Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

14

description

Revista elaborada por los usuarios del Aula Ocupacional de NN.TT de Fingoi Lugo

Transcript of Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

Page 1: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012
Page 2: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

5

9

11

12

13

13

4

8

9

11

12

13

13

Entrevista do mes 10 10

Page 3: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

3 ARTIGO

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en abril no Centro de Recursos ASPRODICO (Barrio Canedo s/n, Ponteareas) un curso de Xestión de Stock, Almacén e Control de Caixa.

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal

da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para

persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 12 alumnos/as con discapacidade física, 10 homes e 2 mulleres, vanse formar durante 235 horas en contidos como atención ao público, informática, almacenaxe e prevención de riscos laborais.

O curso, que remata o vindeiro 22 de xuño, é presencial polo que o alumnado tivo que acudir ás clases de luns a venres en horario de 16:00 a 21:00 h. A fin de curso, obterán un diploma acreditativo.

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).

COGAMI inicia en Ponteareas un curso de Xestión de Stock, Almacén e Control de Caixa para persoas con discapacidade

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

Quince persoas con discapacidade de Ferrol rematan un curso de Introdución a Técnicas de Oficina impartido por COGAMI

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rematou en abril, na oficina de COGAMI en Ferrol(Rúa Sánchez Calviño 56-58 Baixo) un curso de Introdución a Técnicas de Oficina que estivo impartindo dende o mes de xaneiro.

Este curso estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía

Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional

para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 15 usuarios/as con discapacidade, 8 mulleres e 7 homes, da zona de Ferrol foron os que estiveron

formándose neste curso que se impartiu de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. O curso tivo unha duración de

290 horas presenciais.

Temática específica como informática e ofimática básica, técnicas de comunicación e recepción, técnicas

administrativas de oficina e mecanografía foi a que tiveron que asimilar os usuarios do curso para obter un diploma

acreditativo.

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos, xa sexan de forma presencial ou a través de internet.

Ana Mª Varela

Manuel Paz

Page 4: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

4 ARTIGO

Ana C. Piñeiro

Manuel A. Roson

Luis A. García

Nin un paso atrásO movemento asociativo que forma parte de COGAMI non está disposto a ver

recortados dereitos das persoas con discapacidade. O movemento asociativo da Confederación Galega Persoas con Discapacidade acordou por unanimidade non dar “Nin un paso atrás!”, frase en homenaxe ao fundador e Ex-Presidente de COGAMI, Domingos Dosil, con respecto aos dereitos que tantos anos lles custou alcanzar ao colectivo das persoas con discapacidade. Durante a XXII Asemblea Xeral Ordinaria celebrada no Palacio de Congresos de Santiago, os representantes das 53 entidades que conforman a Confederación acordaron que non están dispostos a que a crise económica lles invalide os dereitos logrados nestes últimos anos. Os recortes anunciados pola Administración perxudican directamente un dos piares básicos que ten COGAMI, o servizo de intermediación laboral (SIL), que se sentirá drasticamente recortado tanto nos orientadores e intermediadores laborais que traballan nel, como nos axentes de emprego e nos cursos de formación AFD para desempregados que imparte anualmente.

Dende COGAMI apuntouse que “se sempre fomos ós últimos cando había bonanza económica, agora tamén queremos ser os últimos nos recortes”. Tamén se apuntou que cada vez que se recorta nuns servizos básicos a calidade de vida do colectivo reséntese directamente (como agora acaba de suceder no recorte do servizo de transporte hospitalario, onde entidades como a de Alcer de loita contra as enfermidades do ril están gravemente prexudicadas porque o seu colectivo ten que recibir ata tres veces na semana diálise nos hospitais). A pesar de que durante estes últimos anos COGAMI veu reducidos os seus recursos económicos, a entidade estivo ofrecendo igualmente toda a carteira de servizos que ten, incluso incrementou o número de persoas usuarias. Por todo isto, dende COGAMI e o seu movemento asociativo aprobaron estar en contacto directo coas distintas administracións públicas para loitar a favor duns dereitos que deben manterse. Outros dos puntos abordados na XXII Asemblea ordinaria foron a aprobación das memorias de actividades e económica do ano e tamén a presentación das actividades que se van desenvolver durante este 2012.

A Asemblea Xeral de Cogami Lugo recolle o malestar das asociacións ante a actual situaciónO movemento asociativo da Federación de Asociacións das Persoas con Discapacidade de Lugo (Cogami Lugo),

celebrou recentemente a súa XV Asemblea Xeral Ordinaria, coa presenza do Presidente de Cogami D. Anxo Antón Queiruga Vila, na que se fixo balance das actividades e das contas do Ano 2011, tamén se presentou o Programa de Actividades e o Orzamento do 2012. Nesta Asemblea as asociacións puxeron de manifesto a súa preocupación polas especiais dificultades polas que están pasando e acordaron por unanimidade das 7 asociacións que conforman a Federación manifestar públicamente o rexeitamento ás políticas de recortes da Administración. As Asociacións de Persoas con Discapacidade de Cogami Lugo entenden que con estes recortes, veranse mermados moitos dos programas e servizos que de xeito real e efectiva están dando resposta as necesidades das Persoas con Discapacidade e as súas familias na Provincia.

COGAMI-Lugo leva moitos anos facendo un cometido importante de prestación de servizos ás Persoas con Discapacidade e as súas familias, sempre baixo mínimos, tanto nas épocas de bonanza como en épocas de crise económica (facendo do pouco moito), polo que neste momento onde cada vez xorden máis necesidades, non parece de recibo que se recorte onde máis se necesita e onde máis resultados positivos estanse dando. A Federación lucense entende que non se pode, nin se debe abdicar nin dar “ un paso atrás! nin para coller impulso”, con respecto aos dereitos que tantos anos lle custou alcanzar ao colectivo das Persoas con Discapacidade. Os Representantes das 7 entidades que conforman a Federación acordaron que non están dispostos a que a crise económica lles invalide os dereitos logrados nestes últimos anos. Nesta asamblea tamén houbo un emotivo recordo á figura de Presidente Fundador de Cogami D. Domingo Dosil Cubelo, recentemente falecido.

Preocupación polos recortes sociais nas entidades de persoas con discapacidade que forman parte da Federación COGAMI-Coruña

A Federación COGAMI-Coruña está formada por 17 entidades que prestan servizo ás 4.873 persoas asociadas. A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña, (COGAMI-CORUÑA) vén de celebrar a súa a XIV Asemblea Xeral Ordinaria en Santiago, na que aprobaron os informes económicos e de actividades desenvolvidas durante o ano 2011. Tamén aprobaron os orzamentos e plan de actividades que desenvolverán durante o 2012.

Houbo tamén unanimidade entre todos os membros que asistiron á asemblea en que as entidades que representan están a padecer problemas orzamentarios debidos aos continuos recortes das Administracións Públicas e a práctica desaparición das Obras Socias. Ante esta situación de desprotección, acordaron poñer en coñecemento da sociedade o altísimo risco que corren de desaparecer e, polo tanto, de non continuar a prestar servizos aos seus socios e usuarios, todos eles persoas con discapacidade. Un perigo que pode botar polo chan os anos de traballo que serían de imposible recuperación.

Por todo isto, a Asemblea da Federación COGAMI-Coruña, quere solicitarlle ao Presidente da Xunta e ao seu Goberno que estean moi especialmente atentos ao que pode supoñer para as persoas con discapacidade, un colectivo que vén arrastrando de sempre unha ampla carencia de recursos.

Page 5: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

5 NOTICIEIRO

Chegan ao Congreso as demandas do sector

de discapacidade en materia de emprego

As demandas da discapacidade organizada en materia socio-laboral para a presente lexislatura foron presentadas polo presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luís Cayo Pérez Bueno ante o presidente da Comisión de Emprego e de Seguridade Social do Congreso dos Deputados, José Eugenio Aspiroz. O representante do CERMI trasladou a axenda da discapacidade no ámbito laboral e de Seguridade Social para os próximos catro anos.

O CERMI suscitou a necesidade de aprobar un novo modelo laboral de inclusión laboral das persoas con discapacidade, que substitúa ao actual, que xa está anticuado e sinala a conveniencia de que o Goberno adopte un Pacto polo Emprego das Persoas con Discapacidade para que nun prazo de cinco anos a taxa de actividade deste grupo se eleve en 10 puntos. Requíreselle ao deputado Aspiroz que tome con urxencia medidas de choque para manter e aumentar a ocupación de persoas con discapacidade no emprego protexido, que sofren con maior intensidade os efectos da crise. O presidente do CERMI propón actuar na regularización do emprego con apoio para favorecer a inclusión das persoas con discapacidade difíciles de inserir.

Ramón Veiga

Supresión de restricións para o manexo

de embarcacións de recreo por parte

de persoas con discapacidade auditiva

A normativa vixente sobre acreditacións da aptitude

psicofísica para o manexo de embarcacións de recreo será

revisada pola Dirección Xeral da Mariña Mercante do

Ministerio de Fomento, co fin de suprimir as restricións

agora existentes para as persoas con discapacidade

auditiva. Esta revisión foi comunicada nunha reunión

mantida co Comité Español de Representantes de Persoas

con Discapacidade (CERMI), xa que a actual normativa

impide actualmente, en moitos casos, que as persoas con

discapacidade auditiva poidan acceder con normalidade a

navegación de embarcacións de recreo.

Neste senso o CERMI recoñece ter atendido queixas de

persoas con discapacidade auditiva que denuncian

restricións inxustificadas e desproporcionadas á hora de

acceder o manexo de embarcacións de recreo e que foron

consideradas desproporcionadas, unha vez foron

examinadas, polo CERMI, o Defensor do Pobo e a Oficina

Permanente Especializada do Consello Nacional da

Discapacidade. Fomento e a Dirección Xeral da Mariña

Mercante, tras serlle trasladadas estas demandas, coincide

na inadecuación da normativa aplicable e asegura que

revisará a mesma de acordo coas reivindicacións do

Manuel Paz

Antonio Fernández

Sanción exemplar da Xunta pola denegación de entrada a un can guía nun establecemento

José Ramón Martínez, é un cidadán con discapacidade visual que traballa como vendedor de cupóns nunha estación de servizo da Coruña. Fai un ano denunciou a un establecemento hosteleiro de Culleredo (A Coruña), por negar a entrada ao can guía que o acompaña habitualmente. Nun principio sancionouse con 500 euros ao propietario do local. José Ramón apelou esta sentenza, conseguindo que a multa fose elevada a 900 euros.

O propietario do bar tratou de xustificarse, afirmando que ignoraba a condición do can, e que non estaba ao tanto das leis que obrigan a deixar entrar a estes en calquera tipo de establecemento, ao ir desempeñando a función de can guía. Pola súa banda José Ramón, non cre na sinceridade do hosteleiro, do que di que en ningún momento demostrou tolerancia algunha, nin bos modos con el nin co seu can, ao mesmo tempo que dubida que a estas alturas calquera propietario dun establecemento público ignore as leis establecidas respecto diso. Esta sentenza supón para José Ramón un triunfo moral.

J. Carlos Vázquez

A RAE da lingua de signos española

A lingua de signos española, está recoñecida legalmente desde o ano 2007, e apréndena preto de 10.000 alumnos cada ano. Para velar polo seu bo uso, difusión e investigación, creouse o centro de Normalización Lingüística española (CNLSE). Este centro está adscrito ao Real Patronato sobre Discapacidade, dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. A súa xestión está encomendada á CNSE (Confederación Estatal de Persoas xordas). O consello Rector do CNLSE reuniuse o pasado xuño e aprobou a estratexia de actuación 2011-2016. Baixo o paraguas dun equipo de cinco persoas, todas elas do LSE: a directora, unha lingüista, un experto en linguaxe de signos, unha sociolingüista, unha bibliotecaria.

A directora do CNLSE, María Luz Esteban, sinala que o centro vai máis aló que outros centros gardiáns lingüísticos como a Real Academia da Lingua ou o Instituto Cervantes, xa que inclúe un plus social para que as persoas xordas ou sordociegas desenvolvan unha vida máis normalizada. Esteban sinala así mesmo que o organismo que ela dirixe, traballa fundamentalmente en tres áreas: normalización, investigación e desenvolvemento, promoción e difusión. Sinalando que o principal reto é conseguir que a lingua de signos española consiga o mesmo estatus que outras linguas que existen no estado español. A páxina WEB está aberta ao público desde o mes de abril, e conta entre outros servizos, cunha base de datos, e unha biblioteca virtual cuxa base de datos está xa creada. A idea dunha biblioteca virtual xurdiu ante unha demanda externa xa que o número de estudos e investigacións que se realizan vai en aumento e existía unha multitude de profesionais e entidades que solicitan recursos de todo tipo. A biblioteca virtual ten acceso libre para que calquera persoa poida utilizala.

Page 6: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

6 NOTICIEIRO

Arturo Fojón

Usuarios de COGAMI LUGO participaron

na XIII edición de Xuventude.net

O pasado 4 de maio, un grupo de 14 usuarios acompañados por un voluntario e monitores do centro CRD Fingoi Lugo, desprazáronse ata o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, para participar na XIII edición XuventudeGaliocia.net, que se celebrou os días 4, 5 y 6 de maio. Alí poideron disfrutar dunha xornada de Internet de alta velocidade e falar con outras persoas amantes das novas tecnoloxías.

Despois de comer decidiron dar unha volta polos diferentes stands que había e participar noutras actividades lúdicas. Finalmente asistiron a unha charla que impartiu a terapeuta ocupacional Cristina Novo.

Ana Mª Varela

II Festival Benéfico a favor de ADISBISMURO proxecto do centro de Medelo de COGAMI-Deza recibiu un premio internacional ADISBISMUR (Asociación de Persoas con

Discapacidade da Bisbarra de Muros) celebrou o pasado abril o II Festival Benéfico, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Carnota, e que contou coa presenza do alcalde do municipio, Ramón Noceda Caamaño.

Usuarios do Centro de Recursos de Valadares representaron unha obra de teatro, co nome de O Pepe, que conta a historia dun labrego sen gañas de traballar que conversa cun espantallo.

Por outra banda, usuarios e monitores, actuaron nunha serie de bailes e tamén proxectouse un vídeo no que se amosaron as actividades levadas a cabo pola asociación durante o 2011.

O prezo da entrada foi de 5 euros, e con ela os asistentes recibiron dúas rifas para o sorteo dunha cesta con produtos gastronómicos. A recadación irá destinada á axuda do mantemento do centro de Valadares, un centro que precisa da xenerosidade da veciñanza para manter a actividade.

Gustavo Latorre

Concedéuselle o Premio Internacional Veteco ao proxecto de rehabilitación do centro para persoas con discapacidade de Medelo (Silleda) convocado con motivo do Salón da fiestra e o cerramento acristalao que se celebra en maio no Ifema (Madrid). O estudio Arrokabe Arquitectos de Santiago de Compostela deseñou este proxecto e foi executao por Carpinsecoya de Merza.

Este proxecto de Medelo conseguiu o premio na categoría “á actuación de rehabilitación”. Neste concurso recoñécese a innovación na carpintería exterior e a adecuación ao entorno.

No proxecto Medelo que se presentou a concurso destacan as fiestras que se colocaron nas edificacións rehabilitadas e a peza central que une os dous inmobles, que é un ferramenta de vidro e madeira que permite unir todo o inmoble para que funcione como único.

Os arquitectos Óscar Andrés, Iván Andrés e Lourdes Pérez trataron de realizar unha reinterpretación do tradicional nas carpinterías e cerramentos de vidro de fiestras.

A estrutura de conexión é unha fachada de vidro con pezas de madeira como antigas galerías. Este proxecto nace como froito do gran esforzo por parte de todos, e no que COGAMI apostou pola rehabilitación da edificación.

Francisco Gullón

O CERMI solicita a Fomento

unha investigación das compañías

de baixo custo polo seu trato á discapacidade

No (CERMI) Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade e nas organizacións da discapacidade recíbense numerosas queixas e reclamaciones que presentan os pasaxeiros con Discapacidade ou mobilidade reducida polo trato recibido por parte das compañías aéreas e sobre todo das denominadas de baixo custo.

O CERMI presentou estas reclamaciones á Axencia Estatal de Seguridade Aérea do Ministerio de Fomento. Recordándolle que todas as compañías aéreas que operan na Unión Europea, tanto as de signo tradicional como as de baixo custo, teñen a obrigación de embarcar e asistir sen discriminación ás persoas con discapacidade ou dificultade de mobilidade, e que o maior ou menor prezo dos billetes non pode ser escusa para a vulneración dos dereitos recoñecidos pola normativa tanto europea como española.

Polo tanto hase de abrir expediente e sancionar ás compañías que coa súa conduta non respeten os dereitos dos pasaxeiros.

Page 7: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

7 NOTICIEIRO

Alumnos do Colexio de A Baña visitaron o centro de recursos Niveiro da asociación

AVANTE en Val do DubraO pasado abril, un grupo de 25 alumnos de 4º e 5º

curso de primaria do colexio de A Baña, acompañados de

tres profesores, estiveron de visita nas instalacións que ten

o centro de recursos Niveiro que pertence á Asociación de

persoas con discapacidade de Val do Dubra (AVANTE).

Durante esta visita, o alumnado percorreu as

instalacións do centro e puideron ver en primeira persoa

que actividades se desenvolven alí. Así, estiveron mirando

como se elabora a artesanía nos obradoiros de coiro e

encadernación, qué produtos se plantan no invernadoiro

qué traballan os usuarios do centro, todos eles persoas con

discapacidade, e ademais presenciaron as clases de

informática, logopedia e formación de adultos.

A xornada rematou nun obradoiro de pulseiras de

bixutería no que todos os rapaces estiveron aprendendo e

practicando a elaborar pulseiras como as que fan os

usuarios de Valadares e que logo venden en feiras.

Con este tipo de visitas, o centro de recursos Niveiro o

que pretende é que os menores coñezan a normalidade da

discapacidade, para que se familiaricen con ela.

Esta visita do alumnado do CEIP de Bembibre vai ser a

primeira visita programada pola asociación AVANTE

durante este ano, pero haberá outras catro xornadas máis

de portas abertas. O motivo é que este ano a entidade de

Val do Dubra cumpre 30 anos, así que para festexar esta

data desenvolveranse outras actividades máis coas que

van dar a coñecer o día a día nun centro.

Nieves Gayoso

J. Luis Vázquez

COGAMI iniciou na Coruña un curso

de novas tecnoloxías

para persoas con discapacidadeA Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

(COGAMI) iniciou o 10 de abril, na sede que ten en A

Coruña un ciclo de obradoiros de iniciación ás novas

tecnoloxías aplicadas á vida cotiá, que vai destinado para

persoas con discapacidade. Un total de 13 persoas foron as

que iniciaron esta formación, 10 homes e 3 mulleres, que

proceden dos concellos de A Coruña (5), Arteixo (2),

Oleiros (1), Cambre (4) e Culleredo (1).

Durante as 268 horas que vai ter de duración esta

acción formativa, que vai rematar o vindeiro mes de xullo e

que se imparte de luns a venres, o alumnado vai ter que

aprender a manexarse polas novas tecnoloxías aplicadas á

vida cotiá. O temario que se vai impartir ten que ver con

informática básica, internet e correo electrónico, iniciación

ás redes sociais e outras aplicacións útiles da web 2.0 e

obradoiro de retoque dixital de fotografías.

Subvencionado pola Deputación de A Coruña, a

finalidade do curso vai ser que as persoas asistentes

coñezan a nivel xeral o funcionamento dun ordenador, que

manexen tanto internet como o e-mail, que se movan con

seguridade polas redes sociais e que saiban retocar as

fotografías. Con este tipo de accións formativas, o que se

pretende dende COGAMI é que o seu colectivo se forme

para poder inserirse canto antes dentro do mercado

laboral.

COGAMI e USC asiron un convenio

de colaboración para investigar e formar

en materias de discapacidade e dependenciaO pasado 15 de maio, no Salón de Graos que está no

baixo andar do Colexio San Xerome, a Confederación

Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e maila

Universidade de Santiago asinaron un convenio de

colaboración.

Os asinantes do acordo, o reitor da USC, Juan J.

Casares, e mailo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga,

establecerán as pautas de colaboración entre os dous

organismos en materias de investigación e docencia sobre

a discapacidade e/ou dependencia. Crear un centro de

estudos universitarios da discapacidade e dependencia,

fomentalo e difundir as súas actuacións, colaborar na

formación e na realización de prácticas son algunhas das

actuacións que se van realizar trala sinatura do convenio de

colaboración.

Miguel Regueiro

Page 8: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

8 NOTICIEIRO

Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentaron o día 4 de maio a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.

Na situación actual, esta campaña ten aínda maior relevancia. Os recortes en programas e servizos de acción social poñen en perigo a cohesión social e o benestar da poboación en situación de pobreza e exclusión, cada vez máis numerosa. As políticas solidarias teñen unha dimensión económica, e en consecuencia, non supoñen unicamente un gasto, senón tamén unha inversión.

No acto de presentación da campaña X Solidario coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs, estiveron presentes o Vicepresidente de EAPN Galicia, Xosé Cuns, o Tesoureiro de EAPN Galicia, Antonio Hernández e Solo Cámara, beneficiario dun dos programas financiados con cargo a esta asignación tributaria en Galicia, ademais de membros doutras entidades sociais.

O ano pasado recadáronse en Galicia, a través da cadro Fins Sociais 13,6 millóns de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran a casiña de fins sociais, a cantidade de cartos destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas se incrementaría en 12 millóns de euros, co que a cantidade final destinada sería de 25,8 millóns de euros.

Grazas ao 0,7% do recadro Fins Sociais, en España hai máis de 5.000.000 persoas beneficiarias dos programas sociais que se desenvolven a través do recadado. Os colectivos aos que van destinados estes programas teñen que ver coa infancia, a mocidade, as mulleres, os maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencia, persoas afectadas pola Sida, o pobo xitano, persoas reclusas e ex reclusas, programas para a inclusión social, migrantes e persoas beneficiarias de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Como sinalou Solo Cámara na rolda de prensa, participar nun destes programas ofreceulle a oportunidade de atopar un traballo e regularizar así a súa situación no noso país.

ONGs galegas vólvense unir para pedir aos/ás contribuíntes que marquen o

X Solidario na súa declaración da renda

O pasado, 19 e abril, na Casa do Concello de O Porriño, o Presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, asinou un convenio de colaboración co alcalde de O Porriño, Nelson Santos Argibay.

O obxectivo do convenio é a mellora do servizo de transporte adaptado para que tanto as persoas con mobilidade reducida do concello de O Porriño como os usuarios dos centros de recursos que COGAMI ten na zona poidan ter máis independencia, o que implica unha mellora na súa inserción social e laboral.

Tamén estuveron presentes durante a sinatura o Presidente da Federación COGAMI-Pontevedra, Ángel Holguera, e o Coordinador do Centro de Recursos de COGAMI en Mos, Celso Álvarez.

COGAMI leva máis de 20 anos prestando servizo de transporte adaptado ao colectivo que representa, o das persoas con discapacidade.

Actualmente son 160 persoas usuarias dos centros que ten COGAMI por toda a comunidade as que se benefician diariamente deste servizo.

Ademais, tamén se realizan viaxes de grupos que o precisan de maneira puntual e colabora co 065 na zona de Ferrol.

COGAMI e o concello de O Porriño asinanron un convenio de transporte adaptado

Juan García

José L. López

Sony anuncia lentes para que as persoas

con problemas auditivos poidan ver cine con subtítulos

Sony acábase de aliar cos cines norteamericanos Regal Entertainment para incluír nas súas salas unhas novedosas lentes virtuales, que permitan ás persoas con problemas auditivos poder gozar dunha película grazas á inclusión de subtítulos na mesma.

O sistema é moi simple: unha vez que se poñan as lentes, pódese ver na pantalla todos os diálogos da película en proxección, que son enviados inalámbricamente a todos os dispositivos presentes na sala.

Os subtítulos estarán dispoñibles en seis idiomas, polo que se poderá ver unha película no estranxeiro con subtítulos para o teu idioma (aínda que a película non se emita subtitulada).

Estas lentes tamén inclúen axuda auditiva para as persoas cegas, de forma que a través duns pequenos auriculares indícase todo o que está sucedendo en pantalla. Un sistema que atraerá a moitos máis espectadores ás salas cinematográficas.

Page 9: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

9 DEPORTES

COGAMI estivo presente no

II Open Internacional Cidade de A Coruña

de Tenis en cadeira de rodas

Un total de 229 usuarios que forman parte de COGAMI

(Confederación Galega de Persoas con Discapacidade),

todos eles/as procedentes dos centros de recursos de Lugo,

Mos, A Coruña, ademais das entidades Agora e Auxilia de

Monforte, Adisbismur de Muros e Amizade de Pontevedra

estiveron presentes no II Open Internacional Cidade de A

Coruña.

Ademais da competición que disputaron os xogadores

profesionais, houbo actividades alternativas nas que as

persoas con discapacidade que se concentraron neste

evento participaron nelas e compartiron experiencias.

Entre as actividades programadas para os usuarios de

COGAMI estiveron a visita á exposición de trofeos e fotos

que hai na escola de tenis Marineda, ademais de ter a

posibilidade de asistir a clases de tenis en cadeira

personalizadas, nas que tomaron as nocións básicas para

poder iniciarse neste deporte.

Outras das colaboracións que tivo COGAMI coa Escola

de Tenis Marineda durante este II Open en silla foi que o

Coordinador del Servicio de Intermediación Laboral de

COGAMI (SIL), Paco Abuín, impartiu unha charla sobre o

emprego protexido.

N e s t e I I O p e n

Internacional Ciudad de A

Coruña proc lamouse

campión masculino Kiko Tur,

tras ganar na final ao inglés

Alex Jewitt. Na competición

feminina venceu Elena

Jacinto e na modalidade de

dobres a victoria foi para

Martín Varela e Álvaro

Illobre.

Oscar Vigo

José M. Ramil

O Open Fundación Emilio Sánchez Vicario

de Tenis en Cadeira de Rodas é conquistado

por Lola Ochoa e Elena JacintoAs tenistas Lola Ochoa e Elena Jacinto conseguiron a

vitoria na competición de dobres do I Open Internacional

Fundación Emilio Sánchez Vicario de Tenis en Cadeira de

Rodas, que se celebrou na Cidade da Raqueta de Madrid.

Ademais, o coruñés Álvaro Illobre e a valenciana Lola

Ochoa, en rolda individual, e a parella formada polo catalán

Quico Tur e o galego Martín Varela conseguiron chegar ata

as semifinais.

A valenciana Lola Ochoa e a catalá Elena Jacinto

convertéronse nas tenistas españolas máis destacadas

neste I Open Internacional Fundación Emilio Sánchez

Vicario logo de lograr a vitoria no dobres feminino. As

españolas, que xogaron un bo tenis ao longo do torneo,

venceron na final á chilena María Antonieta Ortiz e á

estadounidense Emmy Kayser nun partido onde a

igualdade se mantivo ata o final e que acabou cun marcador

de 6-3, 3-6 e 7-6.

Tamén tivo unha boa actuación, na competición

individual masculina, Álvaro Illobre, quen alcanzou a rolda

de semifinais. Illobre empezou o torneo gañando ao

arxentino Ezequiel Casco por 6-2,4-6 e 6-2. Na segunda

rolda, o galego conseguiu vencer a Quico Tur por 6-3,1-6 e

6-4. Con todo, non puido facer o propio na antesala da final

ante o polaco Piotr Jaroszewski , quen se impuxo

cómodamente por un claro 6-0 e 6-4.

Finalmente, no dobres masculino, Quico Tur e Martín

Varela foi a parella máis destacada, tras alcanzar a rolda de

semifinais, onde caeron por 6-3 e 6-4. Os españois non

conseguiron superar no devandito encontro aos polacos

Kamil Fabislak e Piotr Jaroszewski, os que foron moi

superiores aos seus contrincantes e acabaron levándose o

campionato. Tur e Varela derrotaran antes aos chilenos

Francisco Cayulef e Diego Pérez por 6-2 e 7-5.

Page 10: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

10 ENTREVISTA DO MES

Entrevista do mes de Maio a Manuel Álvarez (RÚA)

Canto tempo levas no Aula de Novas Tecnoloxías?

Levou aproximadamente cinco meses.

Vés todos os días ao Aula de Novas Tecnoloxías?

Si, veño todos os días de luns a venres.

De onde vés?

Veño de Foz

Porque decidiches vir a COGAMI?

Decidín incorporarme a COGAMI para coñecer xente nova e

aprender algo de informática.

Que fas no teu tempo libre?

No meu tempo libre gústame ir de festa, saír cos meus amigos,

ver o fútbol (en especial o Real Madrid), ver a miñamoza e tocar no grupo “A Roda”

¿Que instrumento tocas neste grupo?

En especial o bombo pero estou aprendendo a tocar a gaita.

Cal é o teu equipo de futbol favorito?

O meu equipo de futbol favorito é o Real Madrid.

Cal é a túa música ou grupo musical favorito?

O meu orquesta favorita é a orquesta Panorama.

Cando foi a última vez que fuches ao cine?

A última vez que fun ao cine foi en marzo de 2012.

Cal foi a última película que fuches Ver?

A última película que fun ver foi “Intocable”

Gústache cociñar?

Si, gústame cociñar.

Cal é o prato que máis che gusta cociñar?

O prato que máis me gusta cociñar son as filloas.

¿Que serie ou película che gusta das que se emitiron ou emiten na televisión?

Como debuxos animados os que mais me gustan son os de Oliver y Benji, e como serie de entretenemento “Dos

Hombres y Medio”.

Nieves Gayoso

Manuel Alvarez

Page 11: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

11 CARTELEIRA

Argumento: Nesta aventura épica de acción, Kristen Stewart encarna

á única muller que supera en beleza á malvada raíña decidida a destruila custe o que custe. Pero a pérfida soberana ignora que un cazador cuxa misión era matala, ensinou á xoven a defenderse. Sam Clafin únese ao reparto no papel do príncipe enfeitizado pola beleza e o poder de Brancaneves.

Director: Rupert Sanders

Reparto: Kristen Stewart, Charlize Theron, Chris, Hemsworth, Sam Claflin, Ian McShane, Ray Winstone

BRANCANEVES E A LENDA DO CAZADOR

Ricardo Lamazares

MOONRISE KINGDOMArgumento:

Ambientada nunha illa da costa de Nova Inglaterra no

verán de 1965, esta cinta conta a historia dunha moza e un

mozo de doce anos que se namoran, fan un pacto secreto e

escápanse a terreos selváticos e inexplorados.

Cando varias autoridades intentan perseguilos,

fórmase unha violenta tormenta na costa... e a

comunidade da pacífica illa verase trastornada

irremediablemente.

Ficha TécnicaDirector: Wes Anderson

Reparto: Bruce Willis, Edward Norton, Bill Murray, Tilda Swinton, Frances Mcdormand, jason Schwartzman, Harvey Keitel, Bob Balaban.

Gustavo Latorre

Argumento:Uriel é unha desas persoas que tropeza dúas veces coa

mesma pedra. Está descontento, home divorciado e pai de

dous fillos, que traballa na empresa herdada da súa familia.

Un día, grazas ao póquer -un xogo que, coas súas regras

claras, conéctao cos seus desexos- reencóntrase coa súa

noiva da mocidade, Gloria, recentemente chegada de

Francia, onde acaba terminar unha relación.

Namorado renovado e coa filosofía de póquer como

guía, Uriel entende que está agora ante as súas mellores

cartas e que volver intentalo é un imperativo vital.

Unha divertida comedia romántica onde o amor e o azar

avanzan nunha mesma dirección, Bos Aires.

Ficha TécnicaDirector: Daniel Burman

Reparto: Jorge Drexler, Valeria Bertucelli, Norma Alejandro, Luis Brandoni.

A SORTE NAS TÚAS MANS

Roberto Camba

Argumento:Narra a volta a casa de Hache tras pasar dous anos en

Londres. O recordo de Babi acompañoulle todo este tempo

e teme o momento de reencontrase con ela. As cousas

cambiaron, e terá que reconstruír a súa vida: facer novos

amigos conseguir un emprego, empezar unha nova etapa…

Pero é posible revivir a maxia do primeiro amor?

Ficha TécnicaDirector: Fernando González –Molina

Reparto: Mario Casas, María Valverde, Clara Lago, Álvaro Cervantes, Marina Salas, Diego Martín, Nerea Camacho, Antonio Velázquez, Carmen Elías

Gustavo Latorre

TEÑO GANAS DE TI

Argumento:España, na actualidade. Javi é un pícaro representante

de rapaces que empezan e de futbolistas de terceira, aínda

que a súa maior fonte de ingresos son os “eventos” do tipo

montar porterías hinchables nos centros comerciais.

Soña co gran “pelotazo” que cambie a súa vida, pero

tarda en chegar. Ana, a súa muller, aínda que lle quere, está

un pouco cansa dos seus trapicheos. Nese momento, Javi

recibe unha noticia que o cambia todo: o Real Madrid está

interesado en Gustavo-César (dezasete anos), un rapaz

que asinou con el de neno cando Javi estivo de viaxe con

Ana en Arxentina….

Arxentina, na actualidade. Diego é un médico solitario

e pouco sociable que creceu odiando o fútbol. O seu tío

acaba de sufrir un infarto, e cando vai ao hospital onde está

ingresado para visitalo, este explícalle que o Real Madrid

está interesado nun rapaz ao que adestra e representa,

Gustavo-Cesar, e que hai un representante español que

pretende quitarllo. O adestrador faille chantaje emocional a

Diego: ir a España para deixar as cousas claras facéndose

pasar por representante do xogador.

Obrigados polas circunstancias a compartir a

representación de Gustavo-César, Javi e Diego iniciarán un

camiño cheo de xiros, sorpresas, mentiras, picaresca e

estratexias varias, que cambiará para sempre as súas

vidas.

Ficha TécnicaDirector: David Marqués

Reparto: Fernando Tejero, Diego Peretti, Patricia Montero, Hugo Silva, José Sancho, Laura Pamplona, Carmen Ruiz, Jordi Sánchez.

EN FÓRA DE XOGO

Luis Fernández

Page 12: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

12 RINCÓN LITERARIO

CAPÍTULO ANTERIOR: Chamaron a Amaya para dicirlle que atoparan o cadáver de Sandra Lozano. Unha persoa, que se fixo pasar por axente

de policía entrou no portal e ofreceulle ao porteiro cincocentos euros e pediulle gardar silencio.

Amaya saíu de casa, pero o seu coche non acendía e tivo que tomar un taxi. O taxista seguiu unha traxectoria que non

era a acordada en dirección ao Museo do Prado, o taxi minorou a velocidade, parou, neses momentos abriuse a porta e

entrou un home corpulento que empuxou a Amaya no asento, o condutor acelerou en dirección aos arredores de Madrid.

Amaya abofeteou ao condutor, pero este a abofeteou.

Amaya pregunta ao condutor porque lle facía iso, e el respondeu que xa llo diría cando chegasen. O matón volveu a

agredir a Amaya e deixouna inconsciente.

CAPÍTULO 28:Pablo Corleone, dirixíase ao hospital “A Roca”, no seu Ferrari 500, deixouno aparcado nun sitio seguro, serían as dúas

menos cuarto da tarde. Entrou por urxencias e dirixiuse cara aos baños, onde se puxo o seu disfraz favorito, o de auxiliar clínico, saíu e dirixiuse directamente ao ascensor, subiu á cuarta planta, portaba un estuche con inxeccions intravenosas, meteuse na habitación 416 sen que ninguén o vise. Levaba lentes con montura de concha, un bigote e unha barba postiza, Ismael Serrano alzou a vista e mirouno adormecido.

-Ocorre algo? – preguntoulle Ismael.

- Non, en absoluto. Todo está perfectamente – repuxo o auxiliar en entrecortado español.

O auxiliar fixou a mirada na agulla do gotero.

- É só unha comprobación rutineira – engadiu o auxiliar- Non o vou pinchar, non se preocupe.

- Mellor – dixo Ismael, riseiro.

Ismael Serrano, pechou de novo os ollos para seguir co seu duermevela. O auxiliar, que levaba na placa de identificación do hospital o nome de Miguel Suárez, comprobou a botella de glucosa do gotero e o tubo de plástico, logo inxectou unha pequena cantidade de líquido a través da xunta de goma da botella.

- É só para limpar o tubo – sen darlle a menor importancia.

- Vale – musitou Ismael sen abrir os ollos.

Mentres pechaba o estuche, Pablo reparou en que o tinte que utilizara para o cabelo, era bastante malo, porque ao suar corréuselle un pouco pola cara.

Pablo saíu da habitación e enfilou con paso firme cara á escaleira, polo lado contario ao do control, os seus ollos azuis brillaban de puro regocixo.

Mentres tanto, serían as dúas e media da tarde cando Mirta e Enrique puxéronse a comer, Enrique estaba intranquilo e pensando só na súa irmá, non tiña moita fame. Saíu unha hora máis tarde cara ao hospital onde entraba a traballar ás catro, non sabía nada da morte do seu paciente, porque Mónica, a xefa do equipo, decidira baixo a súa responsabilidade, non dicirlle nada. Como sempre, Enrique camiñaba lentamente polos corredores do hospital ata chegar ao seu despacho, cando foi interceptado por Juan e Mónica que lle deron a pésima noticia.

- Morreu Ismael Serrano – díxolle, Mónica con moita tristeza. Unha auxiliar reparou en que Ismael xacía no seu leito, coas pupilas tremendamente dilatadas e intentamos resucitalo, pero non foi posible e desistimos ao ver que o electro daba plano.

Enrique sentiu ganas de gritar, como un animal ferido, esnaquizaría todo o que tiña a man para desafogarse, pero dominouse, metéronse dentro do despacho e decidiu contarlles o que sabía desa organización, do secuestro da súa irmá e do tolo que andaba matando persoas por diñeiro e vinganza cara a el, por saber precisamente estas cousas.

- Agora teño que ir falar coa muller de Ricardo- concluíu Enrique.

O Último Tramo - Capítulo 28

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 13: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

13 POESÍA - A FIESTRA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

- Turismo Rural Accesible:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

http://www.casafandin.com

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

A FIESTRA

Intercambio en vacaciónsSaúdos a todos/as: Chámome Javier Esteban, vivo nunha residencia asistida para persoas con discapacidade que está en Zaragoza capital. Este verán, gustaríame pasar as vacaiones noutra comunidade autónoma, pero querería que fóra nunha residencia para persoas con mobilidade reducida.O intercambio consiste en cambiarnos a praza da residencia entre dúas persoas que así o desexen, así estariamos ben atendidos e sae bastante ben de prezo, pois ao cambiar a praza, só hai que ter en conta o transporte. E o que che gastes en ir por aí de marcha.Si estas interesado nesta idea, ponte en contacto comigo no teléfono 976597452 ou mediante o correo electrónico [email protected]émosnos/Vémonos.

Ricardo Lamazares

Manuel Alvarez

Non podo ser o teu amigo

Eu só quero que o saibas

que estou triste porque ti

non estás comigo,

que tamén me dei conta

que é difícil que eu poida ser o teu amigo,

eu tiven a gran sorte,

que foi poder a ti eu coñecerche

e por iso gustaríame volver verte.

O meu agarimo está cheo de sinceridadpor todos os lados onde che sento

eu digo a verdade. Séntoche ao meu lado.

Es bela como rosas, cando che vexomorro de ganas por abrazarche e cando non

estou contigo só podo pensar en ti.

Sinceridade

Page 14: Revista MOEMIA VIRTUAL maio 2012

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR- DIRECCION XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL

FORMACIÓN OCUPACIONAL A PERSONAS CON GRANDES DISCAPACIDADES