialistas, Vázquez Barquero, recibía a mención fuchicando no seu teléfono móbil.

O alcalde entrante re-matou o seu discurso cun sinxelo “Graciñas e a tra-ballar” dando comezo así a un mandato que se pre-vé complicado, co líder de DO, Gonzalo Pérez Jácome, anunciando xa á saída da sesión a posible presentación dunha mo-ción de censura contra o Goberno popular e pedin-do ao PSOE e á xustiza que botasen “a este inútil” (por Barquero). Barquero respostaba que nin el nin o seu partido estaban “para esquizofrenias”, en refe-renza á actitude de Jáco-me. Desde Ourense en Co-mún, Martiño X. Vázquez agardaba “que ese ton de compromiso e de conci-liación se manteña e non sexan meras verbas dun discurso inaugural”.

Entre as primeiras de-cisións que tomou Jesús Vázquez como alcalde es-tán a asistencia á ofrenda do Antigo Reino de Gali-cia, e a sinatura dun com-promiso de apoio econó-mico ao COB.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, iniciou contactos coa oposición de cara ao pleno de cons-titución da corporación, previsto para esta sema-na. Unhas xuntanzas obrigadas para acordar cuestións relacionadas co funcionamento interno dos diferentes órganos municipais, co reparto de dependencias municipais ou coas asignacións aos grupos políticos.

A intención de Váz-quez é reducir ás asig-nacións aos partidos por baixo dos 450 euros asig-nados no último mandato por grupo e concelleiro.

Con respecto ás de-dicacións exclusivas, o voceiro de DO, Gonzalo P. Jácome, anunciou que non será el quen a teña na súa formación pero entende que “a xente que traballa e dedica ho-ras ten que cobrar”. En

Ourense en Común apos-tan polas dedicacións par-ciais moderadas no gasto e que permitan o desen-volvemento paralelo dun-ha actividade profesional, sen xerar “novos gastos” ao Concello, explicaba Miguel Doval. Pola súa banda, Vázquez Barque-ro dixo que o seu partido non entrará en ningunha negociación sobre soldos, dedicacións exclusivas ou asignacións e empraza ao alcalde a facer a súa pro-posta no pleno, onde deci-dirán o seu voto. A única puntualización que fixo Barquero sobre este tema é que “se a proposta é de apretarse o cinto, entende-mos que para todos, tamén para o grupo de goberno e o alcalde”.

Canto ao reparto de ofi-cinas, realizarase atenden-do á representatividade acadada por cada grupo político.

No que se refire á com-posición de órganos e xuntas de área, manterán a estricta proporcionali-dade dos resultados elec-torais, pasando as xuntas de área de seis a sete membros e reducíndose de nove a sete membros as comisión de pleno.

Xunta de GobernoEsta semana quedaron

tamén repartidas as com-petencias aos concellei-ros do grupo de goberno (ver recadro) e constituí-da a Xunta de Goberno local, á que asistirán to-dos os edís populares.

Na súa primeira se-sión, a Xunta de Gober-no aprobou dúas obras longamente demandadas polos veciños: o proxec-to reformado de urbani-zación da rúa Concello e a contratación da ins-talación dun ascensor na Praza de Abastos nº1.

4 CONCELLO DE OURENSEPP

- Jesús Vázquez (al-calde)

- Sofía Godoy (Asun-tos Sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xu-ventude e Voluntaria-do)

- Francisco González (Cultura, Recursos Hu-manos e portavocía)

- Ana María Fernán-dez (Facenda, Fondos Europeos e Comercio)

- Pepe Araujo (Infra-estruturas, Perímetro Rural, Parques e Xar-díns, Medio Ambien-te, Servizo Eléctrico, Limpeza e Transporte Público)

- Isabel María Castelo ( Turismo e Termalismo, Compras, Subministros e Contratación, e For-mación Ocupacional)

- Jorge Pumar (Servi-zos Xerais e Promoción Económica)

- Mario Guede (De-portes)

- Belén Iglesias (Parti-cipación Cidadá e Edu-cación)

- José Jesús Cudeiro (Urbanismo e Planea-mento)

DO- Gonzalo Pérez Jáco-

me- Armando Ojea- Ana Isabel Rebana-

les- Mª Teresa Rodrí-

guez- Domingo Castro- Manuel Álvarez- Pablo Prol- Laura Novoa

PSOE- José Ángel Vázquez

Barquero- Carmen Rodríguez

Dacosta- José María García

Tejerina - Juana Ageitos- Javier Rey- Concepción García

OUeC- Miguel Doval- Ledicia Piñeiro-Martiño X. Vázquez

O novo alcalde avanzou unha política de man tendida, diálogo, e transparencia

Jesús Vázquez xurando o seu cargo de alcalde no pleno de investidura./RAMSÉS.

Page 4: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSXuño de �015 AS NOVAS CORPORACIÓNS: OURENSE

O diálogo institucional marca a xestión de Jesús Vázquez na súa primeira semana4 O novo alcalde de Ourense mantivo xa encontros fructíferos con Deputación de Ourense, Confederación Hidrográfica e Ministerio de Fomento.

“Un plan de choque” para as ribeiras dos ríos da cidade foi o anuncio realizado trala xuntan-za entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o presidente da Con-federación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Ma-rín.

A partir desta próxi-ma semana unha brigada da CHMS (de Tragsa) comezará a limpar os tramos urbanos dos ríos Lonia, Barbaña e Barba-ñica de residuos sólidos, maleza e árbores caídas, e a desde o 1 de xullo, outra brigada da CHMS sumarase ás brigadas municipais para realizar traballos similares nas marxes do Miño.

PXOMA colaboración entre as

dúas institucións esten-darase ao PXOM. Fran-cisco Marín quere darlle “ese impulso definitivo que necesita”, o que pasa por que os técnicos que elaboran o documento estuden as zonas inun-dables do municipio, de maneira que a CHMS poida dar o visto bo ao planeamento no seu in-forme sectorial.

Un terceiro asunto tra-tado na reunión foi a eli-minación do edificio do antigo bombeo do Miño, situado na desembocadu-ra do río Barbaña ao ca-rón da ponte do Milenio. Unha infraestrutura que na actualidade xa non ten uso e está “afeando” esta zona, ademais de pesar sobre ela un expediente sancionador, explicou Marín.

Apenas unha semana despois da súa toma de posesión como alcalde, Jesús Vázquez recibiu a visita institucional da ministra de Fomento, Ana Pastor. Alcalde e ministra abordaron te-mas de interese para a cidade, como a entrada do AVE na cidade, a cir-cunvalación norte, o bu-levar termal ou a Praza de Abastos, e quedaron emprazados para unha reunión de traballo en Madrid en xullo.

Sobre a integración ferroviaria, adiantaron a próxima constitución no mes de xullo dun gru-po de traballo no que participarán técnicos do Concello de Ourense, Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e a De-putación para pechar o proxecto definitivo.

Ana Pastor recalcou que mantén o seu compromi-so coa provincia e cidade. “Ourense foi sempre un nodo ferroviario dunha magnitude impresionante e vai volver selo”. E Váz-quez, recoñeceu o esforzo “que vén realizando o mi-nisterio de Fomento nestes últimos anos, especial-mente coas infraestruturas ferroviarias”, e agradeceu-lle a súa visita e apoio.

En relación coa circun-valación norte, a titular de Fomento explicou que es-tase a rematar a redacción do proxecto, que se dividiu en dous tramos, e que ten intención de incorporar o primeiro deles ao proxecto de Orzamentos do Estado de �016, de xeito que poi-da ser licitado o ano que vén. Esta obra permitiría facer realidade o bulevar termal.

Deputación de Ouren-se e Concello de Ourense veñen de inaugurar unha nova etapa de cooperación e colaboración institu-cional nunca antes vista. Así, Manuel Baltar e Jesús Vázquez acordaron crear un comité permanente de cooperación que se reuni-rá alomenos unha vez ao mes “para facer seguimen-to das políticas que imos poñer en marcha de ma-neira conxunta”, explicou Baltar.

Este comité permanente estará composto a por dous deputados provinciais, dous edís do grupo de go-berno e dous técnicos de cada unha das institucións, que valorarán políticas so-ciais, de infraestruturas, culturais, medioambien-tais ou deportivas.

A Deputación tamén

se comprometeu a vol-ver apoiar o Festival de Cine, en condicións de igualdade e buscando a implicación da Xunta. Asemade, ambas as dúas institucións crearán unha axenda única cultural.

Zonas termaisVázquez tamén apun-

tou a outros ámbitos nos que se establecerá cooperación entre admi-nistración local e pro-vincial. Así, o Goberno municipal pediu o apoio da Deputación para me-llorar os accesos ás zonas termais e aos aparcamen-tos destas, e unha briga-da para as zonas rurais do municipio. O alcalde presentará unha relación de actuacións prioritarias para actuar de xeito in-mediato.

Deputación e Concello crearán un comité de cooperación

Un grupo de traballo resolverá a integración do AVE

Brigadas da CHMS limparán as marxes dos ríos

Jesús Vázquez e Francisco Marín, no Concello./P.L.

Manuel Baltar recibiu a Jesús Vázquez, acompañado de Jorge Pumar e Pepe Araujo, na Deputación./P.LODEIRO. Ana Pastor asinando no libro de honra do Concello./P.L.

Page 5: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSXuño de �015

BARRIOS

Paula Lodeiro

O pasado 10 de xuño comezaba a demolición da casa de Rosa Alonso e Miguel Fernández na pa-rroquia ourensá de Reza. A sentenza firme que obrigaba ao seu derru-bamento por carecer de licenza pesou máis que o apoio de veciños, artistas e arquitectos, e que os recursos legais aos que acudiu seu avogado nos últimos días para tratar de paralizar a derruba. Non se tivo en conta o escrito no que solicitaba ao Concello que correxi-ra as irregularidades ad-ministrativas no proce-demento de execución do derribo, nin prosperou a súa denuncia por posi-ble prevaricación contra o alcalde saínte.

Entre un impresionan-te despregamento po-licial e fortes críticas a Agustín Fernández por

asinar a orde a tres días da súa marcha do consisto-rio, neste segundo intento (o anterior fora o día 4) si prosperou o desaloxo e o desmantelamento da vivenda, unha casa uni-familiar perfectamente integrada no seu contorno deseñada polo arquitecto Fernando Blanco.

AntecedentesO chalet situado no lugar

da Aira, Barreiros, Reza, fora construído a principios dos anos 90 en solo rústico e sen licenza, pois , malia obter o informe favorable da Comisión de Goberno municipal, a Comisión Provincial de Urbanismo denegoulle a licenza ao ter concedido previamente outra ao veciño e impedir o planeamento daquela vixente construír a menos de 50 metros doutra viven-da. Foi este veciño quen denunciou a Rosa Alonso, dándolle a xustiza a razón

e ordeando a demolición. Entre mentres, a casa foi legalizada ao abeiro do PXOM de �003, pero coa anulación deste, que-dou anulada esta licenza e reactivouse a orde de demolición que agora se executa.

Co novo Plan Xeral que se está a tramitar, a parcela quedaría incluída en núcleo rural e pode-ríase edificar nela.

A propietaria da casa anunciou que recurrirá ao Tribunal Constitu-cional e a Estrasburgo, e preguntábase “a que ven esta premura cando eu teño unha demanda contra a Xunta por acto nulo no TSXG que está sen ver”.

Execútase a demolición da casa de Reza4 Sobre a vivenda pesaba unha orde xudi-cial de derrubamento por non ter licenza.

A derruba realízase a raíz dunha denuncia dun veciño

EN BREVE

4 Reforma no estadio do Couto

A Secretaría Xeral para o Deporte licitou a con-tratación das obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deporti-vas do estadio do Couto

O orzamento da obra ascende a case 165.000 euros e o prazo de exe-cución de sete meses. As empresas interesadas en participar no concurso dispoñen ata o 15 de xu-llo para presentar as súas ofertas.

4 Cortes no paseo das Ninfas

A execución das obras de construción da nova estación depuradora de augas residuais, que realiza Acuaes, requeri-rá prolongar ata final de mes o peche durante os días laborables do paseo das Ninfas, en Reza, no tramo comprendido en-tre a depuradora actual e a que se está a construír. Este treito do paseo se-guirá estando aberto du-rante as fins de semana, como na actualidade.

A ruta peonil volverá estar dispoñible os sete días da semana a partir do día 1 de xullo, unica-mente con algún pequeno corte puntual, en caso de que as circunstancias o fagan necesario por mo-tivos de seguridade.

As obras, que executa Acuaes, son resultado dun convenio asinado por Acuaes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para construir a nova EDAR de Ourense, cun investimento total de 49 millóns de euros.

Unha máquina traballando na demolición da vivenda o 10 de xuño./CEDIDA.

Redacción

A conselleira de Sanida-de, Rocío Mosquera, visi-tou as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cando se cumpre un ano do seu inicio.

Nesta fase estase a cons-truír o bloque de hospita-lización, que concentrará nun único edificio os tres actuais; unha área de ser-vizos xerais; unha área de docencia e investigación,

A conselleira de Sanidade e outras autoridades, diante do novo bloque de hospitalizacións/ M.REJO.

e un aparcadoiro de case 700 prazas.

No mes de xullo, fi-nalizaráse a estrutura do andar 7, cumprindo así cos requerimentos dos fondos europeos, segun-do anunciou a consellei-ra. A obra foi adxudicada en febreiro de �014 por un importe de máis de 41 millóns de euros,

Unha vez rematado este edificio, o CHUO terá unha capacidade máxima de 930 camas.

A conselleira de Sanidade visita as obras do hospital4 En xullo completarase a estrutura do sétimo andar.

Page 6: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSXuño de �015 BARRIOS

Redacción

A asociación veciñal “As Termas” informa de que nas ultimas se-manas foron renovados dous pequenos espazos de plantas ornamentais situados na contorna das vivendas de promo-ción pública do barrio da Ponte, ao carón da esta-ción de autobuses. Estes traballos, solicitados no seu día pola asociación veciñal, consistiron na retirada de arbustos se-cos e deteriorados, lim-peza e acondicionamen-to do chan e colocación de novas plantas.

Esta actuación, va-lorada como positiva e necesarias pola asocia-

ción veciñal, súmase a un conxunto de melloras de espazos verdes do barrio solicitado ao Concello de Ourense, onde se incluiu a plantación, xa realiza-da, de 11 novas árbores en varios puntos do barrio ou a reforma dos espazos de xogos infantís que come-zará nos próximos días.

Novas varandas nos acceso á Praza 200

Tamén demandara o co-lectivo veciñal a instala-ción de novas varandas de acceso á Praza �00 (a que está situada no interior das vivendas de promoción pública). Ao longo das úl-timas semanas foron reti-rados os vellos pasamáns que serán substituídos por

4 Solicitudes para o “Bos Días Cole”

O Concello de Barba-dás informa que desde o luns �� de xuño ata o venres 4 de setembro es-tará aberto o prazo para as solicitudes dos ser-vizos de gardería “Bos Días Cole” e actividades extraescolares para o curso �015-�016.

O “Bos días Cole” prestarase no CEIP Filo-mena Dato e no CEIP O Ruxidoiro en horario de mañá (desde as 7:30 ata a hora de entrada á esco-la) e de tarde ( de 15:15 a 16:30 horas).

Canto ás actividades extraescolares, ofértanse unha ducia de alternati-vas: no Filomena Dato para escolares de 4º de Infantil a 6º de Primaria e no Ruxidoiro desde 5º de Infantil a 6º de Primaria.

As solicitudes para ambos servizos deberán presentarse na Casa da Cultura.

4 “Noite Moucha” na Valenzá

AGAECA, a Asocia-ción galega de empresas comercios e autónomos con sede na Valenzá, or-ganiza o vindeiro �6 de xuño a actividade “Noite Moucha”.

Tendas abertas até as 1� da noite, animación, descontos, obradoiros de maquillaxe e outras sorpresas é o que prepa-ra esta asociación para dinamizar os comercios desta localidade de Bar-badás. Xa están inscritos na “Noite Moucha” preto de 40 negocios situados ao longo da avenida de Celanova, arteria princi-pal da Valenzá.

EN BREVE Renovación de espazos na contorna das vivenda sociais da estación de bus4 Trala solicitude da asociación veciñal As Termas.

Bombeiros sofocando o lume que arrasou unha vivenda na rúa Curros Enríquez. Tamén atacaron o incendio desde o interior da vivenda./LUIS BAÑOS.

uns novos das mesmas ca-racterísticas. “As Termas” espera que a segunda fase da obra se execute durante o verán.

Quedan aínda penden-tes outras actuacións de-mandadas polos veciños xa a inicios de �014. En-tre elas, a mellora da zona verde central da praza así como unha solución a fil-tracións de auga nos ga-raxes que hai debaixo da mesma.

Unha das zonas verdes do barrio nas que se renovaron as plantas./A.VV. TERMAS.

As escaleiras de acceso á Praza 200 terán novas varan-das./A.VV. TERMAS.

O colectivo veciñal tamén demanda melloras na Praza 200, como a renovación da zona verde central

Un incendio arrasa un piso na céntrica Curros Enríquez

O pasado 15 de xuño tivo lugar un espectacular incen-dio en pleno centro de Ourense que se saldou sen vítimas pero con cuantiosos danos. O lume produciuse a primeira hora da tarde nun primeiro piso do edificio situado no cru-ce entre as rúas Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Ata o lugar acudiron todos os bombeiros que estaban de servizo nese turno, oito. Nunha hora as lapas quedaron ex-tinguidas, aínda que calcinaron por completo varias estan-cias da vivenda e o resto quedou afectado polo fume. Ao parecer a causa do incendio foi un curtocircuíto producido cando a propietaria estaba a pasar o ferro.

A aparatosidade do sinistro obrigou a desaloxar parte dos veciños do inmoble e a curtar o tráfico nas vías co-lindantes. O incidente tamén puxo de relevo a plantilla exigua da que dispón o corpo de bombeiros de Ourense.

Page 7: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSXuño de �015PUBLICIDADE

Page 8: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSXuño de �015 BARRIOS

Silvia Nieto

Limpeza frecuente, vixilan-cia policial, un aparcadoiro para as caravanas e a erradicación de okupas en casas abandonadas da zona son algunhas das principais demandas que a asociación de veciños A Chavasqueira reclama a cotío no Concello de Ourense. Xunto a elas, unha petición his-tórica, o traslado do matadoiro municipal. Pero o tempo pasa e as solucións non chegan. Coñe-cemos os problemas do barrio da man de Amancio Rodríguez, presidente deste colectivo veciñal dende a súa fundación, en maio de �005.

Nestes anos, en que mellorou o barrio?

A.R.: “Houbo bastantes cou-sas que se melloraron. Non había forza de auga, e a base de pelexar cambiáronnos a canalización; non tiñamos beirarrúas e fixéron-se; non viña a limpeza e veu, digo veu, en pasado, porque agora vén menos. Ademais, conseguimos a liña de autobús”.

Hai algunha demanda que fagades seguido e continúe sen resolverse?

A.R.: “Hai unha demanda prin-cipal: que nos leven o matadeiro de acá. A anterior corporación prometeunos que o ían quitar, fa-laban de levalo para Santa Cruz. Acabou o prazo que tiña e fíxo-se unha prórroga, da que quedan dous anos, polo que agardamos que esta nova corporación nolo saque de aquí porque o matadoiro nesta zona termal non é axeitado, polos ruídos, cheiros, etc. Pero levámolo demandando dende fai 10 anos”.

E outras necesidades do ba-rrio vencelladas á vida diaria?

A.R.: “Primeiro a limpeza, porque deixaron de vir e estamos pelexando para que nos traten como calquera barrio do centro. As beirarrúas están cheas de her-bas altas, levamos dous meses

pedindo que as limpen pero nada. Agora estamos agardando a que este novo goberno se instale e a ver se despois o solucionan.

Tamén temos un problema de falla de vixilancia policial, por-que dende que abriron as termas veñen os mozos a facer botellón de noite e festas, e queremos que iso termine, porque cada vez vai a peor, sobre todo co bo tempo.

Logo temos tamén problema coas caravanas. Entendemos que é unha zona termal e veñen moi-tas caravanas en Semana Santa e verán, pero aparcan en calque-ra sitio, polo que lle pedimos ao Concello que as deixen aparcar na zona do Campo da Feira ou que as levaran ao cámping, pero que busquen unha solución. Hai días que os veciños do barrio non temos onde aparcar, e vendo que esa zona só se usa os días 7 e 17 do mes, pode aproveitarse.

Ademais, na zona da Chavas-queira, do outro lado da estrada, hai unhas casas que comprou Co-pasa para facer un edificio, pero non se fixo nada, e están abando-nadas, cheas de silvas e con oku-pas. Temos chamado á Policía Nacional e cando chega diche que son romaneses e que poden vivir acá porque son cidadáns da Unión Europea. Pero non é normal que se metan nunha casa e non poidas facer nada para botalos, peléxan-se entre eles, fan lume no medio da rúa ás 1� da noite e non pasa nada, e acá hai moita xente maior que ten medo. Nós solicitamos que esas casas as derruben ou as tapien, de forma que non poidan acceder, pero iso parece que non é importante.

E hai unha demanda que aínda non fixemos, que é que constrúan un parque infantil na zona do Campo de Santiago porque no barrio hai nenos e a maiores ve-ñen moitos cos pais e non teñen un sitio específico para eles, e terreo hai, pero aínda non o pedimos, a ver que pasa cando o fagamos, de momento estamos esperando que se asenten os novos”.

Que resposta vos dan habi-tualmente as autoridades?

A.R.: “Hai dous tipos de políti-cos: os que che din a todo “si, si, si... esta semana facémolo” e nun-ca chega esa semana; e os que só che poñen problemas, e precisa-mente problemas que non enten-

demos. Nós tratamos sempre de solucionar o que nos piden, trata-mos de razoar con eles, pero ao final non se sabe onde está o ex-pediente ou algo pasa. Para os po-líticos, os representantes veciñais somos os malos da película”.

E como é lidiar cos veciños cando non hai resposta por par-te das autoridades?

A.R.: “Como nós facemos as solicitudes por escrito cando un veciño che pide explicacións esínaslle o que pediches e acla-ras que non houbo resposta. Ás veces pensan que te rindes dian-te dos políticos e non é verdade, eles danche excusas e nós non temos forma de solucionalo. Pero a maioría dos veciños enténdeno. De todos os xeitos, cando o pro-blema é moi grande e os veciños están mosqueados facemos vir ao político e que fale directamente con eles. Pero hai xente que non quere problemas, o político cón-talles unha película e eles vanse medio convencidos, como con nós teñen confianza quéixanse pero diante deles nada”.

Consideras que os barrios es-

tán discriminados polas autori-dades en relación ao centro?

A.R.: “Totalmente. Nos barrios pagamos os mesmos impostos que no centro, e, por exemplo, na basura pasan a recollela máis a miúdo alí e noutras zonas pasan cando pasan e como pasan...

Tamén o barrio da Ponte é un caos para circular e non hai san-ción ningunha, ou vén un policía cando se acorda, pero iso no cen-tro non acontece, en Progreso non se pode parar en dobre ringleira, pero acá non hai límite. E nesta zona están os bombeiros e Protec-ción Civil e os coches mal esta-cionados dan problemas”.

Ademais, tamén organizades actividades para os veciños.

A.R.: “Si, de feito cando crea-mos a asociación fixémolo para poder solucionar os problemas do barrio, pero tamén queríamos que a xente da zona se xuntara, por-que non había ambiente veciñal. Ao principio tiñamos só clases de ximnasia nun local pequeno con 30 alumnas, hoxe temos 90. E outras 90 en pilates, e tamén temos baile, ioga, sevillanas, zumba, step, un grupo de canta-

reiras....Precisamente, estas cantareiras

son principalmente xubiladas, porque a idea era que a xente maior fixese algo e co tempo dé-monos conta de que lles axuda moitísimo para a memoria ter que aprender as cancións, e iso é o que merece a pena.

A verdade é que sempre temos moitísima xente nas actividades, temos lista de espera. Empeza-mos con 30 socios e hoxe somos 550, moitos son doutros barrios e veñen porque lles interesan os cursos que organizamos.

Ademais, facemos a Semana Cultural todos os anos, que este ano unímola coa celebración do décimo aniversario. E nela temos unha xornada de deporte, cun campionato de hoquei, no que este ano participaron 480 rapaces de Ourense, Vigo, A Coruña....

Así mesmo, organizamos moi-tas excursións. Fomos, por exem-plo, ao Algarve tres veces para que puidese ir todo o mundo que quería ir, porque sempre quedaba xente fóra. E tamén celebramos o San Xoan, o magosto e todas as festas que os veciños queren. A eles encántalles e a nós tamén.

E o local está aberto dende as 4 da tarde ás 10 da noite, grazas a dúas compañeiras da asociación que están acá todos os días, por-que eu non podo polo meu traba-llo. E elas están, a pesar de todo o traballo que dáa, porque hai unha organización moi complicada de-trás.

Cando estás aquí sabes que vai haber alabanzas e críticas; de feito cando empecei había quen dicía que o que eu quería era acabar no Concello, pero eu non teño ningún interese na política, sería o último que faría, eu teño un traballo (de bombeiro) que me enche a vida por completo. Pero gústame estar na asociación.

De feito, unha das razóns polas que a asociación funciona é por-que somos apolíticos, acá non se lle di o que deben votar, é decisión de cada un, nós non politizamos a asociación e se entrase alguén na directiva que tivese esa intención tería que marchar. Nós pedímos-lle aos políticos que están, danos igual o partido, e aos veciños ex-plicámoslle a quen lle pedimos e o que nos contestaron, se fan caso ou se non”.

Envíalle unha mensaxe ás au-toridades.

A.R.: “Aos políticos dígolles que aprendan do pasado, que gobernen con responsabilidade e que escoiten a voz do pobo, que é a nosa voz”.

E outra aos veciños.A.R.: “O único que podo é es-

tarlles agradecidos por todo o que fan pola asociación porque sen eles non funcionaría”.

ENTREVISTA A AMANCIO RODRÍGUEZ - PRESIDENTE DA AVV A CHAVASQUEIRA

“Levamos 10 anos pedindo que nos saquen o matadoiro de acá”

4 O presidente da AVV A Chavasqueira, Amancio Rodríguez, achéganos ás necesidades do seu barrio e á continua loita coas autoridades.

“Aos políticos dígolles que aprendan do pasado, gobernen con responsabilidade e escoiten a voz do pobo”, di Amancio Rodríguez

“Empezamos con 30 socios e agora temos 550, porque lles interesan os cursos que organizamos”

Amancio Rodríguez, presidente da AVV A Chavasqueira./S.N.

Page 9: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSXuño de �015CIDADE

Redacción

A Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria desti-nará 38.000 euros ás obras de restauración da decora-ción románica da catedral de San Martiño de Ouren-se, un dos elementos máis antigos deste templo, dun valor artístico e cultural, así como con máis atracti-vo para os visitantes.

A obra, cuxa licitación publicou o Diario Oficial de Galicia, está cofinan-ciada polo Fondo Euro-peo de Desenvolvemento

Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia �007-�013.

Cun prazo de execución de catro meses, os traballos abarcarán a restauración da cabeceira e dos patios do brazo norte do crucei-ro, así como os arquiños de descarga. Así mesmo, quedan incluídos no ámbi-to de actuación elementos ornamentais como gárgo-las, columnas e arcadas cegas. Co fin de compro-bar o estado actual das pezas, elaboraranse mapas de estado de conservación, análises e controis de tem-

peratura e humidade. A partir dos seus resultados realizaranse traballos de limpeza, consolidación, eliminación de plantas e outros elementos de biodeterioro, extracción de sales ou pechados de gretas, entre outros. Ade-mais, reporanse os vo-lumes desprendidos ou fracturados e elaborarase un plan de mantemento e conservación preventiva.

Máis de 1,8 millóns para a catedral

As actuacións com-prometidas e realizadas pola Consellería desde �009 na catedral ourensá suman un investimento de máis de 1,8 millóns de euros. Neste sentido cómpre lembrar que se contribuíu á restauración do órgano catedralicio, e que se realizaron obras de restauración das pin-turas murais e retablo do muro sur do nártex, do Pórtico do Paraíso, da pintura do muro norte do nártex, da Capela de San Xoán. Ademais, recen-temente rematáronse as obras da segunda fase de reparación das cubertas deste templo da cidade das Burgas.

Asemade, Cultura for-malizou xa o contrato das obras de acondicio-namento do patio entre a nave e o edificio de cóengos e ten previsto realizar a restauración da portada norte e da súa fachada, a reforma xeral do sistema eléctrico e a recuperación das reixas da Capela Maior.

Fachada norte da catedral de Ourense./P.L.

Desde 2009, a Xunta dedicou 1,8 millóns de euros a obras no templo

Socorro Pérez de 43 anos, faltaba da súa casa no barrio do Couto desde o 2 de maio

O corpo de Socorro Pérez foi enterrado no cemiterio de San Francisco./P.L.

A Policía busca o autor da morte de Socorro Pérez4 A muller faleceu a causa dun forte golpe na cabeza.

P. L.

Proseguen as inves-tigacións para atopar o autor ou autores da mor-te de Socorro Pérez, a veciña do Couto que fal-taba da súa casa desde o pasado � de maio e cuxo corpo foi atopado o sá-bado 6 de xuño na zona do Seminario.

Decretado o segredo de sumario, da autopsia trascendeu que Socorro faleceu ao recibir un for-te golpe no cráneo, o que confirma as hipóteses da familia, que sempre creu que a desaparición da muller non fora volunta-ria e que se tratou dunha morte violenta.

A Policía Nacional se-gue traballando en escla-recer as circunstancias

da morte da muller e dar cos implicados, sen des-cartar que fose alguén do seu contorno.

O corpo, atopado na zona do Seminario

Foron tres veciños da familia de Socorro os que encontraron o seu cadá-ver nun monte de difícil acceso no Seminario, un dos lugares nos que a muller acostumaba practi-car deporte e que xa fora rastrexado anteriormen-te. Xunto ao cadáver, en avanzado estado de des-composición e semioculto pola maleza, atopáronse unhas mallas negras e un cortaventos rosa que co-incidían cos que Socorro levaba posta a última vez que a viran.

Socorro Pérez, de 43

anos, levaba desaparecida desde o � de maio, cando saira pasear soa tras co-mer na vivenda dos seus pais en Rabodegalo.

DespedidaMedio cento de persoas,

entre familiares e amigos, acudiron na tarde do do-mingo 7 de xuño ao seu enterro no panteón fami-liar no cemiterio de San Francisco. Moitos máis despedírona dous días despois, no funeral que tivo lugar na igrexa de Fátima do Couto.

Cultura restaurará a decoración románica da catedral4 Dedicará 38.000 euros para estes traballos.

Page 10: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSXuño de �015 SOCIEDADE

Preto de 150 alumnos e alumnas dos colexios Concepción Arenal, Divina Pastora e Luis Vives formaron parte do proxecto.

Proxecto solidarioAPES vén de clausurar

o proxecto “Cadeas Soli-darias”, co que repararon e buscaron un destino so-lidario a �0 bicicletas, e no que participaron tres centros educativos da cidade, a Asociación Ci-clista Ourensá e internos do cárcere de Pereiro de Aguiar.

Escolares e profeso-res recadaron fondos e mercaron material para a reparación, da que se encargaron os internos de Pereiro. O broche fi-nal foi un intercambio de experiencias no que os alumnos desvelaron os destinos das bicis.

P.L.

A Plataforma en defen-sa da Casa da Xuventude organizou o pasado 19 de xuño o coloquio, “Reme-morando a Casa”, para “poñer en valor o modelo social, o modelo de Benito (Losada, o anterior direc-tor do espazo) de coxes-tión e autoorganización da mocidade”, explicou un dos seus integrantes, Ga-briel Gavela.

A organización desta charla non foi fácil. De feito, tiveron que solicitar permiso incluso ao xefe te-rritorial de Traballo e Be-nestar, malia ter solicitado o espazo con 15 días de antelación. “A coordina-dora de actividades díxo-nos que non podía ser, as excusas fómollas desacti-vando; por sorte metémolo por Rexistro e el dixo que tiñamos todo o dereito do mundo, empezou a discul-parse, que fora unha con-fusión”, relataba Gabriel.

Este membro da Plata-forma apuntaba á coor-dinadora de actividades como a causante de que hoxe a casa estea máis ba-leira que nunca; “a maioría dos colectivos marcharon, hai vetos e non só a nós”, afirmou.

Un coloquio recordou a época de Benito Losada na Casa da Xuventude 4 A Plataforma en defensa da Casa da Xuventude de-nuncia trabas por parte da administración.

4 Aumento da actividade

Desde a Xunta de Galicia, entidade da que depende o Espazo Xove, remitiron unha nota de prensa na que informan de que esta instalación rexistrou en �014 unha das súas me-llores cifras en canto á afluencia de solicitantes e de actividades pro-gramadas, duplicando as cifras de �011. Dos 73.795 participantes nese ano, en �014 al-canzáronse os 115.777, e a súa programación incrementouse tamén, pasando de 340 a 670 iniciativas desenvolvi-das neste recinto.

Explican desde a Xunta que é preciso que se soliciten as instala-cións con dúas semanas de antelación para po-der deseñar a axenda e por iso creouse o posto de coordinación de acti-vidades.

A Administración au-tonómica considera que nos últimos tempos este espazo está máis aberto ao mundo xuvenil do que o estivera no pasa-do.

Iris Blanco e Gabriel Gavela, membros da Plataforma en Defensa da Casa de Xuventude. /P.LODEIRO.

Page 11: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSXuño de �015SOCIEDADE

Falamos con Rosa María Feijóo, psicóloga ourensá que en �010 puxo en mar-cha un gabinete no barrio do Couto.

Con que obxectivo puxeches en marcha o teu gabinete?

Rosa María Feijoo: “Dar unha atención eficaz a todos os meus pacientes, un trato cercano e procurar que se sintan cómodos e acaden a melloría que pre-cisan e queren”.

Como ten evoluciona-do? Afectouvos a crise?

R.M.F.: “Fomos me-drando progresivamente, e podemos decir que non nos afectou a crise.

Nun primeiro momento empezamos só con consul-tas de psicoloxía. Co tempo formamos parte do cadro médico de moitas compa-ñías de seguros de saúde . Ademais, impartimos cur-sos e talleres; e fai un ano comezamos co noso depar-tamento psicoeducativo, no que facemos evaluacións dos nenos e aplicamos as técnicas de estudo que me-llor se adaptan a eles.

Agora estamos traballan-do no método Educa, para desenvolver a intelixencia dos cativos con xogos e exercicios motivadores”.

A xente ten reparos en acudir a un psicólogo?

R.M.F.: “Hai xente con reparos, aínda que cada vez son os menos.

A todos eles diríalles que ir ao psicólogo non é malo e que cada vez é máis necesario. Acoden nenos desde os tres anos e adultos, e para tratar diversos temas, pero iso non quere decir que teñan ningún problema mental. Pódese ir a terapia de pa-rexa, pedir orientación escolar ou profesional, autoestima, estrés...”.

Cal dos teus servizos é o máis demandado? R.M.F.: “Polo xeral os nenos acoden por temas educativos como: pro-blemas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, trastorno de atención, retraso madura-tivo...

Os adultos, sobre todo, por temas de ansiedade, estrés, e cada vez máis para terapia de parella”.

E, finalmente, por que optaches por anunciar-te en Ourense por Ba-rrios?

R.M.F.: “Porque é un periódico que cada mes chega ás nosas casas e ao que todos lle botamos unha ollada”.

4ANUNCIANTE DO MES

Centro de psicoloxía Rosa Mª Feijóo

A psicóloga ourensá Rosa Mª Feijóo./P.L.

EN BREVE

4 14º aniversario de Alcohólicos Anónimos

O vindeiro �7 de xuño o Grupo �4 Horas Ouren-se de Alcohólicos Anóni-mos celebra os seus 14 anos de vida na cidade, así como o aniversario de sobriedade de 48 dos seus integrantes, que celebran de un a �6 anos sen be-ber. E farano cunha xunta pública de información sobre o alcoholismo no Campo da Feira, unha cea e un baile.

A actividade comezará ás �0 horas e a entrada é gratuíta.

4 3.000 prazas de FP na provincia

A Consellería de Edu-cación oferta 3.058 pra-zas en ciclos de FP en centros públicos da pro-vincia. Delas, 1.9�4 son do réxime ordinario, 379 para adultos, 300 a dis-tancia, 440 en FP Básica, e 15 en FP Dual.

Como novidade, no réxime ordinario implán-tase o ciclo medio de Obras de interior, deco-ración e rehabilitación no CIFP A Farixa; e o ciclo superior de Animación sociocultural e turísti-ca no CIFP Portovello. Nestes centro, tamén se implanta, para adultos na modalidade presencial, o ciclo superior de Comer-cio internacional; e o ci-clo medio de Atención a persoas dependentes, que pasa de presencial a ser a distancia.

Ademais, en FP Dual haberá unha nova edición do ciclo medio de Carro-zaría na Universidade Laboral, en colaboración con UNVI.

[+ info en http://www.edu.xunta.es]

Dous nenos de 8 e 10 anos realizan unha demostración de como usar o desfibrilador. /P.L.

Propoñen equipar os colexios con desfibriladoresCada día falecen en España 100 persoas por morte súbita. Para axudar a evitalo, a

Federación de ANPAS de colexios públicos de Ourense asinou un convenio con Equi-pamentos Sanitarios Castro S.L. co fin de implantar desfibriladores nos centros dende o próximo curso. Este verán buscarán financiación para sufragar o seu custo, que ronda os �.400 euros por equipo O CEIP Mestre Vide da capital será o primeiro que dispoña del, por iniciativa propia previa. En Galicia non existe a obriga de instalar desfibriladores en espazos públicos, coma hai noutras comunidades.

Redacción

A Asociación ourensá de axuda ao toxicómano (ATOX) conmemora o �6 de xuño o Día Inter-nacional da loita contra a droga, co fin de sen-sibilizar á poboación e proporcionar á mocidade alternativas de lecer.

O programa comeza ás 11:30 coa concentra-ción de autoridades e dos equipos que participan no maratón de fútbol sala fronte á sede de ATOX no Paseo.

De seguido, traslada-

ranse aos Remedios, onde se disputará ata a tarde os partidos do maratón, no que están inscritos uns 50 equipos, ao redor de 600 rapaces. “Queremos que experimenten a posibilida-

ATOX conmemora o Día da loita contra a droga4 En 2014 a asociación aten-deu 350 usuarios.

de de pasalo ben sen dro-gas”, apuntaba Leto Cid, director da asociación.

Memoria de ATOXEn �014, ATOX tivo

ao redor de 350 usuarios, nos que se dan caracte-rísticas similares: “caren-cia de formación, falla de asertividade, baixa au-toestima…”, enumeraba Cid, así como unha orixe común: “todos empezan polas drogas legais”.

ATOX leva �7 anos traballando, na actualida-de conta con 59� socios e oito voluntarios.

Presentación das actividades do 26 de xuño./P.L.

Page 12: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSXuño de �015

Desde Calipage, este ano queren que todos os nenos ourensáns teñan un verán divertido e unha volta ao cole chea de enerxía. Por iso, preséntannos á nova compañeira de “Cali”, que se chama “Page”, e con quen compartirá aventuras e estudos.

Nesta papelería dispo-ñen dun gran número de adhesivos que regalarán a todos os catiuvos que se acheguen a visitalos.

Tamén, por cada com-pra que fagan no estable-cemento entregarán unha chapa (hai varios modelos a escoller) e un cupón para participar no sorteo de centos de produtos tecno-lóxicos.

Así mesmo, como o ano pasado, encárganse das re-servas de libros de texto,

coas que poderedes obter un carné desconto que se pode utilizar en cada com-pra durante todo o curso escolar �015-�016.

Calipage fai máis divertido o verán e a volta ao cole

Ademais, aceptan os Cheques-Libros.

Todo o material para divertirse e seguir apren-dendo en verán, así como o do próximo curso ato-parédelo en Calipage.

Visita Calipage - Discarlin en rúa Galicia, 18Tlf. 988 39 12 94

Os responsables de Calipage presentándonos a “Page”./R.T.

Cogumeliños xa ten a punto o campamento deste verán.

Se queres que o teu neno goce entre sema-na, durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá, con máis ami-gos da súa idade non o penses máis e apúntao ao campamento que organi-za a escola infantil Cogu-meliños, sita na zona de Barrocás.

Entre as actividades que oferta este campa-mento atópanse multitu-de de talleres, manuali-dades e xogos, tanto no

exterior como con auga, e sesións de cine e teatro para os máis cativos.

GarderíaSe o que buscas é unha

gardería onde coiden ao teu fillo, Cogumeliños xa abriu o prazo de ins-crición para o novo curso (e xa quedan poucas pra-zas). Ofertan comedor, inglés de 1 a 3 anos, na-tación todos os venres e saídas ao parque.

Ademais, contan con servizo complementario para nenos de 3 a 8 anos, que inclúe recollida en colexio, comedor e axu-da escolar.

Para calquera dúbida podes achegarte pola rúa Carlos Velo, número 1, en Barrocás, ou chamar ao teléfono 988 �55 955.

Dende Koquetos que-remos recordarche que xa estamos en verán e é hora de acudir coa túa mascota á nosa perru-queiría canina para reali-zar un corte hixiénico ou específico.

Todo son vantaxes: porque nesta data atá-cano máis os parásitos e mosquitos, e podes ver a incidencia na súa pel; para evitar que sufra pola calor; ou pola simple comodidade do teu can, achégate a Koquetos, xa que dependendo da súa raza faremos o corte máis axeitado.

Contamos con gran ex-periencia no sector para ofrecer o mellor coidado ao teu mellor amigo.

Infórmate ou visítanos na rúa Nosa Señora da Saínza, 3, ou pide cita previa no 988 �33 �80.

Campamento de verán con Cogumeliños

Infórmate sobre o campamento de

verán en Cogumeliños na rúa Carlos Velo, 1.

Tlf. 988 25 59 55

Perruqueiría canina en Koquetos

NOTICIAS DE EMPRESA

Page 13: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOS Xuño de �015PUBLICIDADE

Galprofor, entidad especiali-zada en la Consultoria empre-sarial y la formación, inicia un año más de actividad, cargada de proyectos y retos, momento ideal para realizar una valora-ción de su presente y su futuro.

En GALPROFOR ofrecemos una solución integral de forma-ción: estudio de necesidades for-mativas; elaboración del plan de formación de empresa; imparti-ción o gestión de proveedores de formación; implantación y gestión de formación; tramitación, segui-miento y justificación de subven-ciones/ayudas (Gestión FTFE, FIP, FSE…).

¿¿Algún campo destacado?Además de haber iniciado la

impartición de Certificados de Profesionalidad bajo la modalidad de financiación privada, donde destacamos sobre todo el curso de ATENCIÓN SOCIOSANI-TARIA A PERSONAS DEPEN-DIENTES EN INSTITUCIO-NES SOCIALES, formación obligatoria a partir del presente

año para desempeñar dicha ocu-pación, destacamos el futuro en la impartición de Certificados de Profesionalidad online donde es-tamos muy bien posicionados y toda la formación incluida dentro del campo de la Conducción.

¿Retos y objetivos para 2015?Demostrar que las cosas sólo

pueden hacerse de una manera, que es hacerlas bien y apoyado por un equipo de profesionales de calidad. Bajo esta premisa dar ser-vicio a todas las personas y todas las empresas u organizaciones que requieran nuestros servicios, ofre-ciendo profesionalidad, seriedad, compromiso, calidad, creatividad.

GALPROFOR, SOLUCIÓN INTEGRAL DE FORMACIÓN

Noelia López, consultora en Galprofor.

Page 14: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSXuño de �015

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4VETERINARIA

Hoxe falaremos do im-portante que é para os gatos a súa hixiene diaria, sentir-se limpos. De como peitea-los e bañalos.

Os gatos caracterízanse pola súa extremada hixie-ne, é do máis común ver ao noso gato acicalándose a cada momento, para eles é unha conduta instintiva, aos seis meses de vida xa o fan coa mesma perfección que un gato adulto. Con este ritual diario, reducen a cantidade de parásitos da pel, a suciedade, o pelo morto, ademais de eliminar calquera cheiro que non sexa o seu propio, colocan cada pelo no seu sitio e, ademais, reláxanse.

Ver ao noso gato acica-lándose diariamente é un sinal de benestar; se pola contra, deixa de facelo é un síntoma inequívoco de que algo non vai ben, polo que convén levalo ao vete-rinario para diagnosticar o problema. Así mesmo, se o fai compulsivamente ta-mén habería que descartar algún problema parasitario ou dermatolóxico.

Que os nosos amigos sexan tan limpos non des-carta que poidamos axu-darlles. Cepillándoos dia-riamente axudámoslles a retirar o pelo morto, polo que eles non tragan tanto e evitaremos así que se for-men bólas de pelo no seu

Gato á auga

estómago (lembrade dar-lles malta ou herba gatera para axudar a eliminalas).

Tamén co cepillado po-demos revisar a súa pel sen que se dean conta e ver se hai algún problema derma-tolóxico (calvas, roxeces, eccemas) ou parásitos.

Se por razóns de saúde, o seu gato non pode acica-larse adecuadamente, sería convinte axudarlle na me-dida do posible para que se sinta cómodo. O seu veteri-nario debe decidir as pau-tas a seguir na súa hixiene, segundo o seu estado físico ou enfermidade.

Se a súa saúde o permite, limparemos as zonas onde el non chegue con toalli-ñas, escuma ou champú en seco, cepillaremos amodo, limparemos os lagrimais e as orelliñas.

Se afacemos ao noso gato desde pequeno, sexa de pelo longo, medio ou curto, a cepillalo e baña-lo periodicamente, será moito máis sinxelo cando sexa adulto, veráo como un hábito e agradecerá ese momento de atención, go-zando dono e mascota.

Isto tamén o trasladamos ao gato que vén á barbaría, débese afacer desde peque-no ás sesións de peiteado e baño, que deben ser perió-dicas, pero non moi longas.

Agora, déixovos uns consellos. Para peitear ao gato farémolo sempre a fa-vor do sentido do pelo. Un truco que nos pode axudar para que non se inquede é empezar por baixo do pes-cozo, é unha zona onde lle gusta que o acariñen, segui-remos polos laterais, a zona

dorsal, patas traseiras e dianteiras, e, por ultimo, cola e abdome.

Sempre que o gato se inquede volveremos á zona do pescozo para tranquilizalo e así suce-sivamente. Lembrade ser pacientes, descansar un pouco se é preciso, debe ser algo positivo para am-bos, non un momento de tensión. O cepillado debe ser suave e delicado.

En canto ao baño, a moitos gatos gústalle xo-gar coa auga, danlle coa pata, encántalles beber das billas aínda que mo-llen os bigotes... pero son poucos aos que lles gusta que os bañen.

Debemos ter moita pa-ciencia, ir aos poucos mo-llándoo con auga morna, primeiro coa man, dándo-lle caricias para relaxalo todo o posible e que sexa agradable. Enxabonaré-molo cun champú axeita-do ao seu tipo de pelo e pel masaxeando primeiro as zonas onde lle gusta e ir turnando coas que non lle agradan, para así evitar que se estrese demasiado. Aclararemos abundante-mente para que non que-de nada de xabón na súa pel, sempre amodo. Se-carémolo o máximo posi-ble coa toalla para evitar un tempo prolongado co secador xa que os nosos amigos son moi sensibles aos ruídos.

[Continúa no próximo número]

Montse Castiñeiras,perruqueira do Hos-

pital veterinario Abros

“Se afacemos ao noso gato a cepillalo e bañalo agradecerá esa atención”

4PSICOLOXÍA

Adeus ás clases

Estamos a punto de comezar as vacacións de verán e todos os ne-nos reciben as suas cali-ficacións finais.

Para uns son motivo de alegría xa que ven por diante uns meses de descanso e de alonxarse dos libros, do colexio… Para outros non é tanta ledicia, xa que nalgun-has materias non acada-ron os mínimos e, polo tanto, teñen que seguir estudando para presen-tarse a algún exame en setembro.

Todos os nenos que se encontren ante esta última situación e teñan que dar un último empu-rrón para pasar ao novo curso deben de intentar facer unha reflexión e saber cal é motivo dos seus suspensos. Se a causa é falta de esforzo a chave está en que du-rante estes dous meses deben de poñerse as pi-las e estudar para poder fixar os conceptos.

Pero hai moitos casos nos que hai nenos que se esforzaron pero a pe-sar de todo non lograron acadar resultados satis-factorios. É nestes casos

nos que, poñéndose de acordo cos pais, deben de buscar novas alterna-tivas. Hai nenos que fo-ron a unha academia ou clases de apoio durante todo o ano e non lles qui-taron o proveito necesa-rio, xa que precisan unha atención especializada e personalizada atendento ás súas necesidades.

Para moitos nenos cando van a reforzo en grupos é como se fora unha prolongación do colexio. Nestes casos é necesario buscar unha atención máis personal.

Tamén hai casos nos que os suspensos son debidos a problemas de atención ou concentra-ción. Nestes casos, de-beríanse reforzar estas áreas con exercicios nos que poidan exércitar a súa atención e memoria, así como traballar tamén a concentración.

A falla dun método axeitado tamén pode ser a causa de suspensos. Son varios os cativos que botan moitas horas ao día estudando e aínda así suspenden, por non ter unha axeitadas técni-cas de estudo.

Tamén se da o caso de nenos que non queren es-tudar porque veno como algo aburrido e pouco atractivo, sendo a úni-ca causa que non saben como facelo e pretenden empregar métodos nos que non acadan resulta-dos. O que deben de fa-cer é adquirir técnicas de estudo para que poidan ver cal é o método que máis se axeita a eles e con cal poden quitar os mellores resultados.

Non todos estudamos da mesma forma e debe-mos ter en conta que te-mos que facer do estudo algo sinxelo para mo-tivarnos e ter as forzas para facer os esforzos necesarios.

Para todos os nenos que teñen que seguir es-fórzándose, moito áni-mo!

Rosá Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085

“Cando van a reforzo en grupo é como unha prolongación do colexio. É necesaria atención persoal”

SOCIEDADE

EN BREVE

4 Programa “Embárcate”

A Concellería de Xuven-tude organiza actividades para a mocidade ourensá durante este verán.

As persoas interesa-das poderán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ourense, na Praza de San Martiño, �, baixo dereita ou por correo electrónico [email protected]. As prazas adxudicaranse por orde de presentación de solicitudes.

“Saudando ao sol” son sesións de ioga e pilates. Para maiores de 15 anos, conta con �0 prazas, de balde, e desenvolverase no Parque Barbaña os martes de �0 a �1:30h (ioga) e xoves de �0 a �1h (pilates) de xullo.

“Bautismo de Surf na Lanzada” ofrece, por 43 euros, unha fin de semana na praia da Lanzada par-ticipando nun curso de iniciación ao surf. Para maiores de 18 anos. Con-ta con �4 prazas, e será o sábado 18 e o domingo 19 de xullo; inclúe des-prazamento, aloxamento, pensión completa, acti-vidades e alugueiro de material.

En “Sábado de Aven-tura” farase descenso de canóns (barranquismo) no río Cerves e rafting no Miño por augas bravas en balsa inchable. Para �4 mozos e mozas maio-res de 18 anos, de balde, en Arbo o sábado 8 de agosto.

4 Ocio en Barbadás

O Concello de Bar-badás organiza para os xoves deste verán o seu clásico “Verán cultural”.

Actuacións das ban-das municipais infantíl e xuvenil de música de Barbadás, de Cé Orques-tra ou a Banda de Gaitas Nova Fronteira & Car-telle; espectáculos como os de Forzudos, Bamba-las, Rudi Rastafari e La Coqueta; maxia a cargo do Mago Teto e Dani García, e teatro “Os tres tenedores”.

Estas actuacións te-rán lugar no parque dos Patos da Valenzá ás �1 horas. En caso de choiva traladararíase á Casa da Cultura.

Page 15: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSXuño de �015

OCIO E CULTURA

P. L.

Ourense celebra as súas festas maiores ata o próxi-mo domingo �8 de xuño, con actividades progra-madas para encher as rúas e que gocen delas xente de todas as idades. O or-zamento, o mesmo que o ano pasado, rondando os 3�5.000 euros.

Entre as novidades, a fei-ra gastronómica “Sabores de Ourense” que se insta-lará durante toda a semana na praza das Mercedes, ou o Enofest Ourense �015 no bulevar das Burgas o sábado �7, mesma ubica-ción que un “happening” a cargo da aula de teatro universitario Maricastaña o día �4.

Repiten as actividades infantís na Alameda do Bispo Cesáreo; o mercado histórico nas rúas da zona vella entre o �5 e o �8 de

xuño; as sesións vermú con aperitivos e ambientación musical no bulevar termal os días �7 e �8; o teatro de rúa, con representacións no Paseo a diferentes ho-ras do día; a feira cultural “Río da vida” nos xardíns do Padre Feijoo; e o es-pectáculo pirotécnico da medianoite do sábado �7.

O que non haberá este ano será batalla de flores, nin tampouco a concentra-ción de xigantes e cabezu-dos coa que se substituira en �014.

Catro escenarios para os concertos

En canto aos concertos, haberá de todos os estilos e forte presenza de grupos ourensáns. Os de formato grande ubicaranse no xar-dín do Posío (La Sra. To-masa, Ourenfest con Lei-va, Priscilla, Best Life e Dj Cora Novoa; Noblesse

Oblige, e orquestra Estre-llamar).

Os medianos no es-cenario da praza Maior (Renegados, Emilio Rúa, María do Ceo, Reggatta de Blanc, e Deolinda).

E os pequenos, nas pra-zas de San Martiño ( Ana Lains, Pesdelán, Palito, Banda de Música Muni-cipal) e do Ferro (Los

Innato, The Legendarya Country Grayhounds, Ha-bitación Vudú, e o IV Fes-tival de Canto).

O Derrame Rock será en xornada única, o sá-bado �7, ao aire libre en Expourense, cun cartel conformado por Los Sua-ves, Michael Schenker’s Temple of Rock, Rosendo, Burning, Siniestro Total,

Aphonnic, Bergallazo e Contra as cordas.

The WaterboysNo que respecta ao

anunciado concerto da mí-tica banda británica The Waterboys, a cita foi pos-posta ao non ter tempo a executar os trámites da súa contratación o novo Go-berno local.

ATA O 28 DE XUÑO

Estamos de festas! 4 Actividades paralelas

As Festas de Ouren-se contan sempre cun apartado deportivo des-tacado. Nesta edición, haberá atletismo, ba-lonmán, orientación, aeromodelismo, kung fu, natación sincroniza-da, fútbol sala, wushu e piragüismo.

Tamén se poderán visitar nestes días tres exposicións: “O Viño do Mar” no Auditorio, “Ourense imaxina-do” na Sala Valente e “Fragmentos de vida” no Museo Municipal.

Momento do pregón das festas na praza Maior, a cargo do escritor Francisco Xosé Fer-nández Naval “Chisco”. /P.LODEIRO.

Entre as novidades, unha feira gastronómica nas Mercedes ou o Enofest e o “hapenning” teatral no bulevar das Burgas

Page 16: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSXuño de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Macbeth, a traxedia escocesa

Macbeth, Macbeth, Macbeth. A superstición di que non se debe pro-nunciar o nome da obra maldita de Shakespeare. E menos nun sitio coma este, nun teatro. Contan que todo comezou cando na estrea no Globe un dos actores morreu inexplica-blemente de xeito repenti-no. Dende ese momento, a esta obra, cando estás no teatro, chámaselle “the scottish play”, a traxedia escocesa. E esa sensación acompaña a Macbeth e á súa muller Lady Macbeth durante toda a obra, ata que se desencadea todo, en Dunsinane.

Como acontece case sempre na vida, unha ca-sualidade será o comezo de todo. Duncan, rei de Escocia, pensa premiar a Macbeth, unha boa per-soa, pola defensa do país dunha invasión, mentres tres personaxes estraños deciden amosarlle a Mac-beth unha profecía: que poderá ser rei de Esco-cia. Dende ese momento, aguilloado pola súa ambi-ción, Macbeth só escoita na súa cabeza “Hail, King of Scotland!”, Salve, rei de Escocia, o saúdo ritual que se lles facía a todos os reis.

E así el e a súa muller deciden que se cumpra a profecía. E sucesivamen-te, levados pola ambición do poder, esa ambición política que na nosa so-ciedade vemos día a día, asasinan o rei, os seus herdeiros, sen pensar, sen querer tomar conciencia das súas accións, tamén como na vida mesma.

Pero o remorso vaise apropiando da mente de Macbeth ata que o pa-raliza, ata que comeza a desquicialo… Célebre é a frase de Lady Macbe-th, mala malísima, cando aquel despois de come-ter outro asasinato che-ga desencaixado e coas mans manchadas de san-gue. “Avergoñaríame ter un corazón tan pálido”. Frase que Javier Marías toma como título dunha das súas novelas.

E Shakespeare vai acompañando ao prota-

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Meu heroe

O sol non caía, parecía que o botaban a pouta-das, mentres eu turraba pola corda que penduraba dos cornos da Cachorra e da Marela, que batían con carraxe o rabo para desfacerse das moscas e dos tabaos que, larpeiros, aproveitaban para chu-par o sangue quente uns e para molestar outros, co xugo ao pescozo, a cabezalla renxía en cada volta, mentres estalaba o gancho do soliño, cando a grade rompía os cadu-llos máis duros, os da beira da ribada, con moi-to tino para non tocar os marcos.

Estabamos na leira do Agro de Costoia, eu xa levaba un anaco dicín-dolle ao pai que nos tiña-mos que ir porque ás sete botaban na televisión “Furia”, a historia dun cabalo e dun neno, Joy, que tamén é orfo e algo rebelde coma min. Eu ta-mén tiven un cabalo can-do era máis pequeno, “o Moro”, pero morreunos de vello e iso que o coi-damos ben, o pai facíalle caldeiradas de patacas e remolacha cocidiñas con millo, “pero cando chega a hora hai que ir”, dixo o pai, falaba da morte. Tamén dixo que non cho-rara por el, que o iamos enterrar na Ínsula, ao ca-rón do Asneiro, onda o pozo negro, e así, dalgún xeito, sempre estaría con nós, na herba, nos viduei-

ros, nos salgueiros, porque sería parte da terra onde nacen as árbores para que fagan os niños as pegas e os pombos.

O pai canso de oírme rosmar achegouse ao ca-bezallo e mandoume parar as vacas, prendeu o pitillo e dixo: “bueno, Chiquito, aínda son as seis, así que hai que darlle polo me-nos outra volta ca grade de costas para que quede chan, para despois meter-lle a sachadeira, ás seis e media paramos, levamos as vacas á Albela para que pasten, e imos a taberna do Arrieiro, e ves alí “Fu-ria” (na casa non había televisión, só na taberna e máis na do Ferreiro, por-que eses eran ricos ). “A ver se así calas e non me toleas a cabeza”, dixo.

-Vale, dacordo, pero déixame o reloxo, para sa-ber cando son as seis e me-dia- díxenlle. Sacou o re-loxo ca cadea e colgoumo ao pescozo e díxome:

- Non o perdas que era do teu avó, en paz descan-se, e xa pasou por moitas, era o que tiña cando estivo escondido na mina.

-Escondido na mina?-Si, foi cando o viñeron

buscar para matalo os fa-lanxistas, un veciño que tamén era dos da Falanxe avisou a miña mamá, a avoa Anuncia, que que-rían matalo e entón houbo que agochalo na mina de Cuñarro, e eu como era pequeniño leváballe a co-

gonista durante os cin-co actos da obra, polos camiños da destrución. Macbeth é unha das traxedias máis potentes do dramaturgo inglés, e precisamente é así por-que nos amosa o que so-mos ou, o que é peor, o que podemos ser. Sería moito mellor pensar que a maldade é innata. Sería moito mellor pensar que estamos predestinados a ser dunha determina-da maneira. Pero non. A realidade é que somos o que queremos ser. E nun tempo como o actual, de crises, de ruindade moral e de falla de valores, de-bemos tomar conciencia disto.

Para iso están os clá-sicos, para lembrarnos o que somos e o que pode-mos ser. E isto serve para o máis envarado da socie-dade, Borbóns, duquesa de Palma e demais leas, e para o máis humilde. Se-ría perfecto pensar que a culpa da situación actual é dos políticos e “dos de arriba”, pero o certo é que todos temos responsabi-lidade por acción ou por omisión, por desafección, por pasividade. Os po-líticos son tristemente o reflexo dun pobo que se deixou levar pola ambi-ción, como os personaxes de Shakespeare.

Agardemos que coa vella receita de Concep-ción Arenal, a educación, poidamos cambiar as cousas, aínda que xa se-rán outros os que poidan gozar dos novos tempos.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

mida sen levantar sospei-tas. Un día de tarde, outro de mañá, outro ao solpor, para que ninguén descon-fiara e o foran descubrir.

<<Pasamos moitas. Unha noite chegaron para prendelo, viñan con cans e rodearon a casa, tamén viñeron pola porta de atrás e pola da eira, berrando e ameazando con que nos ían matar senón dicíamos onde o agochábamos, pero non dixemos nada, nin eu nin a túa tía Elena, nin os outros tíos teus que eran máis pequenos.

Mireino e estaba sorrin-do, pero os seus ollos de mel estaban mollados. E díxenlle:

- Entón, papá, ti si que eres un heroe como os das películas.

Gardou o chisqueiro de gasolina no peto, botou a gorra para atrás e díxome:

- Sabes o que che digo? vou desengachar a grade e voltamos mañá, porque con tanta parola xa son as seis e media e despois, se non ves “Furia” estás en-rabiado toda a semana. Así que déixate de andrómenas que se te espabilas secadra invítote a unha Mirinda.

Botámonos os dous a rir e tiramos cara a Albela.

Mentres escribo isto teño ao meu carón, enri-ba da mesa, o reloxo que herdei cando el se me foi. Canto te boto de menos, meu heroe!

Avelino Jácome

Macbeth, por Pomegra-nate.

4AXENDA

Espectáculos e teatro- �5 de xuño - Enka danza oriental - ��:30 h - Praza Maior- �7 de xuño - “O fabu-loso mundo das ilusións ópticas” de Mago Roma-ris- 18 h - Alameda- �8 de xuño - Espectáculo de danza de Omaris MQ - �1 h - Praza do Ferro- 30 de xuño - Noites de Lisboa - �1 h - Teatro Principal- � de xullo - Mago Teto - �1 h - Parque da Solaina (Barbadás)- 9 de xullo - Bambalas - �1 h - Parque dos Patos da Valenzá

Música- �4 de xuño - Concerto de María do Ceo - ��:30 h - Xardín do Posío- �4 de xuño - La Sra. To-masa - �3 h - Xardín do Posío- �5 de xuño - Ourensfest- - �0 h - Xardín do Posío- �6 de xuño - Habitacíon Vudú - �1 h - Praza do Ferro- �7 de xuño - Derrame Rock - 14 h - Expourense- �8 de xuño - Orquestra Estrellamar - 19:30 h - Xardín do Posío- �9 de xuño - Jam Ses-sion Rock - �� h - Café Cultural Auriense - 30 de xuño - Banda Xu-venil de Música Munici-pal de Barbadás - ��:30 h - Parque dos Patos da Valenzá

Cine- �4 de xuño - “Pelo Malo”- �0:30 h - Biblio-teca Nodal de Ourense- �4 de xuño - Documen-tal sobre a intervención no mosteiro de Sampaio (Castro Caldelas) - �0 h - Liceo de Ourense

Exposicións- Ata o 5 de xullo - “Frag-mentos de vida” - Museo Municipal- Ata o 16 de agosto - “Doce Balas”- Centro Cultural Marcos Valcárcel- Ata o 30 de agosto - “Ourense imaxinado” - Centro Cultural José Án-gel Valente

Feiras- Do �5 ao �8 de xuño - Feira histórica - Casco vello- �7 e �8 de xuño - Fei-ra cultural “Río da vida” - de 11 a �0 h - Xardín Padre Feijoowww.periodicobarrios.com

Cadro “Merenda no campo” de Miguel Coello.

Page 17: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Xuño de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA/ SOCIEDADE

4Posta en valor do cemiterio de San Francisco

O Concello de Ouren-se pon en valor o cemite-rio de San Francisco cun novo proxecto, que inclúe a dixitalización da totali-dade dos �9.000 enterra-mentos realizados desde 1906; e a sinalización das sepulturas de 50 persoei-ros ilustres ourensáns.

Así mesmo, creouse unha páxina web, que en-trará en servizo en breve e recolle toda a información de interese acerca desta instalación, unha visita virtual, reseña da súa his-toria e galería de tofos. Ta-mén se activará un código QR que permita acceder a toda a información.

EN BREVE

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4.000 pontevedreses che-gaban en 3 trens a Ourense a chuviosa mañá do � de xuño de 1934. Música de banda, fogos de artificio, cintas multicolor e ata un arco de triunfo agardába-nos na estación. Nas rúas: vítores, pétalos de rosa, confeti e serpentinas. Bal-cóns engalanados, bandei-ras e abrazos. Cordialidade e frenesí. Delirio fraternal.

Tras un multitudinario recibimento na casa do Concello e os discursos de rigor, na ata entón rúa Pereira, descóbrese unha

A avenida de Pontevedra

sinxela lápida colocada na casa dos Fernández Román y Saco na que se le: “Avenida de Ponteve-dra”.

Fenomenal banquete no Hotel Roma, música coral, fútbol e regreso pasada a media noite á estación de Canedo. Un sorriso nos beizos e unha anotación no debe dos co-razóns duopontinos. Viva Ourense e viva Ponteve-dra!

Fernando Valcárcel,Membro doArquivo

Visual Ourensán

Rúa Pereira (hoxe avenida de Pontevedra) a comezos do século XX./ARQUIVO VISUAL

4HUMOR

P. Feijóo

Contra as Cordas é un grupo de Ourense que fai música de estilo hardco-re e actuará no Derrame Rock. Este mes acaban de lanzar o seu último EP, titulado “Invictus”, e poderemos escoitalo completo este sábado �7 de xuño.

P: Que podemos ato-par neste novo EP?

R: “Pois unha intro, as catro cancións que forman o EP, máis outra que gravaramos ante-riormente como bonus, todas elas unidas entre sí con anacos de películas. Hardcore con tintes máis metal ou punk e todo en galego cun son bastante coidado”.

P: Que supón para vós tocar no Derrame?

R: “Tocar no Derrame é unha porta para meter-se no mundiño dos fes-tivais “grandes”, aínda que este ano o Derrame está moi lonxe de selo. Pero aínda así segue sen-do unha boa oportunida-de para promocionarse e chegar a máis público”.

P. Feijóo

Bergallazo é un grupo de punk formado por ca-tro mozos ourensáns. O próximo sábado �7 mos-trarán no festival Derra-me Rock as súas cancións e versións dos grupos que lles inflúen.

P: Qué supón para vós tocar no Derrame?

R: “Tocar nun festival así, con grupos consolida-dos, sempre é un escapa-rate enorme para grupos coma o noso, xa que moi-ta xente que nunca escoi-tou ou non viu a Berga-llazo en directo acércase

a velo, aínda que sexa por curiosidade”.

P: Faredes un concerto distinto no festival?

R: “Algo temos prepara-do (rise). O mellor é que os que estean alí o pasen ben con nós, pero non será un concerto máis”.

P: Como vai a prepara-ción do Ep?

R: “Imos pouco a pouco, pero sen descanso, temos moitas gañas de sacalo e que a xente poida gozar del. Mentres, poden escoi-tar os nosos temas nos di-rectos como o do vindeiro día �7”.

ENTREVISTA A BERGALLAZO

“O Derrame é un escaparate enorme”

Os catro membros do grupo ourensán Bergallazo.

P: Presentación EP, actuación no Derrame Rock… pode ser este o ano de consolidación de Contra as Cordas?

R: “Depende de a que se lle chame consolidar-se.

Xa podemos tocar onde sexa ou con quen sexa que non vai cambiar nada a filosofía da ban-da, nin imos deixar de ser uns desastres, pero sí que son dous pasos máis cara adiante. E non sei como será o Derrame, pero a presentación do EP foi espectacular”.

ENTREVISTA A CONTRA AS CORDAS

“‘Invictus’ é hardcore con tintes metal”

Contra as Cordas presenta EP no Derrame Rock.

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

4Exposición “O legado de Asís”

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense, da Consellería de Cul-tura, acolle a exposición ‘O legado de Asís: fran-ciscanos e clarisas en Ourense’.

Realizada a partir dos fondos que se conservan no arquivo ourensán, a mostra –que se divide en sete expositores, con-formados por �0 pezas documentais e fotográfi-cas- ten como obxectivo divulgar o patrimonio documental herdado dos conventos da orde fran-ciscana de Ourense, Alla-riz, Monterrei, Ribadavia e do lugar de Trandeiras, en Xinzo.

Page 18: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSXuño de �015 OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Estudantes de Maristas vencen no concurso Hiperbaric Challenge

O equipo “Galinercia”, formado por oito alumnos de 3º e 4º da ESO do colexio Maristas de Ourense, proclamouse vencedor no concurso Hiperbaric Challenge. O seu vehículo, sen motor e construído por eles mesmos, foi o máis rápido na competición disputada o �0 de xuño en Burgos. O Hiperbaric Challenge é un desafío educativo que potencia o talento e a creatividade mediante o deseño, construción e prototipado dun coche de inercia.

A creación ourensá acada velocidades de até 100 km/h aínda que na carreira limitá-ronse a un máximo de 80 km/h.

Grupo de alumnos descubrindo a súa creación./P.LODEIRO Alfonso López (á dereita) presentando o seu último libro en Ponte Vella./P.LODEIRO

Alfonso López, autor do blog recetasderechupete.com, presentou o seu último libro “Cenas en 25 minutos”

Con tres millóns de visitas á súa web cada mes (recetasderechupete.com), 7�5.000 se-guidores en Facebook e 170.000 en Twitter, o ourensán Alfonso López tense convertido nunha das referenzas ineludibles na blogosfera gastronómica española. López estivo no Centro Comercial Ponte Vella presentando o seu último libro “Cenas en �5 minutos” da man da libraría Aldova.

“Son 1�0 receitas que axúdanche a ter algo de variedade no día a día. Porque cando chegamos a casa cansos cociñamos sempre o sota, cabalo, rei”, explicou.

Membros da Asociación Cultural Vía Vella visitan as illas de Sálvora e Ons

A Asociación Cultural Vía Vella de Ponte Canedo organizou este �0 de xuño unha excursión ás illas de Sálvora e Ons, na que contaron con 56 participantes de todas as idades, todos socios deste colectivo.

A viaxe incluíu visitas guiadas por ambas illas, así como momentos de tempo libre para que o grupo puidese coñecer a contorna. Ante o éxito desta edición, a organización prevé realizar máis viaxes o próximo ano e ampliar o número de prazas.

Foto de grupo dos participantes na excursión organizada por Vía Vella. Momento da entrega de premios, á que acudiu o delegado da Xunta, Rogelio Martínez./M.R.

“Sempre fresco”, do madrileño Raúl Clevero, vence no concurso de relatos A Farixa 2015

O concurso de relatos �015 do instituto da Farixa xa ten gañadores. O primeiro pre-mio foi para “Siempre fresco”, de Raúl Clavero de Madrid. O segundo concedéuselle ao relato “Cuenta atrás”, de Jonathan Martínez de Biscaia. E o terceiro, a Herminia Dionis Piquero, de Huesca, coa súa obra “De humani corporis fabrica libre septem”.

No mesmo acto entregáronse os premios extraordinarios aos alumnos da promoción 2013-15 que este ano finalizan os seus estudos no centro.

Page 19: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSXuño de �015DEPORTES

Abren as piscinas

Redacción

Coa chegada das altas temperaturas abriron as súas portas ao público as piscinas ourensás.

As do Complexo De-portivo de Monterrei teñen un prezo de en-trada de �,�0 euros para os maiores de 18 anos e para menores, a partir dos 4 anos, de 1,�0. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. O horario de aper-tura vai dende as 1� ata as �1 horas todos os días da semana.

O recinto de Monterrei conta con seis piscinas, incluíndo unha infantil e unha de olas.

Así mesmo, tamén es-tán xa abertas as pisci-nas municipais de Oira e a exterior do pavillón dos Remedios.

As de Oira teñen ac-ceso de balde e o seu horario de apertura é de luns a domingo de 11 a �1 horas.

Pola súa banda, para acceder á exterior dos Remedios é preciso ser aboado do pavillón. O abono diario ten un cus-to de 3 euros por persoa.

Esta piscina estará aberta ao público de luns a sábados de 11 a �1 horas. Os domingos de xuño e setembro de 11 a 13:35, e os domingos de xullo e agosto permane-cerá pechada.

O “Correndo por Ourense” chega ao centro

Redacción

O domingo �8 de xuño celebrarase a terceira pro-ba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta ocasión os atletas percorrerán as rúas do centro ourensán.

As carreiras darán co-mezo ás 1� horas e terán a saída e meta na rúa do Paseo.

Como vén sendo ha-bitual ás 1� comezará a proba os pitufos. Dez minutos despois terán a saída os benxamíns e ale-víns, que terán que per-correr un quilómetro. Ás 1�.15 horas será o turno dos infantís e cadetes, que correrán unha distancia de �.800 metros.

E xa ás 1�.30 horas está prevista a saída da carrei-ra absoluta que dará catro voltas a un circuíto que pasa polas rúas Paseo, Lamas Carvajal, avenida de Pontevedra, Progreso, Xoán XXIII e Concello. A distancia a cubrir nesta carreira é de 5.600 me-tros.

InscriciónA inscrición estará

aberta ata o �4 de xuño. Ao peche desta edición xa se superarán os 1.�75 inscritos.

A seguinte cita será en setembro.

Leticia Fernández foi a mellor atleta do Ourense Termal, segundo ranking IAAF, con 1.061 puntos

Denis Galán bate o récord galego dos 100 metros en Ourense4 O seu tempo de 10.54 acadouno no Ouren-se Termal Athletics Meeting.

R. Torres

Xa o anunciaban os ex-pertos na materia: a pista de atletismo do campus de Ourense era ideal para que se puideran batir al-gúns dos récords galegos máis lonxevos; apunta-base sobre todo aos 100 e aos �00 metros lisos no Ourense Termal Athle-tics Meeting. E a cita non defraudou. De feito, foi na primeira serie dos 100 metros cando Denis Galán parou o crono en 10 segundos e 54 cen-tésimas (o marcador de pista anunciaba 10.53 pero a corrección subiu una centésima esa mar-ca) para xúbilo del e dos presentes.

Rompíase, ao fin, un récord que databa de 1986 a cargo do actual presidente da Federación Galega de Atletismo, Isi-doro Hornillos, quen non dubidou en felicitalo, aos poucos minutos de lograr a proeza, a través das re-des sociais.

O resto da xornada deixou innumerables marcas persoais e a cen-

tos de atletas (de todas as categorías) que puideron gozar dun día de puro at-letismo en Ourense.

No 1.500 masculino, Tariku Novales Quintei-ro fixo uns magníficos 3:53.79 para un mozo de 17 anos. No peso femini-no, aínda que lonxe das súas marcas, participou a mellor lanzadora de peso nacional na actualidade, María Belén Toimil Fer-nández. A atleta do Playas de Castellon lanzou 14.91.

A organización entregou premios aos tres mellores

atletas de cada proba abso-luta, sempre e cando supe-raran os 700 puntos IAAF (Federación Internacional de Atletismo).

Os melloresTamén recibiron galar-

dón os dous mellores atle-tas, masculinos e femini-nos, que acadaron a mellor puntuación. En categoría masculina, foi un vello coñecido: Alfonso Palo-manes. O saltador do FC Barcelona logrou en triplo salto unha mellor marca de 15 metros e 89 centíme-

tros, o que lle outorgou 1.035 puntos, cifra non superada por ningún dos atletas que competiron; nin tan sequera polo fla-mante recordman galego dos 100 metros. Denis Galán obtivo 1.0�7 pun-tos.

En categoría feminina, foi a deportista do Ría de Ferrol, Leticia Fernández Barbosa, a que se levou o premio á mellor atleta do Ourense Termal. Le-ticia voóu sobre o tartán para parar o tempo en 4 minutos, 18 segundos e 57 centésimas. Con este tempo a galega logrou 1.061 puntos, sendo a mellor de todos os atletas que se deron cita neste torneo.

Grupo de atletas na final dos 100 metros lisos do Ourense Termal Athletics Meeting co “recordman” galego Denis Galán na primeira posición./RAMSÉS.

Page 20: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSXuño de �015 DEPORTES

Iván Ares no podio do Rali de Ourense. /RAMSÉS.

Iván Ares aventaxou en case catro minutos ao segundo clasificado, Sergio Vallejo

Iván Ares faise co triunfo en Ourense4 Segundo foi Sergio Vallejo e terceiro, Cristian García.Redacción

A 48ª edición do Rali de Ourense -Ourense Termal- coroou a Iván Ares como campión.

O piloto de Cambre, xunto ao seu copiloto Ál-varo Bañobre, logrou unha vitoria inapelable distan-ciando en case catro mi-nutos aos irmáns Vallejo. Vallejo tivo problemas na primeira pasada por San Pedro de Rocas no cal perdeu cinco minutos e un segundo que o levou a décimo novena posición. A partir de aí, todo foi re-montar ata acadar esa se-gunda posición do podio. A primeira posición estaba imposible de alcanzar, xa que Ares tan só tivo que controlar a vantaxe que tiña.

No terceiro caixón do podio Cristian García e a súa copiloto Rebeca Liso, quenes a pesar dos proble-mas nos tramos da tarde lograron manterse no po-dio.

Outro dos favoritos ao triunfo final, Pedro Burgo, tivo que abandonar.

Miguel FusterO piloto alacantino que

comanda a clasificación no CERA (Campionato de España de Ralis de Asfal-to) non puido participar en Ourense co se Porsche. Pero si o fixo cun Suzuki Swift. Os problemas eco-nómicos fixeron que non puidera participar co seu equipo habitual pero Su-

zuki deulle a oportunida-de de competir na proba ourensá. Fuster, limitado co vehículo, fixo un meri-torio cuarto posto que lle permite sumar puntos e manterse ao fronte da cla-sificación no Campionato de España.

Os ourensánsComo na edición do

�014, o piloto Iago Silva, xunto ao seu compañeiro Diego Grande foron os mellores ourensáns ao fi-nalizar o rali. A bordo do Peugeot �08 R� o ouren-sán tivo varios percances, o que máis lle lastrou foi un percance no tramo es-pectáculo do venres que fixo que non puidera loitar polos primeiros postos.

Finalmente rematou 15º

a máis de 15 minutos do primeiros.

O segundo ourensán foi o equipo formado por David Cortés (piloto) e Rubén Soto (copiloto) que remataron na 17ª posición na clasificación xeral. Nembargantes fo-ron os primeiros na Copa Suzuki Swift. O equipo de Luintra sitúase como líder da monomarca no nacional.

CERACos resultados do 48

Rali de Ourense a clasi-ficiación no Nacional a lidera Miguel Fuster con 18�.5 puntos, seguido de Iván Ares (159.5 puntos) e Pedro Burgo (1�0.5 puntos), segundo e ter-ceiro, respectivamente.

O COB é de ACB4 A máxima categoría recibiu os cartos para a súa afiliación. Coa entrega do informe de auditoría, antes do 30 de xuño, será oficial.

Ramsés Torres

Acabouse o “cule-brón” do ascenso de Club Ourense Baloncesto á ACB. Despois de varios días frenéticos por parte da directiva do club para conseguir os imprescin-dibles acordos para ins-cribir o seu nome na Liga Endesa, por fin o luns 15 de xuño, día que remata-ba o prazo, logrouno.

E non foi sinxelo, houbo que agardar a que o Concello de Ourense firmara un compromiso de apoio e que a entidade Abanca buscase “unha solución financieira via-ble” para que a ACB co-municara a inscrición do COB na Liga.

E todo iso chegou con-tra as �0 horas do último día de prazo para que o equipo se inscribira na mellor liga europea de baloncesto.

Ás 1�:30 horas parecía que todo estaba listo para poder enviar a transfe-rencia de �,9 millóns de euros á sede da ACB; pero pouco máis tarde a entidade bancaria Aban-ca cambiaba as regras do xogo e parecía que a opción do ascenso esvae-cíase.

Nunhas horas de tolos finalmente o conto rema-tou con final feliz. Aban-ca enviaba un tuit no cal dicía que a entidade en-contrara “unha solución financieira viable” para que o COB xogue na

ACB. Pero faltaba un último

chanzo: a confirmación por parte da máxima catego-ría, a cal chegaba a modo de comunicado oficial ás �1 horas, cando colgaba na súa web que o Club Ourense Baloncesto “pre-sentou a documentación requerida para a súa afi-liación á ACB e efectuou o ingreso correspondente para a súa inscrición”.

30 de xuñoAgora ábrese un prazo

que finaliza o 30 de xuño no cal “hai que achegar o informe de auditoría. Será entón, e á vista do resul-

tado do indicado informe, onde a Asociación de Clu-bes adoitará a resolución sobre a inscrición defini-tiva do club na Liga pro-fesional para a tempada �015/16”. Será na asem-blea ordinaria do 3 de xu-llo cando a ACB decida o futuro do Club Ourense Baloncesto.

O venres 3 de xullo a asemblea ordinaria da ACB decidirá finalmente se inclúe ao COB na vindeira Liga Endesa

Salva Arco ante Breogán no quinto partido do playoff polo ascenso a ACB. /RAMSÉS.

Regresa o Trofeo Barrios Deportivo4 Os días 23 e 24 de xuño disputarase nos Remedios.

Redacción

Un ano máis regresa o Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala, que este ano

chega á súa sexta edición. Os días �3 e �4 de xuño decidirase quen é o me-llor equipo da tempada, o campión de campións.

Hermano Carral, Euros-port/Karlaska, Dacón e Es-cornaboys son os equipos participantes.

HorariosA sede de todos os par-

tidos será a cancha central dos Remedios. O martes �3 disputaranse as semifinais, que enfrontarán a Euros-port e Hermanos Carral, ás �0.15 horas, e aos Escor-naboys contra o Dacón, ás �1.15 horas.

A final celebrarase o mércores �4 na central dos Remedios a partir das �1.15 horas. Previamente, ás �0.15 horas, disputarase a final feminina entre Cida-de de Ourense e Xinzo de Limia.

O 24 a partir das 20:15 h disputaranse as finais masculina e feminina

Final do ano pasado do Trofeo Barrios Deportivo entre Eurosport e Hermanos Carral. /RAMSÉS.

Page 21: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSXuño de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSXuño de �015

CLASIFICADOS / SERVIZOS

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 6 - Ano: XIV - Xuño de �015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas per-soais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Narcóticos Anóm 671 58 �8 38Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

PISOS

Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 6�9 319 �69.Ofrécese mozo para traballar en almacéns. Tel. 67� 6�1 408.Clases a domicilio neste curso. Especialidade mate-máticas xerais.Todas as eta-pas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 38 �5 89 ou clasesadomicilio�[email protected]écese mozo responsable, meticuloso, alegre para tra-ballar en departamento admi-nistrativo ou coma dependen-te. Ampla experiencia. Telf.: 6�9 154 995Ofrécese mozo con título téc-nico sociosanitario para o coi-dado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tlf.: 666 857 �39Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tare-fas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 1�9 14�Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 603 414Ofrécese señora para lim-peza, pasar o ferro ou facer a comida, con informes. Tel. 606 65 09 05Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417

Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc. Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés, todos os ni-veis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experien-cia. Tel. 667 508 333.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebo-ok e Youtube: dúo piano voz.Perruqueira con 20 anos de experiencia e coñecementos de estética ofrécese para tra-ballar en fins de semana sol-tos. Tel. 685 971 034. Ofrécese quiromasaxista con prezos anticrise. Masaxes antiestrés, desconstracturan-tes, deportivos e drenaxes linfaticos. Tel.697 �� 09 80.Fanse desbroces económi-cos con tractor e a man. tel. 630 5�1 448

Alúgase piso amplo, con ou sen mobles. Todas as como-didades. Zona Couto. Econó-mico. Tel. 606 56 9� �8.Alúgase praza para moto no garaxe edificio Mercadona, avda. de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.Vendo finca de 2.000 m2 edi-ficable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 59.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de �35x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco de 73x�09cm (ten pechadura e chave). Tel. 610 659 417.Compro ventás de alumi-nio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 056 9��Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17Véndese Opel Astra 1.9CDTI 1�0cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 �14 079.

Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 101Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 035 781Vendo apartamento en praia América, � habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minu-tos de Vigo. Tel.636 4�� 497Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axar-dinados. Con aparcamento e barbacoa. Tel. 607 �7 19 16Vendo piso en praza España (Vigo). 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 81 6� 09Búscase chic@ para com-partir piso. Zona Couto. Ca-lefacción, televisor en habita-ción, Internet, etc. 200€/mes (gastos incluidos). Contacto: [email protected] ou no 600 9�� 547 (WhatsApp)Vendo finca pequena ao ca-rón de parada de bus, preto de Ourense. 350 metros cadra-dos. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 4�� 543Alugo habitación. Zona Couto, próximo aos novos xulgados. Con cama de ma-trimonio, amoblada, televi-sión, wifi. E dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes (gastos incluídos). Tel. 600 9�� 547 (WhatsApp)Alugo garaxe na rúa Francis-co Llorens Díez. Tel 637 00 59 10Vendo oficina con galpón. Zona Vilar de Astrés. 450m�. Frente a parada de bus. 6.690 euros. Tel. 606 4� �5 43

Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. 73x�09cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 17Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644OU. 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 6� 09.Vendo 8 focos de baixo consumo. Bo prezo. Tel. 675 63 10 11.Vendo moto 1�5 cv a bo prezo, tel. 630 5�1 448Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI 150cv. con todos os extras. Só 7.000km. Tel. 684 �14 079.Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano �011.Llantas aluminio, climatizador, ra-dio USB...Tel 684 �14 079.Véndese Volkswagen Golf. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 684 �14 079.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI 90cv. con aire acondi-cionado, gancho remolque. Tel 684 �14 079.Vendo smartphone Primux Delta. Seminovo. Dúas ba-terías e dúas ranuras para tarxetas. Inclúe auriculares, cargador e caixa. Prezo: 60 euros. Tel. 649 15 70 �5

CONTACTOSOfrécese mozo para mu-lleres de 40 a 55 anos. Pre-zo anticrise. Tel. 697 79 59 �8.

Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga pota-ble. Tel. 649 67 34 9� e 988 �1 67 55Alúgase perruquería con mobles en rúa Progreso. Tel. 637 00 59 10Alúganse tres oficinas ex-teriores, acondicionadas. En Progreso. Tel. 637 00 59 10Vendo ático na praia de Panxón. � habitacións, � ba-ños, salón, cociña, trasteiro e garaxe. Urxe venda. Tel. 636 36 43 78Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pecha-do, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101

Page 23: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSXuño de �015PUBLICIDADE

Page 24: Xuño de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXuño de �015