Maio 2012 - OUxB

43
Número: 117 - Ano: XI - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 BARRIOS Páx.6 CIDADE Páx. 18 A VALENZÁ Páx.8 OCIO Páx.37 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] Esixen á Xunta a mellora da atención no centro de saúde BARRIOS Páx. 10 Asinado o convenio para pór en marcha o bombeo do Couto Tras Os Resentidos e Reperkusión, chega o Derrame Rock Feijoo anuncia que este ano licítase a 1ª fase do Hospital 2050 O IES da Carballeira recibe o nome de Marcos Valcárcel Xogadores e seareiros do CD Ourense celebran o ascenso a 2ª B. No recadro, homenaxe aos xogadores do COB no Couto./R.T. Os políticos fan balance [ entrevistas páx.2-5] Ascensos históricos de COB e CD Ourense [páx. 28]

description

O ascenso do CD Ourense a Segunda División B e do Club Ourense Baloncesto a liga LEB Ouro son os protagonistas das nosas portadas de maio, ás que tamén levamos aos políticos locais Francisco Rodríguez, Isabel Pérez, Rosendo Fernández e Gonzalo Pérez Jácome, quen no interior da publicación fan unha análise de como viron estes primeiros doce meses de segundo goberno bipartito á fronte do Concello de Ourense.

Transcript of Maio 2012 - OUxB

Page 1: Maio 2012 - OUxB

Número: 117 - Ano: XI - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.6 CIDADE Páx. 18A VALENZÁ Páx.8 OCIO Páx.37

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

Esixen á Xunta a mellora da atención no centro de saúde

BARRIOS Páx. 10

Asinado o convenio para pór en marcha o bombeo do Couto

Tras Os Resentidos e Reperkusión, chega o Derrame Rock

Feijoo anuncia que este ano licítase a 1ª fase do Hospital 2050

O IES da Carballeira recibe o nome de Marcos Valcárcel

Xogadores e seareiros do CD Ourense celebran o ascenso a 2ª B. No recadro, homenaxe aos xogadores do COB no Couto./R.T.

Os políticos fan balance [entrevistas páx.2-5]

Ascensos históricos de COB e CD Ourense

[páx. 28]

Page 2: Maio 2012 - OUxB

� Ourense por BARRIOSMaio de �01� ENTREVISTA

En canto ao parque de Montealegre Rodríguez amósase satisfeito “por ter recuperado un espazo importante para a

cidade, só queda poñelo a funcionar”

Paula Lodeiro

Leva cinco anos á fron-te do goberno municipal ourensán, liderando a for-za maioritaria dun biparti-to que tivo as súas luces e sombras. Pero, afastado das polémicas, Francisco Rodrí-guez tranquiliza aos veciños e acala á oposición deixan-do claro que agora PSOE e BNG reman na mesma di-rección. En canto ao futuro, tamén o ten claro, “hai que seguir apoiando propostas que xeren dinamismo eco-nómico e emprego”.

Como alcalde, foron es-tes primeiros doce meses de lexislatura moi diferen-tes á anterior?

Francisco Rodríguez: “Creo que cando afrontas un segundo mandato o normal e lóxico é a continuidade do traballo feito durante os pasados catro anos. Non é fácil cando chegas a un go-berno e deseñas un modelo de cidade que se poida cum-plir en catro anos, póñense as bases que permiten de-senvolver eses proxectos”.

Este segundo pacto de goberno PSOE-BNG fun-ciona ben?

F.R.: “Creo que se ben nos inicios, fai cinco anos, non había esa cultura de pacto, agora mesmo hai unha relación responsable de cumplir eses compro-misos que adquirimos cos ourensáns. Hai unha boa re-lación no persoal, no políti-co e moita responsabilidade cos cidadáns”.

Cal foi o principal pro-blema destes 12 meses?

ENTREVISTA A FRANCISCO RODRíGUEz, ALCALDE DE OURENSE:

“Ata agora fíxose unha xestión económico-financieira responsable e seria, que nos permite cumplir coas nosas obrigas”4 O rexedor ourensán considera que a postura da oposición “non facilita o entendemento”.

F.R.: “Creo que o proble-ma nun escenario de crise como o que estamos a vivir básicamente é a dificultade que existe para levar a cabo ao ritmo que nos gustaría determinados proxectos, debido á falta de dispoñibi-lidade económica”.

Que logros destacaría do goberno municipal nes-te ano?

F.R.: “Houbo cousas moi importantes para a cidade, por exemplo, o Plan Es-pecial das Burgas, que se desbloqueou neste ano, ou a adxudicación da estación intermodal de Ourense, que se produciu en decem-bro. Tamén se mellorou o abastecemento de auga, firmamos fai uns días un convenio para o bombeo e o saneamento dos nosos ríos, e está a punto de licitarse o proxecto e obra da depu-radora. Por todo isto temos que estar satisfeitos porque se avanzou”.

Díganos, brevemente, que lle suxiren as seguintes palabras.

- Orzamentos munici-pais.

F.R.: “Practicamente es-tán pechados. Non é menos certo que a nós nos gustaría telos presentado en tempo e forma no mes de decem-bro, pero déronse distintas circunstancias que condi-cionaron en boa medida a aprobación dos presupostos. Non obstante, a realidade é que pese a todo nós estamos comprometidos e queremos dar unha resposta positiva ás necesidades que temos en canto a manter os servizos”.

- Urbanismo.F.R.: “É un problema

que herdamos, importante, unha situación delicada. Pero desde o primeiro mo-mento fixemos as xestións para adxudicar a redacción do novo plan xeral de ur-banismo, e esperamos que antes de que acabe o ano te-ñamos o documento para a súa aprobación inicial. Non obstante, os responsables de Urbanismo negociaron coa Xunta unha ordenación provisional que nos permi-tirá seguir traballando e que evite unha paralización que sería moi negativa para a ci-dade”.

- Complexo cultural de San Francisco.

F.R.: “Tennos traído moi-tas preocupacións. Enten-demos que é un elemento

cultural importante para a cidade, pero debido a un proceso xudicial entre o Ministerio e a empresa que realizaba as obras estivo paralizado durante dema-siado tempo. Non obstante, fai cuestión de ano e pico se desbloqueou e fai un mes rematou o proceso xudicial. Nós estamos traballando na redacción dun novo proxec-to, acabado e con licencia, e só fai falta que o Ministerio dispoña dos orzamentos ne-cesarios”.

- Montealegre.F.R.: “Tamén foi motivo

de polémica. Sigo afirman-do a miña satisfacción por ter conseguido recuperar un espazo importante para esta cidade, desde o punto de vista ambiental e histórico. Fíxose un investimento im-

portante e o único que queda é poñelo a funcionar. Non é o mellor momento, pero se-guimos insistindo en que o importante é que as obras están feitas e imos ver se conseguimos que sexa un espazo referencial do sur de Galicia”.

- Relación da Xunta con esta cidade.

F.R.: “A relación para nós é insatisfactoria, no sentido de que non se cumplen os compromisos adquiridos con nós: o Plan Director do CHUO, os centros de aten-ción primaria, o Centro de Interpretación de Parques Naturais… sen contar que non houbo posibilidade de chegar a acordos para me-llorar a nosa rede viaria ou o saneamento na zona rural. En definitiva, cremos que o

trato do goberno de Feijoo con Ourense foi nulo, por dicilo de maneira suave”.

- E a relación do gober-no central con Ourense

F.R.: “Non houbo ningún avance, máis alá de algún compromiso para o inicio das obras da estación inter-modal. E noutros ámbitos (como o de San Francisco ou as novas instalacións da Confederación Hidrográfi-ca) seguimos estando á es-pera”.

- Transparencia.F.R.: “Pouco máis pode-

mos facer que responder a todas as peticións de infor-mación que fai a oposición. Creo que a postura da oposi-ción non é a que facilita un escenario para un bo enten-demento que nos permita re-solver problemas, creo que hai unha actitude de xenerar certas sospeitas sempre in-fundadas e crea un clima de crispación que non beneficia en absoluto. Creo que a opo-sición pode ser dura e con-tundente, pero sobre todo ten que ser respectuosa”.

Como ve os vindeiros tres anos para a cidade?

F.R.: “Falar de futuro nun momento coma este pode parecer incerto, pero nós te-mos a tranquilidade de que ata agora se fixo unha xes-tión económico-financieira moi responsable e seria, que nos permite cumplir coas nosas obrigas. Aínda así, te-mos que seguir avanzando, compartindo obxectivos co sector empresarial e privado, e seguir levando a cabo pro-postas que xeren dinamismo económico e emprego”.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez,está orgulloso do traballo do seu grupo de goberno durante os últimos cinco anos porque, según el, “se avanzou”./P.L.

Page 3: Maio 2012 - OUxB

�Ourense por BARRIOSMaio de �01�ENTREVISTA

“Hai que estudar a viabilidade do soterrmento do AVE”

“Grazas ao PP foi desbloqueado o PERI das Burgas e estase facendo o edificio xudicial”

P. L.

“Mentiras”, “despilfarro” ou “nula xestión” son al-gunhas das verbas que Ro-sendo Fernández emprega para resumir este primeiro ano da segunda lexislatura do bipartito PSOE-BNG ao fronte do goberno mu-nicipal ourensán. Pola súa banda, para o popular o tipo de oposición que está a desenvolver o seu partido é “construtiva” e “leal”.

A final deste mes cúm-plese un ano das eleccións municipais, toca facer ba-lance, daríalle o aprobado ao labor do Goberno local de Ourense?

Rosendo Fernández: “Que máis quixera eu que darlle un aprobado, pero non é o caso. Temos que facer un balance de parálise total, de inacción do Conce-llo de Ourense. Imos para xuño e aínda non hai orza-mentos municipais, o que quere dicir que non pode haber ningún investimento. Isto fai falar dunha total des-vergonza política por parte do bipartito municipal. Pero ese diagnóstico de parálise vén dende �007, aí parali-zouse o modelo de cidade, os nosos recursos naturais e produtivos seguen sendo tan improdutivos como sempre. As reivindicacións que fixo o alcalde daquela, que eran a estación do AVE, o termalis-

ENTREVISTA A ROSENDO FERNáNDEz, VOCEIRO DO PARTIDO POPULAR NO CONCELLO DE OURENSE:

“Fago un diagnóstico de despilfarro, ocurrencias e nula xestión”4 O popular fai un balance negativo dos cinco anos de goberno municipal bipartito e cualifica asuntos polémicos, como é o botánico de Montealegre, como un “regalo envenenado” do PSOE ao BNG.

mo, o emprego, o transporte metropolitano… seguen tan vixentes como sempre. Por non falar do xardín botánico, que logo de custar �,6 milló-ns de euros, segue pechado despois de ser inaugurado. Ao igual que acontece coa Casa da Maxia, a Casa da Mocidade… Eu fago un diagnóstico de despilfarro, ocurrencias e nula xestión”.

Como valora a reedición do bipartito local?

R.F.: “É un bipartito bis do �007-�011, cunha corre-lación de forzas distintas, onde o Bloque está máis sometido ao Partido Socia-lista, e lle deron regalos en-venenados. A ninguén se lle escapa que o xardín botáni-co de Montealegre, o gran fraude para os ourensáns, se lle deu ao BNG. Cando a limosna é grande ata o san-to desconfía. Quen entende que unha obra que costou �,6 millóns de euros e foi inaugurada vai facer un ano siga pechada?”

En canto ao papel da oposición neste ano, como o valora?

R.F.: “No que respecta ao PP, que é o grupo maiorita-rio, pensamos que estamos facendo unha oposición costrutiva e leal, porque nos puxemos en contacto co al-calde o 19 de setembro para defender os intereses desta cidade. Eu mesmo lle dixen que me poñía á súa dispo-sición para sacar adiante proxectos como o transpor-te metropolitano, Plan Es-tratéxico Termal, PERI das Burgas, estación do AVE, complexo cultural de San Francisco, estación depura-dora, xardín botánico, vivei-ro municipal… Díxenlle que botara man do grupo maio-ritario, pero o señor alcalde prefire non facelo porque así lle dá pé a choromicar antes que solucionar os problemas coas administración gober-nadas polo PP”.

O PP pode atribuirse algún logro para a cidade

neste período?R.F.: “Desbloqueamos

o PERI das Burgas, as nor-mas transitorias puxémolas a andar en tempo récord e estivemos coa Xunta rei-vindicando e logramos que ao final o edificio xudicial se estea facendo. Ademais, que o transporte metropoli-tano non estea instaurado é por culpa única e exclusiva do Concello, que non se en-tendeu nin coa Xunta bipar-tita nin con esta”.

Díganos, brevemente, que lles suxiren as seguin-tes palabras:

- Urbanismo.R.F.: “Desgraciadamente

está paralizado, despois de aprobar as normas transito-rias nas que o PP traballou ao lado do goberno. Se o go-berno muncipal presentara os traballos a Xunta houbera pagado, pero non foi así en �011 e houbo que pedir un reaxuste desa anualidade”.

- Complexo cultural de San Francisco.

R.F.: “É unha necesi-dade que imos solicitar ao Goberno Central, para que pese a un escenario de crise económica se leve a cabo o complexo cultural, arquivo e biblioteca. De feito, xa hai compromisos económicos nos orzamentos de �01�”.

- Centros de saúde do Vinteún e do Couto.

R.F.: “O do Couto vai a ser construído en terreos mal expropiados, xa que logo de tres intentos de expropia-ción, a dispoñibilidade dos terreos aínda a conseguiron agora. Ademais, tamén o puideron facer antes, des-de �007 que o anunciaron. E en canto ao do Vinteún, en febreiro foi aínda cando definitivamente o Concello informou á Xunta de que os terreos estaban en orde”.

- O papel da Xunta en Ourense.

R.F.: “Despois de terse presentado o novo com-plexo hospitalario e de que se reformaran moitas rúas, o edificio xudicial é outro dos compromisos da Xunta con Ourense. E non esquezamos tampouco o Plan Impulsa ou a autovía a Celanova. Nem-bargantes, o que nos chama a atención é que se pide máis e máis e despois hai infraes-truturas que están pechadas, e aí pérdese credibilidade”.

- Alta velocidade, esta-ción, soterramento.

R.F.: “O grupo muni-cipal do PP considera que hai que estudar a viabilida-de económica e técnica do soterramento. O proxecto máis inversor dun Goberno de España con Ourense ten que ser un proxecto consen-

suado coa maioría social, empresarial e profesional de Ourense”.

- A relación do Goberno central con Ourense.

R.F.: “Co goberno cen-tral socialista había unha relación de amizade, pero o problema grave foron inver-sións en obras improdutivas que agora cústalles abrir, e me refiro á estación de bom-beo, a un spa dun millón e medio de euros ou ao xardín botánico. E co novo gober-no nós nos presentamos de intermediarios, porque sempre imos estar ao lado do Concello para axudar en todos os proxectos estratéxi-cos para Ourense”.

- Transparencia.R.F.: “Temos un goberno

oscurantista e con falta de trasparencia e información ao labor fiscalizador que ten a oposición. Temos serias dificultades para acceder á documentación e as xuntas de áreas están vindo abaixo porque non as convocan”.

Que nos espera nestes tres anos de lexislatura?

R.F.: “Pois dado o esce-nario no que nos toca vivir pídolle ao alcalde que polo interese xeral da cidade conte co PP porque é o que goberna na Deputación, na Xunta e España. Vai ser un labor construtivo ao lado do goberno se é que nos queren, e ao mesmo tempo reivindicativo e duro se non nos queren escoitar”.

Fernández considera que o modelo de cidade paralizouse coa chegada do bipartito./P.L.

Page 4: Maio 2012 - OUxB

� Ourense por BARRIOSMaio de �01� ENTREVISTA

P.L.

“Con ilusión e esperanza” é como a tenente de alcalde do Concello de Ourense, Isabel Pérez, afronta os tres anos que restan de lexisla-tura, tendo sempre en mente que o prioritario para o actual goberno municipal é garantir uns servizos sociais que, a xuizo da nacionalista, outras administracións (como a au-tonómica ou a central) están a deixar de lado.

Que balance fai destes primeiros doce meses de lexislatura?

Isabel Pérez: “Despois de ter renovada a confianza dos cidadáns para asumir un novo mandato, este foi un ano de continuidade porque o goberno actual ten a expe-riencia previa dos catro anos anteriores, pero as circuns-tancias económicas, sociais e políticas se teñen modifi-cado, polo tanto é verdade que se necesitan axustes.

E nisto teñen moito que ver tamén a forma que te-ñen tanto a administración do Estado como a galega de entender a acción política, a cal afecta aos cidadáns. A administración local é a máis próxima á veciñanza e é a que ten que resolver os problemas inmediatos, aín-da que sexan cuestións que non son competencia pro-

ENTREVISTA A ISABEL PéREz, TENENTE DE ALCALDE DE OURENSE:

“Necesariamente hai que facer axustes para manter os servizos básicos, e facelo con garantías, pero tamén

adecuándose á situación económica actual”4 Pérez considera responsabilidade do goberno local “todos os problemas inmediatos da veciñanza”.

piamente municipal pero si afectan aos cidadáns, como é o ensino, a sanidade, a re-forma laboral…. Ademais, as transferencias das outras administracións modifican os ingresos do Concello e necesariamente hai que fa-cer eses axustes para manter os servizos básicos e facelo con garantías, pero tamén adecuándose á situación económica actual.”.

E o pacto de goberno PSOE-BNG, como se leva nesta segunda reedición?

I.P.: “Pois con eses axus-tes necesarios, creo que se leva dende a responsabilida-de, e co necesario debate e intercambio de ideas, e re-solvendo esas cuestións de adecuación ao aquí e agora. Funciona de maneira que os cidadáns sexan os únicos e auténticos beneficiarios da acción política”.

Que logro destes doce meses destacaría?

I.P.: “O feito en si mesmo de que se manteñen todos os servizos, tendo en conta que outras administracións non poden garantilos, ou incluso fan abandono das súas com-petencias, ningún cidadán hoxe viu mermada os seus dereitos como veciño res-pecto da acción local”.

E o papel da oposición neste período, que lle pa-rece?

I.P.: “O PP segue sendo oposición pero unha nova forza política entrou na cor-poración, e o labor da opo-sición, que eu sempre digo que é importante e necesario e ten un valor en si mesmo, moitas veces se ten perdi-do máis nas formas que no fondo e iso é unha cuestión que deberíamos interiorizar todos os que formamos par-

te da corporación. Corpora-ción municipal e Concello de Ourense somos todos porque representamos aos cidadáns, uns temos tarefas de goberno, outros de oposi-ción, pero sen perder nunca a perspectiva de que somos todos membros dunha cor-poración e que o obxectivo dos que formamos parte dela debe ser o ben común e os destinatarios da nosa acción política, os cidadáns”.

Dígame, brevemente, que lle suxiren as seguintes palabras, relacionadas con temas que foron polémicos ou estiveron de actualida-de nos últimos meses.

- Montealegre.I.P.: “Un espazo con fu-

turo”.- Complexo cultural de

San Francisco. I.P.: “Unha necesidade”.- O urbanismo.

I.P.: “Unha herdanza que agora mesmo hai que resol-ver e xestionar”.

- O orzamento munici-pal de 2012.

I.P.: “Tamén está con-dicionado polos orzamen-tos e as políticas exercidas por outras administracións, no sentido de que os orza-mentos do Estado, dos que dependen os municipais, estaban sen aprobar e as medidas que se introducen sobre a marcha tanto polo goberno galego como polo do Estado modifica a reali-dade orzamentaria no noso Concello”.

- A alta velocidade e fu-tura estación intermodal.

I.P.: “O mesmo que San Francisco, unha necesidade, pero neste caso unha nece-sidade para o noso desen-volvemento económico, sen esquecer que o AVE o mes-mo serve para achegarnos á Meseta e para que outros se acheguen a Ourense”.

- A relación da Xunta con esta cidade.

I.P.: “Negativa, Ourense creo que é a grande prexu-dicada nos orzamentos da Xunta, e non lle correspon-de polo peso como terceira cidade de Galiza, Ourense segue sendo a grande esque-cidada polo goberno gale-go”.

- A relación do goberno central con Ourense.

I.P.: “Esquece tamén, sistematicamente, a nosa cidade, e ademais ten intro-ducido medidas que directa-mente afectan aos cidadáns e que están sendo nefastas para a nosa economía”.

- O transporte metropo-litano.

I.P.: “Unha cuestión por resolver pero que o Conce-llo de Ourense ten interese en que se desenvolva. Debe-mos falar en clave metropo-litana, Ourense como capital de provincia está chamada a ser motor da propia provin-cia e a relación cos conce-llos limítrofes é totalmente necesaria”.

- O Festival de Cine.I.P.: “Despois de 16 anos

terá que buscar unha saí-da ás complexas relacións entre o Concello e a Depu-tación, pero coa idea do go-berno local de manter unha actividade que nos proxecta no exterior e que inflúe na dinamización económica”.

Como ve os tres anos de lexislatura que restan?

I.P.: “Con ilusión e espe-ranza, porque teremos que adecuarnos aos tempos nos que vivimos, pero temos que por responsabilidade traballar para que os cida-dáns teñan garantidos eses servizos básicos, como digo, axeitados aos tempos, pero sen que diminúan os seus dereitos”.

“A oposición se ten perdido máis nas formas que no fondo”

“O Concello quere manter o Festival de Cine, porque nos proxecta no exterior e inflúe na dinamización económica”

Isabel Pérez ve a alta velocidade como “unha necesidade” para Ourense./P.L.

Page 5: Maio 2012 - OUxB

�Ourense por BARRIOSMaio de �01�ENTREVISTA

“Acá o termalis-mo o que xera é a venda dun refres-co e pouco máis”

ENTREVISTA A GONzALO PéREz JáCOME, PORTAVOz DE DEMOCRACIA OURENSANA NO CONCELLO DE OURENSE:

“Nós non podemos facer grandes cousas na oposición, máis que informar aos cidadáns e vixiar”

4 Para o líder de DO a renovación do bipartito PSOE-BNG é “patética” e carece de ideoloxía.P. Lodeiro

Un ano despois de que De-mocracia Ourensana se es-trease como cuarto integran-te da corporación municipal de Ourense, o seu voceiro, facendo honra da transpa-rencia que tanto reclama, explica sen tapuxos que estes �6� días de goberno bipartito foron simplemen-te “máis do mesmo”, que desconfía dalgúns proxectos urbanísticos ou que Ourense está sendo discriminada por Xunta e goberno central.

Como valora a xestión do goberno municipal no seu primeiro ano de lexis-latura?

Gonzalo Pérez Jácome: “Foi un desastre, fixeron un pouco máis do mesmo: pagos irregulares, que non están aceptados polo inter-ventor e a Fiscalía dirá se é un delito ou non, nós cremos que si. As cousas están moi-to peor do que pensabamos cando entramos”.

E o papel da oposición?G.P.J.: “Creo que o PP

fai unha oposición de libro, como os partidos oficiais, e que entre eles non se mor-den, cando nós falamos de levar aos responsables do plan anulado á Fiscalía o PP non quixo mollarse, nes-te caso, como votaran por

maioría que non (o grupo de goberno) eles votaron a favor”.

E destacaría algún logro de DO?

G.P.J.: “O noso gran logro é cumprir o que pro-metemos nas eleccións, que é informar ao pobo do que está a pasar, facendo che-gar información do que hai aí e máis que se vai desta-par. E que a xustiza actúe no caso de algo ilegal. Nós non podemos facer grandes cousas na oposición, máis que informar aos cidadáns e vixiar”.

Que lles parece a reedi-ción do pacto de goberno do PSOE e BNG?

G.P.J.: “Patética e car-gada de intereses. Non hai ideoloxía ningunha. Como mostra hai tres días Isabel Pérez dixo que o xardín botánico había que deixalo para facer magostos, dábao por perdido, e hoxe (o pa-sado día ��) saía o alcalde dicindo que o parque ía ser o gran referente de xardíns botánicos do suroeste ga-lego. Din o contrario un do outro”.

Díganos, brevemente, que lle suxiren os seguin-tes temas, que estiveron de actualidade nos últimos meses.

- Montaelegre.G.P.J.: “Un desastre”.- Complexo cultural de

San Francisco .G.P.J.: “Mala negocia-

ción e xestión”.- Urbanismo.G.P.J.: “Hai gato ence-

rrado, hai intereses e acá al-guén se beneficiou”.

- Orzamento municipal.G.P.J.: “De momento

inexistente, aínda non está presentado, de forma sor-prendente”.

- Transporte.G.P.J.: “O de sempre, non

dan solucionado un proble-

ma que se vén arrastrando durante anos, cruzándose acusacións de que a Xunta axude e que haxa coordi-nación. Pero ao final non se soluciona nada”.

- Alta velocidade e esta-ción.

G.P.J.: “Nós cremos que debe primar a funcionalida-de sobre a estética e o PSOE fixo ao revés. Por non apre-tarlles as clavixas aos seus xefes de Madrid pretende-ron facer algo ornamental. Neste caso que o AVE fose soterrado era funcional, que fagan unha estación super-bonita e estética non é o que máis nos beneficia”.

- Termalismo.G.P.J.: “Esta xente que

di que temos que vivir do

termalismo está coma unha regadeira, primeiro porque o termalismo o que xera é a venda dun refresco e pouco máis, aquí vén xente que practicamente non gasta un duro, e é incrible que coa potencia termal que temos non poidamos competir con ningunha cidade europea que ten menos termalismo. Dicir que o balneario de Mondariz, que ten cen ve-ces menos caudal que nós, se cadra factura cen veces máis. Ou sexa, a xestión é horrible”.

- A relación da Xunta coa cidade.

G.P.J.: “Sempre discri-minaron a Ourense. Dos orzamentos tiñan que asig-narnos un �0% e agora dan-

nos un �%. Sempre se rin de Ourense, independentemen-te de quen goberne, o par-tido amigo ou o partido da oposición”.

- E a do Goberno de Ma-drid.

G.P.J.: “É a mesma his-toria, Ourense é unha cida-de discriminada e xamais ningún político de aquí le-vantou a voz para reclamar cousas para Ourense”.

- Transparencia.G.P.J.: “A transparencia

é unha broma do alcalde, xa que el é a persoa que máis obstaculiza a información, que temos que pedila na Fiscalía. O alcalde, a tenen-te de alcalde, case todos no grupo de goberno e tamén na oposición son robots que repiten os clichés dos parti-dos. É patético, é insufrible aguantalos”.

Por último, como ve o tres anos que quedan de lexislatura?

G.P.J.: “Ter que aguantar a estes mediocres é un infer-no, pero, bo, porque é o que toca, hai que impedir que fagan moitas falcatruadas e nada máis”.

“O alcalde é a persoa que máis obstaculiza a in-formación”

Para Gonzalo P. Jácome o maior logro de Democracia Ourensana neste ano foi cumplir o que prometeron antes das eleccións./P.L.

Page 6: Maio 2012 - OUxB

6 Ourense por BARRIOSMaio de �01�

EN BREVE

BARRIOS

Redacción

Ano e medio despois do seu falecemento, o histo-riador e intelectual ouren-sán Marcos Válcarcel re-cibe dous recoñecementos da súa cidade. Por unha banda, o centro educativo no que foi profesor duran-te �� anos, o instituto da Carballeira, leva desde este mes o seu nome. Pola outra, o Centro Cultural da Deputación pasará a denominarse “Centro Cul-tural Marcos Valcárcel”, unha vez que se aprobe en pleno a fnal de maio.

No acto de inaugura-ción da praca que recolle o novo nome do instituto da Carballeira participou o conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria. Xesús Vázquez recordou que a biblioteca do centro xa le-vaba nome do historiador, especialista na Xeración Nós, e tamén xornalista, escritor, cronista, dinami-zador e “a meirande parte da súa vida: profesor no máis amplo sentido da pa-labra.”

Medalla de Ouro da provincia

Apenas uns días antes, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, anunciaba que o Centro Cultural da Deputación pasaría a le-var o nome do historiador, escritor e lingüista ouren-sán. Nunha rolda de pren-sa na que estivo acompa-ñado pola viúva, María Xosé Picouto, Baltar des-tacou que Valcárcel “na-ceu en Ourense, traballou en Ourense, investigou en Ourense e compartiu a súa sapiencia cos ourensáns”. Por iso, “que o Centro

O instituto da Carballeira e o Centro Cultural levarán o nome de “Marcos Valcárcel”4 O historiador ourensán fora profesor dese centro educativo durante �� anos.

Cultural leve o seu nome é unha mostra de gratitude”.

O cambio do nome do Centro Cultural pasou por comisión informativa e levarase a aprobación ao pleno da corporación pro-vincial do �1 de maio.

Ademais, Manuel Baltar anunciou que a entidade que preside está a tramitar o expediente para outor-gar a Valcárcel a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo.

Pola súa banda, a viúva do historiador, María Xosé Picouto, agradeceu á De-putación que levase adian-te esta iniciativa “porque con ela queda recoñecido o labor cultural de Marcos, sempre moi vencellado a

Ourense”.

TraxectoriaMarcos Valcárcel fale-

ceu en decembro de �010 aos �� anos, logo dunha enfermidade. Autor do blog “As uvas na solaina”, premiado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, Valcárcel tamén recibiu en vida a Medalla Castelao �009 da Xunta de Galicia, ou o premio Otero Pedrayo �008.

Redacción

Julio Fernández Prol,de Prolsport, voltará ser pre-sidente do Centro Comer-cial Aberto Couto Centro nos próximos catro anos, tras ser reelixido polos asociados.

A candidatura encabe-zada por Prol, a única pre-sentanda en tempo e for-ma, indican desde Couto Centro, recibiu o apoio dos �0 socios que parti-ciparon na votación, máis da metade dos 96 asocia-dos con dereito a voto.

Da xunta directiva ta-mén forman parte Carmen Vázquez, de Viaxes Piña, como tesoreira, Fernando Rodríguez, de Bonshyo Tattoo, como voceiro, Gaspar Ethan, de Newy-jeans, como secretario. Serán vocais Modesto González de Centro De-portivo Couto, José Luis Rodríguez de Nube Azul,

Antonio Blanco de Co-ffee Plus, Fátima Zaraida Moure, de Argallada, Ana Mª Vázquez de Inforcom e Mª José Justo de Bar Reza.

A nova directiva xa man-tivo un encontro este mes coa tenente de alcalde Isa-bel Pérez co fin de tratar temas de interese para a asociación, así como para solicitar o seu apoio e o do Concello aos comerciantes do Couto “ante os delica-dos momentos que atravesa o sector en particular e os veciños do barrio en xeral”, sinalan nun comunicado.

Julio Prol repite como presidente de CCA Couto Centro4 Recibiu todos os votos dos asociados que participaron na votación.

Premio para dous estudantes do Couto Redacción

Queila Bouza e Mar-tín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de �º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame ‘Es de libro’ coa súa investi-gación científica sobre a influencia das radiacións

que emiten os dispositivos móbiles, coma os teléfonos ou os routers wifi, na xer-minación das sementes e no crecemento das plantas.

O proxecto destes dous estudantes, que recibiron o galardón a pasada fin de se-mana de mans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, impúxose nun certa-me no que participaron un total de �.��1 alumnos de toda España, que presenta-ron �17 proxectos.

A Deputación tramita a Medalla de Ouro da Provincia para Marcos Valcárcel

A viúva María Xosé Picouto, o presidente da Deputación Manuel Baltar e o deputado Antonio Mouriño./A.PAZ.

A viúva, xunto ao conselleiro de Cultura e Educación e o alcalde de Ourense, diante da praca que leva o novo nome do instituto da Carballeira: Marcos Valcárcel./RAMSÉS.

Julio Prol./ARQUIVO.

4 Novo acceso ao bulevar das Burgas

O Concello de Ourense dotará dun novo acceso dende a rúa do Baño ao bulevar situado nas tra-seiras das fontes termais das Burgas. A Xunta de Goberno Local acor-dou adxudicar á empresa Construcciones Gamallo, as obras deste novo acce-so, que suporán un inves-timento de �8.998 euros.

O proxecto do conxun-to das intervencións do contorno das Burgas, re-dactado polo arquitecto César Portela, prevé a construción de rampas de conexión da urbanización das hortas traseiras das Burgas coa rúa do Baño, prestando especial aten-ción ao restos arqueolóxi-cos existentes, así como a instalación da iluminación precisa, a colocación dun banco continuo de cantei-ría e de tres paneis infor-mativos.

4 Acto vandálico na Alameda

Técnicos da Concella-ría de Medio Ambiente, procederán á instalación de novos cristais na va-randa situada ao fondo da Alameda do Concello. Os cristais rotos suman 17 en total, e dende o pasado venres cubríronse cun ma-terial especial para evitar a caída a rúa. A reparación destes elementos urbanos terá un custo de aproxima-damente �.�00 euros.

Dende a Concellaría fan un chamamento á impor-tancia da concienciación cidadá co fin conservar o patrimonio e o mobiliario público da cidade.

4 Entrega de diplomas

O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, acom-pañado polo xefe territo-rial de Traballo e Benes-tar, José Selas, entregaron os diplomas dos cursos de accións formativas para desempregados (AFD) impartidos en varias enti-dades da capital e de Bar-badás.

Un total de 1�8 alum-nos beneficiáronse de 12 cursos AFD nos que a Xunta investiu case 660 mil euros.

Page 7: Maio 2012 - OUxB

7Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 8: Maio 2012 - OUxB

8 Ourense por BARRIOSMaio de �01� BARRIOS

Redacción

A Chavasqueira cele-brará o día �� de xuño a sexta edición do Día Termal, cun programa de actividades lúdicas, de-portivas, culturais e de confraternización que se desenvolverán ao longo de toda a xornada nesta zona termal da cidade. As propostas comezarán pola mañá, cando terá lugar a sexta edición da Andaina Termal, que percorrerá as áreas termais sitas nas dúas marxes do río Miño, dende A Chavasqueira ata Outariz e Reza, para re-matar cun baile de confra-ternidade e un sorteo, xa pola tarde.

Trátase dunha iniciati-va que organiza por sexto ano consecutivo a asocia-ción de veciños, coa cola-boración do Concello de Ourense, e que ten como finalidade poñer en valor o potencial desta área ter-mal da cidade ao tempo que promover o asocia-cionismo veciñal.

O programa de activi-dades comezará ás 10:�0 horas coa VI Andaina Termal, que sairá dende o Campo da Feira para

percorrer O Tinteiro, as Termas do Muíño, Termas de Outariz, Fonte de Reza, Ponte Romana e Paseo do Río Miño ata rematar nas Termas da Chavasqueira. Os interesados poden ins-cribirse antes do día 16 de xuño, no local da asocia-ción veciñal.

O Día Termal continuará coas seguintes actividades:ás 1�:�0 horas conferencia sobre “A Chavasqueira é termalismo”, ás 1�:�0 ho-ras, actuación da Real Ban-da de gaitas da Deputación de Ourense; ás 1�:�0 horas, comida popular no campo da feira.

Despois do xantar, ás 1�:�0 horas, celebración do II Minicampionato de Scalextric; unha hora máis tarde, un partido de ba-loncesto, e á mesma hora, actuación das Cantareiras da Chavasqueira. Ás 17:�0 horas continuarase a festa cun baile de confraterniza-ción amenizado por grupo musical, e ás 18:�0 horas despedirase a xornada con sorteos.

4 Barbadás ten acceso xa a redes de nova xeración

Barbadás xa se inclúe no grupo de municipios que dispoñen de núcleos directamente conectados á rede de telecomunicacións de última xeración que R está a despregar en toda a comunidade autónoma, dentro das accións do Plan de Banda Larga da Axen-cia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Arestora, uns �.��7 habi-tantes deste concello te-ñen acceso a redes de 100 megas.

Nas tarefas de despre-gamento de rede neste municipio e nos da Rúa, O Barco e Allariz, o ope-rador galego investiu ata a data 1�,�7 millóns de euros e ten estendidos uns 25,72 quilómetros de fibra óptica.

4 Críticas á xestión das prazas da gardería

O BNG considera “in-admisíbel a neglixencia e incompetencia” do PP na xestión da Escola Infantil Municipal de Barbadás dado que este ano, ao igual que nos anteriores, quedan sen praza ao redor de �� menores.

O Bloque propuxo en pleno que se publicaran os criterios de admisión e que o proceso de barema-ción fora público, ao que o grupo de goberno votou en contra.

EN BREVE A Chavasqueira celebrará o 24 de xuño o VI Día Termal4 Haberá unha andaina termal, actividades culturais, deportivas, lúdicas e de confraternización.

Barbadás esixirá á Xunta a mellora da atención sanitaria no ambulatorio da Valenzá 4 Principalmente no servizo de pediatría e no tocante á substitución dos médicos.Redacción

O Concello de Barbadás instará á Xunta a cubrir “axeitadamente as au-sencias dos profesionais médicos no ambulatorio da Valenzá”, así como a aumentar o número de ho-ras da atención pediátrica en dito centro; tal e como se decidiu ao aprobar por unanimidade unha inicia-tiva do PSOE na última sesión plenaria.

A pesar de que a Xeren-cia do CHUOU confirmou a Freire que non se cubrirá a vacante de enfermería no centro de saúde de Barba-dás pobo, o rexedor esixi-rá á Xunta que este posto de traballo sexa ocupado por un profesional. Deste xeito A Valenzá e Barba-dás deixarían de compar-tir enfermeira coa conse-guinte merma no servizo que xera esta situación e as listas de agarda de máis dun mes para realizar pro-bas complementarias.

Así mesmo, os socialis-tas temen que o progresi-vo desmantelamento do centro de saúde de Bar-badás culmine co peche deste ambulatorio a medio prazo, unha posibilidade plantexada pola conce-

lleira socialista Victoria Morenza e que desmentiu o alcalde, quen anunciou tallantemente que se oporá a esta decisión se o seu par-tido chegase a adoptala.

Sobre a construción do novo centro de saúde da Valenzá e os retrasos nos trámites de financiación público-privada, o alcalde asegurou que se vai cons-truir, en tanto que a conce-lleira Victoria Morenza iro-nizou ao afirmar que “non di que ano”.

PolideportivoPola súa banda, en can-

to ao retraso na posta en funcionamenteo do poli-deportivo de Barbadás (o cal segundo os socialistas pode que sexa utilizado como elemento electoral por parte do grupo popu-lar), o alcalde do municipio asegurou no pleno que “se está elaborando o prego de adquisición de equipos e maquinaria deportivos”.

Neste senso, os socialis-tas presentaron unha inicia-tiva, que tamén contou con apoio unánime, para que o pavillón se convirta nun “punto de encontro diná-mico e aberto ás demandas dos usuarios”. En referen-za á data na que se abrirá

ao público, Freire Couto asegurou que “calculamos que sexa en setembro”.

Finca FierroO PSOE tamén logrou a

aprobación dunha moción para que se mellore o mo-biliario urbano da Finca Fierro e se modernice a rede de saneamento neste barrio, xa que as deficien-cias no saneamento están a ocasionar malos cheiros na zona. Como conse-cuencia, o alcalde com-prometeuse a “solventar as deficiencias”.

Así mesmo, aprobouse inicialmete a taxa para caixeiros automáticos, e a actualización do Servi-zo de Axuda no Fogar ao IPC.

As inscricións da andaina poden realizarse ata o 16

Ambulatorio da Valenzá.

Page 9: Maio 2012 - OUxB

9Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

¿Qué ofrece Centro Juridico Basalo (CJB) al ciudadano?

Pues ofrece un catalogo de servicios entre los que se encuentra la administra-ción de fincas (gestión de comunidades de propieta-rios o vecinos), los servi-cios jurídicos a través de sus abogados y la media-ción de conflictos en varios ambitos como el familiar, matrimonial, vecinal, labo-ral, entre otros.

¿Cuál su especialidad?Si tuviera que destacar

una especialidad, entre las distintas que tenemos, esa sería sin duda todo lo re-lativo a las comunidades de propietarios, ya sea ad-ministrando, ya sea en un

procedimiento judicial o ya sea realizando una media-ción. Es quizás el punto de partida de este despacho, la columna vertebral sobre la que CENTRO JURIDICO BASALO ha ido creciendo y dándose a conocer en el mercado.

En el apartado de la administración de fincas, ¿qué destacaría de sus servicios o cuál es su fuer-za para seguir creciendo como despacho?

Una de las características del grupo de personas que integramos esta empresa es la estructura organizati-va que poco a poco hemos ido desarrollando. Es un sistema que ayuda a que haya un seguimiento prácti-

camente constante de todas las necesidades de una co-munidad de propietarios sin descuidar a otros clientes y siempre, claro está, que no sean gestiones o problemas que conllevan una solución más larga en el tiempo. Por tanto si algo destaca-ría como resultado de la estructura organizativa que tenemos es la eficacia en la resolución de los problemas de las comunidades.

También es el uso de las nuevas tecnologías como la comunicación a través del correo electronico o el uso, cada vez mayor, de nuestra pagina web mediante el ac-ceso a los datos propios de cada comunidad de vecinos. Ahí pueden consultar, actas,

convocatorias, recibos pen-dientes, documentación bá-sica de la comunidad, etc.

Respecto al servicio de abogacía, ¿qué novedades ha incorporado el despa-cho?

En este sector estamos teniendo una fuerte deman-da de nuestros servicios jurídicos que ha provoca-do la necesidad de ampliar el número de abogados del despacho para poder dar respuesta a dicha demanda. Esto ha conllevado, tam-bién, una renovación de nuestras instalaciones dife-renciando la zona de aten-ción del público de carácter administrativo de la zona de atención personalizada a través de los despachos de los abogados.

Además como novedad, estamos trabajando en este departamento en una solu-ción global y permanente para las personas que quie-ran contratar nuestros ser-vicios a través de una cuota fija al mes que incluiría, según la demanda de cada cliente, más o menos ges-tiones o servicios.

También estamos a punto de lanzar una campaña en la que aquellas personas que ya son clientes a través de alguna comunidad de pro-pietarios puedan disfrutar de varios tipos de descuen-tos si contratan nuestros servicios para bien gestio-

nes o procedimientos judi-ciales concretos o bien para contratar nuestros servicios jurídicos permanentes.

¿Quién compone Cen-tro Jurídico Basalo?

Actualmente conforma-mos el despacho ocho per-sonas, entre los gestores de comunidades y los aboga-dos.

Entre nuestras filas con-tamos, en el apartado de la gestión de las comunida-des, gente proveniente del mundo del Derecho, un in-geniero industrial, técnicas administrativas y de gestión de despachos de adminis-tración de fincas.

En la parte de abogacía, contamos con dos aboga-dos más, que han ampliado, incluso, nuestra especiali-dad a otros campos como el laboral.

Por ultimo estoy yo, que

ENTREVISTA A ESTEBAN BASALO, RESPONSABLE DE CENTRO jURíDICO BASALO:

“Destacaría nuestra eficacia en la resolución de los problemas de las comunidades de propietarios”

soy abogado, administrador de fincas titulado, mediador titulado en la resolución de conflictos y gerente de la empresa.

¿Cuáles son vuestras aspiraciones futuras?

Pues sin duda alguna seguir creciendo, porque aunque poco a poco nos he-mos hecho un nombre en la ciudad tanto en la adminis-tración de fincas como en la abogacía, seguimos estando en una carrera continua en la que todos los días hay que seguir aprendiendo co-sas nuevas, hay que seguir formándose, hay que seguir ofreciendo nuevos produc-tos a los clientes, tanto a los que tenemos como a los que puedan venir y siempre bajo criterios de calidad, gestión efectiva, transpa-rencia y proximidad con el cliente. Equipo humano que forma Basalo Centro Jurídico.

Esteban Basalo, en su despacho.

Page 10: Maio 2012 - OUxB

10 Ourense por BARRIOSMaio de �01� BARRIOS

EN BREVE

Veciños de Reza visitan Asturias�� socios pertencentes á Asociación de Veciños “Quince de Agosto” de Reza rea-

lizaron unha agradable excursión de dous días a Asturias, visitando Cangas de Onís, Covadonga e os lagos, Lastres, Colunga e Xixón, que serviron de vía para a convivencia entre veciños.

Ademais das visitas a estas localidades, os veciños gozaron dunha noite de baile na que participaron encantados.

A asociación veciñal seguirá fomentando este tipo de eventos culturais.

Gasolineira de Reza agasalla cunha tele de plasmaMiguel Dacosta Telle é o gañador do último concurso da Gasolineira de Reza, e foi

premiado cunha tele de plasma de ��”. A estación de servizo continúa coas súas pro-mocións a clientes e o próximo sorteo que realizará será o dunha viaxe ao Caribe para dúas persoas en réxime de todo incluído. O premio está donado por Viaxes Piña para celebrar o seu ��º aniversario e sortearase o 17 de setembro (sortearase cada semana ata que apareza un gañador). Para participar é preciso cubrir unha papeleta que se con-sigue con cada repostaxe de �0 euros.

Foto de familia dos veciños de Reza na súa excursión asturiana.

O gañador posa co seu televisor, na estación de servicio de Reza.

P.L.

Acabáronse os verqui-dos ao Miño e ao Barba-ña, ou iso alomenos é o que prevé o presidente da Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil, Francisco Marín, coa entrada en funcionamento da nova estación de bombeo do Couto. Marín vén de asi-nar co alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e co director de Augas de Gali-cia, Francisco Menéndez, os convenios que forma-lizan a explotación, man-temento e conservación das obras de mellora do saneamento na cidade, en-tre elas, a citada estación de bombeo. Será o Con-cello quen asuma o custo do mantemento destas in-fraestruturas, nas que se investiron ��,6 millóns de euros (�0 a Confederación e �,6 Augas de Galicia).

En probasO presidente da Confe-

deración Hidrográfica ex-plicou que vanse conectar os �9 puntos de conexión coa estación actualmen-te sellados, para que no prazo dun mes entre en

funcionamento, en probas, a estación de bombeo. Esta instalación substituirá o obsoleto bombeo actual, aínda que non funcionará a pleno rendemento ata que se constrúa a nova depu-radora. De momento o que si evitará son os verquidos aos ríos en épocas de fortes chuvias, como os aconteci-dos nas pasadas semanas. “Realmente quen se vai be-neficiar destas instalación o Miño e o Barbaña, agarde-mos que a partir de agora non sexan tan recurrentes estes verquidos”, dixo.

O pozo de bombeo do Couto recollerá a maioría dos caudais xerados na ci-dade para a súa posterior condución á depuradora de Reza, e permitirá a retención das puntas de caudal durante os episodios de chuvia.

Os representantes das tres administracións gabaron a colaboración institucional que desde �001 permitiu a renovación do sistema de saneamento da capital ourensá. Nese sentido, o di-rector de Augas de Galicia apuntou que a colaboración vaise manter ata �01� coa construción da nova depu-radora.

Asinado o convenio para pór en marcha o bombeo do Couto4 A infraestrutura comezará a funcionar en probas nun mes.

4 Eliminación de verquidos ao Barbaña

Un investimento su-perior aos cinco millóns de euros destinarase á eliminación dos vertidos contaminantes ao río Bar-baña e á posta en marcha de iniciativas de preven-ción e control de verte-duras. Así o acordaron o presidente da Deputación Manuel Baltar, e o da Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil, Francisco Marín, nunha reunión que mantiveron para analizar a situación actual das cun-cas dos principais ríos da provincia.

As dúas institucións acordaron destinar fondos para eliminar os verquidos no río Barbaña, proceden-tes das áreas industriais de Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Barrei-ros.

4 Comisión de seguimento para a depuradora

AcuaNorte, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense veñen de cons-tituir a Comisión de Se-guimento para mellorar o saneamento da cidade con diversas actuacións que suporán un investimento de 67,� millóns de euros entre as tres administra-cións.

O obxectivo desta ac-tuación é a construción e explotación dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais, a de-molición da depuradora existente e a restauración ambiental das zonas afec-tadas. Prevese que estas infraestruturas poidan porse en marcha a finais de �01�. Estación de bombeo do Couto./ARQUIVO.

Page 11: Maio 2012 - OUxB

11Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 12: Maio 2012 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSMaio de �01� BARRIOS

O complexo in-cluirá campo de fútbol, dúas piscinas climati-zadas, zona spa, ximnasio e sala de fitness

P. L.

Avanzan a bo ritmo as obras do futuro complexo deportivo das Eiroás, un dos proxectos estrela da Concellaría de Deportes e que virá ampliar subs-tancialmente a oferta de instalacións deportivas na cidade, dando servi-zo aos barrios da Ponte e do Vinteún. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañou á tenente alcalde, Isabel Pérez, e ao edil de Depor-tes, Fernando Varela, na visita realizada ás futuras instalacións, nas que se investiron cinco millóns de euros financiados por adxudicación municipal á empresa Serviocio. Os tres coincidiron en desta-

car “a importante descen-tralización de servizos” que suporá para Ourense o novo centro, ofertando un espazo de calidade “con servizos diferentes e complementa-rios dos que xa dispomos” nunha zona de importante densidade poboacional.

CaracterísticasO futuro centro deportivo

das Eiroás sitúase nunha parcela de 1�.000 metros cadrados de titularidade mu-nicipal. Contará con campo de fútbol 11 e 7 de herba artificial, dúas piscinas cli-matizadas, de aprendizaxe e deportiva, zona spa con sauna e baño de vapor, xim-nasio e sala de fitness, así como cafetería e ludoteca. O proxecto de xestión de-portiva deseñado para estas

Visita ás obras do futuro complexo deportivo das Eiroás4 A nova instalación deportiva dará servizo aos máis de ��.000 veciños da Ponte e o Vinteún.

instalacións contempla cur-sos de natación infantil e de adultos, aquaerobic, pilates, ioga, taichi, ou tonificación, entre outras actividades. A súa posta en marcha suporá a creación duns �0 postos de traballo.

Tanto alcalde, como te-nente de alcalde e conce-lleiro de Deportes destaca-ron que xunto ao pavillón dos Remedios, esta nova infraestrutura de Eiroás na zona norte da cidade, e o complexo deportivo previs-to na zona sur (en Mariña-mansa ) “están chamados a ser os tres polos que pechan o círculo dos espazos de-

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) comezou as obras de reparación da pasarela peonil sobre o río Miño, en Oira.

A actuación consiste

na substitución das pezas de suxeción dos tirantes da ponte e resolverá un peque-no problema detectado pola CHMS na unión entre as dúas pezas de protección dos cables que soportan o taboleiro da obra. Estas dúas pezas, de distintos

Pechada durante un mes, por reparacións, a pasarela de Oira4 Substituiranse as pezas que pro-vocaban o goteo de cera ao río.

As autoridades durante a visita, na que será o ximnasio do complexo deportivo de Eiroás. /P.LODEIRO.

tas temperaturas, o que provoca unha pequena abertura pola que gotea a cera de protección do ca-ble. Tamén se procederá ao atornillado dunha nova peza en cada un dos �6 ti-rantes da ponte, de modo que ambas as partes res-pondan de igual maneira ao frío e á calor.

As obras implicarán o peche temporal da pasa-rela. A Confederación es-tima que, se non xorden imprevistos, nun mes po-derá volver estar aberta.

A pasarela de Oira non leva nin un ano aberta. /ARQUIVO.

EN BREVE O PP denuncia que a UNI do Couto incumple a normativaP.L.

O servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense segue sendo obxecto das críticas do PP, quen considera que o bi-partito local está cometen-do “auténticas torpezas” nel. Agora os concelleiros Rosendo Fernández e Mi-guel Abad sacan á luz no-vas irregularidades.

A primeira, que o Con-cello non presentou á Xunta o informe de ade-cuación da UNI do Couto (o centro municipal no que se xestionan os ser-vizos sociais neste barrio) nin o de cumplimento da normativa de prevención de riscos laborais, como si o fixo das outras tres UNIS (a do casco vello, a do centro e a da Ponte). “É un centro inadecuado, hai barreiras arquitectónicas”, apunta Abad o motivo desta falta de informes.

A segunda, que a copia do seguro de responsabi-lidade civil que o Conce-llo presentou en xaneiro á Xunta de Galicia estaba caducada. Segundo afir-mou Miguel Abad, a póli-za caducou o �0 de xuño de �011, e o Concello non contratou unha nova ata o �0 de marzo deste ano.

A terceira, o incumpli-mento por parte da UTE que presta o servizo de axuda no fogar da ratio de persoal técnico por número de usuarios á que obriga a lexislación, por exemplo, que haxa “un traballador social a xor-nada completa por cada 100,1�0 usuarios”, cita o edil popular.

Por estes motivos, o PP solicitou á Consellería de Traballo e Benestar o ini-cio das acción oportunas e a reposición da legalidade ante os responsables do Concello de Ourense. Re-clama o voceiro popular ao Goberno local “que sol-vente as irregularidades” e “que actúe e non faga deixación de funcións”, recordando que no prego da adxudicación do servi-zo se establece a potestade do Concello de fiscalizar á empresa adxudicataria e imporlle as correccións pertinentes.

4 Cursos no CET de Barbadás

O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barba-dás organiza varios cursos nas vindeiras datas. Infor-mática, paquetería, dese-ño floral ou intelixencia emocional son os temas nos que poden formarse os interesados.

O primeiro deles, de Técnicas de intelixencia emocional, comeza o � de xuño. No mesmo mes im-pártese outro de Deseños florais para escaparates e eventos (comeza o día 11) e de Técnicas de Paquete-ría (o inicio está previsto para o 18). Xa en setem-bro ofrécese un curso de informática básica.

En todos os casos, a formación é de 8 horas, impártese entre semana de �0:�0 a �� horas e o míni-mo de alumnos por curso é de 10.

4 Actividades de verán para escolares

A Concellería de Edu-cación organiza activida-des lúdico, educativas e deportivas para rapaces durante o verán en varias dependencias municipais.

Nos colexios Amadeo Barroso, Prácticas e O Couto haberá actividades deportivas, animación á lectura, inglés e baile; nas bibliotecas da Carballeira, San Francisco, Punto de Lectura do Couto e Centro Cívico da Ponte propoñen actividades para menores de � a 10 anos; na Aula de Natureza de Ourense actividades relacionadas co medio ambiente, e na Escola Municipal de Ar-tes Escénicas obradoiros de pedagoxía musical e diferentes instrumentos e teatro.

portivos da nosa cidade”, aseguraba Isabel Pérez.

Agárdase que o Centro Deportivo das Eiroás abra as súas portas a finais de verán, cunha serie de abo-nos (�� euros mensuais para o abono individual e �9,90 para o familiar) e descontos especiais.

materiais (polietileno e aceiro inoxidable), teñen unha dilatación diferente cando están expostas a al-

Os traballos durarán un mes

Page 13: Maio 2012 - OUxB

1�Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 14: Maio 2012 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSMaio de �01� EMPRESAS

Por unha confusión, publicamos mal o pasa-do número a dirección de Dragon Kids, cando a dirección correcta desta tenda de xogos e xoguetes é a rúa Coruña (na esquina coa rúa Galicia, xunto ao Xardín do Posío).

Dragon Kids é un espa-zo especializado e innova-dor, que reúne o material idóneo para o campo da educación e os seus profe-

FE DE ERRATAS

Dragon Kids, a túa tenda de xoguetes na rúa Coruña

Estamos en: r/Coruña, esquina r/Galicia Tel. 988 603 287

Horario: de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30; sábados pola mañá

sionais, entre outros, xogos didácticos e xoguetes de madeira. Ademais, é tenda verde ecolóxica e organiza obradoiros semanais gratuí-tos.

Materiais e xoguetes in-telixentes, a calidade en produto e servizo, a aten-ción personalizada, o ase-soramento ao cliente e a ca-pacitación dos vendedores son marcas deste establece-mento.

Interior de Dragon Kids.

O ANUNCIANTE DO MES

“As lesións de xeonllo, meniscais e dos ligamentos son as máis comúns”

4 O doutor José Manuel Quintáns Vázquez leva tres décadas exer-cendo como especialista en traumatoloxía e ciruxía ortopédica.

Concurso para probar o novo Peugeot 208Redacción

O concesionario de Peu-geot en Ourense, MOSA, xunto ao Parador de Santo Estevo e ao periódico Ba-rrios invítanche a unha fin de semana neste parador para probar o novo modelo Peugeot �08.

Para participar neste con-curso o único que tes que fa-cer é contarnos a túa mellor experiencia co teu coche. Envíanos un texto, no que o automóbil fora o protago-nista, de non máis de 1.�00 caracteres sen espazos, á dirección de correo electró-

Directivos de MOSA na presentación do 208 no Parador de Santo Estevo./RAMSÉS.

Redacción

Desde 1981, José Manuel Quintáns Vázquez exerce como médico, especializado en traumatoloxía e ciruxía ortopédica, no Policlínico Sáenz Díez. Os luns, mér-cores e venres, polas tardes, pasa consulta, e os martes e xoves dedícaos á ciruxía.

Que patoloxías atende máis na súa consulta?

J.M.Q.V.: “En primeiro lugar, as lesións de xeonllo, meniscais e dos ligamen-tos, agora a xente fai moito deporte. Ademais, vivimos nunha provincia onde a me-dia de idade é alta e nos ato-pamos que a xente presenta frecuentemente problemas dexenerativos en cadeiras e xeonllos (artrose), que afortunadamente hoxe te-ñen unha solución cirúrxica

boa e de recuperación rápi-da. Quizais sexa a patoloxía que acude a consulta en se-gundo lugar”.

As recuperacións destas patoloxías son rápidas?

J.M.Q.V.: “A recupe-ración é rápida, en termos xerais, pois é unha ciruxía que evolucionou moito nos últimos anos. A estancia media acostuma ser dunha semana”.

É certo que as fracturas acostuman ser das lesións máis difíciles de curar?

J.M.Q.V.: “As fracturas teñen un tempo biolóxico longo de consolidación ou de curación, dependendo do tipo de osos, normalmente máis nos longos, brazos e pernas, e dependendo de se é un membro con apoio o usen apoio”.

Leva anunciándose no

periódico Ourense por Barrios case desde os seus inicios, por que elixiu este medio?

J.M.Q.V.: “Por dúas ra-zóns: creo que á xente nova con iniciativas hai que dar-lles unha oportunidade, e

nico [email protected].

Os relatos irán acompañado de nome completo e teléfono de

contacto. É necesario ser maior de idade e posuir carnet de conducir en vigor durante a fin de semana obxecto da promoción.

A participación supón a aceptación destas bases.

O prazo de recepción dos relatos remata este �1 de maio.

tamén por ser un periódi-co de difusión local”.

Que lle gusta de Ourense por Barrios?

J.M.Q.V.: “Gústame o formato do periódico, e o tratamento informativo tamén”.

O dr. Quintáns, na súa consulta. /P.L.

Page 15: Maio 2012 - OUxB

1�Ourense por BARRIOSMaio de �01�

PUBLICIDADE

Page 16: Maio 2012 - OUxB

16 Ourense por BARRIOSMaio de �01�

Sube o gasto co-rrente, mantense o gasto de persoal e redúcense par-tidas como festas ou asignacións aos grupos políticos

ECONOMíA E EMPREGO

Expourense fai balance4 En �011 incrementouse un 1�,7% o número de expositores e un �,8% o de visitas.Redacción

Expourense presentou os resultados da súa ac-tividade durante o �011 nun acto presidido polo presidente do Padroado de Expourense e con-selleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Durante a súa interven-ción, Guerra destacou que “Expourense consolídase como un referente dos recintos feirais galegos polo importante papel que desempeña na dinamiza-ción da economía ouren-sá, mobilizando coa súa actividade feiral � millóns de euros na provincia o ano pasado, o que supón multiplicar por catro cada euro investido”.

275 días de ocupaciónO resumo de actividades

organizadas pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, du-rante o �011 sinala que o recinto rexistrou un nivel ocupación de �7� días, ce-lebrándose nel un total de 10 feiras, a meirande par-te delas marcado carácter profesional e orientadas ao negocio. Todos os certames contaron coa presenza de 976 expositores, unha ci-fra que medrou nun 1�,7% con respecto a �010 e que indica o grao de fideliza-ción e confianza das em-presas e institucións polos proxectos que se levan a cabo en Expourense. Estas citas, unidas á vintena de

O conselleiro de Economía e Industria participou na presentación da memoria de Expourense./RAMSÉS.

eventos e outras activida-des celebrados no recinto, rexistraron en total máis de 1��.1�� visitas procedentes de �0 países. A cantidade de visitas medrou en �011 un �,8%.

Redacción

O goberno municipal vén de presentar o borra-dor de orzamentos mu-nicipais para o ano �01�, que ascenderán a 101 millóns de euros, dous menos que os do ano ante-rior. Segundo informaron desde o Concello, estas contas “permitirán manter e consolidar a prestación dos servizos municipais, malia o descenso das subvencións procedentes do Estado e da Comu-nidade Autónoma, e dar lugar a investimentos na cidade por importe de �,� millóns de euros”. O documento compatibiliza a contención do gasto co mantemento dos servizos públicos, a priorización dos servizos de benestar social e a posta en marcha de novos equipamentos e infraestruturas munici-pais.

Desde o Goberno muni-cipal aseguran que os in-vestimentos apostarán po-los barrios e polas Áreas de Rehabilitación Urbana e a consolidación e sustentabi-

lidade dos servizos públicos a través de investimentos de reposición, como por exem-plo actuacións en Parques Infantís e Zonas Verdes, e no Perímetro Rural.

Os orzamentos deseña-dos polo goberno municipal prevén conxelar a débeda. Concretamente, no presen-te ano �01� solicitarase un préstamo para a execución de investimentos na cidade, por un importe igual ás can-tidades amortizadas, man-tendo a débeda �� puntos por debaixo de límite legal.

As contas incorporan as partidas necesarias para o funcionamento de novos equipamentos e infraestru-turas como os novos Cen-tros Cívicos, a Casa da Mo-cidade, o Banco de España, a xestión da nova Estación de Bombeo do Couto, e o incremento de custos como o da factura eléctrica. Ta-mén se prevén partidas para “indemnizacións xu-diciais e responsabilidades patrimoniais derivadas da complexa situación urba-nística”. Isto significará un incremento importante do gasto corrente, que o Con-

cello asumirá co aforro mu-nicipal.

O capítulo de persoal contense en cifras similares ao ano �011 e, no capítulo de ingresos, o Concello pre-vé obter un millón de euros da reciclaxe.

Veranse reducidas dife-rentes partidas municipais, como as destinadas a sub-vencións (que se reducirán nun 10%), Festas (-11,��%), Protocolo (-11%), Comuni-cación (-8%), Asignacións aos Grupos Municipais (-10%), Dietas por asisten-cia a órganos colexiados (-�0%), alugueres (-10%) ou primas de seguros (- �0%).

O documento dos orza-mentos de �01� será some-tido a informe polos servi-zos económicos municipais, antes da súa aprobación en pleno.

Os Orzamentos de Ourense ascenderán a 101 millóns de euros4 �,� millóns destinaranse a investimentos.

Page 17: Maio 2012 - OUxB

17Ourense por BARRIOSMaio de �01� PUBLIRREPORTAXE

Ante o anuncio, por par-te do Bipartito ourensán, a respecto da proposta de Presupostos para este ano que acaban de presentar ante a Intervención Muni-cipal, o portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernán-dez, sinala que: “En primei-ro lugar, quero manifestar que a formación política máis votada desta cidade e principal grupo da oposi-ción non ten constancia do contido dese documento, a pesares de que levamos 6 meses solicitando e reite-rando as nosas preguntas ao respecto en xunta de área e mesmo cunha moción do pleno deste Concello”.

Lamenta Rosendo Fer-nández que o único que co-ñecen os populares é o que os informadores están a transmitir a raíz da nota de prensa remitida polo Gabi-nete do Alcalde. “Nota de prensa, por certo, que nos parece unha burda manio-bra de despiste cara os pro-blemas internos do PSOE, así como das súas friccións co BNG e, sobre todo, cara o que si coñecemos recen-temente: a nova modifica-ción de crédito de � millóns de euros que se levou polo

trámite de urxencia e con importantes reparos por parte da Intervención Mu-nicipal, que volve poñer de manifesto a errática xestión económica dos cartos de to-dos os ourensáns por parte deste Bipartito”, indica Ro-sendo Fernández.

De feito, no tocante á modificación de crédito que se levou polo trámite de ur-xencia á Comisión de Ple-no de maio, os populares rexeitaron a citada urxencia –o propio edil de Economía dixo no pleno de maio que tiña a modificación “lista”- e reserváronse o seu voto para o pleno de xuño. Non puideron votar os conce-lleiros do PPOU porque, ao levar dito expediente polo trámite de urxencia, non constaba na orde do día da Comisión de Pleno e, polo tanto, non tiñan á súa dis-posición a documentación necesaria para o seu estudio e análise técnico.

Para concluir, Rosen-do Fernández asegura que “evidentemente, en canto teñamos datos sobre o bo-rrador de Presupostos fare-mos unha valoración técni-ca, pero polo de agora nós, como grupo político, non

coñecemos absolutamente nada deste tema. E non foi por non preguntar acerca deste asunto. Evidentemen-te esto é un claro desprezo institucional cara o partido máis votado desta cidade”, conclúe o portavoz munici-pal dos populares.

Contratacións irregularesO portavoz municipal do

PPOU, Rosendo Fernández, e o concelleiro José Luis Valcarce Baiget, abordaron a moi cuestionable e pouco transparente política de per-soal deste Concello.

Tal e como manifestou Rosendo Fernández, “men-tres outras institucións es-tán a diario como centro das críticas -moitas delas basea-das na infamia e na mentira, a pesar de que todas as súas contratacións seguen os pa-sos legais esixidos, como por exemplo a publicación das ofertas de emprego no BOP, neste Concello a po-lítica de contratacións aus-piciada polo Bipartito está fundamentada en cuestións como a selección por telé-fono, a renovación de con-tratos de xeito irregular e, incluso as contratacións a dedo como pago de favores

políticos”. Pola súa banda, José Luis

Valcarce Baiget puxo de manifesto que nas recentes contratacións laborais que se fixeron no Concello, a selección de persoal se rea-lizou por teléfono, na mei-rande parte dos casos a me-nos de �� horas da data da selección formal, cando no resto das administracións publícase a relación de ad-mitidos e excluidos nos correspondentes boletíns oficiais e na páxina web.

Asemade, José Luis Val-carce Baiget sinalou que nas entrevistas persoais

(fundamentais á hora de puntuar, en moitos casos máis que os méritos pro-fesionais dos aspirantes), producíronse preguntas tan esperpénticas como por exemplo se o aspirante sabe cambiar unha bombilla ou se é afeccionado ao depor-te. Tamén lembrou o con-celleiro popular que a co-misión de valoración para o programa Ourense Inserta, en vez de ter tres membros, só tiña dous, incumplindo así as bases.

Por último, Valcarce Bai-get explicou as irregulari-dades existentes co nomea-

mento de seis interinos para postos de conserxes, onde a lei (Estatuto Básico do Empregado Público) esixe que non se fagan máis dun contrato de seis meses nun ano para o mesmo posto e servizo, e no que se realiza-ron cinco renovacións auto-máticas para os seis postos ofertados. Sobre este asun-to o Bipartito non facilitou a revisión do expediente e o informe xurídico corres-pondente que solicitou o PPOU o pasado �� de abril, nun novo exercicio de os-curantismo e falta de trans-parencia municipal.

Se houbo alguén nesta cidade que coñecera palmo a palmo cada recuncho de Ourense ese foi, sen lugar a dúbidas, o concelleiro Odi-lo Masid. E se houbo alguén que tivera cualificacións de sobresaínte na súa labor a prol da Participación Cida-dá, non pode ser outro que o noso bo amigo Odilo.

Concelleiro dende o ano 199�, Odilo Masid sempre estivo á fronte da Concellería de Participación Cidadá. Considerada erroneamente por moitos políticos como unha concellería “menor”, o certo é que el fixo deste departamento o mellor canal de comunicación posible cos veciños e veciñas de Ourense. Sen ánimo de esaxerar, por ela pasaron o 90% dos problemas que preocupaban aos cidadáns,

e a través dela, Odilo soubo canalizar cada petición, cada suxerencia, cada demanda e cada queixa a todos os departamentos responsables e correspondentes.

O carácter afable, aberto e conciliador de Odilo fixo o resto. O seu talante con-tribuiu a que durante os 1� anos que foi responsable de Participación Cidadá, as portas da concellería e o mó-bil de Odilo estivesen ope-rativos para calquera persoa que requerise os seus ser-vizos. Sen distincións nen diferenzas de ningún tipo. Sen menosprecios e sempre coa mellor das vontades. A súa máxima era clara: “Á xente que traballa, hai que axudala”. E así era.

Pero se o feito de manter a paz e a harmonía no mo-vemento veciñal de Ouren-

se non fose suficiente por si mesmo, Odilo tamén puido presumir de ser o conce-lleiro de Limpeza mellor valorado. Compaxinou este cargo durante o mandato comprendido entre 199� e 1999, e repetiu esta res-ponsabilidade entre �00� e �007. Daquelas dúas eta-pas, Odilo Masid podía di-cir con orgullo que acadou para a cidade dous gran-des premios concedidos en Madrid a nivel estatal: a “Escoba de Plata” e a “Es-coba de Oro”. Ambos os dous galardóns amosaban e corroboraban a exquisita limpeza da que presumía esta cidade. E ademais, du-rante as súas etapas a fronte de Limpeza conseguiu evi-tar dúas folgas de persoal, mantendo a paz social den-tro deste servizo e evitando

a desagradable experiencia de ver a cidade chea de lixo por culpa de non querer chegar a acordos cos traba-lladores.

Despois dos 1� anos no que Odilo Masid ocupou o seu cargo en concellerías do Goberno Municipal, nos últimos cinco anos se-guiu traballando a prol das necesidades dos vecinos, ainda que agora na bancada da oposición. Non houbo pleno, xunta de área ou re-unión de carácter municipal na que Odilo non trasladase os problemas que lle facían chegar os vecinos, conso-lidándose como o mellor interlocutor que esta cidade podía ter dentro da Admi-nistración Local.

Por todo iso, non nos queda máis que brindarlle o noso máis sincero recoñe-cemento e o moito que nós, como grupo municipal, e a cidade enteira, o botaremos de menos.

Gracias por tanto, Odilo!

O Bipartito nega información sobre os presupostos municipais ao principal grupo da oposición

OBITUARIO

ODILO MASID GONZÁLEZ

O popular Odilo Masid era o concelleiro máis vete-rán da corporación.

Os concelleiros populares Rosendo Fernández e José Luis Valcarce Baiget.

Page 18: Maio 2012 - OUxB

18 Ourense por BARRIOSMaio de �01� CIDADE

Redacción

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aun-ciou que este mesmo ano se licitará a primeira fase do proxecto Hospital �0�0 para Ourense, por �0 milló-ns de euros, para construír un completo edificio de hospitalización. Feijoo fixo este anuncio días despois de adxudicarense os servizos para a reprogramación fun-cional, o desenvolvemento do Plan director H�0�0, a redacción do proxecto bá-sico do CHUO e de execu-ción da hospitalización.

Na presentación do proxecto Hospital �0�0, o titular do Executivo galego referiuse á remodelación do complexo hospitalario ourensán como a proba máis ilustrativa de que a política económica respon-sable é o camiño máis útil: “non só nos ten permitido manternos en mellores con-dicións que outras partes de España, senón que nos permite avanzar na sanida-de pública cando a maioría das comunidades, lamenta-blemente, teñen que retro-ceder”.

Feijóo considerou que a “política económica respon-sable que Galicia vén prac-ticando desde hai máis de tres anos” colocou á Xunta nunha situación financeira solvente “para poder facer un esforzo económico sen precedentes en materia de innovación sanitaria, como demostramos hoxe aquí”.

“Galicia conta con mar-xe económica para poder financiar xunto co Goberno central o maior plan de in-

novación sanitaria da nosa historia, e pode garantir que os investimentos do Hospi-tal �0�0 se centralizarán to-dos eles no Hospital Públi-co Universitario de Ourense para que desde aquí se co-mece a construír o hospital do futuro”, engadiu.

O presidente da Xunta insistiu en que “a política económica responsable é a que nos permite impulsar esta quinta gran infraestru-tura hospitalaria da lexisla-tura, en Ourense, cun novo edificio de hospitalización que contará cun 60% de ca-mas individuais, e cun mo-delo de funcionamento que incorporará a tecnoloxía máis avanzada grazas aos investimentos do Hospital �0�0, un hospital baseado na eficiencia, no respecto ao medio ambiente, adap-tado ás novas tecnoloxías e centrado no paciente”.

O titular da Xunta afir-mou que se estudarán novos sistemas de xestión integral de pacientes, de roboti-

zación hospitalaria ou de eficiencia enerxética. “En definitiva, un hospital ac-tualizado e coa innovación máis avanzada para que os �00.000 cidadáns da área sanitaria ourensá vexamos satisfeita a nosa vella aspi-ración”, concluiu.

CríticasNeste acto, o presidente

da Xunta escoitou as críti-cas do alcalde de Ourense, quen afirmou que acollía a presentación do Hospital �0�0 “cun sentimento con-tradictorio de esperanza e escepticismo” e pediulle ás autoridades galegas que “disipen todas as dúbidas” sobre este proxecto, no que se refire a asegurar os fon-dos europeos e a executar “ao fin o Plan Director tan-to tempo demorado”.

Feijoo anuncia que este ano licitarase a primeira fase do Hospital 20504 Presentou a remodelación do CHUOU nun acto en Expourense.

4 Incidentes O acto de presentación

do proxecto Hospital �0�0 non estivo exento de polémica. No exterior do recinto de Expourense concentráranse, coa pre-tensión de entregarlle ao presidente da Xunta un manifesto coas necesida-des máis urxentes en mate-ria sanitaria da provincia, membros da Plataforma en defensa da sanidade pública, apoiados por sim-patizantes do Movemento 1�-M de Ourense e de Es-tudantes sen Futuro.

Antes da chegada de Feijoo, axentes da Poli-cía intentaron apartar a empuxóns aos concentra-dos, sen conseguilo, polo que o presidente tivo que entrar no recinto entre os apupos dos manifestantes. Tres deles conseguiron acceder ao interior, onde se encararon co presidente da Xunta, para ser logo sa-cados do recinto polo seu persoal de seguridade.

Ao acto en Expourense asistiron, entre outras autoridades, os conselleiros de Economía e Sanidade, e o alcalde de Ourense. /BRAIS LORENZO.

Investiranse 40 millóns no novo edificio de hos-pitalizacións

P.Lodeiro

O Concello de Ourense non creará unha comi-sión de investigación para aclarar as responsabilida-des do cobro dos ingresos por reciclaxe por parte da concesionaria da limpe-za. Así o solicitaba nunha moción no último pleno o PP, quen recordou que o Concello levaba case dous anos sen percibir da concesionaria os ingresos pola reciclaxe de residuos, un total de 7�7.16� euros. Ingreso que finalmente se produciu o �0 de marzo, entenden os populares, a consecuencia dunha pre-gunta do seu voceiro no pleno de marzo sobre este asunto.

Porén, a explicación desde o grupo de goberno foi outra. O concelleiro de Facenda, Agustín Fer-nández, recoñeceu que puido haber “algún erro” por parte da empresa, dos funcionarios e dos políti-cos por non ter descuberto antes este incumprimen-to do artigo 76, pero que “en canto Susana (Bayo, a concelleira de Limpeza) o detectou, nos puxemos en marcha, simplemente houbo un retraso no ingre-so que foi compensado”. Estes argumentos non convenceron aos edís po-pulares nin tampouco aos de Democracia Ourensa-na, que votaron a favor da moción dos primeiros.

Posta en marcha de in-fraestruturas

Na segunda moción, o PP reclamaba ao Goberno que habilitara partidas para abrir infraestruturas remata-das como a Casa da Maxia, a Casa da Mocidade, o Centro Cívico de Seixalbo, a Estación de Bombeo do Couto, e o parque de Mon-tealegre. O concelleiro Agustín Fernández afirmou que estaba disposto a es-tudar a proposta, pero que non era cuestión só de cré-dito, senón que había que dotar persoal, equipamen-tos ou actividades.

En canto á moción de D.O., propiciou un agrio debate entre as edis Susana Gómez e Aurea Soto, con acusacións de mentirosa da primeira á segunda e de ter como amigos a particu-lares que pleitean contra o Concello por parte de Soto a Gómez. Os de Democra-cia Ourensana pedían ao Concello que recuperarse o subsolo de dominio público da praza de San Antonio. Os populares emendaron esta petición engadindo que se agardara ao pronuncia-mento do proceso xudicial aberto sobre este asunto, o que fixo que PSOE e BNG lle deran o seu apoio.

A moción urxente do grupo de goberno sobre o OUFF quedou penden-te para o próximo pleno, e aprobouse o expediente de honra ao musicólogo Ma-nuel de Dios Martínez.

PLENO

O Concello non investigará o cobro dos ingresos por reciclaxe4 Por parte da concesionaria da limpeza.

Page 19: Maio 2012 - OUxB

19Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLIRREPORTAXE

Investiranse 40 millóns no novo edificio de hos-pitalizacións

A Área de Rehabilita-ción Integral (ARI) das Camelias, A Carballeira e O Polvorín vai cumprir o seu primeiro ano de funcio-namento, período no que tramitou máis dun cento de axudas á rehabilitación. Trátase da terceira área de rehabilitación que se aproba en Ourense e a primeira de-las que funciona en barrios, exportando o modelo de re-habilitación desenvolto con éxito no casco histórico e Seixalbo.

Desde a súa entrada en funcionamento en abril do ano pasado, a oficina do ARI Camelias- Carballeira- Polvorín iniciou 116 solici-tudes de informes técnicos previos por particulares interesados en rehabilitar que consultan a viabilidade da obra, as necesidades do seu inmoble, o orzamen-to, etc. Ademais, tramitou 1�8 solicitudes de axudas, das que 10� corresponden a elementos comúns dos edi-ficios e 26 a vivendas parti-culares. Nos seus primeiros

O Plan de Rehabilitación das Camelias, Carballeira e Polvorín cumple un ano con máis dun cento de axudas tramitadasEsta área de rehabilitación integral (ARI) suma xa 128 expedientes de rehabilitación

Co gallo de conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra este � de xuño, a Conce-llaría de Medio Ambiente de Ourense organizou unha campaña de sensibilización dirixida ao público infan-til. “NoMedio. Pertenzo a unha comunidade de vida” é o lema que agrupa unha serie de actividades lúdicas de animación de rúa para achegar aos máis cativos valores como o respecto, a convivencia, ou a respo-sabilidade individual e co-lectiva co medio e coa vida como camiño cara a unha consciencia verde global.

A Concelleira de Medio Ambiente, a nacionalista Marta Arribas, foi a en-cargada de presentar esta nova iniciativa do seu de-partamento “que non quere limitarse ao mantemento e

conservación dos espazos verdes de Ourense, senón facer partícipe á cidadanía do rol que todos xogamos no compromiso co noso medio”. A edil difiniu a campaña como “unha ini-ciativa humilde pero feita coa maior das ilusións, que é a que queremos transmitir ao todos os que participen dela” e defendeu a realiza-ción das actividades, xo-gos, teatro, contacontos, etc. en espazos públicos “a reinvidicar e pór en valor” referíndose especialmente ás dúas gynkanas que se celebrarán en Montealegre o propio día �.

Acompañando a edil es-tiveron no acto de presen-tación a técnica de Medio Ambiente, María Hermida, e o representante de Cultura Activa, Fran Rey, quen deu conta da programación para

A Concellería de Medio Ambiente lanza unha campaña de sensibilización ambiental para os máis cativosCon obradoiros, monicreques, contacontos, teatro e gynkanas

estes días destacando “o pri-vilexio de contar con conta-contos como Anxo Moure, que vai percorrer as rúas da cidade coa súa ciclobi-blioteca” e os espectáculos de Malabaranda Teatro “un dos maiores embaixadores do Novo Circo en Galiza”.

A campaña “NoMedio” programará actividades até o 8 de xuño, todas de balde e abertas tanto a pequenos como maiores.

O día �1 haberá contacon-tos a cargo de Anxo Moure e a súa ciclobiblioteca (ás 18 horas); o día � un obra-doiro de cociña eco-xusta (18 h.) e teatro (�0 h.), o día 7 un taller de construción de monicreques (18 h.) e sesión de títeres (�0 h.), e o día 8 unha sesión de cien-cia divertida (19 h.). Todos estes eventos teñen lugar na praza de San Martiño.

Marta Arribas estivo acompañada polo representante de Cultura Activa, Fran Rey, e a técnica municpal Marta Hermida.

4 Atención no propio barrio

A oficina que se encar-ga de tramitar as axudas da Área de Rehabilitación Integral das Camelias, A Carballeira e O Polvorín está ubicada no número �1 da rúa das Camelias. Funciona de martes a xo-ves en horario de 10.00 a 1�.00 horas.

As consultas tamén po-den realizarse no teléfono 988 68 6� �8 ou no correo electrónico rehabilitació[email protected].

seis meses aberta, a oficina atendeu unhas ��0 solicitu-des de información.

2ª fase das axudasDespois dun positivo pri-

meiro ano de axudas para rehabilitacións nestes tres barrios, a Concellería de Vivenda vén de asinar co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia novos acordos trilaterais polos cales se definen os investi-mentos en axudas á rehabi-litación dos que se benefi-ciará Ourense nos vindeiros anos. No caso da ARI que nos ocupa, recibirá para a súa segunda fase 1,� mi-llóns de euros a través dun acordo plurianual até �016. O casco histórico, na súa 1�ª fase de execución, per-cibirá 7��.�00 euros, e a 8ª fase do núcleo de Seixalbo 19�.��9 euros.

Estes tres convenios sen-tan as bases que definirán a nova convocatoria de subvencións a particulares na que xa están a traballar na Concellaría de Vivenda.

Os interesados deberán so-licitar información e pre-sentar os proxectos de obra antes do �1 de decembro en orde a acollerse a esta liña de axudas. Neste sen-tido, alerta o edil respon-sábel de área, o concelleiro do BNG Fernando Varela, que “os prazos estipula-

dos pola Xunta e Ministe-rio nesta convocatoria son moi axustados e estrictos cos concellos, que deberán presentar en tempo récord a relación de solicitantes. Será preciso facer un im-portante esforzo en divul-gación e axilización de trá-mites para que todo aquel

Desde a Concellaría de Vivenda animan aos interesados a informase sobre as axudas, recordando

que o prazo remata o 31 de decembroque queira abordar unha reforma poida desfrutar destas axudas”. Así mes-mo recalcou a importancia de “evitar a toda costa que as cantidades comprometi-das non se perdan por falla de execución”, recalcando que será preciso “traballar contrarreloxo”.

O 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, celebrarase con dúas gynkanas medioambientais

escolares no parque de Montealegre

Tipos de obrasAs axudas permitirán

subvencionar, entre outros, proxectos de eficiencia enerxética ou melloras na accesibilidade dos edifi-cios, como a colocación de ascensores. Nas Camelias, A Carballeira e O Polvo-rín contabilízanse �.�90 vivendas, e arredor do 90% dos edificios foron edifica-dos entre os anos �0 e 70 do século pasado.

Oficina que tramita as axudas á rehabilitación, na rúa Camelias.

Page 20: Maio 2012 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSMaio de �01� PUBLICIDADE

Page 21: Maio 2012 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 22: Maio 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMaio de �01�

[Envíanos as felicita-cións a [email protected], ou

r/Valle Inclán, ��, �º, of. 1�, ��00�, Ourense]

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 ��9 6�� ou en [email protected]. Gratuí-

tos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva

chamarnos]

VENDAS TRABALLOPISOSMércanse mobles ou electrodo-mésticos de �º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 �1 �� ��Vendo quentador de auga Fagor con � meses de uso por 1�0 euros e mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 ��� 96�.Vendo ordenador portatil, 110 euros, tel.6�7 �7� 198.Vendo mobles de tenda de roupa seminovos, de 1ª calidade a bo prezo. Tel. 616 ��8 016.Vendo hamaca para bebé semi-nova �� euros, tel. 686 9� 8� 06.Vendo roupa e zapatos varias ta-llas e complementos. Información en vero_1�_�[email protected] de casetas e retro de � tm. Tel. 6�9 8�0 770 (Carlos).Vendo furgoneta Renault Kan-goo metalizada de 11 anos e Nis-san Micra de 7 anos, en bo estado. Bo prezo. tel. 6�� 07 �9 60.Vendo un radio cassette de co-che, un ordenador, e unha má-quina eléctrica de depilación con cera. Tel. 6�7 �1 �� 9�.Vendo mobles de perruquería se-minovos, 1.�00 euros. Tel. 988 �� �9 6�Vendo modem usb de Vodafone 10 euros. Telf 6�7 �7� 198.Vendo coche neno en bo estado, con cuna, silla e capota. �0 euros. Tel: 609 8�� 076.Por xubilación do propietario, véndense xaulas de granxa de co-ellos en San Cristovo de Cea. Tel 988 �8 �1 �0.Vendo vehículo en moi bo estado.Renault �1, aire acondicionado, cierre automático, dirección asisti-da, gasolina e pintura metalizada. 1�9.�69 km. telf: 6�7 608 7�8.Vendo mobles usados: dormitorio de matrimonio completo, moble librería, tresillo con mesa, cama con somier e colchón de 1,0� m, 6 sillas tapizadas, mobles de cocina. Moi bo prezo. Tel. 6�7 608 7�8.Véndese leña de carballo. Tel. 6�0 ��1 ��8Vendo Mercedes diésel en per-fecto estado, con extras, bo prezo (1.�00 euros) Tel. 6�0 ��1 ��8.Vendo televisor LCD TOSHIBA ��” con TDT integrado en bo esta-do, ten un ano e medio, pouco uso, 160 euros, tlf 6�7 7�6 687.Vendo cuna de madeira en exce-lente estado e de regalo un xogo de sabas e un edredón co cubrebarro-tes a xogo, 110 euros; cambiador de pañais con bañeira incorporada para neno en inmellorable estado, �0 euros; hamaca bebe Fisher Pri-ce Crece Conmigo con vibración, en excelente estado, �� euros; Ba-bby Pappa de Chicco ideal para cociñar, desconxelar, triturar a papilla do teu bebe, �� euros. Tel. 6�7 7�6 687.Vendo figuras de manga, anime / series TV, locomotoras e xogos de PC. Tel 691 017 09�.

Alugo piso no Couto, � habita-cións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, �00 euros/mes máis �0 euros comunidade.Tel. 606 �69 ��8.Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 6�7 00 �9 10.Alúgase piso amoblado en praza de España (Vigo). Tel. 6�9 81 6� 09.Véndese casa pola estrada de San-tiago para restaurar. Tel. 6�7 00 �9 10.Alúgase apartamento no casco histórico, prezo económico. Tel. 6�7 00 �9 10.Vendo ou alugo piso en Vigo, céntrico, � dormitorios, amoblado. Tel. 6�� 07 �9 60.Vendo ou alugo ático en Nigrán, a 1km da praia de Panxón, � dor-mitorios, � baños, terraza, garaxe e adega, totalmente equipado. tel. 6�6 �6� �78 (Rosa).Vendo apartamento zona �1 por 96.000 euros. Tel. 67� �� 11 79.Alugo piso en Valdorregueiro, � habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 �1 �� 01 e 687 �1 1� 18Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Urxe vender piso a � minutos de praia América. Tel. 6�6 ��� �97.Alúgase apartamento � dormito-rios, cociña amoblada con electro-domésticos. Tel. 988 �1 �6 �1.En Gustei véndense 2 fincas: unha de �00 m� a �0 m de Gustei e outra na zona chamada Bouzo de 1.�00 m�. Tel. 6�7 608 7�8Véndese finca en zona Barxas-Cu-deiro a �km de Ourense, en terreno edificable. 1.800 m� e excelentes vistas. Tlf: 6�7 608 7�8.Alugo apartamento na rúa Con-cello, bo prezo. Tel: 69� ��7 6��.Na praia da Albufereta a � km de Alicante alugo piso equipado, � cuartos, baño, aseo, ascensor e terraza. Tel. 666 08 06 6�Alúgase apartamento tempada de verán en Sanxenxo, con plaza de garaxe opcional. Tel. 986 7� 10 �6 e 617 �0 �� ��Véndese piso en Xinzo, � habi-tacións, cociña, salón, � baños, ascensor, garaxe, calefacción, fío musical, gran trasteiro, venda in-teresante para xente nova por ser subvencionable a corto e medio prazo. Prezo interesante. Tel. 6�6 99 �1 76

Danse clases particulares de ma-temáticas xerais durante o Curso Académico, a todas as etapas, con posibilidade de impartir outras materias curriculares.Posúo Cer-tificado de Profesionalidade de Formador Ocupacional e CAP. 1� anos de experiencia. A domicilio. Económico. TeL. 610 �8 �� 89 e [email protected]écese rapaza responsable para limpeza e coidado de persoas maiores. Tel. 66� 1�9 1�6 (Sasha)Ofrécese rapaz responsable, serio para traballar en enlucidos e xesos en xeral, etc. Tel. 697 ��9 066 (Antonio).Ofrécese rapaza para traballar coidando persoas maiores, lim-pando etc., telf 676 9�8 1�8, expe-riencia e titulo.Ofrécese señor para desbrozar fincas. Tel. 637 00 59 10Búscase persoal para traballar con nenos este verán que teña inglés como lingua materna. Tel. 988 ��6 ���Experta en apoio psicolóxico e desenvolvemento persoal ofrece axuda psicolóxica a domicilio, a mulleres, persoas terceira idade e coidadores, primeira visita gratuí-ta. Tel. 610 16 �7 �9 (Loli).Danse clases de danza do ventre a rapazas interesadas en formar un grupo. Tel. 6�6 77� ��1.Danse clases particulares de pia-no, linguaxe musical e educación auditiva e vocal. Tel. 6�8 888 ��7 e [email protected] profesional e pinto-ra da clases de pintura e debuxo a grupos reducidos, horario de mañá e tarde. Tel. 988 �7 �� 99 e 687 �7 96 �1.Ofrécese rapaza responsable de �1 anos para o coidado de nenos pequenos. Titulación de Maxiste-rio Infantil, Monitora de Tempo Libre e con experiencia en ambos campos e como Contacontos. 610 9�7 066.Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 ��8.Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e inglés, tecni-cas de estudio. 1� años de experien-cia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasado curso. 1ª semana gratis. Tlf. 678700�7�, 988�7�081. http://fidelformacion.blogspot.com. [email protected] traballos de pintura e pe-quenas reparacións. Tel. 671 10� ���Fanse traballos de desbroce e cor-te de leña. Tel. 671 10� ���.Fanse traballos de limpeza do-méstica e coidado de nenos ou an-ciáns. Tel. 671 10� ���

AXENDA/ HUMOR /FELICITACIÓNS /CLASIFICADOS

LOCAISVendo por xubilación negocio de mercería, lencería e confección. Moi bo prezo. Tel: 988 ��0 18� e 600 ��8 861.Alugo carniceria A Granxa (ou outro negocio). Zona San Fran-cisco. Telf: 988���876. Preguntar por Mª Carmen.Alúgase local de copas en Xinzo totalmente equipado. tel. 6�9 �7 08 9�Alúgase baixo de 110 m� na Car-balleira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 9�6 ��9 ou 670 �� �� 90.

TAROT

Teatro- Do �9 ao �1 de maio -

Teatro para escolares “Bicha-rada”- 10 e 1� h - Auditorio

- � de xuño - “La cena de los idiotas” - �0 e ��.�0 h - Teatro Principal de Ourense

- � de xuño - Teatro infantil “Residuo” - 18 h - Praza San Martiño

- 6 de xuño - “El crimen per-fecto” - �0.�0 h - Auditorio

- 8 de xuño - “Citizen �”- �1 h - Teatro Principal - 1� de xuño - “La barraca del zurdo” - �1 h - Teatro Principal

Exposicións- Ata o �1 de maio - Expo-

sición “Prioridade 1: Pobreza e exclusión” - Auditorio Mu-nicipal

- Ata o 8 de xuño - Mos-tra interactiva sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro – Casa da Xuventude

- Ata o 1� de xuño - Expo-sición “Palestina ten nome de muller”- Café Grándola

- Ata o 1� de xullo - “Aque-les Primeiros Anos (1981-1989)”- C.Cultural da Depu-tación

www.mundourense.com

4AXENDA 4HUMOR

Todas as viñetas en http://apapeleiradereci-claxe.blogspot.com e en en http://oemigrante-dopazo.blogspot.com/

4FELICITACIÓNS

Andrea Acevedo Mo-rais

Aniversario: �1.0�Moitísimas felicidades,

pequeniña, que te nos fas moi grande. A ver se agora cos � anos xa non eres tan bichiño como ata agora. Es-pero que o pases moi ben neste día cos teus amigui-ños e con todas as persoas que te queremos moito, e que por suposto teñas moi-

Leonardo Lemos Mon-tanet, bispo de Ourense

Aniversario: �1.0� Deséxoche un feliz ani-

versario, de parte do teu amigo Eladio Cabano Va-quero.

Compraría tractor usado con tracción dianteira. Tel. 6�0 ��1 ��8

COMPRAS

Diego García CerdeiraAniversario: 19.0� Desexamos que pases un

día moi especial. Feliz ani-versario, Diego. Un bico dos teus pais.

tos agasallos. Un biquiño moi grande de parte dos teus padriños, de Paula, de Anita e de Tito.

Page 23: Maio 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMaio de �01�

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

Sábados

Domingos e festivos

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9��. Depósito Legal: OU 1�1-�00� / OU 1��-�00� / OU 16�-�00�/ OU 1��-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �� �º Of. 1� - ��00� Ourense. Tel: 988 ��9 6�� - 988 ��9 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº117/107/9�/�6 - Ano: XI - Maio �01� - Difusión: �0.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 ��9 6��.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �8� 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 �70 7�8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 0�0Policía Nacional 988 �91 771Guardia Civil 988 ��� ���Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 08�Prot. Civil �� h. 988 �10 ���Prot. Civil Barbadás988 �91 �79Cruz Roja Ourense 988 ��� �8�SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� �00 116Cita previa SERGAS 90� 077 ��� H. Sta. Mª Nai 988 �8� �99Hospital Cristal 988 �8� �00Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 ��1 �71Taxis Carrefour 988 ��1 6�7RENFE 90� ��0 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 ��0 088Atención ao menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 61�AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 6�6 6�� 119��h. Alcoh. Anón. 988 �69 ��0Alcoh.Anón. ��h. 988 �� 76 �� Asoc.Crohn-colitis 6�0 1�6 ��7Down Ourense 988 �70 �1�

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

CARTAS AO DIRECTOR / EDITORIAL / SERVIZOS

7:007:�07:��8:008:1�8:�08:��9:009:1�9.��10:0010:��10:�� 11:�0

7:�07:�08:108:��8:�08:��9:109:��*9:�010:0010:�0 11:00* 11:�01�:0� 1�:�0

11:�01�:0�1�:�01�:�0 1�:0� 1�:�01�:�01�:101�:�01�:001�:�01�:��16:0016:�0

1�:�� 1�:001�:1� 1�:�0*1�:�0 1�:101�:��1�:001�:�01�:��16:1016:�017:0017:�018:00

16:�017:0017:�018:0018:�019:0019:�019:�0�0:0��0:�0�1:00�1:����:00

18:�019:0019:�019:���0:00*�0:�0�0:�0�1:0��1:���1:�0��:1�

8:008:�0 9:��10:�� 11:�0

8:�09:1010:0�11:0�11:��*1�:1�

1�:�0 1�:�� 1�:�0 16:0017:00

1�:001�:�016:�017:�018:�019:�0

18:0019:00�0:00�1:00

�0:�0�1:��

9:�010:�0 11:��1�:�0

10:0011:101�:��1�:�0

1�:00 16:0017:0018:00

16:�017:�018:�019:�0

19:00�0:00�1:00

�0:�0�1:��

4AUTOBUSES URBANOS: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: or-dinaria: 0,�6 euros e estudiante: 0,�0 euros - Gratis para maior de 6� anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4CARTAS AO DIRECTOR

Porque o que quere, pode: VENAs enfermeiras, como

responsables do coidado, defendemos unha Sanida-de de calidade e decidimos mobilizarnos para forzar ao Goberno a rectificar na súa política de recortes en Sanidade, porque a saúde é un dereito que merece espe-cial protección.

Esta carta vai dirixida a todos os profesionais de enfermaría, que deberían apoiar esta mobilización estean activos ou en paro, os primeiros porque queren dar unha atención de cali-dade e os segundos porque queren traballar nunha pro-fesión que elixiron e para a que están sobradamente preparados (demostrable

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias por correo

electrónico a [email protected], [email protected], ou

por correo tradicional a r/Valle Inclán, ��, �º, of. 1�, ��00�,

Ourense. As cartas ao director non deben exceder de �0 liñas

e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras

a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así

como o de extractar os textos que estime oportuno]

na alta solicitude dos nosos profesionais de enfermaría por outros países).

Entendendo que agora é o momento de demostrar a unidade e a forza que ten a enfermaría dentro da Sani-dade, non podendo contar cos que nese día teñen que traballar, cremos que quen deberían facer un pequeno esforzo son todos os que ese día estean libres de traballo e evidentemente os que por falta de contratación estean a engrosar as listas do paro, cada día máis numerosas.

Nós como coñecedores do sistema vemos por unha banda que non contratan aos nosos compañeiros para as substitucións, co risco de diminución da ca-lidade asistencial e doutra banda tamén somos cons-

cientes das carencias que se sofren como usuarios do sistema xunto cos no-sos familiares.

Por todo isto, as en-fermeiras e enfermeiros manifestámonos o 26 de maio, diante do Ministe-rio de Sanidade en Ma-drid, para que a ministra Ana Mato sexa consciente do descontento social que están a provocar as súas últimas medidas de recor-tes sanitarios.

Mobilizamos a todos os familiares e amigos que están sensibilizados, to-dos necesitamos ou nece-sitaremos nalgún momen-to unha Sanidade Pública de calidade.

12 enfermeiros/as de Ourense

12 mesesAproveitamos que vai

cumplirse un ano de lexis-latura municipal e entrevis-tamos aos nosos represen-tantes políticos –goberno e oposición- para que nos acheguen o seu balance dos últimos 12 meses. Un período marcado polo re-crudecemento da crise eco-nómica, que os cidadáns sufrimos en forma de re-cortes e axustes sen que se albisquen “brotes verdes” por ningures.

Tamén aos ourensáns nos afecta a crise, incluso o re-coñecen desde o goberno municipal, cuxos represen-tantese defenden que, malia a difícil situación, os servi-

4EDITORIALzos sociais non se tocarán nos orzamentos. Así pare-ce ser, polo borrador das contas xerais de 2012 que coñecimos o pasado 25 de maio. Unhas contas que se presentan cun importante retraso (cando se aprobe o orzamento, quedará apenas medio ano para ser execu-tado), feito que foi branco das críticas da oposición, pois a falta de orzamentos ten impedido nos últimos meses a posta en funcio-namento de varias infra-estruturas e equipamentos na nosa cidade, desde a estación de bombeo do Couto ao polémico parque forestal-xardín botánico de Montealegre.

O cambio do Goberno do Estado tamén foi outro feito relevante deste período: a socialistas e nacionalistas xa non lle quedan gobernos amigos e iso nótase no día a día: se antes as críticas pola falta de investimentos na cidade se dirixían só a Santiago (onde o PP go-berna desde 2009) agora PSOE e BNG teñen outra fronte aberta en Madrid, onde os socialistas xa non teñen apoios. Circunstan-cia que aproveitan os popu-lares -agora fortes no resto de administracións- para minar o poder do bipartito local.

E outro aspecto relevante destes pasado 12 meses foi

o cambio na composición da corporación municipal. A caída de concelleiros do BNG (de seis a tres), a portavocía de Rosen-do Fernández no PP e a irrupción dunha nova for-za política no consistorio (Democracia Ourensana) marcan esta etapa, na que aumentou a tensión na vida política municipal. Non é bo síntoma que a oposición

teña que recurrir á xustiza para poder facer o seu la-bor, nin tampouco o baixo nivel do debate político que vemos mes a mes no salón de plenos ourensán.

E que nos agarda para os tres anos de lexislatura que restan? Non creo que nos equivoquemos moi-to se auguramos máis do mesmo (ou peor).

[email protected]

Page 24: Maio 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMaio de �01�

PUBLIRREPORTAXE

Unha andaina, a “busca do tesouro” e unha ginkana sobre patíns clausuran o programa OciourenseAdemais, a Concellería de Saúde pon en marcha andainas saudables durante o mes de xuño

A concelleira de Saúde, Marga Martín, compareceu acompañada dos responsables dos programas Ocioourense, César Fernández, e Andainas Saudables, Marta Rodríguez.

“Foi un éxito, con todas as actividades a tope”. Así definía a concelleira de Saú-de do Concello de Ourense, Marga Martín, o balance do programa de ocio sau-dable Ociourense, no que particparon nos últimos tres meses máis de 6�0 mozos e mozas.

Para pór o broche final a este programa, a Concelle-ría organizou para a fin de semana do � e � de xuño tres actividades. A primeira delas, na tarde do sábado �, é unha “Busca do tesouro”, xogo de pistas dirixido a ra-paces a partir de 1� anos.

A segunda é unha ginkana sobre patíns, actividade que estaba previsto realizarse en abril pero que por mor da choiva foi adiada ata a noite do � de xuño. Con partida da praza Maior, dis-

corerrá ata o parque de San Lázaro.

E a terceira e última é a “Andaina sen fume polas pontes”, para a xornada do domingo. Con esta ac-tividade quérese, por unha banda, conmemorar o Día Mundial sen Tabaco, e pola outra, fomentar hábitos de vida sausables, a través dun pequeno paseo de 10.000 pasos (ao redor de 6 quiló-metros), accesible a todas as idades. A andaina rema-tará cun almorzo saudable e cun sorteo de agasallos entre os participantes.

As inscricións para a “Busca do tesouro” poden realizarse no momento, na propia praza Maior; para a ginkana, a través da web www.ociourense.es; e para a andaina -aberta a toda a po-boación- na Concellería de

Saúde (rúa Concordia, �0) ou o propio día na Alameda, antes das 10 da mañá.

Andainas saudables Ademais, a Concellería

de Saúde propón para o mes de xuño tres saídas sema-nais a tres circuítos sauda-bles da cidade: no Lonia os luns, Barbañica, os mérco-res, e no Paseo das Ninfas, os venres, de 9 a 11 horas. Os tres circuítos contan con equipamento de máquinas e estructuras fixas onde levar a cabo sesións de acondicio-namento físico, e requiren dun desprazamento polos paseos saudables da cidade, para chegar ata eles.

Os interesados poden ins-cribirse ata o �0 de maio na Concellería de Saúde (ou no teléfono 988 �10 6��, [email protected]).

As andainas saudables serán os luns no circuíto do Lonia, os mércores no do Barbañica e os venres no

Paseo das Ninfas

Page 25: Maio 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMaio de �01�

SAÚDE

4GUíA DE SAÚDE

Tromboembolismo arterial felino4VETERINARIA

O tromboembolismo arte-rial felino é unha complica-ción frecuente nas cardio-miopatías felinas nas cales a estase sanguínea dentro das cámaras cardíacas unida a un aumento da reactividade plaquetaria predispoñen ao gato cardiópata ao tromboe-mbolismo sistémico.

O coágulo é un agregado de plaquetas e fibrina con atrapamiento de glóbulos vermellos e adoita aloxar-se na trifurcación da aorta distal (trombo en cadeira de montar) o cal provoca unha grave isquemia das extremi-dades posteriores e da cola. Con todo tamén poden verse afectadas arterias mesenté-ricas, ováricas, hepáticas, esplénicas, renais, cerebrais e membros anteriores.

Cando un trombo se forma no atrio esquerdo pode oco-rrer tres cosas: permanecer estático, que creza e oclúa o fluxo de sangue intracardía-ca ou que se desprace for-mándose o émbolo.

O aumento do atrio es-querdo fai que a corrente sanguínea se enlentezca e promove a formación de trombos intracadíacos. Así mesmo hai un estado de hi-percoagulabilidade onde as plaquetas son bastante reactivas. O coágulo alcanza

a circulación arterial produ-cindo unha obstrución par-cial ou completa.

Unha vez asentado o ém-bolo libéranse substancias vasoactivas do trombo (se-rotonina e prostaglandinas) que deterioran a circulación colateral producindo unha neuromiopatía isquémica.

Os signos clínicos son de curso agudo e depende da localización e grao de obs-trución.

O trombo en cadeira de montar produce parálise de membros posteriores, ausen-cia de pulsos femorais, cia-nose e pel fría. A musculatura pélvica (músculos gastrone-mios) está firme e dolorida. A dor intensa é moi común. Dependendo da localización dos trombos pode haber dis-función orgánica: fallo renal agudo, diarrea hemorráxi-ca... Se o trombo se localiza na aorta distal produce dor, palidez, parestesia, parálise e déficit do pulso.

Os gatos afectados case sempre teñen enfermidade cardíaca subxacente e a in-suficiencia cardíaca conxes-tiva a miúdo desencadéase pola presenza de tromboem-bolismo sistémico. Os signos dunha insuficiencia cardíaca conxestiva son disnea, ta-quipnea, sopro de regurgita-

ción mitral, ritmo de galope e arritmias.

Entre os diagnósticos di-ferenciais debemos incluír enfermidades neuromuscu-lares, neuropatía diabética, trauma e miastemia.

Nas radiografías poden observarse indicios de insu-ficiencia cardíaca conxestiva incluíndo edema pulmonar, efusión pleural e cardiome-galia.

Ecograficamente demós-trase a enfermidade cardía-ca subxacente. En ocasións poden detectarse trombos na aurícula esquerda.

Coa angiografía podemos localizar o trombo pola au-sencia de contraste nas arte-rias afectadas.

Se determinamos a pre-sión sanguínea nos membros sospeitosos, observaremos unha ausencia ou diminu-ción considerable da presión arterial.

En canto ao tratamento primario debemos de ma-nexar a insuficiencia car-díaca conxestiva, promover a circulación colateral ma-saxeando manualmente os músculos varias veces ao día e previr as coagulacións adi-cionais con heparina.

O tratamento secundario baséase en pór calor con bolsas de auga quente ou lu-

vas evitando a calor intensa porque os membros son moi sensibles ao dano térmico, analxésicos, aspirina e he-parina para evitar trombo-ses futuras. O emprego de axentes tromboembolíticos asóciase a elevadas taxas de mortalidade.

A anestesia e embolecto-mía asócianse a alta taxa de mortalidade debido á enfermidade cardíaca con-corrente.

O prognóstico é reser-vado. Os pacientes que so-breviven mostran melloría estable na función do mem-bro que comeza ás 24-72 horas da presentación. O prognóstico é grave para os gatos que non mostran melloría nese espazo de tempo e nos pacientes que experimentan cambios gangrenosos. Os gatos so-breviventes están en risco de recurrencia.

En definitiva, nos casos de parálises ou paresias de membros posteriores en felinos de aparición súbita a sospeita de tromboem-bolismo aórtico debe estar sempre presente.

Cristina Nieto ParedesHospital Veterinario

Abros

Redacción

Un paciente do com-plexo hospitalario ouren-sán (CHUOU) agarda unha media de �� días para unha intervención ci-rúrxica e de �� días para unha consulta.

Así se desprende dos datos da actividade asis-tencial feitos públicos pola Xerencia de Xestión Integrada, que por primei-ra vez ofrece un balance de resultados conxunto de todos os seus centros (Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Segundo os datos rexis-trados polo Servizo Gale-go de Saúde, a �1 de mar-zo, a media de agarda nos hospitais da rede pública de Ourense, era de ��,7

días para intervencións ci-rúrxicas (en Galicia é de 8�) e a de consultas de �� días (no conxunto galego, �8). No caso das patoloxías “prioridade 1” a espera me-dia do complexo hospitala-rio ourensán é de 9 días, e no resto de especialidades oscila entre os 1�,� días de xinecoloxía e os �7,8 de traumatoloxía.

A xerencia explica que estes resultados foron posi-bles “mediante o incremen-to de operacións en xornada ordinaria, grazas ao esforzo dos profesionais e a unha mellor xestión de quirófa-nos”. En total, na provincia realizáronse de �.770 inter-vencións neste primeiro tri-mestre de ano (delas �.9�9 no CHUOU), e atendéronse ��.0�0 consultas.

A media para operarse no CHUOUé de 45 días 4 Para consulta, �� días.

Critica aos ingresos matutinosRedacción

A Comisión de centro do CHUOU pide a retirada da nova orde da Dirección do Centro pola que os pacien-tes que teñen que ingresar para intervención cirúrxi-ca, deben ingresar o mes-mo día da intervención, ás 8 da mañá, cando ata agora o facían o día anterior en horario de tarde.

Segundo indican os profesionais do CHUOU nun comunicado, “esta

decisión vai repercutir gravemente na calidade asistencial e na seguridade do propio paciente”. Argu-mentan que deste xeito non existe un control da pre-medicación do paciente do día anterior á ciruxía, nin do xaxún, hixiene e prepa-racións previas que esteas operacións requiren. Ade-mais, consideran que agrava o estrés dunha intervención nos pacientes que teñan que desprazarse de fóra da ca-pital e ao ser a maioría dos pacientes pluripatolóxicos e de idade avanzada, poden incrementarse os riscos pe-rioperatorios.

Manifestación contra os recortesMembros da asociación PROSADI e enfermeiros

ourensáns participaron en Madrid nunha protesta fronte ao Ministerio de Sanidade, onde o Sindicato de Enferme-ría (SATSE) entregou máis de 500.000 firmas para pedir aos gobernos central e autonómicos que non continúen coas “políticas de recortes impostas e indiscriminadas”.

Page 26: Maio 2012 - OUxB

�6 Ourense por BARRIOSMaio de �01�

ColaboraciónsSeguiremos recordan-

do a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co pe-riódico escríbenos a [email protected] ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebo-ok (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asun-to “10º aniversario Ouren-se por Barrios”.

10 anos de Ourense por Barrios (V)4 O máis destacado de �008 directo aos buzóns dos ourensáns.

Redacción

�008 comeza co anuncio de que Fomento redactaría un trazado alternativo do AVE por fóra da cidade. Este mes tamén informába-mos do Entroido, e de que o Concello e a Consellería de Sanidade comprometíanse a realizar os trámites para a construción dos centros de saúde do Vinteún e O Couto, que hoxe, catro anos despois, aínda agardan por ser unha realidade. E no ple-no, os tres grupos políticos que había daquela apoiaban o futuro parque empresarial de Santa Mariña.

En febreiro, o Concello aprobaba os orzamentos máis altos da súa historia, 97, 1 millóns de euros. Ta-mén se anunciaba a mellora do abastecemento de auga grazas aos investimentos do Ministerio e da Conse-llería, obras que comezaron hai un par de meses. Naquel mes tamén se denegaba li-cenza de apertura e obra para un complexo hoteleiro e balneario a Xardín das Burgas e a Consellería de Política Territorial, opti-

mista, estimaba que o plan de transporte metropolitano comezaría a funcionar ese mesmo ano. Neste número, previo ás eleccións xerais de marzo, entrevistábamos aos candidatos ourensáns de PSOE, PP e BNG: Elena Espinosa, Celso Delgado e Iago Tabarés.

O número de marzo, cargado de remodela-cións

No número de marzo anunciábamos que a Xunta renovaría 1� rúas da cidade que logo pasarían a titula-ridade municipal e que o Concello tiña previsto ac-tuacións de mellora comer-cial en catro zonas da ci-dade. Ademais, o Goberno local instaba á Xunta a que pospuxera as obras do vial Rairo-Benposta para que se coordinasen co futuro tra-zado do AVE.

“O Concello recurri-rá a sentenza que anula o PXOM”, era titular de por-tada do Ourense por Barrios de abril de �008 , recurso que, tres anos despois, non prosperaría. Tamén se in-formaba de que a ubicación actual en Reza perfilábase como a máis acaída para a nova depuradora e, den-tro da actualidade veciñal, as asociacións críticas coa dirección de Limiar pre-sentaban unha moción de

En febreiro aprobáronse uns orzamentos mu-nicipais iniguais: 97,1 millóns de €

censura.En maio abría ao tráfico

a rúa Dalí do Couto e se anunciaba a apertura para �010 do novo pavillón de deportes das Eiroás (que actualmente está aínda en construción). No eido de-portivo, o CD Ourense baixaba a Terceira División, a cal abandonou a tempada actual.

Desbloqueo das obras de San Francisco

“O alcalde anuncia o des-bloqueo das obras no recin-to de San Francisco”, así ti-tulábamos en xuño de �008 e case catro anos despois, o mesmo rexedor solicita ao Ministerio de Cultura que adxudique inmediatamente as obras para abrir o claus-tro histórico de San Fran-cisco. Neste número tamén incorporábamos un especial Automoción e outro sobre as festas de Ourense.

“A data de �01� centra o debate sobre a chegada da alta velocidade a Ouren-se” era o titular de portada do mes de xullo da nosa publicación. Daquela os socialistas confiaban en cumplir este prazo mentres que populares e nacionalis-tas amosaban as súas dúbi-das. Neste número tamén informábamos da protesta en Vistahermosa por unha antena de telefonía, das fes-

tas do Ponte, ou de que as obras no complexo de San Francisco seguían paradas. En canto a outras seccións do periódico, publicábamos artigos de novas tecno-loxías, podoloxía, estética ou veterinaria.

No mes de agosto, Ouren-se por Barrios daba a noticia de que o balneario de Outa-riz funcionaba sen licenza, á espera de que a empresa a tramite, o que propiciou un desencontro entre os so-cios do bipartito local. Re-collíamos as declaracións do alcalde, Francisco Ro-dríguez, que se preguntaba “se mañá hai un accidente, quen é o responsable?». Ta-mén dabamos conta de que o Concello estaba a axilizar os trámites para a cesión dos terreos para a Cidade da Xustiza e o centro de saúde do Couto e estaba a dar os primeiros pasos para reformar a Praza de Abas-tos, e que comezaban as primeiras escavacións do proxecto de rehabilitación das Burgas.

En setembro saía a con-curso a obra de reforma de Marcelo Macías e informa-bamos de que o bus urbano chegaba por primeira vez a

Rabodegalo, do inicio do curso escolar, da reforma do Fogar do Transeúnte ou de que as escavacións nas Burgas descubrían unha piscina termal.

Aparecen os polémicos paneis informativos

No número de outubro, Ourense por Barrios fixá-base no Plan especial de investimentos de 6,� milló-ns de euros aprobado polo Goberno local. Ademais, entrevistábamos ao xefe da Policía Local, Abelardo Ulloa, e informábamos de que o novo servizo de lim-peza custaría 9 millóns de euros ao ano. Daquela o PP ameazaba con levar aos tri-bunais o Concello polo caso dos paneis informativos, como despois sucedeu.

Novembro é tempo de

magostos e a eles dedicába-mos as nosas fotografías de portada ese mes. Asimesmo, dabamos a noticia de que a Consellería de Vivenda e Solo fixaba a construción de máis de �.000 pisos pro-texidos na cidade, un plan que quedaría en nada pouco despois. Neste número ta-mén dabamos a noticia de que os orzamentos de Bar-

Ourense por Barrios fíxose eco da au-sencia de licenza do balneario de Outa-riz. Punto de desacordo entre o bipartito

badás para o ano seguinte se reducián en �00.000 euros, coas conseguintes críticas da oposición.

Rematabámos �008 con outro anuncio político que de momento non se fixo realidade: “O Concello confía en executar neste mandato o �0% da ronda bulevar”. Tamén se presen-taba o proxecto de reurba-nización do campus, agora en stand-by, que prevía a construción dun tranvía e o soterramento da avenida de Otero Pedrayo, e o PP levaba á Fiscalía o caso dos paneis informativos. Nes-te último número do ano a sociedade ourensá facía ba-lance de �008 e todos coin-cidían en que a crise econó-mica marcaría este ano para a historia. Non sabían o que nos agardaba.

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

O Entroido, que en 2008 se adiantou máis do habitual, foi portada no número de xaneiro dese ano.

En xullo de 2008 anunciábase que a alta velocidade che-garía a Ourense catro anos despois.

A previsión do goberno municipal da execución da ronda bulevar ocupou a derradeira portada de 2008.

Page 27: Maio 2012 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 28: Maio 2012 - OUxB

�8 Ourense por BARRIOSMaio de �01�

DEPORTES

R. Torres

Tan só unha tempada foi a que tivo que estar o Club Ourense Baloncesto en LEB Prata antes de regresar á Ouro.A principio de tem-pada, o COB era, xunto co Andorra, o máximo favo-rito ao ascenso. Un inicio irregular do equipo ouren-sán fixo que cambiaran de adestrador; Domínguez saía para que entrara Rafa Sanz. A partir dese momento todo mudou. En 1� partidos de liga regular con Sanz ao fronte, 1� victorias e unha derrota (esta contra O Prat por un punto de diferenza), o que os metería no segun-do posto da clasificación final (primeiro foi Andorra con ascenso directo incluí-do).

Nos play offs de ascenso tocaría primeiro Lan Moble ao que gañou por �-1; nas semifinais Aurteneche era o rival, con �-� chegouse ao

O COB regresa á LEB Ouro4 Logo de baixar o ano pasado á LEB Prata.

último partido da elimi-natoria no Paco Paz onde os ourensáns non deron opción ao equipo vasco. A derradeira pedra no ca-miño chamábase Prat, o conxunto catalán -filial do Joventut- estaba praga-do de futuras estrelas do baloncesto. Os dous pri-meiros encontros dispu-tados en Ourense caeron de cara do COB; entón a eliminatoria desprazábase ata El Prat. No terceiro en-contro, un mal partido dos ourensáns fixo que a eli-minatoria se puxera �-1. O cuarto partido comezou co dominio dos cataláns nos primeiros dez minutos. A partir de aí o Club Ouren-se Baloncesto mostrou o seu poderío, e grazas a uns espléndidos segundo e terceiro cuarto, cimentou unha vitoria que non se es-caparía. Ao final 69-88 e o COB regresa pola porta grande á LEB Ouro.

Vicens e Guillandeaux no último partido no Pazo. /R.T.

R. Torres

Sufrida foi a tempa-da do Cidade As Burgas, equipo que nas últimas xornadas viu perigar a súa permanencia na Primeira División do fútbol sala fe-minino o ano que vén.

Na penúltima xornada de liga enfrontábanse ao Futsi Atlético de Madrid. O conxunto madrileño chegaba a Ourense coa intención de vencer ao Cidade e cantar ao alirón, mentres que as ourensás loitaban por unha vitoria que as mantivera na elite do fútbol sala nacional.

O partido comezou de costas para as de Code-so (0-� no primeiro mi-nuto), pero a constanza das franxiverdes fixo que igualaran o partido antes

O Cidade mantense en 1ª División4 Tras vencer ao Futsi na pe-núltima xornada de liga.

do descanso. Na reanuda-ción o Futsi foi a por todas pero dous goles de Iria e María Arías e un de Prisci-lla farían o 4-3 definitivo, resultado que certificaría a permanencia do Cidade en Primeira.

Ponte OurenseO Ponte pola súa ban-

da visitaba ao Móstoles na xornada �9. Un intercambio de goles (sempre primeiro as madrileñas) facía prever que remataría en empate o encontro, pero o quinto das locais non tivo contestación por parte das ourensás. Con esta derrota o Ponte chega á derradeira xornada en cuar-ta posición con 60 puntos. Remata a liga nos Reme-dios contra o Soto del Real; este sábado � de xuño a par-tir das 18 horas.

Xogadoras e afeccionados do Cidade celebran a salva-ción. /RAMSÉS

R. Torres

O 1-� en Llodio ante o Laudio era case definiti-vo, pero había que certi-ficalo nos 90 minutos que quedaban por disputar no Couto. O ambiente pre-vio ao partido xa facía presaxiar algo grande. As bancadas estaban total-mente cheas de seareiros, que non querían perder o ascenso de CD Ourense á Segunda División B tras catro anos na Terceira. O partido apenas tivo histo-ria, un Ourense superior -incluso cun home menos durante máis dunha hora pola expulsión de Sangi-nés- dobregou novamen-te aos vascos, cun gol de Eder de vaselina.

O ascenso estaba cada vez máis preto e os afec-cionados xa o celebraban

Catro anos despois, o Ourense a 2ªB4 Tamén o Barbadás ascendeu a Terceira División.

con ola incluída. Antes de que o partido concluíra algúns xa non contiñan as gañas de saltar ao campo ante un Pato que lles pe-día que agardaran. Agora si, pitido final e invasión de campo. O Ourense, ca-tro anos despois, ascendía á “maldita Segunda B”, como os representantes da peña “Polbo á feira” gritaban cada xornada no Couto.

A festa, que durou máis de hora e media no céspe-de, prolongouse na praza de Concepción Arenal, cos xogadores subidos na fonte e con Luisito tocan-do o tambor ante a algara-bía dos afeccionados alí congregados.

Pola súa banda a UD Barbadás conseguiu o as-censo a Terceira División tras gañar a súa liga.

Os seareiros no Couto celebrando o ascenso. /RAMSÉS

Page 29: Maio 2012 - OUxB

�9Ourense por BARRIOSMaio de �01�DEPORTES

P.L.

Jorge Encinas vén de ga-ñar o Campionato Galego de carabina �x�0, disputado o día 17 en Pontevedra. O tirador ourensán foi o me-llor dos seis deportistas que participaron nesta proba, na que se realizan �0 disparos en tres posicións: tendido, de pé e de xeonllos. Con 1.1�1 puntos iguala o seu propio récord nesta compe-tición, que tamén é récord galego, fixado o ano pasado no Campionato de España.

Encinas, oitavo no rán-king nacional nesta mo-dalidade, ten unha nova

oportunidade de bater o seu récord na fase final da Copa do Rei de Armas Olímpicas, que se celebra do 7 ao 10 de xuño en Ma-drid. Nas dúas primeiras fases, disputadas nos me-ses de abril e maio, conse-guiu 1.11� puntos (7º cla-sificado) e 1.113 puntos (9º), respectivamente.

O deportista tamén pro-bará a mellorar resultados nas outras dúas modalida-des nas que compite: cara-bina de aire comprimido (fixo 578 e 569 puntos nas dúas primeiras fases) e carabina tendido (sumou �7� e �81 puntos).

O ourensán Encinas, campión galego de carabina 3x40

Encinas, disparando coa carabina na posición de tendido.

Redacción

O Consello Municipal de Deportes de Ourense colabora coa Asociación de Veciños da Chavas-queira na organización do primeiro Día do Deporte o luns 18 de xuño. Dous campionatos, futbol sala e hoquei, enfrontarán a dis-tintos equipos de base dos barrios da cidade inaugu-rando a Semana Cultural da Chavasqueira.

As actividades previstas para ese celebraránse nas propias instalacións de-portivas do barrio en ho-rario de tarde, a partir das 16.00. Trátase de dous campionatos de futbol sala e hoquei, verdadeiros referentes na cidade e cun importante rol de dinami-

zación veciñal. Os torneos contan coa participación prevista de CD Velle, CD Arranxar, A.VV Chavas-queira, AVV. Velle, CH Barrocás, CH Cidade de Barrocás, CH Cudeiro e CH Albor. Trátase, se-gundo explicaba o presi-dente da asociación veci-ñal, Amancio Rodríguez “dunha competición que tende lazos entre os dife-rentes colectivos veciñais da cidade”.

Pola súa banda, o edil de Deportes, Fernando Varela, felicitou esta ini-ciativa de dinamización veciñal da Chavasqueira e afirmou que actividades deste tipo reinvindican “o deporte para todos e todas, como unha práctica sauda-bel e de convivencia”.

Dous torneos, na Semana Cultural da Chavasqueira4 Fútbol sala e hoquei, o 18 de xuño.

R. Torres

O �6 de maio correuse nas rúas do Couto a se-gunda proba do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”. Máis de �00 corredores deronse cita nesta segun-da proba dun circuíto que cada día conta con máis participantes en todas as categorías.

A primeira das carreiras, como vén sendo habitual, foi a dos pitufos, cunha gran participación. Dez minutos máis tarde o tur-no foi para os benxamíns e alevíns, sendo 70 as ra-pazas e rapaces que rema-taron os 1.�00 metros de percorrido; Manuel Prieto e Nayeli Iglesias resulta-ron os gañadores.

Na carreira infantil e ca-dete, sobre 1.900 metros, 17 dos inscritos remataron

Os atletas Teijeiro e Cid gañan no Couto4 Na segunda proba do “Corren-do x Ourense”.

a proba; Francisco José Mi-randa e Laura Nerea foron os vencedores.

A proba absoluta foi a que congregou o maior número de participantes (��0), que tiveron que dar tres voltas a un circuíto ur-bán de 1.900 metros para completar os �.700 metros dos que constaba a carreira. Alejandro Cid foi o vence-dor masculino cun tempo de 18:1� minutos, mentras que en categoría feminina, a máis rápida foi Sonia Tei-jeira (�1:��).

Cid, no Couto. /S. TORRES

Page 30: Maio 2012 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSMaio de �01�

SOCIEDADE

Ó. Blanco

Raquel Doallo, pontina de �9 anos, comezou en Fiare por ser coherente consigo mesma e co seu contorno. As alternativas bancarias existentes non cadraban cos seus principios. Coñeceu o proxecto Fiare, que permitía soñar cun futuro mellor. “Se participas en Fiare, cons-trúes Fiare, por tanto non o pensei e fíxenme socia”, confesa.

Que é a banca ética?Raquel Doallo: “É unha

forma diferente de facer fi-nanzas: invirte o modelo ac-tual promovendo un tipo de economía ao servizo das per-soas e non ao revés. A banca ética financia actividades económicas cun impacto positivo na sociedade e per-mite ás persoas aforradoras decidir o uso que o banco lle dá aos seus aforros, fi-nanciando só proxectos e empresas con fins sociais, medioambientais, culturais e humanitarias. A banca ética entende que non é de xustiza o xeito de actuar da banca convencional actual, que vén apoiando iniciativas e empresas de máis que du-bidoso impacto sobre o noso contorno. Por iso xorde o concepto do “aforro mili-tante”: podemos e debemos decidir sobre o destino dos nosos aforros”.

ENTREVISTA A RAQUEL DOALLO, SOCIA-PROMOTORA DE FIARE:

“Hai moita xente que non se fía de que banca e ética poidan ir xuntas. Eu rétoos a que contacten con Fiare”

4 Fiare é un banco que promove a economía ao servizo das persoas.

Que é Fiare?R.D.: “Fiare son dúas cou-

sas ao mesmo tempo. Por un lado, unha rede de persoas e organizacións con vocación de crear alternativas dentro do mercado financeiro para construír unha economía di-ferente, cuns valores ao ser-vizo dunha sociedade máis xusta; Fiare é un proxecto a nivel estatal que territorial-mente estrutura a súa base social en asociacións, como a Asociación Fiare Galiza, da que eu formo parte como socia-promotora. Por outro lado, Fiare é unha empresa que realiza actividade ban-caria (concede préstamos e recibe depósitos) cuns crite-rios baseados na ética e no financiamento responsable de proxectos rexeneradores da sociedade.

Hai moita xente que de primeiras che pregunta: “Banca e ética na mesma expresión?”. Non se fían

de que isto poida ser certo. Eu rétoos a que contacten con Fiare e poidamos facer un encontro para que vexan que a única razón para non desconfiar é precisamente que participar nesta banca é sinónimo de construíla, e iso é a mellor garantía que temos de saber o que se fai cos nosos cartos. O noso obxectivo debe ser que non lle teñamos que poñer o ape-lativo “ético” á banca, senón que toda banca sexa ética”.

Quen pode participar?R.D.: “Fiare está chama-

do a ser un banco en mans da cidadanía, para toda a ci-dadanía, ese é o noso lema. Por iso poden participar per-soas físicas ou xurídicas. O requisito para que unha per-soa xurídica poida ser socia é que teña nos seus obxecti-vos uns fins de rexeneración da sociedade”.

é un banco como os de-mais? Un pode depositar o

seus cartos?R.D.: “Polo momento,

Fiare capta depósitos de afo-rro e concede préstamos a proxectos que “rexeneran” a nosa sociedade. O que non é posible todavía é domiciliar a nómina e algúns trámites habituais que calquera outro banco pode ofertar. Isto será posible cando rematemos o noso proceso de transfor-mación en cooperativa de crédito internacional, xunto coa Banca Popolare Etica Italiana, máis ou menos nun ano”.

Pódense solicitar hipote-cas? Hai dación en paga-mento no caso de incum-plimento?

R.D.: “Fiare non está a conceder préstamos persoais senón a actividades econó-micas. Pero, por suposto, apoiamos a dación en pago como recurso para o paga-mento de hipotecas”.

Na vosa web non hai

ningún proxecto galego no que Fiare inviste cartos, por que?

R.D.: “Porque aínda que chegou algunha solicitude non se completou ningún proceso de financiamento para negocios galegos que fose viable económica e so-cialmente. Aínda a operativa bancaria non está ao nivel da banca convencional porque a nosa estrutura é pequena”.

Cal é a vosa intención en Ourense?

R.D.: “Existen no terri-torio galego varios grupos de difusión e promoción do proxecto Fiare a nivel local. En Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago hai xa colectivos estables de so-cios/as que voluntariamente se reúnen e artellan como lograr que o proxecto Fiare chegue a todos os rincóns das súas localidades. En Ourense, tras varias charlas e xornadas onde se deu a coñecer Fiare con bastante éxito, estamos tratando de darlle pulo a isto. Ourense aínda non conta cunha base social moi numerosa, mais nos últimos tempos notamos que está a medrar bastante o interese”.

Cales son as próximas actividades que realizare-des na nosa provincia?

R.D.: “De momento te-mos unha xuntanza o próxi-mo día �1 de maio ás 19 horas no Espazo Xove de Ourense para formalizar a

entrada de novos socios. Ta-mén en Allariz está por con-cretar un novo encontro”.

Fiare pode ser unha al-ternativa real á banca tra-dicional?

R.D.: “Por suposto. Ao peche do exercizo �011, as nosas cifras eran de � milló-ns de euros en concepto de capital social, uns �0 milló-ns en depósitos de aforro e 10 en préstamos concedi-dos. Falamos dunha reali-dade que xa presta servizos a moitas entidades sociais e na que participan miles de persoas. No horizonte de �01�, unha vez sexamos cooperativa de crédito, todo o que precisemos como usuarios de produtos finan-ceiros será ofertado xa pola banca ética”.

é Fiare unha solución á crise?

R.D.: “Fiare é unha op-ción para que certos axen-tes causantes da crise non poidan voltar a facelo no futuro e pode e debe servir para proporcionar alter-nativas para vivir mellor. Somos unha organización democrática, é dicir, cada socio/a ten un voto, por tan-to promovemos e represen-tamos un sistema democrá-tico real e transparente, que supón unha novidade radi-calmente positiva respecto a calquera outra iniciativa de banca”.

[+ info en www.fiaregz.com]

“Fiare financia só proxectos e empresas con fins sociais, medioambientais, culturais e humanitarias ”

“Podemos e debe-mos decidir so-bre o destino dos nosos aforros”

Raquel Doallo é promotora da banca ético, pioneira en Ourense./RAMSÉS

Page 31: Maio 2012 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSMaio de �01�

PUBLICIDADE

Page 32: Maio 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMaio de �01�

Óscar Blanco

Jacobo Cabido, ourensán de �� anos, foi escollido recentemente como coor-dinador das universidades da zona norte de España no CONEDE, o Consello Nacional de Estudantes de Dereito, o cal está a loitar para evitar un endurece-mento no acceso á profe-sión de avogacía que afec-taría a todos os estudantes de dereito matriculados a partir do �007.

Que é CONEDE?Jacobo Cabido: “CO-

NEDE é a única asocia-ción legalmente inscrita co obxectivo de servir ás necesidades de representa-ción lexítimas dos estudan-tes ante as universidades, administración pública, gobernantes, etc. Eu, como coordinador, teño que faci-litar o día a día dos estudan-tes e promover a colabora-ción universitaria, atender solicitudes do alumnado e escoitar os seus requiri-mentos. Existen outros tres coordinadores e un presi-dente, que hoxe é un repre-sentante da Universidade Carlos III de Madrid. No eido territorial, CONEDE abrangue 16 universida-des, pero está aberta a todas aquelas interesadas en par-ticipar con nós.”

Como chegas a coordi-nador?

J.C: “Empecei estudan-

do na Facultade de Ourense pero interesoume máis o pla-no de estudos da Facultade da Coruña, tamén son presi-dente dunha asociación estu-dantil. Asistín en Madrid ao Congreso Nacional de Derei-to que se celebrou este ano en marzo e paralelamente cele-brouse o CONEDE, presen-teime e saín eu para a zona norte. Queremos que cada vez haxa máis representación de todas as Universidades españolas, e por tanto quere-mos que a Universidade de Vigo e o Campus de Ourense estivesen aquí tamén.

CONEDE proporcióna-nos unha representación forte que nos defende e que nos representa ante outros interlocutores. Está para o máis sinxelo problema dun alumno ata para un tema actual como é a obriga dun mestrado de avogacía para todos os estudantes.”

Que problemática esta-des a tratar en CONEDE?

J.C: “A publicación da Lei ��/�006 creou un pe-ríodo transitorio ata ao �011 no que non se aplicou. Pero o lexislador no seu día non pensou no plan de Boloña que se implantou antes desa data. A día de hoxe, os li-cenciados en dereito que se matricularon antes do �007 non teñen que facer nada para colexiarse. Pero a partir do �007, o licenciado terá que engadir un mestrado ao seu currículum. Estamos

ENTREVISTA A JACOBO CABIDO, ESTUDANTE DE DEREITO:

“CONEDE defende os estudantes de Dereito e represéntaos ante

outros interlocutores”4 Este futuro avogado considera que os estudan-tes deben apostar polo “esforzo continuo” para re-matar co paro xuvenil.

traballando nesta lei e, pasados os exames, non descartamos facer charlas informativas no Campus de Ourense”.

Como ves o panorama laboral para o licenciado en Dereito?

J.C: “O paro xuvenil está onde está, pero pen-so que hai que fomentar conceptos como o traba-llo e o esforzo continuo. Fomentando o medo non logramos nada. Hai que perseverar co traballo. Eu estou en cuarto de Derei-to e probablemente o ano que vén acabo, se quero ser avogado terei que mo-verme, por min e polos es-tudantes, tentando buscar alternativas. A mensaxe do último congreso de estu-dantes foi ‘O noso futuro, a nosa xustiza’, que deixa claro que os estudantes de hoxe seremos os profesio-nais de mañá e teremos que tomar decisións para rematar con esta difícil si-tuación económica.”

Jacobo Cabido.

Tai chi ás 10 horas no Posío, é unha das actividades

SOCIEDADE

EN BREVE

Redacción

Os maiores serán os principais protagonistas da nosa cidade durante a última semana do mes maio e primeiro de xuño. Clases de tai-chi ao aire libre, teatro, corais, baile, unha comida e unha visi-ta turístico-cultural pola ruta Lugo Romano son al-gunhas das propostas da Concellería de Benestar Social para o programa da quinta Semana adicada aos Maiores. Na edición do ano pasado, participa-ron 1.�00 persoas.

Todas as actividades son gratuítas –agás o xantar,

de 11 euros-, e están espe-cialmente enfocadas a per-soas maiores de 60 anos.

De martes a venres 1 haberá tai chi ao aire libre no Posío (ás 10 horas). O mércores haberá o grupo Aturuxo representará no Teatro Principal a obra “Gugu tata” (ás �0:�0 h.) , o xoves é o día do xantar e baile no Restaurante A Car-balleira de Santa Cruz, e o venres despídese a Semana cunha excursión a Lugo.

4 Falece o edil Odilo Masid

Odilo Masid González, concelleiro da corpora-ción municipal de Ouren-se desde 199�, faleceu o pasado 10 de maio, logo dunha enfermidade.

Tanto o PP como o Goberno municpal mani-festaron o seu pesar polo pasamento de Masid, que fora responsable das Con-cellerías de Limpeza e Participación Cidadá du-rante os gobernos do PP. Casado e con tres fillos, Odilo Masid foi empre-sario téxtil e era ademais presidente do Distrito �º do PP de Ourense.

4 Máis de 1.800 alumnos na “Uni-versidade Popular”

O programa de activida-des formativas e de lecer para adultos Universidade Popular, que organiza a Concellería de Educación de Ourense, acadou este ano un novo récord de participación, con máis de 1.800 persoas inscritas.

Dos 87 cursos ofertados este ano, �� son de nova creación, entre os que sa-lientan, entre outros, o deseño e creación de páxi-nas web, ritmos latinos, repostería, cata de viños, restauración de mobles ou modelado e cerámica, en-tre outros. A Universidade Popular pechará o curso o �1 de xuño, coa entrega de diplomas no Auditorio.

Quinta Semana adicada aos Maiores 4 Desenvolverase ata o 1 de xuño.

Galisenior confirma o sector do maior como un “viveiro de emprego”

Atendendo aos datos que sinalan que o �8,�% dos ourensáns teñen máis de 6� anos e que esta cifra vai en aumento, a atención á terceira idade confírmase como un sector de futuro e un “viveiro de emprego”, tal e como o definiu a directora xeral de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, Amparo González, durante a súa visita ao salón Galisenior. Durante dúas xornadas, Expourense converteuse en punto de reunión para os profesionais do sector xerontolóxico así como para 6.000 persoas maiores procedentes de toda Galicia que participaron activamente nas máis de 80 actividades organizadas para eles.

O xefe territorial de Benestar e a directora xeral de Em-prego cos participantes nunha andaina, en Galisenior./R.T.

Page 33: Maio 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMaio de �01�

PUBLICIDADE

Page 34: Maio 2012 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSMaio de �01� OCIO E CULTURA

Coñecemos máis sobre a Asociación Cultural Bande da man da súa secretaria, Ana Álvarez.

Que é a Asociación Cul-tural Bande?

A.A.: “É unha asociación cultural sen ánimo de lucro que leva case trinta anos promovendo a formación integral de adultos, mozos e nenos en Ourense, cun es-forzo especial polo desen-volvemento persoal e social da muller. Temos diver-sificada a nosa actividade en tres seccións principais: xuvenil, universitaria e cul-tural.

Bande Xuvenil é un proxecto familiar. En Bande a familia é a protagonista, e todo se fai querendo respon-der a unha necesidade dos pais e nais para a educación das súas fillas, de modo in-dividual e personalizado.

Téñense en conta mul-

titude de detalles grandes e pequenos: a seriedade e esixencia no estudo per-soal, o afán de convivir en liberdade, a aprendizaxe da solidariedade e o servizo dos demais, a orde, o op-timismo… que impregnan todas as actividades, con inspiración no humanismo cristián”.

A quen van dirixidas as súas actividades?

A.A.: “Algunhas activi-dades son para toda a cida-de, outras para pais e nais, e outras específicas para persoas da universidade, nenas, etc.”

Que actividades tivestes este ano en Bande Xuve-nil?

A.A.: “Durante o curso escolar tivemos estudo di-rixido e actividades de pin-tura, teatro, baile, cociña e manualidades. Organiza-mos un Concurso de Pin-

tura Rápida ao aire libre, no Paseo, e na época de vacacións escolares con-vivencias”.

Cales son as vosas ac-tividades para o verán?

A.A.: A experiencia de-móstrao: un campamento xuvenil nunca se esquece, deixa pegada en pequenas e maiores: fai que cada ve-rán sexa diferente. Realí-zanse actividades nas que adquiren valores, poñen en xogo as súas aptitudes e consolidan amizades, como nos campamentos para Primaria: Multiaven-tura no Kiriko e Deportes de Aventura na granxa-es-cola de Fervenza do Toxa; no Curso de surf na praia de Patos; nos Campos de traballo, en Transilvania -�º ESO e Bacharelato- e en Croacia -para univer-sitarias- ou no Curso de inglés en Irlanda.

Campamentos, campos de traballo e cursos de inglés, propostas de verán da Asociación Cultural Bande

Vespas e lambrettas, na V scooterada O club “Vespa- Lambretta clásica” da cidade de Ourense, coa colaboración dos depar-

tamentos municipais de Turismo e Termalismo, e Medio Ambiente, organiza os días � e � de xuño a V Scooterada Ourensá.

Luís Lorenzo, presidente do clube Vespa- Lambretta, convidou a todos aqueles aman-tes das motos scooter en xeral e das vespas en particular a participar nesta concentración, na que a filosofía é “pasar máis tempo xuntos e ensinarlle á xente que vén de fóra as cou-sas boas que ten Ourense”. Por iso, os participantes na scooterada realizarán un percorri-do pola zona termal das Burgas así como unha visita guíada ao parque de Montealegre.

As inscricións anticipadas poden realizarse ata o �0 de maio no bar Sil, centro social do clube, e o domingo �, na praza Maior, onde se exporán as motos participantes para o goce de veciños e curiosos que se queiran achegar a coñecer un pouco máis estes autén-ticos artigos de coleccionista.

Os concelleiros José Ángel Vázquez Barquero e Marta Arribas con membros do Club Vespa-Lambreta de Ourense, presentaron a scooterada./P.LODEIRO.

Page 35: Maio 2012 - OUxB

��Ourense por BARRIOSMaio de �01�OCIO E CULTURA

[Vén do nº anterior]Por último o alcalde ma-

nifestou que desde o día de semana empezaba a usar o mes de licencia que para restablecer a súa saúde lle concederá o Gobernador da provincia por oficio o 15 do corrente mes, do que deu conta, quedando en consecuencia encargado da alcaldía durante dito período o segundo tenente de alcalde Juan Rodríguez, co que se deu por rematada a sesión.

As fusións entre os po-bos ou concellos si se fan con consenso, uns estudos a fondo e coa verdade por diante e as leis que pro-texan a uns e a outros, poden dar bos resultados, pero si se fan por impo-

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Vivencias de Ponte Canedo

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Despois dun longo silen-cio, parece ser que a vella “molinera” está case dis-posta para reiniciar a súa historia. Hoxe intentaremos recordar como foi a súa eta-pa anterior cun texto escri-to o ano 2008 para colabo-rar na campaña “Salvemos a Molinera”.

“Ao pé da ponte de Mar-celo Macías, resiste aos embates do progreso este edificio, o seu valor arqui-tectónico é “escaso”, á marxe de que é a única che-minea que recorda a antiga industria ourensá, e o edi-ficio cadrado de tres plan-tas, que se ve na foto, era dos poucos que contaban cun tellado a oito augas, algo moi orixinal e raro en Ourense. Para os nosos maiores, é moito “mais”.

Na posguerra, establecé-ronse uns postos de “Fie-lato”, eran puntos onde se cobraba un imposto aos

campesiños, que traían os seus produtos á cidade, iso encarecía o produto, e res-trinxía o seu acceso a parte da poboación, xa empobre-cida per se, entón xurdía a picaresca, (nalgún xeito consentida?).

Onde hoxe está o edificio de telefónica, estaba situado neses tempos un dos fielatos, e a “Molinera” era o lugar perfecto para facer unha parada antes de entrar á ci-dade, a escusa era o deixar algo de gran para moer e re-coller ao marchar, (era para uso persoal) e de paso botar un grolo que sempre había bo viño; o tema era que en-tre o gran sempre quedaba parte do resto da mercan-cía esperando un momento máis propicio para pasar, o normal era esperar á noi-te, (para non molestar ao persoal do Fielato, que xa tiña demasiado traballo), e en moitos casos, utilizar

veredas do Barbaña, para gozar da paisaxe ribeire-ga, ou achegarse á “Casa de Baños” (que a hixiene é importante, e a auga da Burga é medicinal).

Do outro lado do fielato, actual avda. de Zamora, e arredores do Posío, xur-diron mesóns e tabernas que, por necesidade dos fregueses, pechaban a moi altas horas, ou non pecha-ban (hoxe chamaríanse postos de traballo indirec-to). Posiblemente o Bocas e o Milhomes (A Esmorga) coñecesen moi ben ese ambiente, “con permiso da súa cara”, xa que fre-cuentaban a taberna da tia Esquilacha, situada na zona.

Arquivo visual Ouren-sán fondo Miguel Doval; fotografía propiedade de

Lourdes Gonzalez Rodicio; fotógrafo: descoñecido;

texto: Rafael Salgado www.ourensenotempo.com

A “Molinera”

sición e saltándose as leis hai que ter moito coidado. Na fusión Ourense-Canedo en 1943, entre moitas máis cousas, a lei prohibía que un concello de 29.000 ha-bitantes Ourense se puidese fusionar a Canedo con 9.700 habitantes e máis do dobre de extensión.

Agora xa foi pero polo menos a marxe esquerda do Miño, Ourense, respete e conceda alomenos unha Te-nencia de Alcaldía a Ponte Canedo, á marxe dereita do Miño. Sería un acto de bo fa-cer e xenerosidade, merecé-molo. Os meus máis sinceros respetos ás dúas marxes do Miño e autoridades.

Por outra banda, agora os meus fillos José Anto-nio e Carmen teñen un me-

dio de vida, ao decidirse a continuar co negocio que a miña nai a señora Car-men A Guardesa fundou en 1945. Déixollo debidamente preparado para que loiten por conservalo, honrar o seu nome con firmeza e non permitan intromisións alleas que poidan danar a misión que o 4 de maio de 2012 lles encomendei e pensen que este agasallo, non son eu quen llo fai, senón a miña santa nai.

Agora se Deus me dá tem-po cumplirei coa misión que fai anos me marquei, facer o libro da historia de Ponte Canedo, o cal teño comeza-do e oxalá alguén se decida a axudarme na medida que poida, á súa publicación.

Pepe da Guardesa

4RECEITA

Ingredientes:- 2 peitugas de polo- 1 leituga- Mazá- Plátano- Laranxa- Perexil- Salsa rosa- Limón- Laurel- Pemienta

Ensalada de ave- Sal

Preparación:- Cócense as peitugas en

auga, sal, uns gramos de pementa e unha folla de lau-rel.

- Unha vez que enfríen as peitugas córtanse en filetes finos.

- Córtase a leituga e a

mazá en xuliana e o plátano en rodaxas.

- Colócase a leituga, a mazá, o plátano e o polo. Cúbrense cun pouco de sal-sa e decórase o prato coa laranxa cortada e o perexil.

Juan Luis Iglesias Vázquez, xefe de cociña Os Caracoles,

tel. 988 380 165

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Que crise?Estes días propuxéron-

me quitarlle o adxectivo a esta columna, e aínda que non é mais que a derradei-ra verba que lle dá título, penso que para certas cousas son máis novata ca nunca.

Últimamente síntome desubicada, fora de sitio. Pensei en trocar este es-pazo, e en convertelo nun anuncio ao Bette Davis que diga algo así como: “Saamira Ganay, actriz moi currante, con expe-riencia e que non se queixa nunca, busca traballo.”

Pero claro isto sen que acompañe o que acom-pañaba ao anuncio desa gran actriz que era, “ga-ñadora dun Óscar” igual non ten moito efecto entre os produtores.

É verdade que as cousas están moi mal. Non saen apenas proxectos e tanto o teatro como o audiovisual

pasan momentos baixos, igual que outros. O que pode que non saiban moitos é que o audiovisual galego é o sector máis castigado pola crise despois da constru-ción. E que esta industria é un dos sectores estratéxicos da economía galega.

Cando os “grandes da escea e das pantallas” eses que moitos na miña situa-ción pensamos que nunca lles falta traballo porque non deixamos de velos, se “queixan” da situación que vivimos e do mal que esta-mos, aínda que leven razón.. que nos quedará aos de-mais? Aos que non vivimos as vacas gordas.

Pois a nós, tocounos outro momento, que lle imos facer, que seguramente terá moi-tas zonas escuras pero que seguro tamén algo de luz.

Négome, négome a cho-riquear pola crise, se tal… podo meter algún berro al-

gunha vez, por iso de des-afogar, pero nada máis.. nin de broma! Non me podo permitir ese luxo, prefiro manterme positiva, aínda que as veces sexa unha “po-sitiva algo anoxada”.

Así que estou de vacacións forzosas, pero traballando, é dicir rodando curtas. Si… xa sei, que non é moi rendible, pero preciso non perder o contacto cos guións, co set, cos equipos… É momento de reforzarse e activarse ao máximo, se chega algo, que me colla ben esperta. Todo depende de como o tomes, o vivido ata o de agora foi un adestramento e quero tomar este punto como o de saída. Preparados?

Saamira Ganay

“Actriz currante, con experiencia e que non se queixa, busca traballo”

Page 36: Maio 2012 - OUxB

�6 Ourense por BARRIOSMaio de �01� OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

Triste panorama

4DIARIO DUNHA EMIGRANTEUn pouco de azucre

na pilula de DinamarcaÉ o amor cousa da pri-

mavera? No Norte si que se nota isto da revolución sanguínea incentivada pola chegada do bo tempo. De súpeto a cidade está viva e a xente esperta, máis pron-ta e motivada a sorrir sen motivos. Con todo, con-trariamente ao que dita o estereotipo de “xente fría” que se cerne sobre a po-boación escandinava, os daneses presumen de ser xente paixonal, agarimosa e amantes da boa vida. O seu moi querido e peculiar “Hygge” está presente ao longo de todo o ano. Aín-da que devandito termo fai referencia a unha cultura familiar dentro dun hábitat acolledor e propio do fogar, tamén podería extrapolarse a cuestións románticas ou relativas ao espertar das hormonas.

“Hygge”, como a nosa morriña, é un aceno de identidade danesa que de-signa todo aquilo que ache-ga felicidade compartida en compañía dos seres queri-dos, podendo aplicarse en sentido amigable, familiar ou paixonal. Polo tanto, a

primavera, aínda que se fai notar no ánimo e o ambien-te, non é a estación exclusi-vamente reservada ao deus Cupido e ás súas trasnadas.

Para min esta estación non é particularmente a máais romántica do ano. De feito, a alerxia desmo-rona as miñas ansias de conquista e a luz antólla-seme demasiado inquisiti-va e reveladora tras tantos meses de escuridade nos que capas e capas de roupa camuflaban a miña exis-tencia entre os múltiples transeúntes das estreitas rúas de Copenhague. O sol, aínda que ansiado e benvi-do nestas latitudes, non é o único elemento que desata o líbido nas almas danesas. O corazón, que tras a ban-deira debe de ser o símbolo máis presente neste país, sempre está en alza, bri-lle ou non Lourenzo. Esta tribo parece estar sempre presta a deixar sorprender gratamente, a bailar ao son do pálpito que di espertar en marzo e pór patas para arriba o aburrimento e a quietude do inverno. Visto así, non son tan diferentes

ao caótico Sur, pero sen as nosas saídas de ton. Tam-pouco se pode ter todo.

O amor non é cousa da primavera. É un mosquito perenne que morde cando menos o agardas, aquí e no outro lado do mundo. Para min, en Dinamarca, o amor ten nome e re-presenta a miña razón de estar neste país ao bordo de Europa e á cabeza da vangarda mundial. Segu-ro que podería buscar ra-zóns máis prácticas para traer a miña vida a beiras do mar do Norte, pero non máis nobres. Se as crises e as guerras trasladan á po-boación, tamén o corazón ten os seus ilóxicos moti-vos e poder para facelo, aínda que non faga porta-da nos xornais do mundo. Certas estacións son par-te do noso sistema; non son elas senón nós os que espertamos ou durmimos por tempadas. A nosa pro-pia natureza segue o ritmo e traza o rumbo. Como di-ría Alfonso Cuaron: “ (…) o demais é algo secunda-rio”.

Raquel Sertaje

Cando a realidade supera á fición4 MULLERES ANÓNIMAS

Cando perdes un fillo debe ser coma se che arrin-casen o corazón, como nas películas de terror onde un espírito maligno mete a súa man e saca do teu peito o órgano palpitante, pero cando estás diante dun xuíz que é quen decide quitar-che ao teu fillo despois de presentar unha denuncia por malos tratos cara ao pai, e en metade do xuízo sen saber nin como nin por-que, dáse a volta á tortilla e unha muller vítima con-vértese en culpable e nunha persoa non apta para coi-dar ao seu fillo, a vida que-da parada nese instante.

E así comeza un periplo que durará anos, uns anos onde o menor sofre todo tipo de humillacións e vexacións por parte do proxenitor “apto” e unha nai loitando por conseguir que alguén a escoite, que alguén vexa que o seu fillo está a medrar envolto na peor das mise-

rias físicas e psicolóxicas, unha nai que pelexa unha e outra vez para que alguén a recoñeza como o que é, unha gran nai, traballa-dora e con coraxe que por eses caprichos da vida e da xustiza que ás veces parece saída dun conto de ficción, fainos crer que para saír airoso todo vale. Unha nai que viviu o peor dos infer-nos mentres o seu fillo su-fría o indecible e só cando conseguía escaparse do seu “carceleiro” podía chamar á súa nai e contarlle todo o que estaba a vivir.

A impotencia dunha nai que xa non sabía en quen podía confiar e a quen po-día acudir, unha nai que tivo que loitar ademais coas miradas e os rumores por-que “se lle quitan un neno á súa nai será por algo”, pois eu dígolles que a min foi á primeira que lle estra-ñou, desde a miña posición de observadora deime con-

ta de moitas cousas, a nai non era a nai perfecta pero seica existe, pero cada vez que o “proxenitor apto” cansábase de telo e llo “de-volvía” á nai coma se se tratase dunha mercadoría calquera o neno volvía so-rrir e viña verme feliz para contarme que volvera ao seu colexio, que agora tiña quen lle axudase cos debe-res porque a súa nai “non apta” preocupábase de que os fixese, de que cumprise coas súas tarefas indepen-dentemente dos seus pro-blemas, viña a velo e abra-zábao tan forte pedindo a berros agarimo e refuxio, ata que o caprichoso “pai apto” volvía querer telo con el. E así unha e outra vez sen que ninguén fixese nada por impedilo, nin por axudar á vítima máis desprotexida, ata que se cansou totalmente e levou ao seu fillo a un centro de menores para que se fixesen

cargo del porque xa non quería telo máis e ese centro de menores trami-tou todos os papeis para devolver o neno á súa nai case 7 anos despois. Ela interpuxo unha denuncia contra “o pai apto” por abandono e empezaron a crerse a versión da “nai non apta”.

Decididamente ás ve-ces a realidade supera a ficción. Pero polo menos esta historia tivo un final feliz e hoxe o neno pode sorrir de novo coa súa sú-per nai, que pelexou cos poucos recursos dos que dispuña e ao final demos-trou que quizais a persoa que a avaliou non era “apta” para facelo.

Alégrome e eles sábeno, de que o pesadelo termi-nase e que por fin poida gozar da pouca infancia que lle queda e que lle arrebataron.

Mónica F. Pintos

Confeso que me gusta-ría escribir este mes algo positivo. Un artigo que falase de boas novas, pero a realidade é outra. Esta-mos nunha situación moi delicada, só hai que abrir un xornal, escoitar un bo-letín informativo ou ver un telexornal para observar que desde a primeira á úl-tima nova teñen signo ne-gativo. Por si fora pouco as medidas dos políticos céntranse na austeridade e deixan de lado solucións que poderían cambiar a tendencia cara a recupe-ración económica, son as chamadas políticas de crecemento.

Non hai solucións mila-grosas polo que as medi-das haberá que probalas ata que consigamos che-gar a aquelas que poidan ofrecernos algún síntoma de recuperación.

Os recortes da admi-nistración, co obxetivo de reducir o déficit, producen unha redución na activi-dade económica que nos

axudan a afogarnos máis na crise. O que máis me preocupa é que parte deses cartos que se van aforrar irán parar ás caixas fortes de entidades financeiras. Parte do sistema financeiro quedou grandemente toca-do pola crise e os números vermellos na contabilidade das caixas levan ao go-berno a nacionalizar as entidades e poñer diñeiro fresco coa intención de que non quebren. Indignante me parece, aínda que loxica-mente se esas axudas quen pagarían a pésima xestión do pasado serían os peque-nos aforradores que contan cuns cartiños nas libretas.

España viviu coma un novo rico nos últimos anos. Os gobernantes gastaban cartos sen pensar na via-bilidade dos investimentos e o capital privado encheu de construcións as nosas costas e as nosas cidades. O ladrillo converteuse no mellor negocio e na nova forma de investimento que ofrecía moita máis rendabi-

4LITERATÚA

Polas pedrasHai un río bastante ex-

tenso, máis ancho co Tá-mesis, Guadalquivir ou o Douro, e máis longo co Nilo o de Heráclito ou o Lethes. Un río chamado existencia, atravesado por unha longa ringleira de pedras que, se pisamos dunha nunha, axudaranos a cruzalo. Sendo o punto final, a outra beira, o noso momento presente. E con-vídoos a que viaxen a pé comigo dende o pasado cara o presente, sobre as pedras do existir, para que vexan que final lle agarda á nosa singradura; ao noso abafante periplo:

Damos un chimpo dende a beira á primeira das pe-dras, e comprobamos que se chama SUPERVIVENCIA. Saltamos á segunda e topá-monos noutra pedra que ten unha fenda que a divide en dous, sendo a primeira das partes a ENVEXA e a outra os CIUMES. Así seguimos, choutando de pedra en pe-dra dende a envexa e os ciumes á PELEXA – GUE-RRA – SOMETEMENTO – CONQUISTA – ABUSO

– INVASIÓN – ESPOLIO – BOTÍN – MONARQUÍA – IMPOSTO (paremos, to-memos aire, pero sigamos camiñando polas pedras, xa verán que final nos agarda) – TRABUCO – PREBENDA – AVOENGO – REGALÍA – ARISTOCRACIA – NO-BREZA – CLERO – BULA – PRIVILEXIO – DIÑEI-RO – RENDA – GUERRA – GUERRA – GUERRA – BOTÍN DE GUERRA – SUBXUGAMENTO – IM-POSTO – FIDALGO – DÉ-BEDA – CACIQUE – CAPI-TALISMO – BURGUESÍA – INDUSTRIA (seguimos a pousar os pés nas pedras e xa somos quen de divisar o final) – RENDA – PRIVI-LEXIO – INXUSTIZA – RÉ-DITO – ESPECULACIÓN – PLUSVALÍA – SUPERÁ-VIT – AMBICIÓN – BANCA – ECONOMÍA – RIQUEZA – INTERESE – ESPECULA-CIÓN – ESPECULACIÓN – ESPECULACIÓN (e che-gamos á ultima pedra antes de pousar os pés na herba da outra beira do río) – CRISE.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

lidade que as caixas fortes dos bancos.

Hoxe estamos sufrindo os erros do pasado, encontrá-monos nunha rúa sen saí-da, presos dunha situación da que aínda non temos a solución.

Pero o que máis me en-tristece é que sempre pagan os mesmos, os cidadáns in-defensos que neste momen-to están en situacións que se poden calificar de dra-máticas en moitos casos.

É tremendo ver aos pe-quenos aforradores que investiron, na maioría das veces enganados, en prefe-rentes que hoxe non teñen liquidez e que terían que vivir varias vidas para vol-ver ver os seus cartos, men-tres os anteriores xestores das caixas galegas viven os seus días felices cunhas contas correntes tremenda-mente saneadas.

Coma sempre os de abaixo son os que pagan os erros dos de arriba.

Xavi C. Martiñá

Page 37: Maio 2012 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSMaio de �01�

OCIO E CULTURA

EN BREVEOurense, cidade de música4Logo do éxito dos concertos dos Resentidos e do Festival Re-perkusión, o público ourensán agarda polo Derrame Rock.

4 Exposición interactiva sobre Celso Emilio

A Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria leva ata a Casa da Xuventude unha mostra interactiva sobre a vida e a obra do escritor Celso Emilio Ferreiro, do que se conmemoran en �01� o centenario do seu nacemento e os �0 anos da publicación de “Longa noite de pedra”.

A exposición, que pode-rá visitarse ata o 8 de xuño, baséase nun formato inte-ractivo que inclúe imaxes, poemas musicados, audio-visuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sono-ras co recitado do poeta.

4 Premio Risco de Creación Literaria

Aprobáronse as Bases do Premio Risco de Creación Literaria, que neste ano ce-lebra a súa XXIII edición. O premio está dotado de 6.000 euros e a obra pre-

miada será publicada.O Concello de Ourense

quere con esta iniciativa lembrar e pór en valor a figura de Vicente Martínez- Risco e Agüero e promover a creatividade e a creación literaria así como o uso do galego. O prazo de entrega remata o 1 de outubro.

4 Restauración do Órgano Maior da Catedral

Ante a imposibilidade do Cabildo de Ourense de encargarse en exclusivi-dade da restauración do órgano maior de Catedral, constituíuse unha comisión que se encargará de soli-citar pequenas axudas a institucións e particulares que permitan levar a cabo esta mellora, que precisa-rá un investimento total de 80.000 euros.

O órgano da Catedral é un ben de culto, pero tamén cumpre unha inestimable finalidade cultural, sendo moitos os concertos que se dan con el.

P.L.

Que Ourense é unha ci-dade con afección musical quedou ben claro este mes de maio, no que houbo concertos para todos os pú-blicos. Desde o Festival de Jazz de Primavera que orga-niza o Café Latino e é xa un referente dentro e fóra da ci-dade, ata dúas citas extraor-dinarias que fixeron bailar a ourensáns e visitantes.

En primeiro lugar, o con-certo homenaxe aos Resen-tidos, que subían de novo a un escenario para cele-brar o seu �0º aniversario. Arroupados por unha morea de artistas amigos (como Julián Hernández, Budiño, Xurxo Souto, Tonhito de Poi, ou Luís Tosar) os de Antón Reixa demostraron que seguen en forma e que a súa música segue vixen-te. Durante máis de hora e

media, os varios miles de persoas presentes en Ex-pourense non deixaron de corear e bailar éxitos como

“Galicia Canibal. Fai un sol de carallo” ou “Galicia sitio distinto”.

E unha carambola do des-

tino quixo que o Festival Reperkusión que se viña celebrando en Allariz re-matase nesta a súa déci-ma edición en Benposta. Manu Chao foi a gran es-trela dun festival que con-gregou durante tres xor-nadas �1.000 persoas na Cidade dos Muchachos.

Los Suaves, no Derra-me Rock

Despedimos maio e co-meza a conta atrás para a segunda edición ourensá do Derrame Rock. A un cartel composto por máis de corenta grupos, e no que sobresaen Loquillo, Rosendo, Sepultura e Los Enemigos sumóuselle a última hora a actuación de Los Suaves.

A cita para os amantes do rock será os días �8, �9 e �0 de xuño no recinto deportivo de Oira.

Manu Chao foi o máis agardado do Reperkusión 2012. O músico galego-francés non defraudou, con dous espectá-culos moi intensos de case tres horas nos que o público non deixou en ningún momento de bailar./P. LODEIRO.

Page 38: Maio 2012 - OUxB

�8 Ourense por BARRIOSMaio de �01� OCIO E CULTURA

4O MES EN IMAXES

Maios pasados por augaA celebración dos Maios deste ano, convertida en festivo local, quedou deslocida pola

choiva caída durante a xornada, o que mermou o número de maios presentados ao con-curso así como a afluencia de público nas rúas Paseo e Lamas Carvajal onde se instala-ron as esculturas.

En total foron 19 creacións, gañando na modalidade de ‘maio artístico’ a asociación de veciños de Rabo de Galo e na de ‘maio enxebre’ a asociación de veciños Santa Ana do Pino. Mentres o ‘maio escolar’ foi para o IES Otero Pedrayo. Na categoría de coplas, os vencedores foron o grupo Ronda da Auriense.

Fieis á citaMiles de fieis á virxe de Fátima acompañárona na súa procesión que a leva cada 13 de

maio da igrexa de Fátima ata a Catedral, para alí ofrecerlle unha misa que nesta ocasión estivo presidida polo bispo de Ourense Monseñor Lemos. Un ano máis a devoción dos ourensáns por esta virxe quedou patente pola afluencia masiva, xusto cando se cumpre o �0º aniversario da construción da igrexa de Fátima no barrio do Couto.

Reabre a GuardesaO café-bar A Guardesa, situado na Ponte, volveu abrir este mes as súas portas, tras

sufrir unha completa renovación. En 19�� o bar abría na esquina da que hoxe é a rúa Eulogio Gómez Franqueira con San Paio, fronte á estación de ferrocarril. Agora, 67 anos despois, son os netos da fundadora (a “Guardesa”) e fillos do coñecido Pepe da Guar-desa, Carmen e Jose, os que se poñen detrás da barra. O bar está aberto todos os días desde as 7 da mañá e ofrece aos seus clientes unha selección de tapas e pinchos.

Feira de artesaníaUn total de �1 expositores, procedentes de Galicia na súa maioría, pero tamén de

Asturias, Andalucía, Murcia, Aragón, Castela-León, Castela-A Mancha e Madrid, parti-ciparon na XVI edición da Feira de Artesanía de Ourense.

Durante os dez días nos que estivo aberta a feira na Alameda do Bispo Cesáreo, a exposición e venda directa complementouse coa celebración de obradoiros de artesanía en vivo todos os días da feira, así como sorteos diarios das pezas artesanais. Os que a visitaron puideron ver e mercar produtos elaborados á man en materiais coma o coiro, xoias, pezas de madeira, de papel e cartón ou de cerámica.

Paseo da SaúdeMáis de �.000 cidadáns visitaron a novena edición do Paseo da Saúde do Concello de

Ourense, instalado durante as xornadas do 9 e 10 de maio na Alameda do Bispo Cesáreo. �8 asociacións ourensás estiveron presentes neste evento, na que colaborou tamén o Colexio de Farmacéuticos. Durante os dous días realizáronse 1.000 rexistros de tensión ocular, 700 de glucemia, 600 de tensión arterial e �00 de colesterol, entre outras análises.Así mesmo, os rexistros de colesterol detectaron que dos �00 casos medidos, nun 1�% padecían colesterol medio alto, e nun �% hipercolesterolemia.

As motos tomaron OurenseA X Concentración Internacional de Motos As Burgas �01� congregou na cidade du-

rante a pasada fin de semana a centos de afeccionados ás dúas rodas. Rutas, showbike, concertos, agasallos, xantar de confraternidade e o desfile das antorchas foron algúns dos atractivos dunha programación de tres días que reuniu no recinto de Oira ao redor de cinco mil persoas.

Page 39: Maio 2012 - OUxB

�9Ourense por BARRIOSMaio de �01�PUBLICIDADE

Page 40: Maio 2012 - OUxB

Ourense por BARRIOSMaio de �01�

Page 41: Maio 2012 - OUxB

Número: 107 - Ano: XI - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx.12BARRIOS Páx.12 CIDADE Páx.18BARRIOS Páx.8 OCIO Páx.37

Visita ás obras do futuro complexo deportivo de Eiroás

A Chavasqueira celebra o 24 de xuño o VI Día Termal

Pechada durante un mes, por reformas, a pasarela de Oira

Xogadores e seareiros do CD Ourense celebran o ascenso a 2ª B. No recadro, homenaxe aos xogadores do COB no Couto./R.T.

Ascensos históricos de COB e CD Ourense

[páx. 28]

Tras Os Resentidos e Reperkusión, chega o Derrame Rock

Feijoo anuncia que este ano licítase a 1ª fase do Hospital 2050

Os políticos fan balance [entrevistas páx.2-5]

Page 42: Maio 2012 - OUxB

Número: 93 - Ano: XI - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CIDADE Páx.18 SAÚDE Páx.25CIDADE Páx.6 OCIO Páx.37

Xogadores e seareiros do CD Ourense celebran o ascenso a 2ª B. No recadro, homenaxe aos xogadores do COB no Couto./R.T.

Ascensos históricos de COB e CD Ourense

[páx. 28]

Os políticos fan balance [entrevistas páx.2-5]

Tras Os Resentidos e Reperkusión, chega o Derrame Rock

Feijoo anuncia que este ano licítase a 1ª fase do Hospital 2050

A media para operarse no CHUOU é de 45 días

ENTREVISTA Páx.30

Raquel Doallo, socia promotora da banca ética Fiare

O Centro Cultural levará o nome de Marcos Valcárcel

Page 43: Maio 2012 - OUxB

Número: 56- Ano: XI - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.6 ENTREVISTA Páx.30 OCIO Páx. 37CIDADE Páx. 18 SAÚDE Páx.25

Xogadores e seareiros do CD Ourense celebran o ascenso a 2ª B. No recadro, homenaxe aos xogadores do COB no Couto./R.T.

Ascensos históricos de COB e CD Ourense

[páx. 28]

Tras Os Resentidos e Reperkusión, chega o Derrame Rock

Feijoo anuncia que este ano licítase a 1ª fase do Hospital 2050

A media para operarse no CHUOU é de 45 días

Raquel Doallo, socia promotora da banca ética Fiare

O Centro Cultural levará o nome de Marcos Valcárcel

Os políticos fan balance [entrevistas páx.2-5]