Setembro - Ourense por Barrios

24
Número: 9- Ano: XIV - Setembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 22 CIDADE Páx.5 OCIO Páx.20 O COB estréase este venres na Liga, recibindo ao Melilla Comezou o curso escolar para 30.995 estudantes Prevese que a final de ano rematen as obras da depuradora O Auditorio ofrece máis de 60 eventos ata final de ano SOCIEDADE Páx.12 Jesús Vázquez fai balance dos seus primeiros 100 días A Xunta, a través das consellerías de Medio Ambiente e de Cultura, executará melloras en ambas infraestruturas./P.LODEIRO. [Páx. 4] Mantemento para a ponte Romana e a do Milenio Entrevista á presidenta da A.VV. Covadonga [Páx. 9]

description

As obras de mellora e mantemento das pontes Romana e do Milenio, na portada de Ourense por Barrios de setembro. No interior recollemos o balance dos 100 días de novo goberno no Concello de Ourense.

Transcript of Setembro - Ourense por Barrios

Page 1: Setembro - Ourense por Barrios

Número: 9- Ano: XIV - Setembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 22CIDADE Páx.5 OCIO Páx.20

O COB estréase este venres na Liga, recibindo ao Melilla

Comezou o curso escolar para 30.995 estudantes

Prevese que a final de ano rematen as obras da depuradora

O Auditorio ofrece máis de 60 eventos ata final de ano

SOCIEDADE Páx.12

Jesús Vázquez fai balance dos seus primeiros 100 días

A Xunta, a través das consellerías de Medio Ambiente e de Cultura, executará melloras en ambas infraestruturas./P.LODEIRO.

[Páx. 4]

Mantemento para a ponte Romana e a do Milenio

Entrevista á presidenta da

A.VV. Covadonga [Páx. 9]

Page 2: Setembro - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSSetembro de �015

TEMA DO MES: BALANCE 100 DÍAS

Jesús Vázquez saca peito 4 O alcalde, acompañado dos seus nove edís, fixo un repa-so polos logros e compromisos adquiridos destes tres primei-ros meses á fronte do Concello de Ourense.

Paula Lodeiro

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, compare-ceu ante os medios de co-municación, acompañado de todo o seu equipo de goberno, para facer balan-ce dos primeiros 100 días de goberno.

No seu discurso, o po-pular repetiu conceptos xa ben coñecidos nestes meses: a súa intención de devolver a “normalidade” ao Concello de Ourense e a “ilusión” á cidade, e a súa vontade de diálogo e de chegar a puntos de en-contro coa oposición. Así, subliñou que houbo “con-tactos asiduos” cos demais grupos.

Jesús Vázquez tamén recalcou que nestes 100 días as súas actuacións ba-seáronse “na defensa dos intereses dos nosos veci-ños por riba de intereses particulares ou de parti-do”. Asemade, resaltou que o seu é un goberno “unido” e non “un reino de taifas” en referencia á an-terior etapa e agradeceu a dedicación e o traballo “de

sete días á semana” do seu equipo de goberno.

AforroO aforro foi outros dos

eixos que quixo destacar neste balance, e así, refe-riuse aos 800.000 euros de aforro para o Concello que supón o novo equipo de goberno con respecto ao que custaba o anterior

mandato no seu inicio. Nesta liña, Jesús Vázquez anunciou un Plan de Re-estruturación de Edificios Municipais que permi-tirá economizar outros 600.000 euros.

Logros e desbloqueo de asuntos pendentes

En canto aos logros destas primeiras semanas,

Jesús Vázquez citou a creación dun albergue de peregrinos, o compromiso de ampliación da Escola de Idiomas, a consecución dun obradoiro de empre-go, o reforzo no servizo de Axuda no Fogar, un Punto de Atención ao Emprende-dor, ou os convenios con diferentes departamentos da Xunta para mellorar a sinalización das zonas ter-mais e para remodelar o anexo do Pavillón dos Re-medios. O alcalde tamén se “adxudicou” proxectos que viñan do anterior man-dato, como a consecución de 3,5 millóns de euros para a Praza de Abastos ou o investimento por parte da Xunta dun millón de euros para a posta en valor da ponte Romana.

No tocante a iniciati-vas de xestión diaria, o dirixente destacou o plan de choque de limpeza en todos os barrios e o plan de arranxo de desperfec-tos, desbroce de camiños e reparación de baldosas e bacheos. “Non podemos ir máis rápido por falta de dispoñibilidade económi-

Ourense en Común ve continuismo

Continuismo, política partidista e electoralista e pouca participación fo-ron as principais críticas que fixo Ourense en Co-mún da xestión do grupo de goberno popular.

O edil Miguel Doval dixo que o PP fai unha po-lítica “claramente parti-dista e electoralista”. “Que presuman da colaboración doutras administracións denota que a cidadanía está en segundo termo; esas mesmas administra-cións fai catro días non aparecían”, engadiu.

Ademais, apenas nota “diferenzas” entre o pa-sado e o presente, entre o anterior goberno do PSOE

e este do PP. Nesa liña, o seu compañeiro Martiño X. Vázquez, apuntou que os 100 días do actual equi-po de goberno evidencian o mantemento “de vellas formas de facer política”, e cuestionou a política de “man tendida” do alcalde: “o que se fai é tomar deci-sións de maneira unilate-ral”. Na mesma idea afon-daba Doval: “creo que o PP ten un complexo de maioría absoluta, de pensar que isto é o seu reino e pode facer o que quere”. “As formas e intereses do actual equipo de goberno quedaron en evidencia cando promo-veron sen consenso unha modificación de crédito que mantiña as prioridades de gasto lonxe da xente do co-mún”, explicaron.

Para Democracia Ourensana, 100 días marcados pola “mediocridade”

O portavoz de Demo-cracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, cualifi-cou de “mediocridade”e “máis do mesmo” os pri-meiros 100 días de go-berno do PP no Concello de Ourense.

O líder de DO ve “pouca diferenza” do goberno de Jesús Váz-quez coa etapa anterior, e con respecto aos logros presentados polo alcalde defíneos como “propa-ganda”. “Aínda non fixo nada, por pór un exem-plo, o que se ve máis, os colectores, están igual que antes”, dixo.

Para o PSOE, só “márketing político”

Para o voceiro do PSOE, José Ángel Váz-quez Barquero, nestes tres meses o Goberno municipal popular e o al-calde estiveron instalados “no márketing político, na viaxe institucional de aquí a Madrid e de Ma-drid aquí, na apropiación dos proxectos do anterior goberno e na claudica-ción fronte aos intereses políticos do PP, esque-cendo en todo momento os intereses da cidade e dos veciños”. Desta ma-neira Vázquez Barquero definía unha etapa que para el deixa claro “que o actual alcalde nin ten proxecto de cidade nin

ten o liderazgo suficiente dentro e fóra do seu parti-do para afrontar os grandes retos da nosa cidade”.

Barquero tamén acusou a Jesús Vázquez de “apro-piarse” dos proxectos e iniciativas do anterior Goberno municipal, coma a instalación do ascensor e do novo pavimento da Praza de Abastos nº1, a consecución da subven-ción do 1,5% Cultural, as axudas a colectivos sociais e para libros, material es-colar e comedor, ou o Plan de Emprego coa Cámara de Comercio “xa anuncia-do por min mesmo na pri-mavera pasada”, apuntaba o político socialista.

E criticoulle ao rexedor que non rematara aínda proxectos iniciados polo

Goberno socialista, como a apertura de La Molinera ou da Praza de Abastos da Ponte, a aprobación da or-denanza de veladores, ou o concurso para arranxar os contedores soterrados.

As críticas esténden-se á “suposta volta á normalidade da vida municipal”, pois, para Barquero, “o principal elemento perturbador no pasado era o voceiro do PP, Rosendo Fernán-dez”. Tamén sobre quen é o valedor do diálogo na corporación ourensá. “Se neste mandato existe diá-logo é grazas á actitude dos diferentes grupos da oposición e non é mérito dun goberno que só dia-loga cando lle convén”, afirmou o socialista.

ca”, apuntou. No que se refire ao des-

bloqueo de asuntos pen-dentes, o político popular salientou a aprobación do Plan Especial de Seixal-bo, a reclamación xudicial de Proavia, a activación dunha ducia de concursos públicos, entre eles o do transporte urbano, a ins-talación dun ascensor na Praza de Abastos, a adxu-dicación da obra de co-nexión entre as rúas Fran-cisco Llorens e Velázquez, ou a contratación en tempo do alumeado de Nadal.

Cooperación institu-cional

Jesús Vázquez recoñe-ceu que nesta etapa houbo “moitísimo apoio institu-cional por parte doutras administracións”. Neste sentido, citou os acordos coa Confederación Hidro-gráfica para limpar os cau-ces dos ríos que pasan pola cidade; co Goberno central para impulsar a integra-ción da alta velocidade e a estación intermodal, ou obras como a Circunvala-ción Norte, a reforma da Praza de Abastos nº1 ou o arranxo da ponte de Taras-cón; coa Xunta de Galicia, que prometeu fondos para a ponte Romana, albergue de peregrinos, ampliación da EOI ou reforzo do ser-vizo de Axuda no Fogar; e coa Deputación, que por primeira vez inclúe a

Ourense nos plans provin-ciais e volve cofinanciar o Festival de Cine.

Proxectos pendentesCon respecto ás críticas

feitas polo PSOE sobre os proxectos que siguen pen-dentes na cidade, o alcalde defendeu que o seu gober-no está a traballar en abrir espazos como a Praza de Abastos da Ponte ou a Molinera, pero non o que-re facer de calquera xeito. “Aperturouse o Espazo Lusquiños (polo anterior goberno) e non tiña inter-net”, puxo de exemplo.

Os socialistas tamén o acusaran de “turismo ins-titucional” por realizar visitas a outras adminis-tracións e el reprochoulles que durante a etapa ante-rior –cando el era conse-lleiro de Educación e Cul-tura e o PSOE gobernaba na cidade- non se dirixiran a el para pedirlle a súa axu-da. “Só dúas veces veu a concelleira de Cultura Ana (Garrido) a falar conmigo, e o Pórtico do Paraíso foi o único tema”, dixo.

Proxectos de futuroDe cara ao futuro, o man-

datario citou a aprobación do PXOM, a implantación do transporte metropolita-no, a integración ferrovia-ria e a estación intermodal, ou a aposta polo termalis-mo como eixos fundamen-tais do seu mandato.

4A VALORACIÓN DA OPOSICIÓN

O alcalde, na rolda de valoración dos 100 días./P.L.

O rexedor anunciou un Plan de Reestruturación de Edificios Municipais que permitirá economizar 600.000 euros

Page 3: Setembro - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSSetembro de �015

TEMA DO MES: URBANISMO

P.L.

O Concello de Ourense defenderá a constitucio-nalidade do artículo 96 da LOUGA que permitiu aprobar as normas urba-nísticas transitorias, únicas vixentes na actualidade na cidade.

A sala do Contencioso-Administrativo do Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia, que debía de-liberar o pasado 17 de se-tembro sobre a legalidade das normas provisionais, pospuxo a súa decisión, ao ver unha posible incons-titucionalidade na Lei de Ordenación Urbanística galega por infración de varios artigos da Consti-tución, ao contradicir o establecido na Lei estatal do Solo. Así, requeriu ás partes -entre elas o Conce-llo de Ourense e o Minis-terio Fiscal- que nun prazo de 10 días alegaran “o que desexen sobre a pertinen-cia de plantexar cuestión de inconstitucionalidade respecto do artículo 96 da Lei 9/�00�, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural en Galicia, en canto que omite un trámite de información pública”.

A asesoría xurídica mu-nicipal presentará alega-

cións, avanzou o alcalde, defendendo “que esas normas provisionais eran perfectamente legais e conforme ao ordenamento xurídico”.

Jesús Vázquez non quixo ver coma “un balón de osíxeno” esta decisión do TSXG. Pero o certo é que esta circunstancia lle dá máis marxe de tempo ao Concello de Ourense para poder aprobar o seu novo planeamento. Unha aprobación que, para o rexedor, é primordial que se dea “canto antes”. “A obriga é sacar un plan xe-ral definitivo e que dea se-guridade xurídica a todos os inversores”, dixo, pero non quixo poñer prazos. Jesús Vázquez é conscien-te de que precisa contar coa oposición para sacar

O Concello de Ourense alegará para defender a legalidade das normas provisionais4 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quere analizar a posible inconstitucionalidade da Lei de Ordenación Urbanística galega en base á cal foron aprobadas.

A decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prodúcese xusto cando vén de publicarse o informe de alegacións do novo PXOM de Ourense. Na web municipal (ouren-se.gal) están xa colgadas as respostas do equipo re-dactor ás 5.755 alegacións presentadas na fase de exposición pública. Todas as alegacións de vivendas declaradas fóra de ordena-ción foron estimadas.

Coincide tamén coa pe-tición por parte de certos grupos políticos de que haxa unha segunda ex-posición pública do pla-neamento. Así, o BNG, que neste mandato non ten representación na cor-

poración ourensá, pediu á oposición que presenta-ra moción neste sentido. Quen recolleu o convite -mais sen facer referenza algunha á reivindicación dos nacionalistas- é Ouren-se en Común. A “marea” ourensá leva unha moción ao pleno do � de outubro reclamando unha exposi-ción pública.“Entendemos que despois das 6.000 alegacións presentadas o documento resultante non será o mesmo que o expos-to inicialmente, polo que é obrigada unha nova fase de alegacións públicas antes da súa aprobación defini-tiva”, afirman. Con todo, OUeC precisará do apoio dos outros dous grupos da

oposición (DO e PSOE) para que a súa petición saia adiante.

Desde o grupo de go-berno, o alcalde descarta unha segunda exposición pública. Jesús Vázquez pensa que a cidade “non pode caer na paralización total” e pídelle ao resto de grupos políticos “co-rresponsabilidade”. Re-corda que a aprobación do Plan Xeral requerirá “a implicación de toda a corporación” por canto é necesario maioría absolu-ta para darlle visto bo. En todo caso, o rexedor insis-te en que actúa “con total transparencia e legalidade e nesa marxe nos mante-remos”.

4 Resposta ás preto de 6.000 alegacións

Vista dunha parte da cidade./ARQUIVO.

adiante o novo planea-mento: “o PXOM require da aprobación pola maio-ría do pleno e polo tanto dunha negociación moi in-tensa con todos os grupos, é un traballo moi difícil de cuantificar en termos de tempo”. Con todo, agarda que este sexa unha realida-de antes de �017.

Valoración socialistaO PSOE considerou o

anuncio do TXG coma “un varapau” para a cidade “que pon nunha situación incómoda ao noso alcalde que foi un dos muñidores desta ordenación provisio-nal”, dixo o seu voceiro. Barquero referíase ao feito de que Jesús Vázquez era conselleiro cando a Xunta aprobou as normas transi-torias.

Esta circunstancia dalle máis marxe de tempo ao Concello para aprobar o PXOM

Page 4: Setembro - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSSetembro de �015

CIDADE

A Xunta asumirá traballos de conservación nas pontes Romana e do Milenio4 Neste 2015 as Consellerías de Medio Ambiente e de Cultura levaran a cabo melloras por importe de medio millón de euros na ponte Romana; en 2016 Medio Ambiente executará o mantemento da ponte do Milenio.

P.L. Dúas das pontes máis

recoñecidas da cidade - a Romana e a do Milenio - pasarán por chapa e pintu-ra en vindeiras datas.

Dunha banda, o que é un dos emblemas patri-moniais e monumentais de Ourense, a ponte Romana, será obxecto de traballos de conservación e mante-mento por parte da Conse-llería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria.

A primeira fase destes traballos (530.000 euros) será licitada antes de que finalice este ano, e cen-trarase na renovación da iluminación e da calzada, que realizará a Axencia Galega de Infraestruturas, e na retirada de canaliza-cións de auga e rehabili-tación do cuarto piar da

4A titularidade, o escollo

O voceiro do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero, explicou nun comunicado que o ante-rior Goberno socialista intentou varias veces que a Xunta de Galicia acometese os labores correspondentes de mantemento e limpe-za, sen recibir en nin-gún momento resposta. Barquero atribúe agora o acordo entre Xunta e Concello a un “uso par-tidista das institucións” por parte do PP.

Desde a súa inaugu-ración en �001, a ponte do Milenio estivo sen mantemento porque tanto Concello como Xunta negaban ser os titulares da infraestru-tura. O convenio para a súa construción sina-laba que a ponte sería mantida polo Concello, pero nunca houbo unha transferencia formal.

ponte, obras das que se encargará Cultura.

Tal e como explicou a conselleira de Medio Am-biente, Territorio e Infraes-truturas, Ethel Vázquez, os informes técnicos sinalan que o estado estrutural da Ponte Romana é bo, “pero son precisos traballos para que a súa conservación e mantemento sexan ópti-mos”, lembrando que a es-tes traballos se lle engaden os xa efectuados no mes de maio, consistentes na limpeza manual de vexe-tación do monumento.

A segunda fase, ata completar o millón de euros consignados neste acordo, centrarase na con-torna, incluíndo a zona da capela dos Remedios ou a retirada de sinais baixo a infraestruturan que afean a ponte Vella.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Ro-

dríguez, recalcou que con este acordo “ratificamos o compromiso do goberno autonómico con esta cida-de e cun dos seus emble-mas máis significativos, unha infraestrutura viva,

O delegado da Xunta en Ourense, o concelleiro de Urbanismo, a conselleira de Medio Ambiente, o alcalde de Ourense, o conselleiro de Cultura e o edil de Infraestruturas, na sinatura do convenio para arranxar a ponte Romana./P.LODEIRO.

Ben de Interés Cultural”.O alcalde de Ourense,

Jesús Vázquez, destacou que con este acordo “sen-tamos as bases da posta en valor dun dos grandes em-blemas da nosa cidade”. O Concello participará da actuación a través da co-misión de seguimento do convenio, e facilitando a execución das obras no ámbito das competencias municipais.

En 2016, mantemento para a ponte do Milenio

Ademais, o Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territo-rio e Infraestruturas sus-cribirán nos próximos días un convenio de colabora-

ción para acometer obras de mellora, mantemento e conservación da Ponte do Milenio durante �016.

Nun encontro coa titu-lar de Medio Ambiente en Santiago, o alcalde agra-deceu a responsabilidade e compromiso da conse-llería coa cidade e salien-tou a importancia destas obras, tendo en conta que están derivadas fundamen-talmente da falta de man-temento por parte do Con-cello nos últimos anos.

Pola súa banda, Ethel Vázquez, salientou que a intención do Goberno galego é executar o antes posible estes traballos, que estarán fundamentados nun proxecto que incluirá Vista da ponte do Milenio sobre o río Miño./ARQUIVO.

A ponte Romana verá renovada a súa calzada e iluminación

as obras necesarias para paliar a falta de mante-mento na ponte do Mile-nio nos últimos anos.

Page 5: Setembro - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSSetembro de �015

Redacción

A nova Estación Depu-radora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense per-mitirá tratar as augas utili-zadas por unha poboación próxima aos 355.000 habitantes/equivalentes, cumprindo as condicións de vertedura que esixen as Directivas Comunitarias. Así o anunciou a directora xeral da Auga do Ministe-rio de Agricultura, Alimen-tación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Liana Ar-diles, durante unha visita aos traballos que executa Acuaes en Reza.

Ardiles sinalou que a nova EDAR corrixirá os problemas estruturais e operativos que presenta a depuradora actual; en concreto, o elevado risco de sufrir inundacións así como a súa falta de capa-cidade. Ao mesmo tempo, unha vez construída a nova planta poderase cumplir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administra-tivo nº 1 de Ourense que obriga a demoler a actual infraestrutura.

Está previsto que as obras rematen a finais des-te ano, e a continuación iniciarase un período de probas de tres meses que dará paso a un período de posta en marcha dun ano.

Na actualidade, xa se executou o 100% das ci-mentacións e o 95% da obra civil dos grandes ele-mentos como os dixesto-

CIDADE

Prevese que a final de ano rematen as obras da depuradora 4 A continuación iniciarase un período de probas de tres me-ses que dará paso a un período de posta en marcha dun ano.

res, o pozo de auga bruta, o tratamento primario e os reactores biolóxicos.

Asemade, xestionouse a compra de practicamente o 100% dos equipos e ató-panse en fase de montaxe os tratamentos primario e biolóxico.

A actuación, que conta cun orzamento de 59,3 mi-llóns de euros, está finan-ciada polo MAGRAMA -a través de Acuaes, con axu-das do Fondo FEDER-, a Xunta de Galicia e o Con-cello de Ourense.

CaracterísticasA nova instalación terá

capacidade para tratar un caudal medio de 7�.19� metros cúbicos ao día, o triplo da capacidade da actual planta. Unha auga que, unha vez tratada, de-volverase ao río Miño nas

condicións axeitadas.A EDAR presenta un

deseño que cobre todas as superficies dos elementos do proceso, de maneira que todas as actividades realizaranse en recintos pechados, o que permitirá agrupar os tratamentos co mínimo movemento de lodos, evitando a emisión de cheiros e de ruídos ao exterior.

Na liña de auga, a EDAR contará co sistema de decantación lamelar compacta, que combina nun só tratamento a de-cantación primaria e o desareado-desengraxado, obtendo unha instalación con menor ocupación e diminuíndo as afeccións ambientais.

O uso das máis moder-nas tecnoloxías de depu-ración tamén permitirá

reducir a cantidade de biosólidos producidos, de maneira que se poidan valorizar os lodos para a súa aplicación agríco-la á vez que se reduce o consumo de reactivos. O resultado será unha ins-talación máis eficiente e cun menor custo de ex-plotación.

Unha vez entre en fun-cionamento, demoleran-se as actuais instalacións e procederase ao acondi-cionamento e revexeta-ción dos terreos nos que se sitúa.

A nova EDAR corrixirá os problemas estruturais e operativos da actual

Aspecto actual das obras de construción da nova EDAR en Reza./M.REJO.

Redacción

O Concello de Ourense e a Deputación Provin-cial manterán unha fluida colaboración institucio-nal na procura de mello-ras para a capital ouren-sá. Nunha xuntanza a comezos de setembro co alcalde, o presidente da Deputación comprome-teuse a achegar fondos para o Festival de Cine (35.000 euros neste ano e 50.000 euros en �016), a construcción das gradas para o campo de fútbol de Santa Cruz (10�.000 euros) e a incluír por primeira vez ao concello de Ourense, nos Plans de Obras Provinciais, (cunha partida de 5�.500 euros).

O apoio termal será outro dos eixos estratéxi-cos desta cooperación institucional, algo que se verá reflexado na mello-ra dos accesos ás Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira, obra que acometerá a Deputación Provincial; así como a inclusión dunha partida específica nos Orzamen-tos Municipais do Con-cello de Ourense para o ano �016, referida ao Plan Termal Provincial e destinada a ‘vilas e con-cellos termais’.

Concello e Deputa-ción colaborarán tamén na creación conxunta dun portal web cultural no que as axendas culturais de ambas as dúas institu-cións se unifiquen, co fin de evitar duplicidades e prestar unha mellor oferta cultural.

Tamén no eido cultural, o Concello de Ourense ce-derá á Deputación Provin-cial o uso dun edificio no Casco Histórico onde se centralizarán actividades lúdicas e culturais.

Oficina de turismoPor último, no que res-

pecta ao turismo, o Con-cello de Ourense integrará á Deputación de Ourense na Oficina Municipal de Turismo, co fin de abrir o abano turístico a toda a provincia, potenciando tamén a información de toda a provincia na propia cidade, complementando e completando deste xeito á oferta existente a día de hoxe.

O Concello e a Deputación executarán accións conxuntas na cidade4 Por primeira vez, a capi-tal recibirá 52.500 euros dos Plans Provinciais.

A Deputación financiará as gradas do campo de Santa Cruz e achegará 85.000 euros para o OUFF

Page 6: Setembro - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSSetembro de �015 CIDADE

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente presentará antes de que remate o ano un es-tudo de tráficos e de cus-tos económicos do Plan de Transporte Metropolitano da área de Ourense.

A directora xeral de Mo-bilidade, Helena de Lucas, informou aos responsables municipais de Ourense, Amoeiro, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Coles, Punxín e Toén, dos avan-ces e das actuacións pre-vistas para facer posible a posta en marcha do plan

de transporte público. Nunha vindeira xuntan-

za a Consellería presentará unha proposta de convenio que recollerá as achegas económicas que lle co-rresponden a cada conce-llo, así como á Xunta, que

Un estudo analizará os tráficos e custos do transporte metropolitano4 Medio Ambiente quere pre-sentalo antes de final de ano.

asume o 80% das bonifi-cacións que se aplicarán aos usuarios.

Postura de OurenseA respecto desta cues-

tión, o voceiro do Go-berno local de Ourense, Pepe Araújo, expresou a “máxima colaboración” do seu goberno coa Ad-ministración autonómica e puntualizou que “non vai ser o Concello de Ourense o que poña in-convenientes”. Con todo, o edil apuntou a que o éxito do plan depende tamén do resto de mu-nicipios implicados, “se están dispostos a asumir eses gastos”.

Parada de bus na capital./P.LODEIRO

4 Coordinación con HADO

Os servizos de Urxen-cias e Hospitalización a Domicilio (HADO) potenciarán a súa co-ordinación traballando en rede. Así o acordou a Xerencia do CHUO como vía para garantir tanto a continuidade de coidados a domici-lio, como mellorar a atención urxente que se presta aos grupos po-boacionais mais depen-dentes deste servizo, os pacientes crónicos e an-ciáns, que en Ourense constitúen mais do �0% do total de atencións en Urxencias.

O doutor Ildefonso Cejudo, responsable de HADO desde fai catro anos e con ampla ex-periencia en Urxencias, será o encargado de co-ordinar as dúas áreas.

As Urxencias incorporan unha sala de diagnóstico4 Con críticas por parte da Comisión de Centro.

Redacción

O espazo asistencial do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario ampliouse coa construción dunha Sala de Diagnóstico e Tratamento, de máis de 180 metros cadrados, con capacidade para �7 pacientes. A Xerencia re-converteu para uso asis-tencial espazos de uso administrativo e de alma-cén, dando así resposta ao déficit de espazo que este servizo tiña desde a súa construción.

Desde a Comisión de Centro xa denunciaron as carencias desta sala. A

xuízo dos profesionais sani-tarios, as características da sala non permitirán “traba-llar con seguridade ante cal-quera urxencia”, explicaba a presidente da Comisión, Asunción Maus. Refírense en particular a que o espazo entre camas redúcese a 1,05 m (antes era de 1,�0 m), á ausencia de timbres para que os usuarios poidan avi-sar aos enfermeiros e a que desde o posto de enfermaría “non temos control visual de todos os pacientes”. A existencia dun só baño para toda a sala e a falta de ventilación (as ventás están pechadas) son outros dos inconvenientes do novo es-pazo.

Con capacidade para 27 pacientes

Page 7: Setembro - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSSetembro de �015BARRIOS

EN BREVE

4 Conexión das rúas Francisco Lloréns e Velázquez

A Xunta de Gober-no Local do Concello de Ourense adxudicou, mediante procedemento negociado sen publici-dade, o proxecto de ur-banización da conexión de Francisco Lloréns coa rúa Velázquez, que-mellorará o acceso do tráfico ao edificio xudi-cial e ao futuro centro de saúde do Couto.

A contratación deste proxecto é para a ofer-ta presentada por Obras y Saneamientos Gali-cia S.L., por importe de 180.0�3 euros, por tratarse da oferta eco-nómica máis vantaxosa, conforme aos criterios do prego de condicións e ao procedemento de negociación. Tamén se-gundo o prego, as obras deberán quedar totalente rematadas no prazo de tres meses.

4 Urbanización das vivendas de Covadonga

A Xunta de Gober-no Local do Concello de Ourense aprobou a recepción das obras de urbanización corres-pondentes ao AR 13-N “Covadonga”, isto é, á contorna das 5� viven-das de promoción públi-ca deste barrio. A Xunta de Goberno entende que as obras se executaron segundo as condicións fixadas no seu día e que están en correcto estado de conservación.

A partir de agora, ábrese un prazo de garantía dun ano durante o que lle co-rresponderán ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as obrigas de conserva-ción, mantemento e repa-ración das obras. Tamén se lle require ao IGVS a constitución de garantía por importe de �7.500 euros para avalar o cum-primento destas obrigas.

Solicitan melloras no peche da cancha xunto a estación de autobuses4 Responde a unha demanda dos usuarios do novo parque infantil do barrio.

Redacción

Recollendo a petición das veciñas e veciños que levan aos cativos ao recén reformado “Par-que Infantil As Termas”, a Asociación Veciñal As Termas presentou por rexistro no Concello unha solicitude de arranxo do peche metálico da can-cha polideportiva do ba-rrio. A problemática re-side no deficiente estado de mantemento do arame así como a súa escasa altura. Este feito provo-ca que polas tardes, nos momentos que máis uso teñen ambos espazos,

sexan numerosos os ba-lóns que se “coan” no par-que infantil, causando ma-lestar entre as persoas que alí se atopan pola situación de perigo que xera.

Dende a asociación ve-ciñal sinalan que tan im-portante como crear novos espazos é manter os que xa existen en axeitadas condi-cións para o seu uso.

Estado do peche metálico da cancha polideportiva.

4 Día dos maiores no centro cívico da Ponte

A Concellería de Asuntos Sociais celebra o ‘Día Internacional das Persoas de Idade’, que terá lugar o 1 de outu-bro, cunha actividade de teatro no centro cívico da Ponte, ás 18 horas.

A actividade consis-tirá nun contacontos no que participarán mem-bros do grupo Aturuxo de teatro de maiores, e unha das monitoras do obradoiro, de Sarabela, así como menores que acoden ao centro cívico.

Por outro lado, Asun-tos Sociais iniciará a vindeira semana tres cursos de alfabetización dixital do Programa de Minorías Étnicas nos centros cívicos da Ponte e da Cuña, e o Programa de apoio socio educativo na escola nos colexios Prácticas-Anexa, Irmáns Villar e Mariñamansa.

Page 8: Setembro - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSSetembro de �015

A VALENZÁ

Redacción

O Concello de Barba-dás destinará 10.000 euros para axudas de emerxen-cia logo dunha modifi-cación orzamentaria que se levou a aprobación no pleno de setembro.

Como explicou o te-nente alcalde, o naciona-lista Xosé Manoel Fírvi-da, unha das prioridades do goberno “é prestar axuda ás familias máis castigadas pola crise, que non poden facer fronte aos alugueres, aos reci-bos de luz e de auga ou á alimentación básica”.

O trasvase destes fon-

dos faise pola rebaixa das retribucións do equipo de goberno -8.000 euros- e pola deducción dos gastos de protocolo e do custo dos órganos de goberno -�.000 euros-.

Asemade, Fírvida adian-tou que nos orzamentos de �016 incrementaranse os cartos dedicados a estas axudas con respecto ao consignado polo anterior goberno popular, “que dun orzamento de máis de 5 millóns de euros só destinou 9.000 euros para todo o exercicio econó-mico, unha cantidade to-talmente insuficiente”, denuncia.

Barbadás destina 10.000 euros a emerxencia social4 Aproba en pleno unha mo-dificación orzamentaria.

O Goberno de Barbadás publica o seu patrimonio

Piden a instalación de mamparas no viaduto da A-52O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, remitiu unha petición ao Ministerio

de Fomento “para que proceda á instalación de pantallas acústicas no viaducto da Va-lenzá”, co obxecto de “mitigar o ruído producido polos vehículos”.

O Concello aínda non recibiu unha resposta formal, pero o Goberno do Estado xa rexeitara unha alegación presentada polo PSOE neste sentido, na que se pedía un in-vestimento de ao redor de 300.000 euros procedentes dos orzamentos estatais.

Esta alegación formaba parte das 59 emendas presentadas polos socialistas no Con-greso para a provincia de Ourense aos orzamentos xerais do Estado, as cales foron rexeitadas. Non obstante, o rexedor de Barbadás agarda que Fomento “teña en conta esta necesidade plantexada dende un dos concellos con máis pobación da provincia”.

Redacción

O Goberno municipal de Barbadás vén de publi-car os seus datos patrimo-niais na web www.barba-das.es. Están dispoñibles para a súa consulta datos relativos ás actividades profesionais, vehículos, contas bancarias, bens in-mobles e pasivo, dos cin-co concelleiros do PSdeG (Xosé Carlos Valcárcel -alcalde-; Victoria Moren-za; Marga Pérez; Rafael

Sierra e Adrián Varela), e dos tres do BNG (Xosé Manoel Fírvida -tenente alcalde-; Ánxela González e Serafín Núñez).

O rexedor explicou esta medida porque “para o go-berno de Barbadás é funda-mental a transparencia na vida política”.

A información aparece na web municipal, no epí-grafe Información de inte-rese-Organización Munici-pal- Datos patrimoniais do grupo de goberno.

O viaduto pasa moi próximo a numerosas vivendas da Valenzá.

Os nenos de Barbadás estrean biblioteca infantilO pasado venres 18 de setembro os nenos de Barbadás inauguraron o novo espazo

da Casa da Cultura, a biblioteca infantil.A concelleira de Cultura, Ánxela González, destacou que era “unha vella reivindi-

cación da poboación infantil” e resaltou que se “trata dun espazo pensado e deseñado para os máis pequenos e cuxo obxectivo é que os nenos lean, desenvolvan a súa crea-tividade e participen en obradoiros. Un espazo activo e de participación e xogo”.

Asemade, adiantou que a partir de outubro comezará a abrir os sábados, de 10 a 13 horas, para a realización de obradoiros.

Numerosos nenos acudiron á inauguración da biblioteca infantil de Barbadás.

EN BREVE

4 Cine galego na Casa da Cultura

A Concellaría de Cul-tura de Barbadás orga-nizará durante o mes de outubro a “I Mostra de Cinema galego: Na Lem-branza”. Todos os venres ás �1 horas, do � ao 30 deste mes, proxectaran-se no Auditorio da Casa da Cultura diferentes fil-mes.

Así, o día � é o turno de “Sempre Xonxa”, o 9 de “O Bosque Animado”, o 16 de “Entre bateas”, o �3 de “Ilegal” e o 30 pé-chase o ciclo con “Trece badaladas”.

A entrada é de balde, previa recollida das invi-tacións na Casa da Cultu-ra, ata completar aforo.

4“Tempos de Mu-lleres” en Barbadás

A Concellería de Igual-dade iniciou unha serie de actividades dirixidas ás mulleres e encamiña-das a avanzar na igual-dade de oportunidades, que se engloban dentro do proxecto denominado “Tempos de Mulleres”.

A edil Ánxela Gonzá-lez convidou ás mulle-res de Barbadás a que reserven un domingo ao mes para si mesmas e se acheguen ás instalacións municipais do Parque da Solaina onde se levarán a cabo diferentes activida-des, que son todas gra-tuítas.

Dentro do programa, que arrancou o �7 de se-tembro cun cine-fórum, atopamos un clube de lectura en outubro, unha charla-coloquio en no-vembro e un obradoiro sobre sexualidade en de-cembro.

Page 9: Setembro - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOS Setembro de �015BARRIOS

Silvia Nieto

Ten 88 anos, foi alcaldesa pe-dánea de Covadonga entre 1977 e 1987, e presidenta da asocia-ción de veciños dende entón. Ademais, lidera o colectivo de mulleres rurais da zona. Falamos cuns dos iconos da representa-ción veciñal ourensá, Esperan-za Martín, que nos detallou as melloras que viviu Covadonga dende os anos 50, rompe co falso mito de que é un barrio conflitivo e mostrános o gran orgullo que sente polo lugar que a adoptou cando chegou sendo moi nova dende Madrid co seu home e dous fillos.

Non será de Ourense, pero asegúrolles que non se nota. Co-ñecemos Covadonga a través da que sempre será a súa alcaldesa.

Cando se fundou a AVV Vir-xe de Covadonga?

Esperanza Martín: “En1987, cando quitaron os alcaldes pedá-neos e fixeron as asociacións”.

E dende o principio foi a súa presidenta.

E.M.: “Si, sempre estiven á fronte, salvo dous anos. Cando comecei a presidir a Asociación de Mulleres Rurais Xesta deixei a AVV, pero aos dous anos vol-vín collela”.

Canto mellorou o barrio nes-tas décadas?

E.M.: “Nos 10 anos que es-tiven de alcaldesa foi cando se fixo todo no barrio, logo só se solucionaron cousas pequenas. Pero cando eu estiven foi cando se instalaron os sumidoiros, luz, auga, firme... porque careciamos de todo. Como non tiñamos moi-tos recursos déronnos estas ca-sas, a primeira fase entregouse en 1957, e acá nos deixaron.

Coa segunda fase tiñamos as mesmas precariadades, porque facían as casas pero non mellora-ron rúas, nin abastecemento, nin nada. Tiñamos a auga por medio de dous depósitos que estaban sempre estropeados.

Eu cheguei dende Madrid co meu marido, tiñamos dous nenos pequenos e tivemos que meter-nos acá. Daquela eu seguía indo

ata alá porque tiña familia e unha vez á volta dixéronme que nos querían cobrar de máis na luz, unha cantidade que non se gas-tara.

Eladio Diz, que era edil, foi o que me dixo que baixara á Tro-ya cun grupo de persoas para comezar a traballar polo barrio. O alcalde e o gobernador paga-ran a luz pública, e cobrábannos 120.000 pesetas de máis. Ao final cobraronnolo e non conseguimos que nolo devolveran.

Daquela había un alcalde pe-dáneo, o señor José, e a nós non nos valía o trato que nos ofrecía, entón o alcalde decidiu nomeaar a outro. E Eladio propúxome a min.

Fixéronse as votacións e saín elixida cunha ampla maioría. E dende entón collín o barrio, pero non só Covadonga, senón tamén Eiroás, Montarín e Guizamonde. Que en Eiroás estaban tamén sen luz, sumidoiros e auga. Todo iso foise facendo nos meus 10 anos de alcaldesa, porque tiñan as mes-mas carencias que Covadonga.

E hoxe o barrio non ten nada que envexarlle a ningún. Estamos moi ben, temos servizo de auto-bús, gardería, colexio novo, as ca-sas están moi valoradas e dende acá tes unhas vistas impresionan-

tes de Ourense. Nos parques es-tase de maravilla, e nun hai unha cancha para xogar os rapaces ao fútbol. Claro que faltan cousas, e sempre queremos mellorar, pero estamos moi ben.

E se dalgo estou orgullosa é que cando temos cursos os moni-tores veñen con medo pola fama que ten o barrio, pero logo cando rematan todos queren volver ao ano seguinte. Porque os tratamos moi ben. Colleu a fama, pero acá nunca houbo problemas. A xente fala sen coñecer o barrio”.

Como ten sido a resposta das autoridades ás súas deman-das?

E.M.: “Co alcalde que mar-chou (Agustín Fernández) só puidemos falar un día, e porque lle conviña a el.

Eu conseguín que Industria mandase diñeiro para soterrar os cables de alta tensión, que están á altura da man. Déronnos 175.000 euros e o Concello só tiña que pór 30.000. Pero veu o diñeiro e Agustín devolveuno. Entón tiñamos unha entrevis-ta pedida e non nola concedeu. Pasados uns días chamaron do Concello para dicir que ía vir, eu pensando que quería falar cos veciños, pero só se quixo reunir

coa directiva da asociación. Veu el, Penín e María Devesa e pe-dímoslle explicacións. Dixo que non lle chegou o tempo para usar o diñeiro, polo que eu esixinlle que pedira unha prórroga como fixo noutras ocasións. El prome-teu que ao ano seguinte o mete-ría nos orzamentos do Concello, e non houbo nada ata agora. Moi boas palabras, pero logo ningún feito. E pedimos varias citas pero nunca nos quixo atender, sabía por que era.

Ca única persoa que podiamos falar e que sempre se achegaba a coñecer os nosos problemas era María Devesa. É moi atenta, dia-logante, e sei que non fixo máis porque non podía, non estaba na súa man, pero sempre puidemos contar con ela.

Cando facemos comidas convi-damos a todos, e María veu sem-pre moi contenta. Pero do resto de políticos non se salva ningún”.

E xa se reuniu co novo alcal-de?

E.M.: “Si, e pedímoslle varias cousas que precisamos. De feito, puxeron uns bancos acá de ma-deira que tiñan resina e estropeá-ronlle os pantalóns á xente. E ao día seguinte de dicirllo a el xa os viñeron recoller e trouxéronno-

los de volta como novos. Tamén lle pedimos outras cousas que necesita o barrio e xa viñeron os técnicos do Concello para empe-zar a solucionalas”.

Pode comentarnos algunha desas demandas?

E.M.: “Por exemplo, no par-que infantil hai un oco que está baleiro, e nese espazo collen un ou dous xogos máis. E a meta-de estaba pechado cuns bloques e a outra con madeira. Polo que van tirar todo iso e unilo como é debido, e van poñer un par de xogos máis.

Ademais, as raices das árbores están levantando a rúa e vanas cortar. Tamén necesitamos que pinten as paradas de autobús porque aparcan os coches por-que non está sinalizado. E van renovar unha varanda que lle pedimos.

Pero acaban de entrar e xa es-tán facendo cousas. Iremos pe-dindo melloras pouco a pouco, para que non se esquezan. Pero eles saben que se se pide é por-que se necesita. Pero o máis importante é que nos escoita, é dialogante”.

Teñen algún problema que

leve moito tempo sen resolver?E.M.: “Tiñan previsto facer

unha igrexa acá. Houbo un acor-do entre o Bispado e a Xunta, o primeiro encargábase de facer a igrexa e a Xunta de facer máis vivendas, que son as que están re-matadas pero aínda sen entregar, que non sei cando as pensan dar.

Pero da igrexa nada, de feito din que van facer unha capela, e iso si que non, isto ten que ser para a parroquia porque temos o cupo suficiente. Vou ir falar co delegado do Goberno e co bispo para ver que pasa con iso, porque está pedido dende que eu era a alcaldesa.

Tamén temos problemas por-que caeu unha parte do muro dunha finca fai máis de tres anos. Os técnicos dixeron que era peri-goso e só teñen que averiguar de quen é propiedade para mandarlla pechar en condicións, pero nada. Ata que haxa unha desgraza...”.

Que actividades organiza a asociación?

E.M.: “Temos cursos de todo tipo: mimbre, estaño, encaixe de Camariñas, manualidades, punto de cruz, informática, baile, xim-nasia de mantemento... Xa non sei que máis pedir. Todo o que podo traer, eu traio. E os veciños responden moi ben.

Tamén celebramos festa polo Día do Socio, cunha comida na que nos xuntamos 60 ou 70 per-soas; e o Día do Pai”.

ENTREVISTA A ESPERANZA MARTÍN - PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRXE DE COVADONGA

“Hoxe o barrio de Covadonga non ten nada que envexarlle a ningún outro”

4 Falamos coa presidenta da asociación de veciños Virxe de Covadonga, Esperanza Martín, que leva 40 anos pelexando polo seu barrio.

Esperanza (segunda pola dereita), xunto a outros membros da directiva da AVV Virxe de Covadonga./R.T.

“Acaban de entrar e xa están facendo cousas. Eles saben que se se pide é porque se necesita. Pero o máis importante é que nos escoita, é dialogante”, así opina Esperanza do novo Goberno municipal popular e de Jesús Vázquez

Page 10: Setembro - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSSetembro de �015 ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Redacción

O Concello de Ourense reforzará o apoio ao co-mercio local para a próxi-ma campaña de Nadal, colaborando estreitamente coas diferentes asocia-cións do sector. Durante a xuntanza da Mesa do Comercio Local, o alcalde Jesús Vázquez, trasladou ás asociacións da cida-de a vontade do Goberno municipal de prestar o seu apoio ao comercio local nestas festas estratéxicas para a súa actividade.

A Administración lo-cal quere pór en marcha diferentes medidas de apoio, como un reforzo da iluminación navideña, incrementando sensible-mente o número de arcos e zonas iluminadas. O pro-cedemento para contratar este alumeado xa está en marcha. Tamén quere de-senvolver unha campaña de promoción do comer-cio local, que incentive o consumo nos establece-mentos comerciais da ci-

dade. Ademais, elaborará un programa de activida-des culturais, de lecer e dinamización dos barrios que contribúan a estimu-lar o ambiente festivo. E finalmente, implicarase de maneira directa en activi-dades como o concurso de escaparates que organiza a Cámara de Comercio.

O rexedor convidou ex-presamente ás asociacións do sector a presentar as súas propostas e coordi-nar accións, integrándoas dentro da programación de Nadal do Concello para

acadar os mellores resul-tados.

Na reunión da Mesa do Comercio Local partici-paron, ademais de Váz-quez, a concelleira de Comercio, Ana Morenza, e técnicos desta área mu-nicipal, ademais de re-presentantes da Cámara de Comercio, Asociación de Mulleres Empresa-rias, e as asociacións de comerciantes Praza de Abastos número 1, Río Mao, Couto e Norte. En novembro haberá unha nova xuntanza.

O Concello xa prepara a campaña de Nadal4 Destinará 84.000 euros á iluminación.

Reunión da Mesa do Comercio Local.

Comprar no comercio local volve ter premio4 Unha nova campaña da Federación de Comer-cio repartirá 4.000 euros en tarxetas regalo.

Redacción

Volve un clásico por estas datas: a oitava cam-paña “As compras na túa vila teñen premio”. Unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Ourense que repartirá �.000 euros en tarxetas regalo entre os clientes do noso comercio local. A iniciativa sorteará cin-co tarxetas de 300 euros e outras �5 de 100 euros cada unha, que deberán gastarse de novo nos es-tablecementos da cidade.

Os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Ouren-se poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada no Paseo ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da ci-dade, que lles entregarán boletos de participación no sorteo. Este terá lugar o venres 9 de outubro, ás �0 horas, nunha carpa

A directora xeral de Comercio entre os presidentes da Fe-deración de Comercio de Ourense e da Federación Galega e os representantes de Abanca e Grupo Femxa./P.LODEIRO.

ubicada na praza Eugenio Montes. O sorteo será pre-sencial e realizarase tantas veces sexan necesarias ata que aparezan os 30 pre-miados.

Incentivar as comprasO presidente da Fede-

ración de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, destacou que esta é unha das campañas de máis éxito, mentres que o presi-dente da Federación Gale-

ga, José María Seijas, vea como un incentivo ao con-sumo nunha cidade onde, dixo, “o comercio está vivo”. Nesa liña, a direc-tora xeral de Comercio, Sol Vázquez, afirmou que “to-dos gañamos” con esta ini-ciativa: “os consumidores, que teñen a oportunidade do sorteo; os comerciantes, porque ven incentivadas as súas vendas, e logo o pre-mio repercutirá de novo no comercio”.

Page 11: Setembro - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSSetembro de �015

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

P. Lodeiro

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o conce-lleiro de Promoción Eco-nómica e Emprego, Jorge Pumar, e o presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada Rúa, presentaron o Programa Local de Apoio ao Em-prego.

O programa ofrece a un máximo de 15 de-sempregados un curso de márketing empresarial de 60 horas. Os partici-pantes recibirán asemade un servizo profesional de orientación laboral e coaching de 10 horas. O edil de Promoción Eco-nómica, Jorge Pumar, explicou que o programa ten o compromiso de inserción laboral “dun mínimo do �5%” dos asistentes. Ademais, be-caranse con 1.550 euros aqueles proxectos presen-tados polos participantes que culminen cunha alta como autónomo ou coa creación dunha empresa.

O Programa Local de Apoio ao Emprego cul-

minará o �0 de outubro coa celebración da I Feira do Emprendedor. Os pro-motores agardan reunir no antigo Banco de España a unhas 300 persoas, que po-derán asistir a conferencias de expertos, actividades e talleres, e a mesas redon-das nas que se darán a co-ñecer experiencias de éxito por parte de novos empre-sarios. Un espazo networ-king, stands de emprende-

dores e institucionais e unha consultoría express para resolver as dúbidas dos asistentes son outros dos servizos que se ofre-cerán nesta feira.

Este programa está subvencionado polo Fon-do Social Europeo, que achega o 80% do orza-mento, que ascende a 105.900 euros. O Conce-llo de Ourense financia o �0% restante.

EN BREVE

P L.

O presidente do Inor-de, Rosendo Fernández, e o presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, pre-sentaron o cuarto progra-ma de creación e conso-lidación de empresas que desenvolverán ambos or-ganismos en colaboración coa Fundación Incyde.

Enmarcado no Plan “Transforma Ourense”, o programa ten como obxectivo proporcionar a emprendedores e empre-sarios unha visión global das distintas áreas funcio-nais da empresa co fin de determinar oportunidades de mercado e desenvolver o plan de empresa ou, no seu caso, o plan de me-llora. Tras unha edición centrada en empresas do ámbito agrícola, gandei-ro e forestal, e dúas máis do ámbito servizos, este cuarto programa fixa o seu obxectivo no sector das industrias culturais e crea-

tivas. O programa ten unha

duración de oito semanas, cun total de 3�0 horas de formación, das cales �80 horas se dedican a for-mación específica, con titorías individualizadas para cada proxecto. Está financiado polo Fon-do Social Europeo (que achega �0.000 euros) e polo Ministerio de Cul-tura (que contribúe con 5.000 euros).

BalanceTrala realización dos

tres anteriores programas en �01� e �015, os orga-nizadores coinciden no alto grao de éxito desta iniciativa. “O índice de creación de empresas é altísimo”, indicaba Juan Carlos Parada. En total, puxéronse en marcha 59 proxectos empresariais.

Os interesados - un máximo de �5 empren-dedores ou empresas - poden inscribirse ben no Inorde ben na Cámara.

Unha feira do emprendedor fomentará o autoemprego4 O Concello presenta o Programa Local de Apoio ao emprego, que oferta, cursos forma-tivos e incentivos ao emprendemento.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada./P.LODEIRO.

Un programa busca crear empresas no sector cultural 4 Promovido polo Inorde, Cámara de Comercio e Fun-dación Incyde.

4 Cita co automóbil en Expourense

Expourense celebra no mes de outubro dúas ci-tas cun dos sectores co-merciais de maior peso na provincia, o da auto-moción. En estreita cola-boración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., organi-zan para o vindeiro mes o 7º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do �3 ó �5 de outubro) e o 7º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 30 de ou-tubro ao 1 de novembro).

Está confirmada a participación como expositores nestas ci-tas da meirande parte dos concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vin-tena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos. O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás nece-sidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo que poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mer-cado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que requi-re dun gran desembolso económico.

4 3.000 euros para a mellor idea innovadora

A Cámara de Comer-cio de Ourense convocou o I Concurso de Ideas Emprendedoras Inno-vadoras. Na iniciativa poden participar empren-dedores maiores de 18 anos que se rexistren na plataforma Aprendeafi-nanciarte.com (o rexistro é gratuíto) e que conten cunha idea de negocio innovadora viable.

A data límite para su-bir a gravación é o 11 de outubro e o proxecto gañador recibirá un pre-mio de 3.000 euros para comezar a financiar o seu soño emprendedor.

Page 12: Setembro - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSSetembro de �015

SOCIEDADE

Falamos con Mauro San-tos, director de NENOOS Ourense.

Que é NENOOS?“É un método educativo

integral para desenvolver a intelixencia de forma di-vertida e eficaz; divertida porque empregamos unha metoloxía lúdica e eficaz porque o xogo é o vehículo natural de aprendizaxe dos nenos. Desenvolvemos os talentos dos nenos, todo neno ten un talento é en Nenoos damos a oportuni-dade de que os descubran. Todos os nosos programas están elaborados atenden-do a unha concepción de desenvolvemento dos ne-nos en tres dimensións: mente+corpo+emocións. Melloramos nos nenos a súa corporalidade, a xes-tión das emocións e o des-envolvemento intelectual. A nosa oferta está destina-da a nenos entre 1 ano e 13 anos”.

Que programa oferta-des aquí ?

“O máis importante polo momento de inicio de cur-so é o programa NENOOS 360, ofertado no noso cen-tro de luns a sábados e en colexios da provincia con actividade extraescolar. Ademais, todos os sábados en horario de 11:30 a 13:30 horas e nos períodos vaca-cionais ofertamos o progra-

ma OCIO INTELIXENTE, actividades lúdicas cun alto valor educativo, científico e de desenvolvemento do inxenio, e tamén a partir de xaneiro ofertaremos o pro-grama Baby-NENOOS para traballar a estimulación tem-perá de 0 a 3 anos”.

Falemos entón de NE-NOOS 360.

“NENOOS 360 é un pro-grama para mellorar ca-pacidades específicas e o desenvolvemento persoal. Plantexámolo como unha actividade extraescolar, cun-ha duración de 1 hora o � horas á semana. Tratamos de ser unha oferta educativa de carácter transversal, mello-rando e estimulando o neno en todas as súas dimensións (mente+corpo+emocións). Nas nosas clases os nenos tra-ballan diferentes actividades en curtos períodos de tempo, mellorando deste xeito a súa concentración, atención, cál-culo mental e rendemento. Algúns dos instrumentos que utilizamos son o Brain Ggym, ioga, Ábaco Soroban, xogos de construción e xogos de estimulación atencional. Xa para rematar dicir que os nenos forman parte de dife-rentes niveis adaptados á súa idade e maduración”.

Para quen vai dirixido?“Para calquera tipo de

neno ou nena entre 3 e 13 anos; incluso cativos con

necesidades especiais ou outras diversidades funcio-nais, que se valorarían en cada caso individualmente. Ademais este ano estamos recibindo moitos nenos de 3 aniños que non están es-colarizados e ven en nós un recurso educativo divertido e de socialización ideal para os seus pequenos”.

Cal é o valor de NENO-OS para cidadanía?

“Nenoos conta con �6 centros en toda España, tendo presenza nas catro provincias galegas, temos un equipo psicopedagóxi-co traballando sempre para mellorar a nosa oferta. A nosa máxima é ofrecer un servizo óptimo e de calida-de, apostando pola innova-ción educativa, con mestres altamente formados e sendo un complemento axeitado á educación transversal das casas e dos coles. Amais de ter materiais propios, un cen-tro atractivo para os nenos e cun mobiliario adaptado por idades, NENOOS colabo-ra con Unicef doando parte do seu beneficio e facendo participe a todos as nosas familias desta causa solida-ria. Invitamos a todos a que acudan aos nosos obradoiros gratuítos e nos coñezan, es-tamos seguros de que lles encantará”.

[+ info no 988 78 �1 78,687 �8 59 13 ou r/Pura e

Dora Vázquez, �3]

4NOTICIAS DE EMPRESA

NENOOS, un método educativo integral

Comezou o curso escolar4 Na provincia hai matriculados este ano 30.995 estudantes.

P.L.

Con nervios, ilusión, risas, berros e algún que outro choro, así voltaron ás aulas os preto de cen escolares do CEIP Manuel Luis Acuña, situado no ba-rrio da Carballeira. No seu primeiro día de cole, os pequenos recibiron a visi-ta do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Mar-tínez, máis o alcalde, Jesús Vázquez, que compro-baron in situ as melloras realizadas nas instalacións nas semanas previas.

Váquez salientou as obras realizadas “para esa posta a punto de revisión” en 15 colexios da capital e noutras instalacións edu-cativas. En concreto, du-rante o verán as brigadas municipais atenderon ata 76 incidencias detectadas nos Ceips da Ponte, Albino Núñez, Amadeo Barroso, Covadonga, José G. Gar-cía, Inmaculada, Irmáns Villar, Manuel Luis Acu-ña, Manuel Sueiro, Mari-ñamansa, Mestre Vide, O Couto, Prácticas, Seixalbo e Vistahermosa, así como na Biblioteca da Carba-lleira, na Galiña Azul de Barrocás e na EPA.

Os operarios houberon de arranxar portas e fies-tras; desatascar urinarios, tubaxes e sumidoiros;

substituír elementos de-teriorados eléctricos e de grifería; revisar as insta-lacións eléctricas, instalar tarima flotante e pintar paredes e outros elemen-tos. Estas actuacións aten-deron ás peticións formu-ladas polos directores dos centros educativos.

Segundo indicou o alcal-de, “entre a Xunta e máis nós xa estamos planifican-do o traballo en 17 centros máis, traballos moitas ve-ces de pequena magnitude pero sen embargo impor-tantes para o día a día dos centros”.

En total, na cidade de Ourense incorporáronse

ás clases 9.10� rapaces, �.87� deles en educación Infantil e o resto en Pri-maria.

Máis de 30.000 alum-nos

No que se refire ao conxunto da provincia, neste mes de setembro, iniciaron o curso 30.995 estudantes, de Educa-ción Infantil, Primaria, Especial, Secundaria, Bacharelato e ensinanzas de réxime especial .

Un alumno do CEIP Manuel Luis Acuña no seu primeiro día de cole./P.LODEIRO.

O Concello realizou reparacións en 15 colexios

Page 13: Setembro - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSSetembro de �015

SOCIEDADE

Redacción

Durante os días ��, �5 e �6 de setembro, Ter-matalia converteuse no principal punto de en-contro internacional do turismo de saúde. A prác-tica totalidade de Améri-ca Latina acudiu á feira que organiza Expouren-se para promocionarse, formarse e capacitarse no desenvolvemento dos seus recursos termais.

As cifras de partici-pación desta 15ª edición avalan o éxito desta cita, que reuniu en tres días �80 expositores de 39 países e recibiu máis de 10.800 visitas, das cales 3.�00 foron profesionais do sector. Os exposito-

res amosaron a súa satis-facción polos contactos e reunións realizadas e afir-maron cubrir as súas ex-

pectativas.En �016 Termatalia ce-

lebrarase no estado mexi-cano de Coahuila.

Termatalia 2015 recibiu máis de 10.800 visitas4 A feira converteuse no principal punto de encontro internacional do turismo de saúde.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, quen anunciou a ampliación do programa de Termalismo Saudable do Imserso a novos usuarios./RAMSÉS.

4NOTICIAS DE EMPRESA

Nova tenda, novas insta-lacións, nova localización, nova colección e moitos máis metros de exposición onde o máis difícil vai ser elixir o que te vas levar.

Despois de nove anos en Ourense, a pasada semana comezou unha nova etapa a coñecida tenda de tallas grandes Komodamoda, es-treando novo local na rúa Bedoya, 13, baixo. Máis amplo e máis comodo, me-llorado e coidando todos os detalles con moito mimo, pensando nas necesidades das súas clientas. E iso non só se nota no seu interior, senón desde a propia entra-da ao facilitar a accesibili-dade a todas as persoas.

Coincide este inicio cun-ha nova tempada que trae bonitas cores, novos dese-ños, moitos vestidos, saias estampadas ou asimétricas,

pezas en polipel ou con aplicacións, antelinas cun tacto moi suave e agrada-ble, leggins para combinar con pezas longas, maxi xer-seis moi estilosos, ademais dunha gran variedade de prendas vaqueiras, cami-sas, cazadoras ou pantalóns. E todo o que ofrece como sempre até a talla 70, con deseños moi xuvenís e ac-tuais.

Destacan tanto os flecos en todo tipo de pezas e acce-sorios, como o estilo étnico que tanto favorece e que nos fai ver e sentir diferentes.

Contan tamén con botas de cana ancha na panto-rrilla, todo en pel, ata o nú-mero �3, que tanto gustan e tan bo resultado dan ás súas clientas.

Xa pensando no inver-no podes completar o look coas medias super amplas

para estar ben monas e quentiñas.

Roupa de festaPara as que teñan al-

gún evento, poden lucir fantásticas cun vestido longo en favorecedoras cores, con encaixes, teas bordadas, faxíns, boleros e tamén en curto. A estrela da tempada, o mono, que é sinxelo e elegante á vez. E o máis importante sen ter que preocuparse pola ditosa talla xa que en Ko-modamoda atoparás a túa, sen dúbida.

Para tallas grandes, Komodamoda

Page 14: Setembro - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSSetembro de �015

SOCIEDADE

Medio Rural non ten datos que fagan pensar nunha intencionalidade política ou tramas organizadas

Paula Lodeiro

A provincia de Ourense voltou ser azotada polos incendios forestais este verán e a capital ouren-sá tampouco se librou da vaga incendiaria. Entre o 1 de xullo e o �9 de setembro arderon na nosa provincia máis de 6.600 hectáreas en máis de �5 lumes. Medio Rural non fará valoracións ata que a campaña de in-cendios remate, é dicir, ata o 30 de setembro. Será a propia conselleira quen o faga en sede parlamenta-ria. En todo caso, desde a Consellería precisaron que “aínda que o número de incendios forestais que se producen ao ano en Gali-cia segue sendo excesivo, estes diminuíron consi-derablemente nos últimos anos. Estamos a falar de que se reduciron unha ter-ceira parte en 10 anos”.

Case a metade da super-ficie queimada foi arrasada nun só incendio, o de Cua-ledro, que entre os días 30 de agosto e 3 de setembro queimou 3.180 hectáreas neste municipio e nos li-mítrofes de Xinzo, Baltar e Trasmiras. Foi o peor in-cendio deste verán na nosa comunidade.

O concello de Ouren-se foi tamén un dos máis afectados, con catro lu-mes de consideración, en Palmés, Castro de Beiro e Cudeiro (dous incendios), que queimaron 3�3,� hec-táreas. Neles houbo de ser decretada a “situación �” pola proximidade das la-pas ás vivendas.

IntencionalidadeMalia que a raíz do in-

cendio de Cualedro o al-calde de Xinzo falou de “terrorismo ecolóxico organizado”, como pre-sunto autor deste lume tan só foi detido un veciño oc-toxenario, que quedou en liberdade con cargos. Su-bliñan desde Medio Rural

que “todo apunta a que o lume de Cualedro foi in-tencionado, pero hai unha investigación aberta e ha-berá que agardar ás súas conclusións”.

O certo é que a Conse-llería non ten constancia de datos que fagan pen-sar que existe unha in-tencionalidade política ou a existencia de tramas organizadas que prendan lume. Con todo, o sucedi-do nalgunhas zonas coma na contorna de Ourense fai pensar “que parece que os incendios se inician dunha maneira coordinada e de forma moi perigosa para as vivendas e a vida dos galegos”. Entre as motiva-cións “sempre é máis que posible a existencia de fa-náticos que poden causar incendios”, explican desde o departamento da Xunta.

No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 61 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

Resposta ás críticasDesde Medio Rural ta-

mén respostaron ás críticas de brigadistas, sindicatos e partidos da oposición so-bre a súa política de extin-ción de incendios, resal-tando que Galicia dispón

dun operativo “moi bo e profesional, que ademais conta con moita expe-riencia. Este dispositivo fai que máis do 75% dos lumes non acaden 1 hec-tárea de superficie afec-tada, feito que non sería posible se non houbese prevención, xa que os lu-mes alcanzarían un maior tamaño, por moi eficaz que fora o operativo”.

De todos os xeitos, a Consellería insiste en que “o monte non é un xardín e que sempre ha-berá unha parte dos dous millóns de hectáreas de monte que ten Galicia (o 98% del en mans priva-das) que non estean total-mente desbrozadas”.

Por iso, recordan que os donos das fincas teñen o deber de manter limpas as súas parcelas, podendo por lei os concellos reali-zar ditas labores de xeito subsidiario pasándolle as costas ao propietario.

Concentración de protesta convocada polo Comité de Defensa do Monte Galego o pasado día 10 en Ourense. O Comité elevará unha proposta ao Parlamento para reclamar unha nova política agroforestal./P.LODEIRO.

Os incendios queimaron este verán máis de 323 ha na capital ourensá4 Os lumes afectaron principalmente ás pa-rroquias de Palmés, Castro de Beiro e Cudeiro.

EN BREVE

4 Inscricións para a Universidade Popular

O Concello de Ourense abre o 1 de outubro o pra-zo de preinscrición para a Universidade Popular, actividades formativas para maiores de 16 anos que desenvolve a Con-cellería de Educación. O curso �015-16 rexistra a maior oferta de obrado-iros nos seus �1 anos de historia: 1�7 cursos -�5 deles novos, e 11 en mo-dalidade non presencial ou online- para un total de 3.500 prazas.

O prazo de preinscri-ción estará aberto ata o 30 de outubro, aínda que a Concellería advirte de que un dos criterios de admisión será a orde de entrega da solicitude. A preinscrición pode reali-zarse na web www.edu-cacionourense.com ou presencialmente na praza de San Martiño �, 1º.

4 Cursos nos centros cívicos

A Concellería de Asun-tos Sociais pon en mar-cha o programa de cur-sos e obradoiros que se desenvolverá nos centros cívicos municipais, sitos na rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. A oferta conta dun total de 3� cursos e obradoiros, que chegarán a un máximo de 1.500 participantes.

A rede de centros cívi-cos tamén ofertará acti-vidades para nenos e ne-nas. A oferta inclúe dúas propostas: actividades de luns a venres, de 17:30 a �0:00 horas, para nenos e nenas nacidos entre �007 e �01�, e os sábados de 10:30 a 13 horas, para escolares de Infantil e Primaria.

Os interesados poden inscribirse na oficina de Atención Cidadá ou nas dependencias de Benes-tar Social.

4 O Ateneo presenta as súas actividades

O Ateneo de Ourense, un ano máis, vén de pre-parar as actividades para este curso �015-�016, incluíndo exposicións, conferencias, concertos, cursos e outros.

A entidade cultural xa ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de canto e instrumentos tradicionais, conversa-ción en inglés, autoesti-ma e habilidades sociais, técnicas de relaxación e benestar emocional, ini-ciación e nivel medio de xadrez, italiano, taichi, ioga, danza do ventre e bailes latinos.

Pódese obter máis información sobre os horarios e prezos das actividades e realizar as inscricións na secretaría do Ateneo, na súa sede da avenida de La Haba-na, �5.

Page 15: Setembro - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSSetembro de �015

SOCIEDADE

4NOTICIAS DE EMPRESA

The Gallery Gym, un concepto diferente de ximnasio

Jose Villamarín e Mercedes García de la Barrera, propie-tarios de The Gallery Gym.

Setembro é mes de bos propósitos. E que mellor maneira de comezar o curso que poñéndose en forma. The Gallery Gym é un novo ximnasio no centro de Ourense, na rúa Samuel Eiján. Un concepto diferente que combina nun espazo de 1.�00 metros cadrados, perfectamente climati-zado, as salas de cardio e musculación co máis novidoso entrenamento funcional (crossfit).

Ademais, dispón de tres salas, para as clases de artes marciais, spin-ning (individuais ou di-rixidas) e fitness.

O seu amplo horario (abren tamén en domin-gos e algúns festivos), a oferta de clases grupais de mañá e de tarde, os

vestiarios con baño de va-por, e unha tenda deporti-va adxunta son outros dos seus atractivos.

Mercedes García de la Barrera, xerente de The Gallery Gym, anima a to-dos os interesados a que “pasen sen ningún com-promiso a coñecernos,

poden probar un día gra-tis as nosas instalacións e aproveitar que non hai matrícula pola promoción de inauguración”.

Ofrecen tamén descon-tos para parellas e fami-lias.

[+ info en 988 318 813 ou www.thegallerygym.com]

San Francisco homenaxea a Los Suaves4 Serán nomeados amigos predilectos do barrio.

Redacción

O barrio de San Fran-cisco homenaxeará a Los Suaves durante as súas festas e os membros da banda de rock serán no-meados amigos predilec-tos do barrio.

Durante os días �, 3 e � de outubro San Francisco celebrará as súas festas. Será o último día, o do-mingo �, cando teña lugar a homenaxe, que consisti-rá nun festival no que máis de 10 grupos serán os que toquen cancións da forma-ción ourensá máis interna-cional.

Bandas locais e galegas, así como os grupos tribu-

to de Los Suaves: Gato Negro (Sevilla) e Pardao (Madrid), estarán presen-tes nesta cita ineludible para os incondicionais de Yosi e os seus compañei-ros. O festival contará coa colaboración especial de

Montxo Costoya (ex de Los Suaves) quen subirá ao escenario con algunha das formacións.

Os concertos come-zarán ás 16.30 horas e a entrada será de balde. O escenario estará instala-do na rúa Pena Trevinca (ao carón do colexio Car-melitas).

EsculturaA mítica banda recibi-

rá tamén como agasallo unha escultura realizada en bronce polo artista ourensán Tony Ferrer. O acto de entrega terá lugar contra as nove da noite.

Presentación da homenaxe a Los Suaves./RAMSÉS.

Page 16: Setembro - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSSetembro de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Morte accidental dun anarquista

Darío Fo é Premio Nobel, e por ter obtido esta distinción temos un prexuízo. O cal nalgunhas ocasións é fundado, pén-sese que Churchill gañou este galardón no ano 1953 ou José Echegaray en 190�, pero que no caso de Fo non debe selo.

Dario Fo é un home de teatro e un personaxe tan grande como eses que historicamente formaron e forman a Commedia dell’Arte. Personaxes ar-quetípico que atoparemos sempre co seu sorriso nos bos e nos malos momen-tos, e sempre combatendo a adversidade. Porque es-quecemos que sufriu aten-tados, e que as súas obras foron censuradas en Italia, e porque el sempre sati-rizou ao poder, tentando deixar as súas vergoñas en evidencia.

Así nace, en 1970, Morte accidental dun anarquista, como unha labazada ao poder e á sociedade italia-na que cinicamente mira para outro lado cando nun Milán acosado polo fascis-mo que semellaba volver, prodúcese un atentado nun banco e son detidos diversos dirixentes anar-quistas. E un deles, Giu-seppe Pinelli, é asasinado, guindado dende a fiestra do cuarto andar da Xefatu-ra de Policía de Milán. As autoridades dixeron que se suicidara, pero os indicios sinalaban outra cousa.

Frente a isto, érguese Da-río Fo con esta obra, unha salvaxe sátira dun país e dunha sociedade onde o poder e as súas estruturas administrativas permiten semellante atropelo.

Cunha marabillosa xe-nialidade, a obra comeza indicando que estes feitos que se narran producíronse en 19�1 nos EEUU, pero que para actualizar a histo-ria e facela máis dramáti-ca, trasladábase á realidade

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Sexamos irmáns

Un �8 de setembro de �015, con 36 anos ás cos-tas e 15 de emigrante, abres un xornal nacional de cuxo nome non quero acordarme e ves que de súpeto o país que duran-te todo este tempo deras por feito está a cambiar cara a algo case irreco-ñecible.

Quizais dar algo como un país por feito nestes tempos incertos é todo un atrevemento. Sobre todo cando falamos de España. Con todo, ilusa da min, pensaba que era un luxo do que, de vez, hoxe carezo.

Espertei ante unhas portadas xornalísticas que me fan reflexionar sobre a materia máis complexa de toda cien-cia, é máis, da ciencia política: a cuestión da identidade. Hoxe son consciente de canto pesa a cuestión do ser. De todo menos leve. Hoxe véxome en certo xeito empuxada a cuestionar canto de española me sinto? como se mide iso? como se soluciona o de seguir séndoo sen unha parte importante que nunca sentín como allea? Pero, sobre todo, hoxe pregúntome como e a quen lle pido respon-sabilidades por ese novo status de cidadá cun con-flito sen razón de ser.

Pensaba sen medo a equivocarme -hoxe rea-lizado- que no noso país falábase de autodetermi-nación desde un ton aca-lorado, pero consensual,

4AXENDAMúsica

- 30 de setembro - Encla-ve de Cámara - Concerto da soprano Marta Mathéu e o pianista Francisco Po-yato - �0:30 h. - Teatro Principal- � de outubro - Home-naxe a Los Suaves - Des-de as 16:30 h - r/Pena Trevinca- 6 de outubro - Concerto de Hardbone - �1 h - Café Cultural Auriense- 9 de outubro - Concerto de French Boutik - �1:30 h - Café Cultural Auriense- 10 de outubro - Con-certo de blues de Richard Ray Farrel - �� h - Teatro Principal- 1� de outubro - Tributo a U� da banda Achtung Babies - �1:30 h - Audi-torio Municipal- 17 de outubro - Concerto de blues de Marcus Bon-fanti Band - �� h - Teatro Principal

Teatro- 1 de outubro - Conta-contos do grupo Axóuxe-re - 18 h - Centro cívico da Ponte- � de outubro - Teatro para bebés: “Chove!” - 18 h - Auditorio - � de outubro - Teatro infantil: “La ramita de Hierbabuena” - �0:30 h - Teatro Principal- Do � ao 1� de outubro - 8º FITO - Auditorio, Tea-tro Principal e campus - � de outubro - “Volta a maxia” - 1� h - Auditorio- 10 de outubro - “Demo-lición” - �0:30 h - Teatro Principal

Cine- � de outubro - “Sempre Xonxa” - �1 h - Casa da Cultura da Valenzá- 5 de outubro - “Un con-damné à mort” - �0:30 h - Biblioteca Pública- 7 de outubro - “O ano máis violento” - 18 h - Biblioteca Pública

Exposicións- Ata o �5 de outubro - “Embalaxes” - Centro Cultural Marcos Valcár-cel- Ata o 30 de decembro - “Del cero al infinito” - Espazo Shagri-Lawww.periodicobarrios.com

4ADÓPTANOS...

Contacta con PROGAPE no 988 21

29 39 ou en Facebook

Recorda: é para sempre!

“Pregúntome como e a quen lle pido responsabilidades por ese novo estatus de cidadá cun conflito sen razón de ser”

Cachorra de Mastín. Sobre un ano de idade. Acostumada a vivir en finca con otros animais.

Gatiña de 6 meses moi cariñosa. Apareceu no motor dun coche. Está va-cinada e desparasitada.

Cadeliña maior recollida preto do Seminario. Bus-camos aos seus donos. En breve estará en adopción.

Cachorra femia de raza pequena. Buscamos aos seus donos. En poucos días estará en adopción.

como debatemos case todo. Pero a nosa histo-ria -e quizais carácter-, poucos amigos ambos da estabilidade, obrígannos a medir as forzas da nosa resistencia como pobo e individuos, impóndonos unha modernidade ace-lerada, sen miramentos de paciencia nin conce-sións ilustradas.

É sabido que os nacio-nalismos exacerbados só trouxeron penuarias aos pobos que os profesan. Con todo, a Península Ibérica, tan dada a plan-tar cara aos desafíos e facer oídos xordos de ad-vertencias, sae de novo á palestra co seu afán de inventarse a si mesma unha e outra vez.

Esta vez, España debe de ser máis racional que nunca, demostrar que podemos superar un de-bate ao que centos de nacións antes que nós se asomaron, e demostrar que non carecemos de recursos para encontrar solucións satisfactorias.

Isto é un toque de que-da ao noso goberno es-tatal. Unha petición de madurez, de mirar cara a adiante, escoitando a todas as partes e prac-ticando democracia e diálogo. Atrás quedou a nosa xuventude como país novato en certas prácticas parlamenta-rias. Demostremos estar á altura da petición dun pobo. Saibamos levar a bo porto unha viaxe fascinante a través de séculos dunha historia apaixonante. Deamos exemplo a outros que hoxe loitan pola súa li-berdade a través de me-dios menos acertados.

Pero ante todo, sexa-mos irmáns.

Raquel Sertaje

italiana substituíndo New York por Milán, e que se alguén atopaba analoxías coa realidade era pola maxia do teatro.

Con este recurso, Fo consegue saltar a censura e que ninguén poida di-cir que estaba baseado no asasinato do anarquista milanés. E durante as fo-llas desta peza teatral, nace a reflexión aceda e dura so-bre un tempo no que a de-mocracia estaba en xogo.

Ás veces esquecemos isto, que a democracia, que o presente, constrúe-se todos os días, que está sempre en xogo, porque como recollía Ortega é un plebiscito permanente.

E neste texto, mentres os personaxes histriónicos e esaxerados van ocupando a escena, unha sensación estrana invade ao lector, de xeito que no final non podemos deixar de tomar conciencia de que a nosa sociedade vive permanen-temente tentando construír unha identidade contra a hexemonía do poder. E non hai nada mellor que o sorriso dun bufón, ou dun dramaturgo, ou dun escri-tor, para que o poder teña medo, un medo que nos permite aos cidadáns de-catarnos de que as cousas poden cambiar e que pode-mos facer unha sociedade libre. Por iso, precisamos tanto a Darío Fo.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Portada.

Page 17: Setembro - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Setembro de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA

“Felicidade completa: o día 2 de aniversario e o 3 feira! Que máis se pode pedir?”

Ciclistas urbanos en Ourense. Ano 1950.

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Un día de feira

Á véspera da feira non durmiamos, o pai por-que tiña que preparar as vacas para a feira e eu coa ilusión do día que ía pasar en Lalín. Aquel 3 non era un día calquera, porque ademais das va-cas, levabamos tamén para vender os cestos. O pai dixo que me deixa-ba vendelos ao cum-prir os once anos, antes non, que era moi cativo. Cumpríraos o día �, así que felicidade completa: o día � de aniversario e o 3 feira! Que máis se pode pedir?

El levantábase ás 3 da mañá para preparar as vacas para a feira, como el dicía “hainas que por guapas”. Peiteábanse cunha rasqueta e des-pois dábaselle co cepillo sempre a favor do pelo, os cornos alisábanse coa escofina dende dúas se-manas antes, e esa noi-te pulíanse co papel de lixar e untábanse cun pouco de aceite para sa-carlles brillo.

O pai facíalles unha caldeirada con remola-chas, nabos ou castañas, fariña de millo e patacas ou mazás, segundo o que houbera, cocíao todo e dáballo morno. Esa noite non se muxían, e ás pa-ridas só se deixaba que mamara o xato, para que se lle enchera o ubre, que se lavaba con auga con lixivia e tamén se untaba con graxa sen sal.

Ás cinco e media da noite, saiamos dos Mui-ños camiñando coas

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Chegado o verán, au-mentaba considerablemen-te o tránsito de bicicletas. O deseño da cidade facía complicada a comuñón entre vehículos e peóns e os atropelos eran unha constante. Ante tan peri-goso percal, a autoridade local establece a obriga de guiar pola dereita e a prohibición de marchar en grupo.

No ano 19�5, os ciclistas non podían circular polas vías que carecían de beira-rrúas. As bicicletas dispo-rían de timbre ou bocina e un farol que acenderían ao anoitecer. Década e media despois, Raúl Rey Formo-sel, un rapaz de Cudeiro que comezara como ciclis-

Ingredientes:- 1 coliflor- 3 pezas de endivia- 1 litro de caldo- � patacas- Perexil picado- Ceboliño- Vinagre, fariña e

aceite

Elaboración:- Limpar a coliflor e

reservar as follas externas. - Cocer por separado

as follas e o interior da

coliflor. Unha vez cocido reservar, mesturar as augas e cocer as patacas. Logo trituralas co líquido e repartir en dous.

- A unha das partes triturarlle a folla da coliflor e á outra o branco da coliflor.

- No litro de caldo, ferver as endivias cortadas en catro cun chorriño de vinagre e unha cullerada de fariña.

- Deixar arrefriar e reservar.

4RECEITA

Crema de coliflor con endivias

vacas, e eu ía montado no Moro, o noso cabalo, que era o que levaba os cestos.

Aquel día levabamos oito vacas e dous xatos. O pai diante, coa Marela atada cunha corda, pare-cía un mago con seu bas-tón de carballo coa codia quitada, branco e pulido e vestido coa roupa dos domingos co gardapolvo que poñían os tratantes por enriba, coma se fora a capa dun superheroe. Iamos cara o cruceiro ata Vilanova e aí xuntabámo-las cas de Severino que era o socio do pai.

Despois pasabamos pola Canda e saiamos a Moneixas, logo tocaba camiñar un anaquiño pola estrada e xa estabamos en Lalín. O pai dicía que debía haber só oito qui-lómetros, pero ás vacas leváballes dúas horas per-correlos.

No campo da feira xa ti-ñamos un sitio reservado xunto á farola do medio, máis abaixo das pulpeiras, enfronte á taberna do Rúa, que era onde iamos comer o pulpo a mediodía. Por enriba, pola rúa que ía dar ao cine, era onde se po-ñían os postos a vender, alí descargamos os cestos do Moro, e quedei eu de vendedor.

Os cestos de aro ían a 10 pesos os de vergas, a 1� os de vimbios e a 15 os de codesos. Os canastros de asas ían a �0 pesos os de vergas, a �� os de vim-bios e a �5 os de codesos.

Cando meu pai marcha-ba para encargarse das va-cas lembroume: “Cando pase o municipal vaiche querer cobrar dous pesos, ti dille que eres fillo do ‘tabao’ e que xa llo pago eu, que é amigo meu e a nós non nos cobra”.

Cando se foi entroume un pouco o medo, pero só me durou un intre, ata que se achegou a primeira muller e vendín o primei-ro canastro. Se coñece que os vendiamos máis bara-tos cos outros, ou estaban mellor rematados, porque ás once e media xa esta-ban todos vendidos. Saín coma un fogete para con-tarllo ao pai, e máis darlle os cartos, pero xa non fixo falla porque xa viña el para ver como me ía a min cos cestos, botouse a rir ao ver que xa os vendera todos e dixo: “se cadra é mellor que nos adiquemos aos cestos e deixemos as vacas”. Dinlle os cartos, colleu cinco pesos, me-teumos na faltriqueira di-cíndome: “E agora vaste a comprar ‘O Capitán True-no’ e máis os bolos doces que tanto che gustan na Praza de Abastos, e o que che sobre gárdalo para ti. Cos outros cartos que me deches comprareiche algún xoguete e algo de roupa, porque quererás ir á Feira do Vento, non?”.

-“Home claro que quero ir! Pero dime unha cousa papá, ti como sabes tanto? Sabes facer os cestos, zo-cos... as vacas... sabes de todo. Es a persoa máis lis-ta do mundo!”.

Pasoume a man pola ca-beza, como facía sempre, revolvéndome os cabe-los, e díxome: “Iso todo é sinxelo de aprender. Sabes o que de verdade é difícil? Chegar a ser unha boa persoa”.

-“Pero, papá, ti es a me-llor persoa do mundo!”.

El torceu o bigote e dixo: “Anda, anda, déixa-te de andrómenas e vai mercar ‘O Capitán True-no’ antes de que se esgo-te”. E marchou rindo.

Avelino Jácome

Ciclistas urbanos

ta urbano, cruzaba a meta do Naranco por diante de Bahamontes. Bravo Raúl!

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo

Visual Ourensán

Presentación:- Nun recipiente

engadir as dúas cremas sen que cheguen a xuntarse.

- Decorar coa endivia cocida, o perexil picado e o ceboliño.

-Engadir un chorriño de aceite de oliva virxe extra.

Luis Iglesias,Restaurante Os

CaracolesTel. 988 380 165

4 SubvenciónLetras a la Carta SL,

empresa que edita Ouren-se por Barrios, recibiu unha axuda de 11.36�,57 euros, correspondente á Resolución do 31 de de-cembro de �01�, da Se-cretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas eco-nómicas dirixidas a em-presas que realicen publi-cacións periódicas escritas integramente en galego.

Page 18: Setembro - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSSetembro de �015 OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4AS IMAXES DO MES

Poesía en Ponte Vella

Versos en galego e cas-telán de poemas de Pura Vázquez, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar e Anxo Va-lente conforman a expo-sición “POETA no Outo-no” que se pode ver até o 7 de novembro no centro comercial Ponte Vella. Es-pazos como as escaleiras de acceso ao aparcadoiro, os corredores ou mesmo os baños foron os elixidos para difundir a obra do cin-co autores ourensáns, que aparecen acompañados de retratos obra do artista ourensán Manuel Penín.

POETA é o acrónimo de Pura, Otero, Eduardo, To-var e Anxo, e como follas no outono, os clientes do centro comercial atopa-rán unha pequena mostra da súa obra dispersa polo recinto. A mostra está or-ganizada pola Fundación Cum Laude.

O xerente do centro comercial, Marcos Vila, o artista Manuel Penín, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, a comisaria da mostra, Águeda Quintáns, e a presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Rodríguez, xunto a algúns dos versos da mostra “POETA no Outono”./P.L.

Fúndase Moteiros Solidarios GaliciaMoteiros Solidarios é unha agrupación motorista implantada a nivel nacional que se

dedica á colaboración con entidades benéficas e á realización de actos solidarios como recollida de xoguetes para nenos de casas de acollida, recollidas de alimentos, procura de cadeiras especiais para nenos con discapacidade. Son moteiros que dedican o seu tempo libre a axudar aos demais sen esperar nada a cambio.

A agrupación galega, cuxa central se atopa en Ourense, celebrou o pasado 19 de se-tembro o seu acto de fundación, no que entregaron aos seus asociados os chalecos de Moteiros Solidarios Galicia. O próximo día � de outubro no barrio de San Francisco organizarán unha xuntanza solidaria a beneficio de Cruz Vermella.

Integrantes da asociación Moteiros Solidarios, cos seus chalecos.

Escolares do CEIP A Ponte aprenden sobre mecánica da bicicleta./M.R.

Celebración da Semana Europea da Mobilidade O Concello de Ourense celebrou a Semana Europea da Mobilidade, entre o 16 e o ��

de setembro, principalmente con actividades para os escolares. Baixo o lema “Elixe. Cambia. Combina. A túa Mobilidade” pretendíase concienciar aos máis novos e reducir a contaminación acústica. Para iso, as áreas de Educación, de Medio Ambiente e de Se-guridade Cidadá organizaron obradoiros prácticos de reparación de bicicletas, probas de habilidade e unha ruta en bicicleta polo barrio do Couto, propostas que chegaron a máis de 750 rapaces dos colexios Mestre Vide, Divina Pastora, Curros Enríquez, Amadeo Ba-rroso, O Couto, A Ponte, Prácticas, San Pío X e Manuel Luís Acuña.

Cita coa moda na Pasarela CalpurniaOurense converteuse o pasado 19 de setembro na capital da moda galega, coa celebra-

ción da segunda edición da Pasarela Calpurnia As Burgas. A piscina termal das Burgas foi o escenario polo que desfilaron os modelos coas propostas para a nova tempada de 14 comercios ourensáns. Ao longo dunha hora de desfile, pola alfombra vermella da pasarela puido verse o último en moda nupcial e de cerimonia, de cóctel, moda xuvenil e roupa íntima, tanto para home como para muller. Actuacións musicais completaron o espectá-culo, que foi seguido por numeroso público.

Con vocación de continuidade, a Pasarela Calpurnia As Burgas aspira a converterse nunha cita fixa por estas datas e promocionar así Ourense como capital da moda e as compras. Este evento estivo organizado pola Federación de Comercio de Ourense coa colaboración de Concello, Xunta e Deputación.

Comezo do desfile da Pasarela Calpurnia As Burgas./RAMSÉS.

Page 19: Setembro - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSSetembro de �015PUBLICIDADE

Page 20: Setembro - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSSetembro de �015

OCIO E CULTURA

EN BREVE

P. L.

O Concello de Ourense deu a coñecer o progra-ma de actividades do Au-ditorio Municipal para o último cuadrimestre do ano. Na presentación participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e o técni-co Manuel Freire.

Jesús Vázquez desta-cou a importancia deste espazo municipal como aglutinador da oferta cul-tural da cidade de Ouren-se. “O Auditorio é sede de referenza de activi-dades tan exitosas coma a programación infantil dos domingos; o Festi-val de Cine, pero tamén outras coma o FITO, ou as funcións de compañías de teatro tan importantes como Sarabela, por po-ñer algún exemplo, están convertendo o Auditorio en terreno abonado para que a cultura medre con forza nesta cidade”.

Polo momento a axen-da do Concello non está coordinada coa da Depu-tación, tal e como prome-terán ambas institucións nunha reunión a comezos deste mandato. O alcalde explicou que xa están traballando nesta propos-ta pero pediu tempo para poder poñela en marcha.

VariedadePola súa banda, a con-

celleira de Cultura, Be-lén Iglesias, recalcou a amplitude e variedade da programación con máis de 60 actividades: “Por iso intentamos aglutinar unha ampla gama de op-cións que inclúa desde ata artes escénicas, música ou cinema. En definitiva estamos a traballar por ter propostas culturais que sexan atractivas para que a xente teña opcións

A programación in-fantil do Auditorio Mu-nicipal presenta como novidade para o que res-ta de �015 o teatro para bebés.. O programa pro-longarase ata o mes de decembro cun total de �1 funcións, ás que haberá que engadir as da MOTI. A maior parte dos actos serán o domingo ás 1� horas, unha cita que xa é referente para moitos pais e nais, motivo polo que cada ano que pasa aumenta en número o público que asiste ao Au-ditorio.

Belén Iglesias, respon-sable da área de Cultura, agradeceu o apoio de Agadic nestas activida-des, pero tamén desta-cou “o labor do equipo da concellería, que fan

que durante todo o ano teñamos unha programa-ción cultural de primeiro nivel na cidade”. Neste sentido, e en palabras do técnico Manuel Freire, “podemos afirmar que Ourense ten a mellor programación infantil de toda Galicia”.

Co obxectivo de con-solidar aínda máis a ofer-ta cultural no Auditorio, esta nova programación amplía o segmento de público ao que se dirixe, e desde outubro haberá tamén teatro para bebés (0-3 anos) todos os pri-meiros venres de cada mes. Estes espectáculos inscríbense dentro do programa Apego de so-cialización da lingua ga-lega, do que o Concello de Ourense forma parte.

O Auditorio oferta máis de 60 actividades ata final de ano4 Nos primeiros seis meses de 2015 pasa-ron polo recinto 63.000 espectadores.

A programación infantil incorpora teatro para bebés

de investir o seu tempo de ocio”.

O técnico municipal Manuel Freire, explicou que o seu obxectivo á hora de programar é que “haxa un pouco de todo”. Desta-cou o FITO, que traerá a Ourense “obras moi boas, de compañías que están dando que falar fóra”, e anunciou que o programa será reforzado en etapas puntuais coma o Nadal.

BalanceEn �01� o Auditorio

acolleu máis de 150 ac-tos cunha asistencia de 83.500 persoas, �.�00 máis que o ano anterior. Esta tendencia á alza rati-fícase nos datos de �015: só no primeiro semes-tre pasaron polo recinto unhas 63.000 persoas, �0.000 máis que no mes-mo período de �01�.

4 Máis de 30 actuacións, no FITO

Do � ao 1� de outu-bro celebrarase a oitava edición do Festival In-ternacional de Teatro de Ourense (FITO). Máis de 30 actuacións, entre as que se atopan obras premiadas en diferentes certames internacionais e tres estreas absolutas, obradoiros prácticos, charlas para profesionais, obras de rúa e “algunha sorpresa sen desvelar”, en palabras de Ánxeles Cuña, directora do Festi-val é o que poderá ver o público deste certame.

As obras representa-ranse no Auditorio Mu-nicipal, Teatro Principal, Antiga Capela da Uni-versidade e nas rúas da cidade. As entrada van desde os 3 aos 8 euros.

4 Volve a música de cámara ao Teatro Principal

O III ciclo de música de cámara Enclave de Cámara programará oito concertos ata o mes de xuño.

Nos vindeiros meses, alternaranse no escenario do Teatro Principal cuar-tetos de corda, pianistas, ensembles, dúos ou tríos. Trala cita do 30 de se-tembro coa soprano Marta Mathéu e o pianista Fran-cisco Poyato, cada primei-ro xoves de mes pasarán por Ourense o Cuarteto Brentano, ]W[ Ensemble, o pianista Enrique Baga-ría, o Dúo Amarpo Lacruz e Andreu Riera, o Trío Lorca, o Cuarteto Carduc-ci, o pianista Paul Lewis e o Cuarteto Lyskamm.

Os concertos darán co-mezo ás �0:30 horas e o prezo das entradas oscila entre os 5 e os 8 euros.

4 Audicións comentadas

Afundación estrea o 6 de outubro un novo ciclo de audicións comentadas de música clásica e ópera na súa sede en Ourense.

Na actividade, que se desenvolverá ata xuño, o musicólogo Manuel López-Benito iniciará os participantes no mundo da música clásica.

O programa inclúe artes escénicas, música ou cinema

Cheo para ver o espectáculo “En verdad os digo” de Goyo Jiménez o domingo 27 no Auditorio./RAMSÉS.

4CRÓNICA MUSICAL

O sábado 19 de se-tembro, celebrouse a 5ª edición do Live For Madness Metal Fest, un evento que cada ano ma-dura un pouco máis ata que se converta nun fes-tival de maior formato, que, sen dúbida, co tem-po o será.

Este ano celebrouse no Campo da Feira, deixan-do atrás as salas pecha-das para trasladarse a un espazo público con todas as comodidades e un es-cenario de maior tama-ño, algo que sen dúbida agradeceron todas e cada unha das bandas.

Os concertos empeza-ron puntuais, ás 19:30 horas, facendo aparición Raze, grupo de trash me-tal das Pontes, que inter-pretou oito cancións du-rante os seus 50 minutos de actuación.

Os segundos foron os vigueses Agónica, banda de death metal melódico que sen dúbida soubo gañarse ao público. A pesar de ser aínda cedo, poderiamos dicir que un 85% do total de persoas que estiveron no festival, víronos actuar, tamén hai que dicir que boa parte do público proviña de Vigo e Agónica era unha das atraccións principais para esta xente.

O terceiro grupo en actuar foron os vitoria-nos Childrain, a banda de metal chegaba ao festival para presentar o seu últi-mo traballo; “Matheria” e parte do seu repertorio foi deste traballo. Un directo potente e cunha posta en escena bastante interesante, tentando ani-

mar ao público (algo frío por momentos) entre can-ción e canción.

E chegados ao ecuador do festival, era a quenda do grupo local, Vermis Antecessor, o grupo que entrou a última hora no cartel, substituíndo aos tamén ourensáns (e ta-mén de estilo brutal death) Scent of Death. Os Vermis é un deses grupos que che sorprende que sexa un trío pola súa potencia musical. A habilidade de Diego á guitarra, é digna de ver en directo.

E tras eles chegarían os que para un servidor foron os grandes triunfadores da noite; Evil Impulse, que ofreceron un concertazo de principio a fin, soaron moi compactos e demostraron que teñen enriba quiló-metros de estrada e sobre todo moito metal. Houbo un momento de colabora-ción cando convidaron a Iñi, vocalista de Childrain, a cantar a canción “Domi-nation” de Pantera xunto a eles.

E para finalizar chegaba o grupo con máis sentido do humor (ou o que máis cervexa levaba enriba?) do festival; os ferroláns Wisdow, un grupo que fai grindcore en galego, e que fixo que o público que aguantou até o final do fes-tival pasárao en grande.

E así finalizou unha nova edición do Live For Madness Metal Fest, unha edición que sorprendeu a todos os asistentes pola súa boa organización e onde non faltaron os sal-tos, cánticos, walls of dea-th, circle pits e sobre todo moito metal.

La Rockipedia

Actuación de Raze no Live for Madness./LA ROCKIPEDIA.

Live For Madness Metal Fest V

Page 21: Setembro - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSSetembro de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Setembro - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSSetembro de �015

DEPORTES

O venres 2 de outubro, ás 21 horas o COB recibe ao Melilla no Paco Paz

Ander Martínez loitando por un rebote ante dous xoga-dores de Leyma Coruña na Copa Galicia./RAMSÉS

O COB estréase este venres na Liga4 Xogará contra Melilla no Paco Paz.

Redacción

Todo queda atrás. Apra-zado o ascenso á ACB ata o ano que vén, o Club Ourense Baloncesto come-za a Liga este venres dian-te do Melilla. O encontro terá lugar ás �1 horas no Pazo dos deportes Paco Paz.

A dificultade para este partido será máxima. Con só dúas semanas de ades-tramentos, tres encontros amigables de pretempada, unha plantilla á que lle fal-ta unha peza -un pívot- e contra un dos favoritos ao ascenso, o Melilla. Com-plicado primeira cita para un conxunto ourensán, polo que haberá que espe-rar para velo en pleno ren-demento.

Mentres todos os equi-pos da LEB Ouro comple-taron seis ou sete semanas de preparación, a maioría dos xogadores ourensáns levan dúas. Esto leva con-sigo que algún membro da plantilla estea fóra de forma, caso de Jhornan Zamora.

Enganchar ao público ourensán

Unha das premisas desta tempada será a de engan-char ao público. Sen nada que xogarse (pase o que pase o ascenso está asegu-rado) desde o club teñen

que lograr que o público non perda a ilusión e acu-da ao Pazo. Para iso, o técnico, Gonzalo García de Vitoria, confeccionou un equipo moi novo e con gañas de crecer.

Pedro Rivero e Guille Rejón son o contrapun-to a unha plantilla que pretende agradar. Rive-ro e Rejón serán os que indiquen o camiño para ilusionar á grada. Da motivación deles dous pasará gran parte dunha tempada transitoria na que nada está en xogo no deportivo, pero moito no que respecta a entusias-mar a uns seareiros que sufriron moito este ano.

MelillaOs norteafricanos che-

gan a esta primeira xor-nada como os grandes animadores do mercado estival. Favoritos a todo esta tempada, contan nas súas filas con xogadores como Almazán, Franch, Sonseca ou mesmo o ex do COB, Marcos Suka Umu, un dos artífices do ascenso do club cobista.

31º Día da BiciUn ano máis as rúas de Ourense cedéronlle o protagonismo por un día á bicicleta. O

pasado domingo �7 de setembro celebrouse a 31ª edición do Día da Bici, unha mani-festación ciclista que miles de ourensáns non se quixeron perder. Por unhas horas na capital os coches quedaron aparcados para que as bicicletas tomaran as rúas formando a tradicional serpe multicor.

Desde a organización cifraron en máis de 7.000 as persoas que participaron nesta edición que tiña por lema “na bicicleta non vai un ciclista, vai unha vida”.

Atrás quedaron anos de sinsabores pola falta de entendemento entre organizadores e Concello de Ourense, chegando ao seu máximo de distanciamento o ano pasado. No �01� non se celebrou e a Fundación de Carlos Moure tivo que pedir permiso para unha manifestación, a cal foi secundada por miles de persoas sobre dúas rodas.

Miles de ciclistas afeccionados participaron no 31º Día da Bici./P. LODEIRO.

Redacción

A pasada fin de semana disputouse nas Lagoas a quinta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Preto de medio millar de atletas participaron nesta carreira que tiña o seu epicentro nas pistas de atletismo do campus uni-versitario.

Cun día soleado, ideal para a práctica do atle-tismo, os primeiros en saltar ao tartán da pista foron os pitufos. Varias ducias deles participaron colgándose todos unha medalla conmemorativa ao final da carreira.

Logo chegou o turno para os benxamíns e ale-víns, sendo os primeiros

Paredes e Fernández, máis líderes4 A falta dunha carreira para rematar o “Correndo por Ourense” Javier Paredes e Iria Fernández postúlanse como vencedores.

en meta Anxo Losada e Claudia Salgado, en cate-goría masculina e femini-na, respectivamente.

Na proba na que partici-paban os infantís e cadetes Ziad Nagihi, en homes, e Adriana García, en mulle-res, foron os máis rápidos.

AbsolutaPara o final quedaba

a proba absoluta. Dúas voltas a un circuíto para

completar 6.�00 metros de percorrido cunha dura rampa que facía desta unha carreira esixente.

En homes, o mellor foi Javier Paredes (Ouren-running) cun tempo de �0 minutos e 53 segun-dos.Tras el, o seu máis inmediato rival, Luis Iglesias (Arenteiro Atle-tismo), quen empregou un tempo de �1:10 minu-tos. En terceira posición entraría José Manuel Co-rral (Arenteiro Atletis-mo) parando o crono en �1:35 minutos.

En mulleres, Iria Fer-nández (Comesaña Spor-ting Club) segue intrata-ble e volveu demostralo cunha nova vitoria; o seu tempo: �� minutos e �5 segundos. Segunda che-garía Sonia Teijeiro (At-letas Veteranos Ourense) a máis dun minuto da vencedora (�5:53). Ana María Ocampo foi tercei-ra cun tempo en liña de meta de �6:�6 minutos.

Participantes na carreira das Lagoas./RAMSÉS.

Ciurana e De la Fuente, vencedores da Winnerman Redacción

Marc Ciurana e Anne De la Fuente foron os vencedores da segunda edición da Winnerman, que este ano tivo lugar no encoro de Castrelo de Miño.

En categoría masculina o primeiro en completar os 1.000 metros a nado, os 5km a pé e novamente un quilómetro a nado foi Marc Ciurana, cun tempo de �5 minutos e �1 segun-dos. Segundo foi Jacobo Blanco (�7:36) e terceiro, Miguel Pimentel (�9:�5).

En mulleres o podio es-tivo copado por Anne de la Fuente (51 minutos e �6 segundos), Ana María Santiso Prado (5�:51) e Isabel Rodríguez (53:�8), como primeira, segunda e terceira, respectivamente.

En categoría júnior Eyén Díaz (10 minutos e �5 segundos) e Santiago Gutiérrez (11:00) foron os máis rápidos en com-pletar dúas veces �50 me-tros a nado e 500 metros de carreira a pé.

RelevosEn canto aos relevos,

a mellor parella absoluta foi a formada por Cris-tóbal Dafonte e Alberto Taboada (“Dezanos”) cun tempo de �7 minutos e 17 segundos. A mellor júnior foi a que formaron Anne De la Fuente e Sara Na-veiro (“Sexy chicas”) re-matando a proba en 9:19 minutos.

Marc Ciurana na sec-ción da carreira a pé na Winnerman celebrada en Ourense./RAMSÉS.

Page 23: Setembro - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSSetembro de �015CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�00� Ourense. Tel: 988 0�5 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 9 - Ano: XIV - Setembro de �015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 0�5 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �� h. 988 510 �5�Prot. Civil Barbadás988 391 �79Cruz Roja Ourense 988 ��� �8�SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� �00 116H. Sta. Mª Nai 988 385 �99Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 �71Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� ��0 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 6�6 6�5 119��h. Alc. Anón. 988 �69 5�0Alcoh.An. ��h. 988 �� 76 �3 Narcóticos Anóm 671 58 �8 38Asoc.Crohn 630 136 ��7Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Ofrécese mozo con título téc-nico sociosanitario para o coi-dado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tel. 666 85 7� 39.Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 1� 91 ��.Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 60 3� 1�.Ofrécese señora para limpe-za, pasar o ferro ou facer a co-mida, con informes. Tel. 606 65 09 05.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de �0 anos de experiencia. Tel. 610 659 �17.Fanse desbroces económicos con tractor e a man. tel. 630 5� 1� �8.Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc. Tel. 656 78 �� 60.Necesitáse albanel e en pago regálase unha casiña. Tel. 988 10 18 16 ou 609 0� 8� 00.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 66� 59 06 0�.Ofrécese señora para tra-ballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 �� �5 �3.

Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experien-cia. Tel. 667 50 83 33.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebook e Youtube: dúo piano voz.Ofrécese señora para o coi-dado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con in-formes. Tel. 669 �3 �3 30.Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia de-mostrable. Con carnet de con-ducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 93 00.Ofrécese cabina para podó-logo e despacho para nutri-cionista, ambos dados de alta como autónomos, en centro multidisciplinar. Tel. 630 03 06 ��.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 ��.Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).

Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10.Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, �5 euros. Tel. 606 03 57 81.Vendo casa para restaurar con finca na estrada de San-tiago. Tel. 637 00 59 10.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de �35x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco de 73x�09cm (ten pechadura e chave). Tel. 610 65 9� 17.Compro ventás de alumi-nio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 05 69 ��.Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 5� 1� �8. Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel. 610 65 9� 17.Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 9� 17.Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. 73x�09cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 9� 17.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque. Tel 68� �1 �0 79.

Vendo finca pequena ao ca-rón de parada de bus, preto de Ourense. 350 metros cadra-dos. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 �� �5 �3.Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga pota-ble. Tel. 6�9 67 3� 9� e 988 �1 67 55.Alúganse tres oficinas ex-teriores, acondicionadas. En Progreso. Tel. 637 00 59 10.Vendo ático na praia de Panxón. � habitacións, � ba-ños, salón, cociña, trasteiro e garaxe. Urxe venda. Tel. 636 36 �3 78.Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101.Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima. Todo exterior. 168 m�. �50 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 03 57 81.Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas (xunto á Casa de Chocolate). Sexto piso con buhardilla, � habi-tacións, cuarto de baño. Tel. 630 03� 0�7.Alúganse dúas naves de ��� e �5� m�. Xuntas ou separa-das. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 639 67 7� 3�.Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 637 00 59 10.Vendo piso en Portonovo. No centro, preto da praia. Tel. 6�6 �97 50�.Véndese pequeno soar en ruí-nas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo �.000 euros. Tel. 636 3�9 5��.

Véndese Volkswagen Golf. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 68� �1 �0 79.Vendo smartphone Primux Delta. Seminovo. Dúas ba-terías e dúas ranuras para tarxetas. Inclúe auriculares, cargador e caixa. Prezo: 60 euros. Tel. 6�9 15 70 �5.Vendo silla de coche para neno. �0 euros. Tel. 606 03 57 81. Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95.Merco calquera cousa de Star Wars (figuras, cómics, cromos, naves...). Tel. 667 50 83 33 (WhatsApp).Vendo Volkswagen Golf V 1�0cv TDI Sportline. 6 ve-locidades. De maio de �005. Climatizador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Parrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 103 100.Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 98� 0�3.Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completamente equipado. Tel. 695 690 9�5.Vendo berce novo de madeira maciza. Regalo colchón, tamén novo. Tel. 988 0� 5� 7� e 666 8� 10 �9.Vendo coche sen carné Micro-car en perfecto estado. Eleva-lunas eléctrico, peche centra-lizado, motor de 500cc, �.000 euros negociables. Seminovo. Tel. 677 �� 96 57 (José Luis).

Alúgase bodega, serve para ga-raxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Francisco de Moure. Prezo �0 euros. Tel. 636 3�9 5��.Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto, con fiestra cara a rúa, cama de matri-monio, mobles, calefacción, tele-visión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 9�� 5�7 (WhatsApp). Preferible-mente persoa tranquila, ordenada e non fumadora (aínda que me adaptaría se fose necesario).

Ofrécese mozo de compañía para mulleres de �0 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de cha-mar homes. Tel. 697 79 59 �8.

CONTACTOS

Page 24: Setembro - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSSetembro de �015