Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

28
Número: 146 - Ano: XIII - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx. 18 BARRIOS Páx.4 SOCIEDADE Páx.14 O Festival de Cine de Ourense, do 15 ao 23 de novembro Balance dos orzamentos 2015 da Xunta e do Estado Ourense conta con 180 puntos de vacinación contra a gripe Denuncian pasividade das autoridades ante os vertidos ao Miño TEMA DO MES Páx.2 O Concello insta a Xardín das Burgas a que limpe o soar Saída da carreira benxamín-infantil desde a praza da Lexión, o pasado domingo 26 de outubro./RAMSÉS. [páx. 20] A Carballeira despide o “Correndo por Ourense” Entrevista a Ángel Gómez, presidente da A.VV. As Termas [Páx.8]

description

A carreira da Carballeira, o requerimento a Xardín das Burgas para que limpe o seu soar, a proposta do BNG para que a Praza de Abastos da Ponte sexa de xestión pública e as novas actuacións de restauración na Catedral, imaxes de portada.

Transcript of Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Page 1: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Número: 146 - Ano: XIII - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx. 18BARRIOS Páx.4 SOCIEDADE Páx.14

O Festival de Cine de Ourense, do 15 ao 23 de novembro

Balance dos orzamentos 2015 da Xunta e do Estado

Ourense conta con 180 puntos de vacinación contra a gripe

Denuncian pasividade das autoridades ante os vertidos ao Miño

TEMA DO MES Páx.2

O Concello insta a Xardín das Burgas a que limpe o soar

Saída da carreira benxamín-infantil desde a praza da Lexión, o pasado domingo 26 de outubro./RAMSÉS.

[páx. 20]

A Carballeira despide o “Correndo por Ourense”

Entrevista a Ángel Gómez,

presidente da A.VV. As Termas [Páx.8]

Page 2: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSOutubro de �014

TEMA DO MES

Paula Lodeiro

O Concello de Ourense traballa no desenvolvemen-to do Plan Especial das Bur-gas desde varios frontes.

Por unha banda, e logo de que as Consellerías de Cultura e de Industria se desentenderan de exer-cer ningunha actuación de conservación da parcela de Xardín das Burgas, a concelleira de Urbanismo ordenou aos técnicos muni-cipais requerir aos propieta-rios “que tomen as medidas oportunas para subsanar a suciedade e os danos que poden repercutir aos ma-nanciais, á maior brevidade posible” .

Segundo informou a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, a Xardín das Burgas só se lle concederá un primeiro prazo –aproxi-damente dun mes –, e no caso de non respostar, o Concello actuará subsidia-riamente. A edil socialista

alertara do risco de con-taminación dos acuíferos pola presenza nesta parcela de rodas vellas, plásticos, xiringas, roupa vella, ou anacos de vidro, entre outro lixo.

Modificación de crédi-tos para a expropiación

Doutra banda, o Goberno municipal retomará o expe-diente de expropiación das Burgas, que deixara cadu-car, para adquirir os terreos dos que aínda non dispón (entre eles, o soar de Xar-dín das Burgas e a Casa de Baños de Outeiro).

“Para aprobar e tramitar isto, que non nos levará máis de mes e medio, ne-cesitamos que esta corpo-ración sexa coherente co aprobado no seu momento e aprobe a modificación de créditos”, explicou a políti-ca socialista, en referencia á modificación de créditos por valor de medio millón de euros que é precisa para

pagar as expropiacións e que fora rexeitada na se-sión plenaria de outubro pola oposición. Se é po-sible, a modificación será incluída de novo na orde do día do pleno de novem-bro, “levarémolo as veces que sexa necesario”, re-calcou Soto.

Primeiras sondaxesEn paralelo, o Conce-

llo solicitou permisos a Industria para limpar un pozo na antiga cárcere e facer sondaxes para co-ñecer o caudal de auga termal de que se dispón nesta zona. Os primeiros estudos dan un caudal de 1,5 litros por segundo no contorno da antiga cárce-re, “suficiente” para un hotel-balneario, apuntaba a edil de Urbanismo.

O Concello insta a Xardín das Burgas a limpar o seu soar4 Retoma a tramitación do expediente de expro-piación e volverá presentar no pleno a modifica-ción de créditos necesaria para financialo.

Aspecto actual do soar de Xardín das Burgas./P.LODEIRO.

Os estudos dan un caudal de 1,5 litros por segundo na antiga cárcere

P.L.

Xa se coñecen os orza-mentos da Xunta e do Go-berno central para �015, que recibiron diferente valoración por parte do partido que goberna estas dúas administracións –PP- e da oposición –PSOE e BNG-.

No que respecta ao Go-berno autonómico, a pro-vincia percibirá en �015 �16 millóns de euros, 4,4 millóns máis que no pasa-do exercicio.

En concreto para a ca-pital ourensá, destacan os �� millóns consigna-dos para a construción do novo edificio de hospi-talización do CHUO, os 4,73 millóns de euros do convenio para construír a EDAR de Reza, e os 4,7 millóns consignados para o novo edificio xudicial. A cidade tamén recibirá par-te dos 1,10 millóns desti-nados para construción e urbanización de vivenda de protección pública, e �50.000 euros para o Plan de Transporte Metropoli-tano.

En canto aos Orzamen-tos do Estado, a provincia de Ourense recibirá en �015 un investimento de 643,3 millóns de euros, 3� millóns máis que en �014.

A maioría destes fondos (578,16 millóns) concén-transe na Liña de Alta Ve-locidade Lubián-Ourense. Para a estación intermodal de Ourense consígnanse �00.000 euros e outros cen mil para a variante de en-trada á cidade. A través de ACUAES, destínanse á de-puradora de Ourense �7,5 millóns de euros, mentres que o abastecemento de auga da cidade recibirá 3,9 millóns e a Praza de Abas-tos da Ponte �05.000 euros.

As valoraciónsAs contas tiveron dife-

rente acollida segundo quen faga a análise. Así, o Partido Popular de Ourense desta-ca “un importante esforzo investidor” nos orzamentos da Xunta, que cualifican de “contas realistas e responsa-bles, perfectamente axusta-das á situación e que apostan claramente pola solvencia económica, co reforzo cla-ro que precisa e demanda a provincia de Ourense”.

Entre os investimentos previstos, os parlamenta-rios populares destacan o inicio da obra de tres cen-tros de saúde na provincia, entre eles os do Couto e A Valenzá.

Pola contra, desde o BNG denunciaron a falta de par-tidas nos orzamentos de �015 da Xunta para a cons-trución do centro de saúde e do instituto na Valenzá, pro-metidos desde �00� e �009, respectivamente. O Bloque presentará unha moción no pleno de Barbadás sobre es-tas dotacións e tamén alega-rá aos orzamentos da Xunta pedindo partidas para estas infraestruturas.

Tamén o socialista Pa-chi Vázquez lamentou que non haxa partidas para os centros de saúde do Couto e do Vinteún. “Vostede cre que se houbera unha partida para o Couto non o ían po-ñer, en plena campaña das municipais?”, contestou a unha pregunta dos xornalis-tas sobre a existencia dunha

ORZAMENTOS 2015

Ourense recibirá 216 millóns da Xunta e 643 do Estado4 O PP amósase satisfeito e a oposición anuncia emendas e alegacións.

Os orzamentos do Estado de 2015 reservan para a futura estación intermodal de Ourense 200.000 euros./ARQUIVO.

A alta velocidade recibe 578 dos 643 millóns consigna-dos polo Estado para Ourense

Page 3: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSOutubro de �014

TEMA DO MES

P. Lodeiro

A abstención do PP per-mitiu ao grupo de goberno sacar adiante tres das ca-tro modificacións de cré-ditos que levaba a aproba-ción no pleno de outubro. A concelleira popular Beatriz Tejada apelou ao interese dos veciños e á “responsabilidade” do seu grupo para xustificar o cambio de voto do PP, que no anterior pleno de setembro votara en contra de dúas destas modifica-cións.

Este cambio valeulle aos populares as críticas de Democracia Ourensana e do Bloque Nacionalista Galego, que os acusaron de “venderse” e xustifica-ron o seu voto contrario nun rexeitamento á mala xestión dos socialistas, dos que criticaron non seren capaces de aprobar os orzamentos. O alcalde, Agustín Fernández, agra-deceu o xesto dos popula-

res e reprochoulles aos edís do BNG que non votaran a favor tamén para “anotarse un tanto”.

Deste xeito, o Concello poderá pagar 716.000 euros de facturas pendentes de exercicios anteriores, amor-tizar 1�,8 millóns de euros de préstamos e levar adian-te un plan de investimentos de 5,5 millóns de euros.

No caso da última modi-ficación, a que propuña a dotación dunha partida de medio millón de euros para o pago de expropiacións nas Burgas, o PP solicitou que quedara sobre a mesa ao coñecer que o expedien-te de expropiación caduca-ra. O rexedor desvinculou un asunto do outro e non aceptou a retirada do punto da orde do día. Á hora de votar, PP, BNG e DO fixé-rono en contra e impediron que a modificación de cré-ditos prosperase.

Acceso ao casco históricoNesta mesma sesión ple-

naria quedou aprobada a modificación de ordenanza de tráfico no que se refire ao acceso ao casco histó-rico. Foi preciso un breve receso para que os vocei-ros dos grupos aclararan a redacción dun punto da or-denanza, que logo foi apro-

PLENO DE OURENSE

A abstención do PP desbloquea tres das catro modificacións de créditos4 O Concello aproba cambios na ordenanza que regula o acceso ao casco histórico.

4 Desaloxo de Jácome

O momento máis bo-chornoso do pleno che-gou co desaloxo do por-tavoz de DO, Gonzalo Pérez Jácome, por parte dun axente da Policía Local, cumprindo ordes do alcalde, quen o acu-sara dunha falta de orde, por falar cando non es-taba no uso do seu turno de palabra.

Os feitos aconteceron logo da votación dunha moción de DO coa que se pretendía refrendar que a carreira do San Martiño fose de pago, e na que o PSOE –contra-decíndose cunha medida que tomara no Consello Municipal de Deportes previamente- votou en contra.

Gonzalo P. Jácome, nun momento do pleno./P.LODEIRO.

bado por unanimidade. Así, os residentes que carezan de vehículo poderán dis-por dunha tarxeta que lles permita acceder aos seus fogares con outro turismo, do que deberán concretar a matrícula.

Saneamento en VelleAdemais, a corporación

municipal aprobou por unanimidade a moción do BNG para que o Concello acometa con urxencia repa-racións na rede saneamento de Velle, tal e como pedía a asociación veciñal da zona.

Con todo, o PP cualificouna de “iniciativa oportunista”.

Á voltas coa compatibli-dade dun funcionario

Por segundo pleno conse-cutivo o grupo de goberno quixo abordar a compatibi-lidade laboral do funciona-rio Javier García Gago.

En setembro, a edil de DO, Susana Gómez, conse-guira –co apoio do PP- que o tema quedara sen debatir solicitando un informe so-bre se as compatibilidades se concedían por “curso es-colar” ou de maneira “per-

petua”. Ao non presentar o grupo de goberno ese infor-me, Gómez demandou de novo a retirada da orde do día –de novo co apoio do PP-, posibilidade que Mar-ga Martín, quen presidía momentaneamente a sesión (ante a saída de Agustín Fernández e Áurea Soto por estaren recusados por Gago) non aceptou, apoián-dose na opinión do secre-tario que afirmou que esa segunda retirada da orde do día podería ser conside-rada un “abuso de dereito”. Ao final, produciuse vota-ción: pero os oito votos do PSOE non foron suficientes ante os 13 de PP e DO, que rexeitaron ambos puntos (o BNG abstívose como vén facendo en todas as compa-tibilidades).

PP, BNG e DO rexeitaron a mo-dificación de cré-ditos para pagar expropiacións nas Burgas

partida xenérica nos orza-mentos para construción de centros de saúde en toda a comunidade.

Con respecto aos orza-mentos do Estado, para o deputado popular Celso Delgado, “Fomento evi-dencia o seu compromiso ineludible con Ourense, cun esforzo persoal de Ana Pastor. É un feito cla-ro que recibimos o trata-mento que merecemos, un forte apoio” .

Pola contra, o deputado socialista no Parlamento galego Raúl Fernández considera que “hai unha manifesta paralización de determinados tramos do AVE e unha indefinición con respecto á entrada do AVE en Ourense, cunha ameaza de entrada en Ourense por vía única”.

Así, os socialistas pre-sentaron un conxunto de emendas a estas contas que, de aprobárense, do-tarían á provincia con 47,5 millóns de euros máis. Destacan, polo seu importe, os tres millóns de euros para o Plan de Termalismo de Ourense, e os dous millóns para a estación intermodal. Os socialistas tamén solicitan 500.000 euros para o bu-levar termal, outro medio millón para o Centro de Interpretación de Parques Naturais, 500.000 euros para o enlace de Cambeo, 800.000 euros para promo-ción de vivenda pública na capital ourensá, 500.000 euros para a mellora do Barbaña, �00.000 euros para o Museo Arqueolóxi-co e 100.000 euros para a Catedral.

Page 4: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSOutubro de �014 BARRIOS

P.L.

Neste mes de outubro deu comezo un proxecto piloto da Concellería de Medio Ambiente no que participa-rán 50 familias de Mende, Lonia e Velle; as cales du-rante nove meses recibirán un composteiro en cada un dos seus fogares, e tratarán de reducir o lixo orgánico dos seus colectores xenéri-cos para convertir dita ma-teria en compost.

Como media, 50 familias ourensás producen �10 qui-

los de lixo ao día, dos cales 105 son materia orgánica. “Se estas familias fixeran compost, suporía unha me-dia de aforro de 6� euros anuais por familia”, indicou a edil de Medio Ambiente, Susana Bayo. En total, o Concello estima un aforro anual no tratamento do lixo destes 50 fogares en 3.066 euros, cifra que podería alcanzar os 1��.000 se a compostaxe se realizase en toda a poboación semi rural da capital ourensá.

Con todo, polo momen-

to, os veciños participantes non verán repercutida nas súas facturas esta redución. “Todo o que se aforre e non vai para Sogama non vai quedar gardado nunha caixa, vaise gastar en bene-ficio dos veciños”, explica-ba a concelleira.

Formación inicialA veciñanza participan-

te recibirá unha formación inicial, na que se lles infor-mará sobre a alternativa da compostaxe. Aprenderán a instalar o composteiro, ubi-

Familias de Velle, Mende e Lonia participan nun proxecto piloto de compostaxe 4 Coa compostaxe nestes 50 fogares o Conce-llo aforrará máis de 3.000 euros.

Redacción

Anova Ourense denun-cia que se permita os de-rrames directos de augas residuais ao río Miño nos días de intensas choivas, tal e como aconteceu no-vamente este mes de outu-bro. A formación cuestio-na “a reducida capacidade de tratamento das esta-cións depuradoras de au-gas residuais da cidade”, o que fai que se opte “por dar saída directamente ás verteduras residuais e pluviais ao caudal do río, contaminando as súas au-gas e ribeiras”.

Uns derrames que a em-presa que xestiona o ser-

vizo ten autorizados, tanto ao Miño como ao Barbaña, en momentos nos que as precipitacións intensas poi-dan supoñer un colapso na depuradora ou sobrepasen a capacidade de transporte do propio sistema de abas-tecemento. “(A empresa) aproveita esta permisivida-de tanto do Concello como da Confederación Hidro-gráfica Miño-Sil para dar saída aos seus problemas de xestión”, denuncian den-de Anova, facendo fincapé en que “papeis, plásticos e demais desperdicios van parar directamente as augas e mestúranse coa fauna e a flora do noso entorno flu-vial”.

Anova Ourense denuncia a pasividade das autoridades ante os vertidos no Miño4 Critican que se autoricen derra-mes os días de choivas intensas.

María Durán, de Amigos da Terra, Claudio Añel, da A.VV. de Velle, e Susana Bayo, con-celleira de Medio Ambiente, cun composteiro no salón de plenos. /P.LODEIRO.

50 familias producen 105 quilos de materia orgánica ao día

4 Recollida do lixo

A preguntas deste me-dio, e en relación a un ví-deo publicado nas redes sociais no que se obser-vaba un camión do ser-vizo de recollida de lixo de Ourense mesturando o contido dos contedores de reciclaxe cos residuos orgánico, a concelleira de Medio Ambiente ex-plicou que xa se pediu un informe á concesio-naria sobre este feito.

“Non vai quedar no ol-vido, porque realmente se se produce unha mez-cla de residuos é unha situación importante; re-cordemos que o Conce-llo de Ourense pola reci-claxe de residuos tamén percibe un diñeiro que devolve aos cidadáns”, valoraba Susana Bayo.

calo, técnica, incidencias e solucións, así como a aplicación do compost.

Os propios técnicos de Amigos da Terra realiza-rán un seguemento conti-nuo no proceso, con tres visitas ás familias parti-cipantes e traballo perso-nalizado durante os nove meses que dura a expe-riencia piloto.

As familias participantes seleccionaranse en función do número de persoas por vivenda, que teñan unha horta e a súa motivación.

Vertedura ao Miño ao carón da ponte Nova. /CEDIDA.

Page 5: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSOutubro de �014

BARRIOS

P.L.

O BNG continúa coa súa campaña para defender a xestión pública da Praza de Abastos da Ponte, cuxas obras de rehabilitación están practicamente rematadas. Fronte ás “intencións pri-vatizadoras” da Concellería de Comercio de Ourense, os nacionalistas defenden que a xestión “sexa pública, di-recta ou mediante algún sis-tema cooperativo ou algún tipo de asociación”, explica

a vicerresponsable local da formación, Noa Presas.

Recollen así o sentir de moitos veciños e da propia asociación veciñal da Ponte. A súa presidenta, Olga Gi-ráldez, reclama que a Praza “sexa para o rianxo, xestio-nada polos praceiros e que non haxa intermediarios”. Giráldez critica tamén as-pectos da reforma: “déixase sen acceso a minusválidos e quedou con cinco postos, que non dan servizo para A Ponte”.

“Despois de gastar dous millóns de euros (na reha-bilitación deste espazo) non pode ser que veña unha em-presa que o explote e leve todo o beneficio”, repro-cha Xosé Somoza, voceiro

O BNG demanda que a Praza de Abastos da Ponte siga tendo unha xestión pública4 Os nacionalistas recollen sinaturas contra unha posible privatización do mercado.

do Bloque. “Agora o que imos ter é unha especie de

Corte Inglés, non creo que sexa iso o que quere a ci-dadanía”, apunta o político nacionalista. Por iso inician agora unha recollida de si-naturas para que o grupo de goberno escoite a von-tade dos veciños “que, polo que parece, queren outra cousa”.

O BNG presentara hai va-rios meses unha moción de-fendendo a xestión pública do mercado da Ponte, mo-

ción que foi retirada polo PP e o PSOE “con esa idea de consensuar e falar, e dous meses despois non se falou nada; nós tivemos varias xuntas de área e (a edil responsable, Juana Ageitos) sempre rexeitou calquera indicación; sei que Olga intentou que a concelleira viñera explicar o que tiña pensando facer e nunca deu resposta”, la-menta Somoza.

O BNG pide que a xestión sexa pública, directa ou mediante asociacionismo Membros do BNG coa presidenta da A.VV. da Ponte, diante da Praza de Abastos./P.L.

4 Plan Marco en Ourense e Barbadás

A conselleira do Me-dio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación de Ouren-se, Manuel Baltar, veñen de asinar o convenio que financiará as actuacións do Plan Marco para a mellora de camiños de titularidade municipal �014-�015.

A través deste convenio, os 9� concellos ourensáns beneficiaranse dun in-vestimento de 5.7�8.947 euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia, divididos en dúas anuali-dades: a deste ano e a do ano próximo.

No caso concreto da capital ourensá, recibirá 74.547 euros para a me-llora de camiños mentres que para o municipio li-mítrofe de Barbadás serán 54.614 euros.

4 Ourense aposta pola solideriedade

A agrupación Queixu-mes dos Pinos organiza a terceira edición do even-to “Cesta Solidaria”, que este ano recadará fondos para as terapias do neno ourensán Alistair, que padece paralise cerebral. Dentro desta iniciativa sortearase unha cesta de Nadal valorada en 900 euros entre todos aqueles que merquen unha rifa. O gañador será o que porte o número que coincida coa terminación do premio principal da Lotaría do �� de decembro.

Ademais, vén de poñer-se en marcha en Ourense o proxecto “Ayúdanos a Ayudarles comunidad” en Facebook, da man do garda civil destinado na capital Óscar Castillo. Esta iniciativa solidaria baséase na venda de cami-setas e participacións de lotería, así como recollida de xoguetes e roupa de se-gunda man para facerllos chegar ás familias que menos teñen. Co diñeiro que se recade elaboraran-se lotes de alimentos con produtos navideños para facerllos chegar aos máis necesitados a partir do �0 de decembro.

Premio no Centro Comercial Aberto do Couto

A Xoiería Prada, creada no Couto nos anos 80, foi o establecemento do barrio que máis clicks recibiu dentro da campaña “Máis que comercio!”, que se desenvolveu en setembro. Iniciativa na que participaron os clientes por cada 5 euros de compra, os cales optaban tamén a varios premios.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado xunto coa vicepresidenta deste CCA, Carmen Vázquez, de entregar o diploma correspondente a esta xoiería nun acto no que tamén se entregaron dous cheques por valor de �00 e 100 euros aos clientes gañadores.

Esta iniciativa, na que o CCA O Couto rexistrou máis de 3.800 participacións de usuarios dos 70 comercios que se sumaron á campaña, está a percorrer Galicia durante todo o ano. Neste senso, Martínez lembrou o apoio da Consellería de Economía e Industria ás asocia-cións de comerciantes para dinamizar os centros comer-ciais abertos e prazas de abastos, polo cal o do Couto resultou beneficiado con 33.000 euros de axudas.

Xoiería Prada, establecemento gañador na campaña “Máis que comercio!” do Couto./R.TORRES.

audiovisuais cun estudo de televisión incorporado no que o alumnado pode aprender a desenvolver os procesos de gravación e mestura, así como dunha aula de telecomunicacións equipada cunha máquina

Redacción

O CIPF A Farixa estreou este curso escolar dúas no-vas aulas, nas que a Conse-llería de Educación investiu preto de 70.000 euros.

Trátase dunha aula de

O CIPF A Farixa estrea dúas aulas4 A Consellería de Educación investiu nelas 70.000 euros.

O conselleiro de Educación nunh das novas aulas do CIFP A Farixa./RAMSÉS.

para soldar fibra óptica. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, destacou a importancia destas insta-lacións nun centro especia-lizado de FP: “constitúen fitos de gran relevancia no esforzo que se está a facer por mellorar a formación do alumnado de ciclos formativos na procura da formación de técnicos da maior cualificación”, dixo.

Viveiro de empresasA maiores, o departa-

mento educativo autonó-mico leva investidos outros 40.000 euros en melloras neste centro, tales como a adaptación de espazos para unha aula do ciclo de Ener-xía e auga ou en traballos de pintura e de mellora da instalación eléctrica. Ade-mais, achegáronse fondos para a biblioteca e para o viveiro de empresas.

De feito o investimento serviu para dar un impor-tante pulo ao CIFP a través da instalación dun viveiro de empresa no que neste momento están a traballar sete emprendedores sobre dous proxectos de empre-sa, un arredor da topografía e outro consistente nunha cooperativa multidiscipli-nar no eido audiovisual.

EN BREVE

Page 6: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSOutubro de �014

P.L.

O concelleiro de Lim-peza, José Ángel Vázquez Barquero, acaba de dar a coñecer o resultado de dúas auditorías contrata-das polo Concello para analizar as deficiencias de 75 contedores soterrados da cidade e propoñer solu-cións para o seu arranxo.

A primeira das audito-rías, que estudou o estado dos mecanismos (os pro-pios contedores), detectou anomalías, como un risco de caída ao foso no mo-mento en que se están ali-viando os residuos, barras atascadas ou presenza de auga e lixiviados no fondo que aceleran a corrosión dos contedores. Arranxar estes equipos estímase nunha contía de 155.000 euros, segundo valoración do propio Concello.

A segunda auditoría

céntrase na análise da obra civil, os fosos nos que se ubican os contedores, onde a reparación das deficien-cias prevese máis custosa. A empresa de enxeñaría que a redactou estima en �5.000 euros por foso (hai un total de 75 que precisa-rían arranxo) o investimen-to preciso para poñer cada un en condicións, incluíndo medidas como a execución de deasaugadoiros á rede de saneamento, a colocación dun dobre fondo, ou a im-permeabilización do fondo e das tapas.

Investimento de 155.000 euros a curto prazo

Coñecida esta proble-mática, o edil de Limpeza anunciou a intención do grupo de goberno de “abor-dar no prazo máis breve a posta en bo estado dos con-tedores”, isto é, o investi-mento de 155.000 euros, e

O Concello gastará 155.000 euros para reparar 75 contedores soterrados4 Pospón para o “medio prazo” o arranxo dos fosos nos que se atopan, polo alto custo, �5.000 euros por cada un deles.

“a medio prazo” o arranxo dos fosos. Ademais, sería preciso, dixo Barquero, adxudicar un contrato de mantemento preventivo e atender á proposta “pa-liativa” que realiza a pri-meira auditoría, que é a extracción dos líquidos do fondo dos contedores me-diante bombeo.

Vázquez Barquero non quixo buscar responsables das deficiencias observa-das na rede de contedores soterrados, malia que a auditoría elaborada pola empresa de enxeñaría deixa claro que “os fosos non están construídos da maneira axeitada”.

A presenza de auga e lixiviados nos fosos está acelerando a corresión dos contedores

Contedores soterrados fóra de servizo./P. LODEIRO.

CIDADE

EN BREVE

4 Vaso de auga fría no Muíño da Veiga

As persoas usuarias do espazo de baño termal do Muíño da Veiga poden xa gozar dun vaso de auga fría destinado ao baño de contraste, imprescindible para o bo aproveitamento das augas termais.

A Concellaría de Terma-lismo gastou �8.931 euros na realización de obras de acondicionamento e con-servación na parte poste-rior do muíño, realizadas pola empresa Tragsa. Ade-cuouse un vaso para agua fría cunhas dimensións de aproximadamente 14 metros cadrados de super-ficie e 0,88m de profundi-dade e ampliouse o entari-mado de madeira creando un área de descanso na contorna do vaso. Tamén se procedeu a instalar no zona unha ducha de auga fría.

4 Charlas forma-tivas nas Termas

A Asociación Veciñal As Termas continúa coa programación de charlas informativas; nesta oca-sión foi a Cruz Vermella quen falou sobre pautas educativas para solucio-nar problemas cotiáns.

O seminario foi impar-tido por voluntarios do programa de Mediación Social que Cruz Vermella Xuventude desenvolve no barrio. Nel falaron de que pautas seguir para afron-tar de maneira axeitada as problemáticas que poidan xurdir nas familias.

Estas charlas son valo-radas positivamente polos asistentes e repetiranse en vindeiras ocasións sobre outros temas de interese.

Redacción

A proposta do Concello de Ourense de externalizar nunha academia privada as clases de violín non con-venceu á ANPA da Escola Municipal de Música de Ourense, que acordou pro-seguir coas mobilizacións e non iniciar as clases ata que non se dispoña dese profesor.

“Esta situación xa se deu o pasado curso, cos incon-vintes de que os alumnos non poden utilizar a aula de violín da escola, nin tampouco o material dis-poñible como os instru-mentos de préstamo, tam-pouco o profesor da escola privada pode participar nos actos da escola porque non pertence a ela, nin pode colaborar coa orquestra da escola, e por tanto de-saparecería”, explica a presidenta da ANPA, Ma-ría Bustillo.

A diferenza do curso pa-sado, neste a proposta mu-nicipal é que só se impar-tiría violín para os antigos alumnos e non se poderían

matricular novos.A asociación de pais e nais

considera que desta forma o alumnado de violín non goza dos mesmos dereitos que o resto de estudantes, aínda cando pagan as súas cotas ao Concello. Por iso, deci-diron non comezar o curso ata que se lles proporcione “unha solución razoable e definitiva”, e continuarán coas súas mobilizacións na praza Maior todos os xoves.

Segundo ano de conflitoEste é o segundo ano en

que a ausencia de profesor de violín xera conflito na Escola Municipal de Músi-ca. O Concello argumenta-ba que as novas leis estatais non lle permitían realizar ningunha contratación de persoal. Nestes dous úl-timos anos, o número de alumnos desta disciplina minguou, de 40 a 18 actual-mente.

Alumnos da Escola Municipal de Música protestan pola falta do profesor de violín

A proposta do Concello impide a matriculación de novos alumnos

Manifestación do xoves 23 de outubro./P.LODEIRO

Page 7: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSOutubro de �014PUBLICIDADE

Page 8: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSOutubro de �014 BARRIOS

Silvia Nieto

Con Ángel Gómez descu-brimos unha situación das máis particulares que se vi-ven en Ourense no ámbito veciñal. É presidente da aso-ciación As Termas con pouco máis de �0 anos (fronte aos 50 ou 60 dos seus homólo-gos no resto da cidade) e a zona á que representa é das máis pequenas da capital (a urbanización de vivendas sociais construida ao lado da estación de autobuses), pero el e os seus veciños fan fron-te a diario a un grave proble-ma: rodeados pola N-1�0 teñen serias dificultades para acceder a pé a espazos sitos a tan só a �00 metros das súas propias casas.

A que zona representa a Asociación de Veciños As Termas?

Ángel Gómez: “A asocia-ción ten a sede nas vivendas sociais sitas ao lado da esta-ción de autobuses, e ese é o seu núcleo para o que xurdiu, pero é certo que temos algúns socios da rúa San Rosendo e do contorno das torres do Pino”.

Cando e como se fun-dou?

Á.G.: “Fundouse en �005 co fin de dar respostas ás demandas dunha urbaniza-ción na que chegaron a re-sidir preto de 1.000 persoas. Dende o momento no que se concederon esas vivendas de promoción pública en 1997 empezaron a detectarse os problemas concretos do ba-rrio e coa asociación búscase canalizalos e afrontalos da mellor maneira posible”.

Canto tempo levas como presidente?

Á.G.: “Levo colaborando coa asociación catro anos. Primeiro como vicepresi-dente e dende fai uns meses

como presidente”. Este labor é totalmente

vocacional?Á.G.: “O principal requi-

sito é a vocación, crer que podes aportar un pouco do teu tempo libre para mellorar o contorno da comunidade e a vida dos veciños”.

Cales son os principais problemas aos que facedes fronte a diario?

Á.G.: “O principal pro-blema que ten a zona na que se ubica a asociación son as comunicacións e a accesibi-lidade co seu contorno máis próximo. A urbanización das vivendas sociais foi construí-da rodeada pola N-1�0 e o groso das reclamacións que nestes case 10 anos levamos feito dende a asociación xi-ran ao redor de mellorar os accesos tanto cara á rúa San Rosendo como cara á zona termal.

Un veciño que estea na urbanización e queira acudir á zona termal ou ao Campo da Feira que teña que ir case ata o Lidl, xunto ás Torres do Pino, para non saltarse catro líneas continuas da estrada e un gardarail poñendo en ris-co a súa propia vida.

É certo que se notou un pouco a baixada do tráfico dende que se construíu o ac-ceso centro da autovía, pero é unha zona limitada a 50km/h e iso non se respeta”.

Como foi a resposta do Concello neste senso?

Á.G.: “Nestes 10 a nos a resposta do Concello sem-pre foi positiva ante as nosas reclamacións, recoñecen os problemas, pero quedou en boas palabras. Pasaron go-bernos de todo tipo, a refor-ma da N-1�0 foi prometida por todos eles, pero a reali-dade é que non se realizou ningún cambio.

Sabemos que o Concello

está limitado porque é unha estrada que depende de Fo-mento e houbo un momento en que semellaba que estaba próximo a cedela, pero polas últimas noticias que temos esta inversión non é priori-taria.

Por iso, nós propoñemos que se acometa a reforma por fases. O proxecto do boule-vard temal, que abrangue dende a zona de Outariz ata o matadoiro, é moi amplo e cun orzamento moi elevado para esta época; ademais, cónstanos que a AVV de Santa Ana do Pino piden o desdobramento da estrada no seu tramo; polo que ao mellor a solución pode pasar por facer pequenas melloras, comezando polo máis priori-tario, porque a obra completa requería 3 millóns de euros”.

Consideras que os ba-rrios están discriminados en relación ao centro?

Á.G.: “É certo que nos últimos anos se realizaron diversas actuacións en se-gundo que barrios, pero si que son os grandes esque-cidos. Co argumento de que polo centro pasamos todos, vivamos onde vivamos, in-téntase dar boa impresión alí. Polo que nos barrios estamos

obrigados a estar moi enriba deles por cuestións básicas que non deberían requerilo, como a limpeza dos contedo-res, mellora das beirarrúas, etc.”

A chave está na insisten-cia?

Á.G.: “Si, o problema de ter que insistir é que depende do tempo libre que teñas para facelo, porque se tes un tra-ballo é complicado facer as reclamacións en horario de oficina como ten o Rexistro do Concello”.

Hai algún político que aprobe en canto a atención prestada aos veciños?

Á.G.: “En todas as for-macións políticas sempre houbo persoas máis pre-ocupadas polos barrios, que viñan a calquera hora a falar cos veciños e a tratar un pro-blema, fronte a outros que se lles preguntas por algún ba-rrio concreto non saben nin por onde queda”.

É complicado explicarlle aos veciños esta indiferen-cia dos políticos?

Á.G.: “É moi difícil que se vexa todo o traballo que hai detrás de algo tan simple como que veñan ao noso ba-rrio a renovar os contedores, os bancos ou reparar unha

luz. O veciño ve o proble-ma, coméntacho e se tarda unha semana ou un mes en ser resolto el non sabe se para logralo houbo que facer dez ou quince escritos”.

A unión fai a forza?Á.G.: “Evidentemente

realizar unha reclamación dende unha asociación é complicado, pero quen pen-se que facéndoo de xeito in-dividual o vai conseguir vai-no ter máis difícil. A nivel individual podes lograr algo puntual, pero non a longo prazo”.

Que actividades organi-zades dende a asociación?

Á.G.: “Ao longo de �014 apostamos pola colabora-ción con outras entidades sociais, por iso se realizaron charlas informativas con AECC-Ourense e colabo-ramos na difusión das súas campañas. Ademais, acor-douse con Cruz Vermella e a Concellería de Participación cidadá traladar ao local da nosa asociación o centro de mediación social e apoio es-colar, que esta entidade leva-ba desenvolvendo no barrio dende o 98. O local acolle actividades de ioga, pilates e encaixe de bolillos, e actúa de oficina para a recollida

das queixas veciñais.De cara a �015, ao ser o

ano do décimo aniversario, o noso programa de activida-des manterá as xa habituais e incorporará novidades como reivindicar o traballo feito pola asociación neste tempo, con especial agradecemen-to a todos os veciños que o fixeron posible. E ademais, plantexarase unha campaña en reclamación duns orza-mentos realmente participa-tivos recollendo e debatindo propostas no barrio que serán trasladadas ao Concello”.

Envíalle unha mensaxe ás autoridades municipais.

Á.G.: “O que lle hai que pedir ás autoridades é que sexan conscientes do labor que teñen encomendado. Son �7 concelleiros que represen-tan á cidade e a súa obriga é xestionar da mellor maneira posible o que os cidadáns lle encomendaron. Deben deixarse de disputas entre partidos, que non levan máis que a lograr titulares, porque os problemas dos cidadáns seguen aí sen solucionar. De-ben ter un pouco de realismo, porque a política municipal debe basearse na proximida-de, e deben poñer os pés nos barrios e escoitar aos veci-ños”.

E outra aos teus veciños.Á.G.: “Teñen que ser

conscientes do importante que é o traballo da asociación en conxunto; de xeito indivi-dual non se consegue nada. Facendo as reclamacións a través da asociación non é garantía de obter resposta inmediata pero é a maneira de facelo, sobre todo nos ba-rrios, porque as autoridades non pasan a diario e só son conscientes dos problemas cando reclamamos.

Por iso, a asociación so-mos todos, non só a directi-va, cada veciño que achega algo, que colabora nalgunha actividade ou o que sexa está facendo funcionar a asocia-ción”.

ENTREVISTA A ÁNGEL GÓMEZ, PRESIDENTE DA AVV AS TERMAS

Ángel Gómez: “O principal problema que temos son as comunicacións co contorno e a resposta do

Concello só foron boas palabras”4 O presidente da Asociación de Veciños As Termas achéganos aos problemas diarios da pequena zona da cidade á que representa, pero que afronta dificultades nun dos eidos máis básicos.

“Co argumento de que polo centro pasamos todos, inténtase dar boa impresión alí. Os barrios son os grandes esquecidos”, opina Ángel Gómez

“Un veciño que estea na nosa urbanización e queira cruzar á zona termal ten que ir ata as Torres do Pino para non saltar catro liñas continuas e un gardarrail”, reclama

Ángel Gómez, diante dos edificios cuxos veciños representa na A.VV. As Termas./R.T.

Page 9: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSOutubro de �014

CIDADE

Stop Desafiuzamentos facilita xurisprudencia aos xuíces ourensáns 4 O colectivo reclama un cam-bio na lexislación hipotecaria e o dereito á vivenda para todos.Paula Lodeiro

A Plataforma Stop De-safiuzamentos presentou ao xuíz decano de Ouren-se senllas solicitudes de afectados e activistas para que facilite aos xuíces da provincia encargados da execucións hipotecarias as sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Eu-ropea relacionadas cos desafiuzamentos, e para que convoque unha Xun-ta de Xuíces, que trate a suspensión inmediata dos procedementos de execu-ción hipotecaria.

Roberto Pereira, por-tavoz de Stop Desafiuza-mentos, explica que esta xurisprudencia “vai en contra da Lei hipotecaria española” por contradicir esta o artigo 47 da Carta de Dereitos fundamen-tais da Unión Europea así como o �4.1 da Consti-tución española (dereito

á tutela xudicial efectiva). Recorda Pereira que xa hai algún xuíz que está dictan-do sentenzas valéndose desa xurisprudencia europea.

Defensa de 55 afectadosDesde que Stop Desa-

fiuzamentos comezou a traballar en Ourense en novembro de �011, levan defendido os casos de 55 afectados, tanto persoas con vivenda en aluguer como hipotecados. Ningún destes desafiuzamentos chegou a executarse, pois “(as entidades bancarias) saben que topan con nós e conseguimos equilibrar a balanza, eles teñen medo á súa imaxe pública e nós po-démosllela prexudicar”, ex-plica Roberto Pereira. Con todo, recorda que foron 194 os casos de desafiuzamen-tos producidos na provincia no último ano, casos que non contaron coa axuda de Stop Desafiuzamentos.

4 Dúas versións sobre o realoxo de familias desafiuzadas

Integrantes de Stop Desafiuzamentos con-centráronse diante da sede do Instituto Gale-go de Vivenda e Solo (IGVS) para denunciar a negativa deste orga-nismo a “desbloquear as 500 vivendas aprobadas para familias e persoas vítimas de desafiuza-mento”. Denuncia que foi rapidamente desmen-tida polo propio IGVS, que nun comunicado á prensa, informaba de que o 100% das solicitu-des “presentadas a través do Programa de Realoxo de Afectados por Execu-cións Hipotecarias e que cumprían os requisitos foi resolto coa adxudi-cación dunha vivenda de promoción pública na meirande parte dos ca-sos”. Segundo o IGVS, só tres das adxudica-cións se realizaron a tra-vés do programa Aluga, “ao carecer dunha viven-da de promoción pública axeitada”.

En particular, Stop De-safiuzamentos cita o caso dunha muller ourensá, vítima de violencia ma-chista diagnosticada de trastorno depresivo, ao cargo dun fillo e dúas fillas, unha delas cunha minusvalía do 38%, a quen o IGVS denegou unha vivenda.

O IGVS puntualizou que ningunha das solici-tudes presentadas dentro do programa Realoxo (100 en toda Galicia) foi feita en Ourense.

Membros de Stop Desafiuzamentos de Ourense, antes de entrar no Pazo de Xustiza a presentar o seu escrito./P.L

A plataforma evitou 55 desafiuzamentos

P. Lodeiro

O Ministerio de Facenda requeriu ao Concello de Ourense a devolución de 66.513 euros das obras de urbanización da rúa Clara Corral Aller, onde o alcal-de ten a súa vivenda, e que foran financiadas con cargo ao Plan E, por entender que houbo “unha posible cofinanciación” en dito proxecto.

Refírese Facenda á exis-tencia de avais presentados por tres particulares (entre eles, un o do actual alcal-de, Agustín Fernández) para responder das obras de urbanización desta rúa, por importe total de 66.513 euros.

En referencia a este re-querimento do Ministerio, o voceiro do PP, Rosendo Fernández, anunciou que o seu partido o incorporará á denuncia presentada ante o Ministerio Fiscal o pasado 20 de marzo, porque, afir-mou “hai indicios claros de supostos delitos de preva-ricación, de malversación de fondos públicos e de falsidade de documento pú-blico”. Este último posible delito, o de falsidade docu-mental, está “moi claro” a xuízo de Rosendo Fernán-dez: “cando na documenta-ción que enviou o Concello ao Ministerio para petición de fondos públicos do Plan

E fíxose constar que non había subvención para a urbanización desa rúa, por iso pediuse o 100%, cando a realidade é que estaban depositados avais para a urbanización”.

O alcalde rebateA este respecto, o al-

calde Agustín Fernández acusou ao PP “de facer todo o posible para que o Concello perda subven-cións e axudas do Gober-no central na realización de obras e prestación de servizos”. Explicou que, neste caso concreto, en resposta ao requerimento do Ministerio, os técnicos municipais consideraron “que non existe esa cofi-nanciación” e por tanto, o grupo de goberno agarda-rá á resolución do Gober-no central e exercerá “os recursos que sexan perti-nentes”.

Facenda require a devolución de 66.000 euros das obras da rúa Clara Corral4 O PP entende que puido ha-ber prevaricación, malversación e falsidade documental.

Rosendo Fernández./P.L.

NOTICIAS DE EMPRESA

O Castelo Máxico

En O Castelo Máxi-co (Galerías Viacambre, local 1�) apostan polos xoguetes e xogos tradi-cionais. Segundo explican os seus propietarios, “por-que estes case sempre te-ñen regras, e isto fai que o neno as cumpra e siga, espere a súa quenda, non faga trampas e fundamen-talmente ensínalles que unhas veces se gaña e outras se perde”.

O xoguete de madeira, no que están especializa-dos, é un xoguete duradei-ro, resistente ás bacterias, ecolóxico e que permite ao neno non pór límites á imaxinación fronte a xoguetes automáticos e mecánicos que teñen un proceso establecido. “Está comprobado por pedago-gos e pais que a simpli-cidade das formas do xo-guete de madeira, dade a súa particular confección estimula os sentidos dos nenos”, subliñan.

Como un exemplo, dis-poñen de xogos da marca SMART GAMES, que utiliza habilidades como a orientación espacial e o recoñecemento de patróns mentres os menores de-senvolven a capacidade de resolución de problemas e a memoria.

Por último, a tenda aca-ba de recibir recentemen-te as RUBENS BARN, que son bonecas de trapo 100% confeccionadas a man, creadas en Suecia. “Cada boneca é única porque dada a súa confec-ción non hai dúas bonecas iguais”, salientan.

Na súa oferta tamén in-clúen disfraces e artigos de decoración para cuar-tos infantís.

Page 10: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSOutubro de �014

especial EMPRESAS

A REHABILITACIÓN DO TELLADO EN CATRO PASOSA rehabilitación dun te-

llado é crucial para o con-fort dunha vivenda.

Verea, empresa fabrican-te de tellas cerámicas, é consciente da importancia dunha boa execución do tellado, para garantir a co-rrecta impermeabilización do fogar e tamén a durabi-lidade do tellado. Por iso non só fabrica tellas, tamén desenvolveu e homologou un sistema de instalación de tellados VEREA SYS-TEM, no que se explican os pasos a seguir na instalación dun tellado.

A rehabilita-ción dun tellado simplifícase uti-lizando este siste-ma: colocación da tella e execución das zonas máis proclives a filtracións.

Paso 0: decisión de cambio de tellado. Paso 1: limpeza e nivelacion de soporte. Paso 2: impermeabilización.

Paso 3: execución de zonas singulares.

Paso 4: resultado final.

Verea subministra todos os materiais necesarios para a instalación do tellado, e pon a disposición de instaladores e parti-culares toda a información e asesoramen-to necesarios para que a rehabilitación do seu tellado se realice coas garantías nece-sarias.

Máis información en www.ceramicaverea.com

LIMAHOYA CUMIEIRA REMATE LATERAL

P.L.

A empresa galega Hiper-xel vén de abrir unha nova tenda en Ourense, a quinta na cidade e a décima no conxunto da provincia. O establecemento, duns �00 metros cadrados nos que as seccións se distribúen dun-ha forma sinxela e intuitiva para facilitar a compra aos clientes, está ubicado no número 53 da rúa Dr. Flé-ming. A súa apertura supuxo a creación de catro postos de traballo. O seu xerente, Raúl Vilariño, visitouna o día da súa inauguración.

Que ten de especial esta nova tenda?

Raúl Vilariño: “É dife-

rente no sentido que é unha nova imaxe que estamos implantando nas novas ten-das”.

Cales son as súas carac-terísticas?

R.V.: “A decoración é moito más moderna e acor-de cos tempos actuais e o produto segue sendo o mes-mo, a calidade segue sendo a mesma. Buscamos manter a mesma relación calidade-prezo que temos no resto de tendas, pero dando unha imaxe de maior modernida-de”

É a quinta tenda na ci-dade e a décima na pro-vincia, é para Hiperxel Ourense un mercado prioritario?

R.V.: “Efectivamente. Temos tamén tendas na Co-ruña e Lugo, pero estamos máis colocados na provincia de Pontevedra e de Ourense e por tanto Ourense é unha das prazas importantes para nós”.

O que caracteriza a Hi-perxel é que cubre todo o proceso, desde a pesca en alta mar á venda directa, por que este modelo de negocio?

R.V.: “Primeiro, porque somos capaces de colocar o produto desde a orixe ata o consumidor final, o cal nos permite ter uns prezos máis competitivos que a maioría da competencia. Por que? Porque temos barcos que

Raúl Vilariño, xerente de Hiperxel./P.LODEIRO.

“A calidade (dos conxelados) non difire en nada con respecto ao produto fresco”“En Ourense incluso estamos vendo a posibilidade de abrir unha sexta tenda antes de finalizar o ano”

ENTREVISTA A RAúL VILARIñO, XERENTE DE HIPERXEL

“Pódese facer a compra completa, alimentarse desde a mañá á noite

con produtos Hiperxel”4 A empresa galega vén de abrir o seu quinto es-tablecemento na cidade, na rúa Dr. Fléming.

faenan, en Arxentina, Na-mibia, Sudáfrica… Noutros produtos somos importado-res directos, pertencemos ao Grupo Iberconsa e polo tanto somos unha das maio-res compañías de España en tema de conxelados, sobre todo de peixe e mariscos”.

Pero non venden unica-mente peixe e mariscos?

R.V.: “Non, dispomos ta-mén de verduras, cárnicos, precociñados, pratos prepa-rados, xeados e repostería. Pódese facer practicamente a compra completa, alimen-tarse desde a mañá á noite con produtos Hiperxel”

Cales son as vantaxes do produto conxelado?

R.V.: “Fundamental-

mente a comodidade. En canto á calidade non difire en nada con respecto ao produto fresco, ti podelo mercar hoxe e mantelo os días necesarios, dentro dun prazo razoable, dentro do conxelador, sen que sufra ou merme a calidade do produto”.

A que se debe esta nova apertura en Ourense?

R.V.: “Xa estaba nos nosos plans. Hiperxel ten unha media de crecemen-to, dependendo de se apa-recen os locais axeitados nas zonas nas que estamos buscando, de ao redor de 5 a 10 tendas de apertura anuais. En Ourense incluso estamos vendo a posibili-dade de abrir unha sexta tenda antes de finalizar o ano”.

Algunha previsión máis na provincia?

R.V.: “Agora mesmo nos quedaría por cubrir o Barco de Valdeorras pero non no curto prazo, probablemente para o medio prazo; o resto de poboacións dunha certa importancia si as temos cu-bertas”.

6 Capela dos Remedios de Ourense.

Page 11: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSOutubro de �014

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel

Nº146/136/1��/85 - Ano: XII - Outubro de �014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

ALUGUER

VENDAS

TRABALLOOfrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros. Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.Límpanse cristais e fanse arranxos de roupa. En Fea, Toén. Tel. 663 034 �6�.Fanse reparacións en fogares e negocios. Carpintería, persianas, mobles, etc.Tel 656 78� 460.Danse clases particulares de pin-tura. Todos os niveis. Tel. 687 19 33 44.Ofrécese moza para servicio do-méstico ou limpeza de escaleiras na zona do �1. Tel. 636 39� 5�5. Ofrécese modista para particula-res. Bo prezo. Calidade e puntua-lidade. Tel. 988 �5 53 0�.Academia de debuxo e pintura María Pinal Trashorras: clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico. Para nenos e adul-tos. Tel. 669 603 414. Ofrécese piano e voz para even-tos e clases particulares de piano, linguaxe musical e canto. Contac-to: 663 733179; [email protected]; e Facebook. + info en: www.youtube.comDanse clases de inglés e francés. De todos os niveis. Clases indivi-duais e grupos reducidos. Licen-

Vendo porta de aluminio con cristal blindado sen marco. 73x�09 cms. Con pechadura e chave. Tel. 687 19 33 44.Vendo compresor de aire ABC VG-5-PC INDUSTRIAL 6CV-HP, Presión 8Kgs/cm� psi115, 750 Li-tros/minuto cfm �36,48 velocida-de 650 depósito 300 l. 1.000 euros Tel. 687 19 33 44.Vendo casco de moto Coolmax, de segunda man e en bo estado, prezo a negociar. Tel. 988 �1 35 56 (chamar de 15 a 18 h.)Vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.Véndese SEAT Ibiza TDI por

[Deixe os seus anuncios no 988 045 35� ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios manté-ñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

CONTACTOSOfrécese chico de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. Tel 66� �81 31�.

1.300 euros. Tel 609 8�� 076.Vendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.Vendo coche de neno Casual Play. Pouco uso. �50 euros. Tel. 609 8�� 076.Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un cañón ne-bulizador. Tel. 686 54 00 87.Vendo máquina de cóser e bordar marca Refrey, modelo 4�7. Auto-mática. En perfecto estado. Prezo: 400 euros negociables. Tel. 988 �4 70 4� (preguntar por Julio).Vendo sillón de masaxe. Vibrato-rio, reclinable, mando a distancia. Perfecto estado. Prezo: 800 euros negociables. Tel: 988 �4 70 4� (preguntar por Julio).Vendo cadeira de rodas marca Rea Clematis. Posicións variadas. Últimas innovacións en ortope-dia. Prezo: 800 euros negociables. Tel: 988 �4 70 4� (preguntar por Julio).Ocasión: vendo finca edificable con proxecto, 1.000 m�, antes 13.900 euros, agora 8.980 euros. Tel. 606 4� �5 43.Vendo casa para fin de semana con xardín. Sen restaurar: 7.800 euros. Restaurada: �4.900 euros. Facilidades de pago. Tel. 606 4�� 543.Vendo apartamento en Vigo, 1 baño, con cociña americana, tras-teiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Vendo piso na av. de Portugal (zona Couto), a 5 minutos do cen-tro. Ascensor e calefacción central.

ciada en Tradución e Interpreta-ción. Tel. 664 59 06 04.Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de cama-reiro). Tel. 609 919 36�.Danse clases particulares a domi-cilio. Asignaturas de letras. Espe-cialmente inglés. Tamén se realiza coidado de nenos. Con experiencia e referencias. Tel. 6�� 033 574.Fanse tartas e postres esplectacu-lares. http://trabajandoenlacocina.blogspot.com.es. Tel. 616 �9 74 �3.Ofrécese persoa para coidado e atención de persoas maiores, titu-lación e experiencia. Tel. 618 646 959 e 988 605 �47.PHOTOSHOP clases particulares todos os niveis, �0 anos de expe-riencia. Tel. 667 508 333

Opción a praza de garaxe. Tel. 988 �� 39 3� / 657 40� 184.Véndese fábrica de embutidos en funcionamento con clientela. Tel. 667 95 93 41.Véndese casa con finca na estrada de Santiago Tel. 637 00 59 10.Vendo sofá 3x2, enfriador de bo-tellas, apeiros de labranza para de-corar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10Vendo piso en Vigo (praza Espa-ña). Oportunidade! Tel. 639 81 6� 09.Vendo piso en praia América. � habitacións, garaxe, trasteiro. Oportunidade! Tel. 636 4� �4 97Vendo secadora. Apenas uso. Pre-zo económico. Tel. 988 �5 43 86.Vendo bicicleta de muller. Tel. 637 00 59 10.Vendo unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco 73x�09cms ten fechadura e chave. Telf. 687 19 33 44

Alúgase apartamento casco an-tigo, amoblado, todo exterior, Ourense, moi económico Tel. 637 00 59 10Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo apartamento amoblado, � habitacións, baño, garaxe pecha-do, próximo a Igrexa de Fátima. 370 euros + comunidade. Telf. 988 �� �1 79.

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

Turka e os seus bebés. Seis femias e un macho. Tamaño mediano.

Femia de tres meses. Abandonada nun contedor. Os irmáns foron adoptados.

Tres femias. Medianas tirando a grandes. Son todas moi boas.

Gatiña de dous meses e medio. Moi boa. Atopada en Monterrei.

Tula ten ano e medio. Castrada. Acostumada a finca. Moi cariñosa.

Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, na estrada de Eiroás s/n - Vilar de Astrés ou en Facebook

Alugo piso en avda de Santiago, r/ Monte Medulio. Sen amoblar. 4º piso, exterior, 3 habitacións, � baños, salón grande, cociña amoblada, � balcóns. Trasteiro e praza de garaxe. Tarima flotante, climalit. Tel. 619 753 540.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separadas en polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15. Fronte a Codisol. Tel. 639 67 74 3�.Pase o inverno en Alicante. Alúgase piso equipado na praia da Albufereta. Especial para xubilados, ao pé do mar, ampla terraza, económico. Tel. 666 080 665.Alúgase piso na zona do Couto. �-3 dormitorios, cociña, baño, adega (30 m). Amoblado. Moi soleado. Tel. 677 49 46 45.Alugo local económico acondi-cionado en avda de Zamora e ofi-cina amoblada en avda. da Sain-za. Con certificados enerxéticos E e C, respectivamente. Prezo a convir. Tel. 6�7 �03 131.Alugo oficinas na rúa Progreso ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10.Necesítase chico/señor respon-sable para compartir piso. Tel. 637 00 59 10.

Page 12: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSOutubro de �014 especial EMPRESAS

Equivalenza, a marca que revolucionou o mun-do da perfumaría a nivel mundial, celebra tres anos de éxito en Ourense. A pri-meira tenda abriu as súas portas na cidade en no-vembro do �011 e tan só tres anos despois é xa un referente da perfumaría da localidade, ofrecendo per-fume de altísima calidade a prezos alcanzables.

Na súa tenda, situada na rúa Ramón Cabanillas, 8 -esquina con Bedoya- aprenderás máis sobre o excitante mundo dos aromas. Con máis de 100 fragrancias femininas, 50 masculinas e catro infan-

tís, Equivalenza é pioneira na clasificación das súas fragrancias en familias e subfamilias olfativas, ofre-cendo unha forma diferente de comprar o teu perfume baseado no asesoramento e a personalización. Floral, herbal, cítrico, amaderado, especiado, afroitado... A lista de combinacións é tan extensa que logra satisfacer todos os gustos. Despois, unha vez seleccionado o perfume, podes elixir a cantidade enchendo os seus frascos de 30, 50 e 100 ml.

Este novo concepto, que permite elixir a fragrancia segundo as túas sensacións, xunto á filosofía de crea-

Equivalenza, tres anos de éxito en Ourense

A seguridade no transpor-te de viaxeiros por estrada é algo fundamental para os pais e profesores dos meno-res de Ourense e ANPIAN e Viaxes Piña son as em-presas perfectas para que os nenos gocen das súas excursións e os adultos non se preocupen por razóns de seguridade e organización.

As excursións organiza-das por Viaxes Piña, tanto dun como de varios días,

cobren aspectos tan im-portantes como transporte, seguros, guías, entradas, aloxamentos, ou monitores de tempo libre, todo o ne-cesario contratado a través dunha soa persoa.

Viaxes Piña conta co res-paldo da empresa líder no transporte por estrada da provincia para todos os seus desprazamentos, ANPIAN. Así garante a máxima segu-ridade aos pais, profesores

e titores dos menores. Os vehículos de AN-

PIAN cumpren cun estrito plan de mantemento e son conducidos por expertos profesionais, garantías de satisfacción na realización dos servizos, polas que Viaxes Piña vela en todos os seus pedidos. A frota de ANPIAN conta con vehículos de 1 a 61 prazas autorizados para realizar calquera tipo de transpor-te e todos eles revisados cada seis meses para a realización de transporte de menores.

O tándem ANPIAN-Viaxes Piña é o referente da cidade en seguridade e confianza á hora de contra-tar as excursións e os tras-lados dos nosos nenos.

Seguridade e confianza na contratación de excursións escolares

ción de perfumes propios de calidade a prezos alcan-zables, foi a clave do éxito para converter a Equivalen-za en marca líder do sector a nivel internacional e en tan só tres anos xa superan os 610 puntos de venda en 35 países de Europa, África e, agora, América.

Produtos cosméticosPero non son só as súas

fragrancias o que a fan diferente. Equivalenza completa a súa oferta con outros produtos aromáti-cos e cosméticos, sempre buscando satisfacer as ne-cesidades dos consumido-res nas áreas de perfume e aroma. Mikados para o fogar, labiais, cremas de mans perfumadas, candeas aromáticas, ambientadores de coche ou sobres perfu-mados son algúns dos pro-dutos que non che deixarán indiferente.

Que a distancia non sexa un impedimento para apren-der un novo idioma. Iso é o que pensaron en Kilóme-tros & Millas. Como ex-plica a súa directora, Laura Iglesias, “organizamos cur-sos de idiomas con todos os servizos: aloxamento, se-guro, asesoramento e apoio durante a estancia, voo se fixera falta... e non só de in-glés, senón tamén de fran-cés, alemán, italiano, portu-

Willie Ladson, profesor, e Laura Iglesias, directora de Ki-lómetros & Millas.

Kilómetros & Millas achégate aos idiomas

gués e chino”. Unha oferta que non é ex-

clusivamente o tradicional curso de inglés para escola-res dun mes no verán, pois Kilómetros & Millas ofrece cursos en calquera época do ano, para persoas de calquera idade, de duración variable, e tamén para os colexios ourensáns. “Ase-soramos a cada persoa onde ir, que facer, e cando lle vendemos o curso non nos

esquecemos del; por iso o 70% dos nosos clientes re-piten”, afirma Iglesias.

Destacan os seus Pro-gramas Plus, que “com-binan idioma coa prácti-ca dun deporte ou doutra idade, por exemplo inglés e fútbol ou francés e coci-ña”.

Aulas en OurenseDesde setembro dispo-

ñen dunhas novas instala-cións na rúa Bedoya con tres aulas para impartir clases de inglés, unha de-las específica para dade preescolar. “Son cursos enfocados a complemen-tar o que se dá no colexio con expresión e compren-sión oral, clases interac-tivas, nas que o alumno participa con xogos, etc.”, explica Iglesias.

Ademais, en colabora-ción con Willie Ladson, lanzaron un servizo de ensinanza de inglés para rapaces utilizando os de-portes: fútbol coa escola do Chelsea, baloncesto nos EEUU, ou tenis.

Caen as follas, chega o outono e unha nova tem-pada en Komodamoda, chea de cor, con moito estilo e gran comodidade para vestir a todas as súas clientas, que queren estar á última indepen-dentemente da ta-lla que necesiten. En Komodamoda poden atopar unha ampla seleccion de roupa xuvenil até a talla 70.

As pezas va-queiras son como sempre un impres-cindible, pero ade-mais do vaqueiro hai que engadir os panta-lóns estampados que ve-ñen con moita forza e dan un toque de cor aos días grises que estan por vir.

Unha tempada máis im-ponse o estampado animal que ben combinado pódeche dar un toque sofisticado ou informal segundo a ocasión.

Outro dos imprescindi-bles que podes atopar en Komodamoda é unha am-pla coleccion en pezas de algodón 100%, como son as súas camisetas con moita

Moda ao grande en Komodamoda

cor e xuvenís ou os vesti-dos que se levan con me-dia ou legging e unha bota alta, que é algo que nunca debe faltar no armario. En Komodamoda sábeno moi ben xa que teñen desde hai varios anos boas botas de fabricación nacional e en pel con deseños e gran ca-

lidade e o máis impor-tante en cana ancha, que dan até 60cm na pantorrilla e alcanzan o numero 43.

As cazadoras en po-lipel en varias cores e a prezos alcanzables tamén están nos es-tantes de Komoda-moda e acompañan a chaquetóns, abrigos e o último, que son as capas en pano, xunto aos ponchos. Todo en tallas amplas xa que

abranguen desde a 46 ata a 70. Non deixes de visitar Komodamoda, na rúa Ca-beza de Manzaneda. Sor-prenderaste!

Page 13: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSOutubro de �014

PUBLICIDADE

Page 14: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSOutubro de �014 SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4VETERINARIA

Trátase dunha enfermi-dade causada por bacte-rias do complexo Borrelia Burdogferi, que son trans-mitidas principalmente por garrapatas do xénero Ixodes.

Presentación clínicaA característica clínica

máis significativa é a pre-senza de coxeiras crónicas recidivantes que poden afectar a diversas extremi-dades, que poden aparecer de forma aguda e remitir ao cabo de poucos días.

Tamén pode observarse febre, inflamación articu-lar, linfadenopatía, letar-xia e perda de apetito, así como marcha ríxida, cos-tas arqueadas, dificultade respiratoria...

Aínda que non é fre-cuente, algúns cans de-senvolven unha enfer-midade renal progresiva que, se non se detecta a tempo, pode desencadear na morte do animal. Nal-gúns casos relacionouse a borreliose con alteracións cardíacas e neurolóxicas.

En cans son moi pouco

Enfermidades transmitidas por garrapatas: borreliose

A pasada campaña vacináronse 57.189 maiores, un 59,2%

frecuentes os eritemas tí-picos da enfermidade de Lyme humana.

DiagnoseA diagnose clínica da

borreliose é difícil, xa que presenta signos comúns a outras enfermidades. É ne-cesaria a detección ben de anticorpos mediante probas serolóxicas ou a presenza de ADN por técnicas de PCR. A presenza de anticorpos non indica infección activa, polo que os resultados de-ben ser tomados en combi-nación co cadro clínico e a resposta ao tratamento, que adoita aparecer tras 48 ho-ras tras empezar o mesmo.

Tratamento O tratamento da borre-

liose baséase na antibiote-rapia, sendo os antibióticos con maior eficacia as tetra-ciclinas e os derivados da penicilina. Os dous máis utilizados son a amoxicilina e a doxicilina, cunha efica-cia similar.

Miguel Gómez Gómez, veterinario medicina interna

Hospital veterinario Abros

Redacción

O sindicato de enferma-ría SATSE denunciou a escaseza de fisioterapeu-tas que sofre a cidade e demandou a contratación de, polo menos, dous pro-fesionais para poder dar unha atención axeitada.

Segundo informa SA-TSE, a Xerencia de Xes-tión Integrada ofertou hai máis de dous anos “aos catro ventos” a atención de fisioterapia a toda a poboación urbana de Ourense, “cando a reali-dade actual é que só hai este servizo nos centros de saúde de Valle-Inclán e a Ponte”, indican.

Recentemente, dotouse cun profesional o centro de saúde da Carballeira, “mentres que ao de No-voa Santos, que atende a máis de �5.000 persoas, non o dotaron con ningún profesional”. Argumentan que non teñen sitio e ofer-tan aos usuarios que vaian indistintamente ao Centro de Saúde de Valle-Inclán ou ao da Carballeira, “sen distribución uniforme nin organización ningunha”.

O sindicato de enferma-ría fíxose eco das queixas destes profesionais, “que ven incrementada desmesu-radamente a súa demanda pola falta de organización” por parte da Xerencia.

SATSE denuncia escaseza de fisioterapeutas4 O sindicato demanda a con-tratación de dous profesionaisRedacción

Alcanzar unha cobertura do 65% entre a poboación maior de 65 anos e do 35% entre o persoal sanitario é o obxectivo da campaña de vacinación contra a gripe deste ano. O ano pasado lo-grouse que 57.189 maiores

Ourense conta con 180 puntos de vacinación contra a gripe4 Obxectivo desta campaña: chegar ao 65% de vacinados entre a poboación maior de 65 anos.

María Villar, xefa territorial de Sanidade, xunto a Rogelio Martínez , delegado da Xunta en Ourense, e Montserrat Souto, subdirectora de Procesos de Enfermería. /CEDIDA.

se vacinaran, un 59,�% do total.

A campaña contra a gripe iniciouse o �0 de outubro e prolongarase durante oito semanas ata o �0 de decem-bro, nun total de 180 puntos de vacinación na provincia.

A campaña de vacinación fronte a gripe está destinada

a todas as persoas de 60 ou máis anos e as pertencen-tes aos grupos de risco. In-clúense nos grupos de risco da antigripal as persoas con condicións crónicas de ris-co, embarazadas, e persoas ingresadas en institucións pechadas.

Ademais, tamén se re-

comenda a vacinación ao persoal sanitario, em-pregados de institucións pechadas e outros centros para enfermos crónicos; e ás persoas que atenden ou conviven con persoas incluídas en grupos de ris-co. Tamén, ás que desen-volven traballos esenciais para a comunidade, como policías e bombeiros.

Utilizarase dous tipos de vacina: o primeiro para as persoas de 60 a 74 anos non institucionalizadas e as menores de 60 anos pertencentes aos grupos de risco; e o segundo para a poboación maior de 74 anos ou de 65 ou máis anos que vivan en resi-dencias. Ambas son moi seguras e as reaccións que poden producir adoitan ser lixeiras e pasaxeiras. Como novidade haberá unha vacina para alérxi-cos severos ao ovo.

BalanceNa campaña pasada,

en Ourense notificáronse 3.619 casos de gripe, 60 ingresados e 5 falecidos.

Page 15: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSOutubro de �014SOCIEDADE

Redacción

O presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijóo, certificou a “boa marcha” das obras que se están a realizar na Catedral de San Martiño e anunciou novas actuacións de acon-dicionamento e restaura-ción que se realizarán no bienio �014-�015 e que elevarán a aposta da Xun-ta pola Catedral de Ouren-se aos “xa máis de millón e medio de euros investi-dos desde �011”. Neste punto, o titular do Gober-no galego insistiu no com-promiso “coa custodia e a protección dos bens ar-tísticos que compoñen o noso acervo cultural”.

Acompañado polo con-selleiro de Cultura, o pre-sidente da Deputación, o alcalde da cidade e o bispo de Ourense, Feijoo debullou as actuacións previstas para este ano e o vindeiro que suporán un investimento de “preto de 450.000 euros” con cargo aos Fondos Feder.

Segundo explicou o ti-tular da Xunta, as obras terán como obxectivo, por unha banda, “o acon-dicionamento do patio entre a nave e o edificio

de coengos” que terá un in-vestimento “duns 350.000 euros”; e por outra, “a res-tauración da portada norte e limpeza da fachada que contará cun orzamento de máis de 93.000 euros”.

Feijoo anuncia dúas novas actuacións de restauración na Catedral de San Martiño4 Financiaranse con 450.000 euros proceden-tes dos Fondos Feder.

O presidente da Xunta xunto ao presidente da Deputación, o bispo de Ourense, o alcalde da cidade e o conselleiro de Cultura, no interior da Catedral. /RAMSÉS.

Restaurarase o patio entre a nave e o edificio de coengos e a portada norte

4 Tarxetas Mile-nio para parados

A Concellería de Trans-portes tramitou xa 3.03� tarxetas Milenio que per-miten ás persoas desem-pregadas empadroadas na cidade viaxar gratuita-mente no servizo munici-pal de autobuses.

Desde este outubro, os interesados en solicitar esta tarxeta deberán so-licitala en calquera das oficinas de ABANCA en Ourense, presentando certificado de empadroa-mento, certificado de estar inscrito como demandante de emprego e documento de identidade.

4 Horarios dos cemiterios por Defuntos

Os cemiterios munici-pais permanecerán abertos en horario ininterrompido esta fin de semana, con motivo da celebración de Defuntos. Os días 1 e � de novembro os cemiterios de San Francisco e San-ta Mariña abrirán de 9 a 19:30 horas

Tamén haberá cultos es-peciais na igrexa de Santa Mariña, o venres ás 17 ho-ras, e o sábado e domingo ás 1� e ás 17 horas.

Ademais, ampliarase o servizo de autobuses ur-banos en dirección aos ce-miterios de Santa Mariña e San Francisco, con dúas liñas especiais, con saída da estación de bus e do Vinteún.

EN BREVE

A xira galega Road to madness, organizada por Live For Madness Metal Fest, acadou un gran éxito na súa última cita, celebra-da o pasado sábado �5 na Sala Berlín de Ourense.

A xira levou a catro ban-das galegas que participa-ran nas distintas edicións do citado festival, polas catro provincias da comuni-dade, concretamente as ac-tuacións foron en Cangas, Santiago, Lugo e Ourense.

O fin de xira celebrouse na cidade natal de Live For Madness, xuntando a máis de 140 persoas na Sala Ber-lín.

N.O.T de Vigo, Primitive de Santiago e Hidden Code e AcidProyect de Ourense, foron os grupos que for-maron parte de este evento. Por mor dunha enfermidade do cantante, os santiague-ses Primitive non puideron tocar na cidade das Burgas,

pero o resto de bandas ti-veron grandes detalles con eles, como o de AcidPro-yect, quen en metade dun dos seus temas, incluíron un anaco dunha canción dos ausentes, recibindo unha grande ovación do público.

As catro bandas queda-ron moi agradecidas co público e a organización por esta oportunidade e pola acollida, nun evento que serviu para reivindi-car o bo estado de bandas como AcidProyect, que acaban de estrear un es-pectacular videoclip do seu primeiro LP, lanzado este mesmo ano, e para a volta aos escenarios de Hidden Code, grupo que non tocaba en directo den-de a súa actuación na se-gunda edición do Live For Madness Metal Fest.

Pablo Feijoo

4CRÓNICA MUSICAL

Road to madness encheu a Berlín

Carlos Murias, cantante de AcidProyect./ADRIÁN PÉREZ - LA ROCKIPEDIA.

Page 16: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSOutubro de �014

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

O teatro como metáfora do mundo. O mundo como me-táfora dun teatro. A crítica, porque só dende ela, dende a análise con reflexión das cousas que nos pasan, pode-mos aprender. E universal, sinxelamente porque o que nos pasa a nós tamén lles pasa a outros, e o que lles pasou a outros posiblemente nos pasará a nós.

Así concebiu Frei Jeróni-mo Feijoo o seu Teatro críti-co universal. Unha obra que vén ser unha crítica, como tan ben explica no seu pri-meiro prólogo ao lector, das opinións e dos erros comun-mente aceptados por todos. A súa obra mítica consta de oito tomos que foron saíndo da imprenta dende 17�6, ano en que se publicou o tomo primeiro, ata 1739, no que saíu do prelo o derradeiro.

Feijoo era un monxe be-neditino, isto sábeo moita xente, pero tamén era un ilustrado, algo que coido que non se acaba de comprender na súa magnitude. O de ser monxe beneditino explica a razón pola que podía ser absolutamente relixioso no campo da relixión, e abso-lutamente empirista nas de-mais áreas da comprensión do mundo. Como sinalou Pilar Allegue, esta orde re-lixiosa diferenciaba moi claramente os dous campos: o da relixión e o da ciencia. Así, deixaba ao César o que era do César, e a deus o que era de deus, como se reco-lle no Evanxeo (Mateo, ��). Deste xeito Feijoo e tamén o seu discípulo Sarmiento po-dían ser ortodoxamente re-lixiosos e heterodoxamente libres no demais.

E Feijoo tamén era ilus-trado. Ser ilustrado na actua-lidade non se entende moi ben. Pero para resumir direi

O teatro crítico universal4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A “policía urbana motorizada” de Ourense comezou con catro vehículos en 1961.

MotoristasO 1 de decembro de 1961 comezan a operar baixo a denominación de “policía ur-

bana motorizada” auxiliados de catro motocicletas marca Sanglas que custaran ao erario municipal 31.450 pesetas. Ampliaríase a frota por acordo municipal de data �9 de decembro de 196�.

A aparición dos motoristas respostaba ao aumento da poboación. Garantíase así a presenza nos barrios extraurbanos e mellorábase a vixiancia do tráfico rodado.

Sirvan estas letras de merecida homenaxe a estes homes e mulleres que conforman a Policía Local de Ourense, ás veces demonizados, sempre próximos e servizais.

Fernando Valcárcel González, membro do Arquivo Visual Ourensán

4RECEITA

Ingredientes (para 4 persoas):

- 1 robaliza- Guindilla - Limón- 8 dentes de allo - 1 vaso de aceite de

oliva- ½ vaso de viño bran-

co- Sal

Elaboración:- Primeiro abrir a roba-

liza pola metade e lavala ben.

- Seguidamente, sálga-se ben por dentro e por fóra e déixase en repouso para que tome ben o sal.

- Pola nunha prancha de costas, ata que estea

Robaliza ás costas

ben asada, para despois colocala nunha fonte que se introducirá no forno.

- Nesa fonte débese engadir o viño branco, o aceite e o zume de limón.

- Cocíñase a lume len-to durante 10 minutos, aproximadamente.

- Doutra banda, sal-téanse en aceite de oliva os allos e a guindilla até que estean dourados.

- Por último, colócase a robaliza nunha fonte de barro e por enriba bótase o sofrito que se realizou aparte.

Luis IglesiasRestaurante

Os CaracolesTel. 988 380 165

que a Ilustración creou a so-ciedade moderna, a demo-cracia, a liberdade, a igual-dade de homes e mulleres, a procura dos dereitos para todos. Por iso, ser ilustrado é sobre todo ser moderno. E Feijoo era moi moderno… Non hai máis que ver os seus textos. Tan actuais, tan axeitados a unha sociedade e a unha xeografía como a nosa, onde o único que po-demos agardar é que se siga sobrevivindo a si mesma.

O Teatro crítico é a pul-sión dun home, a vontade dun intelectual por mudar os designios da súa sociedade, do seu mundo. E ese mundo, necio, ignorante, trampo-so, falso, indigno, é o noso mundo.

As reflexións de Feijoo son no noso país as reflexións de Gracián, de Sarmiento, de Jovellanos, de Cadalso, de Giner de los Ríos, de Orte-ga, de María Zambrano… Pero son tamén as de Eras-mo, Pascal, Montaigne e moitos e moitos outros que quixeron ollar ao seu redor e loitar para mudar as cousas.

Produce hilaridade com-probar como os mesmos que recibirían as críticas de Feijoo son agora os que pre-tenden tomar as súas reivin-dicacións, as súas bandeiras. Poida que sexa este o signo de figuras como as do pai mestre, adiantarse trinta, cincuenta, cen anos ao seu tempo.

O noso mestre alaricano nacido en Casdemiro e as-turiano de adopción falou de política, de literatura, de física, de filosofía e de relixión, dos dereitos das mulleres, de matemáticas, de repúblicas e monarquías, das artes e das glorias de Es-paña, da historia e dos libros políticos. De moito do que

poidamos imaxinar e ata do inimaxinado.

Lonxe fican xa os seus críticos, que a historia foi borrando, pero que ten-taron con todas as súas forzas e poder acabar co insigne intelectual. Fei-joo deixa constancia disto xustamente no prólogo, no limiar, do tomo cuarto do seu Teatro crítico univer-sal. Así, diríxeo contra o lector ignorante e malicio-so dos seus libros.

En Ourense hai unha es-tatua de Feijoo que, como metáfora, define moi ben a nosa sociedade. A súa imaxe está cuberta, case comida, polas árbores que o foron agochando, como a nosa sociedade, onde a súa forma de pensar, onde o sentido crítico e o pen-samento libre teñen que loitar contra todo para saír adiante.

Pero sabemos que o fu-turo é deles, deses cida-dáns libres da república do saber, da república das letras, porque son eles, cos seus soños, os que crean o noso presente.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Portada da obra de Frei Je-rónimo Feijoo de 1726.

4FELICITACIÓN

María de la Cruz Rastrojo Mourelo

�0 de setembroOs teus pais, avós,

bisavoa, tíos e primiño deséxanche moitas felicidades!

Envíanosas túas felicitacións a info@

periodicobarrios.com ou por correo ordinario a r/Bedoya, 7, 1º, of. 6

- 32004, Ourense

Page 17: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOSOutubro de �014

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Pantasmas e cabazasXa é Halloween! É alu-

cinante como os america-nos se apropiaron dunha tradición celta e a deforma-ron até transformala nunha especie de entroido gótico con pantasmas, psicópatas de celuloide e sabor a sopa de cabaza. Como ben sabe-mos os celtas, a tradición remóntase a tempos inme-moriais; tan inmemoriais que os anais da historia se antollan demasiado recen-tes para situar Halloween no espazo temporal. Sá-bese que por estas datas, o corvo empezaba a voar baixo, aumentaba o consu-mo das sopas de allo e os nosos devanceiros afaná-banse en prepararse para a chegada do inverno, tras-ladando o gando a outros pastos e festexando o cam-bio de estación.

As cousas cambiaron coa chegada dos cristiáns. Estes, en lugar de aniqui-lar a tradición a base de prohibicións e Pai Nosos, o que fixeron foi sobre-poñer sobre ela os novos costumes espirituais. Se o fixeron cos deuses roma-

4HUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4 32ª edición do Outono Fotográfico

A 3�ª edición do Outono Fotográfico ofrece ata final de ano a posibilidade de ver en 91 espazos expositivos de 3� localidades galegas e portuguesas un total de 1�1 mostras, entre individuais e colectivas, nas que parti-cipan 443 autores. A iden-tidade e a alteralidade é a temática sobre a que versan todas ela.

O arranque deste Outo-no Fotográfico farase cun acto lúdico o 31 de outubro no Parque de San Lázaro, onde se poderán visualizar imaxes de todas as mostras programadas, así como o documental “Making OF”.

4 Celebración do Samaín

A Concellería de Cultura ten previstas actividades para celebrar este venres 31 de outubro o Samaín. A praza da Imprenta – praza Maior no caso de chuvia – acollerá ás 17 horas obra-doiros de baleirado de ca-bazas. O Concello disporá dunhas 600 cabazas para os participantes – o dobre que outros anos -.

De seguido, ás 19 ho-ras, terá lugar a procesión das cabazas, que partirá da praza Maior e pasará pola do Trigo, Hernán Cortés e rematará na praza de San Cosme. Nesta última, a aso-ciación A Galleira organiza, a partir das 19.30 horas, outras actividades infantís. E xa ás �1 horas terá lugar un concerto para continuar coa festa.

4 Mostras sobre o Padre Feijoo

Dúas exposicións poden verse estes días en Ourense sobre o Padre Feijoo, con

EN BREVE 4AXENDATeatro- 31 de outubro e 1 de

novembro - “Perplexo” - �0.30 h - Teatro Principal

- � de novembro - Teatro infantil “Rumpelstikin, o anano saltarín” - 1� h - Au-ditorio

- 7 de novembro - Ac-tuación de Faemino y Cansado: “¡Como en casa ni hablar!” - �0.30 h - Au-ditorio

- 8 de novembro - “Tea-tro para pájaros” - �0.30 h - Teatro Principal

- 16 de novembro - Tea-tro infantil “Contos mari-ñeiros” - 1� h - Auditorio

- �� de novembro - “La venus de las pieles” - �0.30 h - Teatro Principal

Exposicións- Ata decembro - Outono

Fotográfico - Varias locali-zacións

Cine- Do 15 ao �3 de novem-

bro - 19º Festival Interna-cional de Cine de Ourense

Música- 1 de novembro - XI

aniversario de Canedo Rock - �0 h - Sala Berlín

- � de novembro - Actua-ción da Orquestra Nacional da Ópera de Moldavia - 19 h - Teatro Principal

- 6 de novembro - Con-certo de cámara de José Manuel e Juan Francisco Padilla - �0.30 h - Teatro Principal

- 8 de novembro - Con-certo do organista Jesús Maillo - �0.45 h - Catedral

- 9 de novembro - Con-certo de Feedback Revival - �1.30 h - Café Auriense

- 15 de novembro - Con-certo de Josh Rouse - �1 h - Café & Pop Torgal

Outros- � de novembro - Actua-

ción do Mago Deimi - �0 h - Cafetería L´Antique

- 15 de novembro - Mo-nólogo “Viramos tolos pola tele” - �0.30 h - Tea-tro Principal

www.periodicobarrios.com

nos e a xogada non lles saíu mal, por que cortarse cos celtas? Resultado: montaron un cristo de non che menees demonizando os druídas e establecendo un pupurri no que os límites entre o re-lixioso e o pagán non queda-ron totalmente delimitados. Certa permisividade fixo que moitos celtas cabezóns, de forma clandestina, man-tivesen o folclore vívido na memoria de moitísimas xeracións, protexendo do esquecemento e da imposi-ción o que hoxe coñecemos como Halloween.

No século XIX, na súa escapada a América, os ir-landeses e escoceses leva-ron consigo os costumes e festexos dos seus antepa-sados. O demais é historia, como o ver a ET disfrazado de pantasma sobrevoar o ceo a bordo dunha bici coa música de John Williams de fondo. Todo un clásico que en poucos segundos agluti-na modernidade, tradición e ciencia ficción.

O acerto de Spielberg foi en 198�. Hoxe xa non saben que facer para acolloarnos.

Non sei como, pero os que mandan conseguiron mon-tar un cristo de inxentes dimensións sobrepondo o surrealista ao real. Supoño que hai cousas que nunca cambian. O día a día con-verteuse en ciencia ficción e a Santa Compaña está a facer horas extra con tanto reproche acumulado. O 1 de novembro xa non o fes-texamos os vivos, senón os mortos por librarse de tan-ta pantasma!

Que nos queda ao pobo? Que non nos dean caba-zas! Preservar e pulir o folclore para que os cos-tumes da xente de ben non se nos perdan no tráfico de influencias, malversa-cións e prevaricacións de lucro persoal. Pero esa é outra historia. Eu este ano disfrázome de edil do PP! Susto ou que?!

Raquel Sertaje

“Os límites entre o relixioso e o pagán non quedaron delimitados”

motivo da celebración do �50 aniversario do seu pa-samento.

Por unha banda, a mos-tra “«O Padre Feijoo. Ci-dadán libre da República Literaria», organizada polo Museo Arqueoló-xico de Ourense” que se pode ver no Centro Social Afundación de Ourense, ata o 30 de novembro.

Pola outra, “O Padre Feijoo: a traza galega dun ilustrado universal”, unha escola sobre a vida e obra do ilustre pensador organizada no Arquivo Histórico Provincial. Está aberta ao público ata o 5 de decembro.

4 Actividades en Montealegre

O parque de Monteale-gre acollerá diversas ac-tividades lúdicas, didácti-cas e participativas no que queda de 2014 co fin de promover o respecto polo medio ambiente e o noso patrimonio. Están orienta-das a todo tipo de públicos e son todas gratuítas.

En novembro é turno de magostos e por iso tanto o día 9 como o 30 dese mes, ás 11 horas, organizaran-se en Montealegre obra-doiros de elaboración de xoguetes e adornos para esta celebración a partir dos recursos do propio parque. Do mesmo modo, o 14 de decembro fabrica-ranse adornos de Nadal.

E en colaboración coa asociación Syme, convó-case un concurso fotográ-fico, con dúas categorías: unha sobre literatura ga-lega e natureza, e outra sobre prantas medicinais e tradicionais galegas. O prazo para presentar as imaxes (ao email [email protected]) re-mata o 7 de novembro.

Page 18: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSOutubro de �014 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MESO 19OUFF toma formaRedacción

A 19ª edición do Festi-val de Cine Internacional de Ourense vai collendo forma. Agás os filmes da sección oficial, xa coñe-cemos gran parte do que o público ourensán poderá ver entre o 15 e o �3 de novembro.

Abrirá o certame a es-trea de “A Esmorga” de Ignacio Vilar, e pecharao o filme “Schimbare”, ópe-ra prima de Alex Sampa-yo.

De maneira paralela, o festival programará un total de 31 títulos fóra de competición, divididos en seis seccións: Inédito en Ourense, Panorama Gali-cia, Documentais, Cine e Viño, Sesións Especiais, e Sesións Lixeiras. Estas últimas proxectaranse no Centro Cultural Ángel Va-lente.

Faltan por coñecer as 10 películas que conforman a sección oficial, e que opta-rán a seis premios no que se reparten 17.000 euros.

Premios e homenaxesNesta 19ª edición do

OUFF, o actor, guionista e escritor Carlos Bardem recibirá o 16 de novem-bro o premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado pola súa novela “Alacrán namorado”, le-vada ao cine en �013.

Doutra banda, o premio Cidade de Ourense recaerá este ano en Emilio Martí-nez-Lázaro, un dos direc-tores máis importantes do panorama cinematográ-fico español. Será nunha gala o 18 de novembro no Teatro Principal na que se poderá ver o seu taquillei-ro filme “Ocho apellidos vascos”.

Foto de familia dos homenaxeados nos xardíns do Padre Feijoo./R.T.

Homenaxe aos docentes xubiladosO sindicato Anpe Ourense en colaboración co colectivo ‘O defensor

do profesor’ organizaron o domingo �6 no Teatro Principal un acto de homenaxe a 41 profesores que acaban de xubilarse na provincia de Ourense tras unha vida de dedicación ao alumnado. Os docentes xu-bilados recibiron unha praca conmemorativa e un orixinal da obra es-cultórica “Homenaxe ao Docente” do escultor galego Arturo Andrade, en mostra de recoñecemento polos anos de dedicación profesional no Ensino Público.

Galardoados coa directiva de Limiar./IÑAKI OSORIO.

Entrega das insignias Limiar A Federación de asociacións de veciños Limiar celebrou o �3 de outu-

bro no Teatro Principal o acto de entrega da XIII edición das súas Insig-nias. Nesta edición as insignias de ouro en recoñecemento o labor social a favor da cidadanía recaeron en Alejandro Rubín, director xerente de Ex-pourense, e en Cecilio Santalices, presidente do Banco de Alimentos. No acto tamén se fixo entrega de tres placas ao mérito veciñal, a membros de asociacións de veciños en recoñecemento ao seu traballo. Varios grupos musicais pertencentes ao movemento veciñal amenizaron a velada.

Autoridades e membros da Fundación, no Politécnico./RAMSÉS.

A Fundación INGADA preséntase en públicoO Instituto Galego de TDAH e Trastornos Asociados - Fundación IN-

GADA- foi presentado publicamente nunha gala de carácter informativo e lúdico que tivo lugar no salón de actos Marie Curie do Edificio Politéc-nico. Ademais de autoridades, acudiron ao acto familias e afectados, así como profesionais do mundo da sanidade, educación, entidades cientí-ficas e culturais.

Na súa conferencia o presidente da Fundación, o doutor Ángel Ca-rracedo, destacou que “o TDAH non é un problema novo, nin unha in-vención... É un trastorno moi frecuente e é necesario que os afectados conten non só cun bo diagnóstico e tratamento, senón tamén cos apoios necesarios en todos os ámbitos que lles permitan desenvolver ao máximo todas as súas potencialidades”.

Voluntarios da AECC coas gafas rosa símbolo da loita contra o cancro de mama no stand instalado no Paseo./P.LODEIRO.

AECC conmemora o Día contra o cancro de mamaA Asociación Española Contra o Cancro de Ourense instalou o pasado

día �3 un stand na rúa do Paseo para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Durante toda a xornada voluntarios e técnicos da asociación repartiron lazos rosas e proporcionaron información sobre a importancia da diagnose precoz no cancro de mama.

Unha iniciativa que non puido ter mellor acollida, pois venderon �00 gafas rosa, símbolo da loita contra o cancro de mama, e recadaron máis de 800 euros en donativos espontáneos. De feito a venda das gafas solidarias está a ser todo un éxito, e aínda se poden adquirir nos comercios asocia-dos ao CCA Ourense Centro.

Page 19: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSOutubro de �014

PUBLICIDADE

Page 20: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSOutubro de �014

DEPORTES

A UD Ourense, imparableRedacción

A Unión Deportiva Ourense sume e segue no grupo 13º da Terceira Rexional. A última vítima foi o Piñor, a quen venceu por 7-1, con goles de Xaco (3), Almeida (�), Adolfo e Dacosta.

Con esta son sete as vi-torias noutros tanto parti-dos (�1 puntos).

Para esta xornada -a nú-mero 8- o Ourense visita o campo do Barra de Miño. O equipo que disputa os seus encontros no campo do Tato marcha na terceira posición con 15 puntos e un partido menos disputa-do. Os homes de Antonio Dacosta teñen o seu pri-meiro test serio para medir as súas posibilidades reais de facerse co campionato a final de tempada.

O CoutoA opción de que a UD

Ourense dispute os seus encontros como local no campo do Couto cada vez está máis preto. Desde a Xunta xa mandaron toda a documentación para o novo contrato coa com-pañía eléctrica, polo que, nun principio, o vindeiro partido de Liga como lo-cal podería ser o estadio do Couto; algo que por masa social merécese a UD. O estadio Miguel Án-gel cada vez queda máis pequeno para a cantidade de socios que ven os parti-dos da UD Ourense como locais.Padro Rivero no partido contra Palencia./ RAMSÉS.

Paredes e Ocampo, vencedores do circuíto “Correndo por Ourense”. /RAMSÉS

R.T.

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” xa ten vencedo-res. En categoría absoluta Javier Paredes (Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Ana María Ocampo (Our-enrunning) foron os me-llores.

Paredes fíxose coa vi-toria na Carballeira por diante do atleta do Ouren-se Atletismo, Jorge Silva, e do Atletismo Arentei-ro, José Manuel Corral. En mulleres, Ana María Ocampo foi a máis rápi-da, seguida de María Fe-rreiro e Ana María López

Paredes e Ocampo, campións do “Correndo por Ourense”4 Na cuarta edición deste circuíto de carreira populares.

(Trourense).

CircuítoJavier Paredes participou

en cinco das seis carreiras do circuíto -tan só faltou á da Ponte- vencendo en ca-tro delas (Vinteún, Corpus,

Universidade e A Carba-lleira) e quedando segun-do na do Couto (na que o vencedor foi Jorge Silva). Pola súa banda, Ana Ma-ría Ocampo foi a vencedo-ra en todas as carreiras do circuíto.

Vanessa Sotelo e Iria Saeta, cita coa selección española

O bo comezo de Liga do Cidade As Burgas non pa-sou desapercibido polo adestrador nacional de fútbol sala, José Venancio López. O seleccionador chamou as xogadoras do Cidade, Iria Saeta e Vanessa Sotelo, para a próxima convocatoria con España. Na cita tamén estará a porteira do Ourense Envialia, Vanesa Barberá.

A concentración terá lugar do � ao 6 de novembro e disputarán dous amigables en Hungría contra a selección maxiar nas cidades de Miscolc e Gyongos.

Iria Saeta e Vanessa Sotelo celebrando un gol. /RAMSÉS.

R.T.

Dúas semanas restan para que a carreira pedestre po-pular encha as rúas da ci-dade das Burgas con miles de atletas. O domingo 16 de novembro terá lugar a 38 edición da proba deca-na das populares galegas. A hora de saída da proba po-pular comezará ás 11 horas; a escolar, ás 1�,30h e a de cativos ás 13,15h.

InscritosO número de inscritos

ando polos 5.000. Ata o 31 de outubro o prezo é de 3 euros, do 1 ao 9 de nov-embro, de 5. As categorías escolar e cativo é de balde. Os dorsais, chips (quen o precise) e camisetas pode-ranse recoller no pavillón dos Remedios o venres 14 de 16 a �0 horas, e ao día

Recta final para a San Martiño4 O 16 de novembro as rúas de Ourense acollerán a 38ª edición da carreira popular.

seguinte (sábado 15) de 9 a �0 horas, durante a Feira do Corredor. Os que non poidan recollelo nos Re-medios terán a opción de solicitar que lle envíen o dorsal noutro puntos (ha-berá que solicitalo cando se faga a inscrición).

Feira do CorredorUn ano máis terá lugar

na cancha central do pavi-llón dos Remedios a feira do corredor. Nela estarán as novidades material de-portivo. Pero tamén se po-derán facer probas de toda índole coma analíticas e biomecánicas, ou alimen-tación e bebidas para os corredores.

A carreira supera xa os 5.000 inscritos

Segunda cruz para o Club Ourense Baloncesto4 Perdeu en Lleida por un pun-to (7�-71).R. Torres

O Club Ourense Ba-loncesto leva encadeadas dúas derrotas consecuti-vas logo de remontar e chegar con posibilidades de vitoria ao final.

Contra Lleida os homes de Gonzalo García de Vi-toria entraron na cancha sen intensidade, polo que ao remate dos 10 primei-ros minutos o marcador reflexaba un 29-15 para os locais. Na segunda metade o COB subiu en intensida-de e logrou remontar para colocarse no descanso a tres dos anfitrións (41-38).

Tralo descanso, conti-nuarían coa intensidade do segundo cuarto, e o marcador mostraba un 55-

57 para os ourensáns antes de encarar os últimos 10 minutos.

Cara o cruzEntrábase no último

cuarto e calquera cousa podía ocorrer. O COB tivo noqueado ao seu rival pero

non soupo rematalo, o que aproveitaron os cataláns. Os de García de Vitoria, con posesión, xoganse unha penetración na que Fieler é parado en falta por Alzamora, pero os ár-bitros fan caso omiso; o dos colexiados nos dous últimos encontros hai que facelo mirar.

ValladolidEste venres, o COB

recibe ao Valladolid. Ex ACB, o conxunto castelán leonense chega ao Pazo con tres vitorias en tres partidos e cuarto na clasi-ficación.

Xaco diante dun xogador do Piñor./ RAMSÉS.

Page 21: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSOutubro de �014

PUBLICIDADE

Page 22: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSOutubro de �014 PUBLICIDADE

Page 23: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSOutubro de �014PUBLICIDADE

Page 24: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSOutubro de �014

Page 25: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Número: 136 - Ano: XIII - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

SOCIEDADE Páx.14TEMA DO MES Páx.2 BARRIOS Páx.4TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.18

Ourense conta con 180 puntos de vacinación contra a gripe

Denuncian pasividade das autoridades ante os vertidos ao Miño

O Concello insta a Xardín das Burgas a que limpe o soar

O BNG recolle firmas contra unha posible privatización do mercado, cuxas obras están practicamente rematadas ./P.LODEIRO.

O Festival de Cine de Ourense, do 15 ao 23 de novembro

Balance dos orzamentos 2015 da Xunta e do Estado

[páx. 5]

Campaña para que a Praza de Abastos teña xestión pública

[Páx.8]

Entrevista a Ángel Gómez,

presidente da A.VV. As Termas

Page 26: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Número: 122- Ano: XIII - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.6 CULTURA Páx.18TEMA DO MES Páx.2 CIDADE Páx.9TEMA DO MES Páx.2

Balance dos orzamentos 2015 da Xunta e do Estado

O Festival de Cine de Ourense, do 15 ao 23 de novembro

Protesta na Escola de Música pola falta dun profesor de violín

Facenda require 66.000 euros das obras da rúa Clara Corral

O Concello insta a Xardín das Burgas a que limpe o soar

Entrevista a Ángel Gómez,

presidente da A.VV. As Termas

Está previsto que a restauración da pintura mural do nártex remate antes da fin deste 2014./RAMSÉS.

[páx. 15]

A Xunta anuncianovas actuacións na Catedral

[páx. 8]

Page 27: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSOutubro de �014

Page 28: Outubro de 2014 - Ourense por Barrios

Número: 85- Ano: XIII - Outubro 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 CIDADE Páx.9 CULTURA Páx.18BARRIOS Páx.4 CIDADE Páx.6

O Festival de Cine de Ourense, do 15 ao 23 de novembro

Facenda require 66.000 euros das obras da rúa Clara Corral

Balance dos orzamentos 2015 da Xunta e do Estado

Reparar 75 contedores soterrados custará155.000 euros

Proxecto piloto de compostaxe en Velle, Mende e Lonia

O soar está aberto e nel acumúlase lixo, que, a xuízo do Concello, podería contaminar as surxencias termais./P.LODEIRO.

Entrevista a Ángel Gómez,

presidente da A.VV. As Termas

[páx.2]

O Concello require a Xardín das Burgas que limpe a parcela

[Páx. 8]