Xullo 2013 - OUxB

29
Número: 131 - Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CIDADE Páx. 2 DEPORTES Páx. 20 SOCIEDADE Páx.13 BARRIOS Páx. 9 O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo O Concello renova beirarrúas e un parque en Vistahermosa CCA Couto Centro presenta a campaña “Verán saudable” A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas Amencer prepara un campamento de ve- rán “Como na casa” BARRIOS Páx.4 O PSOE cre que hai “indicios suficientes” da presunta comisión de delitos de prevaricación e negociacións prohibidas na modificación urbanística da AR-10 da Valenzá. /P.L. O alcalde e o tenente de alcalde de Barbadás, denunciados polo PSOE [páx8] Entrevista ao escritor Xosé Manuel Pacho, gañador do Premio Rafael Dieste de teatro [páx. 14]

description

Xa na rúa o Ourense por Barrios de xullo. A apertura do Claustro de San Francisco, a carreira da Ponte, a denuncia do PSOE contra o alcalde e o tenente de alcalde de Barbadás e a mellora dun parque en Mariñamansa, imaxes de portada. O Ourense por Barrios de xullo inclúe, entre outros contidos, o balance dos primeiros días de apertura ao público do Claustro de San Francisco e do Centro Municipal do Banco de España; a aprobación por parte da Deputación dunha moción de apoio aos afectados polas preferentes, os plans do Goberno municipal para Montealegre, que pasan pola divulgación e a investigación; e ás reaccións de Alexandre Sánchez Vidal e David Corton ao coñecer a súa absolución polo Supremo no caso dos paneis publicitarios.

Transcript of Xullo 2013 - OUxB

Page 1: Xullo 2013 - OUxB

Número: 131 - Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx. 2 DEPORTES Páx. 20SOCIEDADE Páx.13BARRIOS Páx. 9

O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

O Concello renova beirarrúas e un parque en Vistahermosa

CCA Couto Centro presenta a campaña “Verán saudable”

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

Amencer prepara un campamento de ve-rán “Como na casa”

BARRIOS Páx.4

O PSOE cre que hai “indicios suficientes” da presunta comisión de delitos de prevaricación e negociacións prohibidas na modificación urbanística da AR-10 da Valenzá. /P.L.

O alcalde e o tenente de alcalde de Barbadás, denunciados polo PSOE

[páx8]

Entrevista ao escritor Xosé Manuel Pacho,

gañador do Premio Rafael Dieste de teatro [páx. 14]

Page 2: Xullo 2013 - OUxB

� Ourense por BARRIOSXullo de �013

CIDADE

O Supremo absolve aos tres acusados dos paneis4 Alexandre Sánchez Vidal cre que trala de-nuncia do PP houbo un intento de “decapitar un goberno municipal sólido”. P. Lodeiro

Tras coñecer o fallo do Tribunal Supremo que ab-solve aos tres acusados no caso dos paneis publicita-rios, dous deles, o ex tenen-te de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, e o ex director xeral de Turis-mo, David Cortón, compa-raceron ante os medios para facer unha valoración.

Sánchez Vidal recoñeceu que houbo “unha mala tra-mitación” do procedemen-to para adxudicar a unha empresa –Afiador Produc-cións- a instalación de tres pantallas publicitarias pero que “á vista de aquel erro” anulouse en Xunta de Go-berno local. Con todo, o político nacionalista –antes no BNG e agora vinculado a Anova- cre que desde o PP se tratou “de construir

A Deputación de Ourense ratifica o seu apoio aos preferentistas4 Os tres grupos políticos defenderon a continuidade da arbitraxe. Paula Lodeiro

A Deputación de Ouren-se é a primeira das catro deputacións galegas que atende a petición das pla-taformas de afectados de preferentes e subordina-das e ratifica o seu apoio aos miles de galegos que aínda non recuperaron os seus aforros. No acordo aprobado, dase apoio aos afectados, solicitando que se paralice a execución da quita; ofréceselle ase-soramento xurídico; de-féndese a continuidade da vía da arbitraxe; ínstase ao Goberno central a que suprima as taxas xudiciais nestes procesos e “a recti-ficar, adoitando as medidas lexislativas necesarias para regular estes ou outros pro-dutos bancarios, en aras de conseguir a maior transpa-rencia posible”.

Dos máis de 75.000 afectados en toda Galicia, 40.000 aínda non recupe-raron os seus cartos, 7.000 deles na provincia de Ourense. En total, quedan ‘atrapados’ aínda 1.500 millóns de euros, “o 75% do capital colocado por Novagalicia Banco nestes produtos tóxicos”, recor-daba o voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, o primeiro político en inter-vir na sesión plenaria des-te luns 8 de xullo.

O nacionalista esixiu da dirección de Novagalicia Banco, a Xunta e o Gober-no central a paralización da execución deste “atraco” e a busca dunha solución “xus-ta” que posibilite a recupe-

ración de todos os aforros. O voceiro socialista, Ignacio Gómez, insistiu na “estafa masiva” que supuxeron as participación preferentes e as subordinadas, mentres que o portavoz do PP, Plácido Ál-varez, apuntou a unha “malí-sima” comercialización des-tes produtos financieiros que “non deberon ser autorizados pola Comisión Nacional do Mercado de Valores e polo Banco de España”. O polí-tico popular recordou que o Goberno galego solicitou a primeiros de mes a reapertu-ra da vía da arbitraxe, apun-tando que “dous de cada tres afectados que optaron por esta vía recuperaron o 100%

un relato que xustificara unha acción xudicial que decapitara un goberno mu-nicipal sólido” a través dunha “acusación falsa”. Na construción deste ‘re-lato’ Sánchez Vidal apunta a varios participantes: o PP, o fiscal, o xuíz instru-tor e determinados medios de comunicación. “Había que cargarse o goberno municipal”, afirma o seu compañeiro David Cortón, mentres que Sánchez Vidal vincula a ese mesmo obxec-tivo “toda esta avalancha de demandas contra o Conce-llo de Ourense” que, dixo, “van acabar o día que se aprobe o Plan Xeral”.

Sobre a reclamación económica

Contento e aliviado pola absolución e ao mesmo tempo con “carraxe por-

que o PP decapitou un goberno”, Sánchez Vidal non cre que prospere a reclamación económica da empresa contra o Con-cello. Neste sentido, opina que debería ser Afiador Producións quen resarci-se á administración local, por “manifesta mala fe” e facer “unha obra ilegal”. Aínda así, preocúpalle “que o PP se atreva ago-ra a dicir que o Concello lle debe a esta empresa 30 millóns de euros, unha barbaridade que non se sustenta xuridicamente”.

O ex director xeral de Turismo, David Cortón, e o ex tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, tras coñecer o fallo do Supremo que os absolve./P.LODEIRO.

Sánchez Vidal cre que Afiador Producións debería resarcir á administración local

dos seus aforros”.

Valoración Un grupo de afectados,

que seguiron desde a zona do público a breve sesión, acolleron con aplausos cada unha das intervencións. Ao remate, a voceira dos prefe-rentistas, Diana Pérez, pe-día que o acordo da institu-ción provincial non quedase “como a típica palmada nas costas”, e recordou que ao estar Novagalicia Banco en mans do FROB, “a Xunta debería falar co Goberno de España” para conseguir que se retome a arbitraxe, por ser a vía “máis rápida e barata”.

Afectados polas preferentes seguiron desde a parte do pú-blico o pleno extraordinario da Deputación./P.L.

Page 3: Xullo 2013 - OUxB

3Ourense por BARRIOSXullo de �013CIDADE

O alcalde di que o investimento que precisa agora o xardín botánico “non é tan importante”

A Deputación de Ourense ratifica o seu apoio aos preferentistas4 Os tres grupos políticos defenderon a continuidade da arbitraxe.

O futuro de Montealegre estará na divulgación e na investigación 4Constituído o comité xestor do xardín botánico.P. L.

Con membros das tres universidades galegas e do Concello de Ouren-se, quedou constituido o comité xestor que rexerá o destino do xardín bo-tánico de Montealegre. Na súa primeira reunión, os integrantes do comi-té coincidiron en varias propostas: formar unha rede galega de xardíns botánicos; crear un horto ecolóxico no recinto de Montealegre, firmar un convenio entre univer-sidades e concello para amparar as investigacións que desenvolvan e, sobre todo, divulgar o lugar, precisou a edil de Medio Ambiente, Susana Bayo. “Os nenos da cidade teñen que vir ver este parque”, recalcou o alcalde, Agus-tín Fernández.

En representación da Universidade de Vigo in-terviu a vicerreitora do campus de Ourense, María

Lameiras, quen considerou “unha oportunidade” para o campus o desenvolvemento do xardín botánico, tanto na vertente docente como na investigadora. Desde a Universidade de Santiago, o seu vicerreitor de Inves-tigación, Pablo Ramil, co-incidía na súa valoración, e consideraba Montealegre, como exemplo de botánico da zona mediterránea, podía servir como lugar no que ensaiar distintas variedades tradicionais abandonadas, como pereiras, aciñeiras, tomates ou pementos, co obxecto de recuperalas. O representante da Universi-dade da Coruña, Horacio Naveira, considerou Mon-tealegre como un sitio “ex-celente” e destacou a im-portancia da colaboración entre as tres institucións académicas.

Escaso investimentoTras realizar un investi-

mento que superou os 3,5 millóns de euros na expro-

piación dos terreos e na conversión de 160.000 metros cadrados Montea-legre en parque, parécelle agora ao alcalde que o in-vestimento que precisa o xardín botánico para dar os primeiros pasos “non é tan importante”. Os fon-dos para construir o horto ecolóxico, instalar paneis divulgativos, comezar al-gunha colección de plan-tas no invernadoiro, darlle uso ao anfiteatro natural que existe no recinto, e traer a Montealegre algún proxecto investigador ou universitarios en prácticas sacaranse das partidas das Concellerías de Medio Ambiente e Educación, ou en xeral dos orzamen-tos municipais.

4 NCG di que os seus clientes recuperaron un 84% do investido

Os 7�.976 clientes con produtos híbridos das caixas galegas recupera-ron, en diñeiro en efectivo e de media por cliente, un 84% do importe inicial investido, a cifra máis ele-vada de todas as entidades con respaldo público de capital e unha das máis al-tas do sector, informaron desde Novagalicia Banco. A porcentaxe de recupe-ración de liquidez ten en conta os abonos do 100% do nominal en arbitraxes, os trocos e liquidez e a di-ferenza neta de intereses percibidos polos clientes.

Un total de 37.688 clientes (dous tercios de todos os clientes) recupe-raron ou están a recuperar estes días o 100% do seu investimento pola vía das arbitraxes aceptadas por NCG Banco. Pola vía das sentenzas xudiciais recu-peraron o 100% dos seus aforros 154 clientes.

Outros 3�.644 clientes recuperaron o 71% do seu investimento inicial tras vender as súas su-bordinadas ou preferentes ao Fondo de Garantía de Depósitos e �.490 clien-tes conseguiron manter o 86% dos seus cartos ao transformar os seus pro-dutos en depósitos.

Mentres, �.�90 clientes trocaron os seus produtos híbridos por accións do banco.

Integrantes do novo comité xestor de Montealegre./PAULA LODEIRO.

Redacción

Os dous espazos cul-turais postos en marcha durante o último mes na cidade están obtendo unha boa acollida do público. Algo máis de �00 persoas ao día están a pasar polo centro municipal José Ángel Valente, situado no antigo Banco de España, mentres que o claustro gótico de San Francisco supera os cen visitantes diarios. Ata o 9 de xullo 5.041 visitantes pasaran por ambos recintos.

Na planta baixa do edi-ficio do Banco de España, que abriu ao público o �0 de xuño, o público sor-préndese co resultado da rehabilitación do edificio, no que sobresae a vidriei-ra e a claridade do espazo, así como coa exposición de arte contemporánea “Identidade e Ausencia”.

A ansiada reapertura dunha das pezas máis sig-nificativas do patrimonio monumental de Ourense tampouco pasou desaper-cibida. Multitude de pe-regrinos, ourensáns que realizaron os servizo mi-litar no recinto, investiga-dores, e mesmo un grupo de escolares percorreron o claustro, gozando tanto da arquitectura como do xar-dín central.

As dúas infraestruturas culturais abren ao públi-co de martes a sábado de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a �1:30 e os domingos en horario de mañá.

A sala do Banco de España supera as 200 visitas diarias4 O claustro de San Francisco recibe cen visitantes ao día.

Algo máis de 100 persoas ao día visitan o claustro de San Francisco desde a súa reapertura o 27 de xuño./P.L.

Instalación de Bernardí Roig, que forma parte da exposición “Identidade e Ausencia”, da Colección Gas Natural Fenosa, que se poderá contemplar no Centro Municipal Banco de España ata outubro./P.LODEIRO.

Page 4: Xullo 2013 - OUxB

4 Ourense por BARRIOSXullo de �013

BARRIOS

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, acompañado da concelleira de Medio Ambien-te, Susana Bayo, e o concelleiro de Infraestructuras, Antonio Rodríguez, durante a súa visita ao renovado parque infantil do barrio de Vistafermosa.

O Concello renova beirarrúas e o parque infantil de Vistafermosa, cun investimento de 50.000 euros4 O alcalde visitou as obras realizadas na rúa Matilde Lloria e na zona de xogos. Redacción

O Concello de Ourense vén de destinar un inves-timento de 50.000 euros a actuacións de mellora de beirarrúas e un parque infantil, solicitadas polos veciños do barrio de Vis-tafermosa.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e os concelleiros de Infraestru-turas, Antonio Rodríguez Penín e Medio Ambiente, Susana Bayo visitaron os traballos realizados polo Concello neste barrio, a través de dous proxectos: a mellora do parque infan-til sito nas proximidades

do colexio e a renovación de beirarrúas, pavimenta-ción e recollida de augas na rúa Matilde Lloria.

A mellora do parque, rea-lizada pola Concellería de Medio Ambiente cun or-zamento de 30.000 euros, atende unha petición reali-zada polos veciños do ba-rrio e permitiu renovar o chan da zona infantil, que agora é de caucho, e reno-var os xogos que oferta aos cativos, incorporando no-vas unidades, adaptadas á normativa europea e acce-sibles para persoas con dis-capacidade física. Tamén se engadiu un pechamento perimetral.

A zona de xogos para os cativos conta agora con 5 novas unidades: 3 ba-lancíns, 1 multixogo e 1 pórtico.

Rúa Matilde LloriaAs obras da rúa Matilde

Lloria atenderon tamén a unha petición dos veciños da zona e supuxeron un investimento de 15.000 euros, consistentes na re-novación de beirarrúas, pavimentación do vial e recollida de augas.

O parque infantil conta agora con chan de caucho e máis xogos

Redacción

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez, vén de visitar os terreos onde se cons-truirán os novos centros de saúde do Couto e da Valenzá (que beneficiarán a máis de �5.000 ouren-sáns), e onde afirmou que o Sergas ten previsto in-vestir máis de seis millóns de euros para a constru-ción dos dous centros, que serán licitados antes de que finalice o ano.

“Agora os arquitectos te-ñen catro meses para super-visar o proxecto e realizar o proxecto de execución, e agardamos que a princi-pios de �014 teñamos xa adxudicada a obra”, apun-taba Domínguez. O prazo das obras para o ambulato-

rio do Couto será de entre 1� e 18 meses, mentres que no caso do centro da Valenzá a duración dos traballos estará máis próxima ao ano e me-dio, debido a un problema que xurdiu cun muro.

Petición dun centro de saúde no Vinteún

Durante esta visita, o al-calde de Ourense, Agustín Fernández, aproveitou para reivindicar aos responsables sanitarios a construción do centro de saúde do Vinteún. Fernández engadiu que o seu Goberno estuda a posibili-dade de construir un aparca-doiro subterráneo “baixo o parque e ata a rúa Dalí e os Remedios” para dar servizo aos futuros usuarios tanto do ambulatorio como do edifi-cio xudicial que se está a construir na mesma parcela.

A xerente do Sergas visita os terreos dos centros de saúde do Couto e A Valenzá 4 O Sergas agarda que ambas obras se liciten antes de que re-mate o ano.

Nieves Dominguez durante a súa visita aos terreos do fu-turo centro de saúde do Couto./RAMSÉS

EN BREVE

4 Inscrición aberta na Esocla de Fútbol de Barbadás

A Escola de Fútbol de Barbadás abrirá o prazo de inscrición para o curso �013-�014, será do 8 de agosto ao 5 de setembro de 18:30 a �0:30 horas, nas oficinas do campo de fút-bol dos Carris.

Para os xogadores cen-sados en Barbadás terá un custo de 80 euros e para os non censados de 1�5.

4 Cursos do Centro Empresarial Transfronteirizo

O vindeiro outono o Centro Empresarial Trans-fronteirizo organiza di-versos cursos. Dous deles serán en setembro, un so-bre creación e deseño de páxinas web, e outro de márketing e ventas online. De seguido, en outubro terá lugar un de informáti-ca básica.

4Aberta a inscrición para os servizos escolares

O Concello de Barbadás vén de abrir a inscrición para diversos servizos es-colares de cara ao vindiero curso: a gardería “Bos días cole” (que permite deixar aos nenos antes e despois da xornada lectiva, é dicir, desde as 7:30 da mañá ata o comezo das clases e den-de o remate destas ata as 16:45 horas); actividades estraescolares como infor-mática, ximnasia, manua-lidades, teatro, pintura ou danza (entre outras); e as escolas deportivas de ba-loncesto, balonmán, tenis, hoquei, ximnasia rítmica, kung-fu e xadrez.

Page 5: Xullo 2013 - OUxB

5Ourense por BARRIOSXullo de �013

BARRIOS

A Ponte non queda sen festas4 Os festexos, do �4 ao �8 de xullo, inclúen pro-postas culturais, lúdicas, deportivas e relixiosas.P.L.

Houbo dúbidas, tralo anuncio en febreiro pa-sado de que A Troya non asumiría a organización das festas do Apóstolo, pero finalmente a Ponte vivirá un ano máis as súas festas tradicionais, organi-zadas novamente pola So-ciedade Artística Cultural co apoio da Concellería de Cultura.

O programa de activi-dades presentouse na sede da Troya, nun acto no que participaron o presiden-te da sociedade cultural, José Manuel Estévez, o secretario e presidente da comisión organizado-ra das festas, Raúl Pérez, o párroco da Ponte, Luis Pérez, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido.

O programa inclúe un maratón de fútbol sala, concertos da Banda de Música Municipal de Ourense, actuacións de seis orquestras (días �5, �6 e �7, D’Momento, Nova Libertade, Alaska, Odi-sea, Nevada e Ledicia), o

concerto VI Ponterock (cos grupos Malagoiro, Skalin-grado e Bastard on parade, o día �6), xunto coa anima-ción de rúa a cargo de cha-rangas, grupos de gaiteiros e xigantes e cabezudos.

Tamén haberá unha se-sión de fogos artificiais, o día �7 pola noite, entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio. As atraccións fes-tivas estarán instaladas ata o domingo, día �8, que será o tradicional Día do Neno, nas rúas Basilio Álvarez e Xesús Pousa. A partir das sete da tarde cortaranse ao tráfico ademais as zonas das rúas Vicente Risco e Eulogio Gómez Franqueira nas que estarán instalados os palcos das orquestras.

O pregón das festas será a cargo do alcalde de Ouren-se, Agustín Fernández, o xoves, �5 de xullo, ás 1� da noite, na rúa Gómez Fran-queira.

Actos litúrxicosXunto coas actividades

lúdicas e festivas, desen-volveranse os actos litúrxi-cos, entre os que salienta a

misa e procesión na honra de Santiago Apóstol (o xoves, �5), na que partici-parán a Banda de Música Municipal e a Banda de Gaitas da Deputación, e a misa “dos avós”, na honra de San Xoaquín e Santa Ana (día �6) cantada pola Coral de Ruada. Amais, ata o �4 desenvólvese a novena, con misas mañá e tarde.

Paralelamente ás festas, ata o �7 desenvolverase un Torneo de Padel nas insta-lacións do club Padel �1.

A concelleira de Cultu-ra, Ana Garrido agradeceu “profundamente” o traba-llo realizado pola comi-sión organizadora, gra-zas ao cal “toda a cidade poderá desfrutar dunhas festas que son emblemá-ticas”. “Desde o Concello sempre estaremos impli-cados con este barrio”, engadiu a edil socialista, que fixo un chamamento á mocidade do barrio e aoutras asociación para que colaboren na orga-nización dos festexos na vindeira edición.

A comisión organizadora das festas, membros da Troya, coa concelleira de Cultura, Ana Garrido e o párroco da Ponte, Luis Pérez. /P.LODEIRO.

EN BREVE

Redacción

Anova Ourense denuncia o estado actual do Palao, un Centro de Interpretación de Xogos Populares cons-truído hai 13 anos en Velle. “Está totalmente abando-nado á súa sorte, destruído polo paso do tempo e os de-ficientes coidados, e sobre todo enormemente estra-gado por actos vandálicos. Esta deixadez por parte das institucións chega a tal pun-to que, nos últimos tempos, un peche levantado dunha finca estremeira á entrada impide que os coches ac-cedan incluso ao aparcado-iro”, denuncia a formación nacionalista.

Dende Anova Ourense – Irmandade Nacionalista instan a Concello de Ouren-se e Deputación a que revir-tan esta situación no menor tempo posible, “evitando que estes estragos, os cales non deixan de aumentar, continúen por rematar de-

finitivamente co centro de interpretación de Velle, e que así os cidadáns que o desexen poidan volver fa-cer uso deste recinto nun-has condicións óptimas”.

Do mesmo xeito, este partido considera que urxe “un plan de dinamización conxunto á rehabilitación do Palao, que poña en va-lor, tanto este patrimonio material, coma o inmate-rial que supoñen os xogos populares e cree, median-te xestión pública, un ser-vizo de dinamización do mesmo”.

O Centro de Interpreta-ción de Xogos Populares fora construído no ano �000 e contara cun inves-timento de �40.000 euros financiado con fondos eu-ropeos. Nunha superficie de dez mil metros cadra-dos, había espazos para xogos como a billarda, o turra-suga, o pincha-carneiros, as chapas ou a chave.

Anova denuncia o estado actual de deterioro do Palao4 O recinto, situado en Velle, está “abandonado á súa sorte”.

O Palao amosa as consecuencias do paso do tempo, dos deficientes coidados e dos actos vandálicos./ANOVA.

4 Premios aos mellores praceiros

O conselleiro de Econo-mía e Industria, Francisco Conde, participou na Co-ruña, xunto coa consellei-ra do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no acto final da campaña de Economía e Industria Pre-sume de praceiro/a no que se entregaron os premios aos mellores praceiros e praceiras escollidos polos clientes de cada praza de abastos galega.

Na capital ourensá, Antonio Gómez Rey de Froitas Elisa foi elixido o mellor praceiro da Praza de Abastos, mentres que Carnes Parente foi a es-collida no mercado nº� da Ponte.

Piscinas de Oira.

4 Acceso ás piscinas de pago en Oira

O Consello Municipal de Deportes informa a to-dos os ourensáns que coa adquisición do bono diario teñen o total dereito de ac-ceder ás piscinas de pago de Oira, en igualdade de condicións que calquera outro abonado.

O CMD responde así ás queixas cidadás e ás de-nuncias da oposición, tras revisar o plan de explota-ción da empresa concesio-naria, redactado cando o BNG xestionaba a área de Deportes, no que se recolle o uso público das piscinas.

Page 6: Xullo 2013 - OUxB

6 Ourense por BARRIOSXullo de �013 PUBLICIDADE

A concelleira e vicepor-tavoz municipal do Partido Popular en Ourense, Belén Iglesias, presentará no ple-no ordinario do próximo � de agosto unha moción solicitando a constitución dun equipo de traballo que elabore a redacción defini-tiva dunha ordenanza espe-cífica que regule a práctica do botellón na cidade de Ourense.

Esta moción chega ante a pasividade administrativa que para a edil e viceporta-voz do PPOU, Belén Igle-sias, “estamos a sufrir por parte deste Goberno Muni-cipal”. Belén Iglesias desta-ca que “o Grupo municipal do PPOU ven traballando neste eido e propón a cola-boración de todos os grupos

políticos para a redacción definitiva dunha ordenanza reguladora de maneira con-sensuada”.

Xa nas sesións plenarias do �9 de xullo de �011, do 4 de novembro de �011 e do 3 de maio de �013, o Grupo Municipal do Parti-do Popular interesouse pola problemática social do bo-tellón na cidade de Ourense pedindo a súa regulación a través dunha ordenanza municipal como hai noutras cidades galegas e do res-to de España. Neste senso Belén Iglesias destaca que “está demostrado que fun-cionan como é o caso da de Pontevedra que dende que se aplica reducíronse os episodios de pelexas, actos vandálicos e denun-

cias dos veciños deribadas da práctica do botellón non regulado”. Para a edil, “no caso de Ourense urxe esta ordenanza xa que as con-secuencias do botellón sen regular extendéronse afec-tando non só a saúde dos mozos, ao deterioro do mo-biliario urbán e ao benestar dos nosos veciños. Tamén afecta ao tecido empresa-rial da cidade como é o caso da Praza de Abastos cuxos empresarios vense afecta-dos nos seus negocios cada semana”.

Constitución dun grupo de traballo

Por todo esto, o PP soli-cita ao Pleno do Concello que, nun prazo de 15 días, constitúa un grupo de tra-

ballo formado por un repre-sentante de cada grupo po-lítico e técnicos municipais, coa finalidade de elaborar a redacción definitiva dunha ordenanza específica que regule a práctica do bote-llón para Ourense. Ademáis reclama que a ordenanza entre en vigor o primeiro día do ano �014.

Con esta moción o Parti-do Popular volve demostrar que “pensamos no futuro dos nosos mozos e no be-nestar dos nosos veciños e empresarios mentres que o Goberno Municipal ten maior preocupación por outros temas máis banais como o nomeamento da directora xeral de Recursos Humanos e Servizos Xerais ”, afirma Belén Iglesias.

O PP considera que o nomeamento da directora xeral de Recursos Humanos“está viciado”Os populares opinan que “é unha praza á medida para a xefa política do sr. alcalde”

O PPOU solicitará en pleno que se constitúa un grupo de traballo para a elaboración dunha Ordenanza Reguladora do BotellónOs populares pedirán na moción que a ordenanza entre en vigor o 1 de xaneiro de 2014

O voceiro do PP, Rosendo Fernández, nunha recente rolda de prensa.

De “barbaridade” cua-lificou o voceiro popular Rosendo Fernández ás últimas declaracións da concelleira de Urbansmo cargando contra a xudica-tura. “Tivo unha saída de tono moi grave; cando se critica a xuíces e fiscais estamos poñendo en entre-dito a xustiza, e se nos falta a xustiza nos falta un piar básico do estado de derei-to”, apuntou Rodríguez, quen lle volveu pedir ao alcalde de Ourense “que coide o talante e o proce-der de Áurea Soto”.

4 As declaracións de Áurea Soto, unha “barbaridade” para Rosendo Fernández

Ao voceiro do PP dalle “auténtica repugnancia” compartir asento na cor-poración coa edil de Urba-nismo, “unha concelleira que pertence a unha corpo-ración democrática e que pon en entredito o estado de dereito”

“Eu sempre dixen ‘dura lex, sed lex’ a lei é dura pero é lei, nos poderán gustar determinadas sen-tencias ou podemos com-partilas ou non pero ante todo hai que respetalas”, concluiu Rosendo Fernán-dez.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense considera que hai unha “pre-sunta prevaricación admi-nistrativa” no nomeamento de Carmen Rodríguez Da-costa como directora xe-ral de Recursos Humanos do Concello de Ourense. O voceiro do PP, Rosendo Fernández, entende que o nomeamento está “viciado” ao non se teren avaliado os méritos de todos os concur-santes que optaban á praza de director xeral. “E un dos que non foi valorado seguiu escrupulosamente a lei de procedemento administra-tivo porque entregou no Rexistro en prazo o seu cu-rrículum e a súa solicitude”, engade Fernández.

O PP presentara un re-curso de reposición contra o nomeamento, para que se retrotraera o expediente ao momento inicial, mais foi rexeitado polo Grupo de Goberno, polo que agora agarda a decisión da Xunta de Goberno local para ver que novas medidas tomar. “En calquera concurso que

“Nestes momento a directora xeral non fai falta para nada no Concello de Ourense”

“(Aurea Soto) tivo unha saída de tono moi grave; cando se critica a xuíces e fiscais estamos poñendo en entredito a xustiza)

se infrinxa a lei, está vicia-do totalmente; unha vez que non admitiron o recurso de reposición e que saibamos cal é o procedemento que tomaron na Xunta de Go-berno local (finalmente ratificou a designación de Rodríguez Dacosta) actua-remos en consecuencia”, afirmou Rosendo Fernán-dez, non descartando ac-

cións xudiciais.

“Praza á medida”Máis alá das irregulari-

dades administrativas, o voceiro do grupo popular considera que “nestes mo-mento a directora xeral non fai falta para nada no Con-cello de Ourense; é unha praza á medida para a xefa política do sr. alcalde”.

Fernández tamén critica que “a présa e a axilidade que demostran para darlle acubillo á directora xeral para que non quedara no paro político non a levan para xestionar os temas de interese xeral deste Conce-llo; andan listos para aten-der as necesidades políticas propias, non para atender os temas de interese xeral”.

Belén Iglesias, amosando unha morea de cristais ro-tos, consecuencia do botellón, recollidos no parque infantil da Alameda.

Page 7: Xullo 2013 - OUxB

7Ourense por BARRIOSXullo de �013

PUBLICIDADE

Page 8: Xullo 2013 - OUxB

8 Ourense por BARRIOSXullo de �013

A VALENZÁ

PLENO DE BARBADáS

O PP aproba en solitario a modificación urbanística da área de reparto 10 da Valenzá4 A oposición critícalle ao alcalde que a modificación auspicie un ‘pelotazo’ urba-nístico.

4 O PSOE denuncia nos xulgados ao alcalde e ao tenente de alcalde de Barbadás

Paula Lodeiro

O grupo de goberno do PP de Barbadás aprobou en solitario a modificación urbanística da área de re-parto AR-10 da Valenzá, que concede a máxima edificabilidade permitida (0,85 m�/m) no contorno do regato dos Muíños. En total, 519 vivendas en terreos de 110 propieta-rios entre os que están a esposa e filla do alcalde, a través da empresa Ai-choa; o propio tenente de alcalde, Manuel García, ou o ex concelleiro Feli-pe Rodríguez Vide, ade-mais da empresa Maexpa, a construtora Fernando Copa e Ramos, ou “un dos presuntos testaferros do Emporio Freire, Do-mingo Prieto”, irmán da apoderada da empresa Psicobluster, da cal é so-cio o alcalde”; apuntaba a concelleira socialsta Vic-toria Morenza.

A modificación urbanís-tica, que conseguiu ago-ra a aprobación inicial e debe ser remitida á Xunta de Galicia para a súa su-pervisión, reduce de tres a un os viais propostos na área de reparto, reduce as zonas verdes en 1.400 metros cadrados, aumenta o solo dotacional educa-tivo (para o instituto) en 4.035 metros cadrados, e aumenta a superficie edificable, ao ampliarse o ámbito en 375 metros cadrados.

A oposición cre que os

cambios responden a un intento de ‘pelotazo’ urba-nístico por parte do grupo de goberno, pois abaratarán os custos de urbanización aos membros da xunta de compensación. “Comprar terreos e modificar o apro-veitamento debe ser algo parecido a prevaricación”, acusou o voceiro do Blo-que, Xosé Manuel Fírvida. O alcalde, José Manuel Freire Couto, negouno, de-fendeu que a modificación se fixo atendendo a “crite-rios técnicos” e acusou de “demagoxia” a socialistas e nacionalistas.

O PSOE pediulle a Freire Couto e Manuel García que se absteran na votación, por ser parte interesada, pero eles, atendendo a un infor-me da secretaria que non puña obxección, votaron co resto do grupo popular.

As mocións da oposi-ción, rexeitadas

Na mesma sesión ple-naria, o PP botou abaixo, coa súa maioría, as dúas mocións de BNG e PSOE que propuñan rebaixas no IBI, a dos nacionalistas que cuestionaba o modo de con-tratación de �1 postos tem-porais no Concello, e outras dúas mocións de socialistas e nacionalistas que xiraban sobre os prexuízos para os veciños da asignación da praza de médico de Barba-dás a Freire Couto unha vez que este solicitou reinte-grarse na profesión médica ao dimitir do seu posto de presidente do Inorde.

Nin na Fiscalía nin na Axencia Tributaria; di-rectamente ao xulgado de instrución de garda de Ourense. O PSOE vén de denunciar nos xulgados ao alcalde de Barbadás, José Manuel Freire Couto, e máis ao tenente de alcal-de, Manuel García Gonzá-lez, ao entender que exis-ten “indicios suficientes” da presunta comisión de delitos de prevaricación e negociacións prohibidas.

Segundo explicou o vo-ceiro desta formación en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, “consideramos que hai unha trama urba-nística que enriqueceu a

estas persoas e outras a tra-vés de intermediarios, tes-taferros e familiares próxi-mos”. Apunta Valcárcel a dous desenvolvementos ur-banísticos concretos na Va-lenzá dos que presuntamen-te tanto Freire como García sacaron beneficio.

En primeiro lugar, a área de reparto AR- 1 da Valen-zá, onde “un socio da muller de Freire Couto (Domin-go Prieto Martínez) puxo a disposición do Concello �0.000 metros cadrados, e o día antes de asinar o convenio co Concello vén-deos a Mahía por 40�.000 euros”, relata o socialista. Mahía recibiu como contra-

prestación aproveitamen-to que o Concello cifra en 71�.199 euros.

En segundo lugar, a AR-10 da Valenzá, onde tanto o alcalde como o tenente de alcalde teñen propieda-des e aínda así votaron a favor a unha modificación urbanística “que suporía un beneficio a maiores de tres millóns de euros”, apuntaba o político socia-lista; “tiñan que terse abs-tido”, engadía.

No escrito presentado ao xulgado de instrucción de garda acompáñase unha relación de propiedades do alcalde, da súa esposa e do tenente de alcalde.

O tenente de alcalde, Manuel García, e o alcalde, José Manuel Freire Couto no último pleno de Barbadás, e en primeiro termo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, quen os denunciou días despois no xulgado./P.LODEIRO.

4 Inscrición aberta na Escola de Fútbol de Barbadás

A Escola de Fútbol de Barbadás abrirá o prazo de inscrición para o curso �013-�014, será do 8 de agosto ao 5 de setembro de 18:30 a �0:30 horas, nas oficinas do campo de fút-bol dos Carris.

Para os xogadores cen-sados en Barbadás terá un custo de 80 euros e para os non censados de 1�5.

4 Cursos do Centro Empresarial Transfronteirizo

O vindeiro outono o Centro Empresarial Trans-fronteirizo organiza di-versos cursos. Dous deles serán en setembro, un so-bre creación e deseño de páxinas web, e outro de márketing e ventas online. De seguido, en outubro terá lugar un de informáti-ca básica.

4Aberta a inscrición para os servizos escolares

O Concello de Barbadás vén de abrir a inscrición para diversos servizos es-colares de cara ao vindiero curso: a gardería “Bos días cole” (que permite deixar aos nenos antes e despois da xornada lectiva, é dicir, desde as 7:30 da mañá ata o comezo das clases e den-de o remate destas ata as 16:45 horas); actividades extraescolares como infor-mática, ximnasia, manua-lidades, teatro, pintura ou danza (entre outras); e as escolas deportivas de ba-loncesto, balonmán, tenis, hoquei, ximnasia rítmica, kung-fu e xadrez.

EN BREVE

Page 9: Xullo 2013 - OUxB

9Ourense por BARRIOSXullo de �013BARRIOS

4O CCA COUTO CENTRO INFORMA

O centro comercial aber-to Couto Centro presentou a súa campaña “Verán sau-dable” que aúna na mesma iniciativa tres obxectivos básicos: lecer, promoción e hábitos saudables.

Desde o 15 de xullo ao 15 de setembro de �013 o CCA Couto Centro desenvolverá actividades deportivas, de dinamización e unha cam-paña para que os ouren-sáns compren no barrio do Couto coa que poden gañar mil euros.

DeporteNo apartado deportivo,

a oferta é para todas as idades. En primeiro lugar, volve ofertarse tai chi, im-partido por Artai Ximnasio os martes e xoves de 8 a 9 da mañá, durante o mes de agosto no parque Barbaña e do 1 ao 15 de xuño no par-que Avilés de Taramancos.

O Centro Deportivo Couto imparte un curso de iniciación ao taekwondo, do � ao 10 de setembro, con dous horarios: de 11 a 1� da mañá para menores de 3 a 6 anos e de 1� a 13 horas para os que teñan de 7 a 13 anos.

E o ximnasio Bio Fit ofre-

ce Biobody, os luns e mér-cores de �0 a �1 horas ata o 31 de xullo e do 1 ao 15 de setembro; e Aerodance, os martes e xoves, no mesmo horario e datas.

Para participar en cada unha destas actividades é obrigatorio reservar pois as prazas son limitadas.

DinamizaciónPara dinamizar o barrio

durante o mes de agosto, o CCA Couto Centro ofrece-rá en distintos lugares ac-tividades de animación in-fantil, maxia, teatro na rúa, música ou humor, abertas a todos os públicos e total-mente gratuítas.

A primeira cita é o venres 9 de agosto con animación infantil de rúa, monicre-ques e contacontos para os máis pequenos na Cafetería Asgalla.

O venres 16 de agosto haberá maxia e humor na Tasca de Seiro; o venres �3 de de agosto o humoris-ta Pedro Brandariz actuará cun monólogo para todos os públicos no Restaurante Alexandre; e finalmente o venres 30 de agosto, humor satírico e canción danse da man con Xan Veiga na Aso-

ciación Cultural Albor.

Campaña promocionalE para incentivar as

compras estivais, lanzan a campaña “Compra en CCA Couto Centro e gana 1.000 euros”. Grazas a ela, as compras realiza-das entre o 15 de xullo e o 15 de setembro están suxeitas a esta promoción. Os participantes só terán que gardar os tickets de compra asinados polo co-merciante ou co selo da empresa, introducilos nun sobre xunto cos seus datos persoais e depositalo en calquera establecemento asociado. Resultarán ga-ñadoras aquelas persoas que acumulasen o maior importe nos sobres.

Estes recolleranse o 16 e o 17 de setembro, dándose a coñecer os gañadores o 18 de setembro ás 13 ho-ras na sede do CCA Couto Centro.

Os premios consistirán nun primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de �00 euros, que poderán ser gastados nos estable-cementos asociados.

Presentada a campaña “Verán saudable 2013”Con actividades de lecer, pro-moción e hábitos saudables

O Concello inviste 43.500 euros na remodelación do parque da rúa Díaz Pulpeiro4 Incluironse varios xogos adaptados a menores con discapacidade.Redacción

O alcalde de Ouren-se, Agustín Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitaron á veciñanza da Avenida de Zamora, no remate da rúa Saínza e xunto ao barrio de Ma-riñamansa. “Había unha demanda veciñal, nesta zona hai moitos nenos e o parque quedábase peque-no e consideramos que era unha ampliación necesa-ria”, xustificaba a edil de Medio Ambiente.

Cun investimento de 43.500 euros, a Concellería de Medio Ambiente ven de acometer unhas obras de mellora, remodelación e acondicionamento do espa-zo, para o seu uso por parte dos veciños en condicións axeitadas.

Así, instalouse caucho contínuo en toda a zona, restauráronse dous xogos infantís, e colocáronse dous columpios, unha hamaca, e un balancín. Ademais, in-corporáronse varios xogos adaptados ás necesidades de persoas con discapacida-

de: un tiovivo e un “niño de paxaro”.

O alcalde anunciou que se colocarán novos bancos no parque atendendo a peti-ción dos veciños.

Outros parquesSusana Bayo engadiu que

“pouco a pouco” dentro das posibilidades orzamen-tarias da súa Concellería atenderanse as necesidades doutros barrios da cidade, nunha política “de non im-plementar espazos novos senón adecuar os espazos que temos”.

Rapaces facendo uso do renovado parque, no barrio de Mariñamansa./RAMSÉS.

Page 10: Xullo 2013 - OUxB

10 Ourense por BARRIOSXullo de �013

EMPRESAS

Gonzalo Martínez e Nieves, propietario e dependenta de Zapatería Marva./R.T.

Rebaixas en Zapatería Marva Boa acollida por parte do público ourensán á Zapatería Marva, novo establecemento

aberto na rúa Santo Domingo o mes pasado que pertence a unha empresa familiar que leva desde o ano 73 ofrecendo aos ourensáns o mellor calzado e da mellor calidade.

En Zapatería Marva ten cabida desde o calzado de deseño, para cerimonia e traxe, ata o de uso diario, un calzado cómodo.“Sobre todo traballamos artigos en pel, sempre de máxima calidade. Ofrecemos un calzado duradeiro e rendible”, explica Gonzalo Martínez, xerente do establecemento. Algunhas das marcas que traballan son Ezzio, Pura Lopez, Janet & Janet, Guess, Nerogiardini, Picolinos, Callaghan, Martinelli, Diesel, Wonders e Pedro Miralles, entre outras moitas. Agora, todas elas poden adquirirse con descontos que chegan ata o 40%.

Tres xeracións dunha mesma familia son a base do seu bo facer no trato personalizado.“Queremos ser a súa zapatería de confianza. Convidamos a todos a que veñan. Todos serán benvidos.” afirma Gonzalo.

Redacción

O mércores 17 de xullo comezou a andar o Restau-rante Fonteloza. Ubicado no número 18 de Ervedelo (antes da ponte de Ervedelo se se vén do centro), Fon-teloza ofrece un ambien-te agradable acompañado dunha decoración ao gusto de calquera.

Coma o seu xerente, Carlos González, di: “ofre-cemos comida tradicional galega”. E engade que “dis-tinguímonos porque temos polbería propia e unha chu-rrasquería de carbón. Todo iso no centro de Ourense”.

Outra das características de Fonteloza é o seu al-morzo tipo “buffet libre”; por dous euros. O almorzo inclúe todo tipo de bolle-ría destacando os croissant

belgas (alongados e recheos de crema ou chocolate) ou os vixiantes (típicos de Ar-xentina); estes dous tipos de croissants soamente se poden probar en Ourense en Fonteloza. Os almorzos tamén contan con tostadas ou sandwiches, amais da consumición a base de café e zumo.

Tapas variadasPara todos os que se

acheguen a Fonteloza a tomar unha consumición terán unha tapa de acom-pañamento (como ocorre en Lugo) de entre unha gran variedade de tapas que ofrecen.

ActuaciónsNas noites da fin de se-

mana os clientes poderán gozar de actuacións (nunha

Fonteloza, o novo restaurante de comida tradicional4 En Ervedelo, 18.

zona habilitada a tal efec-to). Este mesmo sábado �7 de xullo está prevista unha actuación de danza do ventre.

Fachada do Restaurante Fonteloza, recén aberto na rúa de Ervedelo.

Page 11: Xullo 2013 - OUxB

11Ourense por BARRIOSXullo de �013

S.N.

Son novos, son inquedos e teñen moita iniciativa, e da boa. Un grupo de mozos ourensáns crearon a plata-forma Wiimbo, que median-te unha aplicación de móvil permite aos presentes nun bar elexir a música que sona no mesmo. Esta idea foi agora seleccionada entre as 33 mellores iniciativas tec-nolóxicas de España, dentro do proxecto Yuzz, e por iso o seu xerente, José Luis Peña, viaxará a Silicon Valey para testar a súa creación con ex-pertos do sector.

En que consiste o proxec-to Yuzz e como decidistes participar nel?

José Luis Peña: “É un proxecto de apoio a inicia-tivas con base tecnolóxica. Nós somos 10 persoas e xa tiñamos bastante avanzada a idea e pensamos que este proxecto Yuzz nos podía axudar a impulsala. Ade-mais, evidentemente, tamén é moi atractivo o premio.

A idea da app surxiu por-que tiñamos un grupo de música e gústanos este tema como a calquera xoven, e ao saír pola noite vimos a ne-cesidade de facer que sone unha canción que che guste, porque en moitos casos non hai DJ e noutros é o propio camareiro o que se encarga da música e está moi ocupa-do servindo como para aten-der as túas peticións.

E vimos que as posibili-dades técnicas permitían a nosa idea”.

Como funciona a aplica-ción Wiimbo?

J.L.P.: “O usuario debe descargar a aplicación de Wiimbo, válida para os mó-viles con sistema operativo Android e Ios. Esta aplica-ción permítelle ver os locais da zona e o estilo musical de cada un, así como que can-ción está sonando e a “play list” que teñen activa nese momento. Unha vez que elixe un establecemento a app indícao no mapa, como calquera navegador, e can-do chega ao sitio permítelle votar a canción que queira dentro da lista que o local

ofrece”.E como fan os establece-

mentos para aparecer na vosa aplicación?

J.L.P.: “Teñen que contar co noso servizo en activo, temos un programa que é un organizador de música, que organiza a súa biblioteca e reproduce as cancións, e da opción aos seus clientes a votar as cancións”.

Cantos locais están xa unidos á vosa iniciativa?

J.L.P.: “Temos tres locais en Ourense (La Posada de los Monjes, Torgal e Colors) e dous en Vigo.

Ademais a fin de semana pasada estivemos no fes-tival Portamérica para que a xente puidera escoller as cancións que sonan entre concerto e concerto, o que permitiu darnos a coñecer entre numeroso público”.

Como teñen que facer os donos dos locais para unirse a Wiimbo?

J.L.P.: “Só teñen que entrar na nosa web (www.wiimbo.com), acceder á sección “Empresas” e aí xa poden descargar o noso pro-grama, de momento, de xei-to gratuito. Para o usuario vai a ser a descarga sempre de balde, pero plantexámo-nos comercializar o progra-ma para os locais porque consideramos que é unha maneira de atraer clientes, diferenciándose da súa com-petencia e facéndose visible no mapa que figura na apli-cación, o máis importante”.

Como están a reaccionar os establecementos e os usuarios ante Wiimbo?

J.L.P.: “Moi ben, aos lo-cais gustoulles a idea. Algún non está ao mellor interesa-do porque conta con DJ, pero ao fin e ao cabo algún deste tres locais teno e empregan Wiimbo nas horas que el non está. Pero queremos deixar claro que non que-remos acabar coa figura do DJ, que a veces parece iso, se non que nos bares que hai DJ podería empregarse para que o usuario vote as can-cións que desexa e que sexa este o que decida se acepta-las, é un xeito de interactuar con el. De todos modos, os

ENTREVISTA A JOSé LUIS PEñA - XERENTE DE WIIMBO

Wiimbo tráenos a democracia musical4 Dez mozos ourensáns veñen de por en marcha unha aplicación para móvil que permite escoller a música que sona no local no que o usuario está.

bares máis potenciais para a nosa iniciativa son os que non teñen DJ”.

Como foi o voso traballo dentro do proxecto Yuzz?

J.L.P.: “Ofrecéronnos contactos no sector, axu-dáronnos a perfilar o plan de negocio con expertos en marketing, comunicación e finanzas. Ademais, tiñamos un tutor que nos axudou a abrir outras vías de negocio que ao principio non tiña-mos en mente.

O noso día a día baseáse en desenrolar a aplicación porque vai a ser unha beta continua, sempre se irá me-llorando, engadindo funcio-nalidades; e, por outra parte, buscamos promocionarnos tanto entre os usuarios como entre os locais”.

Wiimbo foi escollido como un dos 33 proxectos emprendedores máis bri-llantes de España, co que viaxarás a Silicon Valey do 21 ao 27 de xullo. En que consistirá esa visita?

J.L.P.: “Temos altas ex-pectativas porque é a meca das altas tecnoloxías, ade-mais estaremos en contacto con expertos do sector, tanto desenroladores como inver-sores, aos que espero que poida contarlles a nosa idea para que eles me dean a súa opinión e me aconsellen po-sibles melloras, e se sae al-gunha inversión por suposto que será benvida.

Ademais, a súa opinión será importante porque o noso obxectivo é que nun

ano aproximadamente Wiimbo sexa unha rede de locais organizados por esti-los musicais a nivel interna-cional, para que cando unha persoa visite unha cidade saiba a través da aplicación en que locais sona a música que máis lle gusta”.

Os tres mellores proxec-tos a nivel nacional reci-birán unha dotación eco-nómica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros para facer realidade a súa idea. Hai posibilidade de lograr unha destas tres prazas?

J.L.P.: “Tiñamos a es-peranza de chegar aos 33 mellores, pero chegar aos 3 é moi difícil. Unha vez nes-te punto pensas: e por que non? Pero ao principio non era unha opción.

Se ben é certo que os de-mais rapaces que presen-taron proxectos son todo xente nova, e vendo estes 33 seleccionados daste conta de que hai algúns moi avan-zados e con moito potencial. Son tamén de áreas moi dife-rentes e dependerá do xura-do e de como nós saibamos presentar os nosos avances. Ademais, toda axuda eco-nómica nos viría ben porque temos moito pendente aínda no desenrolo da aplicación, principalmente en temas de seguridade. Así mesmo,

temos previsto de cara a agosto ou setembro facer unha importante campaña de publicidade, porque é indispensable que a xente nos coñeza”.

Por último, como ves o sector das novas tecno-loxías en España?

J.L.P.: “A crise axuda a que te lances á piscina, pero hai un boom de apli-cacións que non sempre contan cun proxecto de negocio rendible. Pero no noso caso non é así. Nós estudiamos como é unha alternativa interesante para os bares, ademais será unha plataforma moi boa para outros artigos que te-ñan como consumidor aos usuarios dos locais – como moda, bebidas, etc.-, e ofrecemos unha publicida-de moi segmentada, é dicir, esta aplicación permíteche anunciar o teu produto nunha franxa horaria de-terminada, para un públi-co moi específico e nunha zona xeográfica concreta.

Outra posible vías de ne-gocio será a potenciación de novos valores musicais. Queremos con Wiimbo dar a opción de que a xente co-ñeza toda a oferta que hai, por iso falamos de lograr a democracia musical”.

José Luis Peña estará en Silicon Valey do 21 ao 27 de xullo para dar a coñecer a profe-sionais do sector tecnolóxico esta aplicación./RAMSÉS.

“Non queremos eliminar a figura do DJ. Esta aplicación permite que os clientes interactúen con el. Pero, de todos modos, está pensada para os bares que non o teñen”

EMPRESAS, ECONOMÍA E EMPREGO

A oposición alerta dos inconvintes de ter orzamentos prorrogadosRedacción

O Concello de Ourense non aprobará un orzamen-to novo para �013 e con-tinuará a traballar o que resta de ano cos orzamen-tos de �01� prorrogados. O edil de Facenda, José Ángel Vázquez Barque-ro, xustificou a decisión como consecuencia das esixencias da regra de gas-to que impón o Ministerio de Economía. Barquero asegura que é “inviable” reorganizar o orzamento que estaba preparando “e optamos por continuar tra-ballando co orzamento de �01� prorrogado, de 94,6 millóns de euros”.

As consecuencias A oposición alerta das

consecuencias que terá para a cidade traballar cuns orzamentos prorroga-dos. O PP denuncia que o Concello de Ourense non poderá realizar investi-mentos novos este ano nin tampouco poderá acollerse a axudas doutras admi-nistracións nas que sexa preciso que a institución local achegue unha parte do pago. Só o ano pasado, a cifra recibida por conve-nios ou axudas doutras ad-ministración chegou a 7,7 millóns de euros.

Por outra banda, o BNG recorda que ata a apro-bación dun novo docu-mento, as axudas para a rehabilitación dos ARI de Seixalbo, as Camelias, O Polvorín e a zona histórica “van sufrir un importante atraso posto que o Conce-llo non está en condicións de achegar a contía que lle corresponde”.

Salientan os nacionalis-tas que non se van poder incorporar medidas apro-badas nos plenos “porque, ao non estar recollidas nos orzamentos prorrogados non se poden executar”. Así, “quedan sen implan-tar a atención psicolóxica ás persoas maiores, o in-cremento de recursos para Igualdade, as axudas para as Inspeccións Técnicas de Edificios ou a partida para axudas ás afectadas polos desafiuzamentos”, enumeran, así como o plan de emprego solicita-do en xaneiro.

Page 12: Xullo 2013 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSXullo de �013

TSK Ourense acolle unha mostra de alta cociña en directoO estudio oficial de TSK Ourense -Couto Cocinas- acolleu o pasado 21 de xuño un

evento culinario sen precedentes organizado por The Singular Kitchen en colaboración coa firma Electrolux.Clientes, colaboradores e amigos reuníronse neste espectacular show-cooking onde gozaron en directo da arte culinaria dun equipo de cociña presenta-do polos recoñecidos chefs Diego Garcia Piñeiro e Sergio Camargo, colaboradores de, entre outros profesionais da alta cociña, Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak.

O evento contou co apoio do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, que proporcionou unha selección de viños branco e tinto que puxeron o punto de harmonía no acompaña-mento dos pratos e foron altamente valorados polos asistentes. O show-cooking tivo un carácter dinámico e participativo. Os asistentes tiveron ocasión de admirar a destreza dos chefs, que explicaron detalladamente cada prato e, despois, puideron degustar os guisos. Antes de finalizar a velada, realizouse un sorteo entre os asistentes de tres xogos de cociña, composto de dous sets de coitelos e un kit dispensador de especies.

Tratouse, en definitiva, dun evento orixinal e único na provincia que proporciona a TSK Ourense un valor engadido sobre a propia actividade de deseño e instalación de cociñas, achegando un punto de vista novo e diferenciador da marca aos asistentes.

Asistentes ao showcooking organizado por The Singular Kitchen.

SOCIEDADE

Cruz Vermella atendeu en 2012 máis de 43.000 persoas 4 A entidade tivo o pasado ano un �5% máis de usuarios.P. Lodeiro

A crise tardou en chegar a Ourense pero o seu im-pacto viuse finalmente “na súa crudeza” no segundo semestre do ano pasado. Así o constata a coordi-nadora provincial de Cruz Vermella, Marisa López Casero, quen sinalou que

durante o �01� a entidade benéfica tivo un 25% máis de usuarios que no ano an-terior, superando as 43.000 persoas atendidas.

Este é un dos grandes nú-meros da Memoria �01� de Cruz Vermella, presentada estes días en Ourense, na que se constata outra rea-lidade: a “volta á axuda di-

Marisa López Casero, Teresa Babarro e Sofía García-Itu-rri Tosar./C.V.

recta ás pesoas”, a través da entrega de kits de hixiene, alimentos, material didácti-co, matrículas, roupa, axu-da para o pago de subminis-tros, alugueres ou ocio, etc. “Tivemos que solucionar máis problemas de urxencia a raíz da crise”, afirmaba a presidenta da institución, Teresa Babarro.

Financiación7.�4� socios contribúen

coas súas achegas a finan-ciar a Cruz Vermella, que contou durante �01� cun orzamento de �,5 millóns de euros, unha cifra similar á de anos anteriores ma-lia os recortes. Desta cifra, o �0% foi asumido polas cotas dos socios, un 46% provén de subvencións das distintas administracións e un ��% da facturación de prestación de servizos.

Os programas de atención á terceira idade reciben o 4�,56% de todo o orzamen-to, sendo a atención á infan-cia cun 14,15% e os plans de emprego cun 9,59% outras das principais parti-das da entidade benéfica.

Page 13: Xullo 2013 - OUxB

13Ourense por BARRIOSXullo de �013

4 As “mañás” de xullo

Neste mes de xullo Amencer desenvolveu dúas actividades lúdicas, as “Mañás de verán”, para nenos de 3 a 14 anos e as “Mañás lúdicodeportivas” para rapaces de 6 a 16.

Coas dúas propostas a asociación pretende facili-tar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival.

Amencer prepara un verán “Como na casa”4 Do 1 ao 13 e agosto tera lugar a �6ª edición do seu campamen-to urbano.Redacción

“Como na casa” é o lema elixido pola Asociación xu-venil Amencer para a que será o seu �6º campamento urbano. A asociación xa ten ultimada a próxima edición do seu campamento, que organiza en colaboración coa Concellería de Xuven-tude durante o mes de agos-to, concretamente entre o 1 e o 13.

Amencer quere suliñar con este eslogan que “o campamento urbano xa é algo propio da nosa casa de Ourense no mes de agosto e da casa de todo rapaz ou ra-paza de 8 a 15 anos de ida-de”. A partir deste lema xa están deseñados nove días completos de actividades

pola mañá e pola tarde para os menores de 16 anos e para os maiores de 15 pola noite. Os máis cativo terán actividade de 10:30 ata as 13:30 e dende as 16:30 ata as 19:30 e os maiores de 15 anos de ��:30 a medianoi-te.

Cada día diferenteO campamento ofrecerá

actividades diferentes en cada xornada. Así, o xoves 1 será o día da benvida, o � haberá rastrexo por Ouren-se Centro, o 5 sera o día do Parlamento, o 6 o dos De-portes, o 7, Xuntanza e Na-tureza, o xoves 8, Cultura, o venres 9, Parques e Noite de pequenos; o luns 1� o Día da Auga e o martes 13, a despedida.

Nas Tardes do Urbano ofertaranse máis de vinte actividades na base do cam-pamento urbano, no colexio salesiano. Sala de xogos, videoteca, biblioteca e te-beoteca, piscina, karaoke, obradoiros, sala de baile, escaléxtric xigante, futbo-lín, pimpón, teatro e moito máis son algunhas delas.

Preinscricións A preincrición no cam-

Rapazas participantes nas “Mañás de verán”./AMENCER.

pamento urbano é gratuíta e non hai número limitado de prazas, e pódese realizar incluso ata o último día de campamento. En �01�, o campamento tivo máis de 700 inscritos.

O campamento ofrece actividades diferentes cada un dos seus nove días

SOCIEDADE

673.000 euros para subvencións nominativasRedacción

O Concello de Ouren-se presentará no pleno de agosto unha modificación orzamentaria para pagar 673.000 euros en subven-cións nominativas. As axu-das a través de convenios a máis de 40 asociacións sociais, culturais, veciñais ou educativas, son as mes-mas que estaba previsto incluir no orzamento de 2013 e financiaranse con baixas no capítulo 1 de Persoal.

A Concellería de Facen-da xustifica a inclusión das subvencións nominativas na modificación orzamen-taria en que “a ausencia destas dotacións orzamen-tarias impediría o normal funcionamento destas ins-titucións e causaríalles un importante quebranto”. Ao seren nominativas, o reparto de fondos é discre-cional polas concellerías correspondentes.

Page 14: Xullo 2013 - OUxB

14 Ourense por BARRIOSXullo de �013 SOCIEDADE

Paula Lodeiro

Xosé Manuel Pacho Blanco non é un novato en recibir premios litera-rios. Tras gañar o Torrente Ballester de narrativa en �007 con “A choiva do mundo”, e obter en �011 o V Premio Diario Cultu-ral de Teatro Radiofóni-co con “Paraísos”, a súa peza “Teatro, ou xeitos de cargar unha arma”, escri-ta xunto ao portugués Zé Paredes, vén de ser galar-doada co Premio Rafael Dieste de teatro.

Que é o que máis se agradece de cada un dos premios?

Xosé Manuel Pacho: “O que máis se agradece dos premios é que per-miten a posibilidade de publicar; a única finalida-de de presentarse a pre-mios se tes unha actitude responsable, non é tanto gañar o premio, senón a posibilidade de que visibi-lizas un traballo que estás facendo”.

O galardón inclúe a representación da obra?

X.M.P.: “Polo xeral o premio Rafael Dieste in-clúe a edición do libro e a montaxe do espectáculo, a pesar de que as circuns-tancias económicas agora son un tanto singulares, si que é certo que en princi-pio parecer se que a Depu-tación da Coruña (promo-tora do premio) ten idea de soster económicamente a montaxe”.

Cun título tan suxe-rente como “Teatro, ou Xeitos de Cargar Unha Arma”, que nos imos atopar?

X.M.P.: “‘Teatro’ é unha homenaxe a un texto de David Mamet, unha re-ferencia no teatro a nivel mundial que publicou hai uns anos un libro que se titulaba ‘Theatre’ en in-glés e que se traduciu en español como ‘Manifes-to’; dalgún xeito ese texto é un ensaio pero pecha as

referencias que deben terse en conta cando se escribe teatro. “Teatro, ou xeitos de cargar unha Arma” vén ser unha homenaxe ao que ten que ser o teatro e á actitude de revulsivo social que ten que ter o teatro”.

En que difire o proceso creativo entre dous auto-res do dun escritor en so-litario?

X.M.P.: “Escribir é un acto moito máis complexo do que a xente pensa. Se xa en si mesmo é un acto com-plexo, escribir un texto con dúas perspectivas diferen-tes ten como consecuencia que todo se fai máis difícil, pero por outra parte tamén que se poidan sacar moitos máis rendementos. Unha visión de dúas persoas dun proceso creativo, da crea-ción, da arte, sempre vai ser máis interesante ou máis enriquecedora que unha sinxela perspectiva”.

á parte de escribir, a túa profesión é a de avo-gado. Que teñen que ver avogacía e literatura, se teñen que ver algo?

X.M.P.: “Eu creo que teñen moito que ver e sem-pre o digo á xente que me pregunta iso, porque as dúas tarefas tanto dedicarse á práctica da lei como de-dicarse á escrita teñen en común que as dúas profe-sións teñen como ferramen-ta principal a palabra, e iso é a base dunha tarefa e da outra”.

Non sei se as dúas son paixóns para ti pero se é así, cal xurdiu primeiro?

X.M.P.: “Boa pregunta, non o sei... creo que nalgún momento me ilusionou a avogacía, nalgún momento me ilusionou a creación, novela, teatro, relatos, poe-sía, pero non sabería dicir; creo que todo forma parte dunha perspectiva persoal e non sabería dicir nin cal naceu primeiro nin cal é preminente”.

Deixarías a avogacía se puideras vivir da escritu-ra?

X.M.P.: “Ao fío do que estamos a falar, para min son distintas perspectivas da miña forma de ver a rea-lidade”.

Dalgún xeito completan o que eres ti como per-soa?

X.M.P.: “Si, inexplica-blemente si. O único con-solo, e sempre o conto, é o pobre portugués aquel que se dedicaba a traballar nun-ha consignataria de buques finalmente foi recoñecido non polo seu traballo senón por ser un dos grandes poe-tas universais, que foi Fer-nando Pessoa; e aquel po-bre traballador de seguros checoslovaco acabou sendo coñecido pola súa faceta li-teraria, que foi Kafka”.

Cales son as principais dificultades para un escri-tor novo para abrirse ca-miño nun sistema literario como o noso?

X.M.P.: “A primeira di-ficultade sería que vivir en Ourense é como vivir nas illas Reunión, nas antípo-das. Estamos tan afastados

de todo, dos círculos de po-der cultural, político, que a consecuencia que tes é que non tes ningunha visibilida-de, no curto prazo.

Despois, eu creo que de-bería facerse unha reflexión desde a cultura galega de en que queremos convertir a nosa lingua e os nosos fenó-menos creativos. Creo que a cultura galega pode com-petir con calquera cultura a nivel mundial pero hai moi-to paniaguado na cultura galega, hai moi pouca au-tocensura, e deberíamos fa-cer unha reflexión. Hai que facer os mellores textos en galego para que a xente que non le en galego lea en ga-lego. Pódese facer grandes obras en galego pero creo que nos temos que quitar moitos complexos, e quitar-nos os complexos pasa por ser máis autocríticos. Este é un sistema literario que está vivindo das subvencións públicas”.

Tes escrito relatos, no-vela, teatro, con que te sintes máis a gusto?

X.M.P.: “Non o sei, cada xénero literario ten as súas chaves e ás veces é difícil cambiar o chip. Algunha vez pensei que o que se me daba eran os relatos, agora xa non teño ningunha certe-za. Cando me enfronto a un proceso creativo dun texto teatral teño unhas referen-cias, cando teño unha no-vela teño outras referencias formais, porque, a pesar do que pense a xente, a tare-fa de escribir é complexa e laboriosa. Esa idea de que te sentas nunha mesa e saen as cousas... non, o único xeito de conseguir algo en calquera aspecto da vida é traballo, traballo, traballo”.

Cales son as túas refe-rencias, están na literatu-ra, noutras artes, na rúa?

X.M.P.: “Eu creo que se a literatura é contemporánea ten que reflexar a realidade na que vivimos; o lector, o espectador de teatro, empa-tiza cun texto porque se ve reflexado nun texto. O pri-meiro que ten un texto de calquera xénero literario é a perspectiva da contempora-neidade, reflectir os proble-mas que temos nós.

Referencias literarias?, téñolle dado moitas voltas, o importante é ter os ollos ben abertos. Pode influir-che, eu creo, ou me gustaría crer, desde as películas de Tarantino, ata as películas de Woody Allen, ata as de Almodóvar, ata Rober-to Bolaño, ata a literatura inglesa, ata David Foster, en teatro Heiner Müller, George Perec, pero tamén Blanco Amor, tamén Valle Inclán...”

Estás escribindo algo nestes momentos ou tes algo pendente de publi-car?

X.M.P.: “”Si, sempre estou escribindo, modes-tamente. A min gústame moito escribir, paradoxica-mente neste momento teño poemario, libro de relatos, novela, que estou tentando publicar, non que estea pen-dente de publicar; é triste pero é así”.

Para rematar, déixanos unha recomendación lec-tora para este verán.

X.M.P.: “Habería que ler un libro moi suxerente de Roberto Bolaño, “Putas asesinas”, que é un libro de relatos. E despois os “Con-tos “de O’Henry, editado en galego, un clásico da litera-tura norteamericana”.

ENTREVISTA A XOSé MANUEL PACHO BLANCO

"O que máis se agradece dos premios é que permiten a posibilidade de publicar"4 O escritor ourensán acaba de gañar o Premio Rafael Dieste de teatro, pola obra “Teatro, ou xeitos de cargar unha arma”, escrita xunto ao portugués Zé Paredes.

Xosé Manuel Pacho Blanco./P.LODEIRO.

“Pódese facer grandes obras en galego pero creo que nos temos que quitar moitos complexos”

4 O 18º OUFF terá lugar en novembro

A 18ª edición do Festi-val de Cine Internacional de Ourense (OUFF) terá lugar do 16 ao �4 de no-vembro e será organizada directamente pola Conce-llería de Cultura. Acaban de aprobarse as bases e a convocatoria dos premios desta edición, que terá de novo unha única categoría competitiva, a de longa-metraxes.

Ata o �5 de setembro os interesados poderán enviar as súas obras, de ficción ou animación e de duración superior a 60 minutos. Optarán aos pre-mios Calpurnia á mellor película, dotada con 7.000 euros; “Carlos Velo” ao mellor director, con 3.000 euros; o premio especial do xurado (�.000 euros); o premio ao mellor guión (1.000 euros); o premio á mellor interpretación (1.000 euros); e o premio do público, cunha dota-ción de 3.000 euros.

4 Unha campaña promociona Celanova e a Baixa Limia

A asociación O Viei-ro Leboreiro, grupo de desenvolvemento rural que xestiona o programa Leader �007-�013 en Te-rra de Celanova e a Baixa Limia, lanza a campaña “A tiro de pedra!” coa que busca atraer visitantes da capital ourensá a estas dúas comarcas. “O centro de Celanova está a 15 mi-nutos do centro de Ouren-se, e a calquera punto da comarca desde Celanova chégase en 15 minutos”, explicaba a presidenta do Vieiro Leboreiro, María Jesús Boo.

O díptico da campaña recolle rutas de natureza, a oferta de ocio, de festas e de compras, os aspectos culturais de ambas comar-cas, onde durmir e onde comer. A este respecto, a asociación prepara para outubro as xornadas gas-tronómicas “Os sabores do Bosque Máxico”, na que restaurantes ofertarán produtos da zona como a carne de cachena ou os cogomelos.

EN BREVE

Page 15: Xullo 2013 - OUxB

15Ourense por BARRIOSXullo de �013PUBLICIDADE

Page 16: Xullo 2013 - OUxB

16 Ourense por BARRIOSXullo de �013

4RECEITA

Ingredientes:Leituga romanaFolla de carballoTrebijana200 gramos de bonitoAlbahacaEneldoLimónVinagre de módenaAceite de olivaSalLoureiro en polvoAzucre

Ensalada marinada de bonitoElaboración:

1º- Lavar toda a leituga e secala ben. Poñela nunha fonte de presentación e re-servar neveira.

2º - Limpar o bonito. Seca-lo, quitarlle a espiña e picalo en cadrados moi pequenos.

3º - Preparar a marinada cunha cullerada de azucre, dúas de sal, media de lourei-ro, o zume dun limón, unha cullerada de vinagre, medio

vaso de aceite de oliva, al-bahaca e eneldo.

4º- Meter o bonito na mestura durante 10 minu-tos, escurrir e metelo nun molde para darlle forma.

5º- Colocar o molde na fonte de presentación coas leitugas e aderezar coa ma-rinada do bonito.

Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese no 685 800 190 e [email protected]]

ARTIGOS / GUÍA DA SAÚDE

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Personaxes próximos como o que hoxe aborda-mos, imprimen carácter e singularidade a unha ci-dade que precisa aparcar o perpetuo luto do seu en-voltorio para completar a tardía metamorfose desa rancia crisálida que se re-siste a eclosionar.

De aspecto risquiano, este amante das letras soubo desde ben cedo ga-ñar a simpatía e o respecto de moitos ourensáns. Emi-grou para retornar namo-rado dunha valenciana, e, na capital do Turia, exerceu de dignísimo embaixador de Auria. Servicial e metó-dico, parte da súa laboura

Uruburuno Arquivo Catedralicio ten reflexo no “Diversarum Rerum”. Auxiliar de farma-cia, empregado de hostala-ría, caixa na Cuco de Velle, amigo da catedral, traba-llador do sector da auto-moción, liceísta, e socio nº 1 da “Ciudad de los Mu-chachos”. (na imaxe xura o cargo de gobernador de Benposta no local da rúa Barreira).

A superlativa categoría humana de José Manuel Uruburu Ventura circunda de xeito entrañable esta desordenada e incompleta biografía que remata cun torpe verso e un cómplice sorriso: “Discreto, silen-

cioso, casi invisibel, como o orballo que ao espertar o día, alimenta sen que-rer un ermo campo, do que agroma un acio de ledicia e bonhomía”.

Fernando Valcárcel González, membro do

Arquivo Visual

O Museo Centro Gaiás acolle a exposición “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”Unha das mostras de arte étnica latinoamerica-na máis importante do mundo poderá contem-plarse en Santiago ata xaneiro de 2014

Vista xeral do primeiro andar do Museo Centro Gaiás no que se exhiben traxes de danza do ritual Warime, instrumentos musicais, bancos cerimoniais e ao fondo, coroas de plumas e varias imaxes da colección de Charles Brewer-Carías./ Autor foto: Manuel G. Vicente.

Info prácticaExposición aberta ata o 1� de xaneiro de �014, de mar-tes a domingo de 11 a �0 h.Entrada xeral: 4 eurosEntrada reducida: � euros• Estudantes• Familias numerosas• Carné xoven• Discapacitados• Grupos de máis de �0Entrada de balde:• Menores de 18 anos• Xubilados• DesempregadosMércores, entrada de bal-de (agás festivos)Visitas guiadas: 1�.30 e 18.30 h.. Visitas guiadas grupos: reserva previa en [email protected] e 881 995 17�

Tras viaxar durante 13 anos por algunhas das institucións culturais máis importantes de Europa e recibir máis de sete milló-ns de visitantes, a Cidade da Cultura trae por primei-ra vez á Península Ibérica a Colección Orinoco, a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamé-rica pertencente á Colec-ción Patricia Phelps de Cisneros, “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”.

A Colección Orinoco é unha homenaxe excepcio-nal á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano. Composta por unha am-pla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a co-lección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas

durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corpo-rais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que es-tán construídos con mate-riais da selva, partes de ani-mais, plantas e minerais.

Viaxe ao mundo perdidoAta o 14 de xaneiro de

�014 os visitantes do Mu-seo Centro Gaiás da Cida-de da Cultura de Santiago de Compostela poderán contemplar a práctica tota-lidade desta colección. Son 1.135 pezas distribuídas polas tres plantas do museo e agrupadas en sete ambien-tes diferenciados: obxectos rituais, instrumentos mu-sicais e xoias no primeiro

andar; cestaría e navega-ción e pesca no segundo; e obxectos utilitarios e armas no terceiro.

Page 17: Xullo 2013 - OUxB

17Ourense por BARRIOSXullo de �013

“Alba é unha pequena nena que sinte, que a pesar das súas limitacións, ri, chora e sofre como calquera”

Por ti latexa máis forte o meu corazón

4 VIDAS ANÓNIMAS

Hai uns meses que es-tou a seguir a través das redes sociais a unha linda nena chamada Alba. Non lembro moi ben como cheguei a ela, pero si lembro que en canto vin a súa cara e a dos seus pais non puiden evitar “engancharme” á súa vida, chea de dificul-tades e de duras probas. Non quero contar moito porque me encantaría que este pequeno espazo servise para que moita xente a coñeza, a siga e na medida do posible bo-témoslle unha man.

Nestes tempos duros de crise e dificultades eco-nómicas, hoxe máis que nunca, debemos demos-trar de que estamos fei-tos, debemos dar a cara por todos aqueles que están en situacións difíci-les. Porque Alba non é só un nome, é un ser huma-no, unha pequena nena que sinte, que a pesar das súas limitacións, ri, chora e sofre como calquera.

Vina realizar os seus durísimos exercicios, vina feliz nadando na auga, mentres merenda no parque, ou mentres xogan con ela. Vina con cara desgustada cando xa estaba cansada de exercicios. Vin a mirada da súa nai, unha mirada chea de amor, do amor máis profundo.

E vin a un pai capaz

de camiñar horas, subir montañas e sortear todo tipo de obstáculos só para conseguir darlle á súa pequena filla o me-llor.

E como a vin, sígoa e creo que me roubou un pedazo de corazón, desde aquí quérovos facer par-tícipes, desde aquí quero achegar o meu pequeno gran de area e pedirvos que se podedes entredes en Facebook e busque-des a súa páxina ALBA OJEDA GARCÍA ou ben na súa páxina web www.portilatemasfuertemico-razon.com e apoiedes a esta pequena e a familia porque a vida é un miste-rio e calquera de nós nal-gún momento podemos vernos nunha situación similar e tamén agrade-ceriamos un pouco de so-lidariedade, un pouco de apoio, de axuda.

Desde aquí, nestas hu-mildes liñas, quero dicir-lle a Alba e á súa familia que “por ti latexa máis forte o meu corazón”.

Mónica F. Pintos

AXENDA / CLASIFICADOS / ARTIGOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Silvia Nieto, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, Ermitas Acevedo, D.O., Pablo Feijoo

Nº131/1�1/107/70 - Ano: XII - Xullo de �013 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 �39 634.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

ALUGUERAlugo apartamentos de unha e dúas habitacións, con xardín e aparcamento. En Montalvo (Sanxenxo). Tel. 607 �71 916.En Sanxenxo alúgase apartamen-to equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 7� 10 56 ou 617 50 5� �4Alugo piso en Vigo (pr. España) para estudantes ou veraneantes. Tel: 639 816 �09.Alugo piso en Tomiño. Amoblado, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 �09.Alugo baixo en r/Greco, Tel. 988 �5 07 8�Alugo praza de garaxe en r/Re-medios, 40, Tel. 988 �50 78�.Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.Alugo oficina amoblada, � postos de traballo. 150 euros. Tel. 6�7 �03 131. Alúgase apartamento en Vigo amoblado, tel. 637 00 59 10Alúgase apartamento amoblado en casco antigo por ��0 euros, tel. 637 00 59 10Alugo 2 naves de 4�� e 454 m�., xuntas ou separadas en polígono de Pereiro de Aguiar, parcela nº 15, fronte a Codisol. Tlf:639 67 74 3�Alúgase dúplex na Valenzá,r/Areal, 350 euros ao mes. Tel. 609 57 �1 14Alugo para os meses de verán apartamento dun dormitorio en Pa-tos, en primeira liña de praia. Tel. 679 04 06 04.Alúgase piso preto da universidade compartible para 3 rapazas, con cale-facción individual. tel. 988 �4 69 �6

VENDAS

TRABALLO

VENDA PISOSVendo apartamento � habita-cións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe a 5 minutos de praia América. Tel. 636 4�� 497.Vendo apartamento en Vigo (centro), � dormitorios, garaxe, trasteiro, tel. 679 04 0 6 04.Vendo apartamento na praia de Patos, Nigrán, 1 dormitorio, ga-raxe, trasteiro, tel. 679 04 06 04

Ségase herba con segadora de man, con desprazamento a calquera par-te, económico. Tel. 630 5�1 448. Desbrózanse fincas con tractor e a man. Ségase herba con segadora. Tel. 630 5�1 448.Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 5�1 448.Faise terapia de Reiki. Prezo eco-nómico (con titulación). Tel. 609 039 ��5.Ofrécese modista, para tendas epar-ticulares, recollida e entrega a domi-cilio, traballo de calidade, puntuali-dade, e bo prezo.Tel. 686 03 49 76.

COMPARTIRBúscase chic@ para compartir piso zona Couto. Calefacción, cocina, televisor en habitación, internet, etc. 230 € (gastos incluidos). Máis info en: [email protected] ou WhatsApp: 600 9�� 547.

Mércanse mobles ou electrodomés-ticos de �º man e cómpranse obxec-tos antigos. Tel. 988 �1 �� �4Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda � impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637 756 687.Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.Vendo produtos de cosmética e de limpeza, con limpeza de cutis gratis. Tel: 634 654 985Vendo estanterías metálicas de almacen en bo estado e caixa forte. Tel. 988 47 08 55.Véndese colcha de veludo, apeiros de labranza antigos de madeira, sofá 3+�, e caldeira de gas cidade, tel. 637 00 59 10.Vendo produtos de cosmética co-lombianos e bisutería de Yambal. Tel: 634 654 985.

[Deixe os seus anuncios no 988 �39 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; nego-

cios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese

prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

4AXENDAMúsica

- �3 de xullo - Foliada - �0 h - Praza da Estrela - �9 de xullo - Mal agoiro - �1.30 h - Praza San Mar-cial- 30 de xullo - Oh. límpalas - �0.30 h - Rúa Bailén- 5 de agosto - Gharbo- �� h - Praza San Marcial- 1� de agosto - Derroche - �� h - Praza San Marcial- 19 de agosto - Uzumaki - �� h - Praza San MarcialTeatro- 5 de agosto - Contacon-tos - �1.30 h - Praza San MarcialObradoiros- 30 de xullo - Esta é a nosa enerxía - 18 h - Praza da Estrela- Do 5 ao 9 de agosto - Ar-queoloxía - Praza da Estre-la- Do 19 ao �3 de agosto- As ninfas das Burgas - Pra-za da EstrelaEspectáculos- 1 de agosto - Circo Isla de Triska - �1 h - Parque dos Patos da Valenzá- 5 de agosto - Xornadas do Folclore - T. Principal- 8 de agosto - Kambaiota - �1 h - Parque dos Patos da Valenzá- 9 de agosto - Monicre-ques e contacontos - Café-tería Asgalla- 16 de agosto - Maxia e humor - Tasca de Seiro (O Couto)- �� de agosto - Mago Mi-guelillo - �1 h - Parque dos Patos (Barbadás)- �3 de agosto - Monólo-gos de Pedro Brandariz - Restaurante Alenxandre - 30 de agosto - Humor sa-tírico con Xan Veiga - Aso-ciación Cultural Albor

Page 18: Xullo 2013 - OUxB

18 Ourense por BARRIOSXullo de �013

OCIO E CULTURA

Ourense a ritmo de rockPablo Feijoo

Nas últimas semanas, os responsables de Lestrato Rock trouxeron á cidade varios concertos de moita calidade, facendo que os afeccionados ó rock, puide-ran gozar de boa música.

O primeiro celebrouse na noite de San Xoan, o �3 de xuño, sendo este un concer-to dobre no que actuaron os ourensáns Derroche e como prato principal os barcelo-neses Sons Of Meteora.

Derroche presentounos cancións do disco que están a piques de lanzar “A base de intenciones”, con temas como “Menuda Rubia” ou “Jonás” e deron paso á ac-tuación dos cataláns, que fixeron vibrar os fans que acudiron ao Auriense, cos seus ritmos frenéticos de rock&roll, presentándonos o seu novo disco “Between the lines”, con temas como “Face to the ground” ou “You made me this way” ou “Bring me down”. Sen dúbida, esa noite, Ourense ardeu.

DobermannOutro evento o que pui-

demos asistir foi o concerto da banda italiana Dober-mann, celebrado tamén no café cultural o 3 de xullo. A banda visitou por primei-ra vez o noso país, sendo Ourense a primeira cidade elixida.

Durante case dúas horas, o trío transalpino, deleitou os alí presentes cun poten-te directo cargado de rock,

punk e blues, interpretan-do cancións do seu único disco “Dobermann”, como “Negativo” ou “Antisocia-le”. Ademais, interpretaron temas de bandas míticas como Sex Pistols ou The Police.

The Delta SaintsO mércores 17 de xullo

asistimos ao concerto de The Delta Saints no mesmo escenario. A banda ameri-cana fixo vibrar con ritmos de rock, blues e country os fans que encheron a sala a pesar de ser un día de se-mana.

Presentáronnos cancións do seu disco “Death Let-ter Jubilee” como “Drink It Slow” ou a canción que da título ó disco, sendo esta coreada por todo o público. Tamén interpretaron temas dos seus anteriores EP’s “Bird Call Angola” e “Pray On”. Sen dúbida, música de calidade para a nosa peque-na cidade.

Inibo e QuaoarPor último, o 19 de xu-

llo, puidemos presenciar as actuacións dos grupos Inibo e Quaoar.

Inibo, procedentes de Celanova, fixeron vibrar aos asistentes co seu po-tente metal, interpretando temas propios como “Cos-mos” ou “Into a Cube” do que van estrear videoclip proximamente. Tamén fixeron referencia a gru-pos clásicos interpretando “Die Die My Darling” de Misfits ou “Symptom of the universe” de Black Sabbat.

A atracción principal da noite chegou co concerto de Quaoar, chegados desde Bilbao para facer disfrutar os rockeiros ourensáns.Presentáronnos cancións do seu último álbum “The River& The Soul”, como “Memento Mori” ou “My Anger Runs”.

O quinteto vasco non deixou indiferente a nin-guén facendo que todas as súas cancións fosen ova-cionadas polos asistentes á sala que gozaron de un total de máis de � horas de música. Sen dúbida un bo plan para comezar unha noite de venres.

Los Suaves fomos todosP Feijoo

Os días �8 e �9 de Xuño, Ourense conver-teuse na capital do rock, grazas ao Derrame Rock, celebrado por terceiro ano consecutivo na cidade, sendo esta vez Benposta a sede elexida.

Un total de 30 grupos actuaron no festival, sen-do cinco deles ourensáns: Markarpone, Morphina, La Sombra, Derroche, e por suposto, Los Suaves.

Puidemos asistir a ac-tuacións de grupos xa co-ñecidos das súa presencia no festival como Boikot, Reincidentes, Ruxe Ruxe, Escuela de Odio, Def Con �, Los Chikos del Maiz, Miguel Costas ou os pro-pios Suaves. Así como outros debutantes na edi-ción galega do festival como Los Mojinos Esco-zíos, La Pegatina, El Reno Renardo, Los Porretas ou Lehendakaris Muertos, facendo que pese a crise, esta mestura de grupos orixinase un cartel con bastante calidade musical, digno da ocasión.

Cabe destacar a presen-za de maioría de grupos de punk e hardcore, pois case a metade dos grupos do cartel estarían incluí-dos nestes estilos, facendo o festival menos atractivo para aqueles que non fo-sen simpatizantes de ditas músicas.

Varias foron as actua-cións que abraiaron ao público, como o caso de Agnostic Front, unha das principais atraccións do cartel. Chegados dende Nova York, o grupo de hardcore americano foi cabeza de cartel o venres, despregando a súa frené-tica música entre os asis-

tentes que non deixaron de moverse ao son que marca-ban e coreando temas como “For My Family”, un dos grandes éxitos da banda.

Boikot, cun concerto dig-no da traxectoria da banda, foi outro dos grupos máis aclamados do festival, deixando sen voz aos fans que se acumularon nas pri-meiras filas para non perder detalle. Sobre todo co tema “Grito en Alto” no que o grupo contou con colabo-racións moi especiais para cantar esta canción, como Fernando, vocalista de Reincidentes ou o ourensán Cristian Balsa, guitarrista e vocalista do grupo local “Bergallazo”.

El Reno Renardo foi unha grata sorpresa para os asis-tentes que descoñeceran a este grupo xurdido grazas a internet no último lustro. A banda vasca encandi-lou aos “derrameiros” co seu “Freak Metal”, no que versionan temas clásicos doutras bandas en clave de humor.

O máis esperadoPero sen dúbida algunha,

o concerto máis esperado foi o dos anfitrións, Los

Suaves. A banda local era a estrela principal do festival, e sen dúbida, non defrau-dou. O grupo tiña preparada unha actuación especial que eles mesmo titularon “Los Suaves: La Reunión”, na que o obxectivo era reunir a distintos ex-membros da banda, facendo que os fans puidesen ver e gozar das distintas etapas na banda nun mesmo concerto. Deste modo, músicos como Án-gel (primeiro guitarrista da banda), Javier Domínguez (irmán de Yosi e Charly que iniciou a banda con eles), Pepe Losada ou o mítico Moncho Costoya, interpre-taron temas clásicos das súas etapas na banda como “Unha ciudad llamada per-dición”, “Pardao” ou “Via-jando al fin de la noche”, facendo que máis de un veterano fan se emocionase con tanta lembranza.

Emotivo foi o homenaxe que fixo a banda a Hermes, ex-guitarrista da banda, fa-lecido fai uns anos.

Os temas clásicos mes-turáronse con outros máis recentes como “Cuando los sueños se van” “Adios adios” ou “Mi casa”, do mesmo xeito que se mestu-raron os vellos fans cos máis novos, xuntando as súas vo-ces ca desgastada voz do mí-tico Yosi, fundíndose nunha noite máxica, e facendo que unha vez máis, e ese �9 de xuño en especial, “Los Sua-ves fósemos todos”.

Os bilbaínos Quaoar tocaron no Auriense./P.FEIJOO.

Yosi, nun momento do concerto de Los Suaves./P.FEIJOO.

Page 19: Xullo 2013 - OUxB

19Ourense por BARRIOSXullo de �013PUBLICIDADE

Page 20: Xullo 2013 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSXullo de �013 DEPORTES

Xogadores do Ourense adestrando polo Paseo das Ninfas./I. OSORIO.

Gala do deporte do Colexio La Purísima1�0 deportistas de Club Deportivo A Purísima recibiron os trofeos e diplomas

de tempada no transcurso dunha gala celebrada o �6 de xuño no Teatro Principal. Membros da xunta directiva presidida por David Valcárcel Valcárcel, decidiron así mesmo, nomear como Socio de Honra �013 a Juan Carlos Pérez Rodríguez, patroci-nador das modalidades competitivas de fútbol 8 e fútbol sala, atletismo, baloncesto e voleibol.

O club que, con tres anos de vida, está aberto a todos os ourensáns, conta tamén coas disciplinas de patinaxe, danza creativa e baile moderno. A todo iso haberá que sumar na próxima tempada a actividade de ioga, completando así unha oferta coor-dinada na entidade deportiva por Ángel Valcárcel Valcárcel.

R. Torres

O pasado 16 de xullo o novo CD Ourense púxose en marcha para afrontar unha tempada -a �013 / �014- ilusionante.

Coa forte calor típica do mes de xullo na cidade das Burgas, o adestrador do CD Ourense, Luisito, convocou a todos os xogadores á es-pera de dúas incorporacións que faltan para completar a plantilla.

Do ano pasado continúan Pato, Manu Táboas, Josu, Capi, Portela, Campillo, Juan Martínez, Borja Yebra,

O novo CD Ourense xa está en marcha4 Comezou a pretempada o 16 de xullo.

Adil, Álex Fernández, Toni, Noguerol, Rubén Arce, Borja Valle e Óscar Mar-tínez. No que ás novas in-corporacións se refire, este ano estarán baixo as ordes do técnico Aarón (R. Bou-zas), Moisés (Sporting B), Pinillos (Racing B), Adrián Cruz (Marino Luanco), Iker Alegre (Real Oviedo), Javi Hernández (UD Salaman-ca), amais dos futbolistas que chegan do Pabellón, Karim e Ocampo.

Comeza pois unha tempa-da ilusionante na que tanto directivos coma corpo téc-nico, xogadores a afeccio-

nados esperan que o equipo remate nos dez primeiros postos da clasificación.

AmigablesO CD Ourense comezará

a rolda de amigables este xoves �5 de xullo en Mon-forte contra o Deportivo da Coruña. O domingo �8 dis-putará un triangular na Praí-ña (Santiago) contra o Celta B e o Boiro. Para o martes 30 de xuño, o Ourense es-trearase diante da súa afec-ción contra o Sporting de Braga.

Xa para agosto, o día 4 en Muíños disputará un en-

O CD Ourense xoga este xoves 25 en Monforte contra o Deportivo da Coruña e estréase diante da súa afección o martes 30 de xullo (ás 21 horas) contra o Sporting de Braga

contro contra o equipo da localidade. O 11 de agosto en Ponteareas enfrontarase ao Cultural Areas e rema-tarán os amigables o 15 de agosto no Xosé Arxiz con-tra Verín.

Un deportista do colexio La Purísima recollendo o seu premio./RAMSÉS.

Paredes e Teijeiro dominan na Ponte4 Na cuarta carreira do circuíto “Correndo x Ourense”.R. Torres

Disputouse o sábado �0 de xullo a cuarta carreira (dun total de seis) da tercei-ra edición do circuíto de ca-rreiras populares “Correndo por Ourense”.

Unha vez máis os ven-cedores absolutos foron en categoría masculina, Javier Paredes, e na feminina, So-nia Teijeiro.

O atleta ourensán da So-ciedad Gimnástica de Pon-tevedra compretou os 5�50

metros nun tempo de 17 minutos e �7 segundos. Por detrás del chegaron Luis Iglesias Raña (17:34) e Saturnino González (17:35), segundo e tercei-ro respectivamente.

En mulleres, Teijei-ro (Veteranos Ourense) empregou un tempo de �0 minutos e �1 segun-dos. Segunda foi Ana Mª Ocampo (�1:50) e tercei-ra, Silvia Teijeiro (��:�5).

Na clasificación xeral tanto Paredes coma Teije-iro son os dominadores.

En total foron máis de 400 os atletas populares participantes que non se perderon a cita.

DescansoPara a quinta carreira do

circuíto haberá que espe-rar ata setembro, xa que en agosto non se disputa ningunha. Será a carrei-ra da zona universitaria e terá lugar o domingo �9 de setembro.Atletas na carreira da Ponte./R. BLANCO.

Page 21: Xullo 2013 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSXullo de �013PUBLICIDADE

Page 22: Xullo 2013 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSXullo de �013 PUBLICIDADE

Page 23: Xullo 2013 - OUxB

�3Ourense por BARRIOSXullo de �013PUBLICIDADE

Page 24: Xullo 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXullo de �013

Page 25: Xullo 2013 - OUxB

Número: 121 - Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

SOCIEDADE Páx.13BARRIOS Páx.5 BARRIOS Páx. 5CIDADE Páx.2 OCIO Páx.18

Unha vez máis os vencedores absolutos foron en categoría masculina, Javier Paredes, e na feminina, Sonia Teijeiro./IÑAKI OSORIO.

400 atletas na carreira da Ponte [páx.20]

Entrevista a José Luis Peña, un dos 10 mozos

creadores da aplicación musical Wiimbo

Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

Do 24 ao 28 de xullo, Festas de Santiago Apóstolo na Ponte

Garantido o acceso público ás piscinas de pago de Oira

Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

[páx. 11]

Page 26: Xullo 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXullo de �013

Page 27: Xullo 2013 - OUxB

Número: 107- Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CIDADE Páx.3 OCIO Páx.18CIDADE Páx.2 DEPORTES Páx.20SOCIEDADE Páx.13

Cun investimento de 43.500 euros, a Concellería de Medio Ambiente acometeu obras de mellora neste parque de Mariñamansa./RAMSÉS.

Remodelación do parque da rúa Díaz Pulpeiro [páx.9]

O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

Amencer prepara un campamento de ve-rán “Como na casa”

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

O Claustro de San Francisco recibe cen visitas ao día

Entrevista a José Luis Peña, un dos 10 mozos

creadores da aplicación musical Wiimbo [páx. 11]

Page 28: Xullo 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXullo de �013

Page 29: Xullo 2013 - OUxB

Número: 70- Ano: XII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.2 OCIO Páx.18 DEPORTES Páx.20CIDADE Páx.3 SOCIEDADE Páx.13

O Claustro de San Francisco abriuse finalmente ao público o pasado 27 de xuño, podéndose de visitar de martes a domingo./P.LODEIRO.

Cen visitantes diarios no Claustro de San Francisco [páx.3]

Entrevista ao escritor Xosé Manuel Pacho,

gañador do Premio Rafael Dieste de teatro

O novo CD Ourense estreáse en casa o 30 de xullo

Los Suaves fomos todos: crónica do Derrame Rock

A Deputación ratifica o seu apoio aos preferentistas

O futuro de Montealegre estará na divulgación e na investigación

Amencer prepara un campamento de verán “Como na casa”

[páx. 14]