Maio de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 5- Ano: XIV - Maio 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CIDADE Páx.10 SOCIEDADE Páx. 19 SOCIEDADE Páx.12 A VALENZÁ Páx.13 A Praza lanza a campaña “Quere ao teu mercado” Isabel Fuentes, vítima da violencia machista no hospital de Ourense Aprobada unha moción socialista para ampliar as piscinas dos Carrís Dúas semanas sen rastro de Socorro Pérez. Abertas todas as hipóteses SOCIEDADE Páx.12 O Concello remite a Fomento alegacións á integración do AVE 11 alternativas optan a formar parte da corporación ourensá no próximo mandato (PP, PSOE, BNG, DO, OUenC, CxG, Anova, UPyD, RED, CG e PACMA); outras cinco preséntanse en Barbadás (PP, PSOE, BNG, CxG e DO). O Club Ourense Baloncesto, a tres vitorias do ascenso a Liga ACB Especial Eleccións Municipais 24M [Páx. 20] [especial páx. 2-9]

description

A campaña electoral das municipais centra a atención do número de maio de Ourense por Barrios.

Transcript of Maio de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 5- Ano: XIV - Maio 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.10 SOCIEDADE Páx. 19SOCIEDADE Páx.12 A VALENZÁ Páx.13

A Praza lanza a campaña “Quere ao teu mercado”

Isabel Fuentes, vítima da violencia machista no hospital de Ourense

Aprobada unha moción socialista para ampliar as piscinas dos Carrís

Dúas semanas sen rastro de Socorro Pérez. Abertas todas as hipóteses

SOCIEDADE Páx.12

O Concello remite a Fomento alegacións á integración do AVE

11 alternativas optan a formar parte da corporación ourensá no próximo mandato (PP, PSOE, BNG, DO, OUenC, CxG, Anova, UPyD, RED, CG e PACMA); outras cinco preséntanse en Barbadás (PP, PSOE, BNG, CxG e DO).

O Club Ourense Baloncesto,

a tres vitorias do ascenso a Liga ACB

Especial Eleccións

Municipais24M

[Páx. 20]

[especial páx. 2-9]

Page 2: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSMaio de �015

especial ELECCIÓNS OURENSE

OUTRAS LISTAS1. Por que e con que obxecti-

vos se presentan en Ourense?�. Que os diferenza doutras

candidaturas e cales son as súas principais propostas?

Olga Fabello (UPyD) 1. “A crise que estamos vi-

vindo radica no entramado institucional, que nos levou a unha administración ineficaz e insolidaria. Non me gusta o que vexo, non quero que ás miñas fillas convivan ca corrupción e crean que todo vale, os ci-dadáns temos que tomar a pa-labra e facer do concello unha institución útil ao servizo dos veciños. Teño boas expectati-vas, son realista e sei que non chegaremos á alcaldía, pero si estaremos presentes no conce-llo defendendo os intereses de todos os cidadáns”.

�. “A diferenza máis obvia é que non levamos imputados, nin investigados, nin no noso partido a nivel nacional temos corruptelas. Rebaixaremos os soldos dos membros dos ór-ganos de goberno un mínimo do �0%, así como á metade os gastos de representación. Incre-mentaremos o gasto en benestar, non negociaremos con entidades bancarias que fagan desafiuza-mentos, e crearemos un parque de vivendas ao servizo de cida-dáns en emerxencia”.

Luis Fernando Riobó (Mo-vimiento RED)

1 e �: “Movimiento RED nace como partido político, fundado polo xuíz Elpidio Silva fai tres meses e estamos expandíndonos por toda España. Non somos nin de dereitas nin de esquer-das, somos un movemento de persoas que temos como lema loitar contra a corrupción. Pre-sentámonos en Ourense porque sabemos que nesta cidade está implantada a corrupción e nós propomos denunciala.

A parte, elaboramos un plan para a dinamización da cidade”.

Paula Lodeiro

Quen é Jesús Vázquez?Jesús Vázquez: “É un

ourensán, fillo de emigrantes, que ama a Ourense, que está ilusionado con este novo reto, que quere ser alcalde para bus-car solucións e xestionar os problemas da cidade”.

Díganos unha proposta que leve o PP no seu programa que se poida aplicar desde o minuto 1 se é alcalde.

J.V.: “A normalidade e a ho-nestidade e a honradez cos no-sos veciños”.

E un servizo do Concello que funcione ben agora e mantería se goberna?

J.V.: “É difícil; os plantexa-mentos que están a funcionar se deben en certa medida ao gran labor dos funcionarios porque sen ter unhas pautas levan des-envolto un traballo encomiable nestes últimos catro anos”.

Falando de funcionarios, cre que o Concello de Ouren-se ten a plantilla que necesi-ta?

J.V.: “Non, evidentemente non. Nin pola propia estrutura nin pola propia demanda de colectivos como bombeiros ou Policía Local; neses servizos é necesario (ampliar a plantilla) obrigatoriamente para cumplir a normativa”.

Vería ben implantar un sis-tema de control de horarios para os traballadores muni-cipais?

J.V.: “Creo que aos traba-lladores hainos que ilusionar e motivar. Cando alguén marca as pautas e se poñen enriba da mesa proxectos e se ilusiona aos funcionarios, os traballado-res implícanse enormemente. Eu teño a experiencia de traba-lladores na Consellería de Cul-tura e Educación onde desde logo 10, 1� horas as pasaban nos seus despachos, eran os primeiros en estar aquel tempo que se precisaba”.

Contrataría un familiar para o seu equipo de asesores?

J.V.: “Non”.

Sobre o PXOM, que faría o PP co documento que se está a redactar?

J.V.: “É un documento moi importante que debe de dar segu-ridade xurídica aos veciños e aos inversores, que ten que buscar ese modelo de cidade accesible e humana, que aproveite e protexa as nosas potencialidades e recur-sos. Aproveitaremos aquilo que se poida aproveitar, habida conta do investimento que se leva fei-to, pero por outro lado buscare-mos o diálogo e o consenso”.

A previsión de vivendas é acaída para Ourense?

J.V.: “Creo que hai que ser am-biciosos, porque se non podemos incurrir en que o pouco terreo que se pon a disposición enca-reza as vivendas enormemente, dificulte a construción e falemos de que os veciños de Ourense se vaian a cidades dormitorio polo custo”.

As contratas municipais, funcionan ben?

J.V.: “Evidentemente non can-do hai tantas e tantas queixas. Cremos necesario crear unha ofi-cina que controle o cumprimento das obrigas das partes e dos pre-gos”.

Os impostos municipais de-ben subir, baixar ou manterse?

J.V.: “Subir desde logo que non, levamos un compromiso claro de non subir os impostos. E en función das circunstancias do Concello analizaríamos a posible baixada de taxas, xa levamos pro-postas concretas para licenzas de apertura, o plan de pagos anuais que se pode poñer aos veciños en función das súas posibilidades... Levamos compromisos claros, aqueles que poidamos cumprir”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus urbano?

J.V.: “Hai menos dunha sema-na, fun ao hospital.”

Que propón o PP para o transporte metropolitano?

J.V.: “Nós comprometémonos a poñer toda a vontade para poñe-lo en marcha. Hai un modelo que se está a seguir noutras cidades e houbo unha falta de vontade por parte do Concello, poñendo trabas, plantexando un modelo inviable, porque no momento que pos ese intercambiador fóra da cidade estás convertendo un traxecto de 10 minutos en media hora”.

Apoia a continuidade do ca-lendario de eventos culturais que hai na cidade?

J.V.: “Si, entendemos que hai que apoiar o calendario de eventos que hai. Coidemos pri-meiro o que temos antes de po-ñer en marcha novos proxectos. Aqueles proxectos que están a funcionar, que levan o nome de Ourense fóra, que atraen espec-tadores e turismo, manteñámolos e potenciémolos”.

Cal debe ser o papel que de-ben xogar as asociacións veci-ñais na política municipal?

J.V.: “Fundamental. Teñen que xogar un papel moi importante; comprometémonos a traballar da man, escoitalas e que tomen a voz tamén no pleno. Queremos uns orzamentos participativos onde a cidadanía tamén forme parte da decisión”.

A imaxe dos políticos que se deu nos plenos neste mandato igual non foi moi boa...

J.V.: “Igual non, foi o que su-puxo o avergoñamento e o dis-tanciamento da inmensa maioría dos cidadáns do político local”.

Que propón para que non se repita?

X.V.: “Iso vai nas propias per-soas, e aí é onde a cidade ten que saber ben quen quere que o represente. Porque ao final o que se está decidindo o día �4 é aquela persoa e grupo de per-soas que quere que xestionen a súa cidade, que lle dean resposta aos seus problemas. O PP actua-rá seriamente e con respecto á cidadanía”.

Cal é a súa postura sobre os políticos imputados?

X.V.: “Creo que hai que saber diferenciar o que é un imputado, unha persoa que pode ser inves-tigada, dun culpable… Unha imputación pode caer sobre cal-quera persoa e non por iso hai que culpabilizar, hai que deixar actuar á xustiza. Todos os parti-dos temos que xogar limpamente e deberíamos establecer un pacto e non xogar con estas cuestións.

Tamén o digo: aquel político que roubou o primeiro que ten que facer é devolver os cartos e aquela persoa que é impropia debe de abandonar a política”.

No escenario que se abra tralo 24M, está o PP aberto a pactos?

J.V.: “Creo que o PP vai sacar maioría absoluta para a gobernar. En todo caso, que teñas maioría absoluta non é condición para que non intentes dialogar e che-gar a acordos con outras forzas políticas. Esa é a mensaxe que se nos está a pedir: sentidiño e co-laboración”.

ENTREVISTA A JESÚS VÁZQUEZ (CANDIDATO DO PP)

“Levamos un compromiso claro de non subir os impostos”

Jesús Vázquez, candidato do PP á alcaldía de Ourense./P.L.

“Que teñas maioría non é condición para non intentar dialogar e chegar a acordos. É a mensaxe que se nos está a pedir: sentidiño e colaboración”

Page 3: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOS Maio de �015

ELECCIÓNS OURENSE especial

Paula Lodeiro

Quen é José Ángel Vázquez Barquero?

José Ángel Vázquez Barque-ro: “É unha persoa normal e co-rrente que neste momento se pre-senta á alcaldía de Ourense”.

Que balance fai da xestión do Goberno socialista?

J.A.V.B.: “Un balance positi-vo porque no plano financieiro fomos quen de reducir significa-tivamente a débeda do concello; relanzamos as políticas de benes-tar e sociais, creamos unha serie de centros cívicos... E despois no plano urbanístico rachamos coa especulación que imperaba na época do PP e de Cabezas”.

Díganos unha proposta que leve no seu programa que se poida aplicar desde o minuto 1 se é alcalde.

J.A.V.B.: “Vai ser crear unha fronte interinstitucional para de-fender os proxectos de cidade no exterior. A chegada do AVE, a estación intermodal, bulevar termal, ronda bulevar, centros sanitarios… por falar dalgúns que dependen da Xunta e da Adminis-tración central e nós pretendemos acadar un pacto coas institucións públicas e privadas da nosa ci-dade e provincia para defender conxuntamente os intereses de Ourense”.

Sobre o PXOM, que fará co do-cumento que se está a tramitar?

J.A.V.B.: “A tramitación ten que continuar. Houbo unha apro-bación inicial, abriuse un prazo de alegacións e informes sectorais doutras administracións e seguire-mos o procedemento establecido legalmente. Se nalgún momento vemos que non hai consenso po-lítico e cidadán, replantexaríamos a cuestión pero en principio des-de o punto de vista administrativo ten que seguir avanzando”.

É dicir, contestaríanse as ale-gacións…

J.A.V.B.: “Si, neste momento está o equipo redactor elaboran-

do un informe para contestar as alegacións e os informes doutras administracións”.

As contratas municipais, fun-cionan ben?

J.A.V.B.: “Nós estamos facen-do sistematicamente unhas audi-torías e ao mesmo tempo estanse pasando enquisas sobre como ven os cidadáns o cumprimento, e dan unha valoración positiva; as con-tratas en termos xerais están fun-cionando.

Outra cuestión é que temos que ter moito máis coidado co cumprimento da prestación dun servizo e temos que estar enriba do desenvolvemento da contrata.Imos facer unha análise moi por-menorizada do grao de cumpri-mento dos servizos e a partir de aí veremos”.

Falou da posibilidade de re-municipalizar servizos.

J.A.V.B.: “Estamos a falar de contratos vixentes, de leis de ran-go superior ás que estamos some-tidos relativas a que o Concello non pode asumir novas contrata-cións e que ten un teito de gasto e hai moitos máis elementos á hora de plantexar remunicipalizar que entran na toma de decisión. Analizaremos detidamente todos estes aspectos e tomaremos a de-cisión máis axeitada”.

Ten o Concello a plantilla que necesita?

J.A.V.B.: “A miña opinión é que o Concello necesita prestar máis servizos dos que presta e necesita non só manter a plantilla senón aumentala”.

Estaría disposto a implantar un sistema de control de hora-rios para os funcionarios?

J.A.V.B.: “Iso xa está previsto desde fai moito tempo; non é que eu estea disposto é que ten que ser así. Eu o teño claro, o importante é a calidade dos servizos que se prestan, eu penso que neste mo-mento o Concello presta un bo servizo aos ourensáns”.

Contrataría un familiar como asesor se é alcalde?

J.A.V.B.: “Por suposto que esa é unha decisión que eu non con-templo. Non hai na miña familia ningunha persoa que teña capa-cidade para prestar asesoramento ao Concello”.

Os impostos municipais de-ben subir, baixar ou manterse?

J.A.V.B.: “Nos últimos anos plantexamos unha conxelación de impostos porque era o que nos estaba a permitir ir diminuindo a débeda. O que si temos moi claro é que cando a débeda estea en ni-veis moderados é cando hai que plantexar rebaixas de impostos”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus urbano?

J.A.V.B.: “Eu ando á pé pola cidade”.

Como solucionaría o problema do transporte metropolitano?

J.A.V.B.: “Estamos absolu-tamente convencidos de que é necesario que haxa transporte metropolitano pero non podemos asumir o plantexamento que fai a Xunta, que pretende que o Con-cello claudique nas súas compe-

tencias”.

Cal é a proposta socialista, entón?

J.A.V.B.: “Non é unha cues-tión de propostas; o que non pode plantexar a Xunta é crear un consorcio, sendo nós os que achegamos a maioría dos veci-ños e a maior cantidade de com-petencias, e non teñamos unha representación axeitada”.

Deben xogar as asociacións veciñais un papel na política municipal?

J.A.V.B.: “Xa xogan, e ese papel hai que reforzalo consi-derablemente. A ligazón entre o Concello e as asociacións ten que ser moito máis estreita, te-ñen que ter fío directo co Con-cello, específicamente co alcal-de, temos que reforzar a área de participación cidadá e temos que darlle un peso maior aos ve-ciños na toma de decisións”.

Os políticos ourensáns non deron este mandato unha imaxe moi boa nos plenos.

J.A.V.B.: “Non todos, non po-demos meter a todos no mesmo saco, hai que poñer nomes e ape-lidos enriba da mesa. Houbo dúas forzas, PP e DO, que foron os principais instigadores do gober-no porque non lles interesaba a gobernabilidade, porque estaban a desenvolver unha estratexia de acoso e derribo. Os seus porta-voces foron extraordinariamente duros no fondo e nas formas”.

Pero funcionan os plenos?J.A.V.B.: “A miña opinión é

que son excesivamente alonga-dos, dame a sensación de que os portavoces da oposición veñen a lucirse”.

Cal é a súa postura sobre os políticos imputados?

J.A.V.B.: “O que me corres-ponde nesta campaña electoral é falar de proxecto político. E sobre as imputacións temos un código ético que eu asumín per-fectamente”.

Está o PSOE aberto a pac-tos?

J.A.V.B.: “Nós aspiramos a acadar a maioría absoluta. Se ao final ese escenario non se plantexa, nós, en canto ao que é o goberno, unicamente acada-remos pactos con forzas progre-sistas.

Outra cuestión son pactos puntuais para acadar consen-sos, aí o noso posicionamento é claro: unha prioridade para a gobernabilidade da cidade é que saian adiante proxectos estra-téxicos para Ourense”.

OUTRAS LISTAS1. Por que e con que obxecti-

vos se presentan en Ourense?�. Que os diferenza doutras

candidaturas e cales son as súas principais propostas?

Fernando Alonso (Coali-ción Galega)

1. “Presentámonos en Ouren-se tras avaliar onde tiñamos máis forza e onde mantiñamos máis militancia. As expectati-vas non son moi altas, pero é o primeiro paso para recons-truir o centro galeguista. Logo entraríamos en contacto con outras formación de cara ás xe-rais para ampliar o proxecto”.

�. “Diferéncianos o galeguis-mo. Nós non estamos polo bi-partidismo, os que nos levaron á situación que estamos foron os dous partidos grandes.

As urxencias máis grandes son erradicar a pobreza, o paro, a corrupción e conseguir un maior autogoberno. E particu-larmente, apostar polo terma-lismo, a redución das plusvalías municipais en herdanzas, maior transparencia no Concello, e sacar adiante o PXOM como dinamizador económico”.

Antonio Estévez (PACMA)1. “Preséntome porque desde

a Presidencia de Pacma de Ma-drid así se me pediu. En materia de conservación da natureza, de-fensa do patrimonio xenético e loita polos dereitos dos animais, a miña traxectoria é un referen-te en España. Sempre fun moito máis coñecido e valorado inter-nacionalmente que acá, pero a miña relevancia en Galicia nes-tas materias comparada coa que se me asigna a nivel nacional é unha mera anécdota”.

�. “A principal diferenza é que importa máis o contido que o continente, en PACMA dá igual o candidato, o credo é idéntico para todos os militan-tes e simpatizantes. Tamén hai diferenzas moi notables cos de-mais partidos na loita pola xus-tiza social, o medio ambiente e os dereitos dos animais”.

ENTREVISTA A JOSÉ ÁNGEL VÁZQUEZ BARQUERO (CANDIDATO DO PSOE)

“Crearemos unha fronte interinstitucional para defender os

proxectos de cidade”

Vázquez Barquero, candidato do PSOE á alcaldía de Ourense./P.L.

“Unicamente acaderemos pactos con forzas progresistas”

Page 4: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSMaio de �015 especial ELECCIÓNS OURENSE

P. Lodeiro

Quen é Susana García?Susana García: “Teño 44

anos, teño dous fillos, son licen-ciada en filoloxía hispánica e ga-lego portuguesa pero como moi-tos ourensáns tiven que recorrer ás oposición para poder traballar, traballo na Xunta”.

Díganos unha proposta que leve no seu programa que se poida aplicar desde o minuto 1 se chega a gobernar.

S.G.: “Pois abrir a Casa de Mocidade cumprindo todas as condicións do regulamento de uso, non isto que acaban de facer a última hora de abrir a medias”.

E un servizo que funcione ben no Concello e non toca-ría.

S.G.:“Pois en xeral o tema de asistencia social, sevizo de axu-da a fogar, etc. non o tocaríamos para desmantelalo, incrementa-ríamolo pero en principio esta-mos de acordo coa liña que se seguiu”.

Sobre o PXOM, que faría o BNG co documento que se está a tramitar?

S.G.: “Aprobar as alegacións que nós presentamos, facer esa segunda exposición pública que nós demandábamos para a apro-bación inicial para que a xente coñeza o texto final e aprobalo canto antes para poder iniciar

unha nova etapa no urbanismo de Ourense”.

Considera a previsión de vi-vendas acaídas?

S.G.: “Si, pensamos que si, prevé unha edificabilidade sos-tible e non queremos que se au-mente porque nos parece unha tontería, non tería futuro ese ni-vel de construción en Ourense outra vez”.

As contratas municipais fun-cionan ben?

S.G.: “Hai varias que desem-peñan ben o servizo pero hai outras que están funcionando bastante mal: o mantemento das zonas verdes, a recollida de lixo… hai unha serie de cousas que poderían mellorar moito e por iso pensamos que a remuni-cipalización podería mellorar a prestación do servizo”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus urbano?

S.G.: “Antonte”.

Cal é a proposta do BNG para poñer en marcha o trans-porte metropolitano?

S.G.: “Máis que metropolita-no queremos un transporte co-marcal, e dar sevizo a un maior número de persoas. O proble-ma está na Xunta. Presentou en �005 unha proposta de convenio que invadía competencias mun-cipais, establecía liñas inter-urbanas polo centro da cidade

cando os informes da Policía Local desaconsellan as paradas que propuña a Xunta. O BNG cando estaba no goberno enviou unha proposta de modificación e non houbo resposta da Xunta. É certo que o PSOE desde que tivo responsabilidades en mobilidade tampouco deu pasos para resol-ver este problema e nós quere-mos xa que se instale porque hai 140.000 persoas que están espe-rando ese billete único”.

Cre que o Concello de Ouren-se ten a plantilla axeitada?

S.G.: “Iso é unha das cousas que queremos estudar. Cremos que hai servizos que están sobre-dimensionados, teñen exceso de persoal e outros non teñen per-soal. Nós demandámoslle en re-petidas ocasións que modificase a RPT para axustarse ás necesi-dades reais, como non o fixo des-coñecemos as necesidades.

Coa nosa proposta de remuni-cipalización probablemente sexa necesario incrementar a plantilla pero tendo en conta que agora mesmo tamén hai traballadores nas contratas co cal tampouco sería un aumento real”.

Implementaría un control de horarios para os funcionarios?

S.G.: “Si, por que non? Estase facendo noutras administracións e no Concello de Ourense tamén sería factible. Sobre todo porque tamén dá facilidades, cunha fle-xibilidade no horario de entrada e saída os traballadores e traba-lladoras poderían adaptarse á súa vida persoal e cumplir o horario igualmente”.

Contrataría un familiar como asesor se é alcaldesa?

S.G.:“Creo que esa posibilida-de está excluída”.

Os impostos municipais de-ben subir, baixar ou manter-se?

S.G.: “Débense modificar, nós propoñemos unha reforma do sistema fiscal do concello, que se reformen de maneira que sexan máis progresivos, que pa-guen menos quen ten menos e que paguen máis quen máis ten. Progresividade é facilitar o paga-mento de tributos para esas per-soas en dificultade e en cambio non diminuiríamos a recadación do Concello”.

Apoia a continuidade do ca-lendario de eventos culturais que hai na cidade?

S.G.: “En xeral apoiamos todo aquilo que nós desenvolvimos desde a nosa acción de goberno: a recuperación do ciclo anual festivo, as festas tradicionais,

P. Lodeiro

Quen é Gonzalo Pérez Já-come?

Gonzalo Jácome: “Un ourensán de toda a vida, de 45 anos, considérome máis un em-prendedor que un empresario por todas as inquietudes e cou-sas que teño feito, emprender proxectos, cuestionarme o sis-tema e propor alternativas”.

Díganos unha proposta que leve no seu programa que se poida aplicar desde o minuto 1 se chega a gobernar.

G.J.: “A baixada do IBI do �0%, no seguinte recibo que veña, o de �016”.

E un servizo que funcione ben no Concello de Ourense e non tocaría.

G.J.: “Por exemplo Interven-ción. Traballan a tope e o ben que funcionan, paréceme que non o tocaríamos”.

Cal é a proposta de DO so-bre o PXOM?

G.J.: “Hai que pulilo moí-tisimo; contratar un equipo de 15 arquitectos ourensáns con varias liñas de ataque: un, me-llorar o traballo técnico que o encargado a unha empresa de Coruña é deficitario; dous, eli-minar os pelotazos da época de Cabezas; tres, minimizar as casas fóra de ordenación; e ca-tro, con todas as reclamacións millonarias que está facendo a xente, construtores, chegar a un acordo con todos. Calculo que nun ano e medio está feito”.

A previsión de vivendas é a acaída para Ourense?

G.J.: “Non, nós cremos máis na liberdade, cremos que están demasiado limitadas nalgunhas zonas”.

Funcionan ben as contratas municipais?

G.J.: “A maioría funcionan mal, porque unha vez que se lle asigna a contratación, non se fai un seguemento, moitas non se están cumplindo”.

Que propón Democracia Ourensana?

G.J.: “Rescatar as que se poida e nas outras ser tremen-

o teatro. Os ciclos de música clásica reformularíamolos por-que non ten sentido ter dous no ano, e o Festival de Cine é eterno debate e aí abriríamolo ao debate público e tomaríamos unha decisión”.

Teñen que xogar algún pa-pel as asociaciósn veciñais na política municipal?

S.G.: “Si, claro. De feito unha das nosas propostas é a división da cidade en distritos que estarían xestionados por un órgano de goberno formado po-los veciños, aí xogarían un pa-pel importante as asociacións e federacións. Estes distritos contarían cunha partida orza-mentaria para que tivesen real-mente capacidade de decisión.

Por outra parte, estábase empezando a reformar o regu-lamento do pleno para que os veciños e veciñas poidan parti-cipar nos debates plenarios”.

Neste mandato os plenos non deron unha boa imaxe da clase política ourensá. Cre que deberían refomularse?

S.G.: “Eu creo que si hai que cambiar o regulamento para abrilo á participación pero o resto é cuestión das persoas que forman parte da corporación. Se un vai ao pleno a montar un espectáculo porque lle resulta interesante para os seus intere-ses particulares ou un non sabe debater sen alporizarse iso xa é unha cuestión persoal”.

Cal é a posición do Bloque sobre os políticos imputados?

S.G.: “Temos un código éti-co moi claro que practicamos estritamente e cada vez que haxa unha imputación haberá unha dimisión pola nosa par-te, o mesmo lle pediríamos aos demais que fixesen, pero claro aí xa non podemos tomar deci-sións. Nós temos demostrado que o practicamos e no seu mo-mento saimos do goberno por-que había un alcalde imputado que non quería dimitir”.

Está aberto o BNG a pactos tralo 24M?

S.G.: “De momento está sen decidir. Estamos traballando dando a coñecer a nosa propos-ta e confiamos que a cidadanía nos dea o apoio necesario para liderar o goberno. Partindo de aí, o que non faríamos é dar-lle o noso apoio a unha forza que está recurtando servizos e dereitos, o PP. Intentaríamos conformar un goberno de es-querdas e en todo caso sería unha negociación baseada no programa e no noso proxecto”.

Susana García, candidata do BNG-Asembleas Abertas en Ourense./P.L.

ENTREVISTA A SUSANA GARCÍA (BNG)

“Propomos unha reforma fiscal para que os impostos sexan máis

progresivos”

ENTREVISTA A GONZALO PÉREZ JÁCOME (DEMOCRACIA OURENSANA)

“Pactos? As ideas por riba das persoas”

Page 5: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOS Maio de �015

ELECCIÓNS OURENSE especial

“Queremos rescatar as concesións que se poidan e nas outras ser estrictos no control”

damente estrictos no control”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus urbano?

G.J.: “A última vez creo que foi nun partido que fun ver do COB en 1990”.

Cal é a posición de DO sobre o transporte metropolitano?

G.J.: “Implementalo xa e que a Xunta se molle e poña diñeiro”.

Como se faría?G.J: “Eu son partidario de que

os buses vaian ao centro porque iso facilita a vida á xente. Que teñan que ir ás aforas limita a mobilidade”.

Considera que o Concello ten a plantilla que necesita?

G.J: “Tantos anos de enchufis-mo fai que a plantilla estea sobre-dimensionada e inflada. Se non a reducimos somos cómplices coas corporacións anteriores”.

En todos os servizos?G.J: “O saldo xeral é que sobra

xente pero si é verdade que aínda que suprimamos xente nuns ser-vizos noutros fai falta máis”.

Implementaría algún siste-ma de control de horarios aos traballadores municipais?

G.J: “Fomos o único partido que o propuxemos no pleno, aceptouse pero non se implan-tou polos intereses dos sindica-tos”.

Contrataría un familiar como asesor se é alcalde?

G.J.: “Cremos que ten que ir a mellor xente, o que pasa é que ás veces xeras unhas sus-picacias e iso é malo. Sempre digo que se esa persoa é tan competente non terá problemas para atopar traballo no sector privado”.

Os impostos municipais deben subir, baixar ou man-terse?

G.J.: “Hai que baixalos por-que o que nos están dando a cambio deles é deficitario. É unha presión fiscal bastante alta e onde mellor se move a economía é no diñeiro dos ci-dadáns”.

Apoia a continuidade do calendario de eventos cultu-rais que hai na cidade?

G.J.: “Non, cambiaríao ao 100%. Faría un renacemento cultural. Adaptaríao ao pobo. O pobo ten que pagar a metade do custo dos eventos para que realmente se estea ofrecendo o que a xente demanda”.

Teñen que xogar algún pa-pel as asociacións veciñais na política municipal?

G.J.: “Non, creo que a polí-tica municipal débena xogar os cidadáns individualmente, eu non creo na representatividade das asociacións de veciños”.

Neste mandato os plenos non deron moi boa imaxe dos políticos.

G.J.: “Grazas a Deus, porque estaban roubando e nós conse-guimos sacar á luz iso, foi gra-zas a nós”.

Deberían modificarse?G.J.: “Debería modificarse

porque non serven para nada e facelos doutra forma”.

Cal é a postura de DO so-bre os políticos imputados?

G.J.: “Democracia Ouren-sana opina igual que os xuíces: ata que non estean condenados ninguén ten que dimitir. Sen embargo, se hai sospeitas, os su-periores do partido ou o pobo co voto terán que tomar medidas”.

Cal é a posición de DO so-bre pactos tralo 24M?

G.J.: “As ideas por ribas das persoas, que se cumpran os programas electorais”.

P. Lodeiro

Quen é Miguel Doval?Miguel Doval: “É un cida-

dán de Ourense de toda vida, que naceu na rúa do Paxaro, que fixo os seus estudos aquí e sigue en Ourense”.

Díganos unha proposta que leve no seu programa que se poida aplicar desde o minuto 1 se chega a gobernar.

M.D.: “A bandeira de Ouren-se en Común, a participación da cidadanía, que practicamos desde que empezamos con este proxecto”.

E un servizo que funcione ben e que non cambiaría.

M.D.: “É difícil… posmo complicado. Digamos que as festas tradicionais”.

Apoia a continuidade do calendario de eventos cultu-rais que se organizan?

M.D.: “Previo estudo de cada un deles e adaptación á realidade local”.

Que propón Ourense en Común sobre o PXOM en re-dacción?

M.D.: “Poñelo en marcha de xeito inmediato, aproveitando o que está feito e retocándoo un pouco. É fundamental sacalo adiante xa porque é unha fonte de xeración de emprego e dun montón de inicativas”.

A previsión de vivendas que fai é acaída para a cidade?

M.D.: “Nós queremos un

Ourense diferente, humano, e a previsión de vivenda ten que adaptarse á realidade de Ouren-se: unha poboación envellecida, cada vez somos menos e non po-demos seguir construíndo para ter as vivendas baleiras”.

Como están funcionando as contratas municipais?

M.D.: “De xeito oscurantista, e un dos obxectivos de Ouren-se en Común é remunicipalizar moitos dos servizos. Pensamos nos servizos como un ben co-mún non como unha conta de resultados”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus urbano?

M.D.: “Fai dous días. A xen-te que me coñece sabe que uso o transporte urbano e vou a pé practicamente a diario”.

Que propón OuenC para o transporte metropolitano?

M.D.: “Fixemos un traballo ex-haustivo sobre o transporte públi-co e vemos un desorde alarmante de buses que percorren desde a avenida de Santiago ao Posío cunha intensidade impresionante e barrios como o do Couto onde non hai. Sobre o metropolitano témolo claro: intercambiadores nas aforas conectados co trans-porte público local”.

Cre que o Concello ten a plantilla que necesita?

M.D.: “Formará parte desa auditoría que faremos ao en-trar. Tivemos unha reunión cun sindicato da Policía Local e é alarmante os ratios que es-

tán establecidos e a realidade de Ourense”.

Implementarían algún siste-ma de control de horarios para os funcionarios?

M.D.: “Entendemos que hoxe tal e como está o Concello hai unha desmotivación xeralida-de e haberá que animalos a que Ourense é de todos”.

Contrataría un familiar como asesor?

M.D.: “Nunca. Pode que nun momento puntual haxa que facer unha consulta con persoal de con-fianza pero Ourense en Común se move a través de asembleas e non precisa de familiares”.

Os impostos municipais de-ben subir, baixar ou manter-se?

M.D.:“Esa é a pregunta do mi-llón. Ourense en Común non vai dicir que vai baixar os impostos. Propomos actualizar os valores catastrais das propiedades en Ourense, seguramente baixarán a maioría porque están super desfasadas”.

Teñen que xogar algún papel as asociacións veciñais na polí-tica municipal?

M.D.: “É unha ferramenta fun-damental para o xeito que quere-mos nós da política, participati-va, e teremos que sentarnos coas asociacións e racionalizalas”.

Neste mandato os plenos non deron moi boa imaxe da clase política ourensá.

M.D.: “Non é cuestión de ple-nos, é cuestión de respecto e de educación. Temos que ser edu-cados, respectuosos, porque é a imaxe que damos no noso conce-llo. Propomos o concelleiro �8, unha cadeira para un cidadán que no momento en que se faga unha obra ou algo importante no seu barrio poida opinar sen voto”.

Cal é a posición de Ourense en Común sobre os políticos imputados?

M.D.: “A xente que vai na lis-ta ten un compromiso asinado de renuncia ao cargo e cesión da acta, desde o primeiro día. Xa non é só a imputación, senón unha sospeita fundamentada”.

Están abertos a pactos para gobernar Ourense?

M.D.: “Non temos feito cába-las sobre ningún tipo de pactos, será unha asamblea a que decida e en todo caso Ourense en Co-mún non vai entrar nunca en in-tercambio de sillóns. Os pactos poden ser puntuais, en función dun servizo á cidadanía”.

Gonzalo Jácome é o candidato de Democracia Ourensana./P.L.

Miguel Doval, candidato de Ourense en Común./P.L.

ENTREVISTA A GONZALO PÉREZ JÁCOME (DEMOCRACIA OURENSANA)

“Pactos? As ideas por riba das persoas”

ENTREVISTA A MIGUEL DOVAL (OURENSE EN COMÚN)

“Ourense en Común non vai entrar en

intercambio de sillóns”

Page 6: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSMaio de �015 especial ELECCIÓNS OURENSE

P. L.

Quen é Xosé Mosque-ra?

Xosé Mosquera: “Un ourensán de 58 anos, pro-fesor da Universidade de Vigo e xefe do servizo de Intervención da Depu-tación, que decidiu pre-sentarse a estas eleccións porque creo que Ourense necesita xente cunha capa-cidade técnica e de xestión para sacar da parálise ao Concello”.

Díganos unha proposta que leve no seu progra-ma que se poida aplicar desde o minuto 1.

X.M.: “Inmediatamente podemos facer que todos os contratos de obra que superen os cen mil euros se fagan por poxa pública; reducir o salario do alcalde e o gasto en asesores”.

Funcionan as contratas ben?

X.M.: “A limpeza non está a funcionar moi ben, pero non toca neste man-dato (renovar a concesión). Hai outros que funcionan mediante concesión e po-den recuperarse para xes-tión directa polo Concello, como a auga ou a ORA, que vencen as concesións neste mandato”.

Os impostos munici-pais deben subir, baixar ou manterse?

X.M.: “Entendemos que o esforzo dos ourensáns é moi alto porque leva su-bido a carga fiscal nos úl-timos anos. É o momento de aliviar fiscalmente aos ourensáns. Entre as nosas propostas están reducir o IBI un 10% e rebaixar a plusvalía un 15%”.

Considera que a plan-tilla municipal é a axei-tada?

X.M.: “Non a coñezo con detalle pero entendo que no Concello de Ouren-se algúns servizos están sobredimensionados. Hai que estudalo e ver a fór-

mula de aproveitar recur-sos. Non creo que teñamos que crecer inicialmente en medios humanos, coa súa reubicación pódense pres-tar todos os servizos”.

Implementaría un sis-tema de control dos ho-rarios dos funcionarios?

X.M.: “Por suposto, eu creo que todas as persoas deben responder da activi-dade que desenvolven”.

Contrataría un fami-liar como asesor se é al-calde?

X.M.: “Non contrataría a ningún familiar para o meu equipo de asesores. Paréceme que a ética e a transparencia deben ser elementos fundamentais da xestión pública”.

Sobre o PXOM que se está tramitando, que fa-ría CxG?

X.M.: “O que hai que facer é paralo. Hai que iniciar o proceso, non di-latalo, con outro espirito, que todo o mundo se vexa reflexado no PXOM, e os intereses contrapostos se resolvan consensuada-mente de tal forma que teñamos un proxecto de cidade para �0 ou 40 anos que dea seguridade xurídi-ca. Un PXOM sostible que posibilite os investimen-tos, públicos e privados”.

Cal é a postura de Compromiso sobre o transporte metropolita-no?

P. L.

Quen é Lito Prado?Lito Prado: “É un pai

de dúas nenas, educador social de profesión e ac-tivista social, e un utópi-co irrenunciable”.

Díganos unha propos-ta que leve no seu pro-grama que se poida apli-car desde o minuto 1.

L.P.: “A transparencia, ao que nos compromete-mos xa antes de come-zar o partido. Só tes que sacar unha autorización notarial e podes entrar en Catastro, en Facenda, etc. e coñecer os meus datos. É moi importantte porque os políticos só fan unha declaración patrimonial e poden mentir”.

Cal é a postura de Anova sobre o PXOM?

L.P.: “Nós xa fixemos alegacións ao PXOM hai un ano, son as mesmas que levamos agora: que se reduza o número de vivendas construídas, que se dea unha cerrazón ás grandes superficies comerciais, que se prime a rehabilitación, que se podan deseñar espazos de lecer público”.

Que faría Anova coas concesións municipais?

L.P.: “Remunicipaliza-las. Nós imos recuperala todos, algunhas porque caducan, outras porque cremos que moralmente se rompeu o contrato, por exemplo Vendex. Quere-mos sacarlle o lucro aos servizos públicos”.

Cando foi a última vez que viaxou en bus?

L.P.: “Hai 15 días porque tiven que subir á Residencia. Propomos un transporte público de calidade integrado dentro dunha mobilidade uni-versal, xestionado direc-tamente polo Concello, para artellar todo o con-cello e chegando a acor-dos con outros concellos limítrofes. E nas parro-quias imos implementar o transporte a demanda”.

Considera que a plan-tilla municipal é a axei-tada?

L.P.: “Depende de en que servizos. Son necesa-rios traballadores con espe-cialización: un arquitecto, un topógrafo, bombeiros, policías locais, eses servi-zos hai que reforzalos. Os outros traballadores hai que reorganizalos”.

Implementaría un con-trol de horarios para os funcionarios?

L.P.: “O que é necesario é unha auditoría gradual, reunirse cos traballadores de cada servizo e que eles digan que carencias teñen, como vai o servizo, e unha vez que digan, miraremos. Loxicamente o Concello ten que auditar ese traba-llo. Por outra banda é xe-nial para o traballador, por-que se se fan horas extras é unha forma de corroborar que teñen que facelas”.

Contrataría un fami-liar como asesor?

L.P.: “Nunca. Eu non podería contratar a miña filla como asesora, caería-seme a cara de vergoña, aínda que fora a mellor do mundo e sei que podería ser inxusto para ela pero temos que gardar as formas e a estética é tan importante como a legalidade”.

Os impostos munici-pais deben subir, baixar ou manterse?

L.P.: “Hai que ser razoa-ble e coherente. Nós quere-mos a universalización do IBI: se somos máis a con-tribuir pagaremos menos. E hai que redistribuilo: aque-les que teñen acumulación de vivenda baleira subirase pero aqueles que a poñan en aluguer se lles baixará”.

Apoia o mantemento do calendario de eventos culturais da cidade?

L.P.: “A cidadanía e as entidades culturais teñen que participar nesas deci-sións. Hai certos eventos que se está vendo que non teñen apoio cidadán, como o Festival de Cine, o Cor-pus... Ourense ten que ser

a cidade do teatro”.

Teñen que xogar algún papel as A.VV. na políti-ca municipal?

L.P.: “Un papel funda-mental teñen que xogar todas as asociacións, sexan ou non veciñais. A partici-pación vai ser dos cidadáns, calquera veciño ten que ter voz no Concello e ferra-mentas para ser escoitado”.

Neste mandato os ple-nos non deron unha boa imaxe da clase política.

L.P.: “O problema é a baixa calidade de repre-sentantes políticos que ti-vemos ata agora. Hai unha utilización dos plenos. Teñen que ser moito máis áxiles e participativos”.

Cal é a postura de Anova sobre políticos imputados?

L.P.: “Nós non levamos políticos imputados. No momento en que esteamos imputados ou por incum-primento non razoado do programa é a propia orga-nización a que nos deroga. Aínda que che digo outra cousa: calquera persoa de Anova está concienciada para ser imputada por algo que sexa de xustiza social”.

Que opina dos pactos? L.P.: “Nós non falamos

de pactos, falamos de go-bernabilidade. Non deixare-mos gobernar ao PP. Deixa-remos gobernar a aqueles que en audiencia pública estean dispostos a cumplir como mínimo tres puntos programáticos: a normativa en igualdade, en lingua e mobilidade, a transparencia e a participación”.

X.M.: “Hai dúas admi-nistracións responsables: Concello e Xunta. Sén-tense na mesa. Eu estou disposto a sentar na mesa para resolvelo”.

Apoia o mantemento do calendario de even-tos culturais?

X . M . : “ A p o i á m o l o pero desde logo imos sometelo a estudo. Os re-cursos son limitados, ha-berá que ver a incidencia de cada un dos eventos, que teñan impacto real-mente na cidade”.

Teñen que xogar al-gún papel as asocia-cións veciñais na políti-ca municipal?

X.M.:“Deberían ter un papel activo na política municipal pero tamén deben ser asociacións vivas”.

Neste mandato os ple-nos non deron unha boa imaxe da clase política.

X.M.: “O problema son os políticos que es-tiveron. O que pasou nos últimos anos foi ba-sicamente unha descali-ficación practicamente recíproca e sen avance de ningún tipo. Non vi-mos ningunha iniciativa onde houbera un empuxe conxunto da corpora-ción”.

Cal é a posición de CxG sobre os políticos imputados?

X.M.: “Nós non le-vamos nin levaremos ningún político que es-tea imputado, porque a sociedade se merece que os representantes sexan intachables”.

Está aberto CxG a pactos?

X.M.: “O programa vai ser a base de calque-ra pacto posterior. Temos un mandato congresual que di que se non acada-mos o �0% non forma-remos parte de ningún goberno”.

ENTREVISTA A XOSÉ MOSQUERA (COMPROMISO POR GALICIA)

“Ourense necesita xente con capacidade para sacar da

parálise ao Concello”

ENTREVISTA A LITO PRADO (CANDIDATO DE ANOVA)

“Queremos sacarlle o lucro aos servizos públicos”

Xosé Mosquera./P.L.

Lito Prado, de Anova./P.L.

Page 7: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOSMaio de �015PUBLICIDADE

Page 8: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSMaio de �015 especial ELECCIÓNS BARBADÁS

Silvia Nieto

Apoio aos comercian-tes, mellora do transporte metropolitano e conxela-ción de taxas municipais son outras das propostas do PSOE de Barbadás. O seu candidato, Xosé Car-los Valcárcel, explícanos parte do programa.

Como definiría a si-tuación actual de Barba-dás?

X.C.V.: “Somos o cuar-to concello da provincia e Barbadás non ten as do-tacións que lle correspon-den pola súa poboación. Non hai instituto, non hai centro de día público, fal-ta unha segunda gardería municipal, non temos un centro de saúde digno xa que está escasamente do-tado de facultativos e ca-rente de servizos.

Esto todo é o resultado dunha xestion do PP ca-racterizada pola ineficacia, a desidia e o desgaste. Un Goberno municipal alon-xado da veciñanza e dos seus problemas”.

Cal considera que é o principal problema que ten Barbadás e como o solucionaría?

X.C.V.: “O principal problema é a ausencia de dotacións básicas para un concello de preto de 11.000 veciños.

Temos que activar proxectos tan fundamen-tais como o centro de saú-de, o instituto e o centro de día público; ao igual que xestionar coa Administra-ción autonómica unha se-gunda gardería municipal.

Resulta fundamental pór o Concello ao servizo da veciñanza e colaborar activamente coas demais administracións esixindo o que nos corresponde”.

Que propostas ten para a dinamización eco-nómica de Barbadás?

X.C.V.: “O meu gober-no asinarará un convenio de colaboración cos co-merciantes e emprendedo-

res para potenciar e apoiar as súas actividades econó-micas, cunha partida nos orzamentos municipais.

Hai que revitalizar o Centro Empresarial crean-do un órgano rector que estableza e fixe os obxecti-vos; o cal debe contar coa participación dos axentes económicos e sociais do concello e marcar as pautas de actuación.

Para un concello tan próximo a Ourense resul-ta fundamental tamén o transporte metropolitano e mellorar o transporte pú-blico entre as parroquias e A Valenzá.

Temos que crear unha Oficina Municipal de Reha-bilitación para recuperar os cascos antigos; e así atraer e fixar nova poboación nas parroquias, para dinamizar a súa economía.

Resulta básico, ademais, elaborar un Plan Plurianual de Obras para mellorar as zonas verdes, camiños e es-tradas; e facer un concello máis humano e habitable.

Así mesmo, a veciñanza e o comercio local precisan que se conxelen as taxas municipais durante un pe-riodo mínimo de dous anos e que se permita o fraccio-namento dos pagos.

E outro elemento funda-mental é poder incorporar a xuventude ao mercado laboral e para iso é moi importante a creación dun-ha Oficina de Información Xuvenil”.

Como definiría a lista do PSOE en Barbadás?

X.C.V.: “Somos persoas honestas, solidarias, trans-parentes, preocupadas po-los problemas dos veciños. Representamos a todos os colectivos sociais de Bar-badás e tamén a todas as súas parroquias”.

Pactaría con algún outro partido para go-bernar?

X.C.V.: “Confiamos en que haxa unha maioría de progreso que nos permita gobernar. Só pactaremos con aqueles que defendan os dereitos sociais para avanzar cara a un Barbadás máis xusto e solidario”.

A un veciño de Barba-dás, como o convencería de que o votase?

X.C.V.: “A miña candi-datura quere cambiar o fu-turo dos veciños de Barba-dás. Levamos moitos anos facendo propostas en po-sitivo para mellorar a súa calidade de vida e pensan-do especialmente nos máis desfavorecidas. Queremos un concello máis solidario, máis honesto e máis trans-parente; un concello que pense en todos os veciños.

O PP leva �8 anos go-bernando; é un goberno canso e sen ideas. Son moi-tos anos de promesas in-cumpridas. Nós achegamos ilusión, gañas de traballar, innovación, honestidade e proximidade”.

ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL

“Achegamos gañas de traballar, honestidade e

proximidade”4Para o PSOE, Barbadás precisa un centro de día, instituto, gardería e centro de saúde.

Xosé Carlos Valcárcel, candidato do PSOE de Barbadás.

Silvia Nieto

Logo de �8 anos á fronte do Goberno municipal de Barbadás, o PP aposta pola súa ampla experiencia e as melloras logradas como puntos fortes para continuar na alcaldía. Pero esta vez cunha nova persoa levando as rendas, Consuelo Vispo, que despois de dous man-datos como edil de Depor-tes colleu o relevo de Freire Couto.

Vispo descríbenos aos seus compañeiros de can-didatura e os proxectos de futuro dos populares en Barbadás.

En que mellorou Bar-badás dende que o PP se atopa á fronte do gobernó municipal?

C.V.: “O PP leva �8 anos gobernando. Barbadás tiña �.000 habitantes fai 19 anos e neste tempo a poboación incrementouse notablemen-te, e o que medrou Barba-dás foi grazas ao PP, porque construiu unha pequena ci-dade con todos os servizos para que os veciños non precisen desplazarse. Acá teñen todo”.

Como definiría a situa-ción actual de Barbadás?

C.V.: “Barbadás conta con todos os servizos que se precisan e o que buscamos dende o PP é continuar na mesma liña de progresión destes anos, conseguindo que aumente a poboación aumenando as prestacións”.

Cal considera que é o

principal problema que ten Barbadás e como o so-lucionaría?

C.V.: “A principal asigna-tura pendente que temos é o novo centro de saúde, que xa está licitado. Ademais, o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, anunciou nun mitin en Barbadás fai uns días que está previsto que come-

cen as obras en cuestión dun mes. Para o PP a sanidade é fundamental”.

Que propostas ten o PP para a dinamización eco-nómica de Barbadás?

C.V.: “Dende o PP man-teremos todos os servizos ofertados aos veciños ata agora, como foi baixar ao mínimo o IBI, e conxelare-mos as cuotas municipais.

Neste momento conta-mos cun concello saneado, grazas á xestión do PP, e despois destes anos de cri-se temos un remanente de 900.000 euros que investi-remos en varios proxectos previstos e aprobados en pleno”.

Como definiría a lista do PP en Barbadás?

C.V.: “Todos os que for-man parte da lista do PP teñen un porqué. Son xente con empresas ou comer-cios en Barbadás, xente da rúa, que coñecen ben as ne-cesidades dos seus veciños. As novas incorporacións son xente moza á que lle explicamos o noso proxec-to e se uniron sen pensalo, e crearon as 115 propostas que incluimos no noso pro-grama.

Xunto a eles atópanse, ademais, cinco persoas que xa tiñamos ampla ex-periencia no goberno, e

xuntos creamos a liña a seguir. Cada persoa da lista do PP foi escollida pola súa maneira de ser e pola súa capacidade para atender a axudar a todos os veciños”.

Pactaría con algún outro partido para go-bernar?

C.V.: “A nosa intención é obter maioría absoluta. En Barbadás só hai dúas opcións: a primeira é que goberne o PP; a segunda é que se forme un bipartito, tripartito ou cuatripartito que van ter moi compli-cado poñerse dacordo”.

A un veciño de Barba-dás, como o convencería de que a votase?

C.V.: “O PP vai seguir traballando para que os veciños conten con todo o que precisan, como ata agora. O PP sabe xestio-nar, como o demostramos nestes �8 anos de gober-no, tralos que contamos cun concello saneado. Nós sabemos como hai que traballar para conti-nuar prestando servizo con estabilidade”.

ENTREVISTA A CONSUELO VISPO

“O PP fixo de Barbadás unha pequna cidade con

todos os servizos”4 A candidata popular defende o traballo do seu partido en case 30 anos de goberno.

“Grazas á xestión do PP contamos cun concello saneado”

Freire Couto con Consuelo Vispo, candidata do PP.

Page 9: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOS Maio de �015ELECCIÓNS BARBADÁS especial

FINA VARELAS“DO é a única opción

real de cambio en Barbadás”

S.N.

Logo de catro anos na oposi-ción do Concello de Ourense, Democracia Ourensana presén-tase agora tamén en zonas limí-trofes á capital na procura de representación na Deputación. Fina Varelas é a cabeza de lista de DO en Barbadás.

Como definiría a situación actual de Barbadás?

F.V.: “Como de fin de ciclo, acaba o ciclo do PP de Freire con triste epílogo de Consuelo”.

Cal considera que é o prin-cipal problema que ten Bar-badás e como o solucionaría DO?

F.V.: “O clientelismo, e a so-lución é a través da transparen-cia na xestión”.

Que propostas ten DO para a dinamización económica de Barbadás?

F.V.: “Apoio decidido á pe-quena empresa, ao asociacio-nismo, reducindo impostos e taxas; minimizando trabas burocráticas, e axilizando as outras. En DO temos un lema ‘se non podes axudar, non es-torbes’”.

Como definiría ao resto da súa lista?

F.V.: “Ante todo somos un grupo de xente honesta, em-prendedora, dinámica, pero por riba de todo ‘boa xente’”.

Pactaría con algún outro partido para gobernar?

F.V.: “Nós saímos a gañar”.

A un veciño de Barbadás, como o convencería de que a votase?

F.V.: “O voto a DO é a única opción real de cambio en Bar-badás”.

Silvia Nieto

O candidato do BNG-AA á alcaldía de Barbadás desglósa-nos parte dos seus obxectivos de acadar o goberno. Dotación de servizos públicos básicos (centro de saúde, instituto, centro de día, piscinas cubertas...), creación dun banco municipal de fomento de empresas e apoio ao comercio de proximidade son algunhas das súas propostas.

Como definiría a situación actual de Barbadás?

X.M.F.: “Un concello con moitas carencias en infraestrutu-ras públicas, en servizos sociais, en atención á cidadanía e cun go-berno anestesiado, con falta de proxecto político, que actúa con desidia para solucionar os pro-blemas da veciñanza, máis co-ñecido por casos de corrupción urbanística que pola súa xestión de goberno”.

Cal considera que é o prin-cipal problema que ten Barba-dás e como o solucionaría?

X.M.F.: “A falta de servizos públicos como centro de saúde, instituto, centro de día, piscinas cubertas, falta de axudas sociais para atender ás persoas, falta de transparencia e de democracia.

Solución: traballo, esforzo, adicación, honradez, participa-ción cidadá e xustiza social”.

Que propostas ten o BNG -AA para a dinamización eco-nómica de Barbadás?

X.M.F.: “Creación dun banco municipal de fomento de empre-sas de economía social, coopera-

tivismo e sociedades laborais, nos baixos que ten o Concello na rúa do Viso, actualmente ba-leiros, para crear nichos de em-presas con asesoramento fiscal e burocrático para a posta en marcha de empresas de carác-ter social e de interés xeral; a creación de terreo empresarial para desenvolver a demanda das empresas; e o fomento do comercio local”.

Como definiría ao resto de persoas que completan a lista do BNG-AA en Barbadás?

X.M.F.: “Xente nova, com-prometida con Barbadás e con Galiza, honesta e preparada. Traballadoras e traballadores dispostos a loitar polo ben co-mún”.

Pactaría con algún outro partido dos que se presentan para gobernar?

X.M.F.: “No BNG – As-embleas Abertas estamos dis-postos ao diálogo, sempre que se cumpran uns mínimos de transparencia, loita contra a corrupción, defensa do carácter público dos servizos básicos e que respecten a nosa identida-de, cultura e lingua”.

A un veciño de Barbadás, como o convencería de que o votase?

X.M.F.: “Explicándolle que Barbadás conta coa xente e a potencialidade para construír un futuro mellor, onde entre todas e todos con traballo e honestidade poidamos superar esta situación de dificultade económica e inxustiza social”.

S.N.

Compromiso por Galicia pre-séntase por primeira vez á al-caldía de Barbadás e faino con Ramón Padrón como candidato e co obxectivo de demostrar que “a unión fai a forza polo ben común”.

Como definiría a situación actual de Barbadás?

R.P.: “A situación actual de Barbadás é preocupante a nivel de emprego, planificación ur-banística, deportiva, sanitaria, educativa e falta de coordina-ción directa con todo tipo de asociacións e parroquias”.

Cal considera que é o prin-cipal problema que ten Bar-badás e o solucionaría?

R.P.: “O principal problema do Concello é a falta de empre-go de calidade por unha políti-ca errónea durante estes anos pasados”.

Que propostas ten CxG para a dinamización econó-mica de Barbadás?

R.P.: “As nosas propostas para a dinamización económica de Barbadás son apostar pola pequena e mediana empresa, os comerciantes, os emprendedo-res, os colectivos e asociacións e toda aquela persoa con afán de gañar o seu futuro e dos seus semellantes”.

Como definiría ao resto de

persoas que completan a lista de CxG en Barbadás?

R.P.: “Como xente valente e independente que nun momen-to dado da sua vida deciciu dar un paso adiante para mellorar o seu entorno e dar exemplo de que a unión fai a forza polo ben común”.

Pactaría con algún outro partido dos que se presentan para gobernar?

R.P.: “Somos unha iniciati-va veciñal que apostamos polo diálogo permanente para solu-cionar os problemas do día a día que afectan directamente aos vecinos, deixando á marxe siglas e ideoloxías. A nosa po-lítica é o contacto directo coas persoas, que unidas toman de-cisións e nós somos a súa ferra-menta para resolvelas”.

A un veciño de Barbadás, como o convencería de que o votase?

R.P.: “Queremos que nos voten para cambiar a forma de facer política ata o de agora por unha xestión directa e diaria dos cidadáns cos políticos que os representan no Concello.

As asociacións, colectivos, comerciantes, empresas, tra-balladores... teñen dereito a participar das decisións que se toman día a día por medio de asembleas ou consultas para que todos se sintan partícipes e satisfeitos de mellorar o seu contorno”.

ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL FÍRVIDA

“Somos xente traballadora disposta a loitar polo ben común”4Xosé Manuel Fírvida achéganos ao programa do BNG-AA en Barbadás.

ENTREVISTA A RAMÓN PADRÓN

“Somos unha iniciativa veciñal que

apostamos polo diálogo permanente”

4CxG propón para Barbadás “cam-biar a forma de facer política”, con asambleas e consultas cos veciños.

Xosé Manuel Fírvida no parque dos Patos da Valenzá./M.REJO.Fina Varelas./M.R.

Ramón Padrón (no centro) xunto a dous compañeiros de lista./M.R.

Page 10: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSMaio de �015 CIDADE

Redacción

O Concello de Ourense presentará alegacións ao proxecto de integración da alta velocidade na ci-dade, no treito compren-dido entre Taboadela, Seixalbo e Ourense.

O proxecto presenta-do foi informado polos servizos de Enxeñería Municipal, Arqueoloxía, Patrimonio, Patrimonio Cultural e polos xurídi-cos municipais. Xunto co informe presentado polo equipo redactor do Plan Xeral, daráselles traslado ao Ministerio de Fomen-to e a ADIF, para o seu coñecemento e que sexan tidos en conta.

O Concello de Ouren-se recibira o mes pasado os proxectos constructi-vos para a execución das

obras da alta velocidade no último tramo, dende a estación de Ourense a Seixalbo remitidos por ADIF. Como administra-ción con competencias ur-banísticas, compételle rea-liza un informe de control sobre o cumprimento do estudo informativo apro-bado en �014.

Entre as liñas xerais dos informes realizados pola Administración lo-cal destacan a de garantir a solución máis axeitada para a previsión do encon-tro coa futura vía Ouren-se- Monforte- Lugo, nas condicións previstas ini-cialmente no estudo infor-mativo á altura de Oira. Tamén se pretende mini-mizar o impacto do pór-tico de cubrición das vías entre Peliquín e a avenida de Santiago; quérese que

se considere a solución arquitectónica máis axei-tada para a nova ponte sobre o río Miño nas proximidades da presa de Velle, así como dimi-nuír o impacto dos cortes topográficos na emboca-dura dos túneles.

Seixalbo-TaboadelaO Concello de Ourense

tamén alegará ao proxec-to do treito anterior da alta velocidade, com-prendido entre Seixalbo e Taboadela. Aí o Concello solicitou un perfeccio-namento do documento centrado na reposición de camiños en Seixalbo e un mellor tratamento dos taludes que provoca a construción das vías den-de o val de Seixalbo ata a saída do termo municipal sobre o río Barbaña.

--

Redacción

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a licitación do estudo de necesidades da nova ter-minal de autobuses de Ourense, que se integrará na futura estación inter-modal.

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ache-

ga un importe de 50.�15 euros para a realización destes estudos que de-berán constar de catro puntos: levantamento to-pográfico, necesidades e análise de impacto, estudo funcional da nova terminal de autobuses e avaliación de liñas, viario e tráfico. O prazo establecido para a execución deste estudo será de catro meses.

O Concello remite a Fomento as alegacións á integración do AVE4 Buscan diminuir o impacto da infraestru-tura na súa entrada á cidade.

Imputada a Xunta de Goberno polo nomeamento de Carmen DacostaRedacción

O candidato socialista á alcaldía de Ourense e actual edil, José Ángel Vázquez Barquero, non dimitirá tras coñecerse a súa imputación, xunto ao resto de membros da Xunta de Goberno local que acordou nomear a Carmen Rodríguez Da-costa, número � da can-didatura socialista, como directora xeral de Per-soal. A decisión do xuíz tómase a raíz dunha de-nuncia do sindicato USO que vía un posible delito de prevaricación na con-tratación de Dacosta.

O político socialista explicou que na súa deci-sión de non dimitir “pe-san máis as responsabili-dades que a coherencia”, en referenza a unhas de-claracións de decembro pasado nas que asegura-ba que de ser imputado dimitiría.

Xunto a Barquero terán que declarar con avoga-do o resto dos membros da Xunta de Goberno lo-cal que en xuño de �01� acordou o nomeamen-to de Dacosta: o actual rexedor, Agustín Fernán-dez, a tenente de alcalde, Marga Martín, a edil de Cultura e Educación, Ana Garrido e os ex conce-lleiros Áurea Soto e José Carlos Martínez-Pedrayo. As declaracións serán no mes de xuño.

En relación a esta im-putación, o alcalde defen-deu que o procedemento seguido na designación de Dacosta foi “estricta-mente legal” .

A Xunta licita o estudo de necesidades da nova estación de autobuses4 Ubicarase na futura esta-ción intermodal.

Redacción

A Comisión de Cultu-ra do Congreso aprobou, grazas aos votos do PP, unha Proposición non de Lei do grupo parlamen-tario socialista na que se pide ao Congreso instar o Goberno “a valorar a importante reforma e re-habilitación da Praza de Abastos nº1 de Ourense, no marco da correspon-

dente convocatoria e, en caso de selección, impul-sar a súa rehabilitación con cargo ao 1,5% cultural”

Nestes momentos a so-licitude ourensá, xunto a varios centos máis de pe-ticións, están en fase de estudo, análise e valora-ción. Nela, o Concello de Ourense pedía a Fomento unha axuda do 65% do custo total do proxecto, �,6 millóns de euros.

Apoio do Congreso á solicitude do 1,5% cultural para a Praza de Abastos4 A proposta dos socialistas.

Imaxe das vías de tren na estación Empalme. /ARQUIVO.

Page 11: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSMaio de �015ARTIGOS / SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4PSICOLOXÍA

Trastornos de conduta

Hai unha serie de pro-blemas de comporta-mento e emocionais que poden presentar tanto os nenos como os adoles-centes. Estes problemas poden ter relación cun comportamento impulsi-vo ou desafiante, consu-mo de drogas ou incluso actividades delictivas.

É un tipo de trastorno que se da máis común-mente entre os nenos va-róns e pode ter a orixe en múltiples causas.

Para poder identificalo hai que ter en conta os seus síntomas:

- Tenden a ser impulsi-vos e difíciles de contro-lar, polo que a veces pode chegar a confundirse co trastorno de atención con hiperactividade.

- Non cumpren as nor-mas que se lle dan por

unha razón senón porque non queren acatalas.

- Non teñen en conta os sentimentos dos demais, o seu comportamento é cruel a agresivo cara ás outras persoas ou os animais. A miúdo están involucrados en peleas, poden intimidar a xente ou incluso chegar a roubar…

- Fracaso escolar. Empe-zan a faltar ao colexio.

- Consumo de tabaco, alcohol e incluso poden-do chegar ao consumo de outras drogas psicoactivas.

- Mentiras constantes para evitar as tareas que ten que facer.

- Non coidar nin as súas cousas nin as dos demais. Tamén poden ocasionar desperfectos en mobilia-rios da rúa.

- Dificultade para facer amigos.

Estes nenos deben de ser tratados o máis pronto posible para que sexa máis efectivo. Para o proceso de tratamento a familia dos menores debe de involu-crarse na terapia xa que tamén terán que aprender

“Fracaso escolar, mentiras constantes, dificultade para facer amigos son algúns síntomas”

técnicas para saber ma-nexar mellor a conducta problemática dos seus fillos.

Os problemas de com-portamento poden levar a problemas de personali-dade cando sexan adultos ademais de poder chegar a ter problemas legais.

Polo tanto debemos estar alerta os compor-tamentos dos nenos e se temos dúbidas consul-tar a un profesional. Por exemplo sería motivo de alerta:

- Continuamente está involucrado en proble-mas.

- Ten altos e baixos no seu estado de ánimo.

- Intimida aos demais.- É cruel cos animais.-Comportamentos agre-

sivos. Recordade que canto

máis cedo se comece co tratamento máis posibili-dades hai de que o neno modifique o seu compor-tamento.

Rosa Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085

Convenio para prestar o servizo de axuda a domicilioRedacción

A xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Val-deorras, Eloína Núñez Masid, e o presidente da Fundación Dorzán, Juan Ramón Álvarez Blanco, asinaron un convenio de colaboración para a pres-tación do servizo de axu-da a domicilio.

Este convenio, que terá vixencia ata finais do ano, ten como obxectivo a prestación de atencións de carácter socio sanita-rio con carácter tempo-ral e no seu domicilio, a aqueles maiores, resi-dentes no municipio de Ourense que, tras recibir alta hospitalaria, precisen de axuda externa para o desenvolvemento das ac-tividades da vida diaria.

As vantaxes que ofrece este convenio son as de posibilitar a permanencia no ámbito habitual dos pacientes evitando a súa institucionalización e ga-rantir unha continuidade no seu plan de coidados.

Redacción

A Concellería de Saúde de Ourense pon en mar-cha unha nova edición do programa de promoción de boas prácticas ali-mentarias e prevención activa da obesidade. O seu obxectivo é fomen-tar patróns alimentarios equilibrados que garan-tan unha nutrición máis saudable na poboación e sensibilizar sobre os beneficios dunha dieta equilibrada e o mante-mento dun peso axeita-do, corrixindo erros na alimentación diaria.

Este programa inclúe accións dirixidas a come-dores colectivos, escola-res e poboación en xeral. En concreto, poranse en marcha catro accións: unha asesoría para menús

de comedores; unha aula alimentaria para escolares de 4º de Primaria; forma-ción para a poboación cun curso de hixiene e manipu-lación de alimentos e outro de actualización normativa de alérxenos alimentarios.

RutasFinalmente, o programa

promoverá o exercicio fí-sico con “Paseos para to-dos/as”. Son catro rutas deportivo-culturais, pen-sadas para persoas de to-das as idades, a do Miño, o 6 de xuño, a do Barbaña, o 1� de xuño, a do Castro Santomé, o �0 dese mes e finalmente o día 27 de xuño, a do Botánico de Montelagre. En todas elas o punto de saída é ás 10 horas do pavillón dos Re-medios e non requiren ins-crición previa.

4FOTO DENUNCIA

A Concellería de Saúde pon en marcha un programa de prevención da obesidade4 Con menús saudables, cursos e paseos.

Estado das baldosas rotas no parque da Cruz Alta./P.L.

Baldosas rotas no parque da Milagrosa

Unha das primeiras tarefas ás que se terá que enfron-tar o novo Goberno municipal é o arranxo de pequenos desperfectos en rúas, beirarúas e parques da cidade. Este que denunciamos, en concreto, está no parque do barrio da Cruz Alta, situado entre as rúas Nuño de Ousende e Alfonso X O Sabio. Son unha baldosas que formaban unha pequena rampa, e que romperon tras pasar por riba delas o vehículo do servizo de limpeza que estaba a lim-par o pavimento.

Page 12: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSMaio de �015 SOCIEDADE

Redacción

A Policía Local de Ourense fai balance do primeiro cuadrimestre de 2015 en materia de tráfico na capital.

Un dos aspectos anali-zados foron os positivos por alcoholemia ao vo-lante (detectados tanto en controis preventivos, infraccións e accidentes), nos que se observa unha baixada total do 18,1�% en relación a �014.

Dentro dos casos posi-tivos, 58 condutores fo-ron detidos. Tamén come-teron delito catro persoas por negarse a someterse ás probas legalmente es-tablecidas, tres por perda de vixencia do permiso de conducir ou perda total de puntos, dous por conducir sen obter nunca o permiso e outra por non contar con el por resolución xudicial, así como outro condutor por consumir substancias estupefacientes.

SinistralidadeSegundo os datos da

Policía Local, de xaneiro a marzo de �015 produ-círonse 41� accidentes de tráfico sen feridos (28 menos que no mesmo pe-ríodo do ano anterior) e 5� accidentes con feridos (4 menos que en �014). Destes feridos, 4� foron leves e 10 graves.

Ademais, neses tres meses producíronse 8 atropelos (1� menos que o ano pasado), entre os que se reduciron os casos de maiores de 61 anos e

desapareceron os de esco-lares.

Unha melloría nas cifras que a Policía Local achaca ás numerosas campañas de concienciación cidadá que teñen en marcha, así como ao reforzo en sinalización en determinados puntos da cidade.

Controis de velocidadeNo mes de marzo levá-

ronse a cabo controis de velocidade principalmente nas vías de acceso e saída á cidade. Neste mes foron controlados un total de ��8 vehículos, 4� destes condu-tores excederon o límite de velocidade permitido pero non foron denunciados por ser esta campaña só infor-mativa.

En abril, foron controla-dos 651 vehículos. 15 con-dutores superaron o límite de velocidade permitido e foron denunciados en vía administrativa, dentro da segunda parte desta cam-paña. Entre un mes e outro obsérvase unha redución do 4%.

Conducimos mellor na cidade4 Diminúe a alcoholemia ao volante, sinistralidade e exce-so de velocidade.

Redacción

María Isabel Fuentes convértese na primeira vítima de violencia ma-chista en Galicia no que vai de ano, tras ser acoite-lada, presuntamente polo seu marido, no hospital de Ourense o 8 de maio.

Isabel, de 65 anos, es-taba ingresada dende o � de abril debido a unha agresión que sufrira na súa casa de Pazos, Verín, e pola que estivo en coma ata unha semana antes. Daquela o marido, Anice-to Rodríguez, de �6 anos, asegurara que as feridas foran causadas froito dun asalto.

Decretado agora o se-creto de sumario, a inves-tigación para esclarecer o acontecido está en curso.

O presunto agresor está detido e permanece ingre-sado, logo de autolesio-narse co mesmo coitelo

Isabel Fuentes, primeira vítima de violencia de xénero en Galicia en 20154 A muller foi acoitelada, presuntamente polo seu marido, no hospital de Ourense.

co que agrediu á súa dona.

InvestigaciónCon respecto a este cri-

me, o Observatorio de violencia doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial anun-ciou que abrirá unha inves-tigación para esclarecer as circunstancias da morte de Isabel Fuentes no CHUO.

A Garda Civil, que in-vestigaba a primeira agre-sión á muller, pedira medi-das de protección para ela, tras cuestionar a versión do marido. As súas peticións non foron estimadas pola xuíza que levaba o caso do presunto roubo.

Dende a Unión de Gar-das Civís aseguran que a actuación dos axentes foi “impecable”, ao comunicar por escrito á xuíza as súas sospeitas. Respecto a ac-tuar sen o respaldo xudicial (porque mantiñan vixiado Teléfono violencia

de xénero: 016

a Aniceto), representantes legais deste colectivo ex-plicaron que a lei permite “restrinxir dereitos aos cidadáns sempre que se dean indicios suficientes”. Pola súa banda, as asocia-cións de xuíces declara-ron que estas medidas “só se poden adoptar no curso dun proceso penal” para defender a actuación da maxistrada de Verín.

Preguntas de políticosAnte a existencia dun

posible fallo de segurida-de e coordinación neste caso, a deputada do BNG Olaia Fernández (BNG) e o senador socialista Miguel Fidalgo (PSOE) pediron explicacións ao Goberno central. A so-cialista Carmen Acuña esixiu unha investigación no Parlamento galego.

Tras coñecerse este caso de violencia machista sucedéronse as concentracións de re-pulsa. Na imaxe, a convocada pola Marcha Mundial das Mulleres xunto á escultura da “Castañeira”, ao carón da Subdelegación de Goberno./P.LODEIRO.

Descenderon os atropelos de maiores de 61 anos

Cartel que informa da desaparición de Socorro Pérez

Dúas semanas sen rastro de Socorro PérezRedacción

Cumpríronse xa dúas semanas da desaparición de Socorro Pérez. Esta veciña do Couto de 4� anos falta da súa casa desde o sábado � de maio, cando tras comer na vivenda dos seus pais en Rabodegalo, saíu a facer deporte polo paseo das Ninfas, vestida cun chuvasqueiro rosa e un-has mallas negras, coas chaves e sen o móbil. Contra as nove da noite foi vista nun bar de Vis-tahermosa tomando algo cun coñecido e aí pérde-se a súa pista.

Durante este tempo, axentes, bombeiros e membros de Protección Civil rastrexaron os pa-seos do Miño, os acce-sos ao Seminario e os camiños que conducen a Piñor de Barbadás desde Vistahermosa, zonas por onde Socorro saía a co-rrer ou camiñar. Tamén se baixou o caudal do Miño para peinar as bei-ras do río a pé, e con em-barcacións ata o encoro de Castrelo, sen éxito.

A Policía Nacional prosegue a súa busca e mantén abertas tres prin-cipais liñas de investiga-ción: accidente, agresión e suicidio.

A Polícia Local fixo con-trois de velocidade e de al-coholemias./ARQUIVO.

Page 13: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSMaio de �015A VALENZÁ / SOCIEDADE

EN BREVE

Nova imaxe do parque de Montealegre, do deseñador M. Ángel García Chaler.

4 Actividades en Montealegre

O parque de Monteale-gre acollerá en próximas datas diversas activida-des gratuítas destinadas a adultos e menores, e re-lacionadas coa natureza e os animais.

O sábado 6 de xuño ás 1�:�0 terá lugar o obrado-iro para adultos “As es-tratexias das plantas”, e o domingo � ás 11:�0 a acti-vidade para nenos “Explo-rador por un día. Percorre o parque durante un día e descobre o tesouro”.

4 Clausura de Ociourense

O programa de activi-dades para a mocidade Ociourense, que desen-volve a Concellería de Saúde, chegará ao seu remate a última fin de se-mana do mes de maio.

As dúas últimas inicia-tivas deste programa de ocio saudable son unha xornada de Rol en Vivo, o sábado, �0 de maio, pola tarde e unha Andai-na sen fume, o domingo, �1, pola mañá.

Redacción

A corporación de Bar-badás acordou, no pleno de maio, aprobar unha moción socialista que urxe a ampliar as piscinas dos Carrís da Valenzá. Trátase dunha medida que o gru-po de goberno anunciara fai seis anos pero que non chegara a levar a cabo. Agora o rexedor afirmou que na adaptación do plan de urbanismo que se está efectuando xa está reser-vado un terreo para a am-pliación das piscinas.

Ambulatorio de Bar-badás

Neste pleno debatéronse dúas mocións similares -de PSOE e BNG- sobre a posible previsión do Ser-gas de pechar o ambula-torio de Barbadás pobo. O líder socialista falou da alerta creada entre a veciñanza de Barbadás, Loiro, Bentraces e Sobra-do debido á ausencia de pronunciamento do PP e

A avenida de Celanova e a rúa do Viso da Valenzá cortadas ao tráfico por causa do chapapote o pasado 11 de maio.

O chapapote “inunda” a avenida de CelanovaO BNG de Barbadás denunciou a “enxurrada de chapapote” levada a cabo polo gru-

po de goberno popular en varias rúas da Valenzá así como en parroquias de municipio. Un feito que, a xuízo dos nacionalistas, “ademais de supor un despilfarro de diñeiro supón tamén un risco para a seguridade viaria, ao botar por enriba gravilla que facía moi deslizante o firme das estradas”. Pois coa chegada de temperaturas altas, o cha-papote comezou a derretirse, en particular na rúa do Viso da Valenzá, onde, pola forte pendente veuse abaixo “nunha verdadeira avalancha”, chegando á avenida de Celano-va, arteria principal da localidade. Ambos viais houberon de ser cortados ao tráfico.

da Consellería de Sani-dade sobre o futuro do centro. Tamén reprochou a resposta do rexedor de que “nós non somos a Consellería” que, ao seu xuízo, amosa “desidia e desinterese”.

InvestimentosO grupo de goberno do

PP aprobou en solitario un suplemento de crédi-to de 900.�58 euros para investimentos destinadas a obras en parques, no tramo de estrada entre A Valenzá e Barbadás e arranxo de varios cami-ños.

O PP rexeitou unha proposta socialista para solventar �0 carencias na parroquia de Piñor.

PLENO DE BARBADÁS

Aprobada unha moción socialista para ampliar as piscinas da Valenzá4 A amplicación fora prome-tida hai seis anos polo grupo de goberno.

Socialistas e nacionalistas interesáronse polo futuro do centro de saúde de Barbadás

Escolares ourensáns gañan un premio co seu blogsRedacción

Un blog de estudantes do colexio Padre Feijoo vén de ser galardoado na IX Edición do Con-curso Espiral Edublogs, que premia os mellores blogs educativos de toda España.

O blog do Proxecto Ciencia Activa foi selec-cionado como un dos tres gañadores na modalidade “Blog de alumnos de ba-

Estudantes do colexio Padre Feijoo Zorelle.

charelato”. Representantes dos alumnos e a súa profe-sora, Beatriz Temes Pérez, acudirán ao acto de entrega de premios que se celebra-

rá en Madrid o próximo día 1� de xuño e no que se dará a coñecer cal do tres blogs gañadores ocu-pa o primeiro posto.

Page 14: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSMaio de �015

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya � 1º Of. 6 - ��004 Ourense. Tel: 988 045 �5� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 5 - Ano: XIV - Maio de �015 - Difusión: �0.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas per-soais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 �5�.

Concello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 ��0 ��8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 �91 ��1Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 ��0 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 �91 4�9Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 �85 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 4�1Taxis Carrefour 988 ��1 65�RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0��Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� �6 �� Asoc.Crohn 6�0 1�6 44�Down Ourense 988 ��0 �1�Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

PISOS

4AXENDAEspectáculos e teatro- �� de maio - Humor con Dani Mateo - �0:�0 h - Auditorio- �9 de maio - “Cancún” - �0:�0 h - Teatro Principal

Cine- �0 de maio - “Negocia-dor” - 18, �0:�0 h e �� h- Biblioteca- �5 de maio - “Mimi” - �0:�0 e �� h - Biblioteca- 1 de xuño - “Gare du Nord” - �0:�0 e �� h - Bi-blioteca- 8 de xuño - “Policeman” - �0:�0 e �� h - Biblioteca

Exposicións- Ata o �0 de maio - “Sen-tindo a madeira” - Museo Municipal- Ata o �0 de maio - “Ourense imaxinado” - Centro José Ángel Va-lente- Ata o �1 de maio - “Es-culturas do día a día” de Soledad Penalta e “Da-rwin y el evolucionismo”- C. C. Marcos Valcárcel- Ata o 6 de xuño - “Elí-zara, lugar onde non esti-ven” de Xoan Guerreiro e “A memoria e o seu silen-cio” de Rut Martínez - C. C. Marcos Valcárcel

Música- �6 de maio - Eric Redd Trío - �� h - Café Latino- �8 de maio - Lucky Pe-terson Quinteto - �� h - Praza Santa Eufemia- �0 de maio - The Qua-nom Band - �0.�0 h - Au-ditorio- �1 de maio - XXIV Xornadas exaltación le-tras e música de Galicia - 19:�0 h - Auditorio- 4 de xuño - Café Quija-no - �0:�0 h. - Auditoriowww.periodicobarrios.com

Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 6�9 �19 �69.Ofrécese mozo para traba-llar en almacéns. Tel. 6�� 6�1 408.Clases a domicilio neste curso. Especialidade mate-máticas xerais.Todas as eta-pas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 �8 �5 89 ou clasesadomicilio�[email protected]écese mozo responsa-ble, meticuloso, alegre para traballar en departamento administrativo ou coma de-pendente. Ampla experien-cia. Telf.: 6�9 154 995Ofrécese mozo con títu-lo técnico sociosanitario para o coidado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tlf.: 666 85� ��9Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tare-fas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 1�9 14�Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adul-tos, en Ourense. Tel. 669 60� 414Ofrécese señora para lim-peza, pasar o ferro ou facer a comida, con informes. Tel. 606 65 09 05.Moi económico, fanse re-paracións en fogar e nego-cios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 �8� 460.

Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés, todos os ni-veis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de ex-periencia. Tel. 610 659 41�.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experien-cia. Tel. 66� 508 ���.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 66� ���1�9 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebo-ok e Youtube: dúo piano voz.Perruqueira con 20 anos de experiencia e coñecementos de estética ofrécese para tra-ballar en fins de semana sol-tos. Tel. 685 9�1 0�4. Ofrécese quiromasaxista con prezos anticrise. Masaxes antiestrés, desconstracturan-tes, deportivos e drenaxes linfaticos. Tel.69� �� 09 80.Fanse desbroces económi-cos con tractor e a man. tel. 6�0 5�1 448

Alúgase piso amplo, con ou sen mobles. Todas as como-didades. Zona Couto. Econó-mico. Tel. 606 56 9� �8.Alúgase praza para moto no garaxe edificio Mercadona, avda. de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.Vendo finca de 2.000 m2 edi-ficable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 59.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de ��5x�8cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen mar-co de ��x�09cm. Tel. 610 659 41�.Compro ventás de alumi-nio con cristal sinxelo, todas

Necesítase chico responsable para compartir piso con señor maior. Tel. 6�� 00 59 101Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 0�5 �81Vendo apartamento en praia América, � habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minu-tos de Vigo. Tel.6�6 4�� 49�Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axar-dinados. Con aparcamento e barbacoa. Tel. 60� �� 19 16.Vendo en piso en praza Es-paña (Vigo). � dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 6�9 81 6� 09.Búscase chic@ para com-partir piso. Zona Couto. Ca-lefacción, televisor en habita-ción, Internet, etc. 200€/mes (gastos incluidos). Contacto: [email protected] ou no 600 9�� 54� (WhatsApp).Alugo garaxe para coche ou moto ao lado da praza do Couto, 45 euros. Tel. 606 0�5 �81Vendo finca pequena ao ca-rón de parada de bus, preto de Ourense. �50 metros cadra-dos. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 4�� 54�.

iguais, mesma cor e medi-das. Tel. 658 056 9��Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, �50 l/min. depósito �00l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 1�Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 1�Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. ��x�09cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 1�Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 6�0 5�1 448.Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 6�0 5�1 448.Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644OU. 1.995 euros negociables. Tel. 6�9 81 6� 09.Vendo 8 focos de baixo consumo. Bo prezo. Tel. 6�5 6� 10 11.Vendo moto 1�5 cv a bo prezo, tel. 6�0 5�1 448Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI 150cv. con todos os extras. Só �.000km. Tel. 684 �14 0�9.Véndese Opel Astra 1.9CDTI 1�0cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 �14 0�9.Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano �011.Llantas aluminio, climatizador, ra-dio USB...Tel 684 �14 0�9.Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 684 �14 0�9.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI 90cv. con aire acondi-cionado, gancho remolque. Tel 684 �14 0�9.

AXENDA / CLASIFICADOS / SERVIZOS

Page 15: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSMaio de �015

especial LETRAS GALEGAS

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación Universitaria, pre-parou un amplo programa de actividades para ache-garlle á cidadanía a figura homenaxeada coas Letras Galegas este ano, Xosé F. Filgueira Valverde.

Edicións conmemorati-vas, exposicións itineran-tes, a páxina web oficial de Filgueira e iniciativas de divulgación nas redes sociais, traducións da súa obra a outros idiomas, mostras bibliográficas nas bibliotecas centrais territo-riais de toda Galicia, obra-doiros para os máis peque-nos e actuacións musicais son algunhas das propostas que centran a programa-ción das Letras Galegas �015, que se pode consul-tar na Axenda de Cultura a través do enderezo web cultura.gal.

Mostra itineranteUnha das principais ac-

tuacións de difusión social e posta en valor coas que celebramos a vida e a obra da figura homenaxeada este ano no Día das Letras Ga-legas é a mostra itinerante

GALICIA HOMENAXEA A FILGUEIRA VALVERDEA Xunta de Galicia promove unha ampla pro-gramación de actos para favorecer o coñece-mento entre a cidadanía da vida e da obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedi-ca o 17 de maio

OUTRAS INICIATIVAS4 Pezas sobre Filgueira na TVG

A Consellería de Cul-tura e a Televisión de Galicia colaboran un ano máis para lle ache-gar á cidadanía a figura homenaxeada coas Le-tras Galegas. A canle autonómica emitirá tres pezas audiovisuais con textos de Xosé Filguei-ra Valverde, para favo-recer a difusión social da obra do escritor.

“Trátase de tres pezas audiovisuais realizadas a partir de fragmentos de textos do escritor que se acompañan de imaxes suxestivas para animar os espectadores a ler e a descubrir a pro-lífica obra de Filgueira Valverde”, afirmou o secretario xeral de Cul-tura, Anxo Lorenzo.

4Campaña de Feiraco

Feiraco súmase á pro-gramación conmemora-tiva das Letras Galegas �015 cunha iniciativa especial que, baixo o lema “Sempre coas Letras Galegas” leva-rá aos fogares galegos “O mellor de Filgueira Valverde” e animará á cidadanía a participar na celebración do 1� de maio por medio da IV edición do seu certa-me de microrrelatos na rede social Facebook. Faino coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da man da Fundación Filgueira Valverde.

4II Carreira Camiño das Letras

As secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura colaboraron tamén coa II Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e depor-tiva que se celebrou o sábado 16 de maio na capital de Galicia. Cun percorrido de 8 km pola ruta xacobea, a carreira, organizada por Xurdir, combinou o simbolismo do Camiño de Santiago coa conmemoración do Letras Galegas.

‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’

A exposición, promovida conxuntamente pola Xunta de Galicia e pola Deputa-ción de Pontevedra, conta con dúas versións itine-rantes que a Consellería de Cultura e Educación e máis a Deputación da Co-ruña levarán a un total de �� localidades das catro provincias ata final de ano. Entre elas, visitará o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras en setembro, o Auditorio do Carballiño en outubro e a Biblioteca Central de Ourense en de-cembro (do 5 ao 19).

A exposición estrutúrase en dous bloques. No pri-meiro revísase cronoloxi-camente a vida de Xosé Filgueira Valverde. No se-gundo realízase un estudo monográfico dos aspectos máis definitorios da súa densa e longa traxectoria como intelectual e como figura pública comprome-tida co seu tempo, e fálase da súa terra e as súas xen-tes. A mostra acompáñase dun amplo folleto de 1� páxinas no que se compi-lan os datos esenciais e que

Xosé F. Filgueira Val-verde nace o �8 de outu-bro de 1906 en Ponteve-dra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 1� de setembro de 1996.

Cursa o bacharelato na cidade, onde foi discípu-lo de Losada Diéguez e Castelao. Estuda Filoso-fía e Letras e máis De-reito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza.

A súa notoria preco-cidade permítelle, con apenas 1� anos, dirixir a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudos Galegos.

A década dos �0 foi igualmente intensa para Filgueira non só no to-cante á súa actividade política, traballando a prol do Estatuto e parti-cipando na fundación do Partido Galeguista, senón tamén na cultural.

Durante a guerra exer-ceu como profesor no Instituto de Lugo e alí descubriu o primeiro tra-ballo lexicográfico sobre o galego.

se entregará a todos os vi-sitantes.

Actividades comple-mentarias

Así mesmo, a Conselle-ríade Cultura e Educación pon en marcha diversas actividades didácticas e divulgativas que comple-mentan esta mostra. Por unha banda, nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística que acollan a exposición, ofrecerase a xincana escolar ‘Filgueira Valverde na voz da xente’. Durante a presentación da programación, o consellei-ro Román Rodríguez si-nalaba que esta actividade “achegaralle ao alumnado a figura do autor median-te unha actividade lúdica, participativa e didáctica.”

Amais, na páxina web de Cultura pódese consultar o documental ‘Contextuali-zando a Filgueira’, “unha revisión –explicou Román Rodíguez− que nos achega conversas entre familiares, amigos, especialistas e investigadores da cultura galega, e nos revela dis-tintos aspectos da vida de Filgueira en relación coa súa época.”

Nos anos 40 asume a dirección do Museo de Pontevedra e pasa a ser membro da Real Acade-mia Galega. Xa no 195�, é nomeado membro da Real Academia da Lingua e do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmien-to. De 1959 a 1968, é alcalde de Pontevedra, cargo que compaxina co de procurador en Cortes, posto este dende o que loitou pola presenza le-gal do galego no ensino. Chegada a democracia, aos �5 anos, participa na elaboración da Lei de normalización lingüística e con 84 anos é nomeado presidente do Consello da Cultura Galega.

A súa fecunda activi-dade intelectual desen-vólvese ininterrompida-mente ao longo de máis de �0 anos, con máis de �00 obras e milleiros de artigos sobre as máis va-riadas disciplinas da his-toria, a cultura e a lingua galega. Un humanista, un erudito, o último gran polígrafo galego.

A FIGURA DO HOMENAXEADO

A mostra itinerante ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’ pasará tamén pola Biblioteca de Ourense no mes de decembro

Page 16: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSMaio de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Xosé Filgueira Valverde

Ás veces un ten a gratí-sima sospresa de contem-plar un milagre: un espe-cialista en determinada cultura vólcase tanto nela, que acaba identificándose, diluíndose nela mesma. El é xa esa cultura… Así comezaba hai máis de trin-ta anos Olegario Sotelo Blanco, fundador de varias editoras, e editor da revis-ta A trabe de Ouro, unha entrevista a Xosé Filgueira Valverde. Pois ese foi Fil-gueira, ao que lle dedican no ano �015 o Día das Le-tras Galegas.

A súa formación foi im-presionanate. Licenciado en dereito con premio ex-traordinario e en filosofía e letras, na rama de histo-ria, doutorándose tamén con premio extraordinario. E despois o seu traballo de profesor, e o seu traballo de divulgador, e multitudes de ensaios, investigacións, teatro, poesía, relatos… E máis aínda, confundador do Seminario de Estudos Galegos, presidente do Consello da Cultura Gale-ga, membro da Real Aca-demia Galega e director do Museo de Pontevedra.

Como ben dicía Sotelo Blanco, Filgueira foi a cul-tura galega. E é un exem-plo tamén do que é a nosa cultura, a nosa sociedade. No bo, e no malo. A pesar de que publicou máis do-cumentos que os últimos cinco persoeiros aos que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a súa figu-ra levanta polémica. Poida que sexa porque non era irmán dun coñecido xor-nalista e amigo dun dos grandes escritores galegos, como lle pasaba a Lois Pe-reiro; poida que sexa ta-mén porque o seu fillo non era amigo do presidente da Academia Galega, como lle pasaba a Paz Andrade con Ferrín; quen sabe? Os camiños da cultura galega son inescrutables.

De feito, Alonso Monte-

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Segue como se nada

Cada día sigo coñe-cendo a expatriados en Dinamarca que seguen tentando atopar o seu sitio no país das oportu-nidades. Pero os escan-dinavos non están polo labor de porllo sinxelo a ninguén. Nunca antes vivira nun país no que houbese tanta xente alta-mente preparada e cua-lificada traballando de persoal de limpeza ou do que boamente se poida facer -ou nos deixen fa-cer- neste país.

Todos pasamos polas fases de subidón e des-gaste propias dun mara-tón no que vas deixando a pel reinventándote a ti mesmo para compracer as esixencias dun merca-do cada vez máis especia-lizado, máis demandante, máis saturado de xente que xa non vén á aventura coas mans baleiras, senón con moita experiencia vital, académica e profe-sional acumulada no seu currículo vitae e ás súas costas. Resume 15 anos en dúas páxinas e tenta ser convicente porque xó-gaste todo, rapaz. É toda unha arte!

Non sei que pasa no resto do mundo, pero podo dicirvos que Dina-marca é un escenario no que se sente de forma moi palpable que compites la-boralmente a outro nivel. En ocasións anímaste, porque sabes que tes as táboas -o bosque enteiro de madeira- para facer o teu debut nesta obra; pero noutras desgástate o de pór toda a carne no asador e ver que no cartafol de

“solicitudes rexeitadas” do teu correo electróni-co vanse amontoando as respostas negativas.

É entón cando precisas máis que nunca tomar uns cafés con xente que che diga que xa case che-gaches, que hai que se-guir dándoo todo porque podes estar máis preto do que pensas da meta e que se se che ocorre deixar de tentalo, poida que esteas a cometer o maior erro da túa existencia.

Moitas veces na vida, polo menos para os que temos o luxo de permitír-nolo, é esencial tomarse un respiro para curar a autoestima e non confor-marse co que a xente nos di que podemos ou non podemos facer. Ao final do día tes que entender que esta batalla a gaña o que teña non só a ex-periencia, senón tamén a paciencia e a perseveran-za. Acá ou en Manchuria. E é moi importante cam-biar, pero non para con-verterte nalgo que eles queren que sexas, senón naquilo que sabes que podes chegar a ser e que sempre quixeches ser.

Así que se un día tes a sorte de encontrarte aínda respirando e espertaches preguntándote se os teus soños mereceron a pena, non deixes que a melan-colía te arrastre pola rúa da amargura. Ti segue coma se nada. Lévalle a contraria ao mundo. En-fádate e non te arrepintas. Non cambies pero non teñas medo a reinven-tarte. Experimenta, que nada dura eternamente. O que vas aprendendo, como din as avoas, non cho quita ninguén. E aínda enriba está libre de impostos! Cóbrate isto, Dinamarca!

Raquel Sertaje

“Nunca vivira nun país no que houbera tanta xente preparada traballando na limpeza”

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Seitureiros de soños, mercenarios da fame

Era como un equili-brista, un Deus de vimbio que se dobraba con xei-to máxico en cada rola. Comezaba o seu ritual, como un bruxo antes do conxuro, o pano branco debaixo do sombreiro de palla, no cinto de coiro o corno da vaca colgado coa pedra de afiar dentro e no saco o martelo, o fe-rro de cravuñar e a cha-ve, para desmontala. A gadaña ben cravuñada na zafra, co martelo batendo paseniño no fío, acari-ñándoa como un namora-do que lle fai as cóxegas á moza, como quen bica o santo na meixela o día do patrón.

Sentou na Costa da Fonte á sombra dos car-ballos de Xan, ollando xa no maxín o xeito da her-ba tombada despois de agromar a semente. Deu-lle unha chupada ao ciga-rro de Ideales sen perder o tino e dixo: “Escoita, chiquito (papá sempre me chamaba así), para segar ben hai que cravuñar me-llor, o tempo da cravuña é o mellor empregado. Despois a gadaña vai soa e escóitase como can-ta a herba en cada rola, canta como o paspallás no verán. Lembra que coas mozas tamén terás que quentar o forno an-tes de enfornar” e riuse con aquel xeito como só ría el, como cando salta nas correntes a auga do Asneiro, entre os breixos nos días da calor.

Os seitureiros son como un xeito de cabaleiros an-dantes, que poñen os seus brazos ao servizo dos no-bres feudais. Son libres e

búscanos, agárdanos dun ano para outro. As súas ga-dañas espéranas nos prados da sega en Monte Furado, no Barco, ou en Ponferra-da, son un xeito de menci-ñeiros das almas e dos ei-dos. Cando son en costa os apastadeiros hai que botar o corpo para atrás e deixar libres os brazos, moven-do a cadeira, enchendo o peito como o fol da gaita, repartindo o aire en cada esforzo. Deixar caer o bra-zo aloumiñando o mango, sen forzar, como cando se acariña unha muller, doce pero firme e seguro.

Outros teñen brañas, hai que deixar que repouse a gadaña no firme, con moi-to tino para que a punta non se crave no chan, cando a suor é tan abondosa que se pode arrincar da fronte con dous dedos, pois senón a herba aínda non está a pun-to para a seitura.

Para ser bo segador cóm-pre ser lixeiro como o ven-to, saber dobrarse como o salgueiro verde, ter alma de aventureiro e a ollada posta no porvir, loitar arreo para que isto mude. Son heroes que van de pobo en pobo. Alugando as súas gadañas e suando con san-gue as rolas cortadas é o prezo duns anacos de pan para os seus.

Son mercenarios da fame. Seitureiros ou afiadores, capadores ou canteiros, pernileiros ou gaiteiros, arrieiros ou pa-raugueiros, bótanse para adiante para abrir camiños, son arriscados e valentes, levan no sangue séculos de loita, saben sufrir polo que queren, son os heroes da intrahistoria, son o cer-ne das cañotas, por moito que as castiguen sempre agroman. Ese espírito vive en cada galego, levámolo cravado en cada unha das marcas da pel, son os xe-nos que nacen das caño-tas.

Avelino Jácome

“Alugando as súas gadañas e suando con sangue as rolas cortadas é o prezo duns anacos de pan para os seus”

ro, o presidente da Acade-mia Galega e un perfecto mediocre, era amigo seu. Porque debemos recoñecer que un dos aspectos máis importantes se se quere prosperar na cultura de Galiza é ter amigos, e cla-ro, ser profesor. A calidade e a excelencia son aspec-tos que na nosa xeografía non lle interesa a ningúen. Pero así nos vai.

Con todo, Filgueira fixo moito pola nosa cultura. Dende unha perspectiva conservadora, dende unha ideloxía xustificadora do franquismo, pero sempre loitando a prol do noso. Produce incomodidade a calquera persoa sensi-ble, que ese compromiso se desenvolvese durante a ditadura onde chegou a ser alcalde de Pontevedra. Pero isto foi moi habitual, de feito Cunqueiro prota-gonizou historias tremen-das neste sentido, como iso de vestirse de falanxis-ta nas conmemoracións do día do golpe de estado de Franco. Pero poida que o máis razoable sexa o que dicía aquel, de que intere-sarse polas ideas políticas dun artista é tan absurdo como interesarse polos versos e polas creacións artísticas dun político.

E o certo é que Filgueira Valverde fixo moito pola cultura galega, sobre todo cos seus traballos sobre his-toria, lingua e nomeadamen-te, as cantigas de Alfonso X ou Frei Martín Sarmiento. Foi un polígrafo, e exacta-mente no sentido etimoló-xico que esta palabra nos trouxo do grego: isto é, o que escribe de moitas cou-sas. E poida que sen xente coma el, a nosa sociedade e a nosa cultura sería moi-to peor. Quero pensar que homenaxealo é facérmonos mellores como sociedade, como país. Agardemos.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Page 17: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOS Maio de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA/ SOCIEDADE

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Insigne rúa nada arre-dor da Burga, da vella urbe onde a pedra teste-muña un pasado vizoso e un incerto futuro. Unha arteria no corazón da ci-dade. Metáfora efímera.

Rúa dos artesáns, onde falan as mans que curan as feridas nas quentes augas da ninfa. Entre a carbonería e a fragua, en desaparecidas tabernas, escóitanse voces envol-tas en veludo. Reprodu-cen o lastimoso eco da Picota en noites de chu-via e excesos.

Urxido recordo da leitería, de carqueixas por vasoiras, da ten-da da ventá, de antigos colexios e imberbes paixóns, de lutos, de portais abertos e chaves baixo o felpudo. Aroma a almizcle e abandono. O perfume do auténti-co.

Estampas de antano que non volverán, como

A rúa de Colón

4RECEITA

Ingredientes:- � kg de bonito - 1 kg de patacas- � cebolas- 1 folla de loureiro- � xemas de ovo- 100 gr de améndoas- Manteiga- Perexil- Aceite- Sal - Vinagre

Preparación:- Cocer o bonito co

loureiro, deixar enfriar e desmigallar.

Rolo de bonito con salsa holandesa

- Cocer as patacas coa pel, deixalas enfriar, pelalas e trituralas coa xemas de ovo e a metade da manteiga.

- Engadir un pouco leite, reservar, estender o puré nun film transparente e estender por enriba o bonito desmigallado.

- Enrolar dando forma de brazo de xitano. A continuación, meter na neveira e deixar enfriar � ou 4 horas.

- Facer a salsa holandesa derretendo a manteiga e

batendo as xemas, ás que lle engadiremos a manteiga pouco a pouco como se estiveramos facendo maionesa (todo este proceso debe realizarse ao baño maría). Engadir vinagre e sal.

- Corta o rolo en rodaxas adornando co perexil e servir acompañado da salsa holandesa.

Luis Iglesias,Restaurante Os

CaracolesTel. 988 380 165

o tempo, líquido, volátil, que se pousa, cando quere en imaxes sen datar.

Fernando Valcárcel,Membro doArquivo

Visual Ourensán

Imaxe da rúa de Colón en 1908./ARQUIVO VISUAL

4Seguimos de festa en festa

Tralas de Vistaher-mosa e O Couto, as vindeiras festas nun barrio de Ourense te-rán lugar os días �0 e �1 de maio no barrio da Cruz Alta, na honra da Virxe da Milagrosa. O programa inclúe pa-sarrúas e sesións ver-mú nas dúas xornadas a cargo de charangas, e verbena coas orquestras Breixa Band e Ledicia o sábado e Player’s e Nevada o domingo. O sábado haberá campio-nato de tute e subastado e na xornada dominical misa con procesión ás 11:�0 e tirada de fogos artificiais a medianoite.

Na Valenzá, está pre-parándose para o 1�, 1� e 14 de xuño a terceira edición do Mercado Medieval. O programa inclúe obradoiros par-ticipativos, pasarrúas, combates e espectácu-los para todos os públi-cos. Coincidirá cos fes-texos na honra de San Bernabé.

Nas mesmas datas de xuño, no barrio da Car-balleira celebraranse as festas na honra do Sa-grado Corazón. Este ano organízaas a asociación veciñal Carlasca, que incluirá no programa un concerto de María do Ceo para o día 1� e outro da Banda Munici-pal para o día 14.

EN BREVE4EDITORIAL

Vas quedar na casa?

Ao redor de 8�.000 ourensáns e ourensás estamos chamados a exercer o noso dereito ao voto o vindeiro �4 de maio. Elixiremos os nosos representantes no concello, a institución máis próxima ao cida-dán, aquela que resolve a meirande parte dos no-sos problemas. Por iso, manterse á marxe destas eleccións municipais non debería ser unha opción. A todos nos vai algo nes-tes comicios.

Despois dun tumul-tuoso mandato na nosa cidade, é inexcusable un cambio. Un cambio nas formas de goberno e oposición; un cambio nas prioridades, pondo a Ourense e aos intereses dos seus habitantes por riba doutras considera-cións.

Nas primeiras páxinas deste número de Ourense por Barrios recollemos o que opinan os candidatos sobre algúns dos temas que nos interesan e pre-ocupan aos que vivimos en Ourense. Unha opor-tunidade para que, se aín-da non tes decidido o teu voto, dediques un mo-mento a ler as entrevistas e a comparar as ideas que expoñen os políticos. O �4M temos entre todos a chave do futuro da nosa cidade. Vas quedar na casa?

4Cine solidarioO sábado �� de maio

haberá unha nova se-sión solidaria de cine no centro comercial Ponte Vella. Familias con dificultades econó-micas poderán acudir a ver “Gru, mi villano favorito” na sesión das 1� h, pagando dous euros por cada asisten-te. Terán unha coca cola de agasallo e poderán degustar despois unha hamburguesa con pata-cas a prezo reducido.

A cita está organizada por “Ayúdanos con son-risas” coa colaboración de Galicine, McDonald’s e Coca Cola.

4“Ocio en familia”

A Concellería de Saúde de Ourense pón en marcha o programa “Ocio en familia”, que pretende ofrecer ás fa-milias a posibilidade de gozar dun ocio en co-mún, san, alternativo e divertido, que ademais facilite a conciliación familiar e laboral du-rante as fins de semana.

A proposta inclúe un paseo pola zona antiga o � de xuño, xogos para compartir o 14 de xuño, unha ruta termal o día �1 de xuño, un perco-rrido nocturno o día �� e un concurso de foto-grafía. As inscricións realízanse na Concelle-ría ata o �� de maio.

Page 18: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSMaio de �015 OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Unha policía nacional explicándolle a súa labor aos cativos./MIGUEL REJO

Un día de cole coa Policía NacionalOs alumnos da escola infantil “A Farixa” recibiron este 4 de maio a visita dunha repre-

sentación de membros da Policía Nacional, dentro dunha serie de actividades organiza-das por estes centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar co obxectivo de achegar aos máis pequenos a labor social de diferentes colectivos de servizos públicos e o seu modo de traballar.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, compartiu a xornada cos preto de �0 nenos de 1 a � anos que participaron na actividade. Dentro deste programa de actividades inclúese tamén a visita, o vindeiro mes de xuño, do Corpo de Bombeiros.

O presentador do festival, J.A.Viñas, no escenario do parque Angelita Paradela./P.L.

Festival de Xóvenes Talentos A Concellería de Xunventude de Ourense organizou o pasado sábado 16 no parque An-

gelita Paradela o Festival Xóvenes Talentos �015. Este certame tiña como obxectivo dar a coñecer ao público o talento artístico da mocidade ourensá en diferentes especialidades. Segundo a edil responsable desta área, María Devesa, que asistiu ao festival, “esperamos que sexa un evento que ilusione e sexa unha rampa de saída para eles”.

No certame participaron Trasluz Teatro, o mago Alejandro Pereira, o monologuista Aaron Castro, o dúo de música pop formado por Álex López e Cristina Eiro e o cantautor Diego Peraita. Unhas actuacións que foron seguidas por un cento de persoas de todas as idades, nunha calorosa tarde de sábado na cidade.

Asistentes á concentración fronte á Casa da Xuventude./P.LODEIRO.

A mocidade, de loito pola Casa da XuventudeA Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude de Ourense concentrouse o 15 de

maio, baixo o lema “A mocidade está de loito”, para pedir solución ás problemáticas deste centro emblemático para a mocidade ourensá. Pretendían facer ver “o baleiro ao que este espazo se viu sumido nos últimos tempos, rematando con toda canta actividade houbo durante moitos anos”. Neste senso, desde a Plataforma escenificaron a morte do espazo, vestindo de loito e chorando a enfermidade grave na que consideran está sumida tralos cambios realizados pola Xunta na instalación, entre eles, a propia denominación da Casa, que pasou a ser Espazo Xove.

Participantes no paseo pola vía vella da Ponte, na confluencia coa vía nova./A.V.V.

Percorrendo a vía vella de Ponte CanedoA asociación cultural Vía Vella de Ponte Canedo organizou o sábado 16 de maio un

percorrido a pé polo traxecto por onde discorrría a antiga vía vella, unha iniciativa orga-nizada co obxectido de dar a coñecer parte da historia da nosa cidade. A xuízo dos orga-nizadores a actividade foi un éxito, por canto tivo unha asistencia de máis de 50 persoas de diferentes idades.

O paseo foi guiado polo tesoureiro da asociación, Freixo, que, xunto con veteranos veciños (entre eles, Manuel Domínguez, editor da páxina www.canedo.eu, e José García) foron achegando os seus coñecementos e experiencias respecto de todo o percorrido. Moitos veciños do barrio descubriron un pasado recente que ignoraban, o que constituíu unha grata sorpresa.

Page 19: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSMaio de �015OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

A Fundación Ramón González Ferreiro de Alla-riz organiza este verán unha nova edición dos “Rural Camp”, campamentos de � días de duración que te-ñen como obxectivo que os rapaces e rapazas entren en contacto coa natureza e o mundo rural a través de xogos, actividades de lecer e obradoiros.

“A nosa é unha propos-ta alternativa, educativa e lúdica”, indican os seus organizadores. Inclúe acti-vidades de sensibilización ambiental, con visita ao Centro de Educación Am-biental do Rexo e á granxa de ovellas, saída á vila de Allariz, sesións de baño e diversión na piscina, xogos e cancións, artes escénicas,

veladas, paseo no picadei-ro a cabalo, tiro con arco, orientación, actividades e obradoiros de horta, e “Let´s run. It´s raining!”. Todas as actividades adaptaranse ás idades dos participantes. A progra-mación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igual-dade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural.

CaracterísticasO “Rural Camp” está

dirixido a menores entre 8 e 14 anos repartidos en quendas diferentes. Que-dan prazas dispoñibles para o campamento do 6 ao 1� de xullo e o do 1� ao 19 de xullo. O prezo é de �00 euros e hai un desconto de �0 euros para cada un dos irmáns que asistan.

[+ info no 988 436182 e en [email protected]]

Aberta a inscrición para o “Rural Camp” en Allariz

Xogos nunha edición anterior do “Rural Camp”.

Axia Saúde.Rúa Quintián, 43.Tlfs. 988 686 759 / 677 10 90 22

Novo servicio de psi-coloxía e terapia familiar na clínica Axia Saúde da Ponte. Despois de varios meses ofrecendo trata-mentos de podoloxia, fisioterapia e logopedia aumentan unha especia-lidade da man da psicó-loga Aldara Ballesteros.

O método de traballo céntrase en terapias bre-ves baseadas na procura de solucións para fami-lias, parellas e nenos.

Así mesmo, Balleste-ros tamén forma parte do

equipo de rehabilitación neurolóxica do centro, xunto coa fisioterapeuta e a logopeda, un tratamento integral enfocado a per-soas con dano cerebral.

Axia Saúde aumenta os seus servizos4 A clínica ofrece tamén psi-coloxía e terapia familiar.

Achégate a Axia Saúde, na rúa Quintián número 4� ou infórmate nos teléfonos 988 686 �59 e 6�� 10 90 �� dos seus servizos a do-micilio. Descubrirás unha atención completa acorde coas túas necesidades e ás da túa familia. Grandes profesionais ao servizo do teu benestar.

Imaxe das instalacións de Axia Saúde.

Redacción

A Praza de Abastos en colaboración coa Xunta de Galicia desenvolve do 15 ao �0 de maio a campaña “Quere ao teu mercado”, na que os venres e sábados os clientes que se acheguen ao mercado gozarán de sor-presas e agasallos. Nestes 15 días o mercado espera repartir �5.000 obsequios, facendo especial fincapé

nos nenos.Xunto coa Xunta e outro

medio cento de mercados

galegos acordouse de-clarar o último sábado de maio (día �0) como o día do mercado, no que ademais de obsequios aos clientes haberá diversas sorpresas para os que se acheguen ao mercado.

A campaña ten un ca-rácter internacional co fin último de recoñecer a calidade dos produtos lo-cais e a importancia des-tes mercados na difusión dunha dieta saudable e de calidade.

A Praza de Abastos lanza a campaña “Quere ao teu mercado”4 Ata o 31 de maio.

Entrada da Praza de Abastos de Ourense./ARQUIVO.

Page 20: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSMaio de �015 DEPORTES

Partido entre UD Ourense e R. Alaricano. /RAMSÉS

Este sábado (19h) partido de volta da Copa Deputación B entre UD Ourense e Arnoia

Segundo título nas vitrinas da UD4 A Unión Deportiva Ourense venceu 3-1 ao Raio Alaricano na Supercopa.

R. Torres

O partido tivo un am-biente festivo nunhas gradas equilibradas de afeccionados dun e doutro conxunto. Os da Unión Deportiva tiñan unha nova cita cos seus xogadores e os do conxunto de Allariz querían acompañar aos seus no último partido da tempada.

No que ao partido se refíre, pouca historia. Os unionistas foron superio-res nun partido no que á calor foi demasiado prota-gonista.

Julio Salgado abriu o marcador e Ramón Da-costa, de falta, ao borde do descanso, poñía terra de por medio co dous a cero.

Na segunda parte a UD dedicouse a levar o tempo do partido. Julio Álvarez, de penalti, lograba o ter-ceiro da tarde e o primeiro da súa conta nesta tempada

antes de ser substituído.

ArnoiaAgora falta o terceiro

título da tempada. Non é outro que a Copa Deputa-ción B. Para iso, deberán remontar un 1-0 adverso do partido de ida das se-mifinais fronte ao Arnoia. O partido de volta terá lu-gar no Couto este sábado a partir das 19 horas.

ConvenioA UD vén de firmar un

convenio coa Agrupación Deportiva Colexio San José (Josefinas), polo cal o club faise cargo dos equipos de fútbol sala.

O COB xógase co Breogán de Lugo o ascenso a ACB4 A serie comeza este venres no Paco Paz.

R Torres

O Club Ourense Ba-lonesto e o Breogán de Lugo xogarán a final da Adecco Ouro. O vence-dor ascende a ACB.

Esta eliminatoria xa está denominada, nas re-des sociais, como o derbi do Miño.

O COB pasou por enri-ba dun Lleida que chega-ba ás semifinais do pla-yoff por sorpresa e tras vencer en primeira rolda ao Palma. Inmaculados foron, ata agora, os pla-yoffs dun Club Ourense Baloncesto que venceu, pola vía rápida, a Melilla (�-0) e a Lleida (�-0).

Pola súa banda, o Breogán tivo que brear máis para deixar na cu-neta a Palencia (�-1) e Valladolid (�-1).

Nada do anterior im-porta. Por diante unha serie ao mellor de cin-co encontros na que os ourensáns teñen o factor cancha a favor. Os dous primeiros encontros no Pazo ourensán, Paco Paz. O venres �� de maio a partir das �1 horas e o domingo �4 ás 19 horas. Despois a eliminatoria viaxa a 100 quilómetros (99,9 km dunha cancha a outra se temos en conta google maps) para reca-lar no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. O terceiro encontro tería lu-gar o venres �9 de maio e terá aos lucenses coma anfitrións. Dous días máis tarde, domingo �1

celebraríase o cuarto en-contro se ningún dos dous contendente sumara tres vitorias previamente. En caso de ter que chegar ao quinto partido regresaríase ao Paco Paz para a dispu-ta dun apaixoante quinto partido.

COBO Club Ourense Balon-

cesto foi quen de vencer ao Lleida no terceiro par-tido grazas a un traballo coral no que o máis desta-cado foi Darien Brothers. O norteamericano realizou o mellor partido desde que recalou en Ourense. Chase Fieler tamén fixo un gran encontro o que o levou a estar, xunto a Brothers, no quinteto ideal da terceira xornada das semifinais.

BreogánO equipo lucense chega

a esta semifinal máis des-gastado tras dúas elimi-natorias moi disputadas. Contra Palencia tivo que haber un quinto partido para determinar o gañador. Fronte Valladolid foi máis

aló do deportivo. Gale-gos e casteláns extralimi-táronse nunha serie que parecía coma se quixeran saldar contas pendentes.

IgualdadeO que parece seguro é

que será, a priori, unha final moi igualada. A pesar de que os ouren-sáns chegan máis frescos (xogaron dous partidos menos), a calidade dos lucenses fará que se ni-velen unhas forzas que a estas alturas están moi xustas.

EntradasO COB pon desde hoxe

á venda as entradas para a final. Os prezos oscila-rán desde os � euros para os infantís (ata 15 anos) ata os 1� euros para o pú-blico en xeral que non foi socio durante a tempada.

O COB leva dous partidos menos que o Breogán nos playoffs

Partido entre UD Ourense e R. Alaricano. /RAMSÉS

4 Correndo por Ourense

O sábado �0 de maio o barrio do Couto acolle a segunda proba do circuí-to de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

A cita dará comezo, como sempre, coa ca-rreira dos pitufos ás �1 horas; a absoluta (6.100 metros) terá lugar contra ás �1:�0 horas. As inscri-cións están abertas ata o mércores �� e superan xa os mil atletas.

4 Fútbol salaDúas xornadas restan

para rematar a liga na Pri-meira División de fútbol sala. O Ourense Envialia é sétimo con 45 puntos, mentres que o Cidade As Burgas marcha segundo con 65.

Coa clasificación para a Copa de España no peto, o Cidade tentará rematar a Liga como segundo cla-sificado, despois de que o Futsi se proclamara cam-pión esta xornada. As ourensás teñen un punto de diferenza con respec-to ao terceiro clasificado, Burela.

Para o vindeira xornada o Cidade reciba ao Poio e o Envialia visita a cancha do Viaxes Amarelle.

4 HoqueiO CH Barrocás, da Di-

visión de Honra B do ho-quei herba, está na corda frouxa. Trala súa derrota en Mariñamansa fronte o Pozuelo (1-�), os ho-mes de Roberto Oliveira teñen moi complicado continuar un ano máis na categoría de prata. A falta dun partido, contra Real Sociedad, os ourensáns son últimos.

EN BREVE

Page 21: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSMaio de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSMaio de �015 PUBLICIDADE

Page 23: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

��Ourense por BARRIOSMaio de �015PUBLICIDADE

Page 24: Maio de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSMaio de �015