Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 12 - Ano: XIV - Decembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CIDADE Páx.5 DEPORTES Páx. 22 BARRIOS Páx.6 SOCIEDADE Páx.11 Derrota do COB en casa ante o líder, Palencia, por 56-63 Entrevista á presidenta da AVV As Eiroás O repintado en Marcelo Macías non satisfai a todos Balance da Operación Quilo, as cifras da solidariedade BARRIOS Páx.8 Sanidade conta en Ourense cun novo mamógrafo O Poboado de Laponia, novidade da programación navideña da nosa cidade.//Resultado das Eleccións Xerais ao Congreso por Ourense. [Páx. 2] Ourense vive o Nadal [Páx. 18-19] Eleccións Xerais: o PP vence, pero queda lonxe da maioría [Páx. 3] Entrevista á concelleira Ana Fernández Morenza

description

O Nadal e os resultados das Eleccións Xerais, na portada de Ourense por Barrios do mes de decembro

Transcript of Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 12 - Ano: XIV - Decembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.5 DEPORTES Páx. 22BARRIOS Páx.6 SOCIEDADE Páx.11

Derrota do COB en casa ante o líder, Palencia, por 56-63

Entrevista á presidenta da AVV As Eiroás

O repintado en Marcelo Macías non satisfai a todos

Balance da Operación Quilo, as cifras da solidariedade

BARRIOS Páx.8

Sanidade conta en Ourense cun novo mamógrafo

O Poboado de Laponia, novidade da programación navideña da nosa cidade.//Resultado das Eleccións Xerais ao Congreso por Ourense.

[Páx. 2]

Ourense vive o Nadal [Páx. 18-19]

Eleccións Xerais: o PP vence, pero queda lonxe da maioría [Páx. 3]

Entrevista á concelleira

Ana Fernández Morenza

Page 2: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSDecembro de �015

ENTREVISTA

“A maioría dos hostalerios cumpen coas autorizacións e o que queren é unha normativa (de veladores) para saber a que aterse”

ENTREVISTA Á CONCELLERIA DE FACENDA, FONDOS EUROPEOS E COMERCIO

“Teremos un orzamento moi austero en 2016”

4 Ordenanza de veladores, elaboración dos orzamen-tos, as prazas de abastos... son algúns dos retos aos que se enfronta a edil Ana María Fernández Morenza.

Paula Lodeiro

Ana María Fernández Morenza (Trives, 1975), é unha das edís máis novas do grupo de goberno do Concello de Ourense. Avoga-da de profesión, asume as áreas de de Facenda, de Fondos Euro-peos e de Comercio.

Como está sendo a súa pri-meira incursión en política?

Ana Fernández Morenza: “Un reto enorme, que un non é consciente do reto que é ata que está dentro, desde fóra as cousas vense bastante diferentes do que son na realidade. É un traballo moi duro, sobre todo tendo en conta que eu sigo mantendo o meu des-pacho profesional, hai que sacar tempo de todas partes…”

Que diferencias nota coa súa profesión?

A.F.M.: “Moitísima diferencia, o traballo de avogada é un traba-llo en solitario; aquí dependes de moita xente, de que os traballado-res traballen e, grazas a Deus, eu teño un montón de sorte porque teño, creo, os mellores funciona-rios de todo o Concello. Tes que recibir a un montón de xente, fa-lar con todo o mundo, é un traba-llo de equipo”.

As súas concellerías precisan persoal?

A.F.M.: “Todos necesitamos persoal, é así, pero de momento hai que apañarse co que temos. A xente traballa moitísimo, nin unha queixa deles”.

É complicado ser edil de Fa-cenda e xestionar os cartos de todos os compañeiros?

A.F.M.: “A realidade é que cada un xestiona os seus cartos, eu estou un pouco para fiscali-zar. Non é o máis complicado, resúltame máis complicado Co-mercio; é unha concellería que require máis traballo que Facen-da”.

Falando de Facenda, o go-berno tivo que aprobar un plan económico-financieiro…

A.F.M.: “Xa está presentado á Xunta e aprobado pola Xunta”

Entón xa se poden poñer a elaborar os novos orzamen-tos?

A.F.M.: “Aínda non se pode, porque hai requisitos legais pre-vios que se están realizando, modificación da RPT; cando a teñamos procederase a facer un borrador dos orzamentos e a ne-gocialos co resto dos grupos po-líticos do concello”.

Cales serán as liñas estra-téxicas das contas para 2016?

A.F.M.: “Xa teñen todos os

concelleiros as liñas que teñen que seguir e a austeridade que temos que seguir, teremos un or-zamento moi austero este ano”.

O alcalde dicía hai unhas semanas que se superarían os cen millóns de euros.

A.F.M.: “Non chega”.

Non damos prazos para a súa aprobación?

A.F.M.: “Non, estamos traba-llando nel, será o antes posible pero non só depende dun con-celleiro de Facenda, depende de máis concelleiros, que controlen os seus departamentos e a maiores o da RPT; temos a Flora (Moure, a concelleira de Recursos Huma-nos) que non descansa coa modi-ficación e é imprescindible para facer os presupostos novos”.

Sobre as ordenanzas fiscais para 2016, que previsión ma-nexan?

A.F.M.: “Van pola súa parte, son procedementos indepen-dentes. A intención é revisalas nos seis primeiros meses do ano porque a tramitación é lenta, o que está claro é que os impostos directos non se van subir ningún, que a xente estea tranquila, o úni-co que se vai facer é unha regula-rización”.

Subirán as taxas co IPC?

A.F.M.: “Se hai que aplicalo, se non non; simplemente hai que facer unha reestruturación das or-denanzas fiscais que hai algunhas que levan moitísimo tempo sen ser revisadas”.

Como vai a tramitación da ordenanza de veladores?

A.F.M.: “Espero entregar a fi-nais deste mes ao resto de grupos políticos o borrador da ordenanza de veladores a fin de que ache-guen as súas ideas, co que están de acordo e co que non, e nego-ciar con eles”.

É moi difícil conxugar os inte-reses neste eido, de hostaleiros e veciños?

A.F.M.: “É difícil, pero a xente está por o acordo, quere unha or-denanza de veladores, quere estar regulado, quere estar baixo a lei e non incumprir, e iso é unha van-taxe”.

Hai moito descontrol coas te-rrazas?

A.F.M.: “Hai moitas terrazas sen autorización, hai terrazas que teñen autorización para 10 e poñen 15, hai de todo pero non se pode xeralizar, a maioría dos hostaleiros cumpren coas autori-zacións que teñen, e o que queren é unha normativa para saber a que aterse”.

Que se trate igual a todos?A.F.M.: “Exactamente, ese é o

principio legal de todo o mundo, a lei é igual para todos”.

Como vai o prego para sacar a concurso os postos da Praza de Abastos da Ponte?

A.F.M.: “Espero que en xaneiro saia o prego. O prego que deixou a antiga corporación considerá-bamos que era un prego moi es-tricto e que a cantidade de diñeiro en que se valoraba era un pouco excesiva como para que a xente quixera participar nesa conce-sión. Estamos intentando non ser tan estrictos no que poden facer ou non poden facer e facer unha valoración que compense tanto ao Concello como a quen colla a concesión. Porque non nos serve de nada sacar unha concesión por moitos cartos se dentro de tres meses deixan de pagar, o único que xera son problemas ao propio Concello. É mellor facer as cou-sas despacio, ben e estudadas… non nos podemos esquecer de que só son oito postos, é moi bonita pero só son oito postos”.

A idea é sacar os postos en conxunto?

A.F.M.: “Si, a idea é sacalos en conxunto, unha única empresa colla toda a concesión da Praza

de Abastos, que se faga cargo de todo”.

E a reforma da Praza de Abastos nº1 de Ourense, avan-za?

A.F.M.: “Estamos co traslado da xente da Praza de Abastos. Es-tase facendo un estudo por parte dun arquitecto e dun aparellador para trasladalos, en principio á parte de arriba da Alameda. Es-tase mirando se se pode ou non e como facer que os postos de traballo sean dignos, non facer unhas casetiñas e aí quedades du-rante dous ou tres anos que duren as obras, hai que facelo todo dig-no. Contamos que será un gasto para o Concello duns 600.000 euros máis ou menos”.

Este ano a campaña de Nadal comezou a finais de no-vembro co acendido do alumeado, os co-merciantes non terán queixa?

A.F.M.: “De momento non e estano manifestando así a través da prensa e das redes sociais e eu llo agradezo. Están contentos con este adianto co encendido das lu-ces porque é como que empeza o Nadal un pouco antes e potencias que a xente saia a comprar”.

Porque o comercio é un sec-tor importante para Ourense.

A.F.M.: “É o que mantén a ci-dade, o comercio e a hostalería. Ourense é unha cidade dedicada aos servizos, non temos grandes empresas, entón hai que potenciar o que temos. Temos moi bo co-mercio, a xente que vén de fóra alucina”.

Que lle pide o sector?A.F.M.: “Piden axuda para fa-

cer actividades, para potenciar o comercio, para que Ourense sexa un referente. Eles fan as súas pro-postas e traballan a reo”.

Teñen previsto trasladar o matadoiro da zona da Chavas-queira? Influirá nesto a trami-tación do novo Plan Xeral?

A.F.M.: “Todo depende do Plan Xeral… pero quitar unha cousa de alí non, outra cousa sería co-localo; hai que mirar como facer para que non quede ese servizo descuberto para a cidade. Pero a idea é retiralo, aquilo é unha zona turística, de termas, e o matado-iro alí non pinta nada. Estase co estudo”.

Ana Mª Fernández Morenza, no seu despacho da Concellería de Comercio./P.LODEIRO.

Page 3: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOSDecembro de �015

ELECCIÓNS XERAIS especial

O Partido Popular vence en Ourense e en España, pero queda lonxe da maioría absoluta4 A sorpresa na nosa provincia é a coalición En Marea, que obtén un deputado.

P. L.

O Partido Popular gañou as Eleccións Xerais deste domingo �0 de decem-bro tanto na provincia de Ourense coma no conxun-to de España. Aínda que os 1�� deputados consegui-dos quedan moi lonxe dos 186 escanos que obtivo en 2011, polo que a configu-ración do futuro goberno está no aire.

Na nosa provincia os populares baixan de tres a dous escanos con respecto a �011, sendo Miguel Án-gel Viso e Celso Delgado os que ocuparán acta no Congreso dos Deputados. Queda fóra Ana Belén Vázquez.

O presidente dos po-pulares galegos, Alberto Núñez Feijoo recoñecía o complicado de manter o voto obtido fai catro anos pero resaltaba que o PP continúa a ser o partido máis votado en Galicia.

O PSOE mantén o seu escano, que vai para Ro-cío de Frutos, pero a gran sorpresa protagonízaa En Marea, a coalición de Podemos, Esquerda Uni-da, Anova, que conse-gue o escano para o seu candidato David Bruzos. Bruzos considerábao un “resultado histórico” re-cordando que “fai �0 anos que en Ourense non temos unha voz alternativa a PP e PSOE”. En Marea ten posibilidades de conseguir grupo parlamentario pro-pio en Madrid, ao acadar seis deputados no conxun-

to da Comunidade galega. Ao igual que xa sucede-

rá en �011 co BNG, NÓS-Candidatura Galega non obtén representación por Ourense.

Resultados estataisNo conxunto de España,

o PP perde a súa maioría absoluta e saca 1�� esca-nos, o PSOE baixa a 91 (tiña 110 en �011), e dos novos partidos, Podemos, acada 4� representantes e Ciudadanos 40. Outros nove partidos obteñen ta-mén representación na Cá-mara Baixa.

O escrutinio apunta a unha Cámara na que habe-rá que chegar a pactos para gobernar, aínda que seme-llan complicados, pois nin PP con Ciudadanos nin PSOE con Podemos al-canzan a maioría absoluta (176 deputados dos �50 totais).

O Senado segue igualNo Senado o panorama

mantense igual que en �011. Malia que o escru-tinio ao peche desta edi-ción aínda non rematara, todo parece indicar que o PP conservará os seus tres senadores. Ocuparán un asento na Cámara Alta nesta nova lexislatura a novata Edelmira Barreira, e os veteranos Carmen Le-yte (alcaldesa de Cartelle) e Francisco José Fernán-dez (alcalde de Leiro). O PSOE mantén o seu se-nador pola provincia, que seguramente sexa o nº1 da lista, Luis García Mañá.

Miguel Ángel Viso. PP.

4OS NOVOS DEPUTADOS (resultados provisionais co 95% escrutado)

4OS NOVOS SENADORES (resultados provisionais co 77% escrutado)

Celso Delgado. PP. Rocío de Frutos.PSOE. David Bruzos. En Marea

Edelmira Barreira. PP. Carmen Leyte. PP. Francisco J. Fdez. PP.

O PP perde un deputado na provincia de Ourense e queda con dous; o PSOE conserva o que tiña e entra En Marea con un

No Senado o reparto queda PP (3) e PSOE (1)

Luis García Mañá. PSOE

Page 4: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

CIDADE

P.L.

A corporación ourensá acordou esixir a dimisión de Manuel Baltar, ao apro-bar no pleno de decembro Democracia Ourensana, Partido Socialista e Ouren-se en Común unha moción conxunta na que reproban o comportamento do pre-sidente da Deputación e lle reclaman tamén unha desculpa pública. Os po-pulares non quixeron en-trar no debate porque con-sideraron que estaba “fóra de lugar” e non querían contribuír “ao seu show”, dixo o seu voceiro, Pepe Araújo.

Tamén quedou aprobada a moción de DO, grazas ao

apoio socialista, para supri-mir os bolardos de acceso ao casco histórico e subs-tituír o control do tráfico por cámaras de videovixi-lancia ou axentes de Poli-cía. Ambos partidos tamén lograron sacar adiante a súa moción conxunta para que se establezan medidas de protocolo e transparen-cia nas invitacións que se reciben no Concello. O PP e OUeC consideraron que este asunto non tiña a im-portancia e o interese su-ficiente para tratalo como moción.

Ourense en Común con-seguiu o apoio do PP á súa moción na que presentaba medidas para loitar contra o cambio climático.

Por unanimidade apro-bouse a proposta de Ourense en Común para conservar a toponimia tradicional do municipio. Neste sentido a concellei-ra de Cultura anunciou xa unha partida para �016 para iniciar estes traballos na zona da Ponte.

Foi rexeitada a moción de OUeC que pedía unha Lei reguladora do derei-to á vivenda, ao votar en contra o PP por entender que non tiña a corporación municipal capacidade para decidir sobre este asunto; DO e PSOE abstivéronse. Tampouco saíu adiante a moción socialista para in-cluír a vacina da meninxi-te no calendario vacinal,

malia ao apoio de OUeC (PP votou en contra e DO abstívose).

Peticións veciñaisNo apartado de rogos e

preguntas, desde o PSOE trasladouse a petición dos veciños de Mariñamansa para que se estude a colo-cación dun paso de peóns na avenida de Zamora onde desemboca coa ro-tonda da Saínza e da AVV

O pleno de Ourense solicita a dimisión de Baltar4 A oposición aprobou a súa moción conxunta, malia considerar o PP que estaba “fóra de lugar” tratar este asunto no consistorio ourensán.

Tras Estación que re-claman un semáforo na rúa Quintián, ademais da queixa da AVV As Ter-mas sobre o mantemento da pasarela ao carón da estación de autobuses.

Xunta e Concello asinarán un convenio para reparar a ponte do MilenioRedacción

O Consello da Xunta de Galicia vén de auto-rizar a sinatura do con-venio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a reparación da pon-te do Milenio e forma-lización da súa entrega ao municipio. Ademais de asegurar a execución das reformas necesarias, o convenio acabará coa situación de indefinición existente sobre a titulari-dade da ponte.

Tras máis de 14 anos en servizo, a ponte non presenta danos estrutu-rais pero cómpre realizar unha serie de actuacións para contribuír ao seu bo mantemento. Destinaran-se 550.000 euros.

Aprobouse a moción de DO para suprimir os bolardos, grazas ao apoio do PSOE

Votación para pedir a dimisión de Baltar./P.LODEIRO.

Page 5: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSDecembro de �015

CIDADE

Redacción

Seguir desenvolvendo coa tecnoloxía máis van-gardista o Programa de detección precoz do can-cro de mama é o obxectivo da posta en funcionamen-to dun novo mamógrafo na unidade de exploración emprazada na Xefatura Territorial de Sanidade en Ourense. Este novo equipamento permitirá a dixitalización completa do programa nesta provincia, incrementando a eficiencia diagnóstica.

A incorporación deste material é posible grazas a un convenio de colabora-ción entre o Servizo Gale-go de Saúde e a Fundación Amancio Ortega.

Os beneficios máis desta-cables do novo equipamen-to son a mellora da calidade da imaxe; a mellora no pro-ceso clínico; e, por último, o aforro de custos na xestión diaria do programa.

Nos �� anos que leva en marcha o Programa de de-tección precoz do cancro de mama �64.085 mulle-res realizaron o cribado, detectándose 879 casos de cancro.

Sanidade conta en Ourense cun novo mamógrafo4 Permitirá a dixitalización completa do Progra-ma de detección precoz do cancro de mama.

O novo mamógrafo ubícase na unidade de exploración da Xefatura Territorial de Sanidade en Ourense.

Axuda para o comedor social de CáritasRedacción

A Xunta de Gober-no local do Concello de Ourense abordou un con-venio de colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense por 100.000 euros para o mantemento do comedor social, que se ubica na rúa Mestre Vide �.

O Concello axudará na compra de comida (ben quente, ben para levar ao domicilio ou ben comi-da fresca para cociñar, a criterio dos traballadores sociais municipais), así como gastos de funcio-namento, seguros e ma-terial de oficina.

A contía do convenio é de un 1�% superior á do ano pasado, xa que os servizos sociais do Concello detectan unha maior necesidade neste ámbito con respecto ao anterior.

Acceso lateral ao que se refire a queixa da CIG.

CIG Saúde reclama unha marquesiña para as

ambulancias no CHUOCIG-Saúde demanda a instalación dunha marquesiña

de acceso dos pacientes que acoden en ambulancia a facer probas ou consultas ao hospital ourensán.

Explica o sindicato que “cando comezaron as obras do novo edificio o circuíto de acceso dos pacientes que acoden en ambulancia ao interior do mesmo veuse mo-dificado e agora teñen que acceder por unha porta late-ral que anteriormente estaba pensada para o servizo de mercadorías e non para doentes”. Unha situación que tachan de “impresentábel” pois obriga aos pacientes “a baixar das ambulancias, xa sexa para pasar a cadeiras de rodas ou para acceder en padiola, baixo a choiva e as inclemencias do tempo”. Por iso esixen á Xerencia que solvente esta deficiencia e acometa xa unha obra que non ten un custo elevado.

4FOTO DENUNCIA

Page 6: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

BARRIOS

Contra a fachada da sede dos construtores había amoreados varios colchóns e un sofá, que arderon

Un incendio dana a sede da Asociación de Construtores4 Outro acto vandálico provocou danos no parque de Santa Teresita.P.L.

Cuantiosos danos na fachada e na planta baixa

Así quedou a fachada da sede dos construtores na rúa Padilla do casco antigo, tralo incendio./P.LODEIRO.

da sede da Asociación de Construtores no casco vello foi o resultado dun incendio acontecido na

madrugada do 17 de de-cembro. Xunto á fachada do inmoble que dá á rúa Padilla quedaran amorea-dos á noitiña varios col-chóns e un sofá, aos que prenderon lume contra as 4 da madrugada, en dous focos distintos, o que amo-sa unha clara intencionali-dade.

“Os bombeiros apaga-ron en seguida e foi unha sorte porque se non arde case toda a mazá, sería un desastre”, lamentábase o presidente dos construto-res, Eligio Nieto, á mañá seguinte.

Ademais de danos im-portantes na fachada, de estuco, as altas tempera-turas fixeron estourar unha das ventás, queimando no interior do edificio a ins-talación eléctrica e docu-mentación que a asociación preparaba para presentar á Xunta. “É un dano dunha semana de traballo de ca-tro ou cinco persoas o que ardeu aí abaixo”, apuntaba Nieto.

O construtor non se atreveu a facer unha valo-ración económica dos des-perfectos. “É moi díficil de calcular”, dixo. Un perito avaliaba na mesma mañá os danos para dar parte ao seguro.

Incremento do vanda-lismo

O alcalde, que se ache-gou ao lugar para compro-bar o alcance dos danos, chamou a atención sobre o incremento do vandalismo na nosa cidade nos últimos tempos. Na mesma semana outro acto vandálico pro-vocou danos de conside-ración no parque de Santa Teresita. “Algo está a fallar cando estamos a ver estas cuestións”, valorou Jesús Vázquez, apuntando que o incendio “puido afectar a toda unha mazá onde aín-da moitas casas conservan a estrutura en madeira e puido haber unha desgra-za”. O rexedor agarda que a investigación dea coas persoas responsables e “a xustiza actúe con todas as consecuencias”.

Redacción

O repintado da avenida de Marcelo Macías non convence a toda a veciñan-za. A Xunta pintara liña continua en todo o vial tralo seu arranxo, decisión que provocara as queixas de veciños e comercian-tes. Tralas protestas, pro-cedeuse a pintar liñas dis-continuas nalgúns puntos, para permitir o cruce de vehículos, como na saída do lavadoiro de coches.

O caso é que, tal e como relata Arturo Rodríguez, presidente da asociación

veciñal Carlasca, “pinta-ron liña discontinua para a entrada de garaxes, pero non en todos, al-gúns con vado quedaron sen pintar”.

Ademais, o presidente de Carlasca segue a re-clamar que se repoñan as 1� prazas de aparcamen-to suprimidas.

Rodríguez indica que agardan a visita dos téc-nicos e responsables mu-nicipais para esta semana, e, de non resolver a pro-blemática, voltarán con-vocar aos veciños afecta-dos a unha reunión.

O repintado en Marcelo Macías non satisfai a todos 4 Ven discriminatorio o pin-tado das liñas discontinuas.

Á esquerda, unha entrada a un vado en Marcelo Macías á que non se pintou a liña discontinua,/M.REJO.

Page 7: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSDecembro de �015PUBLICIDADE

Page 8: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

BARRIOS

“O primeiro presidente da asociación conseguiu traer a auga. Antes tiñamos que utilizar a dos pozos, e logrouno en 1989. Incrible”, sinala Carmen Pulido

Carmen Pulido (no medio, na fila superior), presidenta da AVV As Eiroás, xunto a un grupo de veciños do barrio no local social./RAMSÉS.

Silvia Nieto

Carmen Pulido chegou a pre-sidenta da asociación de veciños As Eiroás de casualidade, case obrigada polas circunstancias. Ata aquel momento descoñecía o traballo que había detrás deste cargo e incluso non era conscien-te das necesidades tan básicas que había nalgunhas zonas do seu ba-rrio. Desde entón xa pasaron nove anos. Nove anos de pelexa por mellorar As Eiroás en saneamen-to, en iluminación, en seguridade viaria. Nove anos de loita contra a lentitude das institucións, e de ex-plicacións aos veciños. Nove anos nos que aprendeu que a paciencia é unha virtude nun representante veciñal, pero a constancia tamén.

Dende cando está funcionan-do a Asociación de Veciños As Eiroás e dende cando é vostede a presidenta?

Carmen Pulido: “A asocia-ción fundouse en 1987 e eu levo de presidenta nove anos”.

Por vocación?C.P.: “Non, pedíronmo, por-

que cando o anterior presidente o deixou ninguén quería vir, uns porque eran moi maiores, outros porque traballaban, e foron á miña casa a pedirmo. Non tiña ningun-ha idea de como levar isto, por iso quería que alguén da directiva anterior permanecese nesta, para que me orientase, e quedou un se-ñor, que me axudou moito para ir abríndome paso no Concello”.

E que valoración fai deste la-bor co paso dos anos?

C.P.: “É un labor moi arduo,

moi complicado, ás veces cán-saste e non sempre se consegue o que se pelexa, é moi lento. Por exemplo, pedimos unha farola para diante da casa dunha seño-ra maior que vive soa e tardaron catro anos en instalala; ela estaba cansa de insistirme e eu pedíalle que non se desanimase, pero foi moito tempo. Agora sei que hai que ter paciencia, que tarda, pero que se segues pelexando acaba por chegar”.

Como mellorou o barrio nes-te tempo?

C.P.: “Conseguimos varias cousas, a principal foi na rúa Ilus-tre, na parte norte, que non tiña saneamento, nin auga corrente

nin pozos negros, non se paraba co cheiro. Levei ao alcalde e ao tenente alcalde para que viran o que había, era unha vergoña que estivera así un barrio da periferia da cidade, cando se está facendo o saneamento nas aldeas. E fixé-rono pronto. Tamén había unhas pistas en moi malas condicións, de pedriñas, era imposible ata an-dar. Viñeron os técnicos a mirar e arranxáronas.

E melloraron as fonte e lava-deiros, mudaron os tellados, axar-dinaron e quedaron moi ben”.

Que demandas fan na actua-lidade?

C.P.: “Agora tamén acabaron a rúa que hai detrás do colexio, que está quedando moi ben, e vana axardinar onde está a parada de autobús.

Tamén está pendente que me-lloren a sinalización da rúa do

Pazo e a que vai ao polideportivo, que entran e saen os coches e es-tacionan como queren, e compro-meteuse Pepe Araújo a que iso o comezarán o mes que vén.

Pero este barrio estaba moi atra-sado e mellorou moito. Porque o primeiro presidente da asociación conseguiu traer a auga, antes tiña-mos que utilizar a dos pozos por-que non había outra, e logrouno en 1989, incrible. Fomos todos a manifestarnos por xunto aos Re-medios, porque secaban os pozos non tiñamos para bañarnos nin para cociñar nin para nada.

Logo entrou Lois de presidente e conseguiu recuperar a festa da Pita en entroido e creou a propia máscara. Foi moi activo, pero resultáballe moi complexo levar a asociación e o traballo. Ambos fixérono por vocación, para me-llorar o barrio. E despois entrei eu, pensei non dar aguantado nin

ENTREVISTA A CARMEN PULIDO – PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AS EIROÁS

“O que fai falta é que os políticos saiban escoitar e traballen,

sexan do partido que sexan”4 A presidenta da AVV As Eiroás, Carmen Pulido, achéganos ao seu com-plexo labor ante a lentitude das institucións políticas.

os dous anos que pedían e xa fixo nove”.

Están discriminados os ba-rrios en relación ao centro?

C.P.: “Moitísimo. Xa me gusta-ría a min ser a presidenta da zona do parque San Lázaro, porque alí calquera cousa que se precise van enseguida a facela, non fai falta nin que a pidas.

Acá tes que pelexar porque hai silvas, cae un muro, a xente non dá pasado por algunhas zonas, logo tes que averiguar de quen é a titularidade, e das voltas, e tes que insistir e insistir. E así estamos”.

Como ven vostedes o cambio de goberno a nivel municipal?

C.P.: “Estes polo menos intere-sáronse. Pepe Araújo sempre esti-vo moi pendente de nós, viña a ás festas e actividades, estivese no goberno ou na oposición, e agora está moi comprometido. Son máis atentos e receptivos, saben escoi-tar e traballan, e iso é o que fai falta, sexan do partido que sexan, porque acá conformámonos con pouca cousa e o que pedimos son melloras imprescindibles”.

Que actividades organiza a asociación?

C.P.: “O magosto é a nosa festa principal. Ademais, antes a Se-mana Cultural tiña moitos xogos populares para os nenos, pero agora foise reducindo e céntra-se no xogo de cartas. Tamén hai actividades subvencionadas polo Concello, taller de memoria e risoterapia. Pero é un barrio moi envellecido, non hai xente de 50 ou 60 anos.

Tamén é moi importante a fes-ta da Pita, polo traballo da aso-ciación cultural que a organiza, que consegue que participe moita xente nova”.

Envíelle unha mensaxe aos seus veciños.

C.P.: “Espero que se algún día temos que deixar a asociación que haxa alguén que a colla e que os veciños sigan participando nas actividades. Temos un local moi bo, só hai que mantelo, e sem-pre está moi concorrido de xente maior, xogando as cartas, falando ou lendo o xornal, por iso lles pido que non deixen desaparecer a asociación, que merece a pena, aínda que te canses, é unha satis-facción e unha alegría moi grande cando logras mellorar o barrio”.

A pesar das dificultades do cargo, Carmen confesa que “é unha satisfacción e unha alegría moi grande cando logras mellorar o barrio”

Page 9: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSDecembro de �015

EN BREVE

Redacción

O voceiro municipal socialista José Ángel Váz-quez Barquero criticou o que considera despilfarro de �00.000 euros en obras de acondicionamento de rúas e beirarrúas realiza-das nos últimos dous me-ses pola Concellería de Infraestruturas.

Barquero detallou que hai “numerosas beira-rrúas nas que se substi-túen lousas por cemento con surcos feitos a man en lugar de substituílas por plaquetas, outras re-mendadas con anacos que non coinciden coas exis-tentes, e a todo isto o en-torpecemento da circula-ción peonil e de vehículos por obras mínimas pero con un gran dispositivo mediático de operarios, carteis e vallas”.

O socialista amósase de acordo en que se reparen as rúas, pero afirma que non pode permitir que se executen “semellantes

chapuzas, que perxudican seriamente á imaxe da nosa cidade, que significan un despilfarro económico, co fin de vender fume por par-te do Goberno do PP”

Resposta do alcaldeO alcalde atribuiu as crí-

ticas socialistas ao período electoral e recordou que veñen dun partido “que non foi quen de poñer en marcha o Plan de Investi-mentos”.

Jesús Vázquez sinalou que as obras poden supoñer molestias pero son necesa-rias: “son importantes e se se fixeran os trámites en tempo e forma agora non estaríamos nesta tesitura”, reprochou o rexedor popu-lar ao PSOE.

Vázquez Abad tamén la-mentou que “nos últimos catro anos non se levou a cabo un arranxo nunha beirarrúa, temos a cidade practicamente destrozada”.

O alcalde cifrou en máis de 80 as obras realizadas ao longo destes seis meses.

O alcalde defende que en seis meses levan máis de 80 obras realizadas4 O PSOE acusara ao Goberno popular de despilfarro en “chapuzas”.

Diferenza de losetas na praza de Santa Eufemia.

4 Plan de investimentos

A Xunta de Goberno Local deu conta dos in-formes presentados polo edil de Infraestruturas, José Araújo, relativos ao terceiro cuatrimestre do ano do Plan de Investi-mentos �014-15. Trá-tase de �� proxectos en execución, a rematar en �015, cun investimento de 1.7�5.6�9,51 euros, e outros seis en trámite de contratación para a súa execución en �016, por valor de 1.�41.474,1� euros.

Tamén se informou de dous fóra do plan: un en execución, na rúa Francisco Lloréns, por �4�.000 euros; e outro que, malia estar en trámite de contrata-ción, será executado no próximo ano, a mellora do firme na rúa Cape-la (Eirasvedras), con 78.000 euros.Obras na rúa Francisco Llorens./J.E.

4 Aprobado proxecto de urbani-zación Remedios I

O Concello de Ouren-se resolveu en Xunta de Goberno Local apro-bar definitivamente o proxecto de urbanización ‘Remedios I’, a zona que rodea ao futuro centro de saúde de O Couto e ao novo Pazo da Xusti-za, logo de desestimar a alegación dun particular. A actuación ten un orza-mento de execución ma-terial de 700.000 euros, e con este trámite ábrese o proceso de adxudicación das obras.

4 Licitadas as primeiras melloras da ponte Romana

Veñen de ser licitadas as primeiras obras de posta en valor da ponte Romana, centradas na re-paración da calzada e re-novación da iluminación, financiadas pola Conse-llería de Infraestruturas (cun orzamento de máis de �14.000 euros) e cun prazo de execución de � meses. Para elo, as em-presas interesadas poden presentar ofertas ata o 7 de xaneiro.

Estas actuacións for-man parte da primeira fase (que ascende aos 5�0.000 euros), na que tamén se realizarán tra-ballos de retirada da con-dución de abastecemento e restauración do que-braondas nun dos piares.

Pola súa banda, a se-gunda fase centrarase na contorna, especialmente arredor da Capela dos Remedios.

O total do proxecto elé-vase ao millón de euros.

Redacción

A CHMS iniciou este mes a retirada dos resi-duos sólidos urbanos na canle e marxes do río Bar-baña, procedentes da feira que se celebra dúas veces ao mes na zona.

As actuacións están sen-do realizadas por unha pequena brigada que se encarga da recollida e dos labores de conservación e

limpeza da contorna. Ata agora foron retira-

dos centos de plásticos, botes, bolsas, animais mortos e bandexas peque-nas con restos de comida, entre outros obxectos.

Desde a Confederación apostan pola celebracións da feira, pero chaman ao “respecto e é conciencia-ción social polo coidado dos nosos ríos, sobre todo os urbanos”.

A Confederación limpa de residuos sólidos o Barbaña 4 Na zona da feira.

Retirada do edificio do antigo bombeoEstá sendo retirado o edificio do antigo bombeo do

Miño, sito na desembocadura do Barbaña ao carón da ponte do Milenio. Unha infraestrutura que levaba anos sen uso e sobre a que pesaba un expediente sancionador.

A retirada xa foi analizada na primeira xuntanza do alcalde co presidente da Confederación hai seis meses.

Membros da brigada retirando residuos.

BARRIOS

Page 10: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSDecembro de �015 SOCIEDADE

Redacción

O Centro Comercial Aberto Ourense Centro quere premiar este Nadal a fidelidade e compromiso dos seus clientes sortean-do un “Gran Cofre de Re-galos”, composto por máis de 100 agasallos e premios doados polos comercian-tes da asociación, que se sortearán entre os clientes que fagan as súas compras nos establecementos aso-ciados.

A mecánica de partici-pación é sinxela, segundo explicou o presidente do colectivo, Luis Rivera. Por cada compra os clien-tes reciben un boleto que deben cubrir cos seus da-tos e o nome ou selo do local e depositar no propio comercio ou nas oficinas do CCA Ourense Centro. Para recibir o premio é ne-cesario conservar o ticket

de compra. O sorteo celebrarase o

día 4 de xaneiro e a en-trega dos agasallos farase o día 5, para “facer máis doce a noite de Reis do afortunado, amigos e fa-miliares con quen quei-ra compartir o premio”, concluiu o presidente do CCA.

Ourense Centro ten confirmada a visita de Papá Noel os días 21, pola mañá e tarde, e �4, pola mañá. Papá Noel re-collerá as cartas, saudará e felicitará o Nadal aos máis cativos, repartindo doces nun vehículo des-capotable de época, “di-namizando e alegrando o ambiente nas rúas”.

Ourense Centro incentiva as compras cun “Gran Cofre de Regalos”4 O sorteo é o 4 de xaneiro.

O gañador do concurso “Deseña o novo logo”, Hugo Fornos, do colexio do Couto.

Redacción

O Centro Comercial Aberto Couto Centro vén de dar a coñecer os pre-mios do seu concurso “Deseña o novo logo”, in-cluído na súa campaña de Nadal.

O gañador foi Hugo Fornos, de 4º de Primaria do CEIP O Couto, que re-cibirá �00 euros en vales de compra nos establece-mentos asociados. Finalis-tas quedaron os debuxos de Modesto Sotelo e Lu-cía Vilas, ambos de 5º de Primaria do colexio Santo Ángel, que recibirán sen-dos vales de 50 euros.

Non é este o único con-curso que promove o CCA estas datas. Ademais pre-miará a mellor decoración navideña entre os seus aso-ciados a través dun con-curso de escaparatismo.

Couto Centro preparou un completo programa para incentivar as compras no barrio durante as festas. Así, para xerar ambien-te navideño, engalanou �0 rúas con 70 elementos luminosos, grazas á cola-boración do Concello de Ourense. O centro comer-cial que preside Julio Prol tamén repartiu árbores de Nadal entre os estable-cementos adheridos, así como bolsas da campaña

Couto Centro elixe o seu novo logo4 Unha iniciativa incluída na súa campaña de Nadal.

municipal “Ourense con luz propia”. Asemade, organiza un Festival de Panxoliñas o día 22 ás 19 horas fronte á igrexa do Santo Ángel.

Ocio infantilAdemais, propón varias

alternativas para manter entretidos aos cativos du-rante as súas vacacións. Por exemplo, dará acceso, presentando algún ticket de compra dos seus co-mercios asociados, a un parque de atraccións in-fantil situado na rúa Sal-vador de Madariaga �, ao

que se poderá acudir entre o �1 de decembro e o 7 de xaneiro. Os pequenos da casa tamén poden acudir -ticket de compra de por medio- a obradoiros artís-ticos durante as mañás dos días ��, ��, �8, �9 e �0 de decembro e 4 e 5 de xanei-ro, nunha proposta na que colabora Queixumes dos Pinos, quen tamén orga-niza unha representación dun belén vivinte o do-mingo �7 ás 17:�0 horas.

O Couto tamén recibirá a visita de Papá Noel o día �� e a dos Reis Magos o 4 de xaneiro.

O cofre está composto por máis de 100 agasallos

Page 11: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSDecembro de �015SOCIEDADE

Esta campaña atenderá as necesidades de 3.508 persoas

EN BREVE

4 Torneo benéficoO �6 de decembro a

tenda Evolution Juegos Ourense, situada na rúa Manuel Pereira, organiza un evento solidario a fa-vor da AECC Ourense

Este acto solidario con-siste nun torneo do xogo Magic The Gathering con máis de 600 euros en premios e cuxa inscrición será de 15 euros. Todo o que se recade nas inscri-cións donarase para unha beca de investigación on-colóxica infantil.

O torneo comeza ás 11 horas e durará todo o día, durante o que haberá sor-teos para os participantes e outras sorpresas.

4 Concurso de fotografía

O Concello de Ouren-se convoca o primeiro concurso de fotografía “Mascotas adoptadas responsablemente”. Esta actividade forma parte da campaña de sensibi-lización posta en marcha para concienciar sobre a adopción responsable de mascotas, lembrando dende o Concello que as mascotas non son xogue-tes, son un compromiso para toda a vida.

No concurso pode par-ticipar calquera persoa maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal de Ei-roás, presentando as súas fotos ata o 10 de febreiro.

[Bases no BOP]

As cifras da solidariedade4 A asociación Amencer recolleu 18.822 quilos de alimentos na súa Operación Quilo.

Redacción

Co reparto, a través de 22 Cáritas Parroquiais, de todos os produtos re-collidos ás familias ne-cesitadas de Ourense, púñase punto e final á 29ª Operación Quilo.

Unha iniciativa solida-ria da Asociación Xuve-nil Amencer que este ano recolleu 18.8�� quilos de alimentos non pere-cedoiros e 1.006 quilos de xoguetes. Ademais, xuntáronse 1.900 quilos de roupa (que se non se solicitara) e recadáronse 6.��1 euros que se inves-tiron en alimentación.

Voluntarios de Amencer afanábanse en colocar todos os alimentos para a súa entrega ás Cáritas Parroquiais./RAMSÉS.

O recadado permitirá atender as necesidades máis urxentes de 1.�04 fa-milias ourensás, formadas por �.580 persoas.

É menos comida que en anos anteriores pero au-mentaron os xoguetes (uns �00 quilos máis) o que deixa un balance positivo na asociación organizado-ra. “Destacar a solidarie-dade da xente, e a nivel voluntarios tamén tivemos máis”, valoraba un dos seus membros, Manuel Seguín.

Foron 4�� as persoas que colaboraron co seu tempo na Operación Quilo. Ademais, participaron na

campaña �76 comercios onde se colocaron petos, 49 supermercados onde se colocaron un total de 56 carriños, �0 empresas do ramo da alimentación, 16 perruquerías a través da iniciativa “Lazos x Quilos” e outros 64 pun-tos de recollida. E nunha vintena de eventos - de-portivos e doutro tipo- colaborouse tamén con esta veterana campaña solidaria.

“Ideas for Ourense”Redacción

Xuntar persoas compro-metidas coa súa cidade, con gañas de coñecerse e compartir experiencias, dunha banda, e facer da nosa cidade un lugar me-llor, doutra, é o obxectivo de “Ideas for Ourense”.

Este evento reunirá o próximo día �� dez ponen-tes ourensáns que achega-rán as súas ideas para me-llorar Ourense. Entre eles estarán mozos afincados no estranxeiro como Ma-nuel Veiga ou José María

Troncoso e outros que traballan aquí como Roi Barcala, Xurxo Baca ou Raúl Fernández.

Logo das exposicións haberá un momento de networking no que os asis-tentes terán a posibilidade de falar sobre as ideas ex-postas e a súa viabilidade, facer novos contactos e coñecer persoas interesa-das no desenvolvemento da súa cidade.

“Ideas for Ourense” terá lugar no Edificio Politécnico do campus, a partir das 18:�0 horas do �� de decembro. Ourense será unha das 15 cidades españolas que se sumen a este evento anual.

Acto do Comité Cidadán Antisida na alameda./P.L.

Día Mundial contra a sidaCoa lectura dun manifesto e a colocación dunha bu-

fanda vermella á estatua de Eduardo Blanco Amor na Alameda, así conmemorou o Comité Cidadán Antisida o 1 de decembro o Día Mundial contra a sida.

No manifesto, o presidente do Comité Cidadán, Jesús Apolinar Álvarez, chamou a atención sobre a elimina-ción dos programas de prevención da sida das políticas públicas e a redución das axudas aos colectivos que tra-ballan cos enfermos por parte das administracións. En particular, o Comité Cidadán Antisida de Ourense ten perdido “máis do 50% do financiamento”. Álvarez ex-plicou que nestes momentos son as subvencións por par-te do Concello (�7.000 euros) e da Deputación as que están “suplindo” a falta de achegas económicas por parte de Xunta e Goberno central.

Page 12: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSDecembro de �015

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

A ampliación do hospital de Ourense recibirá en 2016 18,5 millóns de euros.

ORZAMENTOS 2016

A XUNTA INVESTIRÁ EN OURENSE CASE UN 50% MÁIS QUE NAS PROVINCIAS ATLÁNTICAS PARA AFONDAR NO REEQUILIBRIO TERRITORIALA Administración galega investirá 688 euros por habitante en Ourense, fronte aos 502 na Co-ruña e 460 de Pontevedra

Redacción

A Xunta de Galicia in-vestirá no exercicio �016 nas provincias de Ouren-se e de Lugo case un 50% máis que nas de A Coruña e Pontevedra, co obxecti-vo de seguir impulsando o reequilibrio territorial en-tre as provincias orientais e as atlánticas. En con-creto, o investimento por habitante nas provincias de Lugo e Ourense será de 7�5 e 688 euros, res-pectivamente. Pola contra, o investimento per cápita na provincia de A Coruña será de 50� euros, e de 460 euros na de Pontevedra.

Os Orzamentos da Xun-ta para �016 incluirán beneficios fiscais para fa-milias, fogares e empre-sas por un importe de �64 millóns de euros, o que su-pón un aumento do 1�,�% respecto ao actual exerci-cio. Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto sobre os tributos autonómicos das medidas de política económica e social da Xunta.

En canto ao gasto por consellerías, os departa-mentos con máis dota-ción son Sanidade (�.51� millóns) e Cultura, Edu-cación e Ordenación Uni-

versitaria (2.249). Política Social contará con 6�0 mi-llóns, e Medio Rural terá 505, mentres que o resto distribúese entre Econo-mía, Emprego e Industria (40�); Infraestruturas e Vivenda (�40); Vicepre-sidencia e Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza (253); a Presidencia da Xunta (169); Mar (1�9); Medio Ambiente e Orde-nación do Territorio (109) e Facenda (5�).

Contas expansivasAs de �016 serán as pri-

meiras contas expansivas da Administración galega dende �008, de xeito que a Xunta disporá o vindei-ro ano de 4�0 millóns de euros máis que no actual exercicio, o que permitirá elevar os investimentos produtivos e trasladar a recuperación económica a todos os fogares a través de novas medidas sociais e baixadas de impostos. O gasto non financeiro situa-rase en 8.804 millóns de euros, un 4,�% máis.

Os Orzamentos da Xunta para o ano próximo teñen como prioridade a aposta polo emprego e o aumento dos investimentos, ao tem-po que reforzan o gasto

social e reducen o déficit e a débeda. Ademais, isto coincidirá cunha acele-ración da recuperación económica –o PIB galego medrará en �016 un �,5%, unha décima máis do esti-mado-, mentres que a taxa de desemprego seguirá

baixando e reducirase case dous puntos.

InvestimentosNo que se refire aos in-

vestimentos, en �016 cre-cen un 14%, chegando aos 1.417 millóns de euros, e destinan 100 millóns no

apoio á industrialización e a internacionalización, mentres que as partidas para crecemento intelixen-te aumentan un 8,1%. O Goberno galego eleva un 15% as partidas para po-líticas activas de emprego, prestando especial aten-

ción a colectivos como os emprendedores ou os pa-rados de longa duración.

En canto ao gasto social, a Xunta elévao en �8� mi-llóns, dos que preto de �00 irán destinados a sanidade e educación. Galicia desti-nará en �016 ��4 millóns no capítulo de Dependen-cia, e eleva a 5� millóns a partida da RISGA. E porá en marcha medidas como a achega de 100 euros por neno nado a partir do 1 de xaneiro e o Servizo de axuda no fogar.

Plan Estratéxico 2015-2020

Os Orzamentos da Xun-ta para �016 xa teñen en conta os eixos prioritarios do Plan Estratéxico 2015-�0�0. Así, o eixo 1 (empre-gabilidade e crecemento intelixente) e o eixo � (be-nestar e cohesión social) concentran máis de 7.000 millóns de euros, mentres que o eixo� (crecemen-to sustentable, territorio, mar, agricultura, gandería e montes) contará con 9�� millóns, e o eixo 4 (socieda-de dixital, lingua e cultura) terá 4�4 millóns. Ao eixo instrumental –administra-ción moderna, eficiente e de calidade- asígnanse 179 millóns de euros.

O de 2016 é o orzamento máis alto da lexislatura. O gasto social ascende en máis de 282 millóns de euros en 2016.

As de 2016 serán as primeiras contas expansivas da Administración galega dende 2008, con 430 millóns de euros máis que no actual exercicio

Os investimentos crecen un 14%, chegando aos 1.417 millóns de euros

Page 13: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSDecembro de �015

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Para a provincia de Ourense as contas da Xun-ta de Galicia reservan o ano que vén �19 millóns de euros en investimentos.

· CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA (59,8 millóns)- Para o desenvolvemento de solo empresarial: 6,5 millóns euros.- Acondicionamento de estradas e mellora da se-guridade vial: 6,6 millóns euros.- Conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa autovía A-5�: 1,� millóns euros.- Nova ponte sobre o río Miño nos Peares: 1,9 mi-llóns euros.- Rehabilitación da pon-te do Milenio: 600.000 euros.

- Restauración da ponte romana: �00.000 euros.- Estación intermodal de Ourense: �00.000 euros.- Supresión peaxes AG-5�: 1�,8 millóns euros.- Concesión AG-�1 Ouren-se-Celanova: 8,4 millóns de euros.

· CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL (59 millóns)- Modernización e diversi-ficación do tecido produti-vo rural: 1�, 9 millóns. - Accións preventivas e infraestrutura forestal: 9.7 millóns euros.- Ordenación das produ-cións forestais: 14.8 milló-ns de euros.- Reestruturación de pro-ducións e internacionali-zación no sector do viño:

1.�50.000 euros.- Infraestruturas e equipa-mentos no medio rural: 7,1 millóns euros.

· CONSELLERÍA DE SANIDADE (26,7 millóns)• O novo hospital, no mar-co do Plan Director de Ourense, contará con 18,5 millóns de euros.• Para intervencións en centros de saúde, � millóns de euros. Deste total, case dous millóns vai para o centro de saúde de Barba-dás e o resto para Ourense, Pereiro de Aguiar e Ponte-deva.

· VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (14,3 millóns)

- Edificio xudicial de Ourense: 4,8 millóns euros.- Potenciación e promo-ción turística: �,1 millóns euros.- Promoción da actividade deportiva: 1 millón euros.- Modernización da ad-ministración de xusticia: �41.459 euros.- Fomento da Sociedade da Información e fomento da educación dixital: 610.000 euros.- Cooperación coas admi-nistracións locais: �.� mi-llóns euros.

CONSELLERIA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA (14,1 millóns)- Para modernización, em-prendemento e innovación no sector comercio: 1,9

millóns euros.- Plan galego de investi-gación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica: �,6 millóns euros.- Apoio á modernización, internacionalización e me-llora da competitividade, innovación e produtivida-de empresarial: 4 millóns euros.- Plans de enerxías renova-bles e eficiencia enerxéti-ca: �,� millóns euros.

· CONSELLERÍA DE CUL-TURA, EDUCACIÓN E OR-DENACIÓN UNIVERSITA-RIA (13.2 millóns)- Campus da Auga: � mi-llóns de euros.- Ampliación da Esco-la Oficial de Idiomas de Ourense: 411.000 euros.· CONSELLERÍA DE

POLÍTICA SOCIAL (1.9 millóns)- Promoción da autonó-mia persoal e prevención da dependencia: 6�4.754 euros. - Programa de prestación ás familias e á infancia: 57�.�44 euros.

··· CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO (4,6 millóns)- Axudas para a redacción de planeamentos urbanís-ticos e outras actuacións: 974.797 euros.- Conservación da biodi-versidade e posta en valor do medio rural: 1,� millóns de euros.- Control ambiental e xes-tión de residuos: 547.576 euros.

4INVESTIMENTOS EN OURENSE

A Xunta de Galicia apli-cará en 2016 beneficios fis-cais para familias, fogares e empresas por un importe de �64 millóns de euros, o que supón un incremento do 1�,�% respecto ao ac-tual exercicio. Así aparece recollido no proxecto de Orzamentos da Xunta para �016, aprobado en outubro e que actualmente atópase en tramitación parlamen-taria.

Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto que teñen as me-didas de política económi-ca e social da Xunta nos tributos autonómicos. É dicir, son cartos que a Ad-ministración galega deixa de recadar e que quedan a disposición de cidadáns e empresas. Hai que ter en conta que do total de be-neficios fiscais en 2016, preto do 90% son de ca-rácter social, incluídas to-das aquelas deducións que se aplican aos fogares con menos rendas.

Rebaixa fiscalNas bonificacións que

se aplicarán en �016 terán un impacto especial as re-baixas fiscais aprobadas

pola Xunta de Galicia nos seus Orzamentos, que se centran en tres ámbitos: o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), o Imposto sobre Sucesións e un programa específico de impostos no rural. Esta rebaixa terá un impacto es-timado de 140 millóns de euros, o que a converte na maior rebaixa fiscal da his-toria da Autonomía.

No IRPF, a Xunta de Ga-licia aplicará unha rebaixa de carácter progresivo no seu tramo autonómico que vai beneficiar ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro estimado de ata �80 euros ao ano por con-tribuínte. A rebaixa fiscal neste imposto notarase máis nas rendas baixas e medias, e en todo caso situará a Galicia entre as comunidades coa menor tributación nestas rendas.

En canto ao Imposto sobre Sucesións, a Xunta elevará o mínimo exento de tributación a 400.000 euros a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Deste xeito, o 99% dos galegos non terán que pagar este im-posto no momento en que herden como fillos, pais,

avós, netos ou cónxuxes, e o 1% restante pagará menos. Galicia sitúase ta-mén entre as comunidades autónomas coa tributación máis baixa neste imposto.

Finalmente, no ámbito rural complétase un pro-grama de impostos cero para favorecer a activida-de neste eido. Deste xei-to, ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de trans-

misións patrimoniais.Ade-mais, deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias, mentres que as agrupa-cións de fincas rústicas tampouco pagarán o im-posto de Actos Xurídicos Documentados.

Axudas á natalidadeAdemais, a Xunta

manterá o vindeiro ano as deducións fiscais por

natalidade que xa se es-tán a aplicar durante este exercicio na Comunidade Autónoma. Estas axudas sitúan a Galicia como a comunidade con maiores beneficios fiscais no fo-mento da natalidade, unha ferramenta que se enmarca nas actuacións do Executi-vo autonómico para com-bater a crise demográfica.

Así, neste �015 o Gober-no galego xa aplicou unha

dedución fiscal por natali-dade, que pasou de �00 a �60 euros para o primeiro fillo; a 1.200 euros para o segundo; e a �.400 euros para o terceiro. Esta dedu-ción aplícase para niveis de renda de ata ��.000 euros e durante os tres primeiros anos de vida do neno.

No ámbito da natalidade, a Administración galega tamén ampliou o importe máximo de dedución por coidado de fillos menores, que pasou de �00 a 400 euros. E incrementouse a porcentaxe e o límite da dedución por aluguer de vivenda habitual no caso de ter dous ou máis fillos, xa que neste caso a dedu-ción pasa de �00 a 600 euros, cun límite do �0%.

Outras bonificaciónsA Xunta mantén igual-

mente outras bonificacións fiscais, como a dedución por investimento na adqui-sición de accións ou parti-cipacións sociais en enti-dades novas ou de recente creación, que se amplía ás cooperativas. Tamén se aprobou unha dedución por donativos para I+D+I do �5% das cantidades doadas a centros de investigación.

E creou unha dedución do 5% dos investimentos en instalacións de clima-tización e auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables en vi-venda habitual.

OS ORZAMENTOS CONTEMPLAN MÁIS DE 360 MILLÓNS DE EUROS EN BENEFICIOS FISCAIS PARA OS CIDADÁNS Increméntanse nun 13% con respecto ao actual exercicio

No ámbito rural complétase un programa de impostos cero para favorecer a actividade.

A Xunta aprobou rebaixas fiscais no IRPF, no Imposto sobre Sucesións e un programa específico de impostos no rural

Page 14: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

BALANCE 2015

Unha das novas do ano foi a denuncia dunha muller contra Manuel Baltar por ofrecerlle traballo a cambio de sexo

Redacción

O ano que remata estivo marcado por novas dispa-res. Repasamos as dez máis destacadas.

Dimite a edil do PSOE Áurea Soto

A concelleira de Urba-nismo, Áurea Soto, viuse forzada a dimitir en xanei-ro, cumprindo así o código ético socialista, tras abrirse xuízo oral contra ela por un presunto delito de pre-varicación continuada en relación á legalización da praza de San Antonio.

“Eu son culpable de im-pedirlle a moita xente des-ta cidade seguir facendo o que viñan facendo”, afir-mou daquela.

Novo edificio xudicial

En febreiro era inaugura-do o novo edificio xudicial de Ourense, para solventar os problemas de espazo do anterior Pazo de Xustiza.

Pero esta infraestrutura non fixo máis que espertar críticas. Denuncia de falta de funcionalidade por parte dos funcionarios e diver-sos accidentes de usuarios no acceso marcaron os seu primeiro ano. Agora, está previsto cambiar a súa iluminación a unha máis

Un ano en dez titulares4 Repasamos os dez temas máis destacados do ano en Ourense por Barrios.

económica. A súa constru-ción costou 18 millóns de euros.

Ampliación do CHUO

O presidente da Xunta visitaba en marzo as obras de ampliación do complexo hospitalario de Ourense, anunciando que o edificio poderá ser entregado no se-gundo semestre de �016.

A construción do novo bloque de hospitalización permitirá concentrar todas as unidades nun único edi-ficio fronte aos tres actuais, ben comunicado coas áreas de urxencias, consultas, probas diagnósticas e qui-rófanos; incrementar o nú-mero de camas nun 15% -ata chegar ás 9�0-; e lograr que o 60% das novas habi-tacións sexan individuais.

Polémicos plenosAs discusións entre edís

convertéronse na tónica ha-bitual dos plenos co Con-cello de Ourense no pasado mandato.

Entre as escenas máis chamativas atopamos a sesión de abril, na que o voceiro de DO Gonzalo Já-come foi agredido, a portas do Concello, por un músico que lle propinou “un fortísi-mo puñazo, aplastándolle ao mesmo tempo un ovo que

levaba na man”, declarou o edil. A agresión produciuse tralo debate da moción na que DO reclamaba axustar á baixa o custo da Banda de Música, que cifraba nuns 400.000 euros anuais para ao redor de 50 eventos. O alcalde suspendeu o pleno tras este incidente.

Non obstante, dende as pasados comicios munici-pais, semella que as cousas están algo máis tranquilas.

Antes e despois do 24M

Non faltamos á cita coas eleccións municipais. En maio entrevistamos aos distintos candidatos, e en xuño analizamos o resul-tado.

Por unha banda, Ourense pasou a ter un goberno po-pular encabezado por Jesús Vázquez. A corporación está integrada agora por 10 edís do PP, oito de De-mocracia Ourensana, seis do PSOE e tres de Ouren-se en Común (que entrou por primeira vez). O BNG desapareceu do consistorio ourensán.

No caso de Barbadás fíxose historia. Tras �5 anos de goberno popular, o socialista Xosé Carlos Valcárcel é o novo rexedor, co apoio de BNG (co que comparte mando) e Com-promiso. A corporación de Barbadás conta agora con seis concelleiros do PP, cinco do PSOE, tres do BNG, dous de DO e un de Compromiso.

Aparece o corpo de Socorro Pérez

O 6 de xuño, logo de le-var desaparecida dende o � de maio, apareceu na zona no Seminario o corpo sen vida de Socorro Pérez.

Da autopsia trascendeu que esta veciña do Couto de 4� anos faleceu por un forte golpe no cráneo. Pero o avanzado estado de des-composición do corpo im-posibilitou confirmar unha agresión sexual, principal hipótese da Policía, que in-vestigou a 1.�00 agresores sexuais de toda Galicia.

As pesquisas centráron-se tamén nas conexións telefónicas do día da des-aparición que quedaron rexistradas no repetidor do Seminario. De momento, as autoridades conclúen que a vítima non coñecía ao agresor e foi abordada por azar. “Paseaba polo lu-gar equivocado”, din.

Nova polémica urbanística

O Concello de Ouren-se defendía en setembro a constitucionalidade do ar-tículo 96 da LOUGA, que permitiu no seu día aprobar as normas urbanísticas tran-sitorias, únicas vixentes na actualidade na cidade.

A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Ga-licia, que debía deliberar sobre a legalidade das nor-mas provisionais, pospuxo a súa decisión, ao ver unha posible inconstituciona-lidade na Lei de Ordena-ción Urbanística galega. O asunto está agora no Cons-titucional.

Novo centro de saúde na Valenzá

Cando o bipartido PSOE- BNG chegou ao goberno de Barbadás intentou nego-ciar coa Consellería de Sa-nidade para retrasar a cons-trución do centro de saúde da Valenzá para buscar un lugar alternativo. Como non foi posible (por atopar-se o proceso xa avanzado), dende o Concello compro-metéronse a reordenar o tráfico na zona e facilitar a entrada á instalación, para solventar problemas de ac-ceso que presenta a actual ubicación.

Así, en xullo, o Sergas adxudicou a obra, que terá un custe total de � millóns

de euros e un prazo de exe-cución de 11 meses. E en agosto deu comezo.

Traballo por sexoEntre as novas do ano

atopamos a denuncia dun-ha muller contra Manuel Baltar por ofrecerlle traba-llo a cambio de sexo.

Segundo a publicación dixital eldiario.es, que tivo acceso á denuncia presen-tada na Fiscalía o 1� de ou-tubro, os feitos remóntanse a �010, cando supostamen-te Baltar e a denunciante mantiveron relacións debi-do a “promesas de darme traballo na Deputación”, apuntaba a denunciante.

Dende a oposición foron numerosas as peticións de demisión para o presidente provincial, que se limitou a anunciar que emprendería medidas legais.

De seguido, o �5 de no-vembro, dimitiu o Comité de Ética da Deputación, que argumentaba que as explicacións ofrecidas por Baltar non eran “satisfac-torias”. A principios de decembro coñeciamos que a Fiscalía arquivaba a de-nuncia.

Pero a muller acudiu ao xulgado de garda para re-currir á vía da instrución. E por reparto foille outorga-

do o caso á titular do Xul-gado nº� de Ourense, con competencias de violencia de xénero.

A xuiza debe agora di-lucidar se hai indicios de delicto, e para iso citou a declarar á demandante e pediulle á Fiscalía que achegue unha copia das gravacións das conversas entre a muller e o político.

Agardando pola Praza de Abastos da Ponte

A ministra Ana Pastor visitaba en xaneiro a reno-vada Praza de Abastos da Ponte, cuxa rehabilitación costou dous millóns ao seu Ministerio.

O edificio contará na primeira planta con sala de exposicións, sala de usos múltiples, biblioteca e pa-tio; así como coa sede da asociación de veciños da Ponte. Pola súa banda, a planta baixa dedicarase a mercado, con nove postos, e área de degustación. Ade-mais, foron mellorados os accesos e conta con ascen-sor. De momento, continúa sen estar aberta ao público.

O próximo ano continua-remos a ser espello da rea-lidade de Ourense e Barba-dás. Agardamos moitas e boas noticias.

En febreiro foi inaugurado o novo edificio xudicial. Dende entón non pararon de xurdir críticas sobre a súa funcionalidade

A ministra Ana Pastor visitaba en xaneiro a remodelada Praza de Abastos da Ponte, que continúa pechada./RAMSÉS.

A nosa portada de xuño ocupárona os cambios de gober-no de Ourense e Barbadás.

Page 15: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSDecembro de �015

PUBLICIDADE

Page 16: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

As dúas gaitas no NadalA cultura na Galicia po-

pular non é só gaita, pero é verdade que a gaita en-tronca co sentir galego coma un fío que atravesa a alma, que manca ou cura segundo o estado de cada quen, resoa nas romarías e nos intres máis íntimos, dende as montañas ao mar, dende o Ribeiro a Ri-badeo, o son da gaita non falla.

Os gaiteiros e as gaitei-ras son como os príncipes dos galegos, son a nobre-za dos humildes labregos e dos homes do mar, son como deuses que liberan o pobo, eles sacan do fol o que garda, o que os ga-legos escondemos no co-razón.

Chorando cando a inxustiza dos poderosos nos obriga a partir, e can-tando cando tornamos. Sempre acompañando, sempre fiel, escoita as pe-nas das coitadas mulleres, que miran con angustia o amencer co peixe fresco dos mariñeiros, albiscan-do que non falte ningún.

Os nenos que na aldea nada máis nacer ven os verdes da terra, os ríos cristalinos, que escoitan os xílgaros, pasean polas congostras onde as rulas, os merlos, as pombas e os cucos entoan as melodías da natureza, e así convér-tense en artistas do son.

Outros, estremécen-se cos contos arredor da lareira nas longas noites de inverno, aterecidos de medo. Alí xúntanse mei-gas, aparecidos, santas

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Féminas ibéricas

O que ten ser español, no meu caso particular española. A pesar de que moitas cousas cambiaron con isto de facernos cada vez un pouquiño máis eu-ropeos, a esencia perma-nence. As féminas espa-ñolas son de armas tomar, literal e figuradamente.

Encántame ese carácter tan noso, tan dado a pron-tos que non escatiman en provocar auténticos ven-davais cando as cousas se poñen feas.

Somos un pouquiño anárquicas, un pouquiño mandonas e moi firmes

As mulleres españolas temos aínda miles de metas por acadar e montañas de tabús por derrubar

compañas e homes do saco nun desfile tétrico que pon os pelos de punta.

Mentres fóra chove e o vento zoa, cheo de berros dos finados inconfesos. E así tamén se converten en artistas do son.

Desas tardes na lareira ou deses paseos por corgas ou carreiros.

Éntralle polos ollos coma unha onda en temporal, espertando a curiosidade: “quen puidera cantar os agarimos da terra!”, inqui-riu o rapaz.

A gaita pode porque fala por nós, porque cando canta chora e cando chora acariña como os bicos dunha nai, porque aínda cando atrave-semos a última fronteira, os galegos escoitaremos dúas gaitas, unha que chora po-los que deixamos e outra que canta... nos prados, nas leiras, nas praias, nos ríos, nas fervenzas, porque os galegos (e isto é un segre-do) non morremos, sempre vivimos no paraíso, só saí-mos dun para entrar noutro. E no Samaín, volvemos e xuntamos os dous.

No Nadal, mesturamos a tenrura da nenez coa tristura dos que nos deixaron, ven-cellamos os dous sentimen-tos no mesmo xugo para poder tirar do carro da vida. E aqueles que están lonxe fanse presentes tamén nese vencello do recordo, que ata con nudos mariñeiros os an-helos da vida espida da terra e escoitan no maxín o mur-murio das dúas gaitas.

Avelino Jácome

4PSICOLOXÍA

Aceptar o noso físicoCada persoa é única e

ten as súas propias pecu-liaridades, que nos preocu-pan en ocasións pero que en realidade non deberían de supor un problema. O noso obxetivo debe ser mi-marnos máis e xulgarnos menos, para aceptarnos tal e como somos e gañar en seguridade.

Se te miras ao espello e non te acabas de aceptar, antes de preocuparte conví-dote a que te fagas algunha destas preguntas: por que non te gustas? pode ser por-que te comparas con mode-los que nos impón a socie-dade? ou a insatisfacción

co teu propio corpo pode ter relación con algún outro problema como a falta de autoestima?

Se te comparas con este-reotipos é un erro, xa que ninguén é perfecto, así que non ten sentido buscar esa excelencia. Debemos de aceptarnos tal e como so-mos, valorarnos e, sobre todo, ser conscientes do que podemos cambiar e do que non.

Nos medios de comuni-cación estamos recibindo a cotío imaxes de corpos per-fectos que nada teñen que ver coa realidade, polo que non podemos compararnos

con eles.Cando o problema non

está soamente no físico, senón que hai un problema de autoestima ou complexo de inferioridade, o primeiro que debemos tratar é iso, para que pouco a pouco me-llore o autoconcepto.

Ser conscientes de que debemos de ter en conta as cousas positivas a nivel físico e persoal. O normal é que resaltemos as cousas negativas e obviemos as po-sitivas? Pois non. Debemos de tentar ver, valorar e po-tenciar os rasgos positivos.

Ademais, todos somos diferentes, pero non por iso

nas nosas opinións e de-cisións.

Pregúntome se o dito de “se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña” non o inventou unha compatriota. E é que tantos séculos de homes aventureiros e curiosos, deixáronnos ben impreso no noso ADN o de esixir as cousas claras e o cho-colate espeso. Non para-mos até inventar o Pala-dín á cunca!

Bromas a parte, os que dubiden, que “googleen” a Inés Suárez, que no sé-culo XVI seguiu ao seu amante até as mesmas Américas sen máis ansias que repousar as súas ca-deiras xuntas. Que carác-ter e determinación!

En máis dunha ocasión céganos a paixón. Pero pregúntome: que sería un mundo orfo de desexo?

Pois un mundo sen Pedro Almodóvar, ou sexa, un auténtico coñazo.

Tiña que traer a Pedro á palestra porque foi el quen soubo ver, como ningún outro, o noso uni-verso de excentricidades e mentes ebulliciosas e tramantes. El encumbrou ás mulleres ibéricas á categoría de divas e moi terreais, ás que non se lle caen os aneis facendo un gazpacho ou pondo a certos ingratos no seu lu-gar, sexa este a merda ou o interior dun frigorífico enterrado á beira dun río de cuxo nome non podo acordarme. E sen que se nos corra o rimel nin se nos estrague o esmalte de uñas. Nin heavies nin lei-tes: auténticas.

Parece ser que o mundo se nega a que desapareza a necesidade de ter que

reivindicarnos. Espero que no �016 sigamos tendo mecha; que siga-mos demostrando que o noso lugar está alí onde plantemos pé e fagamos notar a nosa presenza.

Oxalá que fagamos o mundo un pouco máis xovial e sensato, un pouco máis digno de ser mundo. As mulleres es-pañolas, sen ser máis nin menos que outras, temos aínda miles de metas por acadar, montañas de tabús que derrubar e va-rias mans que botarnos mutuamente para facer da nosa unha sociedade máis xusta e equitativa.

Que veña o que teña que vir, pero que non de-caia o noso espírito loi-tador, tenaz, perseverante e valente.

Raquel Sertaje

somos inferiores. O im-portante é sentirse a gusto con un mesmo, e tamén debemos de ter en conta que o físico non o é todo. Unha persona tamén ten a súa beleza interior.

Pero hai aspectos do noso corpo que podemos cambiar sinxelamente e que nos axudarían a me-llorar considerablemente o autoconcepto. Un exem-plo sería mudar de peitea-do, mercar roupa nova, facer exercicio, maqui-llarse…

Rosa Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085 Vello gaiteiro, cadro de Manuel Coello.

Page 17: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Decembro de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN4CRÓNICA MUSICAL

Dende AcidProyect, destacan de La Rockipedia que son “xente profesional e moi humana”

Briefing

“Ao chollo hai que vir comido, cagado e mexado”, sentenciaba o sarxento Fausto. O certo era que o reducido número de axentes e o elevado volume de traballo requiría unha dedicación plena á faena. Ubicuidade policial.

O mando lía o servizo, concretando obxectivos, antes de comezar a quenda. As tarefas eran tan dispares como garantir a seguridade no recinto da Praza de Abastos, auxiliados por Roi e Tarzán, dous cans coñecidos e queridos en distintas porcentaxes; a fiscalización do lavadoiro municipal ou a dirección do tráfico rodado, aupados nos illotes metálicos lo-calizados nos cruces das principais rúas dun Ourense en expansión. Encargábanse tamén, tempo atrás, da custodia dos reclusos do vello cárcere provincial da rúa do Progreso, onde radicaba a báscula de comprobación do peso dos produtos adquiridos no mercado.

Historias de guardias con gusto a Berlanga. Saharianas, cintos anchos e salacots. Cir-culen!

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

O pasado �8 de novem-bro tivo lugar, na Sala Ber-lín de Ourense, o terceiro aniversario de La Rockipe-dia, plataforma revelación en canto a apoio ás bandas emerxentes no panorama musical a todos os niveis.

Nestes tres anos de exis-tencia, con Pablo Feijoo ao timón, xa dispoñen dunha web, programa de radio e incluso de televisión amén dos típicos e usuais perfís nas redes sociais máis co-múns, que permiten estar ao tanto dos acontecemen-tos musicais máis intere-santes.

E precisamente a cele-bración deste aniversario uniunos a Benchara, Co-llón de Lola e AcidProyect no que, ao noso modo de ver, foi unha grande noite de música en directo.

Tras a montaxe e pro-bas de son, acompañadas de risas e bo ambiente cos nosos amigos e irmáns Benchara, deron inicio eles mesmos ao festival musical.

Xa compartiramos es-cenario en varias ocasións con Benchara uns anos atrás e, se xa daquelas a banda apuntaba alto, nes-ta ocasión deron un tre-mebundo directo. A nova formación, a integridade e experiencia dos seus compoñentes, as gañas e os dez anos que levan funcionando quedaron patentes ante un público entregado desde o primei-ro minuto.

Reconvertíronse, dé-ronlle unha volta ao seu estilo tras dous EP´s pa-sando dun hard rock ao uso a temas elaborados, potentes nalgúns casos e atmosféricos noutros, onde realmente podemos albiscar as influenzas de bandas coma Marillion.

Para nós é unha gran noticia que esta banda siga pese ás dificultades que toda formación se atopa no camiño e, dende

logo, agardamos outros dez anos máis de Bencha-ra, coma mínimo, porque meréceno.

De seguido, tocoulle a AcidProyect. Subimos ao escenario da Berlín con todas as gañas do mundo, entregados a tope. O noso LP, case ao completo, volveu a soar na sala xus-tamente un ano e un mes despois daquel inolvida-bel Road to Madness. A verdade é que, coma sem-pre, sentímonos moi ben sobre as táboas e gozamos coma nenos.

Todo elo grazas a Proso-da, que non sabemos cómo o fan, pero sempre conse-guen que soemos brutos, definidos e cunha pegada descomunal.

Ao noso xuízo, cremos que fixemos un gran direc-to o cal, pode ser ou non, repercutiu seriamente no noso stock de merchandi-sing que, increiblemente, quedou temblando tras esa descomunal noite.

Para finalizar, turno de Collón de Lola. Aos que hai que darlles a noraboa por ser de diferentes cida-des galegas e ser capaces de levar este proxecto a cabo.

Directamente, bordáro-no. É unha banda de rock que nos trae á memoria as cancións que marcaron unha gran época, as do Xabarín Club.

Esta banda está formada por seis grandes músicos e así o demostraron, con te-

mas como “Estou na la-vadora”, “Dragon Ball”, “Os cazafantasmas”.

Cunha son compacta, directa e acompañada dunha gran execución conseguiron que todos nos unísemos a eles de modo especial recordan-do vellos tempos.

Dende AcidProyect enviamos o noso agra-decemento a La Rocki-pedia por contar con nós para este aniversario que, a ben seguro, o seguirán moitísimos. Sodes xen-te que o vale, o merece, profesional e, ante todo, moi humana. Noraboa, rapaces, seguide así!

Agradecementos tamén á Sala Berlín e a Prosoda por prestarse e colaborar en eventos coma este, ambos equipos cargados de enormes persoas, pro-fesionais e amig@s.

Agradecemento ás bandas polo bo rollo, o compañeirismo e a boa sintonía que desprende-des. Ogallá compartamos escenario pronto.

E, como non, grazas ás máis de 100 cabezas to-las que asististes ao ani-versario “rockipédico” por brindarnos, ese día e sempre, altruistamente, o voso apoio a todos os grupos, pola calor recibi-da e por facernos gozar unha vez máis.

Nunca nos cansare-mos. Grazas!

Iván, AcidProyect

La Rockipedia celebra o seu terceiro aniversario

Collón de Lola fixo gozar aos asistentes con temas do coñecido programa da TVG “O Xabarín Club”.

Page 18: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSDecembro de �015

OCIO E CULTURA

Redacción

Este Nadal o Concello de Ourense ten preparada unha ampla programa-ción para que pequenos e maiores gocen destas sinaladas datas.

Entre as novidades des-te ano atopamos o Merca-diño de Nadal “O Poboa-do de Laponia”, que estará ubicado na Alameda de Bispo Cesáreo ata o 5 de xaneiro, así como unhas innovadoras proxeccións de Nadal sobre a facha-da da casa consistorial os días �6 de decembro e � de xaneiro (�0 horas).

Así mesmo, para fa-cilitar a conciliación fa-miliar, os días laborables das vacacións escolares (do �1 ao 5 de xaneiro)

o Colexio Salesianos e o Espazo Lusquiños (da man de Amencer), o Espazo Co-educa, a Aula da Natureza, os centros cívicos, o Museo Municipal e as bibliotecas públicas da cidade acollen unha gran variedade de obradoiros dirixidos aos máis pequenos, para que aprendan e se divirtan seu tempo libre.

Moita músicaE no apartado musical,

os amantes destas festas non poden perderse, o �� de decembro, o concerto de panxoliñas na Catedral a cargo de María do Ceo, Emilio Rúa e os nenos cantores da Capela Madri-galista; as interpretacións de Dous na Fronteira en diversas igrexas da capital;

e os concertos de Nadal e Reis da Coral da Ruada (�7 de decembro e 4 de xaneiro, respectivamente). Tamén haberá festa con orquestra na noite de fin de ano na praza Maior

MOTITamén temos unha cita

inexcusable coa XII Mos-tra de Teatro Infantil de Ourense, que trae a 18 compañías que farán �� representación do �6 ao �0 de decembro, no Au-ditorio, Teatro Principal e

Campus. O prezo da entra-da sitúase entre os � e os 4 euros.

Visitas moi especiaisPero, sen dúbida, entre

os momentos máis agarda-dos polos cativos estarán a visita de Papá Noel (que estará na Praza Maior os días �� e �� a partir das 18 horas), a dos paxes reais (tamén na Praza Maior o �, � e 4 de xaneiro dende as 18 horas) e a Cabalga-ta de Reis (o 5 de xaneiro dende as 17:�0 horas).

Ourense vive e festexa o Nadal4 Con obradoiros infantís, tea-tro, música e un mercadiño.

O Belén de Arturo Baltar está aberto ao público na praza San Cosme e San Damián./RAMSÉS.

Desde hoxe xa tes outra alternativa se queres levar a tua comida para casa ou para degustar no local se o prefires. Mr Frango é unha cadea de restaurantes es-pecializada en facer toda a comida á brasa de carbón.

Polo, leitón, costela, cordeiro, cabrito (estes dous ultimos por encargo) e proximamente coello, son os deliciosos bocados

4NOTICIA DE EMPRESA

que poderás probar feitos na grella, xunto a com-plementos para acom-pañalos como patacas fritas, nuggets, criollos, croquetas e varios prebes que potencian o sabor.

Para facer o teu encar-go chama ao 988 617 ��� ou pasa polo local na av. de Buenos Aires 116, de 11:�0 a 15:�0 e de 19 a �� de luns a domingo.

Mr. Frango atópase no nº 116 da av. de Buenos Aires.

Mr. Frango, o auténtico sabor da brasa por fin en Ourense

Page 19: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSDecembro de �015

OCIO E CULTURA

Redacción

O Concello de Barba-dás organizou un com-pleto programa de acti-vidades para este Nadal. Do �1 ao �� e do �8 ao �0 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro a Casa da Xu-

ventude acolle a Ludoteca de Nadal, cunha gran varie-dade de propostas para que rapaces (de ata 14 anos) se divirtan nas súas vacacións escolares e aprendan xun-tos.

Entre elas destaca, un obradoiro infantil de elabo-

ración de doces de Nadal (o �1 de decembro), o VIII Torneo Infantil de Tenis Wii (o �� de decembro) e o VI Torneo de Scalextric (o �8 de decembro).

Visita do Apalpador e os Reis Magos

Ademais, o Apalpador visitará os distintos po-bos do Concello o �� de decembro e os Reis Ma-gos percorrerán o muni-cipio o � de xaneiro. Así mesmo, as Súas Maxes-tades estarán na Casa da Xuventude o día 4 de xaneiro ás 19 horas para recibir a todos os nenos.

Os cativos, os reis de Barbadás4 O Concello organiza nume-rosas actividades de Nadal cos nenos como protagonistas.

Presentación da programación de Nadal no Concello de Barbadás.

Goza do Nadal en Ponte VellaRedacción

O centro comercial ourensán ten preparada unha programación moi especial para estas datas. Os máis pequenos pode-rán participar nos talleres gratuítos “Bonecos de neve” (�1, �� e �� de de-cembro), “Renos do Na-dal” (�6 e �7 de decem-bro) e “Reyes Magos” (�8, �9 e �0).

Así mesmo, Papá Noel estará en Ponte Vella ata o día de Noiteboa, e con-tinuará instalada ata o 10 de xaneiro a pista de xeo de �00 metros cadrados nas terrazas desta ins-talación. Este ano con melloras na iluminación, son e novos efectos como fume na pista.

Ademais, para os que teñan aínda pendentes os seus agasallos os estable-cementos do centro co-mercial abrirán todos os domingos de decembro

Os hoteis e balnearios Caldaria propóñenche o mellor plan para as noi-tes de fin de ano e Reis. En parella ou en fami-lia, ofrécenche diversos paquetes que inclúen cea- baile, aloxamento e tratamentos.

Para recibir o 2016 da mellor maneira, Calda-ria conta con varias op-cións para que elixas en-tre asistir só á cea (que inclúe aperitivos, cinco pratos, postre, uvas da sorte, chocolate con chu-rros e unha ampla bode-ga, por 98 euros/persoa)

4NOTICIA DE EMPRESA

ou engadir aloxamento e tratamentos (cun prezo entre os �00 euros dunha soa noite e os �10 de tres noites). Así mesmo, xun-to ao completo menú de fin de ano tamén dispón de menú infantil (por 40 euros) para os máis pe-quenos da casa.

Noite de ReisPara gozar en Caldaria

dunha das noites máis máxicas do ano, a de Reis, ofrécenche unha exquisita cea-baile buffet (por 56 euros para os adultos e �1 para os nenos), que se pode complementar cun-ha noite de aloxamento e tratamentos termais (por 99 euros).

Os interesados en reci-bir máis información po-den chamar ao 988 �8 04 06 ou ao 988 �8 04 09.

Celebra fin de ano e Reis con Caldaria

Ofrécenche diversos paquetes que inclúen cea, aloxamento e tratamentos

Page 20: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSDecembro de �015 OCIO E CULTURA

Foto de familia de premiados e autoridades no Auditorio de Ourense./RAMSÉS.

O coro do colexio Padre Feijoo-Zorelle con Alejandro Abad e autoridades.

Escolares do CEIP Ruxidoiro na casa consistorial de Barbadás.

Belén feito con ovos no colexio Cardenal Cisneros.

Festa de Nadal no colexio Santo Ángel.

O mes en imaxes

Os escolares son os protagonistas das imaxes máis destacadas deste mes de decembro.

Dunha banda, 40 estu-dantes foron premiados no ��º Concurso da Constitu-ción que convocaba a Sub-delegación do Goberno. Pertencen a, entre outros, os colexios Franciscanas, Maristas, Carmelitas, San-to Ángel e La Purísima, o IES Otero Pedrayo, os CEIPs Manuel Luís Acu-ña, Mestre Vide, Prácticas, Manuel Sueiro e A Ponte e o CEE o Pino.

Outros escolares, desta volta os membros do coro do colexio Padre-Feijoo-Zorelle, veñen de gravar co compositor Alejan-dro Abad o videoclip do proxecto internacional de termalismo solidario “Smiley Water.

E dous grupos de 6º de Primaria dos CEIP Filo-mena Dato e O Ruxidoiro da Valenzá visitaron a casa consistorial de Barbadás, onde celebraron sendos plenos infantís nos que reclamaron que se conte coas súas opinións á hora de organizar actividades.

Mentres, alumnado de Infantil, Primaria e ESO do colexio Cardenal Cis-neros montou un orixinal belén feito a base de cas-cas de ovos. Nel incorpo-raron detalles relacionados con Ourense, coma o afia-dor, as termas ou o Carro de Xocas.

E onde xa celebraron o Nadal foi no colexio San-to Ángel, cunha visita de Papá Noel o pasado 11 de decembro, acompañada de obradoiros, un photocall, premios aos adornos máis bonitos e unha chocolata-da.

Page 21: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSDecembro de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSDecembro de �015

DEPORTES

Presentación do campus de baloncesto “Xogando en fe-minino”./RAMSÉS.

Ourense acolle numerosos torneos en Nadal4 Son varios as citas deportivas que terán lu-gar na cidade e en Barbadás durante estas si-naladas datas.

Redacción

Co parón das competi-cións oficiais proliferan no Nadal moitos torneos de diversas disciplinas depor-tivas.

Xogando en femininoO Club Baloncesto Pabe-

llón Feminino organiza un ano máis o cuarto torneo de nadal “Xogando en femi-nino” e terceiro memorial Alejandra González Rodrí-guez.

18 equipos femininos disputarán este torneo para sumar uns 400 participan-tes.

A sede deste evento será o polideportivo O Pompeo do Instituto Otero Pedraio (xardín do Posío). E a cita disputarase os días �6 e �7 de decembro e � e � de xa-neiro.

Os clubs participantes este ano serán: Pabellón Ourense, Seis do Nadal, CB Grove, Arxil de Ponte-vedra, CB Nigrán, CB Vi-lagarcía, RC Celta de Vigo, Blanco Amor e Allariz, en-tre outros que posiblemen-te se unan.

Campus Nadal ABO-Park

Un ano máis, a Asocia-ción de Basket de Ouren-se (ABO), o Pabellón fe-

minino e o Club Ourense Baloncesto organizan o IV Campus Nadal ABO-Park, dirixido a nenos nados en-tre o �000 e �010 (de 5 a 15 anos). O lugar de celebra-ción será o polideportivo O Pompeo, exceptuando o día �1 que o escenario será o no anexo do pavillón dos Remedios.

O horario desta activida-de será de 10 a 1�:�0 horas -con posibilidade de inicio ás 9 para o que quería unha hora máis de baloncesto-; e cada día inclúe dúas se-sións de baloncesto e unha de competición. Así, os pe-quenos deportistas poderán aprender e gozar ao mesmo tempo.

O nivel estará adaptado por idades e nivel de coñe-cemento do xogo, para que todos se sintan cómodos. Así mesmo, unha das ma-ñás complementarase coa asistencia a Pazolandia.

Os interesados en reci-bir máis información po-den escribir a [email protected].

AmencerOutro dos fieis á cita é

Amencer. A asociación xu-venil organiza un torneo de fútbol sala e outro de ba-loncesto �x�.

As �4 horas de fútbol sala terán lugar do �9 de decembro (comezando ás �0:�0 horas) ao �0, á mes-ma hora.

Para o 3 de xaneiro que-da o campionato �x� de ba-

loncesto, que dará comezo ás 16:�0 horas e rematará en torno ás 19:�0.

Os torneos disputaranse no pavillón do colexio Sa-lesianos.

Pódese recibir máis info no 988 �1 81 �� ou en [email protected].

BarbadásO Concello e as Escolas

Deportivas de Barbadás organizan, en beneficio do banco de alimentos do mu-nicipio e coa colaboración de Carrefour, a segunda edición do torneo benéfico prebenxamín de fútbol, no que se lle pide aos asisten-tes que acheguen alimentos non perecedoiros para as familias máis necesitadas.

A cita terá lugar este sá-bado �6 de decembro no campo municipal dos Ca-rrís (A Valenzá) e ocupará todo o día.

OutrosO día �� o balonmán

será o protagonista na can-cha central dos Remedios.

Entre as 16 e as �1 horas participarán directivos, familiares e axentes vi-vos do Pabellón Balon-mán nun torneo festivo. Este evento colaborará coa Operación Quilo que organiza cada ano a Aso-ciación Xuvenil Amen-cer.

Así mesmo, o �6 e �7 no estadio Miguel Án-gel -en horario de 10 a �0:�0 horas-, terá lugar o XXIII Torneo de Nadal F8 benxamín e alevín, coa participación de 1� equipos de toda Galicia.

Para o 28, 29 e 30 de decembro a cancha cen-tral dos Remedios acolle o Torneo de balonces-to de Nadal Don Bosco �015; ao que acudirán clubs de Galicia, Portu-gal, Cantabria, Euskadi e Castela e León. Serán máis de �50 participan-tes, das categorías infan-til, cadete e xuvenil.

Por último, tampouco faltará o tradicional tor-neo de minibasquet e fútbol sala que organiza Mc Donald´s. Será o 4 de xaneiro e o anexo e a central dos Remedios acollerán este evento.

O Pompeo, Os Remedios e Salesianos serán varias das sedes destes torneos

R. Torres

O Ourense Provincia Termal estivo a piques de dar a sorpresa e vencer ao líder da LEB Ouro, o Palencia.

Os homes de Gonzalo García de Vitoria reali-zaron un gran encontro ante un rival que suma 1� xornadas consecuti-vas sen coñecer a derro-ta.

Os ourensáns estive-ron no partido en todo momento. Non obstante, no último cuarto, cando tiveron varias ocasións de poñerse por diante no electrónico non foron capaces de logralo.

O COB chega así ao parón navideño deixan-do boas sensacións, en contrapunto co partido realizado facía tan só ca-tro días atrás. Daquela, contra Huesca realizaba o peor encontro dos ¡dis-putados na tempada, pe-dendo por 69 a 75.

O COB, a piques de dar a sorpresa ante o Palencia4 Perdeu por 56-63.

ParónAgora a Liga descansa

unha semana polo Nadal.Pero antes de que rema-

te o ano disputarase unha xornada máis. Será a nú-mero 15 e terá lugar o �0 de decembro. Día no que o COB viaxa ata Prat para enfrontarse ao Joventut. A plantilla terá descanso ata o �6, cando voltará aos adestramentos.

FichaxeO club anda na procura

dun xogador que substitúa a Agbelese; fichado polo Guipuzkoa da Liga ACB.

García de Vitoria quere á nova fichaxe para o próxi-mo partido contra Prat, pero recoñece que “polos poucos cartos que temos” ficharán a un xogador “que non namorará. Un xogador que virá a axudar con al-gunha característica boa”.

O COB xoga o 30 de decembro contra o Joventut

Barreiro tentando zafarse de dous rivais./R.T.

Barbadás acolle o 26 un torneo solidario de fútbol

Page 23: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

��Ourense por BARRIOSDecembro de �015AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - ��004 Ourense. Tel: 988 045 �5� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo FeijooNº 1� - Ano: XIV - Decembro de �015 - Difusión: �0.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 �5�.

Concello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 ��1 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �� Narcóticos Anóm 671 58 �8 �8Asoc.Crohn 6�0 1�6 447Down Ourense 988 �70 �1�Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares]

4AXENDAMúsica

- �� de decembro - Con-certo de Nadal da Orques-tra Filarmónica de Molda-via - �0:�0 horas - Teatro Principal- �� de decembro - Con-certo de panxoliñas “Viaxe de Nadal” - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás- �� de decembro - Con-certo de panxoliñas de María do Ceo, Emilio Rúa e nenos - �0 h - Catedral- �6 de decembro - Con-certo de The Wild One Ri-des, Cosecha Roja e outros - 16:30 h - Pavillón IES As Lagoas- �7 de decembro- Con-certo de Nadal da Coral da Ruada - �0:�0 h - Catedral- �9 de decembro- Concer-to de panxoliñas da Coral Auria e da coral infantil da Escola de Música de Barbadás - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás- � de xaneiro - Concerto de aninovo da Orquestra Filarmónica de Molda-via - �0:�0 horas - Teatro Principal- 4 de xaneiro - Concerto de Reis da Coral da Ruada - 19:�0 h - Igrexa de San-tiago das Caldas

Teatro- Do �6 ao �0 de decembro - MOTI - Auditorio, Teatro Principal e Campus- �0 de decembro - Teatro para bebés - 18 h - Audito-rio Municipal- 8 de xaneiro - Contacon-tos do actor Pepo Suevos - �0:�0 h - Liceo- 17 de xaneiro - El tes-tamento de María - 19 h - Teatro Principal

Espectáculos- �6 de decembro - Video mapping de Nadal - 19 h - Fachada do Concello- �6 de decembro - Es-pectáculo infantil “Volta a maxia” - 1� h - Auditorio - �7 de decembro - Es-pectáculo infantil de dan-za “Escondite” - 19:�0 h - Auditorio Municipal- �0 de decembro - Es-pectáculo de títeres “O espíritu do bosque” - 19 h - Casa da Cultura de Bar-badás- � de xaneiro - Viedo mapping de Nadal - �0 h - Fachada do Concello- 9 de xaneiro - Espectá-culo de maxia “Volver a crecer” de Toni Bright - 20:30 h - Teatro Principal

Exposicións- Ata o �1 de decembro - “Miradas do presente ou pegadas do pasado” - Au-ditorio Municipal- Ata o �1 de decembro - “La forma bruta” - Es-pazo Lusquiños- Ata o 8 de xaneiro - Belén de Arturo Baltar - Praza San Cosme e San Damián- Ata o 8 de xaneiro - “Be-lenes do mundo” - Obis-pado- Ata o 14 de xaneiro - “Era unha vez...a fala!” - Parque Barbaña- Ata o �1 de xaneiro - “Ourense �015” - Museo Municipal- Ata o �8 de febreiro - “Alexandro” - Centrol Municipal José Ángel Va-lentewww.periodicobarrios.com

TRABALLO INMOBILIARIA VENDASVendo berce novo de ma-deira maciza. Regalo col-chón, tamén novo. Tel. 988 04 5� 74 e 666 84 10 �9.Véndese leña de carballo para cheminea. Tractor por ��0 euros. Tel. 6�0 5� 14 48.Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de mar-ca. En perfecto estado. Ta-mén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 5� 79 (Carmen).Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 6�6 �97 504.Véndese tractor Pasqualis todo equipado. Tel. 695 690 945 e 988 60 �0 99.Véndese cadeira de auto para bebé ata �6 kg. Diferen-tes posición suxeita cabeza. Totalmente nova. Prezo: 25 euros. Tel: 988 �5 4� 86.Vendo sofá 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade. Tel. 6�7 00 59 10.Véndese tractor Pascuali todo equipado. Tel.: 695 690 945.Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 6�7 608 758 e 671 9�1 854(con whatsapp).Vendo Clío 1900 diésel. 1.600 euros. Impecable. Tel. 605 �� 01 58.

Ofrécese señora de media-na idade, galega, para tare-fas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 1� 91 4�.Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adul-tos. Tel. 669 60 �4 14.Ofrécese señora para o coi-dado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con in-formes. Tel. 669 4� 4� �0.Ofrécese mozo para traba-llos relacionados coa cons-trución, carpintaría... Ex-periencia demostrable. Con carnet de conducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 9� 00.Fanse desbroces económi-cos con tractor e a man. Tel. 6�0 5� 14 48.Ofrécese señora para traba-llar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxi-ma confianza e con infor-mes. Tel. 606 4� �5 4�.Moi económico, fanse re-paracións en fogar e nego-cios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 �4 60.Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 6�0 0� 06 4�.Ófrecese señor para traba-llar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñi-bilidade inmediata. Tel. 647 640 6�0.Danse clases particulares de todas as materias de pri-maria. A domicilio ou pre-senciais. Económico. Tel. 666 74 �6 60.

Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 6�7 00 59 101.Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 �6� e 676 75 88 19.Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen inter-mediarios. Tel. 690 79 5�79.Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas. Sexto piso con buhardilla, � habitacións, cuarto de baño. Tel. 6�0 0�� 047.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separa-das. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 6�9 67 74 ��.Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 6�7 00 59 10.Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 6�7 00 59 10.Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60 m�, c/ Fco. de Moure, 375 € Tel: 6�6.��.95.�5Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 6�7 00 59 10.Alúganse oficinas en Pro-greso, unha amoblada, todas exteriores, bo prezo. Tel. 6�7 00 59 10.Alugo perruquería en Pro-greso, �50 euros + comunida-de. Tel. 6�7 00 59 10Cómprase finca preto de Ouren-se non urbanizable, económica. Tel. 6�0 0� 06 4�.Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, non ur-banizable, económica. Tel. 6�0 0� 06 4�.

Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos a mulleres. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 �8.

CONTACTOS

Page 24: Decembro de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSDecembro de �015