FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

4
Recentes enquisas públicas poñen de manifesto o que sabemos: un continuo e incesante desapego da cidadanía pola actividade política pola pouca fiabilidade dalgúns res- ponsábeis, ou o que é o mesmo, algúns dedícanse a facer sempre o contrario do que predican. Disto temos unha boa mostra en Sada co goberno municipal do PP. A cousa non puido comezar peor. Despois de que o PP fixera a cam- paña electoral en toda Galiza avo- gando porque gobernara sempre a lista máis votada e rexeitando de plano as coalicións de goberno, non tivo reparos en facerse coa alcal- día en Sada a pesar de quedar de terceiro no número de apoios e vo- tos da xente de Sada, nin en facer coalición co PSDP do que renegara durante toda a campaña. A política debe ser ,sobre todo, o exercicio leal das ideas. Ter ideas e traballar todos os días para poñelas en practica. O goberno municipal de Sada demostrou nestes dous anos que máis que ideas ten ocorrencias. E con ocorrencias non se progresa. Sada precisa facer valer o seu ex- traordinario medio natural para atraer turismo, aproveitar as súas infraes- truturas marítimas para xerar empre- go, utilizar os escasos recursos eco- nómicos para incentivar a economía produtiva... Sada precisa ideas e tra- ballo, non ocorrencias e desgoberno. Non se coñece deste goberno muni- cipal iniciativa algunha que puidera servir para colocar a Sada no mapa cultural e turístico de Galiza. Agás, claro, a marabillosa ocorrencia das pegadas das mans no cemento do paseo marítimo, felizmente parada, de momento. Non sabemos se por falta de famosos dispostos ou por exceso de vergoña. As infraestruturas coas que conta Sada foron feitas cos impostos da cidadanía e deben ser para goce dos veciños e veciñas e para xerar eco- nomía ao servizo de todos e todas. Intentar impedir o paso dos veciños e veciñas á L do porto deportivo é unha acción intolerábel. Mais que o goberno municipal, que debería ser o primeiro en defendernos, se poña do lado dos usurpadores é un insulto ao pobo de Sada. O alcalde Anido e o seu goberno non teñen ideas para utilizar convenientemen- te as nosas infraestruturas e atraer turismo e traballo. Por iso prefiren facerlle a ola aos seus amigos do PP e organizar festas para catro se- ñoritos da Coruña. Se algo preocupa á cidadanía hoxe é a falta de emprego. E o que espera- mos todos e todas das institucións é que fagan o posíbel para mellorar esta situación ou polo menos que pelexen para que non vaia a peor. Contemplar o hotel de Sada pechado en plena temporada de verán e ver o goberno municipal de brazos cruza- dos ante semellante desastre provo- ca indignación e pena. Poderiamos concluír que o alcalde Anido e o seu goberno non fan nada por manter o emprego en Sada. Pero seriamos inxustos. A utilización do orzamen- to municipal para manter o custe de concelleiros que non se sabe o que fan e o anuncio da contratación dunha coordinadora que vai supoñer en cartos públicos máis de 150.000 euros para facer o que o alcalde non sabe facer, demostra cal é a preocu- pación do PP polo emprego: empre- go para os amiguetes e con salarios desorbitados e insultantes para a inmensa maioría. Dous anos de goberno en Sada: como facer o contrario do que se promete www.bng-galiza.org [email protected] O goberno non ten ideas, ten ocorrencias Xullo 2013 Impreso postal sen enderezo Edita: BNG Sada Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada Sada

Transcript of FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

Page 1: FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

Recentes enquisas públicas poñen de manifesto o que sabemos: un continuo e incesante desapego da cidadanía pola actividade política pola pouca fiabilidade dalgúns res-ponsábeis, ou o que é o mesmo, algúns dedícanse a facer sempre o contrario do que predican. Disto temos unha boa mostra en Sada co goberno municipal do PP. A cousa non puido comezar peor. Despois de que o PP fixera a cam-paña electoral en toda Galiza avo-gando porque gobernara sempre a lista máis votada e rexeitando de plano as coalicións de goberno, non tivo reparos en facerse coa alcal-

día en Sada a pesar de quedar de terceiro no número de apoios e vo-tos da xente de Sada, nin en facer coalición co PSDP do que renegara durante toda a campaña. A política debe ser ,sobre todo, o exercicio leal das ideas. Ter ideas e traballar todos os días para poñelas en practica. O goberno municipal de Sada demostrou nestes dous anos que máis que ideas ten ocorrencias. E con ocorrencias non se progresa. Sada precisa facer valer o seu ex-traordinario medio natural para atraer turismo, aproveitar as súas infraes-truturas marítimas para xerar empre-go, utilizar os escasos recursos eco-nómicos para incentivar a economía produtiva... Sada precisa ideas e tra-ballo, non ocorrencias e desgoberno. Non se coñece deste goberno muni-cipal iniciativa algunha que puidera servir para colocar a Sada no mapa cultural e turístico de Galiza. Agás, claro, a marabillosa ocorrencia das pegadas das mans no cemento do paseo marítimo, felizmente parada, de momento. Non sabemos se por falta de famosos dispostos ou por exceso de vergoña.

As infraestruturas coas que conta Sada foron feitas cos impostos da cidadanía e deben ser para goce dos veciños e veciñas e para xerar eco-nomía ao servizo de todos e todas. Intentar impedir o paso dos veciños e veciñas á L do porto deportivo é unha acción intolerábel. Mais que o goberno municipal, que debería ser o primeiro en defendernos, se poña do lado dos usurpadores é un insulto ao pobo de Sada. O alcalde Anido e o seu goberno non teñen ideas para utilizar convenientemen-te as nosas infraestruturas e atraer turismo e traballo. Por iso prefiren facerlle a ola aos seus amigos do PP e organizar festas para catro se-ñoritos da Coruña. Se algo preocupa á cidadanía hoxe é a falta de emprego. E o que espera-mos todos e todas das institucións é que fagan o posíbel para mellorar esta situación ou polo menos que pelexen para que non vaia a peor. Contemplar o hotel de Sada pechado en plena temporada de verán e ver o goberno municipal de brazos cruza-dos ante semellante desastre provo-ca indignación e pena. Poderiamos concluír que o alcalde Anido e o seu goberno non fan nada por manter o emprego en Sada. Pero seriamos inxustos. A utilización do orzamen-to municipal para manter o custe de concelleiros que non se sabe o que fan e o anuncio da contratación dunha coordinadora que vai supoñer en cartos públicos máis de 150.000 euros para facer o que o alcalde non sabe facer, demostra cal é a preocu-pación do PP polo emprego: empre-go para os amiguetes e con salarios desorbitados e insultantes para a inmensa maioría.

Dous anos de goberno en Sada: como facer o contrario do que se promete

[email protected]

O goberno non ten ideas, ten ocorrencias

Xullo 2013

Impr

eso

post

al s

en e

nder

ezo

Edita

: BNG

Sad

a

Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada

Sada

Page 2: FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

O posto de Coordinador do goberno, os gastos do “sardines”, a web municipal, son tres exemplos de malgasto económico intolerábeis deste goberno bipartito PP-PDSP. Na web muni-cipal xa levan gastados máis de 30.000 euros, cando existen necesidades acuciantes na poboación. Mentres o PP en Sada, en Galiza e no Estado predica austeridade para os demais. A Coordinadora Xeral: un capricho caro.Inventar o posto de coordinación xeral do goberno, para reali-zar funcións propias da alcaldía, ademais de ser impropio dun concello cos habitantes que ten Sada, supón un gasto anual de máis de 71.000 euros. A figura do Coordinador/a está pensada para cidades, así o manifestaron os informes xurídicos do secretario da Corpora-ción, polo que é contrario á lei crear un posto así nun concello como Sada, que lle custará no que queda de mandato máis de 150.000 euros. A incompetencia do goberno local pagámola a escote. “Sardines”, ou como dilapidar 50.000 euros nunha noite.Calquera empresa que organizara un evento tan ruinoso coma

o do ano pasado, non repetiría e os xestores serían despedi-dos. Os concelleiros e concelleiras do goberno de Sada, co alcalde á cabeza, insisten en malgastar e mentir dicindo que o ano pasado houbo 10.000 persoas cando as entradas vendi-das foron a penas 1.500. O ano pasado os gastos daquela noite foron 72.000 euros e os ingresos 22.000 euros, co que se produciu un déficit de 50.000 euros. Este ano todo indica que as cousas foron a peor e ademais haberá que sumarlle o dispendio dos 54.000 euros da chamada “gala do verán”que se celebrará na noite do 17 de agosto. Os veciños e veciñas de Sada indígnanse con tanto dispendio diante da falta de atención ás persoas con problemas ou mentres se negan axudas a grupos locais e a un festival con raíces sadenses como era o SADAUTOR. Co diñeiro que o PP gastou nunha noite de SARDINES sobra-ría para poñer a funcionar o SADABUS todo o ano polas pa-rroquias. É evidente, e incluso lóxico, que as prioridades do goberno non coincidan coas do BNG, pero o que resulta es-candaloso é que os gobernantes do PP prediquen unha austeri-dade que eles mesmos nin a practican nin a respectan.

2

A inacción do goberno municipal, a au-sencia de políticas enfocadas a revitali-zar o comercio local provoca que a crise que estamos a sufrir se vexa aínda máis agravada. Nunha ollada obxectiva pódese comprobar un panorama desolador; este goberno tomou posesión dicindo que ían converter a Sada nunha vila na que o tu-rismo fose o motor económico (dicían, din; mentían, menten), mais a día de hoxe, o Hotel está pechado, traballado-res e traballadoras do hotel e do albergue están no paro e o comercio local non le-vanta cabeza.Este caso particular serve como exem-plo da política seguida polo executivo de Ernesto Anido: aos empregados e empregadas do hotel prometéronselles palabras baleiras. O BNG levou ao Par-lamento de Galiza iniciativas para tratar de resolver esta situación e tamén a dos Albergues, mentres o PP e os seus par-tidos “satélites” de Sada miraban cara outro lado. A situación é que, mentres emblemas como as Cerámicas do Castro morren penosa e lentamente, non hai nin un só proxecto desde o goberno municipal que supoña un chisco de esperanza; non hai

tampouco ningunha política que trate de recuperar a maltratada economía sa-dense, a ausencia dun plan definido de apoio ao comercio local provoca o em-peoramento xeneralizado dun sector que leva máis de 70 peches en escasos dous anos de goberno do PP. O goberno do PP está a conseguir un fito terrible para os intereses da maioría que é colocar a Sada nos primeiros postos nas estatísticas de paro na comarca, como o demostran os datos que mensualmente se fan públicos sobre o incremento do paro. Así, mentres no período de gober-

no do BNG, entre o 2007 e o 2011 Sada foi o concello da comarca onde menos medrou o paro, nos dous últimos anos o bipartito PP-PDSP pasamos ao sétimo lugar.

A economía sadense agoniza

actu

alid

ade

Un goberno na poltrona do dispendio

Xuño 2007 xuño 2011 2007/2011% xuño 2013 2011/2013%

Abegondo 224 386 72,32 458 18,65

Arteixo 1603 3079 92,08 3493 13,45

Bergondo 272 495 81,99 611 23,43

Betanzos 618 1076 74,11 1246 15,99

Cambre 1133 1918 69,29 2296 19,71

Carral 215 419 94,88 461 10,02

Coruña 12689 20595 62,31 23318 13,22

Culleredo 1266 2438 92,58 2763 13,33

Oleiros 1198 2243 87,23 2577 14,89

Sada 681 1079 58,44 1279 18,53

Provincia 59332 96212 62,16 108603 13,00

Page 3: FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

3

actu

alid

ade

O BNG vén apostando desde sempre por mellorar a conectividade de Sada. Mais a opción presentada pola Xunta para en-lazar coa Vía Ártabra é moi pouco útil e presenta un impacto inaceptábel sobre o noso territorio. Este impacto incre-méntase no último tramo, cun traxecto entre Pazos e o Porto cun desmonte a ceo aberto en trincheira e falso túnel que desemboca embaixo do castelo de Fon-tán. Esta conexión co porto foi solicitada á Xunta polo propio alcalde do PP. Desde o BNG entendemos, como tamén o entende a xente, que o proxecto debe ser modificado significativamente por varias razóns: • Non soluciona a conexión do casco urbano, pois pretende desviar o tráfico de entrada e saída a través do porto, cruzando toda a fachada marítima. • O trazado é discrepante coas determi-nacións do PXOM, pois afecta ao Espa-zo Libre de Fontán previsto, resultando ambos os dous proxectos totalmente incompatíbeis. • Os efectos incomunicadores superan os efectos comunicadores que debe perseguir a construción de calquera vial. O vial transcorre en trincheira (con des-montes de até 30 m de profundidade,

como un edificio de 10 pisos de alto) ou é preciso sobreelevalo (con terrapléns que acadan os 20 m). Ademais, hai lon-gos tramos que non existen accesos ao vial, e outros nos que non se pode cru-zar dunha marxe á outra. • Presenta unha tremenda afectación medioambiental, destruíndo diversos corredores ecolóxicos protexidos polo Plan de Ordenación do Litoral. • Terá un efecto devastador sobre Mo-razón, xa que o cantil da praia, debido á súa singular condición xeotécnica, re-mataría por esborrallarse. • Destrúe unha área de gran valor pai-saxístico, a costa de Fontán. • Destrúe o castelo de Fontán, protexido como BIC. Ademais, o falso túnel que conecta o vial co Porto non se xustifica en función da actividade portuaria e está

a bater cunha evidente contestación so-cial. Mais o PP, non escoita as voces de alerta dos veciños e veciñas e descuali-fica ás persoas que non están de acordo. O BNG reclama que se desbote a alter-nativa elixida pola Xunta, abandonando a idea da conexión subterránea co Porto, dado que a actual rede viaria, mellora-da, resulta suficiente. Tamén esixe que se modifique en profundidade todo o percorrido do vial para evitar o enorme impacto ambiental e paisaxístico, a súa falta de operatividade e os seus efectos desvertebradores do territorio. O BNG presentou alegacións e intentou que o conxunto da Corporación consen-suara unha proposta única do Concello, máis o alcalde Anido preferiu rexeitar a proposta e enviar as súas propias ale-gacións, que en moitos puntos aínda empeoran o proxecto da Xunta.

O enlace da Vía Ártabra co porto: unha opción que destrúe e divide o territorio

Unha xestión de costas aos intereses dos veciños e veciñas O MEDIO AMBIENTE E O PP FAN MALA PARELLA

Finalizando 2012 o goberno munici-pal presentou en pleno unha moción de apoio á solicitude como Reserva da Biosfera para as terras das Mariñas. O goberno municipal adheriuse entusiasti-camente ao proxecto e, desde o BNG, quixemos crer no cambio de rumbo dos partidos que sustentan o goberno, con respecto á xestión ambiental.

Porén a ilusión durou pouco, pois como resposta á nosa pregunta (“que espa-zos naturais municipais vai o goberno municipal achegar ás áreas núcleo da Reserva”), a resposta do alcalde foi un

lacónico e absurdo “todo el concello”, o que equivale a dicir “nada de nada”.

Efectivamente, non hai visos de que o go-berno municipal pretenda protexer nada e, como evidencia, está o recentemente aprobado PXOM, a desafortunada pro-posta para o enlace Sada-Vía Ártabra e tamén o desleixo co que o goberno mu-nicipal trata os vertidos de lixo ilegais nas Brañas ou no monte Perouteiro ou o aban-dono das praias de Carnoedo ou Veigue.

O bipartito PDSP-PP carece da máis mínima sensibilidade ambiental, como era de agardar. Non hai máis que ver as actuacións ambientais do PP: Galiza “es una mina” en mans das multinacionais

do sector mineiro, ou a nova Lei de Cos-tas, que torna a situación á “Era Aznar” onde o “suelo patrio” era contemplado como un inmenso solar para xogar ao Monopoly. E así nos vai.

Page 4: FORA BOLAS. Voceiro do BNG de Sada (xullo de 2013)

Como contactar co BNG de Sada:Rúa Sadadarea s/n15160 SadaTelf. 981 622 292Facebook: http://www.facebook.com/bng.sadaCorreo comarcal: [email protected]

Impreso en papel reciclado

Como contactar co BNG Nacional:Sede Nacional. Avenida Rodríguez de Viguri. 16 baixo. 15703 Santiago de Compostela. 981 555 850 www.bng-galiza.org [email protected]

INTENTARON PECHAR A “L” MENTRES O PORTO PESQUEI-RO CARECE DE CONDICIÓNS DE SEGURIDADEOs veciños e veciñas sadenses asisti-mos hai uns meses ao peche da “L” ao acceso público, unha medida inxusti-ficada que supuña a privatización dun espazo de lecer pagado cos cartos de todos e todas. A cidadanía respondeu cunha protesta multitudinaria que su-puxo que a porta de acceso quedase

aberta. Non obstante, aínda non se re-tiraron nin a porta, nin as vallas nin a prohibición de acceder.

En contraste con tanta seguridade e tantas cámara de vixilancia, no porto pesqueiro os traballadores do mar ve-ñen padecendo un serio problema de inseguridade, con roubos e actos van-dálicos nas embarcacións, carreiras de coches, e tropelías que pouco pa-recen importarlle a Portos de Galicia.

O BNG, ademais de convocar unha manifestación, ten reclamado ante di-versar instancias a apertura definitiva da “L” e a toma de medidas que garan-tan a seguridade do sector pesqueiro.

O PARTIDO POPULAR IMPIDE A POSTA EN MARCHA DO SADABÚS

O autobús que ía conectar as parro-quias co casco urbano, co centro de saúde e coas liñas que xa existen, des-eñado polo goberno do BNG, quedará aparcado definitivamente. O goberno do PP decidiu non poñelo en marcha argumentando que sae caro (non así os máis de 100.000 euros tirados no “Sardines”). É unha cuestión de priori-dades, o BNG aposta por este servizo, amplamente demandado polos veci-ños e veciñas de Sada e o PP por dila-pidar nunha noite máis do que custaría poñelo en marcha todo o ano.

A ZONA DA AVDA. REPÚBLICA ARXENTINA E AVDA. DE POSSE, ABANDONADAS POLO GOBERNO En xaneiro producíase un derrube na Avda. República Arxentina que afecta-ba a un dos accesos máis importantes do casco urbano. Oito meses despois, aínda está sen reparar. Ademais, veci-ños e veciñas da zona veñen aturando graves deficiencias no subministro de auga.

Este abandono afecta tamén ao ba-rrio de Posse. O BNG conseguiu no ano 2011 unha partida do Estado para rehabilitación dos espazos urba-nos, mais o goberno local do PP non executou entón a obra, o que levou á perda da partida orzamentaria. Os pos-teriores recortes do goberno de Rajoy deixaron o barrio de Posse sen algo que xa estaba conseguido.

O PLAN XERAL: UN DOCUMEN-TO QUE TRAE A SADA O DES-CONTENTO Rematado o período de exposición públi-ca do PXOM hai xa catro meses, o gober-no continúa sen dar a coñecer o número de alegacións. Pretenden agochar o gran descontento que xera o documento entre os veciños e veciñas, por moitas razóns entre as que cabe salientar: • O PP concentra a edificabilidade no casco urbano, en parte afectando ao humidal das Brañas. Isto supón a des-clasificación de solo nas parroquias, con multitude de parcelas antes edifi-cábeis e que pasan a ser rústicas. • Moitos veciños e veciñas vense afec-tados pola inclusión das súas fincas en Plans Especiais de Ordenación de Nú-cleo Rural, que deben ser desenvolvidos de forma conxunta. Onde antes podían construír de forma directa, agora están suxeitos á decisión dos demais propie-tarios e propietarias, tendo que partici-par no reparto de cargas e beneficios.• As previsións de construción de vi-venda protexida son extremadamente baixas: O PP propón un 10%, e o BNG un mínimo dun 30%. Manuel Couzo en Sada

Este verán atópase en Sada Manuel Couzo, presi-dente honorario do C. E. Sada y sus Contornos de Buenos Aires. Desde o BNG queremos trasladarlle o noso afecto e o noso recoñecemento por unha vida de dedicación xenerosa aos seus veciños e veciñas emigrados.