Novembro 2012 - OUXB

36
Número: 123 - Ano: XI - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx. 24 BARRIOS Páx.4 DEPORTES Páx.30 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] A VALENZÁ Páx. 6 As Canellas, nova asociación cultural xuvenil en Seixalbo O Concello de Barbadás aproba o orzamento para 2013 Denuncian un verquido de fecais en Vistahermosa Ourense estrea goberno socialista en minoría Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal Abre o Centro de Interpretación das Burgas [páx. 8] Participaron 6.759 atletas. O gañador, Alejandro Fernández, percorreu os 10 quilómetros da proba en 29:49 minutos./M.REJO. Unha San Martiño de récord [páx. 29]

description

O récord de participación na 36ª Carreira Popular do San Martiño e a apertura ao público do Centro de Interpretación e o bulevar peonil das Burgas son dúas das novas destacas nas portadas de novembro de Ourense por Barrios. No interior da publicación, abordamos con amplitude a nova situación política no Concello de Ourense, cun goberno en minoría do PSOE tralo paso á oposición do BNG, así como a sentenza da Audiencia Provincial que absolve aos tres ex cargos e o resto de imputados no caso dos paneis publicitarios.

Transcript of Novembro 2012 - OUXB

Page 1: Novembro 2012 - OUXB

Número: 123 - Ano: XI - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx. 24BARRIOS Páx.4 DEPORTES Páx.30

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

A VALENZÁ Páx. 6

As Canellas, nova asociación cultural xuvenil en Seixalbo

O Concello de Barbadás aproba o orzamento para 2013

Denuncian un verquido de fecais en Vistahermosa

Ourense estrea goberno socialista en minoría

Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal

Abre o Centro de Interpretación

das Burgas[páx. 8]

Participaron 6.759 atletas. O gañador, Alejandro Fernández, percorreu os 10 quilómetros da proba en 29:49 minutos./M.REJO.

Unha San Martiño de récord [páx. 29]

Page 2: Novembro 2012 - OUXB

� Ourense por BARRIOSNovembro de �01� TEMA DO MES

4 Reparto de competencias entre os edís socialistas

Neste novo escenario de goberno en minoría, os 11 concelleiros socialistas (máis a concelleira non electa, Carmen Rodríguez) pasan a asumir as compe-tencias que estaban en mans dos edís nacionalistas.

Así, a concelleira de Educación, Ana Garrido, asumirá Cultura, mentres que Turismo será xestio-nado por Mónica Váz-quez, que perde Igualda-de (pasa a Marga Martín, concelleira de Saúde e Be-nestar Social) pero mantén Voluntariado.

Susana Bayo, conce-lleira de Limpeza Viaria e Transporte Público, será tamén concelleira de Me-dio Ambiente

Áurea Soto, concelleira de Urbanismo, asume as competencias de Rehabi-litación Urbana, Vivenda e Peri, e cede Infraestru-turas a Antonio Rodríguez Penín, concelleiro de Perí-metro Rural, Bombeiros e Protección Civil.

María Devesa, actual concelleira de Participa-ción Cidadá, encargarase das competencias de Xu-ventude.

A concelleira non electa Carmen Rodríguez-Da-costa, que xestionaba os Recursos Humanos, faise cargo das competencias de Policía Local e Tráfico.

O goberno municipal complétase con Alfonso Vilachá concelleiro de De-portes, José Carlos Martí-nez Pedrayo-Valeiras, edil de Servizos Xerais e Co-mercio, e José Ángel Váz-quez Barquero, concelleiro de Economía, Facenda, Emprego, Promoción Eco-nómica e Termalismo.

Ourense estrea goberno en minoría4 O BNG xustifica na “perda de confianza” nos seus socios socialistas a decisión de non reeditar a coalición de goberno no Concello de Ourense.

As nacionalistas Isabel Pérez e Marta Arribas pe-charon o � de novembro o seu ciclo como concellei-ras do Concello de Ouren-se, citando a Castelao, a Bóveda e ao poeta grego Kavafis a primeira e cun-ha despedida máis espon-tánea e emotiva a segunda. Presentaron á súa renuncia ao final da sesión plenaria, co que tiveron tempo de votar a favor, xunto ao seu compañeiro Xosé Somo-za, que se estreaba como portavoz, os puntos máis importantes da orde do día, como a modificación de créditos ou as ordenan-zas fiscais para 2013.

Deste xeito, saíron adiante a modificación de crédito por importe de 1,6

millóns de euros proposta polo Goberno socialista, aínda co voto en contra de DO e a abstención do PP; así como a aprobación ini-cial da modificación das or-denanzas fiscais para o ano próximo, coa oposición dos populares e a abstención de Democracia Ourensa-na. As taxas actualizaranse en 2013 co IPC (un 2,4%) e manteranse a totalidade dos beneficios fiscais. O PP xustificou o seu voto nega-tivo en que o goberno non tiña por que subir impostos como o de vehículos ou o de construcións. O alcalde agradeceu á oposición que renunciara ao prazo de 10 días para presentar alega-cións, o que permitirá que as novas taxas poidan en-

trar en vigor en prazo.

MociónsNo que respecta ás mo-

cións, a que presentaba o PP para abrir os centros educativos en fin de sema-na foi emendada polo BNG, para que a Xunta, quen ten as competencias en educa-ción, elabore un programa de apertura dos colexios e institutos en días non lecti-vos. Desta maneira a emen-da de substitución recibiu o apoio de PSOE e DO e foi aprobada.

A segunda moción do PP, para que se rebaixara a taxa municipal do servizo de re-collida de lixo, foi rexeitada grazas á suma de votos de socialistas e nacionalistas, e a terceira moción da orde

4 Isabel Pérez e Marta Arribas pechan o seu ciclo como concelleiras

As concelleiras nacionalistas no momento da súa despedida do pleno./P.LODEIRO.

do día, relacionada cos or-zamentos e recursos para combater a violencia de xénero, recibiu o apoio de todos os grupos políticos.

Rogos e preguntasEn rogos e preguntas, o

voceiro popular Rosendo Fernández volveu pedir a factura das chamadas tele-fónicas realizadas antes do pleno do �9 de setembro no que dimitira Francisco Rodríguez e pediu ao rexe-dor que prescinda “dos campeóns do insulto, o sr. Cougil e o sr. Vallejo, do seu gabinete de desinfor-mación, que foron corres-ponsables dos insultos” contra membros da oposi-ción acontecidos na praza Maior tras ese pleno.

Do BNG xa non queda ningún dos edís que comezou a lexislatura

Paula Lodeiro

Tras cinco anos e cinco meses de goberno bipartito entre socialistas e naciona-listas, ábrese un novo perío-do no Concello de Ourense, no que un PSOE en minoría (11 concelleiros) terá que dirixir o rumbo do goberno municipal. O BNG (3 edís) pasa á oposición, que com-partirá con PP (11 conce-lleiros) e DO (� edís).

A crise municipal aberta pola Operación Pokemon, decisións adoptadas polo novo alcalde (como a con-tinuidade da súa filla no gabinete de comunicación ou a distribución das áreas de goberno), os malos re-sultados electorais para o BNG o 21-O, e “unha ca-dea de desencontros” cos seus socios ao longo desta segunda lexislatura son os argumentos que xustifican para os nacionalistas a deci-sión de non reeditar o pacto de goberno cos socialistas. “Reafirman ao BNG nesa perda de confianza que fai inviábel un goberno de coa-lición”, explicaba a respon-sable local e futura conce-lleira Susana García.

Con todo, o Bloque xa adiantou que apoiará o go-berno en minoría do PSOE, para manter o seu compro-miso de “non facilitar go-bernos do PP alí onde de-pendese do noso voto”.

O alcalde pareceu acep-tar con naturalidade a etapa de goberno en minoría que

lle toca e dixo que buscará “puntos de encontro” con todos os grupos da oposi-ción e coas outras adminis-tracións.

Desde o PP consideran que rematou “a etapa da prepotencia, a arrogancia e a falta de talante” e que o o goberno en minoría “terá que practicar os exercicios do diálogo, a negociación e as boas formas” e “esme-rarse en recuperar o respe-to institucional perdido”, apuntaba Rosendo Fernán-dez.

Neste novo escenario, o BNG sofre unha renovación total, pois xa non queda nin-gún dos edís que comezou a lexislatura. Isabel Pérez e Marta Arribas serán substi-tuídas por Susana García e Ximena González.

Page 3: Novembro 2012 - OUXB

3Ourense por BARRIOSNovembro de �01�TEMA DO MES

Absoltos todos os imputados no caso dos paneis publicitarios4 O PP non recurrirá a sentenza dos paneis porque considera que “as responsabilidades políticas xa foron dilucidadas”.P. L.

A Audiencia provincial de Ourense absolveu os seis imputados polos deli-tos de suborno, prevarica-ción e falsidade documental no caso dos paneis infor-mativos. Entre eles están dous ex tenentes de alcalde do Concello de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata e o ex director xeral de Turismo, David Cortón, daquela no BNG, que dimitiran dos seus cargos ao verse impu-tados neste proceso. Tamén foron absoltos o funcionario Elías Domínguez, e os em-presarios José Omar Bouzo e Daniel Conde, da empresa Afiador SL, á que se lle ían adxudicar os paneis.

Na sentenza, os maxistra-dos xustifican a súa decisión na falta de probas nalgún dos casos e noutros por conside-rar “confusa e notoriamente incorrecta” toda a actuación administrativa, “sen que iso signifique que tal actuación transcenda o ámbito penal”, segundo recolle o texto.

O PP non recurriráO Partido Popular non

presentará recurso de ca-sación ante o Tribunal Su-premo contra a sentenza do caso dos paneis publicita-rios. O voceiro popular, Ro-sendo Fernández, entende que os fundamentos do fallo xudicial danlle a razón ao PP, que se personara como acusación particular, e que as responsabilidades polí-ticas xa foron dilucidadas. Quen si anunciou que recu-

rrirá foi a Fiscalía.Defende Rosendo Fer-

nández que o PP nunca buscou responsabilidades penais levando o asunto á Fiscalía, “se nos avocou a ir por esta vía ante a negativa de crear unha comisión de investigación para esclare-cer este asunto”.

Malia que a sentenza da Audiencia Provincial ab-solve de todos os delitos aos seis imputados no caso dos paneis, segundo Fer-nández, esta confirma o que denunciou o PP, “que hai caso, un expediente cheo de irregularidades”. “Nos fun-damentos nos dá a razón, e grazas á denuncia do PP se paralizou aquela tropelía”, recalca.

Con todo, o voceiro do

grupo popular recorda que o caso non está pechado e que hai “unha espada de Damocles” sobre o Conce-llo de Ourense, pois aínda está pendente de resolver o proceso contencioso polo que a empresa Afiador lle reclama ao Concello 30 mi-llóns de euros de indemni-zación pola paralización da adxudicación dos catro pa-neis publicitarios que esta ía colocar noutros tantos puntos da cidade. Se o con-tencioso acaba condenando ao Concello, Fernández re-clama que os tres políticos imputados (e agora absol-tos, Alexandre Sánchez Vi-dal, Andrés García Mata e David Cortón) asuman “vo-luntariamente” a indemni-zación.

Alexandre Sánchez Vi-dal, Andrés García Mata, e David Cortón, os ex cargos políticos absoltos dos deli-tos de suborno, prevarica-ción, tráfico de influencias e falsidade documental no caso dos paneis publicita-rios, compareceron ante os medios de comunicación para avaliar a sentenza da Audiencia Provincial. Os que foran na pasada lexis-latura tenente de alcalde, concelleiro de Infraestru-turas e director xeral de Turismo respectivamente (daquela no BNG, ago-ra fóra desta formación), esixiron ao PP dimisións polas súa “acusación fal-sa”.

Para Sánchez Vidal a sentenza da Audiencia “foi o triunfo dos demó-cratas fronte á calumnia dos poderes fácticos”. O político foi moi crítico coa actuación do fiscal xefe, Florentino Delgado. Ironi-zando, dixo que lle parecía “maravilloso que teña este altísimo sentido da xusti-za”, pediulle que explique “por que o BNG tivo que ser quen fixera que deixara un piso de case 400 me-tros cadrados que ocupa-ba no Pazo de Xustiza” e preguntouse por que non investigaba o Plan Xeral de Ourense anulado ou os patrimonios “dos cales se gaban certos políticos”. O que fora tenente de alcal-de do BNG tamén valorou negativamente a actua-ción do xuíz instrutor, do que deixou caer que a súa muller é concelleira do PP no Carballiño e está con-tratada pola Xunta. “Por que cando lle pedimos que investigara esto máis, fai unha instrucción na que repite palabra por palabra

o que di o fiscal? Por que as nosas declaracións non puideron ser públicas?”, preguntouse.

Petición de dimisións e asunción de responsabi-lidades

Sánchez Vidal conside-ra que o PP “debería pe-dir perdón”, mentres que o seu compañeiro David Cortón vai máis alá. “A persoa que calumnia, que difama, non pode osten-tar unha representación política”, e pediu a dimi-sión do anterior e o actual portavoz do PP en Ouren-se, Enrique Novoa Poly e Rosendo Fernández, así como que o grupo popular se faga cargo das costas do xuízo, que agora deben pagar eles mesmos. Indig-nado, o que fora director xeral de Turismo lanzou máis preguntas: “E aquí agora ninguén é responsa-ble de nada? Un señor de-mándate, perde, aínda ten máis que opinar, e agora non ten responsabilidade algunha?”. “O PP ten que asumir a responsabilidade das consecuencias que se derivan da acusación fal-sa”, insistiu.

Pola súa banda, García Mata recordou as palabras que lles dedicara aos mem-bros do PP no momento da súa dimisión hai dous anos: “que eran uns autén-ticos miserables, porque eles sabían que non existía nada delictivo”.

Os tres afectados non saben aínda se presentarán unha demanda civil contra o PP polos danos morais que lles ocasionou este xuízo. “Imos analizalo cos nosos representantes legais”, apuntou Sánchez Vidal.

4 Os tres ex cargos absoltos piden dimisións no PP

O Fiscal si recurrirá a sentencia no Supremo

AntecedentesEn outubro �008, o PP

denunciara a intención do Goberno municipal de Ourense de adxudicar por 40 anos e sen concurso a instalación de catro paneis informativos na cidade. Daquela o bipartito admi-tira que houbera erros no procedemento administra-tivo, pero subliñaba que o expediente fora paralizado. O PP decidiu levar o caso á Fiscalía ao non abrirse unha comisión de investigación tal e como solicitara.

Andrés García Mata, Alexandre Sánchez Vidal e David Cortón compareceron ante os medios de comunicación para avaliar a sentenza e explicar o que significou para eles e as súas vidas o período no que estiveron imputados. Fixérono, curiosamente e a propósito, no piso no que vive Sánchez Vidal, como “exercicio de transparencia; hai persoas que cando deixan as institucións viven absolutamente igual”, afirmou este. /P.LODEIRO.

Page 4: Novembro 2012 - OUXB

4 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

BARRIOS

Paula Lodeiro

Máis dun mes levan os veciños de Vistahermosa soportando os malos olo-res e outros inconvintes dun verquido de augas fecais que baixa desde o Seminario pola rúa do mesmo nome, xusto en-fronte do convento das Carmelitas. A este res-pecto, a asociación de veciños de Vistahermosa presentou unha queixa no Concello con data �9 de outubro, sen que ata o momento as autoridades municipais tomaran car-tas no asunto.

Non se estrañan des-de o colectivo veciñal da resposta municipal, pois, segundo indica a súa pre-sidenta, Elba Álvarez, non é a primeira vez que non lle fan caso. Álvarez re-corda que xa en �009 pre-sentaran unha reportaxe fotográfica con carencias

A asociación de Vistahermosa denuncia un verquido de fecais4 Baixa pola rúa do Seminario.

do barrio, incluíndo o mal estado de rúas, beirarrúas e escaleiras, sen que ata o de agora o Concello arranxara as deficiencias. Neste senti-do, pon o exemplo da rúa de Matilde Lloria, que se atopa moi mal conservada, sobre todo onde forma unha pe-quena praza. A falta dunha capa de pavimento provoca que nos días de choiva, as augas da parte alta de Vista-hermosa desemboquen nes-ta zona e se asolague, o que dificulta o paso dos peóns,

na que é unha das saídas naturais do barrio cara á rúa principal de Isaac Piñeiro Varela.

Outras queixasOutra das queixas veci-

ñais refírese aos problemas co alumeado; “a metade da urbanización está sempre a oscuras”, resalta a presiden-ta da asociación, que tamén solicitou este mesmo mes ao Concello que acuda a re-visar e substituir as farolas que non funcionan.

A presidente da asociación de Vistahermosa e o secretario, Elba Álvarez e Tomás Infies-ta, xunto ao punto do verquido, na rúa do Seminario./P.L.

EN BREVE

Redacción

A construción do Cen-tro de Interpretación dos Parques Naturais será re-tomada. O Consello da Xunta vén de aprobar un segundo convenio de co-laboración entre a Conse-llería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Ministerio de Agricul-tura, Alimentación e Me-dio Ambiente para a fina-lización da obra, que leva parada desde decembro de �011 en Eirasvedras. O orzamento para as actua-cións previstas neste cen-tro ascende a 4,7 millóns de euros.

En xullo de �008 o Mi-nisterio e a Consellería de Medio Ambiente subscri-biron un convenio para a construción, nunha parce-la cedida polo Concello, dun Centro de Interpreta-ción dos Parques Naturais, pero unha vez finalizada a vixencia do convenio, as obras non estaban re-

Autorizado o remate do Centro de Interpretación de Parques Naturais4 Por un custe de 4,7 millóns.

matadas. De feito, tan só estaban certificados polo anterior Executivo central �,� millóns de euros.

ObxectivoUnha vez construído o

centro polo Ministerio e recibidas as obras, será entregado á Consellería de Medio Ambiente, que procederá ao seu equipa-mento museístico.

A explotación do centro farase a través dun mo-delo onde a xestión dos servizos que se presten se materialicen mediante contratos de concesión, polo que a explotación do centro non suporá gastos adicionais á Xunta. De feito, este traslado signifi-cará un aforro en concep-to de aluguer de 1�0.000 euros por lexislatura para o goberno galego.

Centro de Interpretación dos Parques Naturais./ARQUIVO.

As obras levan paradas desde decembro de 2011

Estado da rúa Matilde Lloria./P.LODEIRO.

4 A praza Eironciño dos Cabaleiros, sen colectores polo día

A praza Eironciño dos Cabaleiros súmase desde este mes ao sistema de contenerización semipre-sencial que xa se vén de-senvolvendo desde febrei-ro noutras 11 prazas do casco histórico.

O obxectivo da retira-da de contedores durante o día e a súa reposición a partir das 8 da tarde é liberar espazos para a hostalería e o comercio, e á vez, mellorar a imaxe proxectada tanto para os cidadáns como para os vi-sitantes.

4 Mellora da seguridade vial na estrada de Piñor

O PSOE congratúlase de que as súas iniciativas no Concello de Barbadás e na Deputación propi-ciaran o aumento da se-guridade viaria na estra-da provincial OU-0519 Ourense-Toén, no tramo entre a residencia de Ca-beza de Vaca e o xeriátrico de Piñor.

Así, instaláronse �0 si-nais horizontais e verticais e colocáronse dúas barrei-ras, unha delas sobre a ponte da autovía, preto da curva onde se teñen pro-ducido varios accidentes, e outra no cruce de Parada e o Hospital de Piñor. E está prevista a colocación de sinais de limitación de velocidade nas inmedia-cións do cruce coa estrada de Celanova. Iso si, re-cordan os socialistas, fal-ta “buscar unha solución definitiva para o estado de deterioro no que se atopa o firme da calzada”.

Page 5: Novembro 2012 - OUXB

5Ourense por BARRIOSNovembro de �01�PUBLICIDADE

Page 6: Novembro 2012 - OUXB

6 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

BARRIOS

O PP de Barbadás aproba en solitario o orzamento para 20134 O 5% dos 5.120.000 euros van destinados a investimentos.Paula Lodeiro

Co voto a favor do gru-po de goberno do PP e en contra de PSOE e BNG, sairon adiante os orza-mentos para 2013 do Con-cello de Barbadás. Unhas contas que ascenden a 5.1�0.000 euros, dos que aproximadamente un 47% dedícase a gastos de per-soal e tan só un 5% (pouco máis de �00.000 euros) a investimentos.

Desta realidade se deri-van as principais críticas da oposición ás contas, das que o voceiro socia-lista Xosé Carlos Valcár-cel dixo que non tiñan “credibilidade” e cualifi-counas de “antisociais” e “ineficaces”. Nesa liña, Valcárcel insistiu en que desde �008 o apartado de gasto de persoal subiu dun 37% a un 47% do or-zamento, mentres que os investimentos caeron no mesmo espazo de tempo dun 15 a un 5%. “Leva-mos seis orzamentos nos que sistematicamente descende o investimento e sube o gasto de persoal. A razón? Vostedes pagan favores contratando per-soal”, dixo.

Pola súa banda, o vocei-ro do BNG, Xosé Manuel Fírvida, criticou que o 99% das subvencións que se reparten sexan nomi-nativas, citando o caso da asociación de veciños da

Valenzá, que recibe 1.500 euros (mentres que o resto de colectivos veciñais re-ciben 1.000 ou 500 euros) cando “non ten vida propia, socios nin estatutos”. O al-calde, Xosé Manuel Freire Couto, explicou que todas as subvencións concedidas facíanse “previa xustifica-ción cunha memoria de ac-tividades”.

Fírvida tamén criticou os 30.000 euros que recibe a UD Barbadás, cantidade que xustificou Freire Couto en que o equipo “leva a imaxe de Barbadás por toda España” (sic). O BNG re-prochou as partidas para publicidade (�0.000 euros), actos protocolarios (6.000 euros) e dedicacións do grupo de goberno, de 2.700 euros ao mes polas de xor-nada completa e de 1.�00 euros polas dedicacións parciais. O único punto que lle recoñeceu como positivo ao goberno muni-cipal foi a recuperación da xestión pública da gardería municipal.

Priorización dos servizosNa explicación das con-

tas para o vindeiro ano, o rexedor popular explicou que o seu goberno quixo priorizar os servizos “por iso tanto diñeiro no capí-tulo 1” e que se a partida de persoal se incrementou foi para “darlle servizo a todos eses servizos e obras que se fixeron”. Tras esta afirmación, o concelleiro do PSOE Xosé Carlos Val-cárcel preguntoulle de que servizos falaba, recordando que básicos como centro de día, centro de saúde, insti-tuto ou polideportivo non os hai en Barbadás.

Freire Couto defendeu a xestión do seu grupo alu-dindo aos resultados elec-torais: “Quen cre que están equivocados? Vostedes que levan na oposición �0 e pico anos, e por algo están aí; os veciños son os que poñen a cada un no seu sitio e acábano de dicir outra vez hai uns días”. Ademais, in-sistiu, “o Concello está ben

xestionado, porque nestes momentos temos déficit cero e débeda cero, porque hai un equipo de xestores que son sensatos, non como vostedes (polos socialistas) que levaron o país á ruína”.

Outros asuntosNa mesma sesión, apro-

bouse inicialmente a modi-ficación das taxas por ver-quidos e por abastecemento, que se actualizan aplicando o IPC; neste apartado PSOE e BNG abstivéronse.

No apartado de mocións, dúas socialistas foron rexei-tadas (a que incidía na nece-sidade de definir a distribu-ción dos recursos humanos e servizos sanitarios do futuro centro de saúde e a que solicitaba unha progra-mación para os 14 centros sociais do concello). Si apoiou o PP outra moción socialista que propuña unha actuación de urxencia para mellorar o entorno e as con-dicións de seguridade do parque do Fidalguiño, en Sobrado.

A partida de persoal suma o 47% do orzamento

O voceiro do BNG, Xosé Manuel Fírvida, nun momento do pleno de Barbadás./P.L.

Redacción

A asociación de veciños de Ponte Canedo carece de local onde reunirse e rea-lizar as súas actividades desde que se iniciou a re-forma da Praza de Abastos da Ponte, que na planta pri-meira albergaba a súa sede. A actual presidenta, Olga Giráldez, que leva no cargo desde xuño, considera que “non se ve vontade” por parte do Goberno munici-pal en buscar a unha solu-ción a este problema, que os mantén sen actividade desde hai seis meses.

Amais dun escrito pre-sentado no Concello en xullo, realizaron xestións co actual alcalde, que lles ofreceu un local municipal na avenida de Marín que antes acollía os servizos sociais e que actualmente ocupa outro colectivo. “Ti-vemos unha reunión con eles para ver de compartir o local e non é factible”, ex-plica a presidenta de Ponte Canedo. Outras alterna-

tivas eran trasladarse ao centro cívico da Ponte ou compartir sede coa aso-ciación da Chavasqueira, propostas que descartaron tanto pola ubicación como por considerar que non se podían compatibilizar as actividades da asociación coas doutro colectivo ou coas propias do centro cí-vico. Por iso, a asociación veciñal Ponte Canedo está pensando “montar unha carpa no parque da Ponte, a ver se se lles cae a cara de vergonza aos políticos”, afirma ironicamente Gi-ráldez. A presidenta recor-da que a de Ponte Canedo, unha das asociación máis antigas con arredor de 500 socios, é tamén a única da cidade que carece de local na actualidade.

O prazo de execución da reforma da Praza de Abastos nº � da Ponte, é de 22-24 meses, polo que a rehabilitación do inmo-ble non estará finalizada antes de finais de 2013.

A asociación Ponte Canedo está sen local4 O colectivo leva sen local desde que comezaron as obras de reforma da Praza de Abastos da Ponte.

A Praza de Abastos en obras, no verán./ARQUIVO.

Page 7: Novembro 2012 - OUXB

7Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

BARRIOS

Redacción

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, recibiu

aos membros da directiva das dúas agrupacións de veciños da cidade, a Fe-deración de Asociación de

Veciños “Limiar” e a Agru-pación de Asociacións de Veciños do Rural “Miño”. Nas xuntanzas, que se de-senvolveron nun clima de cordialidade, o rexedor comprometeuse a recibir periodicamente as dúas agrupacións, e a visitar to-das as asociacións de veci-ños e coñecer os seus pro-blemas de primeira man.

Na primeira das reunións, coa Federación Limiar, Fernández recibiu, xunto á concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, ao presidente da Federación, Manuel Carnero, xunto a

A directiva de Limiar co alcalde e a concelleira de Participación Cidadá./RAMSÉS.

O alcalde recibe as dúas agrupacións de veciños da cidade4 Limiar e Agrupación Miño reclamaron ao rexedor o com-promiso de que coñeza os proble-mas das asociacións veciñais.

Verquidos recollidos no Barbaña.

A Confederación Miño-Sil conclúe a recollida de residuos sólidos no BarbañaRedacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil vén de finalizar os traba-llos de retirada de resi-duos sólidos urbanos na canle e en ambas as mar-xes do río Barbaña.

O obxecto desta actua-ción foi a retirada puntual de plásticos, botes, bolsas, restos de animais mortos, bandexas pequenas con restos de comida e mesmo unha pantalla de computa-

dor, unha lavadora e un col-chón, entre outros obxectos. “Tentaremos concienciar á sociedade ourensá de que os nosos ríos son unha fonte de riqueza e o seu bo estado é sinónimo de progreso”, ex-plicou Francisco Marín, pre-sidente deste organismo.

Estas actuacións foron acometidas por unha pe-quena brigada que se en-carga da roza das marxes dos ríos que supoñan ris-co de inundacións, aínda que, neste caso, encargá-ronse da recollida de resi-duos sólidos urbáns tanto na canle- competencia da Confederación- como nas marxes do río Barbaña -competencia municipal-.

membros da directiva. A continuación, o propio al-calde, a concelleira María Devesa, e o concelleiro de Perímetro Rural, Antonio Rodríguez Penín, reu-níronse con José Manuel García Casares, presiden-te da Agrupación Miño, xunto a outros membros da súa directiva.

Os representantes dos veciños debatiron diversos temas como unha campa-ña de sensibilización para aparcar correctamente e aumentar a seguridade nos pasos de peóns, a parti-cipación das agrupacións nas inauguracións, ou unha maior igualdade no trato a todas as asociacións, ade-mais de preguntar sobre o Plan Xeral, o complexo de San Francisco, as prazas de abastos ou o transporte metropolitano. Tamén so-licitaron un menor clima de crispación na corpo-ración municipal e unha maior implicación na re-solución dos problemas dos cidadáns, atopando a resposta positiva por parte do alcalde.

Page 8: Novembro 2012 - OUXB

8 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� CIDADE

P.L.

Coa apertura do Centro de Interpretación das Bur-gas e o bulevar peonil en-tre as rúas Baño e da Burga Ourense gaña un espazo para a investigación e di-vulgación do patrimonio arqueolóxico-termal da ci-dade así como unha zona de esparcemento de 6.000 metros cadrados.

O proxecto integral da zona é obra dos arquitec-tos Manuel Jorreto e Pablo Falcón e dos arqueólogos Celso Rodríguez Cao e José María Eguileta. O Centro de Interpretación Arqueo-lóxico ubícase en catro baixos da rúa do Vilar e na súa prolongación nas trasei-ras das Burgas, e organízase en varias áreas temáticas: “Auga, paisaxe e territorio” “Balnearios salutíferos. Auga minero medicinal e relixión”, “Termas, auga, ocio e sociedade”, “Aban-dono e recuperación. Usos dende a Idade Media ata a actualidade”. formando un circuíto expositivo adapta-do á difícil distribución es-pacial, unha serie de baixos e entreplantas situados en edificacións contiguas pero sen conexión interior.

O Centro dispón de cinco

salas expositivas, unha sala de lectura e dúas salas au-diovisuais, cafetería, tenda, almacén, e área de admi-nistración. A visita remata na zona exterior do recinto, nas traseiras das Burgas, onde se poden contemplar os restos arqueolóxicos que se conservan.

Durante o acto de aper-tura, o actual concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, subli-ñou que “non é un proxec-to exclusivo deste grupo de goberno, é un proxecto de cidade”, citando aos catro alcaldes, aos catro concelleiros e aos moitos técnicos que traballaron

nel desde �005. Pola súa banda, o alcalde, Agustín Fernández, destacou que a creación do Centro de Interpretación das Burgas e do bulevar peonil é “un modelo de colaboración institucional”, recordan-do que na financiación da obra participaron fondos Urban, do Ministerio de Cultura e de Turespaña.

HorariosO Centro de Interpreta-

ción das Burgas poderase visitar de martes a domin-go de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o bule-var estará aberto todos os días de 9 a �1 horas.

Abre o Centro de Interpretación e o bulevar das traseiras das Burgas4 As autoridades destacan que é un “proxecto de cidade” e “modelo de colaboración institucional”.

O arqueólogo José María Eguileta explica os diferentes es-pazos do Centro de Interpretación das Burgas./P.LODEIRO.

S.N.

“Vacacións con Traba-llo” é un programa de vo-luntariado internacional para os traballadores da administración local gale-ga que leva a cabo o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e mediante o cal calquera traballador das 94 institucións que o compoñen ten a posibili-dade, durante o seu mes de vacacións, de participar nos proxectos que o Fon-do está a levar a cabo nos países do Sur, podendo es-coller este ano entre Nica-ragua, Cabo Verde e Cuba. E iso foi o que fixo Lucía González, funcionaria da Concellería de Termalismo do Concello de Ourense.

Lucía non o pensou dúas veces e decidiu que nesta ocasión as súas va-cacións irían dedicadas a quen máis precisa a nosa axuda e dende finais de se-tembro a finais de outubro trasladouse a Totogalpa (Nicaragua), para partici-par en dous proxectos. O primeiro deles, como nos explicou, busca que “a tra-vés do turismo sostible, as familias campesiñas con economías de subsisten-cia non teñan que emigrar en busca de ingresos, de forma que reciben forma-ción de guías turísticos, cociñeiros, artesáns e dan aloxamento a turistas nos seus propios fogares”. E o

As vacacións máis solidarias4 A ourensá Lucía González trasladouse durante un mes a Nicaragua para participar nun programa de cooperación e desenvolvemento.

segundo consiste, neste mo-mento, na construción de 1� vivendas “que farán a vida máis cómoda a 12 familias”, porque en Totogalpa “a po-boación campesiña non ten nin terras nin vivenda, así que se lles proporciona un terreo e axúdaselles a come-zar a construción do seu fo-gar, normalmente de adobe, na que o campesiño pon a man de obra”, aclara Lucía.

Débeda históricaAínda que todos sabemos

que a causa o merece, máis dun tería dúbidas á hora de sacrificar o seu único pe-ríodo longo de descanso do ano, pero esta ourensá non o dubidou. “Hai una débeda histórica da que todos so-mos responsables, Estados e persoas”, asegura. “O Fon-do Galego de Cooperación e Solidariedade traballa na loita contra a pobreza e na procura dun desenvolmento

sostible e respetuoso, por-que as causas das desisual-dades norte-sur derívanse da propia historia, onde as metrópoles acadaron o seu benestar apropiándose dos recursos e explotando a po-boación local”.

E, sen dúbida, a expe-riencia valeu a pena, porque Lucía asegura que repetiría. Para ela “foi unha experien-cia moi enriquecedora. Non foron unhas vacacións, nin unha viaxe nin un traballo, senón que é unha vivenza única que me marcou e que non olvidarei xamais. Lin nun artigo que se calcula que en Nicaragua cada ano se forman 30.000 novas fami-lias que non teñen a onde ir e que se ven obrigadas a vi-vir en zonas de inundacións ou derrumbes a causa de tremores da terra”, explica. Unha realidade inxusta que converte en imprescindibles programas coma este.

Lucía, durante a súa estadía en Totogalpa, Nicaragua.

Page 9: Novembro 2012 - OUXB

9Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

PUBLICIDADE

Page 10: Novembro 2012 - OUXB

10 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� CIDADE

O borrador do novo Plan Xeral terá carácter confidencial4 Xa foi remitido á Secretaría Xeral de Urba-nismo da Xunta de Galicia para o informe pre-vio á aprobación inicial.

4 A ordenación provisional seguirá vixente

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar auto no que denega a suspensión cautelar da ordenación urbanística provisional da cidade, solicitada por varios par-ticulares. Esta solicitude consituía unha peza se-parada dun recurso con-tencioso administrativo contra a orde da Conse-llería de Medio Ambien-te, Territorio e Infraestru-turas, de �9 de setembro de �011, que suspendeu parcialmente a vixen-cia do PXOM de 1986 e aprobou unha ordenación urbanística provisional.

O Tribunal de Xustiza conclúe no seu auto (que é susceptible de recur-so) que “non resulta en principio que o interese público ou xeral se vexa mellor defendido coa sus-pensión interesada”.

P.L.

Está xa a disposición da Secretaría Xeral de Urba-nismo da Xunta de Galicia o borrador do novo Plan de Ordenación Urbana Municipal de Ourense. Un documento que manterá un carácter “reservado, estritamente confidencial” durante a súa tramitación, segundo explicou a con-celleira de Urbanismo, Aurea Soto.

Soto foi a encargada de transmitir aos medios de comunicación o contido da xunta de portavoces na que o alcalde deu a coñecer aos voceiros dos grupos da oposición a “fo-lla de ruta” que seguirá o novo Plan Xeral. A edil de Urbanismo insistiu na responsabilidade dos membros da corporación pois “é unha información sensible e a ninguén se lle escapa que mal utilizada pode servir para utiliza-cións espurias relaciona-das con cualificacións de chan, que hai que evitar”.

Prazos e trámites Soto calcula que nun

prazo de “dous ou tres me-ses” a Secretaría Xeral de Urbanismo terá emitido o Informe Previo de Cum-primento de legalidade. Nel, a Xunta precisará se “os criterios establecidos respecto do crecemento residencial, de ocupación de novos chans, etc. que plantexa o Plan Xeral co-rrespóndese co estableci-

O alcalde de Ourense reuniu a xunta de portavoces para informarlles da “folla de ruta” do novo plan xeral.

do pola Louga”, explicou a concelleira de Urbanismo.

O Goberno local apro-veitará este período para organizar reunións nas que o equipo redactor explique á corporación “o contido a nivel xeral do Plan Xeral”.

Segundo as previsiós que manexa Soto, a aprobación inicial en pleno acontecería no primeiro trimestre de 2013, e a partir de aí abriría-se un prazo de información pública, no que todos os cidadáns poderán presentar as alegacións que estimen convintes. Ao mesmo tem-po, o documento remitirase ás distintas administracións para recabar os seus infor-mes sectoriais.

A este respecto, a edil so-cialista pediu aos cidadáns colaboración para buscar un documento “sustentable, sólido, e impedir por todos os medios que volva oco-rrer o que ocorreu co Plan Xeral de 2003”, anulado pola xustiza.

EN BREVE

Paula Lodeiro

Profesores de Física re-claman a dimisón do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, do deca-no da Facultade de Cien-cias, Pedro Araujo, e da vicerreitora de Ordenación Académica, Profesorado e Titulacións, Margarita Es-tévez, por “considerar que se lesionaron seriamente os intereses do campus de Ourense, da Universidade de Vigo e de Galicia” ao non tramitar ante a Xunta a implantación dos estu-dos de Enxeñaría Física no campus ourensán a partir do próximo curso.

Arroupado por compa-ñeiros da facultade e re-presentantes da sociedade ourensá (como responsa-bles de sindicatos, parti-dos políticos ou do move-mento veciñal) o profesor Claudio Cerdeiriña foi o encargado de ler un ma-nifesto no que se acusa a Mato e Araujo de non ser capaces de defender os intereses da Universidade e a facultade ourensá, e a Estévez “por arbitrar un proceso que, do mesmo xeito que fai tres anos, volve violar as propias normativas da Universi-dade de Vigo”.

E é que os profesores de Física consideran que a decisión de non recla-mar a implantación de Enxeñaría Física vulnerou a normativa da Universi-dade, ao tomar a decisión o Consello de Goberno o

Profesores de Física reclaman a dimisión do reitor da UVigo4 Por non tramitar a implanta-ción destes estudos en Ourense.

pasado 1� de novembro, un día antes da reunión do Consello Social, que debía pronunciarse sobre o tema.

Accións legaisPor todo iso, anuncian

accións legais, en forma de contencioso-administrativo contra a decisión do Conse-llo de Goberno, da mesma forma que fixeron en 2009 cando se suprimiu a licen-ciatura de Física. Naquela ocasión a xustiza deulles a razón, nunha sentenza de marzo deste ano do Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia que declarou que aquel acordo de �009 era ilegal.

O profesorado ten o apoio da asociación xuvenil Co-mité Universitario do Cam-pus de Ourense, que consi-dera que “non é concebible como o decano da Facul-tade de Ciencias e o reitor xunto co seu séquito estean en contra dunha titulación que suporía moito alumna-do e unha revitalización do campus ourensán que cada vez está máis esquecido”.

Claudio Cerdeiriña, profe-sor de Física./P. LODEIRO

4 Crowdfunding para financiar o cómic “Alleos”

A ilustradora ourensá Idoia de Luxán prepa-ra unha banda deseñada, “Alleos”, que se está a financiar polo novidoso sistema de crowdfunding, con pequenas achegas de particulares, que reciben a cambio diferentes contra-prestacións. Trátase dunha historia “sobre un grupo de traballadores que tras sufrir un ERE na súa em-presa, deciden apostar por un modo de vida comple-tamente diferente”.

A autora debe conseguir 4.000 euros para sufragar a edición do cómic, a tra-vés da web verkami.com. De momento leva recada-dos 1.278 euros e quédan-lle 10 días.

[le a entrevista a Idoia en mundourense.com]

4 “Sabores de Outono”

Tostas, mini hambur-guesas, espetos, empana-das, montadiños e ata un ‘capuccino’ son algunhas das 41 orixinais propostas que os hostaleiros ouren-sáns presentan á quin-ta edición do concurso de pinchos “Sabores de Ourense-Outono”, que re-mata o � de decembro.

Nesta iniciativa da Concellería de Turismo e a Unión de Hostaleiros Ourensanos tamén parti-cipan 17 restaurantes que ofrecen estes días menús especiais de outono, con prezos entre 6 e 45 euros.

Page 11: Novembro 2012 - OUXB

11Ourense por BARRIOSNovembro de �01�PUBLICIDADE

O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Ro-sendo Fernández, así como os concelleiros Marinel Fernández e Bernardino González, compareceron no barrio de Covadonga para dar conta dun feito “imperdoable” –tal e como o calificou o líder dos po-pulares- con respecto a este barrio da cidade.

Sinalou que o Concelo de Ourense ven de rexeitar, na Xunta de Goberno do pasa-do �5 de outubro, unha sub-vención de 141.693 euros,

concedida pola Consellería de Economía e Industria (a convocatoria fora publica-da no DOG de 1� de xuño de �01�), para soterrar as infraestructuras eléctricas de baixa tensión no barrio, cuxo proxecto contaba cun importe de 177.166 euros. Tal e como explicou Ro-sendo Fernández, o gober-no municipal reununciou a esta achega alegando “a imposibilidade de executar dito proxecto”, cando o cer-to é que tiña de prazo dende o � de outubro (data da con-

cesión da axuda) ata o 15 de decembro.

Recalcou Rosendo Fer-nández que no momento en que o Concello de Ourense solicitara esta achega (o pa-sado 14 de xullo), xa tiña coñecemento dos prazos de xustificación establecidos na orde. Asemade, dos 16 concellos de Galicia bene-ficiarios desta axuda, tan só dous renunciaron á mesma, sendo un deles o de Ouren-se. Os cartos que estaban destinados para o barrio de Covadonga, cuxo proxecto

O Concello rexeita unha achega de 141.693 euros da Xunta para soterrar as infraestruturas eléctricas en CovadongaO PP denuncia que o grupo de goberno renunciou a esta subven-ción, concedida o 2 de outubro, alegando “imposibilidade de exe-cutar o proxecto”, pese a que tiña prazo ata o 15 de decembro

Os concelleiros do PP Bernardino González, Rosen-do Ferández e Marinel Fernández, en Covadonga.

fora aprobado por Xunta de Goberno o pasado 5 de xu-llo, foron parar aos conce-llos que estaban en lista de agarda da devandita convo-catoria de subvencións.

Rosendo Fernández pe-diu expresamente respon-sabilidades ao equipo de goberno da cidade para esta perda, así como que asuman de inmediato este necesa-rio proxecto xa que, como se pode comprobar cunha simple ollada, o cableado atópase ao alcance da man de calquera persoa.

“Esto se vía vir, non é froi-to do azar: o que en Galicia definimos perfectamente coa expresión ‘era visto’. Neste ano e medio, denun-ciamos constantemente a falta de transparencia, opa-cidade, pedimos sin éxito comisións de investigación e destapamos as múltiples irregularidades que día a día víñamos detectando”. Así comezou o portavoz municipal do PPOU, Ro-sendo Fernández, a rolda de prensa que ofreceu, acom-pañado pola meirande par-te dos membros do grupo municipal dos populares, para valorar a situación na que se atopa o Concello de Ourense na actualidade.

“Non somos adiviños nin agoreiros, pero era visto que o que ata o de agora co-ñecíamos como Bipartito, ía acabar estoupando polos aires. Concretouse por fin un goberno en estampida e en pleno proceso de des-

composición, putrefacto, algo inevitable ante unións ficticias, auspiciadas úni-camente por intereses par-tidistas e sen un obxectivo común máis que acaparar o poder a toda costa”, relatou o voceiro popular.

Dende o nacemento do Bipartito, hai cinco anos e medio, os populares sempre alertaron de que a estabili-dade non era precisamente o seu sinal de identidade, sobre todo cando confluían dúas forzas políticas con-trapostas con programas e idearios diferentes.

Nestes días o tempo deu a razón aos populares “e todos puidemos contemplar a acti-tude maquiavélica do BNG: primeiro, rompendo o pacto de goberno; logo, abando-nando as súas áreas; máis tarde, apoiando a investidura dun alcalde imposto co úni-co propósito de que non go-bernase a lista máis votada. E, como colofón, deixando

plantado a ese alcalde que eles situaron na poltrona e que durante tantos días lles mendigou un chisco de cari-ño”, enumerou Rosendo Fer-nández. “O que menos im-portou e está importando ao que queda de goberno muni-cipal é resolver os problemas dos cidadáns de Ourense. Foi unha gran farsa”.

Garantir a gobernabili-dade

Sen embargo, os popu-lares, a través do seu por-tavoz, quixeron trasladar unha mensaxe en positivo cara a cidadanía, cansada de tanto ilusionismo político: O grupo municipal do Par-tido Popular é o único que mantén a súa coherencia e o máximo interese cara os proxectos estratéxicos des-ta cidade. “Somos o grupo maioritario desta Corpora-ción e, como tal, o único que pode garantir a gober-nabilidade e a boa marcha

Rosendo Fernández: “Estamos ante un goberno en estampida e en pleno proceso de descomposición, algo inevitable ante unións ficticias con fins partidistas”O Grupo Municipal do PPOU é o único que mantén a súa coherencia e o máximo interese cara os proxectos estratéxicos desta cidade

dos grandes proxectos. E de ningún xeito permitiremos un goberno ineficaz, incom-petente e completamente desnortado e deslabazado. Por exemplo, neste próximo pleno levan a aprobación de facturas dende o ano �009, entre as cales se atopan chambonadas como carpas

de pistas de xeo, fogos arti-ficiais para un desfile, e un longo etcétera”.

“Agora rematou a etapa da prepotencia, a arrogancia e a falta de talante. Agora o goberno en minoría terá que practicar os exercicios do diálogo, a negociación e as boas formas. Tamén terá

que esmerarse en recuperar o respeto institucional per-dido e, sobre todo, terá que contar co principal grupo político desta corporación se non quere perpetuar o estado de marasmo parali-zante no que sumiu a este Concello nos últimos tem-pos”, concluiu Fernández.

Parte do grupo municipal popular, na comparecencia ante a prensa.

“O goberno en minoría terá que practicar os exercicios do diálogo, a negociación e as boas formas”

Dos 16 concellos beneficiarios da axuda, só dous renunciaron a ela,

sendo un deles o de Ourense

Page 12: Novembro 2012 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSNovembro de �01� CIDADE

P. Lodeiro

Quilos de comida e xo-guetes para as familias máis desfavorecidas de Ourense. Iso é o que bus-ca un ano máis a Opera-ción Quilo de Amencer, que xa se puxo en marcha coa colocación de carri-ños en 67 supermercados da cidade (todos agás os dunha cadena con sede en Valencia), con 350 petos en comercios e máis coa colaboración de entidades deportivas.

Xulio César Iglesias, da asociación Amencer, recordou que “temos ve-ciños que o están a pasar mal, hai unha pobreza que non se ve”, polo que fixo un chamamento “a compartir, non pedimos grandes doantes, pedimos

Chamada á colaboración na Operación Quilo de Amencer4 Achegará comida e xoguetes ás familias em-pobrecidas de Ourense este Nadal.

‘moitos poucos’”. Pola súa banda, a edil de

Voluntariado, Mónica Váz-quez, pediu aos ourensáns que impliquen aos nenos nesta campaña e que bus-quen nas súas casas xo-guetes sen uso, co que se consegue ao mesmo tempo “unha cidade máis sostible e ecolóxica”.

A recollida de alimentos, xoguetes e cartos remata o �1 de decembro, para que

antes do día 24 os produtos poidan estar repartidos nos fogares que máis o necesi-tan, a través de 24 Cáritas diocesanas.

Edición 2011Na edición do ano pasado

recolléronse �1.616 quilos de comida e 887 quilos de xoguetes, que foron repar-tidos en 1.006 familias de Ourense, beneficiando a 3.404 persoas.

Presentación da Operación Quilo 2012./PAULA LODEIRO

Bule Bule é unha escola infantil de nova apertura con amplias e modernas instalacións, luminosa e equipada con centos de xo-guetes, material didáctico diverso e un equipo multi-disciplinar de profesionais que ofrecen una atención integral para nenos e nenas dende os 3 meses ata os 3 anos. Dispón de servizo complementario de aten-ción a nenos e nenas de 3 a 8 anos en horario extraes-colar e periodo vacacional.

Conta cun horario amplio dende as 7 ás 21h de luns a venres e sábados pola mañá.

En Bule Bule empregan un método propio baseado nos principios da pedagoxía Montessori e Waldorf. Trá-tase dunha fórmula de

aprendizaxe que estimula o talento innato que teñen os nen@s para aprender a tra-vés do xogo, tendo en conta os distintos periodos sensi-tivos e cognitivos.

Servizos* Comedor.* Recollida en colexios

próximos.* Obradoiros: Baile, Co-

ciña para nen@s, música, arte, manualidades, In-glés...

* Obradoiro de nadal e verán.

* Programa de estimula-ción temperá.

* Gabinete psicopeda-góxico.

* Zona de xogos exterior propia - obradoiros de xo-gos tradicionais.

* Aula de psicomotrici-

dade.* Teatro infantil e con-

tacontos.* Organización de cum-

preanos e festas temáti-cas.

* Escola de pais.* Curso 2013-14 : servi-

zo de transporte escolar e actividade de natación.

O obxectivo da escola infantil Bule Bule é aca-dar o desenvolvemento integral do nen@, estimu-lando a imaxinación, e o coñecemento a través do xogo participativo. Trata-se de que os nenos e nenas de Bule Bule aprendan xo-gando, experimentando, explorando e sobre todo pasándoo ben e afianzan-do a sua autoestima. Re-serva a túa praza!!

Nova escola infantil Bule Bule

Page 13: Novembro 2012 - OUXB

13Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

CIDADE

Café “contra os recortes” no Pazo de XustizaDúas semanas levan repetindo os funcionarios de Xustiza de Ourense a súa protesta

simbólica contra os recortes laborais e sociais que está a levar a cabo o Goberno central. Todos os martes e xoves os traballadores do Pazo de Xustiza concéntranse a media mañá para “tomar café” nas escaleiras do edificio xudicial, en lugar de acudir ás cafeterías próximas. Os empregados públicos estudan a adopción de novas medidas de presión para amosar “o seu enérxico rexeitamento ás medidas de ‘axuste’ que de xeito unilateral e vía Real Decreto impón o Sr. Rajoy e que supoñen un ataque brutal ao conxunto da cidadanía e aos seus dereitos”.

Avogados ourensáns protestan contra o “taxazo” xudicial4 Opóñense ao proxecto de lei que pretende co-brar aos cidadáns polo acceso á xustiza.P.L.

O Goberno central apro-bou este mes o proxecto de lei que regula as taxas xudi-ciais, cunha forte oposición en todo o sector. Nas últi-mas semanas repetíronse as concentracións de xuíces, fiscais, procuradores e avo-gados contra o denominado “taxazo” que, segundo o presidente do Colexio de Avogados de Ourense, Ar-turo González, significará “unha privatización dun servizo público” así como a vulneración “dun dereito constitucional, a tutela xu-

dicial efectiva”. Coa aprobación do

proxecto de lei, calque-ra procedemento xudicial requerirá do pago dunha taxa que pode alcanzar os 11.000 euros, segundo es-tima o decano dos avoga-dos ourensáns. E pon va-rios exemplos, como unha reclamación de afectados polas preferentes, “por exemplo de 150.000 euros, vaille custar ao cidadán por acceder ao tribunal sobre os 4.000 euros”; ou ben un divorcio: “unha liquidación de sociedade de gananciais dun matrimonio que non se

pon de acordo, que teñen un piso, un coche e uns aforros, 300.000 euros, vaille custar sobre 3.000 e pico euros”.

González considera que esta imposición de taxas suporá “un obstáculo eco-nómico para moitísimos españois, galegos, neste momento de crise, insalva-ble”, recalca. Co agravante de que os cidadáns estarán a pagar por un servizo pú-blico “mal prestado, len-to; todos sabemos como funciona a administración de xustiza, o colapso que hai”, engade o decano.

Aspecto do café-protesta o pasado martes 20 de novembro./RAMSÉS.

Cunha concentración fronte ao Pazo de Xustiza, máis dun centenar de avogados ouren-sáns quixeron expresar o seu rexeitamento ao proxecto de lei que obriga ao pago de taxas para acceder á xustiza./P.LODEIRO.

Page 14: Novembro 2012 - OUXB

14 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� ECONOMÍA E EMPREGO

P. L.

Cunha masiva afluencia saldouse a principal mani-festación na provincia des-te 14 de novembro, xorna-da de folga xeral, a que transcorreu polas rúas do centro de Ourense, onde a maioría de negocios se-cundaron o paro. Baixo o lema, “Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións”, unhas 20 mil persoas participaron na manifestación convocada polas principais centrais sindicais, UGT, CCOO e CIG. Coreando lemas como “nós non roubamos, só traballamos”, “así, nin un paso atrás, estes re-cortes ímolos parar” e “a culpa de quen é? dos que votan ao PP”, os mani-festantes amosaron a súa oposición á reforma labo-ral e ás políticas baseadas nos recortes e na perda de dereitos fundamentais do

Histórica manifestación do 14-N 4 Unhas �0 mil persoas participaron na pro-testa na capital ourensá, na segunda xornada de folga xeral do Goberno de Rajoy.

Goberno.De histórica cualificaron

os representantes sindicais a participación nesta mar-cha. “Estamos profunda-mente satisfeitos porque creo que se está dando a resposta axeitada a unhas medidas agresivas e nunca vistas por parte do capital contra a clase traballadora e o conxunto dos cidadáns”, apuntaba o secretario xeral da CIG, Etelvino Blanco. O sindicalista citou o im-portante paro nos polígo-nos que rodean a capital ourensá, na recollida de lixo da capital, no sector de panadarías, nos autobuses e taxis e fixo unha referenza ao sector do comercio, “que por primeira vez na historia vese que esta manifestación non foi só feita polo sector de traballadores, senón que houbo unha participación importante de pequenos comerciantes e de autonó-mos.”

Pola súa banda, o sin-dicato CCOO Ensino es-timou nun 60% o profe-sorado de ensino público de Ourense que decidiu secundar a folga, así como unha participación “masi-va” do estudantado.

A patronal baixa o se-guimento ao 15%

Mentres, para a patronal, as cifras foron ben dife-rentes. A CEO cifrou nun 15% o seguimento da fol-ga xeral na provincia e só viu incidencia no sector da industria auxiliar da auto-moción. Ademais, a CEO atribuiu o peche de comer-cios e establecementos hostaleiros, sobre todo no centro de Ourense, á actua-ción dos piquetes. Pola súa banda, o seguimento da folga xeral na Administra-ción autonómica e os seus organismos dependentes roldou o 25%, segundo informou a Xunta.

Os numerosos manifestantes concentráronse diante da Subdelegación do Goberno./P.L.

75 desempregados rematan cursos de formación da XuntaO delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio

Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, foi o encargado de en-tregar os diplomas dos cursos de accións formativas para desempregados (AFD) que o ano pasado o departamento autonómico de Traballo outorgou ao centro de Formación Ocupacional Santa María de Europa da Carballeira.

Un total de 73 alumnos participaron en cinco cursos, nos que se formaron en atención sociosanitaria a persoas de-pendentes en institucións sociais, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas e operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica.

Rogelio Martínez durante a entrega de diplomas.

EN BREVE

4 Os bancos comprométense a non realizar desafiuzamentos

As entidades financiei-ras de maior presenza na cidade comprometéronse a non realizar desafiuza-mentos de persoas sen re-cursos como consecuencia da crise. Así o acordaron os responsables en Ouren-se de Novagalicia Banco, BBVA, Santander Central Hispano, Banco Popular, Banco Gallego e Banco Caixa Xeral, tras unha xuntanza co alcalde.

De producirense casos extraordinarios que puide-ran facer precisa dita medi-da, os bancos comunicarán a situación ao Concello, con vistas a estudar cantas fórmulas sexan posibles que eviten que se consume o desafiuzamento.

4 Concurso de escaparates de Nadal

A Cámara de Comercio vén de convocar o Con-curso de Escaparates de Navidad �01�, que repar-tirá cerca de 5.000 euros nos 18 premios que inclúe o certame.

Na capital ourensá, o concurso chega á súa edi-ción �5ª premiando con 700, 500 e 300 os tres me-llores escaparates, dos que se valorará a creatividade, a combinación de elemen-tos e cores, a iluminación e a composición. Todos os participantes entrarán nun sorteo dunha estancia nun balneario do grupo Calda-ria.

O prazo de inscrición dos escaparates remata o 7 de decembro e as bases do concurso poden consultar-se en camaraourense.com.

4 O complexo deportivo de Eiroás consolídase

O complexo deportivo de Eiroás, promovido polo Concello e construído e xestionado pola empre-sa Serviocio, consolídase como centro de referenza na cidade.

O centro, que entrou en servizo no pasado mes de setembro, oferta máis de 13.000 metros cadrados de instalacións deportivas e de ocio, que supuxeron un investimento de máis de 7 millóns de euros e a creación de 40 postos de traballo. En apenas dous meses, o centro deportivo leva rexistrados máis de 130.000 usos, acadando un récord de asistencia nun día de �.900 persoas.

4 Charlas sobre alternativas ante a crise

A Asemblea Aberta de Ourense organiza o ciclo de charlas “Criando alternati-vas. Unha resposta cidadá ante a crise”, nas que tratan temas como o cooperativis-mo, o asemblearismo e a crise financeira.

As próximas citas son o �8 de novembro, cunha charla sobre “Cooperativis-mo integral”, a cargo de Ra-fael García Alonso e Marcos Gay Varela, de Cooperativa Integral Galega; e o 5 de decembro a conferencia de Manolo Outeiriño, profesor da Facultade de Comuni-cación da USC sobre “Os medios e o poder da actuali-dade”. As dúas serán no Edi-ficio de Ferro ás 20 horas.

Page 15: Novembro 2012 - OUXB

15Ourense por BARRIOSNovembro de �01�SAÚDE

4GUÍA DE SAÚDE

4O BLOG DE SAUDETERPatoloxías que afectan

ao aparato locomotor como as neuropatías son causadas por enfermida-des metabólicas como a diabete tipo I e II.

Para un desenvolve-mento e enfrontamento á enfermidade:

- é adecuado un progra-ma de exercicio e adestra-mento

- coadxudar con reducir riscos como o do exceso de peso e a obesidade.

- psicosocialmente, en-frontarte na contorna fa-miliar e no teu fogar con axuda de especialistas médicos ou da área da saúde.

A POSTURADebe ser o máis equili-

brada posible, o teu cen-tro de gravidade debe ser forte e estar en óptimas condicións de soportar calquera forza. Cam-bia hábitos de vida máis saudables, a posición ao sentarte e ao deitarte, unha almofada, un coxín, un soporte para corrixir unha curva lordótica ou cifótica. Non cargues pesos de maneira pouco ergonómica. Cambia de posición cando estes en sedestacion vendo a tele-visión.

NO HORARIO Entre a mañá e a noite

síntete autosuficiente e que levas a cabo as tarefas do fogar; evita depender dos demais sempre que poidas. Programa a túa semana, ve á túa familia e fai activida-des como saír a camiñar con eles. Incorpora horas de comida e de exercicio.

A CONDICIÓN FISICA Lembra que a túa bomba

de retorno venoso esté en un bo traballo dos membros inferiores e de contración muscular nos xemelgos. As actividades como realizar bicicleta estática axuda-ranche a mellorar a circu-lación e a facer mais forte o teu aparato cardiovascular.

Os estiramentos en es-tático son exercicios que che axudarán sobre todo polo fáciles que son e que un mesmo pode facer gran cantidade de tarefas, e en caso de necesitalo realizalo con alguén que poida axu-darche e estea preparado para iso.

O CALZADO Debe ser adecuado, que

evite o mellor posible cal-quera úlcera por presión. Cambiar de cando en vez o teu calzado, evitar a hu-midade e a sensación de

4VETERINARIA

Cando temos que buscar razóns polas cales o noso gato, que sempre foi moi limpo, empeza a facer as súas necesidades fóra de areeiro, é fundamental que pensemos que algo anda mal. Xa que os gatos non deixan de usar o areeiro sen razón, o noso principal obxectivo debería ser pes-cudar a causa.

O primeiro que debemos descartar é que sexa un problema físico, a presen-za de dor durante a mic-ción debido a patoloxías urinarias (como infeccións bacterianas, cálculos, tu-mores, malformacións ure-trais) pode provocar que o gato asocie a bandexa de area coa dor sufrida e iso fágao buscar outros lugares na casa. Outros problemas médicos como hipertiroidismo, diabete, enfermidade hepática... poden provocar ou com-plicar unha eliminación inaxeitada.

Poida que o gato simple-mente teña problemas coa bandexa de area, para iso debemos preguntarnos se o tamaño e as características do areeiro serán os axeita-dos, se cambiamos o tipo de area recentemente, se

Por que o meu gato ouriña pola casa?está situado en zonas con ruídos imprevistos ou nun sitio onde lle falte cons-tantemente a privacidade. E moi importante non só é que o sentido do olfacto do gato centos de veces máis agudo que o noso, senón que o seu nariz está 20 veces máis preto da fonte de onde emana o cheiro, así que eles son os xuíces finais do que en verdade está limpo ou non, por tan-to a limpeza do areeiro é de suma importancia.

Cando un gato non em-prega nunca a súa ban-dexa podemos pensar nun problema de aprendizaxe. Adoitan producirse en ga-tos procedentes de tendas de animais onde as condi-cións onde estiveron vivin-do non son as axeitadas.

Se todo o anterior é nor-mal, estaremos antes un problema de marcaxe con ouriños. Este tipo de mar-caxe está intimamente re-lacionado coa ansiedade felina debido a cambios da súa contorna e manifésta-se fisicamente como cistite idiopática felina. É impor-tante saber que calquera gato, macho ou femia, novo ou vello, castrado ou non castrado e de calque-

ra raza, pode chegar a sufrila.

Non podemos esquecer que existe unha marcaxe sexual en gatos e gatas sen esterilizar ou esterili-zados co comportamento xa aprendido.

Ademais, gustaríame destacar que sempre de-bemos ter moi presente que nunca ouriñarán nun lugar inapropiado por represalia ou vinganza e sobre todo que nunca debemos castigalos por iso, senón buscar sempre a causa. Pensemos que cando o gato ouriña fóra do areeiro está a chorar, pedindo axuda, é a súa forma de facelo.

Ante calquera destes problemas o importante é acudir ao seu veterina-rio, que lle fará as probas pertinentes e se é necesa-rio remitiralle a un etó-logo que lle axudará cos problemas que poida ter.

Espero, con este artigo, poder darvos a coñecer un pouco máis do fasci-nante mundo felino.

Covadonga SuárezAuxiliar especialista

en comportamentoClínica Abros

suar, cambiar canto antes e mellorar a transpiración dun calzado de vestir como un zapato a un calzado de-portivo.

A ROUPA Debe ser: lixeira e suave

,que non entorpeza os mo-vementos, que non os teñas que facer con máis esforzo e lentos, por iso as blusas, os pantalóns de pinzas os za-patos con sola confortable axustados ao teu peso e ta-maño, para asegurar unha boa pisada, son adecuados para o teu problema.

A ALIMENTACIÓN Debe ser adecuada ás

túas necesidades da vida diaria sen que prexudique á túa enfermidade. Onde a diabetes é especialmente metabólica hai que tomar medidas e coidados en can-to a:

- azucres de asimilación rápida especialmente os que son refinados e proce-sados, sacarosa, xarabe de glicosa e fructosa.

- os alimentos industriais como a bollería.

- as graxas hidroxenadas, embutidos.

- as carnes vermellas en exceso.

- cando as persoas non toman alimentos con fibra.

www.saudeter.com

Redacción

A campaña de vacina-ción fronte á gripe e ao pneumococo finalizará o 14 de decembro nos cen-tros de saúde e ampliara-se ata o 31 de decembro nos hospitais do Sergas. A Consellería de Sanidade garante a continuidade da campaña, logo de que a Axencia Española de Me-dicamentos inmobilizara de xeito preventivo as va-cinas antigripais da com-pañía Novartis, por mor da presenza de partículas brancas en suspensión nalgúns lotes.

DestinatariosEsta campaña está des-

tinada ás persoas de 60 ou máis anos e ás pertencentes aos grupos de risco, como persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares, respiratorias, metabólicas ou inmunodeficiencias; os nenos e adolescentes -de seis meses ata 18 anos- con tratamentos prolongados de aspirina; as persoas con obesidade mórbida; e as mulleres embarazadas du-rante a temporada de gripe.

Tamén están na poboación diana os grupos con posibi-lidade de transmitir a gripe a outras persoas, como os traballadores de centros sa-nitarios e sociais; policías e bombeiros; as que poden estar en contacto con aves; e os viaxeiros internacionais.

Continúa a campaña de vacinación contra a gripe e o pneumococo4 Ata o 31 de decembro.

Page 16: Novembro 2012 - OUXB

16 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� EMPRESAS

Equivalenza, expertos en perfumes e aromasOfrecen unha gran variedade de perfumes de equivalencia para home, muller e nenos

En novembro de �011 abriu as súas portas en Ourense un novo e pio-neiro establecemento, Equivalenza, especializa-do en perfumes, cosméti-ca e aromas.

Sito na rúa Ramón Ca-banillas (á altura do cru-ce con Bedoya), ofrécen-che a mellor versión do teu perfume favorito, xa que elaboran perfume de equivalencia das grandes marcas, así como fragan-cias propias e aromas, todo cun elevado nivel de calidade. Trátase de esen-cias europeas que foron coidadosamente selec-cionadas polo recoñecido perfumista Ramón Béjar.

Equivalenza ofrece per-fume a granel en frascos de 10, 30, 50 e 100 ml, dentro das 100 varieda-des para muller, 50 para home e 4 para os máis pequenos da casa. Así mesmo, tamén conta con produtos de cosmética natural de gran calidade, para o coidado diario de cara e corpo, e a prezos inmellorables.

NovidadesNos vindeiros meses,

Equivalenza tamén ofre-cerá aos ourensáns unha ampla gama de fragan-cias para o seu fogar, como ambientadores

Agardámoste na rúa Ramón Cabanillas (esquina rúa Bedoya)

Tel. 988 253 [email protected]

Ofrecen 100 perfumes de muller, 50 de home e 4 de nenos; así como cosmética natural para cara e corpo

para cociñas e negocios, aromatización antibac-terias, fragancias para o baño, ambientadores para mascotas, así como aromas antitabaco.

Con preto dun cento de

establecementos repar-tidos por toda España e Portugal, esta cadea de establecementos xa pre-parar as súas próximas aperturas en Francia e Latinoamérica.

Equivalenza ofrece a mellor versión dos perfumes das marcas máis recoñecidas, da man de Ramón Béjar.

ANUNCIANTE DO MES

Couto Cocinas, dende 1985 ofrecendo deseño e profesionalidade Redacción

Con máis de �5 anos de experiencia, Couto Coci-nas é todo un referente en Ourense dentro do seu sec-to, ao ofrecer un servizo completo e profesional.

Cando se creou Couto Cocinas?

Pepi López: “En 1985”.Que servizos ofrece?P.L.: “Ofrecemos dese-

ño, venda e instalación de cociñas e baños, sendo distribuidores oficiais da marca The Singular Kit-chen cun estudo en Ouren-se e un macroestudio na Coruña. Tamén ofrecemos instalación de calefacción, fontanaría, gas butano e propano, pondo a dispo-sición do cliente, persoal técnico cualificado e auto-rizado para certificacións de instalacións e altas”.

Que teñen de especial as cociñas The Singular Kitchen?

P.L.: “As nosas cociñas son sometidas a probas

técnicas e de seguridade polo instituto independente LGA; a calidade dos pro-cesos de fabricación está apoiada pola certificación ISO 9001, garantindo os máis altos estándares de calidade de principio a fin; e, ademais, trátase dun pro-duto que incorpora a última tecnoloxía e acabados”.

Como afrontades a cri-se?

P.L.: “Desde fabrica desenvolvéronse ofertas en-focadas á situación actual, deste xeito ofrecemos dese-ños de alta tecnoloxía, ga-rantindo a calidade, a prezos moi razonables. Ademais, tamén ofrecemos diferentes solucións de financiamento sen intereses nin gastos”.

Levades varios anos anunciándovos en Ouren-se por Barrios, por que?

P.L.: “Gústanos este me-dio por tratar os temas máis próximos a Ourense e as vi-las da provincia dun modo especial, coidando a imaxe dos anunciantes”.

O equipo de Couto Cocinas en Ourense.

Abre a pista de xeo de Ponte Vella

Desde finais de novem-bro Ponte Vella albergará na súa terraza a fantástica pista de xeo da que puide-mos gozar o ano pasado todos os ourensáns. “Ponte Vella sobre Xeo” fai posi-ble que poidamos practicar o deporte da patinaxe so-bre xeo, cos nosos amigos ou familiares ao aire libre e con cafetarías próximas para repor forzas.

Durante decembro e xaneiro, contarase con sesións públicas, horarios especiais para colexios, asociacións, reunións de empresas... Haberá patíns de dobre folla, para que se inicien os nenos desde os dous anos acompañados dos seus pais, e os ‘anda-dores pingüíns’ para que todo o mundo se anime a patinar sen risco a caerse. Tamén se disporá de pa-tíns de todos os tamaños.

O lecer cobra protago-nismo no centro comer-cial e por iso, todos os clientes que asistan á pista de patinaxe, terán un des-conto de 1 euro na entra-da do cinema. Comer en McDonald´s tamén terá premio, posto que nos permitirá adquirir entra-das especiais para poder gozar da pista de xeo du-rante tempo ilimitado.

A pista abre a partir do o 30 de novembro e o prezo de alugar patíns e 1 hora de pista é de 7,50 euros.

[Consultar horarios e resto de prezos en Ponte Vella]

Page 17: Novembro 2012 - OUXB

17Ourense por BARRIOSNovembro de �01�PUBLICIDADE

Page 18: Novembro 2012 - OUXB

18 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos

para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS TRABALLOVENDA PISOSVendo casa na estrada de Santia-go. Tel: 637 005 910.Oportunidade! Venta de piso de � habitacións con baño, cociña, tras-teiro, garaxe. A 5 minutos de praia América. Tel.: 636422497.Vendo piso en Madrid, barrio da Elipa, para reformar. 5º sen ascen-sor, � habitacións, 1 baño. 90.000 euros, prezo negociable. Tel. 606 23 11 43Vendo casa en Nogueira de Ra-muín. Prezo: 3.000.000 de euros. Tel.: 988 246 096 e 664 118 065Vendo apartamento zona �1 por 96.000 euros. Tel. 675 51 11 79.Vendo piso no Couto,75 m�, 3 dor-mitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m2, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60.Vendo apartamento con � ha-bitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21. Tel. 675 521 179.Vendo apartamento de � habita-cións en Vigo, frente á praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en Vigo, céntrico, � dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04

Alúgase apartamento � dormito-rios, cociña amoblada con electro-domésticos. Tel. 988 21 36 21.Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18Alúgase baixo de 110 m� na Car-balleira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90.Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910.Alugo piso. Tel: 988 246 926Alugo apartamentos en Montal-vo de 1 e � habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916Alugo piso amplio, amoblado, zona Couto. 400 euros comunida-de incluída. Tel: 606 569 ��8Alugo casa amoblada con finca e xardín en Celanova. Tel. 617 925 873Alugo dous apartamentos na zona do Posío, con praza de garaxe e calefacción. Tel. 617 92 58 73Alugo local de 55 m� no Vinteún-Peliquín. Tel. 988 �1 �9 00.Emprendedores: terreo de 2.300m� en Melias (Pereiro de Aguiar) Ourense, con auga propia, apto para todo destino (horta, col-meas, viñedos etc.) a 50 m. da es-trada, véndese ou alúgase por 100 euros ao mes, con opción a com-pra (negociable). [email protected]

ALUGUER

Mércanse mobles ou electrodo-mésticos de �º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24Vendo sofá 3+2, caldeira de cale-facción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751 Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 375.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé comple-to en perfecto estado, �50 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469Vendo conxelador 160x70 cm. Zanussi Aplus. Sen usar. Garantía 2 anos. Tel. 647 232 974Vendo vestido comuñón, se-minovo (impecable). De May-na. Colección �01�. Bo prezo.Tel.619516824Vendo 2 sillas de coche para bebé e � carriños. Practicamente novas. Prezo interesante. Tel. 629 87 90 82Vendo Samsung Galaxy Ace 100 euros. Telf: 647272198.Vendo traxe comuñón neno. Talla 1�. Impecable. De Wendoline. Co-lección 2012. Telf: 659 857 932.Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 6�6 07 37 51Vendo canapé de madera tapizado de 135 cm con patas de madeira e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros, tel. 637 756 687.Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550Vendo series completas de sellos de correos de diferentes países e diferentes temáticas a prezos mó-dicos. Tel. 605 388 596 e [email protected]

Ofrecese servizo de modista.Tra-ballos de calidade, puntualidade e bo prezo. Tfn:988 25 53 02Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do 2007. A calquera hora do día. Tel. 647 232 974Ofrecese moza para pasear os teus cans. Económico. Tlfno 605 088 744.Ofrécese chica para limpeza de escaleiras ou servizo doméstico. Zona 21. Tel. 636 39 25 25Ofrécese chica para coidar persoas maiores, nenos ou para empresas de limpeza, con experiencia. Tel. 988 25 86 34.Danse clases particulares durante o curso 2012 / 2013. Con opción de impartir varias materias.A to-das as etapas. Posúo Certificado de Formador e CAP. Máis de 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail:[email protected]écese señora para coidar ne-nos, maiores ou tarefas do fogar. Tlfs: 988 246096 // 664 118 065.Posto de traballo para un Autóno-mo. Labor puramente Comercial xestionando unha franquicia eco-nómica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942.Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. Tel. 664 615 990.Ofrécese chica para tarefas do-mésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camarera. Tel. 675 11 71 19.Formación a distancia subven-cionada. Titulación oficial. Aseso-ra para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly.Apoio psicolóxico gratuíto. Tera-pias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749.Clases particulares. Todas as ma-terias e niveis, técnicas de estudo, informática. 1� anos de experien-cia. Material didáctico propio. 1ª semana gratis sen compromiso. Tel. 988213480. http://fidelforma-cion.blogspot.com. [email protected]ózanse fincas e fanse por-tes. Tel.: 656 940 550

AUTOMÓBILVendo Mercedes 300 D, clásico, 198�, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tel. 670 718 942Vendo Mercedes en bo estado. Prezo a convir. Tel.: 656 940 550Vendo Opel Astra, 66.000 km, tel. 988 24 41 07.Vendo Toyota Corolla 1.6, con A.A., C.C., E.E. e llantas de alumi-nio. 3.500 euros. Tel. 607 812 996

CLASIFICADOS

COMPARTIRBúscase chic@ para compartir piso. 230 euros gastos incluidos. Televisor en habitación, calefac-ción, etc. [email protected]ártese oficina en avda. San-tiago (acceso desde a rúa). Ideal despacho, correduría de seguros, etc.Zona moi luminosa. Prezo a negociar. Tel. 696 64 12 22.

Page 19: Novembro 2012 - OUXB

19Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

ARTIGOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, Silvia Nieto, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº123/113/99/62 - Ano: XI - Novembro 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención ao menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 646 645 11924h. Alcoh. Anón. 988 269 540Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transpor-te: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.liña á Valenzá e hora-rios en www.anpian.com

4FELICITACIÓNSKike ÁlvarezAniversario: 25.11Feliz cumple, Kike, o noso neto belo e adorado. Querémoste con loucu-ra, amámoste con todo o noso corazón. Que día tan bonito cando chega-ches ao mundo un �5 de novembro,non se nos es-quecerá. Que Deus che bendiga e non sufras por papi, vaise pór ben, el quérete moito. Querémos-te os teus avós, mami e a madriña.

[Envíanos as túas felicitacións (nome, data, motivo e texto) a [email protected], ou a r/Valle Inclán, �5, �º, of.

15, 32004, Ourense]

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

Din que despois da tormen-ta sempre chega a calma... e nesta cidade tras vivir os días máis patéticos da nosa histo-ria a nivel político en lugar da calma chegou o desgober-no e a desesperanza.

O PSOE presenta un grupo de goberno dividido e mino-ritario. A nova cabeza visi-ble deste concello tívose que preocupar máis dos seus pro-blemas internos que das súas obrigas e todo, supoñemos, polo pracer que lle produce estar sentado no trono.

O día a día para os que ac-tualmente están a gobernar non cambiou moito. Están di-vididos entre os “Paquistas”: Aurea, Marga, Ana, Barquero e Tote, e os “Pachistas”. O rexedor da cidade repartiu de novo os cromos das dis-tintas concellarías e os “Pa-quistas”, que foron fieis ao anterior alcalde Francisco Rodríguez, ultimamente coñe-cido case por ser como “San Paquiño de Palmés”, levaron o maior beneficio na reparti-ción e parece ser que para al-

gúns o seu “falso caché” po-lítico aumentou! Para outros en cambio, chegou o castigo. Cremos que se “odian” máis entre eles que a nós. Toda unha guerra interna que se saldará cun claro perdedor... todos os ourensáns.

Nós, os de DO que estamos no soto do concello, temos novos veciños, os concelleiros do BNG, aínda que por agora só está Xosé Somoza porque as súas compañeiras, as subs-titutas de Marta e Isabel, non tomarán posesión ata o próxi-mo pleno de decembro.

Por certo, falando delas, tiveron unha triste despedida da corporación municipal, “foron expulsadas” do salón de plenos tras a súa dimisión porque o noso alcalde e com-pañeiro de goberno de ambas, non tivo o detalle nin a corte-sía de finalizar a sesión plena-ria despois das súas interven-cións, cousa que se fixo con Baltar cando presentou a súa dimisión e decidiuse que non houbese rogos nin preguntas para que puidera despedirse

dos demais membros da cor-poración, en fin, eu o vin como unha pequena vinganza do aínda alcalde Agustín e como mostra do fastidio que sente ao ter que gobernar en mi-noría porque os seus socios o abandonaron e non reeditaron o pacto de goberno.

O noso alcalde sabe o que se lle vén enriba, a oposición que tivo ata agora pareceralle un xogo de nenos en compa-ración coa que cremos faralle o BNG, porque ao noso modo de ver ten a súa derradeira oportunidade para non des-aparecer do panorama mu-

nicipal e para iso teñen que “derrotar” a un PSOE que non é mais que unha mala copia do PP en moitas das súas actuacións pero iso si, cargadas dunha tinguidura ditatorial ao máis puro estilo fascista.

En fin, todo cambiou, in-cluso os asesores do PSOE! Se antes o mando tíñao A. Vallejo, máis coñecido para nós polo “arengador de ma-sas que lanzan esgarros aos concelleiros de DO na Praza Maior”, agora a batuta pa-rece ser que a leva L. Cougil que, segundo din, ten moi boas relacións co novo alcal-de, máis do mesmo...

Estas son unhas breves pinceladas dos cambios que se están a producir e perci-bir dende o soto do conce-llo. Agardamos impacientes a próxima sesión plenaria para comprobar como está a situación do goberno mi-noritario da nosa cidade e pola nosa parte soamente dicir que DO seguirá a fa-cer oposición loitando con-tra “as forzas da política” e denunciando todas e cada unha das irregularidades das que teñamos coñece-mento a pesares das tram-pas e dos intentos de botar abaixo o noso traballo.Democracia Ourensana

Chegou o desgoberno e a desesperanza

Todos desexamos ter al-gún día un personaxe que che permita crear, sentir e medrar como profesional ao seu carón. Pero verse nun-ha circunstancia coma esa é realmente unha gran sorte, e case sempre unha lotería.

Ás veces lembro os per-sonaxes polos que un día, que xa queda atrás, quixen ser actriz. Mirábaos con ollos de nena e atrapában-me sen remedio. Hoxe soño con interpretar mulleres con historias persoais reais, hu-manas e próximas, tamén a grandes mulleres da histo-ria como Catalina I de Ru-sia, Isabel de Solís, Helen Keller ou María de Zayas. E por suposto con heroínas de acción, que raios! Eu non quería ser unha “chica Bond” nin a moza de In-diana Jones. Eu quería ser Bond ou Indiana Jones, que lle vou facer.

Non todo é tan simple,

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

conseguir un personaxe ca-rismático e potente é moi di-fícil, pero tamén o é estar a altura de algo así.

Algúns actores e actrices tiveron a oportunidade de interpretar papeis realmente interesantes, pensados e es-critos para destacar, pero non souberon ou non puideron sa-carlle partido e deixáronnos esmorecer.

Son moitísimos mais os que aínda non tivemos a sorte e o perigo de enfrontarnos cara a cara cun gran personaxe que faga voar e soñar, sufrir e chorar, e que as emocións cheguen ata os ósos.

Supoño que cando un guión destas características chega ás mans dunha actriz ou ac-tor, e se ademais che dan a posibilidade de poder inter-pretalo nunha boa produción, a emoción e a ledicia ten que ser inmensa, e a responsabi-lidade tamén, ata o punto de que un xa non saberá se lle

A sorte do personaxetremen os xeonllos por ilu-sión ou por medo.

Paréceme que semella case imposible ser valorado profesionalmente se non chega a ti a oportunidade de interpretar un papel, como mínimo, interesante. O habitual é pasar desaper-cibido. E non ten porque ser un papel protagonista, que va! No cine abondan secundarios marabillosos, cheos de maxia. Penso que non hai personaxe peque-no e que dende aí tamén se poden conseguir grandes cousas, incluso escarallala ao grande!.

Eu seguirei a soñar con eses personaxes cheos.

Agardo por esa muller, a que me levará a outra viaxe, e pedireille que me deixe gozar, aprender e me-drar con ela. Sede felices hoxe, mañá xa veremos.

Saamira Ganay

Page 20: Novembro 2012 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

Restaurante Os Caracoles, para todas as celebraciónsEste hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas, banquetes e ceas de empresa

A calidade dos produtos e o servizo personalizado son dous dos puntos fortes de Asador-Restaurante Os Caracoles, a mellor elec-ción para aquelas parellas que están a decidir onde celebrar o convite do seu enlace ou para os grupos de amigos ou empresas que estean pensando onde celebrar a súa cea de Na-dal.

Situado na Derrasa, a tan só oito quilómetros da cidade, Os Caracoles con-ta dende o seu nacemento coa confianza de moitos ourensáns que o elixen como o marco perfecto das súas celebracións.

Servizos específicos para vodas

No tocante ás vodas, este establecemento, es-pecializado en alta coci-ña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose aos seus gustos e necesidades. Así mesmo, poden optar por completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou or-questra, segundo a elec-ción de cada parella.

Ademais, co fin de dar o mellor servizo e a máxi-ma comodidade aos seus clientes, Asador-Restau-rante Os Caracoles tan só

se compromete a un ban-quete por día e salón.

E precisamente en canto ás salas das que dipón, Os Caracoles conta na primeira planta cun salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas así como dous salóns específicos para ban-quetes, un para 70 e outro para �00 comensais, no se-gundo andar.

Outros servizosAdemais de restaurante,

Os Caracoles é tamén hotel (ten 15 habitacións), e ofre-ce os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e ta-pas típicas galegas.

O establecemento conta cun amplo aparcadoiro ex-terior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Un dos salóns do hotel-restaurante Os Caracoles.

Información e reservas: Tel. 988 380 165

A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar

A calidade en cociña e o servizo personalizado son dous dos puntos

fortes deste restaurante

especial VODAS

Estilo e comodidade en roupa de festa é o que ofrece Komodamoda a aquelas mulleres que que-ren estar a última con pe-zas cómodas e actuais in-dependentemente da talla que necesiten.

Para esa ocasión epecial Komodamoda ofrece unha colección con vestidos tanto curtos como longos, e incluso prendas máis po-ñibles. Ante todo o máis importante é que a muller se sinta cómoda, que non teña a sensación de non ser ela mesma.

Tamén che axudan a sen-tirte nova e atractiva, co estilo máis actual en “en-

v a s e ” grande para mulleres mo-dernas e sen complexos.

O que se leva

Entrou o outono en K o m o d a -moda cunha nova tempa-da chea de bonitas co-res, moder-nos estampados, pezas en polipel e sobre todo moito punto.

As súas clientas habi-tuais xa coñecen a am-pla variedade en moda

vaqueira que ofrece Komoda-moda, con pan-talóns desde a talla 44 ata a 70 e que ademais esta tempada in-corpora as teas e s t a m p a d a s , con relevos, sen renunciar á co-modidade que tanto fai falta no día a día.

Volve con forza o legging -tanto liso como con debuxo-

A moda sen complexosKomodamoda ofrece estilo en traxes de festa e roupa informal

para acompañar de pezas longas, pichis, xerseis e vestidos de punto lon-gos, pezas con flocos e con tachas.

As pezas de polipel son unha boa opción tanto en cazadoras como en saias, que ademais dan un to-que moderno e xuvenil. Pódese acompañar este look coas botas de cana ancha que teñen ata 60 centímetros de contorno na pantorrilla e que se poden atopar con tacón ou planas, en diversas cores. E sen esquecer as medias, para pasar o in-verno ben quentiñas.

E lembra, “complexo” é unha palabra que non existe no vocabulario de Komodamoda, pásate e compróbao.

Estamos en:r/Cabeza de Manzaneda, 2

- Ourense Telf: 988 254 359

Page 21: Novembro 2012 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSNovembro de �01�VODAS especial

Moitas familias inicia-ron os trámites que hai que facer para regalar aos seus invitados e a eles mesmos un día inesquecible: bau-tizo, comuñón ou voda. E porque na organización destas celebracións hai que pensar en multitude de aspectos para que todo saia ben, o grupo ANPIAN pon a disposición de todos os seus clientes o maior abano de posibilidades re-lacionadas co transporte e a viaxe, para que non teñas nada de que preocuparte neste aspecto. Grupo AN-PIAN pon ao voso servizo a maior frota de autobuses e coches de luxo e os seus máis de cincuenta anos de

experiencia, para que todo saia perfecto.

Transporte, aloxamento e viaxe de noivos

Evitar que os familiares e os amigos collan o co-che nun día propenso aos excesos é sinxelo. A che-gada do noivo ou a noiva ao lugar onde se celebra a cerimonia ou o traslado do novo matrimonio ao banquete serán momentos para a posteridade grazas aos vehículos de alta gama dos que dispón Anpian. E ademais, contactando con calquera das Axencias de Viaxe do grupo, Viaxes Piña ou Viaxes Auria, fa-cilitaranvos reservas de

hotel e traslados para os vosos invitados e como non, asesorarán aos noivos nos mellores destinos, os mellores hoteis e as mello-res opcións para a súa lúa de mel coa mellor relación calidade-prezo.

Tendo en conta o compli-cado que resulta compatibi-lizar as obrigacións diarias cos preparativos, a posibi-lidade de xestionar, case ao mesmo tempo o transporte, o aloxamento dos invitados e a viaxe de noivos é toda unha vantaxe.

Referente do sectorOs seus máis de 50 anos

de experiencia non rifan co afán de evolución e in-

A túa celebración sen preocupacións, con ANPIANO grupo de empresas ANPIAN pon a disposición de todos os seus clientes o maior abano de po-sibilidades relacionadas co transporte e a viaxe

Na organización de calquera celebración, conta sempre cos mellores:

Tel. 988 225 288

Tel 988 253 359 Tel. 988 225 288

Tel. 988 241 013

Parque de vehículos de alta gama de Vip Car.

novación en todas as acti-vidades empresariais que desenvolve. O grupo aposta sempre por unha impecable formación continua a to-dos os seus traballadores, os seus coches e autobuses incorporan sempre os últi-mos avances en seguridade e confort, incluso adiantán-dose en anos ás obrigacións legais en materia de seguri-dade e por suposto, a inno-vación na prestación de to-dos os seus servizos, fai que o grupo sexa o referente do sector en toda a provincia. En definitiva, o grupo AN-PIAN ofrece a garantía da experiencia coa comodida-de da modernización dos seus servizos.

Fachada de Viaxes Piña, na rúa Ervedelo.

Grupo ANPIAN pon a vosa

disposición a maior frota de autobuses e

coches de luxo

Page 22: Novembro 2012 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSNovembro de �01� especial VODAS

Colección de noivo, novidade a partir de xaneiro en Noar NoviasEsta tenda especializada da Valenzá (Ouren-se) xa dispón das coleccións de noiva, festa e comuñón da próxima tempada

Na Valenzá (Barbadás, Ourense), o pobo máis di-námico da provincia, ató-pase Noar Novias, unha boutique onde lle orienta-rán na elección do vestido de noiva, madriña, festa ou comuñón, axudándolle a atopar o modelo que en-caixe perfectamente con cada estilo e gusto. Como novidade, a partir de xanei-ro de 2013 a tenda disporá de colección de noivo.

Nesta tenda atopará to-das as novidades no mundo da moda que lle axudarán a preparar eses eventos importantes. Para a tem-pada 2013 as noivas van poder atopar en exclusiva as coleccións dos deseña-dores nacionais e interna-cionais máis recoñecidos, por exemplo, White One de Pronovias, Lugo Novias, Nalia e Alba Moda.

En madriña e festa para o vindeiro ano a tenda conta-rá cos mellores deseñadores coas mellores coleccións, como Pepa Recasens, De-metrios e Lugo Noivas, con tallas segundo colección desde a 36 á 60.

E en comuñón 2013, te-ñen os mellores deseños tanto para nena como para neno, con traxes a medida. Disporán das coleccións de Lovely Day, Venus, Mar-garita Lasalvia, Cemaros e Parti Kids, e todos os com-plementos que necesite.

En Noar Novias teñen vestidos para todos os gus-tos, e por iso, fan especial fincapé na alta calidade da roupa, a perfección do aca-

bado, a beleza dos materiais e cortes, e a adecuación dos prezos.

En definitiva, neste esta-blecemento atopará a peza ideal que realzará a súa fi-gura para cada ocasión. Se ten unha solicitude especial,

Estamos en:Av. Celanova, 37, baixo – A Valenza – Barbadás - Ourense - Telf: 988 606 488

Segundo un informe da Federación de Usuarios e Consumidores Indepen-dentes (FUCI), casar en España en �01� custa en-tre os 7.580 e os 18.800 euros, co que a media é de 13.190 euros, o que supón un descenso do 8,3% con respecto a �011. En Gali-cia o custo medio dunha voda é de 1�.800 euros, lonxe de Madrid, á cabeza cun gasto medio por enla-ce de 16.600 euros.

Esta organización de consumidores realizou un estudo para coñecer a canto ascende o custo real dunha voda cunha media dun cento de comensais, que revela que o gasto en vodas en España descende por quinto ano consecuti-vo. Atribúe a FUCI este feito á negativa conxun-tura económica que está a lastrar a economía dos españois.

Recortes no gastoO gasto previsto polos

noivos descendeu desde 2008 ata un 42% . O ban-quete, a viaxe de noivos e algúns detalles nupciais son os capítulos onde se producen os maiores re-cortes.

O banquete representa o principal dispendio dunha voda ao supor a metade da factura total. En función do restaurante e menú elixido, o custo por invi-tado pode variar entre os 36 e os 85 euros, ao que habería que engadirlle a música e a barra libre que supón uns 850 euros de media.

Segundo a FUCI, os contraentes esfórzanse en

buscar a mellor relación calidade/prezo, e así ocorre nun gasto tan importante como o banquete, cuxa me-dia supón uns 7.000 euros, 600 menos que hai un ano.

O traxe das noivas supón un desembolso non inferior aos 500 euros, cantidade á que hai que sumar o prezo dos zapatos, complemen-tos, maquillaxe, peiteado e ramo que incrementan o orzamento até chegar aos case 1.500 euros de media. Nos homes, o gasto oscila entre 310 e 750 euros.

Os detalles nupciais, é di-cir, as arras, alianzas, invi-

tacións e as flores da igrexa supoñen ao redor de 1.�00 euros. Mentres, o custo me-dio da reportaxe fotográfica e de vídeo, sitúase ao redor dos 650 euros.

A viaxe de noivos va-ría en función do destino elixido, aínda que é difícil que sexa inferior aos 1.�00 euros por parella, segundo o estudo.

En canto ás autonomías nas que contraer matrimo-nio é máis caro, Madrid sitúase á cabeza cun gasto medio de 16.600 euros, se-guida de Cataluña (15.900) e Valencia (15.500).

Canto custa casar?En Galicia o gasto medio nunha voda é de 12.800 euros

estudarán a súa petición e seleccionarán a peza que mellor se adapte ás súas necesidades persoais. Non dubide en ir visitar a súa tenda, preguntar e ver o seu catálogo. Estarán en-cantados coa súa visita.

Vestido de festa á venda en Noar Novias.

Ofrece en exclusiva as coleccións 2013 de White One (de Pronovias),

Lugo Novias, Nalia e Alba Moda

Page 23: Novembro 2012 - OUXB

23Ourense por BARRIOSNovembro de �01�VODAS especial

Page 24: Novembro 2012 - OUXB

24 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� OCIO E CULTURA

presentárono en sociedade a finais do pasado setembro.

Pero eles non buscaban ser unha asociación máis, senón unha entidade creada “por e para a mocidade”, aínda que “aberta a calquera per-soa de calquera idade que, coma nós, sinta a necesida-

de de defender e promover a cultura e a lingua galegas, sempre sen extremismos”, aclara David.

Nembargantes, esta non é a única organización deste tipo que xa existe en Seixal-bo, de feito, a localidade conta cunha asociación de

S.N.

Xuventude, gañas, ilu-sión e un gran aprecio por Galicia, estes son os princi-pais ingredientes que deron como froito a creación dun-ha nova asociación cultural xuvenil en Seixalbo. Baixo o nome de “As Canellas” un grupo de mozos da zona puxeron en funcionamen-to este proxecto con fin de “conservar e promover a lin-gua e a cultura galegas, pois estes son o maior patrimo-nio que Galiza ten”, explica o seu presidente, David Ro-dríguez.

Logo de reunírense en varias ocasións ao longo da primavera pasada, estes rapaces dicidiron botar a an-dar oficialmente o proxecto o 23 de xuño, e tras realizar os trámites correspondentes

“As Canellas busca promover a lingua e cultura galegas”

4 Esta nova asociación cultural xuvenil de Seixalbo trata de conse-guir este obxectivo dirixíndose, principalmente, aos máis mozos.

veciños e outra cultural -As Agromadas-. Pero lonxe de exercerse competencia en-tre elas “colaboramos entre nós na medida do posible”. “Tampouco queremos di-vidir ao pobo nin moito menos, soamente creamos esta asociación para xuntar

a mocidade e organizar ac-tividades culturais”, e preci-samente entre estas accións atópanse varias iniciativas vencelladas co mundo do ci-nema, como é a proxección de documentais ou curtame-traxes.

ActividadesUnha das últimas citas

con esta asociación tivo lu-gar o pasado �6 de outubro, cando organizaron a proxec-ción dun documental sobre o despoboamento rural ga-lego no que Alba Prol Cid, a súa autora, conta o que ela viviu na súa propia familia. Ademais, ao remate, todos os presentes puideron parti-cipar nun coloquio con ela.

Pero nas Canellas as ideas non deixan de xurdir polo que xa están pensado en vin-deiras actividades para irse dando a coñecer, de feito, adiantáronnos que “temos en mente organizar activi-dades para os máis cativos do pobo e arredores, xogos

As Canellas organizará nos vindeiros meses xogos tradicionais e obradoiros de artesanía para os máis cativos

Dous membros de As Canellas xunto a Alba Prol, a autora dunha curtametraxe que foi emitida o 26 de outubro na sede desta asociación. /RAMSÉS

tradicionais, obradoiros de artesanía…”, confesounos David.

Tras facer realidade un proxecto, cando un se para a pensar sempre ten presente a todos aqueles que nos axu-dan incondionalmente á hora de polo en marcha. Por iso, dende a Asociación Xuvenil As Canellas dos que non se esquecen (nin esquecerán) é desas persoas e institucións que cando o camiño se lles puxo máis costa arriba lles tenderon unha man para ali-viar a pendente. “Queremos agradecer ao Restaurante O´Muiñeiro -polo seu apoio dende o noso nacemento-, á Asociación de veciños de Seixalbo, á A.C. Agromadas, aos Irmandiños de Seixalbo, a Guillermo Carro -polo seu gran traballo á hora de dese-ñarnos o logotipo- e ao noso gran amigo Miguel Doval, de Anacos da Cidade, polo seu apoio”, finalizou David en nome del e dos seus com-pañeiros.

Page 25: Novembro 2012 - OUXB

�5Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

Xogos e talleres, no Día dos Dereitos da Infancia Con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, Cruz Vermella

Ourense quixo mostrar a súa preocupación polo máis pequenos no contexto de crise so-cioeconómica actual, no que destaca a pobreza infantil, o fracaso e o abandono escolar. A entidade organizou ao longo da semana do 19 de novembro actividades nos centros de me-diación social de Barrocás, Praza 500 e Praza �00, así como no espazo infantil da súa sede na cidade das Burgas. Os xogos, a realización de murais, dinámicas de grupo e actividades lúdicas serviron para achegar aos cativos os Dereitos da Infancia.

IMAXES DO MES

“Ali”, vencedora no 17OUFF

O filme “Ali” foi un dos vencedores da 17ª edición do Festival de Cine Inter-nacional de Ourense. O xurado concedeu á película española o premio Carlos Velo ao mellor director, para Paco R. Baños, e unha mención especial á mellor actriz para a súa protago-nista, Nadia de Santiago. “Ali” tamén recibiu o pre-mio do público á mellor pe-lícula, mentres que o Gran Premio Calpurnia á Mellor Película foi para o filme polaco “Roza”, dirixido por Wojciech Smarzowskib. A coprodución entre Brasil, Arxentina e Francia “Histó-rias que só existem quando lembradas”, de Julia Murat, foi galardoada co Premio Especial do Xurado e cun-ha mención á mellor fotora-fía. Finalmente o Premio ao Mellor Guión foi para “The Enemy” de Dejan Zecevic.

Os galardóns foron entre-gados nunha gala no Audi-torio amenizada polo dúo cómico “Os da Ría” e que rematou coa proxección de “12+1, una comedia meta-física”.

Paseo contra a violencia machistaO domingo �5 de novembro, varios colectivos, organiza-

cións e persoas do movemento feminista da cidade partici-paron nun paseo reivindicativo con motivo do Día Interna-cional contra a Violencia Machista. Foi un percorrido entre o parque de San Lázaro e a praza do Ferro durante o cal os asistententes recordaron, por medio de carteis con forma de esquelas, as 74 mulleres asasinadas este ano 2012 (oficial-mente recoñécense 43). A cada pouco ían parando fronte a establecementos que consideran “cómplices do machismo”, nos que pegaron carteis con lemas como “o sistema capita-lista alimenta a violencia machista” ou “as túas tallas opri-men”, mentres no chan ían deixando marcadas varias silue-tas en memoria das vítimas da violencia de xénero.

Na mesma xornada, o PP realizou un acto de lembranza ás vítimas da violencia de xénero ao carón da escultura da Leiteira, mentres que o Concello de Ourense deu lectura ao seu manifesto do �5-N o venres no salón de plenos.

Page 26: Novembro 2012 - OUXB

�6 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

4LITERATÚA

Humanos superpostosUnha das constantes na

observación e interpre-tación da realidade sería a conclusión do pouco que cambiou a condición humana en tres mil anos. Unha conclusión que xor-de ao compararmos, por exemplo, un escrito cal-quera sobre a historia da Galicia de décadas de an-tigüidade cun xornal saí-do onte do prelo, pois non sería difícil ver queaspec-tos como o sometemento duns humanos por parte doutros humanos estaba tan presente na época do feudalismo como en cal-quera das ditaduras que aínda colean hoxe en día. Ou que os azos por amo-rear riqueza e someter aos semellantes que se deu nas invasións da Galicia por parte dos romanos ou os suevos, as incursións viquingas ou todos os sa-queos posteriores espa-ñois en ultramar son un rudimento do capitalismo feroz, despersonalizado e global. E, o que é peor, substituíndo a espada de antano polos sorrisos fa-risaicos de hoxe: se antes partíante ao medio cun só golpe de espada, agora fano cun sorriso de cole-ga.

Podemos pensar que os países de hoxe chama-dos occidentais están moi por riba destesparangóns históricos. Pero poida ser que a urbanidade e a de-mocracia camuflen os ins-tintos por impoñernos aos demais, subxugar, apro-veitarnos do próximo, so-meter, humillar para ali-mentar as nosas miserias psicolóxicas, quitalos a eles para pórmos nós, ver mal ao compañeiro para

ARTIGOS

4RECEITA

4TRIBUNA ABERTA

Cada vez quedamos menosNos próximos dez anos

a poboación de Galicia descenderá en 130.000 persoas, é dicir un chisco máis da poboación censa-da na cidade de Ourense. A cifra, que como todas é fría, esconde tras de si o negro futuro que nos espe-ra. Nin que decir ten que a provincia de Ourense porá neste descenso o seu grao de area. Máis de 30.000 residentes na provincia deixarán de ocupar en dez anos as listas do censo.

As causas pasan polo envellecemento da po-boación, a baixa nata-lidade e os movementos migratorios, a crise motiva un parón nos inmigrantes e unha volta á emigración.

Estas causas, que noutros territorios son novidade, na provincia de Ourense lévannos acompañando desde décadas. Ourense é territorio de emigrantes desde haimáis dun século. Primeiro o destino estaba en América. Anos despois Europa xunto con Madrid,

Ingredientes:- 400 gramos de mollejas- Aceite de oliva- 2 dentes de allo- Perexil- Pan raiado- Viño branco- 150 gramos de boletus- 50 gramos de foie- Sal

“Mollejas de cordeiro con boletus e foie”

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

Homenaxe a Emilio VegaA derradeira fin de semana de outubro o Círculo Poético Orensano achegou á cida-

danía a figura do poeta Emilio Vega, cun recital no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde repasou a súa traxectoria creativa.

Emilio Vega, coñecido por ser o responsable do departamento de Literatura do Ins-tituto de Estudos Valdeorreses, abordou a súa longa traxectoria centrándose tan só en seis poemarios e avanzando textos do que será o seu novo traballo.

Elaboración:- Limpar e saltear as

mollejas co allo e o aceite a lume vivo. Flambear co viño branco, deixar reducir e engadir o perexil e o pan raiado. Reservar.

- Marcar o foie e gardar a graxa.

- Nesta graxa preparar

os boletus (30 minutos aprox).

- Para a presentación, colocar as mollejas nun cortante con foie enriba e decorar cos boletus.

Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

Tel. 988 380 165

Barcelona ou Euskadi, ser-viron de fogar para moitos nacidos nas comarcas de Ourense. Incluso os habitan-tes desta provincia axudaron ao crecemento doutras zonas de Galicia, como Pontevedra ou A Coruña.

Ademais, debido en parte a esa emigración, o envelle-cemento da pobación ouren-sá situouse nos índices máis altos da Unión Europea, ao igual que a natalidade, que neste caso colouse non ín-dices máis baixos. Desde a década dos 80 a provincia conta cun crecemento vexe-tativo negativo (diferencia de nacementos e falecemen-tos). E a maior parte da po-boación do chamado baby boom dos setenta, xente xa cunha boa formación, emi-grou da provincia pola falla de traballo e futuro.

Non é de recibo que un territorio co potencial na-tural ou patrimonial que ten Ourense estea nesta situa-ción. Temos un patrimonio envidiable, paisaxe, gastro-nomía; somos unha poten-

cia europea en termalis-mo e, ademais, a cidade de Ourense está situada nun punto estratéxico en-tre Portugal, a meseta de Castela e o resto de Ga-licia. Pero ademais disto, contamos con ourensáns preparados aos que a súa terra só lles ofrece unha palmada na espalda e un pasaporte para emigrar.

O panorama é dantesco e ten responsables. Eviden-temente todos temos par-te de culpa, todos somos un pouco responsables. A escasa valoración que te-mos da nosa provincia fai que sigamos deixándonos xestionar no presente con formas do pasado.

Se isto non cambia, os ourensáns van camiño de ocupar un Centro de Inter-pretación no que se mostre o exemplo dunha socieda-dexa desaparecida. Para finalizar, só unha cousa: “o último que peche a por-ta, por favor”.

Xavi C. Martiñá

EN BREVE

4 Un libro recolle as fontes da cidade

“Fontes ornamentais de Ourense” é o título do novo libro de Juan Andrés Hervella, técnico de turis-mo do Concello, no que se recollen as fontes orna-mentais, artísticas, históri-cas, para a regulación do tráfico ou de cáracter prác-tico da cidade, ademais de anécdotas e curiosidades. O libro, editado pola De-putación, está a venda nas librerías Eixo, Torga, La Región ou Tanco.

4 Fallado o premio Risco de Creación Literaria

“Todos os días” é a no-vela con que Alberto Ma-nuel Ramos Ríos resultou galardoado co premio Ris-co de Creación Literaria, na súa 13ª edición.

O xurado destacou que a novela “reflicte a crise eco-nómica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria dos nosos días e en como esta fal-ta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal”. O gañador reci-birá un premio de 6.000 euros xunto coa publica-ción do libro.

4 O xuíz Vázquez Taín, premio “Ourensanía 2012”

O Premio “Ourensanía 2012” vén de ser conce-dido ao xuíz José Antonio Vázquez Taín (A Merca, 1968), de quen o presiden-te da Deputación, entidade que outorga o galardón, destacou a súa “impecable traxectoria”, o seu traballo “a prol das familias casti-gadas pola droga” e a súa defensa “do patrimonio de Galicia, vital na investiga-ción que permitiu recuperar o Códice Calixtino”. O pre-mio é un recoñecemento a ourensáns que destacan nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

reafirmarnos nas nosas bondades... Estes compor-tamentos seguen a darse, pero a xeito de salpicadura na bóla social vernizada de democracia. E non se nota demasiado. Polo me-nos non tan directamente coma cando as fraquezas se observaban na psicoloxía dun sátrapa ou dun políti-co de sistemas de goberno obsoletos que hoxe nos son alleos (ou non tanto).

Para máis inri, os nosos desexos de que a condición humana cambie na segun-da década deste século XXI chocan ao comprobar como algunhas desas per-soas subxugadas e someti-das a outras non dubi-dan en adoitar a postura do que abusa cando ven a mínima oportunidade. Ou buscar un chibo expiatorio á mínima de cambio, sen deterse a buscar o equili-brio e a equidade con todos (ou tentalo). O caso é equi-librarse de xeito individual caia quen caia. E é que a ver se vai ser que o afán por imporse aos seme-llantes é consubstancial ao rango humano xeral. E cando dicimos imporse, referímonos a todas as prácticas nas que un sae beneficiado en prexuízo dun terceiro, dígase capi-talismo aberrante, díganse garantías sociais trampo-sas, díganse apropiacións indebidas, dígase todo tipo de argucias para quedar por riba dos nosos veci-ños. Comportamentos que, “ben traballados” poden dar lugar a abafantes cri-ses económicas como a que sufrimos.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

Page 27: Novembro 2012 - OUXB

27Ourense por BARRIOSNovembro de �01�ARTIGOS

Exposicións- Ata o 7 de decembro: co-

lectiva: “IX Certame de foto-grafía Universidade de Vigo” - Edificio Politécnico

- Ata o 9 de decembro: colectiva: “Animais”; Ma-tth Van Mayrit: “ Déjà vu”; Armindo Salgueiro: “Vanity Fair” - Museo Municipal

- Ata o 16 de decembro: - Bienal Purificación García - C.C. Marcos Valcárcel

- Ata o 16 de decembro - Víctor Barro: “FOTOScon-LETRA” - Ateneo

- Ata o 19 de decembro: colectiva: “Premio Revela, 2012” - Edificio de Faculta-des do Campus

- Ata o 19 de decembro: Maureen Ton “Barriers” - Galería Visol

- Ata o 11 de xaneiro: “Condenados” de X.M. Buxán + Germán Gómez - Sala Alterarte do CampusTeatro, ballet, danza - 29 de novembro - “¡Ai Car-mela!”- 20:30 h. - Auditorio30 de novembro - “El som-brero de tres picos” - 20:30 h. - Teatro Principal- 5 de decembro - “Desfeitos” - 20:30 h. - Auditorio - 11 de decembro - “El lago de los cisnes” - 20:30 h. - Au-ditorio - 13 de decembro - “Más me-llizos que nunca” - 18:30 e �1 h. - Teatro PrincipalCine - 29 de novembro: “La bici-cleta: otra forma de viajar” - 20:30 h. - Auditorio- 30 de novembro - “Ascen-sión ao Annapuerna” - 20:30 h. - AuditorioMúsica- � de decembro - Concerto Orquesta de Cámara Solistas de Galicia - 19 h. - Teatro Principal16 de decembro - Concerto de Luar na Lubre - 19 h. - Teatro PrincipalVarios- Do 5 ao 9 de decembro - Megaxove - Expourense- 8 de decembro - I Bicipaseo patrimonial por Ourense - Saída ás 10 h. baixo a ponte Romana

+ info en:www.mundourense.com

4AXENDA

D. Daniel Álvarez Ro-dríguez naceu en Cima da Costa (O Castro) o 16 de outubro de 1923.

Pepe da Guardesa (P.G.): Señor Daniel, os seus pais eran do antigo Concello de Canedo, non si?

Daniel Álvarez (D.A.): “Si, a miña nai, Avelina Rodríguez Rodríguez, era de Beiro e o meu pai, Da-niel Álvarez Fernández, era da Cima da Costa. E os meus avós xa tiñan ten-da e carnicería”.

P.G.: Lembra a primei-ra escola e o primeiro mestre?

D.A.: “A primeira esco-la estaba no pobo de La-gar e o mestre era o Señor Abellas”.

P.G.: “Cónteme algo da súa infancia. Que facían de nenos despois de saír da escola?

D.A.: “Xogabamos á pelota, que estaban feitas con trapos, atadas con cordeis ou con bimbios. Tamén xogabamos ás ca-rreiras, a tirarnos pedras uns a outros. Nas matan-zas dábannos a “cara-lleira”, inchabámolas e xogabamos tamén á pelota con elas. Iamos aos niños, había un paxaro que era moi pillo, “o chasco”, o cal ao vernos furgar entre os toxos e as carqueixas se tiña o niño preto volvíase tolo, voaba cara a un lado e outro para que saisemos de alí e fósemos para o si-tio que el quería”.

P.G.: Lembra as festas que había na súa xuven-tude?

D.A.: “O San Vitorio era o 27 de agosto, o San Antón o 13 de xuño, o San Andrés o 30 de novembro e o San Agustín o 28 de agosto. Unha persoa moi

4HISTORIA DE PONTE CANEDOAs vivencias do señor Daniel

4SUDOKU nivel medio

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

O nexo do nómadaUnha das mellores cou-

sas de moverse polo mundo dun lugar a outro é poder coñecer aos transeúntes que se van cruzando no teu camiño. Nunca te cansas de escoitar as súas historias ou as razóns da súa viaxe. Algunhas son procuras per-soais; outras están carga-das de desencantos con per-soas ou gobernos e moitas son anhelos de aventura. O máis interesante é como se parecen entre si todos eses relatos. Franceses ou lituanos portan e achegan visións moi diferentes do mundo no que nos atopa-mos e, indubidablemente, abren a túa mente e enri-quecen o teu coñecemento cultural sobre os seus cos-tumes e hábitos.

O nexo do nómada é algo estraño, pero en territorio estranxeiro únete a persoas que xamais imaxinarías coñecer e ensínache a des-envolver un ser social máis cosmopolita e tolerante. Ese nexo é unha ferramen-ta case imprescindible á hora de abrirnos ao mun-do. A empatía humanística é algo máis que a utopía romántica dos que soña-mos cun mundo “outside the box”, libre de discursos deseñados para encasi-llarnos baixo a hexemonía do unidimensional. Neste momento, saiamos das no-sas casas como turistas, estudantes ou como homes e mulleres de negocios dis-postos a prosperar aló das nosas fronteiras, non só é básico aprender un idioma, senón que tamén hai que adquirir certa aptitude e

desenvolver empatía se queremos facernos a vida mais fácil.

Para algúns, a co-nexión con todo o que é alleo é máis espontánea, fácil e natural que para outros, pero a maioría ten que forxala e aprendela, o que require paciencia e disposición a escoitar. Empresas multinacionais impóñena como materia obrigatoria, e escollen aos seus empregados ba-seándose, non nuns CV brillantes cheos de estre-las, senón no ADN dun individuo que demostra aptitudes de desenvoltura na aldea global. Á fin e ao cabo, todos aprendemos a facer fotocopias.

Este é un momento tan bo como outro calque-ra para dar as grazas a todas as persoas que se cruzaron no meu camiño e achegaron o seu graniño de area no proceso de for-xar a miña mentalidade de exploradora e cidadá do mundo. A todos os que fostes xefes, profesores, compañeiros de fatigas e festas, amigos que per-manecedes ou xente que pasou e de cuxo nome non podo acordarme: grazas por ensinarme, por darme acubillo e compañía, por deixarme querervos e por quererme, por facer bri-llar a luz nos momentos escuros e por enriquecer de forma impagable a fan-tástica aventura de coñe-cervos e engrandar o meu mundo.

Raquel Sertaje

habitual nestas festas era o señor Varela, cos seus altavoces e aparellos de ra-dio”.

P.G.: Casou e tivo fillos?D.A.: “Casei con María

Edita, de Bouzas -Boimor-to-, e tiven un fillo, Gumer-sindo”.

P.G.: Foi á mili? Onde e que tal o pasou?

D.A.: “Fun á mili a Meli-lla en 1944, estiven 36 meses de carpinteiro, arranxaba-mos todo o que facía falta, tamén faciamos traballos para os xefes. Vin de permi-so unha soa vez. Déronme un mes libre, esquecinme de volver e veu a gardia civil da Ponte para que me presentara no cuartel. Ao día seguinte collín o tren e xa non pasei polo cuartel. Como era bo carpinteiro os xefes perdoáronme, pois tamén facía tallas. Alá tra-ballabamos unha madeira natural de Melilla chama-da “Sabina” (móstrame o señor Daniel unha fermosa talla feita por el para a súa esposa coa entrada de Meli-lla e aos laterais enmarca-das as fotos da parella).

P.G.: Cónteme algo do Entroido.

D.A.: “Adoitaban durar dous ou tres días, chamá-

banse “Do Ben” e iamos vestidos normal, en grupos visitabamos en bicicleta ás familias dos distintos po-bos. Aos entroidos iamos mal vestidos con cacero-las facendo o maior ruido posible. Levabamos unha caixa de limpa-botas para limpalos zapatos ás mo-zas, tiñámoslle un cristal enriba á caixa para que reflexase nas pernas das mozas”.

P.G.: Como traían a mercadoría para a tenda e a carnicería?

D.A.: “A maioría da mercadoría traiámola co cabalo pola estrada da Cernada e tamén pola cos-tiña de Canedo. Naquel tempo o firme era de pedra e lousas en mal estado, e pola costiña só podían su-bir os camións de rodas macizas. Moitos dos be-cerros comprábanse por Palmés, o Castro e Beiro, ou na feira do Bellao o día 21 de cada mes, ou o 7 e 17 en Ourense. Atabamos o becerro ao cabalo e así chegabamos á cima da costa”.

[continúa no próximo número]

Pepe da Guardesa

O señor Daniel no ser bar Museo, co seu sello que acre-dita e da fe ao perigrino que dende o sur de España fai o camiño Mozárabe da Vía da Prata.

4HUMOR

http

://o

emig

rant

edop

azo.

blog

spot

.com

/

http

://a

pape

leira

dere

cicl

axe.

blog

spot

.com

Page 28: Novembro 2012 - OUXB

�8 Ourense por BARRIOSNovembro de �01� PUBLIRREPORTAXE

Fomentar o uso do galego no ámbito familiar, colabo-rar e apoiar aos pais e nais na transmisión da lingua propia de Galicia e, a través dela, a cultura, os valores e a educación son os obxecti-vos cos que a Xunta de Gali-cia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüísti-ca, vén de poñer en marcha unha nova edición do pro-grama de dinamización lin-güística Os Axóuxeres, que está a percorrer localidades pertencentes á Rede de Di-namización Lingüística. O programa chega a través de dous formatos de activida-des destinadas á xente miú-da da casa: os Encontros teatrais e os Encontros dixi-tais, dúas opcións gratuítas para o tempo de lecer nas que os nenos e nenas de 0 a 6 anos aprenderán música, xogos e palabras, da man

AS AVENTURAS DOS NOVOS PERSONAXES TAMÉN SE PODEN SEGUIR A TRAVÉS DA SERIE DE ANIMACIÓN qUE EMITE A TVG2 E MAIS DE XO-GOS E CANCIÓNS DESCARGABLES DESDE INTERNET

OS MÁIS PEqUENOS DA PROVINCIA VIBRAN AO RITMO DOS AXÓUXERESA Consellería de Cultura e Educación leva os encontros teatrais e dixitais dos Axóuxeres a cinco concellos ourensáns para promover a transmisión interxeracional da nosa lingua nas familias con fillos de 0 a 6 anos

dunha simpática familia de bonecos que vive encol dunha mesa.

Encontros teatraisOs protagonistas dos

Axóuxeres –Xan, Iria, Pe-louro e mais o marciano R01 (ou Roi)- actúan en vivo diante dos pequenos de 0 a 3 anos acompañados dos seus pais e nais nos En-contros teatrais. Nestes es-pectáculos, de 50 minutos de duración, os bonecos cantan e bailan ao son das cancións que xa se escoitan no programa de televisión homónimo, que pode ver-se diariamente por medio da canle que a televisión pública de Galicia lle des-tina á infancia (TVG�). A proximidade e colorido da actividade fomentan a per-cepción visual e auditiva dos pequenos, ao tempo

que posibilitan a creación dun ambiente óptimo para que se divirtan e aprendan as súas primeiras palabras en galego. A actividade fixo parada na provincia estes días, no Teatro Municipal Laura Olmo do Barco de Valdeorras.

Encontros dixitaisPara os pequenos algo

máis vellos (de 3 a 6 anos) o programa conta cun for-mato audiovisual interacti-vo que chega aos concellos reconvertido en sesións de cinema infantil: os Encon-tros dixitais. Neles, os par-ticipantes terán que axudar-lles aos bonecos a superar o enfeitizamento da bruxa do pelo roxo por medio de 1� probas nas que contarán coa axuda dun animador infantil. A clave estará nas adiviñas, nas cancións e nas

palabras máxicas.A veciñanza infantil da

provincia terá a oportuni-dade de participar durante o vindeiro mes nas se-sións que se desenvolve-rán enconcellos ourensáns pertencentes á Rede de Dinamización Lingüísti-ca. O sábado 8 terá lugar o primeiro deles en Xinzo de Limia, cunha sesión ás 1�:00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello. Pola tarde, ás 18:30 h, poderase ver tamén no Salón de Ac-tos da Casa da Cultura de Verín. O domingo 9 será a quenda dos veciños da Merca e O Carballiño, con sesións ás 1�:00 h na Casa da Cultura e ás 18:30 no Auditorio Municipal, res-pectivamente.

Proxecto transmediaOs Axóuxeres acadan

nesta edición unha dimen-sión audiovisual coa incor-poración dun programa de animación infantil que se emite na TVG� de luns a venres ás 7:30 h, ás 13:00 h e ás 17:00 h, dentro do coñecido Xabarín Club. O espazo baséase no xogo e no fomento da creatividade e está pensado para ver en familia. Cada peza divídese en dúas partes, unha pri-meira destinada especifica-mente a nenos e nenas de 0 a 3 anos e unha segunda para os de 3 a 6.

Trátase da cuarta ini-ciativa que impulsa o de-partamento dirixido -en funcións- polo conselleiro Vázquez Abad, que tamén colabora coa Televisión de Galicia na emisión do co-ñecido Ben Falado!, de Nós tamén creamos! e de Os Bolechas.

Materiais en internetO programa asocia a

aprendizaxe da lingua ás tecnoloxías da comuni-cación e da información e ofrece a maiores unha manchea de recursos e xo-gos para descargar de balde desde a rede: as cancións e a súas letras, debuxos, crebacabezas, xogos e apli-cacións para móbiles e ta-bletas Android. Por último, conta cun espazo de parti-cipación para as familias que asisten ás actividades, desde o que se pode optar a un dos 15 lotes de produtos infantís de lecer en galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística sortea-rá ao remate do programa.

Toda a información está dispoñible aquí: www. xunta.es/linguagalega/os_axouxeres_2012.

Familias asistentes a un Encontro dos Axóuxeres

Os Encontros dos Axóuxeres van dirixidos a nenos e nenas de 0 a 6 anos

Encontros dos Axóuxeres son unha opción gratuíta para o tempo de lecer nas que os nenos e nenas de 0 a 6 anos aprenderán música, xogos e palabras, da man dunha simpática familia de bonecos que vive encol

dunha mesa

As vindeiras sesións dos Encontros dixitais son o sábado 8 de decembro en Xinzo de Limia e Verín, e o domingo 9 na Merca e no Carballiño

Page 29: Novembro 2012 - OUXB

�9Ourense por BARRIOSNovembro de �01�DEPORTES

Participantes á súa chegada á liña de meta. /M.REJO

R. Torres

Alejandro Fernández xa o advertira na entrevista que concedeu a Barrios Depor-tivo, “teño que facer unha carreira rápida para deixar atrás a Lolo Penas, senón a vitoria estará imposible”. E iso fixo desde o primeiro metro. Saíu con gañas de ir rezagando aos seus máis importantes rivais, impri-mindo un forte ritmo desde os primeiros metros da pon-te do Milenio. No ecuador da proba, xa tiña unha im-portante renda con respecto aos seus adversarios, e nas Lagoas (quilómetro oito) a vitoria estaba case que no seu peto.

Ao final, un tempo in-crible (29:49 minutos) converteuno no primeiro ourensán que logra a vitoria

Alejandro Fernández, gañador da San Martiño4 Facía máis de �0 anos que un atleta ourensán non lograba a vitoria absoluta.

na Carreira Popular do San Martiño neste século XXI. Alejandro Fernández está de volta nisto do atletismo.

Xunto a el subiron ao po-dio Manuel Hurtado e Lolo Penas -segundo e terceiro, respectivamente, e do mes-mo club que o primeiro, o New Balance-.

Vencedora femininaA atleta portuguesa Sara

Pinho foi a máis rápida na categoría feminina. A lusa parou o crono en 34:19. Tras Pinho chegaron a meta a tamén portuguesa Rafaela Almeida (35:08) e a salmantina Gema Mar-tín (35:31).

Primeira vitoria como foráneo do Ourense4 Ante o Rayo Vallecano B.R. T.

O CD Ourense logra unha importantísima vi-toria lonxe do Couto. A vítima foi o filial do Rayo Vallecano. 0-� foi o resul-tado final dun encontro que tiveron controlado durante os 90 minutos os homes de Luisito. Trátase de tres puntos que fan que o cadro

‘rojillo’ ocupe a sétima posi-ción con �1 puntos, a dous da promoción de ascenso, e o que é máis importante, a 6 da promoción de descenso.

Nesta ocasión Jona non estivo acertado de cara á porta, pero Pillado e Iván González (segundo parti-do consecutivo que marca) substituíron ao dianteiro an-daluz nesa faceta.

A vindeira xornada o Ourense visita o campo do Avilés (segundo con �8 puntos).

O COB mellora e logra competir4 Estivo a piques de levar o derbi galego contra o Breogán.R. Torres

Pinta distinto. Aínda que segue no vagón de cola da LEB Ouro, o COB está a recobrar sensacións de ser un equipo competitivo.

Contra o Breogán de Lugo a piques estivo de levarse o partido. 78-77 foi o resulta-do final no que Mena tivo a oportunidade de darlle a vitoria aos ourensáns.

No terceiro cuarto produ-

ciuse o momento máis de-licado, pero os xogadores souberon recompoñerse e chegar aos últimos minutos con opcións de vitoria.

Os de Rafa Sanz xogan no Paco Paz este venres 30 (ás �1 horas) contra o Lu-centum Alicante.

Alex Fernándex. / M. REJO

O COB recibe ao Alicante o venres 30 a partir das 21 h.

Page 30: Novembro 2012 - OUXB

30 Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

DEPORTES

Ramsés Torres

Familiar e próximo. Así se mostrou o palista Da-vid Cal -o deportista es-pañol que máis medallas olímpicas ten da historia dos Xogos Olímpicos- na entrevista concedida a este periódico.

Que se sente ao ser o es-pañol máis laureado dos xogos olímpicos?

David Cal: “É unha sen-sación moi bonita porque levo catro anos preparán-dome para iso. Ao saber que empatara con outros dous españois a 4 medallas olímpicas, marcámonos como obxectivo conseguir unha quinta, polo que can-do traballas e ao final se cumplen os obxectivos a verdade é que é moi grati-ficante”.

E notaches o recoñece-mento que merece tanto esforzo?

D.C.: “A verdade é que si. Cando máis me sorpren-dín foi ao chegar a Cangas, de onde eu son, porque es-taba a reventar de xente,

“Teño que pensar se estou disposto a pagar a peaxe que implica ir a Brasil 2016”

4 Logo de facer historia en Londres �01�, o medallista olímpico galego David Cal aínda non decidiu sobre a súa participación nos vindeiro xogos.

Xunto ao seu adestrador (peza chave da súa carreira), a súa familia e amigos son para David Cal “vitais” para garantir o seu éxito deportivo./RAMSÉS

veciños, amigos e coñeci-dos da zona. É un pracer chegar dunha olimpiada, despois de conseguir uns resultados e que te reciban desa forma”.

Que recordos tes da ca-rreira de Londres 2012?

D.C.: “Lembro que foi unha carreira moi rápida, que ía moi atrás e que ao final logrei tirar para adian-te. Pero foi moi angustiosa. Ía, ía, ía…pero non daba enganchado ao grupo. Fi-nalmente logrei avanzar, sobre todo foron decisivos os últimos 200 metros”

Cal foi a medalla que máis ilusión che fixo con-seguir?

D.C.: “A primeira é a que máis ilusión che fai. Cando non tes unha medalla olím-pica e levas tanto tempo buscándoa, porque é o soño de calquera deportista”.

E a máis amarga?D.C.: “Amargas hai moi-

tas. Por exemplo, en 2007 cando quedei terceiro en 1.000 metros eu pensaba que estaba en condicións de gañar, pero ese día houbo vento en contra que me difi-cultou a carreira. Na xorna-da seguinte, aínda que esta-ba mellor preparado para a proba de 1.000 que para a de 500 metros, nesta última como o vento cambiou lo-

grei proclamarme campión do mundo. Non sempre os cálculos saen ben”.

Comparando Atenas con Londres, tratouse dun cambio de estratexia o de ir de menos a máis?

D.C.: “En Atenas tiña 21 anos, non tiña tanta expe-riencia, non tiña medallas olímpicas e buscaba asegu-rar unha. Por iso o que fixen foi sair rápido, irme adiante para ir estirando o grupo de carreira e ir seleccionando á xente, e ao final funme só e asegurei a medalla. Pola contra, nestes xogos olímpicos saín ao ritmo que considerei que debía levar.

Todo o mundo saiu moi rá-pido, pero eu reserveime, e ao final remontei e quedei segundo”.

Como é a preparación para unha cita olímpica?

D.C.: “Nós preparamos unha cita olímpica duran-te un ciclo de catro anos. O primeiro deles é o máis suave, despois de vir dos xogos anteriores procura-mos descansar e recuperar-nos todo o que poidamos. O segundo ano consta de moito volumen de ades-tramento, para recuperar o perdido o ano anterior. No terceiro, adestramos me-nos en volume pero moito

máis en intensidade, co fin de clasificarse para os xo-gos. E o cuarto ano do ciclo é no que hai que exprimir todo porque é no que toca competir”.

Motívate a cita de Bra-sil 2016?

D.C.: “Aínda teño que valorar se me motiva ou non. Cando non tes unha medalla olímpica a motiva-ción para acudir a unha cita olímpica é moi sinxela de conseguir, porque todo de-portista quere unha.

No meu caso, cando me fixen con esta quinta meda-lla estaba motivado por ser o único español con cinco

preseas olímpicas, pero xa coa sexta parece puro co-leccionismo, polo que teño que valorar se desexo pagar esa peaxe ou non”.

Que rituais tes nas com-peticións?

D.C.: “Temos certos ri-tuais entre o meu adestra-dor e máis eu. Collemos a canoa entre os dous, eu levo a miña pa, el vai diante e eu detrás, e xusto antes de comezar a competición tó-came a cabeza e dime “ven pronto”.

Ademais, temos amule-tos -como unhas pulseiras que compramos en Atenas-. Así mesmo, o meu adestra-dor usa os días de compe-tición os mesmos calzóns e os mesmos tenis. Tamén temos unha toalla rosa cun coello que é a que lle dá a última pasada á canoa. Son rituais estúpidos, pero axu-dan a quitar presión”.

Que supón Suso, o teu adestrador, para ti?

D.C.: “É o outro lado de min que non se coñece. É a persoa coa que levo 15 anos adestrando, de feito non me imaxino a miña vida de-portiva sen el. É o 49% e eu son o outro 49% deste equipo, o outro 2% son o médico, o fisioterapeuta, a familia e os amigos, que son vitais”

“Da carreira de Londres só lembro que foi moi rápida e angustiosa”

Page 31: Novembro 2012 - OUXB

31Ourense por BARRIOSNovembro de �01�PUBLICIDADE

Page 32: Novembro 2012 - OUXB

Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

Page 33: Novembro 2012 - OUXB

Número: 113 - Ano: XI - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BARRIOS Páx.6BARRIOS Páx.4 ESPECIAL Páx.20-23TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30

Especial Vodas: as nosas recomendacións para o teu enlace

A asociación Ponte Canedo está sen local, pola reforma da Praza

O Centro de Interpretación de Parques será rematado

Ourense estrea goberno socialista en minoría

Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal

Participaron 6.759 atletas. O gañador, Alejandro Fernández, percorreu os 10 quilómetros da proba en 29:49 minutos./M.REJO.

Unha San Martiño de récord [páx. 29]

Abre o Centro de Interpretación

das Burgas[páx. 8]

Page 34: Novembro 2012 - OUXB

Ourense por BARRIOSNovembro de �01�

Page 35: Novembro 2012 - OUXB

Número: 99 - Ano: XI - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CIDADE Páx.10 CULTURA Páx.24TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30ESPECIAL Páx.20-23

Ourense estrea goberno socialista en minoría

O bulevar peonil une as rúas Baño e da Burga e estará aberto todos os días de 9 a 21 horas./P.LODEIRO.

Abre o Centro de Interpretación das Burgas [páx. 8]

Alejandro Fernández,gañador da

San Martiño

[páx. 29]

Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal

As Canellas, nova asociación cultural xuvenil en Seixalbo

Especial Vodas: as nosas recomendacións para o teu enlace

O borrador do novo Plan Xeral terá carácter confidencial

Page 36: Novembro 2012 - OUXB

Número: 62- Ano: XI - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 CAMPUS Páx.10 DEPORTES Páx. 30CIDADE Páx.10 ESPECIAL Páx.20-23

Ourense estrea goberno socialista en minoría

O bulevar peonil une as rúas Baño e da Burga e estará aberto todos os días de 9 a 21 horas./P.LODEIRO.

Abre o Centro de Interpretación das Burgas [páx. 8]

Alejandro Fernández,gañador da

San Martiño

[páx. 29]

Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal

Especial Vodas: as nosas recomendacións para o teu enlace

O borrador do novo Plan Xeral terá carácter confidencial

Profesores de Física reclaman a dimisión do reitor da UVigo