Abril de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 4- Ano: XIV - Abril 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 ELECCIÓNS Páx.3-7 DEPORTES Páx. 20 BARRIOS Páx.10 EMPREGO Páx.12 O COB visita Melilla na primeira ronda do playoff de ascenso 233.000 euros para renovar a rúa da Murga e catro camiños rurais Nova edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense Propoñen unha nova ARI para Serra San Mamede e A Inmaculada BARRIOS Páx.9 Especial eleccións municipais en Ourense e Barbadás A feira estará ubicada na Alameda ata o 3 de maio./P.LODEIRO [Páx.8] Entrevista á xunta directiva da asociación de veciños Os Rosais 33 expositores na Feira de Artesanía Posta en valor da Ponte Romana Os traballos de mellora comezaron coa retirada de maleza./P.L. [páx. 9] [páx. 15]

description

Un especial sobre as eleccións do 24M, a entrevista á A.VV. Os Rosais, e o plan de posta en valor da ponte Romana, o máis destacado da portada do número de abril de Ourense por Barrios.

Transcript of Abril de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 4- Ano: XIV - Abril 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ELECCIÓNS Páx.3-7 DEPORTES Páx. 20BARRIOS Páx.10 EMPREGO Páx.12

O COB visita Melilla na primeira ronda do playoff de ascenso

233.000 euros para renovar a rúa da Murga e catro camiños rurais

Nova edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense

Propoñen unha nova ARI para Serra San Mamede e A Inmaculada

BARRIOS Páx.9

Especial eleccións municipais en Ourense e Barbadás

A feira estará ubicada na Alameda ata o 3 de maio./P.LODEIRO

[Páx.8]

Entrevista á xunta directiva da

asociación de veciños Os Rosais

33 expositores na Feira de Artesanía

Posta en valor da Ponte Romana

Os traballos de mellora comezaron coa retirada de maleza./P.L.

[páx. 9]

[páx. 15]

Page 2: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSAbril de �015

TEMA DO MES

4Bombeiros e Policía Local demandan máis plantilla

Os bombeiros e a Po-licía Local de Ourense fixeron chegar as súas reivindicacións á sesión plenaria extraordinaria do 27 de abril. Esixen a convocatoria inmediata de todas as prazas vacantes e das de promoción inter-na do servizo, así como a dotación orzamentaria de todas as prazas amortiza-das ou non dotadas nos últimos anos.

Nun comunicado previo, os bombeiros alertaban do “progresivo deterioro do servizo” pasando dun máximo de 71 efectivos aos 55 actuais, lonxe das recomendacións da UE dun bombeiro por cada mil habitantes. Queren “un mínimo que garanta a seguridade dos cidadáns e o bo funcionamento do sevizo”, que ata agora fo-ron parcheando coa reali-zación de horas extraordi-narias.

BNG, PP e DO apoia-ron as súas demandas, e o alcalde recordou que todas as prazas de promoción in-terna xa foron convocadas, mentres que as de promo-ción libre “se convocarán cando se poida”.

P. Lodeiro

O voceiro do PP Rosen-do Fernández, anunciou na sesión plenaria de abril no Concello de Ourense que a Deputación (da que é vice-presidente) ten “unha pro-posta de baixada de prezos” para o aparcadoiro do com-plexo hospitalario, un dos máis caros da cidade. Fíxoo durante o debate dunha mo-ción de DO sobre este pár-king, que non foi aprobada. Por certo que o Concello vén de denegar licenza de aper-tura ao párking ante a falla de correspondencia entre o proxecto de obra e a obra de ampliación realizada.

Si saiu adiante, e por una-nimidade, unha moción do BNG sobre a construción dun campo de fútbol na Carballeira, malia os temo-res do edil popular Bernar-dino González de que non se poida executar esta obra neste momento porque no PXOM do 86 –o vixente- a zona está cualificada como parque e no PXOM en re-dacción “esa infraestrutura non está contemplada”.

Tamén foi aprobada a emenda do PP –cos votos desta formación e do PSOE- á moción do BNG sobre a concesión da cafetería anexa ao hotel San Martín. Os nacionalistas querían que se rescatara a conce-sión, mentres que os popu-

lares reclaman que a comi-sión informativa aberta por este asunto presente as súas conclusións antes da fin do mandato. Conclusións que, como recordou a edil do BNG, Susana García, están á espera dun informe dos servizos xurídicos que acu-mula “unha demora de nove meses”.

Limpeza viaria no ruralNeste pleno interviu un

representante veciñal da Agrupación Miño, José Ma-nuel García Casares, para presentar unha iniciativa sobre os incumprimentos da limpeza viaria do rural na que reclaman que se faga cumplir “íntegro” o contrato á concesionaria ou que se lle rescinda. Senón, advertiu, “os veciños falarán cando lles toque, o 24 de maio”.

Suspensión do plenoEstábase debatendo a

moción do BNG sobre un Plan Municipal de Vivenda Social cando se coñeceu a agresión a Jacome, que motivou a suspensión da sesión. O pleno retomouse o �7 de abril coa aprobación das tres mocións pendentes.

O voceiro de Democra-cia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, foi agredi-do ás portas do Concello cando se estaba a celebrar o pleno, o pasado 10 de abril, o que obrigou ao al-calde a suspendelo.

Jácome relatou que es-taba na praza Maior can-do “un home de aproxi-madamente 30 anos e ante varias testemuñas” agrediuno, propinándolle “un fortísimo puñazo no lateral da cara, aplastán-dolle ao mesmo tempo un ovo que levaba na man e insultándoo”. O suposto agresor, o músico pon-tevedrés Roberto Carlos Regueira, foi detido mi-nutos despois e quedou en

liberdade con cargos tras declarar ante o xuíz.

O líder de DO considera que o autor do ‘ovazo’ era “un mercenario mandado” por parte da Banda Muni-cipal de Ourense, extremo que o director desta negou, indicando que o presunto agresor “nin forma parte da Banda, nin ten vencella-mento coa mesma”.

Tras pasar por un cen-tro de saúde para obter un parte de lesións, Jácome presentou denuncia na co-misaría. O seu partido, DO, personarase tamén como acusación, e valora pedir a pena máxima, seis anos de cárcere, de considerarse o incidente como agresión a unha autoridade.

PLENO DE OURENSE

O voceiro do PP anuncia a rebaixa das tarifas do párking do CHUO4 No transcurso dunha moción de Democracia Ourensana na que se solicita-ba adoptar medidas para conseguir rebaixar o prezo do aparcadoiro para os usuarios. O Concello vén de denegarlle licenza de apertura ao párking.

Moción sobre a BandaA agresión produciuse

tralo debate da moción máis polémica da orde do día, na que DO reclamaba axustar á baixa o custo da Banda de Música Muni-cipal, que cifraba nuns 400.000 euros anuais para ao redor de 50 eventos.

Os outros tres grupos políticos acusaron a Jáco-me de demagoxia; a edil de Cultura, Ana Garrido, subiu as actuacións ata 74 e dixo que xa se pre-para un novo contrato coa agrupación. Para o rexe-dor, a Banda “ten un prezo razoable e o seu valor é incalculable”.

4 Agresión a Gonzalo Pérez Jácome

Os veciños presentaron unha iniciativa para mellorar a limpeza viaria no rural

Gonzalo Jácome é atendido por Rosendo Fernández trala agresión sufrida./P.L.

Con camisetas nas que puña “Esquecidos” así protestaron policías e bombeiros no pleno./P.L.

Page 3: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSAbril de �015

ELECCIÓNS especial

Máis de 80.000 ourensáns están chamados ás urnas o vindeiro 24 de maio

Récord de candidaturas para as eleccións municipais en Ourense4 Ata 11 listas aspiran a gobernar a capital ourensá.

Os votantes de Barbadás elixirán entre cinco listas4 Aos clásicos PP, PSOE e BNG súmanse des-ta volta DO e CxG.

P. Lodeiro

A 11 candidaturas -2 máis que en �011- poderemos votar os ourensáns o vin-deiro 24 de maio. 87.108 persoas compoñen o censo electoral da capital ourensá, que se enfronta, nos próxi-mos comicios electorais, a unha das citas máis reñidas que se recordan.

Así, preséntanse os catro partidos que conforman a corporación municipal: Partido Popular, co ex con-selleiro Jesús Vázquez de candidato; Partido Socia-lista, co edil de Facenda, José Ángel Vázquez Bar-quero como cabeza de lis-ta; o Bloque Nacionalista Galego con Susana García de candidata, e Democra-cia Ourensana con Gonza-lo Pérez Jácome.

Entre as novas listas, Ourense en Común, que presenta ao líder veciñal Miguel Doval de candida-to; Compromiso por Gali-cia, con Xosé Mosquera de cabeza de lista, e Anova, con Lito Prado no primeiro posto. Tamén regresa á po-lítica local ouensá Coali-ción Galega, con Fernando Alonso; repite UPyD, aín-da que desta vez con Olga Mª Fabello de candidata; e estréanse a formación li-derada polo ex xuíz Elpidio Silva, o Movimiento RED, con Luis Fernando José Riobó á fronte, e o Parti-do Animalista (PACMA),

con Alexandra González. Fronte ao escenario de fai catro anos, Esquerda Uni-da concorre desta volta in-tegrada en Ourense en Co-mún, ao igual que Por un mundo más justo, e non se presentan nin Terra Galega nin Iniciativa por Ourense, estes últimos trala súa mar-cha da “marea” cidadá.

Non estarán presentes nestas votacións as dúas formacións en alza no conxunto de España: nin Podemos, que retirou o seu apoio á plataforma cidadá Ourense en Común ao non elixir os seus candidatos en primarias abertas, nin Ciu-dadanos, cuxa lista ourensá que amagou con presentar-se aínda que non obtivo o respaldo da dirección do partido.

Profunda renovaciónAmais do incremento de

listas, o que máis desta-ca desta cita electoral é a

profunda renovación nas listas dos partidos que xa contaban con presen-za na corporación, como querendo facer borrón e conta nova tras este con-flitivo mandato. Tan só Jácome repite nas súas aspiracións á alcaldía de Ourense, os demais can-didatos son novos. E dos actuais 27 edís, só recun-can nas listas dous do PP (Belén Iglesias e Pepe Araujo), dous do PSOE (Juana Ageitos e José María García Tejerina) e dous do BNG, aínda que sen posibilidades de saír por ir nos últimos postos (Secundino Alonso e Xi-mena González).

P. Lodeiro

A retirada de Freire Couto, tras máis de dúas décadas á fronte do con-sistorio, e a aparición de dous novos partidos é o máis destacado do pano-rama electoral das muni-cipais en Barbadás.

A Freire substítúeo como candidata do Parti-do Popular a actual con-celleira Consuelo Vispo Seara, e as novas listas que se presentan son as de Democracia Ourensana e Compromiso por Galicia, cuxa candidatura parte dunha iniciativa veciñal.

No Partido Socialista e no Bloque Nacionalista Galego repiten como can-didatos os actuais vocei-ros, Xosé Carlos Valcárcel e Xosé Manoel Fírvida, e nas dúas novas forma-cións, Fina Varelas será a candidata de DO e Ramón Padrón o de CxG.

ListasDos actuais edís popu-

lares optan á reelección, ademais da candidata, tres (José Antonio Do Olmo, Miriam Prieto e Nieves Carril); dos nacionalis-tas, os tres cos que conta (Ánxela González e Sera-fín Núñez amais de Fírvi-da), e nos socialistas Vic-toria Morenza volve ser a número 2.

Con 8.049 votantes, o incremento do censo fixo que a corporación tamén aumentase, pasando de 13 a 17 concelleiros.

A popular Consuelo Vispo entre Freire Couto e Baltar.

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Barbadás.

Candidatos de Compromiso por Galicia en Barbadás.

Xosé Carlos Valcárcel, can-didato socialista á alcaldía de Barbadás.

Fina Varelas é a candidata de Democracia Ourensana en Barbadás.

Quen ocupará a alcaldía de Ourense tralo 24 de maio?

Page 4: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSAbril de �015 especial ELECCIÓNS

A xeración de emprego será primordial para o PP P. L.

O candidato popular, Jesús Vázquez, presentou os dez eixos que definen o programa electoral co que pretende alcanzar a alcal-día da capital ourensá. Un programa “ambicioso” no que a xeración de emprego será un “vector transver-sal”, segundo o explicou Vázquez, quen tamén dixo que é froito das máis de 300 reunións con todo tipo de colectivos e das propos-tas dos veciños.

De chegar a rexedor, o político popular plantexa realizar unha auditoría no consistorio ourensán; “é necesario que a cidadanía

coñeza a situación”, xusti-ficou.

PropostasO programa propón re-

ducir a presión fiscal, o persoal de confianza, os gastos de protocolo e as asignacións a grupos po-

líticos. Farase “de maneira significativa, non van ser medidas de maquillaxe”, defendeu Jesús Vázquez.

A posta en marcha do transporte metropolitano, a aprobación dun PXOM optando na súa formula-ción “pola máxima trans-

parencia e participación dos cidadáns e axentes sociais” e “coa seguri-dade xurídica necesaria para favorecer as inver-sións”, e o desenvolve-mento dun Plan de Em-prego local son algunhas das propostas.

Pedro Sánchez e José Ángel Vázquez Barquero./P.L.A candidata do BNG, Susana García, xunto a parte da súa lista, na súa “oficina” instalada no Paseo./P.L.

Acto de presentación da candidatura popular no Auditorio./RAMSÉS..

O BNG quere auditar a situación do ConcelloP. L.

O BNG-Asembleas Abertas é outro máis dos partidos políticos que promete a realiza-ción dunha auditoría do Concello de Ourense nos primeiros seis meses de goberno se alcanzan a alcaldía. Na presentación do seu programa electo-ral, a candidata Susana García apuntou que “hai moitos servizos que non están funcionando ben”, e por iso considera a auditoría –que pode ser interna- un paso preciso tanto para “darlle unha volta ao funcionamen-to interno do Concello” como para coñecer o es-tado das contratas, e así proceder a unha futura remunicipalización de

servizos, outra das prome-sas electorais dos nacio-nalistas. Unha auditoría que tamén se aplicarán a si mesmos anualmente de chegar a gobernar.

500 medidasGarcía, que debullou os

grandes trazos dun progra-ma con máis de 500 medi-das estruturadas en nove bloques, declarou que as medidas relacionadas co desemprego e a potencia-ción dos servizos sociais serán para o BNG “priori-tarias”.

Un Plan Municipal de Vivenda para garantir un dereito básico, campañas de promoción do consumo no comercio local, o des-envolvemento do terma-lismo, políticas específicas para evitar a emigración da mocidade, e a posta en valor do noso patrimonio material son outras das liñas básicas recollidas no programa electoral do Bloque en Ourense.

Termalismo e benestar, eixos do programa socialistaRedacción

Urbanismo libre de espe-culación e desenvolvemen-to termal serán prioridades para o candidato socialista á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero. Trátase de dous alicerces que cualifica como “funda-mentais” para o desenvol-vemento da capital termal de Galicia e que garantirán o desenvolvemento eco-nómico e incrementarán o estado de benestar da so-

ciedade ourensá.O político socialista ta-

mén ten proposto nesta precampaña a “remunici-palización” dalgúns servi-zos públicos básicos, aínda que non concretou cales. “Algúns están suxeitos a contratos”, dixo.

Aval de dous mandatosBarquero considera que

o programa marco do seu partido para as municipais “respalda e avala” as po-líticas desenvolvidas no consistorio ourensán nes-tes dous mandatos. Así, cre que houbo “unha moi boa xestión, sobre todo en urbanismo e en políticas de benestar”.

Page 5: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSAbril de �015

ELECCIÓNS especial

Miguel Doval encabeza a candidatura de Ourense en Común.

Políticas de benestar social, prioridade para Ourense en ComúnP. L.

A plataforma cida-dá Ourense en Común adiantou as liñas mestras do seu programa elec-toral, que se rexe polos principios da “eficiencia na xestión política” e de estratexia na que “todas as accións deben respon-der a un modelo de cida-de”, segundo explicou o número tres da lista Mar-tiño Xosé Vázquez.

Vázquez anunciou que o primeiro que farán, de chegar ao Concello de Ourense, será unha audi-

toría das contas públicas. Tamén propoñen un plan de avaliación e reorganización da administración, un pro-grama de racionalización do gasto público, a remu-nicipalización de servizos públicos, e a participación da cidadanía nas decisións que afecten ao futuro da cidade, como poden ser o PXOM, a entrada do AVE ou os orzamentos. Por iso son críticos coas “présas” do Goberno municipal en pechar o contrato do transporte urbano e rexei-tan “vicios adquiridos”, en palabras do seu candidato á alcaldía Miguel Doval, como o feito de dispor de coche oficial e chófer. En canto ao modo de realizar referendos cidadáns, están traballando “nas ferramen-tas e nos métodos” dun

proceso que non se pode li-mitar “ao voto telemático”.

Todas estas propostas estarán supeditadas a ga-rantir o benestar social. Neste eido propoñen crear un parque de vivenda so-cial, un servizo de media-ción para evitar desafiu-zamentos e un fondo de protección social.

25 alicerces para o proxecto de Democracia OurensanaRedacción

Democracia Ourensana foi o primeiro partido po-lítico que concorre ás mu-nicipais na capital ourensá en avanzar o seu programa electoral.

Entre os 25 alicerces do seu proxecto para Ouren-se, a implantación de or-zamentos participativos e converter a web municipal nun centro de trámites, queixas e opinións. Enten-de o candidato a alcalde, Gonzalo Pérez Jácome que “canto máis ollos mirando, menos tocando”.

Outra das propostas de DO é crear unha xunta de

compras para conseguir o mellor prezo do mercado nas compras que teña que realizar o Concello.

Ofrecer impostos e taxas máis económicas aos em-padroados en Ourense, eliminar os gastos super-fluos e reducir á mínima expresión subvencións e burocracia tamén están na súa axenda electoral.

Para a política cultural, Democracia Ourensana opta por eliminar as “polí-ticas paternalistas”. “Polo menos un 50% dos gastos dos eventos culturais que o paguen os espectadores”, indicou o seu candidato.

Rescatar as externaliza-cións municipais aplican-do un ERE no persoal “se procede” e loitar contra o absentismo laboral con-trolando o horario dos tra-balladores municipais son

Gonzalo Pérez Jácome e o número 2 da lista de Democracia Ourensana, Armando Ojea.

outras das propostas de DO. Pola contra, propo-ñen ampliar a plantilla de bombeiros, Policía Local e técnicos.

Anova preséntase como o “voto crítico”P.L.

Anova Ourense será unha máis das opcións ás que votar o vindeiro 24 de maio nas eleccións municipais ao Concello de Ourense. A formación de esquerda rupturis-ta nacionalista acordou presentar lista, trala súa saída de Ourense en Co-mún, ao considerar “que esta cidade necesitaba unha alternativa para po-ñer fin a este réxime que nos está gobernando”, explicaba Daniel Conde, número tres dunha candi-datura que lidera Aurelio (Lito) Prado.

Dentro da pluridade de candidaturas que optan á alcaldía ourensá, Anova vese a si mesma como

o “voto crítico” e como “contraposición ideo-lóxica” ao PP. De feito, Prado considera que “se-ría perigoso para o Con-cello que volvera o PP a gobernar “.

En canto ás súas propos-tas, Anova preséntase para “sumar cidadanía”, para conseguir emprego para todos, para facer unha ci-dade habitable, para aca-dar igualdade entre homes e mulleres, e para conse-guir un goberno “decente e transparente”.

Aurelio Lito Prado, can-didato de Anova.

Xosé Mosquera lidera a candidatura de CxG.

Xosé Mosquera, candidato de CxGRedacción

Xosé Mosquera, can-didato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ourense nas municipais de maio, valora o seu equipo como un “grupo preparado para gobernar” e como a única lista “alternativa de goberno aos dous de sem-pre”. Así, asegura que o acompaña xente “honesta, profesional e preparada para gobernar”.

Trátase de Xosé Manuel Pérez Bouza, Ana Bande e Xosé Luís Doval, que ocu-parán o segundo, terceiro e cuarto posto da lista de Compromiso en Ourense - Concellos Transparentes. Olga Iglesias, Marco Va-lerio Lama, Concepción Rodríguez, José Luís Cas-tro, Nieves Nieto e Antonio César Ansias sitúanse do quinto ao décimo posto.

Coalición Galega, UPyD, Movemento RED e PACMA, as outras alternativasRedacción

O histórico partido Coalición Galega súma-se á carreira electoral pola alcaldía de Ourense, tendo como candidato a Fernando Alonso Loren-zo. Baixo o lema “Por unha boa causa”, presén-tanse para defender “os intereses dos cidadáns” e situándose no espectro ideolóxico “galeguista de centro”. De chegar a obter representación, Coalición Galega ofré-cese a dialogar con todo aquel partido “que traba-lle pola cidade, que non leve corruptos” e aposte “por unha maior transpa-

O candidato galeguis-ta destaca que se rodea persoas que “entenden a actividade política como unha acción de servizo temporal a cidadanía”.

“Non teñen que firmar códigos éticos senón que teñen os valores da trans-parencia, o respeto, a inte-gridade e a colaboración como código de vida”, in-cide Mosquera, que expli-ca, ademais, que calquera deles “sempre respetarán os resultados das consul-tas á cidadanía”.

Fernando Alonso é o candidato de Coalición Galega.

rencia”. Malia a crise que está a

atravesar a nivel estatal, UPyD volve presentar can-didatura en Ourense aínda que con nova candidata, Olga María Fabello.

Os que si se estrean na nosa cidade son o Move-mento RED do ex xuíz Elpidio Silva, liderado na capital ourensá por Luis Fernando José Riobó, e o Partido Animalista Contra o Maltrato Animal.

Page 6: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSAbril de �015

P. L.

Empezo preguntándolle polas informacións publicadas en El País que o relacionan coa Poke-mon, supostamente pedindo un enchufe para un traballo.

Jesús Vázquez: “Descoñezo esa información que ten un pe-riódico porque non teño o auto pero si que podo dicir que eu non teño nada que ver coa Pokemon nin coas empresas relacionadas coa Pokemon, nin con cuestións relacionadas con subvencións, fi-nanciacións, ou comisións. Sigo extrañado, sorprendidísmo que poida aparecer o meu nome nesa situación; nunca actuei de manei-ra incorrecta”.

Preocúpalle que este tema lle afecte na campaña?

J.V.: “Cando alguén ten a con-ciencia moi tranquila está tran-quilo; eu son unha persoa tremen-damente honesta e honrada e así o exercín durante toda a miña vida nos distintos labores que tiven. Evidentemente non é agradable porque tes unha familia, e porque creo que é inxusto”.

Como está a ser o seu día a día de precampaña?

J.V.: “Moito traballo; levantar-me ás sete da mañá e manter en-contros con entidades de todo ám-bito, unha media de 15 reunións

diarias, traballar co meu equipo, e dar paseos pola cidade parando coas persoas que nos atopamos. Foron dous meses e medio inten-sos de escoitar para poñer en mar-cha o programa que chamamos ‘O Ourense que ti queres’”.

E como compaxina co traba-llo como deputado?

J.V.: “En todo caso durmindo moi pouco e traballando moito. Na vida política non tes sábados e domingos e as noites moitas ve-ces se reducen a tres ou catro ho-ras, porque estás a traballar ata a unha, dúas da mañá co ordenador, contestando emails, manexando as redes sociais...”.

Como se define como políti-co?

J.V.: “Son unha persoa de ideas moi claras pero si me deixo acon-sellar e si teño o meu grupo de persoas coas que intento falar. Ta-mén é moi bo falar con xente de fóra do teu entorno, xente que fai crítica construtiva.

Para estar en política tes que ter unhas ideas, ilusión e gañas de levar a cabo esas ideas, pero é ne-cesario diálogo, é moi importante que escoites”.

Foi elixido sen votación nin primarias, síntese respaldado polo PP?

J.V.: “(A miña elección) é unha

decisión que corresponde ao par-tido, pero é obvio que nestas elec-cións estamos máis unidos que nunca ao redor dun proxecto, dun programa e dun equipo renovado. É algo que está latente: a cidada-nía nos di pola rúa ‘estades todos entorno a unha piña’. Si que me atopo respaldado”.

O PP difundiu unha foto de vostede con Enrique Nóvoa e Manuel Cabezas; significa que son un modelo no que se quere mirar?

J.V.: “Evidentemente para min Cabezas foi un gran alcalde, pero unha foto non significa nada. Teño fotos con Cabezas, con Poli, con Rodríguez Cid, pero tamén con Manuel Baltar, con Feijoo, coa miña candidatura... Estamos to-dos a xogar o noso papel para que o día 24 a cidadanía confíe en nós porque vexa un proxecto detrás e unha ilusión para tratar de sacar adiante a esta cidade despois de catro anos broncos, de falta de normalidade, de insultos”.

Por que só repiten dous con-celleiros na lista do PP?

J.V.: “Responde á idea de acompañarme un grupo que su-puxera un cambio na xestión. A lista a fai cada candidato coas súas persoas de confianza, pero en todo caso con xente cunha ex-periencia no ámbito privado e pú-

blico moi importante. Era o mo-mento de facer un grupo de xente próxima, humilde, moi preparada para poder solucionar os proble-mas dos cidadáns e que escape do que pode ser a falta de diálogo”.

É unha crítica ao grupo mu-nicipal do PP?

J.V.: “En absoluto. Díxeno sempre: o papel que lle tocou ao meu grupo como xefe da oposi-ción tendo gañado as eleccións foi difícil, porque é moi difícil tratar de facer oposición cando enfronte tes un grupo que nun momento é a suma de varios partidos, que posteriormente pasa a ser un gru-po só pero á súa vez volve ser a confluencia de varios grupos. É certo, son lícitos os pactos pero cando ves que non hai, que estás rodeado dunha minoría moi mi-noría de 27 edís, tería sido máis honesto coa cidadanía deixar go-bernar ao grupo maioritario, o PP. Estou seguro que tería cambiado

moitísimo a percepción da xente e teríamos evitado ir a máis, en-rocarse”.

Cre que esta será unha cam-paña de todos contra o PP?

J.V.: “Esta campaña o PP fala-rá en positivo e do seu programa, e non do resto. Nós imos pensar que a xente nos necesita para xes-tionar, con proximidade, con hu-mildade, sabendo que hai escasos recursos, sabendo os grandes pro-blemas que ten esta cidade que día tras día están saíndo.

Nós falaremos de nós, e coa cidadanía, e cos grupos que así o estimen oportuno, pero en po-sitivo. O que está dicindo a xente é deixádevos do ‘e ti máis’ e do insulto, non caiamos nos mesmos erros. E dentro da posición que nos toque e decida a cidadanía o 24 o que si teño claro é que actua-remos con toda honestidade coa cidadanía, por riba das siglas do partido”.

ENTREVISTA A JESÚS VÁZQUEZ

“O que está dicindo a xente é deixádevos do ‘e ti máis’ e do insulto”4 O candidato do Partido Popular aposta por unha cam-paña en positivo e destaca o seu carácter dialogante.

especial ELECCIÓNS

“O papel que lle tocou ao meu grupo como xefe da oposición tendo gañado as eleccións foi difícil”

Jesús Vázquez, na oficina do candidato./P.L.

Page 7: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOS Abril de �015ELECCIÓNS especial

ENTREVISTA A GONZALO PÉREZ JÁCOME

“NO CONCELLO DE OURENSE HAI CLARAMENTE UN ANTES E UN DESPOIS DE NÓS”

O candidato de Democracia Ourensana defende o labor de fiscalización rea-lizado polo seu grupo neste mandato

4 O programa P: Pódenos sinalar as liñas

mestras do programa electo-ral de DO?

R: “Reduciremos un �0% o recibo do IBI e e o imposto de vehículos de tracción mecánica.

Eliminaremos os privilexios dos traballadores do Concello, é dicir, erradicaremos o absentis-mo laboral inxustificado. Supri-miremos os sobresoldos arbitra-rios: os salarios dos funcionarios da Administración local son superiores aos soldos medios do funcionario estatal e autonó-mico. Un exemplo: un Policía Local cobra bastante máis que un Nacional ou Garda Civil. Su-primiremos as súas prebendas: pago de libros escolares, matrí-culas, lentes, dentista, etc.

Implantaremos un sistema que tratará de ir ao 100% da transparencia, o que significaría case 0% corrupción. Noutras palabras: máis ollos mirando, menos mans tocando.

Implantaremos ademais os orzamentos participativos, cara a unha democracia total, que os cidadáns elixan en que e como gastar boa parte dos orzamentos municipais. Repítese o concep-to: 100.000 cidadáns pensan máis que �7 concelleiros.

Teremos taxas máis económi-cas para os censados en Ourense incentivando así as inscricións no municipio.

Elimiramos o 100% dos gas-tos superfluos. Crearemos unha xunta de compras para rastrexar e conseguir os mellores prezos de mercado, evitando custos in-flados e compras a dedo.

Incrementaremos os operati-vos de Policía Local, bombeiros e técnicos.

Aumentaremos significativa-mente as actualmente pírricas axudas sociais, que sexan pro-gresivas e por renda.

Cumprirase a normativa de ruído, obviada repetidamente pola Administración municipal.

Melloraremos as zonas de Ourense “un barrio, un motivo”: piscina cuberta en Mariñaman-sa, escaleiras mecánicas en Cruz Alta, mellora do paseo fluvial, recuperación de Montealegre, re-vitalización do centro histórico...

Construíremos un gran par-que acuático de verán, e outro de inverno con auga termal.

Quintuplicaremos os recur-sos dedicados ao deporte base e de lecer, baixo o lema “ningún neno fóra” e crearemos unha Cidade Deportiva no Couto.

Eliminaremos a ORA para censados en Ourense, elimina-remos os bolardos, faremos un carril bici, construiremos pár-kings novos, e entraremos na Deputación para acabar cunha maioría absoluta que leva case 30 anos.

P: Chegando xa o termo do mandato, que achegou Demo-cracia Ourensana ao Concello de Ourense tras catro anos?

R: Hai claramente un antes e un despois de nós. Primeiro, difundimos os plenos por tele-visión para que todo Ourense soupese que acontece e como son os nosos representantes pú-blicos. Quedaron retratados.

Segundo, denunciamos todas as ilegalidades que atopamos, e isto ten varios efectos benefi-ciosos, como que, ao meterlle o medo no corpo, agora pensan ben o que fan. Por exemplo, o pasado día 23, o alcalde com-peleu ao párking do hospital a arranxar a sua licenza ou sería pechado; isto fíxoo porque nós o denunciamos no pleno do día 10, e decatouse que podemos de-nunciar, así que o grupo de go-berno tramitou en 13 días o que non fixo en seis anos dende que o párking perdeu a licenza por reformas de ampliación.

E o terceiro que achegamos é ilusión, saber que hai unha opción distinta aos políticos de sempre con mellor xestión, pro-postas e transparencia… E isto plasmarase nas vindeiras elec-cións do 24 de maio”.

P: Moitos políticos critican o que eles chaman a xudicializa-ción da xustiza.

R: “Claro, a eles gustaríalles que non se lle aplicase a xusti-za, estar ao marxe. Hai que ter ‘jeta’. Ou sexa, que o peso da xustiza caiga sobre calquera ci-dadán menos contra eles. Cando os acusas de corrupción, os po-líticos de sempre dinche que se atopas algo raro que o leves ao xulgado, e cando o levas, dinche que xudicializas a xustiza. É o colmo”.

P: Refrésquenos a memoria, cales son as denuncias que fixo Democracia Ourensana?

R: “A ver, a nivel de denuncias de mala xestión, fixemos máis de 70 denuncias de prensa nos últi-mos catro anos.

A nivel de xulgado de gar-da (non Fiscalía), fixemos seis denuncias penais, e todas están en trámite e ninguna arquivada.

A primeira, por pagarlle a unha empresa máis dun millón de euros sen sacalo a concurso.

A segunda, por presuntamen-te pagar facturas de traballo sen realizar no servizo de asistencia a domicilio; por esta, todo indica que pedirán anos de cárcere para a concelleira Marga Martín.

A terceira pola praza de San Antonio; por esta tivo que dimi-tir Aurea Soto, que se sentará no banco dos acusados en novem-bro e pola que se piden 10 anos de inhabilitación.

A cuarta polas obras de Bedo-ya e Paz Nóvoa.

A quinta polo acordo regula-dor, unhas prebendas que reci-ben os traballadores do Concello e que son ilegais segundo o inter-ventor e o xurídico principal do propio Concello.

E a sexta denuncia, pola pre-sunta estafa da casa Goretti. O Concello pagou 420.000 euros por un edificio a uns compra-dores, que non son os lexítimos compradores do todo, de modo que a venta quedou nula, e ata que o destapamos nós, o Conce-llo non pediu os cartos de volta,

ou sexa, cremos que espera-ban que quedara esquecido e os ourensáns sen os cartos.

O que eu me pregunto é o seguinte, se nós, Democracia Ourensana, non chegamos a en-trar no Concello, que pasaría con todos estes casos? Ningúen se enteraría e seguirían a xestionar igual”.

P: Hai quen os acusa de que só saben denunciar.

R: “Fixemos moitas propos-tas, e a todas nos dixeron que non, e a outras que si pero non fixeron ninguna. Así que non é certo que só denunciamos. En todo caso, o labor principal da oposición é fiscalizar, e a denun-cia, é obviamente o que debemos facer. Volve ser o colmo que nos critiquen por denunciar, cando é a nosa obriga”.

P: De cara ás vindeiras elec-ciós municipais do 24 de maio, que perspectivas teñen?

R: “Seremos a lista máis vota-da. Electoralmente é a tormenta perfecta para que dunha vez por todas, os cidadáns rexeiten os

políticos de sempre e aposten por Democracia Ourensana. A estas eleccións non concurren nin Podemos nin Ciudadanos, e PP e PSOE están manchados de corrupción e xestión pésima. O único vote coherente, necesario e casi imprescindible, é o noso”.

P:Tamén se di de vostedes que non teñen programa elec-toral.

R: “‘Cre o ladrón que todos son da súa condición’. Como eles non cumpren ningún pro-grama, como eles só propoñen vaguedades, e como as propos-tas deles non son brillantes, cren que os demais non o temos, pero fomos a primeira candidatura en amosar as nosas propostas, non como PSOE e PP que teñen que esperar a que llo permitan os xe-fes de Madrid ou Santiago”.

P: En que se diferenza o seu programa electoral para estas municipais?

R: “O noso programa é o máis brillante, o máis concreto e cun-ha diferenza primordial: a miña palabra vai a misa”.

“Volve ser o colmo que nos critiquen por denunciar, cando é a nosa obriga”

“O noso programa é o máis brillante e o máis concreto”

Gonzalo Pérez Jácome, nun pleno deste mandato no Concello de Ourense.

Page 8: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSAbril de �015 BARRIOS

“A asociación organiza unha excursión ao ano, o magosto e abrimos o local todos os días para que os veciños veñan ler a prensa ou xogar a partida”

Silvia Nieto

Da man da xunta directiva da asociación de veciños Os Rosais descubrimos a evolución dun dos barrios da cidade que máis medrou e mellorou nas últimas décadas. Falamos con Antoni-na Espinosa, Miguel Martínez, Rosa Bouzo, María José Lanzós e Tina Devesa.

P: Cando naceu a AVV Os Rosais?

R: “A asociación empezou fai máis de �0 anos e ao principio o local estaba na praza dos Rosais. Logo houbo un parón e volveuse a retomar. Pero o local que tiña-mos era moi pequeno e a medida que foi medrando o barrio vimos que precisábamos un maior e cambiámonos para este en mar-zo de 2007”.

P: Sempre estivestes na xun-ta directiva?

R: “Cando comezou había outro presidente e outra xunta directiva, pero algúns de nós xa formábamos parte dela”.

P: Canto tempo levades vós dirixindo a asociación?

R: “Dende antes de 2007 xa estábamos nós porque acá o pro-blema é que non conseguimos relevo. E os que estamos é para que non se peche o local e se poi-dan dar as actividades e servizos. Pero é bo renovarse.

E a motivación vai diminuíndo porque cada vez tes máis obstá-culos para conseguir as cousas, para lograr unha subvención mínima de 700 euros esixen de-masiados trámites. E cando fas o magosto que nos traen as cas-tañas os propios veciños xa nos poñen pegas nas facturas. Non temos tantos socios, uns 100, e

cunha cota de 10 euros ao ano non podes facer moito, polo que acabas incluso poñendo do teu peto, porque se vas facer unha compra e son un par de euros non llos vas cobrar á asociación. E ademais invistes o teu tempo libre nisto”.

P: Que melloras fostes lo-grando neste tempo?

R: “O que deu lugar a esta asociación foi o que medrou esta zona, o que é Serra Martiñá, Se-rra San Mamede e a praza dos Rosais. E acá naquel momento había moitos nenos, polo que se pelexou para lograr o parque infantil, pero agora os nenos xa son mozos e está máis baleiro.

En canto ao novo colexio pe-diuse que fixesen unha saída pola parte de atrás para que o barrio non quedase bloqueado. No parque novo pedimos que se fixese unha zona infantil para os cativos, instalasen aparatos de ximnasia para os maiores, así como baños públicos. Todo iso logrouse co traballo da asocia-ción.

Ademais, ao estar ao lado da

Residencia temos, en xeral, moi boa comunicación de transporte público co centro.

Este barrio sempre estivo moi ben coidado, está limpo, é unha zona moi tranquila. En 20 anos mellorou moito, podemos dicir que acá se vive ben”.

P: E que peticións estades realizando na actualidade?

R: “Como diciamos estamos bastante ben comunicados, pero si levamos pedindo moito tempo que o autobús que pasa por Serra Martiña e só ten unha parada xun-to á pasarela que tivese máis, para que fose útil para os veciños, por-que está moi lonxe. Entón fíxose un escrito ao Concello para que, se non se podían programar va-rias paradas, que, polo menos, houbese unha xunto ao Camiño dos Arrieiros, para que estive-se nunha zona próxima a todo o mundo; e tamén fixese traxecto de ida e volta. Ademais, non pasa con demasiada frecuencia. Pero non obtivemos resposta.

Así mesmo, co tempo fóronse mellorando as instalacións de gas e telecomunicacións, pero

seguimos tendo unhas instalación de auga pésimas, con cortes de auga frecuentes, porque son ins-talación vellas que rompen. E ás veces estivemos 24 horas sen luz.

A nivel de infraestruturas te-mos problemas graves porque os desaugadoiros non están pre-parados para recoller os vertidos de toda a zona nova, e cando se acumula inundan esta zona.

En xeral, o que pedimos é que haxa máis mantemento de in-fraestruturas, xardíns, parques infantís, beirarrúas, limpeza de muros, etc. E o peor é que tes que facer moitos escritos pedindo que veñan porque non fan caso.

Ademais, tamén notamos que a zona está sobresaturada de co-ches pola proximidade co hospi-tal, acá é imposible que os ve-ciños estacionen o coche na rúa de balde, e, ademais, para que os que van ao médico utilicen o pár-king privado están diminuíndo cada vez máis as zonas de apar-cadoiro das rúas continguas.

E outra cousa que sempre re-clamamos é un polideportivo para esta zona, que beneficiaría aos veciños da Residencia, San

Francisco, A Carballeira, A Va-lenzá, A Cuña, Mariñamansa… porque o dos Remedios está sa-turado e precisaríase un segundo polideportivo para esta parte da cidade, non con tantos campos, pero si con servizo de piscina, por exemplo, porque cando nós queremos levar aos nosos fillos a aprender a nadar aos Remedios é imposible, non se da aparcado e os horarios despois da escola están saturados.

Pero é complicado que o con-cedan cando non che permiten utilizar o patio cuberto do co-lexio. Porque os rapaces saltan a valla para xogar dentro, por-que se protexen do frío e do sol, pero como depende do Concello ou de Educación non autorizan que estea aberto fóra de horario escolar, porque iso implicaría a presenza dun porteiro que se encargue de pechalo e un se-guro. E que o maior delito dun chaval sexa que lle poida pasar algo por saltar a valla porque non se abre… Claro que terá que haber un mantemento e uns per-misos, pero non é normal ter esa instalación e que non se use coa demanda que hai. Dende a aso-ciación pedímolo, pero nós non podemos encargarnos de atende-lo, entón segue igual.

Tamén se falou no seu momen-to dun centro de saúde ubicado na urbanización nova, porque o de Mariñamansa está saturado, pero ata agora tampouco se sabe nada”.

Credes que está mellor trata-do o centro que os barrios?

R: “Non especialmente, a rúa Concello é intransitable e segue sen estar arranxada”.

P: Que actividades organiza a asociación ao longo do ano?

R: “Facemos unha excursión ao ano, organizamos o magosto, e temos o local aberto todos os días para que a xente veña ler a prensa ou xogar a partida. Así mesmo, acollemos actividades organizadas polo Concello como obradoiros de manualidades. Pero, ademais, agora compar-timos o local cos da zona nova porque eles non teñen, e iso im-pide que quede libre tanto tempo como antes para que os maiores veñan xogar as cartas ou a pasar o tempo. Pero nós facemos todo o que podemos”.

P: Enviádelle unha mensaxe aos veciños.

R: “Que estamos abertos a re-cibir todas as súas propostas e ideas, que estaríamos encantan-dos de que haxa un relevo. E nós sempre axudaremos ao que veña no futuro en todo o posible”.

ENTREVISTA Á DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS OS ROSAIS

“En 20 anos esta zona mellorou moito, podemos dicir que acá se vive ben”

4 Dende a asociación de veciños Os Rosais coméntannos as melloras que precisa o seu barrio, que pasan maioritariamente por realizar un mante-mento máis continuado das infraestruturas.

“Pedimos un polideportivo para a zona da Residencia, San Francisco, A Carballeira, A Valenzá, A Cuña, Mariñamansa...porque o dos Remedios está saturado fóra de horario escolar e é imposible aparcar”

De esquerda a dereita: Miguel, Antonina, Rosa, María José e Tina, membros da directiva da asociación de veciños Os Rosais, xunto a un dos veciños da zona, Lisardo./S.N.

Page 9: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSAbril de �015BARRIOS

As actuacións desenvolveranse de xeito progresivo

Redacción

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Terri-torio e Infraestruturas, en colaboración coa Conse-llería de Cultura, Educa-ción e Ordenación Uni-versitaria, está a redactar un plan no que se recollen un total de 15 actuacións para poñer en valor a ponte Romana e maila súa contorna. Trátase dun proxecto da Administra-ción autonómica que im-plica un investimento de case un millón de euros.

A primeira das actua-cións xa está a executarse e consiste na retirada ma-nual da maleza e vexeta-ción da ponte, realizada dun modo respectuoso tal e como se fixo en 2010 e 2013.

Paralelamente, estase a redactar un proxecto cons-trutivo no que se definen

con exactitude os traballos necesarios e se concretan as actuacións máis urxentes, que contribúan a reforzar esta ponte como símbolo de Ourense.

MantementoA ponte Vella de Ourense,

construída no século I e de-clarada monumento histó-rico-artístico no ano 1961, presenta un bo estado na súa estrutura, pero é recomenda-ble e conveniente acometer actuacións para contribuír ao seu mantemento e a unha mellor conservación, polo que as actuacións do plan se irán desenvolvendo de xeito progresivo.

Algunhas das accións que se levarán a cabo serán a restauración puntual da sillería da ponte, pequenas reparacións da calzada, a re-tirada e traslado da tubaxe da rede de abastecemento, nova iluminación e retirada daqueles elementos do mo-

biliario urbano nas proxi-midades do monumento que non sexan acordes coa contorna.

Tamén se actuará nas in-mediacións da ponte, co fin de realzar o monumento cunha nova pavimentación e co acondicionamento da rúa entre a ponte Romana e a Capela dos Remedios, a construción dunha senda peonil e un paseo baixo un dos arcos, así como a insta-lacións de paneis informati-vos con datos sobre o mo-numento para unha maior divulgación e promoción.

Trátase, en definitiva, dun conxunto de actuacións que se realizarán en dúas fases e que teñen por obxectivo a recuperación da integridade estética da ponte e a mello-ra do seu contorno.

Un plan da Xunta porá en valor a ponte Romana 4Xa se iniciaron os traballos de conservación, coa limpeza de vexetación.

Os primeiros traballos na Ponte Vella consistiron na retirada de maleza./P.LODEIRO.

Nova asociación cultural en Ponte CanedoRedacción

Este mes foi presentada en sociedade a nova Aso-ciación Cívica e Cultural “Vía Vella da Ponte Ca-nedo”.

Este colectivo nace no barrio pontino co fin de promocionar e apoiar a

cultura en xeral; fomentar valores cívicos e de partici-pación; recuperar e difundir o patrimonio histórico, cul-tural, social e económico da zona; organizar actividades para socios; e promover o intercambio de accións en-tre asociacións.

Polo momento non teñen local social, así que os in-teresados poden contactar con eles no seu Facebook ou en [email protected].

Redacción

O Concello de Ourense remata o mandato destinan-do 233.000 euros a obras de mellora na rúa Murga e en catro camiños rurais.

Así, a Administración local realizará traballos de mellora e posta en valor de catro camiños no perímetro rural cun investimento de 90.2011 euros. A Xunta de Goberno Local aprobou xa o expediente de contrata-ción das obras. A interven-ción executarase no camiño que comunica as localida-des de Palmés e Naves, os accesos a Cerdenao, o ca-miño Abelaira-O Castro e o Camiño de Abeleda.

Rúa da MurgaTamén se aprobou a

contratación das obras de mellora de infraestrutu-ras e humanización da rúa da Murga, cun importe de 143.895,55 euros. Este vial conexiona a rúa Marcelo Macías co antigo camiño de Barbadás.

O proxecto prevé crear un vial interior ao mesmo nivel, similar a unha zona 30, onde a prioridade sexa o peón, cun único sentido de entrada a través de Mar-celo Macías e saída cara o camiño de Barbadás. Créa-se unha pequena zona de aparcamento e mantense o espazo central amplo e unha zona de estadía. Ta-mén se substituirán as redes de abastecemento e sanea-mento.

233.000 euros para renovar a rúa Murga e catro camiños rurais4 Aprobada a contratación das obras.

4 Críticas da AVV Carlasca

A asociación de veci-ños Carlasca denuncia o estado de abandono no que se atopan va-rias rúas da Carballeira. Así, acusan ao Conce-llo de “roubarlles” case 500.000 euros de inver-sións aprobadas duran-te o goberno bipartito, 150.000 para a zona da Murga e 300.000 para a rúa Vázquez Núñez.

Aseguran que no caso da Murga a partida fora gardada por Rodríguez Penín cando era edil de Infraestruturas, pero coa chegada de Aurea Soto ao cargo ese diñeiro foi destinado a outras zonas. Tras a reclamación de Carlasca, Soto accedeu a manter a inversión, pero non se materializou.

Así mesmo, este co-lectivo veciñal acusa á Xunta do “lamentable estado” no que se atopa a rúa Marcelo Macías. “Que non esperen que se fagan os arranxos coas inversións programadas para a Murga e a rúa Vázque Núñez”, denun-cian.

Imaxe do estado actual da rúa Murga./AVV CARLASCA

Page 10: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSAbril de �015

Redacción

A Xunta de Goberno Lo-cal do Concello de Ouren-se acordou solicitar á Di-rección Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración dunha nova Área de Rehabilitación Integral para os barrios de Serra San Mamede – Cru-ceiro Quebrado - Inmacu-lada.

A declaración desta nova área de rehabilitación per-mitiría que os propietarios de vivendas desta parte da cidade poidan acceder a axudas para financiar ac-tuacións de rehabilitación,

e que o propio Concello poida acometer proxectos de urbanización ou reur-banización para a posta en valor da zona. Seguiría-se así a liña de actuación das outras tres áreas de rehabilitación integral xa declaradas no Concello de Ourense: Casco Vello, Seixalbo e Polvorín - Ca-melias – A Carballeira

O espazo incluído nesta área de rehabilitación ten unha superficie aproxima-da dunhas 24,88 hectáreas e suma unhas 2.000 viven-das. Atópase no surleste da cidade, localízase en torno á estación de San Fran-

Propoñen unha nova ARI para Serra San Mamede e A Inmaculada4 Un barrio formado por 2.000 vivendas.

A ARI englobaría as vivendas entre a vía do ferrocarril, a estrada da Granxa e a rúa Serra San Mamede./S.N.

BARRIOS

A Feira Come Ourense ofrece produtos de alimentación locais, frescos e elaborados/P.L.

Segunda Feira Come OurenseA segunda Feira Come Ourense, organizada polo Con-

cello para a promoción dos produtos de alimentación lo-cais, frescos e elaborados, instalouse este 25 de abril ao carón da ponte Romana. Nela participaron unha decena de postos que, malia o mal tempo, conseguiron atraer o interese dos ourensáns, coa súa oferta de confituras, de-rivados da castaña, queixos, doces, embutidos de porco celta ou sementes ecolóxicas.

Esta iniciativa itinerante, que un sábado ao mes se ins-tala nun barrio da capital, terá como vindeira ubicación a rúa Dalí do Couto, o 23 de maio.

cisco e recolle un amplo espazo, estruturado sobre uns eixes principais que configuran a vía de ferro-carril, a estrada da Granxa e a rúa San Mamede. Na parte sur integra o barrio de Cruceiro Quebrado.

Novo Plan de VivendaO Concello de Ourense

presenta esta solicitude de nova ARI cunha memoria adaptada ao establecido no novo Plan Estatal de Vivenda e á nova orde, aprobada pola Xunta o 9 de marzo, que establece as

bases reguladoras do Pro-grama de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de viven-das, a rehabilitación edi-ficatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

O Concello concurirrá a esta convocatoria para a anualidade número 14 da área de rehabilitación do Casco Vello, a núme-ro 9 de Seixalbo, a 3 do Polvorín-As Camelias-A Carballeira e a número 1 de San Mamede.

Page 11: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSAbril de �015ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Co afán de estar máis preto dos nosos clientes, Calzados Canadá traslada as súas instalacións desde a rúa Doutor Marañón á nova tenda que abren o 2 de maio na rúa Alejandro Outeriño 11 (antes Carde-nal Quiroga).

Tamén un 2 de maio, hai xa dous anos, abrían a súa tenda da praza das Mer-cedes nº 2, nun momento en que o comercio desta cidade resentíase pola cri-se. A pesar diso, a oferta dun produto de alta cali-dade, centrado nun públi-co que busca comodidade en moda, fixo que a data de hoxe o balance fose altamente positivo, dando lugar á apertura da nova

tenda Canadá nunha trans-versal da rúa Paseo.

Novidades italianasPara facer fronte a esta

nova etapa, recentemente na última Feira do Cal-zado en Milán, estable-ceron novos contactos con marcas italianas, que combinando comodidade e moda, ofrecen modelos que de seguro serán da sa-

Calzados Canadá trasládase á rúa Alejandro Outeriño

tisfacción das súas clien-tas; todo iso mantendo as principais marcas que até o momento tivemos como referencia nas no-sas tendas: Ara, Legero, Xsensible, etc.

Por todo iso, esperan que a nova tenda sexa do agrado de todos os seus clientes e convoque aos que até a data aínda non a coñecía.

Edades é unha empresa prestadora de servizos so-ciais que conta con sede en Ourense desde �00�. E que ofrece gran varie-dade de prestacións a uns prezos alcanzables para a maioría da poboación.

Servizos como axuda a domicilio, venda e alu-guer de axudas técnicas, limpeza de vivendas, in-ternas, canguros, servizo de reparacións... son só unha parte da súa oferta; á que se sumou recente-mente a compra-venda de axudas técnicas de se-gunda man a prezo eco-nómico.

Venda on lineAdemais de poder rea-

lizar as compras no seu establecemento da ave-nida de Marín 33, que conta con 500 metros ca-drados de exposición, po-ñen ao teu servizo a súa tenda online a través da web www.ayudastecnica-sourense.es.

Nesta web dispoñen dunha ampla oferta de

Edades está ao teu carón cun gran abano de servizos sociais

produtos (camas articula-das, guindastres, cadeiras de rodas, artigos de aseo, etc.). Todo o que se pre-cisa para mellorar a vida

diaria dos maiores e persoas dependentes.

[+ info en avenida de Marín, 33. ou no

teléfono 988 37 57 72]

Cristina Portela é a xerente de Edades Servicios Sociales.

P. Lodeiro

UXT e CCOO volven ir da man na manifesta-ción do 1 de maio, que partirá ás 12 horas do pa-villón dos Remedios.

Baixo o lema “Así non saímos da crise”, os dous sindicatos estatais recordan as loitas aínda pendentes para o mo-vemento sindical: cinco millóns de parados, em-prego novo de baixa ca-lidade, salarios que per-den poder adquisitivo, o incremento da pobreza e a desigualdade, e a vul-neración de liberdades e o dereito de folga.

Situación de OurenseNo caso de Ourense,

tras coñecerse os últimos datos da EPA tanto UXT e CCOO, como a CIG, coincidiron en calificalos como “desoladores”, que

debuxan un panorama “de emerxencia social” na pro-vincia.

A EPA do primeiro tri-mestre de 2015 indica que Ourense ten unha po-bación activa de 136.600 persoas (no último trimes-tre de 2014 eran 135.200), das cales 104.600 están ocupadas e 32.000 paradas (no cuarto trimestre do ano pasado 107.400 ourensáns traballaban e 27.800 esta-ban desempregados), datos que reflexan unha baixada da taxa de ocupación e a

suba do paro. As cifras de desemprego

son peores que as da co-munidade galega (23,4 % fronte a 21,8%) e lixeira-mente mellores que as de España (23,8%).

Manifestación da CIGA CIG vén de convocar

tamén a súa propia mani-festación para o Primeiro de Maio, que dará comezo ás 12:30 horas nos Reme-dios. O lema, ‘Contra a pobreza, emprego e sala-rios dignos”.

“Así non saímos da crise”, lema do Primeiro de Maio para CCOO e UXT4 Os dous sindicatos realizarán unha mani-festación conxunta ás 12 horas.

A EPA reflexa un aumento do paro en Ourense

Remata o programa “Ourense: Emprego e Formación” con éxito de inserción laboral

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o concelleiro de Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, entregaron os diplomas aos 70 participantes do programa ‘Ourense: Emprego e Formación”, financiando pola Consellería de Tra-ballo, e que permitiu que un 45% dos asistentes (32 persoas), na súa maioría con baixa cualificación, atoparan un posto de traballo.

Neste programa impartíronse cursos de técnicas de venda e habilidades comerciais, vixilancia de seguridade, coidados de discapacitados físicos e psíquicos, e barman.

Rogelio Martínez e Vázquez Barquero xunto a un grupo de participantes nos cursos.

Representantes de UXT e CCOO durante a presentación da manifestación conxunta que convocan o 1 de maio./P.L.

Mariluz, responsable de Calzados Canadá.

Horarios da tenda: de 10:30 a 13:30 e de 17 a 20:30 h

Page 12: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSAbril de �015

Momento da inauguración do centro CESESP en Ourense, en xaneiro, co subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, franqueados á dereita por Miguel Lorenzo Gawenda, o seu director, e á esquerda por María Delgado Quintas, xefa de Estudos.

NOTICIAS DE EMPRESA

CESESP, especialistas en formación e consultoría en seguridade

Falamos con Miguel Lorenzo Gawenda, di-rector de CESESP e di-rector de seguridade.

Cales son os ámbitos da empresa?

Temos dúas liñas de negocio diferenciado. Unha é o “Centro de Estudos Superiores en Emerxencias, Segurida-de e Protección”, orien-tado á formación de profesionais do sector da seguridade privada e das emerxencias, como o persoal autorizado para o uso dos desfibriladores

semiautomáticos.Neste centro realiza-

mos cursos para aspiran-tes a postos de Vixiante de Seguridade, Vixiante de Explosivos e Escoltas Privados e por outra ban-da impartimos a docencia de actualización, así como para Servizos Especiais como manexo de escáne-res, protección de infra-estruturas críticas, hospi-tais, centros comerciais e outros servizos até sumar 14 formacións específicas.

A outra liña de negocio, “Autoprotección Integral

Corporativa”, especialíza-se en asesoramento prin-cipalmente en Seguridade Integral, Emerxencias e Autoprotección. Dispo-mos de ampla experiencia axudando e asesorando a todo tipo de empresas na implantación de plans de autoprotección e medidas de seguridade contra todo tipo de ameazas.

Nos labores de docencia e consultoría acumulamos unha experiencia de 18 anos.

Entre as accións que máis a miúdo desenvolvemos está a revisión, adaptación e implantación de plans de autoprotección, o asesora-mento e formación para a implantación de desfibri-ladores semiautomáticos, así como a implantación de medidas contra a fraude e furto interno e externo en empresas con problemas de diminución ou perda descoñecida.

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Redacción

Xa está en marcha o concurso de pinchos Sa-bores de Ourense Prima-vera 2015, organizado polo Concello de Ouren-se en colaboración coa Unión de Hosteleiros. Así, ata o 10 de maio, 50 locais da cidade ofrecerán as súas mellores propos-tas gastronómicas en pe-queno formato.

Na presentación desta edición tanto a edil de Tu-rismo, Mónica Vázquez, como o presidente da UHO, Javier Outomuro, destacaron a gran calida-de das creacións.

O concursoComo en anos ante-

riores, o custe do pincho

non supera os 2,50 euros e a maioría dos locais ela-boran bocados aptos para celíacos ou adaptables para eles.

Así mesmo, na web de saboresdeourense.turismodeourense.com/primavera2015 inclúe-se información sobre os alérxenos dos alimentos.

Así mesmo, seguirá habendo tres xurados: o profesional, o da prensa e o do público, que por participar entra no sorteo de diversos premios cedi-dos polos patrocinadores. E poderano facer de dúas formas: a través da pape-leta tradicional, ao pro-bar tres pinchos, e, como novidade, tamén a través dunha app que se poderá descargar gratuítamente.

Nova edición de Sabores de Ourense4 Ata o 10 de maio, 50 locais ofertan os seus pinchos.

O xerente do Inorde e a secretaria da Cámara na presentación do curso.

O CET Barbadás acolle un curso de creación de empresasRedacción

O Centro Empresarial Transfronteirizo de Bar-badás está a acoller o programa de creación e consolidación de empre-sas organizado polo Inor-de, a Cámara de Comer-cio e a Fundación Incyde e cofinanciado polo Fon-do Social Europeo.

No curso participan unha trintena de empren-dedores e empresarios coa intención de des-envolver nos próximos dous meses un total de 25 proxectos de empresa ou plans de mellora de negocios xa creados.

Page 13: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSAbril de �015PUBLICIDADE

Page 14: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSAbril de �015

ARTIGOS / SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4PSICOLOXÍA

Nenos con problemas de atención

Os pais que teñen ne-nos con trastorno de atención (con ou sen hiperatividade) a cotío séntense sobrepasados porque non saben como actuar cos seus fillos para poder axudalos.

A continuación doulles uns consellos que os po-den axudar no seu día a día:

- Seguir unha orde e unhas rutinas. Débese confeccionar un horario e polo nun sitio visible para que o neno poida saber en cada momento o que ten que facer. Debe conter o tempo de estudo e os momentos de lecer, así como todas as acti-vidades que poida facer durante o día. A hora de levantarse e de deitar-se debe de ser sempre a mesma.

- Establecer unhas re-gras no fogar para mello-rala convivencia. Se pode ser tamén poñelas por es-crito para que o neno poi-da saber cales son os seus castigos se non as cumpre.

- As instrucións dadas ao neno deben ser curtas e directas, cunha linguaxe sinxela. Unha vez dadas debemos asegurarnos de que o neno as compren-deu. Unha forma de sabelo é pedíndolle que repita as indicacións.

- Empregar o sistema de castigos cando queremos cambiar algunha conduta do neno ou se fixo algo mal e os premio para premialo polas boas condutas.

- É moi beneficioso o re-forzo verbal para animar e motivar ao nenos.

- Axudalo a que sexa or-denado deixando as cou-sas no mesmo sitio para que a el lle sexa máis fácil encontrar algo e facilitar-lle a súa concentración non facendo nada que o poida distraer mentres el ten que estar concentrado, por exemplo se el está es-

“As instrucións dadas ao neno deben ser curtas e directas, cunha linguaxe sinxela”

EN BREVE

tudando non ver a tele, escoitar a radio ou falar por teléfono na mesma habitación na que está.

- Se ten que elixir algo limitar as opcións. Con dúas alternativas é sufi-ciente.

- Coidar a súa autoes-tima. Tratar de que el poida descubir cal é o seu talento e que se sinta a gusto consigo mesmo. Dicirlle as cousas que fai ben e non só as que fai mal.

- Non falar con outras persoas nada negativo do neno, sobre todo se el está diante.

Para os pais é bo que poidan compartir as súas experiencias con outros pais que están na mesma situación ou incluso que vaian a algunha terapia de grupo onde poidan adquirir técnicas e ma-neiras positivas de rea-cionar ante a conduta dos seus fillos.

Rosa Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085

O Café Cultural O Pobo acolleu o � de abril o concerto de AcidPro-yect, grupo local que estivo acompañado dos vascos Diana Lagarto e dos portugueses Black-bird Prophet.

Os encargados de co-mezar foron os mozos de Diana Lagarto, que coa súa música post hardcore con chiscadelas noven-teiras despacharon unha experiencia de matrícula de honra. Os bilbaínos contan con baterías rápi-das que, xunto coas vo-ces desgarradas, foron a mestura perfecta nos no-sos ouvidos que, suma-dos a esa espontaneidade que presentan, lograron un directo case perfecto. Lembráronnos moito a diferentes bandas como Fugazi ou Dawnbreed.

Blackbird Prophet, esta nova banda de metal, foi a seguinte en actuar, dando a coñecer o seu novo álbum “Aetherea”, que define moi ben ese son progresivo da forma-ción. Diferentes ambien-tes formáronse ao redor

4CRÓNICA MUSICAL

Diana Lagarto + Blackbird Prophet + AcidProyect

do seu directo e mostran moita calidade musical e compositiva. Foi unha actuación potente, con varios toques de groove e contan con moita enerxía. Eles mesmos prometen unha experiencia espacial e multidimensional, algo que, sen dúbida, consegui-ron. Fíxose moi breve e o público quixo máis destes mozos portugueses que pi-san forte e deixan pegada.

Por último, chegou a quenda de AcidProyect. Os ourensáns saltaron ao escenario co seu álbum “Where´s your God now”. No seu estilo musical con-flúen o hard rock, metal ou hardcore. Son potentes, enérxicos e directos, algo que os caracteriza e que ti-veron moi presente. O seu setlist constaba de todas as cancións do álbum (“Oui-ja”, “Caleidoscopic”, etc) e dúas versións de “Them Bones” e “School”, de Lay-ne Staley (Alice In Chains) e Kurt Cobain (Nirvana), respectivamente.

Lucía CambaLa Rockipedia

Gaby, batería de AcidProyect./L.CAMBA

4 Actividades en Montealegre

O parque de Montea-legre acolle actividades gratuítas relacionadas coa natureza, como a creación dun horto infan-til, o 24 de maio, e un ta-ller para adultos sobre as árbores, o 16 de maio.

As inscricións deben facerse na Concellería de Medio Ambiente, no 988 38 81 35 ou en botanico-demontealegre.com.

4 Axudas para comedor e libros

Poden optar ás axudas escolares do vindeiro cur-so familias empadroadas en Ourense, con fillos en centros que non segre-guen por sexo e con in-gresos inferiores a 3.500 euros per cápita/ano (sal-vo familias monoparen-tais ou con algún membro con discapacidade).

As axudas en material de Infantil oscilan entre os 90 e os 125 euros. E as de comedeor para Primaria e Secundaria conceden ac-ceso gratuíto nos centros públicos e axuda de 45 euros nos concertados.

Page 15: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSAbril de �015

SOCIEDADE / OCIO E CULTURA

Redacción

A XX Edición do Fes-tival Derramerock xa ten data, celebrarase o próximo 27 de xuño na explanada de Expouren-se. Baixo o lema “El fin de una época”, podere-mos escoitar aos Suaves, medalla de ouro e sobre

todo orgullo da cidade. Será o único concerto na cidade da xira “La músi-ca termina” e, polo tanto, unha das últimas oportu-nidades para gozar coa lexendaria banda.

Xunto a eles, estarán clásicos do rock estatal como Rosendo, Sinies-tro Total ou Burning,

O Derrame Rock cumple 20 anos con grandes clásicos 4 Los Suaves, Rosendo, Siniestro Total e Bur-ning non faltarán á cita o 27 de xuño.

acompañados de bandas emerxentes locais coma Bergallazo e Contra as cordas. Este elenco compón un cartel de luxo para a semana das festas de Ourense.

Xa están á venda as primeiras 1.000 entra-das, por un prezo de 25 euros.

A edil de Cultura xunto a varios dos cantantes na presentación desta edición./RAMSÉSP. Lodeiro

A Alameda de Ouren-se acolle ata o vindeiro 3 de maio a XIX edición da Feira de Artesanía de Ourense un referente na promoción e comerciali-zación do produto artesán galego e un importante elemento de dinamiza-ción económica e cultural para a capital ourensá.

A mostra conta coa participación dun total de 33 expositores de Galicia e outras comunidades e podendo atopar produ-tos elaborados a man en materiais coma o coiro, a madeira, a cerámica, o téxtil e o vidro; ademais

de pezas de xoiería e bixu-tería.

O espazo de exposición

XIX edición da Feira de Artesanía de Ourense4 Instalada ata o 3 de maio na Alameda.

e de venda directa comple-méntase coa celebración de talleres de artesanía en vivo en oficios de elabora-ción de instrumentos mu-sicais e talla de madeira, entre outros; así como sor-teos diarios das pezas que se elaboren nestes obrado-iros. Destaca a exposición monográfica dedicada ao téxtil Enfiadas, na que par-ticipan catro obradoiros artesáns da provincia de Ourense.

Entre os 33 expositores hai varios de moda./P.LODEIRO

Page 16: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSAbril de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

O eloxio da loucura

Vivimos tempos difíci-les. Día a día un ten a sen-sación de que a insensatez, de que a estupidez, se ten instalado na nosa socieda-de. Si, e de xeito definiti-vo. E non ten que ver coas ideoloxías, ou cecais si, nin ten que ver coa formación, ou cecais si.

Na política, na literatura, no xornalismo e na vida en xeral experimentamos as consecuencias que se deri-van de ter unha sociedade dirixida por eses que teñen atordado o entendemento. Os gregos chamábanlle moria, e os latinos estul-ticia. Nós, sinxelamente, estupidez.

E sempre que penso nos idiotas, lembro ademais de a varios políticos a un economista. Os primeiros como exemplo, o segundo por un libriño que escribiu. Carlo Maria Cipolla, que foi profesor na Universi-dade de Berkeley, escribiu As leis básicas da estupi-dez humana. Nel explicaba que na sociedade había un número constante de idio-tas en todos os ámbitos da vida, ata entre os premios Nobel. Mais aínda sinalaba que o grupo dos idiotas era un lobby máis poderoso que a propia mafia. E ven-do como estamos na socie-dade do 2015, abofé que tiña razón.

Pero isto que dixo Ci-polla hai moitos anos que o explicou brillantemen-te, Erasmo. Si, Erasmo de Rotterdam. Para que digan despois dos clásicos. Non se me ocorre nada máis suxestivo que escoitar una conferencia, un discurso da estupidez. E é xustamen-te isto o que publicou en 1511 Erasmo. O eloxio da estupidez, a louvanza da estupidez, que por iso das malas traducións en moitas linguas romances pasou a titularse O eloxio da lou-cura.

Como dicía, neste texto fala a estupidez. E fala con

“Hai que actuar conscientemente cos que infrinxen os ideais que nos venderon a tan alto prezo”

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Aspiremos a darnos exemplo

Ás beiras do Bálti-co chégame de lonxe o ruído enxordecedor dos tambores dunha socie-dade que se tambalea, que urxentemente pide a berros un cambio de traxectoria para sobrevi-vir ás súas feridas auto-inflinxidas.

O peor de ser testemu-ña e parte desta chamada “Aldea Global”, baseada no intercambio e consu-mo de información, é a rabia de observar a im-punidade dos causantes do crime, e sentirte ao mesmo tempo culpable do mesmo.

Non é tempo de facer oídos xordos cando os perentorios problemas que afrontamos apuntan tan directamente aos no-sos erros e fallos admi-nistrativos e humanos. É hora de que deixemos de despersonalizar a culpa e de apuntar con dedos acusativos a factores económicos, históricos e externos. O problema está incrustado no noso cotián tan triste e incons-cientemente cargada de poder evolutivo.

Aínda que non po-demos decidir o curso da historia coas nosas pequenas accións e de-cisións diarias, si que podemos empezar a cambiar desde xa certas prácticas que, logo de moito mal uso, termina-mos tranformado en há-bitos que afectan á vida de millóns de persoas.

Pode resultar redundan-te, pero para implementar

as sementes do cambio fai falta empezar por un cam-bio. Tomar consciencia e actuar conscientemente cos que infrinxen, unha e outra vez, impunemente, os ideais que nos venderon a tan alto prezo. Se parece imposible, podemos con-gratularnos coa certeza de que nunca se empeza de cero, de que a experiencia nos fixo máis sabios e a rectificación máis fortes e obstinados.

Hai que recompor esas fibras da sociedade que se desfán coa increduli-dade na posibilidade dun mañá mellor. Hai que vol-ver crer. Crer de verdade, con maiúsculas. Crer en que non hai xustiza a que case 1.000 persoas morran afogadas á beira do Edén. Hai que crer en que non é posible que unha entorno machista fose o causan-te de que un mozo arma-do acabase coa vida dun profesor nunha cidade de España de cuxo nome non quero acordarme.

E si, póñome en plan Quixote porque será que temos que ser uns poucos, Quixotes de novo, xa que a realidade hai tempo que quedou moi por baixo das nosas espectativas e imaxinación. A nosa imaxinación, tan rica, tan poderosa, tan portentosa, tan humana e alentable.

Houbo un tempo en que a nosa liberdade non su-cumbiu ao silbido das ba-las. Non deixemos agora que a mordaza da lei mar-que a súa hora final. Loi-temos contra os muíños de vento. Atrevámonos a so-ñar. Non permitamos que ninguén dite o noso des-tino. Aspiremos a darnos exemplo. A nós e ás nosas posibilidades.

Raquel Sertaje

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

As dúas gaitasA cultura na Galicia

popular non é só gaita... Pero tamén é verdade que a gaita entronca co sentir galego como un fío que atravesa a alma, que manca ou cura segundo o estado de cadaquén, resoa nas romarías e nos intres mais íntimos, dende as montañas ao mar, dende o Ribeiro a Ribadeo, o son da gaita non falla.

Os gaiteiros e as gai-teiras son como os prín-cipes dos galegos, son a nobreza dos humildes dos labregos e dos homes do mar, son como deuses que liberan o pobo; eles sacan do fol o que garda, o que os galegos escondemos no corazón. Chorando cando a inxustiza dos poderosos nos obriga a partir, e can-tando cando tornamos. Sempre acompañando, sempre fiel, escoita as pe-nas das coitadas mulleres, que miran con angustia o amencer co peixe fresco dos mariñeiros, albiscan-do que non falte ningún.

Os nenos que na aldea nada máis nacer ven os verdes da terra, os ríos cristalinos, que escoitan os xílgaros, pasean polas congostras onde as rulas, os merlos, as pombas, os cucos e os rolieiros en-toan as melodías da natu-reza, e así convértense en artistas do son.

Outros, estremécen-

se cos contos arredor da lareira nas longas noites de inverno, aterecidos de medo, alí xúntanse: aver-nos, meigas, aparecidos, santas compañas e homes do saco nun desfile tétrico que pon os pelos de pun-ta.

Mentres fóra chove e o vento zoa, cheo de berros dos finados inconfesos. E así tamén se converten en artistas do son.

Desas tardes na lareira ou deses paseos por con-gostras ou carreiros...

Éntralle polos ollos como unha onda en tem-poral espertando a curio-sidade: quen puidera can-tar os agarimos da Terra! inquiriu o rapaz.

A gaita pode porque fala por nós, porque can-do canta, chora e cando chora, acariña como os bicos dunha nai, porque aínda cando atravesemos a última fronteira, os ga-legos escoitaremos dúas gaitas, unha que chora po-los que deixamos e outra que canta... Nos prados, nas leiras, nas praias, nos ríos, nas fervenzas, do alén, porque os galegos (e isto é un segredo) non morremos, sempre vivi-mos no Paraíso, só saímos dun para entrar no outro. E no Samaín... Volvemos e xuntamos os dous!

Avelino Jácome

“O gaiteiro”, pintura de Miguel Coello.

fachenda, sen complexos, recomendando a todos os lectores, a todos os ouvin-tes da conferencia, os be-neficios de seren parvos, de seren idiotas; algo que para el é moito mellor que ser razoable.

Explica Erasmo, cun humor case negro, como son felices os homes e as mulleres cando viven arroupados pola estupi-dez, cando viven cheos de certezas e sen dúbi-das. Explica, nun ton de rexouba que lembra a ese texto que anos despois pu-blicaría Jonathan Swift, A modest proposal, como a idiotez mama da ignoran-cia e da embriaguez.

Erasmo de Rotterdam vai debullando as razóns e os motivos da estupi-dez. E conta como esta é amiga do amor propio, da adulación, do esque-cemento, pero tamén da preguiza e da voluptuo-sidade. E, por suposto, da demencia e da molicie.

Se Ortega dicía que a claridade era a cortesía dos filósofos, podemos dicir que o humor é a cortesía das persoas in-telixentes. E Erasmo de Rotterdam, pensador, fi-lósofo, teólogo e escritor, era moi intelixente. Para mostra, esta vinganza. O eloxio da loucura, o eloxio dos idiotas.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Portada do libro O eloxio da loucura.

Page 17: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Abril de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA/ SOCIEDADE

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Lincoln afirmaba que o que importa non son os anos de vida, senón a vida dos anos, e, os 60 rebor-daban nervio. Os nenos xogaban á billarda preto dun Miño de anguías e sábalos onde tamén aso-maban as troitas. Baixo a ponte Nova, as lavandei-ras afanábanse en borrar a mácula da evolución, enriba dela, os fotógrafos minuteiros, en perpetua-la.

En outubro de 1971 arráncanse as árbores que circundaban a avenida da Estación, con elas marcha o halo romántico do popu-larmente nomeado como “paseo dos namorados”, hoxe Curros Enríquez. Demasiados apelativos para un anónimo sentir.

Fríxida mañá de inver-no, húmida e flegmática. A Auria de Blanco Amor esperta coa chegada das leiteiras. O silencio clau-

O paseo dos namorados

4RECEITA

Ingredientes:- 6 rodaxas de salmón- Manteiga- 200 gr de gambas- 200 gr de xamón

serrano- 250 gr de

champiñóns naturais- 1 bote pequeno de

trufas- 1 cullerada sopeira

de crema de nata- Viño branco- 1 dente de allo- ½ cebola pequena- Fariña e sal

Elaboración:- Nunha pota pequena

Salmón á “papillote”

botamos 100 gramos de manteiga e cando estea fundida incorporamos o allo e ao coller cor este, engadimos a cebola, deixando que se vaia pasando lentamente.

- Mentres picamos as gambas, o xamón e os champiñóns, que logo botaremos na pota, deixando que se faga todo ben e engadimos as trufas ben picadas xunto coa auga do bote que as contivo.

- Pomos un pouco de fariña (50 gramos) e o

viño branco e cando este se reduza engadimos a crema de nata.

- Collemos un anaco de papel de aluminio e untámolo con manteiga no lugar onde imos pór o salmón, botamos a salsa enriba e envolvémolo todo ben no papel sen que rompa.

- Logo pasámolo ao forno durante 10 minutos aproximadamente.

Luis Iglesias,Restaurante Os

CaracolesTel. 988 380 165

dica sen escusa violentado polo ruído dos pasos de quen regresa da Esmorga, sen présa e sen vontade,

chorando o que non foi. Fernando Valcárcel,Membro doArquivo

Visual Ourensán

Paseo dos namorados nos anos 60./ARQUIVO VISUAL

4CARTA AO DIRECTOR

Sobre os centros concertados

En calidade de respon-sable dun centro de ensino de linguas quero denun-ciar unha práctica que me parece un tanto salvaxe, encadrada no campo do “todo vale”.

Desde a implantación do noso centro en Ouren-se, hai máis de 30 anos, constatamos que, a pesar dos vantaxosos recursos que lles achega o noso diñeiro público a centros privados concertados, a través do “concerto” co Estado, algúns destes non tiveron ningún pudor en levar a cabo, en diversas ocasións, unha desleal competencia coa progra-mación de errados cursos extracurriculares de lin-guas a fin de recadar uns míseros diñeiros.

Ante as súas renovadas arremetidas nun momen-to de crise, tanto para nós como para moitos outros centros privados non

“concertados”, que non contamos coa achega de tal “concerto”, queremos facerlle chegar a nosa preocupación polos de-rivados prexuízos de ca-rácter socio-económico para nós e de auténtico atropelo cultural para os nenos e nenas, mulleres e homes do futuro, que terán que gañar o pan de cada día noutros lugares do planeta.

É antiético aproveitarse do noso diñeiro público para levar a cabo políti-cas de competencia e, en moitos casos, gañarse a confianza dos pais baixo o veo da “relixiosidade”.

Nós, felizmente, ca-recemos das armas do diñeiro público e do pa-rasol de relixiosidade. Contamos, no entanto, co noso saber e a nosa pro-funda e seria dedicación á preparación das mulle-res e homes do mañá.

Director dun centro de ensinanzas de

linguas da cidade

Redacción

Nesta época dan comezo as festas dos barrios da ca-pital ourensá. As primeiras serán as de Vistahermosa, que celebrarán os seus fes-texos na honra de San Xosé o 30 de abril, e 1, 2 e 3 de maio. O xoves actuará a orquestra Cinema, o venres Essencia e o sábado Mosai-co. Xa o domingo haberá xogos infantís pola tarde.

De seguido, terán lugar as festas do Couto, a me-diados de maio, e recupe-

Comezan as festas dos barrios

raranse as da Milagrosa, a finais dese mesmo mes.

A CarballeiraEste ano a AVV Carlas-

ca organiza as festas da súa parroquia na honra do Sagrado Corazón, que terán lugar o 12, 13 e 14 de xuño. E xa comezou a pedir a colaboración dos veciños do barrio.

Ata o de agora, está xa confirmado o concerto de María do Ceo o día 1� e o da Banda Municipal o 14 de xuño.

4Chega a Festa dos Maios

A Festa dos Maios, de-clarada de Interese Turís-tico, desenvolverase na Alameda o 3 de maio.

Poderán participar no concurso todas as asocia-cións culturais, veciñais, colexios, grupos, entida-des e persoas dentro das modalidades de maios e coplas. No ámbito dos maios haberá catro cate-gorías: enxebre, artístico, creativo e infantil. E nas coplas valorarase a re-tranca, a composición e a linguaxe. En total repar-tiranse 11.000 euros en axudas pola participación e premios aos gañadores.

A inscrición pode rea-lizarse ata o 30 de abril ás 14 horas na Concelle-ría de Cultura.

4Convocada a sección oficial do OUFF 2015

Vén de dar comezo a convocatoria dos premios da sección oficial do XX Festival de Cine Interna-cional de Ourense, que se desenvolverá do 14 ao 22 de novembro.

A competición ofi-cial de longametraxes está dotada cun total de 17.000 euros e os inte-resados en participar de-berán presentar películas producidas en 2014 ou 2015 que non teñan sido exhibidas comercialmen-te en España (agás en festivais) antes do 23 de novembro deste ano.

A inscrición das obras deberá realizarse a través das web www.uptofest.com ou www.festhome.com, ou remitíndoas ao Auditorio Municipal an-tes do 1 de setembro.

EN BREVE

Page 18: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSAbril de �015 OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Preto de 700 escolares participaron no concurso “Debuxa un selo para Ourense”

O concurso “Debuxa un selo para Ourense”, enmarcado no XXIV Exposición nacional de filatelia Juvenia, foi todo un éxito de participación. Foron 667 estudantes de 11 centros educativos da cidade (Prácticas, A Ponte, Mestre Vide, Vistahermosa, Albino Núñez, Ma-nuel Sueiro, Cardenal Cisneros, Padre Feijoo, Concepción Arenal, San José e Filomena Dato, este último da Valenzá) os que se animaron a participar.

A calidade e a cantidade dos traballos motivou que o xurado ampliara os premios que ía conceder; e así, dos dous inicialmente previstos (un para primaria e outro para secunda-ria) foron finalmente 16 (un galardón por cada un dos colexios participantes e 2 accésits máis) os que se entregaron nun acto celebrado no Auditorio este 21 de abril.

Participativa Semana Cultural da ChavasqueiraA asociación de veciños da Chavasqueira celebrou neste mes de abril o seu décimo

aniversario, facéndoo coincidir coa Semana Cultural que organiza anualmente. Conferencias, teatro e música non faltaron no programa de actividades, entre as que

destacaron a conmemoración do IX Día Termal da Chavasqueira, o 25 de abril, coa orga-nización dunha andaina (na que participaron 300 persoas) e un xantar popular (que con-cregou a 200 comensais). O broche final porao o 9 de maio a celebración do IV Torneo de Hockei, de carácter autonómico, que terá lugar en Mariñamansa.

Andaina para todosDentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da Saúde 2015, o Concello de

Ourense organizou o 17 de abril a “Andaina para todos”, na que participaron unha vinte-na de persoas, que realizaron unha ruta dende a Alameda ata o castro de San Tomé.

A actividade forma parte da programación de actos que comezaron o 7 de abril e se es-tenderon ata o 24. Entre eles, incluíronse o Paseo pola Saúde, a lectura do lema mundial do Día da Saúde, un curso de manipulación de alimentos e un ciclo de obradoiros sobre hixiene e seguridade alimentaria.

Grupo de participantes nesta andaina, que partiu da Alameda de Ourense. A directiva da AVV A Chavasqueira antes do xantar popular./P.LODEIRO

Os pasteleiros recadan 3.835 euros para a Asociación ourensá contra o cancro

Coa venda da galleta solidaria os pasteleiros ourensáns lograron recadar este ano un total de 3.835 euros en beneficio da loita contra o cancro infantil, unha cantidade que se incrementou en 800 euros respecto á edición anterior. En total foron 15 pastelarías da provincia as que colaboraron desinteresadamente na elaboración deste doce, que se ven-deu ao prezo simbólico dun euro o pasado 7 de marzo na rúa do Paseo.

Martín Sousa, presidente dos pasteleiros, destacou o esforzo do seu gremio para co-laborar nesta acción; mentres que Dora Gómez, presidenta da AECC en Ourense, agra-deceulles o seu traballo, que permitirá á asociación continuar co seu labor de axuda a enfermos e familiares.

Gañadores do concurso “Debuxa un selo para Ourense”, no Auditorio./P.LODEIRO O presidente do gremio entregou o cheque á representante en Ourense da AECC.

Page 19: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSAbril de �015PUBLICIDADE

Page 20: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSAbril de �015 DEPORTES

O Cidade, na Copa de EspañaRedacción

O Cidade As Burgas, equipo da Primeira Di-visión de fútbol sala, vén de certificar a súa presen-za na vindeira edición da Copa de España ao con-seguir o punto que lle fal-taba fronte ao Gironella. O empate a tres tantos en terras catalanas fai que as pupilas de Manolo Code-so logren, a falta de catro xornadas, o billete para a Julio Álvarez no partido contra o Parada./RAMSÉS

Unha vitoria máis para o saco4 A UD Ourense suma a vito-ria número 25 en Liga.

R.T.

Os homes de Antonio Dacosta foron distingui-dos, antes do encontro fronte ao Parada, co título de campións de Liga. De-pois, un partido sen moita historia. A UD non quixo facer moito sangue e do-bregou ao seu rival por 2-0 con goles de Julio Salgado e Adolfo.

Dous partidosDous son os partidos que

restan para que finalice a Liga no grupo 13 de Ter-ceira Rexional. Palmés e Loureiro son os rivais dos capitalinos. De rematar con vitoria nos dous en-contros a Unión faría his-toria e conseguiría o pleno de vitorias en Liga na súa primeira participación.

O Palmés é o segundo clasificado e rematará nesa posición a competición. O Loureiro pola súa banda é 10º e pode chegar a escalar dúas posicións.

Semana chavePero aínda faltan supe-

rar os últimos obstáculos

para rematar unha tem-pada sobresaínte; e esta semana é chave para que así sexa.

A UD Ourense afronta en tres días dous encon-tros: un de Copa e outro de Liga. O 1 de maio en-fróntase ao Arnoia na se-mifinal da Copa Deputa-ción B, e o domingo día 3 disputará a penúltima xornada de Liga fronte ao Palmés.

De como xestione Dacosta os minutos dos seus xogadores depen-derá gran parte do éxito desta semana.

En Copa, o Arnoia é o último escollo para chegar á final soñada no estadio do Couto. O 24 de maio disputarase o partido de volta. En Liga, o Palmés, equipo ascendido xunto coa UD, será a penúltima pedra no camiño do pleno de vitorias.

CORRENDO POR OURENSE

Iglesias e Gómez golpean primeiro4 Foron os vencedores ab-solutos na proba do Vinteún.

R. Torres

Por fin comezou a quinta edición do circuí-to de carreiras populares “Correndo por Ourense”. E fíxoo con Luis Iglesias e Ebana Gómez golpean-do primeiro sobre os seus rivais.

O atleta do Arenteiro estivo acompañado polo seu compañeiro de club José M. Corral boa parte da carreira ata que cam-biou de ritmo e chegou a meta con 10 segundos de vantaxe. Saturnino Gon-zález foi o terceiro na liña de meta.

En categoría feminina, Ebana Gómez foi a ven-

cedora. A segunda cla-sificada, Sonia Teijeiro, marcouna durante unha parte da proba pero sen capacidade de sobrepa-sala. 22 segundos separa-ronos na liña de meta. En terceiro lugar remataría Ana María Ocampo.

ParticipaciónEsta primeira proba do

“Correndo por Ouren-se” contaba con máis de 1.100 inscritos, superan-do nuns 300 a carreira do ano pasado. En total foron 700 os atletas, de todas as categorías, que remataron esta primeira cita do circuíto ouren-sán.

Palmés e Loureiro, rivais da UD para rematar a Liga

Carreira benxamín e alevín do Vinteún./RAMSÉS

Copa. O Cidade continúa na segunda praza con 62 puntos, a sete do Futsi que, de seguro, será o campión de Liga.

Ourense EnvialiaA nota negativa foi a

derrota do Ourense En-vialia por 1-3 en casa contra o Burela, o que lle fai decir adeus ás poucas opción que tiña de entrar na Copa. Agorá é sétimo con 45 puntos, a nove da cuarta praza (Universidad de Alicante), cando restan 12 puntos por disputar.

Segundo asalto en Melilla4 De gañar, o COB pasaría á seguinte eliminatoria.

R. Torres

Superado con sufri-mento o primeiro parti-do da eliminatoria polo ascenso (86-84) agora toca o segundo asalto en Melilla.

O Club Ourense Ba-loncesto vai coa vantaxe desa primeira vitoria. Pero nin moito menos está asegurado o pase á seguinte rolda de ascen-so á ACB.

Neste partido que se disputa este martes na lo-calidade norteafricana os homes de Gonzalo Gar-cía de Vitoria non estarán arroupados como o esti-veron o pasado venres no Paco. Entón viviuse un auténtico duelo de playo-ff tanto dentro coma fóra da pista. O público estivo totalmente volcado co equipo, a quen animaron durante todo o encontro. Na cancha, os ourensáns chegaron a ter unha van-taxe de 17 puntos que se viu anulada polo acerto anotador dos visitantes máis aló dos 6,75 metros. No último cuarto chega-ron a poñerse por enriba no electrónico, pero a garra dos xogadores co-bistas lograron sacar un

partido vital.Suka Umu roubou e

anotou no que foi a xoga-da que lle deu a vitoria aos ourensáns.

RejónGuillermo Rejón non

puido saltar á cancha no primeiro encontro debido a un golpe na gorxa duran-te o último partido da fase regular.

O pivot conta estar re-cuperado para o segundo partido. A súa participa-ción será importante para este encontro, tanto pola súa experiencia como para ser un máis na rotación de García de Vitoria.

Outras eliminatoriasO Lleida deu a sorpresa

ao vencer na cancha do Palma de forna clara (52-73). Noutro lado do cadro de playoff de ascenso o Breogán gañou ao Palen-cia (91-75) e o Valladolid fixo o propio co Navarra (68-63).

Este martes dispútase o Melilla - COB, segundo partido da eliminatoria

Aaron Geramipoor no partido contra Melilla. /RAMSÉS.

Page 21: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSAbril de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSAbril de �015

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 4 - Ano: XIV - Abril de 2015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas per-soais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención menor 900 202 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

PISOS

4AXENDATeatro

- 30 de abril - III - 20:30 horas - Teatro Principal- 30 de abril - The Gagfa-ther - 23 h - Auditorio- 9 de maio - El Eunuco - 20:30 h - Teatro Principal- 1� de maio - Xardín Suspenso - 20:30 h - Tea-tro Principal

Cine- 29 de abril - Documen-tal “Access to the danger zone” - 19 h - Sala Pardo Bazán (Campus)- 4 de maio - Mr. Turner - 20:30 h - Biblioteca- 9 de maio - Crazy - 18 h - Biblioteca- 11 de maio - Costa da morte - 20:30 h - Biblio-teca

Exposicións- Ata o 30 de maio - “Sen-tindo a madeira” - Museo Municipal- Ata o 30 de maio - “Ourense imaxinado” - Centro José Ángel Va-lente

Música- 30 de abril - Concerto de Supersiders e Xabi Señor No - 21 h- Sala Berlín- 1 de maio - Concerto de Néstor Pardo - 21:30 h - Café Cultural Auriense- 1 de maio - Concerto de Abe Rabade Trío e Real Filharmónica de Galicia - 22 h- Café Latino- 5 de maio - Concerto de The Lazy Chickens - 23 h - Café Latino- 8 de maio - Concerto de Tim Holehouse - 21:30 h - Café Cultural Auriense- 8 de maio - Concerto de María do Ceo - 21:30 h - Liceowww.periodicobarrios.com

Moza busca traballo coi-dando maiores, nenos ou labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experien-cia. Tel. 661 08 09 62.Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 629 319 269.Ofrécese mozo para traba-llar en almacéns. Tel. 672 621 408.Clases a domicilio neste curso. Especialidade mate-máticas xerais.Todas as eta-pas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 38 25 89 ou [email protected]écese mozo responsa-ble, meticuloso, alegre para traballar en departamento administrativo ou coma de-pendente. Ampla experien-cia. Telf.: 629 154 995Ofrécese mozo con títu-lo técnico sociosanitario para o coidado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tlf.: 666 857 239Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tare-fas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adul-tos, en Ourense. Tel. 669 603 414Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448

Ofrécese señora para lim-peza, pasar o ferro ou facer a comida, con informes. Tel. 606 65 09 05.Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc. Tel. 656 782 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés, todos os ni-veis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de ex-periencia. Tel. 610 659 417.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experien-cia. Tel. 667 508 333.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebo-ok e Youtube: dúo piano voz.Perruqueira con 20 anos de experiencia e coñecementos de estética ofrécese para tra-ballar en fins de semana sol-tos. Tel. 685 971 034.

Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pecha-do, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101Alúganse 2 oficinas en r/Pro-greso, amobladas, ao lado Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 101Alúgase piso amplo, con ou sen mobles. Todas as como-didades. Zona Couto. Econó-mico. Tel. 606 56 92 28.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de 235x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen mar-co de 73x209cm. Tel. 610 659 417.

Alúgase praza para moto no garaxe edificio Mercadona, avda. de Santiago. Tel. 988 21 29 00.Véndese casa a restaurar en estrada de Santiago con finca. Tel. 637 00 59 101Vendo finca de 2.000 m2 edi-ficable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. �00 51 25 59.Necesítase chico responsable para compartir piso con señor maior. Tel. 637 00 59 101Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 035 781Vendo apartamento en praia América, 2 habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minu-tos de Vigo. Tel.636 422 497Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montal-vo, Sanxenxo, fronte á praia, axardinados. Con aparcamen-to e barbacoa. Tel. 607 27 19 1�.Vendo en piso en praza Es-paña (Vigo). 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 81 62 09.Búscase chic@ para com-partir piso. Zona Couto. Ca-lefacción, televisor en habita-ción, Internet, etc. 200€/mes (gastos incluidos). Contacto: [email protected] ou no 600 922 547 (WhatsApp).

Compro ventás de alu-minio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 056 922Vendo casco de moto mo-delo Coolmax. Tamén ven-do garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas.Véndese caldeira de cale-facción de gas cidade e sofá seminovo. Tel. 637 005 910.Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 52x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. 73x209cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 17Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448.Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 521 448.Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense. 350 me-tros cadrados. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 422 543.Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644OU. 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 62 09.Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bol-sos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953.Vendo 8 focos de baixo consumo. Bo prezo. Tel. 675 63 10 11.

AXENDA / CLASIFICADOS / SERVIZOS

Page 23: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

23Ourense por BARRIOSAbril de �015PUBLICIDADE

Page 24: Abril de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAbril de �015