Maio de 2016 - Ourense por Barrios

24
Número: 17- Ano: XV - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 22 BARRIOS Páx.8 OCIO Páx. 20 Os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting Chamada de atención de Cáritas ás administracións Entrevista á asociación Vía Vella de Ponte Canedo Cultura avanza os concertos das Festas de Ourense SOCIEDADE Páx.17 Aprobado o proxecto para o traslado dos praceiros á Alameda Agardando polo proxecto da estación Reabre a pasarela do Barbaña [Páx. 4] [Páx. 3] Xunta e Concello de Ourense aprobaron o convenio para desenvolver a estación intermodal, pero o proxecto de Fomento aínda se descoñece. // Cum- prindo o prazo acordado, reábrase á circulación de peóns a pasarela do Barbaña, logo da súa restauración./P.LODEIRO. Entrevista á concelleira de Turismo, Termalismo e Contratación, Isabel Castelo [Páx. 2]

description

firma do convenio para o desenvolvemento da estación intermodal, mentres seguimos agardando por que Fomento presente o proxecto, é o tema do mes na publicación gratuíta Ourense por Barrios.

Transcript of Maio de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

Número: 17- Ano: XV - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 22BARRIOS Páx.8 OCIO Páx. 20

Os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting

Chamada de atención de Cáritas ás administracións

Entrevista á asociación Vía Vella de Ponte Canedo

Cultura avanza os concertos das Festas de Ourense

SOCIEDADE Páx.17

Aprobado o proxecto para o traslado dos praceiros á Alameda

Agardando polo proxecto da estación

Reabre a pasarela do Barbaña

[Páx. 4][Páx. 3]

Xunta e Concello de Ourense aprobaron o convenio para desenvolver a estación intermodal, pero o proxecto de Fomento aínda se descoñece. // Cum-prindo o prazo acordado, reábrase á circulación de peóns a pasarela do Barbaña, logo da súa restauración./P.LODEIRO.

Entrevista á concelleira de Turismo, Termalismo e

Contratación, Isabel Castelo

[Páx. 2]

Page 2: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

2 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

ENTREVISTA

“Propóñome dar unhas instrucións comúns para a vixilancia e control da execución das contratas”

“Ter as termas á beria do río ten unha peaxe: o custo de mantemento debido ás inundacións”

Paula Lodeiro

Unha das caras máis desco-ñecidas do Goberno municipal ourensán é Isabel Castelo, a con-celleira de Turismo, Termalismo, Compras, Subministros e Contra-tación e Formación Ocupacional, e, ademais, secretaria da Xunta de Goberno local.

Que balance fai destes 11 me-ses como concelleira?

Isabel Castelo: “O balance é positivo. Foi un ano de moitísi-mo traballo, intensísimo. Cando asumín as responsabilidades de goberno en todas estas áreas tiña clarísimo que había que conser-var o bo, que o hai, mellorar o mellorable, resolver problemas e expor o futuro, e nesa liña come-zamos a traballar. Co equipo que teño en cada área, o esforzo e a dedicación foi espléndido”.

Fala de conservar o bo.I.C.: “En turismo os bos resul-

tados ás veces si que son en mo-mentos puntuais froito de actua-cións concretas, como se fixeron nestes 11 meses, e outras veces son froito de anos de traballo. Neste sentido hai eventos conso-lidados, e hai que recoñecer que

é froito dun traballo anterior. O meu traballo é conservalo, po-tencialo e melloralo; por exem-plo, Sabores de Ourense, é froito dun bo facer. O meu reto, impli-car cada día a máis axentes, e proxectalo máis ao exterior. Este ano fixemos coincidir o concur-so de pinchos de primavera coa festividade dos Maios, fixemos unha campaña importantísima para o turismo de proximidade, e contratamos con Renfe unha bonificación nos billetes, e a ver-dade é que os datos foron estu-pendísimos a fin de semana dos Maios”.

Coñecen fóra a oferta turísti-ca que temos en Ourense?

I.C.: “Efectivamente non hai turistas se non vendes o produto turístico. Nós temos uns recursos fantásticos: termais, gastronómi-cos, un moi bo comercio, recur-sos naturais, con estes vimbios o paquete, o cesto, ten que ser bo. Pero hai que promocionalo e hai que proxectalo. É coñecido Ourense? Eu creo que si pero ten que coñecerse máis e niso esta-mos.

Agora coa chegada da AVE, todos os grupos políticos puxé-monos de acordo, a iniciativa

do Partido Socialista, en definir un plan de accións para cando a AVE chegue estar preparados e recibir aos turistas”.

Como se ve o noso termalis-mo desde fóra?

I.C.: “Con sorpresa e agrado. Tivemos hai uns días a visita dunha vila termal lusa, Tirso, en-sinámoslles as nosas instalacións termais e informámoslles sobre os nosos proxectos de futuro, e quedaron sorprendidos. Veu a presentadora Paula Vázquez, que ten 200.000 seguidores, simple-mente os comentarios que fixo de Ourense como cidade termal fo-ron fantásticos, iso vale máis que mil anuncios nos xornais locais”.

Cal sería unha previsión rea-

lista para desenvolver os nosos recursos termais?

I.C.: “Entendo que hai dúas liñas de actuación: por unha ban-da, manter as instalacións que temos, que son diferenciais res-pecto doutras cidades, e iso re-quire dun esforzo de mantemento extraordinario. Se a iso lle enga-des o privilexio de localización das instalacións termais na beira do río, nunha paraxe natural, ten esa peaxe: o custo de mantemen-

to debido ás inundacións que se producen todos os anos. Pero eu non me imaxino que a praia de Riazor se peche polo feito de que se estrague polos temporais no inverno.

Unha zona na que hai que es-perar a que baixe máis o nivel do río para acometer obras de re-paración é a zona do Muíño. Aí pediría unha colaboración cidadá porque todas as fins de semana balizamos como fóra de servizo esas termas e sempre quitan as balizas e a xente entra, e claro, pensan que están mal conserva-das pero non; está prohibido o seu uso por mantemento.

Ademais, o desenvolvemen-to do potencial termal pasa polo investimento privado, o Concello non ten recursos para investir en instalacións termais. O papel da Administración local é dar se-guridade xurídica aos potenciais investidores, ninguén vai arriscar o seu diñeiro nun investimento onde non haxa seguridade e esta-bilidade. O noso papel tamén pasa porque esa iniciativa privada sexa respectuosa cos nosos recursos naturais, e nese sentido estaremos vixiantes”.

Algún investidor chamou á súa porta para interesarse?

I.C.: “De momento con Turis-mo e Termalismo non se puxeron en contacto; non sei se a nivel da Concellería de Urbanismo que é a que ten o expediente enriba da mesa, o concelleiro de momento a min non me contou nada”.

Leva tamén Contratación. I.C.: “Cando cheguei ao go-

berno preocupeime de darlle un impulso aos procesos de contrata-ción. Actualmente entre as rema-tadas e as que están en curso rea-lizamos 103 licitacións públicas.

En contratación o importante é apostar pola concorrencia e a non discriminación e isto lógrase a través da publicidade e a trans-parencia. Temos tantas licitacións porque optamos por acudir ao concurso público aberto en con-tratos que antes non se realizaban a través deste sistema de conco-rrencia. E ás veces non exento de crítica, dos propios implicados, temos o exemplo da banda de música”.

Fan vostedes os pregos?I.C.: “Todas as áreas de gober-

no xestoras redactan os pregos técnicos e o noso servizo fai os

pregos administrativos. Contrata-ción é coma un embude: todas as licitacións que se pretenden reali-zar acaban aquí. Nós impulsamos o procedemento de contratación e finalmente adxudícase, pero o contrato hai que executalo. E o responsable da vixilancia e con-trol da execución dos contratos é cada área xestora. E son os con-celleiros delegados os que teñen que dar as ordes oportunas para ese seguimento. Eu me propoño dar unhas instrucións comúns para a vixilancia e control da exe-cución das contratas, pero, claro, cada contrato ten a súa especifici-dade, será o concelleiro responsa-ble quen vele por el”.

Está satisfeita co persoal de que dispoñen as súas áreas?

I.C.: “Calquera xestor público sempre che dirá que está escaso de persoal, de orzamento, de me-dios materiais, pero iso non é des-culpa para non facer o traballo. Teño a sorte de que aínda que teño pouco persoal, é moi profesional. E o meu reto, a miña obriga, é ser eficaz e eficiente cos recursos dos que dispoño, e para iso non me queda outra que organizar o traba-llo, planificalo, establecer priori-dades e ir conseguindo metas”.

Sabe xa con que partidas vai contar nos novos orzamentos?

I.C.: “Chorei moito á conce-lleira de Facenda pero as partidas en Turismo e Termalismo son fundamentalmentente de conser-vación e mantemento. O que si é verdade é que a promoción e a in-formación turística pasa por cola-boración con outras institucións. Este ano fixemos un convenio coa Xunta xa concluído por un im-porte de 150.000 euros para acti-vidades de promoción turística e agora en abril asinamos outro que temos que desenvolver por uns 70.000 euros. En colaboración coa Xunta estamos a potenciar a Vía da Prata, a Xunta vai facer o albergue de peregrinos e nós fixe-mos un gran esforzo en sinaliza-ción do Camiño ao seu paso por Ourense, editamos novos folle-tos, fixemos realidade o proxecto de sinalización de vías termais, estamos a dar un impulso enorme ás redes sociais e á utilización das novas tecnoloxías na promoción turística, estamos a deseñar unha nova web; instalamos paneis tu-rísticos interactivos... Con esca-sos medios estes meses foron de moito traballo”.

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE TURISMO E TERMALISMO

“O desenvolvemento do potencial termal pasa polo investimento

privado, o Concello non ten recursos”4 Isabel Castelo recoñece que hai traballo por facer para dar a coñecer fóra os recursos turísticos de Ourense.

A concelleira Isabel Castelo, xunto a unha das pantallas táctiles da oficina de Turismo./P.LODEIRO.

Page 3: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

3OURENSE POR Barrios Maio de 2016

TEMA DO MES

Actual estación de ferrocarril de Ourense./P.LODEIRO.

A Xunta quere presentar a estación intermodal no mes de xullo e agarda que o resto de administracións “cumpran o calendario”

O PSOE reclama a convocatoria da comisión de seguimento sobre a integración ferroviaria

Xunta e Concello aproban o convenio para desenvolver a estación intermodal4 O Ministerio de Fomento aínda non presentou o proxecto para a estación de Ourense.

4 Traballos topográficos para a terminal de autobuses

Onde xa se están dan-do pasos é na estación de autobuses que construirá a Xunta integrada na es-tación de ferrocarril. A empresa PROYFE, S.L., adxudicataria do contrato de redacción do proxecto construtivo da nova esta-ción, comezou xa os tra-ballos topográficos sobre o terreo para avanzar no seu cometido.

A redacción do proxec-to construtivo supón un investimento de máis de 103.500 euros e conta cun prazo de execución de seis meses. O encargo inclúe os traballos de le-vantamento topográfico; xeotecnia; e as redaccións dos proxectos básico e de execución.

Segundo os estudos previos realizados pola Xunta de Galicia, a termi-nal de autobuses deberá contar con 19 dársenas, e un edificio terminal duns 430 metros cadrados; ambos construiríanse ao nivel da rúa.

4 Propoñen un parque no lugar da estación de buses do Pino

O grupo municipal so-cialista presentará unha moción no vindeiro pleno de xuño, na que se propón a construción dun novo parque público, para uso dos veciños do barrio do Pino, no recinto que ocu-pa actualmente a estación de autobuses, e unha vez que esta sexa trasladada.

Os socialistas recollen así as preocupacións da asociación veciñal As Termas, que reclamara in-formación sobre o futuro uso dos terreos da actual terminal de autobuses, terreos que son de titula-ridade municipal.

Sinalan desde o PSOE que no novo PXOU, a zona ocupada pola esta-ción de autobuses, recó-llese como zona verde - espazo libre, polo cal se podería executar un par-que sen ter que realizar ningún tipo de modifi-cación urbanística ou de uso.

Redacción

A Xunta de Goberno local de Ourense apro-bou o 26 de maio, fóra da orde do día e polo trámite de urxencia, o convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense, o Ministerio de Fomento e a entidade pública empresa-rial Adif-Alta Velocidade, para o desenvolvemento da futura estación intermo-dal da cidade e o seu con-torno urbano. O Goberno galego xa fixera o propio a semana anterior, no seu Consello da Xunta.

Esta aprobación pro-dúcese cando aínda non se coñece o proxecto de-finitivo que o Ministerio de Fomento prevé para a estación de Ourense. A ministra en funcións, Ana Pastor, comprometérase co alcalde en presentar o deseño antes de rematar o mes de abril, pero xa pa-sou un mes e nada se sabe. Quen si aventurou unha data para a presentación da estación intermodal foi o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo afir-mou que o Goberno galego tiña a vontade de presentar a estación intermodal de Ourense no mes de xullo. “Esta é a nosa proposta e esperamos e desexamos que o resto das adminis-tracións públicas cumpran o seu calendario”, sinalou, co fin de que a estación in-termodal estea lista no ano 2018.

Anuncio “electoralis-ta”, para o PSOE

Desde a oposición, o grupo socialista criticou a aprobación “pola porta de atrás” deste convenio, ma-lia a relevancia que supón para a cidade a integración ferroviaria do AVE e a construción da nova esta-ción intermodal.

“Un convenio do que os grupos políticos da oposi-ción e a cidadanía en xe-ral carecen de información

e que se aproba e se vai proceder a súa sinatura sen haber sequera un proxec-to redactado por parte do Ministerio de Fomento, que xa anunciara que se-ría para maio e que agora aprazan ao mes de xullo”, sinalan os socialistas nun comunicado.

O grupo municipal so-cialista reitera “o seu rexeitamento absoluto ante un proxecto que non cumpre as esixencias mar-cadas e que responde máis a fins electoralistas que ao interese do Goberno auto-nómico de traballar en prol da nosa cidade”.

O voceiro socialista, José Ángel Vázquez Bar-quero, insiste en que “o Goberno municipal segue sen convocar a comisión municipal de seguimen-to sobre a integración do AVE, acordada en pleno, na cal debería tratarse un tema tan transcendental, ademais de informar so-bre os plans que o propio Ministerio de Fomento ten para a nova estación que prometía ser o pasado mes de abril e agora xa se demora a xullo; que vai pasar co proxecto gañador do concurso para a cons-trución da nova estación intermodal, e tamén da si-tuación actual do proxecto dentro do marco do novo PXOM”.

Os obxectivos que se recollen neste conve-nio a catro bandas son tres: promover o uso do transporte público e a mobilidade sostible coa execución dunha esta-ción intermodal que per-mita combinar diferentes modos de transporte pú-blico de forma rápida e eficiente; mellorar a per-meabilidade transversal da cidade e dotar á esta-ción ferroviaria das ins-talacións necesarias para a chegada da alta veloci-dade no ano 2018.

Segundo o convenio, o Ministerio de Fomento deberá realizar e tramitar o estudo informativo da estación intermodal de Ourense, e ADIF-Alta Velocidade deberá redac-tar os proxectos, execu-tar e financiar as obras de adaptación da estación ferroviaria aos servizos de alta velocidade e as actuacións de mellora da permeabilidade transver-sal peonil nesta zona.

Ademais, ADIF asu-me o compromiso de transmitir á Xunta, pre-

ferentemente, mediante expropiación, os terreos e edificacións da súa titulari-dade necesarios para a exe-cución da nova estación de autobuses, poñer a dispo-sición do Goberno galego os terreos necesarios para a execución do aparca-mento soterrado, financiar nun 33% a execución das obras deste aparcadoiro e estudar conxuntamente co Concello unha proposta de integración do ferrocarril na estación de Ourense que inclúa unha conexión viaria de comunicación e a cubrición das vías na proximidade do viaduto da N-525.

Pola súa banda, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, asume o compromiso de redactar os proxectos, exe-cutar e financiar as obras da estación de autobuses integrada na estación in-termodal e de redactar o proxecto; executar as obras e, cofinanciar nun 67% a reposición, en sub-terráneo, do aparcamento para turismos da estación. Ademais, de obter os solos

necesarios para a nova estación de autobuses e indemnizar aos arrenda-tarios dos contratos que teña en vigor ADIF-Alta Velocidade no ámbito da estación de autobuses.

En canto ao Concello de Ourense, terá que promover e tramitar, ata a súa aprobación defi-nitiva, conxuntamente coa Xunta de Galicia e no ámbito das súas competencias, as modi-ficacións necesarias no planeamento urbanístico; ceder á Xunta, de maneira gratuíta e libre de cargas e gravames, os terreos e aproveitamentos da súa ti-tularidade necesarios para a execución da estación de autobuses; realizar as actuacións relativas á se-maforización que sexan necesarias na rúa Euloxio Gómez Franqueira e fa-cer a reorganización do transporte urbano que ga-ranta a conectividade da estación intermodal coa cidade.

O Concello de Ourense non terá que achegar fon-dos para estas actuacións.

Fomento redactará o estudo informativo e ADIF financiará as obras

Page 4: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

4 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

BARRIOS

Redacción

A pasarela peonil do río Barbaña está de novo en servizo co novo pavimen-

to instalado polo Concello a través dun convenio coa Deputación. As obras rea-lizadas, cun investimento de 73.966,09 euros, rema-

taron axustándose ao prazo de execución anunciado: o día 24 de maio (3 meses en total).

A reforma actuou sobre

a totalidade da estrutura da pasarela, que xa con-ta con máis de 20 anos. Elimináronse a chapa e o pavimento de madeira, que estaban moi deterio-rados e reparouse a estru-tura secundaria ata nun 60%. Igualmente, fíxose un decapado da estrutura anti-caída, eliminando o óxido e aplicando unha capa que a súa vez serve de imprimación. O mes-mo tratamento aplicouse sobre a estrutura princi-pal da pasarela, que esta-ba danada nun 6% da súa totalidade.

A estrutura metálica foi pintada novamente e substituíuse o pavimento.

CooperaciónAs obras foron execu-

tadas a través do acordo de cooperación asinado polo Concello e a De-putación para executar un paquete de sete obras do Plan de Investimentos Municipal, que supoñen un investimento total de 974.785,47 euros.

A pasarela do Barbaña estrea pavimento e mellorada estrutura4 As obras foron executadas a través da cola-boración entre o Concello e a Deputación.

Imaxe renovada da pasarela peonil do río Barbaña./P.LODEIRO.

Veciños da Ponte solicitan o repintado de varios pasos de peónsDende a Asociación Veciñal As Termas veñen de facer

público o malestar de numerosos veciños da Ponte sobre o estado de varios pasos de peóns, unha queixa que xa foi presentada no Concello co fin de que se proceda ao seu repintado. Os pasos afectados sitúanse en cruces das rúas Euloxio Gómez Franqueira, San Rosendo ou Beato Sebastián, entre outras.

Así mesmo, demandan a reparación de distintos tra-mos das rúas Euloxio Gómez Franqueira e San Rosendo por baldosas rotas que teñen provocado caídas.

Un dos pasos de peóns que precisa repintado, entre a rúa San Pedro Mezonzo e Euloxio Gómez Franqueira.

Page 5: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

5OURENSE POR Barrios Maio de 2016

BARRIOS

Ocuparán este espazo durante 22 meses

EN BREVE

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, en sesión ex-traordinaria e urxente, aprobou este 23 de maio o proxecto básico e de execución para o trasla-do provisional da Praza de Abastos nº1.

Os praceiros empraza-ranse no paseo central da Alameda, cun proxecto redactado polos arqui-tectos Alfredo Freixe-do Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, cun orzamento de execución material de 504.200,97 euros. Este proxecto con-ta con todos os informes técnicos, xurídicos e de

seguridade pertinentes.Trátase dun edificio

provisional, facilmente desmontable e reversible, para o traslado provisio-nal dos postos de venda da Praza de Abastos número 1 durante a execución das obras de reforma do mer-cado municipal, que dura-rá 22 meses.

Será un pavillón de es-trutura lixeira metálica, formado por pórticos de piares metálicos e dintel de celosía con perfís metáli-cos. A cuberta é curva con augas cara ambos lados da nave, con cubrición de pa-neis de chapa lacada.

Haberá postos de venda nos laterais e no centro, con dous corredores de servizo

para que o público acce-da. Na entrada desde a rúa Progreso, nun espazo interior cuberto empraza-ranse os postos de flores e na parte oeste os locais de servizos, vestiarios e aseos, entre outras depen-dencias necesarias para o funcionamento diario.

Serán en total 1.402,28 metros cadrados de su-perficie construída e 1.221,92 de superficie útil. O prazo para a súa montaxe e instalación será de 6 meses (4 meses con mellora).

Aprobado o proxecto do traslado provisional da Praza de Abastos4 Os praceiros ubicaranse no paseo central da Alameda, durante a reforma do mercado.

Deseño do pavillón que ocuparán os praceiros na Alameda de maneira temporal.

4 Axudas para garderías na Valenzá

O Concello de Barba-dás aprobou unha orde-nanza de axudas para os nenos que non obteñen praza na escola pública municipal, 25 para o vin-deiro curso.

Son axudas para co-laborar no desembolso económico que suporá ás familias a escolarización dos cativos nas escolas infantís. Oscilan entre 30 e 100 euros ao mes, dependendo das rendas familiares e dos servizos que soliciten nos centros privados do municipio.

4 Reforma do anexo dos Remedios

A Xunta de Goberno Local aprobou o conve-nio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense para a reforma da pista anexa do Pavi-llón dos Remedios. A remodelación, orzamen-tada en 300.000 euros, suporá a substitución do pavimento da pista e da bancada telescópica e a instalación dun sistema xeral de acondiciona-mento térmico.

A urxencia da aproba-ción do convenio respon-de á intención de acome-ter as obras no verán para evitar suspender adestra-mentos e partidos.

4 Máis obras na ponte Vella

A Consellería de Cul-tura, Educación e Orde-nación Universitaria for-malizou o contrato coa empresa Rehabita para realizar obras de posta en valor da ponte Ve-lla. A actuación, que foi adxudicada por 196.020 euros, ten un prazo de execución de tres meses e está previsto que come-ce nos próximos días.

Estes traballos con-templan a reparación de encintados e retacados, así como dalgún oco que existe na fábrica, a causa de roturas de pezas cons-trutivas ou falta de canta-rías. Tamén se retirará a tubaría de abastecemento engrapada á ponte.

Redacción

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense vén de reabrir ao público o parque infantil situado na rúa D, xunto a Urbanización de Viven-das Sociais da Estación de Autobuses, que estivo pechado temporalmente por traballos de mellora.

Os traballos consistiron na instalación de un illan-te eléctrico baixo o céspe-de artificial que volverá a ser reposto e na plantación de dúas novas árbores en substitución das que es-tán secas, o que permitirá crear zonas de sombra tan

demandadas polas usua-rias do parque.

O presidente da Aso-ciación Veciñal As Ter-mas, Ángel Gómez, destaca que “os veciños agradecemos que por parte do Concello se atendera rápido a nosa reclamación e que nun prazo tan curto o parque infantil xa estea aberto e listo para ser gozado plenamente”.

O parque infantil da rúa D loce de novo4 Tralas melloras realizadas a solicitade dos veciños.

Instalouse illante baixo o céspede e plantáronse novas árbores

Aspecto do parque infantil rematadas as melloras.

P.L.

Os grupos políticos da corporación ourensá non se puxeron de acordo no pleno ordinario de maio sobre o futuro da Praza de Abastos da Ponte. Demo-cracia Ourensana propuña que o mercado fora de xes-tión pública e o Concello sacara a concurso os oito

postos de maneira indivi-dual, pero tan só logrou o apoio de Ourense en Co-mún (malia non aceptar a súa emenda para que os comerciantes opinaran so-bre o modelo de xestión). PSOE e PP votaron en contra. A concelleira de Comercio Ana Fernández Morenza asumiu a respon-sabilidade polo fracaso

das bases do concurso para a explotación do mercado, nas que se pedía un canon anual de 55.000 euros, e afirmou que se manterá o uso como praza de abastos do recinto, pois así estaba acordado co Goberno cen-tral.

Días despois do pleno, o gupo de goberno aceptou convocar unha mesa de

PLENO DE OURENSE

Sen acordo sobre o futuro do mercado da Ponte4 Aprobáronse melloras para o parque do Peco.

Isabel Rebanales renun-ciou como edil de DO.

traballo sobre o futuro da Praza da Ponte, a petición de PSOE e OUeC.

BenpostaSocialistas e “marea”

non conseguiron ningún voto máis para aprobar a súa moción que pedía in-cluir os terreos de Benpos-ta no Inventario Xeral do Patrimonio de Galicia.

Mocións aprobadasEn cambio, quedaron

aprobadas por unanimi-dade a moción de DO para reducir o consumo enerxético no pavillón dos Remedios cambiando a canalización que leva á instalación auga quente

das Burgas. Tamén a pro-posta socialista para exe-cutar de maneira urxente actuacións para mellorar o estado do parque do Peco na Ponte.

Page 6: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

6 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

especial EMPRESAS DE OURENSE

Nuria Castro abriu o pasado decembro unha tenda de repostaría por encargo na rúa Prego de Oliver do barrio do Couto.

Como te lanzas a esta aventura?

Nuria Castro: “En-cántame a cociña en xe-ral, dediquei moitos anos a aprender pola miña conta, e estaba no paro, así que decidín abrir ‘Las delicias de Airun’. Paso aquí 15 horas diarias pero encántame o meu traballo”.

Que é o que define ‘Las delicias de Ai-run’?

N.C.: “Sempre fago algo que estea rico e bo, e logo póñoo bonito; pri-meiro é o sabor e logo a vista. Fago unhas tartas moi ricas, son tartas que non se ven en Ouren-se, superpersonalizadas, igual que os cupcakes , os pops (como chupa-chups pero de biscoito) e os minicupcakes, que

teñen moita saída. Encár-ganos moito para eventos.

Quero que a xente vexa aquilo que espera cando recibe a tarta, e claro, que non quede nada no prato!”

Hai algunha tarta das que levas feito que consi-deres especial?

N.C.: “Para min todas as tartas teñen o seu punto, fágoas todas coa mesma dedicación, son todas es-peciais”.

Traballas por encargo.N.C.: “Si, traballo por

encargo xa que estou eu soa; pódenme chamar un

Fai o teu encargo en 988 616 524 ou 659 099 286

NURIA CASTRO, DE LAS DELICIAS DE AIRUN

“Os clientes din que as tartas están moi boas”

par de horas antes para os cupcakes, con dous días de antelación para en-cargar unha tarta normal e para tartas con extras e decoración en fondant necesito que me avisen con dúas semanas.

Aos que queren encar-gar unha tarta pídolles que pasen por aquí e pro-ben antes para que saiban o que van pedir. Ofrezo unha boa atención ao cliente; moitos repiten”.

Nuria Castro, xerente de Las Delicias de Airun.

Campamento de verán en Cogumeliños

O verán xa está aquí! E en Cogumeliños que-ren facilitar a vida la-boral dos pais co ocio e o tempo libre dos máis pequenos. Por iso ofer-tan para nenos e nenas de 4 a 8 anos actividades ao aire libre, como xo-gos con auga e tradicio-nais, busca do tesouro, xinkanas..., así como obradoiros con materiais de refugallo. Esta ano tamén hai posibilidade de sumar a actividade de piscina (nas instalacións do campus).

Cogumeliños pretende que os cativos de Ouren-se pasen un verán ines-quecible e divertido, e que ao mesmo tempo que se divirten aprendan dun-ha forma ou outra novos coñecementos, que de-senvolvan as súas capaci-dades motoras no exterior e cognitivas a través de manualidades.

Non o dubidedes, atre-védevos a coñecer o cam-pamento Cogumeliños!

Contacta no 988 25 59 55 ou en r/Carlos Velo, 1, baixo, Ourense

O centro Nenoos de Ourense sorpréndenos con dúas ofertas de ocio intelixente para este verán 2016: talleres matutinos para nenos de entre 3 e 12 anos nas súas instalacións e outro para nenos de 7 a 13 anos na localidade de Riós.

Os talleres para nenos de entre 3 e 12 anos, xirarán ao redor da temática do Universo e a ciencia, con talleres de manualidades, experimentos orixinais, actividades para mellorar o aprendizaxe, ximnasia, coreografías e xogos de construcción con Super Lupo e Lupo Plot, que po-tencian a conciencia espa-cial e a lóxica dos nenos. A actividade comeza o 27 de xuño e remata o 2 de se-tembro, podendo contrata-lo por unha, dúas ou máis semanas.

En canto ao campamento en Riós, será no albergue desa vila ao longo de cinco días, e vai dirixido a rapa-ces de 7 a 13 anos. Cada día terá unha temática: co-

ñece a contorna, artística, científica, intercultural e culinaria-festiva. Todo elo mesturado con talle-res, coreografías, xogos, manualidades, veladas nocturnas en plena natu-reza. Uns nutricionistas encargaranse dos menús diarios atendendo a po-sibles alerxias. As datas son do 6 ao 10 de xullo.

Este verán, ocio intelixente con Nenoos

+ info: no 988 782 178 e 687 285 913 ou na r/Pura e Dora Vázquez, 23,

baixo, Ourense

Page 7: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

7OURENSE POR Barrios Maio de 2016

EMPRESAS DE OURENSE especial

Chega xuño e, aínda que o curso parece che-gar ao seu fin, non é así en Academia Proxecto.

“Poderiamos dicir que si, pero só porque oposicións como Maxisterio, en todas as súas especialidades, ou Xustiza, en Xestión Pro-cesual e Tramitación Pro-cesual administrativa rea-lizan os seus exames. No resto de especialidades, continuamos coa prepa-ración ou abrimos grupos novos, no campo da prepa-ración de oposicións non hai descanso”.

Acabouse a crise no sector público?

“Aínda que cremos que non volverán publicarse ofertas de emprego públi-co cun número de prazas

tan grande como hai anos, si é certo que, o incremen-to da oferta estatal nun 62,14% e a de Galicia, sobre todo en canto ao Sergas, provocou que, a día de hoxe, teñamos gran demanda de prazas para os grupos novos que estamos a abrir, para oposicións como Axudante de Ins-titucións Penais, Minis-terio de Xustiza (Xestión Procesual e Administrati-va/Tramitación Procesual e Administrativa/Auxilio Xudicial), Sergas (Auxi-liar Administrativo, P.S.X. e Celador), Auxiliar Ad-ministrativo do Estado e, como non, unha dos nosos sinais de identidade Maxisterio, que xa temos aberto o prazo de preins-crición para os grupos que

se iniciarán en setembro, en todas as especialidades: Infantil, Primaria, Audi-ción e Linguaxe, Peda-goxía Terapéutica, Inglés e Francés”.

Merece a pena prepa-rar oposicións?

“Sempre é unha boa op-ción, os nosos alumnos te-ñen claro que a súa meta é conseguir un posto de tra-ballo fixo na Administra-ción Pública, por seguri-dade e estabilidade, aínda que para iso, viran que se incrementou lixeiramente a dificultade para apro-bar. Academia Proxecto, tenta palialo cun grupo de preparadores con ampla experiencia profesional e docente, cos nosos tema-rios propios, coa prepara-ción de todas e cada unha

das probas da oposición, cun trato e asesoramento persoal”.

Pero non todo son oposicións en Academia Proxecto?

“Evidentemente, con-tinuamos cos nosos gru-pos reducidos de clases de apoio e recuperacións, onde o feito de traballar con entre 4 e 6 nenos/as da mesma materia e o mesmo curso, repórtanos grandes resultados e, preparando xa, os grupos para o verán, para aqueles que, por des-graza, teñan que sacrificar o tempo de descanso en tentar recuperar aquelas materias que lles quedaron pendentes.

Tamén iniciamos proxi-mamente, financiado nun 100% pola Xunta de Ga-licia e o Fondo Social Europeo, un curso AFD para desempregados e ocupados, concretamente, “Creación e xestión de microempresas”. É unha acción formativa corres-pondente a un Certificado

4 Calendario- Xuño 2016: inicio

grupos de Axudante de Institucións Penais, Ministerio de Xustiza (Xestión Procesual e Administrativa/Tramita-ción Procesual e Admi-nistrativa/Auxilio Xu-dicial), Sergas (Auxiliar Administrativo, P.S.X. e Celador), Auxiliar Admi-nistrativo do Estado.

- Xullo 2016: inicio clases de apoio e recupe-racións de verán.

- Setembro 2016: ini-cio grupos de prepara-ción de oposicións de Maxisterio, en todas as especialidades.

Academia Proxecto abre este verán novos grupos preparatorios de oposicións

de Profesionalidade de nivel 3, onde as axudas, os contidos teóricos e prácticos, as prácticas laborais non profesionais en empresas e a posibi-lidade de inserción la-boral, fan que todos os anos teñamos unha gran demanda de prazas”.

Actividades para profesionais e emprendedores en La MolineraRedacción

O Centro de Coñece-mento municipal La Mo-linera segue ampliando a súa oferta de divulgación das novas tecnologías coa actividade “Pon un nego-cio en Internet”. Será un itinerario de accións for-mativas eminentemente prácticas onde as persoas participantes descubrirán os elementos chaves para levar productos e servi-zos á rede.

As próximas sesións, son o 9 de xuño (“Queres crear unha web? Comeza con Wordpress”), o 14 de xuño (“Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes”) e o 21 de xuño (“Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics”). Para participar non son nece-sarios coñecementos téc-nicos previos.

Page 8: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

8 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

BARRIOS

“Precísanse ideas e mans, e encantaranos colaborar con persoas, asociacións e institucións polo ben común da Ponte”, explica Xosé Rodríguez

Silvia Nieto

Pouco máis dun ano leva a Asociación Vía Vella de Ponte Canedo en funcionamento, pero dende o minuto un non parou de preparar iniciativas coas que unir aos veciños do barrio, e fai-no da mellor forma, a partir das propostas e inquedanzas que os propios pontinos lle achegan aos membros da súa directiva.

Aberto, postivo e integrador, así é este colectivo, que se enor-gullece do barrio no que naceu e que busca que o futuro se escriba sen deixar de mirar ao pasado. Coñecemos máis da man do seu presidente, Xosé Rodríguez, e o seu tesoreiro, Freixo.

Como nace a Asociación Vía Vella de Ponte Canedo?

Xosé Rodríguez: “Nós tiña-mos experiencia previa na Aso-ciación de Nais e Pais do colexio da Ponte, e áa relación persoal pensamos en darlle un carácter máis formal, porque tiñamos in-quedanzas comúns sobre a idio-sincracia do barrio. Porque este

barrio é singular, cunha persona-lidade moi forte, foi concello ata mediados do século pasado e ti-ñamos a necesidade de apuntalar a oferta que xa había”.

Con que obxectivo comeza?X.R.: “A nosa finalide é con-

tribuir á difusión do patrimonio histórico, cultural e empresarial da Ponte, recuperar a memoria e mantela para que a xente que vimos de fóra nos ‘pontinice-mos’ e que ese carácter pontino non se diluia. E iso facémolo con actividades, para que A Ponte teña unha axenda propia, porque iso é facer a memoria do mañá, e tamén queremos a medio pra-zo facer algo de carácter social, histórico e etnográfico, pero iso aínda está en proxecto.

A nosa idea é, sen competir, só colaborando, que a xente de Ourense veña á Ponte igual que nós imos a Ourense, que coñezan os nosos negocios, as nosas acti-viades, etc. Nós somos da Ponte para o mundo, non temos nin-gunha limitación, reivindicamos a nosa condición de pontinos, pero non temos fronteiras”.

En que momento iniciou ofi-cialmente a actividade?

X.R.: “Comezamos publica-mente a principios de 2015”.

Quen integra esta asocia-

ción?Freixo: “Temos unha directiva

composta por catro persoas, ta-mén temos socios de honra, Lalo e Óscar, e temos socios de núme-ro, dos cales os cativos non pagan nada e os adultos pagan algo sim-bólico. Hoxe temos aproximada-mente uns 150 socios, que para o primeiro ano está moi ben. Pero o mellor é que a maioría son socios activos, que propoñen cousas, e moita xente vén con ideas e ac-tividades xa moi ben estruturadas e case preparadas. De feito, neste momento temos numerosas acti-vidades pendentes de facer”.

X.R.: “Esa é a nosa base, a ho-rizontalidade, que unha persoa está na casa pensando en que lle gustaría que no barrio se faga unha actividade, pero en solitario non é capaz de levala adiante, por iso vén a asociación e nós pro-porcionámoslle o apoio loxístico, xurídico e a axuda que precise. E estas propostas contribúen a que as actividades sexan moi di-versas, para todo tipo de gustos, de xente de todas as condicións económicas, de idades… Ese é o noso principal fin, que haxa unha mestura dos veciños, todos aprendemos de todos”.

Podedes contarnos algunhas

das actividades realizadas?F.: “A primeira que fixemos foi

un paseo para beira do ferroca-rril, o que se chama vía vella, foi simbólico e moi especial. Xunta-mos 60 ou 70 persoas de todas as idades”.

X.R.: “Pódese diciri que temos unhas actividades que son cícli-cas e outras que van xurdindo. Unha das máis queridas por nós é unha viaxe ás illas, que se realiza en xuño, e que xa organizabamos antes de ser asociación, e ese é o peche do ciclo, porque imos co calendario escolar, de setembro a xuño, xa que no verán os veciños teñen os seus plans.

Tamén fixemos unha activida-de no outono sobre micoloxía, o ano pasado foi en Celanova, no Plan C da man de Alejandro Min-guez, e agardamos repetir.

Organizamos este ano o pri-meiro Pontesía, que foi un éxito e repetiremos en 2017.

Tivemos unha charla sobre biodiversidade; outra do fotodo-cumentalista Gabriel Tizón sobre o tema dos refuxiados; e a pre-sentación de dous libros, un de Xavier Paz e o de Érica Esmo-

rís, gañadora do premio Xerais 2015.

Tamén temos previstas unha serie de camiñatas para coñecer o barrio, fixemos un roteiro in-terpretativo cos amigos de Ríos Limpos e fomos ata Santa Com-ba de Naves, e haberá outras.

A última ata agora foi unha ini-ciativa chamada “Baño de bos-que”, unha camiñata relaxante que busca que vexamos o bosque doutra maneira, percibindo cores e olores, logo fomos a Trandei-ras, visitamos o que queda do mosteiro e ao museo etnográfico de Vilar de Santos, rematando cun xantar, porque somos socios e amigos e así confraternizamos.

E á volta do verán faremos unha actividade de lectura, que consis-te en ler un libro de Hemingway e relacionalo cos cadros de Hop-per, así como unha charla sobre mitos e realidades do cancro de mama”.

A asociación non conta con local propio.

X.R.: “Non, cobramos unha cota mínima, cinco euros ao ano, e non nos permitiría manter un local. Queremos que a xente poi-da traer as súas ideas, e a partir de aí as actividades se autofinan-cien, para que cada un pague algo polas actividades que lle gustan, non polas demais. De todos os xeitos, procuramos facer cousas que sexan populares, que todo o mundo poida participar.

Usamos o Centro Cívico da Ponte, a biblioteca pública, e o lo-cal do Andén I. Estamos contando para arrancar coa xenerosidade de todas as persoas que nos axudan, que nos ceden os espazos, que co-laboran para realizar as activida-des, e queremos agradecerllo”.

Enviádelle unha mensaxe aos veciños da Ponte e a todos os ourensáns.

X.R.: “Nós temos catro canles de comunicación: Twitter, Face-book, [email protected] e nós mesmos para que nos paren pola rúa. Esta é a aso-ciación de todos, dos que viven na Ponte e de toda aquela persoa que queira que o sexa, acá todo o mundo é ben recibido. Precísanse ideas e mans, e encantaranos co-laborar con persoas, asociacións e institucións para o ben común da Ponte, para que teñamos un barrio saudable, próspero, onde a xente viva feliz e orgullosa, onde a xente coñeza o seu pasado para encarar o seu futuro. E convida-mos a todos os ourensáns a que organicen calquera actividade no barrio serán ben recibidos e axu-darémoslles no que sexa, o noso labor é positivo, aberto e só bus-camos sumar”.

ENTREVISTA Á DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN VÍA VELLA DE PONTE CANEDO

“A asociación busca a difusión do patrimonio histórico, cultural e empresarial da Ponte”

4 Achegámonos á Asociación Vía Vella de Ponte Canedo, que conta cun am-plo calendario de actividades para todos os gustos.

Este 21 de maio, a asociación organizou unha actividade na que se mesturaba o coñecemento do contorno, a etnografía e a práctica do Shinrin Yoku ou baño de bosque./VÍA VELLA.

“Á volta do verán organizaremos unha charla sobre mitos e realidades do cancro de mama”, adiantáronnos

Freixo, tesoureiro, e Xosé Rodríguez, presidente, da Asociación Vía Vella de Ponte Canedo./S.N.

Page 9: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

9OURENSE POR Barrios Maio de 2016CIDADE

O vicerreitor do campus explica a mostra “Arquitecturas da auga” a subdelegado do Goberno, alcalde, conselleiro de Educación e reitor da Universidade de Vigo./M.REJO.

Os proxectos do Campus da Auga, nunha exposición 4 A construción do edificio está en fase de adxudicación.

Redacción

Mentres remata de tra-mitarse a adxudicación da obra de construción do edi-ficio do Campus da Auga, pode verse no Edificio de Ferro a exposición “Ar-

quitecturas da auga” que recolle o proxecto gañador (do ourensán Oikos Estu-dio) e os seis finalistas.

A previsión é que nos vindeiros meses comece a construírse o edificio do Campus da Auga, e que estea finalizado en 2017. Con el, o proxecto de es-pecialización do campus de Ourense dará un salto cualitativo no seu desen-volvemento, agrupando e visibilizando nun espazo concreto o obxectivo de converterse nun campus líder en temáticas da auga,

P.L.

O portavoz de Demo-cracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, presentou este venres un escrito nos Xulgados de Ourense pondo en coñecemento da Fiscalía un presunto caso de nepotismo en Ecourense. Refírese á contratación por parte da concesionaria de limpe-za da cidade do sobriño político de Pepe Araújo, concelleiro de Medio Ambiente, departamento do que depende directa-mente a concesión.

17 días despois de to-mar posesión como edil, comezou a traballar cun contrato temporal de ve-rán na empresa de limpe-za o seu sobriño político, contrato que o pasado 1 de marzo convertíase en indefinido.

Segundo DO, a empre-

aproveitando o potencial natural do territorio no que se incardina e a experien-cia neste ámbito do per-soal investigador.

Ademais de usos de in-vestigación, o inmoble, cunha superficie construí-da de 3.254 metros cadra-dos en tres alturas máis baixo, albergará a sede institucional do Campus da Auga.

O proxecto do Campus da Auga, que ascende a 4,5 millóns de euros, é finan-ciado pola Xunta de Gali-cia con Fondos Feder.

sa podería cometer subor-no, e tamén ven enriquece-mento, xa que “dubidamos que se estea cumprindo o prego, sabemos que houbo cantidade de baixas labo-rais e moitas non se cu-briron, se non se cubriron houbo un delito”, apunta-ba Pérez Jácome.

No caso de que o seu escrito se arquive. “iremos nós para adiante cunha denuncia xudicial”, adian-tou.

Jácome informa ao fiscal dun presunto caso de nepotismo en Ecourense4 Refírese á contratación por parte da empresa de limpeza do sobriño do edil Pepe Araújo.

Jácome, ás portas dos Xulgados./P.L.

Page 10: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

10 OURENSE POR BarriosMaio de 2016 ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

GALICIA CALIDADE SUMA NA ACTUALIDADE 79 EMPRESAS E 300 PRODUTOS CERTIFICADOS

Nor-Ibérica de Bebidas conta xa co certificado de Galicia Calidade para os seus augardentes e licores tradicionaisA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade entregaron o reco-ñecemento a esta empresa ourensá

A directora xeral de Comer-cio, Sol Vázquez, acompañada do xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron en Maside o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Con-sellería de Economía, Emprego e Industria, á empresa Nor-Ibé-rica de Bebidas, especializada na elaboración de augardentes e licores de gran calidade de forma artesanal.

A compañía pode incluír na súa etiquetaxe o selo de garantía Galicia Calidade para os augar-dentes brancos, de herbas, licor café e licor de herbas, comer-cializadas coas marcas Felipe Saavedra e Marqués de Marial-va. O selo Galicia Calidade, con validez para os próximos tres anos, permitirá a Nor-Ibérica de Bebidas incluír o distintivo nas etiquetaxes dos produtos certi-ficados, así como nas diferentes accións para a súa promoción.

Sol Vázquez eloxiou a apos-ta pola calidade desta empresa, que elabora licores tradicionais galegos, de forma artesanal, con bagazos controlados polo Con-sello Regulador das Indicacións

Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Segundo relatou, esta defensa da calidade é “o mellor exemplo do compromiso das empresas ga-legas coa innovación e a aposta polo recoñecemento nos merca-dos internacionais”.

A directora xeral de Comercio explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a Estratexia de Reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valo-rada polos consumidores que na actualidade suma xa máis de 300 produtos certificados e 79 empresas diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario e da hostalería.

Neste senso, Sol Vázquez apuntou que os establecementos turísticos (hoteis e restaurantes) que conseguen o selo Galicia Calidade teñen a obriga de ofre-cer viños e licores tradicionais certificados polas denominacións de orixe galegas ou indicacións xeográficas correspondentes. “Trátase de ofrecer aos usuarios dos establecementos turísticos produtos de calidade certifica-da”, engadiu.

Persoal de Nor-Ibérica de Bebidas, xunto á directora xeral de Comercio e ao xerente de Galicia Calidade, co certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade./M.REJO.

Alfonso Cabaleiro e Sol Vázquez visitaron a fábrica de augardentes e licores que Nor-Ibérica de Bebidas ten na localidade ourensá de Maside./M.REJO.

Elaboración tradicionalNor-Ibérica de Bebidas naceu

no ano 2004 en Maside (Ouren-se), despois de contar con máis de 20 anos no sector vitivinícola, co obxectivo de elaborar augar-

dentes e licores de gran calidade de forma totalmente artesanal.

Cun coidadoso proceso de se-lección das materias primas, os augardentes están elaborados partindo de bagazos controlados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Au-gardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o que permite comer-cializar un produto de máxima calidade e de recoñecemento in-ternacional.

Outras empresas ourensásPero Nor-Ibérica non é a única

empresa ourensá que recibiu a certficación de Galicia Calidade recentemente. No pasado mes de marzo, Quesos Feijoo, de Cela-nova, obtivo o selo de garantía Galicia Calidade para os seus produtos amparados pola DOP Queixo de Tetilla.

20 anos de certificacións de calidade

A marca Galicia Calidade distingue desde 1995 os pro-dutos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción sexan merecentes desta distinción, despois de contrastar a súa ca-lidade mediante as auditorías de control.

Deste xeito, contribuíu a im-pulsar a competitividade das empresas galegas nos merca-dos máis esixentes ao transmi-tirlles confianza e seguridade aos consumidores. O 90% dos consumidores que parti-ciparon nalgunhas das degus-tacións realizadas nas cidades galegas coñecen os produtos de Galicia Calidade. Ademais, un 82% afirmou que merca de xeito habitual os produtos am-parados por este selo de calida-de. Tamén resulta significativo que o 92,5% dos consumido-res que responderon á enquisa “recomendaría” os produtos de Galicia Calidade e que lle merecen “confianza”.

A compañía pode incluír na súa etiquetaxe o selo de garantía Galicia Calidade para os augardentes brancos, de herbas, licor café e licor de herbas

Page 11: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

11OURENSE POR Barrios Maio de 2016ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

Redacción

O grupo de goberno do Concello de Barbadás decidíu rebaixar un 8% os valores catastrais dos bens inmobles urbanos para o ano próximo.

Esta rebaixa débese ao coeficiente de actualiza-ción dos valores catastrais que a Dirección Xeral do

Catastro propón incorporar para adaptar a valoración catastral actual aos valo-res de mercado; no caso de Barbadás, un 0,92.

Para Xosé Manoel Fírvi-da, concelleiro de Facen-da de Barbadás, a rebaixa supón adaptar os valores catastrais ao 50% do valor de mercado, e permitirá un aforro para as familias.

Barbadás rebaixará o IBI un 8% en 20174 A rebaixa supón adatar os valores catastrais ao 50% do valor de mercado.

4NOTICIA DE EMPRESA 15 empresas de EEUU buscarán oportunidades de negocio en Ourense4 Participan nunha misión comercial os días 16 e 17 de xuño.

P. Lodeiro

Desvélanse os detalles da primeira misión co-mercial, promovida pola Deputación de Ourense, que traerá empresas nor-teamericanas á provincia en busca de oportunida-des de negocio e investi-mento, os próximos 16 e 17 de xuño.

Está confirmada a presenza en Ourense de 15 empresas de Estados Unidos, de sectores como a tecnoloxía, a agroindus-tria, o turismo termal, a innovación e a investiga-ción e desenvolvemento. Juan Verde, presidente da Fundación Advanced Leadership, encargada de preparar a misión co-mercial, recoñeceu as di-ficultades para convencer ás compañías norteameri-canas de vir aquí “porque non o coñecen”, sinalou que para algunhas empre-sas de Estados Unidos “si hai oportunidades nun lu-gar como Ourense”. Aquí buscarán “nichos de mer-cado, sinerxias e oportu-nidades”, recalcou.

Participan como socios

a Cámara de Comercio de Atlanta, a Cámara de Co-mercio España-EEUU e o Consello Americano de Desenvolvemento Susten-table. Unha congresista norteamericana, a califor-niana Loretta Sanchez, en-cabezará a misión.

Plan de traballoAs empresas estado-

unidenses terán sesións informativas sobre oportu-nidades e vantaxes do mer-cado ourensán, e reunións individuais con empresas

locais e visita ás súas ins-talacións.

O presidente da Depu-tación, Manuel Baltar, ve nesta misión comercial a posibilidade de “xerar oportunidades e riqueza e situar a marca Ourense” e presaxiou que será “un éxi-to” dado o traballo que hai detrás.

O presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o pre-sidente da Fundación Advanced Leadership, Juan Verde e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Antonio Villaverde./P.LODEIRO.

Despois de cinco anos como consultora empre-sarial e de formación, que valoración realizan sobre a formación e as empresas en Ourense?

“Cada vez máis, as nosas empresas, cos seus traballa-dores, pero tamén cos seus directivos á fronte, apostan pola formación, non só na-quela que é obrigatoria, se non tamén en toda aquela formación que permita ás compañías alcanzar maio-res niveis de rendemento. Os altos cargos das empre-sas entenderon que, estes procesos de aprendizaxe non son un atraso ou un obstáculo no traballo diario da mesma, senón un inves-timento altamente rendible.

E como non, a formación para a obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios, unha forma-

ción que estivo ultimamen-te rodeada de polémica de-bido a que, algúns centros intentáronse aproveitar da urxencia de moitas persoas por obter este carné, e, en-tre outras irregularidades, acurtaban as 25 horas de formación no carné básico. Nós continuamos impar-tindo este tipo de accións formativas sen problema en toda a provincia e recomen-damos aos alumnos que se aseguren de realizar a citada formación nun centro debi-damente acreditado”.

A súa formación é ex-clusiva para empresas?

Evidentemente non. Gran parte dos nosos alumnos son traballadores en activo que, beneficiándose do sis-tema de formación continúa bonificado pola Fundación Tripartita ou dos Permisos

Individuais de Formación, poden obter formación de calidade a custo case cero, pero as nosas accións for-mativas poden ser realiza-das tamén por particula-res”.

A súa carteira de pro-dutos creceron tamén cara a outros sectores.

“Si, é certo. A confian-za que moitas empresas depositaban en nós fixo que, aos poucos, nos de-mandaran outros servizos que fomos engadindo á nosa carteira, como a im-plantación da Lei orgánica de protección de datos, estudos de viabilidade e de mercado ou a implanta-ción de normas de calida-de ISO-UNE”.

A actualización dos valores catastrais, que é voluntaria, foi solicitada polo Concello a Catastro para ser aplicada no próxi-mo ano 2017. Quérese así compensar o esforzo tri-butario que realizaron os veciños de Barbadás ao longo da última década, trala actualización de 2007, que supuxo un incremento considerable nos valores catastrais.

O concelleiro de Facen-da explica que a rebaixa é posible porque o Concello conseguíu axustar o gasto público ás prestacións de servizos e ao sosteñemento das dotacións públicas mu-nicipais e agarda un reparto máis xusto da participación nos ingresos do Estado.

De sectores como a tecnoloxía, a agroindustria ou o turismo termal

Galprofor, consultora empresarial e de formación

r/Noriega Varela, 16 - T. 988 60 15 42

Page 12: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

12 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

especial AUTOMOCIÓN

A Estación de Servicio de Reza dispón dos me-llores servizos para todos os vehículos e sempre aposta pola actualiza-ción continua para man-ter un excelente nivel de calidade en toda a súa oferta. Ademais, para agradecer a confianza depositada por parte de todos os clientes, reali-za continuos sorteos nos que as papeletas se con-seguen co mero feito de repostar.

Os servizos cos que conta a Gasolineira de Reza son surtidor de GLP (AutoGas), o car-burante alternativo á gasolina ou diesel máis utilizado do mundo; sur-tidor de AdBlue Subte-rráneo; e surtidores de dobre caudal, para axili-zar a reposición dos ve-hículos industriais.

Ademais, dispón dun-ha área para a limpeza de vehículos totalmente renovada: con cinco pos-tos de lavado manual a presión de auga quente, dos que tres deles contan coa máquina máis mo-derna do mercado: dúas lanzas separadas, unha para a auga a presión e outra para espuma en seco, función especial con líquido limpa lamias e dous tipos de cera: cera quente e coidado final para que o coche brille máis.

Nas súas instalacións tamén é posible realizar a limpeza interior do ve-hículo con ozono, que desinfecta e elimina os cheiros do ambiente e a tapicería, actuando de maneira instantánea e sen deixar residuos

Asemade, a Estación de Servicio Reza é o único punto de referencia na ci-dade como área de servizo para autocaravanas.

Ofrece igualmente ten-da, prensa, pan fresco todos os días, butano de

3 kg e 6 kg, todo tipo de produtos de primeira ne-cesidade así como outros seleccionados na súa orixe pola súa gran calidade.

Reza é unha estación de servizo cardioprotexi-da; de feito foi a primeira gasolineira de Galicia en dispor deste servizo, des-fibrilador e persoal for-mado.

Novos lavados manuais a presión en Estación de Servicio Reza

Estación de servicio Reza - Estrada OU-

402, Km 1,7

Nova máquina de lavado a presión en Reza.

Seat presenta o seu primeiro modelo SUV.: o novo Ateca. Calidade sobresaliente, produ-ción precisa e atractiva relación calidade-prezo son as palabras que o describen.

Cando o Seat Ateca inicie a súa comerciali-zación estará dispoñible nunha ampla gama de variantes, que permiti-rán elixir entre poten-tes propulsores turbo de gasolina ou diésel, cunha potencia de en-tre 115 e 190 CV (cun consumo entre 4,3 e 5,0 litros cada 100 km nos diesel, e entte 5,3 e 6,2 litros en gasolina), con tracción dianteira ou total, ademais de caixas de cambios manuais ou DSG de dobre embra-gue. A ampla gama de opcións esténdese des-de os faros Full LED até unha gran variedade de sistemas de asistencia, como o innovador asis-tente para atascos ou outro para emerxencias, pasando por un paquete de sistemas de última xeración con pantallas táctiles de 8 polgadas e conectividade Full Link. Aos acaba-dos habituais de Seat, engá-dese agora o Xcellence, que ocupará o tope da gama. To-dos eles ofrece-rán unha variedade de cores e materiais de

máxima calidade.

DeseñoO frontal do Ateca

é 100 % Seat e, á vez, 100 % SUV. A rotunda grella elevada de gran tamaño contrasta cos faros afiados e as pro-minentes entradas de aire, non deixando lu-gar a dúbidas sobre o seu carácter dinámico d. Ao mesmo tempo, este SUV presenta un porte atlético, cargado de solidez e fiabilidade.

O deseño do interior combina a elegancia e seguridade que tanto aprecian os conduto-res de vehículos SUV. Os aspectos chave son a posición elevada dos asentos, a perfecta vi-sibilidade do frontal do vehículo e as robustas molduras das portas.

Cunha lonxitude ex-terior de 4,36 metros, o novo Ateca aproveita o espazo dispoñible me-llor que ningún outro vehículo do seu seg-mento, con-t a n d o c u n

maleteiro de 510 litros na súa configuración estándar ou de 485 nas versións con tracción total.

Tecnoloxía Un exemplo da tecno-

loxía do novo Ateca é o “Traffic Jam Assist”, unha función de asisten-cia que ofrece un maior confort en situacións de tráfico con paradas in-termitentes frecuentes. En retencións de tráfico, o Seat Ateca manobra, acelera e frea automati-camente dentro dos lími-tes do sistema.

Ademais, conta cunha nova función de segu-ridade é o “Emergen-cy Assist”, coa que, se o condutor permanece inactivo durante certo período de tempo, o ve-hículo envía unha adver-tencia, visual e acústica, seguida finalmente por unha pulsación breve dos freos. Se aínda non hai reacción, o vehículo de-tense sen saírse do carril.

Seat presenta o seu primeiro modelo SUV, o novo Ateca

Proba o novo Seat Ateca en Copersa, rúa Seixalbo.

Page 13: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

13OURENSE POR Barrios Maio de 2016

AUTOMOCIÓN especial

Page 14: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

14 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

especial AUTOMOCIÓN

A primeira edición do Car Outlet Ourense con-vertiu Expourense do 20 ao 22 de maio no conce-sionario máis grande de Galicia. Máis de 4.000 persoas achegáronse ata o recinto feiral para co-ñecer ventaxosas ofertas en vehículos de segunda man, ofrecidos polas 24 marcas presentes.

Na última xornada, a do domingo, foi cando se rexistrou a maior afluen-

cia de público, sobre todo familias e parellas en bus-ca dun coche con máis ca-pacidade que se adecuara as súas necesidades. De feito, ao percorrer a fei-ra en horas próximas ao peche, numerosos coches tiñan xa colgado o cartel de vendido.

Este certame esti-vo organizado de for-ma conxunta entre Ex-pourense e a Asociación de concesionarios de Au-

tomóbiles de Ourense, ACAUTO e contou coa colaboración de Aban-ca. Un total de 18 con-cesionarios participaron como expositores para presentar unha amplia oferta de vehículo kiló-metro cero, seminovo, de xerencia ou de se-gunda man. Tamén se presentaron novidades en modelos de moto que se comercializarán de cara ao 2017.

Unha imaxe do recinto de Expourense durante a celebración do Car Outlet.

As familias ourensás buscaron no Car Outlet a renovación do seu vehículo

Instalacións do centro na rúa Camino Caneiro./M.R.

CENTRO DE FORMACIÓN CAMPUS-FRANCISCO

Os carnés de conducir de camión e trailer puntúan para oposicións

Ademais de ser autoes-cola, o centro de forma-ción Campus-Francisco (sito en Camino Caneiro, 16) prepara oposicións a Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil.

O centro creou un sis-tema propio de ensinanza para forzas e corpos de seguridade, baseado nun seguimento e formación total do alumno.

Así, preparan de forma presencial o 100% das probas, cunha corrección individualizada da pro-gramación didáctica por parte do profesor, e con simulacros completos de exame. Os opositores tamén realizan probas de nivel coas que adestrar os temas e casos prácticos específicos, e reciben un seguimento continuado,

físico e teórico. Campus-Francisco in-

forma ademais de datas, exames e prazas.

De xeito paralelo, os opositores poden preparar

Cando nos decidimos a mercar novo coche po-demos vivir un momento estresante, tanto polo gas-to que supón como pola preocupación de tomar a decisión correcta.

Por iso, antes de elexir novo vehículo debemos seguir unha serie de reco-mendacións:

- Realizar un presuposto tendo en conta os nosos aforros ou o crédito banca-rio que nos concedan.

- Elexir un coche que se adapte ás nosas necesida-des, presentes e futuras. Valorar en primeiro lugar a motorización (diesel ou gasolina), tendo en conta

os consumos ou tipo de viaxes que facemos de xei-to máis habitual.

- Tamén debemos pensar no valor futuro do coche por se temos necesidade de vendelo.

- Visitar varios conce-sionarios para descubrir de primeira man os modelos que nos encaixan.

- Antes de mercar é in-dispensable probar. De-bemos dar unha volta no vehículo e valorar as sen-sacións que nos produce.

- Informarse de se pode-mos optar a algunha axuda como o plan PIVE.

- Ter en conta os gastos complementarios como

Recomendacións para o momento de mercar coche

seguro, imposto de ma-triculación ou revisións e avarías futuras.

Tamén hai moita xente que se decanta por mer-car coche por internet (aforras tempo, despraza-mentos e complicacións), pero carece do asesora-mento persoalizado que ofrecen os concesiona-rios, nos que resolven dú-bidas; poden rebaixar o prezo inicial por algunha campaña promocional do establecemento ou mar-ca; ou recomendarche algún coche en stock que coincida co que desexas ,permitíndoche ademais un importante aforro.

os carnés de conducir de camión e trailer, que pun-tuan para as oposicións.

A matrícula é gratis. In-fórmate sen compromiso no 988 22 63 29.

Centro de formación Campus-Francisco prepara oposicións a Policía Local, Policía

Nacional e Garda Civil

Page 15: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

15OURENSE POR Barrios Maio de 2016AUTOMOCIÓN especial

Peugeot é a segunda marca máis vendida de vehículos SUV en España. Despois de tres anos do seu lanzamento, o Peugeot 2008 continúa unha bri-llante carreira no mercado español. Coa súa renova-ción, a marca inicia unha ofensiva sen precendentes nos segmentos SUV máis importantes do mercado.

A renovación abarca todas as áreas do vehícu-lo. O deseño, os códigos estéticos, os novos aca-bados e toda a tecnoloxía de conectividad de última xeración permitirán que o 2008 siga sendo a referen-

cia no segmento B SUV.

MotoresCoa adaptación á nor-

mativa anticontaminación euro 6.1 realizada en set-embro de 2015, Peugeot dispón da gama de mo-tores máis eficiente do mercado. É a marca con menores emisións de CO2

de media en Europa. A solución técnica adoptada polos enxeñeiros de Peu-geot sobre o tratamento dos gases de escape e par-tículas en vehículos diesel revelouse como a máis eficaz do mercado de ma-neira real.

Ademais, a oferta de caixas de cambios ma-nuais de 5 e 6 velocidades e automática de converti-dor de par de 6 velocida-des EAT6 permite atopar un 2008 cun motor e caixa de cambios adecuado para cada cliente.

ExteriorO novo 2008 amplía a

súa gama de cores. O Gris Hurricane convértese na pintura opaca gratuíta, ademais incorpora unha nova cor metalizado Eme-rald Cristal e un Vermello Ultimate con tres capas de verniz. O Branco Banqui-se pasa a ser de pago a un prezo reducido.

Igualmente evoluciona elementos da súa silueta, incorpora faros traseiros tecnolóxicos 3D a LED de 3 garras e nova más-

cara de faros dianteiros negro/cromo.

O novo frontal co capó horizontal e a calandra vertical outórgalle unha personalidade inequivo-camente SUV. A robustez que transmite o vehículo agrándase cos protectores dos pasos de rodas.

A deportividade únese ás características coñeci-das do 2008 co novo nivel de acabado GT-Line.

Novidades tecnolóxicasEste renovado 2008 in-

clúe a última tecnoloxía do automóbil, que facili-ta ao condutor a vida en contornas urbanas, como por exemplo mediante a cámara de visión traseira, ou o eficaz “Active City Brake”, que desde 5 até 30 km/h permite reducir a velocidade de maneira automática en caso de que detecte un vehículo detido diante.

Ademais, coa evolución da súa pioneira pantalla táctil de gran formato de 7 polgadas o 2008 sitúa-se á vangarda da interac-tuación ao reproducir a pantalla dun smartphone compatible, adoptan-do comandos vocais, e manexando algunha das APPS máis interesantes do mercado tecnolóxico.

Peugeot lanza o renovado 2008

Conta con cambios manuais de 5 e 6 velocidades.

Presenta faros dianteiros e traseiros renovados.

O novo 2008 amplía gama de cores e conta cun deseño

máis robusto e deportivo

Peugeot é a marca con menores emi-

sións de CO2 de media en Europa

Page 16: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

16 OURENSE POR BarriosMaio de 2016 SOCIEDADE/ ARTIGOS

EN BREVE 4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Ruína

Rúa Progreso, esquina con rúa Reza. Finais dos 70.

Vai deixando recados, pistas, avisos. Necrópsi-cas misivas que nos lem-bran o efémero da vida.

Fráxil, fugaz, quebra-diza e vulgar. A idade encárgase de establecer condicións e delimitar os espazos prohibidos.

Onde foron os P.M?, Onde os veciños de fo-gares poboados agora por ausencias? Onde o nego-cio no que mercabamos o pan que sabía a aldea? Onde a señora que reci-bía cun sorriso a agardada e vespertina visita dun neno que hoxe é pai?.

Mundano, perecedeiro, mortal. Onde?

Agardan en perenne agonía na rebaba dun re-cordo. Alí onde o eco da memoria posterga a ruína dun corpo golpeado polo tempo.

Fernando ValcárcelMembro do Arquivo

Visual Ourensán

Ingredientes:- 250 gr de langostinos- 250 gr de gambas- 250 gr de rape- 8 pezas de vieira- 1 bogavante- 1 boi de mar - Ovos cocidos- Pemento vermello e

verde- Cebola - Perexil- Loureiro- Sal, aceite e vinagre

Elaboración:- Cocer as gambas,

4RECEITA

Salpicón de marisco

os lagostinos e as vieiras aproximadamente un mi-nuto, con abundante sal e loureiro.

- Deixar arrefriar e pe-lar.

- Cocer o bogavante (5 minutos), o rape e o boi (12 minutos), tamén con abundante sal e loureiro.

- Deixar arrefriar.- Picar as verduras e os

ovos finamente, engadir-lles sal, 300 cl de aceite e 100 cl de vinagre, mes-turalo e deixar macerar 1 hora.

- A continuación enga-diremos: as gambas, os lagostinos, as vieiras, o rape, o interior da cabeza do bogavante, e o interior do boi.

- Para finalizar espol-voreamos con perexil picado e decoramos coas patas do boi e a carne do corpo do bogavante cor-tado en medallóns.

Luis Iglesias,Restaurante

Os CaracolesTel. 988 380 165

4 Cursos de cociña para mozos

A Concellería de Xu-ventude pon en marcha tres obradoiros de cociña saudable dirixidos a mo-zos e mozas de 15 e 35 anos e un máis dirixido a menores de 7 a 12 anos.

As actividades realiza-ranse durante o mes de xuño e primeiros días de xullo na Aula Municipal de Cociña, nas Lagoas. O prazo de inscrición está aberto, na Concellería de Xuventude ou no correo [email protected].

4 Campaña de verán en Amencer

A asociación xuvenil Amencer presentou a súa oferta lúdica para o ve-rán. Inclúe as XI Mañás de Verán, dende o 27 de xuño ao 14 de xullo para rapaces de 3 a 14 anos; as VI Mañás Lúdico-depor-tivas, dende o 18 ao 22 de xullo para cativos de 5 a 16 anos; e o máis que coñecido XXIX Campa-mento Urbano Infantil e Xuvenil, dende o luns 1 de agosto, de carácter gratuíto e dirixido a ne-nos e nenas entre 8 e 16 anos.

4 Campo de traballo na cidade

A cidade de Ourense acollerá este verán un dos cinco campos de traballo que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Par-ticipación e Voluntariado da Xunta.

Celebrarase do 1 ao 11 de agosto, terá carácter internacional, temática medioambiental e social e disporá de 20 prazas para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Redacción

O blog do Proxecto Ciencia Activa do co-lexio Padre Feijoo Zore-lle de Ourense vén de ser seleccionado na X Edi-ción do Concurso Espiral Edublogs, que premia os mejores blogs educativos de toda España.

A web dos estudantes ourensáns foi seleccio-nado como unha das tres gañadoras na modalidade “Blog de alumnos de se-cundaria”. Parte dos es-colares e a súa profesora, Beatriz Temes, acudirán

Un blog do Padre Feijoo, finalista nuns premios estatais4 Elaborado polos estudantes.

ao acto de entrega de pre-mios que se celebrará en Madrid o 11 de xuño e no que se dará a coñecer cal dos tres blogs selecciona-dos ocupa o primeiro pos-to.

Ciencia Activa é unha bitácora na que o alumna-do publica entradas sobre noticias do ámbito cien-tífico, actividades que se fan na aula e proxectos levados a cabo no centro educativo. Amáis, dispo-ñen dunha canle de pod-cast e de televisión en liña onde publican entrevistas e reportaxes.

Estudantes do Padre Feijoo autores do blog e a súa pro-fesora.

Page 17: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

17OURENSE POR Barrios Maio de 2016

Cáritas ten aínda por cobrar a achega do Concello para o comedor social

EN BREVE

SOCIEDADE

Este verán pecharanse no CHUO 79 camas de adultos e 16 de lactantes

A Xerencia xustifica o peche de camas durante o verán4 Os sindicatos critican a medida.

Reducción

A redución de camas en período estival é unha práctica habitual, pola necesidade de adaptar a capacidade de ingreso á diminución da ocupación, sendo sempre unha medi-da temporal modificable en calquera momento ante un aumento da demanda. Así defenden desde a Xe-rencia de Xestión Integra-da de Ourense a previsión de peche de camas previs-ta para este verán, antes as críticas das organizacións sindicais.

Os sindicatos cifraban en 110 a redución de ca-mas que sufrirá o CHUO na época estival, mentres que a Xerencia fixaba este número en 79 camas de adultos e 16 en lactantes.

As organizacións sin-dicais alertaban de que, ademais do persoal que se verá afectado, “serán multitude os doentes que sufrirán máis retrasos ain-da cando teñan que dispor de unha camas”. De feito, opinan que vai suceder como outros anos, “en que os plans de peches impostos pola Xerencia e a Consellería, choquen frontalmente ca realidade asistencial que eles non queren ver, e polo tanto veránse forzados a reabrir camas e reasignar recur-sos que nunca deberon eliminarse, ou ingresar doentes en unidades que

non son da súa especiali-dade, creando distorsións na atención ao romper c aorde que debe existir na organización hospitala-ria”.

Desde a Xerencia non o ven así, e recordan que a programación prevista para este ano “adaptouse rigurosamente á porcen-taxe de ocupación histó-rica estival dos centros”.

En concreto, no com-plexo hospitalario, e á diferenza doutros anos, non se pechará ningunha habitación nos edificios Cristal e Materno, “posi-bilitando que a redución de camas operativas re-virta nunha maior como-didade para os pacientes, ao reconverter habita-cións triplas en dobres e parte das dobres en indi-viduais, como no caso de obstetricia”.

Asemade, para facer máis operativas as camas funcionantes, no CHUO focalizouse a redución destas no Sta. María Nai, centralizando, na medida do posible, a hospitaliza-ción nos edificios Cristal e Materno, axilizando así os ingresos urxentes, ao evitar traslados en ambu-lancia.

Paula Lodeiro

Cáritas Ourense vén de presentar a súa Memoria 2015, ano no que a en-tidade benéfica atendeu 11.138 persoas, case o 60% delas mulleres, che-gando ata as 27.734 as persoas que se beneficia-ron das súas axudas.

Dos datos da memo-ria, constátase que Cá-ritas vén atendendo nos últimos anos un número estable de persoas, pero “aumenta a cronicidade, o número de persoas que levan máis de tres anos vinculados a Cáritas”, explicaba a súa directora, María Tabarés. Hai dous perfís principais de usua-rios da entidade; dunha banda, persoas sen fogar ou con vivenda insegura, e doutra, familias mono-parentais.

As axudas que presta Cáritas chegan en forma de axudas de emerxencia social, formación e em-prego, atención social es-pecializada e animación comunitaria e volunta-riado. Unha engranaxe na que participan 16 cen-tros propios e 36 puntos de acollida e atención en toda a diocese, 40 traba-lladores e 518 volunta-rios.

FinanciamentoCáritas Ourense contou

o exercicio pasado cun orzamento de 1,7 milló-ns de euros, dos cales o 58% procederon de ache-gas públicas e o 42% de

recursos privados. Desta cantidade, a partida máis elevada (613.000 euros) foi destinada ás axudas de emerxencia social, acolli-da e asistencia e ao come-dor social.

Precisamente o comedor social, que beneficiou a 2.627 durante 2015, pende dun fío polos atrasos nos pagamentos por parte do Concello de Ourense, que é a administración que ache-ga a maior parte dos seus usuarios. “Queda penden-te de pago parte de 2014, o2015 está sen abonar (ao redor de 90.000 euros) e o convenio de 2016 está sen firmar”, precisaba a direc-tora de Cáritas. Dificulta-des para xustificar os gas-

tos “que non tivéramos nunca” están detrás deste retraso, explicaba María Tabarés, que aínda así se amosaba optimista sobre o cobro deses fondos.

Nesa mesma liña, cha-mada de atención ás ad-ministracións: seguen sen ter “unha respo sta áxil” aos máis necesita-dos; de feito, o 75% das persoas atendidas por Cáritas viñan derivadas dos Servizos Sociais mu-nicipais.

Chamada de atención de Cáritas ás administracións4 Presenta a Memoria de 2015.

María Tabarés, directora de Cáritas desde o pasado ve-rán, xunto ao delegado, Ángel Mirón, detallaron activi-dades e ingresos da entidade durante 2015./P.LODEIRO.

4 Máster no Instituto da Familia

O Instituto da Familia de Ourense, en colabo-ración coa Universida-de Francisco de Vitoria, pon en marcha un cur-so de experto e máster en Coaching Familiar, que comezará no mes de outubro. Os temas, a programación e o pro-fesorado foron elixidos coidando a calidade des-ta oferta formativa, que busca dotar aos que a cursen de ferramentas e habilidades para axudar a familias e matrimonios.

4 Pincho solidarioO xoves 2 de xuño

Mans Unidas en Ouren-se organiza o tradicional Pincho solidario nos Sa-lesianos.

O donativo será de cin-co euros e o que se reca-de será destinado á crea-ción de hortos escolares, un viveiro e un plan de formación para pequenos agricultores en Mozam-bique.

4 Atención a turistas na Catedral

Coa finalidade de pres-tar unha mellor atención a turistas e visitantes, a Catedral de Ourense vén de contratar os servizos da empresa Arti Splendo-re. Un servizo que, ade-mais de mellorar a aten-ción aos visitantes, que disporán de audioguías para visitar o templo, axudará ao sostemento da Catedral e do seu pa-trimonio.

Os fieis que visiten o recinto relixioso por motivos de culto non se verán afectados por esta iniciativa.

Page 18: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

18 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

IMAXES DO MES

Teatro por e para escolaresO pasado 13 de maio clausurábase na Escola Municipal das Artes Escénicas a 15ª edi-

ción da Mostra de Teatro de Centros Educativos de Secundaria (MOTECES). Facíao coa representación de “Lisístrata” de Aristófanes a cargo do grupo de teatro da Universidade Laboral e dirixidos por Matilde Vázquez.

Ao rematar, eles e os outros oito grupos participantes (dos colexios Santo Ángel e Divina Pastora, os institutos Otero Pedrayo, Blanco Amor e Ferro Couselo e As Lagoas, e CIFP Carballeira recibiron como agasallo unha reproducción pictórica dunha obra da literatura. Tamén foi agasallada a alumna do Santo Ángel Iria Álvarez, autor do póster anunciador desta MOTECES.

Ás representacións teatrais acudiron máis de 1000 estudantes de 12 centros de ensino da cidade.

Grupos de teatro participantes na 15ª edición da MOTECES./P.LODEIRO

Gañadores do concurso de pinchos Sabores de Ourense edición primavera./P.LODEIRO

Espectáculo de danza na 2ª Gala benéfica ADO, no Auditorio./RAMSÉS.

Segunda Gala solidaria ADOO Auditorio de Ourense encheuse o pasado venres 20 de maio para a 2ª Gala solidaria

a favor de ADO (Asociación de persoas con discapacidade de Ourense). Foron máis de 4.600 euros os recadados nun espectáculo no que participaron artistas como Daniel Mi-nimalia, Emilio Rúa, Rubén Riós, o monologuista Xan Veiga, Os Perqtores, os grupos de baile Meigas Tribal, Enka e Sabrosura e a Real Banda de Gaitas da Deputación. A gala estivo presentada por Montse Estévez e Juan Maceiras.

Premios aos mellores pinchosO concurso de pinchos Sabores de Ourense edición primavera, organizado pola Con-

cellería de Turismo e Termalismo e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO) entregou o venres 13 de maio, nun acto no Liceo, os seus premios. Entre os 39 pinchos presentados a concurso, resultaron finalistas os dos establecementos A Saia da Carolina, Barallete, La Gula, Bar Miguel, O Comellón, Tapa Negra, A Cuqueira de Lourdes, Sybaris 2.0, La Estación de Loman, A Feira.

O xurado profesional, composto por Nacho Costoya (premiado maitre e somelier), Eva Fachado e Eduardo Redondo (Escola Hostelería Vilamarín) e José Luis Oliveira (blogueiro gastronómico), decidiu que a mellor creación era a “Máscara” de La Estación de Loman, seguido de “Peta-Z” de Tapa Negra, e “A horta de Carolina” de A Saia da Carolina.

Foron 2.309 as papeletas recollidas na votación do público, que escolleu como mellor petisco o que presentaba o Fuentefría, “Un mar de fume”, con 243 votos, seguido de “O rei do monte” de A Casa do Pulpo (161 votos) e “Polbo na cama” de A Casita do Pulpo (159 votos).

O premio da prensa recaeu no pincho de A Saia da Carolina, ao igual que o premio Pincho Celíaco, mentres que o premio da aplicación #SaboresdeOurense foi, de novo, para o pincho do Fuentefría.

No mesmo acto entregáronse agasallos ás persoas gañadoras do sorteo que premiaba a participación no certame do público.

Page 19: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

19OURENSE POR Barrios Maio de 2016IMAXES DO MES

A Praza de Abastos promociona o leite galegoA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acudiu a Ourense con motivo da

celebración do “Día do sector lácteo” dentro da campaña “Quere o teu mercado” que se estivo a desenvolver nas últimas semanas na Praza de Abastos nº 1 da cidade. Neste acto, a conselleira destacou a importancia da promoción e posta en valor do leite galego como fórmula para impulsar o seu consumo e beneficiar a este sector, estratéxico dentro da economía da comunidade. Para tal fin, Vázquez salientou o papel relevante do selo de calidade diferenciada “Galega 100%”, polo que representa de referente de excelencia e de identificación do produto co territorio,

A xornada incluíu a lectura dun manifesto de apoio ás explotacións leiteiras galegas, por parte do presidente dos comerciantes, Emilio González.

A conselleira do Medio Rural brindando con escolares con leite galego na Praza./P.L.

Galisenior promove unha vellez activa A promoción da vellez como unha etapa da vida positiva e do envellecemento activo e

saudable como fórmula para vivir máis e mellor. Isto foi o que demostraron ao redor de 5.000 visitas procedentes das catro provincias galegas que se achegaron os días 25 e 26 de maio ata Galisenior, o 10º Salón internacional das persoas maiores.

No recinto feiral de Expourense participaron nas máis de 50 actividades organizadas, sendo as exhibicións de baile e ximnasia por parte dos 11 centros sociocomunitarios da provincia, os obradoiros de relaxación, os traballos manuais e as novas tecnoloxías algunhas das actividades que contaron con maior seguemento. De maneira paralela, 40 relatores de España e Portugal analizaron a situación actual dos maiores na sociedade -en Ourense representan o 31% da poboación- a través das xornadas técnicas profesionais ás que asistiron 250 persoas.

Entrega de placas conmemorativas ás entidades colaboradoras na clausura de Galisenior.

Page 20: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

20 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

OCIO E CULTURA

EN BREVE

4 Bonsais en Mon-tealegre

Medio cento de bon-sais ocupan o viveiro do Botánico de Monteale-gre até o próximo 5 de xuño. A maior parte dos exemplares que se poden observar en Ourense son especies autóctonas per-fectamente adaptadas ao clima local.

O departamento de Medio Ambiente convi-da a escolares a realizar visitas guiadas, dado o carácter divulgativo da mostra.

4 Premio Vicente Risco

O Concello de Ouren-se, en colaboración coa Fundación Vicente Ris-co, abre a convocatoria da 17ª edición do Premio Risco de Creación Lite-raria dedicada ao xénero narrativo.

Á mesma poderan-se presentar novelas, conxuntos de relatos, ou ensaios de carácter inédi-to, redactados en lingua galega, antes do 23 de setembro.

A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro.

4 Novo director para o OUFF

O asturiano Fran Gayo dirixirá o 21º Festival de Cine Internacional de Ourense, que terá lugar do 28 de outubro ao 5 de novembro.

Programador en certa-mes coma o FicXixón ou o BAFICI de Bos Aires, Gayo asume o reto de contaxiarlle ao público de Ourense a súa curiosi-dade polas novas tenden-cias cinematográficas do concerto internacional, especialmente do ámbito iberoamericano, sobre o que se porá o foco na pre-sente edición do OUFF.

Xoel López, Duncan Dhu, Ariel Rot e Auryn, nas Festas de Ourense4 Os festexos celebraranse entre o 25 de xuño e o 3 de xullo.

P. L.

Xoel López, Duncan Dhu, Ariel Rot, Auryn… son algúns dos nomes propios que actuarán este ano nas Festas de Ouren-se, que terán lugar entre o sábado 25 de xuño e o domingo 3 de xullo.

Baixo a premisa de ser “unhas festas de todos os ourensáns e de toda a cidade” e cun orzamento “modesto” de arredor de 300.000 euros, apuntaba o alcalde, Jesús Vázquez, xa hai confirmados unha ducia de concertos, que se repartirán entre a pra-za Maior e o Xardín do Posío.

Na praza Maior, con entrada de balde e hora-rio habitual ás 22:30 ho-ras, actuarán Xoel López (día 25), Roi Casal (día 26), María do Ceo (día 27), Ariel Rot (día 29), Ses (día 30), Delafé (1 de xullo), Coque Malla (2 de xullo), e Furious Monkey House (o 3 de xullo, ás 21:30h). Xunto a eles actuarán bandas lo-cais como The Tetas’ Van, Priscila ou MCarballo.

O Posío, con entrada a cinco euro, acollerá os concertos de Duncan Dhu, o 30 de xuño, e a boy band Auryn o 1 de xullo, así como o Ouren-se Dance, no que se pide un donativo en forma de quilos de alimentos. To-

dos eles ás 23 horas.Ademais, haberá outros

concertos de pequeno for-mato noutras prazas do casco vello, que se irán desvelando máis adiante, xunto a outros detalles do programa. Haberá pregón e fogos de artificio (non concurso) e probablemen-te de novo mercado me-dieval; e está por decidir aínda a ubicación das ba-rracas.

“Estamos traballando nunha oferta maior, quere-mos que sexan unhas festas populares e de rúa”, apun-taba o rexedor, que avanza-

4 Recupérase a Batalla de FloresLogo de dous anos sen celebrarse, regresa a Batalla de

Flores ao programa das Festas de Ourense.A cita, co percorrido habitual de Mestre Vide á praza

Maior, será o 2 de xullo ás 19 horas. Participarán oito ca-rrozas achegadas polo Concello e outras dúas patrocina-das por entidades colaboradoras. A animación do desfile será de temática variada, contratacións que se están pe-chando actualmente por parte da Concellería de Cultura, e incluirá tamén xigantes e cabezudos.

Orquestras de renome, na Valenzá4 A localidade honra a San Bernabé do 9 ao 12 de xuño.

Festas de San Xoán en Seixalbo4 Do 23 ao 26 de xuño.

Redacción

Como cada ano as fes-tas da Valenzá, na honra de San Bernabé, presen-tan un completo cartel de actuacións musicais con recoñecidas orquestras.

Os festexos botan a an-dar o xoves 9 de xuño, á medianoite, da man de El Combo Dominicano.

O venres 10, ás 23 ho-ras haberá Discomóvil e ás 23:30 terá lugar unha master class para nenos e adultos a cargo do Xim-nasio Golfiños. Xa ás 12 da noite será a esperada actuación da orquestra Panorama.

O sábado ás 9 da mañá disputarase o III Torneo Alevín de fútbol; ás 11:30 haberá globoflexia, pinta-

caras e xogos para os máis pequenos e ás 18 horas ac-tividades en familia. Ás 19 haberá pasarrúas a cargo da charanga da Escola de Mú-sica de Barbadás; ás 23 ho-ras haberá Discomóvil e á medianoite chegará a gran orquestra París de Noia.

Xa o domingo 12 de xuño, ás 11:30 terá lugar un taller de maquillaxe e pintura de uñas; ás 12, misa solemne e procesión; de 18 a 20 horas, manualidades; de seguido, concerto da Banda de Música Munici-pal; e pechará a festa ata o próximo ano o Baile da Pataca (a partir das 20:40) con espectáculo da quei-mada.

Por último, o luns 13 os nenos serán os reis nas atraccións das festas.

Redacción

Seixalbo acolle do 23 ao 26 de xuño as súas tra-diconais festas na honra de San Xoán e a I Festa do Pemento.

O días 23 será a Festa da Xuventude, ameni-zada pola orquestra Los Player´s e a charanga Europa a partir das 11 da noite.

O venres 24, a partir das 10 da mañá haberá

pasarrúas coa banda Os Gaiteiros.; e ás 12, proce-sión e misa solemne. Ás 20 horas actuarán as orques-tras Hiroshima e Nevada.

O sábado 25 será o día da I Festa do Pemento, a partir das 20 horas, ameni-zada pola charanga XL e a orquestra La Fórmula.

E o domingo, ás 12 ha-berá misa solemne; e fin de festa a partir das 20 horas a cargo da orquestra Gran Casino.

ba que Cultura prepara un espectáculo para a xorna-da inaugural “que chama-rá a atención de cativos e non cativos”.

Concurso para elixir o cartel

Unha das novidades deste ano será a elección do cartel por parte dos ci-dadáns. Un xurado selec-cionará as cinco mellores propostas que se presen-ten, e logo será o voto do público a través da páxi-na web da Concellería de Cultura o que decida o gañador.

Batalla de Flores dunha edición anterior./ARQUIVO.

Actividades de verán para os escolaresRedacción

A Concellería de Edu-cación presentou as Ac-tividades de Verán 2016 para escolares nos meses de xullo e de agosto. “A maior novidade deste ano é que ampliamos o hora-rio nos centros escolares

unha hora para conciliar as obrigas familiares co lecer dos pequenos”, dixo Be-lén Iglesias, concelleira de Educación. O prazo para anotarse estará aberto do 1 ao 15 de xuño a través da Concellería de Educación (praza de San Martiño 2, 1º andar ou no teléfono 988 388 136).

Así, os centros escolares Amadeo Barroso, O Couto, Mestre Vide e Prácticas abrirán de 8:30 a 14:30 ho-

ras en xullo para acoller a alumnos de Primaria.

Pola súa banda, a Aula da Natureza do Río Miño realizará actividades en xullo e agosto, de 10 a 13 e de 17 a 19 horas, para rapaces de ata 12 anos.

E as bibliotecas mu-nicipais da Carballeira, San Francisco e A Ponte serán escenario en xullo e agosto de propostas edu-cativas para nenos de 4 a 10 anos.

Page 21: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

21OURENSE POR Barrios Maio de 2016

PUBLICIDADE

Page 22: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

22 OURENSE POR BarriosMaio de 2016

Redacción

O domingo 29 de maio as pistas de atletismo do campus de Ourense acolleron unha nova edi-ción do Ourense Termal Athletics Meeting. Unha proba cada vez máis con-solidada no calendario da Real Federación Españo-la de Atletismo, organi-zada pola Deputación e a Universidade de Vigo.

Os mellores atletas deste ano foron Mauro Triana e Esther Navarre-

Mauro Triana entrando primeiro na meta da proba dos 200 metros. /RAMSÉS.

4 Copa Deputación de Natación

O pasado sábado 28 de maio celebrouse a tercei-ra xornada da Copa De-putación de natación na piscina Rosario Dueñas.

Participaron nadadores dos club Pabellón Ouren-se e Miraflores. Nesta terceira e última xorna-da decidíanse aos “na-dadores completos” da provincia. Foi o formato optado para esta Copa Deputación; os nada-dores disputaban varias probas nas tres xornadas do torneo e o que maior puntuación tivera sería o vencedor.

Os campións, por tabla FINA, en categoría abso-luta-júnior foron Marcos García con 2257 puntos e Laura Pimentel con 2299 puntos.

4Charlas na Molinera

O venres, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Moline-ra, Marco Rocha, direc-tor de comunicación on-line da Real Federación Española de Fútbol e da selección española im-partirá unha charla.

Será un encontro no que explicará a metodo-loxía e pasos seguidos á fronte da comunicación dun xigante informativo como é a selección espa-ñola de fútbol a través da súa conta oficial de Twit-ter @Sefutbol.

4 AtletismoO 28 de maio A Valen-

zá acolleu a súa primeira edición da carreira popu-lar de atletismo. Os ven-cedores absolutos foron Luis Iglesias (homes) e Sonia Teijeiro (mulle-res).

4 PatinaxeO Club Deportivo

Ourela venceu no Cam-pionato Provincial de deporte escolar de pati-naxe artístico celebrado en Redondela (Ponteve-dra). As nove patinado-ras ourensás, de entre 8 e 12 anos, conseguiron clasificarse de primeiras na modalidade de grupo.

EN BREVE

Triana e Navarrete despuntan en Ourense4 Foron os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting.

te, en homes e mulleres, respectivamente. O depor-tista galego do Playas de Castellón logrou o triunfo grazas aos 10.46 segundos que fixo nos 100 metros (ilegais polo + 2.1 de ven-to a favor) e nos 200 me-tros 21.45 segundos.

Por parte de Navarrete, a do Celta de Vigo parou o crono na proba dos 3.000 metros en 4:25.16.

Os ourensánsPola banda local, as ac-

tuacións máis destacadas

foron as vitorias de Al-fonso Palomanes no con-curso de triplo salto (cun mellor intento de 15,63 metros); Bea Viteri, con 3.65 metros, en salto con pértega; Emma Valencia, 15.33 segundos, no 100 metros valados e Alejan-dro Fernández nos 3.000 metros cun tempo de oito minutos e 12 segundos.

Catro ourensáns venceron nas súas probas

Jorge Encinas, bicampeón galego de tiro e récord4 Asinou nova marca galega na modalidade de carabina tendido.

P. Lodeiro

O tirador ourensán Jor-ge Encinas gañou este domingo o campionato de Galicia de carabina match olímpico en Pontevedra, establecendo unha nova marca galega en 592 pun-tos. Trátase do seu segun-do triunfo autonómico en 15 días, xa que o pasado día 17 de maio Jorge En-cinas alcanzaba o primeiro posto, tamén en Ponteve-dra, na modalidade de ca-rabina tres posicións. Jorge

foi o único representante ourensán nestas compe-ticións, nas que partici-paron tiradores de toda a comunidade galega.

GranadaEsta semana o depor-

tista ourensán acudirá a Granada para participar na Copa do Rei. Nesta mesma competición o ano pasado conseguiu a medalla de bronce en categoría absoluta na modalida de carabina tendido.

Jorge Encinas na modalidade de carabina match.

O Cidade dobrega ao Envialia4 2-3 foi o resultado.

R. Torres

O Cidade As Burgas ga-ñou ao Ourense Envialia na penúltima xornada da Liga por dous goles a tres. Despois de ir vencendo por dous goles a cero as de Manolo Codeso lograron darlle a volta ao marcador nos últimos minutos e aca-dar os tres puntos. Iria, en propia porta, e Sara Mo-reno puñan en vantaxe ás albinegras; Iria Saeta, en dous ocasións, e Candela, lograban a remontada.

Este resultado fai que perigue a Copa para o En-vialia. Na última xornada visita ao Futsi, que se está xogando o título ligueiro. Unha vitoria ou un empate

faría que as ourensás se clasificaran para a Copa; se pola contra perden, o Universidad de Alicante, que xoga contra o Mós-toles, tería que empatar ou perder para que o Ourense Envialia estea na próxima edición da Copa de España.

Momento do derbi ouren-sán. /RAMSÉS.

Paderne - UDO, a final da Copa4 O encontro terá lugar no Couto este sábado a partir das 19 horas.

Redacción

Xa se sabe que dous equipos xogarán a final da Copa Deputación B de fútbol. O Paderne e a Unión Deportiva Ouense veranse as caras o sábado 4 de xuño no estadio do Couto ás 19 horas.

O Paderne chega a esta final despois de desfacer-se en semifinais do Viana (1-1 na ida e 2-0 na volta). A UD Ourense logrou un cómodo pase ao lograr a vitoria diante do Cea; 0-

3 e 5-0 foron os resultados nos dous encontros.

Para os unionistas pode ser a última oportunidade de gañar este torneo; o ano que vén xogarán a Copa A

ao xogar en Primeira Au-tonómica.

Copa ANa Copa Deputación

A aínda queda por xogar o partido de volta para coñecer aos finalistas. O Bande asaltou Espiñedo e logrou unha mínima vantaxe diante do Aren-teiro (0-1) e o Polígono e Monterrei asinaron tá-boas (1-1).

Queda todo pendente para os partidos de volta que se disputarán esta fin de semana.

Partido entre a UDO e o Cea./RAMSÉS.

DEPORTES

Page 23: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

23OURENSE POR Barrios Maio de 2016

AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo FeijooNº 17 - Ano: XV - Maio de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 112Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención menor 900 202 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4AXENDAMúsica

- Días 3 e 4 de xuño - Ourenrock sound - Ex-planada de Expourense- 9 de xuño - Concerto de Menage a trois - 21:30 h - Praza do San Martiño- 11 de xuño - Concerto de Bull bridgade + Rude Pride + Malheira - a par-tir das 20 h - Sala Berlín- 12 de xuño - Concerto de Night Demon 21:30 h - Sala Berlín- 16 de xuño - Concerto de Yomelo Montosolo - 21:30 h - Praza do San Martiño- 23 de xuño - Concer-to de Menage a trois - 21:30 h - Sleepwalker

Exposicións- Ata o 3 de xuño - Expo-sición “Cando as neuro-nas bailan” de César Pra-da - Museo Municipal- Ata o 12 de xuño - Ex-posición “A fronteira in-finda. Os artistas galegos e a emigración” - Sala de Exposición Afundación

Teatro- 9 de xuño - “Os amores de Jacques o fatalista” - 21 h - Teatro Principal- 10 de xuño - “Jamming” - 22 h - Teatro Principal- 16 de xuño - “Reina Juana” - 22 h - Teatro Principal

Espectáculos- 2 de xuño - Concerto enclave de cámara Cuar-teto Lyskam - 20:30 h - Teatro Principal- Do 21 ao 23 de xuño - XXVIII xornadas de danza de contos - 20 h - Teatro Principalwww.periodicobarrios.com

INMOBILIARIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected].

Gratuítos para particulares]

TRABALLO

VENDASVendo sofá 3+2, caldei-ra de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10.Véndese base terapéuti-ca médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781Vendo colchas de ganchi-llo. Tel. 988 23 06 69.Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448.Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (aten-do WhatsApp)Vendo máquinas recrea-tivas (varios modelos vellos), máquinas de dar-dos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco,

Ófrecese señor para traba-llar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispo-ñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620.Ofrécese señora para tra-ballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domici-lio,. Matemáticas xeraias e outras materias curricula-res. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en [email protected] e 610 38 25 89.Poñémosche a túa máqui-na de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Serieda-de. Tel. 685 56 46 81Fanse desbroces en fin-cas e montes. Tel. 722 216 123.Particular en Ourense imparte clases individuais personalizadas de matemá-ticas e estatística, todos os niveis, e resto de materias curriculares de Ensinanzas Medias. Con CAP. Ampla Experiencia. Económico. A Domicilio. Contacto: [email protected] e tel. 610 38 25 89Fanse desbroces con trac-tor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.

Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofréce-se para compañía de mulle-res de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Abs-terse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

CONTACTOS

Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empe-zar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da es-caleira). Tel. 627 203 131.Vendo casa para restau-rar pola estrada de Santia-go. Tel. 637 00 59 10.Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10.Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habita-cións, preto da praia, equi-pado (xardín, tumbonas, aparcamento...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16.Vendo apartamento en Praia América con dúas habitacións, cociña ame-ricana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en Praza Es-paña (Vigo). Tres habita-cións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Bo esta-do. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09.Ofrezo unha casiña pe-quena para restaurar moi próxima a Ourense a cam-bio de traballos de albane-lería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543.Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + co-munidade. Tel. 637 00 59 10Necesítase mozo ou señor responsable para compar-tir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10.Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28.

Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saú-de da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524.Alúganse oficinas en Pro-greso, unha amoblada, to-das exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10.Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acon-dicionado, 25 m2, econó-mico. Tel.634 950 659.Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ouren-se. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543.

etc. Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp)Vendo Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Tel. 988 460 576Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche cen-tralizado. 8000 euros. Tel. 988 460 576Vendo Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regula-dor velocidade, todos os extras. 7000 euros. Tel. 988 460 576Vendo Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Tel. 988 460 576Vendo Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, to-dos os extras. 3900 euros. Tel. 988 460 576Vendo Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económi-co. Tlf: 640 378 300.Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147.

Page 24: Maio de 2016 - Ourense por Barrios

OURENSE POR BarriosMaio de 2016