NOVEMBRO ASTRONÓMICO

8
OS NOSOS ARREDORES Sistema Planetario: Conxunto de planetas, satélites... que xiran arredor dunha estrela. Sistema Solar: É o noso sistema planetario. Conxunto formado polo Sol e os corpos celestes que xiran arredor del (oito planetas, planetas ananos, satélites, cometas, asteroides...). Planetas: Son Corpos con forma esférica que xiran arredor do Sol. O noso Sistema Solar está formado por oito planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Os catro primeiros son de composición rochosa e os demais gasosos. Satélites: Son Corpos rochosos que xiran arredor dun planeta. A Lúa é o único satélite que ten a Terra. Hai planetas que teñen moitos satélites, como Xúpiter, que ten 60. Outros, pola contra, non teñen ningún, como Mercurio. Cometas: Son corpos celestes formados por xeo e fragmentos de rocha. Son de tamaño variado e forman un cinto, máis alá dos planetas, que se coñece como Nube de Oort. Cando un cometa é expulsado da Nube de Oort cara ao interior do Sistema Solar, o xeo vaporízase a medida que se achega ao Sol. O que se ve é unha cola: un longo rastro de vapor e partículas de xeo que reflicten a luz solar.

description

 

Transcript of NOVEMBRO ASTRONÓMICO

Page 1: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

OS NOSOS ARREDORES

•Sistema Planetario:

Conxunto de planetas, satélites... que xiran arredor dunha estrela.

•Sistema Solar:

É o noso sistema planetario. Conxunto formado polo Sol e os corpos celestes que xiran arredor del (oito planetas, planetas ananos, satélites, cometas, asteroides...).

• Planetas:

Son Corpos con forma esférica que xiran arredor do Sol. O noso Sistema Solar está formado por oito planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Os catro primeiros son de composición rochosa e os demais gasosos.

•Satélites:

Son Corpos rochosos que xiran arredor dun planeta. A Lúa é o único satélite que ten a Terra. Hai planetas que teñen moitos satélites, como Xúpiter, que ten 60. Outros, pola contra, non teñen ningún, como Mercurio.

•Cometas:

Son corpos celestes formados por xeo e fragmentos de rocha. Son de tamaño variado e forman un cinto, máis alá dos planetas, que se coñece como Nube de Oort. Cando un cometa é expulsado da Nube de Oort cara ao interior do Sistema Solar, o xeo vaporízase a medida que se achega ao Sol. O que se ve é unha cola: un longo rastro de vapor e partículas de xeo que reflicten a luz solar.

Page 2: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

•Asteroides:

Son corpos rochosos de distintos tamaños. Encóntranse formando dous cintos: un entre a órbita de Marte e a de Xúpiter, denominado Cinto de Asteroides, e outro chamado Cinto de Kuiper, que está máis alá da órbita de Plutón.

•Meteoritos:

Son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou de planetas. Ao entrar en contacto coa atmosfera vólvense incandescentes e brillan, deixando un ronsel luminoso. Son as chamadas estrelas fugaces. Pódense observar estrelas fugaces en distintos meses do ano. As Leónidas, por exemplo, vense entre febreiro e marzo, as Cuadrántidas, entre o 27 de decembro e o 12 de xaneiro.... Pero, unhas das máis vistas son as Perseidas. A súa orixe é o cometa 109P/Swift-Tuttle, descuberto por Lewis Swift e Horace Parnell Tuttle. Esta choiva de estrelas, tamén coñecida como “Bágoas de San Lourenzo”, son visibles desde o 20 de xullo ata o 19 de agosto, cun máximo de intensidade na noite de San Lourenzo (do 10 ao 11 de agosto).

Page 3: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

O UNIVERSO QUE PODEMOS VER

Galaxia: Son centenares de miles de millóns de estrelas, gas e po. No centro da galaxia é onde se atopa o maior número de estrelas. Cada corpo da galaxia móvese a causa da atracción dos outros e, en xeral, hai ademais un movemento máis amplo que fai que todo xunto xire arredor do centro. As galaxias non están repartidas uniformemente polo Universo, senón que se agrupan formando cúmulos de galaxias.

Tipos de galaxias: Hai distintos tipos de galaxias, segundo a súa forma: espirais, barradas, elípticas e irregulares.

Galaxia Elíptica Galaxia Espiral Barrada Galaxia Espiral NGC 1232 Galaxia Irregular

Outras galaxias: Á parte da Vía Láctea só hai tres galaxias visibles desde a Terra: as dúas Nubes de Magallaẽs (grande e pequena) e Andrómeda (veciña nosa). Outras galaxias veciñas son: o Dragón, o Triángulo, NCG221...

Galaxia Andrómeda Gran Nube de Magallaẽs Pequena Nube de Magallaẽs

A Vía Láctea: É a galaxia á que pertence o noso Sistema Solar. Forma parte do Cúmulo de Galaxias de Virgo. Ten forma de espiral, cun núcleo denso e brazos en espiral.

Page 4: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

Nebulosas:

Son gas e po interestelar. Segundo sexan máis ou menos densas veranse ou non desde a Terra. Detectáronse nebulosas en case todas as galaxias, incluída a nosa.

Nebulosa Cabeza de Cabalo

Quasares:

Son obxectos afastados que emiten grandes cantidades de enerxía con radiacións similares ás das estrelas. Quasar é un acrónimo de quasi stellar radio source (fontes de radio case estelares).

Pulsares:

Son fontes de ondas de radio que vibran con períodos regulares. Os estudos indican que os pulsares son estrelas de neutróns pequenas que xiran a gran velocidade.

Pulsar Crab Nebula2

Burato negro:

É unha rexión do espazo-tempo provocada por unha gran concentración de masa no seu interior, con enorme aumento da densidade. Isto provoca un campo gravitatorio tal que ningunha partícula material, nin sequera os fotóns de luz, poden escapar de dita rexión.Materia escura: Nos últimos anos descubriuse que existe gran cantidade de materia

no Universo que exerce unha forza gravitacional sobre os corpos, pero que non emite nin absorbe luz: é a materia escura. Forma aproximadamente un 90% da masa do Universo.

A gravidade: É a forza de atracción que experimentan entre si os corpos con masa. Isaac Newton formulou a Lei da Gravitación Universal . Este descubrimento explicou por que os planetas xiran arredor do Sol. Decatouse tamén de que a órbita dun planeta depende da súa masa e da distancia ao Sol. Canto máis lonxe están os obxectos e máis lixeiros sexan, máis débil será a atracción gravitatoria entre eles.

Para calcular a atracción da gravidade entre dous obxectos multiplícanse as súas masas e divídese o resultado polo cadrado da distancia que os separa. Este cálculo permite aos astrónomos predicir con precisión o movemento dos planetas, as estrelas e as galaxias de todo o Universo.

Page 5: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

As Estrelas

Son masas de gases, principalmente hidróxeno e helio. Atópanse a elevadas temperaturas. No seu interior prodúcense reaccións nucleares, xerando unha enorme enerxía que emiten como luz e calor.

O gas das estrelas está nun estado especial chamado plasma, composto de átomos sen electróns.

No corazón dunha estrela os núcleos de hidróxeno fusiónanse, dando lugar ao helio.

As estrelas escintilan porque as vemos a través da atmosfera da Terra.

Os astrónomos calculan o tamaño dunha estrela polo seu brillo e a súa temperatura.

A Vida

As estrelas “nacen” en nubes de gas e po, é dicir, nunha nebulosa. Aquí a gravidade crea cúmulos escuros chamados glóbulos gasosos en evaporación. Cada cúmulo contén as “sementes” dunha familia de estrelas. Cando a gravidade os comprime, estes glóbulos encóllense e forman bólas de gas e po quentes. Os cúmulos pequenos non quecen moito e, finalmente, esvaécense. Os cúmulos maiores alcanzan os 10 millóns de ºC aproximadamente no seu núcleo e entón os átomos de hidróxeno únense en reaccións nucleares: a estrela nacente empeza a brillar.

 Nebulosa M57

Estrela Deneb 

O Brillo O brillo das estrelas mídese segundo unha escala de magnitudes concibida no ano 150 a. C. polo astrónomo grego Hiparco de Nicea. A estrela máis brillante á vista de Hiparco era Antares e atribuíulle a magnitude 1, á estrela máis débil que alcanzaba a ver deulle a magnitude 6. Coa invención do fotómetro, un instrumento de medida que serve para determinar a cantidade de luz emitida por unha estrela, púidose ver que unha estrela de magnitude 1 é 100 veces máis luminosa que unha de magnitude 6.

Canto máis lonxe está unha estrela, máis débil parece e menor é a súa magnitude relativa, ao marxe de cal sexa o seu brillo real. A estrela Deneb é 60.000 veces máis brillante que o Sol. Aínda así, dado que está a uns 1.800 anos luz de distancia, parece moito máis débil que Sirio, que é a estrela máis brillante, despois do Sol, vista desde a Terra.

AS ESTRELASAS ESTRELAS

Page 6: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

A Cor e o tamaño

Todo nunha estrela depende da súa masa. Esta vai definir o seu tamaño, a súa temperatura e tamén a súa fin.... e, ao longo da súa vida, a cor. A cor depende da idade.Cando unha estrela é moi nova, a súa temperatura é moi elevada e a súa cor, dentro do espectro de luz visible, é entre o azul e o morado. Unha vez que evoluciona, e dependendo da súa masa, convértese en amarela ou laranxa, para rematar a súa vida cunha cor vermella. Finalmente, despois da súa “morte”, algunhas estrelas convértense en brancas, en ananas brancas.

A Astronomía clasifica as estrelas en 7 categorías, segundo o seu tamaño e cor, e cada categoría subdivídese en números. Así, as estrelas máis novas, máis pequenas e moi quentes son de cor azul e catalóganse como estrelas O. As vellas, moito máis grandes e frías, entran na categoría M. Segundo esta división o Sol é unha estrela de tamaño medio, integrada na quinta das categorías.

Anana

Branca 

Outros Datos de Interese

 As estrelas soen ter planetas. Nestes últimos días (El País, 20-10-2009) o astrónomo suízo Michel Mayor, descubridor do primeiro planeta extrasolar, anunciou en Madrid que o seu equipo detectara 32 deses corpos. Con iso xa son máis de 400 os obxectos que se detectan en órbita de estrelas distintas do Sol.

As estrelas, vistas desde a Terra, forman figuras que chamamos constelacións e que serven para localizar máis facilmente a posición dos astros. Hai moitas agrupacións de estrelas que aparecen na esfera celeste e que toman o seu nome de figuras mitolóxicas, animais ou obxectos. O zodíaco divídese en 12 seccións iguais, ás que chamamos Signos do Zodíaco. Empeza no equinoccio de primavera e continúa cara ao leste ao longo da eclíptica. Cada unha das súas seccións recibe o nome da constelación que estaba situada dentro dos seus límites no século II a. C.

Os nomes dos signos do zodíaco son: Aries, Tauro, Xémini, Cáncer, Leo, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. 

Page 7: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

Estrelas Pequenas

Segundo a súa cor, as estrelas pequenas con pouco brillo reciben o nome de ananas brancas, vermellas ou negras. As ananas vermellas son maiores que o planeta Xúpiter, pero menores que unha estrela mediana, o Sol. Ningunha anana vermella se ve a simple vista. As ananas brancas son a última fase de vida dunha estrela mediana. As marróns son frías, pouco maiores que Xúpiter e as ananas negras son estrelas moi pequenas, frías e “mortas”. O tipo máis pequeno de estrela é a de neutróns.

TIPOS DE ESTRELASTIPOS DE ESTRELASEstrela de Neutróns

Estrelas Xigantes 

Estrelas Xigantes

Son de dez a cen veces maiores que o Sol e entre dez a mil veces máis brillantes. As xigantes vermellas son estrelas que aumentaron de dez a cen veces o seu tamaño ao chegar á fase final da súa vida ao arrefriarse e expandirse a súa capa exterior.

As xigantes queimaron todo o seu hidróxeno, e queiman helio, fusionando os seus átomos e producindo carbono. As máis grandes seguen crecendo despois de facerse xigantes vermellas. Convértense en Superxigantes.

 Estrelas Superxigantes

Son ata cincocentas veces maiores que o Sol. A presión no centro dunha Superxigante basta para fusionar átomos de carbono e xerar así ferro. Todo o ferro do Universo foi xerado no corazón de Superxigantes. O seu brillo ten un límite, polo que se poden utilizar como indicadores de distancia, comparando o seu brillo aparente co seu brillo real. As Superxigantes morren e explotan en forma de Supernovas.

Estrelas Xigantes Azuis

Page 8: NOVEMBRO ASTRONÓMICO

Estrela dobre

Estrelas Binarias

Son estrelas dobres, é dicir, dúas estrelas que se manteñen xuntas debido á gravidade.

Supernova Kepler 

Estrelas Variables

Son estrelas que non brillan de maneira constante como o Sol, senón que oscilan no seu brillo. Por exemplo, as variables pulsantes son estrelas que se expanden e se contraen, como as Cefeidas. As variables eclipsantes parecen flutuar ao cruzarse unha no camiño da outra. 

Supernovas

Son enormes explosións de estrelas Superxigantes ao final da súa vida. Prodúcense cando unha Superxigante consome o hidróxeno e o helio e se contrae. Os restos de Supernovas son xigantescas estruturas nebulosas. Unha Supernova espectacular foi a que creou a nebulosa do Cangrexo, vista por astrónomos chineses en 1054. En 1987, a Supernova 1987A foi a primeira observada a simple vista desde a de Kepler en 1604. Moitos dos elementos que compoñen o corpo humano forxáronse en Supernovas.

 Cefeidas