NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS /...

16
20 de xuño de 2016 Revista 1077 1 31 de outubro de 2016 – Revista 1095 EN PORTADA / 2 NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS / 8 PREMIOS E CONCURSOS /10 NOVAS DE EMPREGO /12 NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /15 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Transcript of NOVAS FORMACIÓN / 6 BOLSAS E AXUDAS /...

20 de xuño de 2016 – Revista 1077

1 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

EN PORTADA / 2

NOVAS FORMACIÓN / 6

BOLSAS E AXUDAS / 8

PREMIOS E CONCURSOS /10

NOVAS DE EMPREGO /12

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX /15

31 de outubro de 2016 – Revista 1095

2 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Un 90% dos participantes nos programas de voluntariado nos parques naturais repetirían a experiencia

Martes, 25 Outubro 2016 13:31

A directora xeral de Conservación e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presentaron un balance das actividades desenvolvidas este verán nos diferentes enclaves naturais da Comunidade

É a primeira vez que se desenvolve este tipo de iniciativas solidarias e voluntarias na totalidade de parques naturais de Galicia

Máis de 200 persoas participaron na decena de campamentos e actividades de voluntariado, organizadas pola Xunta de Galicia, co obxectivo de promover unha cidadanía concienciada e activa ao tempo que se divulga a rede de parques naturais de Galicia

Na enquisa elaborada aos participantes, estes destacan a calidade dos contidos do programa e dos profesionais

Un 90% das persoas que esta tempada estival participaron nas actividades de voluntariado nos parques nacionais e naturais de Galicia repetirían novamente a experiencia. Esta é unha das conclusións que presentaron esta mañá a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, que deron a coñecer en rolda de prensa no Parque Natural das Fragas do Eume o contido dun balance das actividades de voluntariado levadas a cabo entre os meses de xullo, agosto e setembro nos parques de Galicia, nas que participaron máis de 200 persoas.

Os voluntarios responderon a unha enquisa nas que se observa que a experiencia é moi satisfactoria, tanto en relación cos seus contidos como cos profesionais e destacan que lles cambiou a perspectiva e a forma de ver as cousas e que esta experiencia lles permitiu abrir a súa mente. Para a Xunta este tipo de enquisas aportan datos sobre como mellorar os programas e establecer novas dinámicas que garantan o éxito deste tipo de actividades.

Trátase da primeira ocasión na que todos os parques naturais da Comunidade galega contaron con programas de voluntariado no que os participantes de distinta procedencia colaboraron no seu coidado, ao tempo que tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo as características destes espazos senlleiros e o traballo que a Administración esta a levar a cabo nos mesmos e aos que destinou mais de 80.000 euros para a súa materialización.

Segundo explicaron, en total organizáronse dez programas de voluntariado nas illas de Sálvora, Cortegada, Cíes e Ons, así como programas de actividades do parque natural das Fragas do Eume, O Invernadeiro, no Monte Aloia e no Xurés, xunto cun programa de recoñecemento da Serra da Enciña da Lastra.

As directoras xerais destacaron que todas as actividades teñen obxectivos concretos, debido á súa natureza e aos propios valores que os recoñece como ditos espazos; pero ao mesmo tempo comparten tres obxectivos comúns e fundamentais: promover unha cidadanía concienciada e activa, concienciar da importancia do valor solidario e dar unha maior visibilización ao labor voluntario e inculcar a necesidade de mellorar o noso entorno e fomentar as relacións persoais.

Pola súa banda, a directora xeral de Conservación sinalou que este tipo de actividades fomentan o traballo a prol da recuperación dos ecosistemas en cada un dos lugares, aplicando técnicas e traballos específicos para cada unha das zonas e promoven na cidadanía a adopción de actitudes e comportamento proambientais e sostibles.

Do conxunto de actividades, Díaz López destacou as actividades realizadas no Parque Natural de Corrubedo, no que participaron case 40 voluntarios. Tratouse dun campo de traballo internacional centrado en labores de información, limpeza de praias e erradicación de especies invasoras, entre outras actividades.

Asemade, tamén recordou o programa de recuperación patrimonial no Monte Aloia, celebrado no mes de setembro, co que se levaron a cabo traballos de limpeza e posta en valor das rutas, limpeza da vexetación e labores para a visualización mediática de rutas.

Pola súa banda, Cecilia Vázquez recordou que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tamén puxo en marcha uns campos de traballo nos que un total de 40 “mozos e mozas realizaron de xeito altruísta e solidario actividades de interese xeral neste caso relacionadas co medio ambiente, á vez que se promove a participación e implicación da xuventude na sociedade, afondando en materias do seu interese e abríndolles novos camiños para a súa realización persoal”. “Galicia é a comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. O ano pasado a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España”, concluíu.

No que atinxe aos programas de voluntariado ambiental, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en funcións, sinalou que os 200 participantes nestas accións voluntarias realizan actividades tanto no ámbito marítimo como en espazos naturais interiores. Cecilia Vázquez informou que grazas a estas actividades optimizouse “a contribución dos mozos ao obxectivo compartido de valorización das nosas maiores riquezas ambientais, a sensibilización nos participantes de criterios e coñecementos básicos sobre concienciación medioambiental e o coñecemento dos aspectos medioambientais de cada un dos ecosistemas”.

Ambas directoras trasladaron o seu agradecemento aos participantes nestas actividades de voluntariado ambiental e nos campos de traballo e avanzaron que a Xunta analizará todas as vías para poder organizar novamente este tipo programas.

A Dirección Xeral de Xuventude forma en Culleredo a 22 mozos e mozas de 14 países para participar nas actividades do servizo voluntario europeo

Martes, 25 Outubro 2016 14:56

Cecilia Vázquez manifestou que “o Servizo Voluntario Europeo ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas”

Este curso, dunha semana de duración, ten como finalidade presentar aos mozos e mozas europeos o país de acollida, facilitando a súa adaptación ao novo contexto social e cultural, proporcionándolle habilidades comunicativas, lingüísticas, sociais, incluíndo aspectos de aprendizaxe intercultural, e proporcionar un espazo para o intercambio de experiencias, a reflexión sobre este proxecto de participación e a solidariedade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos 22 rapaces (5 mozos e 17 mozas), de entre 17 e 30 anos, que asisten ao curso de formación que se celebrará ata o vindeiro sábado para a súa posterior participación nas actividades do Servizo Voluntario Europeo en España en diferentes comunidades autónomas. En concreto, desenvolverán nas diferentes rexións o seu labor de voluntariado en proxectos que terán unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12. Os mozos participantes nesta experiencia proceden de 14 países diferentes: Alemaña, Austria, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Estonia, Francia, Italia, Moldavia, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Turquía.

EN PORTADA EN PORTADA

3 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Destes 22 participantes, 16 realizarán o seu proxecto de voluntariado europeo en Galicia, 2 en Asturias e 4 en Cantabria. No caso de Galicia as entidades de acollida son: Fundación Paideia Galiza, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Concello de Ribadavia, Xeración Asociación Cultural, Asociación cultural Muxelka, Concello de Curtis, Asociación Xuvenil Vrenza e Asociación Edúcere. No Principado de Asturias a entidade de acollida é a Asociación Cultural en construcción e na Comunidade Autónoma de Cantabria, a Asociación Ser Joven e a Asociación Pedaxóxica ILER.

Este curso, dunha semana de duración, ten como finalidade presentar aos mozos e mozas europeos o país de acollida, facilitando a súa adaptación ao novo contexto social e cultural, proporcionándolle habilidades comunicativas, lingüísticas, sociais, incluíndo aspectos de aprendizaxe intercultural, e proporcionar un espazo para o intercambio de experiencias, a reflexión sobre este proxecto de participación e a

solidariedade.

Esta formación á chegada enmárcase no Plan de Formación establecido pola Axencia Nacional que xestiona o programa Erasmus+: Xuventude en Acción e o Servizo Voluntario Europeo, do que é parte activa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Recordou que actualmente en Galicia hai 17 concellos e 54 entidades sen ánimo de lucro acreditadas para participar no Servizo Voluntario Europeo.

Erasmus+: Xuventude en Acción

Cecilia Vázquez manifestou que “o Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas”.

A titular do departamento autonómico sinalou que “creado no 1996 pola Comisión Europea como programa piloto, o Servizo Voluntario Europeo permitiu a máis de 100.000 mozos e mozas realizar o seu proxecto de voluntariado, tanto en Europa como fora dela. Esta acción do programa Erasmus+:Xuventude en Acción ofrece aos mozos de entre 17 e 30 anos a oportunidade de contribuír ao traballo diario das organizacións que traballan no ámbito da xuventude, o desenvolvemento persoal e socioeducativo dos mozos e mozas, a implicación civil, asistencia social, a inclusión dos desfavorecidos, o medio ambiente, os programas de educación non formal, entre outros”.

Nas dúas primeiras quendas do 2016 foron aprobados en Galicia un total de 11 proxectos cun orzamento de 151.669,81 euros e 26 participantes.

Por último, Vázquez recordou que hoxe tamén dá comezo a iniciativa “20 anos construíndo SVE”, cinco talleres de asesoramento e difusión do Servizo Voluntario Europeo que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Axencia Nacional do programa Erasmus+: Xuventude en Acción” con motivo da celebración do 20 aniversario do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Os talleres descorrerán en cinco xornadas en horario de 10:00 a 13:00 horas: do 25 ao 28 de outubro en Santiago,Vigo, Lugo e Coruña, respectivamente, e 4 de novembro en Ourense.

Máis de 30 estudantes participan na segunda edición do Forum Cicerón no que desenvolverán as súas habilidades sociais e profesionais

Xoves, 27 Outubro 2016 15:12

Grazas a este programa de formación e inserción laboral, os participantes mellorarán as súas competencias no liderado, comunicación, estratexia e resolución de conflitos ao tempo que toman contacto con diversas empresas

Responsables de recursos humanos de Aceites Abril, Ingenyus, Cenor, Gradiant, Viaqua, Repsol, Qubiotech, Frisaques, Mobalco, AEGA e o Estudantes Club Deportivo de Lugo , buscarán entre os e as participantes a futuros profesionais

Cecilia Vázquez afirmou que “a iniciativa pon en contacto á mocidade coa realidade empresarial actual, ao tempo que é unha aposta pola participación dos rapaces e rapazas en programas de educación non formal que amplíen o seu currículo académico”

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na inauguración da segunda edición do Forum Cicerón, un programa de formación e inserción laboral no que 32 mozos e mozas estudantes desenvolverán as súas habilidades sociais e profesionais aos efectos da mellora da súa empregabilidade e futuro éxito profesional.

O Forum Cicerón desenvolverase hoxe e mañá nas instalacións do albergue xuvenil de Gandarío e na Cidade da Cultura. Alí, os participantes intervirán nunha serie de obradoiros e actividades que desembocarán nunha competición entre equipos sobre a arte do debate e na que porán de manifesto as competencias e habilidades directivas e sociais desenvoltas.

Os rapaces e rapazas que tomar parte nesta iniciativa foron seleccionados en base ao seu currículo e unha entrevista persoal. Todos eles están a cursar o último ano dun grao no sistema universitario galego ou ben obtiveron o seu título con posterioridade ao curso académico 2013/2014 (neste último caso, deben ter menos dun ano de experiencia profesional, excluíndo os períodos de prácticas ou becas).

Grazas ao Forum Cicerón, os mozos e mozas participarán en actividades centradas na adquisición de habilidades e competencias individuais como o liderado, a comunicación, a estratexia, a orientación a resultados, a capacidade de análise, a xestión do tempo ou a resolución de conflitos. Así mesmo, traballarán as competencias grupais, tales como o traballo en equipo, o deseño de estratexias ou asunción de roles.

Todas estas actividades serán desenvoltas baixo o seguemento por parte de responsables de recursos humanos de varias empresas, que buscarán entre os participantes a futuros profesionais. As empresas que están a participar no Fórum Cicerón son: Aceites Abril, Ingenyus, Cenor, Gradiant, Viaqua, Repsol, Qubiotech, Frisaques, Mobalco, AEGA e o Estudantes Club Deprtivo de Lugo.

Cecilia Vázquez sinalou que “o Fórum Cicerón é un punto de encontro entre os mozos universitarios – futuros profesionais- e o tecido empresarial galego”. “Un espazo de coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, de fomento das relacións profes ionais. Trátase dun espazo aberto cara á empregabilidade dos mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades”, engadiu a titular autonóm ica.

Así, esta iniciativa convértese nunha mostra das demandas das empresas no momento de selección dos seus profesionais e futuros directivos e promove a participación e a colaboración entre os mozos e mozas e os directivos.

Neste sentido, a directora xeral manifestou que “esta iniciativa pon en contacto á mocidade coa realidade empresarial actual, ao tempo que é unha aposta pola participación dos mozos e mozas en programas de educación non formal que amplíen o seu currículo académico”.

O Fórum Cicerón é unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Economía, Emprego e Industria; e Política Social.

4 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Un total de 500 mozos e mozas participaron no programa Ágora Xove da Consellería de Política Social

Sábado, 29 Outubro 2016 11:25

A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, acudiu á celebración do último foro que se celebrou en Betanzos

A iniciativa creou espazos que facilitaron a participación da mocidade galega na vida social, económica e cultural da comunidade autónoma

O Ágora Xove celebrado hoxe centrouse no voluntariado, polo que os asistentes puideron participar no intercambio de experiencias e boas prácticas con entidades de acción voluntaria

O programa Ágora Xove púxose en marcha este ano por primeira vez e os seus foros chegaron ás localidades de Vilalba, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Vigo, Ourense, A Estrada e Betanzos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou hoxe en Betanzos o programa Ágora Xove, unha iniciativa da Consellería de Política Social coa que se crean espazos que facilitan a participación da mocidade galega na vida social, económica e cultural. En total, celebráronse sete foros en diferentes localidades nos que participaron un total de 500 rapaces e rapazas e 100 relatores.

A temática e o programa de actividades de cada un dos foros foi deseñado en función do ámbito territorial no que se desenvolveu. Deste xeito, o ÁgoraXove de Betanzos celebrado hoxe contou cunha temática baseada no voluntariado.

Ágora Xove-Voluntariado constituiuse como un espazo de encontro entre os mozos e mozas da comarca de Betanzos e as entidades de acción voluntaria que traballan no seu ámbito territorial máis próximo. Ao mesmo tempo facilitou o intercambio de experiencias e boas prácticas entre as propias entidades de acción voluntaria e posibilitou novas liñas de colaboración entre

elas.

O encontro deu comezo coa celebración dunha mesa redonda sobre voluntariado e educación non formal que contou cos relatorios de Ana Vázquez, membro do Grupo de Investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela, e Mercedes Casanova, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña.

O Ágora Xove de Betanzos tamén contou cunha biblioteca humana, un novo formato grazas ao cal os participantes poderán ter contacto directo coas persoas que traballan en distintos ámbitos da acción voluntaria; e cun focus group que abordou os retos e desafíos no eido.

Cecilia Vázquez, destacou que “con iniciativas como esta, pretendemos establecer espazos de encontro, de coñecemento, de información e tamén de formación en habilidades, co obxectivo de fomentar a participación da mocidade”. Así mesmo, definiu os Ágora Xove como “espazos abertos para a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas novidosas”.

O programa Ágora Xove púxose en marcha este ano por primeira vez e os seus foros chegaron ás localidades de Vilalba, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Vigo, Ourense, A Estrada e Betanzos.

Pasaporte Solidario

Martes, 25 Outubro 2016 07:15

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia o programa Pasaporte Solidario. O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado. O programa consiste nun pasaporte individual destinado a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e

de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado. É dicir, cada alumno que queira participar nesta iniciativa recibirá un pasaporte e deberá facer esas sinxelas accións. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias para elixir unha.

A dinámica é tamén moi sinxela: quer individualmente, quer na clase, o alumno enche o Pasaporte Solidario. Tendo en conta que unha persoa desta Dirección Xeral estará en contacto permanente co centro para colaborar con el e solucionar calquera dúbida, cando o centro o considere conveniente entregará os pasaportes, sempre dentro deste curso escolar.

Que é? O Pasaporte Solidario (PS) é iso, un pasaporte que propón varias actividades solidarias. O PS é individual: entrégase un a cada neno, aínda que as acción solidarias se poden realizar en grupo. Para que cursos?

O PS está pensado para Primaria e ESO. En cada páxina hai dúas actividades solidarias, a elixir unha para que sexa máis doado. Canto lle custa ao centro?

Nada, por suposto. A entrega é gratuíta e mándase a cada centro os pasaportes que necesite. E se hai dúbidas?

Unha persoa designada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resolverá todas as dúbidas e desprazarase aos centros en canto sexa necesario. Para seren máis operativos e áxiles, agradécese que o centro comunique que profesor ou profesores se encargan de levar adiante o PS (pode haber un alumnos, unha clase enteira, varias clases ou o colexio enteiro) para estar en contacto con eles. Un detalle final

Os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participación no programa. Como conectar O mail de contacto é [email protected]

Inscrición aberta para o curso 2016-2017

EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES

5 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Xuventude Crea: exposición da especialidade Deseño de xoias

Martes, 25 Outubro 2016 07:26

O vindeiro 15 de novembro, ás 19:30 h, na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela, terá

lugar a exposición e a final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea 2016,

convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A exposición permanecerá aberta ata o 27 de novembro no seguinte horario:

De martes a venres: de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

Sábados: de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h

Obras finalistas

Pseudónimo Título da colección

Faneca brava “Siriamente”

Escarabelo amarelo “Ocos”

NANNERL “Anacos de escuma e noite”

Xanela “Fronteiras”

Carambela “Versos de papel”

Kori “Orgánico”

JHAMILUV “Prothesis collection”

A.R.S. “Lúgubre paso do tempo”

O aprendiz de orfebre “Alborada”

Calina “Pretérito imperfecto”

Oposicións Corpo Superior Técnicos da Seguridade Social

Xoves, 27 Outubro 2016 07:18

Oposicións Corpo Superior Técnicos da Seguridade Social Convócanse procesos selectivo para ingreso no Corpo Superior de Técnicos da Administración da Seguridade Social, para cubrir 59 prazas polo

sistema xeral de acceso libre . Convoca

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Requisitos

Estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que

obtivesen o recoñecemento do seu cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de Dereito Comunitario.

Máis información https://www.boe.es/boe/dias/2016/10/24/pdfs/BOE-A-2016-9716.pdf

BOE 24 de outubro 2016

Mozos e emprego, desde a súa propia mirada

Xoves, 27 Outubro 2016 08:27

Mozos e emprego, desde a súa propia mirada é un estudo de investigación realizado en 2016 polo Centro Reina

Sofía sobre Adolescencia e Mocidade

O obxectivo central desta investigación é analizar as expectativas, necesidades e desexos dos mozos españois en relación á súa formación e sobre as súas perspectivas de emprego, así como analizar as súas actitudes ante o emprendemento e outros temas relacionados co seu presente ou futura incorporación ao mercado laboral.

A través dunha enquisa persoal realizada a 2.013 mozos de 16 a 29 anos, o estudo aborda cuestións como a utilidade percibida dos estudos cursados ou a súa adecuación ás expectativas das empresas; que medidas reclaman para activar a contratación xuvenil; o que pensan do labor das administracións neste terreo ou se contemplan a emigración como alternativa de futuro.

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/Observatorio/Jvenes_y_empleo_desde_su_propia_mirada.pdf

Cultivando as relacións

Venres, 28 Outubro 2016 10:38

Hai prantas con ou sen flor, con e sen raíces, minúsculas e enormes, ás que lle gusta moito a luz e as que buscan a escuridade, trepadoras ou rastreiras... son así, non pretendas cambialas! Coñeceas e decide se queres que formen parte do teu xardín!

O Centro Quérote+ pon en marcha a campaña Cultivando as relacións, polo cuidado dunhas relacións

en positivo

6 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Escola de Béisbol e Sófbol dos Tilos

Mercores, 26 Outubro 2016 07:26

A Escola de Béisbol e Sófbol dos Tilos, no Concello de Teo, presenta a oferta deportiva para nenos/as, mozos/as e pais e nais de calquera concello:

Equipo Alevíns mixto: de 6 a 11 anos Equipo de infantís masculino: de 12 a 13 anos Equipo Cadetes masculino: de 14 a 16 anos. Equipo Softbol femenino: de 12 a 16 anos. Equipo de pais e nais Equipo Sénior masculino para maiores de 16 anos

Máis información no Club de Béisbol e Sóftbol Os Tilos. www.facebook.com/cbsostilos Teléfono 625 091 865

Probas para certificado de profesional habilitado en diferentes especialidades. Aragón

Luns, 31 Outubro 2016 07:01

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

O Servizo Provincial de Industria e Innovación de Zaragoza

2.- DATA LÍMITE

8 de novembro.

3.- MÁIS INFORMACIÓN

O Servizo Provincial de Industria e Innovación de Zaragoza convoca probas para a obtención do certificado de profesional habilitado nas

especialidades de Instalacións de Subministración de Auga e de Instalacións Térmicas en Edificios. Os dereitos de exame fíxanse en 30,25 ?. O

prazo de presentación de solicitudes (modelo E0107 que podes descargarche da web do Departamento de Economía, Industria e Emprego en

www.aragon.es) está aberto ata o 8 de novembro.

Convocatorias publicadas no BOA nº 200 de 17 de octubre

4.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

Servizo Provincial de Industria e Innovación de Zaragoza

Tel. 976 714 770 Correo Electrónico [email protected]

Dirección: Edif. Pignatelli. Pº María Agustín 36 Zaragoza

Convocatoria da especialidade de Instalacións de Subministración de Auga

http://www.zaragoza.es/ciudad/sectores/jovenes/cipaj/cont/detallecipaj_Noticia?ide=189366

Convocatoria da especialidade de Instalacións de Térmicas en Edificios

http://www.zaragoza.es/ciudad/sectores/jovenes/cipaj/cont/detallecipaj_Noticia?ide=189366

Cursos de Monitor/a de actividades de tempo libre en Lugo

Mercores, 26 Outubro 2016 07:17

A Escola de tempo libre Vitae convoca tres cursos de Monitor/a de actividades de tempo libre en Lugo

Curso de mañás, de luns a venres, de 9 a 14:00 horas do 14 de novembro ao 20 de xaneiro. Curso de tardes, de luns a venres de 16 a 21:00 horas do 14 de novembro ao 20 de xaneiro. Curso de fins de semana, sábados e domingos, de 9 a 14 e 16 a 21 horas do 5 de novembro ao 29 de xaneiro.

Prezo de 220 € (a maiores desconto de 20 € se traes a un compañeiro/a), con posibilidade de pago fraccionado.

Máis información:

Escola de tempo libre Vitae Pena do Rei, 5 entrechán 27002 Lugo

982 220 372 (Extensión 15) [email protected]

https://grupovitae.com/escuela-tiempo-libre/

NOVAS FORMACIÓN OUTROS CURSOS

NOVAS FORMACIÓN CURSOS DE TEMPO LIBRE

7 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Cursos de Monitor/a de actividades de tempo libre na Coruña

Xoves, 27 Outubro 2016 08:05

A Escola Galega de Tempo Libre convoca cursos de Monitor/a de actividades de tempo libre na Coruña

Haberá unha edición de semana e outra de fin de semana Duración: O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre. Edición de semana: Datas: do 9 de xaneiro ao 21 de marzo de 2017. O sábado 11 de marzo haberá unha saída Aire Libre. Horario: de luns a xoves de 9.00 a 14.00 h. Edición fin de semana:

Datas:

Xaneiro: 14, 21, 28 Febreiro: 04, 11, 18, Marzo: 4, 11, 18, 25 Abril: 1, 8, 22, 29 Maio: 6, 7, 13, 20, 27 Xuño: 3 Horario: os sábados de 9.00 a 14.00 h e de de 16.00 a 21.00. O domingo 7n de maio haberá unha ruta de senderismo. Prezo: 280 €, podendo abonala toda xunta, ou da seguinte maneira: 130 € no momento da inscripción 50 € antes do 20 de Xaneiro 50 € antes do 20 de Febreiro 50 € antes do 20 de Marzo Nesta cota inclúese o material, participación, apuntes e secretaría do curso.

Máis información na Escola Galega de Tempo Libre: Ronda de Outeiro 60, ent-dta 15009 A Coruña Tfno: 607 935 924 de 10.00 a 14.00 horas (de luns a venres) [email protected] http://www.escolagalegadetempolibre.es/

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Noia

Xoves, 27 Outubro 2016 08:09

A Escola Galega de Tempo Libre convoca un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Noia

Lugar: Espazo Xove de Noia. R/ Pedra Sartaña, s/n. 15200 Noia. A Coruña Duración: O curso consta dunha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre. Datas:

Xaneiro: 14, 21, 28 Febreiro: 4, 11, 18, Marzo: 4, 11, 18, 25

Abril: 1, 8, 22, 29 Maio: 6, 13, 14, 20, 27 Xuño: 3 Horario: Sábados de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o domingo 14 de maio de 10.00 a 20.00 horas (ruta de senderismo) Prezo: 260 €, podendo abonala toda xunta, ou da seguinte maneira:

110€ no momento da inscripción 50€ antes do 15 de Enero 50€ antes do 15 de Febrero 50€ antes do 15 de Marzo Os alumnos empadroados en Noia en lugar de pagar mensualidades de 50€ o farán de 40€ (totalidade do curso 230€). Máis información:

Noia Histórica. Rúa do Curro 31 (Edificio Praza de Abastos). Noia Teléfono: 981 824 764 horario de 9.30 a 14.00 y de 16.30 a 20.00 horas. Os venres só horario de mañá.

http://www.escolagalegadetempolibre.es/monitor-en-noia-1-17-enero-junio/

Curso de Director/a de tempo libre en Noia

Xoves, 27 Outubro 2016 08:11

A Escola Galega de Tempo Libre convoca un curso de Director/a de actividades de tempo libre en Noia Datas:

Decembro: 3,17 Xaneiro: 14, 21, 28 Febreiro: 4, 11, 18, Marzo: 4, 11, 18, 25 Dous días a definir co grupo para a realización de traballo de campo para a elaboración do proxecto. Horario: Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16.00 a 21.00 horas Requisitos:

Estar en posesión do Título de Monitor de Actividades de Tempo Libre Estudos de Bacharelato ou equivalente. Experiencia como monitor Titulado de 250 horas ou 30 días en campamento. Prezo: 250 €, podendo abonalo todo xunto no momento da inscrición ou fraccionala da seguinte maneira 130 € no momento da inscrición

120 € antes do 1 de Xaneiro Nesta cuota inclúese a participación, o material, os apuntes e a secretaría do curso, seguimento e concesión das prácticas. Non se inclúen as taxas de expedición do título (11 € unha vez feitas as prácticas a abonar a Xunta) Máis información:

Noia Histórica. Rúa do Curro 31 (Edificio Praza de Abastos). Noia Teléfono: 981 824 764 horario de 9.30 a 14.00 y de 16.30 a 20.00 horas. Os venres só horario de mañá.

http://www.escolagalegadetempolibre.es/director-en-noya-2016-diciembre/

8 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

III Convocatoria de bolsas Fundación Repsol para estudos de máster

Martes, 25 Outubro 2016 07:55

III Convocatoria de bolsas Fundación Repsol para estudos de máster en materias relacionadas coa exploración e produción (para persoas con

diversidade funcional). 2 bolsas

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Fundación Repsol

2.- DESTINATARIOS:

- Poderán solicitar as bolsas aquelas persoas que obtivesen o título de licenciatura, enxeñería ou grao nalgúns dos seguintes estudos: Enxeñería en

Tecnoloxías Industriais; Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto; Enxeñería da Enerxía; Enxeñería de Materiais; Enxeñería

Química; Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial; Enxeñería en Tecnoloxía Mineira; Arquitectura Naval; Enxeñería Marítima; Enxeñería

Geomática e Topografía; Enxeñería Eléctrica; Enxeñería Mecánica; Enxeñería Náutica e Transporte Marítimo; Enxeñería Electrónica, Robótica e

Mecatrónica; Enxeñería Electrónica Industrial; Enxeñería Mariña; Enxeñería Eléctrica e Electrónica; Enxeñería de Procesos Químicos Industriais;

Enxeñería Química Industrial; Enxeñería dos Recursos Enerxéticos; Enxeñería de Tecnoloxía de Minas e Enerxía; Enxeñería de Recursos Minerais e

Enerxía; Física; Enxeñería Física; Matemáticas; Enxeñería Matemática; Xeoloxía.

- Para optar á bolsa será necesario que o título universitario obtívose nun prazo non superior aos dous (2) cursos académicos inmediatamente

anteriores á data de presentación da candidatura.

- Posuír un nivel intermedio de inglés (B2 ou equivalente).

- Acreditar legalmente unha diversidade funcional igual ou superior ao 33%.

- Priorizaranse aqueles másteres universitarios que conteñan algún dos contidos enumerados a continuación: Coñecemento de subsolo:

Sedimentología (carbonatos, clásticas), estratigrafía, xeoloxía estrutural, petrología e diagénesis; Modelado de concas; GIS; Temas relacionados con

interpretación sísmica. Coñecementos relacionados coa física/geofísica: Métodos potenciais: gravimetría e magnetometría; Petrofísica e rexistros

eléctricos. Construcións e instalacións: Plataformas offshore ou similares; Nocións de instalacións petroleiras ou similares. Mecánica de fluídos.

Estean familiarizados con modelos de simulación numérica. Teñan coñecementos previos en enerxías (especialmente en petróleo). Que polos seus

estudos e áreas de aplicación tivese durante os estudos, grao ou posgrao, algunha experiencia internacional.

- Os máster universitarios deberán realizarse nunha universidade española.

3.- DATA LÍMITE :

Ata o 2 de novembro de 2016.

4.- MÁIS INFORMACIÓN:

O Programa de Bolsas Fundación Repsol para a realización dun Máster oficial universitario por persoas con diversidade funcional (o ?Programa?)

nace da vontade de fomentar a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade

de oportunidades.

A concesión das bolsas resolverase con data límite o 21 de novembro de 2016. Ata 5.000? anules por bolsa. Duración: 12 meses (renovable por un

ano máis).

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

Envío de solicitudes a través do correo electrónico.

www.fundacionuniversia.net/becas-fundacion-repsol-para-estudiantes-con-discapacidad-en-exp

[email protected]

II Convocatoria de bolsas Fundación Repsol de Hidrocarburos

Martes, 25 Outubro 2016 07:56

II Convocatoria de bolsas Fundación Repsol para estudos de grao en materias relacionadas coa exploración e produción de hidrocarburos 2016 (para

persoas con diversidade funcional). 10 bolsas

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Fundación Repsol

2.- DESTINATARIOS:

Poderán solicitar estas bolsas estudantes españois/as ou estranxeiros/as, maiores de idade, residentes legalmente en España, que acrediten

oficialmente unha diversidade funcional igual ou superior ao 33%, e que se atopen matriculados/as ou estean en condicións de matricularse, por

primeira vez, nos seguintes ensinos oficiais de grao: Enxeñería en Tecnoloxías Industriais; Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de

Produto; Enxeñería de Camiños; Enxeñería da Enerxía; Enxeñería de Materiais; Enxeñería Química; Enxeñería en Automática e Electrónica

Industrial; Enxeñería en Tecnoloxía Mineira; Arquitectura Naval; Enxeñería Marítima; Enxeñería Geomática e Topografía; Enxeñería Eléctrica;

Enxeñería Mecánica; Enxeñería Náutica e Transporte Marítimo; Enxeñería Electrónica, Robótica e Mecatrónica; Enxeñería Electrónica Industrial;

Enxeñería Mariña; Enxeñería Eléctrica e Electrónica; Enxeñería de Procesos Químicos Industriais; Enxeñería Civil; Enxeñería Química Industrial;

Enxeñería dos Recursos Enerxéticos; Enxeñería de Tecnoloxía de Minas e Enerxía; Enxeñería de Recursos Minerais e Enerxía; Física; Enxeñería

Física; Matemáticas; Enxeñería Matemática; Xeoloxía.

3.- DATA LÍMITE :

Ata o 2 de novembro de 2016

BOLSAS E AXUDAS FORMACIÓN PRÁCTICA

9 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

4.- MÁIS INFORMACIÓN:

O Programa de bolsas Fundación Repsol para grao fomenta a formación superior das persoas con diversidade funcional, facendo especial incidencia

aqueles graos que son a base da identificación de talento para as profesións vinculadas ás actividades de exploración e produción de hidrocarburos.

Mediante a concesión de axudas a estudantes universitarios/as con diversidade funcional perséguese que poidan acceder e progresar no seu

proceso de formación académica universitaria ata a finalización de estudos de grao, incrementando deste xeito as oportunidades de consecución dun

emprego de calidade.

A concesión das bolsas resolverase con data límite o 21 de novembro de 2016. Ofrécese ata 5.000? anules por bolsa cunha duración de 12 meses

(renovable por tres períodos iguais máis).

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

Envío de solicitudes a través do correo electrónico.

www.fundacionuniversia.net/becas-fundacion-repsol-para-estudiantes-con-discapacidad-en-exp

[email protected]

Bolsas de posgrao do Instituto Nacional de Estatística 2016. 15 bolsas

Venres, 28 Outubro 2016 07:54

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Instituto Nacional de Estatística (INE)

2.- DESTINATARIOS:

Persoas físicas que estean en posesión dun título equivalente a licenciatura, enxeñería ou arquitectura, ou de Grao, que deberá obterse durante o

últimos tres anos anteriores á data da publicación da Resolución de convocatoria das bolsas.

3.- DATA LÍMITE :

Ata o 7 de novembro de 2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN:

O Instituto Nacional de Estatística convoca estas bolsas coa finalidade de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o

desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraos.

A contía íntegra mensual de cada bolsa ascende a 898,43 euros. O período de goce de cada unha das bolsas será dun máximo de doce meses, en

caso de existir crédito adecuado e suficiente, a duración das bolsas poderá ser prorrogada por períodos non superiores a seis meses, ata completar

un período que en ningún caso poderá superar os vinte e catro meses.

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

Presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do INE (C/Estébanez Calderón, 2, planta baixa, 28020 Madrid) ou na forma establecida no artigo 38.4

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Tamén se poderán

presentar por medios electrónicos a través do procedemento telemático da páxina web do INE.

www.ine.es<http://www.ine.es/>

Bolsas para a realización de proxectos artísticos na Fundación BilbaoArte

Martes, 25 Outubro 2016 07:54

1.- CONVOCANTE

Fundación BilbaoArte

2.- DESTINATARIOS

- Poden presentarse todas as persoas que acrediten unha traxectoria artística e académica solvente con independencia de idade e orixe.

3.- DATAS LÍMITE

11/11/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Modalidades:

- Bolsas de producióncon cesión de estudo.

- Bolsas de produción sen cesión de estudo.

- Bolsas de colaboración.

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

10 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://bilbaoarte.org/?p=6587087

Premio de fotografía humanitaria 'Luís Valtueña'

Martes, 25 Outubro 2016 07:53

1.- CONVOCANTE

Médicos do Mundo

2.- DESTINATARIOS

- Ser maior de idade.

3.- DATAS LÍMITE

11/11/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Tema: Acción humanitaria, cooperación internacional, guerras, exclusión social...

Premio: bolsa de6.000 ? para levar a cabo proxecto fotográfico.

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.medicosdelmundo.es/premioluisvaltuena/wp-content/uploads/2016/07/Bases-XX-Luís-Valtue%C3%B1a-castelán.pdf

Concurso de fotografía 'Asisafoto'

Venres, 28 Outubro 2016 07:49

1.- CONVOCANTE

Asisa

2.- DESTINATARIOS

Aberto

3.- DATAS LÍMITE

25/11/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

Temas e premios:

- Tema libre: 6.000 ? / 6 premios de 500 ?.

- Infancia e/ou maternidade: : 6.000 ? / 6 premios de 500 ?.

- Natureza: : 6.000 ? / 6 premios de 500 ?.

- Sorrisos: : 4.000 ? / 3 premios de 500 ?.

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.asisafoto.com/bases/

V Premio Internacional de Poesía José Zorrilla

Venres, 28 Outubro 2016 07:50

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Enrique Cornejo

2.- DESTINATARIOS

Para poetas de calquera parte do mundo, con obras escritas en español

3.- DATA LÍMITE

15/12/2016

4.- MÁIS INFORMACIÓN

A extensión mínima das obras será de 500 versos

PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS

11 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.teatrozorrilla.es/bases-do-v-premio-internacional-de-poesia-jose-zorrilla-teatro-zorrilla/

XXIII Premio Internacional de Ensaio Jovellanos

Venres, 28 Outubro 2016 07:51

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Edicións Nobel

2.- DESTINATARIOS

Para autores de calquera país do mundo

3.- DATA LÍMITE

06/01/2017

4.- MÁIS INFORMACIÓN

O tema é libre, pero considéranse de especial interese aquelas cuestión relativas á problemática da sociedade actual, en calquera dos seus

aspectos, sexa na dimensión universal ou na nacional

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.premiojovellanos.com/convocatoria-2017.html

Science without Border, certame de artes visuais para estudantes

Venres, 28 Outubro 2016 07:52

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Living Oceans Foundation

2.- DESTINATARIOS

Para estudantes de entre 11 e 19 anos, de calquera país do mundo

3.- DATA LÍMITE

24/04/2017

4.- MÁIS INFORMACIÓN

O tema central é Reef SuperSpecies (as súper especies dos arrecifes). Os traballos serán en dúas dimensións e realizados en pintura, debuxo, lapis,

rotulador, tinta ou óleo

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

https://www.livingoceansfoundation.org/assets/2013/06/SWB-Challenge-2017-.pdf

Premio Internacional de literatura dramática do Teatro Calderón de Valladolid.

Venres, 28 Outubro 2016 07:52

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Fundación Teatro Calderón de Valladolid

2.- DESTINATARIOS

Para autores de calquera nacionalidade, con obras teatrais escritas en español.

3.- DATA LÍMITE

31/05/2017

4.- MÁIS INFORMACIÓN

As obras deben ser orixinais e inéditas e presentaranse en formato dixital (CD ou pendrive)

5.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO

http://www.tcalderon.com/program/otras_programacións/premio_literario/

12 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

XII Olimpíada de Bioloxía

Mercores, 26 Outubro 2016 07:07

A Asociación Española Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a XII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

A Fase Galega celebrarase o 13 de xaneiro de 2017 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Poderán participar na XII Olimpíada de Bioloxía todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2016-2017, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade.

Número máximo de estudantes por centro que o poden solicitar: 4 e tamén 4 suplentes por se algún estudante dese centro non puidera presentarse unha vez seleccionado. Para que poidan participar o maior número de centros serán seleccionados os dous primeiros de cada centro e o resto, ata completar as prazas serán seleccionados segundo as cualificacións obtidas en Bioloxía e Xeoloxía no 1º curso de Bacharelato.

Desenvolvemento A Primeira Fase, tamén chamada Olimpíada Autonómica ou Fase Local, consistirá na

resolución dunha proba teórica tipo test; ademais dunha proba práctica non manipulativa dos contidos de Bioloxía da ESO, de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato referidos ao Primeiro Bloque do programa oficial: A Base Molecular e Fisicoquímica da Vida. Estas probas realizaranse o venres día 13 de xaneiro de 2017 da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A Segunda Fase é a Fase Nacional da XII Olimpíada Española de Biología terá lugar en

Pamplona del 23 al 26 de marzo de 2017. Nela participarán os gañadores da Primeira Fase de todas as comunidades autónomas. Consistirá nunha sesión teórica dos contidos de Bioloxía incluídos nos programas de Bioloxía de 1º de Bacharelato e de Bioloxía de 2º de Bacharelato. Os 4 primeiros alumnos españois gañadores na Fase Nacional formarán parte do Equipo

Olímpico de España na XXVIII Olimpiada Internacional de Bioloxía en Coventry -Gran Bretaña do 23 ao 30 de xullo de 2017. Os 4 seguintes farano

na XI Olimpíada Iberoamericana en Portugal en setembro do ano 2017. Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición que atoparán na web http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html ou http://olimpiadadebiologia.edu.es/la-competicion/fase-autonomica/galicia/ Na presente edición NON poderán participar os estudantes de 1º de bacharelato (por un cambio na norma nacional). Prazo de inscrición: ata o xoves día 17 de novembro de 2016.

http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html

Persoal para o concello de Fene

Martes, 25 Outubro 2016 06:43

O Concello de Fene necesita contratar o seguinte persoal:

Peón Chofer condutor Peón-tractorista

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de novembro de 2016. Máis información no BOP da Coruña do 25 de outubro de 2016.

Operarios/as para a Empresa Municipal de Augas da Coruña

Martes, 25 Outubro 2016 06:53

A Empresa Municipal de Augas da Coruña fai unha convoatoria para a provisión de catro plazas de operario/a e a creación dunha bolsa de contratación. Requisitos: Certificado de Manipulador de Alimentos actualizado (non máis de 4 anos desde a data de expedición). Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos oficiais de Formación Profesional de Grao Medio ou Grao Superior: - Edificación e obra civil especialidade Obras de albañilería ou Operación e mantemento de maquinaria de Construción. - Fabricación Mecánica, especialidade Soldadura e calderería ou Construcións Metálicas. - Mantemento e servizos ás produción, especialidade Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor. Permiso de Condución da clase B O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de novembro de 2016. Máis información no BOP da Coruña do 25 de outubro de 2016 e na web de EMALCSA: http://www.emalcsa.es/

Persoal para ARDECOU

Martes, 25 Outubro 2016 07:02

A Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense, ADERCOU, necesita contratar o seguinte persoal:

Un/ha xerente Un/ha administrativo/a

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PÚBLICO PREMIOS E CONCURSOS EXPOSICIÓNS, CERTAMES E CONCERTOS

13 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de novembro de 2016. Máis información no BOP de Ourense do 25 de outubro de 2016 e en http://www.adercou.com/

Profesores de música en Ribeira

Mercores, 26 Outubro 2016 05:50

O Concello de Ribeira necesita contratar profesorado de música das seguintes especialidades:

Frauta travesa. Piano e teoría da música, transposición e acompañamento. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de novembro de 2016.

Máis información no BOP da Coruña do 26 de outubro de 2016 e en http://www.riveira.es/

Oposicións Corpo Superior Técnicos da Seguridade Social

Xoves, 27 Outubro 2016 07:18

Oposicións Corpo Superior Técnicos da Seguridade Social Convócanse procesos selectivo para ingreso no Corpo Superior de Técnicos da Administración da Seguridade Social, para cubrir 59 prazas polo sistema xeral de acceso libre . Convoca

Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Requisitos

Estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento do seu cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de Dereito Comunitario.

Máis información https://www.boe.es/boe/dias/2016/10/24/pdfs/BOE-A-2016-9716.pdf

BOE 24 de outubro 2016

Avogado/a para o Centro de Información á Muller do Concello da Pobra de Trives

Xoves, 27 Outubro 2016 09:51

O Concello da Pobra de Trives enecesita contratar un/ha avogado/a como persoal laboral temporal para o Centro de Información á Muller.

Titulación: estar en posesión do título de licenciado/a en Dereito.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de novembro de 2016.

Máis información no BOP de Ourense do 27 de outubro de 2016

Xuiz de Paz en Pontedeva

Xoves, 27 Outubro 2016 10:07

O Concello de Pontedeva fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular.

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou

inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.

Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2016.

Máis información no BOP de Ourense do 27 de outubro de 2016.

Persoal para o concello das Nogais

Venres, 28 Outubro 2016 07:10

O Concello das Nogais necesita contratar o seguinte persoal: 1 Oficial de Primeira 1 Peón 1 Licenciado/a ou Graduado/a en Humanidades O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de novembro de 2016. Máis información no BOP de Lugo do 28 de outubro de 2016.

Prazas de axuda a domicilio en Maceda

Venres, 28 Outubro 2016 07:10

O Concello de Maceda necesita contratar 4 persoas para axuda a domicilio.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2016. Máis información no BOP de Ourense do 28 de outubro de 2016.

Xuíz de Paz en Amoeiro

Venres, 28 Outubro 2016 07:11

O Concello de Amoeiro fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz substituto.

14 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da

función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento. Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de novembro de 2016. Máis información no BOP de Ourense do 28 de outubro de 2016.

Profesores de ensino secundario en Informática e de formación profesional en Sistemas e aplicacións informáticas

Venres, 28 Outubro 2016 07:12

A Consellería de Educación abre un prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade Informática, e no corpo de profesores técnicos de formación profesional na especialidade Sistemas e aplicacións informáticas. Requisitos: Informática

Licenciado en: Informática, Ciencias e técnicas estatísticas, Matemáticas, Física. Enxeñeiro en: Informática, de telecomunicación, Electrónica. Diplomado en estatística. Enxeñeiro técnico en: Informática de xestión, Informática de sistemas, de telecomunicación, especialidade en telemática. Sistemas e aplicacións informáticas

Licenciado en: Informática. Matemáticas. Física. Enxeñeiro en: Informática. De telecomunicación. Diplomado en informática. Enxeñeiro técnico en: Informática de xestión. Informática de sistemas. De telecomunicación. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de novembro de 2016.

Máis información no DOG do 28 de outubro de 2016.

Listas contratación persoal laboral. Ponteareas (Pontevedra)

Luns, 31 Outubro 2016 07:21

Faise público que a Xunta de Goberno Local en sesión do 26-9-16 acordou;

1º.—Aprobar as listas de contratacións para prazas de persoal laboral,segundo categorías,anexo II,compostas por 17 cláusulas,disposicións

adicionais ,disposición derrogatoria ,Anexo I, Anexo II,como fican redactadas.

2º.—Aprobar a convocatoria correspondente ás listas aprobadas no punto 1º, de contratacións para prazas de persoal laboral.

3º.—Ábrese un prazo de 20 días naturais para presentar as solicitudes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da

convocatoria no BOP.

4º.—Asemesmo ás listas daranse publicidade no taboleiro municipal,web do Concello e no diario Faro de Vigo.

Ponteareas, 30-09-16.

—O Alcalde, Xosé Represas Giráldez.

Máis información, Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, núm.208, do luns 31 de outubro de 2016

http://www.boppo.depo.es/bop-v2-portlet/download?id=idd_6338E825-39DD-41E8-B307-

8FAA643F6FBE&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20161031.2016038580.pdf

Ofertas Servizo Público de Emprego 28/10/2016

Venres, 28 Outubro 2016 07:17

Nº de oferta: 12/2016/8349 Data: 28/10/16 Posto ofertado: ópticos e/ou optometristas Localidade: Ferrol (A Coruña) Requisitos: necesítanse ópticos/as. Nº de oferta: 12/2016/11238 Data: 28/10/16 Posto ofertado: camareiros/as, en xeral Localidade: Camariñas (A Coruña) Requisitos: necesítanse camareiros/as. Dispoñibilidade para traballar sábados, domingos e festivos. Nº de oferta: 12/2016/11273 Data: 28/10/16 Posto ofertado: formadores de formación ocupacional non regulada

Localidade: Coruña, A Requisitos: formador/a “actividade venda”. Imprescindible licenciatura ou diplomatura. Experiencia laboral comercial. Certificado de aptitude pedagóxica. Nº de oferta: 12/2016/11304 Data: 28/10/16 Posto ofertado: especialistas en deseño e elaboración de medios didácticos e/ou programas de estudo, en xeral.

Localidade: Coruña, A Requisitos: pedagogos/as-picopedagogos/as para programar accións formativas.

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO

15 31 de outubro de 2016 – Revista 1095

Nº de oferta: 12/2016/11386 Data: 28/10/16 Posto ofertado: instaladores de gas

Localidade: Coruña, A Requisitos: oferta de instalador/a de gas para A Coruña. Contrato indefinido a xornada completa. Imprescindible experiencia mínima dun ano e carné profesional de instalador autorizado categoría A. Nº de oferta: 12/2016/11413 Data: 28/10/16 Posto ofertado: empregados/as de fogar

Localidade: Ortigueira (A Coruña) Requisitos: precísase empregado/a do fogar para tarefas domésticas e coidado dunha persoa maior. Traballo nocturno dende as 6 da tarde ata as 10 da mañá. Nº de oferta: 12/2016/11442 Data: 28/10/16 Posto ofertado: empregados/as administrativos, en xeral

Localidade: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Requisitos: necesítase empregado/a administrativo/a. Con doce meses de experiencia. Titulación: técnico/a en xestión administrativa. Nivel superior de inglés. Contabilidade. Informática: office, contaplus, facturaplus, carné de conducir. Interesados/as chamar a O.E. de Vilagarcía de Arousa (tfno. 886 151 785) de 9 a 13,30 hrs. Nº de oferta: 12/2016/11531 Data: 28/10/16 Posto ofertado: pinches de cociña

Localidade: Somozas, As (A Coruña) Requisitos: precísase pinche ou axudante de cociña. Ofrécese contrato a xornada completa dunha duración inicial de tres meses. Imprescindible ter o certificado de manipulador de alimentos. Máis información no tfono 012 e na páxina web: http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

Concurso de Fotografía: Dille NON a violencia de xénero

Venres, 28 Outubro 2016 08:54

Concurso de Fotografía: Dille NON a violencia de xénero

Obxecto: O Concello de Cotobade levará a cabo un concurso de fotografía, co obxecto de

sensibilizar pola igualdade e contra a violencia de xénero. Participantes: Mocidade de 12 a 18 anos, ambas idades incluídas. Traballo: Todas as obras estarán en formato JPG. Pode ser en cor ou en branco e negro.Cada foto

debe cumprir os principios de respecto e igualdade. Deben levar un slogan relacionado co tema do concurso en língua galega.

Os participantes deben xuntar outro arquivo en formato pdf con:

- Nome.

- Enderezo.

- Teléfono

- Idade

Prazo e presentación: As obras serán enviadas ao mail de cultura do Concello de Cotobade: [email protected]. E ata o día 11 de novembro as 14:00 h Premio: unha tablet valorada en 150,00 €. Ademais, a foto gañadora será a imaxe dun cartaz de campaña sobre a prevención da violenc iad e xénero

elaborado polo concello.

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX

16 31 de outubro de 2016 – Revista 1095