Xuño 2011 - OUXB

35
Número: 106 - Ano: X - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx. 6 CULTURA Páx.28 O botánico de Mon- tealegre, novo pulmón verde de Ourense Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas TEMA DO MES Páx.2 Entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fer- nández e Isabel Pérez Miguel Fuster gaña a 44 edición do Ralli de Ourense DEPORTES Páx. 25 O Nadal xa está aquí [páx. 15 e páx. 39-42] Protesta dos “indignados” [páx.7] Ourense está de festa [páx.29-31]

description

O botánico de Montealegre, novo pulmón verde de Ourense. Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde. As protesta dos “indignados" comparten portada co inicio das Festas de Ourense. Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas. Como tema do mes, destacar as nosas entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fernández e Isabel Pérez.

Transcript of Xuño 2011 - OUXB

Page 1: Xuño 2011 - OUXB

Número: 106 - Ano: X - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx. 6 CULTURA Páx.28

O botánico de Mon-tealegre, novo pulmón verde de Ourense

Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde

Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas

TEMA DO MES Páx.2

Entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fer-nández e Isabel Pérez

Miguel Fuster gaña a 44 edición do Ralli de Ourense

DEPORTES Páx. 25

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

Protesta dos “indignados” [páx.7]

Ourense está de festa [páx.29-31]

Page 2: Xuño 2011 - OUXB

� Ourense por BARRIOSXuño de �011 TEMA DO MES

Paula Lodeiro

Que valoración fai do resultado acadado por Democracia Ourensana nas pasadas municipais?

Gonzalo Pérez Jácome: “Dúas semanas antes con-taba case con dous conce-lleiros, pensaba que iamos nos 4.000 votos, pero 4.500 sorprendéronme. Ademais, é a primeira vez que un partido ourensán adquire representación no Concello na historia da democracia moderna”.

Cales cre que foron os motivos que lle outorga-ron ese resultado?

G.P.J.: “Cremos que se deu a tormenta perfecta: ha-bía descontento, un PP divi-do, un desgaste do PSOE e do BNG, e unha situación económica desastrosa. Nas pasadas eleccións acada-mos 1.700 votos e agora tocábanos dar o salto. De tódolos xeitos agora doume conta de que podiamos sa-car máis”.

DO quedou ás portas de ser partido chave, gus-taríalle esa posibilidade?

G.P.J.: “A min sí. Algúns do meu partido cren que é mellor estar na oposición e aprender. A min persoa-lmente gustaríame levar a cabo as ideas que teño”.

Como foi a súa toma de posesión como edil?

G.P.J.: “Non me gustou, son rituais, paréceme unha parvada. Nós estamos com-prometidos cos cidadáns, non precisamos ningunha promesa burocrática”.

Notan a presión de ser concelleiros?

ENtREvIstA A GONzALO P. JáCOME:

“serei o topo dos cidadáns no Concello”4 DO deu a sorpresa o pasado ��-M ao obter dous concelleiros.

G.P.J.: “Non, o que pasa é que agora empezan os ataques, como o que tive-mos na Rexión, de mani-pulación informativa. Pon que PP e DO piden 300.000 euros para facer oposición, e semella que nós estamos a demandar ese diñeiro todo, o cal é mentira. Nós só pe-dimos o que hai hoxe”.

Cre que o cambio na re-partición no diñeiro que se asigna a cada partido perxudica a DO?

G.P.J.: “Claramente. Es-taban a dar 1�.000 euros por partido, independente-mente dos seus concellei-ros, e agora din que vai a haber só �.000, por que se fai ese cambio? Porque en-tra DO”.

Que opinión merécelle o movemento 15-M? Co-ñece as súas propostas?

G.P.J.: “Non, e creo que non as coñecen nin eles. O gran fallo que tiveron é non ter propostas claras, como que hai que cambiar a lei electoral e reducir os pri-vilexios dos políticos. Pola contra, empezaron a facer propostas de esquerdas, que non teñen nada que ver con cambiar o sistema, e a atacar ao PP, cando o parti-do que goberna é o PSOE. Creo que o movemento está totalmente desnortado, politizado e eses rapaces non se enteran de nada”.

Que lles diría agora aos seus votantes?

G.P.J.: “Agora o único que lles pido é que calquera inquietude que teñan fágan-ma chegar para eu dirixila ao Concello. Tentarei ser o topo dos cidadáns alí”.

P.L.

Unha vez asimilados os resultados nada posi-tivos que acadou o BNG nas pasadas Municipais, Isabel Pérez afronta esta lexislatura co obxectivo de averiguar cales foron os erros que cometeron, pensando no beneficio da cidadanía, non do seu partido.

Que valoración lle merecen os resultados que o BNG acadou en Ourense nas pasadas eleccións municipais?

Isabel Pérez: “Os resul-tados do BNG nas pasadas eleccións non foron positi-vos, perdemos o apoio de parte dos cidadáns o que tivo como consecuencia a diminución no noso núme-ro de representantes. Polo tanto temos que buscar o porqué da perda deses apoios. As causas son múl-tiples e nada sinxelas de localizar. Está claro que en Ourense o que sucedeu foi que o pobo non quere un goberno monocolor do PP e sí revalidar unha opción de goberno non que dúas forzas políticas – PSOE e BNG- debían chegar a un pacto de gobernabilidade para os próximos catro anos.”

Había varios escena-rios posibles, por que o BNG optou por consti-tuir de novo unha coali-ción xunto a o PSOE?

I.P.: “O que sí que quedou claro cos resul-tados era que o BNG era determinante para com-

por o goberno da cidade de Ourense. Os tres concellei-ros do BNG determinaban que puidese gobernar o PP como forza máis votada, o PSOE en minoría pero co apoio puntual do BNG ou a coalición constante entre PSOE-BNG. Logo dunha asamblea na que se debati-ron todos estes escenarios posibles o BNG decidiu seguir formando parte do goberno local”.

Cre que os ourensáns non foron quen de ver todo o traballo realizado polo BNG?

I.P.: “Eu creo que a cuestion é que o PSOE foi quen focalizou ese traba-llo. Penso que os cidadáns sí recolleceron o traballo do goberno municipal, un goberno de coalición que polos resultados acadados desta volta seguen apoian-do. O que temos que facer durante os próximos catro anos é traballar de forma responsable, constructiva, dinámica e, por suposto, antepondo sempre o benefi-cio da cidadanía a calquera interese partidario, e niso está o BNG.”

Que opina do move-mento 15-M? Apoia as súas propostas?

I.P.: “Coñezo a súas pro-postas. O mesmo día que acamparon fun unha das primeiras persoas que me dirixín a eles anonimamen-te e sen interferir na súa forma de expresión para co-ñecelas. E dende o goberno municipal, evidentemente, estaremos atentos ás súas demandas”.

ENtREvIstA IsABEL PÉREz:

“O BNG debe buscar o porqué da perda de apoio”4 Para a nacionalista os resultados evidencian que Ourense quería de novo un goberno de coalición.

ENtREvIstA A ROsENDO FERNáNDEz:

“Faremos unha oposi-ción leal, construtiva e ao mesmo tempo vixiante”4 O voceiro popular insinúa que deixará o seu cargo de deputado auto-nómico para centrarse en Ourense.P. L.

Como valora os resul-tados electorais do PP en Ourense?

Rosendo Fernández: “O que quixeron os cidadáns é que o Partido Popular gaña-ra as elección; ben é ver-dade que o PP non gañou coa intensidade que todos prevíamos. Como partido responsable e de goberno intentouse chegar a acordos coas distintas forzas políti-cas para configurar un novo goberno municipal, pero creo que o bipartito tiña moi claro que quería reedi-tar un novo bipartito e polo tanto foron estériles as con-versas que intentamos con todos eles.

Nós imos estar polo tan-to como oposición, leal, de axuda, construtiva pero ao mesmo tempo vixiante dos proxectos estratéxicos para esta cidade. A cidadanía de Ourense non pode per-mitirse ese luxo de que os grandes proxectos queden paralizados: a integración da alta velocidade, o ter-malismo, o solo industrial e sobre todo o emprego”.

Vai compaxinar o seu papel como voceiro do PP co cargo de parlamenta-rio en santiago?

R.F.: “Eso imos decidilo estes días pero a miña inten-ción é facer unha oposición a pé de rúa; sempre dicimos que a política municipal é a que ten que recoller a pé de rúa en todos lugares do concello as necesidades e preocupacións dos cida-

dáns e non parece lóxico que sabendo ieso se faga unha oposición a case cen quilómetros”.

No PP hai moitos con-celleiros que se estrean, teme inexperiencia en labores de oposición do seu grupo?

R.F.: “Hai moita xente nova, que se estrea, pero en todo caso é xente moi formada que eu sei seguro que vai coller a dinámica municipal e ademais mo están demostrando xa es-tes días. Están perfecta-mente preparados para fa-cer oposición municipal”.

Que opina do reparto de áreas do goberno?

R.F.: “Foi un reparto que se fixo escenificando unha obra política-teatral de tira e afloxas, tiveron máis en conta o reparto partidis-ta que os intereses xerais. Teño moitas dúbidas de que se poida levar de forma coordinada e consensuada ese reparto que fixeron de turimo para un lado e ter-malismo para o outro”.

En relación ao move-mento 15-M, coñece e apoia as súas propostas?

R.F.: “Eu o único que vin foi sobre todo protestar ao grupo municipal do PP na toma de posesión. Non coñezo as súas propostas, máis alá dos berros que nos deron. De todas formas, comprendo os membros do 15-M, porque levamos uns anos de política estatal improvisada, a tumbos, e o que se promete e se di, se fai o contrario”.

Page 3: Xuño 2011 - OUXB

3Ourense por BARRIOSXuño de �011

Rodríguez aludiu ás liñas que marcarán esta lexislatura, entre outras, a chegada da alta velocidade, o urbanismo, ou a política social

TEMA DO MES

Paula Lodeiro

Todo foi segundo o guión previsto. Nunha sesión plenaria de 50 minutos, os concelleiros electos saídos da cita coas urnas do ��-M tomaron posesión do seu cargo e elixiron novamen-te ao socialista Francisco Rodríguez como alcalde de Ourense para os vindeiros catro anos.

Logo de consitutirse a mesa de idade, conforma-da polo edil de máis idade, José Luis Baltar, e a con-celleira máis nova, a so-cialista Susana Bayo, com-probáronse as credenciais e declaracións de bens e intereses e actividades dos concelleiros. As anécdotas viñeron no momento da toma de posesión dos edís. Os populares xuraron o car-go, mentres que o resto de concelleiros optaron pola fórmula de “prometo”; os dous concelleiros de Demo-cracia Ourensana engadiron a frase “por imperativo le-gal” e os edís nacionalistas prometendo cumplir e facer cumplir tamén “o Estatuto de Autonomía de Galiza”, ademais da Constitución. A futura tenente de alcalde, Isabel Pérez, fixo tamén re-ferencia á “memoria de Ro-salía, Castelao e Bóveda” na súa intervención.

Chegado o momento das votacións para elixir rexe-dor, non houbo sorpresas: 14 votos para Francisco Rodríguez (a suma de con-celleiros do PSOE e do BNG), 11 do PP para Ro-sendo Fernández e dous en branco, supostamente os

dos integrantes de DO.

Discurso de toma de po-sesión

No seu discurso de toma de posesión, Francisco Ro-dríguez amosouse “máis comprometido que nunca coa miña cidade, co seu progreso económico e so-cial e co benestar dos seus veciños e veciñas”. Afirmou asumir o seu segundo man-dato “desde a serenidade que concede a expereincia acumulada nos primeiros catro anos, pero coa ilusión intacta e coa gratitude redo-blada”.

O rexedor ourensán fixo alusión no seu discurso ás liñas que marcarán o seu go-berno nesta lexislatura: retos como a chegada do tren de alta velocidade; a busca de solucións de ordenación ur-bana “modernas, realistas, ancoradas en sólidas bases de seguridade xurídica”; a xestión dun modelo de des-envolvemento urbano “har-mónico e sustentable”, unha política social “concebida como un dereito dos cida-dáns; e a continuidade nos proxectos de cidade.

Rodríguez pechou a súa intervención recordando os versos de Machado: “sigo pensando que os servidores públicos debemos camiñar ‘lixeiros de equipaxe’ sen máis carga nas nosas alfor-xas que o interese común, sen outro negocio que aquel que xera dividendos colec-

tivos, e co indeclinable compromoiso de engran-decer unha única empresa chamada Ourense”.

ProtestasNo exterior da casa con-

sistorial unha vintena de mozos “indignados” corea-ron consignas como “non hai pan para tanto chouri-zo” mentres durou a sesión plenaria, e agardaron para abuchear os políticos á súa saída, fortemente custo-diados por unha ducía de axentes da Policía Local e Nacional.Algúns deles pui-deron seguir o pleno desde a tribuna de invitados, des-de onde ensinaron carteis co lema “concello vixiado”.

Rodríguez afronta o seu segundo mandato “máis comprometido que nunca” con Ourense4 O socialista foi elixido alcalde con 14 votos, os que suman o seu partido e o BNG.

Foto de familia da nova corporación municipal/RAMSÉS.

4 Constituídos os grupos municipais e repartidas as atribucións de áreas aos edís

A nova lexislatura mu-nicipal bota a andar. Os catro partidos con repre-sentación constituíron xa os seus grupos munici-pais. Agustín Fernández, Isabel Pérez, Rosendo Fernández e Gonzalo Já-come serán, respectiva-mente, os voceiros dos grupos socialista, nacio-nalista, popular e Demo-cracia Ourensana.

En canto á Xunta de Goberno Local, estará presidida polo alcalde e integrada polos socialis-tas Áurea Soto, Agustín Fernández, José Ángel Vázquez Barquero e José Carlos Martínez-Pedrayo, e os nacionalistas Isabel

Pérez, Fernando Varela e Marta Arribas, ademais de por Carmen Rodríguez Da-costa, que repetirá como edil non electa encargada do Persoal. A Xunta reuni-rase con carácter ordinario cada mércores.

Reparto de competenciasTamén está xa decidido

o reparto de áreas entre os concelleiros do grupo de goberno. Aurea Soto segui-rá á fronte de Urbanismo, área á que suma Infraes-truturas; Marga Martín, de Benestar Social e Saúde; Agustín Fernández, de Fa-cenda. Antonio Rodríguez Penín asumirá Perímetro rural, mentres que Ana Ga-

rrido seguirá sendo conce-lleira de Educación e María Devesa de Participación Ci-dadá. Dos novos edís socia-listas, José Ángel Vázquez Barquero asume Promo-ción económica e emprego, Comercio e Termalismo; José Carlos Martínez-Pe-drayo, Servizos xerais; Su-sana Bayo, Limpeza viaria e Transporte público; e Mo-nica Vázquez, Igualdade, Voluntariado e CIMM.

No BNG Isabel Pérez se-gue con Cultura, á que suma Turismo; Marta Arribas cambia de área e xestionará o Medio Ambiente ademais de Mocidade, e Fernando Vare-la engade Vivenda e Rehabi-litación urbana a Deporte.

Page 4: Xuño 2011 - OUXB

4 Ourense por BARRIOSXuño de �011 PUBLICIDADE

Bodegueros Asociados do Condado, referente do sector dentro e fóra de Galicia

Na vida real de calquera ser humán, a ilusión, a per-severancia, a superación de malos momentos, fai que se creen atmósferas ue nalgúns

casos semellan de fición. Este é o caso da empresa galega Bodegueros Asocia-dos do Condado, que naceu da ilusión de dous empre-sarios unidos polo amor ao viño, as terras traballadas e ao sabor das cousas ben feitas.

Cúmprense agora máis de 15 anos de cando Xosé Castro e Luis Cid iniciaron a súa andadura profesional polo mundo da alimenta-ción e en especial no dos viños e licores da súa terra natal, Galicia.

No seu laboratorio elabo-rouse a primeira botella de Crema de Oruxo, un licor totalmente descoñecido por aquel entón no territorio español, revolucionando desta maneira o mercado dos licores cun produto que ao longo do tempo se con-vertiu nun dos mellor valo-

rados.Anos máis tardes estes

dous empresarios come-zaron a preocuparse polo mundo do viño.

variedade de viñosNas súas bodegas asocia-

das elabóranse os mellores caldos:

- Albariños con D.O. Rías Baixas, como DA VIÑA GALEGA e SEÑORÍO DA TERRA GALEGA.

- Ribeiros con D.O. Orixe Ribeiro (MEU VIÑO XO-VEN e MEU VIÑO EX-PRESIÓN).

-Tintos mencía da D.O. Orixe Bierzo (ALMA TE-RRA XOVEN e ALMA TERRA CRIANZA �005).

- Albariños Colleiteiros (albariño, ribeiro, mencía e barrantes).

- Viños turbios e viños de mesa (por exemplo, BLAN-

CO SELECCIÓN).Unha ampla oferta viní-

cola que se completa con licores (de herbas, oruxo ou licor café) de renome como DOMONTE GALEGO e CHATINO GALEGO.

Bodegueros Asociados do Condado ofrece ao sec-tor da alimentación e ao consumidor final a diario o seu saber facer profesional

e a súa honestidade. A súas marcas comer-

ciais podemos atopalas na restauración máis distingui-da (incluso fóra das nosas fronteiras), así como nas mellores tendas de alimen-tación.

En canto ao seu segredo para paliar a complicada crise económica actual, estes dous empresarios téñeno moi claro: “traba-llamos o dobre ca antes, mimamos máis que nun-ca a nosa rede comercial e tratamos de non desviarnos nin un ápice do que no seu día marcamos como o noso camiño a seguir. A ilusión e o mellorar día a día os no-sos procesos de calidade, innovación e presentación, garantizan que poidamos seguir adiante coa empresa aínda en situacións non tan favorables”.

En definitiva, a fórmu-la segreda de Xosé Castro e Luis Cid para ofertar un produto e un servizo de gran calidade nun mercado sempre competitivo non é outra que traballar a diario “por amor ao viño”.

Bodegueros Asociados do Condado ofertan viños albariños, ribeiros e men-cías, así como gran variedade de licores

Page 5: Xuño 2011 - OUXB

5Ourense por BARRIOSXuño de �011PUBLICIDADE

Academia Mar Sequeiros imparte un curso de AUTOCAD

El programa de diseño asistido por computador más utilizado

Hoy en día, en el competitivo mercado laboral, el dominio de las nuevas tecno-logías, es imprescindible.

Amplía tu formación asistiendo al curso, impartido por Celso Grande Gallego, de AUTOCAD (Mechanical Desktop) en los meses de verano, en la Academia Mar Sequeiros. Este programa de diseño asistido por ordenador para dibujo en dos o tres dimensiones, es uno de los más usados, elegido por arquitectos y gran-des profesionales.

Curso de pintura

por Marga MondeloMarga Mondelo, co-

nocida pintora orensana, imparte en la Academia

Mar Sequeiros, clases de dibujo y pintura al

óleo; para niños, jóvenes y adultos, durante los

meses de julio y agosto.

Descubre y desarro-lla tu creatividad con

nosotros.

[Más información en el 988 �54 786 y

988 603 841]

“La pintura me atribula y me atormenta de mil maneras como exigente enamorada… Al amanecer me apresuro y corro a este trabajo fascinante como a los

pies de la enamorada más querida” (Delacroix)

Page 6: Xuño 2011 - OUXB

6 Ourense por BARRIOSXuño de �011 BARRIOS

Deterioro no parque do PinoOs veciños do barrio do Pino están preocupados pola

“situación tan deteriorada que sofre o parque e a súa con-torna, á parte doutras zonas verdes do barrio”. Aseguran levar moito tempo agardando que algunha partida orza-mentaria se destine á mellora desta zona, pero pasaron os anos e non notaron cambios significativos.

Por iso propóñenlles aos responsables políticos unha serie de medidas a tomar, como mobiliario urbano, un parque infantil homologado, o mantemento e reparación permanente destas instalacións ou un sistema de rega axeitado.

4FOTO DENUNCIA

Montealegre, novo pulmón verde de Ourense4 Os concelleiros que non repiten despídense inaugurando obras pendentes.

Un dos camiños no novo parque botánico de Montealegre.7RAMSÉS.

EN BREVE

4 Camiñata polo Barbaña

As asociacións Carlasca e Arranxar organizan, con colaboración municipal e da Deputación, a I Cami-ñata Medioambiental Vol-ta aos Ríos Barbaña e Bar-bañica. A cita é o sábado �5 de xuño, con saída ás 10 horas desde o parque entre os dous ríos.

Os participantes recibi-ran unha camiseta técnica e unha bolsa-mochila de recordo, e o final do per-corrido celebrarase un sor-teo de regalos.

4 Nova licitación do centro cívico de Seixalbo

O Concello de Ourense licitará de novo o proxecto de construción dun Cen-tro Cívico en Seixalbo, despois de que a empresa adxudicataria, Constru-cións Riotorto, abandoara as obras que lle foran contratadas. A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para liquidar o contrato e requerir unha indemnización á empresa de 171.374 euros.

O proxecto prevé a reha-bilitación dun inmoble de 400 metros cadrados para convertelo en punto de en-contro de maiores, mozos e nenos e desenvolver nel todo tipo de actividades.

4 Apertura de piscinas

Os ourensáns xa poden gozar da tempada de baños nas piscinas públicas. Xa están abertas as piscinas do Parque Tecnolóxico, do Complexo de Monterrei, a exterior dos Remedios e as de Oira, estas últimas de acceso gratuíto.

Convenio para construír un novo vial de acceso ao barrio do CucoRedacción

O Concello vén de aca-dar un acordo cos veciños do barrio do Cuco para dotar duns novos accesos a esta zona da cidade, que permitan eliminar as for-tes pendentes, de ata o 35%, existentes na actua-

Imaxe do parque do Pino.

P.L.

Os concelleiros do gru-po de goberno que non re-piten esta lexislatura apro-veitaron os últimos días para inaugurar obras pen-dentes. Así, a apertura do parque botánico de Mon-tealegre serviulle de acto de despedida ao anterior edil de Medio Ambiente, mentres que unha presen-tación de libros no bulevar das Burgas supuxo o adeus público de Ana Garza, a que fora concelleira de Turismo e Termalismo.

Parque botánicoO Complexo Ambiental

Botánico de Montealegre vén a converterse no novo pulmón verde da cidade, 1��.000 metros cadrados dedicados ao coñecemento e goce da natureza. O in-vestimento de máis de tres millóns de euros permitiu transformar este entorno

lidade. O alcalde asinou un convenio de planeamento polo que oito veciños do barrio cederán gratuitamen-te os terreos necesarios para construír este novo vial, que será executado polo Conce-llo, quen lles recoñecerá o aproveitamento correspon-dente no futuro plan de ur-banismo.

Se a Xunta autoriza a in-clusión deste vial na orde-nación urbanística provisio-nal, o Concello procederá a encargar o proxecto e licitar e executar as obras.

de extraordinario valor pai-saxístico e natural nun gran complexo de espazos di-dácticos e recreativos uni-dos entre sí por itinerarios divulgativos, dotado cun miradoiro panorámico, un Centro de Interpretación e Investigación, un auditorio ao aire libre e zonas de ma-gosto.

O parque de Monteale-gre abrirá as súas portas dede martes a venres de 10 a 15 horas, e os sábados e domingos de 10:30 a 18:00 horas.

Parque de San LázaroDemetrio Espinosa tamén

aproveitou os seus últimos días como concelleiro de Medio Ambiente para facer unha visita ao parque de San Lázaro, onde se están a remodelar as súas zonas axardinadas e de xogos. A intención municipal é que as áreas infantís poidan en-trar en servizo antes de que-

remate o mes.

Bulevar das BurgasPola súa parte, a nacio-

nalista Ana Garza realizou o seu último acto como concelleira no corazón termal da cidade. A que fora concelleira de Turis-mo e Termalismo presen-tou no espazo do futuro Xardín Bulevar das Bur-gas (aberto en parte para este acto), o libro “As Burgas de Ourense, Ben de Interese Cultural”, que ensalza a categoría de es-pazo protexido deste sím-bolo da cidade, así como o colgante cerámico rea-lizado por Sargadelos, re-interpretación do camafeo en vidro de orixe romana atopado durante as esca-vacións na zona.

O parque de Mon-tealegre abrirá de martes a domingo

Page 7: Xuño 2011 - OUXB

7Ourense por BARRIOSXuño de �011CIDADE

Redacción

Baixo o lema “Europa para o pobo, non para os mercados”, máis de mil ourensáns sumáronse este domingo 19 de xuño á manifestación convoca-da por Democracia Real Xa e Acampada Ourense, contra o chamado “Pacto

EN BREVE

4 A valenzá: críticas ao novo goberno

O voceiro socialista en Barbadás lanza duras crí-ticas contra a xestión do PP, que volveu gañar as eleccións, por aumentar o número de dedicacións dos concelleiros do grupo de goberno. Xosé Carlos Valcárcel afirma que “non é un exemplo de austeri-dade que cinco dos sete concelleiros do PP teñan algún tipo de dedicación ó Concello”, o que significa-rá un desembolso mensual de 7.�00 euros para as ar-cas municipais.

Para o socialista, a dupli-cación de dedicacións par-ciais “constitúe unha falla de respecto á veciñanza porque parece que con este tipo de decisións se están pagando adscricións políti-cas”. Valcárcel lembra que no seu programa electoral o PP “alardeaba de que a alternativa ao goberno lo-cal de Barbadás era un caro e ineficiente bipartito”.

do Euro”. Logo de congre-garse na praza Maior, os manifestantes percorreron a rúa do Paseo ata a Subde-legación do Goberno, onde se deu lectura aos manifes-tos. Sen consignas políticas pero con carteis nos que amosaban a súa oposición aos recortes sociais impos-tos pola Unión Europea, e

Centos de “indignados” protestan na rúa polos recortes sociais4 Ourense sumouse ás manifestacións convo-cadas por Democracia Real Xa.

4 Identificados dous grafiteiros

A Policía Local vén de identificar a un dúo de grafiteiros, presuntos auto-res de varios actos vandá-licos baixo a modalidade de “vandal”, consistente en deixar a súa firma na maior cantidade de luga-res posibles, utilizando compoñentes ácedos e tin-tas moi corrosivas.

Os axentes iniciaron unha investigación hai máis de dous meses en-camiñada a identificar aos autores deste acto vandálico, establecendo un itineraio desde a praza das Mercedes ata a praza do Couto, onde reside un dos dous mozos identifi-cados.

Este é o sexto grupo de grafiteiros identificados en dous anos pola Policía Local, corpo que insiste na necesidade de denunciar estes actos vandálicos, tan-to para a súa investigación como para a reclamación de danos en vía xudicial.

Aspecto da manifestación no momento da lectura dos manifestos fronte á Subdelega-ción do Goberno. /P.L.

que reclamaban un maior protagonismo da sociedade civil nas decisións dos go-bernos: “Democracia non é partitocracia” ou “Recortes si pero onde fai falla” foron algúns dos lemas que se po-dían ler.

A marcha tivo un marca-do carácter festivo, e desen-volveuse sen incidentes.

4 Reunión sobre urbanismo

O alcalde e a edil de Urbanismo abordaron a situación urbanística da cidade con representantes da Cámara de Comercio, da CEO, da Asociación Provincial de Empresarios da Consctrucción, e dos Colexios de Arquitectos, Aparelladores, e Enxeñei-ros.

Ao remate da xuntan-za, Aurea Soto explicou o complexo da situación actual, co PXOM de �003 anulado, e instou a estes colectivos a sumarse ás súas propostas. “Se imos todos xuntos e o que pre-ocupa é o interese públi-co, nós nos comprome-temos a resolvelo, pero necesitamos que ese sexa o concepto de toda a cida-de e dos colectivos máis relevantes”. A concelleira de Urbanismo suliñou a importancia de que os no-vos documentos urbanísti-cos que se preparen sexan “seguros xuridicamente”.

Page 8: Xuño 2011 - OUXB

8 Ourense por BARRIOSXuño de �011

A Asociación de Em-presarios Inmobiliarios de Ourense (ADEIDO) vén de por en marcha a segun-da edición do seu proxecto “Rehabilitación”, co cal busca a recuperación do patrimonio arquitectónico e a fixación de pobación nos 9� concellos de Ourense, ao mesmo tempo que se dinamice a vida económica da provincia coa posta en valor de todas as súas posi-bilidades.

Aqueles concellos que asinen este convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, tal e como si-nalou o presidente deste co-lectivo, Benito Iglesias.

Polo momento, sete mu-nicipios ourensáns xa res-poderon afirmativamente a esta iniciativa: Xunqueira de Espadañedo, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín, Es-gos e Maceda. Alcaldes e concelleiros de Urbanismo atenderon as explicacións que os empresarios do sec-tor inmobiliario lles fixeron no transcurso dun xantar -coloquio no castelo de Ma-ceda.

Vantaxes de “Rehabili-tación II”

A primeira vantaxe de formar parte deste proxecto é a publicación das propie-dades para vender no portal inmobiliario de ADEIDO (www.pisoenourense.com)

a custo cero. Ademais, ADEIDO con-

ta co apoio do despacho de avogados ARL, que ofrece aos residentes nos muni-cipios vencellados á ini-ciativa o rexistro das súas propiedades –a principal demanda coa que a aso-ciación se atopou durante a primeira edición de “Re-habilitación”- nas mellores condicións do mercado (con servizo in situ, asesoramen-to personalizado e un �0% de desconto na tarifa).

Tamén colabora o estudo de arquitectos Daniel López Ben & Pablo Noya Suárez, que ofrecerán aos interesa-dos en rehabilitar un �0% de desconto así como infor-mación de balde sobre as li-ñas de axuda nesta materia que estean en vixencia no momento.

Por exemplo, a que na actualidade oferta a Xunta de Galicia para aquelas vi-vendas sitas no trazado do Camiño de Santiago (con achegas que acadan ata o 75% do presuposto ata un máximo de 11.600 euros). Desta área de rehabilitación benefícianse as vivendas situadas nos municipios de Ourense, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Laza, Trasmirás, Cualedro, Monterrei, Oí-mbra, Verín, Vilardevós, Riós, A Mezquita, Castrelo do Val, A Gudiña, Vilariño de Conso, Piñor, San Cris-

ADEIDO pon en marcha o proxecto “Rehabilitación II”Proxecto pensado para recuperar o patrimonio arquitectónico ourensán e fixar poboación no rural

Rolda de prensa de presentación do proxecto “Rehabilitación II”; no centro, Benito Iglesias, presidente de ADEIDO.

tovo de Cea, Vilamarín, Amoeiro e Coles.

Ademais dos particulares, as axudas tamén benefician aos concellos, que poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización no ámbito das áreas de rehabilitación (ata o 60% do orzamento das obras).

Xornada formativasEste proxecto complétase

cunha serie de xornadas for-mativas que ADEIDO pon a disposición dos concellos para facilitar á poboación coñecementos en materia de rehabilitación a través dunha información clara, comprensible e agrupada.

Benito Iglesias, nun momento do xantar-coloquio no Castelo de Maceda.

ADEIDO reuníu a alcaldes e concelleiros de Urbanismo no Castelo de Maceda nunha xuntanza explicativa sobre o proxecto “Rehabilitación II”.

Os concellos que asinen o convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar

a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, sinalou o seu

presidente, Benito Iglesias

ADEIDO realizará xornadas informa-tivas para facilitar á poboación co-ñecementos en materia de rehabi-litación a través dunha información

clara, comprensible e agrupada

especial ADEIDO

Page 9: Xuño 2011 - OUXB

9Ourense por BARRIOSXuño de �011PUBLICIDADE

Page 10: Xuño 2011 - OUXB

10 Ourense por BARRIOSXuño de �011

O conselleiro de Presi-dencia, Administracións Públicas e Xustiza fixo o anuncio da próxima pre-sentación do Plan Estra-téxico da provincia tralo seu paso pola delegación territorial de Ourense, dentro do marco das visi-tas que está levando nos últimos días polas delega-cións territoriais da Xunta, para poder coñecer as súas demandas, necesidades e a súa actividade cotiá.

En Ourense o titular de Presidencia resaltou que a delegación da Xunta nesta provincia leva un aforro duns tres millóns de euros nestes dous últimos anos: “ nun desglose rápido: sol-dos dos antigos delegados provincias, a estrutura que tiñamos ao redor, en resci-sión de alugueiros que xa non eran necesarios, afo-rros en gasto corrente, na administración xudicial nas notificacións...”

Segundo resaltou Rue-

Alfonso Rueda avanza a próxima presentación do Plan Estratéxico do Plan Impulsa OurenseO conselleiro de Presidencia remarca o papel de tutela do plan que exercerá o delegado terri-torial e as xefaturas territoriais.

da, os datos avalan que o novo modelo da estrutura periférica polo que apos-tou a Xunta hai dous anos está plenamente consolida-do e ten repercutido nunha maior eficacia e eficiencia nas delegacións, nun afo-rro para as arcas públicas e nunha mellora no servizo que se presta aos adminis-trados. Rueda cifrou en “seis ou sete millóns de euros” o aforro total previs-to para toda a lexislatura.

Importante labor das delegacións

O conselleiro subliñou o importante labor que levan a cabo as delegacións como enlace entre Xunta e conce-llos e recordou a importan-cia de manter contactos cos alcaldes, para así reforzar a colaboración e a coopera-ción entre administracións para ofrecer o mellor ser-vizo aos cidadáns, xerar sinerxías e evitar duplicida-des. Nesa liña, o conselleiro

especial PLAN IMPULSA

destacou que nestes dous primeiros anos de traballo o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Mar-tínez, levou a cabo case 1.000 visitas a empresas da provincia, audiencias a empresarios, audiencias a cidadáns e actos.

Visita aos xulgados de Celanova

Alfonso Rueda, acompa-ñado do director xeral de Xustiza, Juan José Martín desprazouse logo á loca-lidade de Celanova, onde puido comprobar as obras de remodelación que se levaron a cabo nos Xulga-dos, e onde a Xunta aportou máis de �60.000 euros.

As obras tiveron por obxecto a reforma e adap-tación da planta primeira para xulgado. Ademais, instalouse un ascensor, aire acondicionado en varias salas, cambiouse o solo e realizouse a redistribución dalgúns espazos.

A administración periférica da Xunta en Ourense aforra tres millóns de euros en dous anos

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e aos xefes territoriais.

En menos dun mes estará presentado o Plan Estratéxi-co do Plan Impulsa Ouren-se, segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. “Co cal xa lle dará carta de natureza definitiva a todas as medidas que se viñeron facendo ata o de agora, as medidas transitorias que su-puxeron a mobilización dun investimento preto dos 50 millóns de euros”, explicou Rueda. Este Plan Estratéxi-co é unha actualización do realizado no seu día polo Inorde na que se identifica-rán os grandes problemas, necesidades e alternativas da provincia a medio prazo.

En relación ao Plan Impul-sa Ourense, o titular de Pre-sidencia destacou o impor-tante labor de promoción, difusión e coordinación que a delegación territorial da Xunta en Ourense realiza, xa que dende a súa posta en marcha, o delegado man-tivo reunións cos técnicos do Igape, coa comisión de seguimento e participou en xornadas informativas nos concellos da provincia e coas principais asociacións e axentes sociais. Ese será tamén o papel que asuman, unha vez presentado o Plan Estratéxico, tanto o dele-

O conselleiro de Presidencia na visita aos xulgados de Celanova.

gado como as xefaturas te-rritorias máis directamente afectadas, segundo expli-cou Alfonso Rueda. “Terán que tutelalo e seguilo e ver se se están cumplindo os obxectivos”, dixo.

Plan Impulsa OurenseO Plan Impulsa Ouren-

se é un proxecto posto en marcha pola Goberno ga-lego que contempla unha lina de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense. Para tal fin, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que apor-te riqueza e equilibrio so-cioeconómico á provincia.

Este programa conta, ademais do apoio da admi-nistración autonómica, co respaldo dos axentes so-ciais, sindicáis e patronais.

O plan busca potenciar os sectores estratéxicos da economía da provincia, impulsar actuacións em-prendedoras de alto valor competitivo e produtivo, fomentar a creación de emprego, e desenvolver o tecido socioeconómico da provincia como xeito de equilibrio territorial. O Im-pulsa Ourense apoia inves-timentos a partir de �00.000

euros. No caso dos proxec-tos de primeira implanta-ción, terán garantida unha subvención a fondo perdi-do mínima do �0%; e para creación de novos estable-cementos (ampliación, mo-dernización ou innovación tecnolóxica), os proxectos a realizar en Ourense terán un apoio mínimo do 15% dos custos subvencionables.

Page 11: Xuño 2011 - OUXB

11Ourense por BARRIOSXuño de �011PUBLICIDADE

Page 12: Xuño 2011 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSXuño de �011 especial CCA COUTO CENTRO

O 25 DE XUñO, NO BALNEARIO DE LAIAS

CCA Couto Centro organiza as III Xornadas de estrés no pequeno comercioEste mes, o centro comercial aberto celebra tamén o seu primeiro desfile de moda, o día 30

O Centro Comercial Aberto Couto Centro inicia en xuño unha nova campa-ña de dinamización comer-cial que ten no termalismo o incentivo para as com-pras nos comercios do ba-rrio. Coa colaboración da Concellería de Comercio, Turismo e Termalismo, a asociación comercial está a repartir entre os seus clien-tes invitacións á piscina termal das Burgas.

Os 137 socios de CCA Couto Centro dispoñen de algo máis de 600 pases á instalación termal das Burgas para agasallar aos clientes que realicen algun-ha compra nos seus locais.

“Esperamos que como as dúas últimas campañas (as dos días do Pai e da Nai) teña unha gran aceptación e que o recinto das Burgas se encha con clientes do Couto”, agar-daba o presidente de Couto Centro, Julio Prol.

CCA Couto Centro reparte invitacións para a piscina termal das Burgas

O Centro Comercial Aberto Couto Centro orga-niza a terceira edición das Xornadas de estrés no pe-queno comercio, que terán lugar o próximo sábado día �5 de xuño no balneario de Laias - Caldaria, en horario de tarde.

Nas devanditas xornadas, dirixidas aos asociados, a asociación de comerciantes do Couto contará coa pre-senza de Jon Aldeiturriaga, xerente do CCA Zona vella de Bilbao, que explicará aos asistentes a importancia de pertencer a un centro co-mercial aberto.

Tamén está confirmada a asistencia do psicólogo e técnico de Benestar Social do Concello de Ourense, Miguel Guerra, que diser-tará sobre “habilidades e recursos persoais para a xestión empresarial”.

A xornada completara-se cunha parte práctica de “ai-chi” (unha disciplina que implica a realización de exercicios de relaxación nun medio acuático), ac-tividade impartida por un profesor cualificado.

O obxectivo desta activi-dade é axudar aos asociados

a buscar fórmulas para eli-minar o estrés xerado pola actividade comercial diaria, e a canalizalo en enerxía positiva que poder trasladar ao cliente de cara a unha posible venda.

Esta xornada conta co pa-trocinio da Dirección Xeral de Comercio, o IGAPE e a Concellería de Comercio.

I Desfile de modaCouto Centro segue coas

súas actividades de pro-moción do comercio local e así, o próximo xoves dia 30 de xuño, celebrarase o I Desfile de moda CCA Couto Centro. A cita será na praza da Chave, de �1 a ��:30 horas, e a entrada é gratuita.

Con esta iniciativa os co-merciantes pretender ache-gar aos clientes a moda e complementos dos estable-cementos asociados e inten-tar incentivar as compras na campaña de rebaixas que comezará ao dia seguinte. O evento estará presentado por Vidal Lopez de Cadea 100 e Isabel Risco da TVG, e ademais haberá actua-cións, musica, agasallos, sorteos e algunha sorpresa.

Cartel das Xornadas de estrés no pequeno comercio orga-nizadas por CCA Couto Centro.

Cartel das Xornadas de estrés no pequeno comercio orga-nizadas por CCA Couto Centro.

O presidente de Couto Centro, Julio Prol, e a anterior concelleira de Turismo, Ana Garza, na presentación da campaña.

Julio Prol, en Caldaria.

Ofrecer fórmulas contra o estrés xerado pola actividade comercial

diaria é o obxectivo das III Xornadas do estrés no pequeno comercio

Couto Centro organiza o primeiro desfile de moda no que presentará

roupa e complementos dos seus asociados

O centro comercial aberto do Couto reparte este mes entre os seus clientes máis de 600 entradas á piscina termal

das Burgas

Page 13: Xuño 2011 - OUXB

13Ourense por BARRIOSXuño de �011PUBLICIDADE

Page 14: Xuño 2011 - OUXB

14 Ourense por BARRIOSXuño de �011 OPINIÓN

4O RINCÓN DE PEPE

Non é unha despedidaHai apenas uns días que

a nova corporación mu-nicipal de Ourense, saída das pasadas eleccións do 22 de maio, tomou po-sesión. Rematou así un período de oito anos nos que participei da vida municipal como conce-lleiro: os primeiros catro anos, como concelleiro con responsabilidades de goberno; os catro seguin-tes, como concelleiro na oposición. En un e noutro posto, cunha decida e sin-cera vocación de servir ós meus conveciños como mellor puiden.

Foron, teño que dicilo, os mellores anos. Un vin-te por cento da miña vida, estivo volcada na cidade de Ourense e nos Ouren-sáns. Puxen toda a miña alegría, a miña ilusión e todo o meu esforzo. Se ti-vera agora que facer ba-

lance, sería, para min, moi positivo. Nestes oito anos tiven ocasión de coñecer a moitos dos meus veciños, de saber cales eran as súas necesidades. Esforceime por atender cantas pui-den, cos medios dos que dispoñía. Pero sobre todo, aprendín moito deles. Ato-peime con moita xenerosi-dade, con persoas que es-taban dispostas a traballar por Ourense, dende o mo-vemento veciñal, dende o mundo da Cultura, dende a xuventude, dende os colec-tivos dos maiores... Intentei sempre estar a súa altura e espero non haber defrauda-do a ninguén.

Este artigo non é unha despedida, pois como fixera antes de ser concelleiro, se-guirei traballando por facer un Ourense mellor. Como emprendedor, como persoa que cre realmente na ini-

ciativa privada e no esforzo para loitar contra calquera crise. Quero que saiban os lectores de Ourense por Ba-rrios, como o resto dos ci-dadáns de Ourense, que este que vos escribe, seguirá tra-ballando coa mesma ilusión e naquelo que poida seguir sendo útil aos meus veciños poden contar conmigo.

Quero rematar dando as grazas. Grazas aos que confiaron en min e me per-mitiron ter a oportunidade de vivir estes oito anos de servizo público. E grazas tamén aos que coa súa crí-tica me axudaron a facelo mellor. Para os meus com-pañeiros de partido que entraron agora na nova corporación e para os con-celleiros do resto dos gru-pos municipais, o meu des-exo de que podan sentir o mesmo que sentín eu.

Pepe Araujo

As festas de santiago4HISTORIA DE PONTE CANEDO

Por que veñen as auto-ridades á procesión e á misa das Festas do Após-tolo dende o primeiro día da fusión de Ourense con Ponte Canedo? Porque é o seu deber, por cumplir ou porque as Festas do Apóstolo xunto ás do Cor-pus son as celebracións patronais de Ourense e Ponte Canedo e ambas teñen o mesmo rango. Entón por que unhas as financia integramente o Concello e as outras te-ñen que afrontalas os ve-ciños de Ponte Canedo?

Co risco de ataque por parte da SGAE, risco para o presidente da comisión de festas porque aínda hai un caso pendente coa comisión do ano 99, cuxo presidente era Gilberto Novo (D.E.P.) e a quen piden responsabilidades, xa que existía un seguro que cubría o evento, do accidente laboral que su-friu naquel ano un obreiro dunha das atraccións. É insólito que a viúva teña que estar pendente do que aconteza coa deliberación sobre este accidente. Ao meu entender a esta se-ñora había que liberala, e A Troya con todos os ve-

ciños e o noso Concello co seu saber e experiencia ti-ñan que ser xenerosos coas xentes de Ponte Canedo.

Agora as Festas do Após-tolo atravesan un momento insólito e triste, que non ten sentido. As festas van facer-se con máis ou menos pom-posidade e hai que deixar de botarse a culpa duns a outros. Pode que A Troya teña máis culpa que nin-guén, quizais, pero eu como veciño tamén teño a miña parte de culpa, vostede que me le pode que tamén teña unha pouca e o sistema dic-tatorial de Franco existente nos anos 40 tamén. Se da-quela existise democracia Ourense hoxe en día tería 60.000 habitantes e Ponte Canedo, 40.000 ou máis, sendo concellos distintos.

En fín, o pasado pasado está, ao feito hai que botar-lle peito. Collamos o touro polos cornos, poñámonos no sitio que nos corres-ponde (veciños, parroquia, A Troya, todos en xeral), provoquemos unha reunión na nosa marxe do río Miño e elixamos entre todos as xentes e as formas nas que queremos que se realicen as nosas festas.

En fin, creo que na vida

teñen que surxir problemas para que os pobos tomen decisións e no caso das Fes-tas do Apóstolo que sexa o pobo o que decida. A Troya, a parroquia, os nativos, de-bemos admitir todos que as nosas festas non dependen só de nós, senón tamén da xente que nos honra elixin-do vir a elas. Todos os nosos veciños, sexan da provincia ou de fóra, teñen dereito a opinar e colaborar para conseguir devolverlles o esplendor que sempre tive-ron as nosas festas. Nada de improvisacións, carrei-ras contra reloxo, o “aquí mando eu”, nin nada polo estilo. As festas son de to-dos. Non importa quen dirixa as próximas festas, mentras o faga xente con ilusión e que aporte cousas novas. O importante é que o noso querido Ponte Canedo se sinta orgulloso das súas festas e que o Concello, De-putación, etc. tomen nota das nosas inquedanzas. Loitemos por unhas festas dignas, sen présas e co con-seguinte éxito, que o noso pobo tanto merece. Moitas grazas por lerme e que os nenos, mozos e maiores go-zen dunhas agradables e felices festas!

Pepe da Guardesa

Page 15: Xuño 2011 - OUXB

15Ourense por BARRIOSXuño de �011

OPINIÓN / SAÚDE

4GUÍA DE SAÚDE [Se quere anunciarse nesta sección chame ao teléfono 988 �39 634]

4PAIS E FILLOS

A semana pasada na miña consulta unha nai preguntábame como podía explicarlle á súa filla ado-lescente que era o amor e como era unha relación sá de amor.

Eu lembrei a compara-ción que fai unha amiga miña economista moi sim-pática das relacións amo-rosas. Ela compara ao ser amado cuns zapatos “Hai zapatos preciosos de tacón que che encantan pero que che fan moito dano, ou lle pos tiritas ou os quitas, outros zapatos son mais cómodos pero mais feos e non van co teu estilo ou realmente non che gustan nada.. Non temos que con-formarnos nin cuns nin con outros, temos que buscar o zapato que nos encante e co que sintamos totalmente a gusto, que apenas sinta-mos, que forme parte de nós e fáganos sentir ben”.

Pode parecer unha fri-volidade, un conto estilo

O amor nos zapatosCincenta, pero se o desme-nuzamos ben é unha compa-ración incriblemente boa e acertada.

Noutra liña máis profesio-nal atopamos a magnífica teoría triangular do amor do psicólogo estadounidense Robert Sternberg que indica que o amor posúe tres com-poñentes:

- A intimidade, que é o vín-culo afectivo.

- A paixón, é un estado de intenso desexo.

- E o compromiso, por manter ese amor.

Os diferentes tipos de amor poden ser explicados con diferentes combinacións destes elementos, uns cuan-tos exemplos poden ser:

- Falta de amor: non exis-te paixón nin intimidade nin compromiso.

-Encaprichamiento: é o que comunmente se chama «amor a primeira vista». Só paixón.

- Amor baleiro: existe unha unión por compromiso,

pero a paixón e a intimidade morreron ou nunca existiron, como nos matrimonios por conveniencia.

- Amor romántico: posúe-se intimidade e paixón. Por exemplo, Romeo e Xulieta.

- Amor de compaña: ató-pase frecuentemente en ma-trimonios nos que a paixón despareceu, pero hai un gran agarimo e compromiso co outro. Tamén se atopa na familia e nos amigos pro-fundos, é unha relación sen desexo, pero con gran inti-midade.

- Amor consumado: é a forma completa do amor. Representa a relación ideal entre a intimidade, a paixón e o compromiso.

E quen mellor que un Nobel da literatura , Gabriel García Márquez, para expli-car o amor: “Quérote non por quen es, senón por quen son cando estou contigo”.

Diana salgado, psicóloga, tlf. 650 131 742

Que é ? A sedación consciente é

un estado médicamente con-trolado de diminución da conciencia, pero conservan-do os reflexos protectores. Trátase dunha técnica me-diante a cal o paciente respi-ra unha mestura de osíxeno e óxido nitroso, que produce unha sensación agradable e relaxante, quitando o temor e o nerviosismo durante a intervención Non se trata só da eliminación da dor, senón tamén de suprimir a angustia e crear sensación de confort e seguridade, me-llorando as condicións de traballo operatorio do seu dentista ao cirurxián im-

4O DENTISTA EN CASA

O noso servizo de “sedación consciente”plantólogo.

Quen a pode recibir? Está especialmente indica-

da para pacientes con ansie-dade, con medos ou fobias a tratamentos dentais, nenos, diminuídos psíquicos, disca-pacitados físicos, pacientes con cardiopatías, epilépticos ou asmáticos. Sobre todo, para pacientes que desexen unha estabilidade emocional e relaxación durante a inter-vención e para poder realizar varios tratamentos nunha soa sesión, evitando múltiples vi-sitas ao dentista .

Quen a fai? Realízase por un anestesis-

ta titulado que controla a súa correcta administración e o

estado xeral do paciente. É segura? É unha técnica altamente

segura. Coa monitorización do paciente e as doses de fár-macos empregadas habitual-mente para unha sedación consciente podemos conside-rar que os riscos son mínimos. A sedación consciente é utili-zada de forma habitual en clí-nicas dentais de países como EE.UU., Australia, Inglaterra, Francia...

Acabado o tratamento, e tras uns minutos de repouso, o paciente sae da consulta polo seu propio pé e sen ningún tipo de efectos secundarios.

Clínica Dental sto. Domingo

4VETERINARIA

Estamos a piques de estrear o verán, unha das estacións nas que màis poderemos dis-frutar dos nosos amigos de catro patas, mais horas de luz, calorciño que fai máis agra-dables os paseos mañaneiros e sobor de todo quen mais e quen menos disporá dunhas muy merecidas vacacións. Para aproveitar o noso tempo libre cos nosos cans e evitar os molestos e as veces peri-gosos problemas de pel que poden xurdir nestas datas, fa-remos un pequeno resumo das doenzas dermatoloxicas e os coidados, para evitalas, que deberemos prestar os nosos amigos caninos.

Prevención da leishmanio-se: se ata fai ben poucos anos esta enfermidade era una des-coñecida para a maioría dos propietarios de cans da nosa cidade , por desgracia cada vez é màis doado atopar casos de cas propios ou coñecidos afectados ou no peor dos casos mortos por esta doenza. Sabe-

Riscos do verán para a pel das nosas mascotas

mos que a época de calor é a máis perigosa para o contaxio do parasito que sempre vai a ser inoculado nos nosos cans por unha picadura de mosqui-to. Ata que se atopen tratamen-tos eficaces o cen por cen ou vacunas, a millor prevención é tentar evitar que os mosquitos piquen as nosas mascotas. A teoria dice que non debemos pasear a primeira hora da maña ou derradeira da tarde, non preto de zonas humidas como ríos ou lagoas…..claro que en Ourense pasear en xu-llo o can polo monte as tres da tarde non é tampouco o máis apropiado nin para a saude do can nin para a nosa…así que poderemos botar man das mosquiteras nas ventás en cans que vivan en interior e o millor que hai ata dagora tanto para os que viven dentro coma os de fora da casa son os “repelentes de mosquitos caninos” que hai no merca-do, collares , pipetas….dende marzo ata outubro son os me-

llores aliados na prevención desta grave doenza.

Infestación por pulgas e carrachos: se ven pode non semellar algo tan perigoso como a leishmaniose o au-mento da “actividade” e do número de parásitos nestas épocas de calor pode des-encadear moitos problemas xa non estéticos, cando o can se nos para na rúa para rañarse, senón alerxias, feridas, dor, picazón e en casos de infestazons graves , anemias e contaxio de pa-rasitos hematicos. Como no caso anterior o uso de bos productos antiparasitarios que o veterinario lle acon-sellará según cada tipo de pelo e dependendo dos hábi-tos e zonas nas que vivan os animáis será suficiente para evitar contacto con estos in-deseables inquilinos.

[continua no nº seguinte]Marta Fernández Llano,

veterinaria de Abros

O pasadizo de Alicia no país dos

torpesRecentemente inaugura-

do, de 4 metros de ancho, 5 metros de altura e 44 de longo, fronte ao parque in-fantil do Pino e a 20 metros da unión da rúa Euloxio Gómez Franqueira coa rúa Río Arnoia, para dar servizo peanil aos veciños da Cha-pa, Santa Ana, San Pedro, O Paraiso, Bobadela, etc.

Renfe, Concello e auto-ridades non saben que a xornada ten horas de día e horas de noite e en Pon-te Canedo, gracias a Dios, aínda non hai toque de que-da para que a xente se reco-lla como as galiñas ao anoi-tecer. Como se atreven a

4FOTO DENUNCIA

por este pasadizo en funcio-namento sen ningún punto de luz? Se tivesen que pasar os seus pais, mulleres e fillos por el, estarían vostedes tan tranquilos? A xente destes pobos merecen respeto. De momento, as pintadas que hai nos muros do mesmo son: “Alicia”, un corazón,

un boneco, “papá”, “lidi” e “88”. Nos tempos nos que vivimos, nos que acon-tecen casos tan fóra da ra-zón, non se pode xogar coa seguridade dos cidadáns Menos publicidade e máis seguridade!

Pepe da Guardesa

Page 16: Xuño 2011 - OUXB

16 Ourense por BARRIOSXuño de �011 PUBLICIDADE

Page 17: Xuño 2011 - OUXB

17Ourense por BARRIOSXuño de �011 PUBLICIDADE

Page 18: Xuño 2011 - OUXB

18 Ourense por BARRIOSXuño de �011

4OFERTAS DE EMPREGO

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas

ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible �4 horas, gratuíta e con

actualizacións diarias ]

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 �39 634 ou en [email protected]. Gratuí-

tos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva

chamarnos]

VENDAS TRABALLOPISOSMércanse mobles ou electrodomés-ticos de �º man e cómpranse obxec-tos antigos. Tel. 664 893 10�.véndese somier de láminas de madeira, 150x190cm. con estruc-tura reforzada de seis puntos. total-mente novo. Prezo: 80 euros. Tel: 647 540 133vendo dúas hamacas de praia ple-gables con respaldo abatible en va-rias posicións e reposabrazos, fácil desprazamento coas rodas (inclúe colchonetas). Perfecto estado, case sen uso. As dúas por 50 euros. Tel: 647 540 133véndese coellos caseiros.6 euros /quilo. 988.�1.38.14 véndese bolsas de golosinas para cumpleaños. 988.�1.38.14 vendo alfombrillas de opel sin es-trenar a bo prezo Tel 639.713.600véndese finca en zona Barxas-cu-deiro a 3 qm. de Ourense en terreno edificable. 1800 metros cadrados e excelentes vistas.En Gustey (Ourense) véndense dúas fincas: unha de 500m2 a 40 metros de Gustei e outra na zona chamada Bouzo de 1�00m�. Telé-fono 6�7608758vendo piano Yamaha en moi bo estado. 4.000 euros. Tel. 657 546 �10 ou [email protected] vendo mobiliario de perruquería en bo estado. Tel: 678 578 40�Compro apuntes ou libros da opo-sición aux administrativo Sergas.Tel. 639 713 600 vendo cociña de leña nº 7 Hergom. Tel. 663 034 �6�vendo viño de colleita da Ribeira Sacra, e augardente. Tel: 647 404 4�8vendo cuna e moisés de neno a bo prezo. Tel: 988 �1 10 59vendo silla de nenos de 0 a 3 anos para coche marca JANE, prezo 50 euros. Tlf: 636 3�.95.�4.vendo vehículo en moi bo estado. Renault �1. AA. Peche automáti-co. Dirección asistida. Gasolina. Pintura metalizada. Quilómetros: 149.469. teléfono: 6�7608758vendo lotes de roupa de segunda mán en bo estado. Tel: 6�� 655 886vendo coche de bebé Jané Carrera 3 pezas (silla+capazo+maxicosi). 1�0 euros. Tel. 637 75 66 87vendo Yamaha SR Special �50 año 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cam-bio aceite, alforjas, etc... Agasallo cascos, candado, funda e seguro. Prezo 1100 euros, teléfono 680 568 378.

vendo casa pola estrada de San-tiago, con finca. Tel: 637 005 910.Alúgase apartamento amoblado con garaxe zona Couto. tel. 606 56 9� �8 e 988 61 �7 8�.Particular aluga � apartamentos de 1 e � habitacións fronte á praia en Montalvo. En verán. Tel. 607 �7 19 16Urxe vender piso � habitacións en Praia América, a cinco minutos da praia. Negociable. Tel. 636 4� �4 97.Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e � habitacións, axar-dinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións, a 400 m da praia. Tel. 607 �7 19 16 (tardes-noites).Vendo dúplex en av. Santiago. Tel. 616 98 94 1�.Busco para aluguer en verán (15 días / 1 mes) casa ou piso en pobo da costa galega. Tel. 603 543 668.Alúgase apartamento amobla-do, novo � dormitorios a 100m da praia Lanzada. Tel. 663 777 690.vendo ou cambio por piso, chalet na “Castellana”. Tel.678 018 105.Alúgase piso en A Ponte (zona Mercadona), amoblado, 3 hab., � baños, garaxe e trasteiro. 465 euros máis 7� euros comunida-de ao mes. Máis información en �[email protected]úgase piso zona universitaria, 4 habitacións, salón, cociña, baño e aseo. Tel. 670 ��7 667Alugo piso Couto amoblado, ca-lefacción, exterior, bo prezo. Tel. 637 005 910.vendo piso en R/Bonhome. 85 m�. Salón, comedor, dous dormi-torios, baño 3 cociña amoblada. Piso exterior, 1ª planta, con ascen-sor. Teléfono: 636.171.879Alugo piso en Albufereta (Alican-te) para os meses de xullo, agosto e setembro, con terraza. Ascensor á praia. Tel: 666 080 665 / 985 366 611Vendo finca en Rivela de 800 m� con auga, luz e alcantarillado (en-fronte embarcadeiro, edificable). Prezo: 36.000 euros. Tel. 689 130 868 / 6�� 655 886.vendo piso 96 m� con garaxe, buhardilla e adega na praza do Couto, exterior, 165.000 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Alugo habitación céntrica a chica o señora. Tel: 687 134 387véndese finca en zona Barxas-cudeiro a 3 qm. de Ourense en terreno edificable. 1800 metros cadrados e excelentes vistas..

Oferta Nº 979�16 Localidade: Ourense Posto ofertado: Direc-tor/a de ocio e tempo libre. Para coordinar as actividades dun cam-pamento durante oito días no mes de xullo. Imprescindible estar en posesión do titulo de Director/a de lecer e tempo libre. Oferta Nº 979�15 Localidade: Ourense Posto ofertado: Asesor/a de telecomunicacións. Encargarase de realizar venda de servizos de te-lefonía fixa, móbil, acceso a Inter-net e comercialización de produtos informáticos. Requírese experien-cia, da menos dous anos, en postos de comercial ou vendas, valorándo-se no sector. Con coñecementos de Microsoft Office, aplicacións Web e permiso de conducir B. Ofrécese traballo a xornada completa. Oferta Nº 979�07 Localidade: Ourense Posto ofertado: Car-niceiro/a. ecesítase persoal para realizar tarefas de atención o pú-blico, reposición de mercadorías, despece, corte e fileteado de pro-dutos cárnicos para a súa venda. Imprescindible experiencia previa mínima de cinco anos en posto si-milar. Ofrecen contrato a xornada completa. Oferta Nº 979�05 Localidade: Ourense Posto ofertado: De-pendente de comercio. Necesítase persoal para atención de clientes, venda e colocación de mercado-ría nunha tenda de alimentación. Requírense coñecementos de in-formática, valorándose experien-cia previa en atención ao público. Ofrecen traballo a xornada com-pleta en quenda partida de mañá e tarde, de luns a sábado. Oferta Nº 979�04 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Medioambien-te). Encargarase da captación e fidelización de clientes para unha empresa dedicada á elaboración e colocación de colectores para a recollida de residuos. Visitará em-presas de construción e de recollida de residuos, así como organismos oficiais. Necesaria dispoñibilidade para desprazarse por toda España. Ofrecen vehículo de empresa e contrato laboral. Oferta Nº 979�03 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Electricidade). Precisan persoal con experiencia e coñecementos relacionados coa

electricidade para tarefas comer-ciais. Necesario permiso de condu-cir B e vehículo propio, así coma dispoñibilidade de incorporación inmediata. Ofrécese traballo a xornada completa e contratación a través dunha empresa de traballo temporal . Oferta Nº 979�01 Localidade: Ourense Posto ofertado: Depen-dente de carnizaría. Encargarase da atención dos clientes dunha carnizaría - charcutaría, así como da reposición de mercadoría nas vitrinas, corte de embutidos, etc. Necesaria experiencia mínima de seis meses no posto. Ofrécese tra-ballo a media xornada, en horario de tardes, de luns a xoves, venres mañá e tarde e sábados mañá (�0 horas semanais). De �0 a 40 anos. Oferta Nº 979�00 Localidade: Ourense Posto ofertado: Moni-tor/a de actividades de animación. Realizará a supervisión e xestión dunha área de xoguetes así coma actividades de animación: obrado-iros, xogos, cancións, etc. Nece-saria experiencia no ámbito da in-fancia. Ofrecen traballo en quenda de tarde de luns a venres e sábados pola mañá. Entre �3 e 40 anos. Oferta Nº 979199 Localidade: Ourense Posto ofertado: Comer-cial para axencia de viaxes. Se-lecciónase persoal con titulación mínima a nivel de Ciclo Superior en Axencias de viaxes ou Turismo, para realizar funcións de atención a clientes e venda de billetes. Necesa-ria experiencia no posto e dominio do programa Amadeus. Valorarase que teñan coñecementos en idiomas. Ofrecen traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida e os sábados pola mañá. Oferta Nº 979195 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empre-gado/a do fogar (Interno/a). Para acompañar unha familia durante os meses de xullo e agosto, á zona da praia en Baiona. Realizará tare-fas de pasalo ferro e preparación da comida. Ofrecen traballo como interno/a. Imprescindible expe-riencia acreditada no posto.Oferta Nº 979194 Localidade: Ourense Posto ofertado: Elec-tricista oficial. Empresa da cidade necesita persoal con titulación de Ciclo Medio de Electricidade, per-miso de conducir e vehículo pro-

pio. Realizará tarefas de coloca-ción de tubos, equipos eléctricos, cablear, conexións, montaxe de cadros, etc. Horario partido. Oferta Nº 979193 Localidade: Ourense Posto ofertado: Pei-teador/a oficialSalón de peiteados necesita ofi-cial de 1ª con experiencia míni-ma de seis a oito anos. Realizará tarefas de corte, peiteado, aplicar tintes, mechas, extensións, etc. Ofrecen traballo a xornada com-pleta. De 30 a 55 anos. Oferta Nº 97917� Localidade: Ourense Posto ofertado: Axen-te comercial (Sector: Enerxía). Distribuidor oficial de importan-te compañía eléctrica selecciona persoal para realizar visitas a empresas e particulares ofre-cendo os produtos da empresa, cambios de comercializadora, etc. Imprescindible permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen contrato mercantil con horario a convir. Incorporación inmediata. A partir de �5 anos. Oferta Nº 979164 Localida-de: Ourense Posto ofertado: Dependente de comercio. Para realizar atención de clientes e manexo de caixa nun estable-cemento dedicado á compra de ouro. Necesaria experiencia en postos de cara ao público. Ofre-cen traballo a media xornada ou xornada completa. Entre �0 e �8 anos. Oferta Nº 97916� Localidade: Carballiño (O) Posto ofertado: Asesor/a de produtos financei-ros. seguradora de ámbito na-cional selecciona persoal entre �3 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan de comercio encamiñado a xestionar unha ofi-cina comercial. Necesario carné B, formación a cargo da empre-sa. Ofrecen contrato mercantil a xornada completa con salario fixo mais variables. Oferta Nº 979156 Localidade: Ourense Posto ofertado: Ope-rario/a de panadaría. Panadaría precisa persoal para cubrir vaca-cións durante os meses de xullo e agosto. Necesaria experiencia acreditada na elaboración de pan e empanadas. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda de noite (de 01:00 a 07:00 horas).

Fanse traballos de graffitti, todo con espray, bonecos, letras, paisaxes... en interiores, exteriores, persianas, mu-ros, etc. Tel. 664 74 3� 73Reformas en xeral, yeso e mortei-ro, pintura, etc. Tel. 697 439 066.Límpanse fincas. Tel: 630 5�1 448.Coidanse persoas maiores en hos-pitais e domicilio, con titulación sociosanitaria a persoas dependen-tes e Alzheimer. Telf 676 9�8 138Fanse traballos de limpeza, casas, portais... Telf 638 604 806Limpianse portales muy economi-cos. Prezos nunca vistos. Informa-ción 673584873Clases personalizadas de mate-máticas, todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico.Tel. 610 38� 589, [email protected]écese rapaza con título de cor-te e confección e deseño para rea-lizar arranxos en roupa. Tel. 617 430 580.Coidanse persoas maiores e nenos, danse clases particulares e realizanse tareas do fogar así como limpeza de casas, pisos escaleiras e prancha.... telf 6769�8138.Clases personalizadas de matemá-ticas. A todas etapas e niveis, 15 anos de experiencia profesional. A domicilio. Económico.Tel. 610 38� 589 e [email protected] por horas- Señora de 40 anos, seria e responsable, con co-che propio, realiza traballos por horas, polas tardes: limpezas, pran-cha, portais, compra... Tfn. 647 933 637.Particular fai todo tipo de arranxos de roupa. Tlf: 988.�5.53.0�Busco traballo de 1 a � horas para coidar persoas enfermas ou anciás. Auxiliar de enfermeria e xeriatria con ampla experiencia. Zona Xardín e Mariñamansa. Tel. 6�0 05� 173Clases particulares a domicilio. Verán �011. Primaria: todas as asignaturas.. ESO-bachiller: ma-terias de Ciencias e inglés, tecni-cas de estudio, informática básica. 1� anos de experiencia. Material didáctico propio. Visita informa-tiva e primeira clase gratuita e sen compromiso. Tlf. 678700573, 988375081. [email protected] traballos de pintura en pisos e locais. Tlf: 636.3�.95.�4Ofrécese chica responsable para realizar limpeza de portais, econoó-mico, seriedade. Tel. 663.171.301Danse clases particulares tlf 678 3�1 391

CLASIFICADOS

Page 19: Xuño 2011 - OUXB

19Ourense por BARRIOSXuño de �011

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

Sábados

Domingos e festivos

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Fax: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, M.Pintos, X. Martiñá, D. Rodríguez, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº106/96/8�/45 - Ano: X - Xuño �011 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 90� 1�0 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116Cita previa SERGAS 90� 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Mantemento 988 �69 380Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención ao menor 900 �0� 010Teléfono Dourado 900 ��� ��3Telemprego CIMO988 39 15 �5Asoc. Diabética Auria 988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcohólicos Anón. 646 645 119�4h. Alcoh. Anón. 988 �69 540Alcoh.Anón. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

SERVIZOS

7:007:307:458:008:158:308:459:009:159.3510:0010:�510:55 11:�0

7:�07:508:108:�58:408:559:109:�5*9:4010:0010:30 11:00* 11:�01�:05 1�:30

11:401�:051�:301�:50 13:05 13:�013:4014:1014:3015:0015:3015:4516:0016:�0

1�:45 13:0013:15 13:30*13:50 14:1014:3515:0015:3015:5516:1016:3017:0017:3018:00

16:4017:0017:3018:0018:3019:0019:3019:50�0:05�0:40�1:00�1:�5��:00

18:3019:0019:3019:45�0:00*�0:�0�0:40�1:05�1:�5�1:50��:15

8:008:40 9:3510:35 11:30

8:�09:1010:0511:0511:55*13:15

1�:50 13:35 14:40 16:0017:00

14:0015:�016:3017:3018:3019:30

18:0019:00�0:00�1:00

�0:30�1:�5

9:3010:30 11:451�:50

10:0011:101�:�513:30

13:00 16:0017:0018:00

16:3017:3018:3019:30

19:00�0:00�1:00

�0:30�1:�5

4AUTOBUSES URBANOS: www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 eurosTarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudian-te: 0,40 eurosGratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos

4SUDOKU (fácill)

4HUMOR [Todas as viñetas en http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com]

4HUMOR [todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

4AVISO

Cadela desaparecidaDesaparecida o 15 de xuño cadela mestiza de tamaño

mediano, cor rubia e pelo liso curto, na zona da praza Mil do Vinteún (xunto ao Sexto Instituto). Atende por ‘Vani’ e levaba un collar vermello.

Se a atopa chame ao 615 86 73 76.

Page 20: Xuño 2011 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSXuño de �011

especial REDE CEMIT

A Xunta de Galicia está a impulsar a alfabetización dixital e a inclusión tecno-lóxica de todos os galegos a través da Rede CeMIT (Centro para a Moderni-zación e Inclusión Tec-nolóxica), na actualidade presente xa en 89 munici-pios galegos. Na provincia de Ourense contan cunha aula CeMIT os concellos de Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, A Bola, Allariz, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Ce-lanova, Leiro, Manzaneda, Sarreaus, Ribadavia, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e a capital ourensá.

A Rede CeMIT nace cos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e social-mente Galicia, en especial onde a fenda dixital faise máis evidente, e impulsar, potenciar e difundir os co-ñecementos nas tecnoloxías da información e a comuni-cación en tres colectivos principalmente: cidadanía, profesionais TIC e empre-gados públicos.

Así pois, a Rede CeMIT configúrase como un im-portante vehículo para a posta en práctica de inicia-

tivas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabi-lidade, a competitividade empresarial, a e-Inclusión, o e-Benestar e o empuxe da e-Administración.

A Rede CeMIt da Xun-ta de Galicia

Un aula CeMIT é un es-pazo acondicionado acus-ticamente e de estética particular que dispón de material informático (orde-nadores, impresoras, etc), equipo de videoconferen-cia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios: accións forma-tivas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desen-volver.

Estas aulas ofrecen un servizo apropiado para fa-miliarizar á cidadanía coas canles e soportes audiovi-suais e multimedia e faci-litan o acceso de balde a internet. Funcionan como lugares de encontro, de formación e de promoción multimedia.

A Xunta impulsa a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica a través das Aulas CeMIT19 concellos da provincia xa dispoñen destes centros nos que se difuden coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación

Un obradoiro de alfabetización dixital na aula CeMIT de Verín nas materias de iniciación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo ou base de datos, e busca de emprego na rede.

A Rede CeMIT iniciou a súa andaina este ano e na actualidade conta con 89 concellos adheridos, que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías

para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT.

A Rede é un servizo pú-blico e gratuíto para toda a cidadanía financiado pola Xunta de Galicia en colabo-

ración cos concellos onde se sitúan. O compromiso adquirido polo Goberno galego é que cada cidadán conte cunha aula de Moder-nización e Inclusión Tec-nolóxica a menos de trinta minutos da súa residencia.

Esta rede de centros for-ma parte da Axenda Dixital �014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia �010-�014 que ten como fin conseguir a converxen-cia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano �0�0.

1.000 cursos de forma-ción

Dos 89 municipios co-nectados, 53 asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contrata-ción dun axente TIC que impulsará as actividades no centro definidas no Plan de

Formación �011.O Plan de Formación

�011 da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) re-colle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos. Este programa, que chegará ao redor de 1�.000 usuarios mediante formación presencial e on-line, constitúe a plasmación da aposta do Goberno ga-lego polo fomento do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, tanto entre os colectivos máis afectados pola fenda dixital como en-tre os profesionais e o ám-bito empresarial.

O contido do Plan de For-mación e a carta de servizos están dispoñibles no enlace http://cemit.xunta.es.

Unha Aula CeMIT é un espazo acondicionado acusticamente que dispón de material informático, equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control

que permiten recrear diferentes escenarios, como accións formativas, videoconferencias ou visionado de audiovisuais

Videoconferencia nunha aula CeMIT da provincia.

O Plan de Formación 2011 da Rede CeMIT recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se

impartirán en 89 concellos

Page 21: Xuño 2011 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSXuño de �011PUBLICIDADE

Page 22: Xuño 2011 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSXuño de �011

SMaFF, servizo municipal de apoio a familias con fillos con problemas conductuais puntuaisÉ un servizo da Concellería de Sanidade posto en marcha hai ano e medio.

A Concellería de Sanida-de do Concello de Ouresne puxo en marcha, hai ano e medio, o SMaFF, un servi-zo municipal de apoio a fa-milias con fillos con proble-mas conductuais puntuais.

O SMaFF orienta, ase-sora, media e deriva se é necesario, a familias con fi-llos que se atopen diante de situacións puntuais difíciles de comportamento (fracaso escolar, saídas nocturnas, inicio de consumo de subs-tancias, etc.) que afecten ou poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicosocial do grupo ao que pertencen.

O SMaFF ofrece atención psicolóxica e inclúe:

- análise da situación- atención individualiza-

da- mediación entre os

membros en conflicto- dotación de recursos e

habilidades en resolución de conflictos

- orientación na toma de decisións

- alternativas para mini-mizar riscos

- información de recursos existentes e derivación se é necesario.

O servizo é gratuíto, con cita previa no teléfono 988 510 6�� da Concellería de Sanidade.

O servizo está a cargo de persoal cualificado: unha psicóloga e unha técnica de prevención e educación familiar. É de carácter per-sonalizado, individualiza-do, confidencial e gratuíto. Atende as chamdas de pe-tición de orientación pre-sencial, nas que presenten

problemas ou situacións difíciles puntuais, dando ao usuario día e hora para manter unha entrevista de orientación presencial.

Unha vez que o usua-rio acceda ao servizo de orientación presencial informaráselle de forma clara, detallada e com-prensible cun máximo de tres sesións, salvo que sexa necesario continuar polas súas características particulares.

Finalizadas as entre-vistas de orientación psi-colóxica, pódese dar por pechado o caso ou realizar unha derivación externa a outros recursos especia-lizados ou da rede social que se axusten de forma máis axeitada ás necesida-des dos usuarios.

Folleto e cartel promocional do SMaFF.

O SMaFF orienta, asesora, media e deriva se é necesario, a familias con fillos que se atopen diante de situacións puntuais difíciles de comportamento

(fracaso escolar, saídas nocturnas, inicio de consumo de substancias, etc.)

O servizo que ofrece o SMaFF é de carácter personalizado, individualizado, confidencial e gratuíto

Finalizadas as entrevistas de orientación psicolóxica, pódese dar por pechado o caso ou realizar unha

derivación externa

especial SANIDADE

Page 23: Xuño 2011 - OUXB

�3Ourense por BARRIOSXuño de �011

PUBLICIDADE

Page 24: Xuño 2011 - OUXB

�4 Ourense por BARRIOSXuño de �011

Son moitos os alumnos que non poden esquecerse dos libros durante o verán, debido ás materias suspen-sas. Por iso durante as súas vacacións, ademais de des-cansar, teñen que traballar para conseguir o aprobado. A motivación, o control e as explicacións dos profesores son a clave do éxito de Pos-tal Instituto, que cada ano logra que os alumnos su-peren en máis dun 90% as súas materias suspensas.

Para aprobar as materias pendentes fai falta moita forza de vontade, un con-trol diario e sobre todo unha motivación que faci-lite as ganas de compren-der e de estudar día a día. Segundo a experiencia de máis de �0 anos de Postal Instituto, na actualidade a desmotivación é a principal causa do fracaso escolar. A iso hai que engadir a base que arrastran os alumnos curso tras curso -funda-mentalmente na ESO-, que xustifica a necesidade de reforzar o seu traballo con clases de apoio.

Cando comezar...O ideal sería planificar

ao longo do curso o apoio daquelas materias nas que o alumno floxea e comezar as clases en setembro ou outu-bro. A experiencia confirma que os estudantes con apoio diario conseguen resolver os problemas de base de anos anteriores e superar con éxito o curso no mes de xuño. Con todo, son moitos os mozos que non o logran e vense abocados a aprovei-tar ao máximo o verán para conseguir salvar o curso na convocatoria de setembro.

Onde acudirPara garantir o éxito na

preparación é necesario acudir a centros recoñe-cidos, legalmente auto-rizados, amparados pola Asociación de Academias e que cumpran con todos os requisitos dun ensino de calidade: profesores con experiencia, instalacións adecuadas, medidas de se-guridade e comodidade, seguros escolares así como toda a documentación ad-ministrativa que poidamos

Veranear con libros: co curso ao lombo

necesitar: recibos, certifica-dos, matrículas...

Grupo Academia Postal Grupo Academia Postal,

a través da súa sección de Recuperacións e Apoio ao Estudo, ofrece seriedade, motivación, control e un profesorado totalmente de-dicado ao alumno. O seu traballo, avalado por unha experiencia de �5 anos, permite aos docentes coñe-cer á perfección non só os contidos das materias que se imparten nos centros de Ourense, senón tamén as peculiaridades de cada co-lexio e de cada profesor.

A finalidade é sacar

adiante ao alumno e de-mostrarlle que é capaz de aprobar. A recompensa: máis de 700 estudantes que cada ano pasan polo centro de apoio de Grupo Academia Postal.

Para conseguilo hai que sortear unha serie de difi-cultades, como o escaso tempo, a diminución da motivación polo estudo no verán e mesmo as altas temperaturas. Para superar todas estas dificultades, cóntase cun sistema de ti-torías, que permite non só un control diario das asis-tencias e do rendemento do alumno, senón tamén unha maior interrelación entre o profesorado e as fa-milias. Este sistema, unido aos grupos reducidos e á relación directa profesor-alumno, leva a un éxito asegurado na maioría dos casos. Ademais o departa-mento de orientación acon-sella en cada caso a mellor opción para conseguir o aprobado: clases en grupos ou individuais, técnicas de estudo, técnicas para aumentar a concentración e mesmo terapias para di-minuír a ansiedade ante os exames.

EDUCACIÓN

O Portovello será un centro integrado de FP o próximo curso4 O alumnado de ESO e Ba-charelato deberá trasladarse ao IES Lagoas.Redacción

O instituto Portovello convertirase no próximo curso nun centro integrado de Formación Profesional. Un cambio ao que se opón o claustro de profesores e o seu alumnado, xa que obrigará aos 134 estudan-tes de ESO e Bacharelato do centro a continuar os seus estudos no IES La-goas, e a parte do seu pro-fesorado a trasladarse a outro centro.

Desde a Consellería de Educación explican que o novo instituto está a me-nos de �00 metros do ac-tual “co que non se causa ningún prexuízo ao alum-

nado nin ás súas familias” e xustifican o traslado na necesidade de espazos para os novos ciclos formativos. En canto aos ensinantes, te-rán dereito e prioridade na escolla doutro centro da súa zona.

A conversión do Portove-llo nun centro integrado de FP significará un aumento de prazas do �1,5%, pasan-do das �9� actuais ás 37� do vindeiro curso. Contará cun ciclo superior en Edu-cación Infantil, con 30 pra-zas na ensinanza presencial e 50 na que se presta a dis-tancia.

O instituto ourensán será adaptado aos novos estudos durante os meses de verán.

Page 25: Xuño 2011 - OUXB

�5Ourense por BARRIOSXuño de �011DEPORTES

Fuster gaña o 44º Ralli de Ourense4 Os seus máximos rivais pronto perderon toda opción de vitoria en Ourense.Redacción

Miguel Fuster co seu copiloto Ignacio Aviño alzáronse campións da 44 edición do Ralli de Ouren-se logo de que os seus ri-vais máis directos tiveran percance ao longo da pro-ba. Hevia e Vallejo rom-peron o seu motor ás pri-meiras de cambio mentras que Xevi Pons que ía en primeira posición sufriu un pinchazo na metade do

Un coche no primeiro tramo do rali. /RAMSÉS

ralli para, posteriormen-te ter que abandonar (por unha saída de pista) no pe-núltimo tramo da proba ao apretar para tentar subir ao podio.

No autonómico ven-ceron os irmáns Vello co seu Citroën C� R� Max, con máis de oito minutos de ventaxa sobre Adolfo López y Miguel Míguez, sobre un Mitsubishi Lan-cer Evo IX.

Redacción

A pasada fin de semana foi a fin de semana das co-pas. O sábado disputábase no Couto a final da Copa Deputación B onde se en-frontaban Loñoá e Entri-mo; a copa marchou para Loñoá ao vencer por un gol a cero, obra de Pablo.

Ao día seguinte, turno para a final A onde Alla-riz e Verín medían as súas forzas no mesmo escena-rio que �4 horas antes coa final B. A vitoria foi parar a terras do Támega ao do-bregar ao seu rival por tres goles a un. No minuto 1, os verineses xa dominaban no marcador cun gol de Alfre-do; na segunda metade em-pataría o Allariz de penalti (que transformou Yago). Os de Tonino non se ami-lanaron e aos poucos mi-

Copa Deputación para Loñoá, verín e En Xogo 4 Disputáronse as copas Deputa-ción de fútbol e de fútbol sala.

nutos desfarían o empate cun gol de Fran. A punti-lla para os alaricanos foi o terceiro gol marcado por Pablo García.

Tamén o domingo, pero pola mañá, tiveron lugar en Taboadela as finais da Copa Deputación de fút-bol sala onde en catego-ría feminina o Cidade de As Burgas logrou un ano máis o título ao vencer có-modamente ao Castrelo de Miño. En categoría mas-culina a final estivo moi emocionante tendo que chegar á tanda de penaltis onde o En Xogo levantou a copa non sen polémica xa que os colexiados non querían dar como gol le-gal unha pena máxima transformada por un xo-gador do En Xogo. O En Xogo / Karlaska tamén foi o campión en Provincial.

Redacción

Iván Docampo e Marta Fernández proclamáronse en Maceda campións ga-legos de 5 quilómetros en ruta. Ainda que a vitoria masculina foi para o atleta marroquí Hassan Lekhili, a súa presenza non com-putaba para o galego polo que a primeira posición foi para o atleta da Socie-dad Gimnástica de Pon-

Docampo e Fernández campións4 Nos 5 quilómetros en ruta.

tevedra, Iván Docampo; no podio o acompañaron José Manuel Fernández, do Adas do Barco e o acadé-mico Alejandro Cid.

En mulleres a primeira en rebasar a liña de meta foi a atleta do Comesaña, Marta Fernández seguida da súa compañeira de equipo, So-ledad Castro, Silvia Teijei-ra, do Academia Postal, re-matou en terceira posición.

Hassan Lekhili foi o primeiro en chegar a meta. /RAMSÉS

Page 26: Xuño 2011 - OUXB

�6 Ourense por BARRIOSXuño de �011 OCIO E CULTURA

4CARTAS DESDE LONDRES

spanish RevolutionFai uns días as portadas

de varios xornais que mos-traban como manadas de españois transformaban a Porta do Sol nunha pla-taforma democrática para dar voz á súa indignación espertáronme a esperanza adormecida.

Foi un berro unánime, unha onda de resistencia fronte ao sen sentido finan-ceiro e político que empe-zou a xerarse nos nosos países veciños e expandiuse como a pólvora, nun efecto dominó cuxa onda expansi-va terminou por alcanzar-nos de forma inevitable. Se nunca sospeitei o cando, si que me sorprendeu o como. E fíxoo gratamente.

Gústame esta Revolu-ción porque, aínda que os seus detractores déixense a suor e a tinta chamando aos que forman parte das súas filas “anti sistema”, “anarquistas” e non sei que mais bobadas, os ma-

4COUSAS DO CINEMA

Ourense cittá apertaOurense cittá aperta é o

título dun magnífico ensaio do escritor e xornalista ourensán Arturo Lezcano onde presenta unha serie de lembranzas da súa relación co cinema e coa súa cida-de natal. Entre as moitas anécdotas ás que se refire o libro, hai unha que se con-verterá nun dos acontece-mentos culturais e políticos máis importantes do Ouren-se dos sesenta. Trátase da proxección programada

polo Cine Club Miño da película Roma, cittá aper-ta de Roberto Rossellini. Paradóxicamente o lugar escollido para proxectar este filme, defensor da li-berdade e da democracia, foi unha sala da Jefatura Provincial del Movimien-to, situada na rúa Curros Enríquez na calzada fronte ao Goberno Civil. Como feito surrealista, lembra Lezcano, que “ao apagar as luces e acenderse o lus-

cofusco da Roma a piques de arder baixo as botas en retirada dos nazis, Anna Magnani e Aldo Fabrizi, o crego antifascista cru-cificado, berraban a súa rebeldía insubornábel, flanqueados polos bustos do Ausente e Omnipresen-te, é dicir, José Antonio e Franco. Atrás pendían as verticais cores pretas e vermellas da bandeira da Falange”.

valentín Barreiros

Nestes tempos convul-sos de indignación mutua pobo-político, político-pobo; cando se nos di que non pisemos a liña verme-lla cando algún especimen do coto político a levan pisando bastante tempo, se me deu por imaxinar en que pensarían os gregos da Grecia clásica (non os gregos da Grecia actual que non teñen tempo do-utra cousa que non sexa atopar solucións para súa economía) se tiveran ocasión de coñecer o noso oráculo de Delfos do novo milenio; ao que recorre-mos na actualidade por causa e cousa calquera. A inter-rede.

Pero non se trata soa-mente do arquicoñecido buscador cuxo nome é imposible esquecer e que comeza con “g”, senón que estende súa liña de influencia polas novas redes sociais, polos blo-gues diversos e os centos

4LITERATÚAO novo delfos e a indignación

de milleiros de páxinas que conforman esta “nube” de información que nos dá ac-ceso (se queremos) ao co-ñecemento de case todo. E case nos dá a entender que hoxe, no suposto ano dous mil e once, é ignorante quen quere ser ignorante.

E este novo oráculo ta-mén é o responsable de que -como dixera alguén- hoxe en día os vellos mecanis-mos do poder (véxanse Ga-dafi e outros) non funcionan cando case todos temos a mesma capacidade para chegar a calquera tipo de información en tempo real; inda que se trate de infor-mación que é preciso saber cribar e discriminar, claro. E grazas precisamente a eses mecanismos, púidose facer unha propagación do malestar xeral da humani-dade coa súa caste política e gobernadora pola vía da indignación, cuxas bases son verdades coma man-sións de gobernadores e

que obrigan a pensar que Hessel, o autor do bestse-ller Indignádevos non tivo toda a responsabilidade na indignación global do pobo, xa que era momento de es-toupar logo de tanto roubo, inoperancia, corrupción e ausencia absoluta de dimi-sións.

O problema do sentir xeral vía cibernética é que pode que faga da in-dignación un crisol onde estamos persoas de toda pelaxe, incluso nugalláns ou envexosos dos soldos da caste política ou xentes sen criterio das que primeiro disparan e logo preguntan se hai alguén ou violentos gratuítos... o que nos fai pedir a berros que se lle en-gada algo aos carteis sobre o movemento de indignados do 15 de maio. Indignados si, pero con matices.

Jorge Emilio Bóvedawww.jorgeemilioboveda.es

nifestados non pretenden destruír nada e protestan en contra de algo moi con-creto. Os seus obxectivos afástanse bastante dese nihilismo do que se lles acusa. Desde o meu humil-de punto de vista, estamos ante un fenómeno social novo e enriquecedor. É un paso cara a adiante, ou poida que un primeiro paso na nosa nova democracia, a saír do conformismo no que nos acomodamos e apostar pola reflexión e o cambio. Que non cunda o pánico; non se trata de de-rrocar nin de cortar cabe-zas; máis ben de lembrar-lle aos que levan as rendas do noso destino as respon-sabilidades que comporta o pacto social.

Neste levantar a voz sen tirar a pedra nin esconder a man, tamén se tenta re-frescar a memoria dos ci-dadáns para que asuman o seu papel fundamental na

democracia. O noso labor non se termina nas urnas porque, sinxelamente, este sistema político do goza-mos, así o establece.

Os Indignados do mun-do uníronse. Non só en Madrid, fronte á Porta do Sol, senón tamén en moitas capitais europeas e mundiais grazas aos áxiles mensaxeiros que foron as redes sociais. En Londres, a Embaixada Española converteuse por unhas horas nun foro para a esperanza que tivo, por boca dos congregados, os seus minutos de gloria e fama.

As enquisas non son fa-vorables a que o espírito de cambio do 15 M siga en pé. Espero que a nosa voz e indignación colecti-va sexa esa excepción que confirma a regra e demos-tre o contrario. Por unha Democracia Real XA.

Raquel Sertaje

4FELICITACIÓNS

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (aniversario, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por

Barrios, r/Valle Inclán, �5, �º, of. 15, 3�004, Ourense ou a [email protected]. Indí-canos un teléfono de contacto]

Alberto e Lea - 1º Aniversario de voda: 10.07Desexámosvos que sigades así de felices toda a vida con

todo o cariño de toda a vosa familia. Moitos bicos.

Aroa Pérez - AniversarioMoitas felicidades no

teu primeiro aniño dos teus pais que te queren moito.

Page 27: Xuño 2011 - OUXB

�7Ourense por BARRIOSXuño de �011OCIO E CULTURA

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

As lavandeiras No tempo das nosas avóas, a roupa lavábase de xeon-

llos ás beiras dos ríos Miño, Barbaña e Loña. O río, e despois os lavadeiros (xeneralizados a comezos do século XX), eran puntos de encontro das mulleres que departían sobre asuntos que noutros foros nin sequera se menciona-ban.

En 1956 constrúese o lavadoiro da fotografía, anteriormente, existiu outro pegado ao desaparecido ma-tadoiro municipal, próximo ao pontillón da Burga, fronte á “Casa de Baños”.

En 1964, recádanse en concepto de “Lavadoiro Muni-cipal” 56.125 pesetas, cantidade que reflexa a demanda deste servizo. Neste ano cobrábase unha peseta por praza, sen reparar na cantidade de roupa que traían as mulleres. Estaban exentas de abonar esta cantidade quen tivera o carné de beneficenza.

Na década dos 60, e, en maior medida nos anos 70, in-trodúcese masivamente a lavadora nos nosos fogares. As lavandeiras continuaron desenrrolando a súa actividade, pero, pouco a pouco, foron desaparecendo do panorama urbano, e, os lavadeiros deixan de ser lugar de encontro e sociabilidade feminina.

Arquivo Visual Ourensán fondo A.M.Ou., fotografía propiedade do A.M.Ou., fotógrafo, Augusto Pacheco circa

1960; texto, Fernando Valcarcel [www.ourensenotempo.com e [email protected]]

Os figurantes son os que enchen o espazo e con-seguen crear unha situa-ción “real”, poden ser os clientes nunha tenda, unha millenta de manifestan-tes ou transeúntes, poden ser calquera persoa e de calquera época. Eses que aparecen por detrás que as veces non se lles ve, eses, poden facer que algo sexa crible ou non. No estado español non se considera unha profesión como tal, pero noutros países sí que o é, teñen o seu gremio moi ben definido e defen-dido.

Os figurantes soen ser de varios tipos, amas de casa que lles gusta estar nas rodaxes, xubilados, estes son do que máis hai, persoas en paro, algún curioso, etc. A figuración algunhas veces non é tra-tada co mesmo mesmo ”cariño” ca o resto do equipo. Ata poden seme-llar superhomes e super-mulleres. Soportan o frío,

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

A figuraciónpois para eles case nunca chegan as mantas, non so-fren a calor, quen precisa un parasol?, cítanos ben cedo para a rodaxe e son dos que quedan ata máis tarde, soen ter as esperas máis longas e aburridas, pero isto é para que se relacionen, e cobran unha miseria, aínda que as xornadas sexan moi longas.

En rodaxe de exteriores normalmente comen de bo-cata, e por suposto ben se-parados do equipo técnico e actores. Debo dicir que hai produtoras que non son así, menos mal!, pero por desgraza isto é demasiado frecuente.

De cando en vez, algún actor que empeza nisto ta-mén proba a figuración, normalmente coa esperanza de aprender o funcionamen-to dunha rodaxe, pero estes son os que menos abondan, por qué? Pois porque non está ben vista entre a maio-ría dos actores. Sí, hai certo clasismo e crenza a pensar que se es un figurante, nun-

4CÍRCULO POÉTICO ORENSANO

ca te verán coma un actor. É certo que as veces é

así , pero tamén é certo que outras veces decátan-se de que es estudante de interpretación e que non se che caen os aneis por tra-ballar de figurante e que aínda por riba estás ca-pacitada para aprender de todo e de todos coma unha esponxa.

Si, eu fixen moita figu-ración, e qué? Son menos actriz que outro por iso? Eu penso que calquera das dúas decisións é respeta-ble, cada un empeza como quere ou como pode. Fa-cendo figuración topei con xente que paga moito a pena e aprendín, sí, apren-dín moito.

Todos sabemos que isto é fundamentalmente un traballo de equipo, pero a algún esquéceselle, e comezar a traballar polo máis baixo mantenche os pes na terra.

saamira Ganay

Durante a segunda fin de semana de xuño celebrouse en Zamora, Michoacán (México), o encontro de poetas que organiza o michoaquense Roberto Resendiz. Esta décimo quinta edición contou co máis destacado dos anteriores encontros e estivo composta por diversas actividades du-rante as mañás en centros educativos da cidade e mesas de lectura en horario vespertino. Na cita participaron poe-tas de Colombia, Arxentina, Ecuador, Porto Rico, España, Uruguai, Venezuela e México.

Por parte galega, e por segundo ano consecutivo, estive-ron os membros de Círculo Poético Orensano. Nesta oca-sión ao presidente de CPO José Ramón Morgade, acompa-ñouno o vicepresidente Javier G. Roiz.

Ademais, a estatua de Buciños “La ourensana” serviu como agasallo conmemorativo da organización do evento aos poetas participantes.

4AXENDAteatro Principal- �6 de xuño – Festival

Benéfico en conmemora-ción do Día Internacional da loita contra a droga -- �9 de xuño – Gala bené-fica da Escola de Música Bieito Blanco- 30 de xuño – Gala bené-fica organizada pola Aso-ciación Española contra o Cancro Auditorio Municipal- 1�, 13 e 14 de xullo – Representación de “Los hombres no mienten” da compañía Arturo Fernán-dez – Auditorio

Congresos-�1, �� e �3 de xuño – XXIII Xornadas de Dan-za “Pinturas” – �0 horas - Teatro Principal

Música- �5 de xuño - Concerto de fin de curso da A.C. Mú-sica e Cultura de Galicia - 19:30 h - CIFP da Farixa- �6 de xuño. 13:00h: Can-tareiras “Queixumes dos Pinos”. Cuarteto de Mú-sica Tradicional. Recital poético “A Viva Voz” con Celsa Barja e Israel Eliaz – Sede Queixumes dos Pi-nos (r/Zurbarán)

Exposicións- Ata o 30 de xuño – Ex-posición “Gres Eólica”, obras en cerámica de Lola Serrano – Ateneo- Ata o 5 de xullo – Ex-posición de pintura “De-construcción y Neo-Ima-gen” de Nuria Guardiola – Galería de Arte Volter- Ata o 14 de xullo – Expo-sición “Alvio” de Andrea Costas – Sala Alterarte do Campus Universitario- Ata o 15 de xullo – Ex-posición fotográfica “The city” de Cristina de Middel – C.C. Pontevella- Ata o 17 de xullo - Re-trosprectiva de José Anto-nio Ocaña – Museo Mun-cipalwww.mundourense.com

Xv encontro internacional de poetas

Encontro de poetas en Michoacán, México, con representación ourensá.

Page 28: Xuño 2011 - OUXB

�8 Ourense por BARRIOSXuño de �011 OCIO E CULTURA

Paula Lodeiro

Dous colabodores deste periódico, Jorge Emilio Bóveda e Mónica Fernán-dez Pintos, publicaron ou están a piques de presen-tar nova obra literaria.

Para Bóveda (Ourense, 1975), colaborador desde hai anos desta publica-ción (mantén as seccións “Literatúa” e “A papeleira de reciclaxe”), “A Xanela oscura” é o seu segundo libro publicado por unha editorial, aínda que a súa bibliografía é máis exten-sa e confórmana unha vin-tena de obras (individuais e colectivas e publicadas tanto en galego como en castelán).

Que pretendiches ao escribir “A Xanela escu-ra”?

Jorge Bóveda: “Pois basicamente cumprir tres intencións: renderlle tri-buto a un xénero literario e cinematográfico algo de-nostado que mamei dende moi neno, preguntarme o porqué do éxito destas propostas literarias e ci-nematográficas; do gus-to dos espectadores polo cruel e truculento, e, por último, facer un repaso histórico da concepción do terror dende o folclore ate a cinematografía pa-sando pola literatura”.

A quen gustará esta obra?

J.B.: “Supoño que aos fanáticos da literatura e o cinema de terror, aos in-

Novidades editoriais da man de dous colaboradores de Ourense por Barrios4 Para Jorge Emilio Bóveda “A Xanela escura” é a súa décima obra publicada; Mónica Fernández Pintos estréase con “Que los niños se vayan al campo”.

teresados na divulgación histórica, aos curiosos ci-néfilos, quizais aos morbo-sos, aos cinéfagos, e a cal-quera que amose interese no xénero do horror e seus subxéneros. Máis no eido da cinematografía ca no da literatura”.

Como consideras a escritura: traballo, ho-bby...?

J.B.: “Pois debo estar algo mal da cabeza, porque lle dedico á escritura a mes-ma cantidade de horas que ao meu traballo remunera-do (docencia). Polo tanto podo dicir que hai tempo que pasou de hobby a tra-ballo, aínda que non teña a remuneración que o esforzo quizais merecería”.

Do traballo como escri-tor, que é o que máis satis-facción che produce?

J.B.: Paréceme que sinto o mesmo que moitos outros que se dedican a isto, o intre no que che envían os pri-meiros exemplares dos teus propios libros, e míralos, chéiralos e mantés con eles unha comuñón case me-

4 Premio de Poesía Cidade de Ourense

O poemario “Calado Testamento”, de Xavier Rodríguez Barrio, resul-tou gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense. O autor reci-birá un premio económic ode 6.000 euros e verá a súa obra publicada na edi-torial Espiral Maior.

Nesta edición presentá-ronse 48 traballos.

Fernando Méndez.

4 “Deus xogando aos dados”, na Feira do Libro

O xornalista e escritor ourensán Fernando Mén-dez presentou na Feira do Libro de Ourense a súa primeira novela, “Deus xogando aos dados”, que resultou gañadora do XI Premio Vicente Risco de Creación Literaria.

A trama do libro céntra-se nun sacerdote galego, que leva �0 anos desapa-recido, e que con él levou un importante segredo relacionado co tráfico de ouro nazi chegado a Es-paña despois da Segunda Guerra Mundial.

A obra está editada por Sotelo Blanco Edicións e combina perfectamente realidade e ficción.

4 O Arepazo, ao Campo da Feira

A Asociación Ourensá Venezolana “Alma Llane-ra”, organiza o IV Arepa-zo o vindeiro � de xullo. Trátase dun evento gas-tronómico-musical no que se dan a coñecer os costu-mes de Venezuela entre os ourensáns.

A cita trasládase desde A Valenzá ao Campo da Feira da capital ourensá. A partir de mediodía, haberá actuacións culturais e fol-clóricas así como a degus-tación da tradicional arepa e do poblo como invitado gastronómico deste ano.

EN BREVE

tafísica. É unha sensación pouco doado de explicar nin con todos os adxectivos dun grande dicionario”.

Estás a preparar algo novo nestes momentos?

J.B.: “Buf, a verdade é que cheguei a un ritmo de produción bastante con-tinuo, sempre rabuñando minutos de onde non hai. Teño comprometidos catro libros coa editora Toxo-soutos: dúas novelas, un libro de artigos e outro de (seudo)aforismos. Apar-te teño comprometidas as ilustracións dunha tradu-ción ao galego dun conto de Washington Irving e ando a escribir unha novela en cas-telán que publicará a inci-piente editora Eurisakes de Javier González Lamela”.

Onde podemos conse-guir o libro?

J.B.: Pois publicouno Urco editora, de Santiago, e está distribuído en toda Galicia, polo que se pode atopar en calquera librería. Dos dez libros que levo publicados en solitario os dous últimos xa son distri-buídos “en condicións” coa distribuidora que opera con cada editorial”.

Unha recomendación (literaria) para este ve-rán?

J.B.: “É moi perigoso e comprometido recomendar cando cada un de nós puxo os pés en vieiros distintos. Pero postos a recomendar recomendo a narrativa ga-lega de comezos do século XX, a literatura simbolista, a literatura sudamericana, a

literatura do romanticismo (con distancia)... Da actua-lidade? As novelas máxicas de Ramón Loureiro, as de Javier Marías, algunha de Eduardo Mendoza, Mario Benedetti, José Saramago, Lobo Antunes... Ou os clá-sicos que nunca fallan: Tols-toi, Proust, Flaubert, etc.”

Mónica Fernández Pin-tos estréase

Pola súa banda, Mónica Fernández Pintos (Ourense, 1977), autora dos artigos “Mulleres anónimas” acaba de publicar a súa primeira novela.

Que pretendiches ao escribir “Que los niños se vayan al campo ?

Mónica Fernández: “Non tiven ningunha pre-tensión máis que a de mos-trar a imaxen dunha familia normal nun tempo de gue-rra. Basei a novela nas his-torias que a miña avoa me contaba de pequena engan-díndolle un toque da miña propia colleita. Pero sobre todas as cousas o libro é unha pequena homenaxe a

Mónica Fernández, autora de “Que los niños se vayan al campo”. /R.T.

O escritor e articulista Jor-ge E. Bóveda. /ARQUIVO.

miña avoa e a tódalas per-soas que tiveron que sufrir unha guerra entre españo-is”.

É a túa primeira obra? M.F.: “Sí aínda que levo escribindo dende nena e teño unha morea de contos curtos e poesía”.

A quen gustará este li-bro?

M.F.: “Penso que pode gustar a todo o mundo. É sinxelo de ler e non afon-da moito na historia en sí senón nos sentimentos das persoas”.

Estás a preparar algo novo nestes momentos? M.F.: “Sempre estou a pre-parar cousas novas, teño outro libro xa en marcha, pero é difícil precisar cando o rematarei, o que si podo decir é que o libro o igual que este, trata dunha histo-ria real”.

Onde podemos mercar o libro?

M.F.: “Ate a presenta-ción do libro non estará en ningún sitio a venda, logo a Editorial Auria o distribuirá entre algunhas das librerías de Ourense, tamén temos pensado que se poida mer-car por internet, pero eso se verá co tempo”.

Unha recomendación para este verán?

M.F.: “Penso que o meu libro non é unha mala elec-ción para tumbarse ao sol mentres te deixas levar pola historia. Para min ler non é pasatempo, é unha forma de vida, e calquera libro é bo, a veces tan só depende do momento que escollamos para lelo. Agora mesmo empecei a ler “El asedio” de Pérez Reverte, para min unha moi boa recomenda-ción, calquera libro del é un bo libro”.

Mónica Fernández pre-senta “Que los niños vayan al campo” o �9 de xuño ás �0:30 horas no Ateneo.

Música e baile na FarixaO CIFP da Farixa acolleu un curso de baile tradicional

e un concerto de música moderna a cargo dos alumnos de percusión, guitarra eléctrica e baixo eléctrico, ambas ac-tividades organizadas, con éxito de participación e segui-mento, pola Asociación Música e Cultura de Galicia.

Page 29: Xuño 2011 - OUXB

�9Ourense por BARRIOSXuño de �011

P.L.

A partir dun orzamento de máis de 350.000 euros as Festas de Ourense des-te ano contan, segundo a tenente de alcalde e con-celleira de Cultura, Isabel Pérez, con actividades para xente de todas as idades e ubicadas en espazos con-cretos co fin de concentrar o oferta.

Como definiría as Fes-tas de Ourense deste ano?

Isabel Pérez: “A festas �011 procuran, como as demais actividades que te-ñen lugar ao longo do ano, a participación de toda a cidadadanía. Buscamos actividades que satisfagan aos ourensáns de todas as idades. Ademais, o Xardín do Posío, a Alameda e a

Praza Maior, tradicional-mente os espazos festivos de Ourense, cobran vida coa participación da xen-te. Procuramos que tódolos estilos musicais se recollán nas nosas festas, así como utilizalas para darlle promo-ción aos grupos ourensáns de tódolos estilos”.

Semella que nesta oca-sión non houbo tanta po-lémica coa ubicación das distintas actividades das festas, están xa realmente asentadas?

I.P.: “Eu creo que sí. En Ourense ó non haber un recinto feiral é difícil bus-car os espazos adecuados, pero eu creo que nestes mo-mentos conseguimos crear un espazo definido, dende as Mercedes – onde están as casetas gastronómicas- ata o Xardín do Posío, coa

extensión ata Expourense – tanto para o rali como para o Derrame Rock-, den-de a Alamenda á Praza do Corregidor, e como centro neurálgico a propia Praza Mayor, conseguimos crear o espazo ao que os cidadáns poden dirixirse cando bus-can as actividades festivas. Porque o máis importante é que a xente saia á rúa, eu son das que digo que hai que ocupar as rúas coa idea de crear cidade, identificán-donos cos demais veciños para crear un todo”.

Cales son as principais novidades desta edición?

I.P.: “O Derrame Rock é sen dúbida unha das incor-poracións máis importante, pero tamén houbo outros pequenos reajustes, como os campeonatos de futbolín e mus a primeira e a segun-

“Os ourensáns non se deberían perder o concerto dos suaves”4 Isabel Pérez considera que as Festas de Ourense �011 contan cunha oferta para todos os gustos.

Isabel Pérez, tenente de alcalde e edil de Cultura./R.T.

OCIO E CULTURA

da fin de semana das festas respectivamente, que con-tribuen a unha mellor dis-tribución das actividades”.

Cal foi o orzamento que lle correspondeu este ano ás Festas de Ourense?

I.P.: “O orzamento é idéntico ao do ano pasa-do. Están consignados nos orzamentos municipais 350.000 euros, aos que hai que engadir outras partidas de carácter xeral correspon-

dentes a traballos feitos pola Concellería de Cultura e certames – como os de ban-das e de corais-, así como ao Derrame Rock – que por ser un evento singular ten unha partida orzamentaria diferenciada-”.

segundo a súa opinión, que cita non se deberían perder os ourensáns?

I.P.: “Creo que sen dúbida non deben faltar ao concerto de Los Suaves, que vai a ser

un clásico. E co que quere-mos cumplir a petición de moitos dos seus seareiros que nos din que deben ac-tuar en Ourense, como mí-nimo, unha vez ao ano”.

O orzamento das festas ascenden a 350.000 euros, o mesmo que o de 2010

Page 30: Xuño 2011 - OUXB

30 Ourense por BARRIOSXuño de �011 especial FESTAS DE OURENSE

Casetas gastronómicas, un mercado medieval, ac-tividades para os máis pe-quenos, teatro, monólogos e música, música e máis música é o que agarda en Ourense ata o �6 de xuño. Estamos en festas!

Co concerto de Andrés Calamaro como pistoleta-zo de saída anticipado, o pasado venres 17, arran-cou unha semana repleta de citas culturais, lúdicas e, sobre todo, musicais para todas idades e en to-dos os espazos da cidade. Durante a presentación dos festexos, a tenente de alcalde, Isabel Pérez, con-vidou a todos os ourensáns a “ocupar as rúas” nesta semana festiva.

O Xardín do Posío con-vértese outra volta no cen-tro neurálxico musical das festas. O martes �1, Nena Daconte presentará nel o seu novo disco precedida da actuación de Priscila, o xoves �3 Celtas Cortos poñen son á noite de San Xoán, e o venres �4 un dos grupos de moda, Maldita Nerea, actúa xunto a Fu-nambulista e Perdidos en Marte. Este último será o único concerto de pago do

que quedan das festas, xa que o resto das actuacións son de balde.

A este escenario musi-cal hai que sumarlle outros máis. Por unha banda, xo-ves, venres e sábado Ex-pourense acollerá o XVI Derrame Rock. Neste fes-tival daranse cita, entre outros, grupos do calibre de Los Suaves, Molotov, La-matumbá, M-Clan, Hamlet ou Siniestro Total.

A praza Maior acollerá os concertos de dúas artistas galegas de renome, Merce-des Peón e Uxía, o sábado �5 e o domingo �6, respec-tivamente.

Ademais, haberá oco para outros estilos, como a música de bandas, que toca-rán, durante toda a semana, ás 1� da mediodía na rúa do Paseo; ou as corais, con certame propio na noite do venres �4.

Outras alternativas de ocio

Como non todo vai ser música, non faltan dentro da programación das festas de Ourense dúas citas que xa se converteron en clá-sicos. Por unha banda, as casetas gastronómicas, que

Intenso programa de festas, con actividades para todas as idades e en todos os espazosA tenente de alcalde, Isabel Pérez, convida a todos os ourensáns a “ocupar as rúas”.

Os días �3, �4 e �5 de xuño Ourense convertira-se en epicentro do mellor da música rock estatal. Ata �0.000 persoas agar-da recibir o XVI Derrame Rock, que por primeira vez se celebra na cidade, grazas a un cartel compos-to por 56 bandas, entre elas, Los Suaves, Siniestro Total, M-Clan, Molotov ou Soziedad Alkoholica. Unha idea da repercusión deste evento musical é o

4 DestacadoMartes 21 de xuño:VII Casetas Gastro-nómicas - Praza das MercedesXV Mostra de Teatro de Rúa: Zeppelin - 12 e 20 h. - Rúa do Pa-seoMúsica de Bandas - 12 h. - Rúa do PaseoConcerto Nena Da-conte + Priscilla - 21 h. - PosíoAcción teatral: Schen-gen - 23 h. - Rúas casco históricoMércores 22 de xuño: VII Casetas Gastro-nómicas - Praza das MercedesXV Mostra de Teatro de Rúa: Trogloditas - 12 e 20 h. - Rúa do PaseoMúsica de Bandas - 12 h. - Rúa do PaseoBailes Latinos - Des-de ás 17 h. - Praza MaiorXV Mostra de Teatro de Rúa: Amor e cri-mes de Juan Pantera - 22:30 h. - Praza de San MarcialXoves 23 de xuño:VII Casetas Gastro-nómicas - Praza das MercedesXV Mostra de Teatro de Rúa: Disco Deli-very - 12 e 20 h. - Rúa do PaseoMúsica de Bandas: Ponteareas - 12 h. - Rúa do PaseoXVI Derrame Rock - Desde ás 16:30 h. - ExpourenseCeltas Cortos - 21 h. - PosíoVenres 24 de xuño: VII Casetas Gastro-nómicas - Praza das Mercedes

Nena Daconte presenta o seu último disco, o martes 21 no Xardín do Posío.

Os históricos Celtas Cortos tocarán no Posío na noite do xoves 23.

Os seguidores de Maldita Nerea poderán escoitalos o ven-res 24, no Posío.

Andrés Calamaro deleitou aos seus fans ourensáns.

feito de que todas as prazas hoteleiras da cidade están xa reservadas neses días, se-gundo confirmou a edil de Cultura, Isabel Pérez.

Os concertos terán lugar en Expourense, onde se instalarán tres escenarios: dous no interior do recinto feiral, para os grupos de rock estatal, metal e covers, e un ao aire libre, para as músicas pop-rock, bravú e de mestizaxe. Ademais, haberá unha zona de comi-

das do mundo, stands, mer-chandising oficial, baños, consigna e ata unha moeda propia; así como un recinto de acampada preto de Ex-pourense.

EntradasAs entradas seguen á

venda en Internet (musika-ze, ticketmaster, etc.) e nos puntos de venda habituais na cidade, ao prezo de 6� euros o abono para tres días, �0 euros a entrada do xoves e 35 euros as entradas de día para venres e sábado. En taquilla os prezos subi-rán a 70 euros o abono, e os tickets de día aumentarán o seu prezo en cinco euros.

XVI Derrame RockO mellor da música rock e me-tal estatal estará en Ourense

se instalan de novo na pra-za das Mercedes e nas que se poderá degustar o mellor das gastronomías asturiana, andaluza, catalana e cuba-na.

Pola outra, o mercado medieval que fai que as rúas do casco vello regresen ao Medievo por unha xorna-das, con postos de comida e artesanía, animación de rúa e outras sorpresas.

Outro dos clásicos dos festexos ourensáns é a Ba-talla de Flores, na tarde do sábado �5. A saída do des-file está prevista para as 20 horas; partirá das Lagoas e percorrerá as rúas Curros Enríquez, Paseo, baixada a Padre Feijoo, Progreso e remate na praza de Alférez Provisional.

Afectación ao tráficoComo o principal obxec-

tivo é que as festas se vivan na rúa, haberá cortes de trá-fico puntuais no contorno da Alameda, na noite do venres �4; no percorrido da Batalla das Flores na tarde do sábado �5: e durante os espectáculos pirotécnicos (sábado e domingo ás 00:30 h.) nas rúas próximas ao río Miño.

Page 31: Xuño 2011 - OUXB

31Ourense por BARRIOSXuño de �011FESTAS DE OURENSE especial

Paz, Arribas, Pérez e Varela na presentación do torneo de futbolín.

Se por algo son agarda-das as Festas de Ourense é polos seus sempre nu-merosos e variados con-certos, pero durante esta semana non todo o que acontecerá na Cidade das Burgas está vinculado coa música. De feito, os aman-tes do deporte teñen aínda máis citas das que veñen sendo habituais durante o resto do ano.

Futbolín, karts, mus, scalextric, ximnasia, pi-ragüismo, rugbi, hockei, fútbol sala e un longo etcétera de actividades compoñen a oferta depor-tiva da edición �011 das Festas de Ourense.

A pasada fin de semana inaugurábase o apartado deportivo cunha múltiple cita: a 44ª edición do Ralli de Ourense que, xunto co 43º Descenso do Miño e o IV Campionato de Futbo-lín, ademais do Campio-nato Galego de Ximnasia e un Torneo de Rugbi.

Pero para os afeccio-nados ao deporte resta aínda un final de xuño de actividade frenética. Entre outros, a Scootera-da Ourensá (o día �5 de xuño, con saída na rúa Doctor Marañón), a Xira Galega Karting (do �3 ao �6 de xuño no Parque

Non todo é músicaAs Festas de Ourense tamén inclúen unha completa oferta deportiva

Barbaña) o Campionato de Scaléxtric (o �5, na praza de San Martiño), o Torneo de Mus (o �5, no Miradoiro de San Francisco), o Torneo Internacional de Taekwon-do (�5 de xuño, Os Reme-dios), o Torneo de Chave do Corpus (días �5 e �6, na Alameda), e o Campionato Galego de Natación Infantil (�5 de xuño, Piscina Rosa-rio Dueñas).

Outras disciplinasOs amantes do hockei e

o volei praia poderán go-zar, respectivamente, do 60º Campionato de España Xuvenil Masculino de hoc-kei herba (que se disputará

VII Mercado Medieval - Casco históricoXV Mostra de Teatro de Rúa: Ne me quitte pa - 12 e 20 h. - Rúa do PaseoV Certame Interna-cional de Coros de Ruada - 20:30 h. - Teatro PrincipalNoite de Bandas - 21 h. - Praza de San MartiñoXVI Derrame Rock - ExpourenseConcerto Maldita Ne-rea + Funambulista + Perdidos en Martes - 21 h. - PosíoSábado 25 de xuño:VII Casetas gastro-nómicas - Praza das MercedesVII Mercado Medieval - casco históricoMúsica de Bandas - 12h . - Rúa do PaseoBatalla de Flores - 20 h. - Desfile desde As Lagoas a ProgresoConcerto Mercedes Peón - 22 h. - Praza MaiorXVI Derrame Rock - ExpourenseBaile con orquestra - OO h. - Rúa do Pro-gresoEspectáculo pirotéc-nico - 00:30 h. - Ri-beiras MiñoDomingo 26 de xuño:VII Casetas Gastro-nómicas - Praza das MercedesVII Mercado Medieval - Casco históricoMúsica de bandas: Beade - 12 h. - Rúa do PaseoConcerto Uxía - 22 h. - Praza MaiorEspectáculo pirotéc-nico - 00:30 h. - Ri-beiras Miño

Cartel do XVI Derrame Rock, que por primeira vez se ce-lebra en Ourense, os días 23, 24 e 25 de xuño.

Mercedes Peón toca na praza Maior o sábado 25.

Uxía pecha as festas o domingo 26, na praza Maior.

do �3 ao �6 de xuño no campo de Mariñamansa), e dunha semana de volei praia en Oira (do �7 de xuño ao 3 de xullo).

Os seguidores do fút-bol sala están de noraboa, con ata tres citas desta disciplina: o All Star Pro-moción, que se celebra-rá nos Remedios o �9 de xuño e 1,� e 3 de xullo; o II Trofeo Barrios Depor-tivo, que decidirá, tamén no pavillón municipal do �7 de xuño ao � de xullo, ao campión do fútbol sala ourensán; e o Torneo de fútbol sala Arranxar o 3 de xullo no polideportivo da Carballeira.

Actividades para os máis pequenosNenos e nenas son sem-

pre os protagonistas das festas e para eles a Conce-llería de Cultura programou durante esta semana unha morea de actividades.

O recuncho para os pe-ques está situado na Ala-meda do Concello e nos Xardíns de Bispo Cesáreo, con atraccións para todas as idades durante todo o día, durante toda a semana de festexos.

Logo, cada xornada te-ñen unha alternativa de ocio particular: así, o mar-tes �1 haberá un obradoiro de iniciación á percusión na praza Maior, ás 13 ho-ras. O mércores ��, no

mesmo lugar pero a partir das 18 horas, os rapaces que queiran poderán participar nun obradoiro de funky e hip-hop. Practicamente á mesma hora (18:30 h.) pero noutro espazo da cidade, o parque Barbaña, A Run Run Xogos e Enredos pre-senta “O mundo da volta ao mundo”.

O público infantil é o des-tinatario principal da Xira Galega de Kárting, cuxo circuito estará ubicado no parque Barbaña xoves, ven-res, sábado e domingo, en horario de mañá e tarde.

O xoves �3 os pequenos poden participar nun obra-doiro de iniciación á percu-

sión (13 h., praza Maior) ou noutros de maquillaxe e globoflexia (18:30 h, parque Barbaña). A esta mesma hora “O mundo de volta ao mundo” estará na praza de San Martiño.

O venres �4 teñen nova-mente percusión na praza Maior (13 h.) e unha festa da escuma no Barbaña, ás 17:30 h., seguida de xogos e bailes a cargo da empresa A Run Run Xogos e Enredos.

O sábado e o domingo continúa o obradoiro de percusión.

Por último, dentro do Mercado Medieval, habe-rá animación infantil en diferentes horarios.

Música, deportes, actividades infan-tís, casetas gastronómicas, merca-

do medieval...

Page 32: Xuño 2011 - OUXB

Ourense por BARRIOSXuño de �011

Page 33: Xuño 2011 - OUXB

Número: 96 - Ano: X - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx. 6 CULTURA Páx.28

O botánico de Mon-tealegre, novo pulmón verde de Ourense

Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde

Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas

TEMA DO MES Páx.2

Entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fer-nández e Isabel Pérez

Miguel Fuster gaña a 44 edición do Ralli de Ourense

DEPORTES Páx. 25

Protesta dos “indignados” [páx.7]

Ourense está de festa [páx.29-31]

Page 34: Xuño 2011 - OUXB

Número: 82 - Ano: X - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx. 6 CULTURA Páx.28

O botánico de Mon-tealegre, novo pulmón verde de Ourense

Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde

Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas

TEMA DO MES Páx.2

Entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fer-nández e Isabel Pérez

Miguel Fuster gaña a 44 edición do Ralli de Ourense

DEPORTES Páx. 25

Protesta dos “indignados” [páx.7]

Ourense está de festa [páx.29-31]

Page 35: Xuño 2011 - OUXB

Número: 45 - Ano: X - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS Páx. 6 CULTURA Páx.28

O botánico de Mon-tealegre, novo pulmón verde de Ourense

Francisco Rodríguez inicia o seu segundo mandato como alcalde

Novidades editoriais da man de dous dos nosos articulistas

TEMA DO MES Páx.2

Entrevistas a Gonzalo Jácome, Rosendo Fer-nández e Isabel Pérez

Miguel Fuster gaña a 44 edición do Ralli de Ourense

DEPORTES Páx. 25

Protesta dos “indignados” [páx.7]

Ourense está de festa [páx.29-31]