Maio de 2016 - Barrios

24
[Páx. 17] VERÍN Páx.3 DEPORTES Páx. 20 ENTREVISTA Páx.8 XINZO Páx.9 Carreiras populares en Celanova, Bande, Xinzo e Molgas Instan á Xunta a que avalíe os danos das choivas na Limia Delfín Caseiro fálanos do Museo da Limia, que cumpre 20 anos Coida a túa saúde cos consellos do noso especial ESPECIAL Páx.10-14 O bipartito aproba os seus primeiros orzamentos Número: 25 - Ano: XI - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 O Festival de Xardíns de Allariz 2016 abriu as súas portas.// Raigame acolleu unha demostración de oficios tradicionais /P. LODEIRO e R.TORRES. [Páx. 18] O celanovés Juan Hervella-Rego presenta no Festival de Cans a súa última curtametraxe Os xardíns do futuro, en Allariz [Páx. 14] Raigame, unha mirada ao pasado

description

A inauguración do Festival de Xardíns de Allariz e a celebración de Raigame en Vilanova dos Infantes son as imaxes da portada do número de maio do periódico Barrios.

Transcript of Maio de 2016 - Barrios

Page 1: Maio de 2016 - Barrios

[Páx. 17]

VERÍN Páx.3 DEPORTES Páx. 20ENTREVISTA Páx.8 XINZO Páx.9

Carreiras populares en Celanova, Bande, Xinzo e Molgas

Instan á Xunta a que avalíe os danos das choivas na Limia

Delfín Caseiro fálanos do Museo da Limia, que cumpre 20 anos

Coida a túa saúde cos consellos do noso especial

ESPECIAL Páx.10-14

O bipartito aproba os seus primeiros orzamentos

Número: 25 - Ano: XI - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Festival de Xardíns de Allariz 2016 abriu as súas portas.// Raigame acolleu unha demostración de oficios tradicionais /P. LODEIRO e R.TORRES.

[Páx. 18]

O celanovés Juan Hervella-Rego presenta no Festival de Cans

a súa última curtametraxe

Os xardíns do futuro, en Allariz

[Páx. 14]

Raigame, unha mirada ao pasado

Page 2: Maio de 2016 - Barrios

2 BarriosMaio de 2016

VERÍN E COMARCA

Espazo para aparcar que o Concello de Verín habilita na rúa Juan Guerra Valdés./CdV.

Cinco adegas da denominación ofrecerán visitas guiadas e degustacións gratuítas de viño

Redacción

A Ruta do Viño Monte-rrei, promovida por Turis-mo de Galicia, organizará os días 28 e 29 de maio as V Xornadas de Portas Abertas, coa colaboración do CRDO Monterrei, a Asociación de Sendeiris-mo Ruta das Augas, o Club BTT Verín e o Concello de Verín.

Nas mesmas participa-rán cinco adegas desta de-nominación de orixe que ofertarán visitas guiadas polas súas instalacións acompañadas dunha de-gustación de viño de Mon-terrei totalmente gratuíta. As adegas participantes na iniciativa son: Abele-dos, Boo Rivero, Crego e Monaguillo, Gargalo e Pazo de Valdeconde. Ne-las o horario de visita será o sábado ás 11.30, 13 e 17 horas e o domingo ás 12 horas.

Tamén formarán parte desta xornada restaurantes asociados á ruta (Brasil, Mesón O Candil, Parador de Verín-Monterrei e Lu-gano), que ofrecerán un menú especial regado con viños da DO Monterrei cun prezo que oscila entre os 18 e 30 euros. Ademais, realizaranse ofertas espe-ciais nos establecementos: O Retiro do Conde e Para-dor de Verín-Monterrei. As reservas xestiónanse direc-tamente cos establecemen-tos, especificando que se trata da oferta de Xornadas de Portas Abertas.

As quintas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei tamén inclúen o obradoiro “Har-monía de Viños de Monte-rrei e Queixos do Mundo”, actividade gratuíta na que se probarán recoñecidos queixos de todo o mundo coas distintas elaboracións do viño de Monterrei. Será o sábado 28, ás 18 horas na adega Crego e Monaguillo, e requírese inscrición pre-

via no CRDO Monterrei.Asemade, haberá catas

comentadas nas adegas, o sábado en Boo Rivero e o domingo en Gargalo, en ambos casos ás 11:30 ho-ras e con inscrición previa para os participantes.

De maneira paralela, o Centro Cultural das Artes de Verín acollerá unha ex-posición gratuíta de artes plásticas relacionada cos produtos da zona e reali-zada por artistas locais da comarca. Poderase visitar o sábado 28, de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas. O mesmo recinto será o es-cenario do concerto “Son e Viño” de Emilio Rúa, tamén na xornada do sába-do, a partir das 21 horas.

Andaina e rutaCompletan o programa

unha ruta cicloturística polo val do Támega, con saída o domingo 29 de maio ás 10 horas desde Verín, ascenso ao monte Ladairo e visita a varias adegas. Requírese inscri-ción previa no Club BTT Verín. Nesa mesma xorna-da e á mesma hora, partirá a andaina III Ruta dos vi-ños, con saída da praza do Concello de Verín e visita a outras dúas adegas. Or-ganizada pola Asociación de Sendeirismo “Ruta das Augas” tamén require ins-crición previa.

Ademais, haberá un concurso no Facebook da Ruta do Viño de Monte-

rrei, no que se sortearán catro billetes para o tren turístico da Ruta do Viño Monterrei.

Para facilitar a asisten-cia, un Bus do Viño rea-lizará un servizo gratuíto tanto o sábado como o domingo con saídas de Xinzo e Verín e destino nas adegas que realizan as catas comentadas.

Quintas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei4 Un amplo programa de actividades para a fin de semana do 28 e 29 de maio.

Redacción

O Concello de Verín iniciou obras de acon-dicionamento das catro grandes zonas de apar-camentos disuasorios e gratuítos que proporcio-narán a veciños e visitan-tes 800 prazas de apar-camento, contribuíndo a alixeirar de tráfico roda-do as rúas e, nembargan-tes, facilitando o acceso ao comercio local, aos servizos sociosanitarios e as actividades culturais e de ocio dentro do nú-cleo urbano.

Esta medida, proxec-tada como un dos princi-pais eixos de moderniza-ción do segundo núcleo urbano da provincia de Ourense, é sinalada polo rexedor, Gerardo Seoane, como “un dos vectores de transformación da vila, porque permitirá retirar parte do tráfico rodado das nosas rúas, sen por iso impedir o acercamen-to de veciños e visitantes ó noso núcleo, antes ben, facilitándoo con comodi-dade”.

A ubicación destas catro grandes zonas de aparcamento, sinalou Seoane, “está elixida para servir de cómodo acceso a outras tantas zo-nas de intensa afluencia de vehículos en Verín,

como por exemplo as cer-canías do ambulatorio, por razóns obvias, ou ó entor-no da Alameda, onde se celebran feiras e festexos, e ás outras partes do casco urbano de Verín”.

Seis zonas de estacio-namento

As zonas elixidas son detrás da praia fluvial, no barrio de San Lázaro, con aproximadamente 250 prazas; na Preguiza, a con-tinuación da zona da Ala-meda, outras 250 prazas; na rúa Juan Guerra Valdés, preto do ambulatorio, ao redor de cen prazas; e na zona de Luis Espada co cruce de Sousas, outras 200 prazas. O Concello de Verín está en negociacións para acadar outros dos soares para destinalos a aparcadoiros, e ampliar así a 1.350 as prazas dispoñi-bles. Serían unha na zona centro, fronte ao Concello entre a Avenida de Portu-gal, a rúa Luis Espada e a rúa Elle (150 prazas), e dúas zonas máis na con-torna do Centro Cultural e das Artes, que sumarían outras 400 prazas.

“É unha medida histó-rica para Verín, que como segunda urbe de Ourense, e cun desenvolvemento como núcleo de servizos, soporta cada vez máis tráfico satélite da nosa po-

boación virtual de 25.000 persoas que se achegan dende as comarcas limí-trofes a realizar trámites, acudir ó médico ou ó co-mercio”, destacou o alcal-de.

Así, Gerardo Seoane explicou que a solución clásica das regulacións de ORA, en proceso de re-acondicionamento en Ve-rín, “cumpren un servizo para fomentar a rotación, pero non poden sustituir ao lexítimo dereito dos ci-dadáns ao libre acceso ás súas zonas de vivenda ou esparcimento”.

Neste sentido, des-tacou que a medida de proporcionar zonas de aparcamento gratuíto aos cidadáns é “a filosofía dotacional que trunfa nos países máis desenvoltos de Europa, sempre que o espazo o permita”, e non está en contradición con regular a rotación nas rúas máis céntricas.

Verín habilita 800 prazas de estacionamento disuasorias4 O Concello quere alixeirar de tráfico roda-do as rúas.

Cata para calificar a collieita 2015./DO MONTERREI.

4 A colleita 2015, “moi boa”

A añada 2015 dos vi-ños de Monterrei foi cua-lificada como “moi boa” na Cata de Cualificación da Colleita celebrada na sede do Consello Regu-lador da Denominación de Orixe Monterrei.

Seis expertos, repre-sentando ás principais asociacións profesionais do sector e ao Panel Ofi-cial da DO Monterrei, cataron -a cegas- unha representación propor-cional dos viños desta denominación, tanto brancos coma tintos. A nota final saiu da media das puntuacións concedi-das por cada catador.

O Concello negocia para acadar outros dous soares para aparcamentos: fronte á casa consistorial e na contorna do Centro Cultural e das Artes

Page 3: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

3VERÍN E COMARCA

Traballos de demolición do edificio na rúa Irmáns Fer-nández Álvarez.

O voceiro do grupo de goberno, Diego Lourenzo, o alcalde, Gerardo Seoane, e o voceiro do Partido Popular, Juan Manuel Jiménez, no pleno dos orzamentos./P. LODEIRO.

Lourenzo destacou a aposta pola remunicipalización de servizos neste orzamentos; Jiménez Morán considerouno un erro

O gasto en Persoal sobe un 21,15%; a débeda baixa un 28%

PSOE e BNG aproban os seus primeiros orzamentos á fronte do consistorio verinés4 As contas para 2016 ascenden a 10.239.000 euros, dos cales 1,5 millóns serán destinados a investimentos.

P. Lodeiro

Con 10 votos a favor (os que suman PSOE e BNG) e cinco en contra (do PP) este xoves queda-ron aprobados os primei-ros orzamentos do bipar-tito verinés. O voceiro do equipo de goberno, o nacionalista Diego Lou- renzo, foi o encargado de debullar as contas para este 2016, que suman un total de 10.239.000 euros. Abriu a súa inter-vención recoñecendo a tardanza en presentar os orzamentos, e prometeu que cumprirían os prazos nos vindeiros.

Sinalou Lourenzo que nas contas “se recollen as prioridades políticas do goberno, cun equilibrio entre os programas do PSOE e BNG”, e cum-prindo os principios de estabilidade orzamenta-ria, regra do gasto e sus-tentabilidade financieira.

O tenente de alcalde destacou a aposta pola remunicipalización de servizos que se reco-lle nestes orzamentos; á da ORA e a limpeza de servizos vaiselle sumar próximamente a limpeza viaria. Ademais, o gasto social crece un 11,23%, inclúense políticas de promoción cultural e di-rixidas á mocidade, e aumentan nun 496% as subvencións a entida-des culturais, deportivas e a nova liña de axudas a asociacións veciñais e mulleres rurais. Pola contra, a débeda baixa un 28%, e para investimen-tos produtivos destinase un montante de 1,5 mi-llóns de euros.

Diego Lourenzo con-cluiu que os orzamentos traerán a Verín un in-cremento da actividade comercial, do valor dos inmobles, contribuirán a fixar poboación e aumen-

tarán o benestar da xente.

A remunicipalización, un “erro” para o PP

Diverxente foi a valora-ción que realizou o líder da oposición, o popular Juan Manuel Jiménez Mo-rán. Amosouse moi críti-co coa remunicipalización de servizos, que considera un erro: “os servizos ex-ternalizados foron ana-lizados no seu día polos técnicos e concluíron que eran máis baratos así”. Na súa segunda intervención, Lourenzo defendeu a re-municipalización: “enten-demos que vai traer afo-rros importantes que nos dean marxe para facer esa baixada de impostos”.

Jiménez Morán tamén criticou o gasto en Per-soal, que sobe un 21,15%, pasando de 3,2 millóns en 2015 a 3,8 millóns en 2016. En particular, refe-riuse ao gasto en dedica-cións exclusivas do grupo de goberno (dúas) e no persoal eventual (dous contratados) que suma-rán 147.557 euros anuais. “Se a maiores asumen o servizo de limpeza viaria que son sete traballadores máis seguro, chegará un momento en que os gastos de persoal serán insopor-tables por este concello,

apuntou o político popu-lar.

As conclusións, para o voceiro do PP, son que o orzamento “non solucio-na os principais proble-mas que neste momento ten o noso municipio, a industrialización nin o crecemento do emprego, nin o desenvolvemento do termalismo, o turismo e o sector primario”.

Ademais, Jiménez Mo-rán cualificou de “pésima” a xestión económica do bipartito “gastando o que non teñen, neste momento hai máis de 250.000 euros en facturas sen pagar des-de setembro que terán que ir a recoñecemento extraxudicial de crédito”, apuntou.

4 Outros asuntosNa mesma sesión

aprobouse por unanimi-dade unha moción do PP –transaccionada polo grupo de goberno- para a modificación catastral dos terreos urbanizables, de xeito que os propieta-rios paguen o IBI rústico e non o urbano.

Tamén houbo unani-midade para aprobar as bases das subvencións para realizar rehabilita-cións no núcleo histórico e barrio de San Lázaro. O voceiro da oposición pediu “que se axilice” a tramitación.

Asemade, e coa absten-ción do PP, nomeouse ao tenente de alcalde, Diego Lourenzo, como repre-sentante do Concello de Verín na Asociación de Desenvolvemento Co-marca de Monterrei –Ve-rín (ADECOMOVE).

No apartado de rogos e preguntas, Jiménez Morán interesouse polo arranxo de varias pedras na rúa Mariano Carrero, tanto na beirarrúa como no vial, solicitou a retira-da de entullos do monte de Cabreiroá, e reclamou que se solucionen as de-ficiencias no saneamento do grupo de vivendas Monterrei.

Polémica demolición4 O Concello asegura que a derruba conta cos informes preceptivos, o PP, que a ac-tuación foi ilegal.

P.L.

Novo enfrontamento en-tre o grupo de goberno e a oposición en Verín. Neste caso, a conta da derruba dun edificio na rúa Irmáns Fernández Álvarez.

O grupo popular de-nunciou que a demolición “non conta coa pertinente licenza municipal, nin coa autorizacion de Patrimo-nio”, cuestións que refu-tou de seguido o bipartito. Nun comunicado, o Con-cello de Verín informou que a derruba do inmoble “conta cos preceptivos informes municipiais do arquitecto e do asesor xu-rídico na data de inicio da actuación”. Engade o comunicado que “a licen-za municipal, baseada nos anteriores informes, se atopa tramitada en sentido positivo”. E recoñece que o proxecto de demolición, foi realizado para o propie-tario do inmoble, sen custo algún, polo alcalde, Gerar-do Seoane, que tamén é ar-quitecto colexiado, “para facilitar a axilidade do proxecto”.

Insisten desde o PP que non constan no expediente os informes “vinculantes” da Consellería de Cultu-

ra (“por estar dentro da delimitación de centro histórico”) e da Conse-llería de Medio Ambien-te e Territorio (“por ser un viario de titularidade da Xunta de Galicia). E de novo aclaran desde o Goberno local que “é fal-so que este proxecto ne-cesite de autorización de Patrimonio porque a ali-neación definida no Plan Xeral así o indica”.

Carril biciO derrubamento deste

inmoble é necesario, ex-plican desde o Concello de Verín, para poder ini-ciar as obras de mellora da avenida de Laza, que comezarán os próximos días coa redifinición, reasfaltado e creación do que será o primeiro carril bici urbano da súa exten-sión da provincia.

Polémica da árboreEsta nova polémica

prodúcese días despois de que o voceiro popular criticara a colocación por parte do Concello dunha árbore diante da porta dunha finca da súa familia na rúa Deputa-ción, impedindo así o ac-ceso de vehículos.

Page 4: Maio de 2016 - Barrios

4 BarriosMaio de 2016

VERÍN E COMARCA

Redacción

O Concello de Verín iniciou o Plan de Acondi-cionamento das Ribeiras do Támega anunciado en outono pasado polo alcal-de, para encarar a chegada do próximo verán con es-tas zonas verdes e de baño en plenas condicións.

Polo momento vense de reabrir a pasarela peonil na zona do Olivar, que foi reformada cunha in-

versión de 50.000 euros, realizáronse melloras na pasarela da praia fluvial e plantáronse novas árbores.

No Olivar, a obra aco-metida polo Concello de Verín consistiu no reforzo da pasarela cun entramado estrutural e o reaproveita-mento da madeira útil para botar de novo a platafor-ma, unha vez restaurada.

Na beira dereita do Tá-mega, procedeuse á plan-tación de novas ringleiras

de árbores de sombra. Por outra banda, tamén se reforzaron e substitui-ron os banzos da pasare-la que hai na zona fluvial próxima á Alameda, que estaban podres e consti-tuían un risco para a se-guridade.

E na zona recreativa de Pazos os operarios municipais procederon ao desboco da maleza e o acondicionamento das áreas de esparcemento.

A Praza de Abastos será centro de día4 O Goberno local prevé que para outono estea listo un centro con 36 prazas.

Redacción

Coa aprobación dos orzamentos de 2016, o O Concello de Verín anun-cia xa a súa primeira me-dida incluída nas contas: a construción dun centro de día na Praza de Abas-tos. O orzamento destina-do á adaptación da planta de abaixo do recinto é de 90.000 euros, e permitirá a dotación de 36 prazas para maiores nun espazo de 380 metros. A Escola de Artes e Oficios que ocupaba estes espazos trasladarase aos edificios anexos á lonxa agrope-cuaria de Verín.

O alcalde, Gerardo Seoane, explicou que a construción do centro de día é “unha das maiores demandas da poboación verinesa que permitirá que moitos maiores da

vila non teñan que des-prazarse para recibir este tipo de servizo e poidan estar máis preto das súas familias, mellorando así a calidade de vida de todo o entorno familiar”.

Será necesaria unha re-forma interior que dotará ás instalacións dunha sala polivalentes, sala de cura e unha sala de rehabilitación. A súa céntrica ubicación permitirá “dar un novo

uso a este edificio históri-co, prestando servizo aos maiores de todas as zonas da vila que desta forma in-tegraranse dentro da vida da cidade en lugar de estar en sitios apartados”, expli-cou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo.

O Concello de Verín in-formou de que distintas en-tidades financieiras da vila amosaron a súa vontade de colaborar no proxecto.

Este mes abriu a pasarela peonil sobre o Támega na zona do Olivar./CdV.

Verín acondiciona as ribeiras do río Támega4 De cara á chegada do verán.

Praza de Abastos de Verín./P.LODEIRO.

Page 5: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

5VERÍN E COMARCA

O instituto García Bar-bón de Verín acollerá os días 10 e 11 de xuño o 16º Congreso ENFA-MEC, un encontro de profesorado de Fabrica-ción Mecánica.

O congreso está or-ganizado pola Asocia-ción de Profesores de Fabricación Mecánica, entidade que serve para que o profesorado desta rama intercambiar ex-periencias, formarse e relacionarse de maneira agrupada coa industria e as institucións.

Desde a Asociación de Profesores de Fabrica-ción Mecánica destacan o interese e apoio amosa-do polo IES García Bar-bón para a celebración do congreso neste centro educativo, así como a co-laboración do Concello de Verín e da Deputación de Ourense.

O 16º Congreso ENFA-MEC dará inicio o venres 10 de xuño, e logo da inau-guración oficial haberá un café con Carlos Iglesias, profesor do IES de Arzúa, que falará de “Titoría na FP Básica 1+1”. O primeiro relatorio correrá a cargo de Luis Sobrino, de Ferrovial Servicios, que analizará a “Xestión do mantemento en centros hospitalarios”.

Na xornada do sábado, Iker Sáenz de SMC Espa-ña falará sobre “Os retos da industria. Automatiza-ción 4.0”, e porá o peche ao congreso Marcelino Castro, de Análisis y Si-mulación, analizando no seu relatorio os “Sistemas de fabricación avanzada para a Industria”.

XVI Congreso Inter-nacional de Ebru

Dentro da actualidade do centro educativo veri-

O IES García Barbón acollerá un encontro de profesorado de Fabricación Mecánica

O ebrú é unha antiga téc-nica de pintura.

nés, Carlos Matos, profe-sor de debuxo no instituto, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacio-nal de Ebru que tivo lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroa-siática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.

Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre tur-co Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artis-tas internacionais, partici-pron na exposición parale-la ao congreso.

Información de intere-se para estudantes que remataron un Ciclo de Grao Medio

Noutra orde de cousas, o IES García Barbón in-forma que as persoas que posúen un título de Grao Medio de Formación Pro-fesional cumpren o requi-sito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Datas de preinscrición e matrícula en FP e Ba-charelato

En canto ás datas de ma-triculaciónpara o vindei-ro curso académico, para Formación Profesional, a preinscrición será na últi-ma quincena de xuño e a matrícula na última quin-cena de xullo.

En Bacharelato, o prazo de matrícula comprende do 25 de xuño ao 10 de xullo, e en setembro do 1 ao 10.

Ángeles Vázquez e José Ramón Barreal, en San Caetano.

Xuntanza de traballo entre a titular de Medio Rural e o rexedor de Laza

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Laza, José Ramón Barreal, para coñecer as preocupacións e necesidades deste concello ouren-sán. Un dos temas abordados foi a dinamización do rural a través do impulso das concentracións parcelarias, que no caso de Laza o único proceso de reestruturación aberto está en fase de acordo firme e afecta a unha superficie de 3.272 hectáreas.

Neste senso, a conselleira indicoulle ao rexedor que este ano o departamento au-tonómico destina un total de 22 millóns de euros para seguir avanzando nos 137 pro-cesos abertos en toda Galicia. No municipio de Laza, xa van investidos máis de 4,3 millóns de euros e espérase seguir avanzando este ano coa acta de reorganización, última fase administrativa da concentración parcelaria.

O Campamento urbano abre a inscriciónRedacción

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín abriu o prazo de inscrición da Ludoteca de verán, para a que se reservan 200 prazas.

O campamento urbano é un espazo de activida-des destinado a menores, con idades comprendi-das entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas ins-talacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, Colexio Princesa de Es-paña, na Casa da Xuven-tude e na Casa da Cul-tura. Comezará o 23 de xuño e finalizará o 9 de setembro.

Ao igual que o ano pasado, o Concello de Verín ofrece un abano de horarios e prezos. Nesta edición implántase como novidade un servizo por semanas.

Page 6: Maio de 2016 - Barrios

6 BarriosMaio de 2016 VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente e Orde-nación do Territorio e o Concello de Riós for-malizaron o convenio de colaboración no que se establece que o Gober-no autonómico achegará máis de 161.000 euros para mellorar a praza da Trepa.

A titular deste depar-tamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Francisco Armando Veiga, asinaron o documento no que se establecen as bases desta colaboración, que se ins-cribe no Plan Hurbe.

Esta actuación servirá

A Consellería de Medio Ambiente convenia obras en Riós e Cualedro4 A Xunta arranxará a praza da Trepa en Riós e mellorará o abastecemento nas Estivadas, en Cualedro.

para adecuar este espazo público e recuperalo como unha área de interacción social, cunhas mellores condicións de seguridade para os seus usuarios. Esta

praza constitúe un lugar de reunión para celebracións.

As EstivadasA mesma Consellería

investirá máis de 134.000

euros noutro municipio da comarca de Monterrei, Cualedro. En concreto, a obra terá por obxectivo mellorar o abastecemento de auga nas Estivadas. Así o acordaron Beatriz Mato, e o alcalde, Luciano Rive-ro.

Actualmente, o núcleo das Estivadas abastécese unicamente da auga que provén dun bombeo dun pozo profundo. Ademais, a distribución realízase me-diante conducións antigas. Para solventalo, o proxecto define unha nova captación de auga e unha condución en tubaxe de polietileno ata o depósito das Estivadas, solucionando o problema de subministro de auga.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinou o convenio co alcalde de Laza, Francisco Veiga./X.CRESPO.

Borys Martínez./MARÍA PARDO.

Premio para o fotógrafo verinés Borys Martínez

O estudio de Verín Borys Martínez Fotografía recibiu un dos galardóns Wedding Awards 2016 da categoría Fotografía e Vídeo que outorga anualmente Bodas.net, o portal líder global no sector nupcial.

Os galardóns premian exclusivamente ás empresas con maior número e mellores recomendacións de cada categoría entre máis de 33.000 empresas e ten en conta principalmente as valoracións do ano pasado, ademais da continuidade do servizo ofrecido.

Page 7: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

�PUBLICIDADE

Page 8: Maio de 2016 - Barrios

8 BarriosMaio de 2016

Delfín Caseiro, membro do Padroado do Museo da Limia./P.L.

XINZO E COMARCA

“O Museo naceu como unha necesidade de crear un espazo no que aparecese reproducida a forma de vida e de traballo da comarca da Limia”

“Unha actividade que se vai acometer de inmediato é a elección do limiao do ano”

Paula Lodeiro

Catedráticode Lingua galega e Literatura e inspector de Educa-ción, Delfín Caseiro é membro do Padroado do Museo da Limia de Vilar de Santos.

Sempre estivo vinculado ao Museo?

Delfín Caseiro: “Si, desde que se toma a decisión de facer un espazo museístico, que como primeira instalación tivo o pri-meiro andar das antigas escolas unitarias de Vilar de Santos. Era unha proposta moi modesta na-quela altura, alá por 1990, 91, a partir dunha idea do profesor Ángel Cerrato que traballaba no instituto de Xinzo, xunto con outras persoas interesadas tamén pola materia, como Pepe Calleja e algún máis que agora non lem-bro”.

Era unha iniciativa dee par-ticulares ou proviña dalgunha institución?

D.C.: “Foi basicamente unha iniciativa a título individual, como unha necesidade de crear un espazo no que aparecese re-producida a forma de vida e de traballo da comarca da Limia. Este profesor Cerrato e outros colaboradores tiñan reunido al-gunhas pezas que lle foran doa-das por particulares da zona e buscaban un respaldo e un apoio institucional para materializar o museo etnográfico. E despois de varias voltas e contactos con varios concellos chegaron a Vi-lar de Santos e alí o alcalde que estaba entón, que era Xosé An-tón Jardón que segue hoxe en día vinculado ao Museo, acepta im-plicarse na aventura e darlle para adiante, facilitarlles espazos e a partir de aí proceder á instala-ción desas primeiras pezas que tiñan”.

Cando se produce o traslado á actual sede?

D.C. “Nesa época, había con-versas co bispado de Ourense para a cesión da casa reitoral de Vilar de Santos que estaba desha-bilitada, esas conversas chegan a

bo termo e xa se pensa como a ubicación máis idónea para un museo máis digno do que tiña-mos ata ese momento. Xa se fai a remodelación pensando na insta-lación alí do que acabaría sendo o Museo da Limia”.

Que contidos podemos ver hoxe no museo?

D.C.: “Basicamente manten-se a estrutura organizativa do comezo, desde que hai 20 anos, agora en maio, se abren as portas do Museo da Limia na súa ubica-ción actual, con diferentes salas.

Temos a sala dos oficios, onde están representados oficios como o de carpintaría, de ferreiros e de canteiros. Temos a reproducción dunha casa labrega completa, co lar, a cociña, cuarto de dormir, e os mobles que foron doados por veciños, tal como responde ao canon dunha casa tradicio-nal labrega. Está a sala do liño, por ter sido a Limia unha zona de moi alta producción durante séculos de liño, e coa particula-ridade de que paralelamente se crea un taller de confección coa instalación de varios teares que vai estar funcionando durante anos como unha actividade que dá traballo a varias veciñas de Vilar de Santos.

Tamén hai unha sala dedi-cada á Lagoa de Antela, que é fundamentalmente unha sala da memoria, alí o máis destacado é unha reproducción da barca da lagoa, na que os campesiños se metían pola lagoa para procurar ovos de patos.

Con posterioridade incorpo-rouse unha taberna tenda con elementos dun comercio que existía na Pereira que era da familia dos Bobillo, que foi un establecemento comercial moi importante na zona, un verdadei-ro centro mercantil de boa parte do século 20 porque na Pereira había unha importante feira o primeiro de cada mes e era onde se pagaban as pensións. É unha reproducción en pequemo pero con elementos doados por parte de herdeiros destes establece-mentos.

Outra das salas que me que-

da por mencionar é o patio, que se aproveita como espazo para gardar os apeiros de labranza representativos: o carro, o ara-do… e a reproducción dunha tu-lla onde se gardaba o cereal que

se colleitaba, por ser o cereal ao lado da pataca un dos produtos representativos da comarca. E unha ultima sala na que aparece o ciclo da pataca e unha das máis vellas clasificadoras de patacas

que existen. O Museo da Limia tamén aco-

lle unha reproducción da “Arra-cada” de Vilar de Santos, un pen-dente celta que é un elemento do escudo do municipio”.

Que actividade ten o museo?D.C.: “Hai visitas de escola-

res, de grupos, van particulares, excursionistas, combínase a visi-tas dos colexios coa realización de actividades de todo o tipo, como congresos, conferencias… Cando funcionaba o taller do liño realizáronse varios encontros, al-gúns deles de dimensión interna-cional. Tamén encontros arredor da tradición oral, exposicións de moi diverso tipo; na actualidade hai unha exposición de instru-mentos musicais de diferentes partes do mundo. En definitiva, é un centro moi dinámico, pun-to de encontro dos veciños e dos intelectuais, non simplemente un museo para visitar senón un mu-seo para facer actividades nel”.

Como van celebrar este vixé-simo aniversario?

D.C: “En principio as acti-vidades están sen definir, pero unha actividade que se vai aco-meter de inmediato é a elección do limiao do ano, que é unha ce-lebración que estamos a puntos de instituir e que aínda que sexa con algunha demora temporal entendemos que é oportuno que acometa o Museo da Limia, por ser unha institución moi repre-sentativa da comarca”.

Cre que é coñecido o Museo na comarca e fóra dela?

D.C.: “Si, hoxe ten un nome, e unha repercusión importante. Con ser un museo local con es-casos recursos é un museo moi digno, foi merecedor de varios recoñecementos, entre eles o Pre-mio da Crítica, foi obxecto tamén dalgún premio a nivel de Estado e a verdade e que o traballo que se ten feito aí e os recursos des-tinados a el teñen dado un ren-demento óptimo; grazas, en boa medida, á colaboración volunta-ria de moitas persoas implicadas, desde os responsables das insti-tucións, comezando polo propio alcalde, aos que formamos parte do Padroado de maneira total-mente altruista así como veciños do propio concello”.

Os interesados en visitar o Mu-seo da Limia poden facelo os sá-bados e domingos de 11 a 13:30 horas e de 16:30 a 19 horas, ou no caso de grupos contactando no teléfono 988 465 883 ou no correo electrónico [email protected] para concer-tar unha visita entre semana.

DELFÍN CASEIRO, MEMBRO DO PADROADO DO MUSEO DA LIMIA

“O Museo da Limia é un centro moi dinámico, punto de encontro dos

veciños e dos intelectuais”4 Este museo etnográfico celebra este mes os 20 anos na súa actual ubi-cación na reitoral de Vilar de Santos.

Museo da Limia, en Vilar de Santos. /M.REJO.

Page 9: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

9

ADEGAL estimara nun 60% a perda da colleita de cereal de ciclo longo polos asolagamentos

XINZO E COMARCA

4 Remata a parcelaria de Porqueira

O Diario Oficial de Galicia publicou o avi-so polo que se anuncia a toma de posesión pro-visional das fincas resul-tantes do proceso de reor-ganización da propiedade de Porqueira II. Esta re-estruturación parcelaria supuxo a reorganización de 9.045 parcelas perten-centes a 796 propietarios en só 2.053 fincas.

Nesta concentración parcelaria investíronse algo máis de 2,3 milló-ns de euros destinados na súa meirande parte (1,7 millóns de euros) á execución da rede de ca-miños.

4 Dimite un edil do PP en Rairiz de Veiga

A marcha dun dos concelleiros do grupo de goberno do PP de Rairiz de Veiga ao grupo mix-to e a posterior dimisión doutro edil popular, Ma-nuel Corderí, están a pro-vocar, a xuízo do voceiro socialista Pablo Lorenzo, “a parálise na xestión municipal”.

O socialista insta á al-caldesa, Asunción Mor-gade, a que actúe de xeito inmediato para desblo-quear “esta penosa situa-ción de inoperancia, que trae consecuencias no día a día da veciñanza”.

4 Reactivan a Protección Civil de Vilar de Santos

O Concello de Vilar de Santos quere reactivar a Agrupación Municipal de Voluntarios de Protec-ción Civil.

Os voluntarios reali-zarán tarefas propias de protección civil de pre-vención e de apoio para garantir a seguridade das persoas e evitar calque-ra posible incidencia, implicando tan só unha colaboración voluntaria desinteresada e altruísta. Os integrantes de Pro-tección Civil recibirán a formación necesaria e homologada. Os intere-sados poden informarse na casa consistorial.

EN BREVEO Parlamento pide á Xunta que avalíe os danos das choivas na Limia4 Reclamarase ao Ministerio de Agricultura a minoración da presión fiscal aos agricultores dos concellos afectados.

Participantes na homenaxe a Carlos Casares en Xinzo./A.G.

Xinzo recorda a figura de Carlos Casares O Concello de Xinzo de Limia e a Deputación Provincial organizaron, en vésperas

do Día das Letras Galegas, unha homenaxe ao escritor Carlos Casares. Baixo o lema: “Carlos Casares e o seu mundo creativo” a celebración tivo como obxectivo pór en valor a figura do insigne intelectual limiao.

No acto, que se celebrou na praza de Carlos Casares, o seu fillo, Hakam Casares, recordou as lembranzas do escritor nos seus anos de neno vivindo nas terras da Limia. “Para el a infancia era algo fundamental na personalidade dun ser humano, e sempre tiña un grande respecto polos máis cativos, e lembraba Xinzo como o lugar onde foi plenamente feliz, evocando os anos da nenez, o tempo en que un non ten preocupa-cións”.

Redacción

O Parlamento de Gali-cia aprobou, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar unha ava-liación da situación na co-marca da Limia derivada das precipitacións acumu-ladas durante a presente primavera, así como o seu impacto en forma de posi-bles perdas na actividade agraria, singularmente na produción de cereal e pa-taca.

A deputada do BNG, Tereixa Paz defendera unha proposición non de lei para avaliar os danos ocasionados polas choi-vas que provocaron gran-des perdas na actividade agraria e abrir unha liña de axudas.

A voceira do grupo po-pular, Isabel García Pacín, explicou que este acordo “vai na mesma liña que o adoptado pola Deputación

Provincial de Ourense no Pleno celebrado o pasado 29 de abril, e dos acordos plenarios dos propios con-cellos afectados”.

En concreto, a proposi-ción non de lei recolle a solicitude ao Ministerio de Agricultura da minoración na presión fiscal para os agricultores dos concellos afectados. A portavoz po-pular manifestou que “as avaliacións corresponde-

rán non só aos danos di-rectos sobre as colleitas actuais, cereais de inverno que apodrecen por enca-mado, senón tamén so-bre as posibles perdas do volume da colleita futura de pataca ou cereais de primavera que non se pui-deron sementar a tempo polos asolagamentos das leiras”.

Tamén se deberán ava-liar as infraestruturas para

4 ADEGAL solicitara axudas

Previo a este acordo parlamentario, a Aso-ciación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) so-licitara á Consellería de Medio Rural axudas para afrontar os efectos dos asolagamentos na comar-ca da Limia.

O colectivo estimara nun 60% a perda da co-lleita de cereal de ciclo longo polos asolagamen-tos. As choivas tamén provocaron retrasos na sementeira dos cereais de ciclo curto e da pata-ca, “polo que por un lado non aguantarán as altas temperaturas do verán, e por outra banda non cumprirán o ciclo correc-tamente, o que implica perdas importantes no rendemento das colleitas que poden rondar o 40%, facéndose necesaria unha valoración futura”.

ADEGAL tamén refire efectos das abundantes choivas nas infraestrutu-ras da comarca, princi-palmente nos camiños da concentración parcelaria, que sufriron “graves da-nos”, así como nos canais e ríos, que arrastraron moitas partículas que di-ficultan o seu desauge.

reparar ou arranxar desper-fectos en vías, sobre todo de concentracións, canles de regadío ou balados cor-taventos”, apuntou.

Actividade de alfabetización dixital organizada polo CDR O Viso

Obradoiro de busca de emprego do CDR O VisoRedacción

O CDR O Viso continúa a desenvolver as activida-des do seu obradoiro de busca de emprego, inte-grado no programa Rura-lempréga-T, que conta coa subvención da Xunta e do Fondo Social Europeo.

Neste mes de maio for-maron aos participantes no obradoiro en novas tecnoloxías para a busca activa de emprego, como a utilización do correo electrónico, a alta nunha empresa de traballo tem-poral, a busca de ofertas de emprego ou a crea-ción dun perfil profesio-nal nunha rede social.

Os vindeiros 6 e 7 de xuño reeditarán a expe-riencia de emprendemen-to no rural.

Moitos campos da comarca permanecen aínda encharcados de auga/P.L.

Page 10: Maio de 2016 - Barrios

10 BarriosMaio de 2016

especial SAÚDE

A ourensá Clínica Tek- nos conta desde os seus inicios cun servizo de po-doloxía a cargo de Borja Pérez Serrano, podólogo especialista en cirurxía do pé. Neste campo achégan-se diagnósticos e solucións ás diferentes problemáticas dos pés coas que nos pode-mos atopar. Ás veces requi-ren cirurxía pero noutras ocasións a solución virá a través de tratamentos de carácter conservador.

Explícanos Pérez Serra-no que a área de Podoloxía de Teknos está estruturada en tres departamentos: bio-mecánica, patoloxía e uni-dade de cirurxía do pé.

A área de biomecánica inclúe, entre outros, o estu-do da marcha ou o escáner da pegada, para dar solu-ción a posibles patoloxías, a través de plantillas, orte-sis de silicona ou férulas.

Na área de patoloxía te-ñen distintos protocolos diagnósticos e terapéuticos, como o pé de risco, para os caso dos pacientes diabéti-cos, que teñan problemas

de circulación, ou de idade avanzada.

Tamén ofrecen trata-mentos para a dor do pé, entre eles infiltracións de medicamentos de última xeneración, que teñen unha acción biorreguladora e rexeneradora.

Nesta área contan cunha sección de podopediatría, orientada aos máis peque-nos e os problemas máis ha-bituais nesas idades, como os problemas de apoio en nenos de 3 a 4 anos, fun-gos, verrugas, papilomas ou alteracións das uñas. Para facerlles máis agrada-ble a estancia na clínica aos cativos, contan cunha área de espera adaptada.

Cirurxía do péFinalmente na unidade

de cirurxía do pé practícan-se diferentes técnicas para ofrecer ao paciente a reso-lución do seu problema. Principalmente a través de

cirurxía mínimamente in-vasiva, con pequenas in-cisións e anestesias locais que permiten ao paciente saír andando sen muletas trala operación, post ope-ratorios practicamente indoloros e recuperacións máis rápidas. “En contra-posición á fama que tiña a cirurxía tradicional, os protocolos avanzaron moito”, apunta Pérez Se-rrano.

Os problemas do pé teñen solución en Teknos

r/Arturo Pérez Serantes, 1-3 - OurenseTel. 988 222 800

Un ano máis, Cruz Vermella organiza an-dainas solidarias en dis-tintas localidades da pro-vincia, así como sesións de zumba solidaria como alternativa para os afec-cionados a esta activida-de deportiva.

O Carballiño celebrará a súa III Andaina Soli-daria, o domingo 22 de maio. A ruta será de 11 km de baixa dificultade. Sairá ás 10.30 horas da Praza Maior. A inscri-ción é de 10 euros e in-clúe 2 boletos do Sorteo de Ouro.

O venres 27 de maio a cita será en Ourense, a partir das 20.30 horas, con dous posibles perco-rridos de 6 ou 10 km, co obxectivo de que moi-tas familias se animen a participar nunha tarde distinta, combinando de-porte, convivencia e so-lidariedade. A inscrición é de 10 euros por persoa,

que inclúe 2 boletos para o Sorteo de Ouro, sorteo de agasallos e avituallamen-to. Os menores de 12 anos participarán gratis. As ins-cricións poden realizarse en Cruz Vermella, ou nos establecementos colabo-radores.

O Ribeiro celebrará unha Máster Class de Zumba Solidaria e unha sesión de fitness o domin-go 29 de maio na praza Maior de Ribadavia. Neste caso a inscrición será de 5 euros por persoa (1 boleto do Sorteo de Ouro).

En xuño, XinzoNo mes de xuño Xinzo

celebrará a súa II Andaina Solidaria o domingo 5, na que os participantes tras unha inscrición de 7 euros (inclúe 1 boleto de Sorteo de Ouro) percorrerán par-te da denominada “Ruta Franciscana”.

Tamén Valdeorras está a organizar a súa III An-

daina Solidaria, que o do-mingo 3 de xullo congre-gará aos veciños e veciñas desta comarca nunha fer-mosa ruta que percorrerá os arredores de O Barco. Neste caso a inscrición é de 6 euros (inclúe un bole-to do Sorteo de Ouro).

Colaboración con Cruz Vermella

A través do Sorteo de Ouro e actividades como as Andainas Solidarias, os ourensáns atopan unha fórmula máis para colabo-rar con Cruz Vermella, ao mesmo tempo que realizan unha actividade saudable que promove o respecto polo medio ambiente.

O Sorteo do Ouro re-parte un primeiro premio de 3 millóns de euros, un segundo de 1.500.000 euros, un terceiro de 750.000 euros ou o seu contravalor en ouro e cen-tos de premios de menor contía.

As Andainas Solidarias de Cruz Vermella percorren a provincia de Ourense

Borja Pérez Serrano, podólogo de Clínica Te-knos.

Page 11: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

11SAÚDE especial

A saúde oral é un ben esencial para o benestar físico e psicolóxico do paciente. Deste xeito, o odontólogo ten como pa-pel fundamental servir e protexer a saúde oral dos seus pacientes.

Un propósito, defen-dido polo Dr. Mariano Arranz, cuxa actividade diaria e cirúrxica nas súas clínicas céntrase en dous alicerces fundamentais: “a saúde e a relación cos pacientes”, creando así un clima de confianza e em-patía entre os pacientes e o equipo, que conta coa tecnoloxía e equipos máis avanzados para propor-cionar un servizo eficien-te e de calidade en todos os seus tratamentos.

“O meu obxectivo é que os meus pacientes sorrían”, afirma o Dr. Mariano Arranz sobre a importancia de contar en cada clínica cos servizos e equipamentos indispen-sables, para un tratamento rápido e axeitado a cada caso clínico.

Empezou a exercer a profesión hai 25 anos en España, concretamente en Xinzo de Limia e Allariz (onde se localizan o res-to das clínicas) e hai tres anos abriu clínica en Cha-ves. Os seus principios básicos son o coidado, a prevención e o tratamento dental; desde a transpa-rencia e profesionalidade. “O meu principal obxec-

tivo consiste en previr e informar ao paciente de como manter unha boa saúde oral”, afirma o Dr. Mariano Arranz.

En Clínicas Arranz dis-poñen de varias opcións de tratamento que permi-ten dar unha resposta rá-pida nas áreas de estética e saúde oral (implantoloxía, ortodoncia -fixa e removi-ble-, periodoncia, cirurxía oral, endodoncia -manual e mecánica-).

En implantoloxía desta-can a técnica de carga inme-diata “All on four” ou “All on four modificado”, que son técnicas cirúrxicas e protésicas de implantoloxía e rehabilitación dental, que permiten recuperar a fun-ción e estética no mesmo

Clínicas Arranz: a saúde, un ben esencial

día con mínimo óso e sen necesidade de enxertos. Este tratamento é rápido, eficaz e indoloro; nunhas horas o paciente ten os seus dentes fixos para comer e sorrir. O seu principal obxectivo é o paciente; minimizar a dor e solucionar o seu problema canto antes.

Isto é posible grazas ao escáner, que dixitaliza os modelos e fabrica férulas de posicionamento co fin de colocar os implantes dunha maneira precisa sen dor nin puntos. No caso dos implantes, cada paciente recibe unha cartilla de im-plantes, coa marca, modelo e referencia do implante colocado; para recibir asis-tencia en calquera parte do mundo se fose necesario.

O doutor Mariano Arranz.

Xinzo Clínica Dental - av. Madrid, 46, baixo, Xinzo - Tel. 988 46 21 33

ARG Clínica Dental - Estrada de Xunqueira, 34, Allariz - Tel. 988 44 08 43

Arranz Clínica - av. Santo Amaro, Loja 1º - Bl.A - Edificio Parque dos Príncipes - Chaves

- Tel. 00351 2�6 333 310

Redacción

As XI Xornadas de En-fermería de Ourense cul-minaron co fallo do XVIII Premio de Enfermería aos traballos “Biofilm: o malo da película” e “Aplicación do proceso enfermeiro a un paciente con úlcera tumoral infectada. Caso Clínico” nas categorías de mellor comunicación pós-ter e mellor comunicación oral.

O xurado das xornadas organizadas pola Xeren-cia de Xestión Integrada de Ourense, premia así os traballos elaborados por Luis Alberto Ojea, super-visor xeral do Complexo hospitalario de Ourense, experto universitario e es-pecialista en feridas cró-nicas pola Universidade de Santiago e referente no coidado de lesións ulcero-sas na Xerencia do Sergas en Ourense, que analizou o papel do biofilm bacte-riano nas feridas.

O biofilm é unha fina capa formada por unha comunidade de bacterias e fungos que se interrelacio-nan e protexen formando unha barreira contra as de-fensas naturais do corpo, os anticorpos e as células fagocíticas, pero tamén fronte aos tratamentos antimicrobianos e anti-bióticos, constituíndo así

un dos maiores riscos de infección e cronificación das feridas, dificultando a súa curación. No traballo plantéxase o necesario co-ñecemento do problema, baseado na evidencia, para achar o tratamento axeita-do e conseguir bos resulta-dos.

Coidado das feridas a domicilio

O premio a mellor co-municación oral reacaeu sobre o caso clínico, pre-sentado por Ana Fernán-dez Conde, Susana Borge Dafonte e Nancy Marra Gil, enfermeiras e super-visora da Unidade de Hos-pitalización a Domicilio do CHUO, que plantexa-ron a necesidade de dar unha resposta asistencial ao problema clínico como apoio a familia e coidado-

res mediante educación sanitaria e o apoio emo-cional.

No seu traballo as pro-fesionais de enfermería de HADO expuxeron o caso clínico dun pa-ciente que presentaba unha úlcera oncolóxica e neoplásica. Mediante a aplicación do proceso de atención enfermeira, conseguiuse un axeitado control dos síntomas físi-cos e evitouse a sobrecar-ga do coidador, elemento clave á hora de manter uns coidados axeitados no domicilio e evitar a claudicación familiar.

A clausura das xornadas coincidíu co Día Inter-nacional da Enfermería, que conmemora a data de nacemento Florence Nig-htingale, figura clave da enfermería moderna.

NAS XI XORNADAS DE ENFERMERÍA

Premio para dous traballos sobre a loita contra a infección das feridas

Presentación das XI Xornadas de Enfermería.

Page 12: Maio de 2016 - Barrios

12 BarriosMaio de 2016 especial SAÚDE

Centro Médico El Car-men é un hospital que his-toricamente se caracterizou por ir sempre á cabeza da innovación na provincia de Ourense. De feito, a súa calidade foi recoñecida recentemente coa certifi-cación EFQM 400+ Exce-lencia Europea de Xestión de Calidade Empresarial, outorgada por AENOR e o Club de Excelencia. Este selo únese á renovación da Certificación trianual da Norma de Calidade “ISO 9001:2008”, cun ámbito de “CALIDADE TOTAL”.

Un dos obxectivos do hospital é pór a disposición dos seus pacientes a última tecnoloxía e as unidades sanitarias máis completas. Por esta razón, nos últimos meses incorporou un novo TAC de baixa radiación,

seguindo así as directrices europeas de progresiva di-minución das radiacións que unha persoa recibe ao longo da súa vida. Este TAC ten como vantaxe que reduce até nun 40% as ra-diacións habituais. Desta maneira protéxese a saúde de pacientes especialmen-te sensibles como nenos, persoas que teñen que so-meterse con frecuencia a estudos radiolóxicos, como os afectados por procesos oncolóxicos, ou órganos delicados como a mama.

Nesta liña tecnolóxica, tamén se renovou a Re-sonancia Magnética, ins-talando un novo software que mellora o diagnóstico de enfermidades como o cancro de próstata.

Ademais, reforzáronse importantes unidades como

a de neuroloxía, cardio-loxía ou cirurxía plástica, incorporando ao equipo a recoñecidos profesionais.

No ámbito da cirurxía plástica, o equipo está for-mado por catro cirurxiáns que traballan principal-mente en dous ámbitos: tratamentos reparadores sen necesidade de cirurxía (bótox, suavizado da pel...) ou cirurxías plásticas e re-paradoras de mama, corpo-ral, facial, “redistribución e reacomodación” de graxa corporal.

O equipo tanto de cirur-xía plástica como doutras especialidades tamén trata a pacientes internacionais a través da liña de turismo de saúde e balneoterapia WaterHealth, un proxecto único dentro da sanidade galega.

“Escola de Saúde”Centro Médico El Car-

men quere compartir os seus coñecementos co resto de ourensáns e contribuír á educación en saúde. É por isto que recentemente puxo en marcha a súa propia “Escola de Saúde”, ciclo de charlas nas que participan profesionais do hospital xunto a membros de aso-ciacións e que teñen como finalidade a divulgación sobre diversos aspectos re-lacionados con patoloxías concretas que interesan á cidadanía. Temas como o Alzhéimer, a infertilidade ou as consecuencias dos accidentes de tráfico foron cuestións protagonistas destes encontros, moi ben acollidos polo público.

En definitiva, Centro Médico El Carmen é un hospital cun afán de me-llora continua para dar a mellor atención ás persoas que confían a súa saúde aos profesionais que forman este centro.

Centro Médico El Carmen, á vangarda da innovación

Avenida de La Habana, 50-52, Ourense Tel. 988 22 34 00

Habitación de Centro Médico El Carmen.

Quirófano de Centro Médico El Carmen.

Page 13: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

13SAÚDE especial

O crecemento da espe-ranza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dispararon nos últimos anos a deman-da de servizos para o coi-dado e atención de persoas maiores ou dependentes, e máis nunha provincia tan envellecida como a nosa.

Falamos con María Cristina Portela Pérez, a directora de Edades, para que nos achegue a reali-dade desta empresa de ser-vizos sociais, que ofrece todo tipo de prestacións a uns prezos moi alcanza-bles para a maioría da po-boación.

Desde cando funciona Edades en Ourense?

Cristina Portela: “Eda-des Servicios Sociales é unha empresa tipo fran-quía que desde o ano 2008

está implantada en Ouren-se, e que foi en constante crecemento desde a súa apertura”.

Que servizos ofrece?C.P.: “A oferta de Eda-

des contempla desde aten-ción e coidado de maiores, dependentes ou nenos, a trámites burocráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha ten-da de axudas técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio, desde cambio de bañeira por ducha adap-tada a servizos de fontana-ría, electricidade... Poucas veces unha empresa abran-gue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades”.

E cales son os máis de-mandados?

C.P.: “Sobre todo inter-

nas as 24 horas e para fins de semana, con diferen-za”.

Que produtos da vosa tenda de axudas técnicas teñen máis saída?

C.P.: “O que máis saída teñen son as cadeiras para persoas con modalidade reducida, as camas xeriá-tricas e as grúas. Ademais, teñen bastante demanda os produtos de segunda man”.

Como valoras a túa experiencia empresarial con Edades?

C.P.: “Estou satisfei-ta por cumprir todos os obxectivos nestes oito anos e dos entre 80 e 90

Fachada de Edades, no número 33 da avenida de Marín.

Edades, empresa punteira en Ourense na prestación de servizos sociais

traballadores cos que con-tamos habitualmente, que están moi implicados na empresa.

Teño unhas esixencias moi altas e requiro profe-sionalidade ás persoas que queiran traballar con nós, con formación específica e experiencia mínima dun ano no sector. Pois para cada servizo necesítase un tipo de persoa distinta, non é o mesmo traballo o dun-ha señora que se dedica a tarefas domésticas, a outra que atende a unha persoa maior, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, coidadoras de nenos, licenciados ou diplomados, entre outros perfís”.

Cristina Portela, xerente de Edades.

“Requiro profesionalidade ás persoas que traballan con nós, con formación específica e experiencia mínima”

Page 14: Maio de 2016 - Barrios

14 BarriosMaio de 2016

ALLARIZ E COMARCA

Dez xardíns compiten polo voto do público

Paula Lodeiro

Como ven os paisaxis-tas os xardíns do futuro é a temática que enlaza as creacións presentes na sétima edición do Festi-val Internacional de Xar-díns de Allariz, que se inaugurou o 13 de maio. Os dez xardíns efémeros que concursan na edición 2016 expresan e aventu-ran as inquedanzas sobre o futuro das cidades e o papel clave que xogarán as zonas verdes urbanas.

A parcela 1 ocúpaa a proposta “Ecos-Oikos”, Marina Jiménez, Julio Jiménez, Ana Jiménez e María de la O García,

procedentes de Vigo e Va-lladolid. A parcela 2, “So-ñando el futuro. Viviendo el presente”, das colombia-nas Melisa Ávila e Daniela Polo. A parcela 3, “Jardín de luz” é obra do barcelo-nés Xabier Pageo. Na par-cela 4 repite o xardín ga-ñador do ano pasado, “A la IMAGINE de Allariz”, do paraguaio Gabriel Ayala. O xardín nº5 é “Rent a gar-den”, creado por Martina Kadnarova, Eva Robausch e Eva Pointner, de Austria. A parcela 6 está ocupada pola “Huerta cibernética” de Michalina Wójcikm de Alicante, e a número 7, “Terraformación”, é obra do galego José Souto. A

parcela número 8 está ocu-pada polo xardín que reali-za o alumnado do colexio Padre Feijoo de Allariz. Na parcela 9 podemos ver “Better future”, dun grupo de paisaxistas brasileiros. A número 10, “Green cloud garden” recolle o deseño dun equipo holandés f. O xardín número 11 leva por nome “[RE]evolución” e é obra dos alaricanos María Susana Ribeiro e Jesús Pa-checo; e finalmente na par-cela 12 está o xardín “The future is futurist?” dun es-tudio italiano.

Durante a inauguración, Francisco García, agrade-ceu o traballo dos paisaxis-tas e dos traballadores mu-

O Festival de Xardíns de Allariz mira ao futuro4 Abriu as portas a �ª edición do FIXA.

Participantes no Festival de Xardíns con X.Manuel Piñeiro e Francisco García./P.L.

nicipais que fan realidade as súas creacións. Aínda que algunha da planta está por florecer, o rexedor agarda que, co sol destes días, os xardíns alcancen pronto o seu esplendor.

O alcalde tamén adian-tou a temática da edición de 2007, “Xardíns da Me-moria”, coa que se cele-brará o 700º aniversario da Festa do Boi. O prazo para presentar candidatu-ras estará aberto ata o 30 de novembro.

HistoriaInaugurado en 2010, o

festival de Allariz é pio-neiro na península, xunto co portugués de Ponte de Lima, constituíndo non só un encontro ineludible no eido do paisaxismo, senón unha aposta de desenvolve-mento social e económico da vila, pois por el pasan cada ano unhas 40.000 per-soas.

O recinto do festival, de 40.000 metros cadrados de auga, sons, cores e vexeta-ción ao carón do río Arnoia, permanecerá aberto ata o 1 de novembro. Ata o 19 de xuño o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 21 horas e fins de semana e festivos tamén de 11:30 a 14 horas. A entrada custa dous euros, sendo gratuíta para persoas coa tarxeta ci-dadá e menores de 12 anos, e a un euro para pensionis-tas e grupos.

Festa do Boi4 Do 21 ao 29 de maio

Redacción

Envolta na polémica pola crítica decolectivos de defensa dos animais, chega unha nova edición Festa do Boi de Allariz. A asociación Libera reunirá máis de 25.000 firmas en Internet contra o uso de bois na festa, pero os seus organizadores (a Asocia-ción Cultural Xan de Ar-zua), o Concello e moitos veciños defenden que se trata dunha festa medieval, non un espectáculo taurino e que non se produce mal-tato ao animal.

Sexa como for, a festa comeza este sábado, 21 de maio, cara á mediodía, coa chegada dos bois a San Salvador dende Pena-má. Durante unha semana, sucederanse as carreiras de bois polas rúas do cas-co histórico alaricano, re-creando deste xeito o boi utilizado en 1317 por un

cristián, Xan de Arzúa, para facer fuxir aos xu-deus que se mofaban da procesión de Corpus Christi. Cada percorrido dura como máximo 30 minutos e cada boi (ha-berá cando menos catro animais) participa nunha carreira cada dous días.

Un dos eventos centrais dos festexos será a proce-sión de Xan de Arzúa ce-lebrarase o domingo 22, dando inicio a mediodía no Eiró, para percorrer o casco histórico e rema-tar no Campo da Barreira ao carón do Mosteiro de Santa Clara.Os gremios e personaxes participantes na procesión -e posterior xantar medieval- deberán acudir vestidos de época.

Outros atractivos da festa, que dura ata o do-mingo 29 de maio, serán o mercado medieval, os pasarrúas e verbenas, e as actividades infantís.

Unha carreira do boi do ano pasado./ARQUIVO.

Page 15: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

15PUBLICIDADE

Page 16: Maio de 2016 - Barrios

16 BarriosMaio de 2016

ALLARIZ / CELANOVA

O estudo mellorará a rendibilidade do mercado celanovés

Redacción

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou nunha visita á praza de abastos de Celanova a impor-tancia na dinamización económica da vila deste recinto, que nos últimos anos está a ser obxecto dunha fonda transforma-ción que lle está a per-mitir consolidarse como unha infraestrutura clave para o comercio da loca-lidade.

Neste sentido, Váz-quez Abeal, que estivo acompañada polo alcalde celanovés, José Luis Fe-rro, salientou que grazas á colaboración da Xunta e o Concello o mercado vén de ser seleccionado polo Ministerio de Eco-nomía e Competitivi-dade para a elaboración dun estudo de viabilida-de e técnico comercial de proposta de rehabili-tación e modernización.

Esta actuación, que vai realizar a empresa públi-

A Praza de Celanova, seleccionada para un estudo de modernización4 Só se realizará noutros 9 recintos de toda España.

ca Mercasa, suporá, tal e como salientou Vázquez Abeal, un novo impulso ao proceso de modernización que está a vivir o mercado celanovés, achegando as claves para continuar me-llorando a praza da locali-dade ourensá e incremen-tando a súa rendibilidade.

A de Celanova é a úni-ca praza galega que vai participar neste programa, xunto con outros nove mercados de toda España. A Xunta, que impulsa as prazas de abastos como pezas clave do comercio de proximidade, está a traballar no novo Plan de Mercados Excelentes que contará con medidas cen-tradas en eidos como a mellora da imaxe e a aten-ción ao cliente, os servizos e os equipamentos, así como iniciativas para re-forzar o emprendemento.

Sol Vázquez visitou a Praza de Abastos de Celanova xunto ao rexedor municipal, José Luis Ferro./M.R.

Redacción

De febreiro a xuño a Fundación Curros Enrí-quez acolle numerosos grupos de escolares que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Cel-so Emilio’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e a

Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

Anualmente a recep-ción media de visitas escolares na Casa dos Poetas ronda os 50 cen-tros de toda Galicia (aproximadamente uns 2.000 rapaces), actual-mente, cando aínda se continúan a recibir soli-citudes, a Fundación ten confirmada a visita de 60 centros de toda Galicia cunha previsión de 2.300 alumnos.

En 2016 contan con 8

centros que participan por primeira vez nesta activi-dade, entre os que destaca o Instituto Español Cañada Blanch de Londres, cuxos alumnos coñeceron Cela-nova este 6 de maio.

Ademais, este ano a no-vidade do programa ofre-cido consiste na incorpo-ración da visita dun espazo emblemático vinculado á obra de Celso Emilio

como é o espazo no que popularmente se cre que estivo preso no Mosteiro de Celanova. A cela co-ñecida por ser lugar de inspiración para o poema ‘Longa noite de pedra’ é en realidade o antigo ar-quivo do Mosteiro, unha estancia de pedra para evitar que un incendio destruíra os códices gar-dados.

Máis de 2.300 alumnos visitarán Celanova ata xuño4 O instituto español Cañada Blanh de Londres xa o fixo.

Estudantes do Instituto Español Cañada Blanch de Lon-dres, na praza Maior de Celanova.

Melloras no saneamento en FrieiraRedacción

O Concello de Allariz vén de realizar melloras no saneamento do nú-cleo municipal de Frieira substituíndo a fosa sép-tica pola instalación dun novo sistema que conec-ta coa rede de saneamen-to xeral.

Debido ás limitacións da fosa séptica na depu-ración da auga, a briga-da municipal procedeu a súa substitución pola conexión coa rede de sa-neamento xeral do Par-que Empresarial de Cho-rente, aproveitando a súa proximidade.

As obras, que ascende-ron a 20.000 euros, con-sistiron na instalación dun pozo de bombeo con dúas bombas e un cadro eléctrico e a co-locación dun tubaxe de conexión coa rede xeral. Isto permite a mellora no tratamento das augas e a eliminación de posible contaminación.

As infraccións penais en Allariz mantéñense estables 4 Haberá un dispositivo especial de seguri-dade con motivo da Festa do Boi.

Redacción

A Xunta Local de Seguridade de Allariz analizou os datos rela-tivos á delincuencia na comarca durante o ano 2015 e o primeiro trimes-tre de 2016, constatando unha tendencia estable na cuantificación da to-talidade das infraccións penais, respecto ao ano anterior. Así, mantense o índice de delitos, redúce-se lixeiramente o número

de faltas e increméntase levemente as infraccións penais sen delitos contra a seguridade viaria e as in-fraccións administrativas. Así mesmo descende o nú-mero de detidos e investi-gados. Os niveis de escla-recemento tanto de delitos como faltas está por riba do 70%.

Dispositivo pola Festa do Boi

Na xuntanza tamén se definiu o dispositivo de se-

O subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Allariz copresidiron a Xunta Local de Seguridade.

guridade que se porá en marcha co gallo da cele-bración da Festa do Boi, que ano tras ano reúne a moitos visitantes.

A este respecto, a Sub-delegación foi informada dunha concentración de protesta por parte de co-lectivos animalistas o 22 de maio, de 12:30 a 14 ho-ras na Barreira. Ao estar ocupado o espazo polas atraccións da feira, a Sub-delegación recomendou o cambio de ubicación.

Page 17: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

1�CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A JUAN HERVELLA-REGO - DIRECTOR DA CURTA “SHARE O NO SHARE”

“Conseguín unha peza coa que me sinto identificado, son eu de principio a fin”

4 Esta curta será presentada no Festival de Cans.

R. Torres / S. Nieto

Formado en Benposta, en canto caeu unha cámara nas súas mans comezou a practicar por libre no mundo do audiovisual. Emigrou a Madrid, traballou en televisión e estudiou na Escola de Cristina Rota (pero deuse conta que ser actor non era o seu). Máis tarde –cando cumpriu a maioría de ida-de- formouse para ser especialista de cine na escola de Ángel Pla-nas. Logo chegaría o momento de adentrarse nas curtametraxes.Coa única bagaxe de “The Doom”, foi nesta – “Share o no share”- coa que aprendeu a facer de todo. Fa-lamos con Juan Hervella-Rego –Juanchis Lee nos seus anos mo-zos-.

Como xurdiu esta curta?J.H.: “Ía un día pola rúa facen-

do xogos de palabras. Era cando o programa Gran Hermano non era a merda repetitiva que é hoxe e veume á cabeza o Gran Ru-mano. A partir de aí o resto saiu deseguido. É a historia dun rea-lity show sobre seis inmigrantes que queren acadar o permiso de residencia. Ocorréuseme fai moi-to tempo, hoxe por hoxe xa non é tan estraño; iso significa que a televisión, por desgraza, avanzou cara a inhumanidade. Isto mes-tureino con outra historia de pe-lexas... senón hai hostias é coma se non fora meu. Foi a historia medrando, metinme nela e ao fi-nal remateina”.

Tardaches moitos anos en completala, que pasou?

J.H.: “Tardei moito. A igno-rancia é moi atrevida. Cando eu me decidín a rodar tiña un guión no que se me foi a man, era moi complexo poder plasmar as esce-nas, o que escribira, non se podía facer. Tiven que afastarme do mundo, encerrarme.

Editei unha versión imposible de 47 minutos que non tiña nin pés nin cabeza. Despois o direc-tor Miguel Ángel Lamata axu-doume a editala vía telefónica. E deixámola en 19 minutos que é o que dura agora”.

Como foi traballar con acto-

res como Luis Tosar, Luis Za-hera…?

J.H.: “Imaxínate, tiña unha versión dos personaxes que en realidade eran moito menos pro-fundos dos que eles poderían agardar así que non se esperaba unha interpretación ao “Sonrisas y lágrimas”. A veces sentíame cohibido á hora de dirixilos, pero eles axudáronme moito. Sobre todo aprendín moito”.

Nas túas curtas hai moita

acción. Estás cómodo nese xé-nero?

J.H.: “É o que mellor sei fa-cer. Como espectador gústame de todo, pero vendo acción foi como me namoreime do cine. Por agora é o que quero facer”.

O primeiro título para este traballo era “Enemicísimo”, por que o cambio?

J.H.: “Ao rodalo da maneira no que o rodei, ao facelo a tiróns, a historia foi cambiando tanto… “Enemicísimo” ía moi ben para a historia orixinal. Din que os títulos hai que escollelos ao fi-nal e eu collérao antes de gravar. Finalmente derivou en “Share o no share”, pero desde logo non pretendo emular a Shakespeare xamais”.

Como recibes a nova da proxección da curta en Cans?

J.H.: “Feliz ata a morte por-que o Festival de Cans é, para min, básico e esencial. Creceu empezando do freak e anecdóti-co, pasou a ser un pouco a meca do audiovisual galego. Alfonso Pato, director do Festival, intere-souse pola miña curta xa desde o principio, cando estaba rodando, e cando dirixía o glorioso pro-grama “Onda curta” enviou a Ourense a uns reporteiros a facer unha reportaxe do tema e incluso proxectara un tráiler antigo deste traballo en Cans.

Non sabía se o ían seleccionar porque a competencia é moi dura.Vin traballos que estarán presen-tes que son moi bos”.

Como vai ser a túa presenza no Festival?

J.H.: “Tentarei estar todo o que poida. Cans é un festival no que mo paso moi ben; espero ver as demais curtas e conto con que se achegue parte do elenco do meu traballo.

O director Dani de la Torre for-ma parte do xurado, a ver se em-patiza ao ser unha cinta de acción,

na que está presente Luis Tosar… (risas)”.

E a partir de agora?J.H.: “Agora estamos en trámi-

tes de movela cunha distribuidora e comezar a ofrecela a distintos festivais”.

Cando a veremos en Celano-va e en Ourense?

J.H.: “Iso é. Ademais en Ouren-se e en Celanova. Non sei aínda en que orde pero si nos dous lu-gares. Celanova é moi importante porque aquí (estamos facendo a entrevista en CasAberta) o rema-tei física e moralmente. E pasala en Ourense gustaríame moito xa que grabei a maior parte alí, ade-mais de en Vilanova dos Infantes e en Madrid.

Quero que sexa pronto; agora estou un pouco saturado polo de Cans, pero despois poreime a iso”.

Gustaríache unha estrea como na anterior curta, na que subiches ao escenario e pedi-ches perdón polo que ían ver?

J.H.: “Neste vou sobrado para

pedir perdón, para facer peniten-cia e incluso chorar no ombreiro dalguén polo meu mal cometido. Pero esta vez non vou pedir per-dón xa que, ao contrario que con “The Doom”, esta vez conseguín unha peza coa que me sinto iden-tificado, son eu de principio a fin. Así que non vou pedir perdón por existir (risas)”.

Como evolucionou Juanchis Lee a Juan ou “The Doom” a “Share o no share”?

J.H.: “Sobre todo á hora de ver películas. Vin tantas que vas de- senrolando o gusto; canto máis ves máis podes comparar e máis fino se volve o teu gusto. Pero e- norgullézome de ser máis ou me-nos o mesmo. Cambiando a praza de Callao pola do Ferro pode di-cirse que me purguei”.

Sínteste liberado?J.H.: “Si, aínda que non de

todo porque non vin voar a curta e non vin a súa traxectoria. Ago-ra toca unha fase de distribución que non coñezo e que estou des-cubrindo. Pero si que estou libe-rado; estou dixerindo o proceso e

espero dixerilo por moito tempo, eso significaría que a traxectoria é boa”.

Pensaches que ía quedar no caixón?

J.H.: “Si, e creábame moi-ta angustia. Rematei o traballo e vía que non funcionaba; ata pensei: acabouse. Tentei sacar outros proxectos; entre eles tiña un traballo duns soldados nun bosque esperando que os ataca-ran en calquera momento. Era unha historia moi escura, que era coma me sentía naquel momento. Pero con cada cousa que tentaba sacar víñame á cabeza esta curta e diciame: como podo facer nada sen rematar isto? Tiven que ver-me no punto de pensar que ía a existir unha vida sen rematar este traballo, pero a ver que empren-día eu... Era unha lousa nas miñas costas. Silvia –a súa parella- axu-doume moito e díxome que tiña que rematala por unha cuestión terapéutica.

Logo veu Miguel Ángel Amato que me dixo que se me poñía a elo el me axudaba. A partir dese momento comezou un proceso –montala, recurtar esceas, efectos especiais,- que durou tres anos”.

Tes outros proxectos audiovi-suais?

J.H.: “De momento non, a non ser que se me dea por gravar al-gunha bizarría desas . Pero si que é certo que escribo moito, e teño diferentes guións en diferentes fases; e agardo ter a oportunida-de de mostralos. Son historias de distinto tipo, unha é sobre a caza do lobishome en Celanova, outra sobre un home que é contratado para vivir un inferno...

Tiña outra historia, pero tívena que tirar para atrás porque trataba do roubo da Virxe do Cristal; ti-tulabase “Diario dun montuno”, e nela roubaban a virxe e tres mon-tunos recuperábana e remataban como heroes, nesta non morría ninguén, pero lamentablemente polo que aconteceu na realidade non verá a luz”.

Non faltará no OUFFJ.H.: “Claro, ao Festival de

Ourense mandareina. É como mal karma non facelo”.

Trala entrevista imos cara a praza Maior de Celanova para realizar as fotografías; remata-mos, despedímonos e marchamos cara lados distintos. Mentres nos distanciamos xa me tarda a estrea da curta en Ourense e/ou Celano-va para vela. Son moitos os anos que sabemos desta obra e por fin está preto o día na que a veamos nunha pantalla.

Despois de vernos de novo, Hervella paréceme a mesma per-soa que coñecín cando estaba a presentar a súa primeira curta; vitalidade a raudais e un punto de hiperactividade. Os malos tragos xa pasaron, toca gozar desta etapa de promoción e do seu traballo.

“Non sei en que orde pero proxectarase en Ourense e Celanova, e quero que sexa pronto”, confesounos

En canto a traballar con actores como Luis Tosar ou Luis Zahera, confesa que “setíame cohibido á hora de dirixilos, pero axudáronme moito”

Juan Hervella-Rego, director de “Share o no share”./RAMSÉS.

Page 18: Maio de 2016 - Barrios

18 BarriosMaio de 2016

CELANOVA E COMARCA

P. L.

Despois de que o ano pasado se convertera nun-ha homenaxe ao párroco de Vilanova, Adolfo Enrí-quez, e á figura da Virxe do Cristal, Raigame volveu en 2016 con máis forza. A cita foi o 17 de maio, festi-vidade das Letras Galegas, en Vilanova dos Infantes, Celanova, cun amplo pro-grama de actividades que encheron de rebumbio e vida o burgo medieval. O bo tempo acompañou, e a presenza de romeiros foi constante durante toda a xornada.

Como apuntara a orga-nizadora da romaría, Ma-riló Fernández, Raigame é máis que unha festa, “é poñernos na pel da xente de finais do século XIX e comezos do XX”, e así, es-tiveron presentes en Vila-nova oficios como os can-teiros, oleiros, telleiros, carpinteiros… pero tamén xogos populares, música e danza, e como novidade, un taller de costureiras tra-dicionais.

Na parte cultural, houbo exposicións, ambientación nas rúas a cargo de gaitei-ros, música popular, títe-ress, e teatro baseado nun

texto de Manuel María, a quen este ano se lle de-dicaba o Día das Letras Galegas.

HomenaxesNa 15ª edición des-

ta romaría etnográfica, rendeuse unha especial homenaxe aos segadores ourensáns, conmemo-rouse o centenario da ga-leguización do topónimo de Vilanova colocando unha praca recordatoria na localidade. e entre-gouse o premio honorífi-co “Adolfo Enríquez” ao historiador Clodio Gon-zález.

Homenaxe aos segadores na Romaría Raigame4 Un novo 1� de maio, Vilanova dos Infantes fixo revivir a vida de comezos do século XX.

Iniciativa solidaria de Nosolobicis

A tenda Nosolobicis de Celanova vén de lanzar a iniciativa solidaria “Un neno, un sorriso”, coa que animan a quen teña bi-cicletas na casa que non utilice a entregalas no seu local. Eles arránxanas e entréganas a Cáritas e Cruz Vermella, para que sexan repartidas entre as familias máis necesitadas da comarca en cumpleanos ou Nadal, para que ningún cativo quede sen regalo.

Todos os que desexen colaborar, poden facelo ata finais de ano.

Mari Carmen Durán, xerente de Nosolobicis, cunha das biciletas doadas./M.REJO.

Redacción

A Consellería do Medio Rural destina este 2016 máis de 500.000 euros para seguir avanzando nas parcelarias da zona de Mundil e San Tomé, am-bas no concello de Carte-lle. Así o destacou a súa titular, Ángeles Vázquez, durante a súa visita ás obras. Así mesmo, sina-lou que a reestruturación parcelaria é fundamental para o despegue socio-económico do rural ga-

lego en xeral e do agro en particular, posto que per-

mite a redimensión das ex-plotacións agrogandeiras, facéndoas máis rendibles, sustentables e competitivas no mercado.

A concentración parcela-ria de Mundil afecta a unha superficie de 885 hectáreas; e a de San Tomé, a 1.719.

O investimento realizado en total pola Xunta no con-cello de Cartelle ascende a preto de 10 millóns de euros.

Medio millón máis para as parcelarias de Cartelle4 A conselleira de Medio Ru-ral visitou as obras en Mundil.

Ángeles Vázquez durante a súa visita a Mundil./RAMSÉS.

Un dos 22 grupos de música e danza tradicionais que participaron na romaría./RAMSÉS.

Page 19: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

19PUBLICIDADE

Page 20: Maio de 2016 - Barrios

20 BarriosMaio de 2016

Vicente del Bosque, en MacedaO seleccionador nacional de fútbol,Vicente del Bosque, estivo o mércores 27 abril

en Maceda. Os motivos foron varios. O seleccionador realizou unha visita ao Concello para asinar no libro de honra e posteriormente descubriu unha praca dunha rúa céntrica da vila que levará, a partir de agora, o seu nome. De seguido, foi o encargado de inaugu-rar o remodelado campo Cardenal Quiroga, que pasa de ser de area a céspede artificial. Alí estiveron presentes un milleiro de escolares de Maceda e arredores.

A apretada axenda levouno tamén ata o castelo de Maceda, onde ofreceu unha charla a adestradores galegos. A homenaxe rematou cun xantar.

Este domingo 22 de maio terá lugar o IV Desafío Solidario San Mamede

Del Bosque con rapaces no remodelado campo Cardenal Quiroga de Maceda./M. REJO.

O Verín Futsal, campión galego4 Na categoría alevín.

Redacción

O Verín Futsal gaña o Campionato de Galicia de fútbol sala na cate-goría alevín. O equipo das Escolas Deportivas do Concello de Verín venceu por 6-0 ao Ex-al-cohólicos (A Coruña) na final do torneo celebrado o domingo 8 de maio en Verín; proclamándose deste xeito como cam-pión autonómico.

A final disputouse no pavillón da Granxa, ao

que os integrantes do Ve-rín Futsal chegaron tras eliminar previamente ao

Carreiras populares para estas datas4 Celanova, Bande, Xinzo e Molgas son as vindeiras citas.

Redacción

Varias son as carreiras populares que terán lugar na provincia nas próxi-mas semanas. A primeira delas é este domingo 22 de maio, o IV Desafío Solidario San Mamede. A carreira, de 21 quiló-metros, terá a súa saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro, dentro do Concello de Maceda. Tamén haberá unha andaina

BandeO 4 de xuño será o tur-

no da III carreira popular

Vía Nova - Concello de Bande. A inscrición está aberta (championchip-norte.com) ata o 2 de xuño ou ata completar os 400 inscritos. Ás 19 ho-ras comezarán as probas escolares e ás 20 a abso-luta (de 8 quilómetros).

CelanovaSete días máis tarde a

carreira nocturna de Ce-lanova chega á súa 13ª edición. As nove da noi-te as probas escolares e a partir das 22:30 horas será a absoluta (7.800 metros). A inscrición (en championchipnorte ) está aberta ata o 9 de xuño.

XinzoOutra das clásicas do

mes de xuño é a de Xin-zo de Limia. Prevista para o día 18 dese mes, está pendente de abrirse a inscrición.

MolgasUn pouco máis tarde

no tempo, o 30 de xu-llo, celebrase a IX edi-ción da carreira popular San Salvador de Baños de Molgas. As 19 horas empezará ca carreira de pitufos (150 metros; ás 19:15 será o turno de benxamins e alevins (750 metros); ás 19:30, dos in-fantis e cadetes (2.300 m); e ás 20 horas a proba absoluta (7.000 m).

Poio FS/Cios (Ponteve-dra).

Máis torneosTamén se disputou no

val do Támega a fase final de categoría benxa-mín, na que se alzou co título o Parrulo, que ga-ñou na final por 8 a 2 ao Carballiño.

O equipo alevín de Verín Futsal, campión de Galicia.

Inscrición aberta na andaina de Allariz4 Prevista para o 4 de xuño.

Redacción

O 4 de xuño está pre-visto que se celebre a XIX andaina de Allariz (que conta dun percorri-

do 50 quilómetros a reali-zar en 12 horas).

As inscricións estarán abertas ata o 31 de maio e ten un prezo de 15 euros; estas poden realizarse na

piscina municipal de Allariz (teléfono 988 44 20 83, e-mail: [email protected]), en deportes Redonet (rúa Ervedelo, 21 -Ourense- ou no telé-fono 988 22 26 92 ou fax 988 22 59 60). O número máximo de participantes será de 1.000.

O comezo, ás 9 horas, será na Alameda de Alla-riz. O percorrido estará convintemente sinalado.

Iván Feijoo, prata en Portugal4 Varios podios no Open ga-lego para o CC Maceda.

Redacción

A pasada fin de semana o Club Ciclista Maceda tivo aos seus deportistas en varios frontes.

O júnior Iván Feijoo participaba na proba inter-nacional da Taça de Por-tugal. O ciclista ourensán lograba a segunda posi-ción facéndose deste xeito cuns moi valiosos puntos UCI.

Open GalegoOs integrantes do Aca-

demia Postal - Actyon disputaron a proba de Mugardos (O Ferrol) do Open de Galicia de BTT XCO da localidade. Ro-mán Saa, en júnior, lo-graba unha vitoria que o afianza no seu lidera-to no Open. Os cadetes Carlos Canal (homes) e Antía Martínez (mulle-res) tamén lograron a vitoria nas súas probas; Antía segue ao fronte da clasificación. Ademais, subían ao podio Marcos Villar, terceiro en sub 23; Abel Franco, tercei-ro entre os júnior; Xiana Conde, terceira en elite; e Hugo Vázquez, tercei-ro cadete.

MolgasPola súa banda, Carlos

Canal proclamouse cam-pión de Galicia cadete, na especialidade de con-trarreloxo individual en estrada, nos campionatos celebrados na localidade de Baños de Molgas. Carlos Canal.

4 HípicaO martes 17 de maio

celebrouse no hipódromo de Antela unha xornada de carreiras de cabalos.

Sun, Ocean, Dapostra-fe e Peon Ford gañaron en trote enganchado. Riu Falcón, Jokan Pelayo e La Cañiza foron os ven-cedores das carreiras.

4 Verín C.F.O Verín C.F. será equi-

po de Rexional Preferen-te tralo descenso de cate-goría deste ano.

O seu presidente, Zubiela, seguirá como máximo mandatario ao percibir que ninguén quería coller as rendas do club, o cal ten aínda unha débeda de 20.000 euros para facer fronte aos pagos pendentes des-ta tempada.

4 Desafío 42Maceda, Ourense e

Allariz acolleron a pasa-da fin de semana a ter-ceira edición do Desafío 42. Os participantes per-correron a distancia dun maratón (42,195 metros) nas probas das tres loca-lidades. Hassan Lekhili e Sonia Teijeiro foron os vencedores.

EN BREVE

DEPORTES

Page 21: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

21PROVINCIA

Axudas da Deputación a concellosRedacción

A Xunta de Goberno da Deputación de Ouren-se aprobou axudas por importe de 1.962.296 euros destinados a aso-ciacións e a concellos da provincia.

Entre eles, o Concello de Allariz recibirá 6.000 euros para escavacións no Castro de Armea; o de Porqueira, 27.000 euros para a adecuación da ins-talación eléctrica para a piscina municipal; o de Riós, 13.648 euros para a iluminación pública en Valfarto; o de Vilar de Santos, unha axuda de 12.000 euros, para gas-tos de funcionamento e mantemento do Museo da Limia.

Finalmente, o Con-cello de Xinzo recibirá dúas axudas: unha para proxectos de dotacións artísticas nas rúas por importe de 40.000 euros, e outra para o proxecto Xinzo 5G, por valor de 16.698 euros.

Expourense acollerá por primeira vez un “Car Outlet”4 Do 20 ao 22 de maio no recinto feiral ourensán.

Redacción

Os datos indican que en Galicia por cada co-che novo véndense dous

Axudas ás festas de interese turístico galegoRedacción

Turismo de Galicia subvenciona con 45.000 euros a 15 concellos da provincia que celebran festas declaradas de inte-rese turístico galego.

A Xunta outorga 3.000 euros a cada unha das seguintes festas: a Festa da Castaña e do Cogu-melo, en Riós; a Roma-ría da Saínza, en Rairiz de Veiga; a Festa do Pemento de Arnoia; a Festa do Pemento de Oí-mbra; a Festa do Peixe, en Bande; os entroido de Laza, Vilariño de Conso e Maceda; o Folión do Entroido de Manzaneda; a Festa da Androlla, de Viana do Bolo; a Festa de Exaltación do Pan de Cea, A Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia; a Festa dos Maios, en Ourense; a Xuntanza In-ternacional de Gaiteiros, en Monterrei; e, a Roma-ría Etnográfica Raigame, en Celanova.

de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. E tendo en conta a importancia que o sector da automoción ten

na provincia, Expourense e a Asociación de Conce-sionarios de Automóviles da provincia (ACAUTO), decidiron organizar por

primeira vez un “Car Outlet”, que se desen-volverá no recinto feiral ourensán entre o 20 e o 22 de maio.

300 vehículosUn total de 24 marcas

estarán representadas a través dos 15 conce-sionarios acollidos a ACAUTO que partici-parán como expositores nesta cita, que reunirá máis de 300 coches con ofertas moi especiais.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kiló-metro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos, e prezos a partir de 3.500 euros, aínda que o “vehí-culo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un co-che que ronda os 13.000 euros e que conta con ata cinco anos de antigüida-de segundo datos da Fe-deración de Asociacións de Concesionarios.

O horario de apertura do salón será venres de 11.00 a 20.30 horas, sá-bado de 10.00 a 20.30 horas e domingo, de 11.00 a 20.00 horas.

Gerardo Aragonés, Ramón Seijas, Alejandro Rubín e José Manuel Nogueira, na pre-sentación do “I Car Outlet”.

Page 22: Maio de 2016 - Barrios

22 BarriosMaio de 2016

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Solidariedade

Ser solidario é por riba de todo respetar e compartir. Vivimos nun mundo moi complicado, onde as persoas viven megulladas nunha vida egocéntrica que nos con-dena á soidade.

É fácil ser solidario coas persoas pobres que non teñen nada que co-mer e que vestir, mendi-gan o pan para sobrevivir e son humildes de cora-zón. Mais o maior desa-fío é tolerarmos, com-prendermos os outros tipos de miserables, de persoas mesquiñas, in-sensatas, envexosas e os que nos fan ata mal.

A solidariedade pode vir de varias formas. Sexa no impulso por

causa dunha traxedia, sexa en forma de traballo voluntario ou até mesmo día a día no trato coas persoas.

Investigacións indican que os xestos voluntarios altruístas estimulan a le-dicia, alivian as tristezas e aumentan a inmuni-dade evitando doenzas. A axuda desinteresada tamén se reflicte na iden-tidade persoal e social. Aumenta a autoestima, e introduce sentido ás nosas competencias. Re-compénsanos co pracer de contribuír á felicidade dos nosos semellantes e nos dá o pracer da mello-ría da felicidade.

João Damião

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AXENDAExposicións- 20 de maio - Inaugu-

ración da exposición “A Festa do Boi: a mirada dos nenos” - 20:30 h. - Fundación Vicente Risco de Allariz

- Ata o 25 de maio - Exposición “Unha porta no Rial” - Sala de Expo-sicións de Verín

Cine- 20, 21 e 22 de maio

- Proxección de “Rat-chet & Clank” e “Triple 9”- Sesións ás 17, 19:15 e 22 h - Casa da Cultura de Verín

Teatro- 20 de maio - Sarabela

Teatro: “Nola e María na Terra Chá” - 18 h - Bi-blioteca de Verín

Música- 21 de maio - Petiscos

Musicais - 21 h - Fun-dación Vicente Risco de Allariz

- 26 de maio - Concer-to de alumnos do Conser-vatorio -10 h - Verín

Deportes- 4 de xuño - XIX An-

daina de Allariz- 5 de xuño - II Andai-

na Solidaria de XinzoFestas e Feiras- Do 21 ao 29 de maio

- Festa do Boi en Allariz- Todos os xoves - Fei-

ra en Celanova- 23 de maio - Feira en

Verín- 24 de maio - Feira en

Xinzo- 1 de xuño - Feira en

AllarizOutros-19 de maio - Presenta-

ción do libro “A Edreira. El última bastión de la re-sistencia en Ourense” de José Domínguez - 19:30 h - Biblioteca de Verín

- 20 de maio - Presen-tación do libro “Xinzo de Limia na memoria” de Edelmiro Martínez Ce-rredelo - 20:30 h - Casa da Cultura de Xinzo

- 28 e 29 de maio - Xor-nadas de Portas Abertas na DO Monterrei

-Ata o 1 de novembro - Festival Internacional de Xardíns de Allariz

www.periodicobarrios.com

4DESDE A PONTE...... A MONTERREI

Os �0

Agora que a noite está rendida, e a madrugada é a miña compañeira, a maxia do pensamento xorde coma unha ben-dición, e alivia a miña alma, cando as verbas comenzan a brotar das entrañas, e poder escri-bir estas letras. De súpe-to, mirando cara ao ceo, vexo as estrelas do maio florido, e penso en vós, nas fermosas damas do val de Monterrei, as flo-res do Támega. Imaxíno-vos mozas, inxenuas, e inocentes, cheas de vida, e coa ilusión impoluta, acollidas no amor das vo-sas vidas, naqueles amo-res verdadeiros, amores perpetuos e puros, que fixeron que o impulso de namorarse non tivera ca-ducidade.

Era a época dourada dos setenta, aqueles se-tenta de pasodobre e de guateque, de verbenas e xoldas inesquecibles. Lembranzas dun tempo millor, mulleres doces e fortes, as nais incansa-bles da miña xeración, creativas e valentes, dan-doio todo, para criar os fillos en tempos dificiles e complicados, mulleres atrevidas e con carácter, mulleres dos setenta.

Quixera rendervos esta homenaxe, a todas vós, as que estades lendo estas humildes letras que de seguro non son dabon-do para expresar todo o que eu quixera.

Agora, que a vida pon-vos noutras andanzas, e que aquelas mulleres de 20 anos, aquelas nais novas e inespertas, sodes agora as avoas mais chu-las do planeta, as avoas das cores, da liberdade, as avoas dos contos in-terminables e das noites eternas, as avoas com-prensivas e astutas, as meigas dos nosos soños.

Agora é tempo de go-zar, engulir os acontece-mentos que se presenten por diante, sen mirar cara a atrás, sinxelamente dis-frutar, de todo e de todos, non hai tempo para o re-sentimento e a dúbida, eé tempo de botarse cara a adiante e beber a groliños a vida.

Sei a boa fe, que nestes días estades argallando unha xuntanza de fra-ternidade, esas xuntan-zas, nas que de seguro, voltaran aparecer as lin-das historias do pasado, aquelas fermosas andan-zas que levades cravadas no corazón, e que nestes intres especiais, sempre se sacan do interior, apra poder manter intacto, o patrimonio inesquecible dun tempo vivido.

Setenta, si, setenta.... as mamás dos setenta, que agora tedes setenta, sodes as musas da noite, as raíñas do luar, as donas do mundo. Setenta, é un longo camiño andado, é a sorte de percibir a madu-rez dun xeito divino, é un tesouro recollido do ceo, é a virtude de saborear as bágoas salgadas, que cae-ron polas ledicias e polas tristuras, é o cumio da mi-rada, é porse o mundo por monteira.

Queridas sereas das mareas en calma, gusta-ríame que gozaran en ple-nitude da xuntanza, e que por unha noite, voltasen ser as bolboretas inque-das do val de Monterrei, e que as cantigas da ami-zade saian nítidas das vo-sas gorxas, e nun acto de xenerosidade brinden po-los vosos nenos, para que a providencia nos deixe algun dia gozar e sentir a única e doce sensación de cumprir os setenta. Para-béns e bicos para todas.

Miguel A. Prieto “Chitín”

Noite de Fiadeiro en RamirásRedacción

A Asociación Cultural Rebulir, en colaboración co Concello de Ramirás, teñen practicamente ul-timados os preparativos da que será a 10ª edición da Noite de Fiadeiro. Esta festa ten por obxec-tivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca onde os mozos xuntábanse para cantar, bailar, ou simplemente gozar dun ambiente fes-tivo.

A cita terá lugar o sá-bado 28 de Maio en Vi-lavidal, sendo o lugar de San Andrés o centro neu-rálxico das actividades, que comezan ás 11 da mañá e rematarán pasada a medianoite.

Asistentes á gala, no exterior da Casa da Cultura de Verín, onde se despregaron dúas faixas alusivas a Manuel María./CdV.

Gala Músico-Literaria das Letras GalegasA Casa da Cultura de Verín foi o lugar onde se desenvolveu este 17 de maio a Gala

Músico-Literaria das Letras Galegas. Nela entregáronse os premios do Certame de rela-to curto Antonio Fernández Pérez e do Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, e realizouse unha homenaxe ao escritor Manuel María.

No certame de relatos foron finalistas 39 traballos de alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Amaro Refojo, Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite, mentres que no concurso de poesía chegaron á fase final 33 poemas de estudantes dos mesmos centros. Todos os finalistas recibiron un lote de libros e un diploma acreditativo. Ade-mais, os traballos seleccionados como primeiro premio obtiveron 90 euros; os segun-dos, 60; e os terceiros, 30 euros.

O acto pechouse coa colocación de dúas pancartas no exterior da Casa da Cultura alusivas ao autor homenaxeado nas Letras Galegas, a interpretación do seu poema “O Carro”, e a actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Page 23: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016

23CLASIFICADOS

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 590 206Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 112Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,�, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº25 - Ano: XI - Maio 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAVéndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524.Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819.Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen interme-diarios. Tel. 690 795 379Cámprase finca preto de Ouren-se, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642.Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, econó-mica. Interesados chamar ao 630 030 642.Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 628 628.Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 ternei-ros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087.Alugo apartamento en Mon-talvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbo-nas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16.Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minu-tos da praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09.Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle In-clán. 50 euros. Tel. 636 329 524.Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59.

EMPREGOOfrécese señora de mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 129 142Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de ex-periencia- . Disponibilidade in-mediata. Tel. 647 640 620.Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448.Ofrécese señora para o coida-do de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330.Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, mobles, persianas, etc.Tel. 656 782 460Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42.Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81.Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensi-nanzas medias. Con CAP. Am-pla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: [email protected] e 610 38 25 89

COMPRA /VENDA

Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69.Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade semi-nova. Tel. 637 00 59 10.Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, pe-che centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nis-san Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576.Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COS-MO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp)

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máqui-nas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración te-llado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43.

Page 24: Maio de 2016 - Barrios

BarriosMaio de 2016