Novembro 2014 - Ourense por Barrios

28
Número: 147 - Ano: XIII - Novembro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.3 CULTURA Páx. 15 SOCIEDADE Páx.11 SOCIEDADE Páx.12 Preto de 10.000 persoas participaron no 19OUFF O PP de Barbadás aproba en solitario os orzamentos de 2015 Benestar destina 630.000 euros para 26 entidades sociais Entrevista a César Taboada, director da Escola Antón Failde BARRIOS Páx.4 As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga de limpeza O Concello colocou na rúa do Paseo 45 estrelas en recordo das vítimas mortais a causa da violencia de xénero en España neste ano./P. LODEIRO. [páx. 8] Ourense di NON á violencia de xénero [Páx.2] Entrevista a Francisco Marín, presidente da CHMS

description

Os actos do Día Mundial contra a violencia de xénero na nosa cidade, e as entrevistas ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e ao director da Escola de Arte e Superior de Deseño Antón FAílde, César Taboada, son imaxes de portada neste número.

Transcript of Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Page 1: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 147 - Ano: XIII - Novembro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 CULTURA Páx. 15SOCIEDADE Páx.11 SOCIEDADE Páx.12

Preto de 10.000 persoas participaron no 19OUFF

O PP de Barbadás aproba en solitario os orzamentos de 2015

Benestar destina 630.000 euros para 26 entidades sociais

Entrevista a César Taboada, director da Escola Antón Failde

BARRIOS Páx.4

As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga de limpeza

O Concello colocou na rúa do Paseo 45 estrelas en recordo das vítimas mortais a causa da violencia de xénero en España neste ano./P. LODEIRO.

[páx. 8]

Ourense di NON á violencia de xénero

[Páx.2]

Entrevista a Francisco Marín,

presidente da CHMS

Page 2: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSNovembro de �014

TEMA DO MES

ENTREVISTA A FRANCISCO MARÍN, PRESIDENTE DA CHMS:

“A nova sede non é unha prioridade absoluta, para min é máis

prioridade o Barbaña”4 O máximo responsable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil considera que a mellora da depuradora é un primeiro paso para solucionar os problemas de contaminación do río Barbaña.Paula Lodeiro

Que hai máis galego que responder cunha pregunta a outra pregunta? Aínda que nacido en Linares, Jaen, Francisco Marín Muñoz enxeñeiro agrónomo de profesión, leva máis de dúas décadas traballando en Ourense, na delegación da Consellería de Medio Rural, e iso nótase. Desde �01� é presidente da Con-federación Hidrográfica do Miño-Sil.

Que pasa co Barbaña?F.M.: “O problema é que

é un río moi antropizado, a conca do Barbaña é moi pequena, co cal recolle por escorrentía pouco máis que nos momentos que chove, non hai nacentes, houbo moitos pozos que afectaron á auga que leva o río, a auga que nós vemos normalmen-te no Barbaña é a vertedura da depuradora, que son 180 metros cúbicos día, e pouco máis. Ten moita presión, ten dous polígonos indus-triais, e o regato dos Muí-ños ou Barbañica tamén pasa á beira da Valenzá. Ten problemas de contami-nación por esa presión da poboación.

A maioría da auga que lle entra é a auga que se eleva desde o Miño, que entra nuns procesos industriais

ou naturais, como unha ducha, e volve a unha de-puradora que a verte, cuns parámetros de vertedura na maioría das veces auto-rizados, pero o río non ten moita capacidade de depu-ración. Que ocorre? Que en épocas en que hai catro pingas empezan a aparecer escumas.

Que temos que facer? Mellorar a depuradora (de San Cibrao). É suficiente? Non o sei, creo que é un primeiro paso.

O que hai que facer no Barbaña é mellorar a en-trada de auga á depuradora e mellorar o seu funciona-mento, é un proxecto en execución de tres millóns. Que tardou en empezar a empresa máis do desexado? Si, pero o importante é que cumpra e que cumpra en prazo”.

Estará finalizada a obra a finais de 2015?

F.M.: “Seguro; espero que antes”.

Teñen sentido as críti-cas que realizan diferen-tes colectivos cada vez que hai choivas intensas polas verteduras que se produ-cen?

F.M.: “Eu preguntaría, é legal ou non? Está autoriza-do ou non? Os alivios nos tanques de tormenta están permitidos en choiva, en

tempo seco non. Iso está au-torizado aquí ou en Sevilla. Cando en Ourense ponse a chover, cal é a auga máis contaminada? Os primeiros �0 minutos, nos que leva aceites dos coches, areas, etc. Despois de 20 minutos a crecida xa vén limpa. Que fan os aliviadoiros? Rete-ñen esa sucidade, alivian o resto da auga e cando deixa de chover vano enviando á depuradora aos poucos.

A nosa crítica ao Concello é que hai puntos onde alivia e non está autorizado”.

Hai algún expedien-te aberto ao Concello de Ourense?

F.M.: “Claro, por ese tema; hai un pozo de rexis-tro na marxe dereita do Barbaña na rúa Avilés de Taramancos que aliviou nas últimas tormentas. En principio o expediente in-formativo ábrese e logo hai que ver a sanción. Pero non se pode sancionar por unha vertedura nun aliviadoiro autorizado”.

Descenderon os expe-dientes sancionadores no último ano?

F.M.: “Os de verteduras si se reduciron, por con-ciencia social e porque hai moitos investimentos en mellora dos elementos de depuración. En 2013 incoá-ronse 356 expedientes san-

cionadores; en �01�, 400, baixaron. Nos sancionado-res o tempo márcao a lei, que é menos dun ano, pero é significativo a redución dos tempos de tramitación no resto: nos de urbanismo baixaron de 300 días a 200, de 2010 a 2013. En con-cesións, de 25 meses a 13 meses, en uso privativo, de 10 a catro, en talas de sete a catro, en autorización de obras de nove a seis me-ses”.

Que destacaría dos seus dous anos e medios á fron-te da CHMS?

F.M.: “Resaltaría isto que acabo de dicir, que é unha maneira de que a ad-ministración sexa mellor, achegala ao cidadán. Tamén tentamos dar apoio técnico aos concellos, sobre todo aos máis pequenos, porque é máis difícil que poidan ter na súa plantilla ou contratar persoal moi especializado.

En canto a logros, hai un feito obxectivo: fomos a primeira demarcación das concas que dependen do Estado que aprobamos o Plan Hidrolóxico, en 2013. Agora estamos xa en proce-so de revisión, en xaneiro xa poremos con toda segu-ridade a exposición pública do novo Plan Hidrolóxico.

Neste tempo realizamos máis de 26 actuacións en

Ourense, con fondos eu-ropeos, con máis de 40 millóns de investimento. Resaltaría, na contorna da cidade, a posta en marcha dunha depuradora a me-

dio construír en Pereiro de Aguiar que vai mellorar as augas que chegan a Cacha-muíña, cun investimento de cinco millóns de euros.

No que levamos de lexis-

Francisco Marín, no seu despacho./RAMSÉS.

“O Barbaña é un río moi antropizado, ten problemas de contaminación pola presión da poboación”“Os expedientes de verteduras reducíronse, por conciencia social e pola mellora nos elementos de depuración”

Page 3: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSNovembro de �014

TEMA DO MES

latura investimos en res-tauración hidrolóxico-fo-restal, en limpeza de ríos, máis de 2,5 millóns de euros na provincia. Máis as obras de emerxencia que supuxeron � millóns de euros”.

É diñeiro.F.M.: “Si, é diñeiro, e é

actividade e é emprego”.Segue en pé o proxecto

da nova sede da Confe-deración?

F.M.: “Non se descar-tou, había un concurso de ideas, pero ao meu xuízo creo que era demasiado pretencioso para as nosas necesidades. Fíxose un edificio de deseño cunha superficie de 7.500 metros cadrados, avaliamos as necesidades reais do per-soal, e cun crecemento es-perado, incluíndo garaxes e arquivo, 4.500 metros é suficiente. Imos facer un proxecto para 4.500 me-tros cadrados co diñeiro que previra, 4,5 millóns de euros e a partir de aí que liciten as empresas á baixa. Estamos xa ela-borando cos arquitectos un proxecto menos pre-tencioso, non de deseño, funcional, cómodo, acce-sible, barato. A idea é logo sacar concurso, proxecto e obra”.

Manexa algunha data?

F.M.: “Dependemos dos orzamentos do Minis-terio, eu son optimista coa evolución económica pero oxalá puideramos licitar proxecto e obra a finais de 2015. Non é unha priori-dade absoluta, para min é máis prioridade o Barba-ña”.

As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga4 Aceptan o calendario de pagos da empresa e retoman este mér-cores a limpeza dos centros educativos públicos da cidade.

Empregadas de Linorsa, empresa concesionaria da limpeza dos colexios públicos de Ourense, o venres pasado diante do consistorio ourensán./P.LODEIRO.

P.L.

Os empregados da em-presa de limpeza Linorsa desconvocaron a folga que mantiñan desde o luns 17 de novembro polo impago de parte da súa nómina do mes de outubro.

46 das 72 traballado-ras que participaron na asamblea deste martes (sobre un total de 150 em-pregados que ten Linorsa na provincia) acordaron aceptar o calendario de pagamentos proposto pola dirección da empresa.

A compañía plantexou abonar aos traballadores o 50% do salario penden-te de outubro “como moi tarde” o 1 de decembro; o 50% do salario de novem-bro nos cinco primeiros días do mes de decembro, e o 30% da paga extraor-dinaria de Nadal o �� de decembro. O 50% restan-te do soldo de novembro e o 70% da paga extra abonaríase de forma pro-rrateada xunto coas nó-minas correspondentes de xaneiro, febreiro e marzo de 2015.

“Foron días moi com-plicados, con moita ten-sión”, valoraba Rogelio Cibeira, secretario xeral da Federación de Servizos

de UXT, quen agarda que agora os directivos de Li-norsa cumplan o pactado.

No caso de que os clien-tes de Linorsa na provin-cia –entre eles, o Concello de Ourense, o Concello de Barbadás, colexios concer-tados relixiosos, a Univer-sidade ou o Inem- non pe-nalicen economicamente á empresa por estes nove días

de folga, a dirección com-prometeuse a non descontar os días de paro aos empre-gados que o secundaron.

Moción no plenoDá conta da importancia

que este conflicto laboral tivo no Concello de Ouren-se, onde Linorsa é adxudi-cataria da limpeza dos cen-tros educativos públicos, o

feito de que o asunto fora debatido no pleno de no-vembro, a través dunha mo-ción do BNG.

A moción, que foi apoia-da por todos os grupos políticos, solicitaba abrir expediente sancionador a Linorsa; renunciar a unha segunda prórroga do contra-to; articular unha solución para que as 43 traballado-

ras desta empresa puidesen cobrar integramente as súas nóminas; e que en futuras concesións se considerase o non pago de nóminas san-ción moi grave, para posibi-litar a resolución do contra-to por parte do Concello.

O alcalde explicou que rescindirían o contrato con Linorsa “cando se dean as circunstancias”, ou, en todo caso, intentarían forzar á empresa a que cedese o contrato a outra compañía.

46 das 72 traballadoras asistentes á asamblea votaron a favor de levantar o paro

Page 4: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSNovembro de �014

BARRIOS

Novo asfaltado na Habana e Ramón CabanillasA obra de asfaltado e pintado do último tramo da avenida da Habana e do tramo central

de Ramón Cabanillas quedará lista neste mes de novembro. Tras traballar intensamente durante unha noite no asfaltado xeral de ambas zonas a comezo de mes, este venres 21 os operarios comezaron a pintar. O obxectivo desta obra é reducir as queixas por ruídos debido ao mal estado do firme, que foi substituído por asfalto, da mesma maneira que no seu día xa se fixo no resto da avenida da Habana. O custo desta actuación ascende a 88.000 euros, un 20% menos que o prezo de licitación ao introducir a adxudicataria unha baixa na súa oferta.

En canto ao proxecto da rúa Concello, a edil de Urbanismo, Aurea Soto, explicou que “cremos que este mes de novembro estea preparado para informarse e que poida empe-zar a licitación a principios do 2015”.

Proceso de pintado da rúa Ramón Cabanillas./P.LODEIRO

Redacción

A corporación municipal de Barbadás debateu no pleno de novembro os or-zamentos municipais para 2015, que ascenden a 5,4 millóns de euros e que fo-ron aprobados cos votos a favor do grupo de goberno do Partido Popular.

O voceiro socialista Xosé Carlos Valcárcel, tildou de triste “ver un orzamento no que practicamente o 90 % (89,54 % para ser exactos) vai destinado a gastos de persoal e a gasto corrente, é dicir, improdutivo”. En concreto, para o pago do persoal vai destinado 2,3 millóns de euros mentres que para gastos correntes en bens e servizos resérvan-se 2.532.100.

Valcárcel dixo que os or-zamentos non ofrecen solu-ción para unha poboación de 10.477 habitantes, nin apostan polas persoas máis desfavorecidas nin pola creación e fomento do em-prego.

A cifra dedicada a inves-timentos “é o espello onde se ten que mirar un goberno para saber se a súa xestión axuda a solventar os proble-mas da cidadanía”, sinala Valcárcel. O líder socialista foi crítico coa escasa contía desta partida (173.394,27 €). Reprochou que de cada euro do orzamento só van a investimento pouco máis de 3 céntimos. As partidas re-collidas baixo os epígrafes outras inversión novas e que afectan a viais, sumidoiros, abastecemento, alumeado

e parques e xardíns “real-mente son reparacións”.

Desde o Grupo Socialis-ta subliñaron que este or-zamemento non contem-pla ningún avance no que atinxe ao gasto social que vai directamente a axudar ás persoas con graves pro-blemas económicos. “O PP deixa todo en mans das axudas de emerxencia, o que antes se chamaba, be-neficiencia”, reprocha Val-cárcel. Neste eido adícan-se a persoal 282.330 euros e a axudas sociais directas tan só 44.500 euros.

O PP de Barbadás aproba en solitario os orzamentos de 2015 4 As contas ascenden a 5.489.654 euros.

O PSOE rexeitounos porque “non se establecen neles prioridades”

Redacción

Persoas residentes, propietarias, usuarias de garaxes, comerciantes e servizos especiais poden solicitar xa as súas tarxe-tas de acceso ao casco his-tórico, logo de que entrara en vigor a modificación da ordenanza de tráfico que regula o réxime cir-culatorio na parte vella da cidade.

A nova normativa es-tablece que para acce-

der ao centro histórico, os vehículos deberán contar cunha tarxeta magnética e un distintivo no que cons-tará a matrícula do vehículo autorizado. Iso individuali-za o dereito de acceso nas condicións determinadas na autorización administrati-va concedida a cada titular segundo sexa este residen-te, usuario de cocheira ou praza de garaxe, teña un ne-gocio na zona ou preste un servizo urxente ou impres-cindible á comunidade.

Como novidade, establé-cese que persoas residen-tes no centro histórico que carezan de vehículo propio poderán dispoñer dunha tarxeta que lle permita o acceso a calquera vehículo que estea identificado.

As persoas interesadas poden solicitar máis infor-mación na Policía Local de Ourense e na Oficina de Atención Cidadá. As solici-tudes de tarxeta presenta-ranse a través de Rexistro Xeral do Concello.

Redacción

O BNG considera que con cada novo borrador da ordenanza de terrazas que prepara o Goberno munici-pal “a permisividade vai en aumento”. Os nacionalistas consideran “inadmisíbel” que se permita manter os negocios na rúa ate as 2:30 da madrugada ou que se poidan instalar veladores cruzando rúas de tránsito rodado.

Xa se poden solicitar as tarxetas de acceso ao casco histórico4 En vigor a modificación da ordenanza de tráfico.

Por iso, os concelleiros do BNG propoñen, en acor-do coa Asociación de Ve-ciños da Zona Vella, “que a mellor forma de saber se as distancias, número de mesas e cadeiras, parasois e demais elementos que conforman unha terraza son axeitados en determinadas zonas era facendo un simu-lacro”. Como explica a edil Susana García, nun dos ar-tigos da normativa díse que haberá que garantir o acce-

so de todos os servizos ás 24 horas do día. Por iso, o Bloque pídelle ao equipo de goberno que antes de levar a ordenanza a ple-no faga ese simulacro nas zonas máis concorridas e nos horarios de máxima afluencia.

Reclaman un simulacro de emerxencia para avaliar a ordenanza de terrazas4 Antes de que sexa aprobada en pleno.

A normativa garante o acceso de todos os servizos as 24 h

Page 5: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSNovembro de �014

BARRIOS

P. L.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o pre-sidente dos comerciantes da Praza de Abastos nº 1, Emi-lio González, veñen de asi-nar o convenio de colabora-ción que permitirá realizar melloras neste mercado. En concreto, a renovación do solado, que comezou este mes de novembro, e a ins-talación do tan demandado ascensor, xa en obras.

A previsión de comer-ciantes e da concelleira de Comercio, Juana Ageitos, é que ambas actuacións estean rematadas en de-cembro, antes do Nadal. “O 4 ou 5 de decembro” a instalación do novo chan, mentres que o ascensor non

ten data exacta, segundo in-dicou Ageitos.

A colocación do novo so-lado custará 60.483 euros mentres que o orzamento do ascensor é de 38.235 euros;

fondos que achegan entre Concello (o 43,56%) e Xun-ta de Galicia (o 56,44%). A Administración local paga a maiores a dirección de obra, proxecto e estudo de

Concello e Praza de Abastos asinan o convenio para renovar o solado e instalar un ascensor no mercado4 Agardan que a reforma estea completada para o Nadal.

seguridade e saúde. O Goberno municipal

tamén ten en previsión realizar unha reforma do rianxo, aínda sen proxecto nin orzamento concreto, así como homoxeneizar a imaxe do mercado, en ró-tulos e roupa dos comer-ciantes. Esta última acción xa está máis avanzada e prevese que se inicie a co-mezos do ano próximo.

1,5% CulturalTanto o presidente dos

comerciantes, como a edil de Comercio e o propio alcalde aproveitaron esta sinatura de convenio para demandar do Estado fon-dos do 1,5% Cultural para abordar a reforma integral da Praza de Abastos.

Emilio González e Agustín Fernández./P.LODEIRO.

P. L.

O voceiro do BNG no Concello de Ourense, Xosé Somoza, e a depu-tada no Congreso Olaia Fernández Davila, pre-sentaron as emendas desta formación aos orzamentos do Estado para 2015.

No que se refire a inves-timentos na cidade, o BNG reclama 205.000 euros para a Praza de Abastos, “un compromiso que foi morrendo no tempo”, va-loraba Somoza, e que o Bloque quere reactivar.

A segunda proposta do BNG é a creación dun Observatorio de termalis-mo, saúde e enerxía que se instalaría no campus

ourensán. Cunha consig-nación inicial de 200.000 euros que se enmarcaría nun plurianual a catro anos de 1,6 millóns de euros a través dun convenio entre a Universidade de Vigo e o Ministerio de Educación para dar contido ao futu-ro edificio do Campus da Auga, comprometido pola Xunta.

2.470 millóns de eurosNo seu conxunto, as emen-

das da formación nacionalis-ta ascenden a 2.470 millóns de euros. Teñen que ver, so-bre todo, coas políticas de fomento do emprego, coa ac-tivación económica, coa pro-tección social e cos servizos do sector da educación.

O BNG emenda os Orzamentos do Estado 4 Reclama fondos para a re-forma da Praza de Abastos.

Page 6: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSNovembro de �014 CIDADE

P. Lodeiro

O Concello de Ourense constatou que no último mes persoas alleas á Ad-ministración local están a facerse pasar por funciona-rios municipais en visitas a particulares para efectuar o informe de Inspección Téc-nica de Edificios (ITE). En aras a tranquilizar aos veci-ños, a edil de Urbanismo, Áurea Soto, precisou que non é certo que o Concello estea a enviar persoal para realizar estes informes, e que en todo caso, “que as empresas vaian ofrecerse é legal, pero non poden iden-tificarse como técnicos do Concello de Ourense”.

Ademais, “en ningún caso o Concello pode obrigar a que sexa un técnico concre-to” quen realice o informe

ITE, explicou Soto. Unica-mente asinou un convenio co Colexio de Arquitectos para facilitar aos propieta-rios de inmobles unha lista de técnicos que poden reali-zar esta tarefa.

Crece o número de in-formes presentados

Se nos dous primeiros anos de vixencia da orde-nanza que regulaba a ins-pección técnica de edificios, a presentación de informes fora baixa (345 informes en 2012 e 427 en 2013), neste �014 produciuse un salto cualitativo. A data de 20 de setembro, tramitáronse xa 2.627 expedientes, todos eles de vivendas construí-das antes de 1950. Desta cifra a maior parte corres-ponde a casas situadas no rural ourensán, sendo os

Alertan de que inspectores alleos fanse pasar por funcionarios para realizar as ITE4 A edil de Urbanismo explica que os propieta-rios teñen a obriga de presentar o informe, pero poden elixir libremente o técnico que a realice.

correspondentes á zona PERI do centro histórico uns 360 e ao resto da ci-dade 126.

A presentación do in-forme ITE é obrigatoria en función dos anos de antigüidade de cada edifi-cio; así, no próximo 2015 deberán presentala os propietarios de inmobles construídos entre 1951 e 1965, preto de tres mil en todo o municipio, á espera de coñecer os da-tos concretos de Catastro, explicaba o técnico Darío López.

Este ano presentáronse xa 2.627 informes de vivendas anteriores a 1950

Paula Lodeiro

Se o mes pasado fora o PP quen lle sacara as cas-tañas do lume ao Goberno municipal, desta volta foi o BNG. Na sesión plenaria de novembro, os naciona-listas propiciaron, co seu voto a favor, a aprobación da modificación de crédi-tos que permitirá destinar 1,6 millóns de euros ás expropiacións dentro do Plan Especial do BIC das Burgas.

O seu voceiro, Xosé So-moza, argumentou que ti-ñan que elixir entre “afas-tarse das ideas do PP ou achegarnos á incapacida-de do PSOE”, e optou por apoiar ao grupo de gober-no. Con todo, foi preciso o voto de calidade do alcal-de para desfacer o empate na votación (PP+DO fron-te a PSOE+BNG), ante a ausencia da concelleira socialista Susana Bayo.

O PP solicitara –sen éxito- retirar este punto da orde do día por considerar que o grupo de goberno ocultara información nes-

te expediente, ao non in-cluir unha licenza de obra neste ámbito concedida en agosto a raíz dunha senten-za xudicial. O alcalde res-postoulle aos populares que a posible indemnización a esta propiedade por respon-sabilidade patrimonial -ao igual que sucede no caso de Xardín das Burgas- non ten que estar incluída no expe-diente de expropiación, e reprochoulles aos popula-res que defenderán “intere-ses particulares” antes que os “colectivos”.

Arranxos na praza Paz Nóvoa

O PSOE, pola súa ban-da, apoiou a petición do PP para crear unha partida nos orzamentos de 2015 para arranxar os deterioros que existen na praza Paz Nó-voa. O alcalde xustificou os desperfectos debido “ao mal uso” de certas zonas, en particular a zona adoqui-nada de uso peonil á que ac-ceden os vehículos de carga e descarga. O BNG, que fora o promotor da huma-nización desta praza no seu

PLENO DE OURENSE

O BNG sácalle as castañas do lume ao Goberno local4 Os nacionalistas votaron a favor da modifica-ción de créditos para financiar as expropiacións das Burgas.

A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, xunto ao técnico municipal Darío López./P.L.

Edís do grupo muncipal do BNG, no pleno de novembro./P.LODEIRO

día, non deu o seu apoio á moción por considerar que na cidade “hai moitas pra-zas que precisan reparación urxente”, dixo Susana Gar-cía.

Cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e a abs-tención de DO –que sigue vendo “absurdas” as mo-cións que instan a Xunta ou Goberno central a actuar -, o Concello proporá ao Con-greso que se modique a lei para adiantar a idade de xu-bilación dos policías locais.

Ademais, foi aprobada –grazas aos votos socialis-tas- a moción do BNG para apoiar a venda de proximi-dade nas prazas de abastos de Ourense, e rexeitada –cos votos socialistas e na-cionalistas- a moción popu-lar para “activar” a Mesa local de coordinación con-tra a violencia de xénero.

O PSOE apoiou a proposta do PP para realizar arranxos na praza Paz Nóvoa

Page 7: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSNovembro de �014PUBLICIDADE

Page 8: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSNovembro de �014 CIDADE

Silvia Nieto

Un insulto, unha humi-llación, un empurrón, unha bofetada, unha paliza... A violencia de xénero adoita moitas formas, non é preci-so o golpe para ser vítima, pero si é precisa axuda para poñerlle fin.

Os casos non diminúen, e cada vez evidénciase este problema entre mulleres máis novas. A colabora-ción de autoridades, forzas de seguridade, familiares e amigos, e a sociedade en xeral será básica para que nun futuro non sexa peciso o 25N, non comece ningún informativo cunha nova muller morta a mans da súa parella ou ex parella, nin haxa que reclarmar a igual-dade entre xéneros.

Pero neste intre a loita continúa, así como o traba-llo das diversas institucións para tenderlle a man ás mu-lleres afectadas.

Segundo o Ministerio de Igualdade, entre xaneiro e xuño de 2014 na provincia de Ourense rexistráronse un total de �49 denuncias por violencia de xénero. En 83 casos interpuxéronse ordes de protección.

A 30 de setembro cons-taban 321 casos activos en total na nosa provincia (moitos procedentes de de-nuncias de anos anteriores). E nesa mesma data, 50 mu-lleres ourensás permanecían con vixilancia policial.

En Ourense, Policía Lo-cal e Nacional, Garda civil e o Centro de Información Municipal ás Mulleres son as vías polas que adoitan chegar as denuncias de malos tratos. E todos estes casos son controlados pola Subdelegación de Goberno, que realiza reunións men-suais cos representantes de todos eles, así como das institucións penitenciarias e do Servizo de Penas e Me-didas Alternativas para facer

balance do número de casos na provincia, cales están ac-tivos e cales non, e abórdase o procedemento futuro a se-guir en cada un en función do risco.

Policía LocalUnha das forzas de segui-

ridade que protexe ás víti-mas é a Policía Local, que na actualidade conta con tres axentes especializados nesta problemática e fai un seguimento habitual a ao re-dor de sesenta mulleres.

Cando se establece unha orde de protección, cun auto xudicial de prohibición de aproximación do presunto agresor coa vítima, ou can-do reciben unha denuncia directa dun posible caso de violencia de xénero na cida-de, comeza o seu traballo, procedendo a unha entrevis-ta coa muller e á realización dun test de evaluación para determinar o tipo de risco (non apreciado, baixo, me-dio, alto ou extremo). De seguido, os axentes van es-tablecendo contactos habi-tuais coa vítima, que serán máis ou menos frecuentes en función da gravidade da situación. Así mesmo, ta-mén interveñen patrullas da sección de Seguridade Cida-dá na protección das vítimas cando é preciso.

Detención e reeducación do agresor

Pero as forzas de seguri-dade tamén establecen con-tacto continuo co presunto agresor, establecendo a fre-cuencia en función do risco.

Neste senso, de xaneiro a setembro de 2014, a Policía Local de Ourense realizou 13 detencións por casos de violencia de xénero (con orde de protección previa ou sen ela). En total, a 30 de setembro, 40 homes cum-plían condena en centros penitenciarios ourensáns por este motivo.

Así mesmo, a día de hoxe

é o propio agresor o que cambiou, cando hai posibi-lidade de elección, o casti-go que recibe. Pasando dos traballos en beneficio da comunidade a apostar polo programa do Servizo de Penas e Medidas Alterna-tivas, que se ocupa da ree-ducación dos maltratadores durante sesións iniciais de seis meses e tres a maiores de seguimento.

CIMMNon obstante, sexa cal

sexa a forza de seguridade que recibe a denuncia, todas elas adoitan ser derivadas ao Centro de Información Municipal ás Mulleres, que lles proporciona aseso-ramento. “Ofrecémoslles atención xurídica para que coñezan os seus dereitos e os trámites que deben se-guir legalmente para facer fronte á situación. Tamén atención psicolóxica e so-cioeducativa, como cursos, centros onde poden acceder á información máis espe-cializada para formación ou emprego, información sobre axudas económicas ou de vivenda, etc.”, ex-plicounos a directora do CIMM, Malena de Jesús.

No que vai de ano, este centro asesorou a 304 mulleres en distintas materias: legal, laboral, psicolóxico...(unha cifra similar á do ano anterior). Delas, 233 acudiron a estas profesionais por problemas de violencia de xénero. E lonxe de estereotipos, en relación aos malos tratos, “atendemos a mulleres de todas as idades, niveis edu-cativos, socieconómicos e culturais, inmigrantes e españolas, rurais e urba-nas…”, sinala esta psicólo-ga, quen destaca que están a repuntar os casos entre as novas xeracións.

De feito, entre o 10 e o 15% das mulleres que acu-diron ao CIMM solicitando axuda son mozas, moitas menores de idade. En con-creto, das �0 que pasaron en �014 pola Casa de Acollida case a metade (8) tiñan me-nos de 30 anos. E para ela a única explicación para este fenómeno é que a socieda-

de se confiou e iso provo-cou que en moitos casos as propias vítimas non sexan capaces de identificar unha situación de violencia.

“Baixamos a garda, por-que houbo un cambio po-lítico moi importante no país, cun clima de maior liberdade e tolerancia, e pa-rece que a igualdade é unha realidade, pero non é así. O complicado é a idade, por-que a adolescencia é unha etapa na que precisas dos iguais e presupós mellores intencións das que son. Que teñan as súas contraseñas, que lles controlen o móbil, a normalización das bron-cas, das retencións forzosas, son o problema”, detalla Malena. “Hai que traballar moito máis nas habilidades persoais e sociais baseadas no respecto”, insiste.

Plantar cara e pedir axudaE precisamente sobre

o gran labor que realiza o CIMM falounos unha mu-ller que durante anos sufriu o tan descoñecido maltrato psicolóxico. Sen saber que era o que lle estaba a acon-tecer, porque nunca recibiu nin un só golpe, e medicada (erroneamente) para a de-presión, Carmen (nome fic-ticio) recibiu do seu marido día tras día faltas de respec-to e vexacións, que pouco a pouco foron mermando o seu ánimo, a súa autoestima e ata as súas gañas de vivir.

Pero, un día, plantoulle

cara á súa infelicidade e buscou unha solución: a se-paración. A etapa seguinte non foi sinxela, a súa ex pa-rella vivía a escasos metros, pero foi o primeiro paso para saír do pozo.

Non obstante, ela non coñeceu o CIMM ata case seis anos despois, a través da traballadora social do seu pobo, que a conducíu a Malena para que a asesorara sobre o problema que leva-ba padecendo tanto tempo e

ao que aínda non consegui-ra poñerlle nome, así como para que recibise informa-ción xurídica. “A Malena e ao CIMM débolles o ben que estou agora, débolles a vida”, asegura Carmen. “Ela chamoulle polo seu nome ao que me pasaba, e a partir de aí empezas a explicarte todo. Ás veces enfádaste contigo mesma por con-sentir que te tratasen así, pero de todo se aprende, e o importante é que agora,

Quéreme mellor!4 A 30 de setembro na provincia de Ourense con-tinúaban activos 321 casos de violencia de xénero. 50 mulleres permanecían con orde de protección.

Unha das novidades dos actos programados este ano en Ourense en rela-ción ao 25 de novembro, Día Internacional contra o Violencia de Xénero, é a creación dun programa de prevención da violen-cia machista nos centros educativos, da man do antropólogo e “titiripeuta” experto en xénero, Mario Antonio Ortiz, que busca desmontar mitos ao redor do amor romántico “que propicia relaciones de de-pendencia”.

ProgramaciónAdemais do acto central

desta programación que foi o o propio día 25, ás 1� horas, no Concello, e a colocación posterior de estrelas na rúa do Paseo en recordo ás 44 vítimas mor-

tais da violencia machista neste 2014 en España (sete eran galegas); o programa inclúe un curso sobre “As violencias de xénero na mocidade e a infancia”, que se desenvolverá do �0 ao 28 de novembro.

Tamén repite o festival Voces Femininas, que trae-rá ao Teatro Principal o 27 de novembro á artista nor-teamericana Tune -Yards e á islandesa Ólöf Arnalds.

Prográmase, asemade, un obradoiro de autodefen-sa persoal para mulleres do 20 de novembro ao 5 de febreiro. E haberá unha conferencia da avogada Victoria Eugenia Diéguez sobre “Dez anos da entra-da en vigor da Lei integral: onde nos atopamos?”, o 2 de decembro no Centro Cí-vico ás 20 horas.

4 O 25 N en Ourense

“Ofrecémoslle ás vítimas de violencia de xénero atención xurídica, psicolóxica e socioeducativa para axudarlles a facer fronte á súa situación”, explica Malena de Jesús, directora do CIMM

“Non debe dar vergoña pedir axuda, é necesaria”, relatounos unha vítima de maltrato psicolóxico. “A Malena e ao CIMM débolles o ben que estou agora, nin eu me recoñezo”, di.

O Concello celebrou o seu acto institucional polo 25N no salón de plenos, con presenza de edís socialistas, nacionalistas e Susana Gómez de DO, e a ausencia dos populares. Ao rematar, trasladáronse á rúa do Paseo, onde descubriron 45 estrelas violetas pegadas no chan, cada unha co nome dunha das vítimas da violencia machista este ano. /P.LODEIRO.

Page 9: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSNovembro de �014CIDADE

P. L.

A Plataforma Pro Cam-pus vén de pedir a dimi-sión do reitor da Univer-sidade de Vigo, Salustiano Mato, e do conselleiro de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria, Xesús Vázquez, por non tramitar a implantación dos estudos de Enxeña-ría Física no campus de Ourense para o próximo curso.

A Universidade tiña de prazo até o 1 de decem-bro para tramitar de novo Enxeñaría Física, e “o non facelo significa outro ano máis de atraso”, lamenta o profesor Claudio Cerdeiri-

ña, portavoz da Plataforma. De feito, haberá que esperar até abril de 2015 cando se abra o procedemento ad-ministrativo para solicitar novos graos para a Univer-sidade de Vigo para a súa implantación xa no curso 2016/17.

Os membros da Plata-forma Pro Campus son moi críticos coa actuación tanto do reitor “dixo que estaban a traballar nunha enxeñaría potente, pero é unha declaración moi abs-tracta, moi etérea”, opina Cerdeiriña, como do conse-lleiro de Educación, como do propio presidente da Xunta. “Enxeñaría Física é unha demanda asinada por 10.000 persoas entre elas 400 científicos e que en seis meses non nos recibiu di moito do respecto que ten esta persoa polos ouren-sáns”, valora o profesor de Física. Cerdeiriña acusou a

Núñez Feijoo de “derreterse ante as presións” de colecti-vos como os enxeñeiros in-dustriais ou a Universidade de Santiago.

Debate nas municipaisA este respecto, outro dos

membros da Plataforma Pro Campus, o sindicalista Etel-vino Blanco, anunciou a súa intención de que Enxeñaría Física sexa tema de debate na campaña das eleccións municipais e reprochou aos políticos ourensáns que non fagan máis a favor destes estudos: “poden facer máis que unha simple aprobación en pleno, hai que petar en todas as portas”, dixo. Blan-co lamentou en especial o comportamento do PP, que “xoga con dúas caras: aquí apoiándonos no Concello e na Deputación pero non levan este tema a Santiago coa contundencia que debe-rían”.

A Plataforma Pro Campus pide a dimisión do reitor e do conselleiro de Educación4 Por non tramitaren a implantación do grao de Enxeñaría Física para o próximo curso.

Presentación dun libro sobre Enxeñaría Física no antigo Banco de España./P. LODEIRO

Reprochan aos políticos ourensáns que non fagan máis a favor deste grao

despois de ano e medio falando con ela, estou de coña, nin eu mesma me re-coñezo. Sempre fun unha persoa moi alegre e agora todo me fai feliz. As cousas pequenas da vida, que non costan cartos, son as que verdadeiramente merecen a pena e agora podo gozar delas”, confesounos cun enorme sorriso na cara.

Despois da súa experien-cia, e cargada de ilusións e plans, Carmen quixo enviarlle unha mensaxe a aquelas mulleres que estean a pasar pola mes-ma situación, “que pidan axuda, aínda que non teña claro o que lles pasa, por-que hai alguén que as vai axudar. Se non a pides a xente non sabe que a preci-sas. Pero o problema é que hai moitos tabúes, pénsa-se que iso son cousas de mulleres e as mulleres xa o solucionamos todo soas, pero non é así. Non debe darlles vergoña pedir axu-da, é necesaria”.

Non se trata dun proble-ma sinxelo, costa identifi-calo e saír, pero é posible. A violencia (verbal e físi-ca) non é xustificable nin contra a propia violencia, e a educación é a única vía para garantir un futuro sen estes pesadelos; para que mulleres como Carmen poidan bailar en plena rúa do Paseo cando lles guste a canción que toca un mú-sico, que poidan sentarse a tomar un café, soas ou acompañadas, polo mero feito de que lles apetece e poidan estudar inglés ou unha carreira teñan a idade que teñan porque é a ilu-sión da súa vida.

O dominio, os insultos, os golpes non forman par-te do amor, porque o amor non doe.

[CIMM. Rúa do Ensi-no, 24. Tlf. 988 393 191.

Teléfono para o asesoramento

ás vítimas: 016]

Obxectivo: as municipais de 20154Primeiros movementos e anuncios dos partidos políticos.Paula Lodeiro

Avanza o calendario e vanse coñecendo algúns dos actores que protago-nizarán a campaña das municipais na cidade de Ourense. Iso si, non todos os partidos manexan os tempos da mesma manei-ra.

Hainos que xa anun-ciaron os seus cabezas de lista: Gonzalo Pérez Jácome en Democracia Ourensana, en setembro, ou Xosé Mosquera, de Compromiso por Galicia, en outubro.

Outros elixirán o seu candidato nunhas elec-cións primarias. O PSOE, o próximo 30 de novem-bro, optará polo conce-lleiro José Ángel Vázquez

4 Ourense en Común pide “xenerosidade”

Tras conseguir reunir as 1.500 firmas de apoio, a plataforma cidadá Ouren-se en Común iniciará unha rolda de contactos con or-ganizacións políticas e so-ciais para tratar de conse-guir o seu apoio. Xa viron predisposición nalgunhas, como Anova, Esquerda Unida, Equo, Espazo Eco-socialista ou Podemos, pero a todas elas pedi-ranlles que cumpran dúas premisas básicas: “apoio e xenerosidade para par-ticipar desde abaixo”, concretaba Martiño Xosé Vázquez, un dos integran-tes da plataforma.

4 CxG propón baixar o soldo ao alcalde

O candidato de Com-promiso por Galicia á al-caldía de Ourense, Xosé Mosquera, prometeu que de chegar ao goberno, re-curtará o salario do alcalde a 55.000 euros para equi-paralo ao doutras cidades de tamaño semellante, e reducirá nun 50% as con-cellerías con dedicacións exclusivas e o persoal de gabinete. Ademais, com-prométese a permanecer no cargo exclusivamente oito anos e a non “em-pregar ningún familiar no gabinete de asesores nin nunha empresa concesio-naria”.

Barquero ou polo ex con-selleiro Pachi Vázquez, tras apearse da contenda a “terceira vía” de Javier Rey.

Para os recén chegados de Ourense en Común, o de menos é conformar a candidatura, o primeiro é construír o programa elec-toral co que se presenta-rán. E finalmente, hainos que gardan mutismo ab-soluto sobre o seu candi-dato/a: nin PP nin BNG desvelaron aínda quen encabezará a súa lista á alcaldía de Ourense.

O PSOE elixe o seu candidato á alcaldía entre Barquero e Pachi Vázquez

Page 10: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSNovembro de �014 SOCIEDADE

Bici da campaña. /P.L.

“Quéreme, dame ás para voar”, novo programa educativo Redacción

Neste curso 2014/2015 a Concellería de Saúde le-vará a cabo a campaña de sensibilización “Quéreme, dame ás para voar”, cuxo obxectivo é sensibilizar sobre a sobreprotección e a permisividade que se detecta no modelo edu-cativo actual e que pode ser nocivo para os rapaces nun futuro, ao tempo que informa dos recursos que presenta o Concello de Ourense para axudar aos pais na tarefa de educar.

A campaña conta cunha bicicleta rotulada nas por-tas dos colexios e nas rúas da cidade que portará o material informativo.

Escola de nais e paisPola súa banda, a Esco-

la de nais e pais realizará a partir de xaneiro tres novos obradoiros, coas te-máticas “Familia e socie-dade”, “Desenvolvemento humano”, e “Familia e a adolescencia”.

Asemade, segue a fun-cionar o Servizo munici-pal de apoio ás familias con fillos (SMAFF), que orienta aos proxenitores en situacións que deses-tabilicen a convivencia no fogar por condutas pun-tuais dos seus fillos.

[+ info en rúa Concordia 20 ou no 988 510 622]

Redacción

A presidenta da ANPA da Escola de Música de Ourense, María Bustillo, quixo puntualizar a in-formación publicada nun xornal da cidade na que se afirmaba que o alumna-do de violín comezara as clases o pasado día 18 de novembro nun centro ex-terno á Escola. “A día de hoxe seguimos sen profe-sor de violín e sen clases de violín na escola”, afir-ma Bustillo.

Bustillo explica que a ANPA comunicou aos profesores da escola a posibilidade de comezar as clases para os alum-nos matriculados noutros instrumentos en vista da demora do Concello en responder á súa solicitu-de e tamén da tardanza do procedemento xudicial en marcha para esixir que se dote ao centro dun profe-sor de violín.

Nesa reunión “decidiu-

se que o alumnos de violín puidesen matricularse na escola (o resto do alumnado xa o fixo previo á finaliza-ción do curso 2012-2013), así como os musicantes nenos pendentes de esco-ller instrumento”, explicou Bustillo.

Pero as clases comezaron sen alumnos de violín, nin novos nin alumnos reno-vados. “Ninguén do Con-cello se puxo en contacto connosco, nin tampouco escollemos horarios na es-cola municipal nin noutra escola”, insite.

Este xoves 27 de novem-bro, a mediodía, a ANPA será recibida polo alcalde, que atendeu a súa solicitu-de de entrevista. Con todo, manteñen as súas manifes-tacións dos xoves na praza Maior (ás 19:45 h) para re-clamar un profesor de violín para a Escola de Música.

A ANPA da Escola de Música aclara que continúan sen profesor de violín4 Comezaron as clases no cen-tro sen alumnos desta materia.

O coro do Colexio Padre Feijoo participa nun videoclipO coro infantil do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense acaba de participar na

gravación dun vídeoclip internacional, dirixido polo cantautor, compositor e produtor Alejandro Abad. Un proxecto denominado “C@ntamos Contigo! Os nenos do mundo dan grazas á vida”, que ten como obxectivo agradecer a todas as persoas do mundo que están a axudar na loita contra o ébola.

A participación do coro infantil do Colexio Padre Feijoo-Zorelle neste vídeoclip con-sistiu na gravación do refrán da canción “Agora máis que nunca”, realizada na Alame-da de Ourense. As estrofas da composición serán interpretadas polo propio Alejandro Abad e o refrán será cantado por 39 coros de colexios infantís de todo o mundo. Está previsto que a presentación do vídeoclip teña lugar na primeira semana de decembro.

Este coro naceu no ano 2012, e está integrado por 23 voces, nenos e nenas de idades entre os 7 e os 16 que cursan Educación Infantil, Primaria e ESO.

Alumnos de Carmelitas gañan en GalicienciaA pantalla táctil con LED infravermello, dos alumnos Pablo González e Efrén Va-

rón, do colexio Carmelitas de Ourense, foi o proxecto gañador absoluto de Galiciencia 2014, celebrado na Tecnópole. No certame tecnolóxico participaron 44 equipos de estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia e tamén de Barcelona, aos que este ano se sumaron como novidade outros 20 de Primaria fóra de competición.

O equipo gañador levará o seu proxecto á Exporecerca, a feira científica máis im-portante a nivel estatal, que se celebrará en Barcelona na primavera de 2015. Pablo e Efrén foron capaces de deseñar un sistema que converte calquera pantalla de ordenador convencional nunha pantalla táctil.

Foto de grupo dos participantes en Galiciencia./NACHO GÓMEZ.

Integrantes do coro infantil do colexio Padre Feijoo. /CEDIDA.

Protesta da Escola Municipal de Música. /ARQUIVO.

A ANPA reúnese co alcalde este xoves ás 12 h

Page 11: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSNovembro de �014

Paula Lodeiro

César Taboada, director da Escola Antón Faílde des-de hai case 25 anos, amósase como un defensor a ultranza deste centro e da ensinanza que nel se imparte, fronte a outras formacións máis teóricas e desconectadas do mercado laboral.

Desde cando es director do centro?

César Taboada: “A Esco-la estableceuse en Ourense no 86 e a min chamáronme no 90. Eu fixera estudos de Belas Artes, e empecei a le-var o departamento de artes gráficas. Ao pouco tempo nomeáronme director. Su-frimos unha serie de cam-bios; estabamos no recinto do campus, a Universidade necesitaba espazos daquela e a Xunta mandounos a un centro, provisionalmente, e despois acabamos aquí.

Fixeron un centro á nosa

medida; as aulas, departa-mentos, talleres, todo está feito ad hoc; unha clase de fotografía non serve para dar unha clase teórica, por exemplo.

Aquí se está formando un montón de xente de todas as provincias de Galicia, te-mos un certo recoñecemen-to a nivel internacional por-que nos estamos movendo moito. Todos os nosos avais e os nosos auditores son os estranxeiros; cando ven aquí un xaponés e di que lle gusta a escola para nós é un motivo de satisfacción.

Queremos que o centro teña vida, e que teña saídas activas para os nosos estu-dantes. O deseño é do que se come, a arte é unha cousa da que comen uns poucos nada máis.

É importante que os alum-nos se sintan como na casa e que desenvolvan a súa vocación nun ámbito aber-

to e libre, non que se sintan como no instituto”.

O voso alumnado vén por vocación?

C.T.: “Si, si, estes son vo-cational studies, nos que es-tán incluídos os estudos de danza, de arte dramática, os conservatorios de música, e os centros de imaxe e son”.

Que estudos ofertades en concreto?

C.T.: “Temos fotografía, ilustración, deseño de pro-duto, que é ebanistería, de-seño gráfico e de interiores. Dependemos do departa-mento de Ensinanzas Espe-ciais da Xunta, son estudos equivalentes a un grao, uns de dous anos e outros de ca-tro.

Pero están bailando con nós. Estamos sometidos á dinámica de Madrid; se a universidade quere levarse un día os estudos de grao para alá, se ten especialis-tas, pois adiante, e se non,

que nos deixen como esta-mos”.

Cantos alumnos tedes este curso?

C.T.: “Temos o máximo número de alumnos que podemos ter, iso tamén está regrado pola Xunta. Son grupos de 10, 15, os desdo-bres fanse en 15; a vantaxe é que os alumnos saen moi ben preparados.

Aquí é imposible que se che gusta unha cousa che deixen tirado, porque o profesor o que desexa é atenderte, o alumno é unha figura bastante próxima a nós, coñecémolos polos no-mes”.

Teñen saídas laborais estes estudos?

C.T.: “Como fan prácti-cas nas empresas, a maioría deles acaban nesas empre-sas. Dentro e fóra de Gali-cia. Penso que estes estudos son dos que máis saídas laborais teñen, porque son

estudos cen por cen prácti-cos”.

Tedes feito algunha en-quisa de inserción laboral dos estudantes que pasa-ron pola Antón Faílde?

C.T.: “Pois desgraciada-mente non, pero hoxe está-bamos falando diso na hora do café, e sacamos boas im-presións. Estamos satisfei-tos porque case todos están traballando; hai algún que está no paro pero é lóxico”.

Ademais do contido cu-rricular propiamente dito, organiza a Escola algunha outra actividade comple-mentaria?

C.T.: “Si, participamos na Bienal de Turín, onde nos codeamos cos centros de arte de todo o mundo; na Bienal de Estambul; nos concursos internacionais que se fan en España de de-seño de moble, de deseño gráfico… E despois celé-branse concursos no ámbito da Escola; as etiquetas do Ribeiro lévanse feito aquí desde fai moitos anos...”

Publicades tamén un anuario que recolle unha escolma dos traballos dos vosos estudantes.

C.T.: “Si, no deste ano te-mos un pequeno problema coa temporalización, está feito, está en imprenta e vai saír dentro de pouco”.

Que relación ten a Esco-la coa cidade de Ourense? É coñecido este centro?

C.T.: “Eu sempre fago o mesmo: cando collo un taxi dígolle que me leve á Escola de Arte; de cada dez taxistas sempre hai tres ou catro que non saben onde é. É incri-ble, moita xente non a coñe-ce, e ademais non sabe que poden facer estudos que ao mellor van facer a Barce-lona ou a Madrid, e pensan que son mellores porque están no ámbito da univer-sidade. Pero a Universidade non ten capacidade para dar estudos de deseño co cal non dan título, cóbranlle cada mes �00 euros, men-tres que a matrícula aquí costa �00 euros todo o ano e dámoslle todo tipo de ma-terial. En Ourense somos tontos e paletos”.

É o que din, que ninguén é profeta na súa terra?

C.T.: “Cando nos coñe-cen si, pero antes de coñe-

cernos non saben de que vai. Nós non somos unha escola privada, non podemos facer publicidade. Nós xa face-mos bastante dando a co-ñecer a Escola fóra do noso ámbito: temos alumnos do Xapón, China, Corea, India, Turquía, de Etiopía, de Sao Paulo, de EEUU e de toda Europa.

Grazas aos Erasmus e outros programas nos que participamos, de intercam-bio de alumnos, a Escola puido ter a satisfacción de ver que non estamos tan atrasados, e que o mundo da comunicación é fundamen-tal. Por exemplo, a cobertu-ra da wifi non chega, porque todos os alumnos traballan en conexión, os alumnos das escolas europeas e de Asia están facendo aquí tra-ballos de alí, porque teñen comunicación, os seus pro-fesores mándanlles un exa-me e estano facendo aquí, supervisados polos nosos profesores. E a iso debería-mos tender, a movernos un pouco”.

Faltaría algunha rama de estudos para completar a vosa oferta académica?

C.T.: “Si, moitas”. Por exemplo, moda?

Pola tradición que hai en Ourense…

C.T.: “Podería estar moda, probablemente… Te-rían que estudar introducir estudos monográficos para unha persoa que só poida vir a clase polas tardes, dar-lle uns módulos, créditos, que puideran ir sumando. A Escola ten capacidade, está aberta desde as 9 da mañá ás nove da noite ininterrom-pidamente”

E tamén tes que ter for-mación continua para os profesores, para que os alumnos non te sobrepasen; o problema é que un profe-sor se malgasta porque ao mellor só dá catro horas á semana nese ámbito, aínda que dá outras materias, pero podería dar máis horas cun monográfico pola tarde.

Por iso para nós é moi importante que se conside-ren uns estudos especiais de arte como o nome que levan, especiais; a especifi-cidade obriga a ter un profe-sor que estea á última, iso é importantísimo”.

ENTREVISTA A CÉSAR TABOADA, DIRECTOR DA ESCOlA DE ARTE ANTóN FAÍlDE

“Estes estudos son dos que máis saídas laborais teñen, porque son

estudos cen por cen prácticos”4 Taboada lamenta o descoñecemento que existe en Ourense so-bre a Escola de Arte e Superior de Deseño Antón Faílde, que recibe estudantes de todas partes do mundo.

César Taboada, na aula de debuxo da Escola de Arte Antón Faílde. /P.LODEIRO.

“É importante que os alumnos desenvolvan a súa vocación nun ámbito aberto e libre, non que se sintan como no instituto”

SOCIEDADE

Protesta da Escola Municipal de Música. /ARQUIVO.

Page 12: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSNovembro de �014 SOCIEDADE

Balance dun ano do comedor de Cáritas O bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, acompañado polo dele-

gado de Cáritas Diocesana en Ourense, Ángel Feijoo, visitaron o comedor social que xestiona esta confederación de axuda social da igrexa católica na rúa Mestre Vide dende fai un ano, e no que son atendidos cada día ao redor de 200 ourensáns.

Ambas autoridades reuníronse co grupo de voluntarios que fai posible esta axuda cada xornada, vital para a supervivencia de numerosas familias da cidade.

O bispo de Ourense xunto aos voluntarios de Cáritas no comedor de Mestre Vide.

Redacción

Un total de 26 entida-des de inclusión social de Ourense benefícianse este ano das axudas da Con-sellería de Benestar, que acadan os 630.000 euros na provincia, un 10% máis que o ano anterior.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou a Fundación Juan Soñador da capital ouren-sá, coa que o departamento autonómico ten colaborado con máis de 750.000 euros

nos últimos seis anos e que este ano recibirá máis de 92.000 euros.

Beatriz Mato destacou o labor social que leva a cabo Juan Soñador a tra-vés de programas como o ‘Teranga’, que en Ourense permite a atención de 270 persoas inmigrantes cada mes.

RISGAA conselleira lembrou

que este ano se puxo en marcha de forma pioneira unha orde para a contrata-

ción de persoas que están percibindo a RISGA. Na provincia de Ourense hai actualmente 106 persoas de 26 concellos benefi-ciarias destes contratos, o que supón un investimen-to de 750.000 euros.

Unha orde de contrata-ción que previsiblemen-te se duplique de cara a 2015.

Benestar destina 630.000 euros para 26 entidades de inclusión da provincia 4 Beatriz Mato visitou a entidade Juan Soñador, que este ano recibirá 92.000 euros.

A conselleira xunto a traballadores e usuarios da Fundación Juan Soñador./I.OSORIO.

O programa “Teranga” atende a 270 inmigrantes cada mes

P.L.

A cociñeira galega de Top Chef, Inés Abril, é unha das presenzas des-tacadas nas 7ª Xornadas Gastronómicas do centro comercial Ponte Vella. Estará este venres �8, participando nunha char-la-coloquio e posterior-mente preparando varios pratos en vivo. Do seu paso polo programa te-levisivo, Inés Abril, que leva case nove anos no restaurante vigués Maru-ja Limón, apuntou que lle valeu “para aprender moi-tísimo” e para incorporar algún elemento ou técni-ca novos, pero, destacou que “non vou cambiar a miña cociña”.

O día anterior, xoves 27, visitará Ponte Vella o cociñeiro colombiano Wilmer Alfonso López, que realizará un taller de pastelaría creativa, prepa-rando tres pratos exclusi-

vos nos que a castaña será a protagonista. Ademais, elaborará un falso caviar de aceite. Uns 200 pas-teliños de castaña serán repartidos entre os asis-tentes.

En ambos os días a cita cos expertos culinarios é a partir das 19 horas.

Próximas actividadesNa axenda do centro

comercial ourensán, a semana próxima está pre-vista a apertura da pista de xeo, e os días 6 e 7 de decembro o Campionato de España de futbolín.

Inés, de Top Chef, nas Xornadas Gastronómicas de Ponte Vella4 27 e 28 de novembro.

O Restaurante Nova acada unha “estrela” MichelínRedacción

O Restaurante Nova de Ourense súmase á pres-tixiosa lista de establece-mentos en contar cunha “Estrella Michelín”, sendo o primeiro da provincia con esta distinción.

O proxecto emprendido hai dous anos polos coci-ñeiros -e curmáns- Daniel Guzmán e Julio Sotomayor consolídase así na alta coci-ña, cunha oferta de cociña de mercado e produto coa característica principal de que non dispón de carta, se-nón de tres menús degusta-ción os cales cambian todas as semanas.

Con esta nova “estrela” para o restaurante ourensán, Galicia contará con 1� locais con esta distinción na edición de 2015 da Guía Michelín, sendo a quinta comunidade con máis “estrelas”.

A cociñeira Inés Abril./P.L.

Julio Sotomayor e Daniel Guzmán./ARQUIVO.

Page 13: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSNovembro de �014

SOCIEDADE

Cando o futuro laboral está na sección de contactos4 Miguel é un mozo que op-tou por ofrecerse como chico de compañía por motivos econó-micos.P.L.

“Ofrécese chico de compañía de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. Prezos anticrise”. Fala-mos con Miguel, o autor deste anuncio clasificado, unha rara avis na sección de contactos dos periódi-cos, na que estamos máis acostumados a ver mulle-res ofrecendo o seu corpo por diñeiro.

Tras vivir e traballar en Ourense e Madrid, a crise obrigouno a regresar á súa localidade natal preto de Chantada. Miguel expli-ca que se decantou por ofrecerse como mozo de compañía canso de non atopar unha oportunidade laboral, “vin que había anuncios deste tipo en In-ternet e dixen, vou probar, malo será”.

Motivación económicaDe feito, é unicamente

a cuestión económica a que o moveu a poñer este anuncio. “Ben ves como está o tema do traballo, e se o fago non o fago por gusto, fágoo porque me

fan falta os cartos”, explí-canos. Tras experiencias como pintor ou colocador de parquet, agora traballa no sector gandeiro pero re-coñece que vivir do campo é moi difícil. “O leite pága-no moi mal e os soldos son pequenos e hoxe con 600 euros ao mes non arranxas nada”, asegura.

No seu contorno máis próximo, só algúns ami-gos saben da súa iniciativa. “Que van dicir? Algún rise, pero cada un gana a vida como pode, menos rouban-do”, sentencia.

Miguel tamén se ofrece para estriptís en despedidas de solteira, “a todo hai que aprender, cando vaia a pri-meira vez igual me dá ver-gonza pero despois penso que non”, opina desta nova perspectiva laboral.

De momento, agarda a que o teléfono empece a sonar.

Miguel puxo un anuncio na sección de contactos por unha cuestión económica. /R.T.

“Se o fago non o fago por gusto, fágoo porque me fan falta os cartos”, afirma

4 Novos cursos para a xuventude

Xuventude organiza no-vos cursos para mozos a partir de 15 anos, que se des-envolverán de novembro ata xaneiro, dentro do programa “Ourense Xove”. Entre es-tes obradoiros atopamos de manipulador de alimentos;

EN BREVE

cociña no Nadal; planifica-ción e elaboración de menús low cost; inglés e alemán para a atención ao público; e monitor de tempo libre.

Os interesados poden ins-cribirse na Concellería (pra-za de San Martiño), no 988 388 154 e en [email protected]. Darase priorida-de aos menores de 35 anos.

4 Volta o concurso “Sabores de outono”

Ata o 30 de novembro, 50 restaurantes da cidade par-ticipan cunha elaboración a base de castañas e cogu-melos (cun prezo máximo de 2,5 euros) no VII Con-curso de pinchos “Sabores de Outono”. Nesta edición,

ademais dos premios do xurado profesional, popu-lar e prensa, e do premio ao pincho apto para celíacos, estréase o galardón “Come Ourense”, valorando o uso de produtos locais.

Así mesmo, outros cinco restaurantes presentan me-nús de outono, entre os 15 e os 27 euros.

Page 14: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSNovembro de �014 SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4VETERINARIA

Trátase dunha enfermida-de producida por bacterias gram-negativas do xéne-ro bartonella, que afecta a gatos e cans, pero tamén a outras especies entre as que se atopa o ser humano.

No can e o gato a principal forma de contaxio é a través de artrópodos hematófagos, principalmente pulgas, pero tamén outros, por exemplo as garrapatas.

Presentación clínicaNa maioría dos casos non

presenta signos clínicos evi-dentes, sendo estes máis fre-cuentes en cans.

Cando aparecen signos clínicos os máis frecuentes son os relacionados con pro-blemas cardíacos:

- Endocardite bacteriana con aparición de vexeta-cións. Se non é tratada ra-pidamente é mortal porque produce estenose, insufi-ciencia ou ambos os proble-mas.

- Miocardite con arritmias de diferente gravidade, no que o corazón aparece estru-turalmente san, sen que se observen alteracións ecocar-diográficas.

Tamén se pode observar febre, tos, coxeira, poliar-trite, secreción nasal, signos

Enfermidades transmitidas por garrapatas: bartonelose

gastrointestinais, agranda-mento de fígado e/ou bazo, ou outras alteracións deri-vadas dunha inflamación que pode aparecer en dife-rentes localizacións.

DiagnósticoO diagnóstico definitivo

realízase demostrando a presenza do parásito, que pode realizarse principal-mente por dous métodos:

- Hemocultivo ou cul-tivo de tecidos afectados. Os principais inconvintes destes métodos son a nece-sidade de utilizar medios de cultivo especiais e o tempo necesario para obter resultados.

- Demostración do ADN mediante técnicas de PCR.

TratamentoO tratamento baséase na

utilización de antibióticos durante longos períodos de tempo, normalmente un mínimo de 4-6 semanas de duración. Aqueles anti-bióticos que foron utiliza-dos con certa eficacia son azitromicina, doxiciclina, eritromicina, amoxicilina, tetraciclinas…Miguel Gómez Gómez, ve-terinario medicina interna Hospital veterinario Abros

A felicidade está nas cousas pequenas e sinxelas que nos dá a vida, case todas de balde

4PSICOLOXÍA

A felicidadeSe buscamos a defini-

ción de felicidade nun diccionario dinos que é un estado emocional que se produce cando unha persoa cre ter acadado unha meta desexada. Pero ante esta definición, pensades que é realmen-te axeitada? Onde está a felicidade? Na primeira meta, na segunda, na ter-ceira…?

Cada vez son máis as persoas que veñen ás no-sas consultas e din que se encontran mal, no son fe-lices, necesitan un cam-bio pero pola contra non saben en que consiste ese cambio.

Chama a atención que moitas desas persoas lo-graron moitas metas na súa vida. Non obstante, danse conta de que non son felices. De que teñen moitas cousas pero non as fan sentir ben.

Entón é cando pode-mos dicir que a felicidade verdadeira está nas cou-sas pequenas e sinxelas que nos dá a vida, case todas elas de balde e que nós non apreciamos.

As persoas somos fe-lices programando unha viaxe, dando un paseo, ilusionándonos con pe-quenas cousas, escoitan-do música, nunha comi-da familiar, xogando cos nosos fillos, tomando un café cuns amigos…

Debemos aprender a gozar destas pequenas cousas que só valoramos cando as perdemos. Para iso debemos facer un exa-me de nós mesmos e co-ñecernos un pouco mellor para saber que é o que nos fai a nós felices.

As persoas somos di-ferentes, cada unha coas súas limitacións e cos seus gustos, polo que imos ser felices con dis-tintas cousas.

Invítovos a reflexionar e ser un pouco máis feli-ces cada día.

Rosa Mª Feijóo Psicóloga sanitaria

G-04085

Redacción

Co obxectivo de axilizar o proceso de obtención de quendas, os usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense contan agora cun novo Punto Único de Citación para Consultas Externas, dentro do recinto do com-plexo, situado na planta baixa do Edificio Santa María Nai e que dispón de nove postos de atención directa ao público.

Non obstante, aqueles aos que lles resulte máis próximo, seguen contan-do co Punto de Citación situado no Centro de Es-pecialidades, na rúa Con-cello.

Así mesmo, avanzan-do na mellora da xestión de quendas, o Servizo de

Información e Sistemas do CHUO traballa na posta en marcha dun novo sistema que mellore a información en pantalla para aos usua-rios, do mesmo xeito que xa se vé realizando nas con-sultas, mediante o programa chamado “Quenda Medic”. Trátase dunha innovadora solución permite que o pa-ciente “rexistre” a súa en-trada na área de consultas, introducindo a súa tarxeta sanitaria nun dos “caixeiros” dispostos para o efecto.

Con este sinxelo xesto, permítese a chamada de pa-cientes de xeito anónimo, e visible desde as pantallas dispostas nas salas de espe-ra; así como o seguimento dos pacientes, por parte dos profesionais sanitarios, men-tras se lles realiza algunha proba complementaria.

O CHUO mellora na citación para consultas externas

Redacción

A Asociación Cultural Xuvenil As Canellas, xun-to coa produtora audio-visual Claqueta Coqueta, organizan a II Gala Bené-fica Contra o Cancro na cidade de Ourense. Será o venres 19 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal.

Esta iniciativa nace da “necesidade de crear un evento artístico que sirva para reivindicar a cohe-sión social e para xuntos axudar a colaborar cunha causa xusta”, asegura Da-vid Rodríguez, presidente deste colectivo xuvenil.

Os presentadores da gala serán os actores Isa-bel Risco e Rubén Riós, organizador así mesmo do evento.

Actuacións musicaisEntre as actuacións mu-

sicais que terán lugar nes-

ta cita atópanse as de Rosa Cedrón, a voz durante nove anos de Luar na Lubre, que compartirá grandes clásicos e temas do seu novo disco; Luis Emilio Batallán, que chega a Ourense cun novo disco baixo o brazo; “Había que chegar”; e o cantautor brasileiro Gustavo Almei-da, que presentará temas do seu novo disco: “Desde el coche”.

O toque de baile correrá a cargo dos grupos Meigas Tribal (danzas tribais) e Feel That Crew (rap e hip-hop).

Nova edición da Gala Benéfica contra o Cancro en Ourense4 Será o 19 de decembro, no Auditorio Municipal.

Cartel de edición 2014.

Page 15: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSNovembro de �014OCIO E CULTURA

P. Lodeiro

Dous días despois de que o 19OUFF baixara o telón, a organización do Festival de Cine Internacional de Ourense fai balance. En canto aos números, cifran a asistencia a todos os es-pazos e eventos do certame cinematográfico en 9.772 persoas, número superior á edición do ano pasado. O filme máis visto foi o que recibiu o Gran Premio Cal-purnia e o Premio “Carlos Velo” á mellor dirección, o holandés “De nieuwe wereld” de Jaap van Heus-den (“O novo mundo”). O segundo máis visto, o que recibiu o Premio do Públi-co, a cinta alemana “Ohne dich” (“Sen ti”).

Foron unhas 43 películas

as que se puideron ver du-rante os nove días do festi-val, con aforos completos como na gala de inaugu-

ración ou nalgúns pases no Teatro Principal, coma nas homenaxes a Carlos Bardem e Emilio Martínez

Preto de dez mil persoas participaron nalgunha das actividades do 19OUFF4 A película máis vista foi a gañadora do Gran Premio Calpurnia, a holandesa “De nieuwe wereld”.

Lázaro, onde quedou xente fóra.

O coordinador da pro-gramación, César Silva,

congratulouse polo feito de que o público ouren-sán apoiou “masivamente a competición oficial, con películas e directores des-coñecidos”, e acolleuna positivamente. Catro dos dez filmes a concurso ob-tiveron unha puntuación superior a 4 (sobre 5) na valoración dos espectado-res.

En canto ás estimacións políticas, a concelleira de Cultura, Ana Garrido, re-saltou a “fiestra aberta máis que nunca ao audiovisual galego” desta 19ª edición do OUFF, programándo-se un total de 17 traballos de produción galega, así como outros 75 no certame OUFF Escola. Un festival “modesto”, en palabras da edil de Cultura, e que “deixa de lado o accesorio e o relumbrón”, segundo o alcalde, que concluiu cun “hai que empezar a pensar xa no seguinte festival”.

A estrea de “A Esmorga” durante a gala de inauguración, foi un dos momentos destaca-dos deste 19OUFF. Na imaxe, o director, a produtora e os tres actores protagonistas./R.T

O público apoiou “masivamente” os filmes da sección competitiva

“Mi casa es el Rock&Roll”, novo libro de Los SuavesPablo Feijoo

O grupo de rock ouren-sano Los Suaves vai máis aló da música, e así queda demostrado con “Mi casa es el Rock&Roll”, o novo libro escrito por Javier Domínguez (ex batería da banda e irmán de Yosi e Charlie), no que se recolle toda a vida da banda den-de os seus inicios ata o día de hoxe, con anécdotas, historias de concertos, e entrevistas a membros ac-tuais e antigos da banda.

O libro foi presentado o mércores 19 de novembro no Liceo de Ourense, nun acto no que estiveron pre-sentes o autor e diversos membros da banda e ao que asistiron unha gran cantidade de fans.

O libro ten un prezo de 25 euros e xa esgotou a pri-meira edición, estando unha segunda programada para principios de decembro.

Page 16: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSNovembro de �014

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Nunha sociedade como a nosa falar de poesía é pecado. E falar de poesía clásica é máis pecado aín-da. Podemos asumir que as nosas rúas estean cheas de profetas do fútbol, de políticos corruptos, de ci-dadáns honorables, pero non asumiremos endexa-mais un país onde as súas rúas estean cheas de poe-tas. Unha sociedade onde os poetas ocupen as rúas é máis revolucionaria e máis libre que aquela na que para facernos modernos e demócratas lle cortaron a cabeza aos reis Borbóns. E falo da Francia e da Revo-lución Francesa.

E se tivesemos que esco-ller un poeta que encarnase como ningún outro a mo-dernidade e a transgresión, poucos serían mellor que Walt Whitman, o poeta americano.

Cando alí por 1855 Walt

O canto de Walt Whitman4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Era unha folla verde nun carballo espido no outono, abalada polos ventos fríos das noites do inverno. Unha merliña aterecida, cega e perdida, nunha nevarada.

No día de todos os de-funtos cando as xentes de Ribas do Asneiro limpan as sepulturas, mais non deron enterrado por moito tempo os seus ollos negros enmei-gados. Saíu das covas do averno onde a querían dar en sacrificio ao Deus do esquecemento, e ouveando coma loba ferida ergueu-se, e a dentadas botou para adiante, cravando fondas pegadas na neve.

Gustou del ao velo na-quela foliada, aquel xeito de rir, aquel ollar doce coma a mel. A súa voz acariñaba como cando cantan os xíl-garos nos salgueiros á beira do regato de Navallo.

Xa non houbo xeito de separalos por moita teima que puxeron todos. Que se che é un figurín, que se este non vale para traballar, que se te vai deixar por outra, nada bo pode vir de Botos, ese do bigotín vai traer a túa desgraza. A el dicíanlle que ela era filla de pobre, que como ían vivir, que pri-meiro era percurar algo de facenda que non tiña oficio, que ían morrer á miñoca, que cando a fame apretara o amor non lles enchería o bandullo e acabaríase todo.

Pero cando a lúa baixaba de Pena Grande e deitábase nas fervenzas de Portove-lle, xuntaron as almas e os corpos, naquela noite de ve-rán debaixo dos ameneiros, e xuraron non separarse nin de vivos nin de mortos.

Cruzaron montes, vadea-

Carmiña, Carmela Carmen, moito me gusta o teu nome, eu sempre chamo por Carmen

e Carmen non me responde

ron ríos, mudaron de país, deixaron chorando a súa te-rra para procurar outra vida mellor para os seus fillos.

Voltaron daquelas Améri-cas ela morta e el só medio vivo. Tróuxoa ataviada con aquel vestido negro que lle gustaba, no colo un meniño de vinteoito meses recén cumpridos, o último agasa-llo daquel amor xurado.

A tétrica comitiva cruzou os pobos de Castela, como aquela outra tola de amor fixera. A Canda e o Pador-nelo foron testigos de tanta pena, enterrouna en Ribas do Asneiro, rinchou os den-tes de carraxe e púxose a criar o fillo.

Nas noites, cando non daba atado a fera da soida-de saía paseniño, sentábase no valado do adro e falaban hasta tarde, algunha vez amencía.

Pasaron vintetrés anos, a min parecíame cedo cando o deixei con ela para sem-pre, era no outono e facía frío, pensei que eu tamén

ía morrer de só pensar que non o vería, egoísta de min, non souben o que pasaba...

Unha noite, co des-acougo, o sono non me chegaba. Levanteime pa-seniño e collín cara ao adro, achegueime ao va-lado e sentinos falar, pare-ceume albiscalos enfronte da cruz das Misións, a das indulxencias plenarias, que colgaron na parede da vella igrexa do crucei-ro. Escoitei como se rían, como se bicaban, como se querían.

Espertei para o outro día na miña casa, como sempre, non sei se o soñei e nunca saín esa noite da cama, só sei que cando mirei o retrato na parede do comedor na casa dos Muíños pareceume ver un pícaro sorriso por debaixo do bigotiño e pensei: papá, agora es ti o que me andas con andrómenas !

Avelino Jácome

O adeus.

Whitman decidiu publicar con diñeiro do seu propio peto Leaves of Grass (Follas de herba) dificilmente podía imaxinar que este poemario sería considerado unha das obras fundamentais dos últi-mos 200 anos. Menos aínda que sería traducido a linguas dos cinco continentes.

Whitman foi o gran poe-ta. O primeiro que cantou á democracia. Pero tamén foi xornalista, mestre, pensador e un home piadoso que tra-ballou como voluntario na guerra civil norteamericana.

No Song of Myself (O can-to de min mesmo), o poe-ma máis importante da súa magna obra, percorre coma se dunha odisea moderna se tratara, toda a historia, pen-samento e realidade do seu país e do seu mundo, forma-do por un conxunto de iden-tidades, filosofías, tarefas e singularidades das que nace a identidade americana. Esa identidade que marabillara a Alexis de Tocqueville e que lle fixo crer que as revolu-cións, que os cambios, eran posibles.

Esa épica que nos nosos tempos atopamos nalgun-ha película ou na propia realidade, na vida dalgúns heroes que loitaron para cambiar o mundo, saben-do que eles non verían ese cambio. Aquel avogado que en Johannesburgo fundou o primeiro bufete formado por afroamericanos pensaba así. Aqueloutro que cun pouco de sal na man derrotou un imperio tamén pensaba así. E moitos outros antes e des-pois de Mandela e Gandhi.

Pois Whitman constrúe os seus versos sobre esa con-ciencia da irmandade uni-versal, aquela da que falaba Amartya Sen no libro A idea de xustiza. Whitman, o poe-ta americano nas 52 estrofas heterodoxas que forman o poemario reflexiona sobre todo, facendo do texto un antipoema. Un poema que nega a súa propia condición, ou que vai máis alá. Quen lea estes versos verá que as imaxes e a forza poética agochan un algo diferente. Ese algo que namorou a Jo-yce, a Pessoa, a García Lor-ca e tantos outros.

Walt Whitman, un home, un poeta, un demócrata que nas nosas evocacións pre-séntase con ese retrato in-equívoco. Único. Ese home maior, con barba branca e moi longa que olla desafian-te ao lector en cada edición e reedición dos seus poemas. E que coma un segredo nos dita os seus derradeiros ver-sos, cos que aquí rematamos este texto: “Se non conse-gues atoparme, non des-acougues. Se falto nalgún lugar, busca noutro. Porque ten a certeza de que nalgu-res te estarei agardando.”

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.comO poeta americano Walt Whitman.

Whitman foi o primeiro poeta que cantou á democracia

Page 17: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOSNovembro de �014

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

O Test do SupergalegoEs suficientemente ga-

leg@? Compróbao co Test do Supergalego. Poida que naceses nos Cerros de Úbeda e que, despois de todo este tempo créndote xienense, descubras que no fondo es máis galego ca empanada.

Cando tes un pouco de ex-periencia ás túas costas nisto de ser emigrante, pódeste atrever a realizar algún deses “multiple choice” tests para comprobar se aínda estás bastante verde no de estar integrado.

Ao parecer, a nacionalida-de non é do todo un concep-to abstracto ou construído a través dun discurso político. Pódese medir. Non só iso. Pódese acceder a ela interio-rizando certos coñecementos lingüísticos, culturais e histó-ricos.

Hai uns días unha amiga miña subiu ao seu muro de Facebook un deses tests pu-blicado por Berlingske, para pescudar canto danés es. 40 preguntas sobre o seu siste-ma político, batallas medie-vais, constitución, ministros e personaxes ilustres.

Ao parecer, acertar 32 pre-guntas en 40 minutos, faite máis danés ca familia real -na que só a raíña é totalmen-te danesa-. Eu quedei en 26 e teño a dúbida de se acadando os 32 puntos, espertarei ao día seguinte con ollos azuis, cabelos louros e unhas gañas enormes para comer cenoria.

Seguindo con esta tradi-ción de medir até que punto un é do lugar do que provén ou pode chegar a ser do lugar no que está, velaquí “O Test do Supergaleg@”, deseñado por min.

Se as acertades todas, po-dedes sentirvos celtas. Iso si, tranquilos, que por acertar non ides espertar co look “Brave-heart” ou “Supergaiteiro”.

Se xa sodes “un dos no-sos”, ao máis puro estilo Scorsese, espero que faga-des pleno e acertedes �0 de 20. Se non, tampouco vos preocupedes que xa se sabe: máis se perdeu na guerra de Cuba e viñeron cantando.

P.D. Está permitido usar Google para a pregunta 17. Non ten truco, pero é a máis difícil. Sorte!

1. Que é zarzallar?

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

a. Chover fino e de modo continuo

b. Adobar a zorzac. Rexoubar moito coa

veciña2. Cal é o instrumento

nacional de Galicia?a. As castañuelasb. A gaitac. As cunchas de vieira3. Cal non é un tipo de

choiva en Galicia?a. Froallarb. Patiñarc. Cabiñar4. Que é o polbo á feira?a. Marca de tractoresb. O último single dos

Suavesc. Un prato tradicional da

cociña galega5. Que é “Siniestro To-

tal”?a. Un accidenteb. A Real Banda de Gaitas

de Monfortec. Un grupo punk-rock de

Vigo6. Que supermercado

popularizou o famoso lema “Vivamos como galegos”?

a. Mercadonab. Gadisc. Eroski7. Que di Julio Iglesias

despois de “Un canto a Galicia”?

a. Hei, me va, me va, me va

b. Hei, terra do meu paic. Hei, bamboleo8. Cal é o título oficioso

do himno Galego?a. As nogueiras b. Os pinosc. Fogar de Breogán9. Que é o Xabarín

Club?a. Un club de fans afec-

cionados á caza do xabarínb. Un programa infantil e

xuvenil da TVGc. A nomenclatura non

oficial dos gardas forestais galegos

10. Que famoso progra-ma presentou Xosé Ma-nuel Piñeiro entre 1992-2002?

a. O Super Sábadob. O Super Martesc. Luar11. Que fai un galego

cando o atopas no medio dunha escaleira?

a. Sobeb. Baixac. Nin Deus sabe12. “Se o porco voa-

se...”?a. Dábache un bicob. Habería que cazalo e

desplumaloc. Non habería páxaro

que lle gañase13. Cando é o Día das

Letras Galegas?a. 25 xuñob. 23 abrilc. 17 maio14. Por que famosa ex-

presión se traduciu a fra-se “Volveré” da versión galega de Terminator?

a. Vai por aí, pailán!b. Vas caer, lerdo!c. Vai rañala, raparigo!15. A que corresponden

as sete cruces do escudo galego?

a. Á anterior división provincial dos territorios galegos do antigo Reino de Galicia

b. Ás sete marabillas ga-legas

c. Aos sete tipos de ma-risco máis coñecidos

16. Cando un galego di “bueno, carallo, bueno” expresa:

a. Incredulidadeb. Dá por finalizada unha

discusiónc. Felicidade absoluta17. Ademais de Santia-

go, o patrón de Galicia é?

a. Fraga Iribarneb. Xosé Ramón Gayosoc. O carallo 2918. Que é la Voz de

Galicia?a. Un xornal galegob. A forma de denominar

a liberdade de expresión do pobo galego

c. Unha famosa canción de Luz Casal

19. Que son Monte-rrei, Rías Baixas, Ribei-ra Sacra, Ribeiro e Val-deorras?

a. Importantes monu-mentos galegos

b. Denominacións de Orixe de viños galegos

c. Nomes de ríos gale-gos

20. Cal é o punto máis afastado de Galicia no que se viu a un galego?

a. As antípodasb. Kuala Lumpurc. Na lúa

Raquel Sertaje

4RECEITA

Ingredientes:- 1 kg de castañas - 1 kg de azucre- 400 cl de nata líquida - 8 ovos- FiunchoPara guarnición:- 200 gr de froitos ver-

mellos- 1 copa de brandyPreparación:- Cocer a froita co bran-

dy durante 10 minutos, triturar, colar e reservar. - Blanquear as castañas,

Pudin de castañasdeixar enfriar e pelar.

- Nun recipiente ancho botar as castañas peladas, engadir 700 gr de azucre e deixar cocer durante 25-30 minutos sen líquido (no caso de que estean moi secas en-gadir en pequenas cantida-des zume de limón).

- Unha vez cocidas deixar enfriar, engadir o fiuncho e a nata líquida e triturar.

- Montar os ovos a punto de neve coa xema incluida e engadilo á mestura anterior.

4HUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

- Cos 30 gr de azucre res-tantes facer almíbar suave e cubrir un molde de forno.

- Deixar enfriar, enga-dir o preparado do pudin e fornear a 145-150º durante unha hora.

- Deixar enfriar, desmol-dar e servir acompañado de salsa de froitos vermellos elaborada ao comezo.

Luis IglesiasRestaurante

Os CaracolesTel. 988 380 165

O outro MiñoRío de lendas que desembocan no Atlántico, onde as lavandeiras, na intimidade do re-

manso, limpan con esmero as manchas do sangue da desgracia, do desamor, dos medos da parte mol de vidas prescritas, enquistadas sen compaixón en sabas de liño e morralla.

Homes-peixe que agardan sacar rédito á parte frugal dunha dúbida. Seres cavernarios sen memoria nin conciencia. Feiticeiras, monstruos, criaturas abisais e cidades submarinas.

Tradicións, contos tristes, maldicións e fábulas. Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira, feridas infectas pechadas en falso. Talvez por vinganza, o Miño que bica Galicia e acaricia Portugal, cobra vida no ilusionario galego.

Fernando Valcárcel González, membro do Arquivo Visual Ourensán

Page 18: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSNovembro de �014 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Rabo de Galo foise de magostoUn ano máis os veciños de Rabo de Galo reuníronse para celebrar o magosto. O 8 de novembro castañas e chourizos con pan deleitaron a todos os que se achegaron

á festa organizada pola asociación veciñal, que contou con amenización musical en di-recto no baile que houbo despois da merenda.

A diversión non faltou a esta cita, que conta con gran tradición neste barrio ourensán.

Multitudinario magosto en EiroásO propio día de San Martiño, o 11 de novembro, a asociación de veciños de Eiroás

festexou o magosto. Churrasco, empana, chourizos, bica, rosquillas e as imprescindibles castañas formaron parte do menú desta festa, que contou coa presenza de medio cento de veciños que cada ano se xuntan para gozar en familia desta celebración.

Charlas, risas e boísima comida foron as protagonistas do magosto de Eiroás.

Mil quilos de castañas, no magosto da capitalO Concello de Ourense organizou un gran magosto o 11 de novembro, festivo na ci-

dade. A partir das 6 da tarde foron centos os ourensáns que se achegaron á praza Maior e degustaron os 1.000 quilos de castañas, 2.000 bolos preñados e 400 litros de viño. Ade-mais, foron organizadas diversas actividades para os máis cativos e houbo amenización con música tradicional por todas as rúas do casto antigo.

I Ciclo da Canción Popular de SeixalboOs días 8 e 9 de novembro Seixalbo acolleu o seu I Ciclo da Canción Popular, organiza-

do pola Asociación Cultural Xuvenil As Canellas. Charlas sobre percusión, instrumentos de corda ou a situación da canción popular na actualidade; e un concurso de novos creado-res foron algunhas das actividades incluídas no programa. A actuación de Emilio Rúa e a súa banda, presentando o seu novo traballo, foi o prato forte desta primeira edición.

Os maiores tamén celebraron o magostoAs tres residencias de maiores de titularidade e xestión propia da Consellería de Tra-

ballo e Benestar na provincia - Barbadás, Castro Caldelas e O Carballiño- celebraron conxuntamente a tradicional festa do magosto, nas instalacións do centro “Nosa Señora dos Milagres” de Barbadás. O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, compartiron cos residentes a xornada festiva, que incluíu actuación teatral e sesión de baile amenizada por un grupo de gaiteiros, amais da típica degustación das castañas e dun xantar.

Magosto en ErbedeloA aldea de Erbedelo celebrou o seu magosto. O 11 de novembro (día de San Martiño)

as veciñas e veciños reuníronse una ano máis para festexar o día do patrón ourensán arredor do lume e dunha mesa. Do lume para asar unhas castañas ás que deron boa conta máis tarde sentados á mesa. Ademais das castañas os asistentes puideron degustar un menú a base de empanada, churrasco, chourizos e as citadas castañas. Todo estas viandas regadas con bo viño e amenizada a velada con música de acordeón.

Page 19: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSNovembro de �014

OCIO E CULTURA / DEPORTES

Alejandro Mínguez presenta “En el país de las setas”Redacción

Da man de Libería Al-dova e o Centro Comercial Pontevella, o micólogo ce-lanovés Alejandro Mínguez presentou ao público ouren-sán o seu último libro, “En el país de las setas”.

Nesta obra fai un repa-so didáctico polas formas, cheiros, hábitats e pro-piedades dos cogumelos. Formas de conservación e

O tempo de Lolo Penas foi de 30:39 minutos e o de Solange, 35:01

P. Lodeiro

Lolo Penas venceu na 38ª edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño. Solange Pereira foi a primeira muller en cruzar a liña da meta da proba, que foi todo un éxi-to de participación, malia a choiva que caía na cida-de de Ourense durante a mañá do domingo 16 de novembro.

En categoría masculina, Lolo Penas foi o primei-ro clasificado, cun tempo de 30:39 minutos. Entrou tras el Hassan Lekhili, con 30:43, con quen mantivo un toma e daca durante toda a carreira; de feito, Penas fíxose co novidoso

lolo Penas vence na 38º Carreira do San Martiño4 Solange Pereira foi a primeira muller en cru-zar a liña da meta.

premio ao primeiro clasifi-cado no km.5, ao cruzar por esta “meta volante” apenas un segundo antes que Le-khili. Carlos Villamor, con 30:58, completou o podio.

Solange Pereira, a atle-ta máis rápida

En categoría feminina, Solange Pereira parou o crono cun tempo de 35:01 minutos, seguida de Esther Navarrete (35:14) e Jocelyn Daniely (35:55) que, por ser mexicana, non contaba para a clasificación, polo que finalmente o terceiro caixón do podio feminino foi para Raquel Suárez, que cubriu os dez quilómetros nun tempo de 36:35.

Tras eles e elas, os centos de atletas populares que un ano máis non faltaron á súa cita coa decana das popu-lares galegas. 4.344 conse-guiron completar os 10 km de percorrido, segundo os

datos de Championchipnor-te, empresa encargada da cronometraxe.

Carreira escolar e de cativos

Ás 12:30 do mediodía dábase o pistoletazo de saí-da á carreira das categorías escolares, cuxos corredores debían completar un circui-to de 4,7 km. 2.730 lográ-rono, sendo o primeiro en cruzar a liña de meta Pablo Valcarce, e a primeira moza Lucía Suárez.

Pouco despois da unha e cuarto saían os atletas máis novos da San Martiño, os da proba de cativos. Corre-ron coa ilusión dos princi-piantes, moitos deles acom-pañados polos seus país e nais, os 1.400 metros que separan a ponte de Mile-nio e a ponte Romana, con chegada como todos os de-mais, ás portas do pavillón dos Remedios.

A saída da San Martiño con miles de participantes./P. LODEIRO

R.T.

La Rockipedia celebrou o �1 de novembro o seu segundo aniversario. A sala Berlín foi o lugar elexido para esta efeméride que congregou máis de cen sim-patizantes da música ouren-sá. Actuacións musicais e sorteos de cd´s de grupos de Ourense e de entradas para concertos de Lestrato e de Live for Madness foi a oferta desta celebración que

sobrepasou as tres horas.Derroche, Malheira e

Tremebundos puxeron a nota musical a este segundo aniversario do portal mu-sical de rock e metal feito polo ourensán Pablo Feijoo, colaborador de Ourense por Barrios. O público asistente puido gozar de música en directo e levar algún dos agasallos sorteados. Un ano máis este evento foi fiel á cita neste mes de novembro e, vista a aceptación augú-

Público do concerto aniversario de La Rockipedia./RAMSÉS.

raselle un gran futuro a este proxecto.

La Rockipedia creceO que comezou como

un blog sobre música ourensá, converteuse en menos de dous anos nun portal de periodismo mu-sical con artigos na web larockipedia.com, e en dous periódicos; entrevis-tas a grupos nunha emiso-ra de radio e un programa semanal nunha televisión local. En menos de 730 días pasou a ser un refe-rente para todo aquel que queira enterarse das novi-dades dos grupos da nosa provincia e da axenda de concertos.

Longa vida ao rock, lon-ga vida á Rockipedia!

Dous anos da Rockipedia4 A web musical creada polo ourensán Pablo Feijoo

receitas completan esta pu-blicación, que, segundo o propio autor, é unha visión

O xerente de Ponte Vella, MarcosVila, o xornalista Paco Sarria, o autor do libro Alejandro Mínguez, e o co propie-tario de Librería Aldova, David Osorio./RAMSÉS.

“dinámica e sinxela de comprender” do mundo fungi.

Page 20: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSNovembro de �014

DEPORTES

Bernardino González, asesor de Deportes na Deputación; José M. Baltar, presidente da Deputación; Antonio Gavi-lanes, presidente do COB e xogadores coa camiseta do Club Ourense Baloncesto /RAMSÉS

R. Torres

Os dous equipos ouren-sáns van con distintas sen-sacións ao parón ligueiro que provoca o Mundial de fútbol sala. Ata o 20 de decembro non regresa a competición á Primeira División.

Cidade As BurgasO Cidade As Burgas

quería reencontrarse coa vitoria trala derrota con-tra o Alcorcón. O equipo dirixido por Manolo Co-deso non deu concesións desde o minuto un, e o seu comezo foi arrolador ante o Gironella de Barcelo-na. Esa presión asfixiante tivo a súa recompensa no minuto dous cos goles de Sonia Pacios e Vanessa Sotelo. O Gironella non tivo resposta á proposta de xogo das ourensás. Lucía Nespereira desaproveita-ba un dobre penalti ao fío do descanso.

Nos cinco primeiros mi-nutos da reanudación Va-nessa deixaba visto para sentencia o partido con sendos goles. A debutan-te Nerea firmaba o cinco a cero. As catalanas, que optaban polo xogo de cin-co, non lograban marcar. Nespereira poñía o punto e final á goleada cun dis-paro desde fóra da área.

O Cidade golea e o Ourense cae4 Antes do parón polo Mun-dial de Costa Rica.

6-0.

Ourense EnvialiaO Ourense Envialia che-

gaba a terras lucenses coa intención de facer un gran partido e sacar algo positi-vo da súa visita a Vistale-gre, despois do empate con-tra o líder Futsi da semana anterior.

As locais estiveron máis acertadas, e aos seis minu-tos Peque adiantaba ás da Mariña desde a frontal da área. As de Óscar Vivián non se atopaban cómodas na cancha e iso aprovei-touno o Burela nos últimos intres da primeira metade cos goles de Shiori e Tãi-na. Aos tres minutos da reanudación, Peque volvía anotar o que era o cuarto gol das laranxas. Vivián optaba polo xogo de cinco que facía ter máis control ás ourensás. Pero o destino ás veces é cruel e, por tercei-ra vez, Peque regateando a dúas xogadoras lograba o quinto e definitivo tanto (terceiro da súa conta). O Ourense Envialia intentá-bao, pero o marcador xa non se movería.

A debutante Nerea anotando o quinto gol do Cidade As Burgas contra o Gironella./RAMSÉS

O Cidade mantén a segunda praza con 27 puntos e o Ourense baixa á sexta, con 20

Redacción

O ourensán Felipe Igle-sias foi convocado por se-gundo ano ao Mundial de jiu jitsu. A cita ten lugar en París (Francia) e rema-ta o 30 de novembro.

Iglesias participa na categoría de loita en me-nos de 62 quilos, sendo ademais o único ourensán da expedición española.

O ourensán Felipe Iglesias, no Mundial de jiu jitsu4 Está participando estos días na cita internacional.

Comezará a súa partici-pación este venres a partir das 18 horas.

O ourensán debutou nun evento tal o ano pa-sado, disputado en Viena (Austria), onde rematou no posto número 15. Ac-tualmente ocupa o 12º lugar no ránking da Fede-ración Internacional de jiu jitsu e chega a Francia sen lesións de importancia.

Felipe Iglesias nun dos seus numerosos combates.

A Deputación patrocina ao COB4 “Ourense, a provincia Ter-mal” será o lema nas camisetas.R. T.

A Deputación Provincial de Ourense patrocina ao Club Ourense Baloncesto neste tempada 2014-2015. O patrocinio fará referencia ao termalismo da provincia. Para tal fin, levarán durante toda a tempada (xa o levan facendo desde que come-zou) o lema “Ourense, a provincia Termal”.

A pesar deste patrocinio, os cartos que dá a Adminis-tración Provincial non se incrementan, polo que se manteñen os 216.000 euros da subvención.

O presidente da Deputa-ción, José Luis Baltar, cua-

A UD Ourense con marcha firme4 Suma 30 puntos e 60 goles en 10 partidos.Redacción

A Unión Deportiva Ourense marcha firme no grupo 13 da 3ª Rexional Autonómica. En 10 parti-dos suma 30 puntos (todos os posibles) e anota unha media de seis goles por en-contro, suma ata o de agora 60 dianas.

A última vítima foi un Cenlle que mantivo a raia

aos de Antonio Dacosta ata o último minuto da primeira metade, cando Julio Salgado cabeceou á rede un centro de Roberto Dacosta.

Próximo escolloPara esta fin de semana

a UD recibe ao Sporting Carballiño, equipo que ocupa a terceira posición con 23 puntos.

Xaco anotando o segundo gol ante o Cenlle. /RAMSÉS.

lificaba o deporte como “un vehículo publicitario moi importante”.

Visita a AxarquíaDespois da xornada de

descanso, o Club Ourense Baloncesto regresa á com-petición este venres fronte ao Clínicas Rincón Axar-quía na xornada número 10. O equipo dirixido por Gar-cía de Vitoria quere manter a racha de tres vitorias con-secutivas e lograr a sexta da tempada contra o conxunto de Torre del Mar (Málaga) vinculado ao Unicaja. Para ver ao COB no Paco Paz haberá que esperara ata o 11 de decembro (a semana que

vén xoga contra o Breogán en Lugo) cando reciba ao Palma Air Europa.

Pabellón OurenseCambiando de equipo e

de liga pero non de disci-plina deportiva, o Pabellón Ourense da Liga Feminina � perdeu a pasada xornada contra o líder, Bizkaia por 88-40. O Pabellón aínda non sabe o que é a vitoria

nesta tempada e é o pe-chacancelas da categoría sen estrear aínda o seu ca-silleiro de vitorias.

Para esta vindeira xor-nada recibe, o sábado a partir das �0 horas, ao Celta Selmark. As olívicas son sextas con dúas vito-rias. O equipo dirixido por Benjamín Rodríguez anda na procura de buscar unha pívot.

Page 21: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSNovembro de �014

PUBLICIDADE

Page 22: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSNovembro de �014

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel

Nº147/137/123/86 - Ano: XII - Novembro de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exempla-res). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 250 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLOOfrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros. Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448.Límpanse cristais e fanse arranxos de roupa. En Fea, Toén. Tel. 663 034 262.Fanse reparacións en fogares e negocios. Carpintería, persianas, mobles, etc.Tel 656 782 460.Danse clases particulares de pin-tura. Todos os niveis. Tel. 687 19 33 44.Ofrécese moza para servicio do-méstico ou limpeza de escaleiras na zona do 21. Tel. 636 392 525. Ofrécese modista para particula-res. Bo prezo. Calidade e puntua-lidade. Tel. 988 25 53 02.Academia de debuxo e pintura María Pinal Trashorras: clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico. Para nenos e adul-tos. Tel. 669 603 414. Ofrécese piano e voz para even-tos e clases particulares de piano, linguaxe musical e canto. Contac-to: 663 733179; [email protected]; e Facebook. + info en: www.youtube.comDanse clases de inglés e francés. De todos os niveis. Clases indivi-duais e grupos reducidos. Licen-ciada en Tradución e Interpreta-ción. Tel. 664 59 06 04.Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de cama-reiro). Tel. 609 919 362.Danse clases particulares a domi-cilio. Asignaturas de letras. Espe-cialmente inglés. Tamén se realiza coidado de nenos. Con experiencia e referencias. Tel. 622 033 574.Fanse tartas e postres esplectacu-lares. http://trabajandoenlacocina.blogspot.com.es. Tel. 616 29 74 23.Ofrécese persoa para coidado e atención de persoas maiores, titu-lación e experiencia. Tel. 618 646 959 e 988 605 247.PHOTOSHOP clases particu-lares todos os niveis, �0 anos de experiencia. Tel. 667 508 333

Vendo porta de aluminio con cristal blindado sen marco. 73x209 cms. Con pechadura e chave. Tel. 687 19 33 44.Vendo 36 fiestras corredeiras de aluminio branco con aislamiento de cristal doble Climalit. Medidas: 52cms de alto por 115cms de lon-go .95 euros/unidade. Tel. 687 19 33 44.Vendo dúas portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Medidas: 235cms por 78cms. Ten pechadura e chave. 80 euros cada unha. Tel. 687 19 33 44.Vendo compresor de aire ABC VG-5-PC INDUSTRIAL 6CV-HP, Presión 8Kgs/cm� psi115, 750 Li-tros/minuto cfm 236,48 velocida-de 650 depósito 300 l. 1.000 euros Tel. 687 19 33 44.Vendo casco de moto Coolmax, de segunda man. Bo estado. Prezo a negociar. Tel. 988 21 35 56 (cha-mar de 16 a 18 e de 21 en adiante)Vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 002.Véndese SEAT Ibiza TDI por 1.300 euros. Tel 609 822 076.Vendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.Vendo coche de neno Casual Play. Pouco uso. 250 euros. Tel. 609 822 076.Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un cañón ne-bulizador. Tel. 686 54 00 87.Vendo máquina de cóser e bordar marca Refrey, modelo 427. Auto-mática. En perfecto estado. Prezo: 400 euros negociables. Tel. 988 24 70 42 (preguntar por Julio).Vendo sillón de masaxe. Vibrato-rio, reclinable, mando a distancia. Perfecto estado. Prezo: 800 euros negociables. Tel: 988 24 70 42 (preguntar por Julio).Vendo cadeira de rodas marca Rea Clematis. Posicións variadas. Últimas innovacións en ortope-dia. Prezo: 800 euros negociables. Tel: 988 24 70 42 (preguntar por Julio).

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios manté-ñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

CONTACTOSOfrécese chico de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. Tamén para despedidas de solteiras e es-triptis. Tel 662 281 312.

Vendo sofá 3x2, enfriador de bo-tellas, apeiros de labranza para de-corar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10Vendo secadora. Apenas uso. Pre-zo económico. Tel. 988 25 43 86.Vendo bicicleta de muller. Tel. 637 00 59 10.Vendo unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco 73x209cms ten fechadura e chave. Telf. 687 19 33 44Vendo ventá de ferro con cristais de 1 x 1,4 5m. 30 euros. Tel. 686 54 00 87.Vendo postes de pedra para viña. Tel. 686 54 00 87Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448.

Alúgase apartamento casco an-tigo, amoblado, todo exterior, Ourense, moi económico Tel. 637 00 59 10Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16.Alugo apartamento amoblado, 2 habitacións, baño, garaxe pecha-do, próximo a Igrexa de Fátima. 370 euros + comunidade. Telf. 988 22 21 79.Alugo piso en avda de Santiago, r/ Monte Medulio. Sen amoblar. 4º piso, exterior, 3 habitacións, 2 ba-ños, salón grande, cociña amobla-da, 2 balcóns. Trasteiro e praza de garaxe. Tarima flotante, climalit. Tel. 619 753 540.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m2. Xuntas ou separadas en polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15. Fronte a Codisol. Tel. 639 67 74 32.Alúgase piso na zona do Couto. 2-3 dormitorios, cociña, baño, adega (30 m). Amoblado. Moi soleado. Tel. 677 49 46 45.Alugo local económico acondicio-nado en avda de Zamora e oficina amoblada en avda. da Sainza. Con certificados enerxéticos E e C, res-pectivamente. Prezo a convir. Tel. 627 203 131.Alugo oficinas na rúa Progre-so ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10.

Pase o inverno en Alicante. Alúgase piso equipado na praia da Albufereta. Especial para xu-bilados, ampla terraza, económi-co. Tel. 666 080 665.Necesítase chico/señor respon-sable para compartir piso. Tel. 637 00 59 10.Vendo piso en Vigo (praza Es-paña). Oportunidade! Tel. 639 81 62 09.Vendo piso en praia América. 2 habitacións, garaxe, trasteiro. Oportunidade! Tel. 636 42 24 97Ocasión: vendo finca edificable con proxecto, 1.000 m�, antes 13.900 euros, agora 8.980 euros. Tel. 606 42 25 43.Vendo casa para fin de semana con xardín. Sen restaurar: 7.800 euros. Restaurada: 24.900 euros. Facilidades de pago. Tel. 606 422 543.Vendo apartamento en Vigo, 1 baño, con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia Améri-ca. Bo prezo. Tel. 607 27 19 16.Vendo piso na av. de Portugal (zona Couto), a 5 minutos do centro. Ascensor e calefacción central. Opción a praza de ga-raxe. Tel. 988 22 39 32 / 657 402 184.Véndese fábrica de embutidos en funcionamento con clientela. Tel. 667 95 93 41.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago Tel. 637 00 59 10.Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00.Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 422 497.Urxe vender piso en praza Es-paña -Vigo-. Bo prezo. 3 habita-cións, garaxe e trasteiro. Tel. 639 816 209.Alúgase praza de garaxe pe-chada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Ser-vipel). Tel. 988 22 21 79.

4AXENDATeatro- 30 de novembro - “En

un lugar del Quijote” - 19 h - Teatro Principal

- 4 de decembro - “Las rameras de Shakespeare” - 20.30 h - Auditorio Mu-nicipal

- 13 de decembro - “Úl-tima edición” - 20.30 h - Teatro Principal

Exposicións- Ata decembro - Outono

Fotográfico - Varias locali-zacións

Cine- 1 de decembro - “E

agora? Lémbra-me” -20.30 h- Biblioteca Nodal

- 2 de decembro - “Ciu-dadano Kane” - 18.30 h - Campus de Ourense

- 9 de decembro - “Black Mirror” - 18.30 h - Cam-pus de Ourense

- 11 de decembro- “En-callados” - 20.30 h - Teatro Principal

Música- 3 de decembro - Con-

certo de Moreland & Ar-buckle - 21.30 h - Teatro Principal

- 4 de decembro - Con-certo de cámara de “De Winnie Trío” - 20.30 h - Teatro Principal

- 14 de decembro - Con-certo de música clásica de “Praga Camerata” - 20.30 h - Teatro Principal

Outros- 30 de novembro - Mo-

nólogos de Leo Harlem e Sergio Olalla - 19 h - Au-ditorio Municipal

- 19 de decembro - Es-pectáculo de danza “+ tan-go, la canción de Buenos Aires” - 20.30 h - Teatro Principalwww.periodicobarrios.com

ALUGUER/VENDA

Ofrécese decorador estilo graffiti (para persianas, exterior, interior, debuxos infantís, paisaxes, carica-turas, etc). Tel. 697 202 979.

Page 23: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

23Ourense por BARRIOSNovembro de �014PUBLICIDADE

Page 24: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSNovembro de �014

Page 25: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 137 - Ano: XIII - Novembro 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CULTURA Páx.15TEMA DO MES Páx.3 CIDADE Páx.6TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.20

Preto de 10.000 persoas participaron no 19OUFF

Alertan de posibles estafas nas Inspeccións Técnicas de Edificios

Entrevista ao presidente da CHMS, Francisco Marín

En primeiro termo, ofrenda floral realizada polo PP na Leiteira; no fondo, estrelas pegadas no Paseo cos nomes das 45 vítimas deste ano./P. LODEIRO.

Fútbol sala: o Cidade As Burgas golea, o Ourense Envialia cae

As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga de limpeza

[páx. 8]

Ourense di NONá violencia de xénero

Entrevista ao director da Escola de Arte Antón Faílde,

César Taboada [Páx.11]

Page 26: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 123- Ano: XIII - Novembro 2014 - Depósito legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

SOCIEDADE Páx.10 DEPORTES Páx.19TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.15TEMA DO MES Páx.3

As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga de limpeza

Lolo Penas e Solange Pereira vencen na San Martiño

A Escola Municipal de Música continúa sen profesor de violín

Preto de 10.000 persoas participaron no 19OUFF

Entrevista ao director da Escola de Arte Antón Faílde,

César Taboada [Páx.11]

En primeiro termo, ofrenda floral realizada polo PP na Leiteira; no fondo, estrelas pegadas no Paseo cos nomes das 45 vítimas deste ano./P. LODEIRO.

[páx. 8]

Ourense di NONá violencia de xénero

Entrevista ao presidente da CHMS, Francisco Marín

Page 27: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSNovembro de �014

Page 28: Novembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 86- Ano: XIII - Novembro 2014 - Depósito legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 SOCIEDADE Páx.11 CULTURA Páx.15BARRIOS Páx.5 CIDADE Páx.6

Preto de 10.000 persoas participaron no 19OUFF

Entrevista a César Taboada, director da Escola Antón Failde

As traballadoras de Linorsa desconvocan a folga de limpeza

Alertan de posibles estafas nas Inspeccións Técnicas de Edificios

Concello e Praza de Abastos colaboran nas melloras do mercado

[páx.8]

Ourense di NON á violencia de xénero

[Páx. 2]

Entrevista a Francisco Marín,

presidente da CHMS

O Concello colocou na rúa do Paseo 45 estrelas en recordo das vítimas mortais a causa da violencia de xénero en España neste ano./P. LODEIRO.