14 de maio - Barrios

32
VERÍN Páx.3 CELANOVA Páx.16 ALLARIZ Páx.14 Número: 1 - Ano: IX - Maio 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 DEPORTES Páx.26 PROVINCIA Páx.20 Dúas medallas para Verín no Campionato de Europa de wushu As obras rebaixan o asfalto da estrada Xinzo - Vilar de Barrio para evitar as colisións de camións no acceso á autovía./M. REJO O comercio de Celanova abre a noite do 31 de maio Nava Castro defende que o 83% do Castelo será visitable Martínez clausura catro obradoiros de emprego O CEIP Padre Feijoo crea o seu propio xardín no FIXA Entrevista a Mariló Fernández, membro da organización de Raigame [páx. 18] Obras no acceso da autovía en Xinzo [páx. 10]

description

As obras previstas en varias estradas de Xinzo, a polémica rehabilitación do Castelo de Monterrei, a próxima apertura do Festival Internacional de Xardíns de Allariz ou a celebración de Raigame en Vilanova dos Infantes, temas destacados da publicación.

Transcript of 14 de maio - Barrios

Page 1: 14 de maio - Barrios

VERÍN Páx.3 CELANOVA Páx.16ALLARIZ Páx.14

Número: 1 - Ano: IX - Maio 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

DEPORTES Páx.26PROVINCIA Páx.20

Dúas medallas para Verín no Campionato de Europa de wushu

As obras rebaixan o asfalto da estrada Xinzo - Vilar de Barrio para evitar as colisións de camións no acceso á autovía./M. REJO

O comercio de Celanova abre a noite do 31 de maio

Nava Castro defende que o 83% do Castelo será visitable

Martínez clausura catro obradoiros de emprego

O CEIP Padre Feijoo crea o seu propio xardín no FIXA

Entrevista a Mariló Fernández, membro

da organización de Raigame [páx. 18]

Obras no acceso da autovía en Xinzo [páx. 10]

Page 2: 14 de maio - Barrios

� BARRIOSMaio de �014

TEMA DO MES / VERÍN E COMARCA

Forte oposición á supresión dos partidos xudiciais4 Créanse plataformas en Verín, Xinzo e Cela-nova.

PSOE e BNG, contra a privatización do castelo4 As dúas formacións son críticas co proxecto da Xunta para a fortaleza de Monterrei.

Manifestación o 19 de abril en Verín convocada pola Plataforma cidadá en defensa do Castelo de Monterrei na que se reclamou un uso público e cultural para a fortaleza./A.DIZ.

P. L.

BNG e PSOE súmanse ás críticas da Platafor-ma cidadá en defensa do Castelo do Monterrei ao proxecto da Xunta para a acrópole.

Así, o deputado socialis-ta Raúl Fernández denun-ciou no Parlamento gale-go, na sesión de control ao goberno, o “expolio” do Castelo de Monterrei “para construír un hotel privado nunha operación que -dixo- cheira a inte-reses particulares, cheira a pelotazo”. Fernández advertiu que o Goberno galego quere converter a acrópole máis importante de Galicia, declarada Mo-numento Nacional e Ben de Interese Cultural, nun hotel privado “vulnerando as condicións de cesión do castelo e o recinto amura-llado”.

O deputado ourensán

esixiulle ao Goberno gale-go que demostre “agallas” e “vaia á comarca de Mon-terrei a debater as bondades do seu proxecto coas forzas sociais”.

Fernández subliñou que, lonxe da súa privatización, o castelo “precisa dun mar-co de intervención que ga-ranta a súa conservación como recurso cultural e turístico” que faga honra a “un dos bens culturais máis importantes de Galicia”.

Proposición non de leiPola súa banda, a depu-

tada do BNG, Tereixa Paz, defendeu unha Proposición non de lei na que volveu pedir paralizar as obras da fortaleza “ante a previsión da Xunta para privatizar a súa xestión”.

Non queremos un proxec-to que implica a “privati-zación do Castelo rega-lando a súa explotación a unha empresa, non quere-

mos que se cometa unha ilegalidade nas condicións para a súa cesión coa con-seguinte perda deste ben no patrimonio público galego e o Plan Director, elaborado polo bipartito, non foi aprobado porque a cesión verificouse no ano �010 e non lle deu tempo”, afirmou a deputada nacio-nalista. Non é de recibo, concluíu a deputada nacio-nalista, “facer obras para privatizar o castelo cando a aprobación do plan di-rector segue no ar”.

A Proposición non de Lei do BNG foi rexeitada polo grupo do PP, que ten a maioría na Cámara galega.

O BNG pediu nunha Proposición non de lei, rexeitada polo PP, paralizar as obras no castelo

Redacción

Partidos políticos, conce-llos, sindicatos, avogados... a oposicón ao anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que prevé a des-aparición dos actuais par-tidos xudiciais existentes medra na provincia. De aprobarse o anteproxecto, suprimiríanse os partidos xudiciais de Celanova, Ve-rín, Xinzo de Limia, Trives, Bande, Carballiño, O Barco e Ribadavia, concentrando todos os asuntos nos tribu-nais de Ourense capital.

Moción unánime en Xinzo

Os movementos contra este anteproxecto de lei xa comezaron e unha das primeiras corporacións municipais en amosar o seu rexeitamento foi a de Xinzo, que aprobou por unanimidade en sesión plenaria unha moción (re-fundida das propostas dos diferentes grupos políti-cos), na que mostra o seu total rexeitamento á posi-ble desaparición do partido xudicial da Limia e con el o Xulgado de Instrución da localidade.

Ademais, na Limia tense constituído unha Platafor-ma en defensa do partido xudicial de Xinzo.

Protesta en CelanovaEn Celanova está a ser

o PSOE quen encabeza as protestas, convocando unha concentración o pasa-do xoves 8 de maio diante do xulgado da vila en de-

fensa do partido xudicial de Celanova, que abrangue ta-mén as localidades da Bola, Cartelle, A Merca, Rami-rás, Quintela de Leirado e Gomesende. Os socialistas critican que esta decisión do Goberno central “afasta a xustiza da cidadanía, fai-na máis cara e máis lenta, e contribúe ao despoboamen-to e a pérdida económica na comarca de Celanova” .

Segundo o comunicado socialista, a supresión dos partidos xudiciais da pro-vincia “provocará o éxodo á cidade de xuices, funcio-narios, avogados, procura-dores… cunha perda econó-mica, social e de identidade importante para Celanova, e pode ser o inicio do des-mantelamento total dos servicios públicos ( INEM, Seguridade Social, Facen-da…) convertíndonos en cidadáns de segunda clase, que teremos que desprazar-nos a capital para calquera xestión”.

En Verín, manifestación en xuño

Tamén en Verín está cons-tituída unha Plataforma en defensa do seu partido xu-dicial, que xa ten convoca-do unha concentración-ma-nifestación para o vindeiro 1� de xuño.

O PP de Ourense, tamén en contra

Mesmo o Partido Popu-lar a nivel provincial tense pronunciado en contra da previsión do anteproxecto, e anuncian que impulsarán “iniciativas políticas que

En Celanova concentráronse contra a reforma o pasado día 8 e en Verín farano o 12 de xuño

demanden unha reconsi-deración do Goberno res-pecto desta cuestión ou a súa rectificación no longo proceso de tramitación parlamentaria que queda por diante coa aprobación das emendas correspon-dentes”.

Segundo un comu-nicado remitido polos populares ourensáns, “o achegamento e cercanía da administración de Xustiza ao cidadán debe ser un feito irrenunciable, contemplan-do tamén os problemas que se derivarían da desapari-ción dos actuais partidos xudiciais non só para os cidadáns senón tamén para os profesionais da xustiza, avogados e procuradores, concellos, etcétera”.

4 Nove partidos xudiciais

Segundo datos de �01� difundidos polo PSOE nos nove partidos xudiciais da provincia de Ourense ingresaron case 37.000 asuntos: ��.711 en Ourense, 3.110 en Ve-rín, �.763 no Carballiño, �.55� no Barco de Val-deorras, 1.640 en Xinzo de Limia, 1.506 en Riba-davia, 1.098 en Celano-va, 875 en Pobra de Tri-ves e 7�0 en Bande.

Page 3: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

3VERÍN E COMARCA

Nava Castro defende que o 83% do Castelo de Monterrei seguirá sendo visitable4 Está previsto que as obras de rehabilitación da fortaleza rematen a finais de ano.Paula Lodeiro

O Castelo de Monterrei seguirá sendo público, man-teranse os usos culturais e continuarán o 100% dos postos de traballo do Para-dor de Verín. Asegurouno a directora xeral de Turismo, Nava Castro, nun encontro en Ourense con xornalistas para aclarar dúbidas sobre o proxecto de rehabilitación da acrópole de Monterrei.

A decisión de establecer un uso hoteleiro no recin-to, a través do traslado ao Pazo dos Condes e á Casa Rectoral do Parador de Ve-rín, ten en pé de guerra a parte da comarca, organiza-da a través da denominada Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei. Nava Castro defendeu este uso porque “o Parador é a única maneia de asegurar o man-temento desta gran riqueza patrimonial”, e negou que se estea privatizando. “Un dos espazos será para Para-dores, que é unha empresa 100% pública”, afirmou, sinalando tamén que o 83% da superficie da acrópole será visitable.

Os visitantes poderán incluso percorrer os corre-dores do Pazo dos Condes, onde irán parte das habita-cións do parador, e seguir contemplando os teitos do edificio, grazas ao deseño realizado no proxecto de rehabilitación. Turismo de Galicia continuará pagando o guía turístico que dirixe as visitas guiadas ao Castelo.

Rehabilitación con fon-dos propios

O proxecto básico de re-habilitación da fortaleza estaba orzamentado en �,1 millóns de euros (finalmen-te licitouse a Dragados cun-ha baixa, por 1,7 millóns

de euros), está previsto que se remate a finais de ano e finánciase con fondos ex-clusivamente propios da Xunta de Galicia, como se encargou de remarcar Cas-tro, para subliñar que “esa denuncia á UE non é certa” (en referenza ás preguntas que levou o BNG a Bruxe-las sobre a financiación desta obra con fondos euro-peos). A esta cantidade hai que engadirlle o proxecto complementario, no que se contempla xa o uso hote-leiro (a instalación dos cu-bículos nos que irán as ha-bitacións), cuxo orzamento ascende a 785.959 euros, e que se executará tamén ao longo deste �014.

Resposta ás críticasA directora xeral de Tu-

rismo tamén refutou outras críticas realizadas ben pola Plataforma ben polos par-tidos da oposición. Negou que se producirán danos dentro do recinto por parte da empresa que executa as obras, e insistiu en que con-tan con todos os permisos e licenzas necesarios, tanto do Concello de Monterrei como da Dirección Xeral de Patrimonio.

Negou tamén que hoube-ra un Plan Director para a fortaleza aprobado, “o que había (coa Xunta bipartita) era un plan de uso que nun-ca se aprobou; a miña an-tecesora (por Carmen Par-do) fixo o anteproxecto do Plan Director de �011 que tampouco está aprobado, e que recollía o uso hoteleiro como Parador”. Nava Cas-tro explicou que o seu de-partamento tramita agora o Plan Especial do Castelo de Monterrei, que está na fase de solicitude de informes ao resto de Consellerías.

Ademais, Nava Castro

informou que está en trami-tación no Ministerio de Ad-ministracións Públicas a so-licitude da ampliación dos usos permitidos na cesión tamén ao hoteleiro “para evitar posibles problemas”.

Información aos veci-ños

Por último, a responsable da Axencia de Turismo de Galicia ofreceu aos veciños a posibilidade de visitar as obras e informou de que o proxecto poderá ser consul-tado tanto no Concello de Verín como no de Monte-rrei. Nava Castro amosouse sorprendida polas críticas recibidas por este proxec-to: “a Xunta de Galicia non quere facer ningún tipo de dano, sorprendeunos que se vira como unha intervención negativa cando estamos fa-cendo todo o habido e por haber”, concluiu, insistindo no “esforzo inversor” reali-zado polo seu departamento nesta rehabilitación.

Plano elaborado a partir do proxecto de rehabilitación do Castelo de Monterrei da Xunta.

A directora xeral de Turismo explicou que a rehabilitación (1,7 millóns de euros) execútase con fondos propiosA Xunta solicitou ao Ministerio a ampliación dos usos permitidos na cesión tamén ao hoteleiro “para evitar posibles problemas”

As arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Uzan-de, que dirixen os traba-llos de rehabilitación da fortaleza, acompañaron a Nava Castro na súa xun-tanza cos xornalistas.

Apoiadas nunha pre-sentación en power point, explicaron os ámbitos da intervención na fortaleza: a rehabilitación do Pazo dos Condes e da Casa Rei-toral, o acondicionamento dos exteriores (patio de armas, xardín do patio de Damas e a batería de San Xoán) e a habilitación de accesos, e a iluminación monumental de todo o conxunto.

No que se refire ao Pazo dos Condes e Torre das Damas, a idea é poñer en valor o edificio orixinal, respectando o seu carácter e adaptándoo aos novos

4 Ámbito da intervenciónusos e á normativa, e facén-doo accesible. Tamén se re-novarán as instalacións e a envolvente do edificio, coa reparación de canterías, a renovación de carpintarías e a mellora do confort.

Circulación internaNo Pazo dos Condes si-

tuarase o Parador, con va-rios salóns, cafetería, cociña e terraza nas plantas soto e baixa, e sete cuartos para os seus hóspedes nas plantas primeira e segunda. As ar-quitectas explicaron que os dormitorios están deseñados de tal forma que permiten a circulación interna. “Son caixas, poden desmontar-se”, apuntaron as técnicas. Nas visitas guiadas tamén se poderán contemplar os teitos do Pazo, malia que non se trata da volumetría orixinal, pois foi rehabilita-

do en 1983 con forxados de formigón.

A cuberta da Torre das Damas será acondiciona-da como miradoiro, así como as loxas (galerías) do edificio. Desde unha destas loxas poderase ac-ceder mediante unha esca-leira ao xardín do Patio de Damas.

No caso da Casa Reito-ral prevese unha rehabili-tación similar. Neste in-moble serán ubicados os outros sete cuartos do Pa-rador, nas plantas baixa e primeira. Establécese un percorrido accesible para que os visitantes poidan percorrer a Casa e acce-der ao xardín. Segundo petición de Patrimonio, recupéranse as antigas cociñas da Casa, actual-mente nun estado grave de abandono.

Page 4: 14 de maio - Barrios

4 BARRIOSMaio de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

Máis de 150 voluntarios da provincia participaron o pasado sábado 10 de maio en Verín no XV Encontro Provincial de Voluntaria-do de Cruz Vermella, unha xornada que serviu para re-coñecer o importante labor que realiza día a día o vo-luntariado e facilitar o inter-cambio de experiencias en-tre as persoas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distin-tos proxectos que desenvol-ve a Institución.

No acto de inauguración a presidenta provincial de Cruz Vermella en Ourense, Teresa Rodríguez Babarro, reivindicou o papel funda-mental do voluntariado na sociedade e convidou os ourensáns a colaborar con

Cruz Vermella como volun-tarios desde calquera das oito asembleas comarcais da nosa provincia.

Tras felicitar aos home-naxeados “pola súa colabo-ración na construción du-nha sociedade máis xusta, cohesionada e igualitaria”, Rodríguez Babarro lem-brou que “150 anos despois da fundación de Cruz Ver-mella Española os seus 7 principios seguen hoxe tan vixentes como o primeiro día, sendo a humanidade do seu voluntariado a principal fortaleza da institución”.

Neste sentido, o delegado especial de Cruz Vermella Monterrei e vicepresiden-te provincial, Jesús Barros Martínez, sinalou que “o voluntariado é a base da institución” e os recoñece-mentos que se entregaron

“han de servir de estímulo para seguir desenvolvendo o labor solidario e como exemplo de civismo”.

Recoñecementos ao la-bor voluntario

Un dos momentos máis emotivos do encontro é a entrega de diplomas de re-coñecemento á acción vo-luntaria, que este ano reci-biron Mª Soledad Salgado Álvarez, Noelia Quintas Rodríguez, José López Mo-ral, Carlos Inglés Santos, Mª Monserrat Pazos Gon-zález, Mª Magdalena de Oliviera Adriano, Paulina Deaño Lobariñas, Rebeca Quintas Lorenzo, Asunción Baceiredo Ferreño, Gon-zalo Prada Martínez, Mo-desto Vispo Nóvoa, Diego Reboredo Prado, Raquel Pires dos Santos, Rosa Mª

Fernández González, Mª del Carmen Carnero Gon-zález e Roberto Campos Cudeiro.

Tamén se entregou un Diploma de Honra a Augas de Cabreiroá e a Medalla de Prata da Institución ao Con-cello de Verín.

Ademais fíxose un reco-ñecemento ás persoas vo-luntarias de Cruz Vermella que participaron no rescate do accidente das Estivadas de 1987. De forma simbó-lica, Rodríguez Babarro

Homenaxe aos voluntarios do accidente das EstivadasNo XV Encontro Provincial de Voluntariado da Cruz Vermella celebrado en Verín

fixo entrega dunha placa conmemorativa ao alcalde de Verín, Juan Manuel Ji-ménez Morán, como expre-sidente de Cruz Vermella e voluntario que participou nos labores de rescate do fatídico accidente.

Tras o acto institucional, realizouse unha visita á nova oficina de Cruz Ver-mella en Verín, situada na Praza da Mercé, onde foi colocada unha placa con-memorativa.

Posteriormente os parti-

cipantes do Encontro coñe-ceron o manancial de Au-gas de Cabreiroá e gozaron dunha comida de confra-ternización no Parador de Monterrei.

Membros de Cruz Vermella co alcalde de Verín no encontro de voluntarios./C.V.

Simbolicamente, Jiménez Morán, un dos voluntarios que participou nos labores de rescate, recibiu unha placa conmemorativa

Page 5: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

5VERÍN E COMARCA

Redacción

“Vergoño”, “ruinoso” e “lamentable”. Son os ca-

lificativos que lle dedican veciños de Laza ao estado da estrada OU-113 que une Verín con Vilar de Barrio ao

seu paso polo municipio.A causa? As “desfeitas”

que provocan os camións e maquinaria pesada que rea-

liza as obras do AVE na zona. Auténticas fochan-cas ocupando por comple-to un carril ou fileiras de buratos converten nunha xincana percorrer a dis-tancia entre Soutelo Verde e Alberguería, ambos os dous núcleos pertencentes ao Concello de Laza.

Renovada en 2008Hai que recordar que

o vial fora renovado por completo pola Xunta en �008, pero o seu estado resentiuse moito desde o inicio das obras da alta velocidade; agravándose o seu deterioro no tramo de alta montaña entre Soute-lo Verde e Alberguería.

Os veciños temen que unha vez rematados os traballos da alta veloci-dade as estradas volvan ao seu estado anterior e recordan que outros con-cellos da comarca, como Castrelo do Val, xa apro-baron mocións instando á Xunta, titular da estrada, e ao Ministeiro de Fomento, responsable das obras, a tomar medidas.

As obras do AVE danan a OU-113 4A estrada que une Verín con Vilar de Barrio está desfeita pola paso de maquinaria pesada.

Fochancas na OU-113 ao seu paso por Laza, entre Soutelo Verde e Alberguería.

Jazztel estrae tenda en Xinzo, na avenida de Ourense, 44. Jazztel é un operador global de tele-comunicacións que ofrece solucións de banda ancha para o tráfico de voz, da-tos, Internet e telefonía móbil destinadas ao mer-cado residencial e de em-presas en España.

Jazztel quere ser a me-llor alternativa para a oferta de servizos de te-lecomunicacións para os fogares e empresas espa-ñolas, desde unha rela-ción co cliente próxima e resolutiva, ofrecendo as solucións máis innovado-ras aos prezos máis com-petitivos do mercado.

En Jazztel son rápidos, saben escoitar, buscan a innovación, traballan en equipo de forma rigo-rosa e transparente cun alto sentido do servizo ao

cliente, buscando en todo momento satisfacer as súas expectativas.

Teñen as tarifas máis económica para a túa liña de móbil como minutos ili-mitados e 1Gb por só 1�.10 euros con ive.

Ademais liberan o teu móbil, reparan e venden telefonía libre ao mellor prezo.

NOTiCiAS DE EMpRESA

Nova tenda Jazztel en Xinzo de Limia

A tenda está no número 44 da avenida de Ourense.

Page 6: 14 de maio - Barrios

6 BARRIOSMaio de �014

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

A tradición dos calçots chega a Castrelo do Val4 A asociación Os Trasnos organizou a segun-da festa da cebola grelada e do porco celta, na que participaron �80 comensais.P.L.

Promocionar un produ-to practicamente descoñe-cido en Galicia – a cebola grelada ou calçot- pero de recoñecido prestixio gas-tronómico en Cataluña, foi o motivo que levou a Manuel Pérez, membro da asociación cultural Os Trasnos de Castrelo do Val, a organizar hai tres anos a festa da cebola gre-lada nesta localidade.

O que na súa primeira edición foi tan só unha comida para os socios dos Trasnos chegou a congre-gar o pasado �7 de abril, neste terceiro ano de festa (segundo oficialmente), a �80 comensais ao redor dun menú baseado en ce-

bola grelada e derivados de porco celta (chourizo bran-co, churrasco e empanada, cortesía do Inorde).

Os alimentos prepará-ronse no parque do Terrón mentres que o xantar tivo lugar nunha nave munici-pal. O cociñado é sinxelo: “a tradición di que hai que queimalo con chama viva, cun lume feito con vides, quéimase a parte exterior, logo envólvelo nun papel de estraza e déixalo media hora para que vaia abran-dando, e acompáñase dunha salsa mediterránea a base de verduras e froitos secos”, explica Manuel Pérez, quen tras �5 anos en Andorra e con familia na comarca ca-talana de Valls, coñece ben este produto. Asaron �.000

exemplares dos que deron boa conta os asistentes á festa; “a xente quedou moi contenta e sorprendida, isto non é unha cebola, é un bocado de gourmet”, subliña o organizador.

Pérez, que polo momen-to é o único agricultor do val de Monterrei que se lanzou a cultivar esta ver-dura, con arredor de seis mil unidades por tempada, defende as virtudes dos calçots galegos: “teñen unha dozura e un xugo su-perior, porque as nosas te-rras son super apropiadas. E anima a outros agriculto-res da comarca a introducir esta verdura nos seus cul-tivos. “É moi rendible no mercado e ten gran saída”, conclúe.

Os asistentes á festa deron boa conta das 2.000 unidades de cebola grelada, que acom-pañaron con produtos derivados de porco celta.

As cebolas greladas ou calçots quéimanse a lume vivo, e despois envólvense en papel de estraza para que abranden.

4 Menús de Primavera en “Puertas de Galicia”

Ata o mes de xuño, o Plan de Competitividade Turística “Puertas de Ga-licia” promove a iniciativa gastronómica ‘Menús de Primavera’.

Con prezos que oscilan entre os 15 e �5 euros, os comensais dunha trin-tena de establecementos das comarcas de Verín e Conso-Frieiras poderán degustar pratos como pas-tel de verduras de tempada sobre crema de espárragos trigueiros, zamburiñas na súa cuncha ao branco de Monterrei, milfollas de tomate con queixo fresco e vinagreta de froitos ver-mellos, estufado de corzo con castañas bañadas, ca-zola de peixe en salsa ver-de, boi salteado con piña e salsa de mango, corazón de mazá asada, leite calla-do caseiro con mel autóc-tono, leite frito de castañas ou torta de amorodos, en-tre outros.

4 Charla sobre vida saudable

O salón de actos do Colexio Apostólico Mer-cedario de Verín será o escenario que acolle o mércores 14 de maio a charla-coloquio “Adestra-mento mental para unha vida saudable”, a cargo do experto en psicoloxía Rubén Domínguez.

A conferencia, que se iniciará ás �0.15 horas, está destinada a profesio-nais que dirixen grupos deportivos, atletas federa-dos, deportistas populares e público xeral que pro-cura coñecementos sobre hábitos de vida e deportes saudables. Os asistentes terán a oportunidade de formalizar preguntas a Rubén Domínguez, quen é membro do equipo de profesionais do Centro Libredón, coordina a Es-cola Iberoamericana de Coaching e participa como relator en varios foros na-cionais e internacionais.

O relatorio está enmar-cado nas VII Xornadas de Deporte e Saúde e no proxecto “Eurorrexión activa: vida saudable nos concellos da raia”.

Redacción

O grupo de goberno do PP sacou adiante en solitario a modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Mu-nicipal de Verín, en sesión plenaria celebrada o pasa-do día 9. O BNG votou en contra e o PSOE abstívo-se. O alcalde xustificou a modificación, referíndose a que se trata da “ subsa-nación dalgúns erros que se cometeron ao redactar tantos documentos, non hai ningún cambio sustan-cial”.

Na mesma sesión apro-bouse a modificación de dúas ordenanzas muni-cipais. A primeira, a que se refire ás instalacións e servizos públicos da esta-ción municipal de autobu-ses de Verín, que actualiza a taxa co IPC e que será reinvestida en melloras no recinto, por unanimi-dade. A segunda, a taxa por ocupación de espazo público con mesas, cadei-ras, estrados e outros ele-mentos análogos con fina-

lidade lucrativa, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG. . “Mantense o mesmo prezo que fai cinco anos, de feito algunhas tarifas, como as anuais, reducíronse nesta modificación”, asegurou Jiménez Morán.

Posibilidade de fraccio-nar o pago do IBI

Por unanimidade saiu adiante a aprobación inicial do inventario municipal de bens e dereitos, que se ex-porá ao público durante un período de dous meses, así como a moción do grupo municipal do BNG rela-tiva ao imposto de bens inmobles. O acordo final da moción, sobre a que se introduciron modificacións de todos os partidos polí-ticos, permite o fracciona-mento do pago do IBI en dous prazos (40% no mes de xuño e o 60% en novem-bro) e posibilita solicitar o fraccionamento de pago nas liquidacións por novas al-tas remitidas polo Catastro Inmobiliario sen que xere ningún tipo de interese.

PLENO EN VERÍN

Aprobada unha modificación puntual do PXOM 4 Para correxir erros de redac-ción.

Redacción

O viño “Terra do Gar-galo sobre Lías �01�” de Bodegas Gargalo, da Denominación de Orixe Monterrei, recibiu en Pal-ma de Mallorca o recoñe-cemento outorgado pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV), que o considerou un do tres mellores viños brancos novos de España.

Concurso Mundial de Bruxelas

Do mesmo xeito, tras a

publicación dos resultados do Concurso Mundial de Bruxelas, a Denominación de Orixe Monterrei volve estar de noraboa ao obter medalla de prata os viños “Alma de Blanco �013” (da adega Pazo das tapias), “Gargalo Godello �01�” (de Gargalo) e “Ladairo �013” (de Bodegas Ladairo).

A colleita �013 segue cul-tivando éxitos nos concursos internacionais, como así o demostran os resultados da D.O. Monterrei en Bruxe-las, que premiou o 50% das mostras presentadas a con-curso pola denominación.

Máis recoñecementos para os viños de Monterrei

Page 7: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

7VERÍN E COMARCA

Visita do alumnado do IES García Barbón á planta de Citroen en Vigo.

O iES García Barbón ten convenios de colaboración con 84 empresas para que o seu alumnado complete a súa for-mación práctica nun entorno laboral real

A Formación en cen-tros de traballo (FCT) é un importante valor engadido dos estudos de Formación Profesional que permite completar a cualificación técnica do alumnado do IES García Barbón de Verín. Por iso, neste intre, �5 alumnos e alumnas de segundo curso –dos diferentes ciclos for-mativos- que aprobaron todo, están a realizar as prácticas en empresas. En concreto, hai nove alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, cinco do Ciclo Medio de Electrome-cánica de Vehículos, dous do Ciclo Medio de Mante-mento Industrial e nove do Ciclo Superior de Admi-nistración e Finanzas.

O Departamento de Mantemento Industrial do IES García Barbón está a rematar a construción dunhos banquiños para as instalacións deportivas do Concello de Verín. Froito da colaboración entre o Conce-llo de Verín –que achega os materiais- e o centro edu-cativo –que deseña e crea os banquiños- o alumnado demostrou a súa boa disposi-ción para o traballo e a súa destreza técnica.

Programa Educativo Eu-ropeo Erasmus +

O IES García Barbón, seguindo a estela de expe-riencias anteriores, vén de presentar un proxecto candi-dato a ser elixido na primeira

convocatoria do programa educativo europeo Erasmus +, que vén substituir anterio-res programas como o Co-menius. Nesta ocasión opta por un proxecto centrado na auga como fonte de riqueza desde os puntos de vista dos socios candidatos. Un grupo de alumnos e profesores do IES García Barbón traballará –no bienio �014-�016- sobre os requisitos técnicos dun-ha planta embotelladora, a Escola Hotel de Podêbrady (Rep. Checa) sobre a xestión hoteleira de spas e a Esco-la de Ciencias Sociais de Kütahya (Turquía) sobre a promoción das vilas termais. Pretenden que este traballo sinérxico veña ofrecer unha visión global do tema central do proxecto.

Redacción

O Concello de Verín, a través da Escola de Familia Municipal, promove desde finais de abril o programa de alfabetización de per-soas adultas “Se queres, podes” na localidade.

No programa ‘Se queres, podes’, as sesión estarán conformadas por grupos reducidos coa finalidade dunha atención individua-lizada e de maior calidade. O obxectivo desta iniciativa é facilitar aos seus usuarios a posibilidade de reengan-

charse a unha posterior formación obrigatoria, esencial para calquera contrato laboral.

Facilitan máis infor-mación e inscricións no servizo de Educación Fa-miliar, no edificio da Casa da Xuventude.

Promoven un programa de alfabetización de adulto4A Escola de Familia lanza “Se queres, podes”.

Redacción

A área de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres-CIM e a aula CeMIT de Verín impulsan, por segundo ano consecu-tivo, a iniciativa “Hola Fa-

biola”. Trátase dun curso formativo dirixido a mulle-res estranxeiras ou nacidas noutro país, con coñece-mentos insuficientes ou moi básicos do ordenador e In-ternet, que desexen apren-der a utilizar esta tecnoloxía

que tanto pode achegarlles. Son 100 horas lectivas que se impartirán entre xuño e xullo polas mañás en hora-rio conciliador. Ao finalizar esta acción formativa, as mulleres participantes reci-birán un diploma acreditati-vo da formación recibida.

O programa formativo “Hola Fabiola” é máis que un curso de informática xa que pretende que as TIC se convirtan en ferramenta para a integración, a igual-dade, a diversidade e a co-municación.

Formación para estranxeiras4 A través do curso “Hola Fa-biola”.

Page 8: 14 de maio - Barrios

8 BARRIOSMaio de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

A última reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero de Verín acordou a realización dunhas xorna-das sobre menores que ac-túan de forma violenta, nor-malizan actitudes violentas ou tamén sofren violencia. As xornadas estarán desti-nadas a técnicos da aminis-tración de educación, servi-zos sociais, saúde e xustiza

e desenvolveranse no mes de xuño.

A xuntanza da Mesa tivo lugar o pasado 9 de maio na Casa da Cultura de Verín, e contou coa asistencia de re-presentantes da Subdelega-ción do Goberno, dos Ser-vizos Sociais de Verín e da Mancomunidade, dos insti-tutos da localidade, das for-zas e corpos de seguridade, do Centro de Información á Muller e da xustiza.

Na reunión fíxose tamén

balance e análise dos ca-sos de violencia de xénero do que vai do ano �014, ordes de afastamento e protección, así como as medidas para seguir ac-tuando na prevención e atención, destacando o recurso aos dispositivos electrónicos de control en condenados.

Integrantes da Mesa para a atención das vítimas de violencia de xénero./CdV.

Unhas xornadas abordarán a violencia nos menores4 A iniciativa da Mesa para a mellora da aten-ción ás vítimas da violencia de xénero.

Destinadas a técnicos da administración

Redacción

O luns 1� de maio abriu-se o prazo de inscrición do servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade”, a ludote-ca de verán que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín.

Este servizo, que busca conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacio-nal dos menores de entre 3 e 1� anos, comezará o �3 de xuño e finalizará o 9 de setembro, funcionando de luns a venres. O Concello de Verín contratará per-soal cualificado co obxec-to de fomentar o emprego entre os mozos do muni-cipio: sete monitores de lecer e/ou animación so-ciocultural, e outros sete monitoras de voluntariado e persoal en prácticas.

A ludoteca -campamen-to urbano funcionará nos módulos do CEIP Amaro Refoxo, no CEIP Prince-sa de España, no salón de AEVER e nas dependen-

cias municipais da Casa da Xuventude e Casa da Cul-tura.

Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e co-educación, xogos coopera-tivos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e con-tacontos, piscina, piragüis-mo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías ou cine infantil serán algunhas das actividades nas que pode-rán participar os cativos. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programa-ranse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como reciclaxe, ambiente, depor-te, alimentación, saúde ou persoas maiores; celebrara-se o San Fermín, así como a actividade “Ponlle as pi-las ao teu Bocata”, visita ao Parque de Bombeiros e ás instalacións da Policía Local, obradoiros coa Cruz Vermella, Educamóbil e o desfile da Ludobatucada.

Prezos e horariosAo igual que o pasado

ano hai un amplo abano de horarios (de 8:30, 9 ou 10

a 14 horas) para a tempa-da estival completa, media tempada ou só unha quince-na, e con diferentes prezos para menores empadroados e non empadroados.

As solicitudes cubriran-se na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude, por orde de inscrición e pago ata cubrir 150 prazas.

A ludoteca de verán abre o seu prazo de inscrición4 Funcionará do �3 de xuño ao 9 de setembro.

Está dirixida a a rapaces de entre 3 e 12 anos

Unha das actividades da lu-doteca en 2013./CdV.

Page 9: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

9

cunha capa de illamento térmico.

O Verea System superou con éxito os ensaios de resistencia a ventos de máis de 200km/h e estanquei-dade á auga con ven-to de 360 l/m2 nunha hora, aos que foi some-tido, conseguindo a ho-mologación do Sistema de Instalación, por parte do Estado, que queda re-flectida nos documentos de idoneidade técnica DIT nº 483R/1�.

especial EMpRESAS

O Verea System su-perou todos os ensaios aos que foi sometido po-los técnicos do Instituto das Ciencias da Constru-ción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aproba-ción dos Documentos de Idoneidade DIC Nº 483R/1�, Nº 561/10 e Nº 590/1�, en conformi-dade co Código Técnico da Edificación (CTE).

Que é un ? Documento de Ido-

neidade Técnica - DIT - é un documento de carácter voluntario ex-pedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja - IE-Tcc-, que contén unha apreciación técnica fa-vorable da idoneidade de emprego en edifica-ción e/ou obra civil de materiais, sistemas ou procedementos constru-tivos non tradicionais ou innovadores.

O IETcc é o único or-ganismo español que ten outorgada a facultade de conceder o DIT así como a confirmación doutros DIT concedidos por algún dos Organis-mos Membros da Orga-nización Europea.

VEREA pon a dispo-sición de profesionais e particulares toda a infor-mación e asesoramento que precisen sobre o seu sistema de instalación Verea System. Visítenos en: www.ceramicaverea.com

Ciclóxenese explosi-va, expresión que invadiu titulares nos medios de comunicación o pasado inverno, é a denominación do fenóneno que implica a “creación” dun ciclón que sucede moi rapidamente e moi intensamente.

Un dos danos máis fre-cuentes ocasionado polo paso das cicloxéneses explosivas é o despren-demento de materiais nos tellados. O temporal de vento é o detonante pero a causa directa destes desprendementos adoita ser outra: unha incorrecta elección dos materiais de cuberta (cubertas de chapa metálica), a perda de ad-herencia do morteiro (em-pregado tradicionalmente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausencia de

mantemento ou repara-ción.

A empresa des-envolveu un sistema de

colocación propio, deno-minado Verea System, que consiste nun tellado multicapa integrado por dous elementos funda-mentais: tella ce-rámica e placas on-duladas (de fibrocemento ou asfálticas). As tellas sitúan-se con espuma de poliuretano e fíxanse mecanica-mente con ganchos metálicos. Adicio-

Á esquerda: tellado instalado con Verea System. Á dereita: tellado con colocación tradicional con morteiro tralo paso da cicloxénese “Ulla” o 14/02/2014.

As cicloxéneses explosivas: Verea axúdache a preparar o teu tellado para o invernoDe todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a choiva forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxénexes nin a choiva nin o vento, pero si proporciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado, que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias climáticas como as vividas este inverno.

nalmente, en todas as zonas singulares do te-llado (beirados, remates laterais, cumbreiras e li-matesas, etc.), fíxanse as

tellas con parafusos, eliminando por completo o uso de morteiro. Este sistema pode ser instalado sobre calquera tipo de estrutura de cuber-ta inclina-

da continua ou descontinua e complétase

Page 10: 14 de maio - Barrios

10 BARRIOSMaio de �014

XiNZO E COMARCA

EN BREVE

4 Campamento no CDR O Viso

O Centro de Desenvol-vemento Rural O Viso organiza un ano máis o seu campamento de ve-rán para menores de 5 a 13 anos en Lodoselo, Sarreaus. Será do �8 de xuño ao 6 de xullo e ofer-ta dúas posibilidades dife-rentes: pensión completa ou réxime diúrno.

Actividades na nature-za, roteiros, xogos, pisci-na, deportes ao aire libre, veladas son as propostas para un xeito diferente de pasar o verán, fomentan-do a convivencia e o con-tacto coa natureza. Ofre-cen máis información do campamento no CIX da Limia, na praza Maior de Xinzo.

4 Obradoiros para a promoción da igualdade

A Concellería de Igual-dade, Benestar, Sanidade e Consumo do Concello de Xinzo de Limia, a tra-vés do Centro de Informa-ción ás Mulleres (CIM), comezou unha serie de obradoiros para a promo-ción da igualdade.

O primeiro deles, o pa-sado xoves día 8, tratou sobre Igualdade, Xénero, Roles e Estereotipos. Nas seguintes sesións aborda-ranse os seguintes temas: Corresponsabilidade e Conciliación, Preven-ción de violencia sobre as mulleres, Autoestima, Relaxación, Habilidades sociais, Alimentación e nutrición, Alcoholismo e Planificación familiar.

Na organización de di-tos obradoiros colaboran o Centro de Desenvolve-mento Rural O Viso, o II Plan Galego de Inclusión Social - Equipode Inclu-sión de Xinzo de Limia, a Asociación para a promo-ción da igualdade “Gaia” e a Coordinadora do PAC do Centro de Saúde de Xinzo de Limia.

Os Obradoiros para a Promoción da Igualdade encádranse dentro das áreas estratéxicas de in-tervención que recolle o III Plan para a igualdade entre mulleres e homes �013-�017 do Concello de Xinzo.

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou as obras de mellora de sete estradas da provincia de Ourense: OU-301 Xinzo-Bande, OU-304 Xinzo-Baltar, OU-3�0 Piñeira de Arcos-Ponte Noalla, OU-504 Ribadavia-Cea, OU-531 Xinzo-Cortegada, OU-540 Ourense-Frontei-ra Portugal e OU-801 Ri-badavia - Ponte Barxas.

O obxecto principal destes traballos é mellorar o estado do firme existen-te, con solucións localiza-das definidas en función das necesidades de cada estrada. En total renova-ranse 144,98 quilómetros de viais.

Para tal fin, o Goberno autonómico destinará un orzamento de máis de 1,1 millóns de euros, que se divide en dous contratos: máis de 560.000 euros para o que afecta ás es-tradas OU-301, OU-304,

OU-3�0 e OU-531; e case 560.000 euros para os víais OU-504, OU-540, OU-801e tamén mais restos da OU-531.

Os treitos que contem-plan o primeiro contrato caracterízanse por estar conformados por mesturas bituminosas que presen-tan un deterioro superficial considerable, polo que se

farán accións localizadas de reparación, rehabilitación e reforzo do firme, comple-mentadas con pequenas melloras na drenaxe, nos noiros, na sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, coas que se consiga unha mellora da vía coas que se garantan as condiciones mínimas de seguridade vial na circula-

ción.No referente ao contra-

to que afecta ás estradas OU-504, OU-531, OU-540 e OU-801, as actuacións consistirán en reparacións localizadas do firme en de-terminados tramos. Asema-de, limparanse beiravías, executaranse obras de dre-naxe e reposición de mar-cas viais, sinais verticais,

elementos de balizamento e barreiras de seguridade, e reparación de xuntas de di-latación de pontes.

Tramos nos que se ac-tuará

Na estrada OU-301 ac-tuarase nun tramo de �7,8 quilómetros nos municipios de Xinzo e Porqueira. Na OU-304 as melloras bene-ficiarán 14 quilómetros de vial nos termos municipais de Xinzo e de Baltar. Pola súa parte, na OU-531 o tra-mo a renovar será de �7,18 quilómetros nos concellos de Xinzo de Limia, San-diás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celano-va, Ramirás, Gomesende e Cortegada.

No que respecta á OU-3�0 entre Piñeira de Arcos e A Ponte Noalla as obras afectan a ��,8 quilómetros de vial ao seu paso por San-dias, Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. O arranxo da OU-540 entre Celanova e a fronteira con Portugal (A Madalena) re-novará 19,� quilómetros de estrada en Lobios, Lobeira e Muíños. En canto á OU-801 a obra realizarase nun tramo de sete quilómetros en Padrenda e Pontedeva.

4 Rebaixe do vial baixo a ponte da autovía

O Ministerio de Fo-mento iniciou os traba-llos para rebaixar un tra-mo do firme da estrada que enlaza Xinzo e Vilar de Barrio para evitar as colisións de camións contra a ponte de acceso á autovía Rías Baixas. O viaduto xa tivo que ser acondicionado en catro ocasións polas desfeitas que ocasionaron os ve-hículos de gran tonelaxe ao chocar contra a ponte, malia as sinalizacións instaladas por Fomento para advertir aos condu-tores de que a altura da ponte era de 4,50 me-tros.

As obras suporán o rebaixe dun metro do firme e a instalación de sumidoiros para recoller as augas pluviais que se poidan acumular na zona.

Medio Ambiente licita obras de mellora en sete estradas4 Entre eles, os viais que unen Xinzo con Bande, Baltar e Cor-tegada.

Un dos carrís da estrada Xinzo-Vilar de Barrio permanece cortado estes días para faci-litar os traballos de rebaixe do firme./M.REJO.

Renovaranse case 150 quilómetros de estradas

Page 11: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

11XiNZO E COMARCA

Problema de xestión de xurros

O deputado lembrou que a produción intensiva de porcino leva consigo un problema de xestión de xurros, que resultan impo-sibles de tratar en deter-minadas comarcas gale-gas pola concentración de explotacións. Sinalou que a posible desaparición da planta de Coren, que supón mais do 60% de toda a pro-dución galega, significará “ademais dun problema económico, un problema medioambiental de primei-ra magnitude”.

Segundo o socialista, a directora xeral confirmou que non existe ningún tipo de plan especial pera esta zona, “nin existía antes, nin existe agora co peche da planta”. Pablo López Vidal recriminoulle o método da Xunta neste como en todos os temas, “que non existe problema, e que os gandei-ros o solucionen como poi-dan”.

López Vidal considera que a planta estaba infrautilizada

Redacción

O portavoz de Agricul-tura do Grupo Socialista no Parlamento galego, Pablo García, reclamoulle á Xun-ta de Galicia que explique que medidas ten previs-tas diante da inminente desaparición da planta de

tratamento de puríns de Sarreaus, xestionada polo Grupo Coren. García pre-sentou unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre o anunciado peche das instalacións logo do re-corte das axudas ás plantas de coxeración enerxética con residuos.

García lembrou que a planta, que tiña unha capa-cidade de xestionar 110.000 toneladas por ano de resi-duos porcinos nunha zona xa “destrozada” polos resi-duos producidos polas ex-plotacións do lugar, sempre estivo infrautilizada e que tan só daba solución a 16 explotacións nunha zona de especial concentración de produtores.

Relatou que actualmente tanto o río Limia como, es-pecialmente, o encoro das Conchas, son empregados como “fosa séptica natural” das granxas dos arredores, chegando a que “o que me-nos hai é auga”. Por iso non se entende a “desidia” por parte da Xunta de Galicia, “que diante dun problema enorme, non facía nada, e diante do agravamento dese problema siga sen facer ab-solutamente nada”.

O PSOE alerta dos problemas que ocasionaría o peche da planta de puríns de Sarreaus4 O deputado Pablo García preguntou á Xunta sobre as medidas previstas se desaparece.

A planta de tratamento de puríns que Coren ten en Sarreaus. /ARQUIVO.

Redacción

Servizos Sociais de Xinzo imparte durante este mes de maio un curso teórico-práctico sobre ali-mentación e nutrición, con ampla participación. Cun contido didáctico variado, enfatízase a aprendizaxe práctica co desenvolve-mento indivualizado de cada unha das actividades

teóricas e prácticas.A finalidade deste cur-

so é ensinar o cálculo dos valores enerxéticos dos alimentos que cotiamente usan na súa vida de forma que poidan conseguir unha alimentación máis equili-brada, económica e sauda-ble, ademais de entender a información etiquetada nos alimentos, entre outros con-ceptos.

Servizos Sociais de Xinzo ensina aos limiáns a alimentarse4 A través dun curso teórico-práctico de nutrición.

Page 12: 14 de maio - Barrios

1� BARRIOSMaio de �014 XiNZO E COMARCA

Redacción

A asociación cultural O Muíño da Lama de Xinzo denuncia a tala masiva de carballos centenarios na parroquia limiá de Parada de Ribeira, nunha zona do monte coñecida como Boián.

No devandito lugar pó-dese observar como foron talados de raíz unha ducia de carballos centenarios onde algún dos exempla-

res amosa preto dun metro de diámetro e máis de vinte metros de altura. Sendo a meirande parte das especies arbóreas alí taladas perten-centes ao eido do quercus, familia das fagáceas.

A asociación cultural O Muíño da Lama denuncia este “gravísimo atentado” contra a especie de árbore máis simbólica e prezada do monte galego, así como “o que esta desfeita supón contra a natureza e o medio

ambiente polas súas ne-fastas e irreparables con-secuencias”.

Fontes consultadas pola asociación indican asema-de que o propietario das árbores non tivo coñece-mento das talas ata que foi avisado por membros da asociación e da veciñanza da parroquia, tralo cal in-terpuxo a correspondente denuncia destes feitos no cuartel da Garda Civil de Xinzo.

A asociación pola súa banda tamén puxo estes feitos en coñecemento do Seprona, da Dirección Xe-ral de Montes, Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Xefatu-ra Territorial de Ourense da Consellería do Medio Ambiente, solicitando a inmediata paralización das talas.

Un dos carballos talados no monte de Boián, na parroquia limiá de Parada de Ri-beira.

Denuncian a tala masiva de carballos centenarios nun monte de Xinzo4 En Boián, Parada de Ribeira.

Redacción

O concelleiro do BNG en Vilar de Barrio, Samuel Formoso, vén de presen-tar unha moción sobre os danos ocasionados polas obras do AVE nesta loca-lidade, para o seu debate no próximo pleno muni-cipal.

Segundo relata o nacio-nalista, as obras da liña ferroviaria de alta veloci-dade están a producir “im-portantes danos medioam-bientais no noso concello: perforan montañas e ta-mén ocupan montes con verquedoiros ilegais”.

Refírese ao caso dunha escombreira no lugar de Borrán “de �0.000 metros cadrados e ata �5 metros de altura” de escombros procedentes das obras

ferroviarias que executa a UTE Dragados-Tecsa. Se-gundo o edil do BNG, o vertido leva máis dun ano “perturbando a paisaxe, sen que conste licenza por parte do concello, e pendente do expediente de autorización autonómica para un depósi-to provisional de terras”.

Proximidade a vivendasAdemais, a escombreira

está situada “a escasos 100 metros das vivendas máis próximas orixinando non só un atentado medioam-biental evidente, senón un problema para a saúde dos veciños e veciñas”, alerta Formoso.

Recorda o político nacio-nalista que esta escombreira xa fora obxecto de denuncia por parte de organizacións ecoloxistas e de veciños.

A moción do Bloque soli-cita que o alcalde decrete “a paralización inmediata dos vertidos”, incoe “o corres-pondente expediente san-cionador contra a empresa por efectuar depósitos, sen autorización” e esixa “a reposición da zona ao seu estado primitivo, a través de cantas obras de rexene-ración sexan necesarias”.

VILAR DE BARRIO

O BNG leva ao pleno os verquidos das obras do AVE4 Denuncia a existencia dunha escombreira ilegal en Borrán.

Pide a paralización dos vertidos, a apertura dun expediente sancionador e a resposición da zona ao seu estado primitivo

EN BREVE

4 Limisi organizará un mercado solidario

A asociación de persoas con discapacidade intelec-tual da comarca da Limia Limisi volverá organizar un mercado solidario para recadar fondos.

Para iso vén de iniciar unha campaña para que aquelas persoas que teñan na casa trastos vellos, mo-bles, obxectos de decora-ción, xoguetes, dos que se queiran desfacer, os donen á asociación Os interesa-dos poden contactar con Limisi no correo [email protected] ou no teléfono 988 688 377 ou 685 868 065.

O mercado celebrarase no mes de xullo, nunha data aínda por determinar.

4 Taller de prevención de riscos laborais

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde La-boral convoca un taller de prevención de riscos laborais en mecanización do cultivo da pataca no concello de Xinzo. A for-mación terá lugar o 13 de xuño, en horario de 15:30 a 19:30 horas, na Casa da Cultura da localidade, e está destinada a maiores de idade ocupadas ou sen emprego deste sector.

Hai �5 prazas dispoñi-bles e as inscricións pó-dense realizar ata o 9 de xuño en [email protected] ou no fax 981 897 555.

Page 13: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

13pUBLiCiDADE

Page 14: 14 de maio - Barrios

14 BARRIOSMaio de �014

A apertura do festival mantense para as 19 horas do sábado 24

ALLARiZ E COMARCA

EN BREVE O CEIP Padre Feijoo crea o seu propio xardín no FIXA 4 A apertura da 5ª edición do Festival Interna-cional de Xardíns de Allariz terá lugar o próxi-mo �4 de maio.P.L.

Un xardín creado pola comunidade educativa do colexio Padre Feijoo de Allariz é unha das novi-dades da quinta edición do Festival Internacional de Xardíns (FIXA) da vila alaricana, que abrirá as súas portas o vindeiro sábado �4 de maio.

Medio cento de escola-res de primeiro e terceiro ciclo de Primaria, acom-pañados de dúas profeso-ras, continuaban este luns dándolle forma ao xardín por eles deseñado, que aínda precisará dalgunha xornada máis de traballo para quedar rematado. Mentres uns pintaban un par de pneumáticos e convertían en “lapis” uns paus, outros plantaban flores en maceteiros ou botellas de plástico nunha pequena parcela.

O deseño, con catro partes diferenciadas para cada un dos ciclos edu-cativos (o de Infantil e os tres de Primaria) “conxu-

ga o tema deste ano (o xar-dín da abundancia) coa te-mática escolar”, explicaba o director do CEIP Padre Feijoo, Javier Fernández Puga, quen subliñaba o fo-mento “do labor en equipo” desta actividade, así como a posibilidade de experimen-tar “novas experiencias es-téticas” e “a sensibilización dos cativos co coidado da terra”.

Pola súa banda, o alcalde alaricano, Francisco Gar-cía, destacaba a “sorpresa” que supuxo a “creativida-de e imaxinación” posta polos máis pequenos nesta creación, que en nada des-merece das elaboradas por profesionais.

Para García, a participa-ción do centro educativo da vila responde a unha das facetas do festival, a de “sensibilización e divulga-ción dos valores medioam-bientais e de sostibilidade”. Nesta liña, este espazo (o denominado “Xardín das Pías” da edición do ano pasado do festival) terá continuidade no tempo e reservarase como espazo educativo en edicións su-cesivas. Segundo adiantou o rexedor, a intención é que poidan participar no proxecto incluso os peque-

nos usuarios da escola in-fantil da localidade.

Apertura do festival o día 24

Malia coincidir coa xor-nada de reflexión das elec-cións europeas, a apertura do 5º FIXA manténse para as 19 horas do sábado �4. O rexedor nacionalista considera que se trata dun-ha actividade “periódica” e “protocolaria” na que non hai “ningún tipo de utiliza-ción electoral” e polo tanto cumplirase a data fixada.

O público que se ache-gue ata o recinto do festi-val poderá contemplar as 10 novas propostas desta edición, ademais da gaña-dora da edición de �013 (“Pensasueños”) e do xar-dín do CEIP Padre Feijoo. En maio e xuño o FIXA es-tará aberto de luns a venres de 17 a �1 horas, sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 17 a �� horas.

Por certo que para que o recinto do festival estea listo aínda faltan por rema-tar algúns detalles, como a plantación masiva das flores, que se está retrasan-do o máximo posible para evitar danos motivados pola climatoloxía, explica-ba Francisco García.

Redacción

O Concello de Alla-riz abrirá o 1� de xuño o prazo de solicitudes para participar no programa Concilia Verán, unha ini-ciativa de conciliación la-boral e familiar.

O Concilia Verán é unha iniciativa de atención á infancia dende unha pers-pectiva lúdica, que ofrece ós pais e nais residentes en Allariz a posibilidade de que os seus fillos e fi-llas, de idades comprendi-das entre os 3 e 1� anos, estean acompañados por

técnicos e monitores de tempo libre durante a xor-nada, na que se desenvolve-rán actividades.

Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto, podendo ampliar-se ao mes de setembro de-pendendo do número de demandas.

As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a solicitude, na Casa da Cul-tura, a través do teléfono 988 440 859 ou do correo electrónico [email protected].

Alumnado do CEIP Padre Feijoo plantando flores nunha das macetas que forman parte do seu xardín dentro do recinto do Festival de Xardíns de Allariz. /P.LODEIRO.

Redacción

A Fundación Ramón González Ferreiro orga-niza, un ano máis, cam-pamentos de verán para nenos e nenas de 8 a 14 anos.

Divididos en cinco quendas durante os me-ses de xullo e agosto, e repartidos por idades, os participantes comparti-

rán durante unha semana, múltiples actividades como obradoiros, deportes ou vi-sitas culturais.

O prezo do campamento é de �00 euros por persoa. Haberá descontos para fa-milias numerosas e para ir-máns que tamén asistan ao campamento.

As reservas realízanse no teléfono 988 436 18� ou en [email protected].

4 O comercio de Allariz acepta pesetas ata agosto

A Asociación de Co-merciantes e Hostaleiros de Allariz pon en marcha, por segundo ano consecu-tivo, a campaña “Bendi-tas pesetas”. Ata o 31 de agosto, as persoas que se acheguen a algún dos 8� establecementos asocia-dos, poden utilizar as pe-setas nas súas compras.

A iniciativa tivo gran éxito o pasado ano polo que a asociación decidiu repetila e ampliala. Está vixente dende o mes de abril.

4 Cursos de contacontos e de tapas e aperitivos

A Fundación Ramón González Ferreiro ten aberto os prazos de inscri-ción nun curso de Tapas e Aperitivos e noutro de Contacontos para adultos.

O curso para aprender a facer receitas compli-cadas dun xeito sinxelo e económico terá lugar o �1 de maio de 18 a �1 ho-ras, mentres que o curso de contacontos será o día 31 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Esta última for-mación está dirixida prin-cipalmente a monitores de tempo libre, mestres, bibliotecarios, mediado-res de lectura ou xestores culturais.

Para participar en cal-quera das dúas activida-des é preciso inscribirse na Fundación no teléfono 988 436 18� ou a través do correo [email protected]. O curso de tapas custa �5 euros e o de con-tacontos 50 euros (inclúe xantar).

4 Anuncio da cobranza do IBI

Ata o 5 de setembro o Concello de Allariz pasar ao cobro os recibos polos impostos sobre bens in-mobles de natureza urba-na e rústica corresponden-tes ao exercicio �014.

Os interesados poden consultar o contido das listas cobratorias na pran-ta baixa da Casa do Con-cello, praza Maior nº 1 de Allariz, en horario de ofici-na de 9 a 14 horas, de luns a venres.

O Concilia Verán volverá atender os menores alaricanos en xullo e agosto4 As inscricións comezan o 1� de xuño.

Campamentos na Fundación Ramón González Ferreiro4 Para menores de 8 a 14 anos.

Cruz Vermella colabora coa dinamización rural Redacción

A área de Benestar So-

cial do Concello de Alla-riz, en colaboración coa Cruz Vermella, impartirá un obradoiro de alimenta-ción saudable nas asocia-cións veciñais de Nanín e San Vitoiro.

Esta actividade, enmar-cada dentro do programa de Autocoidado que se

desenvolve nas asociacións veciñais de Allariz, terá lu-gar os días 14 e 19 de maio en horario de 16 a 18 horas. O obxectivo pasa por afon-dar no programa de dinami-zación rural que pretende potenciar un rural vivo, au-tónomo, activo e saudable.

Manualidades, memo-ria, igualdade, autoesti-ma, amor e soidade, entre outros, son os temas princi-pias que se traballan, dende unha perspectiva de xénero, para mellorar a calidade de vida persoal e social-comu-nitaria.

Page 15: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

15

“Ao escavar en zonas zonas aí si poderá haber achádegos importantes”

ALLARiZ E COMARCA

Paula Lodeiro

O Concello de Allariz continuará este verán as escavacións no Castro de Armea en Santa Mariña de Augas Santas.

O alcalde alaricano, Fran-cisco García, vén de re-unirse cos dous equipos de arqueoloxía, o laboratorio da Universidade de Vigo e o equipo dirixido por David Pérez, que nos últimos anos traballaron nos xacementos de Armea e o Señoriño, para acordar as liñas de traballo para esta próxima campaña.

A campaña, pendente de resolución de AGADER, conta cunha partida de �0.000 euros. O Concello achega a man de obra xunto ao aloxamento e manuten-ción dos alumnos da uni-versidade que participarán nela. Será Adolfo Fernán-dez, licenciado en Histo-ria, doutorado en Arqueo-loxía, e membro do grupo de investigación GEAAT da Universidade de Vigo, quen dirixirá un dos dous equipos de arqueólogos que traballarán sobre o terreo en Armea.

ENTREVISTA A ADOLFO FERNÁNDEZ

“Armea era unha cidade claramente de construción e evolución romana”4 Este arqueólogo ourensán lidera o grupo da Universidade de Vigo que realizará parte dos traballos de escavación no xacemen-to de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas, este verán.

Que liñas se acordaron na reunión co alcalde?

A.F.: “A Universidade vai continuar unha campaña máis coas escavacións, esti-vemos en �011, e en �01�, este sería o terceiro ano. Traballaremos no interior do castro, os outros dous anos estivemos no monte do Se-ñoriño, pero aí non podemos continuar porque é necesario adquirir os terreos.

Nós faremos varias son-daxes no interior do castro, próximas ás escavacións de Conde Balvís nos anos 50. O outro grupo, encabezado

Este ano os arqueólogos non traballarán na finca do Señoriño, á espera de que se con-crete a cesión dos terreos ao Concello de Allariz./P.LODEIRO.

Adolfo Fernández vive en Allariz e nestes momentos pro-segue cos seus estudos post-doutorais na Universidade de Coímbra./P.LODEIRO.

por David Pérez, con obrei-ros do Concello, van seguir quitando a terra coa que se tapou a escavación nos anos 50, desenterrouse a metade e falta outro tanto. Eles tra-ballarán en setembro, nós en agosto en tres zonas novas, coa intención de darlle con-tinuidade ás escavacións xa realizadas”.

Cantas persoas confor-marán o voso equipo?

A.F.: “Non o sabemos moi ben, temos aínda que plan-texar o proxecto, seremos un equipo duns 10 alumnos de universidades galegas”.

Como definirías que é Armea?

A.F.: “O interior do castro é un barrio da época romana, con varias rúas e casas de dúas alturas, e xa fora esca-vado nos anos 50. Nós imos intentar ver se esas casas se-guen nas fincas colindantes nos límites. De momento só está escavado un trociño, es-tamos falando de hectáreas. Parece un barrio moi grande, que ocupa un gran socalco; estamos falando dunha cida-de de época romana, de ini-cios castrexos, unha cidade claramente de construción e evolución romana. Os mate-

riais depositados no Museo Arqueolóxico son do século I ao século III d.C.”

Que é o máis destacado que se atopou ata o de ago-ra?

A.F.: “Recolleuse sobre todo cerámica rota, no mon-te do Señoriño entre �011 e �01� recollemos de 3.000 a 4.000 fragmentos de ce-rámica, e iso que hai pouca terra… Atopamos unha ola enteira e dentro tiña un fío de ouro, imaxino que alguén puxo alí unha xoia e foi o que quedou, foi algo pun-tual, podemos consideralo o achádego máis importan-te. Abaixo onde escavou o outro grupo xa fora retirado todo o material arqueolóxi-co, pero atoparan unha pla-quiña de xisto gravada cun-

ha especie de guerreiro.Creo que este ano ao esca-

var zonas novas aí si poderá haber achádegos importan-tes, hai moitos materiais es-perando a seren recollidos. Estúdanse e vai todo para o Museo Arqueolóxico”.

Hai outras escavacións similares na provincia?

A.F.: “Non, debe ser a única, o ano pasado a Uni-versidade de Vigo escavou en Tomiño unha vila; pero cóntanse cos dedos das mans, en Galicia este tipo de escavacións non hai”.

E hai interese en coñecer este patrimonio?

A.F.: “Si, é unha pasada a cantidade de xente que se achega ata Santa Mariña, onde hai unha ruta patrimo-nial sinalizada”.

Page 16: 14 de maio - Barrios

16 BARRIOSMaio de �014 ALLARiZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Redacción

O Ministerio de Fo-mento vén de respostar á deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernán-dez Davila, que aínda non arranxou os problemas de-rivados das obras do AVE

Silvia Nieto

“Mil sorrisos e un per-dón” é o novo proxecto audiovisual do director ce-lanovés Bruno Nieto. Un documental que tratará o perdón e a necesidade vital de perdoar a pesar de que che cambiaran a vida para sempre. Esta peza, que pre-visiblemente comezará gra-varse a primeira semana de xuño, contará a historia de Daniel Fernández Carril, un rapaz de Cartelle que sufriu un grave accidente de tráfi-co fai oito anos por culpa do comportamento imprudente dun condutor que mesturou alcol e volante.

As consecuencias físicas para Dani foron dramáti-cas, pero as súas gañas de vivir seguen intactas. No documental este mozo está disposto a encontrarse coa

S.N.

Na procura de incenti-var o consumo nun dos días da semana con menor actividade para o comer-cio local, a Asociación de Comerciantes, Empresa-rios e Profesionais da Vila de Celanova organizará o vindeiro sábado 31 de maio unha noite de com-pras. Repiten unha inicia-tiva que xa logrou gran éxito na vila o pasado ano, e de novo coa apertura dos comercios participantes de 6 da tarde a 11 da noite buscan atraer a consumi-dores de toda a provincia, que poderán gozar ade-mais da actuación dunha charanga e conseguir nu-merosos premios.

Como explicaba o pre-sidente da Asociación, David Álvarez, “a idea é que a xente veña pasar a tarde a Celanova, visite os establecementos e se fixe nos produtos. Ao mellor non mercan ese mesmo día, pero sempre volven”. Unha tarde de compras e unha boa cea na vila de San Rosendo será un plan perfecto que terá como co-lofón a entrega de premios ás 1� da noite, e na que se repartirán tres atractivos agasallos de 1.000, 600 e 400 euros en forma de va-les de compra, para que os

afortunados poidan adquirir o que desexen nos estable-cementos da Asociación.

ParticipantesAs 100 empresas que

conforman esta Asociación de Comerciantes recibiron documentación relativa a esta iniciativa, pero, aínda que o número de estable-cementos participantes na mesma non se pode deter-minar de momento porque non está pechado, David explicou que “o máis pro-bable é que abran todos os que están máis preto da pra-za Maior, así como os bares e restaurantes”. Tendas de decoración, bixutaría, roupa e calzado, así como o sector da hostalaría abrirán as súas portas ese día nun amplo horario para deleitar a veciños e visitantes cos seus produtos e cunha ini-gualable noite de compras primaveral, que de seguro terá continuidade. “Tanto pola edición anterior como pola propia Mostra da Oportunidade vemos que este tipo de iniciativas fun-cionan moi ben”, comenta-ba David.

persoa que lle cambiou a vida por completo para mi-ralo aos ollos e dicirlle que o perdoa.

Bruno Nieto contará unha historia que xamais debeu ser escrita, e para facelo precisa da colabora-ción de todos. Este proxecto require dun orzamento de 3.000 euros que están inten-tando conseguir mediante crowdfunding (cooperación colectiva). Así, mediante unha doazón mínima de 10 euros os interesados poden axudar a que a historia de Dani vexa a luz. A ache-ga económica leva unha recompensa en forma de presenza no documental ou material do mesmo (en rela-ción ao importe entregado). Para realizar a túa achega só tes que acceder á web www.milsorrisoseunperdon.com antes do �0 de maio.

na poboación de Merí, en Xunqueira de Ambía.

A deputada nacionalista dirixíase ao Ministerio de Fomento para trasladarlle as dificuldades que pa-decen os veciños da zona con motivo das obras que dividiron a poboación, im-

A forza do perdón4 Bruno Nieto prepara un do-cumental sobre a necesidade vi-tal de perdoar.

Noite de compras4 Os comercios de Celanova abrirán ata as 11 da noite o sá-bado 31 de maio.

Abrirán ata as 11 da noite os establecementos máis próxi-mos á praza Maior, así como bares e restaurantes.

Sortearanse vales de compra de 1.000, 600 e 400 euros para empregar na vilaBruno Nieto dirixirá o documental “Mil sorrisos e un per-

dón”./ARQUIVO

Fomento segue sen solucionar os problemas causados polas obras do AVE en Merí4 O Ministerio resposta á deputada do BNG Olaia Fernández Davila sen precisar solucións.

pedindo o acceso a unha parte dos terreos agríco-las.

Os responsables das obras comprometéronse a construir un paso elevado para o tránsito das persoas e un paso subterráneo para animais.

Pasos impracticables“Aínda que construíron

ambos pasos, o caso é que están tan mal feitos que resultan inútiles para os veciños. Teñen penden-tes dun 60% que non vale para o paso de animais e aparellos agrícolas. O mesmo sucede co paso elevado, cuxa rampa ten unha pendente do 65%”, explicou Davila, facéndo-se eco das demandas dos habitantes da zona que piden ao Adif que mellore ambas infraestruturas.

Imprecisións de Fo-mento

Fomento limítase a si-nalar que o Adif “actual-mente está a estudar a mellora das pendentes do paso superior”. Pero non concreta en ningún mo-mento datas.

E remata afirmando que as obras do tramo Pon-teambía-Taboadela “se atopan nun grao de execu-ción superior ao 93,5%” e tampouco aclara datas de finalización posto que considera que “as datas de finalización previstas rea-lizaranse conforme á pro-gramación establecida nos contratos vixentes”.

Mil sorrisosAdemais, a través da súa

páxina de Facebook, están intentando conseguir 1.000 sorrisos. Para achegarlle o teu só tes que enviar ao en-derezo electrónico [email protected] unha fotografía sorrindo, acompañada do teu nome, apelidos e profesión. As instantáneas que máis “Me

gusta” logren nesta rede social formarán parte do grafismo do documental.

O orzamento do documental é de 3.000 euros, que están conse-guindo mediante crowdfunding

Danos causados polas obras do AVE en Baños de Molgas./ARQUIVO

Page 17: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

17pUBLiCiDADE

Page 18: 14 de maio - Barrios

18 BARRIOSMaio de �014 CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Este 17 de maio chega a XIII edición da Romaría Etnográfica “Raigame”, un evento que naceu no seo do Centro de Cultura Ppopular Xaquín Lorenzo (en cola-boración coa Deputación Provincial e o Concello de Celanova) e que está este ano dedicado os pequenos museos etnográficos da provincia de Ourense. A ro-maría, declarada “Festa de Interese Turístico de Gali-cia”, contribúe á exaltación e homenaxe dos oficios tra-dicionais de Galicia e a po-ñer en valor a nosa cultura.

Mariló Fernández, direc-tora do centro, achéganos aos orixes desta inigualable cita que atrae cada ano ata terras de Celanova a visi-tantes de numerosos puntos de España e Portugal.

Como e cando surxiu a Romería Raigame?

Mariló Fernández: “Esta é a 13 edición, pois fai 14 ou 15 anos surxiu a idea dunha romería deste tipo no Centro de Cultura Xaquín Lorenzo. Nós o que queriamos era unha romería na que se xuntaran artesáns, música e baile; e para face-la puxémonos en contacto cos distintos concellos da provincia, explicándolles a nosa idea e consultándolles o que cada concello podía aportar á hora de organi-zala. E cando chegamos ao Concello de Celanova parecéulles unha gran idea para facer en Vilanova dos Infantes. Foi o único conce-llo que se ofreceu, dixéron-nos que se non atopabamos outro sitio que eles querían que o fixeramos en Vilano-va, e así foi”.

E escollestes o día 17 de maio.

M.F.: “Escollemos o día das Letras Galegas para darlle un contido, porque estabamos vendo que ese día estaba perdendo un

pouco de identidade, era un día festivo que se aprovei-taba para facer plans per-soais, pero perdíase a esen-cia do día en si. Por iso, nós quixemos darlle un sentido, redondear esa data, para que fose un día adicado á cultura galega”.

Con que obxectivo na-ceu Raigame?

M.F.: “O que queremos é transmitir a nosa cultura, iso que os nosos antepasa-dos nos transmitiron a nós agora é o turno de pasarllo aos nosos cativos, pero non dun xeito ríxido e estático, nós o que queremos é que a xente o viva. Entón en Rai-game buscamos iso, levar a nenos, pais e avós e que recuperen ese contacto xe-neracional que ás veces pa-rece que se está perdendo, porque o que nos aporta a xente maior é unha rique-za”.

Como recibiron esta idea os artesáns?

M.F.: “A maioría dos artesáns están encantados coa idea, de feito repiten. Ata lles coincide a veces con outros compromisos e prefiren vir a Raigame e iso é unha satisfacción. Hai algúns que veñen de moi lonxe, pero gústalles o espí-ritu da festa”.

E o público, como está a responder?

M.F.: “Igual que os ar-tesáns, a xente repite e van aumentando. Veñen de to-das as provincias galegas, de Oviedo, de Portugal.... Se teñen oportunidade non a perden, e iso que fóra de Galicia non é festivo e a xente ten que organizarse para vir”.

Iso é toda unha satisfac-ción?

M.F.: “Exactamente. E tamén é un reto e unha responsabilidade, non po-demos defraudar, sínteste moralmente obrigado a cumprir esas espectativas que a xente xera en torno a

Raigame. Pero neste senso para nós é sinxelo porque non é nada artificioso, xa que o ambiente que trata-mos de crear é natural, é o que había antes nos pobos, o contacto entre as persoas, a solidariedade, porque estamos tan inmersos na sociedade materialista que perdemos o máis esencial. Antes os veciños dos po-bos falaban entre eles, xun-tábanse ao anoitecer nos camiños e comentaban as súas cousas, hoxe iso é im-pensable, entramos na casa e non estamos en contacto con ninguén, esquecémonos do mundo que nos rodea, e se nos esquecemos dos que temos ao lodo como imos a pensar nos que están un pouco máis alá?”.

Raigame foi declarada “Festa de Interes Turísti-co de Galicia”, como reci-bistes esta noticia?

M.F.: “Para nós foi unha grata sorpresa, foi como ver premiada a romería, é un recoñecemento, pero non só para a organización porque, como sempre digo, Raiga-me existe non só porque nós a organicemos, senón por toda a xente que par-ticipa nela ano a ano. Esa xente é a que lle da sentido

á festa”. Cantos oficios estarán

presentes nesta edición?M.F.: “Hai 14 oficios di-

ferentes. Telares, bolillos, forno de pan, fiado, ceste-ría, artesanía en barro, can-teiros, ferreiros, son algúns. E a través de todos eles veremos como é o proceso destes traballos, para coñe-cer como se fai o pan, unha cesta ou unha prenda de lá, por exemplo. Por iso tamén son importantes os museos etnolóxicos aos que adica-mos esta edición, porque detrás dos obxectos expos-tos hai toda unha historia, unha maneira de vivir. E trátase dunha vida comple-tamente distinta á actual. Hoxe pasamos pola vida de xeito superficial, non sen-timos o que vivimos, non temos contacto coas per-soas. Estamos nunha época tan globalizada que vemos moito e viaxamos moito, pero non nos cala. Hai xen-te que ten máis mundo sen saír do seu pobo do que po-demos ter os que viaxamos máis, porque aprecian o que teñen, valórano e iso apór-talles riqueza interior. Nós non nos damos conta de que é a nosa responsabili-dade transmitirlles ás novas

xeracións o que nos deixa-ron os que viñeron antes, eles tamén teñen o dereito a gozar diso como o fixemos nós”.

Ademais, en Raigame hai moitas outras activi-dades.

M.F.: “Durante todo o día hai preto de 30 agru-pacións de música e danza espalladas por todo o pobo, así como contacontos, para ofrecer actividades para to-dos os gustos”.

E tamén entregades o premio Xan de Barros.

M.F.: “Si, este ano otór-gaselle a Manuel Mandia-nes porque colaborou con nós dende o primeiro mo-mento. El adícase á inves-tigación, a etnografía, e co-laborou na revista Raigame e tamén na romería. Sempre estivo disposto a axudarnos en todo o que precisamos”.

Cres que a cultura gale-ga está en perigo?

M.F.: “Quero pensar que nós non a destruimos. A sociedade é moi variopinta e non me gusta xeralizar, pero hai xente que se segue avergoñando da nosa cultu-ra, do noso idioma, porque cren que é inferior, e eu estou totalmente en contra, penso todo o contrario. Nós

dende o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo buscamos transmitir a todos os que pasan por acá, dende nenos a anciáns, que temos un idioma fermoso, que expresa sentimentos como ningún outro; temos unha maneira de vivir única, unha paisaxe e un patrimo-nio envexables. Ás veces penso que Deus dalle pan a quen non ten dentes, os ga-legos non lle damos impor-tancia ao que temos porque o temos ao lado e o vemos a diario, pero cando vén xen-te de fóra quedan abraiados coas nosas capelas, crucei-ros, fontes... Temos que valorar o que temos e trans-mitirllo a toda a xente que vén a vernos, porque nós o temos todo”.

Que outras actividades organiza o Centro de Cul-tura Xaquín Lorenzo?

M.F.: “Pois sempre nos esquecemos de nombrar o programa de xogos popu-lares, que levamos a todos os centros educativos da provincia para achegar aos cativos as nosas tradicións. E ademais tamén haberá xogos populares en Raiga-me: zancos, aros, trompo, birolla, ra... alí os nenos si que o pasan ben vendo aos seus avós ensinándolles es-tes xogos, facéndo auténti-cas virguerías”.

Convida aos nosos lec-tores a que se acheguen a Raigame.

M.F.: “Quero convidar a todo o mundo a que se ache-gue a Vilanova dos Infantes este 17 de maio, porque os veciños deste pobo os van a recibir cos brazos abertos.

E non me quero esquecer deles, son o pilar máis im-portante da romería, xa que nunca puxeron inconvinte ningún, síntense orgullosos e partícipes desta cita. Ade-mais, os danzantes de Vi-lanova, que só actúan para a Virxe do Cristal, tamén estarán en Raigame para que a xente goce deles; e a banda de música poñerá pola noite o peche a esta ce-lebración”.

ENTREVISTA A MARILó FERNÁNDEZ, MEMBRO DA ORGANIZACIóN DA ROMERÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME

“Estamos tan inmersos nunha sociedade materialista que perdemos o esencial, esquecémonos do que nos rodea”

4 Mariló Fernández, membro da organización da romería Raigame, descóbrenos a esencia desta fes-ta popular: a recuperación do contacto interxeneracional e das nosas tradicións.

“Con Raigame o que queremos é transmitir a nosa cultura, iso que os nosos antepasados nos transmitiron, pero non dun xeito ríxido, nós queremos que a xente o viva”

“Os galegos debemos valorar o que temos e transmitirllo a quen vén a vernos. Deus dalle pan a quen non ten dentes”

Mariló Fernández é a directora do Centro de Cutura Popular Xaquín Lorenzo, organiza-dor da Romaría Etnográfica Raigame./P.LODEIRO.

Page 19: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

19CELANOVA E COMARCA

P.L.

A representación de 14 oficios tradicionais, 20 gru-pos de música e máis de 60 actividades conforman o programa da 13ª edición da romaría etnográfica Rai-game, que volverá transfor-mar Vilanova dos Infantes en capital da cultura galega o próximo 17 de maio. “En Raigame xuntámonos to-dos, nun ambiente familiar, para revivir experiencias da nosa infancia, revivilo e intentar poñelo de novo en marcha”, apuntaba Marilo Fernández Senra, do Centro

Cultural Xaquín Lorenzo, entidade que organiza a festa coa colaboración do Concello de Celanova e da Deputación. Ao redor de ��.000 euros de orzamento farán posible este evento.

Nesta edición Raigame ten por temática os centros etnográficos e por iso a lo-calidade celanovesa será a primeira parada dunha ex-posición con carácter itine-rante que repasa os museos e centros etnográficos da provincia.

No que se refire ao premio Xan de Barros, instaurado en �009, será entregado a

Raigame, a festa da cultura galega4 O 17 de maio Vilanova dos Infantes converterase en parque temático da nosa etnografía.

Manuel Mandianes, polo seu traballo no estudo e divulgación da cultura popular galega desde un punto de vista científico.

Proxectos de futuroO alcalde de Celanova

aproveitou a presentación de Raigame para anunciar que están a traballar para integrar a romaría “nun-ha rede de manifestacións culturais de Europa” e para iso presentarán un proxec-to ao programa europeo “Europa Creativa”. Outro dos obxectivos da celebra-ción para o futuro é xuntar en Vilanova dos Infantes os outros dous pobos de España que levan o mes-mo nome, un de Valladolid e outro de Ciudad Real.

Raigame contará con 14 oficios distintos, 20 grupos musicais e 60 actividades

O presidente da Deputación, Manuel Baltar; a directora do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, Mariló Fernández; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e o técnico de Cultura celanovés, Antonio Piñeiro, durante a presentación de Raigame 2014./P.L.

Redacción

A transferencia dun treito da antiga estrada OU-540 (Ourense- Cela-nova) a prol do Conce-llo de Celanova vén de ser publicada no Diario Oficial de Galicia. A so-licitude do cambio de ti-tularidade, realizada polo concello, inclúe un treito localizado no lugar de Carfaxiño entre os puntos quilométricos �1+680 e o �1+810.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera axeitado este cambio de titularidade, dado que os

case 300 metros transfe-ridos adquiren caracte-rísticas puramente locais pola súa situación. Tráta-se dun tramo illado como consecuencia das obras realizadas na estrada OU-540, que queda fóra do itinerario principal e cuxo uso quedou relegado a un tráfico local.

Con esta aprobación o Concello de Celanova de-berá asumir todas as acti-vidades de xestión, man-temento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización da entrega, que terá lugar no prazo dos dous meses seguintes.

Os xulgados melloran a súa conexión a Internet Redacción

A Axencia para a Mo-dernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) po-sibilitou o acceso a redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade nas últimas semanas no xul-gados de Celanova e Ri-badavia, co que se elevan ao 66% as sedes xudiciais de Ourense, que dispoñen

destas redes. A implantación de re-

des de 100 Mbps permi-te multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito os empregados dos xulga-dos poderá ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse si-multaneamente un maior número de usuarios e per-mitirá o funcionamento de máis aplicacións informá-ticas cun tempo de respos-ta axeitado.

A antiga OU-540 pasa a titularidade municipal4 Trátase dun treito localiza-do no lugar de Carfaxiño.

Máis de 700 per-soas atendidas na Oficina de Turismo en Semana SantaRedacción

Participantes no Obra-doiro de Emprego de xes-tión cultural e turística “Camiño de San Rosen-do” aproveitaron a Se-mana Santa para realizar prácticas de formación tanto na Oficina de Turis-mo de Celanova, como no Centro de Recepción de visitantes de Aquis Quer-quennis (Bande), ademais de colaborar coa Funda-ción Curros Enríquez na xestión das visitas da Casa dos Poetas.

No caso concreto da atención á oficina de turis-mo de Celanova, ademais das tradicionais visitas guiadas ao conxunto da igrexa e da capela mozá-rabe de San Miguel, os alumnos tamén organiza-ron diariamente senllas quendas para realizar vi-sitas para pequenos gru-pos á torre das campás e á exposición permanente da obra pictórica de José Antonio Ocaña Martínez, contabilizándose un total de 711 persoas atendidas durante toda a semana neste servizo.

Pola súa parte, as visi-tas que foron atendidas no Centro de recepción de visitantes do campamento romano de Aquis Quer-quennis achegáronse ás 400, o que vén demostrar a crecente demanda turís-tica polos recursos patri-moniais das Terras de Ce-lanova e a Baixa Limia.

Page 20: 14 de maio - Barrios

�0 BARRIOSMaio de �014

pROViNCiA

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou nos úl-timos días no acto de clau-sura e entrega de diplomas dos obradoiro de emprego do Támega, Pozo do Demo, Alta Limia e Mancomuni-dade de Ourense. En total 9� desempregados (entre alumnos e corpo docente ou de xestión) beneficiáronse nestas catro zonas desta ini-ciativa, a cal requeríu en to-tal un investimento da Xun-ta de Galicia de 763.000 euros.

TámegaNo caso do obradoiro de

emprego do Támega, que se desenvolveu conxuntamen-te ao longo dos últimos seis meses entre os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro e Laza, a forma-ción e emprego centrouse en dúas especialidades: forxa e xardinería. Nesta iniciati-va, que Traballo e Benestar financiou cunha achega de máis de 177.000 euros, be-neficiáronse un total de 26 persoas: �0 como alumnos e 6 como persoal docente e administrativo.

Pozo do DemoPola súa banda, o obra-

doiro de emprego “Pozo do Demo” foi desenvolvido conxuntamente entre os con-cellos de Verín e Vilardevós e centrado na recuperación do antigo camiño que une a parroquia de Cabreiroá (Ve-rín) co lugar da Veiga das Meás (Vilardevós), unha

ruta de sendeirismo paralela ao río Quintas denominada “O Pozo do Demo”.

Deste programa, para o que a Xunta aportou 195.000 euros, beneficiáronse 22 desempregados como alum-nos, e outras 6 persoas que formaron parte dos equipos de xestión e docencia.

Alta LimiaNo caso do obradoiro de

emprego “Alta Limia”, pos-to en marcha en outubro, participaron �0 desempre-gados como alumnos de xar-dinería e actuación forestal, procedentes dos concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás.

Durante estes seis meses alumnos rehabilitaron diver-sas zonas axardinadas, ade-mais de actuar en áreas re-creativas, camiños e nalgúns montes. Nesta iniciativa o departamento que dirixe

Beatriz Mato invistiu preto de 178.000 euros.

Mancomunidade de Ourense

O obradoiro de emprego “Terra de mosteiros �013” foi desenvolvido conxunta-mente entre os concellos de Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Para-da de Sil e San Cibrao das Viñas; e nel participaron �4 parados como alumnos e outros 6 como persoal di-rectivo, docente e de apoio administrativo.

Os alumnos recibiron formación especializada e realizaron distintas actua-cións prácticas nos ámbitos da xardinería e forxa. Así, traballaron no acondicio-namento de varios parques e zonas axardinadas e na elaboración de varandas de forxa para varios núcleos

Redacción

Un total de cinco conce-llos da provincia de Ouren-se –Riós, Muíños, Cela-nova, A Peroxa e Vilar de Barrio- contarán este verán con campos de traballo destinados aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, e organizados pola Dirección Xeral de Xuven-tude e Voluntariado.

A conselleira de Tra-ballo e Benestar, Beatriz Mato, que vén de asinar os respectivos protocolos de colaboración cos rexe-dores destes municipios, destacou a importancia destas iniciativas dado que promoven as accións vo-luntarias, a participación da xuventude na sociedade e a mobilidade, ademais de ser unhas “excelentes ferramentas” de educación non formal.

En total, en Galicia con-tará este ano con 400 pra-zas distribuídas en 14 cam-pos de traballo, dos que

cinco se atopan na provincia de Ourense, con 105 prazas.

A temática dos campos que se desenvolverán en Ourense será moi variada, pero en xeral están relacio-nados co medioambiente, o patrimonio natural e arqueo-lóxico, e o contido social.

Deste xeito, o campo de Riós ensinará aos partici-pantes o cultivo dos soutos, así como o aproveitamento dos castiñeiros e as castañas como elemento gastronómi-co.

E o de Celanova centrara-se no eido audiovisual. Nel ensinarase a teoría da redac-ción do guión, rodaxe, pro-dución e montaxe, así como tamén se centrará na prác-tica, a través da realización dunha curtametraxe.

InscriciónO prazo de inscrición per-

manece aberto e as activida-des terán lugar nos meses de xullo e agosto, e celebraran-se en quendas de entre 1� e 15 días.

pertencentes aos concellos implicados no programa.

A Consellería de Traba-llo e Benestar financiou esta acción cunha achega de máis de �13.000 euros.

En todas as clausuras, Rogelio Martínez felici-tou aos alumnos pola ob-tención do certificado de profesionalidade, que ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacio-nal, expedido polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, co que a Xunta confía que vaia “incrementar signifi-cativamente a empregabi-lidade do alumnado”, se-gundo destacou Martínez.

Rogelio Martínez clausura obradoiros de emprego na provincia4 92 parados beneficiáronse dos programas do Támega, Pozo do Demo, Alta Limia e Mancomunidade de Ourense.

Cinco concellos ourensáns ofertarán prazas en campos de traballo este verán4 É o caso de Riós e Celanova.

A Xunta investiu 763.000 euros en todos eles

Rogelio Martínez estivo acompañado dos alcaldes de Monterrei, Castrelo do Val, Cua-ledro e Laza, así como dos propios participantes, durante a clausura do obradoiro de emprego do Támega.

Beatriz Mato e os alcaldes durante a sinatura./RAMSÉS

Page 21: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

�1especial DEpUTACiÓN DE OURENSE

A Deputación destina 343.000 euros a proxectos sociais

A Deputación de Ouren-se vén de publicar as bases que regularán a concesión de subvencións ás enti-dades de iniciativa social que realicen actividades sen ánimo de lucro e que teñan sede na provincia. As entidades poderán re-cibir como máximo un co-financiamento de 10.000 euros para a realización dos seus proxectos selec-cionados, excepto aqueles proxectos de emerxencia social que poderán chegar a �5.000 euros.

NovidadesToda a información da

convocatoria está dispoñi-ble na dirección de inter-net http://programasen-tidades.depourense.es, onde tamén se pode reali-zar a solicitude. Neste ano �014 incorpórase como elemento de valoración das solicitudes a tipoloxía das necesidades atendidas polos proxectos presenta-dos, priorizando aqueles dirixidos á atención de situacións de pobreza ou emerxencia social.

Outra das novidades da convocatoria deste ano é o acceso á subvención para aqueles proxecto que desenvolvan iniciativas de carácter social que te-ñan incidencia directa na recuperación ou fixación da poboación nos seus lugares habituais de resi-dencia, primando espe-cialmente aqueles que te-ñan obxectivos concretos de conciliación familiar e laboral con nenos e/ou maiores con necesidade de atención. A Deputación de Ourense pon a disposi-ción dos usuarios a Área de Benestar da institución como punto de axuda e información para que as cuestións técnicas non supoñan unha limitación para os interesados.

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, xustificou o “nota-ble incremento” este ano nos orzamentos das par-tidas destinadas a servi-zos sociais “consecuencia dunha xestión centrada en facer máis con menos, e sempre priorizando recur-sos”.

A Deputación de Ourense está a traballar na actualización da nova aplicación para dispositi-vos móbiles (APP) da ins-titución provincial, unha tecnoloxía que se pode descargar gratuitamente no móbil buscando o epí-grafe de “Provincia Inte-ligente” e que permitirá, en palabras do presidente provincial “facer posible a pocket administration, levar a administración no peto, co obxectivo de au-mentar e axilizar a rela-ción da institución provin-cial coa cidadanía”.

A Deputación de Ouren-se xunto cos balnearios da provincia e os concellos con infraestruturas balnea-rias presentaron no Pazo Provincial o Programa de termalismo social “Ouren-se, a provincia termal”. O acto, formalizado na sinatura dun convenio de colaboración entre a De-putación e os balnearios da provincia, contou coa presenza do presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e os repre-sentantes dos balnearios: Eduardo Laherran de la Sota, en representación do Balneario de Molgas, S.L; José María de la Figuera Vargas, en representación de COVAQUI, S.L, e Ra-fael Luaña de la Viña, en representación de Caldaria Termal, acompañados po-los alcaldes de Lobios, Ar-noia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas.

Segundo destacou Ma-nuel Baltar, este conve-nio “reforza a aposta do goberno provincial polo termalismo, un dos eixos estratéxicos para o desen-volvemento da nosa pro-vincia, destinándose para

esta actuación un total de 70.000 euros”. Baltar su-bliñou que este convenio “é unha boa mostra da coope-ración entre a administra-ción pública e o sector pri-vado, para un sector como o termalismo que ten que ser

un pulo para o desenvolve-mento social, económico e cultural da nosa provincia”.

Esta actuación enmárcase dentro do Plan Provincial Termal que pon en marcha a Deputación de Ourense xunto coa Xunta de Gali-

cia co obxectivo de atraer turismo e competitividade económica á provincia de Ourense, a provincia termal por excelencia.

Ao programa de estan-cias e tratamentos termais para maiores de 50 anos de

O programa “Ourense, a provincia termal” oferta este ano 1.500 prazas para estancias en balnearios da provincia Deputación de Ourense e balnearios asinaron o convenio de colaboración para levar a cabo esta acción de promoción termal

O presidente da Deputación xunto aos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas e aos representantes dos balnearios cos que asinou o programa de termalismo social “Ourense, a provincia termal”. /ALBERTE PAZ.

Ao programa de estancias e tratamentos termais para maiores de 50 anos de 6 días / 5 noites sumarase este ano

un novo programa “Cultura Termal” , estancias de fin de semana para todas as idades

A APP inclúe xestión de incidencias e suxestións que acheguen os cidadáns, o apartado do “Presidente responde”, noticias da de-putación, e un apartado de “Termalismo saudable”. Con esta nova actualización permitirase xestionar tri-butos locais, entradas para eventos (reserva e compra), xestionar publicacións do ente provincial (reserva e compra), inscribirse en cur-sos de formación e rexistrar adhesións de cidadáns para a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Huma-nidade, ademais de ter acce-

6 días/5 noites iniciado no �013 sumarase este ano un novo programa “Cultura Termal” baseado en estan-cias de fin de semana para todas as idades. Ademais este ano abrirase o progra-ma a persoas non residentes en concellos da provincia.

Neste programa, que este ano establece un total de 1.500 prazas, a Deputación de Ourense implementa por primeira vez unha nova es-tratexia de administración electrónica que achegará máis facilidades aos cida-dáns así como máis eficacia e eficiencia no procedemen-to administrativo da xestión das solicitudes.

SolicitudesO procedemento admi-

nistrativo para a presenta-ción da solicitude e a con-cesión do programa poderá realizarse on-line, estando a administración provincial a disposición do cidadán as �4 horas do día, os 7 días da semana. A concesión do Programa, incluíndo o bal-neario solicitado e as datas de desfrute, resolveranse no mesmo proceso e no mesmo momento da presentación da solicitude.

A solicitude poderaa pre-sentar por internet o propio interesado ou de forma pre-sencial a través de diferen-tes organismos públicos ou balnearios. No caso de que o cidadán opte por realizala dende un organismo poderá xestionala a través dos ser-vizos sociais comunitarios dos concellos galegos.

so á programación cultural e deportiva da deputación.

Canle de comunicación Estas actualizacións da-

ranlle novas posibilidades aos máis de �.500 dispo-sitivos conectados co ente provincial. O presidente, Manuel Baltar, quere poñer

a disposición dos cidadáns unha administración máis achegada é transparente, dándolle a posibilidade dunha nova canle de comu-nicación para facer suxes-tións, rexistrar queixas e avaliar os servizos do ente provincial.

Baltar pretende que a

APP da Deputación “sexa o buzón de suxestións pro-vincial, afondando cada día máis na transparencia, e que a relación da deputación co cidadán sexa bidireccional e interactiva ao máximo, acadando un necesario, áxil e eficaz diálogo entre admi-nistración e administrado”.

A Deputación pon en marcha unha aplicación para móbiles

A App inclúe xestión de incidencias e suxestións, o apartado do “presidente responde”, noticias da deputación e un

apartado de “Termalismo saudable”

Page 22: 14 de maio - Barrios

�� BARRIOSMaio de �014

pROViNCiA

Redacción

Mellorar a atención aos maiores e consolidar o emprego serán as claves para o PP de Xunqueira de Ambía. Pola súa ban-da, asentar empresas para consolidar traballo e po-boación será o obxectivo dos populares en Oimbra. Así o determinaron os lí-deres do PP local en cada unha destas zonas durante a súa reelección.

No caso de Xunqueira de Ambía, a Escola Vella acolleu o Congreso Lo-cal do PP, no que a única candidatura presentada foi a de José Luis Gavila-nes, que acodou o 100% dos votos emitidos polos compromisarios que par-ticiparon neste proceso.

Gavilanes fixou duran-te o seu discurso os dous grandes obxectivos a ni-

vel municipal: “rematar a residencia da terceira idade e o centro de día, para me-llorar a atención aos nosos maiores; así como acadar o desenrolo do polígono em-presarial, co fin de consoli-dar emprego no municipio”. Xa en clave orgánica, o pre-sidente local dos populares en Xunqueira manifestou a súa intención de incorporar a xente nova ao partido.

OimbraPola súa banda, o Centro

Social de Oímbra foi o esce-nario do Congreso Local do PP neste municipio. Neste caso tamén só houbo unha única candidatura presenta-da, a liderada por Ana Ma-ría Villarino, que acadou o 100% dos votos emitidos.

Na súa intervención Villa-rino tamén avanzou os retos de futuro marcados dende o PP local: “conseguir o

Gavilanes e Villarino repiten ao frente do PP en Xunqueira de Ambía e Oimbra4 Ambos foron reelexidos co 100% dos votos e presentaron os seus compromisos cos veciños.

proxecto de urbanización do parque empresarial, no que xa temos a delimita-ción do solo. A nosa aspi-tación é asentar empresas que consoliden emprego e poboación en Oímbra. E a esto unímoslle tamén a necesidade de aprobar o PXOM, para sentar as bases do noso crecemento e seguir traballando sen fisuras”.

Vindeiros congresosOs congresos locais do

PP de Ourense que terán lugar en xuño son, entre outros, os de Vilar de Ba-rrio (día 1�), Gomesen-de (�7) e Rairiz de Veiga (�8).

En Raririz de Veiga o congreso local do PP será o 28 de xuño

Manuel Baltar xunto a José Luis Gavilanes e os compromisarios populares de Xunqueria de Ambía.

Redacción

Cada ano Cruz Verme-lla organiza unha cam-paña de sensibilización sobre o coidado da saúde en distintas localidades da provincia.

O control da glicosa e a tensión arterial (coin-cidindo coa venda de bo-letos do Sorteo do Ouro) ou consellos para gozar do sol e da auga en ve-rán con seguridade (den-tro do programa “Este verán quérete moito”) son algunhas das inicia-tivas que esta entidade está levando a cabo co fin de mellorar a calida-de de vida de toda a po-boación.

Máis saúde con pe-quenos xestos

Ademais das accións de sensibilización na rúa, Cruz Vermella favorece a realización de pequenos xestos que todas as per-soas poden levar a cabo para gañar en saúde, atra-sar a aparición de enfer-midades asociadas ao es-tilo de vida, e reducir as súas consecuencias desde a prevención e a detec-ción temperá.

Para iso, Cruz Vermella elabora materiais divul-gativos sinxelos como os “Cóidate... por exemplo” sobre diversos temas, como alimentación, soño, exercicio físico, consumo de alcohol e tabaco, etc., que ademais circulan po-las redes sociais a través das canles oficiais da Ins-titución.

Pola provinciaMaceda acolleu o do-

mingo 4 de maio a primei-ra destas citas, no Parque do Toural.

Xa no mes de xuño, será o turno de Verín o día 3, de Oímbra o 9, de Xinzo o 14, de Cualedro o 18, e de Riós o día �6.

Para finalizar o 3 de xullo terá lugar en Verín, e o 7 de xullo na Rúa, coincidindo cos días de feira de cada localidade que contan con gran afluencia de xente.

Cruz Vermella iniciou o programa “Saúde de Ouro” en Maceda4 Realizou controis de glicosa e tensión arterial.

Autorizadas obras de emexencia nos ríos Miño, Limia, Sil e afluentesRedacción

O Consello de Ministros acordou, a proposta do Ministerio de Agricultu-ra, Alimentación e Medio Ambiente, a toma de razón de seis obras de emerxen-cia para reparar os danos ocasionados polos tempo-rais deste inverno nas con-cas dos ríos Miño, Limia, Sil e nos seus afluentes, na demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

Os traballos, cun impor-te de preto de 1,5 millóns de euros, terán tres obxec-tivos prioritarios: a reposi-ción ao seu estado orixinal das zonas situadas no do-minio público hidráulico que resultaron danadas, a mellora da capacidade de desaugadoiro dos ríos, e a reparación dos danos provocados por desborda-mentos.

Nos dous meses trans-corridos entre o 15 de de-cembro de �013 e o 15 de febreiro de �014 rexistrá-ronse un total de �5 tem-porais de vento e choivas na zona noroeste do país, que afectaron de forma es-pecialmente importante ao territorio da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, provocando importantes crecidas en todos os ríos desta conca que causaron cuantiosos danos.

Os traballos buscan repoñer ao seu estado orixinal as zonas danadas e mellorar a capacidade de desaugadoiro dos ríos

Cartel da campaña “Cóidate...por exemplo” relativo ao consumo de alcohol e o tabaco.

O programa “Saúde de Ouro” estará en Verín o 3 de xuño, en Oim-bra o 9, en Xinzo o 14, en Cualedro o 18 e en Riós o 26

Page 23: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

�3especial CENTROS SOCiOCOMUNiTARiOS / SAUDETER

A felicidade será constante cando aprendas a gozar de cada momento da túa vida

Videoconferencia no centro ociocomuntario do Carballiño.

Entroido 2014 no centro ociocomuntario de Verín.

Exercicio en máquinas no centro ociocomuntario de Pontepelamios. Gaiteiros no centro ociocomuntario de Ourense.

Comida campestre no centro ociocomuntario de Xinzo.

Ximnasia en parques biosaudables no centro ociocomuntario de Ma-ceda.

Coreografías no centro ociocomuntario de Ribadavia.

Page 24: 14 de maio - Barrios

�4 BARRIOSMaio de �014

DEpORTES

O kartcross Ya-Car de Planelles.

4 Maratón en Baños de Molgas

Saturnino González foi o vencedor da primeira edición do medio maratón de Baños de Molgas. Gon-zález empregou un tempo de unha hora 19 minutos e 10 segundos. Segundo na liña de meta foi Guillermo Pedrero (1:�1:33) e ter-ceiro Gonzalo Rodríguez (1:�1:43).

A primeira muller foi María Gómez chegando a meta en 1:54:�0, segunda Natalia Salgado (1:56:�0) e terceira Conchi Pombo (1:58:04).

4 Carreira de montaña Parada do Sil

A esixente proba de Pa-rada do Sil tivo a Elpidio Gómez como o vencedor da edición deste ano. Por detrás quedaron Fernando Arca e Luis Calvo, segun-do e terceiro respectiva-mente.

Na carreira curta o po-dio estivo conformador por Santi Vales (primeiro), Roberto Lago (segundo) e Alfonso Soto (terceiro).

4 Desafío solidario en Maceda

O domingo 18 de maio celébrase no concello de Maceda a cuarta edición do San Mamede Desafío solidario. A saída terá lu-gar dende o pobo de Cas-tro de Escuadro.

A andaina de 17 km dará comezo ás 9 horas, mentres que a carreira de �1 k m comezará ás 10 horas. O prezo é de 1� euros para os non federa-dos e 10 para os federados e a inscrición está aberta ata o 15 de maio.

Redacción

José López Planelles, da escudería Ya-Car Ra-cing, foi o vencedor do I Ralymix da Gudiña que se celebrou a pasada fin de semana. Planelles foi o máis rápido no cómputo global das cinco pasadas sobre un tramo que cons-taba a proba. O trazado al-ternaba asfalto con terra, o que brindou espectacula-ridade a pilotos e público asistente.

O piloto madrileño em-pregou en completar os preto de 60 quilómetros ao mando do seu kartcross Ya-Car un tempo de 40 minutos, 18 segundos e 873 milésimas. O segun-

Planelles gaña o primeiro Ralymix da Gudiña4 Por diante de Víctor Senra e Tino Iglesias.

do caixón do podio foi para Víctor Senra (40:46.1�9) e terceiro, Tino Iglesias (40:54.995).

O piloto local Felipe Fer-nández rematou na décima posición. Fernández tivo problemas na montura e unha penalización que o privaron de estar máis arri-ba na clasificación.

ParticipaciónNesta primeira edición

do Ralymix participaron �3 pilotos, abandonando a pro-ba tres deles.

O piloto local Felipe Fernández rematou na décima posición

Iván Feijoo, sexto no Open de España de BTT4 Celebrado na localidade catalana de San Llo-renç de Moruyns.Redacción

O cadete Ivan Feijoo, acudía a pasada fin de semana á cita do Open de España de BTT XCO, celebrada na localidade catalá de San Llorenç de Moruyns, en pleno Vall de Lord. Nesta ocasión ter-minou na sexta posición. Ivan confirmou, unha vez máis, o seu gran estado de forma, nesta ocasión nun-ha proba de máximo nivel estatal. E iso que é o seu primeiro ano na categoría.

A pesar de sufrir un par de caídas, o macedano da Escola JA Hermida rema-taba entre os primeiros.

TransgalaicaO corredor do Actyon-

Academia Postal-Merida, Raúl González, foi o ven-cedor júnior da Transgalai-ca �014. A súa vitoria na terceira proba puntuable do Open Galego de Maratón BTT celebrado na locali-dade ourensá de Castrelo de Miño fíxoo acredor do título.

Raúl González lograba entrar na meta de Castrelo sendo o primeiro júnior e o 16º entre todas as cate-gorías despois de 60 quiló-metros de percorrido. Para o ciclista ourensán era a súa segunda vitoria parcial no torneo.

O seu compañeiro de equipo, o sub�3 José Ra-món Villanueva, era tercei-ro entre os elite, sendo no-veno na liña de meta.

BoiroAta Boiro desprazáron-

se os alevíns da Escola JA Hermida para disputar unha proba de carretera. Breogán Diz entraba en meta quinto. Entre as ra-pazas, Aida González era a mellor, entrando primei-ra fémina e a súa compa-ñeira Noela era cuarta.

ArteixoO ciclista Saúl López

venceu na proba absoluta do Open Galego BTT XC de Arteixo. López gañou con autoridade na cate-goría elite, logrando unha nova vitoria en territorio galego.

Na categoría cadete, Iván Feijoo facía o propio, e, deste xeito, continúa imbatido en Galicia desde que se estreara este ano na categoría, tanto en ciclo-cross como en BTT.

En júniors Raúl Gon-zález entraba en meta en segunda posición. E en máster 50, o seu pai, Jose Manuel, tamén subía ao podio coma terceiro.

Coa proba de Arteixo comezaron a tempada os máis cativos integrantes da Escola JA Hermida. Aida González subiu ao podio de alevíns e Artai Gavilanes era terceiro en principiantes.

Iván Feijoo está a realizar unha gran tempada no seu primeiro ano como cadete

Iván Feijoo na proba celebrada en Cataluña.

EN BREVE

Page 25: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

�5pUBLiCiDADE

Page 26: 14 de maio - Barrios

�6 BARRIOSMaio de �014 DEpORTES

R. T.

O Campionato Galego de wushu deixa dúas medallas para Verín. Concretamen-te José Manuel Ferreira e Arcadio Álvarez, do Club Arco de Verín, lograron a medalla de ouro e prata respectivamente. O euro-peo disputouse en Bucarest (Romanía).

En sénior, José Manuel

O Campionato de Europa de wushu deixa dúas medallas para Verín4 José Manuel Ferreira e Arcadio Álvarez (Club Arco de Verín) logran ouro e prata respectiva-mente.

Ferreira, acadou o ouro na modalidade de combate sincronizado xunto ao seu compañeiro Dan Río. En probas individuais, Ferreira alcanzou tres quintos postos nas modalidades de formas con pao, sabre e puño.

En júnior, o tamén veri-nés Arcadio Álvarez logrou outra medalla para a expedi-ción ourensá na modalidade de forma con pao. Álvarez

foi prata.Outro representante

ourensán, Ezequiel Gago, da Escola Dinamic de Ourense, participou en tai chi chuan e tai chi jian. En chuan quedou ás por-tas da medalla sendo cuar-to. Gago foi penalizado por tempo o que fixo que lle impediu logar a meda-lla de bronce. En jian foi sétimo.

Próxima cita, OurenseO �8 de xuño disputara-

se o Torneo Internacional de Ourense que chega á súa décimo terceira edi-ción. Será unha boa oca-sión para ver os ourensáns en plena acción medíndo-se a deportistas de Italia, Andorra, Romanía e Por-tugal.

Ferreira foi ouro en combate sincronizado e Álvarez, prata en forma con paoArcadio Álvarez e José Manuel Ferreira. /RAMSÉS

Redacción

A Concellería de Depor-tes do Concello de Allariz, presentou a décimo sétima edición da Andaina Vila de Allariz, que se celebra-rá o vindeiro sábado 31 de maio.

Na presentación desta edición estaban presentes a concelleira de Deportes, Helena Suárez, e José Gar-cía Calvo “Willy”, técnico

A decana das andainas galegas, o 31 de maio4 A 17ª edición da proba de Allariz vén cun alto compoñente medioambiental.

colaborador da andaina. Suárez e Willy expresaban as características que fan desta andaina unha pro-ba deportiva dedicada aos participantes, “verdadeiros protagonistas do evento”.

Esta andaina pretende fa-miliarizar aos participantes neste tipo de probas longas, amais de potenciar e dina-mizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sen-

deiros naturais de Allariz e arredores.

A proba discorrerá pola práctica totalidade dos ca-miños que cruzan o mar-co da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” o que lle dotará dun importante com-poñente medioambiental.

A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, e dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcan-zando nas últimas edicións os 700 e 800 inscritos de toda Galicia.

NovidadesCada ano a Andaina Vila

de Allariz chega con novi-dades no percorrido. Tales novidades son co obxec-tivo, explicaba Willy, “de evitar o asfalto e potenciar os camiños naturais”. Cartel da XVII Andaina Vila de Allariz.

XVII Festa do Cabalo en Cartelle Redacción

Cartelle acolle os días 31 de maio e 1 de xuño a Festa do Cabalo, que che-ga a súa décimo sétima edición. A festa terá lugar nas instalacións ecuestres ubicadas en Nogueiró. festa conta cunha progra-mación para todos os gus-tos como pode ser unha xincana e toro mecánico e a tradicional ruta cabalar.

O sábado 30 de maio terá lugar unha cea popular na que se sortearán máis de 50 agasallos e sesión dobre de DJ´s con Emilio e Fidel. O domingo 1 de xuño terá lugar un xantar e concerto da banda de gaitas Fronteira&Cartelle. Xa pola tarde haberá unha exhibición de enganche, o espectáculo ecuestre “O Mundil”, coa participa-ción de cabalos de pura raza galega, e verbena que inclúe o sorteo dun pol-dro.

Xuño, mes das populares Redacción

Se hai un mes no que predominan as carreiras populares, ese é, sen dúbi-da algunha o de xuño.

Xa o día 1 celébrase a carreira popular Torre do Castro que chega á súa quinta edición. Sandiás acolle esta carreira por quinto ano consecutivo que conta cun percorrido aproximado de 8.000 me-tros na categoría absoluta.

Esta edición tamén con-tará coa clasificación por equipos, que deberán con-tar obrigatoriamente cunha muller como mínimo entre os seus compoñentes (4). O día 14 será o turno da nocturna de Xinzo de Li-mia, que conta cun per-corrido de pouco máis de 6.000 metros na proba absoluta.

Para o día �8 (sábado) celébrase a carreira de Ce-lanova, unha das probas nocturnas que lle ten máis cariño os atletas populares de Galicia.

O día �9 chega a tercei-ra carreira do circuíto de carreiras populares “Co-rrendo por Ourense”.

Xa queda menos para a marcha de BTT Val de Monterrei4 Esta sétima edición terá lu-gar o domingo 1 de xuño.

R. Torres

O vindeiro domingo 1 de xuño celebrarase a sé-tima edición da marcha de BTT Val de Monterrei.

O Club BTT Verín é o organizador do evento, que contará con dous per-corridos. Un deles será de dificultade media cunha distancia de 35 quilóme-tros, e un segundo de 60 quilómetros e dificultade media-alta. Aínda que a velocidade é libre non se pode adiantar ao vehículo que vaia abrindo a proba e non ten caracter compe-titivo.

O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Val de Monte-rrei existindo cruces con tramos de estradas, nos que se extremará a precau-ción. A saída efectuarase as 9:30h no complexo de-portivo da Granxa, Verín.

InscriciónA inscripción farase

efectiva a través da páxina web do club (http://bttve-

rin.com) e e posterior in-greso na conta do Club BTT Verín de La Caixa. O prazo límite de inscrición remata o mércores �8 de maio ás �4:00h.

A cota de inscripción será de 1� euros para so-cios do club que queiran quedarse ao xantar; de balde, para os socios que non queden ao xantar; 15 euros para non socios que queden ao xantar; 5 euros para os non socios que non queden ao xantar. Haberá un prezo especial para as mulleres, sendo de balde por só participar e cun custe de 1� euros para as que participen no xantar.

Cartel da BTT de xuño.

A saída será ás 9:30 na Granxa

Page 27: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

�7OpiNiÓN / OCiO E CULTURA

4AXENDA

Os usuarios da Biblioteca terán contacontos e manualidadesNa Gala Músico-Literariacoñeceranse os gañadores dos certames de poesía e de relato curto

4HiSTORiAS DE MONTERREi

Balneario de Requeixo

O Balneario de Requeixo é unha desas xoias esque-cidas que se esconden nos recunchos da comarca de Monterrei. Situado ás afo-ras da aldea de Vilaza, este manancial atópase nun en-clave dos máis fermosos da contorna, atravesa o lugar o río Bubal e a vexetación que alí nace grazas ás súas augas crea unha acertada combinación paisaxística dificilmente igualable nos tempos de hoxe.

O balneario que alí se construíu, e que foi inau-gurado en 1900, quedou en concordancia coa paisaxe da que falamos. Un edificio sinxelo pero fermoso, de cantería e con dous pisos máis o baixo. Dentro do baixo atopábanse os cuartos de baño, un amplo comedor, a cociña, un salón para a lectura, algunha habitación e un aparato de gas aceti-leno co que se iluminaba o establecemento. O primei-ro andar estaba dividido de

4DESDE O OUTRO LADO DA RAiA

A actividade sexual é unha excelente forma de exercicio, podendo queimar cerca de 50 calorias. Unha actividade sexual regular:

-Reforza o sistema inmu-nitario, aumentando a pro-dución de glóbulos brancos.

-Diminúe o risco de ata-ques cardíacos.

-Posúe unha acción an-ticoagulante dado que o orgasmo vai acompañado dunha diminución das pla-quetas (células responsábeis da coagulación sanguínea).

-Combate a osteoporose, aumentando os niveis de estróxenos (hormona res-ponsábel da formación de masa ósea).

-Controla o peso. A perda de peso pode facer mara-billas coa súa vida sexual, basta a simple razón de se sentir mellor co seu corpo.

-Axuda a previr os pro-blemas de próstata.

-Atenúa o risco de can-cro.

-Hidrata a pel, contendo aínda un efecto antiarrugas.

-Contén un efecto cal-mante. Nunha relación

sexual son segregadas en-dorfinas. O corpo fica en forma e o relaxamento muscular é perfecto.

-Diminúe a depresión.-Alivia a dor.-Mellora a memoria e po-

tencia a lucidez.-Aumenta o volume dos

senos até un �5%.

Réxime alimentario para unha sexualidade activa

Un réxime alimentario pode ser enriquecido con certos alimentos para au-mentar a actividade e o de-sexo sexual.

-Os moluscos constitúen unha fonte particularmente boa de sustancias nutritivas para os órganos sexuais. As hormonas que segregan os moluscos poden activar e estimular o noso propio sis-tema hormonal.

-As sementes de abóbo-ra conteñen zinc, que ten un efecto benéfico sobre a próstata.

-O ginseng estimula o apetito sexual.

-O pepino funciona como outro bo excitante. Serve

norte a sur por un corredor e nos seus laterais situábanse unha vintena de habitacións amplas, claras, ventiladas e amobladas. No segundo andar alugábanse, a prezos económicos para persoas de escasos recursos, habi-tacións nas que se facilitaba un fogón para cociñar.

Hoxe en día este edificio está en ruínas, moito se ten falado da súa rehabilitación e da volta ao funcionamento deste balneario e, a pesar de que as negociacións co ac-tual dono resultaron sempre infrutuosas, aínda se está a tempo de recuperar os res-tos deste magnífico balnea-rio e pór en valor una autén-tica xoia da nosa comarca, sempre e cando, non se leve a cabo o parador que a xun-ta quere facer no Castelo. Se a pesar de todo o que se leva loitado ao final cons-trúese o parador no Castelo de Monterrei e privatízase o actual parador crearíase un exceso de prazas hotelei-

ras na nosa comarca que enterraría para sempre a idea de volver ver algún dos balnearios da nosa comarca rehabilitado e en funcionamento.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

Botella propiedade de J.R.. Feijoo.

tamén para limpar o or-ganismo. Non se deben comer as sementes, pois poden causar diarrea.

-O esperma é moi sau-dábel porque contén proporcións elevadas de substancias nutritivas.

-As secrecións vaxinais producidas tras o orgasmo conteñen zinc. O home pode tirar proveito des-tas secrecións vaxinais se deixa que o seu pene, en erección, sexa introducido só até metade na vaxina. Movéndoo lixeiramente para a fronte e para atrás, fará que as secrecións da parede vaxinal poidan, así, pasar a través da pel ex-tremamente fina do pene, sendo, despois absorbidas no organismo.

-A masaxe suave do par en distintas partes do cor-po axuda favorablemente á actividade sexual, redu-cindo tanto o estrés físico como o mental.

-Algúns aromas son ca-paces de aumentar o de-sexo sexual como o xas-mín e a rosa.

João Damião

Beneficios da actividade sexual

Redacción

Presentacións literarias, recitais poéticos, monólo-gos, contacontos e unha gala músico-literaria se-rán os actos que se cele-bran durante esa semana en Verín como motivo da efeméride das Letras Ga-legas, dedicadas este ano a Xosé María Díaz Castro.

A primeira das citas terá lugar o mércores 14 de maio, ás 1� horas, no co-lexio María Inmaculada de Verín onde se representará o espectáculo poético-mu-sical “Un paso (sempre) adiante”. No acto, que or-ganizan a Editorial Galaxia e o Concello de Verín, coa colaboración desintere-sada do centro receptor, participará alumnado do �º Ciclo de ESO do IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli, CPR Plurilingüe María In-maculada e Colexio Apos-tólico Mercedario.

Ese mesmo día, 14 de maio, pero ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Mu-nicipal de Verín acollerá a presentación do libro “Economía e recursos. Comarca de Monterrei: Crónicas Rexiomontanas II” de Xerardo Dasairas Valsa, que aborda cues-tións sobre notas econó-micas, feiras e mercados, a banca, sanidade, viticul-tura, o téxtil, o comercio, a minería, comunicacións e transportes, urbanismo e a casa.

Ao día seguinte, 15 de maio, e tamén nas insta-lacións bibliotecarias e á mesma hora, será a quen-da para Eduardo Atanes Álvarez que falará da súa obra máis recente “O sen-tir dos adentros”, ademais de recitar algúns dos seus poemas.

Xa o venres 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Bi-blioteca Pública Munici-pal de Verín organiza ac-tividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas. A inicia-tiva está destinada a un

máximo de �0 socios da instalación, de entre os 3 e 9 anos. Consistirá na rea-lización de contacontos e manualidades e para parti-cipar é preciso inscribirse previamente nas propias instalacións.

Durante esa mesma xor-nada do 16 de maio, pero ás �0.15 horas, o salón de actos do colexio María In-maculada acollerá Monó-logos R, coa participación dos monologuistas Pepo Suevos e Isi. Monólogos R está organizado pola empresa de telefonía R, en colaboración co Concello de Verín e co centro re-ceptor. O acceso será con invitación. As tarxetas de convite recóllense no lo-cal de R da localidade nos días anteriores ao acto.

Gala Músico-LiterariaE para finalizar esta se-

mana cultural, o sábado 17 de maio, ás 17 horas, cele-brarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Ga-legas. No acto recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, da-rase lectura dos traballos gañadores do Certame de Relato Curto Anto-nio Fernández Pérez e o Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín inter-pretará temas de música popular e de compositores galegos. O acto está orga-nizado polo Concello de Verín coa colaboración de Gadis.

Verín celebra as Letras Galegas4 A tradicional gala músico-literaria terá lugar na Casa da Cultura o 17 de maio.

- 14 de maio - Presenta-ción do libro Bóveda cris-tián - �0,30h - Fundación Vicente Risco (Allariz)

- 15 de maio - Concerto didáctico de Samuel Diz - �0,30h - Fundación Vi-cente Risco (Allariz)

- 15 de maio - Recital músico-poético - 1�.00h. Salón de Actos do Colexio María Inmaculada - Verin

- 16 de maio - monólo-gos: Monólogos R - �0.15h Salón de Actos do Colexio María Inmaculada

- 16 de maio - Proxec-ción de O pequeno mago - �0,00h - Casa da Cultura de Allariz

- 17 de maio - Festa das Letras Galegas - dende as 1�,00h - Fundación Vi-cente Risco (Allariz)

- 17 de maio - Romaría Etnográfica Raigame - Vi-lanova dos Infantes

- 17 de maio - teatro: “As do peixe” - �0.30h - Casa da Cultura de Xinzo

- 18 de maio - concerto didáctico para toda a fa-milia a cargo de Ensemble “6ª ESENZZA”- dende as 17,30h - Fundación Vi-cente Risco (Allariz)

- �3 de maio - Carlos Blanco ao vivo - �1h Pa-villón dos Deportes de Verín

- �4 de maio - Apertura do Festival Internacional de Xardíns - Allariz

- �9 de maio - Música: Os Superhércules - 11.00h - Pavillón dos Deportes de Verín

- �9 de maio - concerto didáctico - 1�h Salón de Actos do Colexio María Inmaculada

- 31 de maio - andaina Vila de Allariz

- 1 de xuño - deporte: V carreira popular “Torre do Castro” - Sandiás

- Ata o 14 de xuño - sala de exposicións de Verín - “Arquetipos” de Elssa

FeirasAllariz - 15 de maio e 1

de xuñoBaltar - 8 de maioBaños de Molgas - � de

xuñoCalvos de Randín - � de

xuñoCartelle - 18 maio e 4 de

xuñoCelanova - os xovesCualedro - 18 de maio e

5 de xuñoMaceda - �0 de maio 4

de xuñoA Merca - �6 de maio

Page 28: 14 de maio - Barrios

�8 BARRIOSMaio de �014 OCiO E CULTURA

S.N.

Logo de acadar en �013 os premios Mestre Mateo ao Mellor Documental e o Xosé Aurelio Carracedo concedido pola Deputa-ción de Ourense, o docu-mental “100% CEF”, no que o director Aser Álva-rez profundizou na figura de Celso Emilio Ferreiro, compleméntase co dobre DVD que vén de ser edita-do con material inédito so-bre o poeta que non puido ser incluído neste traballo.

Baixo o título “10� testemuños de aniver-sario” (vencellado ao cumprimento en �014 de 10� anos do nacemento de Celso Emilio), estes DVD´s, xa dispoñibles nas librarías, recollen as opinións dos seus biógra-fos, Xesús Alonso Monte-ro e Ramón Nicolás, xun-to cos testemuños doutros persoeiros como Xosé Luís Méndez Ferrín, Suso de Toro, e Anxo Anguei-ra. Tamén interveñen os fillos de Ferreiro, Isabel e Luís, artistas como Fran-cisco Leiro, e Baldomero Moreiras, e músicos como os Labregos do Tempo dos Sputniks, rapeiros ou gaiteiros. “Son 14 capí-tulos adicados á infancia, á guerra, á faciana políti-ca de Celso, á súa poesía

combativa, a Moraima, etc. Con opinións contraditorias nalgúns casos”, explicou Plácido Romero, coordina-dor desta edición.

Ademais, inclúese tan-to a versión reducida da obra, “50 % CEF, o poeta da vida”, como a amplia-da, rescatando da mesa de edición “unha selección das opinións máis interesantes e valiosas, por achegar en-foques novidosos e mesmo polémicos”, aseguraron os seus responsables.

A edición complétase cun making off do propio Plá-cido Romero; “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, unha curtametraxe sobre unha instalación de Baldo-mero Moreiras; así como “Noutrora”, unha videocrea-ción de Xudit Casas.

PresentaciónsCon este dobre DVD pé-

chase un ciclo no traballo do colectivo Arraianos, que adicou máis de dez anos a investigar a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro, e que agora está a presentar este contido inédito en cen-tros de ensino e culturais de diferentes localidades de Galicia, España e Portugal. Unha das seguintes presen-tacións terá lugar en Ouren-se, o 16 de maio ás �0.15 horas no Centro Cultural da Deputación.

Redacción

Guionista e realizador, xornalista vencellado aos informativos de TVE e a espazos como Documen-tos TV ou En Portada, Li-sardo García Bueno será o protagonista da Retros-pectiVelo, a sección de re-trospectiva que incluirá o I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, que se celebrará en Car-telle, Amoroce e outros puntos da xeografía gale-ga do �0 ao �� de xuño. Esta foi unha das novida-des que se fixo pública na presentación do avance de programación do festi-val que acolleu o Centro Multiusos de Arraianos en Amoroce (Celanova) o pasado 3 de maio.

“Yoyes”, emitido en Documentos TV e ga-ñador da Ninfa de Plata no XXIX Festival Inter-nacional de Montecarlo (1989) e do Premio On-das Internacional (1989); “En el corazón de las ti-nieblas”, Premio BANF Canadá 1993; “Brasil, la lucha por la tierra”, pre-mio Manos Unidas �00� ou “El legado de Mande-la”, son só algúns dos 15

traballos que poderán visio-narse durante o festival.

Ademais, Lisardo presi-dirá o xurado encargado de avaliar as obras presentadas ao festival, chamado a con-verterse nun espazo de di-vulgación de curtametraxes documentais de ficción cen-trados no medio rural e na recuperación da memoria histórica.

Neste sentido, un dos directores desta iniciativa, Aser Álvarez do colecti-vo Arraianos, amosouse moi satisfeito de contar co apoio de profesionais da dimensión deste guionista e anunciou que o festival xa conta con preto dun cento

de traballos inscritos.

Presentación de traba-llos ata o 17 de maio

Os responsables do Fes-tival, Inés Vázquez e Aser Álvarez, aproveitaron ta-mén para recordar que o prazo para presentar os traballos a concurso (cur-tametraxes ou documen-tais) segue aberto ata o 17 de maio.

As curtas deberán estar rodadas en data posterior ao 1 de xaneiro de �011 e non poderán exceder os 30 minutos de duración, sendo a súa lingua o gale-go ou terán que estar sub-tituladas nesta lingua.

Retrospectiva sobre Lisardo García Bueno, no Festival de Cine Rural Carlos Velo4 Ata o 17 de maio permanece aberta a presen-tación de documentais e curtametraxes.

Organizadores e colaboradores no Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo.

102 testemuños sobre Celso Emilio Ferreiro4 Arraianos presenta material inédito sobre o poeta.

4Exposición de pinturas de Elssa en Verín

Baixo o título ‘Arque-tipos’, a pintora ourensá Elssa mostrará una colec-ción de obras na Sala de Exposicións de Verín ata o vindeiro 14 de xuño.

A súa obra proxecta un rico universo interior, que se transmite nunha vasta paleta tonal, a través dun-ha temática figurativa na que a natureza humana é protagonista.

Elssa gañou o Concurso de Pintura Rápida das fes-tas do Corpus de Ourense en �001 e �003.

4Teatro en XinzoO Concello de Xinzo

remata o vindeiro 17 de maio as súas primeiras xornadas teatrais, orga-nizadas co obxectivo de promocionar as artes es-cénicas entre a xuventude da localidade. Trala esce-nificación de “Princesas con conto” polo grupo Delatoute Teatro e do es-pectáculo “Go on” de Ma-lasombra Produccións en pasadas semanas, o ciclo péchase este sábado co grupo Abrapalabra Crea-cións Escénicas, que leva-rá á escea a obra “As do peixe”

A cita está prevista para as �0:30 horas no audito-rio da Casa de Cultura e a entrada será gratuíta. As actuacións enmárcanse no programa “Cultura no Ca-miño” co financiado pola Xunta de Galicia.

EN BREVE

Page 29: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

�9OCiO E CULTURA

V Ciclo de concertos didácticos de órgano 4 Haberá sesións para estudan-tes galegos ata o mes de xuño.Redacción

Ata o vindeiro mes de xuño, estudantes de toda Galicia terán ocasión de participar na quinta edi-ción do Ciclo de Concertos Didácticos de Órgano de Celanova. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Celanova coa colaboración da Conselle-ría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que conta cunha dobre ver-tente educativa e cultural e que se basea en sesións de 50 minutos nas que o alum-nado ten a oportunidade de coñecer as partes do órga-no, o seu funcionamento e materiais dos que se com-pón ou as formas musicais organísticas de distintas épocas.

O ciclo permítelles aos estudantes afondar no co-ñecemento histórico do

órgano e tamén interpretar conxuntamente co órgano pezas preparadas previa-mente nos seus centros de ensino con instrumentos como a frauta, no marco do desenvolvemento do con-certo didáctico.

Ademais, o ciclo aborda o valor do espazo arquitec-tónico no que se realizan os concertos (a igrexa de San

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, asistiron a unha das sesións do ciclo na igrexa de San Rosendo, acompañando a alumnos do IES Universidade Laboral de Ourense. /RAMSÉS.

Rosendo) e ofrece a posi-bilidade de realizar visitas guiadas polo mosteiro de San Rosendo, así como percorridos máis amplos por espazos de interese cultural do concello cela-novés.

Os concertos didácticos continuarán os días �0 e �7 de maio, e 3 e 10 de xuño.

4 Presentación literaria en Verín

A Biblioteca Pública de Verín acollerá o 30 de maio unha presentación li-teraria. Antonio Sandoval e Cosme Damián Romay amosarán o libro “Cuándo ver aves en Galicia. Pro-puestas mes a mes para familias, aficionados y ex-pertos”; perfecto para a or-ganización de excursións en busca de acontecemen-tos ornitolóxicos.

4 Concertos en Allariz

A Banda Unión Musical de Allariz actuará o �� de maio, ás �0 horas, na pro-cesión e concerto das fes-tas de María Auxiliadora. O 8 de xuño ás 1�.15 ho-ras terá lugar unha audi-ción da escola de música da Banda de Allariz na segunda pranta do fogar dos maiores. Para o 14 de xuño a Banda Nova da Unión Musical de Allariz actuará no Music Boi.

O programa ‘Cultura no Camiño’ continúa en VerínRedacción

O xoves �9 de maio

chega a segunda iniciati-va musical do programa “Cultura no Camiño” en Verín. A partir das 11 horas, no Pavillón Mu-nicipal de Deportes, Hér-cules Brass Quinteto de Metais presentará o seu espectáculo “Os Super-hércules”. Nel participa-rá o alumnado de prima-ria de diversos colexios da comarca de Verín.

O programa finalizará en xullo, concretamente o xoves día �6, co con-certo do grupo funky coruñés Supersandwich e do grupo compostelano de rap Comando Katana.

“Cultura no Camiño” é un programa que o pa-trocinan conxuntamen-te pola Consellería de Cultura e o Concello de Verín.

EN BREVE

Page 30: 14 de maio - Barrios

30 BARRIOSMaio de �014 OpiNiÓN

4DESDE A pONTE... A MONTERREi

Carabineiros con alma

A miudo, lémbrome con nostalxia, das historias que o avó me deixou. Cos ollos brillantes, propios da sabe-doría que dan os anos, e a modiño, para non esquecer detalle, comezaba a narrar secuencias reais dunha vida axitada.

Eu, que daquela era un rapaz inquedo e soñador, pechaba os ollos, e cos cin-co sentidos, metíame de cheo no papel, coma se fora o protagonista do aconteci-do…

Corría o 1945, e desti-nado no 39 tercio da Garda Civil, Comandancia �39, Posto de Verín, aquel día o Servizo de Correrías ía ser preto da raia en Vilardevós. A noite pecha, quedaba fresca, e as nubes tapaban a lúa, deixando os camiños ao amparo da providencia. Os carabineiros coñecía-mos os carreiros coma a palma da man, e o abrigo da capa e tricornio, camiña-mos ao son das follas secas que cruxían co feble vento. Paseniño, avanzamos cara ao cumio do monte, e fa-lando floxiño, para non ra-char o intre único que xorde cando os corazóns axitados dos contrabandistas palpi-tan sen parar, creando unha particular marcha ancestral, coa adrenalina a tope, mes-turando o medo e o pracer de andar sempre no límite do ben e do mal, sentindo unha sensación indescriti-ble.

O cheiriño dos cigarros prendidos, e as pisadas nas carqueixas, anunciaban que o primeiro viaxe es-taba preto. Sabedores, de que a cuadrilla de homes, cargados con sacos de Si-cal, viñan desbocados cara a nós, provocaba un intre tenso, e á vez, desexado. O val de Monterrei, espera-ba paciente na escuridade. Os portadores, seguían sen pausa cara ao seu destino. A lanzadeira, home vixía, avanzado para detectar a presenza dos gardiñas ou

carabineiros, xa estaba ao noso carón. Unhas xestas altas e frondosas, cubrían os tricornios. Quietiños, te-sos, case sen respirar, que-damos no medio do xestal. Os nosos corazóns tamén tocaban. Unha ducia de ho-mes baixaban sen demora a paso lixeiro, e cos sacos pesados ás costas só mira-ban cara ao chan. Cada vez quedáballe menos, e os cen pesos agardaban ao final da xornada.

E nós, alí quedos, xun-tiños, vendo pasar á santa compaña sen inmutarnos. Rendidos pasaron os derra-deiros, e ao cabo dun anaco, saímos das frondosas xestas cara ao camiño, respiramos, e con tranquilidade, ollamos con ledicia a lúa, que de sú-peto misteriosa, alumeou un souto de castiñeiros que, cómplices na noite, agocha-ron a viaxe, sen deixar ras-tro. A maxia xurdiu de novo en Vilardevós.

Sen presa, fomos rema-tando o Servizo de Corre-rías, encomendado pola superioridade cun plan esmerado, mais cunha erró-nea elección dos actuantes. Alí nacemos nós, o compa-ñeiro máis eu, en Vilarde-vós, terra nobre, onde xa dende nenos, ollamos os misteriosos movementos duns homes expertos no in-tercambio de mercadorías co país veciño, sempre con tratos impecables e boas mañas, homes de palabra e corazón.

O Servizo tocaba o seu fin. E paseniño, marchamos coma tantas veces pensan-do, e maquinando no artigo número un do manual de 1945. O prestixio e a forza moral do Benemérito Corpo

no que servimos, fíxonos reflexionar, e sen dúbida algunha, deixamos que a conciencia limpara o noso pecado se é que existiu.

Eramos carabineiros, mais as nosas mentes fuxían sempre cara ás montañas, cara ás noi-tes en vela, e os carreiros feitos para os homes de traxín. Chegando ao cuar-telillo, coas entrañas im-polutas, despois de loitar toda a noite coa tentación do demo que nos perse-guía polos recunchos. Afloxamos os correaxes, soltamos o lastre do uni-forme e as armas, e saímos á rúa xa coa luz do día.

A principal divisa dun Garda Civil é a honra, por conseguinte debe conser-valo sen mancha. Unha vez perdido non se recu-pera xamais. O artigo mar-tillaba na nosa cachola sen parar. A conciencia estaba intacta, e agarrámonos a derradeira oportunidade, para non estragar o xura-mento que antano fixemos con ilusión.

E alí mesmo, na peque-na habitación do vello cuartel de Verín, quedou colgado un uniforme ín-tegro e limpo, coa honra intacta, como obrigaba o fermoso e retorcido artigo número un. A decisión foi dura, mais non voltamos a vestilo xamais. As nosas vidas quedaron ceibes, ao amparo da noite, do silen-cio e do misterio, e sobre todo, da verdadeira honra para nós, que sen dúbida foi ser “Carabineiros con alma”, orgullosos de ser nados na incrible e fermo-sa terra de Vilardevós.

Miguel A. Prieto “Chita”

“Alí nacemos nós, en Vilardevós, terra nobre, onde ollamos os misteriosos mo-vementos duns homes expertos no inter-cambio de mercadorías co país veciño, con tratos impecables e boas mañas, homes de palabra e corazón”

4FiRMA iNViTADA

O �5 de maio celébran-se unhas novas Eleccións Europeas, nas que os cida-dáns galegos non debería-mos deixar pasar a oportu-nidade para manifestar con claridade a través da forza do noso voto, que Europa queremos e que papel lle reservamos a Galicia den-tro desa Europa.

Aínda que son moitas as candidaturas que se presentan, e polo tanto as opcións partidistas entre as que podemos escoller, dúas son fundamental-mente as alternativas que se nos presentan: por un lado está a de apoiar a forzas políticas de ámbito estatal, como é o caso de PP e PSOE, que aínda que agora en campaña parece que lanzan mensaxes dife-rentes, no fondo o modelo de Europa que defenden é moi semellante, e boa pro-ba delo é que no 75% das votacións que se producen no Parlamento europeo, socialistas e populares votan conxuntamente. Os populares, máis coheren-tes co que practican, non teñen ningún problema en seguir apostando pola Eu-ropa dos recortes, da auste-ridade, da inxustiza social e do deterioro dos servizos públicos e das condicións laborais dos traballado-res; os socialistas renegan agora do que practicaron na última lexislatura do goberno Zapatero e teñen apoiado no Parlamento europeo, lanzando a men-saxe pouco crible de que apostan por outra Europa máis social, en consonan-cia coa súa denominación de “Partido Socialista Obrero Español”, a pesar de que, como cantaba Sa-bina, o de “obrero e socia-lista” xa hai moito tempo que o perderon, e o único que lles queda é o de “par-tido español”.

O papel que estes dous partidos lle reservan a Galicia en Europa é sim-plemente o dun lugar no

Galicia como célula nai dunha Europa diferente

que recabar votos para as súas candidaturas de ámbi-to español, que logo poñen ao servizo dos intereses do-utros territorios.

Outra opción que teñen os galegos o �5 de maio é a de votarlle a forzas políti-cas do País, forzas políticas que se integran en diferentes coalicións, forzadas polas peculiaridades da lei elec-toral e ante a imposibilidade de acordar a conformación dunha candidatura galega conxunta. Dentro desta op-ción hai á súa vez dúas posi-bilidades: votar por partidos como AGE ou BNG, que non se sabe moi ben se apos-tan ou non por Europa; a día de hoxe parece que conside-ran que Europa é máis un problema que unha solución como espazo de convivencia para os galegos, reservando en todo caso para Galicia e a súa cidadanía un papel de combate e resistencia, sen quedar nada claro se que-ren xogar por tanto dentro ou fóra de Europa. A outra opción para os cidadáns que decidan apoiar a algunha forza política galega o �5 de maio, é a de votarlle a Compromiso por Galicia, unha forza política nova que aposta claramente por Euro-pa, iso si por unha Europa diferente, máis social, máis democrática, máis solidaria, con maior capacidade de decisión para os cidadáns e con máis poder para as na-cións sen Estado, e que lle reserva a Galicia un papel central na construción desa nova Europa, que substitúa a vella, distante e insensible Europa, que a moitos cida-dáns non lles vale e coa que non se senten identificados.

Eu son galego, e como ga-lego quero ser europeo, pero non me gusta esta Europa que prioriza os intereses económicos e financieiros, mesmamente os especulati-vos, sobre os intereses dos cidadáns, e por iso quero outra Europa e quero que na reformulación desa nova Europa, Galicia teña un pa-

pel protagonista, á mesma altura que calquera outro territorio europeo. É certo que Europa neste momento é parte do problema, que as decisión que alí se toman pola Comisión, polo Par-lamento, polo Banco Cen-tral… teñen parte de culpa da situación de profunda crise económica e social que está vivindo a cidadanía ga-lega; pero tanta ou máis cul-pa desa situación téñenna os gobernos do PP no Estado e en Galicia, e ao igual que hoxe é parte do problema, con outras políticas onde a prioridade sexan as persoas e non o gran capital, Europa a partir do �5 de maio pode ser parte da solución; a outra parte non menos importante dependerá do que fagan no Estado español e do que fa-gamos nós en Galicia.

Pensando así, resulta ob-vio que non me vale a idea da Europa da austeridade e dos recortes que defen-de o PP nin a que propón o PSOE, por careceren de cre-dibilidade e lexitimidade, non só para defendela senón mesmamente para plantexa-la, igual que non me valen as opción daqueles que con-sideran que Europa ten a culpa de todos os males, e que parece que mesmo lle gustaría unha Galicia fóra da Unión Europa e fóra do euro, e por iso eu apoiarei aquela forza política que de-fende unha idea de Europa semellante á miña e que ade-máis reserva para Galicia un papel protagonista e central, que para chegar a convertir-se na “célula de universali-dade “ que soñaba Castelao, ten que empezar por ser a “célula nai” a partir da que se empece a desenvolver esa nova Europa, que entre todos e todas temos o deber de construir, empezando por acudir a votar o �5 de maio. Cadaquén a quen considere máis oportuno.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de CxG

Page 31: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014

31CLASiFiCADOS /SERViZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº1 - Ano: IX - Maio �014 - Difusión: 16.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE iNTERESE

[Se eres un particular, publica

os teus anuncios clasificados gratis

no 988 045 352 ou en info@

periodicobarrios.com]

4CLASiFiCADOSALUGUER/VENDA

Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormitorios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10.Alúgase café bar especial to-talmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 9�.Alugo piso amoblado de 4 ha-bitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comu-nidade incluída. Tel. 677 468 484.Alugo piso en Valdorreguei-ro, 4 habitacións, �75 euros mes. Tel. 687 �1 1� 18.Alugo apartamento totalmen-te equipado na zona do Polvo-rín. Económico. Tel. 988 �1 34 60.Alúgase baixo en Río Mao nº � de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 �� 54Vendo dúas casas en Lobios, unha rematada e outra a rema-tar, con finca, fermosas vistas. 35.000 euros cada unha. Tel. 653 944 669.Vendo piso en Vigo. Tel. 636 4�� 497.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tlf 607 �7 19 16Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con co-ciña americana, trasteiro e ga-raxe, praia America, bo prezo. Tlf 607 �7 19 16.Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con calefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645.Alúganse 2 naves de 4�� 3 454 m�. Xuntas ou separadas en:Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. Frente A Codi-sol). Telf. 639 67 74 3�.Alúgase apartamento amo-blado con trasteiro e garaxe. 354 euros comunidade incluí-da. Tel: 606 569 ��8Alugo apartamentos de 1 e � habitacións en Montalvo (fron-te a praia). Con xardín, barba-coa e aparcadoiro. Tel.: 607 �7 19 16.

VENDASVendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.�00 euros. Tel. 6�7 43 46 01.Compro todo o relacionado con Star Wars. Tel. 667 508 333.Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10, 90 euros. Tel. 659 386 7�4.Vendo un forno convencional para comida sana. Tel. 675 63 10 11Vendo terreo en Xinzo de Limia gran inversión sobre uns 7.000 m�, preto de no-vas contrucións e chalets con enlace directo á avenida de Madrid e r/ San Sebastián e a uns poucos metros dispomos doutra de iguais característi-cas. Poderíamos facer prezo por ambas ou por separado. Tel.6�� 8�8 447.Vendo apartamento de � ha-bitacións, baño, cociña ame-ricana, trasteiro, e garaxe, a 5 minutos da praia e a 10 de Vigo. Tel.: 607 �7 19 16 / 636 4� �4 97.Urxe vender mobles de casa seminovos, prezo a tratar. Tel. 660 16 84 7� e 6�7 10 97 93.

EMpREGOOfrécese albanel con expe-riencia de �0 anos, para refor-mas ou calquera tipo de traba-llo de construción, económico. Tel. 988 �5 59 63.Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 �� 54Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza. Con experiencia. Tel. 637 59 10.Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 6�5 817 743.Fanse mudanzas.Tel. 6�5 817 743.Ofrecese señora seria para coidado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel: 6�� 85 �8 56Ofrécese mozo responsable para diversos tipos de traba-llos: chofer, mecánico, reparti-dor, peón, etc... por 100 euros semanais. Tel. 610 85� 880Fanse reparacións no fogar e negocios, carpintaría, per-sianas, mobles, etc... Tlf 656 78� 460Dúo de piano e voz para even-tos, repertorio variado. Tlf.: 663 733179. e-mail: [email protected]. Facebo-ok: Dúo Piano Voz. YouTube: www.youtube.com/user/duo-pianovoz

Page 32: 14 de maio - Barrios

BARRIOSMaio de �014