Xaneiro 2012 - OUXB

43
Número: 113 - Ano: XI - Xaneiro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.3 DEPORTE Páx. 28 O CD Ourense perde e alónxase do primeiro posto O Plan das Burgas, aprobado por unanimidade BARRIOS Páx.6 OCIO Páx.38 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] A cantante pechou a entrega de premios do centro comercial. /P.L. 13ª edición de Xantar, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense Entrevistas a Merche Valeiras e Lalo Gómez, da Casa da Xuventude Tralas obras, reabre a escola infantil Antela do Couto A VALENZÁ Páx. 8 Os concelleiros do BNG abandonan o pleno de Barbadás Baltar sucederá a Baltar [páx. 12-13] Chenoa, na Gala de Couto Centro José Luis Baltar, no seu último pleno á fronte da Deputación. /P.L. [páx. 9] [páx. 2]

description

A retirada de Baltar, na portada de Ourense por Barrios. O número de xaneiro informa sobre a marcha da Deputación de José Luis Baltar, e moitos máis temas. A retirada de José Luis Baltar como presidente da Deputación e a candidatura do seu fillo a presidila é tema de portada no Ourense por Barrios, xunto con outras informacións: a IV Gala Couto Centro na edición do Couto, as obras na Chavasqueira, na edición Ponte Canedo, a aprobación do Plan Especial das Burgas na edición do Centro e a repartura da rúa da Canle na edición de San Francisco. Tamén en portada, unha chamada ás entrevistas con Merche Valeiras e Lalo Gómez, directora e presidente da Casa da Xuventude-Espazo Xove.

Transcript of Xaneiro 2012 - OUXB

Page 1: Xaneiro 2012 - OUXB

Número: 113 - Ano: XI - Xaneiro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 DEPORTE Páx. 28

O CD Ourense perde e alónxase do primeiro posto

O Plan das Burgas, aprobado por unanimidade

BARRIOS Páx.6 OCIO Páx.38

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

A cantante pechou a entrega de premios do centro comercial. /P.L.

13ª edición de Xantar, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense

Entrevistas a Merche Valeiras

e Lalo Gómez, da Casa da Xuventude

Tralas obras, reabre a escola infantil Antela do Couto

A VALENZÁ Páx. 8

Os concelleiros do BNG abandonan o pleno de Barbadás

Baltar sucederá a Baltar

[páx. 12-13]

Chenoa, na Gala de Couto Centro

José Luis Baltar, no seu último pleno á fronte da Deputación. /P.L.

[páx. 9] [páx. 2]

Page 2: Xaneiro 2012 - OUXB

� Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� TEMA DO MES

Baltar sucederá a Baltar4 Manuel Baltar será investido presidente da Deputación de Ourense nun pleno que debe celebrarse antes do 10 de febreiro.Paula Lodeiro

O �4 de xaneiro queda-rá rexistrado na historia da política ourensá como a data na que José Luis Bal-tar comunicou a súa retira-da como presidente da De-putación, logo de �� anos á fronte da institución. A marcha da política do barón popular víñase anunciando desde �010, cando deixara a presidencia provincial do partido en mans do seu fi-llo. A sucesión completara-se nos vindeiros días, cando Manuel Baltar Blanco asu-ma a presidencia da admi-nistración provincial.

Non houbo sorpresa, e o comité electoral do PP de-signou candidato a presidir a Deputación ao presidente provincial Manuel Baltar. O seu foi o único nome barallado polo partido e a decisión foi unánime. O primeiro suplente, o alcal-de de Nogueira de Ramuín, César Parente, renunciou á súa acta de deputado para despexarlle o camiño, que

se completará antes do 10 de febreiro coa toma de po-sesión do seu novo cargo no pleno da Deputación.

“É unha grandísima honra ser proposto polo meu par-tido para dirixir o goberno da administración da pro-vincia, porque eu antes que nada son ourensán e creo en Ourense”, asegurou José Manuel Baltar Blanco, que dixo asumir o novo cargo con “moita ilusión, a miña capacidade de traballo, ga-nas e forza”.

Baltar Blanco non des-velou como será a súa pre-sidencia, faráo, unha vez tome posesión, despois de examinar a situación da De-putación, os proxectos en marcha e os seus posiciona-mentos sobre temas de inte-rese para a provincia. Enga-diu que non lle molesta que a oposición considere esta sucesión na Deputación como unha “abdicación” dentro da familia Baltar, “con ese discurso veñen conseguindo fracasos máis que sonoros”, replicoulles.

O pleno da despedida de José Luis Baltar á fronte da institución que presidiu �� anos desenvolveuse nun ton de cordialidade e acordo, incluso as tres mocións que presentaba a oposición foron apro-badas por unanimidade. Para o final quedou o seu discurso, no que José Luis Baltar agradeceu especial-mente o apoio da súa mu-ller. “A miña dona perdeu un marido e recupera ago-ra a un xubilado. Agardo poder compensala, aínda que sexa parcialmente”, afirmou. Por momentos coa voz quebrada, pero sen chegar a soltar unha bágoa, o veterán político deu as grazas aos depu-tados da súa formación e aos da oposición, defen-deu o papel da Deputa-ción e tivo unha referenza

especial para os traballado-res da institución, “uns fun-cionarios excepcionais”. “Sempre me gustou ser un home do pobo, próximo ao pobo, que escoite o sentir da xente e agora volvo ser un deles”, rematou, non sen antes pedir aos medios de comunicación que o deixá-ramos ser, a partir de agora, “un cidadán anónimo, lon-xe de todo protagonismo mediático”.

Logo, repartiu abrazos e bicos entre os membros do seu partido, algúns deles visiblemente emocionados, o público presente, na súa maioría cargos do PP, e fi-nalmente entre os traballa-dores da Deputación.

Previamente, na rolda de prensa do sinalado �4 de xaneiro, Baltar afirmou que a súa marcha era “unha de-cisión moi meditada” coa

que cumplía “o que dixen sempre: que a min non me botarían nin unhas elec-cións nin desde o partido”. Retírase nun “momento doce” para o partido, des-pois do “éxito rotundo” das eleccións municipais e xerais, afirmou, pero ta-mén nun momento no que se atopa canso da políti-ca, na que botou 44 anos. “Non merece a pena: can-do chegas aos 71 anos ves a vida doutra maneira, é máis o que perdiches que o que gañaches, non com-pensa”, manifestou. “Se fora hoxe non me houbera metido na política”, enga-diu, mais recoñeceu: “non podo renegar do que fun”.

A súa nova etapa pro-métea dedicar a “coidar dos netos e dar uns paseos pola finca, vou estar ocu-pado ao 100%”

4 Valoracións da oposición

O BNG considera que o relevo de Baltar no seu fillo é formalmente demo-crático pero “indefendi-ble tanto ética como so-cialmente”.

Os nacionalistas cifran en �.000 millóns de euros os recursos xestionados por José Luis Baltar du-rante �� anos á fronte da Deputación, “que non serviron para sacar á pro-vincia dos indicadores negativos”. Así, o voceiro provincial, Xan Jardón, precisou que Baltar “tivo moito poder e non soubo ou non quixo poñelo ao servizo do desenvolvemen-to desta provincia”. Sobre a súa traxectoria, cualifi-couna de “polémica e moi contradictoria, personalis-ta e presidencialista, e con casos de nepotismo”.

Mentres, o PSOE cua-lifica de “engano” aos ourensáns que Baltar en-tregue a Deputación ao seu fillo. O seu voceiro na institución provincial, Ignacio Gómez, lamentou que “esta non é a primei-ra vez que (Baltar) entre-ga un cargo” ao seu fillo, recordando a sucesión interna no PP de Ourense fai dous anos, e que des-ta volta é “máis grave se cabe porque estamos di-cindo que entrega unha institución”.

Pola súa banda, o se-cretario provincial dos so-cialistas ourensáns, Raúl Fernández, afirmou que a bagaxe que deixa Baltar logo de �� anos ao fronte da institución provincial é “despilfarro de diñei-ro público, adicándose a crear única e exclusiva-mente unha rede clientelar e deixando sen accións visibles polas que o poi-damos recordar”.

José Luis Baltar abrazouse con todos os deputados do seu grupo ao remate do pleno da Deputación no que presentou a súa renuncia./P.L.

4 Emotiva despedida da que foi a súa casa durante 22 anos

Manuel Baltar será o novo presidente da Deputación./P.L.

Page 3: Xaneiro 2012 - OUXB

�Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�TEMA DO MES

P. Lodeiro

Unanimidade, brevi-dade, agradecementos e bos desexos para o que está chamado a ser un dos proxectos estratéxicos de Ourense foron a tónica do pleno extraordinario que se convocou no Concello para aprobar definitivamente o denominado Plan especial de protección do BIC con categoría de sitio históri-co do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado.

A concelleira de Urbanis-mo, a socialista Aurea Soto, interviu para detallar os an-tecedentes do Plan, desde a declaración da zona como BIC en febreiro de �007, así como os seus principais trazos. O Plan delimita tres zonas de actuación: a cida-de histórica e a valgada das Burgas; a praza de Abastos

e o seu contorno inmediato, e o ámbito entre a rúa Pro-greso, o río Barbaña, a rúa Fervedoiro e a antiga cárce-re. Desta última dixo Aurea Soto que se trata da peza “máis deteriorada” pero que sobre ela “vai xirar o futuro emblemático e eco-nómico” da cidade. A edil de Urbanismo explicou que esta zona se tratará “como un proxecto conxunto, aín-da que se desenvolve en tres propiedades separadas (antiga cárcere, Baños de Outeiro e solar de Xardín das Burgas)”.

A tenente de alcalde ,Isa-bel Pérez, foi máis solemne no seu discurso, centrado en destacar o papel do BNG na consecución deste logro. “Por fin a antiga cadea, a nosa histórica Praza, as Bur-gas e o seu entorno poderán erguerse e recuperar todo o esplendor que tiveron”, foi

4 Todos os praceiros poderán continuar no mercado trala reforma

Un dos espazos ubicados na zona do PERI das Bur-gas cuxa recuperación está máis avanzada é a Praza de Abastos. Máis de 6.000 me-tros cadrados de superficie comercial, un aparcamento de 410 prazas, novos espa-zos de servizo para a acti-vidade dos comerciantes, novos itinerarios de acceso e un contorno humanizado que veña pór en valor o potencial do mercado mu-nicipal son algunhas das claves do proxecto de re-forma da Praza de Abastos que prepara o Concello de Ourense.

O concelleiro de Comer-cio, José Ángel Vázquez Barquero, e responsables do equipo redactor, Alfre-do Freixedo, mantiveron unha xuntanza cos co-merciantes da praza para presentarlles o avance do proxecto.

Máis superficie comer-cial

Con este encontro, o Con-cello pretende buscar vías de acordo e colaboración cos empresarios para afron-tar a reforma do mercado municipal, partindo de catro compromisos básicos: o pri-meiro, que todos os pracei-ros poderán continuar a súa actividade na Praza despois da reforma; o segundo, que o Concello non autorizará ningunha nova activida-de que compita coa actual oferta dos praceiros, pois a superficie de alimentación que se instale non traballará produtos frescos, o terceiro, que o goberno escoitará as propostas do colectivo para elaborar o proxecto final; e por último, que os praceiros disporán de máis metros ca-drados unha vez rehabilita-do o recinto.

De feito, ao remate da

reforma a superficie de uso comercial da Praza de Abastos e o seu contorno ampliarase ata os 6.�95 metros cadrados, reparti-dos entre postos interio-res (1.480), baixo cuberta (460), gran superficie co-mercial no soto do edifi-cio (1.500), �.190 metros cadrados máis nos espazos exteriores e 765 dos locais sitos baixo a Alameda.

O proxecto prevé tamén un aparcamento público baixo rasante, en tres so-tos, ubicado entre a Alame-da e o edificio da Praza de Abastos, a rúa Trasalame-da e a baixada á Praza, que proporcionará un total de 410 prazas de aparcamen-to ao servizo dos usuarios da praza. Acollerá tamén áreas de servizo á Praza, como almacéns, zona de carga e descarga e sala de residuos.

O Plan das Burgas, aprobado por unanimidade4 Os grupos políticos da corporación de Ourense destacaron a trascendencia deste proxecto para o futuro da cidade.

unha das frases destacadas do discurso da política na-cionalista.

O popular Guillermo Co-llarte recoñeceu o cambio de postura do seu grupo con respecto a este tema “porque criamos que era o mellor para a nosa cidade”. “O futuro de Ourense pasa polo bo desenvolvemento deste proxecto”, rematou, emocionado.

Os tres intervintes agra-deceron a colaboración de todos os que interviron na elaboración deste proxecto, ao igual que o fixo o rexe-dor. Non houbo segundo turno de réplicas (Democra-cia Ourensana nin sequera interviu), e ata o alcalde case se esquece de anunciar a aprobación do Plan espe-cial antes de dar por rema-tada a sesión, momento que foi acollido con aplausos polo público presente.

A Praza de Abastos, na actualidade. /P.L.

En primeiro plano, a documentación do Plan Especial das Burgas. /P.l.

Page 4: Xaneiro 2012 - OUXB

4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� BARRIOS

Redacción

Familiares e escolares do colexio Amadeo Rodríguez Barroso dos Rosais esce-

nificaron o pasado vernes ás portas do colexio o frío que están a pasar nas aulas debido aos problemas co sistema de calefacción. Ao

canto de “Os nenos dos Ro-sais non somos esquimais!” os rapaces, ataviados con mantas, gorros, bufandas e abrigos, deron mostra da

súa indignación á non so-lución do problema que teñen coa calefacción, querendo meter, deste xei-to, presión á Xunta de Ga-licia para que solucione a problema canto antes.

Os pais non queren que os seus fillos caian enfer-mos por culpa de non ter a temperatura axeitada nas aulas. Piden, ademais, unha solución completa, e que se arranxe tamén o problema de falta de re-frixeración que as clases padecen durante o verán.

Explicación da XuntaEn relación a este pro-

blema, o delegado da Xunta, Rogelio Martínez, afirmou que técnicos da empresa instaladora e da constructora están a traba-llar nunha solución. Mar-tínez explicou que xa se cambiou a caldeira de bio-masa que había por outra de gasóleo. “Momenta-neamente colocaranse uns radiadores eléctricos para paliar o déficit de tempe-ratura mentres se atopa unha solución definitiva”, apuntou o delegado.

Os nenos dos Rosais non queren ser esquimais4 Protesta no Amadeo Rodríguez Barroso polos problemas coa calefacción

Escolares abrigados con mantas e os seus pais á entrada do centro o pasado venres./R.T.

A rúa da Canle levaba seis meses pechada ao tráfico./P.L.

Apertura da rúa da Canle, seis meses despoisRedacción

O Concello de Ourense vén de aprobar a recep-ción das obras do Proxecto de Urbanización da rúa da Canle e Fonte dos Caños, unha das principais vías de acceso a Montealegre e á urbanización Monterrei.

As obras consistiron na realización de beirarrúas e un vial na marxe esquer-da. Levouse a cabo o sa-neamento e drenaxe coa instalación de tubaxes de

PVC nos sumidoiros e a mellora do abastecemen-to. A implantación dun novo sistema de alumeado público, o soterramento do cableado telefónico, a creación de novos espazos verdes e a dotación de mo-biliario urbán completan a actuación.

Unha vez os promotores da obra asinen o documento de recepción, poderá abrirse ao tráfico a rúa, que levaba seis meses pechada.

Paralelamente, a Xunta de Goberno Local conce-deu licencia urbanística de ocupación do edificio de vi-vendas situado nesta rúa.

Page 5: Xaneiro 2012 - OUXB

5Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�BARRIOS

Redacción

As termas gratuítas da Chavasqueira pecharon ao público a semana pasada para poder acometer nelas obras de mellora, coas que paliar o deterioro causado polo uso e o paso do tempo.

O proxecto consiste fun-damentalmente na instala-ción dunha nova ducha que proporcione aos usuarios auga fría e quente (a exis-tente ata hoxe só daba auga fría), a mellora do sistema de climatización das pozas, xa que as augas manan a unha temperatura duns 60 graos, e teñen que ser atem-peradas con auga fría para acadar un nivel óptimo para o baño termal, ao redor dos

�7 graos, e o selado do muro exterior da área termal, para evitar filtracións de auga procedente do río cando au-menta o seu caudal.

As obras foron executa-

das pola empresa Tragsa, e contaron cun orzamento de 18.796 euros.

A área termal da Cha-vasqueira, a primeira de Ourense en abrir ao públi-

As termas gratuítas da Chavasqueira pecharon por reformas4 As obras consistiron na mellora do sistema de climatización das pozas, instalación dunha nova ducha e o selado do muro exte-rior da área termal. Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou adxu-dicar definitivamente a contratación, mediante procedemento aberto, do control, mantemento e ex-plotación da área termal de Outariz e Burga de Ca-nedo a Aspanas Termal.

Con esta adxudicación, o Concello pretende po-tenciar estas zonas ter-mais da marxe dereita do río Miño, facilitando e mellorando as condicións de desfrute por parte dos veciños e visitantes da ci-dade destas instalacións termais, garantindo o seu mantemento en condi-cións óptimas de uso, con-servación e limpeza.

Ata o de agora, a xes-tión dos espazos termais na zona de Outariz e Burgas de Canedo, con dúas zonas de baño de uso público e gratuíto, adoptaba diversos xeitos de contratación para levar a cabo o mantemento da zona e as instalacións.

A partir de agora, a em-presa xestionará integral-mente a totalidade de servi-zos nesta zona: vixilancia, control e información da área termal, mantemento, limpeza e desinfección das instalacións, equipamento e mobiliario da área ter-mal, prestación de primei-ros auxilios e contacto con servizos de emerxencias, mantemento das zonas ver-des, mobiliario e viais, e explotación de bar e kiosko terraza.

Adxudicado a “Aspa-nas Termal” o man-temento de Outariz e Burga de Canedo

co, en �001, conta con dúas pozas termais gratuí-tas. A súa auga está indi-cada especialmente para afeccións reumáticas e dermatolóxicas.

Os traballos na Chavasqueira continuaban este luns 30 de xaneiro./M.REJO

Page 6: Xaneiro 2012 - OUXB

6 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

EN BREVE

4Mellora nos accesos á Carballeira

O Concello de Ourense realizou obras de mellora no enlace da rúa Nicome-des Pastor Díaz coa aveni-da de Portugal e desta coa rúa Carriarico. Con elas pretendeuse solventar o desnivel existente na rúa Nicomedes Pastor Díaz e acondicionar os accesos ao barrio da Carballeira tanto para peóns como para condutores.

Os traballos requeriron pechar ao tráfico a rúa Ca-rriarico e regular o paso na avenida de Portugal.

4 Cambio de titularidade de cinco rúas

Xa se publicou no DOG a cesión ao Concello de Ourense por parte da Xunta das rúas Ervede-lo, Adrio Menéndez, Rei Soto, Vicente Risco e Cel-so Emilio Ferreiro.

Estas vías foron huma-nizadas pola Consellería de Medio Ambiente e ago-ra correspóndelle ao Con-cello de Ourense todas as actividades de xestión, mantemento, conserva-ción e explotación.

4 Recurrirán a anulación da licen-za a El Corte Inglés

O Concello de Ourense recurrirá ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o auto que anula a licenza para a construción dun centro comercial en Mariñamansa.

Mentres, El Corte Inglés ten previsto solicitar nova licenza para acometer este proxecto, tal e como per-mite a ordenación urba-nística provisional.

Redacción

Rogelio Martínez nega que o Centro de Menores de Montealegre vaia ser desmantelado, tal e como anunciaban os sindicatos, senón que estará pechado por obras todo o que queda de ano e previsiblemente tamén os primeiros meses de �01�. “Non hai ningún problema en Montealegre, máis que o que están in-ventando as centrais sin-

dicais”, afirmou o delegado da Xunta en Ourense, quen explicou que as instalacións “non eran axeitadas para a asistencia aos menores que estaban alí”, polo que a Xunta aprobou unha remo-delación “bastante integral” do centro.

Mentres duren os traba-llos, os 17 rapaces usuarios de Montealegre serán aco-llidos no centro da Carba-lleira, que dispón de �4 pra-zas libres. Tamén o persoal

será trasladado a estoutro centro. Martínez considera que esta nova ubicación é incluso máis axeitada para os menores: “están máis integrados na cidade, son rapaces sen medidas xudi-ciais, precisan saír do cen-tro, facer actividades fóra do centro, teñen un colexio que non é máis que cruzar unha rúa”.

Varios sindicalistas do Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense concentráronse fronte ao edificio sindical para amosar o seu rexeitamento ao peche do centro de menores de Montealegre, por considerar que supón a eliminación dun centro “que presta desde hai 30 anos e ata o de agora, un servizo básico e impecable na reinserción na sociedade de menores en risco de exclusión social”. O comité, formado por CIG, CCOO, UGT e CSI-F, esixe que se fagan as obras necesarias nas instalacións para que o centro continúe prestando “este servizo público, e de calidade”./P.LODEIRO.

Reabre a escola infantil Antela4 Esta semana incorpóranse os últimos cativos.

O xefe territorial de Traballo e Benestar, o delegado da Xunta en Ourense e o director do centro nunha aula da escola infantil Antela do Couto./P.LODEIRO.

O Centro de Menores de Montealegre pecha por obras4 O delegado da Xunta expli-ca que a instalación necesitaba unha remodelación e que rapa-ces e persoal serán trasladados ao centro da Carballeira.

Redacción

A escola infantil Antela do Couto vén de reabrir tras realizarse nela obras desde o pasado mes de agosto. O goberno ga-lego investiu ao redor de �00.000 euros nunhas ac-tuacións que consistiron basicamente en cambios nos aseos, na creación de novas zonas de hixiene, remodelación na aula de berces, así como outro tipo de traballos como reparación de pingueiras, pintado, cambio de mo-

biliario, etc. Como relata o director da gardería, José Manuel Rodríguez, “houbo reformas en tres zonas, a zona de aulas, integrar os aseos dos nenos dentro da propia aula, reformar os servizos de persoal para facer un vestiario axeitados e unha pequena reforma na cociña, onde se puxo un mesado novo”.

Segundo o delegado Te-rritorial da Xunta en Ouren-se, Rogelio Martínez, “o obxectivo foi levar a cabo unha reorganización xeral das aulas para adaptalas á

nova normativa, o que in-cluíu a pavimentación ou carpintería”.

A escola infantil conta cunha capacidade para 114 nenos, divididos por grupos

de idade: tres unidades para nenos de 0 e 1 anos con �0 prazas; tres unidades para 1 e � anos con 40 prazas; e tres unidades para nenos de � e � anos, con 54 prazas.

A semana pasada incor-poráronse os cativos de reserva, mentres que os de novo ingreso tiñan previsto facelo este luns �0 de xa-neiro.

Ante a alerta dos sindi-catos de que o centro de Montealegre se privatice rematadas as obras, Martí-nez negou esta posibilidade: “están falando dun futuro que non sabemos que vai pasar, unha vez rehabilita-do, dependendo da carga de menores que teñamos vere-mos que tipo de menores e con que tipoloxías irán para

Montealegre. Todos os me-nores que haxa en Ourense terán un lugar onde estar, axeitado e nas debidas con-dicións, e todo o persoal vai seguir traballando en centros de menores”, concluiu.

En relación a este centro, o PSOE anunciou que pre-guntará no Parlamento gale-go sobre o seu peche e como se vai atender aos menores.

BARRIOS

Page 7: Xaneiro 2012 - OUXB

7Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�PUBLICIDADE

Page 8: Xaneiro 2012 - OUXB

8 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� BARRIOS

Elixen o mellor praceiroA Praza de Abastos de Ourense sumouse á campaña da Consellería de Economía e

Industria “Este inverno presume de praceiro”, de promoción do consumo nos merca-dos tradicionais. Os clientes foron os encargados de elixir o mellor praceiro do recinto. Tres deles, Emilia Carnero, Maria Gracia Santos e Conchi Alonso, resultaron agracia-das con cheques de 75, 50 e �5 euros para reinvertir en produtos de venda no mercado municipal.

Tamén a praza nº� de Ourense, a da Ponte, participou desta iniciativa, que quería potenciar a figura profesional dos praceiros.

Redacción

Os tres concelleiros na-cionalistas en Barbadás decidiron abandonar a sesión plenaria de xaneiro ao retirarlle o alcalde Frei-re Couto a palabra ao edil Serafín Núñez.

O abandono veu moti-vado porque o rexedor re-tirou a palabra ao conce-lleiro Serafín Núñez, que naquel momento estaba defendendo unha moción sobre as medidas a adop-tar para evitar os incen-dios forestais.

O alcalde decidíu retirar o turno de palabra ao con-celleiro do BNG en fun-ción do novo Regulamen-to de Funcionamento dos Órganos de Goberno de Barbadás aprobado polo PP hai dous meses.

Para o BNG de Barbadás “é absolutamente intolerá-bel que se limite a capaci-dade de desenvolver o tra-ballo político dos grupos da oposición, medindo os tempos de intervención dos plenos, os prazos de presentación de emendas e preguntas, limitando o número de mocións e uti-lizando con arbitrariedade e dependendo de quen fale e segundo lle conveña a aplicación do regulamen-to”. Cómpre lembrar que durante o mesmo pleno e no anterior, outros con-celleiros sobrepasaron o tempo de intervención sen que o alcalde interrumpise a súas intervencións.

“Isto vén demostrar a

O Grupo Municipal do BNG abandonou o pleno de Barbadás 4 Na mesma sesión, aprobá-ronse tres mocións socialistas.

falta de democracia no ple-no, e a intención do alcalde de tapar a boca á veciñanza do concello que non concor-da coa forma de facer polí-tica do PP de Barbadás”, indicaron os nacionalistas a través dun comunicado.

A situación chegou a un punto no que na mesa do alcalde teñen colocado dous reloxos dixitais para controlar os tempos de in-tervención e unha campaíña metálica para interrumpir a intervención dos concellei-ros.

Mocións aprobadas Na mesma sesión plena-

ria, o Concello acordou ins-tar á Xunta a incrementar as medidas de seguridade via-ria na travesía de Loiro, tal e como pedía unha iniciati-va socialista aprobada por unanimidade. Entre as me-didas propostas nesta mo-ción están habilitar un paso de peóns, reducir as liñas de adiantamento e limitar a velocidade en practicamen-te todo o tramo urbano.

Outras dúas mocións so-cialistas, a que plantexaba a flexibilización para casos concretos e puntuais do uso da ludoteca, e a iniciativa para recuperar a dotación deportiva do Fonsillón, ta-mén foron aprobadas.O camión accidentado continúa empotrado na casa de Loiro contra a que chocou o

pasado 5 de xaneiro.

Solicitan a retirada do camión accidentado en LoiroRedacción

O BNG de Barbadás solicitou ao Concello que retire o camión accidenta-do na parroquia de Loiro o día 5 de xaneiro deste ano

As gañadoras dos cheques da Praza de Abastos de Ourense.

“Ríos Limpos” denuncia a pasividade das administracións ante os verquidos no BarbañaRedacción

Dende a Plataforma Ríos Limpos consideran “insultante” a repetición continua de verquidos que está a sufrir o río Bar-baña, ao cal cansideran “bioloxicamente morto” debido aos numerosos materiais procedentes de industrias, obras e particu-lares que acolle ao longo da súa canle.

“Unha situación inex-plicable e inxustificable nun país da Unión Euro-pea que presenta un in-cumprimento reiterativo de toda a lexislación que hai ao respecto. E inxusti-ficable tamén nos resulta a actitude das Administra-cións Públicas (concellos, Confederación Hidrográ-fica Miño-Sil, conselle-rías da Xunta de Galicia, fiscalía...) que miran para outro lado en vez de re-matar cos verquidos e a impunidade con que ac-túan os culpables, men-tres hai medios materiais, técnicos e humanos para detectar os verquidos, así como para eliminalos e evitalos”, apuntan dende a plataforma, facendo refe-renza ao “Plan de vixilan-cia e control de verquidos industriais”, presentado fai uns días pola Xunta e que permite a deteción en tempo real de verquidos de residuos potencial-mente perigosos nos polí-gonos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros.

Neste sentido, dende “Ríos Limpos” cualifican de “terceiromundista” o sistema de depuración de augas urbanas e in-dustriais dos concellos e polígonos ourensáns que verten residuos no Barba-ña e como consecuencia presentarán en breve “as correspondentes denun-cias diante dos organis-mos competentes, xunto a unha serie de medidas que consideramos impres-cindibles para rematar cos verquidos e coa impunida-de coa que actúan os agre-sores do dominio público hidráulico”.

e que aínda está no lugar do accidente.

O vehículo invade total-mente a beirarrúa esquerda da travesía de Loiro im-pedindo o paso de persoas pola mesma, o que obriga a cruzar ou a invadir o carril de circulación. Ademais o camión invade o carril de circulación en sentido a Ourense, nun lugar que a pesar de estar limitada a ve-locidade, é de moita sinis-

tralidade como demostran os accidentes ocorridos nesta zona nos últimos anos.

Os concelleiros do BNG solicitan, asemade, que se apuntale a casa afectada para garantir a seguridade de persoas e bens.

A vivenda xa se ten apuntalado a ambos lados da cabina, pero as pedras centrais seguen de mo-mento sobre o camión.

O pleno acordou incrementar a seguridade viaria na travesía de Loiro

Page 9: Xaneiro 2012 - OUXB

9Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

PUBLIRREPORTAXE

CCA Couto Centro celebrou a súa IV Gala de entrega de premiosNewyjeans, Gimnasio 2000, Gasolineira de Reza, Confitería Couto e Alfombras Barros foron os establecementos galardoados.

O Centro Comercial Aberto Couto Centro entre-gou o pasado domingo �9 de xaneiro os seus premios anuais nunha gala celebra-da no Auditorio Municipal de Ourense.

Por cuarto ano consecu-tivo, a asociación de co-merciantes do Couto quixo premiar aos cinco estable-cementos máis destacados do ano no barrio, e foron os propios clientes os que cos seus votos elixiron aos ga-ñadores.

Así, como mellor esta-blecemento Couto Centro �001, resultou premiado Newyjeans, quedando fina-listas Viaxes Piña e Librería Jemaca. Na categoría esta-blecemento co mellor ser-vizo de atención ao cliente gañou Gimnasio �000, sen-do finalistas Iranka Estilis-tas e Prolsport. Ao galar-dón para o establecemento coa mellor relación calida-de-prezo optaban Ferretería Greco Ciempelas e a gaso-lineira de Reza, resultando gañador este último. No premio ao establecemento coa mellor e máis variada exposición de produtos de cara ao cliente impúxose Confitería Couto, e os fina-listas foron Don Zapato e Confitería El Olivar. Final-mente, o premio ao estable-cemento de maior arraigo e tradición no barrio, ao que optaban Confitería Couto, Alfombras Barros e Viaxes Piña, foi para Alfombras Barros.

Os galardoados recolle-

ron os seus premios -unha escultura de Toño Montei-ro- nunha divertida gala conducida pola actriz Cris-tina Castaño e o presenta-dor Rafa Durán.

Asimesmo, a directiva de CCA Couto Centro en-tregou dous premios es-peciais; o Premio especial CCA Couto Centro �011, á empresa Sogama, que recolleu o seu presidente, Luis Lamas, e o Premio especial cliente con maior repercusión nacional e in-ternacional, ao futbolista Borja Fernández, que non puido acudir por ter partido co Deportivo pero que en-viou ao seu pai a recoller o galardón.

Entre premio e premio intercaláronse o discurso do presidente de Couto Centro, Julio Prol, así como as actuacións dos grupos Queixumes dos Pinos, Gimnasio �000,

O presentador da gala, Rafa Durán, interactúa coas autoridades presentes no evento, entre elas, o alcalde de Ourense, o conselleiro de Cultura e Educación, o delegado da Xunta e o presidente da Deputación en funcións. A actuación de Chenoa foi a máis agardada polo público

asistente á gala, á que puxo punto e final.

O propietario de Alfombras Barros recolleu o galardón ao establecemento con maior arraigo no barrio. A propietaria de Confitería Couto, gañador na categoría

de establecemento coa mellor e máis variada exposición de produtos.

Gasolineira Reza recolleu o galardón ao establecemento con mellor relación calidade-prezo.

A representante de Gimnasio 2000 agradedeu o premio ao mellor servizo de atención ao cliente.

Newyjeans levaron o premio ao mellor establecemento Couto Centro de 2011.

Escola de musica moderna e baile Tempo 118, e Alex e Cristina. O broche final púxoo aa actuación daa cantante Chenoa, que deu un concerto acústico e estivo firmando autógrafos e facéndose fotos co público ao finalizar o acto.

Durante dúas horas e media os asistentes gozaron cunha amena gala conducida por Cristina Castaño e Rafa Durán na que se intercalaron a entrega de

premios coas actuacións

Page 10: Xaneiro 2012 - OUXB

10 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� SOCIEDADE

Coñece a península da man de Viaxes AldyraO Algarve, Valladolid ou un tour gastronómico por Lugo son algunhas das propostas para as próximas datas.

Coñecer a península dunha maneira divertida e económica é o que ofrece Viaxes Aldyra, axencia de viaxes ourensá especia-lista na organización de excursións. Todas elas son visitas de entre dous e seis días que se fan en autocar, con hoteles en pensión completa, guías en desti-no e seguro de viaxe in-cluído.

A primeira cita no ca-lendario é unha saída gas-tronómica a Lugo para go-zar dun bo cocido o �5 de febreiro. Para primeiros de marzo (� e 4) a axen-cia prepara unha visita á provincia de Valladolid, percorrendo localidades como Tordesillas, Olmedo ou Medina del Campo. E a terceira excursión con datas xa fixadas visitará o sur de Portugal, a zona do Algarve.

Ademais, para os vin-deiros meses de prima-vera e verán non quedará un rincón da península sen percorrer. Madrid e Toledo, Marina D’or e Va-lencia, Cáceres, Mérida e Trujillo, a Ruta do Quixo-te, Cantabria e Asturias, e Lisboa e Fátima. Incluso hai prevista unha viaxe a Lourdes con parada no

4 Próximas excursiónsExcursión gastronómica

25 de febreiroVisitando Lugo, Cebreiro

e Monforte35 euros/persoa

Menú: sopa de cocido, cocido galego, queixo

con marmelo, pan, auga, viño e café

Provincia de Valladolid3 e 4 de marzo

Visitando Medina del Campo, Olmedo, Tor-desillas, Simancas120 euros/persoa

Algarve - Coñece o sur de Portugal

Do 15 ao 18 de marzoVisitando Albufeira,

Faro, Silves, Carvoeiro, Vilamoura

240 euros/persoa

País Vasco. Desde Viaxes Aldyra

organizan e preparan as mellores viaxes ao mellor prezo para colexios, aso-ciacións, comunidades, etc. Ademais, a axencia ofrece propostas máis clásicas, como paquetes vacacionais, voos, escapadas de fin de se-mana, ou viaxes de noivos. Xa dispoñen da venda anti-cipada para os que queiran viaxar ata maio.

De cara a San Valentín, preparan paquetes-agasallo con estancias en balnearios, masaxes, ceas románticas, hoteis con encanto.

Estamos en: r/ Vila Real, 3 baixo - O Couto

Tel. 988 246 199

NORTICIAS DE EMPRESA

“Os clientes destacan que Chrevolet ten a mellor a relación calidade-precio do mercado español”Redacción

Chrevolet volve ter con-cesionario en Ourense. Concretamente, Century Motor, que abriu o pasado novembro e que está inte-grado no Grupo Dobaher, do que forman parte Mit-subishi, Suzuki e Honda.

O seu xerente, Sindo Dobarro, explícanos que a marca, coincidindo co seu 100 aniversario, renovou toda a gama e vai presen-tar novos modelos: “entre eles o Chrevolet Malibu, o buque insignia da marca, que é unha berlina grande, e o Chrevolet Cruze Station Wagon, un modelo fami-liar”. Xustamente son o Chrevolet Cruze xunto co Aveo os modelos máis ven-didos da marca americana.

Dobarro destaca de

Chrevolet a súa pertenza a General Motors, “o maior fabricante do mundo”, e “a mellor relación calidade-prezo no mercado español” dos seus vehículos.

O concesionario ten a ex-posición e vendas no núme-ro 57 da estrada de Vigo, e o servizo postventa (recam-bios, taller de chapa e pintu-ra, pre-ITV, lavado, etc.) no km.575 da mesma estrada.

Relación co periódicoO Grupo Dobaher é un

dos anunciantes máis lon-xevos de Ourense por Ba-rrios. “Creo nas persoas e o voso comercial pareceume boa xente e traballadora. Penso que o periódico ten implantación na cidade e a relación calidade-prezo dos anuncios é boa”, afirma Do-barro.

Concesionario Chrevolet, no nº57 da estrada de Vigo.

O 11 de febreiro tomará posesión o novo bispoRedacción

O sábado 11 de febreiro a Diocese de Ourense vivi-rá un momento de especial solemnidade e relevancia coa ordenación episcopal, na Catedral, do seu novo Bispo, Monseñor Leonar-do Lemos Montanet.

Cumplindo coa tradi-ción, o bispo electo de Ourense fará unha parada a mediodía na parroquia de Santa María do Deste-rro (A Corna), a primeira parroquia da diócese en-trando dende Santiago de Compostela. A continua-ción, deterase no Mosteiro de Santa María de Oseira.

Ás 15:15 horas Leonar-do Lemos fará a súa entra-da na cidade das Burgas pola rúa da Cruz Vermella, e desde alí sairá en proce-sión ata a Catedral, a onde entrará pola escalinata da entrada principal.

Ás 16 horas comezará a solemne celebración de Ordenación Episcopal e toma de posesión do novo bispo de Ourense. Para permitir a presenza dos fieis instalaranse dentro da Catedral mil cadeiras, ás que se poderá acceder de xeito libre até que se enchan. Ademais, coloca-ranse dúas grandes panta-llas no interior do templo para poder seguir con de-talle a celebración.

Ao finalizar a celebra-ción haberá unha recep-ción no Liceo de Ourense na honra do novo bispo.

Page 11: Xaneiro 2012 - OUXB

11Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�PUBLICIDADE

Page 12: Xaneiro 2012 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� ENTREVISTA

R.T.

Tempos convulsos che-garon á Casa da Xuventude coa desaparición de Benito Losada. O seu presidente, Eladio Gómez, considera que o actual Espazo Xove vai camiño de ser un mero inmoble sen as numerosas actividades que alí se leva-ban a cabo.

Como enfocas esta nova etapa da Casa da Xuven-tude sen Benito Losada?

Lalo Gómez: “É unha etapa que comezou sen a participación dos socios. Casa da Xuventude era un proxecto que tiña Benito Losada desde fai máis de �� anos e a súa perda supuxo tamén a perda de como en-tendíamos ata o de agora a Casa. Por desgraza a actual

dirección e a propia Xunta de Galicia da que depende o centro considerou que era un proxecto que xa estaba acabado”.

Que significou para ti a desaparición de Losada?

L.G.: “A perda dun ami-go. Despois de tantos anos considerábao case que como un familiar. Benito era unha persoa fundamen-tal para comprender a cul-tura de Ourense nos últimos anos, do asociacionismo xuvenil e da propia Casa da Xuventude”.

Se estivese da túa man, que aspectos cambiarías nesta nova andadura?

L.G.:“Estanse a dar pasos moi equivocados. Viñamos dun sistema que deu moi bos resultados, que era úni-co en Galicia e dos poucos

de España, sendo un siste-ma de xestión compartido cos propios socios da Casa. Pasamos dun sistema de-mocrático a unha ditadura. A nova directora decide o que se fai, o que non, con que presuposto, obviando a opinión dos propios socios e usuarios.

Da etapa anterior había cousas que mellorar, como a participación de xente nova ou o asociacionismo xuvenil. Fomentar que che-guen máis mozos á Casa da Xuventude e realizar máis actividades. Sempre coa opinión dos socios”.

Que opinas da deci-sión de pechar as portas ás persoas maiores de 30 anos?

L.G.: “En tempos de Benito Losada fixo que o

centro non se convertira nun gueto exclusivo para os menores de �0 anos. Era un espazo de liberdade no que se xuntaban todo tipo de persoas independente-mente da súa idade, sexo, ideoloxía política... En de-finitiva, un espazo para des-envolver as actividades que cada un estimara oportunas. Sempre dando prioridade aos novos”.

E ti es un dos afectados.L.G.: “Pois si. Os estatu-

tos din que ata os �1 anos se é mozo, pero a lei di que é ata os �0. Pero aplicar isto taxantemente non é a solución. De feito, imos deixando paso a unha nova xeración que é quen ten que coller as rendas”.

Benito Losada estaría dacordo con estas medi-das?

L.G.: “Estou completa-mente seguro de que non es-taría dacordo con estas me-didas que se están tomando, incluso a Xunta de Galicia traizoa a súa memoria. Con Benito iniciouse un proxec-to interesantísimo, pioneiro en Galicia, dando voz aos

mozos. Agora radicalizouse obviando esa voz”.

Hai algunha posibilida-de de chegar a un acordo coa nova directiva?

L.G.: “Véxoo difícil e non porque non tentáramos dialoguar. Eu e algún mem-bro do consello de xestión dirixímonos a falar co xefe territorial do que depende o centro, e está complica-do, xa que a estas alturas (despois de varios meses) non nos deu unha resposta. Díxonos que ía a estudar os nosos estatutos para ver que sistema aplicar e comu-nicounos que non sabía que modelo de xestión ía rexir na Casa da Xuventude e

que había que deixar facer á súa directora”.

A xente do entorno da Casa da Xuventude, que opinión che están a tras-ladar?

L.G.: “En breve, os co-lectivos volverán a reunirse para dar a súa opinión. Os colectivos que máis tempo levan e os que màis facían, na súa maioría, non están dacordo coa nova xestión, aínda que coinciden en que hai que darlle un cambio a certos aspectos para que se achegue máis xente á Casa da Xuventude. Para eles a participación era funda-mental”.+ en www.mundourense.com

LALO GóMEz, PRESIDENTE DA CASA DA XUVENTUDE

“Pasamos dun sistema democrático a unha ditadura”

4 Gómez analiza desde o seu prisma como está a Casa da Xuventude na actualidade.

Lalo Gómez é o presidente da Casa da Xuventude.

Page 13: Xaneiro 2012 - OUXB

1�Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�ENTREVISTA

P.L.

Merche Valeiras iniciouse como directora da Casa da Xuventude, agora denomi-nada Espazo Xove, rodeada de polémica. A substitución do histórico Benito Losada e algunhas decisións con-flitivas non lle puxeron as cousas sinxelas.

Como foi a adaptación esta nova etapa?

Merche Valeiras: “Foi unha aterraxe forzosa, pero ben. Fun intentando adaptar-me un pouco a toda a situa-ción e intentando impreg-narme do que había aquí. Con gañas, moitas gañas”.

A comparación con Be-nito Losada marca?

M.V.: “Penso que si, marca moito. Compáranme

MERCHE VALEIRAS, DIRECTORA DA CASA DA XUVENTUDE - ESPAzO XOVE

“Eu só pretendo que esto se encha de xente nova”

4 Valeiras confesa que substituir a Benito Losada ao principio xeroulle moita presión.

permanentemente con el, os primeiros meses si que esta-ba un pouco afectada pola presión de substituilo. Su-púñame un certo reto, agora mesmo xa non me pesa, es-tamos noutra etapa”.

A entrada foi conflitiva porque algúns cambios, como o de non admitir a maiores de 30 anos…

M.V.: “A polémica foi externa, eu entereime pola prensa. A normativa vixente fixa de 14 a 30 anos”.

Logo antes non se cum-pría a normativa?

M.V.: “Eu non podo dicir se se estaba incumprindo a normativa ou non, nin tam-pouco lle prohibín á xente maior de �0 que entrase, quen son eu para prohibi-lo? Eu pedía que houbese

canteira, que non viñesen grupos de teatro pechados, de xente de 60 anos, para iso están os centros socio-comunitarios, cívicos, esto é unha Casa da Xuventude, un Espazo Xove. Pretendo que esto se encha de xente nova.”

A día de hoxe canta xen-te pasa pola Casa?

M.V.: “Moitísima, sobre todo van ás instalacións que hai na 5ª planta, de baile, breakdance. O polideportivo tamén está cheo e hai veces que non o podes conceder e a solicitude de salas é incrible”.

Como hai que facer para poder utilizar as instala-ción?

M.V.: “A entrada é libre e gratuíta, isto é un espazo aberto, polo tanto non te tes

que facer socio. Evidente-mente buscarás algo que che guste, co que te sintas identificado e se queres uti-lizar unha sala para facer un ensaio debes solicitala por escrito para que nós o orga-nicemos”.

Unha das actividades máis tradicionais de Casa é o “Outono Fotográfico”, hai previsión de repetilo?

M.V.: “Non o sei, porque os presupostos aínda non chegaron , pero para o Outo-no Fotográfico creóuse unha

fundación na casa da viúva de Benito Losada, dou fe de que levan para alí as exposi-cións. Eu pensaba continuar con el, con máis ou menos medios, pero paréceme ben a opción da fundación”.

Hai outras actividades periódicas previstas?

M.V.: “A finais de xanei-rio vaise facer unha Semana de Movemento polo Espa-zo, exposición de todo o que se está a facer desde que eu entrei con respecto a activi-dades de movemento: danza

contemporánea, breakdan-ce, funky, unha clase aber-ta de pilates… Tamén vou facer torneos de futbolín. Está todo pensado para que veñan os mozos, aínda que non é tarefa sinxela”.

En canto á organización interna, vai haber elec-cións para presidente?

M.V.: “Desde que eu en-trei eles levaron á xefatura territorial os estatutos da Casa da Xuventude para que os estudasen, e hai posibi-lidade de que teña algunas cousas contrarias ao dereito, segundo me dixeron.

El (referíndose a Lalo Gómez) afírmase como pre-sidente, pero en realidade a que está facendo as xestións todas son eu. Seguen sen de-cirme nada e mentres tanto eu dirixo, que é a miña res-ponsabilidade. Non se sabe se vai haber eleccións, de feito Lalo non ven por aquí para nada. Se che digo a ver-dade cando estaba Benito Losada non sei como facían (a xestión interna da Casa). Eu non teño relación con el, pero ademais creo que xa pasa da idade límite (para presentarse ás eleccións)”.

Merche Valeiras, directora da Casa da Xuventude./P.L.

Page 14: Xaneiro 2012 - OUXB

14 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

Redacción

Apromega (Asociación Pro Mediación en Galicia) é unha oenegué que naceu no �009 da man dun grupo de profesionais procedentes de diferentes ramas (o de-reito, a psicoloxía e a edu-cación), pero cunha forma-ción específica común, a da mediación. “Empezamos a facer investigacións sobre a resolución de conflitos en Galicia e viamos que había unha gran carencia doutros mecanismos de resolución dos problemas que non fo-sen as vías xudicial ou po-licial”, explica Mario Gar-cía, un dos mediadores de Apromega.

En xullo de �010 naceu nas súas mentes a idea de crear o primeiro centro pri-

Apromega procura a resolución dos conflitos a través da mediación 4 Esta asociación proporcionará ata mediados de ano os seus ser-vizos completamente gratis, grazas a unha subvención da Xunta.

vado de mediación familiar e veciñal de Ourense.

Apromega faise cargo principalmente de conflitos que se desencadean no ám-bito da familia. “O que máis vemos son separacións e di-vorcios, custodias, o reparto do tempo cos fillos, patrimo-nio...”, confesa Mario. Pero nos últimos meses estes especialistas en mediación están a facer fronte a proble-mas algo inusuais. Trátase de conflictos interxeneracio-nais -entre pais e fillos- así como problemas no desen-volvemento das relacións entre os avós e os seus netos cando os pais dos rapaces se divorciaron. “Porque non se sabe moi ben que dereitos poden ter”, apunta Mario.

No ámbito veciñal esta asociación faise cargo dos

conflitos máis típicos, pero menos sinxelos, ocasiona-dos pola convivencia, como poden ser os malos cheiros, ruídos, obras, animais do-mésticos, espazos comúns.

Pero en calquera destes casos a principal diferen-cia coa resolución xudicial é que “as relacións despois do acordo (obtido mediante mediación) poden chegar a non deteriorarse”.

O proceso cara o enten-demento

“A persoa que vén ao centro fálanos sobre o seu conflito e quen é a outra parte. A continuación, con-tactamos co outro implica-do, explicámoslle en qué consiste a mediación e pro-curamos que ambos queiran encontrarse no centro para

que as dúas persoas falen sobre o seu problema coa axuda dun mediador”. Tal e como explica Mario, así de sinxelo é o proceso de me-diación do que parte a reso-lución dos problemas máis comúns da sociedade.

A opción máis barataAo tratarse dunha ONG

Apromega presta, sen ánimo de lucro, ao centro de media-ción o espazo físico no cal cada profesional se reúne cos seus clientes, aos que se lles cobra por cada sesión, pero como tanto o prezo da mes-ma como o número delas é menor que os propios da vía xudicial o usuario posúe na mediación unha opción para resolver os seus conflitos non só menos traumática, senon tamén máis barata.

Pero, ademais, durante estes seis primeiros meses de �01� este servizo estará subvencionado pola Xunta de Galicia, polo que será completamente gratuito. “O que nesta época de crise vén moi ben”, apunta Mario.

Centro único en GaliciaApromega é a única en-

tidade galega que ofrece servizo de mediación ex-traxudicial. Tamén existe mediación intraxudicial nos

xulgados de Ourense e San-tiago. Aínda así, as cifras fa-lan por sí soas, “o 55% dos encontros de mediación que se realizan pola vía extraxu-dicial conseguen chegar a un acordo. En cambio, na vía intraxudicial soamente o 18% o logra”, conclúe.

Mario García, mediador de Apromega./RAMSÉS.

Abordan conflictos no ámbito da familia e no veciñal

CIDADE

Page 15: Xaneiro 2012 - OUXB

15Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

CIDADE

EN BREVEOurense Centro e UXT propoñen que os Avant cheguen á estación de San Francisco 4 As dúas entidades consideran que reportaría unha maior afluencia de visitantes ao centro.Paula Lodeiro

Aproveitar as van-taxes da alta velocidade para aumentar o número de viaxeiros que chega a Ourense. Isto é o que pretenden o Centro Co-mercial Aberto Ourense Centro e o sindicato UXT coa súa proposta para que os trens Avant proceden-tes da Coruña e Santiago teñan parada tamén na es-tación de San Francisco.

Para o presidente de Ourense Centro, Emilio González, que os trens Avant chegasen a San Francisco permitiría “que os viaxeiros poidan che-gar ao centro de Ourense sen necesidade de utilizar un transporte máis, os vi-

sitantes podían vir comer a Ourense, de compras ou visitar a cidade, coa como-didade de que o tren lles deixe no centro”.

“Tiñamos un tren do sécu-lo XIX con dúas estacións e agora facemos unha infra-estrutura do século XXI e perdemos unha estación”, apunta o secretario xeral de UXT, José Luis Rodríguez Celis, para quen é “un obri-ga sacarlle a máxima renda-bilidade á nova liña”.

Segundo o secretario de organización de UXT-Transportes, Cándido Rodríguez, o custo desta proposta non chegaría ao millón de euros, xa que “o único que hai que poñer é o subministro eléctrico, a ca-tenaria, para que funcionen

As dúas entidades estiman en menos dun millón de euros a instala-ción da catenaria no tramo a San Francisco

Cándido Rodríguez, secretario da organización de Transporte de UXT observa a firma do acordo entre Emilio González, presidente do CCA Ourense Centro, e José Luis Fer-nández Celis, secretario xeral de UXT en Ourense. /P.L.

as máquinas”, no tramo entre a estación Empal-me e a de San Francisco. O resto de infraestruturas, viaducto, tunel e estación, estarían xa adaptadas para a circulación dos trens Avant.

Segundo informou Emi-lio González, a proposta xa foi presentada ao al-calde da cidade, quen lles contestou “que podía ser interesante”.

Redacción

Os datos manexados pola Federación de Comercio de Ourense sobre a campaña de rebaixas de inverno indi-can que tan só un 1�% dos comerciantes ourensáns consideran que as primeiras semanas da campaña foron moi malas, mentres que un 48% valoran estas rebaixas como normais, boas ou moi boas.

Ademais, os comercian-tes foron preguntados sobre a comparación que facían coa campaña do ano ante-rior e a este respecto case a metade dos enquisados en Ourense consideran que este ano foi igual ou mellor que o anterior.

O pequeno comercio ofertou no comezo desta campaña máis produtos que

outros anos e descontos entre o �0% e o 60% den-de os primeiros días, e que en determinados artigos chegaron ao 70%.

O presidente da Fede-ración de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, valora positiva-mente este período de rebaixas, xa que resulta efectivo para o comercio local porque serven para mellorar os resultados dunha temporada marcada novamente pola crise eco-nómica. “Case o 80% dos comerciantes manifestan que as rebaixas represen-tan entre o �0 e o 40 por cento do total da factura-ción dos seus negocios, o que dá idea da importancia que teñen estas campañas para o comercio local”, subliña.

Valoración positiva das rebaixas4 A maioría dos comerciantes ourensáns considera que non están a ser malas.

4 Negociación do novo acordo regu-lador do Concello

O goberno municipal e os cinco sindicatos con representación no Conce-llo de Ourense mantive-ron unha xuntanza para avanzar na negociación do novo acordo regulador das condicións de traballo dos empregados públicos municipais. CSIF, CCOO e CIG xa designaron re-presentantes na negocia-ción, e USO e UXT teñen de prazo para facelo ata o 17 de febreiro, data da próxima reunión.

O acordo regulador é o documento marco que es-tablece as condicións de traballo dos empregados municipais, despois de que o pasado día �1 de de-cembro finalizara a vixen-cia do acordo anterior.

4 Actualización do Inventario Mu-nicipal de Bens

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense deu o visto bo á actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos, que reco-lle un total de �� altas de novos bens inmobles, mo-bles, dereitos reais e Patri-monio Municipal de Solo de titularidade do Conce-llo de Ourense, xunto con 4 baixas de bens inmobles e 20 modificacións de fi-chas xa existentes.

Entre as �� novas altas hai 17 bens inmobles ur-banos, 4 zonas verdes, un local e un centro cívico (O Pino), un ben inmoble rús-tico (unha parcela), unha vía pública (a rúa Francis-co Añón Paz), e un ben de carácter histórico-artístico (a escultura “O arco dos Oestrimnios”).

A nova adxudica-taria incorpora máis de 40 mello-ras ao Servizo de Axuda no FogarRedacción

Fomento de Servicios So-ciosanitarios UTE afronta a nova etapa á fronte do Ser-vizo de Axuda no Fogar do Concello de Ourense, que presta desde o 1 de xaneiro, cun “proxecto ambicioso que promove importantes melloras na atención aos usuarios e nas condicións laborais dos traballadores deste servizo”.

A nova adxudicataria in-

corpora máis de 40 mello-ras na prestación do servi-zo, que abranguen desde un novidoso programa de xestión de datos que fa-cilita a comunicación cos usuarios, traballadores e co Concello de Ourense, ata servizos extraordina-rios que non se prestaban anteriormente, coma por exemplo dous vehículos con condutor a disposi-ción dos usuarios para o seu traslado a centros de atención primaria cando fose necesario.

A empresa realizará, ademais, �00 horas anuais de limpezas extraordina-rias de mantemento de forma gratuíta.

Page 16: Xaneiro 2012 - OUXB

16 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� ECONOMÍA E EMPREGO

Redacción

O conselleiro de Pre-sidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Al-fonso Rueda, anunciou en Ourense que o 70% das actuacións do Plan de Competitividade do Im-pulsa Ourense xa está en execución. O Plan, posto en marcha no pasado xu-llo, leva investidos máis de 10 millóns de euros en axudas que mobilizaron 50 millóns en inversións.

Na reunión da comisión de seguimento do Plan Im-pulsa Ourense, o consellei-ro destacou a implicación de todo o goberno gale-go para facer de Ourense unha provincia que atraia máis investimentos, e así dinamizar e impulsar a súa economía. Neste sentido, a Xunta está a discrimi-nar positivamente sectores considerados estratéxicos como a biomasa, o vehícu-lo eléctrico, a creatividade

dixital, a loxística, o turismo rural e histórico, a pizarra, a industria de alimentación e a fabricación de compoñentes aeronáuticos.

Por outra banda, Rueda adiantou unha das novida-des do Plan Impulsa para este ano: a discriminación positiva para as empresas ourensáns no eido da inter-nacionalización, que recibi-

rán un 5% máis de subven-cións en todas as medidas de internacionalización do IGAPE.

Por último, o consellei-ro anunciou a vontade de Inorde de crear unha rede de parques empresariais na provincia para facilitar así a venda no exterior dos pro-dutos que sexan fabricados nestes parques.

O 70% do Plan Impulsa, en execución4 O conselleiro da Presidencia anuncia un incre-mento dun 5% nas axudas do IGAPE á internacio-nalización ás empresas ourensás.

Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia.

Máis EREs que nunca4 �011 saldouse na provincia con 68 expedien-tes de regulación de emprego resoltos que afec-taron a 1.070 traballadores.P.L.

O secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvi-no Blanco, deu a coñecer o balance de expedientes de regulación de empre-go (EREs) na provincia o ano pasado. Durante �011 resolvéronse 68 expedien-tes, un �1% máis que o ano anterior, que afecta-ron a 1.070 empregados (un 68% máis de traba-lladores que en �010). Deste número, 7 foron de extinción, �4 de suspen-sión e �� de redución de xornada. Nesta cifra non están incluidos os EREs que se resolveron por vía xudicial, correspondentes a empresas en concurso de acreedores.

O sindicalista da CIG tamén informou dos datos correspondentes á EPA

Etelvino Blanco. /P.l.

(enquisa de poboación ac-tiva) , que cifran o número de ocupados na provincia en 111.600 a data de de-cembro de �011, “o nivel máis baixo que se recorda na provincia”. En canto ao desemprego, a EPA rexistra �6.�00 parados na mesma data, mentres que os datos do INEM son aínda peores: �8.�17 inscritos nas listas de desemprego.

Para Etelvino Blanco os datos son especialmente negativos se os compara-mos co resto de provincias galegas: “a taxa de paro é a segunda máis alta de Galicia (19,08%) e a taxa de actividade a máis baixa de Galicia (o 48% da po-boación está en activo)”

Para o secretario xeral da CIG, o resumo de todas estas cifras é moi claro: “Ourense séguese desapare-

cendo do mapa da situación de emprego e de benestar”, e sérvelle para considerar que a reforma laboral, apro-bada hai ano e medio, “non valeu para nada”. E aínda que carece de datos, Blanco apunta a outro dos dramas da realidade de Ourense: “hai unha saída masiva de xente moza que busca o pri-meiro emprego e que opta pola vía da emigración”

Page 17: Xaneiro 2012 - OUXB

17Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� PUBLIRREPORTAXE

O PP defendeu a legalidade do servizo de Axudano Fogar, que o Bipartito obviou e tratou de

restablecer un día antes do plenoO pasado �� de decem-

bro de �011, a Xunta de Goberno local adxudicou, polo trámite de urxencia, o servizo de Axuda no Fo-gar no Concello de Ourense á UTE formada por FCC e Corporación LS por un montante total de 16,8 mi-llóns de euros. Este sen-sible e importante servizo atopábase, xa coa anterior adxudicataria, en situación ilegal por parte do Con-cello de Ourense, que non tiña tramitado o preceptivo e obligatorio permiso para prestar dita actividade asis-tencial.

Así o anunciaron o pasa-do 5 de xaneiro o portavoz municipal do PPOU, Ro-sendo Fernández e mailo concelleiro responsable da área de Sanidade e Benes-tar Social, Miguel Abad. Naqueles intres, o Grupo Municipal do PPOU tiña a certeza de que o expediente administrativo do permi-so de inicio de actividades do devandito servizo fora arquivado pola Xunta de Galicia en xullo de �010, despois de que o Bipartito

fora requerido ata en tres ocasións para que remitise a documentación pertinente para a concesión do per-miso, esixido pola lexis-lación autonómica para a prestación do servizo de Axuda no Fogar. Dende o Grupo Municipal do PPOU puxeron de manifesto as graves consecuencias deri-vadas deste fraude de lei: a posibilidade de que o Concello de Ourense fose sancionado con multas de ata 15.000 euros e a prohi-bición de acceso ás axudas e subvencións da Xunta en materia asistencial, que su-poñen achegas de un millón de euros anuais, a través do Plan Concertado.

Ante a inoperatividade do Bipartito, os concellei-ros populares anunciaron que no pleno do pasado 1� de xaneiro defenderían unha moción encamiñada a restablecer a legalidade no servizo de Axuda no Fogar. Durante o debate desta ini-ciativa popular, o Bipartito anunciou que xa tramitara o preceptivo permiso, mos-trando publicamente un do-

cumento con data de saída do Rexistro do Concello con data 1� de xaneiro, �4 horas antes da sesión plena-ria, solicitando a concesión da autorización. Un docu-mento que non certificaba de ningún xeito que o ser-vizo estaba xa legalizado, senón que simplemente ser-viu para desviar a atención mediática e evitar así apoiar a moción do PPOU, na que se instaba á tramitación de xeito urxente da necesaria e imprescindible autoriza-ción.

Esta situación puxo un-havez máis de manifesto o que sempre vén denuncian-do o Grupo Municipal do Partido Popular de Ouren-se: o Bipartito, instalado como está sempre na ino-perancia e na absoluta falta de xestión, obvia trámites esixidos pola lexislación vixente poñendo en serio risco servizos tan funda-mentais como o de Axuda no Fogar. Unha vez que as accións derivadas da deixa-dez de función do Bipartito Municipal acarrean multas ou sancións, chegan os la-

mentos e as críticas a outras administracións, como é o caso da Xunta de Galicia, argumentando a falta de axudas (que eles mesmos

cercenan por non cumprir os preceptos legais) e de apoio económico. Por todo iso, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense prose-

gue co seu férreo control á acción de goberno do Bipar-tito Municipal para defender por riba de todo os intereses de todos os ourensáns.

-Por que considera tan grave a situación que de-nunciaron publicamente con respecto ao servizo de Axuda no Fogar?

-En primeiro lugar, por-que é un servizo tan sensi-ble e necesario, que debe contar con todas as garan-tías legais e con todos os preceptivos permisos para levalo a cabo. En segundo lugar, porque o Conce-llo de Ourense estaba en risco de perder as axu-das en materia asistencial outorgadas pola Xunta de Galicia, que nos últimos anos viñeron sendo dun millón de euros anuais. E en terceiro lugar, porque nestes tempos tan difíciles economicamente, é incon-

O PP presentou unha moción no pleno de xaneiro na que instaba ao Concello a tramitar de xeito urxente da necesaria e imprescindible autorización para prestar o servizo de Axuda no Fogar; o Bipartito evitou apoiala

Os concelleiros do PP Miguel Abad, Belén Iglesias e Rosendo Fernández, na sesión ple-naria ordinaria de xaneiro.

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO MIGUEL ABAD VILA

“Un clásico do Bipartito é facer as cousasmal e logo botarlle a culpa a outros”

cebible que o Concello de Ourense arrisque a ter que pagar multas por sancións que podería evitar facendo as cousas ben e conforme á lei.

-O alcalde de Ourense chegou a referirse a este asunto como “un papeli-ño que falta”, restándo-lle importancia. Que opi-nión lle merece?

-É un clásico dentro do Bipartito de Ourense: facer as cousas mal, por absoluta falta de xestión, e logo botar as culpas á Xunta ou a calquera outra administración que non sexa da súa cor política. Logo chegan as conse-cuencias, como a perda de subvencións de vital

importancia para a cidade, pero ninguén do PSOE ou BNG asume as culpas.

-No pleno evitaron dar-lle a razón na exposición da moción que vostede defendeu dando por fei-to que o problema estaba solucionado. Cal cre que foi o motivo?

-Un dos dogmas prin-cipais do Bipartito é non recoñecer nunca cando fan

as cousas mal, e neste tema pasou o mesmo. Para evi-tar darnos a razón cun tema que era incontestable, pois non se estaba a cumprir a lei vixente, argallaron amo-sar un papel para xustificar que fixeron os deberes. Eso si, tarde, mal e só porque o PPOU destapou un novo exercicio de inoperancia e deixadez do Goberno mu-nicipal de Ourense.

“É inconcebible que o Concello deOurense arrisque a ter que pagarmultas por sancións que poderíaevitar facendo as cousas ben e

conforme á lei” Miguel Abad Vila, concelleiro popular responsableda área de Sanidade e Benestar Social.

Page 18: Xaneiro 2012 - OUXB

18 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� CONCELLO

Aprobáronse mocións contra a incineradora do Irixo e sobre o Centro de In-terpretación dos Parques Naturais

4 DO leva á Fiscalía o Festival Pórtico do Paraíso

Democracia Ourensana presentou ao fiscal xefe de Ourense a documenta-ción de que dispón sobre o Festival de música clási-ca Pórtico do Paraíso que organiza a Concellería de Educación.

A formación política deu este paso ao non ter resposta as súas preguntas sobre o certame no ple-no. DO considera “graves irregularidades” que non apareza xustificado o 40% do orzamento do festival, o que procede de achegas privadas, e pide á Fisca-lía que investigue tamén un presunto tráfico de in-fluencias entre o director do festival e a concelleira de Educación.

4 O Concello re-gulará as interven-cións en pleno

O goberno municipal do Concello de Ourense pre-para unha modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno, coa que preten-de regular a presentación de mocións e enmen-das; ordenar os debates, axustando os tempos de intervención e réplica; e regular o turno de rogos e preguntas, de xeito que os primeiros se expresen con brevidade e os segundos se presenten preferente-mente por escrito.

A modificación do Regu-lamento deberá pasar por Xunta de Goberno Local e Comisión de Pleno antes de ser aprobada no pleno municipal, someterse a unha fase de alegacións e ser publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Paula Lodeiro

Seis horas deu de si a primeira sesión plenaria do ano no Concello de Ourense, na que se deba-tiron seis mocións. Delas, as catro da oposición (dúas do PP e dúas de DO) foron rexeitadas mentres que as outras dúas (presentada polo BNG e polo PSOE respectivamente) saíron adiante.

Axuda no fogarO PP solicitaba nunha

moción ao Concello que tramitase a autorización da Xunta para prestar o servizo de axuda no fo-gar, unha solicitude que a Concellería de Benes-tar Social presentara dous días antes, informou a edil Marga Martín para xusti-ficar o voto negativo do grupo de goberno.

Martín defendeu que se no seu momento non se conseguiu a autorización foi porque as dependen-cias municipais nas que se tramitan estas axudas non cumplían a normativa, e houbo que reformalas.

Non a máis persoal de confianza para DO

Noutra moción, Demo-cracia Ourensana solicita-ba que se lle asignara, tal e como se lle prometera en xuño pasado, un auxi-liar de grupo político. Con respecto a esta moción, que foi rexeitada polo bi-partito, tanto o popular José Luis Valcarce como a

tenente de alcalde, a nacio-nalista Isabel Pérez, consi-deraron que abordaba un tema que debía ser tratado en xunta de portavoces, e non levado a pleno.

De todos os xeitos, este tema aproveitouno Valcar-ce para enumerar o custo para as arcas municipais que supón o bipartito local, criticando o aumento de asesores no último ano para o grupo de goberno mentres non se lle concede ao PP un persoal de confianza a me-dia xornada. O alcalde res-postoulle que na actualida-de o grupo de goberno ten dúas persoas de confianza menos que cando goberna-ba o PP.

Acusacións de mala xes-tión no Pórtico de Paraíso

Un dos momentos máis polémicos do pleno foi can-do se tratou a moción de Democracia Ourensana que pedía a retirada do Festival de Música Clásica Pórtico do Paraíso. Tras denunciar a edil Susana Gómez xes-tión “contaminada” e prác-ticas “engañosas” neste fes-tival, a resposta que recibiu de Ana Garrido, concelleira de Educación -departamen-to responsable da organi-

zación do certame – foi o anuncio de que se que se reservaba “todas as accións legais oportunas sobre as afirmacións desta moción”, que considerou “falsidades intencionadas, inxurias e calumnias na moción”.

Segundo datos feitos pú-blicos pola concelleira de Democracia Ourensana, o festival contou na súa edición de �011 cun orza-mento de 9�.000 euros, dos cales 7�.000 euros ache-gounos o Concello e o resto patrocinadores privados. Gómez pediu explicacións sobre “como se xestiona o diñeiro dos patrocinadores porque no expediente non figura”, ao que Garrido non contestou.

Susana Gómez tamén censurou o gasto excesivo dalgunhas partidas, como as de fotografía ou cátering, críticas coas que coincidiu a edil do PP Belén Iglesias, quen ve un gasto desmesu-rado en “paparotas” neste certame. Neste sentido, os populares presentaban unha emenda na que reclamaban unha xestión transparente do festival e que este fose asumido pola Concellería de Cultura, pero tanto a mo-ción como a emenda foron rexeitadas polo bipartito.

Mocións aprobadasNa moción do BNG para

recabar o apoio da corpo-ración á oposición á planta incineradora do Irixo, o PP desmarcouse e votou en contra, mentres que os tres restantes grupos políticos deron o seu si.

Tan só houbo unanimi-dade ao final, na iniciativa socialista sobre o Centro de Interpretación dos Parques Naturais, tras introducir unha emenda do PP que ins-ta a Xunta e Goberno central a reformular o proxecto para non perder os fondos euro-peos cos que se cofinancia.

EN BREVE Balance do pleno de xaneiro: dúas mocións aprobadas, catro rexeitadas4 O futuro de Montealegre, o servizo de Axuda no Fogar, o per-soal de confianza e Festival Pórtico do Paraíso foron algúns dos asuntos tratados na sesión plenaria

A edil de DO Susana Gómez preguntoulle á concelleira Ana Garrido pola xestión do Pórtico do Paraíso /P.L.

Na súa primeira inicia-tiva, os populares pedían que o alcalde definise o uso de Montealegre como xardín botánico, logo de afirmar que nese espazo se malgastaran �,6 millóns de euros de fondos públi-cos. Fernández citou por exemplo os 110.000 euros certificados nunha cuberta textil do auditorio ao aire libre do recinto, que non está colocada, ou os cartos gastados en plantación de árbores (�9.900 eeuros en �10 carballos, �4.000 en 1.080 madroños ou 80.�00 en 6�0 sobreiras): “reto ao alcalde que me acompañe a ver onde están”, afirmou o voceiro popular en va-rias ocasións.

A resposta do rexedor chegou ao remate dun debate no que a edil de

Medio Ambiente, Marta Arribas, defendeu que o proxecto técnico da obra se cumplira. Segun-do Francisco Rodríguez, Montealegre é “a recupe-ración para a cidade duha zona ambiental importan-te e emblemática”, e se-gundo Marta Arribas, “un espazo forestal a coidar”.

A responsable de Me-dio Ambiente aclarou que “non se pecha a ningún proxecto de investimen-tos” no futuro para con-vertilo en xardín botánico pero que “neste momento non hai capacidade de co-mezar iso”. “Non entendo que o PP non vexa correc-to reconsiderar o proxecto e adaptalo á situación eco-nómica na que estamos”, afirmou a política nacio-nalista.

4 Montealegre non será botánico, de momento

Page 19: Xaneiro 2012 - OUXB

19Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�PUBLIRREPORTAXE

Ourense recupera o espazo de Montealegre Coa incorporacion desta nova zona verde de 120 hectáreas, a cidade acada os estándares da OMS de recomendacion de metros cadrados verdes/habitante (entre 10 e 15 m2)

“O tempo estanos a dar a razón de que a decisión tomada foi a

correcta e única posible”

O parque de Montealegre bota a andar como un “ámbito forestal

municipal a protexer e salvagardar”

Marta Arribas: “Non se trata só de buscar culpábeis senón de dar solucións aos afectados”

“Fumos escrupulosos co proxecto orixinal (deno-minado “Restauración pai-saxística das antigas cantei-ras de Montealegre”), pero tamén asumimos a respon-sabilidade de reconducir a denominación deste espa-zo atendendo ao momento económico que nos atopa-mos”. Así falaba a conce-lleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, nunha com-parecencia en compaña dos restantes membros do Gupo Municipal do BNG para dar conta das xa rematadas obras no recinto de Mon-tealegre.

Os traballos “marcados en todo momento polo fir-me criterio de sostenibili-dade económica pero tamén medioambiental” serviron para subsanar as deficien-cias que o espazo presenta-ba logo do verán e cumplir cos prazos de recepción da obra, garantindo así que o Concello non perdera os investimentos do fondo es-tatal. No mes de setembro a edil de Medio Ambiente decretaba o peche de recin-to para acometer de inme-diato estas obras de posta a punto.

“Demanda histórica na cidade”

“Teño claro – explicaba Marta Arribas – que a re-

cuperación do Montealegre era unha demanda históri-ca na cidade e que por fin se ve cumplida. O sentido do proxecto era facer des-te espazo o gran parque e pulmón de Ourense, un parque posto en valor que irá medrando no futuro e consolidándose como o ele-mento vivo que é”. Coa súa próxima apertura, a cidade gaña 1�0 hectáreas de zona verde, acadando deste xeito os estándares que recomen-da a Organización Mundial da Saúde (OMS): entre 10 e 15 metros cadrados de áreas verdes por habitante.

Nesta liña, a edil naciona-lista salientou a necesidade dunhas obras “acometidas desde o sentido común que esixe a política”. Os tra-ballos serviron para, entre outros detalles, proceder a instalación de sistemas de regadíos e dun cadro eléc-trico que non só cubrise as necesidades das insta-lacións senón que reforza-se o subministro eléctrico dos núcleos de poboación próximos. Estes días estan-se a instalar os circuítos de seguridade do recinto.

Acertada decisión de pechar o recinto

Marta Arribas desta-cou tamén que, durante os meses que Montealegre

permaneceu pechado, “os grupos municipais na opo-sición foron puntualmente informados do desenvol-vemento das obras en cada xunta de área”. Priorizouse así a transparencia e a efi-ciencia nun proxecto de envergadura que se desen-volveu “dacordo cos com-promisos que establecemos no noso programa electo-ral, atendendo sempre aos criterios de necesidade real da cidadanía”, e celebrou “os criteiros propios” que o BNG aplicou na xestión do proxecto, explicando que so así foi posíbel subsanar as dificultades e deficiencias atopadas “dentro das posi-bilidades económicas coas que contamos e sen incurrir na irresponsabilidade de xerar falsas expectativas”.

Futuro do parqueMarta Arribas quixo

apuntar tamén que o futu-ro parque de Montealegre botará a andar como un “ámbito forestal municipal a protexer e salvagardar”, preservando o seu entorno e ecosistema, obxectivo que se debuxa como prio-ritario “logo das conversas mantidas co profesorado da Universidade, profesionais de referencia no ámbito da botánica e organizacións ecoloxistas”. “En ningún

A recuperación da contorna dos ríos, aposta da Concellaría de

Medio Ambiente para este 2012A Concellaría de Medio Ambiente encara este �01� co

obxectivo de optimizar investimentos na xestión das zo-nas verdes de Ourense, asegurando o máximo respecto o entorno e o bó uso destas instalacións, piares da calidade de vida nas cidades.

A principal aposta deste exercicio será a recuperación da contorna dos ríos que atravesan a cidade. O Miño, o Barbaña e o Loña foron tradicionalmente os centros natu-rais de Ourense, ainda que despois caerían no abandono e esquecemento. Os esforzos realizados desde o goberno municipal pola súa revitalización teñen avanzado moito no acondicionamento destes cauces fluviais, creándose ao seu redor parques e paseos convertidos en lugares de deporte, lecer, benestar e convivio cidadáns. Traballar na sensibilización será liña de traballo tranversal para este departamento, concienciando aos cidadáns no respecto e coidado a uns parques e xardíns que todos desfrutamos.

A concelleira de Medio Ambiente, a nacionalista Marta Arribas, manifesta a súa preocupación con res-pecto aos últimos verqui-dos ao río Barbaña, “por un problema que afecta a Ourense de xeito directo e sen ter responsabilidade al-gunha”.

Marta Arribas denuncia que “os verquidos no Bar-baña están afectando xa as propia augas do Miño”. Neste sentido, a edil empra-za á Consellería de Medio Ambiente a que faga cum-plir de xeito efectivo as san-cións pertinentes “e que se activen xa os mecanismos que sexan necesarios para

resolver este dano alí onde se produce”. Apunta, sen embargo, que as iniciativas que se leven a cabo deberán ocuparse non só se trata de “vixiar de cerca” aos mu-nicipios foco do problema, senón tamén a outros afec-tados xa que “os nosos ríos son problemas de todo”. Así mesmo, a edil manifesta que “desde a Concellaría de Medio Ambiente de Ouren-se velaremos porque “todas as administracións actuén dacordo as súas responsabi-lidades” e aseguraránse de que “ a voz de Ourense sexa escoitada, xa que estamos a padecer as consecuencias das neglixencias doutros”.

A concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, no seu despacho.

Nova pasarela ao carón do río Loña.

A edil empraza á Consellería a que faga cumplir as sancións pertinentes sobre os responsables dos verquidos ao Barbaña

Desde Montealegre obsérvase unha vista panorámica da cidade.

momento manifestamos a negativa a poder desenvol-ver actividades de investi-gación ou a crear un espa-zo de referencia botánico – apuntou a concelleira- máis o contexto no que nos atopamos esixía actuar con dilixencia e responsabilida-de apostando polo proxecto sempre desde a viabilidade económica e a vocación de servizo público”.

O parque forestal de Montealegre abrirá todos os días, en horario de mañá e tarde, e contará con persoal e fondos da Concellaría e Medio Ambiente para o seu mantemento.

Page 20: Xaneiro 2012 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� PUBLICIDADE

Page 21: Xaneiro 2012 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� PUBLICIDADE

Page 22: Xaneiro 2012 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 ��9 6�4 ou en info@

ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos

despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS TRABALLOMércanse mobles ou electrodo-mésticos de �º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 �1 �� �4Vendo impresora Epson c/86 por 15 euros. Regalo dous cartu-chos de cor. Tel: 671 074 108.Vendo todo o equipo para recén nado: cuna, silla, etc. bo prezo. Tel. 6�8 84 �7 95Vendo mobles de perruquería e lavacabezas. Bo prezo. tel. 678 57 84 0�.Véndese quad Yamaha 660 ATV, bo estado, prezo a convir. Tel. 696 91 94 50Vendo LCD ��” marca Toshiba con TDT incluído, � anos de uso. ��0 euros. Tel: 6�7 756 687.Vendo mobles usados: dormi-torio de matrimonio completo, librería, tresillo con mesa, cama con somier e colchón de 1,05 m, 6 cadeiras tapizadas, mobles de cocina. A moi bo prezo. Tel. 6�7 608 758Vendo en moi bo estado.Renault �1, aire acondicionado, peche automático, dirección asistida, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. telf:6�7 608 758Compraría remolque mediano. Tel. 649 67� 49� e 988 �1 67 55.Vendo por xubilación negocio con local xa montado, confección e mercería, boa clientela. 55.000 euros todo incluido. Tel. 600 ��8 861 e 988 �1 70 6�. Ourense.Vendo Yamaha SR Special �50 ano 9� en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cam-bio aceite,alforxas, etc... Regalo cascos,candado,funda e seguro. 1.�00 euros, tel. 680 568 �78Vendo mobles de perruquería de �ª man, �.000 euros. Tel. 988 �5 59 6�.Vendo quentador eléctrico. tel. 988 �5 59 6�Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá �+�, tel. 6�7 00 59 10.Vendo viño de colleita ecolóxi-co. Tel: 647 404 4�8Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 pelí-culas. �0 euros. Tel. 649 157 0�5Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número �9-40, novas, 40 euros. Tel. 649 157 0�5

Ofrécese señora con experiencia e títulos de auxiliar de enfermeria e axuda no fogar para coidar an-ciáns ou enfermos unha hora ao día. Tel. 6�0 05� 17�Ofrécese chica para limpeza de portais a prezo moi economico.Tel l6�9 71� 600Necesítase persoal que queira gañar diñeiro no seu tempo libre.É moi cómodo e fácil. Informate 6�9 71� 600 Ofrécese chico para traballar fin de semana en calquera cousa e sen horarios.Con experiencia no transporte.Tel. 697 1�0 070Ofrécese señor (45 anos) para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento,e tc. (pertencen-te FCSE) Tel. 66� 54 60 ��.Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e in-glés, tecnicas de estudo. 1� anos de experiencia. Material didácti-co propio. 100% aprobados pasa-do curso. Visita informativa e 1ª clase gratuitas. Tlf. 67870057�, 988375081. http://fidelforma-cion.blogspot.com. [email protected]. Danse clases de Debuxo e Pintu-ra (tamén debuxo técnico). Licen-ciada en Belas Artes, experiencia como profesora. Prezos asequi-bles.66960�414 e [email protected] .Avon necesita distribuidores/as. Gaña diñeiro no teu tempo libre sen esforzo.Tamén podes pedir o teu catálogo para comprar.Tlf. 6�9-71�-600Ofrécese señor para toda clase de traballos: limpeza de fincas, electricidade, fontanería, etc. Tel. 666 17 �5 06Ofrécese señora para traballar por horas. Tel. 666 17 �5 06Danse Clases Particulares de Matemáticas durante o Curso Académico �011/�01�. A todas as Etapas. Con posibilidade de impartir outras materias curri-culares. Posúeo Certificado de Profesionalidade de Formador Ocupacional e CAP. 15 anos de Experiencia. A domicilio. Econó-mico. [email protected], decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe ga-rantizado. Tel. 666 1�5 1�9

ARTIGOS / CLASIFICADOS

A señora Dorinda de Quintela de Canedo

O Rianxo na Praza de Abastos da Ponte dende co-mezos de 1940. Ao tempo as moedas en circulación eran os “cas e cadelas de cobre”, os reais co seu bu-ratiño, despois veu a peseta co nome de “rubia”. Cantos sufrimentos, ledicias, tra-ballo, así se formou unha xeración humilde, forte de palabra e obra. Unha de-sas persoas foi a señora Dorinda, que agora mesmo está o meu lado. Vou trans-mitir fielmente o que ela me diga das xentes e das súas vivencias ao longo dos seus 92 anos, por certo moi ben levados, que vai cumplir o próximo 22 de febreiro.

Pepe Guardesa (PG): Dorinda, os teus pais eran de Canedo?

Dorinda (D): Sí, os dous eran nativos de Canedo.

(PG): Que lembras da túa nenez?

(D): O campo de Quintela cheo de castiñeiros, xogar ao escondite, a corda, o tru-co, os coios...

(PG): Cantos irmáns érades, a que escola fuches e o nome da primeira mes-tra?

(D): Fomos tres irmáns, eu, Antonio e Manolo que emigrou a Buenos Aires. A primeira escola e única que tiven foi a de Quintela, que estaba enriba onde está hoxe O Fogón, debaixo estaba a tenda do sr. Manuel e a sra. Eladia. A mestra era dona Matilda Conde Cedrón.

(PG): Lembras os mui-ños que había na túa pa-rroquia?

(D): No Miño había a acea do Borralloso e a acea do Xena e no regueiro da Fírvida o muíño da Paiota e o das Perriquitas na Ca-pela.

(PG): Cales eran as la-bores máis pesadas para axudar a familia?

(D): A cava, a roza, ir buscar a leña ao monte, os arados, que só os tiñan os ricos.

(PG): Como eran as fes-tas na túa xuventude?

(D): As festas principais eran o San Miguel o 8 de maio, e a Virxe das Neves o 5 de agosto. A estas deixá-bannos ir, despois había festas máis pequenas con gaiteiros no entroido e o comezar a vendima, cele-brábanse no Alto do Bouzo no Fondo de Tarascón e na Costa da Capela, a estas xa había que pedir permiso e ir en grupos, o ir a San Este-vo de Untes xa eran cousas maiores.

(PG): Os mozos despois de ben parecidos e fortes, que lembras deles?

(D): Había que ter moito coidado, só podías andar e falar ás escondidas. O verte cun mozo ao chegar a casa preguntábanche se era o teu noivo e dicíaslle que era o teu amigo e que estábades falando.

(PG): Que cregos lem-bras na túa parroquia?

(D): D. Germán que me bautizou e D. Jesús, que era moi gordo, foi o que me ca-sou. O padriño do bautizo foi o sr. Silvino de Quintela, cando me casei tiven pro-blemas porque non aparecía o bautizo no libro de na-

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

cementos e tivo que vir D. Germán que estaba de cura nas Caldas para testificar o meu bautizo, apareceu o pa-pel dos datos e non o pasa-ran ao libro.

(PG): Que xentes lem-bras con cariño?

(D): A todas as familias de Ponte Canedo e a miña mestra dona Matilde.

(PG): O teu primeiro traballo e que idade tiñas?

(D): O meu primeiro e único traballo foi un pos-to de rianxo na Praza de Abastos na Ponte. Tiña 21 anos e estiven traballando 44 anos, pois xubileime aos 65 anos, no 1985. Agora o posto do rianxo aténdeo a miña nora.

(PG): Cóntame cousas do traballo do rianxo, dos “fiscaleros”, a báscula de-trás da praza, das remo-delacións que tivo a praza nos 44 anos que estiveches traballando?

(D): O traballo era er-guerse moi cedo, esperar as xentes que viñan dos pobos coa mercadoría, ao tempo non había coches e viñan a pé coa mercadoría na ca-beza, xa tiñan os seus sitios para pousar a mercadoría e continuar dende todo os pobos do antigo concello de Canedo, Santa Cruz de Un-tes, Quintela, Cudeiro. Era un traballo para hoxe impo-sible. Os “fiscaleiros” que lle tocaban a Ponte eran dous, un alto e outro baixo, chamábamoslle o “grande” e o “pequeno”. Tiñamos a contraseña de o velos vir dar a voz de “ollo” que se corría ao momento por toda a praza, pescaderías,

carnicerías, rianxeiras... escondían o que non lle in-teresaba que viran os “fis-caleiros”. Daquela se os grelos andaban máis caros que o marcado pola fisca-lía, escondíase debaixo do repolo ou onde fora ata que marcharan.

Lembro que un día os “fiscaleros” pararon dian-te do posto da sra. Con-suelo e un deles apoiouse nos seus repolos, onde tiña escondidos debaixo os grelos, e a sra. Consuelo pensou que lle descubri-ran os grelos e desmaio-use, entón María, a irmá de Consuelo, deu a alarma “os fiscaleiros mataron a miña irmá!”. Entón os “fiscaleiros” ao ver que as pescadeiras, carniceiros... saían dos seus postos cos coitelos nas máns, fóronse pola porta de atrás que dá á rúa Mercado e estiveron un bo tempo sen vir pola praza.

A mercadoría de tem-pada cada pobo tiña a súa supremacía, é dicir, as primeiras xudías viñan de Untes, as primeiras pa-tacas das Caldas, as pri-meiras uvas das Caldas e Cudeiro...

(PG): Chegaches a ser a rianxeira que máis ven-días na praza, tiñás algún segredo?

(D): Procuraba ter sem-pre a mellor mercancía e bo prezo, as veces facía lotes a baixo prezo para xentes con problemas eco-nómicos e moitos fillos que alimentar, así non deixaba mercancía atrasada para o día seguinte. As remodela-cións na praza foron dúas, íamos para a prazuela que hai na parte de atrás onde estaba a báscula dos “fis-caleiros”.

Este 29 de xaneiro en-trevistei a Sra. Dorinda con moito respeto e cari-ño. Estivemos moito tempo falando do seu esposo, Al-fonso da Campsa, de toda a súa familia, fillos, netos... En fin, contoume cousas da miña santa nai e a miña irmá Pilar que me faran sempre lembrar o día que entrevistei a Dorinda. Os meus millores respetos ás xentes de Ponte Canedo e tamén de Ourense.

Pepe da GuardesaA máis alta é a sra. Dorinda e a outra é a sra. Lucila (que en paz esté) que tivo o posto ao seu lado e foron grandes amigas.

As entrañables xentes de Ponte Canedo

Page 23: Xaneiro 2012 - OUXB

��Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

Teatro- 5 de febreiro - “E.R. Algún

día traballaremos xuntas” - 19 h - Teatro Principal

- 10 de febreiro - “Memorias dun neno labrego” - �0:�0 h - Auditorio

- 1� de febreiro - Teatro in-fantil “Té, chocolate, café” - 1� h- Auditorio - �6 de febreiro - “Grillos e luciérnagas” - 1� h - Auditorio

- �6 de febreiro - “Mi que-rida Matilde” - 19 h - Teatro Principal

Cine- 1 de febreiro - Ciclo de cine

político: “Habemus Papam” - 18, �0:�0 e �� h - Cinebox

- 8 de febreiro - Ciclo de cine político: “Four Lions”- 18, �0:�0 e �� h - Cinebox

- 15 de febreiro - Ciclo de cine político: “Il Divo”- 18, �0:�0 e �� h - Cinebox

- �4 de febreiro – Ciclo de cine clásico: “Desayuno con diamantes” - 20:30 h- Edificio Simeón

Espectáculos- 4 de febreiro - Espectáculo

“The best off” de Leo Bassi - �0:�0 h -Auditorio Municipal

- 11 de febreiro - Dani Ma-teo co espectáculo “PK�. O que Dios nos pille confesados” - �0.�0 h - Auditorio

- 14 de febreiro - Recital do

4AXENDA Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas

Luns a venres

Sábados

Domingos e festivos

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�00� / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - ��004 Ourense. Tel: 988 ��9 6�4 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Ós-car Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº11�/10�/89/5� - Ano: XI - Xaneiro �01� - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Im-preso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 ��9 6�4.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 �70 7�8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 �91 771Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 �91 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116Cita previa SERGAS 90� 077 ��� H. Sta. Mª Nai 988 �85 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 ��1 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención ao menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 646 645 119�4h. Alcoh. Anón. 988 �69 540Alcoh.Anón. �4h. 988 �� 76 �� Asoc.Crohn-colitis 6�0 1�6 447Down Ourense 988 �70 �1�

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

SERVIZOS

7:007:�07:458:008:158:�08:459:009:159.�510:0010:�510:55 11:�0

7:�07:508:108:�58:408:559:109:�5*9:4010:0010:�0 11:00* 11:�01�:05 1�:�0

11:401�:051�:�01�:50 1�:05 1�:�01�:4014:1014:�015:0015:�015:4516:0016:�0

1�:45 1�:001�:15 1�:�0*1�:50 14:1014:�515:0015:�015:5516:1016:�017:0017:�018:00

16:4017:0017:�018:0018:�019:0019:�019:50�0:05�0:40�1:00�1:�5��:00

18:�019:0019:�019:45�0:00*�0:�0�0:40�1:05�1:�5�1:50��:15

8:008:40 9:�510:�5 11:�0

8:�09:1010:0511:0511:55*1�:15

1�:50 1�:�5 14:40 16:0017:00

14:0015:�016:�017:�018:�019:�0

18:0019:00�0:00�1:00

�0:�0�1:�5

9:�010:�0 11:451�:50

10:0011:101�:�51�:�0

1�:00 16:0017:0018:00

16:�017:�018:�019:�0

19:00�0:00�1:00

�0:�0�1:�5

4AUTOBUSES URBANOS: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: or-dinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos 4FELICITACIÓNS

PISOSTraspaso Lavado e engrase en Ourense en funcionamento, pre-zo negociable. Tel. 988 �1 01 96Véndese local comercial de 100 m� e bodega de 80 m�. Zona pra-za do Ferro. Tlfs. 988 �1 �1 00 - 6508097�9.Alugo piso na rúa Ribeiriño con vistas ao río. Tlf. 988 �1 �6 �1 - 670 45 70 77.Vendo piso en r/Bonhome, 85 m�, salón-comedor, � dormito-rios, baño e cociña amoblados, lavadeiro, � galerías pechadas, 1º exterior con ascensor, refor-mado ano �000. Non axencias. Te. 600 747 198.Véndese piso en Vigo (praia América), tel. 6�6 4�� 497Vendo apartamento na zona do �1, � dormitorios, salón, cociña, baño, garaxe, buhardilla. Prezo: 96.000 euros. Tel: 675 5�1 179Vendo piso av. Santiago, 87 m�, � habitacións, � baños, parquet, semiamoblado, cociña equipada, garaxe e trasteiro, ascensor. Tel. 698 1�6 696Vendo finca en Amoeiro de 1.600 m� solar, bo prezo. Tel. 610 54 48 54Alúgase piso en Vigo (r/Zamora) � habitacións, tel. 6�9 81 6� 09.En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m� a 40 m de Gustei e outra a zona chamada Bouzo de 1�00 m�. Tel 6�7 608 758Véndese finca en zona Barxas-Cudeiro a � km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 m� e excelentes vistas. Tlf: 6�7 608 758.Alúgase piso na avda. de Santia-go (xunto Mercadona), amobla-do, calefacción, ascensor, �98 euros + 7� euros comunidade. Tel. 6�0 54 75 85.Vendo casa con finca na estrada de santiago, bo prezo. Tel. 6�7 00 59 10.Alugo piso no Couto, 4 habita-cións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 ��8.Alúgase apartamento novo no Couto, amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 6�7 00 59 10

Círculo Poético Ourensano - �0 h - Centro Cívico Colón

- 19 de febreiro - “1� anos de maxia” co Mago Xacobe - 1� e 1� h - Auditorio

Exposicións- Desde o �1 de xaneiro -

Ensamlandet (Terra de Soida-de) - Sala Alterarte campus

Música- � de febreiro - Concerto

de Alain Meunier, Darío Ma-riño e Anne Lebozec - 19.�0 h - Paraninfo Otero Pedrayo

- 4 de febreiro - Concer-to dobre de Miguel Costas e MCarballo Trío. �0.�0 h - Teatro Principal de Ourense.

- �5 de febreiro - Concerto de Hyperion Ensemble- �0:�0 h - Teatro Principal

Presentacións-�1 de xaneiro - Libro

“Ética e estética de Arturo Noguerol Buján”, de Fernan-do Román – �0 h. – C.C. da Deputación

-�1 de xaneiro - Presenta-ción do libro disco “Despois de ti, a chuvia”, de Xosé Car-los Caneiro- �0:�0 h. - Teatro Principal

-� de febreiro – “Contos por teléfono” ilustrado por Pablo Otero – 18:�0 h. Libre-ría Zampacontos

www.mundourense.com

4CLASIFICADOS

5Anita Fernández Mo-raisAniversario: �6 decembro

4Silvia Martínez Pe-drouzoAniversario: � de xaneiro

Querida Silvia, desexamos que pases un feliz cumplea-

4Eladio Cabano Vaque-roAniversario: �4 de decem-

broQuerido irmán, amigo e

compañeiro, non nos extra-ña que sexas tan especial xa que a túa data de nacemento dio todo. Desexámosche un feliz día porque eres a me-llor persoa que coñecemos: bondadoso, cariñoso, servi-cial e cando te precisamos

“Muxísimas” felicidades “viejecita” que xa van �0 aniños, espero que o pases ben nese día tan especial, que teñas moitísimos aga-sallos e que o pases xenial na celebración. Quérote moitísimo, amor.

nos, en compañía de toda a túa familia. Moitas felicida-des. Un biquiño dos teus pais que te queren moito.

sempre estas aí. Desexá-mosche todo o mellor. Feliz cumple!

Page 24: Xaneiro 2012 - OUXB

�4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

PUBLIRREPORTAXE

A Concellería de Saúde edita unha guía para deixar de fumarTraslada ao papel o método que leva aplicando na Unidade de Deshabituación Tabáquica des-de hai 15 anos.

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense vén de editar unha guía de autoaxuda para deixar de fumar. Son �.000 exemplares que se distribuirán en centros de saúde, hos-pitais, farmacias, a Uni-versidade e na propia sede da Concellería, na rúa Concordia. O obxec-tivo: “levar o tratamento a cada dos fumadores”, explica Marcos Álvarez, psicólogo da Unidade de Deshabituación Tabá-quica municipal e autor da guía. Esta iniciativa xorde despois de que desde a Concellería de-tectaran un sector da po-boación “que non quere ou non pode acudir ás nosas oficinas”, apunta a

edil responsable, Marga Martín.

Segundo unha enquisa da que dispón a Conce-llería, un 40% dos fuma-dores manifestaron a súa intención de deixar de fumar no prazo de seis meses e o 15% fixeron algún intento no último mes. A eles vai dirixida esta guía, que lles ofre-ce pautas para un cam-bio de conducta, a través dunha metodoloxía que dura entre catro e cinco semanas, e que é simi-lar ao que se ofrece na propia Unidade de Des-habituación. A guía está estructurada en varias seccións: marco teórico, a decisión, primeiros sete días, segunda, terceira e cuarta semana, primei-

ras �4 horas sen fumar e consolidación.

40% de éxitosA concelleira de Saúde

aproveitou esta presenta-ción para dar a coñecer os datos da Unidade de Deshabituación Tabá-quica no último ano. En �011, 60 persoas come-zaron o tratamento, e delas o 40% deixaron de fumar, e o 60% restante diminuíu o seu consumo.

O perfil do usuario desta Unidade é o dun-ha muller (no 5�% dos casos) dunha idade me-dia de 45 anos, que leva fumando �7,6 anos unha media de �0 cigarrillos ao día, cunha dependen-cia media e unha motiva-ción moderada-alta.

O psicólogo da Unidade de Deshabituación Tabáquica, Marcos Álvarez, e a concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, presentaron a Guía para deixar de fumar.

A guía ofrécelles aos fumadores pautas para un cambio de conducta, aplicando un método similar ao que se ofrece na Unidade de Deshabituación

Tabáquica

Page 25: Xaneiro 2012 - OUXB

�5Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

4GUÍA DE SAÚDE [Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 ��9 6�4]

SAÚDE

Respecto bidireccional

Problemas dentais en roedores

4VETERINARIA

4PAIS E FILLOS

Home, educada, maior, muller, neno, moreno, louro, alta, baixo, agresivo, simpático, tolerante, guasón, intelixente, rico, solteira, pobre, maduro, creativa, gordo, delgada, discreto, sociable, cariñosa, tímido... Está claro, somos diferentes.

Hai tempo había un anuncio en televisión cuxo lema era “Somos diferen-tes, somos iguais” e esa é a afirmación máis acerta-da. Respectade a diferenza como individualidade, pero a igualdade como membros dunha sociedade na que o importante é gañar-gañar, gaño eu e gaña o outro, non gañar-perder, gaño eu a conta de que o outro perda.

A diferenza é positiva, crea a nosa identidade.

Propóñoche un exer-cicio. Imaxina que estás nun lugar descoñecido, achégaseche unha persoa e pregúntache: quen es ti? Di tres cousas que contes-tarías.

Probablemente, moitos poñades o voso nome, é a

máxima expresión de iden-tidade, gústanos que nos mencionen. Estou case se-gura que non haberá dúas persoas que poñan exacta-mente as mesmas caracterís-ticas. Pero, creríaste mellor, peor ou igual a esa persoa que che preguntou? De que dependería? Do seu aspecto físico? Da súa forma de fa-lar? Da súa idade?

A resposta é que esa per-soa como individuo é dife-rente, pero como valor de in-dividuo é exactamente igual ca ti.

Berrar, ofender, adestrar, prohibir, ordenar son ac-cións cuxo fin é o mesmo, dobregar. O equilibrio está na igualdade con respecto mutuo e a base está en que segundo a educación e trato que lles deamos aos nosos fi-llos así tratarán eles aos seus fillos, alumnos, xefes, empre-gados e a nós mesmos cando nos fagamos maiores.

Valorarás aos demais na medida que saibas valorar-te a ti mesmo de forma sa e construtiva.

Diana R. SalgadoPsicóloga

Os roedores, como as co-baias e os coellos, teñen a especial característica de que os seus dentes son de crecemento continuo du-rante toda a vida, tanto os incisivos como os molares, polo que un dos principais problemas cos que se pre-sentan na clínica diaria están relacionados coa súa dentadura.

En condicións normais existe un equilibrio entre o crecemento dos dentes e o desgaste dos mesmos. En multitude de ocasións, o uso de dietas inaxeitadas nestes animais, rompe o de-vandito equilibrio, dando lugar na maioría dos casos a un sobrecrecemento dos dentes ou raíces ou unha maloclusión dental.

Existen diversas causas e consecuencias, derivadas en moitos casos dun mal manexo, sobre todo rela-cionadas coa alimentación da nosa mascota. A falta de consumo de substratos e comidas cun compoñente abrasivo axeitado, como é a palla, pode producir so-brecrecemento de incisivos, premolares e molares. No caso de molares poden me-drar cara a cavidade oral

de maneira excesiva, pro-ducíndose bordos e picos irregulares e, como conse-cuencia, aparecen lesións na lingua e a mucosa bucal. Estas lesións prodúcenlles ás nosas mascotas moita dor que provoca que o ani-mal teña falta de apetito, salivación excesiva, rexei-tamento da comida, move-mentos anormais da boca e rechinar de dentes.

Outro dos problemas máis comúns é o sobrecre-cemento das raíces dentais, de forma que estas presio-nan e modifican os tecidos que as rodean, o que orixi-na en moitos casos pro-blemas a nivel ocular, que poden ir desde o lagrimeo excesivo até a formación de abscesos retrobulbares, así como secrecións nasais.

Existen outras causas non relacionadas co manexo nin a alimentación que poden producir problemas a este nivel e normalmente tráta-se de causas xenéticas ou hereditarias, que dan lugar a unha maloclusión dental. Neste caso os dentes non estarán aliñados correc-tamente e o seu desgaste será anormal. As causas de maloclusión poden ser

traumáticas (rotura de dentes ou da mandíbula, perda dun dente, etc.) ou atraumáticas (dentes mal situados xeneticamente, deformidade mandibular conxénita, etc).

A resolución destes problemas dependerá da gravidade do proceso. No caso da aparición de bordos irregulares en mo-lares pode resolverse cun simple limado, no caso de sobrecrecemento dos den-tes incisivos resólvese cun recorte cada certo tempo, pero noutros casos hai que extraer as pezas que dan problemas.

Por todas estas razóns o máis adecuado é reali-zar unha boa prevención, proporcionándolle á nosa mascota unha correcta alimentación así como realizando revisións den-tais periódicas por un ve-terinario especialista en animais exóticos.

Todos con EdgarCando me enterei da en-

fermidade de Edgar non puiden máis que pensar no meu propio fillo, no duro e difícil que ten que ser para unha nai ver que o seu fillo está prostrado nunha ca-deira de rodas para sempre e que as esperanzas dunha calidade de vida decente son poucas para unha fa-milia sen grandes recursos económicos.

Edgar é un precioso neno de 4 anos cun sorriso per-manente nos beizos, vén-selle de lonxe as ganas de vivir e de loitar, é aberto e moi simpático pero por desgraza naceu cunha en-fermidade neuromuscular dexenerativa que causa a morte por atrofia dos mús-culos. É unha enfermidade que non se detecta durante o embarazo e que a día de hoxe non ten cura. O único que se pode facer é tentar atrasar a dexeneración e mellorar a calidade de vida do pequeno, pero os trata-mentos son caros (método TERASHUIT, entre outros) e só os pode recibir fóra de Ourense.

Permítanme que me tome a licenza de pedirlles a maior colaboración posible desde a miña humilde co-lumna, porque tamén detrás deste neno hai unha muller

4 MULLERES ANÓNIMAS

anónima que loita desespe-radamente por darlle ao seu fillo a mellor vida, o mesmo que queremos todas as nais para os nosos fillos, pero ela ten un enorme peso que lle impide levar a cabo aquilo que para o resto de nais li-mítase en dar amor e aga-rimo e consentir aos nosos fillos na medida xusta.

Pido, pois, toda a axuda que poidan e queiran ofre-cer. Algo tan simple como un céntimo, ese céntimo que ás veces atopamos na rúa e nin tan sequera nos molestamos en coller, ese céntimo pode abrir unha porta de espe-ranza para esta nai e o seu fillo. Para os establecemen-tos que o desexen hai tamén

uns petos ou se alguén que-re colaborar doutra forma, calquera achega é benvida.

Déixolles o número de conta para aqueles que queiran facer a súa achega:

La Caixa - 2043 29 0100296530

E un correo electrónico para contactar coa familia: [email protected], ademais de poder seguir a evolución do pequeno desde Facebook desde a páxina “Axuda a Edgar”.

Moitas grazas a tod@s. Desde aquí quero brindar todo o meu apoio á familia e ao pequeno Edgar. Moita forza e coraxe!

Mónica F. Pintos

Edgar ten unha enfermidade neuromuscular dexenerativa.

A falta de consu-mo de comidas como a palla pode producir sobrecre-cemento dos den-tes dos roedores

Page 26: Xaneiro 2012 - OUXB

�6 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

P. L.

Ourense por Barrios está este �01� de aniversa-rio. En setembro cumplirase unha década da saída do pri-meiro número desta publi-cación de información local de Ourense, que desde a súa orixe mantén o seu carácter mensual e gratuíto.

Comezamos neste núme-ro un repaso polo que foi a actualidade na cidade de Ourense nesta última déca-da (�00�-�01�), achegán-donos á súa primeira etapa (setembro de �00� a maio de �004), época na que foi editado por unha empresa diferente á actual editora, Letras a la Carta SL. Botar a ollada atrás permítenos ver como cambiou a capital das Burgas neste período.

Ourense por Barrios co-mezou no mes de setembro de �00� cunha primeira edi-ción de 1�.000 exemplares para os barrios do Couto, A Carballeira e Vistahermosa. Daquela o xornal estaba es-crito en castelán e galego e incluía seccións, algunhas das cales aínda perduran, como os clasificados, as ofertas de emprego a través de Cimo, ou artigos.

“Aumenta a inseguridade cidadá no barrio” era o ti-tular de portada no número � de Ourense por Barrios, número no que se abordaba tamén a historia do Couto.

Un especial de imaxes dos magostos era portada no nú-mero de novembro de �00�, número que tamén recollía a historia de Vistahermosa e os personaxes máis relevan-tes do Couto.

Finalizaba �00� dedican-do a portada a unha noticia sobre a caída do tellado á rúa dunha casa en mal mal estado en Rabodegalo e re-collendo unha imaxe dunha manifestación no instituto do Couto contra a marea do Prestige.

No 2003Comezaba �00� e o perió-

dico recollía en portada que o Concello negaba a propieda-de de Prado Verdeal (daquela delegado de Medio Ambien-te da Xunta) sobre uns te-rreos na rúa Castro Canseco que estaban a ser reforma-dos. Este número era o pri-

Ourense por Barrios cumple dez anos4 No mes de setembro farase unha década da saída do primeiro número do periódico.

meiro no que o periódico se buzoneaba tamén na Valen-zá, onde os veciños pedían un servizo de pediatría para o centro de saúde. Editában-se 15.000 exemplares.

En febreiro de �00�, in-formábamos da petición de veciños do Couto e Vista-hermosa para ter unha liña de autobús á Residencia.

Unha enquisa propia se-gundo a cal o PP perdía a maioría nas municipais, e denuncias de verquidos ao Miño en Vistahermosa eran dous dos temas recollidos no número de abril de �00� de Ourense por Barrios, xunto a seccións como foto denuncia, a guía da constru-ción, a axenda da formación e o emprego, a páxina de in-formación propia de Limiar, as felicitacións, a sección de adopta un can en colabora-ción con Progape, ou os pa-satempos.

Maio de �00�, mes elec-toral, no que recollíamos as propostas dos candidatos: Manuel Cabezas polo PP, Francisco Rodríguez polo PSOE, Alexandre Sánchez Vidal polo BNG; Antonio Troitiño por Socialistas por Ourense e José Manuel González por Esquerda Unida. O candidato popular optaba pola continuidade mentres os demais reclama-

ban a equiparación en canto a infraestruturas e dotacións dos barrios co centro.

Primeiro número na Ponte

En xullo de �00� saía o primeiro número da edición Ponte Canedo, coa que a información máis próxima chegaba tamén aos veciños da Ponte e o Vinteún. O pe-riódico chegaba a buzonear cada mes ��.000 exempla-res. Naquel mes facíamos un repaso polas demandas das asociacións veciñais da zona, como as críticas aos verquidos ao regato de Val do Regueiro, a solicitude de bandas rugosas para a estra-da de Oira ou a petición de ensanchamento para a ram-pa de Peliquín.

En agosto de �00�, nun número tipicamente estival, seguían seccións habituais do periódico, como o con-curso da “bruxiña” que pre-miaba aquel mes cunha cea para catro na Rexidora, ou a receita, que ofrecía o des-aparecido restaurante Os Chilotes da Valenzá, e que continuou logo Os Caraco-les, na Derrasa.

En setembro de �00� co-mezaron as colaboracións de José Iglesias Álvarez -Pepe da Guardesa-, un dos nosos articulistas máis

lonxevos e autor dunha das seccións máis lidas, a Histo-ria de Ponte Canedo.

En outubro de �00�, in-formábamos da construción dunha nova ponte sobre o Barbaña que permitiría re-correr a distancia entre O Polvorín e As Camelias en só tres minutos, así como que as obras no colexio da Ponte obrigaban ao traslado dos alumnos á antiga escola de Maxisterio durante catro

meses. “Oposición veciñal en

Vistahermosa á construción do acceso centro á A-5�” era o titular de portada no núme-ro de novembro de �00� de Ourense por Barrios. Neste número facíamos un debate a tres bandas no que dous re-presentantes do movemento veciñal – Eladio Pérez da Federación Limiar e Lois Pardo da A.VV. Eiroás- e o edil de Participación Cida-

dá -naquela altura o popular Odilo Masid- coincidían en que en Ourense había dema-siadas asociacións veciñais (eran 6� naquel ano).

En decembro de �00�, a portada da edición de Pon-te Canedo informaba de que varios desaugadoiros verquían de maneira incon-trolada ao Miño no Tintei-ro. Na sección “Guía da construción” recollíase que o Plan Parcial de Salto do Can – Rabodegalo, que pre-vía a construción de 700 vi-vendas, fora presentado no Concello, e nunha entrevis-ta ao alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, este facía un chamamen-to aos veciños para que se censasen. Naquel momento o municipio contaba con 7.000 habitantes censados aínda que superaba os nove mil de poboación real.

Chega o 2004En marzo de �004, reco-

llíamos en portada: “A esta-ción do AVE seguirá en Em-palme”, informando sobre o debate existente naquel momento sobre a ubicación da futura estación de alta ve-locidade.

En abril de �004 entrevis-tamos ao alcalde, Manuel Cabezas. Tamén informába-mos do inicio das obras da nova sede da Policía Local.

O último número coa an-terior editora data de maio de �004 (nº �1), mes no que destaca na portada do Couto o seguinte titular “O pleno municipal acorda instar á Xunta a crear un centro de saúde no Couto”, e na de Ponte Canedo este “A Con-federación Hidrográfica em-peza a sanear a marxe derei-ta do Miño”.

Portada do Couto do primeiro número.

Portada da Ponte do primeiro número, en xullo de 2003.

Ourense por Barrios chega á Valenzá en xaneiro de 2003.

especial 10 ANOS DE OURENSE POR BARRIOS

ColaboraciónsSeguiremos recordan-

do a historia do periódico nos vindeiros meses. Se queres compartir con nós algunha experiencia que tiveses relacionada co pe-riódico escríbenos a [email protected] ou déixanos a mensaxe na nosa páxina en facebo-ok (mundourense.com) e deixa a túa mensaxe. Non te esquezas de pór no asun-to “10º aniversario Ouren-se por Barrios”.

Page 27: Xaneiro 2012 - OUXB

�7Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

PUBLICIDADE

Page 28: Xaneiro 2012 - OUXB

�8 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

DEPORTES

CD Ourense perde e alónxase do primeiro posto4 Desde que está Luisito no banco ‘rojillo’, os ourensáns non son quen de gañar.R. Torres

Tres partidos, dous em-pates e unha derrota. Esta é a bagaxe desde que Lui-sito colleu as rendas do equipo cando ía líder de Terceira División. Os em-pates en Sanxenxo (contra o pechacancelas) e contra o Somozas no Couto, e a de-rrota na casa do Dorneda, fan que o CD Ourense pase da posición privilexiada que ocupaba, a baixar ata o terceiro posto. O Cerceda que é líder xa lle saca tres puntos, e está empatado co Alondras (segundo) a 47 puntos. Catro puntos por debaixo aparece un Ponte-vedra que será o próximo rival dun Ourense que ve como perdeu crédito nas últimas xornadas.

Contra o DornedaNo partido contra o Dor-

neda, os de Luisito apenas

inquedaron a meta rival e iso que durante unha hora de encontro xogaron cun home máis pola expulsión dun xogador local. Unha primeira parte mediocre deu paso a un segundo tem-po no que o Ourense domi-nou máis sen crear ocasións claras de gol e sen facerse merecedor dos tres puntos. Eder, que xogou tocado de-bido aos seus problemas no xeonllo dereito, e as baixas de Quintairos e Álex, notá-ronse en exceso no conxun-

to ourensán.

E agora, o PontevedraEste domingo, os de

Luisito reciben a visita dun Pontevedra que está a mostrar mellor cara nes-tas últimas xornadas. Se o Ourense vence, o equipo da vella Auria alonxaría-se a sete puntos dos pon-tevedrese. Pola contra, se son os granates os que se levan os tres puntos, a cla-sificación encolleríanse na zona alta.

Último partido disputado no Couto./RAMSÉS

Un mes para convencer4 O escolta norteamericano, Kyle Hill, chega ao COB durante un mes de proba para convencer aos técnicos de que é o xogador que necesitan.Redacción

O escolta norteameri-cano, Kyle Hill, chega a Ourense para estar duran-te un mes de proba e con-vencer ao corpo técnico do Club Ourense Baloncesto de que é a persoa indica-da para liderar o equipo de aquí ata o final da campa-ña, e lograr o obxectivo do

ascenso á Liga LEB Ouro.A incógnita que trae Hill

é a ausencia das canchas durante máis dun ano. O seu representante saiu ao paso dicindo que o motivo foran as fortes pretensións económicas do seu repre-sentado.

Durante un mes fará unha mini pretempada para coller o ritmo de competición e ser

o xogador desequilibrante que necesita o COB.

Kyle Hill

Vitorias de Cidade As Burgas e Ponte Ourense4 O Cidade alónxase do descen-so e o Ponte achégase á cabeza. R. Torres

Xornada positiva, a últi-ma da primeira volta, para os interese de Cidade As Burgas e Ponte Ourense.

O Cidade As Burgas venceu por 5-� ao Maja-dahonda (pechacancelas da competición) nun par-tido de ida e volta pero que, a mellor pegada das locais fixo que quedaran os tres puntos no casi-lleiro ourensán. Con esta vitoria, as de Codeso son undécimas con 17 puntos e deixan o descenso a sete puntos de distancia tendo moito feito de cara ao seu obxectivo, que é o da permanencia.

A próxima cita do Ci-dade será o sábado, 4 de febreiro, contra o Orvina, un dos rivais do equipo ourensán para a perma-nencia.

O Ponte Ourense, pola súa banda, vén de lograr un sufrido triunfo contra o Soto del Real. �-1 foi o resulta-do final cos goles de Ampi e Sarita que resolveron un encontro máis complicado do que a priori se prevía.

As pontinas estaban cun ollo posto a poucos quiló-

metros de onde xogaron, en Móstoles. Alí enfrontá-banse as madrileñas contra o Córdoba polo primeiro posto. O resultado dio todo, 7-1 para o Móstoles que fai que sexan estas as que asal-ten o primeiro posto en de-trimento das andaluzas.

Con estes resultados, a zona alta da táboa comprí-mese e agora o Ponte Ouren-se segue na quinta posición pero a tan só catro puntos do líder. Fai dúas xornadas, as de Vivián estaban a oito puntos da primeira posición, polo que a loita polo título está cada vez máis preto.

Peque lanzando a portería do Majadahonda./RAMSÉS

O Pabellón leva o derbi de LF24 Foi superior ao Carmelitas.

Redacción

O Pabellón Ourense ga-ñou o derbi ourensán de Liga Feminina � ao ven-

cer ao Codigalco Carmeli-tas por un cómodo 57-45.

O Pabellón foi superior en todo momento ás co-lexialas e dan mostra dun

gran estado de forma. Este mércores, 1 de fe-

breiro, reciben a visita do Aguere, en partido apraza-do da xornada 1�, coa in-tención de continuar a boa racha das últimas xornadas.

Pola súa banda, o Carme-litas nesta 1�ª xornada asal-tou a cancha do Tenerife a quen dobregou por 61-67 disipando toda as dúbidas que asaltaron o Vedruna nas tres últimas xornadas, nas que as de Juan Rodríguez non foron quen de sacar nada positivo.

Para a vindeira xornada o Pabellón recibe ao Ensino, mentras que o Carmelitas xoga fóra da casa contra o Guadalaxara.Partido entre o Pabellón e Carmelitas. /RAMSÉS

Page 29: Xaneiro 2012 - OUXB

�9Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

PUBLICIDADE

Page 30: Xaneiro 2012 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

4IMAXES DO MES

Tarde de ilusións en OurenseMedio Ourense encheu o centro da cidade na tarde do 5 de xaneiro para, como marca

a tradición, ver pasar a cabalgata dos Reis Magos. A ledicia desta sinalada data viase reflexada nas caras de nenos, pais e avós, que agardaron estoicamente o lento desfile das carrozas, sendo recompensados a cada pouco con moreas de caramelos lanzados polos paxes e resto da comitiva real.

Desta volta os Reis Magos chegaron á capital das Burgas noutro tipo de tren, fixérono no tren turístico logo de facer unha visita á zona termal de Outariz. De alí regresaron á Estación Empalme, de onde partiron en desfile polo barrio da Ponte e o centro, nunha marcha que contra as oito da tarde aínda non rematara.

Homenaxe a Manuel VillarO concello de Ourense quixo mostrar o seu recoñecemento ao gran compromiso social

do desaparecido líder veciñal de Barrocás Manuel Villar coa instalación dunha placa e unha ilustración do seu busto na praza do seu barrio. Nembargantes, pouco durou esta admiración, xa que apenas unhas horas despois de ser colocada a placa foi roubada. Uns días despois foi reposta polo organismo municipal ante a indignación dos veciños.

Xantar na honra de San Francisco de SalesComo vén sendo habitual os xornalistas ourensáns degustaron o pasado �4 de xaneiro,

día de San Francisco de Sales, o patrón desta profesión, un xantar en honra do mesmo no Seminario Maior da capital acompañados de diversas autoridades do Obispado de Ouren-se, sen que entre elas se atopase o novo responsable da diócese, José Leonardo Lemos Montanet, debido a que a súa ordenación episcopal non terá lugar ata o 11 de febreiro.

Anpian regalou unha bicicleta

A empresa de transporte de viaxeiros Anpian vén de facer entrega do premio dun concurso que organizou nos pasados meses na súa gaso-lineira Reza, que consistiu na entrega gratuita de pa-peletas (un total de �8.�00) aos que realizaron compras na área de servicio, entrando así no sorteo dunha bicicle-ta, que finalmente foi a parar ás mans de a Eva López.

OCIO E CULTURA

Page 31: Xaneiro 2012 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

OCIO E CULTURA

O Ourense do 28Unha imaxe panorámica da cidade, procedente do estudio Pacheco, que data de

19�8, decora desde mediados de decembro unha das entradas das Galerías Centrais de Ourense, grazas a unha iniciativa do Arquivo Visual Ourensán que busca achegar a to-dos os veciños da cidade das Burgas que pasen polas céntricas instalacións a realidade urbanística da capital fai máis de 80 anos.

4IMAXES DO MES

O centro comercial Pon-te Vella prepárase para o carnaval. Previo aos días de celebración do Entroi-do os nenos poden acudir novamente aos Talleres “Fágome o meu disfraz e maquillaxe”, na planta baixa os días 10 e 11 de febreiro de 17:00 a �0:00 horas. Estes obradoiros están pensados para rapa-ces de todas as idades, e neles crearán caretas, ma-quillaxe, complementos e vestidos con elementos de reciclaxe, que poderán utilizar despois para dis-frazarse. Tres monitores supervisarán a activida-de.

O venres 17 de febreiro os clientes do centro co-mercial poderán presen-ciar un auténtico espectá-culo de samba, composto por sete integrantes, cun

colorido vestiario e músi-ca en directo. Bailes como capoeira, lambada, salsa, merengue, samba, afro, abertura de bossa nova, etc. e final de festa coa partici-pación do público formarán parte do evento.

O sábado 18 de febreiro está previsto un espectácu-lo de entroido veneciano. Este entroido é único no mundo e a súa tradición remóntase ao século XI. En Ponte Vella haberá unha exhibición destes fabulosos traxes de época do século XVII e un es-pectáculo composto por un “gran traxe veneciano” con todo o seu séquito: traxe de raíña do entroido veneciano, dous acompa-ñantes masculinos e outros dous femininos, que farán un espectáculo con malaba-res, cintas e zancos.

Alegría e elegancia no Entroido de Ponte VellaEste ano o centro comercial achega a Ourense os carnavais de Brasil e Venecia

Un simulador 6D, en primicia

O centro comercial con-tará cun simulador 6D durante o mes de febreiro, situado fronte a Cinebox. Poderemos en 5 minutos e por primeira vez en Espa-ña, na emisión e recepción da película están inmersos os cinco sentidos, utili-zando os últimos avances sensoriais, tecnolóxicos e efectos 6D para estimular as emocións mediante a combinación de hardware e software a medida nun espectacular simulador.

Os clientes que decidan gozar desta singular expe-riencia, poderán visionar cinco películas diferentes, que non deixarán indife-rente nin a grandes nin pequenos: “A casa dos ho-rrores”, “A mina de ouro”, “A fábrica de chocolate”, “Nadal” e “Dinosauros”.

Desfile de EntroidoComo colofón a esta

programación, a Gala In-fantil de Disfraces de En-troido, terá lugar na planta alta o luns �0 de febreiro ás 17:00 horas. Os nenos que o desexen poden anotarse no Punto de Información de Ponte Vella como todos os anos e optar aos premios aos tres mellores disfraces.

Algúns dos disfraces participantes no desfile de Ponte Vella nunha edición anterior.

Presentación de “A Xanela

escura”O pasado día �7 de xa-

neiro tivo lugar na librería Torga a presentación de “A Xanela Escura”, libro do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda, colabora-dor de Ourense por Barrios, publicado no ano �011 pola editorial Urco.

Tras case unha ducia de libros, Bóveda nos ofrece, posiblemente, o primeiro libro de historia do xénero de terror en galego. Unha recopilación profusa e ame-na con tintes literarios dos avatares que acompañaron

á evolución de tres dos ar-quetipos máis representati-vos do xénero: os vampiros, os zombis e o sangue.

Unha velada certamente interesante onde os asisten-tes poideron achegarse ao incombustible autor e coñe-cer de primeira man as súas

reflexións e anécdotas sobre a evolución do te-rror fílmico dende as súas orixes ata os nosos días.

A obra foi presentada por Valentín Barreiros, especialista en cinema e tamén articulista deste pe-riódico.

Page 32: Xaneiro 2012 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� OCIO E CULTURA

4RECEITA

Ingredientes:- 1.600 gr de patacas- 150 gr de guisantes- 300 gr de cebola- Allo porro- 300 gr de pemento

verde- 300 gr de pemento

vermello- 150 gr de cenoria- 600 gr de calamares- 1 kg de berberechos- 300 g de ameixas- 1 kg de mexilóns

Patacas mariñeiras- 1.200 gr de colas de

rape- 1 kg de tomate- Viño branco - Aceite Preparación:- Córtase a cebola, a

cenoria, o allo porro, o pe-mento verde e vermello e frítese todo en aceite.

- Engádeselle o viño, a salsa de tomate e as pata-cas.

- Engádeselle a auga

de abrir os mexilóns, as ameixas e os berberechos, previamente coada.

- Saltéanse os calamares e vanse engadindo.

- Cócense as colas de rape en auga con sal, laurel e perexil.

- Por último, quitámos-lles as espiñas, troceámolas e engadímolas á mestura. Juan Luis Iglesias Vázquez,

xefe de cociña Os Caracoles, tel. 988 380 165

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE 4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Namoreime de novoOnte namoreime outra

vez, tiven moitas dúbidas sobre se iso me volvería pasar, polo menos diste xeito. Foron uns momen-tos inesquecibles e ma-rabillosos. Gocei coas risas, cos bailes, coa mú-sica, coa luz, co vestiario, coas bágoas (si, tamén chorei).

Había tempo que non o pasaba tan ben no cine, non teño pensado facer unha crítica de “The ar-tist”, ese non é o meu co-metido e prefiro deixarllo aos expertos, así que vou ser totalmente subxectiva.

Polo cine clásico e por películas como “Singing in the rain” quixen ser actriz, e onte volvín ver esa maxia na pantalla que penso que so tiña un certo tipo de cine que nos facía

soñar e abstraernos da rea-lidade. Non quero desvelar nada á xente que non a viu aínda, así que serei pruden-te, pero farteime de chorar en varios momentos e sobre todo cando estaba a piques de rematar. Non foi só pola emoción da secuencia se-nón porque me fixo revivir un montón de sensacións de nena, cando soñaba con ser actriz, e non quería que iso rematase. Estábao pasan-do mellor ca un porquiño enchoupado nun lamazal, untándome de sensacións que xa tiña case esquecidas e que me lembraban quen son.

O amor para min e algo semellante a isto, como se apodera ti, o corazón la-texa a mil por hora e as verbas atáscanse na gorxa e tes que disimular se non é

un bo momento.Eu levaba a cara vermella

e os ollos coma se estivera cunha febre de 40 graos, e perdendo líquido a esgalla, daba mágoa verme, así que optei por agardar para saír de última e mirando cara o chan, sen poder parar de chorar e dicindo entre risos e bágoas: É que me encan-tou! É unha pasada! Eu quero contar unha historia así! Coma esta!

É o que ten ser tan sen-sible a certas cousas, que podes gozar dunha película coma esta sen límite. O que lle guste o cine clásico non a debería perder e o que lle guste o CINE tampouco debería deixar de ver “The artist”, grazas a ela eu lem-brei porque continuo namo-rada desta profesión.

Saamira Ganay

4TRIBUNA ABERTA

Cando a caixa estaba cheaEstamos en xaneiro, pri-

meiro mes do ano e apelido da famosa “costa”. Pero hoxe a “costa” non só é de xaneiro, é de febreiro, mar-zo, abril, etc. A situación que nos toca vivir é máis que complicada, estamos inmersos nun desgraciado laberinto que non ten, de momento, saída. Pero, se ben é certo que a crise é mundial e comeza nos Es-tados Unidos de América coas famosas “hipotecas lixo”, non é menos certo que houbo un pasado re-cente no que vivimos coma auténticos ricos. Nesa épo-ca gastáronse os cartos sen ningún tipo de control.

Se ao longo de toda Es-paña temos moitos exem-plos como os aeroportos de Castellón, Cidade Real ou Huesca, aquí en Ga-licia non nos quedamos atrás. Capítulo un: Cida-de da Cultura, aquel soño dunha noite de verán no que se convertía un monte

das aforas de Santiago nun grande mausoleo chama-do a ser centro cultural. Capítulo dous: Porto exte-rior da Coruña, faraónica obra no concello de Ar-teixo para asentar o novo porto comercial da cidade herculina cando en Ferrol xa existía unha infraestru-tura dese tipo que aínda non está ocupada. Capítulo terceiro: Novo aparcamen-to do aeroporto de Peina-dor en Vigo que xunto co capítulo quinto, a amplia-ción do aparcamento e da pista do aeroporto de Alve-dro na Coruña, constitúen unhas inversións “funda-mentais” nunhas instala-cións ás que os viaxeiros lle están dando as costas nos últimos meses. Capí-tulo sexto: Autoestrada de Ourense a Celanova, aínda que nos primeiros quilóme-tros da estrada actual hai un importante volume de tráfico, poderíase arranxar cunha pequena ampliación

da infraestructura exis-tente. Capítulo sétimo: Autoestrada do Val Mi-ñor (Puxeiros-Baiona), infrautilizada ao longo do ano só cumpre obxe-tivos nos meses de verán co que podería ser máis factible a ampliación das estradas xa existentes. Hai moitos máis capítu-los coma os auditorios repartidos polas cidades e vilas de Galicia, os cen-tos comarcais nas cabe-ceiras das comarcas ou a cantidade de asfalto e fa-rolas que se despregaron por todos os pobos.

Vostedes non cren que se se houbera tido máis sentidiño no gasto, esta-rían hoxe as administra-cións na situación na que se atopan? O peor é que agora toca apretarse o cinto sobre todo nas polí-ticas sociais que tanto nos custou conquerir.

Xavi C. Martiñá

Hai algo máxico no acto de cruzar unha fronteira en territorio Europeo. Ao atravesala, moitos elemen-tos imaxinarios que forman parte do noso inconsciente social, toman forma e fanse palpables. Para empezar polo mais básico, o idioma varía en distancias quilo-métricas case ridículas. Só fai falta unha viaxe de media hora cruzando unha ponte sobre as augas que separan dúas terras obxec-tivamente non tan distintas entre si, para que ao baixar do autobús déaste conta de que as persoas diríxense a ti noutra lingua.

Algo parecido pasoume na viaxe de Londres a Co-penhague que realicei o pasado verán. Sen baixar-me do tren, nun tramo de menos de 6 horas, cambiei catro veces de país e o revi-sor se dirixiu a min en máis de seis idiomas diferentes antes de terminar botando man ao idioma universal co que todos imos chapu-rreando e danzando polo mundo, abríndonos camiño con xentes de diversos po-bos e culturas.

Pero cando dás estes pe-

quenos saltos xeográficos, non só o idioma transfór-mase adquirindo palabras e sons distintos. Tamén cambian pequenas cousas coma os rostros nas moe-das e billetes naquelas zo-nas que permanecen incon-quistábeis polo euro. Pagar unha cervexa convértese nunha aventura de troque na que me imaxino os nosos antepasados nadaban como peixes no auga. A min re-súltame mais complexo isto de andar calculando divi-sas entre a coroa danesa, a sueca, o euro… Esperade, de verdade custa isto en co-roas suecas? Pois se o paso a euros é mais caro, pero se o converto á moeda danesa sáeme unha ganga, e se… en fin, unha tortura!

Dende logo que non na-cín para traballar en Wall Street. Case que me alegro.

Dise que o obxectivo pri-mordial de Europa como construción social é alcan-zar a unidade na diversida-de. Onte deixei Dinamarca por unhas horas e funme de excursión a Suecia cun-ha grega, unha romana, un danés-inglés e dous checos. Creo que o noso pequeno

grupo reflicte bastante ben iso da unidade na diversidade. Estamos ex-plorando as posibilidades do mundo que nos deixa-ron a medio facer. Non é fascinante? Un proxecto político e social que sor-tea barreiras, que salta por enriba desas diferen-zas ás que nos aferramos cun orgullo xustificable cando queremos explotar a riqueza dos nosos mun-dos co único obxectivo de compartila. É unha em-presa tan ambiciosa como descubrir vida noutros planetas e o mellor do asunto é que non fai falta ir tan lonxe para realizala con éxito. O noso micro universo é tan marabillo-so e complexo que sería absurdo abandonalo por-que unha crise financeira queira recluírnos de novo nun porto que esta desti-nado para que partamos.

Raquel Sertaje

“Dise que Europa, como construción social, busca a unidade na diversidade”

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

O recital de xaneiro Como cada segundo martes de mes o Círculo Poético Orensano desenvolveu pasado

10 de xaneiro un novo recital no Centro Cívico Colón., que se centrou, exclusivamente, na obra dos membros da asociación.

E como xa vén sendo habitual, na derradeira parte do recital abriuse o micrófono para que aquelas persoas do público que o desexexaran puidesen recitar os seus propios poemas.

Algúns dos poetas ourensáns durante o recital.

Unidade na diversidade

Page 33: Xaneiro 2012 - OUXB

��Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�OCIO E CULTURA

Redacción

O grupo ourensán Prisci-la atópase actualmente in-merso na promoción do seu novo EP, bautizado co mes-mo nome da agrupación. Fer González, Aitor Uve, Dani García e Jorge Iglesias están a dar a coñecer do me-llor xeito posible, con actua-cións en riguroso directo, os seus cinco novos temas (“Ni un golpe más”, “Café para dos”, “Ven al baño a bai-lar”, “La tristeza del pez”, e “Rock del mar”).

Como e cando nace Priscila?

Fer González (vocalis-ta): “Priscila nace da ex-periencia adquirida cando traballabamos como “Sin motivo”. Toda esa mestura de concertos, cancións e experiencias axudounos a evolucionar e atopar o noso son e a nosa identidade como grupo. Priscila é un nome que leva consigo todo

Priscila presenta o seu novo disco4 O EP está composto por cinco creacións inéditas.

O grupo ourensán Priscila.

ese bo “rollo” que tiñamos gardado despois de tantos anos de traballo”.

Como describirías a música que facedes?

F.G.: “Facemos un pop-rock moi persoal influen-ciado sobre todo por gru-pos coma The Beatles, The Romantics e moitas outras bandas que foron referen-tes nas nosas vidas. Entón démoslle a nosa visión ac-tual para crear unha mes-tura fantástica da que saen cancións frescas con estri-billos pegadizos”.

Nun momento no que as descargas a través da In-ternet están a reducir as vendas de discos, resulta complicado lograr que un consumidor adquira un?

F.G.: “Estamos nun mo-mento no que o disco físico como tal soamente funcio-na para as bandas que xa teñen un camiño percorrido xa que só a xente que real-mente é fan segue a mercar

os discos dos seus artistas favoritos. Para os grupos coma nós é diferente, xa non podemos contar con este tipo de mercado, polo que temos que adaptarnos ás novas tecnoloxías e facer da rede o noso método de traballo e de evolución”.

Que lle dirías a todos aqueles mozos que escoi-tan a vosa música mentras soñan con poder facer o mesmo?

F.G.: “Nós ainda estamos nese intre de soñar co que pode chegar e penso que non somos máis que nin-guén para dar consellos a outras bandas. O único que podemos decirlles a todos os músicos que comezan é que gocen de cada segundo de ensaio, de composición, de concerto... porque é algo efímero e se non expri-misemos eses momentos ao máximo non existiría a maxia deste mundo”.

Que é máis complicado

triunfar na cidade onde un nace ou fóra dela?

F.G.: “Ámbalas dúas cousas son moi complexas se non traballas como unha besta para facer algo de ca-lidade. Nós sentimos moito o cariño da nosa cidade, pero se non lles correspon-demos con calidade non seguirán estando connos-co. A música é asi de cruel. Asemade, aproveitamos para agradecer que o Con-

cello siga promovendo que as bandas locais fagan de teloneiros de grupos impor-tantes xa que é unha inicia-tiva que axuda a chegar a moita xente, nembargantes botamos de menos que do mesmo xeito que se pagan grandes cantidades para traer aos grupos de moda de España, se utilicen os mes-mos medios para ofrecer un concerto dun grupo local coa calidade técnica que cremos que merecen moitas bandas desta cidade”.

Que destacarías dos cin-co temas que compoñen o voso EP “Priscila”?

F.G.: “A frescura e xu-ventude dos sons e o sorriso que provoca cando o escoi-tas por primera vez”.

Onde se pode conse-guir?

F.G.: “Pódese conseguir facendo un pedido ao correo electrónico [email protected] ou en calquera dos nosos concertos”.

Cal é o voso futuro in-mediato?

F.G.: “Estaremos en Vigo, e en Coruña. A nosa intención é facer unha pre-sentación en Madrid nos meses posteriores a esta pe-quena xira por Galicia”.

Page 34: Xaneiro 2012 - OUXB

�4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� PUBLICIDADE

Page 35: Xaneiro 2012 - OUXB

�5Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�OCIO E CULTURA

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

O Teatro LosadaO 23 de decembro de

1928 inaugúrase o “pavi-llón de espectáculos” situa-do na céntrica rúa de Paz Nóvoa (hoxe Paseo), pro-piedade dos irmáns Alonso Losada (Julio e Arturo) e o fillo do segundo deles.

A sobriedade arquitéc-tónica da fachada proxec-tada por Antonio Vargas contrastaba coas lámpadas multicor do interior e coa combinación de vermellos, azuis, amarelos e verdes que acadaban un moderno e harmonioso resultado, froito do deseño de Luis F. Vázquez.

O patio de butacas de forma rectangular, alber-gaba 500 localidades. No andar superior atopába-mos 10 palcos laterais con entrada independente. O conxunto completábase cun foso para orquestra e un escenario que dispuñadun completísimo sistema de

tremoias. O Losada sufriu unha

traumática metamorfose, cando se “adaptou” a es-tablecemento para a venda de roupa. Pese a todo, o in-moble mantén a elegancia

do auténtico.Arquivo visual

Ourensán fondo Lisardo Mazaira

Texto Fernando ValcarcelFotógrafo descoñecido

www.ourensenotempo.com

Fachada do Teatro Losada en 1928.

4LITERATÚADoutores Jekyll

Outra das probas de que a realidade é moi se-mellante á ficción (cando esta non é superada por aquela) é a caracteriza-ción dos personaxes dun-ha novela, que por moi-to que sexan estudados, perfilados e afondados polo autor, sempre van ser tidos en conta de xeitos diferentes dependendo do tipo de lector que asome ao libro no que actúen. E non é isto tan obvio como que un lector ladrón sinta empatía por un personaxe ladrón, senón tan pro-fundo como considerar o personaxe en función dos rangos psicolóxicos do que se achega a un li-bro, supoñendo estes (os personaxes) auténticos doutores Jekyll que sofren tantas transformacións como número de lectores aos que se expoñan, dende o lector Hyde ata o lector número “n”.

E cal é a conexión dis-to coa realidade? Pois lamentablemente ten que

ver co carácter voluble e “Jekyll” da humanidade, coa inautenticidade, e coa durísima proba que pode supor manter unha forma de ser igual en todas as situacións da vida. Porque o “normal” é ter un com-portamento cos amigos da infancia, outro coa muller atractiva que tenta ven-dernos unha enciclopedia, outro co señor que actuali-za a libreta no banco, outro co vello que pasea pola aldea, outro co turista que che pide indicacións para chegar a Santiago de Com-postela, outro coa froiteira, outro co policía, outro co xornalista que fai unha en-quisa, outro co “streaper” que move as súas cadeiras para ti, outro coa túa nai, outro cos teus fillos, outro co axente de seguros, outro co condutor do autobús... sendo todos nós toda unha invasión de doutores Jeky-ll que interatúa con outros doutores Jekyll nun mundo Jekyll, no que o que tenta manter a integridade na

súa personalidade é consi-derado, como mínimo, un peixe raro.

E cando máis dor nos fan sentir estes doutores é cando lles supoñemos afi-nidade e amizade e com-probamos dramaticamente como cambian o seu xeito de comportarse depen-dendo da persoa coa que interatúen. Demostrando diante túa que contigo son dun xeito, pero se se lles une unha terceira persoa non dubidan en cambiar os patróns de comportamen-to, demostrando a múltiple personalidade da condi-ción humana e o moi ne-cesario que é que cada un sexa como realmente é, sen caretas nin comenencias.

Parece sinxelo, pero é dunha dificultade case im-posible. E agora, se me perdoan, teño que deixar de escribir, que estou come-zando a sufrir convulsións porque chega alguén.

Jorge Emilio Bóveda

Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

O pasado 24 de xaneiro coñecíamos o anuncio de retirada dun dos políticos máis veteráns e destaca-dos desta provincia. Sen negarlle os seus méritos, cremos que as reflexións que toca facer agora son dúas: se o seu paso pola presidencia da Deputa-ción (22 anos nada máis e nada menos) foi positivo para a provincia, e se é necesario limitar a dura-ción dos cargos por lei. Non cremos que sexa bo que os políticos se eter-nicen nos seus postos, confundido o público co privado, ata o punto de que vexamos normal que un fillo “herde” o cargo do pai. Recoñecendo que Manuel Baltar ten todo o dereito do mundo a querer ser presidente da Deputa-ción, chirría que o faga desde o posto de segundo suplente, e non desde a vicepresidencia da insti-tución, cargo que debería ter asumido cando come-zou esta lexislatura. Non sería máis lóxico facer a

4EDITORIAL

sucesión desta maneira, e evitarnos o paripé dos úl-timos días, cando de todos era sabido que como líder do partido na provincia ía ocupar tamén o posto do seu pai na administración provincial unha vez se re-tirase este?

Esa mesma data ce-lebrábase o patrón dos xornalistas e alguén dicía que entre os nosos labores está o de protexer a verda-de. Pois ben, no Concello, a oposición denunciaba irregularidades na xestión do festival Pórtico do Pa-raíso. Cando menos nun momento de crise é cues-tionable que se gasten 5.000 euros en cáterings e 6.000 euros en fotos. Non estamos falando de músi-ca? E ademais, se defen-demos a transparencia, cal é o inconvinte en facer público todo o desglose do orzamento do festival, incluso as partidas que asumen os patrocinadores privados, ou hai algo que [email protected]

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

4HUMOR

Verdades

Cursos de técnica e interpretación musicalRedacción

O Conservatorio de Música de Ourense vén de presentar a súa oferta formativa para o primeiro semestre de �01�, entre a que se inclúen cursos de clarinete (do � ao 6 de fe-breiro), música barroca (� e � de marzo), acordeón (� e � de marzo), repertorio vocal (do 1� ao 16 de mar-zo), trompeta (do 14 ao 17 de marzo), violoncello (�9 e �0 de marzo), piano (do 8 ao 11 de maio) e constru-ción de palletas (con data aínda sen determinar).

Todos os cursos estarán impartidos por profesores e profesoras de recoñecido prestixio que desenvolven o seu traballo en institu-cións musicais tan pres-tixiosas como a Orquestra Filharmónica de Berlín, o Real Conservatorio Supe-rior de Música de Madrid e a Escola Superior de Música de Cataluña, entre outras.

Os cursos están dirixidos a alumnos de conservato-rios e escolas de música.

A sección de Valentín Barreiros “Cousas do cinema” regresa en febreiro.

Page 36: Xaneiro 2012 - OUXB

�6 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� OCIO E CULTURA

Redacción

A edil de Cultura e te-nente de alcalde, Isabel Pérez, presentou o balance de �011 nas instalacións culturais municipais. Pé-rez destacou os datos do Auditorio, que acolleu o ano pasado �88 activida-des ás que acudiron un to-tal de 85.975 persoas. Es-tas cifras supoñen, dixo, un incremento do 90% na asistencia de público e dun 148,�% no número de actividades con respecto ao ano �007, primeiro ano de xestión da política na-cionalista á fronte da área de Cultura.

“Por comparación este Auditorio é un espazo importante a respecto do que se fai na Rede de Teatros e Auditorios gale-ga e do Estado”, afirmou a política nacionalista, quen defendeu a necesi-dade de investir en activi-dades culturais aínda en época de crise. “Négome a compartir esa idea eco-nomicista da actividade cultural, é necesaria en si mesma, necesitamos espazos de lecer de enri-quecemento do noso es-pírito”, dixo.

Segundo os datos fa-

O Auditorio medra en actividades e público4 O espazo municipal aumen-tou en �011 un 90% o número de asistentes e un 148% o de activi-dades con respecto a �007.

cilitados, marzo, abril, xuño e novembro foron os meses con máis activi-dade no Auditorio, e foi xuño, precisamente, o que sumou máis espectadores: 1�.4��.

O Museo MunicipalA concelleira tamén

deu a coñecer os datos do Museo Municipal, que re-cibiu a visita durante �011 de 17.864 persoas, sendo a mostra do Arquivo Vi-sual Ourensán “Ourense, un século de fotografía” a máis vista (�.900 per-soas); así como do espazo expositivo Arturo Baltar, con 14.500 visitas nos úl-timos 1� meses.

ProgramaciónA edil de Cultura apro-

veitou para detallar polo miúdo a programación no Auditorio municipal ata o mes de maio, na que as actividades infantís ocu-pan un lugar destacado. Do resto de citas culturais, Pérez sinalou dúas: o 4 de febreiro o espectáculo de Leo Bassi, cómico que ten tido en Ourense unha boa acollida de público noutras ocasións, e o mo-nologuista Dani Mateo o día 11.

“El Padrino II” inaugurou o terceiro Ciclo de Cine Clásico4 Ata o 8 de xuño o Simeón acollerá outras nove grandes películas.Redacción

O �7 de xaneiro, ás �0:�0 horas, o Salón de Actos do Edificio Simeón biaxou as luces, despre-gou a pantalla grande e proxectou un dos filmes chave na historia do sé-timo arte, “El Padrino II”. Así deu comezo a terceira edición do Ciclo de Cine Clásico, que or-ganiza J Publicidad (coa colaboración, este ano, de Queixumes dos Pi-nos e a Deputación Pro-vincial, así como unha decena de establecemen-tos comerciais privados

ourensáns).A partir de agora, e ata o

8 de xuño, dous venres ao mes, o Centro Cultural será o escenario das proxeccións de outros nove clásicos do cine, como son “Con la muerte en los talones” (� de febreiro), “Desayuno con diamantes” (�4 de fe-breiro), “El Crepúsculo de los Dioses” (9 de marzo), “El Hombre Tranquilo” (�� de marzo), “Río Lobo” (1� de abril), “�9 Escalo-nes” (�7 de abril), “Crimen Perfecto” (11 de maio), “Sonrisas y Lágrimas” (�5 de maio) e “De bares” (8 de xuño).

HomenaxesPor ser un dos fundado-

res deste Ciclo de Cine será homenaxeado de novo nes-ta edición o actor ourensán falecido o pasado ano, Abe-lardo Pérez Gabriel; o cal, ademais, foi moi tido en conta durante a selección das películas.

Así mesmo, dende a or-ganización queren realizar un especial recoñecemento nesta ocasión ao tamén ac-tor Ernesto Ferro, “non só pola súa carreira profesio-nal, senon polo seu ouren-sanismo”, apuntou Avelino Jácome, director do ciclo.

José Manuel Viñas, Miguel Blanes e Avelino Jácome na presentación do ciclo./RAMSÉS

4 +CINE enga-de un pase extra

As sesións de +CINE, organizadas polo Festi-val de Cine Internacional (OUFF) e o Cineclube Padre Feijóo, están con-seguindo encher as salas unha semana tras outra, polo que a organización decidiu aumentar un pase semanal, o das 18 horas que se suma aos outros dous (�0:�0 e �� horas).

“Habemus Papam”, unha sátira sobre o poder eclesiástico dirixida por Nanni Moretti, será o filme encargado de inaugurar este novo horario o vindei-ro mércores 1 de febreiro, e tamén o ciclo de Cine Polí-tico. A cinta italiana acom-pañará a “Four Lions”, unha divertidísima ollada ao terrorismo islámico, e a “Il Divo”, unha historia de corrupción na Italia de Giulio Andreotti.

O custo das entradas é de catro euros, con descontos para estudantes con carnet universitario, desemprega-dos e maiores de 65 anos.

4 Pilar Marcó gaña o Premio Pura e Dora de Ilustración

A coruñesa Pilar Mar-có Padín, resultou gaña-dora da novena edición do premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na mo-dalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense.

O xurado, trala súa de-liberación, acordou con-ceder o premio ao traballo de ilustración presentando por esta coruñesa, o cal, segundo recolle a acta, “axústase ás característi-cas descritas nas bases e recolle plenamente o espí-ritu do texto ganador”.

As ilustracións foron realizadas empregando a técnica do collage, que posteriormente foi tratado e modificado dixitalmen-te.

Artisticamente, as ilus-tracións de Pilar Marcó conforman un traballo ar-mónico, contemporáneo e cun gran atractivo plás-tico. Pilar Marcó cursa actualmente un máster en ilustración en Barcelona.

EN BREVE

Redacción

�� anos de literatura ao máis alto nivel. Esta im-portante data pon de mani-festo a consolidación dos “Encontros Literarios” do Liceo de Ourense. Na pre-sentación desta edición, o presidente da Deputación en funcións, Rosendo Fer-nández, subliñou a figura do precursor dos “Encon-tros Literarios”, o malo-grado escritor galego Car-los Casares,e tamén a do seu continuador, o tamén

falecido Marcos Valcárcel.Pola súa banda, a vice-

rreitora María Lameiras dixo que a continuidade dos Encontros é unha mostra de que a nosa sociedade “está viva e ten sentido crítico, e sen lugar a dúbidas, a Uni-versidade de Vigo seguirá apoiando esta actividade porque é unha fonte de ri-queza e progreso”.

O xerente do Liceo, José Luís Troitiña, indicou que neste ano no que se cumpre o 10º do pasamento de Car-los Casares, a temática dos

Encontros analiza o con-to como soporte narrativo para contar historias.

ProgramaO programa deste ano

comezará o 1 de febreiro, ás �0.15 horas, na aula de Cultura do Liceo, coa confe-rencia do escritor José María Merino Sánchez, que falará sobre “El cuento como for-ma de conocimiento”. O � de febreiro, á mesma hora, ofrecerá a súa conferencia a catedrática de Lingua e Lite-ratura galegas Camiño Noia, que disertará sobre “Do con-tar da oralidade ás narracións breves de Casares”. E final-mente, o día � terá lugar a última conferencia, a cargo do escritor Antón Riveiro Coello, que abordará o tema: “Contando a HISTORIA. As invencións de Clío”.

Os Encontros Literarios cumplen 22 anos4 Inícianse no Liceo de Ouren-se o 1 de febreiro.

Isabel Pérez presentou a programación do Auditorio./P.L.

Page 37: Xaneiro 2012 - OUXB

�7Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

PUBLICIDADE

Page 38: Xaneiro 2012 - OUXB

�8 Ourense por BARRIOSXaneiro de �01� OCIO E CULTURA

Na feira estarán presentes 18 restaurantes, que ofrecerán 30 menús

Redacción

Logo de 1� anos poñen-do en valor a gastronomía como reclamo turístico de primeiro nivel, Xantar dá un paso máis converténdo-se nunha motivación turís-tica en si mesma que, entre o 1 e o 5 de febreiro, atraerá ata Ourense a visitantes de Galicia, Portugal e do res-to de comunidades espa-ñolas. As distintas accións postas en marcha para esta edición teñen precisamente ese obxectivo, dinamizar o turismo gastronómico pe-ninsular con Galicia como foco de atracción.

Este é un dos principais obxectivos da 1�ª edición

DO 1 AO 5 DE FEBREIRO, EN EXPOURENSE

Xantar 2012, motivación turística en si mesma4 Serán protagonistas as Illas Azores, o Camiño Mozárabe, o Entroido e as Festas Gastronómicas de Interese Turístico.

do Salón Galego de Gastro-nomía e Turismo, que se ce-lebra en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro, e na que ademais destaca a promo-ción da gastronomía do Ca-miño Mozárabe ou Vía da Prata, a través da presenza das comunidades que atra-vesa e nas que a cidade de Ourense exerce o seu papel de porta de entrada a Gali-cia desta ruta.

Outro dos protagonistas desta edición será o Entroi-do. Xantar convida a antici-parse a esta festa, na que a gastronomía xoga un papel importante e na que desta-cará a promoción de produ-tos como o Grelo de Gali-cia, que poderá degustarse

en distintos menús e sobre o que se organizarán activi-dades como obradoiros de cociña en directo.

No seu obxectivo de pro-mocionar o turismo a través da gastronomía, Xantar será un escaparate das máis de �00 Festas Gastronómicas celebradas en Galicia, en especial daquelas conside-radas de Interese Turístico, como é o caso da Lagosta da Guarda ou a Lamprea de Arbo, entre outras.

Unha das finalidades deste salón é promocionar os beneficios para a saúde dos alimentos enmarcados na Dieta Atlántica, que este ano estará representada, ademais de por Galicia,

polo restaurante Illas Azo-res. Participarán en todas as accións previstas pro-mocionando a súa gastro-nomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios, ofrecen un menú que inclúe produtos baseados nunha agricultura, pesca e gande-ría sustentables.

RestauraciónXantar contará con 1��

expositores (un �% máis que na edición de �011) que ocuparán 1�.000 me-tros cadrados de superficie

e entre os que destacan os 18 restaurantes, que ofre-cerán �0 menús con prezos comprendidos entre os 1� e os �� euros baseados en produtos autóctonos e de calidade.

Polo que respecta a Gali-cia, os menús estarán adica-dos a Festas gastronómicas de Interese Turístico como é o caso do San Froilán de Lugo, o Entroido de Ouren-se ou o Botelo de O Barco de Valdeorras. Non faltará o menú degustación a base de pataca ofrecido polo Inorde.

No que se refire ás rexións turísticas portuguesas, es-tarán presentes o Douro, Viana do Castelo e Lisboa- Vale do Tejo. As comunida-des españolas participantes serán aquelas atravesadas polo Camiño Mozárabe, isto é, Andalucía, Estrema-dura e Castela e León.

Autoridades na presentación da edición deste ano de Xantar.

Page 39: Xaneiro 2012 - OUXB

�9Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�PUBLICIDADE

Page 40: Xaneiro 2012 - OUXB

Ourense por BARRIOSXaneiro de �01�

Page 41: Xaneiro 2012 - OUXB

Número: 103 - Ano: XI - Xaneiro 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

ARTIGOS Páx. 22 BARRIOS Páx.5 DEPORTE Páx.28TEMA DO MES Páx.3 OCIO Páx. 38

[páx.18]

13ª edición de Xantar, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense

Historia de Ponte Canedo: o rianxo na Praza de Abastos

O Ponte Ourense achégase á cabeza da clasificación

O Plan das Burgas, aprobado por unanimidade

Adxudicado a Aspanas o mantemento das pozas de Outariz

Baltar sucederá a Baltar

As termas gratuítas permanecerán pechadas durante a reforma./M.R. José Luis Baltar, no seu último pleno á fronte da Deputación. /P.L.

A Chavasqueira,en obras [páx. 5] [páx. 2]

Entrevistas a Merche Valeiras

e Lalo Gómez, da Casa da Xuventude [páx. 12-13]

Page 42: Xaneiro 2012 - OUXB

Número: 89 - Ano: XI - Xaneiro 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx. 6 CIDADE Páx.15 DEPORTES Páx.28TEMA DO MES Páx.3

O Plan das Burgas, aprobado por unanimidade

O Centro de menores de Montealegre pecha por obras

O Pabellón vence ao Carmelitas no derbi de Liga Feminina 2

Propoñen que os trens Avant cheguen a San Francisco

13ª edición de Xantar, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense

Baltar sucederá a Baltar

José Luis Baltar, no seu último pleno á fronte da Deputación. /P.L.

Entrevistas a Merche Valeiras

e Lalo Gómez, da Casa da Xuventude

[páx. 12-13]

OCIO Páx.38

Reabre arúa da Canle

Logo de seis meses pechada, o Concello recepciona as obras. /P.L.

[páx. 2] [páx. 4]

Page 43: Xaneiro 2012 - OUXB

Número: 52- Ano: XI - Febreiro 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx.28 OCIO Páx. 38

Baltar sucederá a Baltar

José Luis Baltar, no seu último pleno á fronte da Deputación. /P.L.

Entrevistas a Merche Valeiras

e Lalo Gómez, da Casa da Xuventude

[páx. 12-13]

[páx. 2] Aprobado o Plan das Burgas [páx. 3]

O documento protexe as Burgas e o seu contorno. /P..L.

13ª edición de Xantar, do 1 ao 5 de febreiro, en Expourense

Kyle Hill, un mes para convencer ao Club Ourense Baloncesto

Os nenos dos Rosais non queren ser esquimais

BARRIOS Páx. 6 CIDADE Páx.15

O Centro de menores de Montealegre pecha por obras

Propoñen que os trens Avant cheguen a San Francisco