Comarca Ourense

122
OURENSE A NATUREZA

Transcript of Comarca Ourense

Page 1: Comarca Ourense

OURENSEA NATUREZA

Page 2: Comarca Ourense

Río Miño

A comarca de Ourense está situada ao norte da provincia.O territorio está formado por unha superficie afundida, a depresión de Ourense, e unhas serie de pequenas elevacións que a rodean, entre as que destacan ao leste as estribacións da Cabeza de Meda, onde se atopan as maiores alturas (Mallada Vella con 1.179 m), e ao norte a serra de Martiñá. Está drenada polo Miño, que percorre a comarca de NE a SO e os seus afluentes que forman numerosos vales aproveitando as fracturas do terreo.É a comarca ourensá que concentra maior densidade de poboación, sobre todo na capital e a súa contorna.

Page 3: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 623,1 km2

POBOACIÓN: 144.000 habitantes CONCELLOS: Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Taboadela. ESPAZOS PROTEXIDOS:LIC “Canón do Sil”.

Page 4: Comarca Ourense

CLIMAOceánico con matices continentais con picos de calor, no verán, e frío, no inverno, e unha acusada seca estival.

Néboas no Canón do Sil

Page 5: Comarca Ourense

ACTIVIDADESAs principais actividades son os servizos, a industria, a construción e o cultivo da vide.

Parque Tecnolóxico no Polígono Industrial de San Cibrao

Viñedos en Coles

Page 6: Comarca Ourense

PATRIMONIOAcolle importantes valores naturais, asociados fundamentalmente aos ríos Miño e Sil, e un rico e variado patrimonio histórico-artístico e etnográfico de tódalas épocas.

Hórreos na Bergueira (Trasalba, Amoeiro)

Hórreos en Amoeiro

Hórreo en Torán (A Seara, Taboadela)

Page 7: Comarca Ourense

Campo de mámoas das Cabanas (Nogueira de Ramuín). Un conxunto de sete enterramentos datados entre o 4500 e 2000 a.C.

Page 8: Comarca Ourense

Capela do Formigueiro (Amoeiro). Na fachada está incluído un relevo castrexo.

Pedra das FerradurasAmoeiro acolle importantes restos arqueolóxicos da idade do ferro e da cultura castrexa: estación solar, petróglifos, castros... Destaca a parroquia de Trasalba onde se atopan os petróglifos de Tras do Mollón, a Pedra da Ferradura o Abrigo do Raposo, o Abrigo da Zarra, o castro de Formigueiros...

Page 9: Comarca Ourense

Castro de San Tomé (Ourense). Habitado desde a prehistoria ata a época tardorromana

Page 10: Comarca Ourense

Casas entre os penedosNogueira (Nogueira de Ramuín)

Page 11: Comarca Ourense

Catedral de Ourense, de transición entre o románico e o gótico, con engadidos do renacemento, neoclásicos e barrocos

Page 12: Comarca Ourense

Mosteiro de San Francisco, do século XIV.A igrexa foi trasladad ao Parque de San Lázaro.

Page 13: Comarca Ourense

Igrexa de Castro de Beiro (Ourense)

Mosteiro de Santa Comba de Naves (Palmés, Ourense). Fundado no século IX e ampliado en anos posteriores. Foi abandoado no século XIX.

Page 14: Comarca Ourense

Igrexa de Santa Olaia de Beiro (Ourense), orixinaria do século XII.

Page 15: Comarca Ourense

Seixalbo, declarado Núcleo de Interese Etnográfico

Page 16: Comarca Ourense

Fonte da Alameda, procedente do mosteiro de Oseira

Praza do Ferro (século XIII), procedente do Mosteiro de Ribas de Sil

Dúas fontes monumentais en Ourense

Page 17: Comarca Ourense

Fonte das Burgas (Ourense)

Page 18: Comarca Ourense

Igrexa da Fontefría (Amoeiro)

Igrexa de Cornoces (Amoeiro)

Igrexa de Santa María de Amoeiro

Page 19: Comarca Ourense

San Pedro de Trasalba (Amoeiro)Gustei (Coles)

Page 20: Comarca Ourense

Igrexa de Ucelle (Coles)Igrexa de Pazos de San Clodio (San Cibrao)

Page 21: Comarca Ourense

Igrexa de Feá (Toén) Igrexa de Sobrado do Bispo (Barbadás)

Page 22: Comarca Ourense

Igrexa de San Martiño de Nogueira (Nogueira de Ramuín)

Page 23: Comarca Ourense

Capela de Santa Eulalia (Nogueira de Ramuín)

Page 24: Comarca Ourense

Igrexa de San Xurxo de Touza (Taboadela)

Page 25: Comarca Ourense

CONCELLOS

SUPERFICIE: 39,65 km2 POBOACIÓN: 2.274 habitantes (2014)PARROQUIAS: Abruciños, Amoeiro, Bóveda de Amoeiro, Cornoces, Fontefría, Parada de Amoeiro, Rouzós e Trasalba.

Paisaxe de Cornoces

AMOEIROCoñecido tamén co nome de Chaos de Amoeiro, en referencia ao seu característico releve chan elevado sobre as bocarribeiras do Miño e protexido polas estribacións da serra da Martiñá. Está atravesado polo río Formigueiro, e no noroeste, o Barbantiño serve de linde coa comarca do Ribeiro.

Page 26: Comarca Ourense

Pazo de Trasalba, a que foi a casa matriz de Otero Pedrayo e que acolle o seu museo.

É un concello eminentemente rural cunha baixa densidade de poboación e moi dependente da cidade de Ourense. As principais ocupacións son os servizos e a industria e, en menor medida, a agrogandaría e forestal.Acolle importantes valores naturais (carballeiras, bosques de ribeira, fervenzas), históricos (castros, petróglifos, vías romanas, igrexas, pontes...) e etnográficos (muíños, hórreos, eiras...).

San Miguel do Priorato (Bóveda). Mosteiro feminino dos séculos X e XII, actualmente propiedade privada.

Page 27: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 30,22 km2

POBOACIÓN: 10.463 habitantes (2015)PARROQUIAS: Barbadás, Bentraces, Loiro, Piñor, Sobrado do Bispo, e A Valenzá.

Casas no núcleo antigo de Barbadás

BARBADÁSSituado ao suroeste da comarca. O territorio do concello está situado entre as cuncas do Miño e do Barbaña e forma parte da depresión de Ourense. Vai gañando altura cara ao sur ata acadar a cota máxima no Monte do Castro, con 635 m. Está atravesado polo río Barbaña e os seus afluentes que circulan con dirección S-N, e no norte linda cun pequeno tramo do río Miño.

Page 28: Comarca Ourense

É un concello estreitamente unido ao de Ourense e San Cibrao das Viñas nos que os seus habitantes desenvolven a maioría das actividades nos servizos e as industrias. Unha grande parte do terreo é forestal (65%) con dominancia de plantación de piñeiros, e nas ladeiras soleadas cultívanse vides.Neste concello hai varias rutas sinalizadas que chegan a San Bieito de Cova da Loba e percorren varios castros.

Detalle da decoración da fachada da igrexa románica de San Martiño de Loiro, mandada construír a comezos do século XII por Alfonso VII.

Pazo de Piñor, do século XV

Page 29: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 38,09 km2 POBOACIÓN: 3.150 habitantes (2014)PARROQUIAS: Albán, A Barra, Cambeo, Coles, Gueral, Gustei, Melias, Ribela, Santa Mariña de Albán, Santo Eusebio da Peroxa e Ucelle.

Barra de Miño

COLESSituado no centro da comarca, nun territorio que descende suavemente desde altitudes de ata 700 m cara ao río Miño.Ademáis do Miño, que linda co concello polo leste e o sur, encorado en Velle, os ríos de maior entidade son o Barra (nos lindes coa Peroxa) e o Gustei, que circulan con dirección NO-SE.

Page 30: Comarca Ourense

Pazo de Fontefiz. Acolle o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galiza, onde se traballa pola conservación e desenvolvemento das razas autóctonas.

Coles é un concello eminentemente rural moi influído pola proximidade da cidade de Ourense, o que se aprecia nas principais ocupacións da poboación nas actividades industriais, no comercio e outros servizos. A capital do concello está en Vilarchao.Os principais valores naturais están asociados ao río Miño e aos penedos graníticos que abondan no concello e forman parte dunha das rutas de sendeirismo sinalizadas.

Igrexa de Gustei

Page 31: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 37,76 km2 POBOACIÓN: 1.220 habitantes (2015)PARROQUIAS: Esgos, Loña do Monte, Os Pensos, Rochas, Santa Olaia de Esgos, Triós e Vilar de Ordelles.

Territorio de Esgos desde a Biduíza

ESGOSSituado no sur-leste da comarca. O relevo é moi irregular, con altitudes que varían desde case os 1.000 m nos contrafortes do Monte Meda e no Biduíza ata as partes máis baixas ocupadas polos afluentes do Loña. As rochas dominantes son os granitos que nalgúns lugares forman curiosas paisaxes acasteladas onde abondan os penedos verticais e os os grandes bolos.

Page 32: Comarca Ourense

Mosteiro de San Pedro de Rochas. Fundado no século VI. É o único eremitorio da Alta Idade Media galego que tivo continuidade posterior como cenobio e mosteiro. Chama a atención por estar en parte escavado na rocha. O conxunto está formado por unha Igrexa románica do século XIII, o edificio do mosteiro, do século XVII (actualmente acolle o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra) e a fonte de San Bieito, que segundo a tradición ten propiedades curativas.

É un concello eminentemente rural escasamente poboado. As principais actividades son a agrogandaría, a forestal, as industrias, a construción e os servizos (estas últimas asociadas á proximidade das áreas industriais de Ourense e Maceda).Acolle importantes valores naturais, nas montañas e nos ríos, onde se poden facer rutas para gozar das vistas ou percorrer sendeiros entre muíños.

Page 33: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 98,28 km2 POBOACIÓN: 2.124 habitantes (2015)PARROQUIAS: Armariz, A Carballeira, Cerreda, Faramontaos, Loña do Monte, Luíntra (onde se atopa a capital municipal), Moura, Nogueira de Ramuín, San Miguel do Campo, Santa Cruz de Rubiacós, Santo Estevo de Ribas de Sil, Vilar de Cerreda e Viñoás.

O encoro de Santo Estevo permite a navegabilidade nun longo tramo do curso do Sil, que en Nogueira de Ramuín é aproveitado como recurso turístico para percorrer e gozar das impresionantes formacións do Canón.

NOGUEIRA DE RAMUÍNSituado ao nordeste da comarca, rodeada polos canóns do Sil (ao norte) e do Miño (ao oeste). O territorio ocupa unha superficie de aplanamento cunha altitude media de 600 a 800 m na que o Sil e o Miño escavaron profundos canóns aproveitando as fracturas. As máximas elevacións sitúanse nunha cadea montañosa paralela ao val do Sil, co punto máis alto no Mallada Vella, con 1.179 m.

Page 34: Comarca Ourense

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Fundado no século X e ampliado e reformado posteriormente. Foi un dos centros monacais máis importante da Ribeira Sacra. Na actualidade acolle un parador.

As principais actividades son os servizos e, en menor cantidade, a agricultura, en viñedos que miran cara ao val do Miño. Moitos dos habitantes traballan na cidade de Ourense e nas industrias da comarca.É un concello que acolle importantes valores naturais e histórico-artísticos. Todo o percorrido do Sil está protexido no LIC “Canón do Sil”.

Page 35: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 84,50 Km2 POBOACIÓN: 106.905 habitantes (2014).PARROQUIAS: Arrabaldo, Beiro, Canedo, O Castro de Beiro, Ceboliño, Cudeiro, Montealegre, Ourense, Palmés, Rairo, Reza, Santa Mariña do Monte, Seixalbo, Trasalba, Untes, Velle, Vilar de Astrés e Vista Fermosa.

A cidade de Ourense, con aproximadamente 100.000 habitantes, é a terceira de Galiza. Está situada nunha zona natural de paso e nó de comunicacións. Conserva un interesante casco antigo e importantes mostras histórico-artísticas.

OURENSEO concello de Ourense está situado no centro-oeste da comarca ocupando o fondo da depresión pola que circula o río Miño. O territorio ocupa as distintas terrazas fluviais do Miño, os cursos baixos do Loña e o Barbaña e algunhas pequenas elevacións que rodean a depresión, entre as que destaca o Montealegre, con 474 m de altura. Esa situación no fondo da depresión, rodeada de elevacións determina un microclima extremado. O estancamento das masas de aire, frías ou quentes, segundo o caso, da lugar a picos de temperaturas moi baixas algúns días de inverno e moi altas no verán.

Page 36: Comarca Ourense

Vista de Ourense desde Naves

Page 37: Comarca Ourense

Soportais na parte antiga da cidade

Unha gran parte do concello está ocupado pola cidade de Ourense, capital do concello, da comarca e da provincia, onde se concentran a maioría dos servizos e das industrias. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e a construción. Os valores naturais concéntranse nas beiras do río Miño onde se conservan bosques de ribeira e está acondicionado un paseo que permite facer rutas completas pasando polos diferentes puntos de termalismo e varias áreas de lecer.

Pórtico do Paraíso na catedral de Ourense

Page 38: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 60,87 km2 POBOACIÓN: 6.319 habitantes (2015)PARROQUIAS: Calvelle, Chaodarcas, Covas, A Lamela, Melias, Moreiras (San Martiño, San Xoán e Santa Marta), Prexigueiró, Sabadelle, Tribiás, Triós e Vilariño.

Pereiro de Aguiar

O PEREIRO DE AGUIAR Situado no centro da comarca na ribeira esquerda do río Miño que limita o noroeste do concello encorado en Velle. O territorio do concello é de relevo irregular e está moi fragmentado polos vales do río Loña e os seus afluentes. As máximas altitudes (arredor dos 688 m) atópanse ao leste, no linde con Esgos.

Page 39: Comarca Ourense

Paseo do río Loña, preto do encoro de Cachamuíña

É un concello eminentemente rural moi dependente da cidade de Ourense e das áreas industriais do contorno. Actúa como área residencial da capital.As principais actividades son os servizos e a industria.Os valores naturais están asociados aos cursos dos ríos Miño e Loña.

Igrexa de Santa Marta de Moreiras

Page 40: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 54,49 km2 POBOACIÓN: 2.038 habitantes (2015)PARROQUIAS: Armental, San Cibrao de Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xés da Peroxa, A Peroxa, O Souto, Toubes e Vilarrubín.

A PEROXAEstá situado ao norte da comarca, na marxe dereita do Miño e lindando con Lugo (comarca de Chantada) polo norte. O relevo é irregular coas maiores alturas (arredor de 700 m) ao norte e oeste. Descende cara ao leste nos vales do Miño e o Búbal e cara ao sur ao val do río da Barra, que fai fronteira con Coles en parte do seu percorrido.

Os Peares, entre os río Miño, Sil e Búbal

Page 41: Comarca Ourense

Castelo da Peroxa. Posibelmente construído no ano 793, durante o reinado de Alfonso II, con posteriores reformas. Sufríu o asedio dos árabes e, segundo conta unha lenda, o Apóstolo Santiago voou co seu cabalo, desde o monte que hai enfronte, onde deixou as pegadas, para axudar aos cristiáns.

As principais actividades son a agricultura e os servizos. Moitos dos seus habitantes desenvolven as súas actividades na cidade de Ourense ou nos polígonos industriais da contorna.A Peroxa conserva importantes restos históricos artísticos: castelos, pazos, igrexas... Os valores naturais están asociados ao curso do río Miño e os seus afluentes.

Vides na Peroxa. O cultivo das vides desta zona está acollido á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dentro da subzona Val do Miño.

Page 42: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 39,45 km2 POBOACIÓN: 5.036 habitantes (2015)PARROQUIAS: Gargantós, Noalla, Pazos de San Clodio, Rante, San Cibrao das Viñas, Santa Cruz da Rabeda e Soutopenedo.

Casas no núcleo antigo de San Cibrao

SAN CIBRAO DAS VIÑASSituado no sur da comarca. O territorio do concello ten as maiores alturas no sur e vai descendendo progresivamente cara á depresión de Ourense. Está fragmentado polos vales dos ríos Barbañiña, Barbaña e Soutolongo.

Page 43: Comarca Ourense

Igrexa románica de San Cibrán das Viñas

Ata hai uns anos foi un concello eminentemente rural no que a actividade principal era a agrogandaría. A construción do Polígono Industrial determinou un cambio nas actividades e na estrutura dos asentamentos e, na actualidade, a principal actividade é a industria.

Cruceiro no adro de San Cibrán das Viñas

Page 44: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 25,17 km2 POBOACIÓN: 1.514 habitantes (2015)PARROQUIAS: O Mesón de Calvos, Santiago da Rabeda, Soutomaior, Taboadela, Torán e A Touza.

Vista de Taboadela e parte do val da Rabeda desde a área recreativa do Alto do San Xoán que acolle unha capela, un parque, un miradoiro e un monumento á familia, do escultor Xosé Cid.

TABOADELAAtópase ao sur da comarca nun terreo ocupado en gran parte polo chamado val da Rabeda, unha estensa chaira areosa de orixe lacustre de 400 m de altitude media. As maiores alturas sitúanse no sur na serra de Boa (693 m). A parte norte está atravesada polo río Barbaña.

Page 45: Comarca Ourense

O Barbaña no linde entre Taboadela, Paderne e Allariz. Os ríos desta comarca acusan unha forte seca estival.

É un concello rural con pequenos núcleos de poboación moi influído pola proximidade de Ourense e os polígonos industriais, nos que traballa unha parte da poboación. Outras actividades importantes son a agrogandaría, especializada na avicultura.

Torre de Torán

Page 46: Comarca Ourense

SUPERFICIE: 58,26 km2 POBOACIÓN: 2.426 habitantes (2015)PARROQUIAS: Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Puga, Toén, Trelle e Xestosa.

Viñedos en Alongos

TOÉNSituado no suroeste da comarca, na marxe esquerda do río Miño. No territorio municipal distínguense dúas zonas: o val do Miño, con desniveis de 100 a 200 m, e unha superficie de aplanamento elevada arredor dos 500 m que ocupa o sur do concello. A máxima altitude é o Monte do Castro con 653 m, situado na confluencia dos concellos de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca.

Page 47: Comarca Ourense

É un concello rural onde as principais actividades son os servizos e a industria (na cidade de Ourense) a avicultura e o cultivos dos viñedos, en especial no norte do concello, nos lindes coa comarca do Ribeiro.Ademais do Mió, que linda co concello polo norte, está percorrido polo rego de Puga, que o separa de Castrelo de Miño (O Ribeiro).Os valores naturais está asociados ás ribeiras do río Miño.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Torre de Puga (Olivar)

Page 48: Comarca Ourense

VILAMARÍNSituado ao norte da comarca, lindando coa de Carballiño e a provincia de Lugo.O territorio está inclinado cara ao sur e está ocupado, na súa maior parte, por un antiplán de 550 m de altitude media. As maiores elevacións atópanse no linde coa provincia de Lugo (Baínte, con 774 m). Os ríos máis importantes son o Barbantiño, no linde con San Cristovo de Cea e os seus afluentes Orbán e rego de Auga.

SUPERFICIE: 56,05 km2

POBOACIÓN: 2.056 habitantes (2014)PARROQUIAS: Boimorto, Pazos do Monte, León, Orbán, Reádigos, O Río, Sobreira, Tamallancos e Vilamarin.

Castelo-pazo de Vilamarín. É un dos pazos máis importantes da provincia de Ourense, actualmente propiedade da Deputación. No concello de Vilamarín atópanse ademais os pazos de Tamallancos e Sobreira.

Page 49: Comarca Ourense

As principais actividades son a forestal, a gandaría (vacún) e pequenas industrias do sector da madeira. Unha grande parte dos habitantes desenvolven o seu traballo na cidade de Ourense.Acolle importantes valores naturais, asociados ao río Barbantiño; histórico-artísticos e etnográficos.

Ponte Sobreira sobre o río Barbantiño. Por ela pasa o Camiño de Santiago que conduce de Sobreira (Vilamarín) a Faramontaos (Cea).

Escudo do pazo de Arbor na parroquia de Sobreira

Page 50: Comarca Ourense

RELEVOA comarca de Ourense ten un releve moi irregular, accidentado e fracturado. A parte central está ocupada por un terreo afundido e atravesado polo río Miño que aproveita as fallas para escavar o seu leito, desde o que se eleva en todas as direccións sen formar serras definidas nin acadar grandes cotas. Na contorna aparecen numerosas elevacións. Ao leste, nos lindes coa comarca de Allariz-Maceda e ata o Canón do Sil atópanse o Alto do Couso e o Outeiro, que forman parte das estribacións de Cabeza de Meda. Ao norte os últimos montes da serra da Martiñá, e ao sur O Castro, facendo linde coa comarca de Celanova.

As beiras da falla pola que corre o Miño vense desde o río como unha ringleira de elevación que limitan o planalto no que se asentan os concellos do norte da comarca de Ourense.

Page 51: Comarca Ourense

Montes de Nogueira de Ramuín

Page 52: Comarca Ourense

As rochas dominantes son os granitos, que aparecen coroando os montes e forman bolos e penedos.

Penedos nos montes da Biduíza

Page 53: Comarca Ourense

OS PENEDOSO traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante milleiros de anos puxo ao descuberto e modelou as masas rochosas que forman o cerne das montañas creando, en moitas delas, formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas.

Pena cabaleira en San Bieito da Coba do Lobo

Penedo na localidade de A Pena (Vilamarín)

Penedo do Trigo (Nogueira de Ramuín)

Page 54: Comarca Ourense

Pedra Longa (Nogueira de Ramuín) Penedo en Nogueira de Ramuín

Page 55: Comarca Ourense

A maioría dos montes están cubertos de plantacións de piñeiros e mato de xestas, carqueixas e uces. Só, nalgúns lugares afastados e nalgunhas ladeiras e vales aparecen pequenas manchas de bosques autóctonos nos que conviven especies atlánticas (carballos, castiñeiros, bidueiros) e mediterráneas (rebolos, caxigos, érvedos, sobreiras...).

Caxigo (Quercus faginea). Unha das poucas áreas de Galiza onde se pode atopar en na comarca de Ourense.

Landras de sobreiras (Quercus suber).As sobreiras aparecen en pequenos grupos ou como exemplares illados nas áreas de máis acentuadas características mediterráneas por toda a comarca de Ourense.

Page 56: Comarca Ourense

As mimosas (na imaxe, de cor verde-gris) invaden as explotacións abandoadas e os terreos da beira do bosque das áreas máis soleadas.

Page 57: Comarca Ourense

O outono é unha moi boa época para gozar dos pequenos detalles e da infinda variedade das cores.

Froitos de érvedo (Arbutus unedo). Nestas montes, ademais das plantacións de piñeiros, as especies máis comúns son as sobreiras, os rebolos os érvedos e as uces.

Lique Usnea florida

Page 58: Comarca Ourense

Montes de Esgos, nos que a erosión deixa ao descuberto as rochas graníticas

CABEZA DE MEDA MONTES DE ESGOSAs últimas estribacións cara ao oeste da serra de Cabeza de Meda esténdense paralelas ao Canón do Sil e polo concello de Esgos ata San Pedro de Rochas. Os picos máis altos atópanse no límite da comarca: Mallada Vella (1.179 m), Outeiro de Aigas (1.032 m), Alto do Coto (962). Accedese desde Esgos ou Nogueira de Ramuín. En San Pedro de Rochas hai unha ruta sinalizada.

Page 59: Comarca Ourense

Estribacións da Cabeza de Meda desde o alto da Biduíza

Page 60: Comarca Ourense

Edificio do mosteiro de San Pedro de Rochas

Tragaluz da igrexa de San Pedro de Rochas. A parte máis antiga deste mosteiro foi escavada na rocha e aproveita ou integra os penedos na construción.

Page 61: Comarca Ourense

Montes de Nogueira de Ramuín desde Coles, na outra banda do Miño

MONTES DE NOGUEIRA DE RAMUÍN Esténdense ao longo do Sil e do Miño e separan os dous vales. O punto máis alto é o Túas, nas proximidades de Luíntra, con 746 m.Nas abas que dan aos canóns do Sil e do Miño consérvanse fragas e soutos de grande valor biolóxico e etnográfico.

Page 62: Comarca Ourense

Santo Estevo de Ribas de Sil desdo o río

Montes de Nogueira de Ramuín desde Carballedo, preto dos Peares

Page 63: Comarca Ourense

Souto en Santo Estevo de Ribas de Sil

Sequeiros para as castañas en Santo Estevo de Ribas de Sil.

Refuxio na Moura (Nogueira de Ramuín)

Page 64: Comarca Ourense

ALTO DA BIDUÍZAForma parte da liña de montes que separan a comarca da depresión de Maceda. Desde o alto da Biduíza, ao que se accede desde Esgos, abránguense amplas panorámicas da comarca ata a cidade de Ourense.

Page 65: Comarca Ourense

MONTE DO CASTROSituado entre Cartelle, A Merca, Toén e Barbadás. Acada os 635 m.

Page 66: Comarca Ourense

MONTES DE BARBADÁS Nos arredores de San Bieito de Cova da Loba. No cume a pedra do Tangaraño, coñecida tradicionalmente polo seu efecto sanador.

Page 67: Comarca Ourense

Serra da Martiñá desde Vilamarín

SERRA DA MARTIÑÁO territorio do concello de Vilamarín chega as estribacións do sur-leste desta serra. O punto máis alto nesta comarca é o Baínte, con 774 m.

Page 68: Comarca Ourense

MONTE DE SANTA ÁGUEDA No cume deste monte (687 m) conflúen os concellos de Vilamarín, Coles e A Peroxa. Está coroado por un castro. Unha gran parte está repoboado por piñeiros entre os que se conservan gran cantidade de carballos. Accedese desde Reádegos (Vilamarín).

Page 69: Comarca Ourense

Croa do castro do cume de Santa Águeda. Pódense apreciar os foxos defensivos e as defensas. Todo o castro está cuberto dunha carballeira.

Page 70: Comarca Ourense

RÍOS

O Miño entre a presa de Velle e a cidade de Ourense

Toda a comarca de Ourense forma parte da cunca do Miño, o principal río e arteria da comarca que percorre o fondo da depresión ourensá, de nordeste a suroeste, aproveitando unha falla do terreo, e recibe ao Sil e outros afluentes de curto percorrido e cursos con fortes desniveis.Agás o Miño e o Sil, que están retidos en varios encoros, os ríos teñen augas baixas no verán, chegando, en casos a secar case totalmente.

Page 71: Comarca Ourense

Arredor dos cursos fluviais consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros e bidueiros. Unha boa parte está colonizada por mimosas, árbores de orixe australiana que se estenden con moita facilidade e ocupan grandes superficies.

O Miño entre A Acea e Outariz

Page 72: Comarca Ourense

Salgueiro nodoso (Salix salvifolia). Un salgueiro tipicamente mediterráneo que se atopa á beira do Miño

Chopos na área recreativa do Amieiral en Alongos (Toén)

Lidoiro ou virgondoiro (Celtis australis), unha árbore que só se atopa silvestre ás beiras do Miño na comarca de Ourense e no Ribeiro.

Page 73: Comarca Ourense

Lavandeira (Motacilla alba). Un paxaro insectívoro, e polo tanto protexido, habitual nas beiras dos ríos.

Garza real (Ardea cinerea)

Page 74: Comarca Ourense

Acea de Velle.As aceas do Miño son un exemplo de adaptación ás forzas do río. De construción sólida, cunha forma aguda enfrentada á corrente para desviala sen sofrir os seus efectos, e cuberta plana de pedra para soportar as enchentas que en ocasións as asolagaban por completo.

Asociados aos cursos fluviais consérvase un rico patrimonio cultural: pontes e pasais, muíños e aceas, portos...

Page 75: Comarca Ourense

A Acea

Page 76: Comarca Ourense

RÍO MIÑOO Miño nace na serrra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Entra na comarca de Ourense nos Peares, no punto en que se xunta co seu principal afluente, o Sil.Desde antes de Ourense ata despois de Ribadavia a canle do Miño acomódase a unha foxa tectónica da que son testemuña distintas fontes de augas termais: Burgas, Laias, Barbantes... O val estréitase e afonda cando atravesa as zonas graníticas e agrándase e ábrese nas zonas de rochas metamórficas. O medio natural está alterado polos encoros de Velle e Castrelo do Miño que cambiaron a fisonomía do val do río.Os principais afluentes nesta comarca son: pola dereita o Búbal, Barra, Porto e Barbantiño; e pola esquerda o Sil, Loña e Barbaña.

Os Peares: entrada do Miño na comarca e encontro co Sil O Miño retido no encoro de Velle

Page 77: Comarca Ourense

Club naútico de Ribela (Coles), nunha das enseadas que forma o encoro de Velle.

Page 78: Comarca Ourense

O río entre A Peroxa, Coles e Nogueira de Ramuín.

Presa de Velle e acea. Dúas formas de aproveitar a enerxía da auga

Page 79: Comarca Ourense

Área de lecer de Oiras desde Velle

Aula da Natureza na área de lecer de Oiras

Page 80: Comarca Ourense

Ponte vella de ourense. De orixe romana e posterior reforma medieval. A máis antiga das pontes que cruzan o Miño na cidade de Ourense.

Page 81: Comarca Ourense

Ponte do Milenio, a de máis recente construción sobre o Miño. Suma ao seu aspecto utilitario o aspecto lúdico co paseo que ao longo do seu curioso anel permite percorrela e integrala no circuito de rutas de sendeirismo que complementan os atractivos da cidade.

Page 82: Comarca Ourense

O Miño desde o alto de San Trocado

Page 83: Comarca Ourense

O Miño en Coles

Page 84: Comarca Ourense

Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoas e desde o barco turístico. A viaxe en barco polo Canón achega un novo punto de vista.

RÍO SILTen na comarca a última parte do seu percorrido antes de xuntarse ao Miño nos Peares, facendo fronteira entre o concello de Nogueira de Ramuín e a comarca Terra de Lemos.

Todo o seu percorrido entre terras de Ourense e Lugo vai encaixado nun canón en rochas graníticas que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación deste canón tivo a súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se ergueu verticalmente e obrigou ao río a aproveitar as fracturas que racharon o terreo. O curso do río está retido polos encoros de Santo Estevo e San Pedro. Recibe varios afluentes de curto percorrido como o Portocarros, Lamacela, Ponticela, San Miguel e Biduedo.

Page 85: Comarca Ourense

Encoro de Santo Estevo, construído en 1955 e embarcadoiro do catamarán turístico.

Page 86: Comarca Ourense

Presa e encoro de San Pedro (1959)

Page 87: Comarca Ourense

Canón do Sil desde o miradoiro dos Chancís (Sober)

Page 88: Comarca Ourense

Canón do Sil desde o miradoiro de Pena Pombeira (Pantón)

Page 89: Comarca Ourense

Canón do Sil desde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober)

Canón do Sil na zona de Cerreda (Nogueira de Ramuín) desde A Cividade ou Cotarro 1 (Sober).

Page 90: Comarca Ourense

Canón do Sil desde o miradoiro da Pedra Longa

Page 91: Comarca Ourense

Canón do Sil entre Nogueira de Ramuín e Pantón

O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; e ecolóxico pola mestura de especies atlánticas e mediterráneas, a presenza de bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna. Ademais de interese histórico e etnográfico. Todo o percorrido do Sil nesta comarca está protexido no espazo “Canóns do Sil”.

Barcos turísticos navegando polo Sil

Page 92: Comarca Ourense

Os PearesO Sil, que presenta un réxime pluvio-nival, acada o seu maior caudal en febreiro, sendo agosto e setembro os meses de estiaxe. Na súa confluencia co Miño nos Peares cúmprese o refrán “O Sil leva a auga (184 m3/s) e o Miño (102m3/s) a fama”

Page 93: Comarca Ourense

REGO DA PONTICELANace nos montes de Loureiro e xúntase co Sil na Reigada (Nogueira de Ramuín). Está encorado pouco antes da súa desembocadura e forma varios rápidos e fervenzas que en total superan os 100 m entre rochas graníticas, pero son difíciles de ver pola vexetación e a falla de acceso.

Page 94: Comarca Ourense

RÍO LOÑAO río Loña ou Lonia nace no monte da Moura (Loña do Monte-Nogueira de Ramuín). Baña terras dos concellos de Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e Ourense e desemboca no Miño en Velle. Os seus afluentes son A Boca, Vernaus, Prado e Grande pola dereita; e Triós, O Grañal e Graxela, pola esquerda.

Desembocadura do Loña no Miño.

Encoro de Cachamuíña, en Pereiro de Aguiar

Page 95: Comarca Ourense

Paseo do Barbaña en Ourense

RÍO BARBAÑABaixa desde as proximidades de Nevoeiro (Figueroa-Paderne de Allariz) e conflúe co Miño en Ourense, despois de 25 km de percorrido polos concellos de Paderne de Allariz, Taboadela, San Cibrao das Viñas e Ourense. Recibe pola esquerda o Cerdeiriño, Pazos, Taboadela, San Bieito e Barbañiña ou Barbadás.

Ponte Noalla sobre o Barbaña en San Cibrao das Viñas.

Page 96: Comarca Ourense

Val encaixado do Búbal, entre A Peroxa e e desembocadura no Miño a carón da confluencia co Sil.

RÍO BÚBALBaixa da serra da Martiñá, percorre terreos de Carballedo e bótase no Miño nos Peares, facendo límite entre A Peroxa (Ourense) e Carballedo (Lugo).

Page 97: Comarca Ourense

RÍO DA BARRADrena o concello da Peroxa e continúa o seu percorrido facendo de linde entre entre os concellos de A Peroxa e Coles.

Page 98: Comarca Ourense

Ponte sobre o Barbantiño, entre Cornoces (Amoeiro) e Mandrás (Cea).

RÍO BARBANTIÑONace en Orbán (Vilamarín-Ourense) e recolle as augas da serra da Martiñá. Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes.

Page 99: Comarca Ourense

Fervenza do Río Barbantiño, entre Amoeiro e Punxín.A erosión do río nas rochas graníticas forma rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis alta mide uns 10 m en varios saltos. A carón dela hai un grupo de 3 muíños en serie.Na estrada de Amoeiro a Punxín, antes de pasar a ponte hai unha rota de senderismo (2 km) que remata na fervenza e nos muíños.

Page 100: Comarca Ourense

Na metade norte e oeste da comarca de Ourense as árbores predominantes son os piñeiros en grandes plantacións que ocupan as partes altas dos montes. As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados carballos, rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros nas zonas máis húmidas e castiñeiros. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos.Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai grandes estensión de mimosas. Arredor das poboacións, en especial no val do Sil, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas. Nos parques e xardín das cidades e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas.

AS ÁRBORES

Carballeira na Peroxa. Nas partes expostas ao sol a vexetación presenta características mediterráneas, nas que aparecen rebolos, sobreiras e érvedos.

Page 101: Comarca Ourense

Bosque no Canón do Sil. Nas zonas umbrías os bosques da comarca conservan as características típicas da flora atlántica nos que aparecen bidueiros, carballos, castiñeiros...

Page 102: Comarca Ourense

Carballo (Quercus robur)

Carballo da capela dos Gozos (O Pereiro de Aguiar). Mide 4,10 m de perímetro.

Carballos na área recreativa de Tarreirigos (Esgos) ao pé da estrada de Ourense a Trives. O máis grande é un exemplar con nórregas de 6,30 m de contorno (no pé 3,40). Hai outro de 4 m.

Page 103: Comarca Ourense

Carballos de Albán (Coles). Atópanse ao pé da igrexa de San Paio de Albán, á dereita da estrada de Coles á Peroxa. Miden 4,50 e 4,40 m de perímetro.

Page 104: Comarca Ourense

Carballo de Cepedo (Vilamarín). Mide 5,40 de perímetro. Atópase en Cepedo (parroquia de León), nunha propiedade á esquerda da estrada que vai a Vilamarín.

Carballo do Pazo-castelo de Vilamarín. Mide 4,45 m de perímetro. Na zona atópanse varios carballo de porte semellante.

Page 105: Comarca Ourense

- 4,24 m de perímetro.-6,42 m de perímetro.

Carballos na Feira de Bouzas (Vilamarín)

Page 106: Comarca Ourense

Carballo do pazo de San Damián, na parroquia de Abruciños (Amoeiro). -7 m de perímetro. Está situado ao pé da estrada na propiedade do pazo que actualmente é unha Casa Rural. No recinto atópanse bos exemplares de carballos e castiñeiros.

Page 107: Comarca Ourense

Carballo en Trasalba (Amoeiro) - 4,34 m de perímetro.

Carballo en Parada (Amoeiro). Ten 5,10 m de perímetro e forma parte dun pequeno grupo que se atopa ao pé da estrada a carón do pazo.

Page 108: Comarca Ourense

Carballo na capela de Santa Eulalia (Nogueira Ramuín)-4,66 m de perímetro

Page 109: Comarca Ourense

Sobreira (Quercus suber)

Sobreiras do Seminario (Ourense)

Page 110: Comarca Ourense

Sobreira de Loña (Santo Cristo de Lonia, Ourense)INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Page 111: Comarca Ourense

Castiñeiro do souto da Ramigoa (Armariz, Nogueira de Ramuín). O máis grande acada os 8,60 m de perímetro.

Castiñeiro (Castanea sativa)

Page 112: Comarca Ourense

Lidoiro de Oiras (Ourense). -2,90 de perímetro.

Lidoiro (Celtis australis)

Page 113: Comarca Ourense

Piñeiro bravo do Seminario (Ourense)

Piñeiro bravo (Pinus pinaster)

Page 114: Comarca Ourense

Sóforas (Sophora japonica). A máis grande mide 20 m de altura e máis de 3 m de perímetro.

XARDÍNS DO POSÍO (Ourense)

Washingtonia robusta Árbores botella (Brachychiton populneus).

Page 115: Comarca Ourense

Oliveira na igrexa de Santa Olaia de Beiro(Ourense)

Page 116: Comarca Ourense

Plátano a área recreativa do Amieiral en Alongos (Toén), a carón do Miño. Mide 4,60 m de perímetro.

Área recreativa O Amieiral en Alongos (Toén): -plátanos -chopos

Page 117: Comarca Ourense

Pinsapo (Abies pinsapo) do Pazo de Trasalba (Amoeiro). O pai de Otero Pedrayo plantou un pinsapo na Casa Grande de Trasalba ao nacer o escritor, e unha tormenta acabou con el en 1972, catro anos antes da morte do mesmo. En 1976, logo da morte de Pedrayo, os responsables da Fundación que leva o seu nome plantaron unha nova árbore no mesmo lugar que foi de novo abatida por un temporal en 2009.

Page 118: Comarca Ourense

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC CANÓN DO SILEspazo compartido coa provincia de Lugo (Terra de Lemos). Nesta comarca inclúe a ribeira do Canón do Sil en terreos do concello de Nogueira de Ramuín.O maior interese desta área reside no valor xeolóxico e paisaxístico do Canón do Sil que nalgúns puntos da zona acada os 500 m de altura, con paredes case verticais e escarpes rochosos nos que se suxeitan as árbores con dificultade. Ten ademais un grande interese cultural e etnográfico ligado á Ribeira Sacra.

Page 119: Comarca Ourense

Na proximidade de Ourense, ao longo das fallas polas que corren os ríos, atópanse numerosas surxencias de augas termais que son aproveitadas para o baño (con fins lúdicos ou curativos) e como fonte de enerxía nas piscinas municipais. Preto do río Barbaña están as Burgas, a Casa de Baños e os Baños do Outeiro. No Loña, os Baños de Mende. Na beira do Miño as Burgas da Chabasqueira, O Tinteiro, os Baños de Santiago das Caldas, a Fonte Santa de Reza, a Burga do Muíño e as Burgas de Outariz.

A presenza de augas termais débese a que existe unha infiltración de augas superficiais que chega a focos térmicos internos onde quecen para xurdiren logo chegando á superficie cunha temperatura superior á do ambiente.A partires das análises do contido en Tritio (que ten unha vida media -o que tarda en diminuír a súa concentración á metade- de 12,26 anos) calculouse que algunhas das augas termais de Galiza, entre as que se atopan as de Ourense permaneceron mais de 28 anos no interior da terra antes da súa surxencia.

AS AUGAS TERMAIS

foco térmico

infiltración

surxencia

Page 120: Comarca Ourense

As Burgas. Ourense. As augas, alcalinas de mineralización media, bicarbonatado-sódicas, fluoradas e litínicas saen a 64-68ºC (as de maior temperatura de Galiza)Os galaicos-romanos rendían culto ás Ninfas das augas nas fontes das Burgas

Page 121: Comarca Ourense

Burgas da Acea

Burgas de Outariz

Áreas de lecer creadas arredor das surxencias termáis ao pé do río Miiño en Ourense.

A Chavasqueira

Page 122: Comarca Ourense

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaDEBUXOS: Mon Daporta

Xaneiro 2017