16 de xuño - Barrios

24
VERÍN Páx.6 ALLARIZ Páx.12 XINZO Páx.11 Número: 14 - Ano: X - Xuño 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CULTURA Páx. 20 DEPORTES Páx.18 No sentido das agullas do reloxo, os novos alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova:o socialista Gerardo Seoane; o popular Antonio Pérez; o nacionalista Francisco García; e o popular José Luis Ferro. Verín eliminará os vertedoiros incontrolados Os restos de Perfecto de Dios regresan á súa terra natal O Verín ascende a Terceira División tras quedar segundo na Liga Entrega de diplomas do Proxecto Clara de inserción laboral Do 26 ao 28 de xuño, o cine rural toma Celanova e Cartelle Xa temos alcaldes [Páx. 2-5] Entrevista a Rubén Vieira, preparador físico do COB [páx. 16]

description

As investiduras dos alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova, na portada de Barrios de xuño.

Transcript of 16 de xuño - Barrios

Page 1: 16 de xuño - Barrios

VERÍN Páx.6 ALLARIZ Páx.12XINZO Páx.11

Número: 14 - Ano: X - Xuño 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CULTURA Páx. 20DEPORTES Páx.18

No sentido das agullas do reloxo, os novos alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova:o socialista Gerardo Seoane; o popular Antonio Pérez; o nacionalista Francisco García; e o popular José Luis Ferro.

Verín eliminará os vertedoiros incontrolados

Os restos de Perfecto de Dios regresan á súa terra natal

O Verín ascende a Terceira División tras quedar segundo na Liga

Entrega de diplomas do Proxecto Clara de inserción laboral

Do 26 ao 28 de xuño, o cine rural toma Celanova e Cartelle

Xa temos alcaldes [Páx. 2-5]

Entrevista a Rubén Vieira,

preparador físico do COB [páx. 16]

Page 2: 16 de xuño - Barrios

� BARRIOSXuño de �015

especial RESULTADOS 24M

EN BREVE

Jiménez Morán continuará na oposición, tras dous mandatos consecutivos como alcalde

4 Comarca de Monterrei

Castrelo do Val: Re-nova a maioría absoluta o socialista Vicente Gó-mez (seis concelleiros), mentres que o PP de Ma-nuel Pérez saca tres.

Cualedro: Perde nes-te mandato dous edís por redución do censo, pero o popular Luciano Rivero segue de alcalde cos mesmos edís (8); na oposición estará Eduar-do Carnero de Compro-miso por Galicia.

Laza: José Ramón Barreal consegue un edil máis para o PP (sete) mentres que o PSOE de Josefa Sobrino queda con dous e o Bloque des-aparece da corporación.

Monterrei: José Luis Suárez, do PP, herda a alcaldía do seu pai aín-da que cun edil menos (sete). Veciños de Mon-terrei entran na corpora-ción con tres actas e lide-rados por Carmen Sola e Alberto Rodríguez man-tén a acta do BNG.

Oímbra: Outro cargo herdado dase en Oímbra onde a filla do anterior rexedor, a popular Ana María Villarino, será a nova alcaldesa, sumando sete edís. O BNG de Per-fecta Losada sube a dous representantes e o PSOE de Marta Arias mantén os dous que tiña.

Riós: Mantense a cor-poración de �011: sete edís e maioría absoluta para o PP de Francisco Armando Veiga e dous para o PSOE de Silves-tre Pérez.

Vilardevós: Tamén continúa o mesmo esce-nario en Vilardevós, de novo é alcalde Manuel Cardoso (PP) con seis edís e José Luis Pérez saca cinco para o PSOE.

Diego Lourenzo, cabeza de lista do BNG, durante a se-sión de investidura./M.REJO.

O socialista Gerardo Seoane, co bastón de mando, no momento da súa investidura como alcalde de Verín ./M.REJO.

4 CONCELLO DE VERÍNPSOE GERARDO SEOANE FIDALGOJOSÉ LUIS MARTÍN DOMÍNGUEZROSARIO RODRÍGUEZ DELGADOCÁNDIDA COUÑAGO LARAELÍAS TABOADA NIEVESJULIO VIÉITEZ PARDELLAS

BNGDIEGO LORENZO MOURAPURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZEMILIA SOMOZA BASALO ABELARDO MEIRIÑO

PPJUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁNCASTOR GAGO ÁLVAREZMARÍA LUISA VALLADARES RODRÍGUEZJOSÉ HILARIO CASTRO GONZÁLEZMARÍA INMACULADA HERVELLA RAMOSVÍCTOR MANUEL BALADRÓN LAMASANTONIO ÁNGEL MÉNDEZ ATANES

Miguel Rejo

Sábado de cambios no consistorio de Verín. Juan Manuel Jiménez Morán do PP, que continuará na oposición, cedeu este 13 de xuño o bastón de mando (tras dous mandatos consecutivos á fronte da alcaldía) ao bipartito PSOE-BNG de Gerardo Seoane e Diego Lourenzo. Seoane é o novo alcalde socialista da vila do Támega.

Nun salón de plenos ateigado, tralo xuramento ou promesa do cargo, chegou o traspaso de poderes simbólico ao

socialista Gerardo Seoane -que se proclamou rexedor cos seis votos do PSOE e os catro do BNG-, momento no que a sala estoupou con berros de “alcalde! alcalde!” que denotaban a emoción contida na estancia ao longo dunha hora.

Emocionado, Seoane comezou o seu discurso dando as grazas a BNG e a PSOE (partido ao que se acaba de afiliar, pois ía como independente dentro da candidatura socialista), ao Foro de Monterrei e á Plataforma en defensa do Castelo. E sinalou que “transparencia, traballo, oportunidades e futuro para todos” serán as súas pautas a seguir neste mandato que comeza.

O pacto de goberno de Verín inclúe un compromiso expreso de transparencia na xestión

municipal. Ademais, a procura de empresas que se asenten na vila e o fomento do emprego, tamén a través da promoción do turismo e o termalismo, serán prioridades para o bipartito, segundo apuntaba o seu voceiro e cabeza de lista do BNG, Diego Lourenzo.

CompetenciasNo acordo entre

socialistas e nacionalistas, as competencias de Urbanismo e Vivenda quedan reservadas para o alcalde, arquitecto de profesión; mentres que o cabeza de lista do BNG, economista, será o primeiro tenente de alcalde e voceiro do gobeno, e xestionará Facenda, Obras Públicas, Mocidade e Participación Cidadá.

Do bando socialista, José Luis Martín levará Servizos Sociais e Igualdade;

Gerardo Seoane, novo alcalde de Verín co apoio do BNG4 O partido socialista sumou os seus seis edís aos catro na-cionalistas e desbancou a Jiménez Morán do poder.

Rosario Rodríguez, Persoal e Réxime Interior; Cándida Couñago, Protección Civil, Seguridade Cidadá e Policía Local; Elías Taboada, Medio Ambiente;

e Julio Viéitez; Servizos Públicos (Limpeza, Auga).

Da parte nacionalista do goberno, Purificación Caldelas asume Turismo, Balnearios e Transportes; Emilia Somoza, Cultura, Educación, Festas e Deporte; e Abelardo Meiriño, Promoción Económica e Emprego.

O Goberno local de Verín funcionará con dúas dedicacións exclusivas: unha para Diego Lourenzo e outra para Rosario Rodríguez.José Luis Suárez, alcalde

de Monterrei.

Page 3: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

3RESULTADOS 24M especial

EN BREVE

4 Comarca da Limia

Baltar: O alcalde po-pular José Antonio Fei-joo mellora os resultados de hai catro anos e saca sete concelleiros fronte aos dous da lista socialis-ta encabezada por Aníbal Nocelo.

Os Blancos: José Manuel Castro, actual alcalde, amplía a maioría que tiña con APGa a seis edís, agora dentro do PP. A socialista Emilia López consegue unha acta.

Calvos de Randín: O socialista Aquilino Valencia perde un concelleiro pero segue mantendo a maioría absoluta (5 edís), fronte aos dous edís da candidatura popular encabezada por José Manuel Andrade.

Porqueira: Susana Vázquez, do PP, repite goberno con maioría absoluta en Porqueira; dos sete edís a repartir, consegue seis, mentres que o PSOE saca a acta do seu candidato José González. Porqueira terá dous concelleiros menos neste novo mandato por perda de poboación.

Rairiz de Veiga: Xaquín Rodríguez consolida a maioría absoluta do PP obtendo sete actas, unha máis que en �011, a costa do BNG que perde a súa representación. O PSdeG de Pablo Lorenzo mantén dous edís.

Sandiás: Cambio de goberno en Sandiás, aupándose á alcaldía

Felipe Traveso da Agrupación de Electores de Sandiás (catro actas), formando pacto co socialista Juan Manuel Quintas (dúas actas). A anterior alcaldesa, a veterana política popular Concepción Méndez, dimitiu tras pasar o seu partido á oposición ao perder a maioría absoluta (baixou de seis a tres edís).

Sarreaus: O panorama político segue igual. De novo é rexedor o popular Gumersindo Lamas cunha ampla maioría de oito concelleiros; o PSOE saca a acta de Sita Care.

Trasmiras: Emilio José Pazos do PP continúa de rexedor (perdeu un edil e queda con seis) e Manuel Rodríguez saca dous para o PSOE.

Vilar de Barrio: Catro partidos obteñen represen-tación en Vilar de Barrio, onde segue de alcalde con maioría absoluta o histó-rico popular Julio Pérez (cinco actas, unha menos que en �011), dúas saca a lista socialista liderada por Soraya Briz, unha será para María Jesús Rodríguez de Xuntos por Vilar de Barrio e outra para Samuel Fer-moso do Bloque.

Xan Jardón repite como al-calde de Vilar de Santos.

Vilar de Santos: de novo corporación mono-cor en Vilar de Santos, sete de sete para a lista encabe-zada por Xan Jardón, de Compromiso por Galicia.

Antonio Pérez, do PP, recibindo as felicitacións do seu grupo no momento de ser re-elixido alcalde de Xinzo./M.REJO.

4 CONCELLO DE XINZO DE LIMIAPP

ANTONIO PÉREZ RODRÍGUEZMANUEL LÓPEZ CASASMANUEL CABAS LÓPEZTERESA PUGA IGLESIASMARÍA DOLORES CALVO LÓPEZSILVIA BLANCO CUQUEJOMONTSERRAT LAMA NOVOACARLOS GÓMEZ SALGADOLUIS MIGUEL GIL PENÍN

PSOEELVIRA LAMA FERNÁNDEZRAFAEL PENABAZ GONZÁLEZJOSÉ ALBERTO MARTÍNEZ MORALESEVA ORO VILLARINO

XINZO ADIANTEMANUEL PÉREZ CAMPOSFRANCISCA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZXOSÉ MIGUEL BARRIOS RODRÍGUEZ

BNGRAMIRO RODRÍGUEZ SUÁREZ

Elvira Lama seguirá sen-do a voceira do Partido Socialista outro mandato máis./M.REJO.

Ramiro Rodríguez, único concelleiro do BNG nes-te mandato que comeza./M.REJO.

Manuel Pérez Campos, voceiro de Xinzo Adiante, a revelación das eleccións con tres edís./M.REJO.

Antonio Pérez repite mandato en Xinzo con maioría absoluta4 O político popular asumiu de novo o posto de alcalde pro-metendo “traballo, humildade e honestidade”.

Redacción

Antonio Pérez será al-calde de Xinzo de Limia outros catro anos máis.Pérez conseguiu de novo maioría absoluta nos co-micios municipais do �4 de maio, aínda que des-ta volta por apenas unha marxe de �� votos.

A constitución da cor-poración limiá seguiu o pasado sábado 13 de xuño a tónica habitual destes actos. Primeiro, a consti-tución da mesa de idade (conformada por Manuel López Casas e Monserrat Lama). Logo, a xura ou promesa de acatamento da Constitución por parte dos 17 edís que conforman a corporación: nove do PP, catro do PSOE, tres de Xinzo Adiante (a novida-de nesta lexislatura) e un do BNG.

Antonio Pérez saiu elixi-do rexedor cos nove votos do grupo popular, votando os outros partidos aos seus propios candidatos.

DiscursoNo seu discurso de in-

vestidura, o político po-pular dixo asumir o cargo de alcalde “baixo o com-promiso fundamental do traballo, da humildade e da honestidade”. Pérez marcou como proxectos de futuro para estes catro anos a rexeneración do río Limia, a creación da cir-cunvalación e actuacións nas entradas da vila.

Novo gobernoO alcalde de Xinzo aín-

da non conformou defini-tivamente o novo Goberno municipal, aínda que si confirmou que seguirá na liña do publicado - “máis ou menos”, dixo- noutros medios de comunicación nos últimos días. Así, o máis probable é que Ma-nuel López repita en Ur-banismo; Manuel Cabas, Sanidade, Obras, Parques e Xardíns e Medio Am-biente; Teresa Puga, Per-soal e Policía Local; Do-lores Calvos, Zona Rural; Silvia Blanco, Servizos Sociais; Montserrat Lama, Relacións Institucionais; Carlos Gómez, Comercio e Turismo; e Luis Miguel Gil, Deporte, Cultura e Festexos.

Page 4: 16 de xuño - Barrios

4 BARRIOSXuño de �015 especial RESULTADOS 24M

EN BREVE

4 Comarca de Allariz-Maceda

Xaime Iglesias, novo al-calde de Baños de Mol-gas.

Baños de Molgas: Cambio de rexedor ao perder o anterior alcalde, o popular Eladio Man-gana, a maioría absoluta (queda con 4 edís dos 6 que tiña). O novo alcalde é Xaime Óscar Iglesias do BNG (tres edís), que gobernará en coalición co PSOE de Segundo Augusto González (dous edís).

Rubén Quintas, novo rexedor de Maceda.

Maceda: É novo al-calde o popular Rubén Quintas, ao obter seis actas (unha máis das que tiña) e perder Xabier Oviedo, de Compromiso por Galicia, unha (que-dou con catro). O PS-deG continúa coa acta da concelleira Ana María Rodríguez.

Paderne de Allariz: O popular José Manuel Fernández segue de al-calde malia perder un concelleiro (queda con sete). Na oposición entra só o PSdeG de Ane Ri-vas (dous edís).

Xunqueira de Ambía: José Luis Gavilanes (PP) é de novo alcalde, per-dendo tamén un edil. Ini-ciativa por Xunqueira de Eladi Cid saca dúas actas e o BNG de Juan Conde unha. O PSdeG perde a súa representación.

Xunqueira de Espa-danedo: Renóvanse os apoios ao alcalde popu-lar Carlos Gómez (seis actas) e José Carlos Ri-vera saca a súa para o PSOE.

4 CONCELLO DE ALLARIZBNG

FRANCISCO GARCÍA SUÁREZMARÍA CRISTINA CID FERNÁNDEZBERNARDO VARELA LÓPEZMARÍA ELENA SUÁREZ ESTÉVEZMARÍA TERESA DEVESA GRAÑAALBERTO CONDE RODRÍGUEZMARÍA ISABEL POISA REYFRANCISCO ALEJANDRO PIÑEIRO LOSADAMANUEL CID PÉREZ

PPLUZ DOPORTO REALJOSÉ DANIEL RODRICIO PÉREZMARÍA DEL CARMEN PÉREZ GONZÁLEZ

PSOEZAIDA AUXILIADORA RODRÍGUEZ CAMBA

Francisco García afronta o seu quinto mandato como rexedor alaricano4 O BNG ratificou a súa maioría absoluta en Allariz mantendo nove edís.

Redacción

O Bloque Naciona-lista Galego seguirá go-bernando Allariz catro anos máis, logo de que a candidatura liderada por Francisco García ratifi-cara a súa maioría abso-luta nas eleccións muni-cipais do �4 de maio.

O Bloque conseguiu manter os nove conce-lleiros de que dispuña, mentres que a gran novi-dade destes comicios é o regreso á corporación do PSOE, que obtivo a acta da súa cabeza de lista, Zaida Rodríguez, a costa do PP de Luz Doporto, que perdeu un dos catro edís que tiña.

García, que dirixe o goberno de Allariz desde o ano �000, falou no seu discurso de investidura do que será o seu últi-mo mandato, indicando que se atoparán entre as súas prioridades a dina-mización económica e xeración de emprego, a mellora do benestar so-cial e o impulso ao me-dio rural.

Ademais, o nacionalis-ta destacou que afronta estes catro anos con “ilu-sión, compromiso e res-ponsabilidade”. E agra-deceu a todos os veciños que teñen convertido a Allariz “nun referente

Integrantes do grupo de goberno do BNG en Allariz neste mandato que comeza.

Zaida Rodríguez represen-tará ao PSOE neste man-dato.

Luz Doporto seguirá lide-rando o grupo municipal popular en Allariz.

da xestión municipalista do BNG”. De feito, este concello e o de Castrelo de Miño son os únicos da provincia onde os nacio-nalistas gobernarán con maioría absoluta.

Pola súa banda, median-te pactos, forman parte do goberno de Verín, Bar-badás, A Rúa, Baños de

Molgas e A Mezquita. E en minoría rexirán en Via-na do Bolo.

Reparto de competen-cias

O novo goberno lo-cal alaricano ten prevista unha xuntanza este xoves, na que previsiblemente se acorde o reparto de com-petencias entre os nove edís que o conforman. Dúas caras novas neste grupo, as do independen-te Alberto Conde e María Isabel Poisa.

Francisco García destacou no seu discurso que este será o seu último mandato, e que o afronta con “ilusión, compromiso e responsabilidade”

Page 5: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

5RESULTADOS 24M especial

EN BREVE

4 Comarca de Terras de Celanova

Teresa Barge./ARQUIVO.

A Bola: Teresa Barje continua sendo alcaldesa, agora no PP, que acadou seis edís (un menos que en �011), fronte aos tres que logrou o BNG, o seu anterior partido, encabe-zado desta volta por Mª Carmen Álvarez.

Carmen Leyte./ARQUIVO.

Cartelle: A popular Carmen Leyte seguirá catro anos máis de rexe-dora de Cartelle, con maioría absoluta (8 edís, un máis que en �011). Na oposición estará o BNG de Luís Vázquez (dous escanos) e o socialista Juan Carlos Martínez.

Gomesende: A popu-lar Pura Rodríguez repite de alcaldesa de Gome-sende con cinco edís; na oposición queda só o o Movemento Demo-crático de Gomesende de Santiago Pazos, con dous, perdendo o BNG o edil que tiña en �011.

A Merca: Seguirá go-bernando o PP con Ma-nuel Jorge Velo como alcalde e outros sete con-celleiros máis (un máis que nos anteriores co-micios). O PSOE saca a acta de David Outumuro

e o BNG de Xurxo Novoa queda con dous edís.

Padrenda: O popular Manuel Pérez é de novo o rexedor, cun total de sete edís fronte aos dous da lista socialista encabezada por Juan Eladio González. A redución do censo de poboación fai perder dúas actas neste municipio.

Pontedeva: Continúan

as cousas como fai catro anos; repite de alcalde Juan Carlos González do PP (un total de seis con-celleiros) e queda na opo-sición a socialista María Cristina Vázquez.

Quintela de Leirado: Tampouco hai cambios; continúa de rexedor José Antonio Pérez (PP, seis edís) e saca acta o socialis-ta PSdeG Manuel Rivera.

Verea: Renova manda-to o popular Juan Antonio Martínez con cinco edís; enfronte terá tres edís do BNG, encabezados por José Antonio Pérez, e o socialista Félix Parada.

Mª Pilar Otilia López abandona a alcaldía de Ramirás./ARQUIVO.

Ramirás: José Carlos Rodríguez, segundo na lista do PP (catro edís), é o novo alcalde de Rami-rás, ao non prosperar un acordo de goberno entre o PSOE de Isabel Gil (catro edís) e o nacionalista Mar-cos Meléndez.

A veterana alcaldesa po-pular Mª Pilar Otilia Ló-pez dimitiu tras perder a maioría absoluta.

4 CONCELLO DE CELANOVAPP

JOSE LUIS FERRO IGLESIASMÁXIMO LOSADA MÉNDEZJULIO MOSQUERA GONZÁLEZMARIA DEL PILAR REGUEIRO LÓPEZANA FERNÁNDEZ ANTORRENASONIA OPAZO PUNGÍNRUBÉN VIEIRA GONZÁLEZJOSÉ MANUEL VIEITES PÉREZ

BNGLEOPOLDO RODRÍGUEZ PUGAHERMINIO FERNÁNDEZ BALSEIROGONZALO CARLOS LÓPEZ PÉREZ

PSOEMARCIAL LAFUENTE RODRÍGUEZFABIO GONZÁLEZ ALVÁREZ

S.N.

Entre aplausos, apertas e bicos de numerosos veciños, así comezou o popular José Luis Ferro o mandato á fronte da alcaldía de Celanova. Non se estrea no cargo (leva máis de dous anos e medio como rexedor tras substituír a Antonio Mouriño cando este se converteu en parlamentario), pero si o fai, por primeira vez, refrendado por uns resultados nas urnas (maioría absoluta) que logrou unicamente el, superando os votos obtidos polo PP en �011.

Antes destes vítores, foi constituída a nova corporación, con oito edís populares, tres do

BNG e dous do PSOE. E precisamente estes dous foron as sorpresas de última hora, logo de que María Jesús Boo e María Jesús Miranda dimitiran tralos malos resultados obtivos o �4M (o PSOE perdeu un concelleiro).

Unha vez que os trece representantes municipais xuraron o seu cargo (os nacionalistas engadiron “por imperativo legal” e “para defender os intereses de Celanova e do pobo galego”) chegou o turno de elexir alcalde. E o reconto confirmou que cada partido votou ao seu cabeza de lista.

Deste xeito, saudando primeiro aos membros da oposición e de seguido aos

edis populares, José Luis Ferro tomou o bastón de mando.

No seu discurso non faltaron agradecementos a todos os veciños (tanto aos que votaron ao PP como aos que non), aos seus compañeiros que neste mandato quedaron á marxe da corporación e aos novos, dos que resaltou a súa “inquedanza, ilusión e xuventude”.

Do pasado destacou a apertura da autovía AG-31; e entre as súas prioridades de futuro sinalou revivir as 17 pequenas demarcacións que conforman o Concello, para as que prometeu melloras en saneamento e comunicación; o remate da reprodución do poboado castrexo que se está levantando en Castromao e rehabilitar o xacemento orixinal e a antiga rectoral; así como a dinamización de Vilanova dos Infantes, “para que sexa un gran centro comercial aberto que a convirta en escaparate durante todo o ano” .

Ademais, tamén insistiu no gran patrimonio cultural de Celanova, “o cal debemos pór en valor sen complexos”, asegurou. Todo para que a vila sexa “un lugar para crear e un fogar para vivir”, insistiu.

Antes de rematar non quixo esquecerse das dúas persoas que máis o apoian

e que comprenden que “un é alcalde as �4 horas”. Con bágoas nos ollos e a voz entrecortada pola emoción, Ferro deu as gracias “á miña muller e ao meu fillo, por comprender as miñas ausencias e os meus momentos de mal humor”.

OposiciónNa oposición quedan

agora cinco edís, que se comprometeron a velar polos intereses de Celanova.

Dende o BNG, Leopoldo Rodríguez explicounos que o seu partido estará “sempre ao servizo dos veciños, loitando polas súas necesidades, que son moitísimas. Polo que instamos a todos a que nos acheguen propostas. E velaremos porque o prometido polo alcalde se cumpra”.

Ferro renova bastón de mando en Celanova refrendado polas urnas4 O popular logrou maioría absoluta con oito concelleiros.

José Luis Ferro recolleu o bastón de mando ante un salón de plenos cheo de veciños./J.REGAL.

Page 6: 16 de xuño - Barrios

6 BARRIOSXuño de �015 VERÍN E COMARCA

Redacción O Concello de Verín

finalizou este mes dúas actuacións en dous pun-tos do municipio. Dunha banda, a rehabilitación da fonte de auga de Ca-breiroá, situada na parte traseira da planta em-botelladora do mesmo nome. Doutra, a constru-ción do centro social de Tamagos.

No caso da fonte de Cabreiroá, a obra consis-tiu na colocación dunha pérgola no manancial, na que se conxugou os ele-mentos naturais co acei-ro cortén para adecuala ao espazo no que está si-tuada. Esta remodelación ten por obxecto facilitar o acceso dos augüistas á fonte, para que se con-virta tamén nun comple-mento da área recreativa da Braña, situada ao seu carón. Ademais dunha área para a recollida da auga, a fonte conta ago-ra conta con bancos para sentarse converténdoa nun refuxio de sombra e descanso.

Novos espazos comu-nitarios en Tamagos

Estes días tamén finalizaron as obras de construción do centro social de Tamagos, onde o Concello de Verín encargouse da adecuación da área externa, coa colocación de xogos biosaudables,

parques infantís e zonas de barbacoa. O Concello tamén informou de que se están a concluír as zonas de barbacoa nas localidades de Mandín e Tamaguelos.

Redacción

O Concello de Verín quere acabar cos vertedoi-ros incontrolados que pro-liferan en distintos puntos do municipio. Os propios técnicos municipais e avi-sos de particulares sitúan acumulacións de residuos en localidades como Cal-deliñas, Queizás, Queiru-gás, Vilamaior, Salgueiro e Cabreiroá.

Nestes puntos atopáron-se residuos de natureza doméstica, entre os que hai obxectos e materiais que se poden considerar perigosos como compostos de fibro-cemento, fluídos de partes móbiles de electrodomésti-cos ou produtos químicos, ademais de mobles usados, colchóns, entullos de cons-trución ou rodas.

A intención do Concello de Verín é retirar estes resi-

duos e trasladalos a plan-tas autorizadas de xestión e valorización; a restitu-ción dos terreos nos que se atopan os vertedoiros á súa cota natural; a for-mación de gabias perime-trais que eviten que os ve-hículos poidan acceder ás zonas onde se producían as verteduras; e a sinali-zación da prohibición de verter residuos en devan-ditos espazos.

Desde o Concello de Verín recórdase a existencia do Punto Punto Limpo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín no que depositar residuos domésticos. O Punto Limpo, situado no polígono de Pazos, abre de 10 a 13.30 horas (de luns a sábado) e de 16.30 a �0.15 horas (de martes a sábado).

“Valtámega” permitirá a rehabilitación do parque de TamaguelosRedacción

A rehabilitación do parque de Tamaguelos é unha das actuacións con-templadas no proxecto “Valtámega” de valori-zación do corredor am-biental do río Támega. A actuación inclúe o acon-dicionamento do espazo recreativo de Tamague-los, a instalación nel dun circuito biosaudable e a adecuación deste espazo de lecer e recreo co fin de reorientalo paisaxistica-mente ao redor da auga, da natureza, da etnografía e do turismo ornitolóxico.

450.000 eurosA rehabilitación do

parque de Tamaguelos enmárcase no proxecto “Valtámega”, unha ini-ciativa de cooperación transfronteiriza entre Ve-rín e Chaves que recibirá 450.000 euros de fondos europeos.

Esta inxección econó-mica permitirá levar a cabo diversas accións de xestión dos recursos hí-dricos do río Támega, ru-tas interpretativas e a im-plementación dun sistema xeral de espazos verdes e culturais ao longo do co-rredor de Támega.

O proxecto complétase coa creación do Centro de Monitorización e de Interpretación Ambiental do río Támega Transfron-terizo, e outras accións de sensibilización e educa-ción ambiental, entre as que se encontran campa-ñas de limpeza da canle e marxes do río.

Un dos vertedoiros que serán eliminados no municipio de Verín. /CdV.

Verín eliminará vertedoiros incontrolados4 Están situados nas loca-lidades de Caldeliñas, Quei-zás, Queirugás, Vilamaior, Salgueiro e Cabreiroá.

Rematadas as obras da fonte de Cabreiroá e do local social de Tamagos4 Dúas actuacións executadas polo Concello.

Aspecto da fonte de Cabreiroá trala súa remodelación. /CdV.

Novo local social de Tamagos. /CdV.

Están a piques de concluír as zonas de barbacoa nos locais de Mandín e Tamaguelos

Page 7: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

7PUBLCIDADE

Page 8: 16 de xuño - Barrios

8 BARRIOSXuño de �015

VERÍN E COMARCA

ENTREVISTA CON EMILIO BOO:

Do paro ao mundo laboral coa axuda dos estudos realizados de Formación Profesional

Despois dunha vida dedicada a diversos tra-ballos no sector do me-tal, o verinés Emilio Boo atopouse, debido á crise económica, nunha situa-ción de paro.

Ainda que pola súa idade podería estar con-deado a un paro de longa duración, Emilio preferiu afondar nos coñecemen-tos que xa obtivera na Formación Profesional durante os seus anos mo-zos e iniciou unha nova vida como estudante no IES García Barbón.

Como plantexaches o teu futuro a partir da situación de desempre-go?

“Despois de sete meses sen facer nada nin ofertas de traballo decidin iniciar o ciclo de Mantemento Electromecánico para au-mentar a miña formación e coñecementos e máis tendo a posibilidade de facelo en Verin”.

Coñecias as saídas profesionais deste Ciclo Formativo?

“Cando vin o currículo do ciclo foi cando me de-catei da posibilidade tan-to de traballar por conta allea como de porme a traballar por conta propia, se non aparecía algunha

oferta de traballo por par-te dalgunha empresa”.

Consideras que che achegou moito este Ciclo Formativo?

“Este é un ciclo moi completo pois abrangue

campos moi variados (electricidade, mecaniza-do, soldadura, pneumática, hidráulica, programación de autómatas e robots…). Así, ao rematar, podese atopar traballo en postos moi variados”.

Emilio Boo, no centro da imaxe, nunha visita didáctica á factoria de Citroën en Vigo.

Unha das prioridades de intervención educati-va no IES García Barbón de Verín ten relación co desenvolvemento conti-nuado de actividades de información e orientación académica e laboral e de titoría individualizada do alumnado. O Departa-mento de Orientación, en colaboración coa Xefatura

de Estudos e coas titorías, prioriza a atención titorial individualizada e avalía a súa utilidade preguntando directamente aos estudan-tes. Neste sentido, poden afirmar que a opinión da maioría dos adolescentes é moi positiva.

Na páxina web, blogs e redes sociais do instituto ve-rinés fan público o resultado

deste sistema de avaliación que denominan “Avaliación da Satisfacción do Alumna-do” (ASA) e que se realiza en dúas ocasións ao longo do curso (xaneiro e maio). “A finalidade principal é a de coñecer a opinión dos estudantes e procurar me-llorar a nosa intervención educativa”, indican desde o centro.

Satisfacción do alumnado de Bacharelato coas titorías individualizadas do IES García Barbón

Prazos de matrículaPara cursar estudos de

Bacharelato no instituto García Barbón o alumna-do aprobado na convoca-toria de xuño poderá ma-tricularse do �5 de xuño ao 10 de xullo, mentres que aqueles que aproben na convocatoria de setembro terán de prazo do 1 ao 10 dese mes.

Nas ensinanzas de For-mación Profesional, non están publicadas as datas oficiais, pero os prazos orientativos para solicitar praza quedarían entre fi-nais de xuño e principios de xullo.

Foiche difícil atopar traballo unha vez rema-tado o ciclo?

“Cando rematei os es-tudos, iniciei as prácticas nunha empresa de nova creación na zona da Gudi-ña, especializada no man-temento tanto en automó-biles como en maquinaria. Cando estaba pola metade das prácticas xa me ofre-ceron a posibilidade de quedar. Alí non miraron a idade, o que lle intere-saba era a formación que eu achegaba, polo que foi sinxelo chegar a un acor-do”.

Xa para rematar, re-comendarias este Ciclo Formativo?

“Eu digolle a calquera, sexa novo ou adulto, que unha persoa debe formar-se continuamente pois tal e como están as cousas os empresarios fíxanse moito nas persoas activas, e nun-ca pensedes que non sodes capaces, pois aquel que se empeña e se sacrifica con-segue chegar á meta que se propoña.

A proba é que eu, cos meus anos, apostei por esta formación e aquí es-tán os resultados”.

“Unha persoa debe formarse continuamente pois os empresarios fíxanse moito nas persoas activas, e nunca pensedes que non sodes capaces”, explica Boo

Page 9: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

�VERÍN E COMARCA

Redacción

Os Servizos Sociais Comunitarios do Conce-llo de Verín están a reali-zar, dentro do seu Plan de Envellecemento Activo, obradoiros monográficos e coloquios para promover a participación activa das persoas maiores no muni-cipio, ampliar a oferta de actividades para maiores e coidadores de persoas dependentes, e velar pola promoción de hábitos sau-dables para o mantemento da autonomía persoal.

Tras un primeiro obra-doiro sobre “Habilidades de comunicación aserti-va” o pasado 11 de xuño, o Plan de Envellecemento Activo inclúe un segundo obradoiro monográfico, ‘Técnicas para o manexo do estrés’, que se realizará o �5 de xuño. A activida-de está dirixida ás persoas coidadoras de maiores de-pendentes aínda que tamén está aberta a poboación en xeral preocupada polo tema.

No vindeiros meses pro-gramaranse máis sesións coa finalidade de ofertar

formación a aqueles coi-dadores de persoas maio-res dependentes que, en moitas ocasións, sopor-tan unha carga extra de traballo.

A xente interesada en participar nos obradoiros debe inscribirse na Área de Maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín. O aforo non excederá das 15 persoas.

CharlaPor outra banda, e en

liña coa sensibilización e defensa de dereitos das persoas maiores, o 1� de xuño, ás 1� horas, terá lugar a charla-coloquio “A idade non elimina de-reitos”. Será na Casa da Cultura de Verín e ver-sará sobre a defensa dos dereitos dos maiores.

A charla está relacio-nada co Día mundial da toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez, que se celebrou o 15 de xuño coa instalación de mesas informativas de Cruz Vermella fronte á sede dos Servizos Sociais Comunitarios de Verín.

O Plan de Envellecemento Activo promove obradoiros monográficos4 O 25 de xuño impartirase un sobre manexo do estrés.

Jiménez Morán despídese anunciando novas actuacións para Verín4 Destacou a segunda fase da rehabilitación do albergue de peregrinos ou a construción da escola infantil e do Centro das Artes.

Redacción

O popular Juan Ma-nuel Jiménez Morán, na súa penúltima rolda de prensa como alcalde de Verín neste mandato, fixo un repaso polas ac-tuacións logradas para a localidade polo seu gru-po de goberno.

Citou como actuacións en realización ou a piques de realizar, a rehabilita-ción do albergue de pere-grinos; a construción da escola infantil; a finaliza-ción do Auditorio e Cen-tro das Artes de Verín; a mellora da rede de abas-tecemento de Vilamaior; a ampliación dunha pon-te en Pazos; a conclusión da Ecovía do Támega; a mellora da rede de sa-neamento e construción dunha rotonda de acceso no polígono de Pazos; e a remodelación dos acce-sos ás vivendas do grupo 1º de Maio.

“Estas infraestruturas lográronse grazas á xestión do grupo de goberno do Partido Popular, subliñou o alcalde en funcións, “e aínda que as finalicen outras formacións foron conseguidas atendendo as necesidades e demandas dos veciños e veciñas de Verín”, dixo.

Obras comprometidasJiménez Morán

explicou que a Secretaría Xeral para o Turismo confirmou a realización dunha segunda fase de rehabilitación na Casa do Escudo de Verín, agora albergue de peregrinos en exclusiva. O proxecto xa aprobado, e que en breve se sacará a licitación cun orzamento de case 150.000 euros, consistirá na “dotación dunha cociña e adecuación do salón na parte inferior

do albergue”, detallou o político popular.

Jiménez Morán tamén citou como proxecto logrado polo PP para Verín a escola infantil, que contará con 74 prazas para menores de 0 a 3 anos e cuxa construción se iniciará en breve, cun investimento por parte da Consellería de Traballo e Benestar de 705.000 euros.

Os populares deixan pendente de remate a

construción do Auditorio e Centro das Artes de Verín, cuxa conclusión está prevista para os próximos meses. Unha infraestrutura que sufragan Concello, Deputación e Xunta de Galicia con fondos FEDER, cun investimento total de 3,3 millóns de euros.

O rexedor popular ta-mén citou a mellora da rede abastecemento da es-trada de Laza, unha obra que xa foi adxudicada pola

Consellería de Medio Am-biente cun orzamento de 70.000 euros, “o que per-mitirá que en 15 días se inicie a obra, e en menos dun mes os veciños e ve-ciñas de Vilamaior teñan solucionados estes proble-mas de subministro”.

Actuacións en PazosEsta mesma Consellería

xa adxudicou, por un total de 800.000 euros, as obras de mellora da rede de sa-neamento no polígono de Pazos para solucionar os problemas de desborda-mentos na EDAR. E ta-mén en Pazos, o Concello xa recibiu unha modifica-ción puntual do plan para construír unha rotonda de acceso ao polígono em-presarial, cun orzamento de 50.000 euros.

“Outra xestión primor-dial para este grupo foi lograr a ampliación da ponte sobre o río Támega na localidade de Pazos”, salientou Jiménez Morán. O rexedor en funcións re-cibiu a confirmación por parte do presidente da Confederación Hidrográ-fica do Douro de amplia-ción desta ponte, situada na área recreativa de Pa-zos, cun orzamento de 350.000 euros, co fin de evitar inundacións.

Por outra banda, a De-putación de Ourense adxudicou un novo tramo da Ecovía do Támega, que unirá Verín con Chaves, por un total de 664.000 euros. “Os traballos come-zarán inmediatamente e só queda que o novo grupo de goberno adxudique o outro tramo para os que xa están os fondos consignados, un total de �00.000 euros, o que permitirá concluír o tramo da Ecovía en chan galego”, destacou Jimé-nez.

Finalmente, Jiménez informou de que se inicia-ron as obras dos accesos as vivendas do grupo 1º de Maio, co obxecto de mellorar a seguridade de peóns e vehículos.

Juan Manuel Jiménez Morán, no seu último acto públi-co como alcalde de Verín, na presentación do manual de imaxe corporativa do proxecto “Valtámega”. /CdV.

Soar, na avenida de Sousas, onde se levantará a futura escola infantil de Verín. En pasadas datas procedeuse á demolición das antigas dependencias de Obras Públicas./CdV.

Tamén hai comprometidas melloras do abastecemento e saneamento e a ampliación dunha ponte en Pazos

Detidas nai e filla como presuntas autoras dunha agresión a unha profesoraRedacción

A Garda Civil de Verín detivo o xoves 11 de xuño dúas mulleres, M.S.M de 54 anos de idade e M.H.S. de �8 anos, veciñas da Rasela, Verín, como pre-suntas autoras dun delito atentado contra funciona-rio público no exercicio do seu cargo tras agredir e

ameazar a unha profeso-ra da súa neta e filla res-pectivamente.

Os feitos ocorreron o día anterior á detención, logo de que a nena, que estuda no colexio Prince-sa de España, chegara a casa cunhas rabuñaduras. Ambas mulleres entra-ron no centro educativo e ameazaron e agrediron a profesora de Educación Infantil.

Tras pasar a disposi-ción xudicial, avoa e nai quedaron en liberdade con cargos e unha orde de afastamento da mestra.

Page 10: 16 de xuño - Barrios

10 BARRIOSXuño de �015 VERÍN E COMARCA

O actor Rubén Riós con membros da comunidade educativa do IES Castro de Baron-celi

O IES Castro de Baronceli ponlle o nome de Rubén Riós a unha aula

O Instituto Castro de Baronceli de Verín acordou nomear unha das súas aulas Rubén Riós. Unha proposta que partiu do Departamento de Normalización Lingüística do cen-tro, que leva os oito últimos anos realizando este tipo de homenaxe a persoeiros desta-cados polo seu traballo e implicación coa cultura e lingua galegas. “Agradecido eterna-mente a centros e a mestres como os do IES Castro Baronceli, non polo acto, senón por recoñecer o labor e o traballo de persoas que traballamos coa nosa lingua, como min, o que me fixo galego e que deu as ganas e formación para estar orgulloso do meu e elixir o camiño que, a pesar das pedras que aparecen nel, podo saltalas por días coma o que vivín o 18/5/�015”, explicaba Rubén Riós nunha carta aberta.

A Plataforma en Defensa do Castelo, indignada co resultado das obras4 Recordan que hai recursos xudiciais sen resolver sobre a actuación.

Redacción

A Plataforma en Defen-sa do Castelo de Monte-rrei amósase indignada co resultado das obras de rehabilitación do castelo. Afirman que se fixeron “sen ningún respecto ao monumento, esnaquizan-do partes importantes do mesmo” e alterando “gra-vemente” a súa fisonomía, autenticidade, integridade e lectura histórica. Son especialmente críticos co cementado da entrada e do patio de armas, así como co cuberto engadido á To-rre das Damas.

A Plataforma lembra

que hai recursos xudicias sen resolver, “que poden ilegalizar o hotel”. Por iso pídenlle ás autoridades que rectifiquen.

Xa desde antes de come-zar as obras, a Plataforma se opuxera ao cambio de

A Plataforma critica o cemento botado na entrada e no patio de armas./PLATAFORMA DEFENSA CASTELO

uso da fortaleza consi-derando o proxecto de convertila en parador “un disparate” e “un atentado cultural” e “sen ningún dato obxectivo que xusti-fique a súa rendabilidade futura” .

Page 11: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

11XINZO E COMARCA

Redacción

A Asociación para a Recuperación da Memo-ria Histórica (ARMH) fixo entrega a principios de xuño en Xinzo de Li-mia dos restos de Perfec-to de Dios, guerrilleiro antifranquista asesinado en 1�50, ao seu irmán Camilo, que ten agora 8� anos; tras ser iden-tificado en Arxentina, mediante unha proba de ADN.

Emocionado, Camilo de Dios puido enterrar os restos do seu irmán xunto aos da súa nai, reunindo a familia que pagou un terrible prezo por combater a ditadura franquista.

No acto de entrega participou Henning Sol-haug, representante do sindicato de electricistas noruego Elogit, que o pa-sado verán realizou unha doazón de 6.000 euros á asociación, que foron utilizados para localizar e identificar os restos de Perfecto.

A súa historiaPerfecto de Dios naceu

en Sandiás o 3 de febrei-ro de 1�31; con 14 anos estudaba na Academia Rubén de Ourense, onde estableceu contacto coa resistencia antifranquista e chegou a formar parte do Exército Guerrilleiro de Galicia, xunto coa súa nai e o seu irmán Camilo.

En 1�50, Perfecto e a súa nai dirixíanse a Ma-drid coa intención de pasar á clandestinidade. O 16 de maio, en Chaherrero (Ávi-la) víronse implicados nun tiroteo coa Garda Civil, no que caeu morto. A nai

quedou xunto ao corpo, foi detida e condenada a 30 anos de reclusión, dos cales cumpriu 11. Perfecto foi sepultado nunha fosa aberta no ex-terior do camposanto.

O expediente da in-vestigación xudicial da época foi localizado no Arquivo do Tribunal Militar Territorial IV, en Ferrol, e grazas a el puidéronse coñecer os feitos acontecidos e a autopsia e as feridas que supostamente presenta-ba o corpo.

Os restos de Perfecto de Dios regresan a Xinzo4 A Asociación para a Recuperación da Me-moria Histórica entregoullos ao seu irmán.

Os restos de Perfecto foron trasladados ao cemiterio por parte dos seus familiares, entre eles, o seu irmán (á derei-ta). Numerosos veciños da Limia acudiron ao enterro.

Xornadas de autoemprego no CDR O Viso O 3 e 4 de xuño o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso acolleu Xornadas de

Autoemprego: “Hai outras fórmulas… o emprendemento como alternativa”, nas que afondaron en fórmulas como a do cooperativismo, así como en experiencias propias de emprendemento de veciños da zona.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar a ilusión, o enfoque respetuoso e os valores que moven a estes novos emprendedores, para animar a outros a aplicar as súas ideas innovadoras e aproveitar as potencialidades do medio rural.

Os asistentes ás xornadas durante unha das conferencias impartidas.

Redacción

A Escola Rural de Saú-de da Limia organiza un curso sobre discapacidade física, intelectural e sen-sorial, que se imparte os xoves desde o 4 de xuño ao � de xullo na Casa da Cultura de Xinzo. A for-mación corre a cargo de profesionais do ámbito sa-nitario e social, así como de testemuñas reais.

Esta actividade está aberta á toda a cidadanía e pensada para formar e sen-sibilizar sobre a necesida-de de identificar ás persoas

con discapacidade non como diferentes, senón como suxeitos que teñen outra maneira de xestio-nar as situacións ás que a diario nos enfrentamos, e que precisan os apoios necesarios para igualar as súas oportunidades.

Os participantes coñe-cerán, entre outros aspec-tos, COGAMI (Confede-ración Galega de Persoas con Discapacidade), a Asociación Limisi (que aborda a diversidade funcional) e o SVE; así como produtos de apoio para a accesibilidade.

Xinzo acolle un obradoiro sobre discapacidade 4 Organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia.

Redacción

Novas Xeracions do Partido Popular de Xinzo comezou unha nova cam-paña solidaria. Depois das campañas de recollida de alimentos, xoguetes e li-bros de texto, esta vez con-siste na recollida de tapóns de plástico para axudar a conseguir unha cadeira de rodas a un mozo limiao

que precisa dela para a súa mobilidade.

O presidente de NNXX en Xinzo de Limia, José Antonio Parente, fai un chamamento aos veciños e veciñas do concello de Xinzo e da comarca “para que colaboren e así entre todos poida obter esta cadeira de rodas moi necesaria para mellorar a vida a este mozo”.

Campaña solidaria de Novas Xeracións4 Recollida de tapóns para unha cadeira de rodas.

EN BREVE

4Cursos de extensión universitaria

O vindeiro martes 16 de xuño, ás �0:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo, terá lugar a pre-sentación da publicación �014 das Actas dos Cur-sos Universitarios ce-lebrados na localidade: “Hidacio da Limia e o seu tempo: A Gallaecia Sueva” e “A Limia na época medieval”, por parte do seu director, Fermín E. Pérez Losada.

Así mesmo, tamén se presentará o curso de extensión universitaria “Galaicos: A Auga e o Alén”, que se impartirá os días 30 de xuño e 1, � e 3 de xullo na Casa da Cultura limiá. Este curso proporciona dous crédi-tos de libre elección.

Os interesados en ma-tricularse poden facelo no Campus de Ourense, no �88 38 71 0� ou en http://vicou.uvigo.es/cursos-de-veran.

4 Construción dunha rotonda de acceso ao polígono

Xa comezaron os traballos para construír a rotonda que facilitará a entrada ao polígono empresarial de Xinzo de Limia desde a pista de Morgade.

Trátase dunha obra municipal financiada con fondos da Deputación e que ten un prazo de execución de dous meses.

4Apertura das piscinas de Xinzo

As piscinas municipais de Xinzo abriron este luns ao público para a tempada de verán. Nesta primeira semana permanecerán abertas en horario de tarde, que se ampliará de 1� a �1 horas a partir do sábado �0.

Os prezos para acceder ás instalacións serán os mesmos que os do ano pasado, ao igual que a xestión das mesmas, a cargo da empresa Saudeter. No Concello de Xinzo expediranse os carnés para poder acceder durante toda a tempada estival.

Dúas das profesionais que impartiron o obradoiro.

Page 12: 16 de xuño - Barrios

1� BARRIOSXuño de �015

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O Salón de Plenos do Concello de Allariz acolleu este 1� de xuño a entrega de diplomas dos módulos específicos do Programa Clara -organizado entre o Concello de Allariz, o Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo-, que ten como obxectivos fundamentais incrementar a empregabilidade das

mulleres e mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida a través do seu desenvolvemento persoal así como mellorar a súa cualificación para o emprego.

Un grupo de �0 mulleres recollían os diplomas correspondentes ás dúas formacións realizadas. Por unha banda, as alumnas do “Curso de patronaxe con montaxe de prendas”

Entrega de diplomas do Programa Clara4 Unha vintena de mulleres de Allariz formá-ronse en patronaxe e turismo.

e, por outra, as do “Curso de deseño de productos turísticos”, ambos elixidos tendo en conta a motivación das participantes, as necesidades de Allariz e os posibles nichos de emprego.

A última fase do programa basease na busca activa de emprego e autoemprego e o seu acompañamento, rematando a fase formativa en setembro.

Redacción

O Concello de Xunqueira de Ambía porá en marcha o proxecto piloto “Eu escoito, ti falas”, que estará levado a cabo por 37 voluntarios –asistidos por dúas asistentas sociais- que visitarán a 63 familias do termo municipal.

O Plan de Traballo desta iniciativa consiste en dividir o concello en distintas áreas de

actuación (Armariz, Xunqueira de Ambía, Bovadela, Sobradelo e A Graña), ás que acudirán os voluntarios en grupos de seis. E a actuación dos mesmos consistirá en visitar a cada familia, falar con eles, ver as necesidades que poidan ter, realizar acompañamento, etc.

Esta iniciativa desenvolverase de xeito totalmente gratuito para o Concello e para os usuarios.

Xunqueira de Ambía inicia o proxecto piloto “Eu escoito, ti falas” 4 Na procura de coñecer as necesidades das familias.

Redacción

A construtora ourensá Misturas cumpre �5 anos e celébraos cunha xornada técnica baixo o título ‘Sustentabilidade na construción de obra civil: Novas perpectivas’, que terá lugar o 18 de xuño en Allariz.

A construtora utilizará esta xornada para amosar

os resultados dalgúns proxectos de investigación e innovación, e analizar novas técnicas empregadas en construción.

Misturas está enfocada cara á edificación e á obra civil, aínda que nos últimos tempos aumentaron os seus contratos de servizos, rehabilitación de firmes e iniciativas de I+D+I.

Xornada técnicaNesta xornada

participarán técnicos de diferentes administracións, empresas e universidades,

cunha previsión de reunir arredor de medio cento de profesionais.

O programa inclúe demostracións de proxectos como o ‘Sitegi’; presentación do ‘Biovalvo’, para a valorización das cunchas de mexillón na construción; e relatorios

sobre técnicas viarias adaptadas ao cambio climático e o uso de mesturas bituminosas en frío fabricadas con RCD’s.

Ademais, inclúe visita ás plantas de fabricación de aglomerado, en quente e frío, sitas no polígono industrial de Chorente.

Misturas organiza unha xornada técnica sobre sustentabilidade 4 Profundizará en novas téc-nicas de construción.

Terá lugar o 18 de xuño en Allariz Javier Prada, conselleiro delegado da construtora, xunto

ao busto do fundador de Misturas.

O rexedor de Allariz, Francisco García, coas participantes no Programa Clara tras reci-bir os seus diplomas. /M.REJO.

Page 13: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

13PUBLICIDADE

Page 14: 16 de xuño - Barrios

14 BARRIOSXuño de �015

CELANOVA E COMARCA

Redacción

O conselleiro de Econo-mía e Industria, Francisco Conde mantivo en Celano-va este 1� de xuño un en-contro de traballo con re-presentantes da asociación de mozos empresarios AJE Ourense, no que sinalou a importancia do empren-demento innovador como clave no futuro económi-co de Ourense e de Gali-cia. Encontros como este, sinalou Conde, permiten compartir e coñecer as ideas e proxectos empre-sariais que fan de Ourense un elemento dinamizador da comunidade.

Neste contexto, o titular de Economía e Industria resaltou que, no que vai de ano, a provincia suma máis de �00 novas empre-sas, dato que reflicte o seu impulso emprendedor e

que mellora en 1� puntos porcentuais o acadado nos cinco primeiros de �014. Destacou Conde durante o acto que estes e outros proxectos conforman unha xeración de emprendedores chamada a crear riqueza e emprego na provincia.

Apoio da XuntaA aposta polo empren-

demento está a contar co apoio do Goberno galego, posto de manifesto en ini-ciativas como a acelerado-ra de empresas Agrobio-tech, ubicada no Parque Tecnolóxico de Ourense, que se ten activado recen-temente coa selección de 11 empresas galegas dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da bio-masa, que contan cunha folla de ruta individuali-zada en función das súas necesidades. O obxectivo

O emprendemento innovador, chave no futuro económico de Ourense4 O conselleiro de Economía mantivo un en-contro en Celanova con representantes de AJE Ourense.

é incrementar o potencial innovador das pemes, favorecer o desenvol-vemento de produtos e servizos innovadores, e facilitar o acceso ao fi-nanciamento.

Conde destacou o esfor-zo que está a facer a Xun-ta por facer da Adminis-tración un facilitador de solucións. Neste sentido, a Lei do Emprendemen-to e da Competitividade Económica de Galicia simplificou os trámites para a apertura dun nego-cio suprimindo a licenza municipal por unha co-municación previa.

Francisco Conde, co grupo de emprendedores co que se reuniu./RAMSÉS

A Lei de Emprendemento da Xunta simplificou os trámites para unha apertura

Redacción Cruz Vermella en

Terra de Celanova organiza o vindeiro �0 de xuño unha xornada solidaria moi especial na reitoral de Ansemil.

“A Festa do Ouro” reunirá a chefs de prestixio en distintas actividades das que

Cruz Vermella celebra en Celanova “A Festa do Ouro”4 Coa presenza dos chefs Pepe Solla, Dani Guzmán e Julio Sotomayor.

poderá gozar público de todas as idades.

Desde as 11.15 horas, Pepe Solla dirixirá un obradoiro de cociña infantil para nenos de entre � e 14 anos.

A partir das 13.30 horas terá lugar unha cata de viños con José Manuel Juste, presidente da Asociación Galega de Enólogos, e ás 14 horas os asistentes degustarán os pratos elaborados por Dani Guzmán e Julio Sotomayor, do restaurante ourensán Nova. A partir das 17 horas haberá actuacións de música en directo.

4 Carpas “Saúde de Ouro”

Voluntariado da Cruz Vermella promove es-tilos de vida saudables nas carpas “Saúde de Ouro”, que están a percorrer a provincia achegando material di-vulgativo aos veciños sobre temas, como ali-mentación, soño, exer-cicio físico, coidado das costas, etc.

Tras pasar por Verín, Vilardevós e Xinzo, a carpa visitará o � de xu-llo Riós e o 4 Maceda, entre outros.

AndainasAsemade, Cruz Ver-

mella organiza varias andainas solidarias. O �8 de xuño será a de Xinzo, con dúas rutas a elexir, de 10 ou �0 quilómetros. As inscri-cións, de 6 euros, in-clúen un boleto do Sor-teo de Ouro, e poden realizarse na oficina de Cruz Vermella en Xin-zo e en Xinzo Sport.

Haberá un obradoiro de cociña, cata de viños, degustación de pratos e música en directo

Os cociñeiros ourensáns Julio Sotomayor e Dani Guzmán, durante a preparación dun-ha degustación que tivo lugar no seu restaurante Nova, que conta cunha Estrella Mi-chelín./ARQUIVO.

Page 15: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

15PUBLICIDADE

Page 16: 16 de xuño - Barrios

16 BARRIOSXuño de �015

CELANOVA E COMARCA

R.T. / S.N.

Rubén Vieira neste intre non ten metas, e non as ten porque agora mesmo está a vivir un momento inigualable, deses nos que non podes soñar cos seguintes pasos porque nunca imaxinaches chegar a este punto do camiño. Despois de medrar seguindo ao COB con-verteuse fai catro anos no prepa-rador físico do equipo e agora foi un dos protagonistas técnicos do seu ascenso a ACB.

A isto hai que engadirlle que dende este 13 de xuño comeza unha nova etapa política na súa vila natal, Celanova, achegando no Concello a súa experiencia e ideas nun terreo que coñece ben: o do deporte. Falamos con el.

Como chegas a ser o prepara-do físico do Club Ourense Ba-loncesto?

Rubén Vieira: “Eu estudei en Pontevedra, Licenciatura en Edu-cación Física, despois marchei a Madrid facer un maxisterio e un máster de preparación física, e recibo a chamada do coordinador de Ourense para levar un grupo de cadetes, foi fai cinco tempadas. Xusto ese verán descende o club, entra un director deportivo novo e teño a sorte de que ese director deportivo conta comigo, e levo catro anos seguidos no club”.

Como viviches estes anos?R.V.: “Houbo dous anos moi

moi bos. O primeiro co ascenso a Prata, porque me pillou con �4 anos e toda a ilusión do mundo. É certo que non comezamos ben, destituíron a Rubén Domínguez e como preparador físico hai unhas dúbidas que che xera o cambio de adestrador, pero todo foi ben e logramos ascender. E este último ano foi o mellor a nivel deportivo e humano”.

E no medio?R.V.: “Todos os veráns foron

complicados. O que debes é tratar de illarte un pouco, e non pensar moito no que vai pasar, senón desgasta”.

Como viviches a tempada?R.V.: “Non foi perfecta, porque

sempre hai cousiñas que mellorar, pero dende pretempada xa se vía que o grupo era moi bo e traba-llaba. É certo que chegamos ao primeiro partido e gañamos ben, o que afianzou as ideas que tiña-mos. Os tres partidos que perde-mos crearon dúbidas, pero fomos a Burgos e gañamos, e enlazamos seis vitorias; e tivemos a Copa Príncipe a oito segundos.

Logo o ascenso foi incrible. Creo que a xente ten que entender que isto é moi difícil de repetir”.

Como preparador físico como afrontaches o playoff?

R.V.: “O preparador teno que afrontar pensando en chegar no mellor momento ao primeiro par-tido contra Melilla. Cando perde-mos contra o Breogán faltando catro xornadas daste conta de que o importante é chegar ao playoff, aí axustas un pouco as cargas para eses catro partidos permitindo que os xogadores poidan chegar un pouco máis pesados ou can-sados, que non foi o caso porque gañamos todos, e iso levounos ao segundo posto, que tamén foi moi importante, porque igual iso nos deu o ascenso, ao xogar o quin-to encontro na casa e non ter que desprazarnos”.

Agora toca conseguir finan-ciación, de onde consideras que debe proceder?

R.V.: “Paréceme inxusto que non teñamos esa sensación de éxito porque non tes claro en que categoría vas saír. Eu creo que ao final ten que haber tres piares: as institucións públicas, e aí non te-mos dúbidas porque sabemos que a Deputación nos axudará como leva facendo todo o ano; as em-presas privadas, que se deben in-volucrar porque somos un enorme escaparate que levaremos o nome de Ourense por toda Europa; e os socios, que tampouco teño dúbida de que van responder”.

Cales son as túas metas a ni-vel profesional?

R.V.: “Nunca me plantexei ningunha meta. É certo que estar en ACB é un soño, porque como preparador físico de baloncesto é o máximo ao que podes chegar,

e máis se eres de Ourense, por-que fun afeccionado toda a vida e agora véxome no equipo que seguía con 10 anos en ACB. Pero a nivel xeral, non teño ningunha meta, só ser mellor cada día, e a vida xa pon a cada un no seu lu-gar co paso dos anos”.

Como decides dar o salto á política?

R.V.: “Ese salto é complicado. Coa boa relación que teño co al-calde e coa xente de alí fai meses que me intentaron involucrar no tema para intentar mellorar al-gunhas cousas e manter outras, e pedíronme que colaborase en deporte e ao ser de Celanova dubidei, pero ao final decidinme a botar unha man”.

Que cres que podes achegar?R.V.: “Calquera pode achegar,

se tes gañas, a ilusión debe mover

todo e teño moita ilusión de que Celanova medre a nivel depor-tivo, que non é sinxelo, porque aínda non falamos de números, pero todos sabemos como están os concellos a nivel económico, polo que tes que intentar que o pobo mellore da forma máis eco-nómica posible”.

Tes algo en mente?R.V.: “Gustaríame chegar ao

máximo público posible, e igual que hai un club de fútbol, que haxa oferta de baloncesto, ciclis-mo, running, duatlón… quero poñerllo máis sinxelo a esas per-soas para que poidan practicar o seu deporte e sobre todo chegar aos usuarios que a día de hoxe non practican ningún. Pero iso é un obxectivo a longo prazo, para os catro anos, e a nivel de instala-cións conseguir un ximnasio.

ENTREVISTA A RUBÉN VIEIRA - PREPARADOR FÍSICO DO CLUB OURENSE BALONCESTO

“Estar en ACB é un soño e máis porque fun afeccionado do COB de toda a vida”

4 O preparador físico do Club Ourense Baloncesto, Rubén Vieira, cóntanos como viviu esta tempada, o playoff de ascenso e súa nova faceta política como concelleiro en Celanova.

E tamén quero organizar activi-dades: masterclass, camiñatas, al-gunha carreira… a xente que non coñece Celanova pode achegarse chamada por esas iniciativas”.

Como ves Celanova a nivel xeral?

R.V.: “Temos que mellorar un pouco todo. A xente polo traba-llo ou por outros motivos mar-cha, e temos que conseguir que quede ou polo menos a visiten. E a través do deporte iso é o que buscaremos. Agora vaise facer un campo de herba sintético, temos outro de herba natural, dous pa-villóns… instalacións temos pero hai que conseguir, dentro dos re-cursos económicos dos que dis-pomos, facer cousas e facer que a xente practique deporte ”.

E como compaxinarás o teu traballo no COB co cargo de edil?

R.V.: “Non teño dedicación exclusiva, polo que non teño un horario. É certo que nas horas libres que teña do club terei que tratar de porme en contacto cos responsables de deporte alí para ir traballando. Pero non vai supor ningún problema”.

Cóntanos sobre o Campus de baloncesto Pedro Rivero que vai ter lugar en Celanova este verán por iniciativa túa.

R.V.: “É unha das primeiras ideas que xurdiu para que a xente coñeza Celanova. No mes de fe-breiro, antes de que contactaran comigo polo tema político, falan-do con Pedro decidimos montar algo diferente onde os nenos pui-deran practicar baloncesto e á vez gozar das instalacións. Pensei en Celanova porque temos un alber-gue, dous pavillóns e tamén imos utilizar as instalacións do colexio Curros Enríquez. Imos xuntar en-tre 40 e 50 nenos, que van adestrar e tamén terán actividades lúdicas. E buscaremos que todos queiran repetir. O primeiro ano sempre é o máis difícil, vas a cegas, pero podo dicir que está sendo un éxi-to, reunimos a máis rapaces dos que pensabamos e agardamos que teña continuidade”.

En canto ao seu salto á política, “pedíronme que colaborase en deporte e ao ser de Celanova dubidei, pero ao final decidinme a botar unha man”, explica Rubén Vieira

“O Campus de baloncesto Pedro Rivero está sendo un éxito (de inscrición) e agardamos que teña continuidade”

Rubén Vieira, preparador físico do COB./RAMSÉS.

Page 17: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

17

Participantes da nocturna de Celanova doutra edición.

Ares aventaxou en case catro minutos ao segundo clasificado, Vallejo

Iván Feijoo regresou á competición, tras unha lesión, cos podios de Mugardos -Open Galego-, onde foi primeiro, e Roiriz, rematando en terceira posición

Redacción

O corredor júnior do Academia postal - Actyon de Maceda Brais Sendín subíu á segunda posición no Open de España de BTT XC. Este ascenso logrouno despois de re-matar segundo na proba de Panticosa (Huesca).

O ourensán tan só foi superado en terras os-censes polo rumano Vlad Dascalu. Esto non é máis que a certificación do excelente estado de for-ma de Sendín e de que estamos diante dun dos mellores júnior a nivel estatal.

O seu compañeiro Saúl López foi 15º na catego-ría elite sub �3 (quinto en sub �3).

MugardosIván Feijoo regreseba

á competición no Open de Galicia, despois dun-ha lesión que o mantivo afastado da mesma du-

Brais Sendín sobe á segunda praza no Open de España4 Despois de ser segundo en Panticosa (Huesca). Iván Feijoo regresa á competición.

rante un mes e medio. E non puido regresar de mellor maneira que con vitoria en cadetes. O seu compañeiro de categoría, Abel Franco, remataba terceiro.

En sub �3m Raúl Gon-zález fixo podio co ter-ceiro posto.

En canto ás carreiras para escolas celebradas no Rosal, Bregoán Diz proclamouse campión en alevíns.

PortugalEsta fin de semana,

en Portugal, Iván Feijoo volveu pisar o podio. Foi nunha proba celebrada en Roriz (Barcelos), onde o cadete ourensán rematou na terceira posición.

En elite sub �3, Saúl

López foi cuarto des-pois dunha gran carrei-ra na que foi o segundo sub �3.

LouridoA mesma fin de se-

mana que en Portugal, os máis pequenos da Escola de ciclismo JA Hermida participaban nunha mini BTT cele-brada en Lourido. Alí, Carlos Canal e Antía Martínez fixéronse coa vitoria en infantís; e Marcos Nube foi tercei-ro na mesma categoría. A Antía acompañábana no podio Aida Gonza-lez, segunda, e Noela Saa, terceira.

En alevíns, Breogán Diz foi segundo e Mar-tín González, quinto.

Brais Sendín (á esquerda), segundo no podio de Panticosa (Huesca).

Celanova prepárase para a súa nocturna4 Terá lugar o sábado 20 de xuño a partir das 21 horas.Redacción

Se hai unha carreira do agrado de todos esa é, sen dúbida, a noctura de Cela-nova. Este ano chega á súa

décimo segunda edición e como cada ano o éxito está asegurado, esperando su-perar os 500 inscritos.

As carreiras comezarán coas probas infantís (ás �1

horas) para ás ��.30 horas rematar coa absoluta. Esta terá un percorrido duns 7.800 metros.

Xinzo de LimiaE para o sábado 4 de

xullo está prevista a noc-turna de Xinzo de Limia que chega a súa undécima edición. Este ano traslada-se de xuño a xullo.

Ourense TermalEste mesmo sábado

nas pistas de atletismo

do Campus Universitario de Ourense, celébrase o “Ourense Termal Athletics Meeting”.

Trátase dnha xornada de atletismo en pista. Pola mañá competirán as ca-tegorías escolares e pola tarde, as absolutas. Nestas últimas agárdase que haxa un gran número de atletas de toda Galicia e o norte de Portugal, ademais do-utros puntos da xeografía española, e incluso do es-tranxeiro.

Iván Ares vence no Rali de Ourense4 Segundo foi Sergio Vallejo e terceiro, Cristian García.Redacción

A 48ª edición do Rali de Ourense -Ourense Termal- tivo a Iván Ares como campión.

O piloto de Cambre, xunto ao seu copiloto Álvaro Bañobre, logrou unha vitoria inapelable distanciando en case ca-tro minutos aos irmáns Vallejo. Estes tiveron problemas na primeira pasada por San Pedro de Rocas, na cal perderon cinco minutos e un se-gundo que os levou á dé-cimo novena posición.

A partir de aí, tocoulles remontar ata acadar esa segunda posición do podio. A primeira praza estaba imposible de aca-dar, xa que Ares tan só tivo que manter a van-taxe lograda.

O terceiro caixón do

podio ocupouno Cristian García e a súa copiloto Rebeca Liso, os cales a pesar dos problemas nos tramos da tarde lograron meterse no podio.

Outro dos favoritos ao triunfo final, Pedro Bur-go, tivo que abandonar.

Miguel FusterO piloto alacantino que

comanda a clasificación no CERA (Campionato de España de Ralis de Asfal-to) non puido participar en Ourense co seu Pors-che. Pero si o fixo cun Su-zuki Swift.

Os problemas económi-cos fixeron que non pui-dera valerse do seu equi-po habitual, pero Suzuki deulle a oportunidade de competir na proba ouren-sá igualmente.

Fuster, limitado co ve-hículo, logrou un meri-torio cuarto posto que lle permite sumar puntos e manterse á fronte da cla-sificación no Campionato de España.

Os ourensánsComo en �014, o piloto

Iago Silva e o seu compa-ñeiro Diego Grande foron os mellores ourensáns des-te rali. A bordo do Peugeot �08 R� o piloto ourensán tivo varios percances, o que máis lle lastrou foi o sufrido no tramo espectá-culo do venres, que fixo que non puidera loitar po-los primeiros postos.

Finalmente, rematou 15º a máis de 15 minutos do primeiro clasificado.

O equipo ourensán foi o formado por David Cortés (piloto) e Rubén Soto (co-piloto), que remataron na 17ª posición da xeral. Non obstante, foron os primei-ros na Copa Suzuki Swift.

O equipo de Luintra si-túase como líder da mono-marca no nacional.

CERACos resultados do 48

Rali de Ourense, a clasi-ficiación no Nacional está liderada por Miguel Fuster con 18�.5 puntos, seguido de Iván Ares con 15�.5, e Pedro Burgo con 1�0.5 puntos.

Iván Ares na segunda pasada do tramo da Peroxa./RAMSÉS

DEPORTES

Miguel Fuster foi cuarto e continúa líder da CERA

Page 18: 16 de xuño - Barrios

18 BARRIOSXuño de �015

DEPORTES

Redacción

O presidente da De-putación de Ourense, Manuel Baltar, e o novo

alcalde de Maceda, Rubén Quintas, asinaron este luns o convenio de colabora-ción que permitirá a esta localidade contar cun novo

campo de fútbol, instala-cións deportivas que esta-rán en condicións antes de 2016, segundo confirma-ron tralo acordo asinado no Pazo Provincial.

Esta é a primeira re-cepción a un alcalde por parte de Manuel Baltar na nova lexislatura local �015-�01�, trala toma de posesión das corporacións o pasado sábado. Baltar e Quintas analizaron te-mas de infraestruturas, servizos sociais, cultura e deporte, que enmarcan as principais necesidades que ten Maceda.

Rubén Quintas, alcalde de Maceda, e Manuel Baltar, presidente da Deputación en fun-cións, na sinatura do convenio.

Maceda contará cun novo campo de fútbol4 Deputación e Concello asi-naron un convenio para a súa construción.

Un dos equipos vencedores, co seu trofeo.

VI Torneo Internacional Fútbol 8 ‘Vila de Verín’ O complexo deportivo de A Granxa acolleu a primeiros de mes o VI Torneo

Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’, ao que asistiron máis de 3.000 persoas que presenciaron unha competición que contou con 37 equipos de Galicia e norte de Portugal das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Na categoría de prebenxamín xogaron nove equipos, e os catro primeiros postos foron para EDC Verín A, Purísima, Vila de Corpus e Antela. Na de benxamín, no que participaron doce formacións, os catro primeiros clasificados foron Antela, EDC Verín A, Vila de Corpus e EDC Verín B. En alevín, dun total de 16 equipos, quedaron como catro primeiros Vila de Corpus, Diogo Cao, Ourense CF e Chaves.

Os trofeos de deportividade recaeron no Vila de Corpus (prebenxamín), EDC Verín B (benxamín) e EDC Verín A (alevín). Este torneo foi organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín.

O Verín logrou o segundo posto na Rexional Preferente Sur despois de vencer na última xornada ao Céltiga (2-3)

O Verín sobe a Terceira División4 Logrou o ascenso tras re-matar segundo na Liga.

Redacción

O Verín CF será o ano que vén equipo de Terceira División. O conxunto do Támega logrou a segunda posición no grupo Sur da Rexional Preferente o que fai que ascenda de catego-ría. Xunto co Barco, que foi o campión, acompaña-rán ao Barbadás na Tercei-ra na tempada �015-�016.

Os de Verín chegaban á derradeira xornada de Liga coa segunda praza en xogo. Incluso podería ser campión se o Barco per-día. Os barquenses non fa-llaron e venceron por 3-1 ao Rápido de Bahía, polo que a primeira posición es-vaecíase. Pero tampouco fallaron os verineses e venceron por �-3 ao Célti-

ga, amarrando deste xeito o subcampionato e con el o ascenso.

Agora toca planificar unha tempada moito máis esixente, se cabe, que esta.

Grupo IA falta de saber se o Pon-

tevedra ascende á Segunda División B ou non, 1� son os equipos que o ano que vén teñen asegurada a súa presenza no grupo I da Terceira División.

De confirmarse o ascen-so do equipo do Lérez, su-biría o Noia como mellor terceiro dos grupos de Pre-ferente.

Confirmadas están a pre-senza o vindeiro curso dos tres ourensáns, Verín, Bar-co e Barbadás. O resto dos

confirmados son os equi-pos de Alondras, Arousa, Bergantiños, Boiro, Cer-ceda, Choco, Deportivo B, Galicia de Mugardos, Negreira, Ordes, As Pon-tes, Rápido de Bouzas, Ribadeo, Ribadumia, Silva e o Vilalbés.

MonterreiO Monterrei é equipo

de Rexional Preferente despois de proclamar-se campión da Primeira Autonómica de Ouren-se. Os de Monterrei fo-ron campións por diante do Barbadás B, equipo que ascendía pero que desaparece. O substituto do filial do Barbadás na Rexional Prefente será Ourense CF, que rematou terceiro na Liga.

Xogada do último partido do Verín nesta tempada contra o Céltiga o que lle valeu o ascenso á Terceira División por vencer por 2-3. /VERÍN CF

O COB é de ACB4 A ACB recibiu os cartos para a afiliación á Liga Ende-sa do club ourensán.

Redacción

Acabouse o “culebrón” do ascenso de Club Ouren-se Baloncesto á ACB. Des-pois de varios días frenéti-

cos por parte da directiva do club para conseguir os pertinentes acordos para inscribir o seu nome na Liga Endesa, por fin o luns 15 de xuño, día que rema-

taba o prazo, o logrou. E non foi sinxelo,

houbo que esperar a que o Concello de Ourense firmara un compromiso de apoio ao club e que a entidade Abanca buscase unha solución financieira viable para que a ACB comunicara a inscrición do COB na Liga. A partir do 30 de xuño, se a docu-mentación e fondos son correctos, o equipo será inscrito definitivamente.

Page 19: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

1�OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

150 participantes nunha andaina solidaria

Un total de 150 per-soas formaron parte da terceira edición da ‘An-daina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’, que tivo lugar en Verín co obxecto de recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes locali-dades de Níxer.

A andaina foi organi-zada polo Concello de Verín xunto con UNICEF España, e tivo un perco-rrido de seis quilóme-tros, entre o pavillón de deportes e os Remedios, en Vilamaior. Rematou con xogos cooperativos e inchables.

Descenso transfronteirizo no Támega

A área recreativa de Rabal (Oímbra) acolleu unha iniciativa ao redor do río Támega, con mo-tivo do Día Mundial do Medio Ambiente cele-brado o 5 de xuño.

Nos seis quilómetros da 1ª Baixada Transfron-teiriza polo río Támega en kayak participaron 10� persoas de Chaves e de Verín, mentres que á Andaina Ambiental, de sete quilómetros, asisti-ron 6�.

A actividade foi orga-nizada pola AECT Euro-cidade Chaves-Verín, conxuntamente cos con-cellos de Chaves, Verín,

Asistentes á andaina solidaria, nun momento da súa camiñata por Verín.

Vistosa imaxe do descenso en kayak polo río Támega.

e Oímbra, a Cruz Verme-lla, os Bombeiros de Cha-ves e Vidago, a Asociación de Caminheiros, a Aso-ciación Ruta das Augas e Protección Civil dos dous municipios. Enmarcábase no proxecto “Valtámega” de valorización ambiental do río Támega.

Recepción aos xogadores do EDC Verín

O salón de plenos do Concello de Verín aco-lleu unha recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil A, Alevín B, Pre-benxamín e Cadete FS, así

como aos seus monitores e proxenitores, na que se realizou un agradecemen-to institucional a estes catro equipos polos éxitos deportivos acadados nesta tempada.

Os catro equipos foron campións das súas respec-tivas ligas.

Un libro recolle os lagares rupestres de MonterreiRedacción

A casa consistorial de Verín acolleu a presen-tación do libro ‘Arqueo-loxía do viño. Os lagares rupestres da comarca de Monterrei’, a cargo dos seus autores, Alberte Re-boreda, Víctor Rodríguez e Eduardo Breogán Nieto.

A publicación foi edi-tada polo Plan de Com-

Redacción

Afeccionados ao baile teñen unha cita na última fin de semana de xuño en Celanova. Alí celébrase, por noveno ano, o Festi-val Internacional “Baila Conmigo”, un evento or-ganizado pola escola do mesmo nome, que ofrece durante dous días clases, exhibicións e obradoiros de diferentes modalidades de baile.

O programa de activida-des dá inicio o venres �6 ás �0:30 horas, con clases gratuítas na praza Maior de bachata, salsa en parellas e baile social. Na xornada do sábado �7, haberá clases (de pago) en horario de mañá e tarde no claustro do Mostei-ro, con 18 obradoiros dife-

rentes a elixir e niveis de iniciación, intermedio e avanzado. O evento con-cluirá con exhibicións e baile social a partir das 11 da noite.

No “Baila Conmigo” participarán escolas de baile galegas e parellas chegadas de diferentes puntos da xeografía es-pañola e de Portugal, al-gunhas delas premiadas en competicións interna-cionais.

Nova cita co baile en Celanova4 O 26 e 27 de xuño chega a novena edición do festival “Baila Conmigo”.

petitividade Turística “Puertas de Galicia” e consiste na adaptación do traballo de prospec-ción arqueolóxica e do-cumentación dos laga-res rupestres que hai na comarca. O libro recolle tamén a historia de Mon-terrei e a súa vinculación co viño.

Ademais de editar este traballo, “Puertas de Ga-licia” puxo en marcha unha Ruta dos Lagares Rupestres sinalizando os oito que a compoñen.

O Museo do Coiro de Allariz acolle unha exposiciónRedacción

O Museo do Coiro de Allariz acolle ata o día 30 de xuño a exposición “For-mas do Coiro”, en horario de martes a domingo de 1�:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 1�:00 h.. Con esta exposición danse por re-matadas as Xornadas dos Oficios do Coiro, que se celebraron en Allariz do �7 ao 31 de maio.

CaracterísticasA exposición conta con

máis de 50 pezas realiza-das con diferentes técni-cas pero tendo todas elas como material principal a pel curtida.

A colección inclúe coloridos guadamecíes, moldeados e coiros fervi-dos, pezas realizadas coa técnica do pelo e pluma, colares de inspiración africana realizados por 15 autores artesáns de diferentes países como Colombia, México, Por-tugal, Austria e España.

Ofrece durante dous días clases, exhibicións e obradoiros de diferentes modalidades de baile

Recepción municipal aos equipos infantil, alevín, prebenxamín e cadete do EDC Verín. /CdV.

Page 20: 16 de xuño - Barrios

�0 BARRIOSXuño de �015 OCIO E CULTURA

EN BREVE

Paula Lodeiro

Con tres millóns de visitas á súa web cada mes (recetasderechupete.com), 7�5.000 seguidores en Facebook e 170.000 en Twitter, o ourensán Alfonso López tense convertido nunha das referenzas ineludibles na blogosfera gastronómica española. López estivo en Ourense presentando o seu último libro “Cenas en �5 minutos” da man da libraría Aldova.

“Cenas en 25 minutos” é o teu terceiro libro, tras “Comer sano” e “Pos-tres de rechupete”, que imos atopar nel?

Alfonso López: “Son ideas para o día a día, para cando non tes tempo facer ceas en �5 minutos, que é o título do libro. Ao final estamos todos os días, cando chegamos a casa cansos e non te-mos ideas para cociñar, e cociñamos sempre o sota, cabalo, rei. Son 1�0 receitas que axúdanche a ter algo de variedade no día a día. Intentamos aplicar os produtos de tempada cun calendario ao final do libro para que saibamos cando hai que comprar e aforrar tamén cando facemos as ceas.

Non é só para ceas de diario, tamén temos para ocasións especiais. Que queres facerlle unha cea á túa moza, mozo, de ca-lidade pero de maneira rápida? Tamén vas atopar moitas ideas no libro”.

Empezaches co blog hai uns anos como un hobby, agora que signi-fica para ti?

A.L.: “Agora é a miña forma de vida. Deixei o traballo o ano pasado, cando isto empezou dar

algo de cartos e apostei todo a conseguir que o ho-bby fose o meu modo de vida e por agora non me vai mal, estou moi conten-to”.

En que te inspiras para elixir as receitas?

A.L.: “Hai de todo. O recetario propio, que era o da miña avoa, o primeiro ano acabouse, porque tam-pouco é tan grande. Agora que estamos publicando todos os días temos que in-tentar que haxa variedade de todos os estilos de re-ceitas. Poño un exemplo. Estamos introducindo re-ceitas doutros países por-que non só a xente de Es-paña visita o blog, temos case 400.000 persoas ao mes que son de fóra de Es-paña. O mercado mexica-no é moi potente, son case �00.000 vistas ao mes, hai que coidalos e tamén intro-ducir esas receitas que es-tán triunfando en España; por que a xente non pode facer un bo guacamole, como a receita que hai no libro, por exemplo?”

Que recomendación gastronómica de Ouren-se fas?

A.L.: “Hai unha receita no blog que é supersinxela

de facer, que ao mellor a xente pensa que é difícil, e que son os amendoados de Allariz. Fanse en 15 minutos máis o tempo de forno e repouso pero é un dos doces máis típicos de Ourense e famosos, e ademais de poder merca-los en Allariz, se o queres facer en casa tamén po-des. Eu recoméndoo que o fagades na vosa casa”.

Cal é a túa vincula-ción con Allariz?

A.L.: “Non son de Allariz, son da zona da Ribeira Sacra, preto da Penalba, dunha aldea de tres casas que se chama Forraqueira. En Alla-riz están moitos amigos meus que estudaron con-migo a carreira e en espe-cial a miña afillada, que se chama Carmen e cada vez que veño a Ourense teño que ir visitala, senón ‘despadriñízame’”.

Cal é a túa receita fa-vorita?

A.L.: “Non podo dicir unha, cada vez teño algo que me pirra, fago un cur-so e gústame o ceviche, ou a empanada… cada sema-na case teño unha receita preferida, non me podo quedar con unha soa”.

ENTREVISTA A ALFONSO LóPEZ

“Hai unha receita no blog que é supersinxela de facer, os

amendoados de Allariz”4 O autor do exitoso blog recetasderechupe-te.com estivo en Ourense presentando o seu último libro, “Cenas en 25 minutos”.

O blogueiro Alfonso López, cos seus libros./P.L.

S.N.

Os días �6, �7 e �8 de xuño Celanova e Cartelle réndense de novo ante a figura de Carlos Velo, coa segunda edición do Festival Internacional de Cine Rural que leva o seu nome.

Dez son as curtame-traxes de documental e ficción finalistas do certame, ao que se pre-sentaron máis de 100, procedentes de todos os recunchos do planeta, así como do territorio nacional e, por suposto, galego. “Este ano hai traballos moi interesan-tes da nosa comunidade, e estamos moi contentos por iso, porque desexa-mos que o festival estea moi ligado con Galicia”, confesaba un dos seus directores, Aser Álvarez, de Arraianos.

Dende a organización destacaron o alto nivel de calidade e diversidade do material presentado nesta segunda edición, que segue sendo “un es-pazo para a divulgación de traballos de temática relacionada co medio rural e a recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo”, explican.

Como novidade, este ano o festival céntrase moito máis na figura de Carlos Velo, afondando na súa etapa en México, “a máis descoñecida”, cóntanos Aser, na que o cineasta desenvolveu unha intensa actividade

como creador do Centro de capacitación cinemato-gráfica do país americano. E para descubrir ese anos contaron con material de excepción, proporcionado pola súa viúva, así como polos seus colaboradores do mundo da publicidade, o audiovisual ou o cine.

De feito, Arraianos, que está trababallando nun do-cumental sobre esta parte da vida de Velo, ofrecerá un adianto do mesmo no festival.

Actividades Entre as actividades que

inclúe o programa �015 atopamos a súa inaugura-ción o venres �6 en Carte-lle seguida da proxección do filme “Torero”; e o sá-bado, a de “Urbe”, ambos traballos nunca emitidos en Galicia.

O domingo �8 pola mañá no centro de Arraianos terá lugar un encontro cos gañadores, coa proxección dunha curta-documental de Aki Kaurismäki, sobre Galicia e o norte de Por-tugal; e unha retrospectiva do traballo do fotógrafo de moda Manuel Outomuro.

Trátase dunha oportuni-dade única para os aman-tes do audiovisual e os que aínda non o son. E non hai excusa para faltar á cita porque tanto as proxec-cións como as actividades paralelas son completa-mente gratuítas.

O cine rural toma Celanova e Cartelle4 Máis de 100 curtas de 15 países presentáronse ao II Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo.

4 Festa de clausura de ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’

O martes 16 de xuño, unha festa de fin de cur-so clausurará a segunda edición do programa ‘Kero-Kolo’ e a terceira do ‘Kero-Kedar’, dúas iniciativas do Concello de Verín.

A clasura terá lugar a partir das 17 horas na área recreativa de Tinto-res, salvo en caso de con-dicións meteorolóxicas adversas, que se trasla-dará ao complexo depor-tivo da Granxa. Peque-nos de entre � e 4 anos e os seus proxenitores participarán en activida-des lúdicas e deportivas ao longo da tarde.

As inscricións para a edición do vindeiro cur-so de ambos programas xa está aberta e debe rea-lizarse no departamento de Educación Familiar.

4 ‘Kero-Kedar’ durante o verán

Durante os meses de xullo e agosto, a Escola de Familia Municipal de Verín programa a inicia-tiva lúdica ‘Kero-Verán’, destinada a menores con idades comprendidas en-tre os � e 4 anos.

Este espazo de xogo e aprendizaxe terá lugar todos os martes e xo-ves, de 11 a 13 horas, no CEIP Princesa de España de Verín. As inscriciósn realízanse no departa-mento de Educación Familiar do Concello de Verín.

4 A Biblioteca de Verín clausura o curso

O xoves 18 de xuño, de 18 a 1�.30 horas, a Biblioteca Pública Mu-nicipal de Verín promove unha sesión de contacon-tos e manualidades que porá o broche final ao ciclo de actividades de dinamización da lectura realizado este curso.

A compañía de Teatro Calavera representa-rá “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, e despois impartirá un obradoiro de pasta de azucre. A segunda edición foi presentada este 13 de xuño en Lalín,

na feira Realiméntate./ARRAIANOS

O festival ten lugar os días 26, 27 e 28 de xuño

Page 21: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

�1OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Estudantes do IES Castro de Baronceli e do Colexio Nadir Afonso participando en Cha-ves nun dos xogos populares realizados no encontro escolar. /CdV.

Encontro escolar entre Verín e ChavesA AECT Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración co Clube Cultural e Recreativo de

Vilela do Tâmega de Chaves, organizou un encontro escolar dos centros educativos IES Castro de Baronceli e Colexio Nadir Afonso co obxectivo de promover o intercambio e a convivencia entre os estudantes a través da práctica conxunta de xogos populares.

A ra, o aro, a buxaina, carreiras de sacos ou dos pés atados foron algúns dos xogos populares que os escolares practicaron nesta convivencia, que se enmarca no proxecto europeo GaMES.Net. Unha iniciativa que ten por obxecto concienciar aos máis novos da necesidade de preservar os xogos tradicionais. O proxecto finaliza este mes de xuño cun Encontro Transfronteirizo de Xogos Tradicionais que terá lugar en Chaves.

Mozos correndo diante do boi por unha das rúas do casco histórico de Allariz./M.REJO.

Gran participación na Festa do BoiA pasada edición da Festa do Boi saldouse cunha gran participación. Con case 700

anos de historia, os festexos, que organiza a Asociación Cultural Xan de Arzúa xunto co Concello de Allariz, encheron de xente e animación a vila alaricana entre o 30 de maio e o 7 de xuño. O bo tempo acompañou, polo que foron moitos os que se animaron a participar nas carreiras do boi, sobre todo nas da última fin de semana.

O incidente máis destacado aconteceu na penúltima xornada da festa. Un dos “homes do sedeño” (os encargados de guiar o animal) recibiu dúas cornadas dun boi tras caer ao chan. O mozo foi trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense para ser atendido das súas feridas.

Redacción

“A Música no Xardín” é o lema que inspira os dez xardíns efímeros que con-cursan nesta sexta edición do Festival de Xardíns de Allariz (FIXA), un certa-me de características úni-cas en España.

Aberto desde o 17 de maio, agárdase que visi-ten o FIXA unhas 40.000

Abriu ao público unha nova edición do Festival de Xardíns4 O recinto poderá ser visitado ata outubro.

persoas ata o mes de ou-tubro, cando peche as súas portas. Todos eles poderán votar pola súa creación paisaxística favorita.

Ademais das dez pro-postas a concurso, chega-das de diferentes puntos da xeografía española e do estranxeiro, o FIXA com-plétase co xardín gañador na edición de �014, “In-House” do coreano Tae-

kyung Kim, e coa parcela que preparan os escolares do CEIP Padre Feijoo de Allariz.

HorariosO FIXA pode visitarse

neste mes de luns a venres en horario de tarde e sába-dos, domingos e festivos de 11 a 14 h e de 17 a �� h. Os sábados hai no recinto un mercado de flores. Un dos dez xardíns efémeros que forman parte desta edición do festival./M.REJO.

Page 22: 16 de xuño - Barrios

�� BARRIOSXuño de �015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

EN BREVE

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Camiñar é probable-mente a máis importante forma de exercicio que se pode facer e a máis sau-dable, acompañada do ioga.

Exercicio de move-mento lento e con ritmo é sobre todo andar. O corpo foi feito para andar lon-gas distancias; en Europa camíñase moito máis que nos Estado Unidos, de aí

Exercicio físicoque sexan máis gordos.

A condución de automó-biles, sobre todo a moita velocidade, aumenta o es-trés e contribúe a aumen-tar a acidez do organismo; contrariamente, a marcha a pé, mesmo acelerada, volve o organismo máis alcalino.

O corpo está constituí-do por músculos, tendóns e ligamentos, e, por iso, a flexibilidade é imprescin-

Exposicións- Ata o �8 de xuño -

“Enxebre” de Abraham Caride - Taberna Ace-vedo en Xunqueira de Ambía

- Ata o 30 de xuño - “Formas do coiro” - Mu-seo do Coiro de Allariz

Música- 1� de xuño - Festival

de fin de curso da Esco-la Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia - �0 h - Praza Car-los Casares de Xinzo

- �0 de xuño - XXIII Festival Coral de Verín - �0:30 h - Igrexa da Mercé de Verín

- �0 de xuño - Concerto de fin de curso do Conser-vatorio de Música - 1� h - Casa da Cultura de Verín

Espectáculos- 17 de xuño - Teatro e

manualidades 18 h- Bi-blioteca de Verín

- 17 de xuño - Repre-sentacións teatrais da Es-cola de Teatro Municipal “Aneis” - �0:30 h - Casa da Cultura Xinzo

Deportes- �8 de xuño - Andaina

solidaria - � h - Praza Car-los Casares de Xinzo

- �8 de xuño - XI Ca-rreira nocturna de Ce-lanova - �1 h - Rúas de Celanova

Feiras e festas-Do �0 ao �8 de xuño

- Festas de Ourense- 18 de xuño - Feira en

Cartelle- 18 de xuño - Feira en

Cualedro- �0 de xuño - Feira en

Maceda- �3 de xuño - Feira en

Verín - �6 de xuño - Feira en

A Merca- �7 de xuño - Feira en

Xinzo

www.periodicobarrios.com

dible para evitar o exceso de toxicidade, practicando exercicio aeróbico, anaeró-bico e celular.

A partir de aí os benefi-cios son: aumento de osíxe-no nas células, movemento do fluído linfático, estimu-lación das células, abertura de canles de enerxía e libe-ración de tensións.

Despois vén o descan-so, sen o cal as células non

Xa de rapaz gustába-me conversar coa xente maior do pobo, e de paso, ir enchendo a miña parti-cular alforxa con historias e relatos que, sen dúbida, foron un agasallo fermo-so para min. Contoume o meu amigo zapateiro, o do Mesón do Castro, que antano en Verín gastábase moita sola, sobre todo os domingos, cando a moci-dade acudía en masa aos bailongos que se forma-ban na vila e arredores.

Emocionado e coa voz entrecortada, cóntame que a vida é un suspiro e que parece mentira que pasa-ran 60 anos dende aque-les tempos felices, cando unha sinxela reunión facía que mozos e mozas go-zaran da xolda nos bailes máis enxebres e puros, os

bailes da inocencia. Alí xurdiron os primei-

ros amores, coas tímidas e cómplices miradas, que se prolongaban no maxín de domingo a domingo, e cos latexos axitados dos cora-zóns namorados, que con pudor e angustiosa vergoña, fundíanse nun só peito can-do bailaban pegados.

Foron moitos os matrimo-nios que de alí saíron, destes maravillosos bailongos da nosa vila e que, aínda hoxe, se recordan con entusiasmo e ledicia.

Na rúa da Muralla, no fondo da alameda, estaba o xenuíno e acolledor salón de baile do Señor Manolo “escalera”, o mítico “Con-goroco”, que era o baile das primeiras horas da tarde, onde acudían entusiasmadas as rapaciñas que traballaban internas nas casas ricas da vila, e que os domingos ti-ñan un ratiño para divertir-se. Era un lugar sinxelo e humilde, onde a música cos discos de vinilo facía que a mocidade mesturara as súas

fervorosas ansias, creando un ambiente que segundo contan era “gloria bendita”. Tamén daquela había un baile ao aire libre, que nos cincuenta foi célebre; reali-zábase no solar onde hoxe está o edificio do Carmen, nas portas de Madrid.Tiñan tamén moita sona os bailes de Pazos, no local do “Tío Manuel” e no “Fona”, non só pola afluencia de xente, que viña de todas os recun-chos da comarca, senón tamén pola fama que tiñan en Pazos de ter mulleres fer-mosas.

En Verín, estaba o Casino e o hotel Aurora, que tamén organizaron bailes de gran concurrencia, sobre todo en tempos de entroido e nadal. Foi no emblemático edifi-cio Buenos Aires onde du-rante moitos anos os asaltos amenizados pola recordada orquestra Monterrei fixeron furor. Alí Casiano, Perrayo, Narés, Jaime e Manoliño to-caban as cancións da época, pasodobles, tangos e o que fixera falta, para que a mo-

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Os bailongos do amor

cidade movera o esqueleto sen descanso.

Agora que todo mudou, e que xa non xorden os amores nos bailongos, recordar aqueles tempos non está de máis, tempos nos que susurrar no oído e bailar era o máis fermoso dunha xolda, onde domin-go a domingo, e gastan-do moita sola, as parellas forxaban bases sólidas de futuro, tan sólidas que moitos deles xa celebra-ron as merecidas vodas de ouro, e que aínda hoxe, coa maxia dun pasodoble, como aqueles da orques-ta Monterrei, son quen de sacar folgos e levan-tar a alma para fundirse no que máis lles gustou, bailar pegados, mais des-ta vez ao son do cariño e do respecto, e coa infinita admiración dos que sem-pre estarán ao seu carón, recollendo estas fermosas leccións que non se esque-ceran xamais. Miguel A. Prieto “Chita”

terían oportunidade de rexuvenecer, e así elimi-nar eficazmente as toxi-nas.

A mellor hora para des-cansar é cando o sol xa non está a brillar; o ciclo natural sería desde que o sol se pon até que o sol nace, mais o estilo de vida da maioría das persoas pode non permitilo.

João Damião

“Foi no edificio Buenos Aires onde a orquestra Monterrei fixo furor”

4AXENDA4 Festival de corais

O sábado �0 de xuño, a partir das �0.30 horas, a Igrexa da Mercé acollerá o XXIII Festival Coral de Verín.

No certame participa-rán a coral Cantarela de O Riós, a Coral Polifó-nica Lembranza de Santa Cruz (A Coruña) e a Aso-ciación Verinense ‘Ami-gos da Música’.

4 Campamentos de verán

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Celanova oferta un campamento de verán en Portonovo e a Fundación Ramón González Ferrei-ro de Allariz outro no Centro de Interpretación do Rexo da localidade.

O campamento en Por-tonovo terá lugar do 5 ao 1� de xullo e incluirá obradoiros, xogos, praia, deporte e natureza.

O “Rural Camp” do Rexo está dirixido a me-nores entre 8 e 14 anos, quedando prazas libres para as quendas do 6 ao 1� de xullo e o do 13 ao 1� de xullo.

4 Creación da ‘Zona Zero’

O Concello de Verín impulsa un novo proxecto de dinamización xuvenil e infantil, ‘Zona Zero’, co obxecto de cubrir as demandas de lecer soli-citadas polos menores do municipio no último Ple-no Infantil.

A ‘Zona Zero’, situada na Casa da Xuventude, é un espazo lúdico de en-contro, no que se oferta-rán actividades de carác-ter social e tecnolóxico.

Page 23: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015

�3CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.��5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: �88 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº14 - Ano: X - Xuño �015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono �88 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín �88 410 001Concello de Monterrei �88 418 00� Concello de Oimbra �88 4�6 160Concello de Vilardevós �88 417 004Concello de Riós �88 4�5 03�Concello de Castrelo de Val �88 41� 00�Concello de Laza �88 4�� 00�Concello de Cualedro �88 4�4 004Comisaría de Policía Verín �88 414 1�3Policía Local Verín �88 411 61�Bombeiro Verín �88 5�0 �06Garda Civil �88 410 005Protección Civil �88 41� 1�1Estación de autobuses �88 413 516Taxis - Parada Hospital �88 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses �88 411 81�Taxis - Parada Praza Merced �88 410 385Taxis - Parada Praza do Concello �88 411 113Ambulatorio Urxencias �88 410 800Ambulatorio Cita previa �88 413 460Hospital de Verín �88 413 636Cruz Vermella �88 411 600Correos e Telégrafos �88 411 038Rexistro Civil de Verín �88 410 387Rexistro da Propiedade �88 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín �88 414 776Cáritas Parroquial �88 410 67�IES nº1 de Verín �88 411 �1�IES García Barbón �88 410 37�I. Bacharelato X. Taboada Chivite �88 410 041CEIP Amaro Refoxo �88 411 4�5CEIP Princesa de España �88 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo �88 550 111Concello de Porqueira �88 466 10�Concello de Calvos de Randín �88 434 000Concello de Baltar �88 466 503Concello de Os Blancos �88 467 506 Concello de Trasmiras �88 445 000Concello de Sarreaus �88 454 00� Concello de Vilar de Barrio �88 44� 001Concello de Sandiás �88 465 001Concello de Vilar de Santos �88 465 883Concello de Rairiz de Veiga �88 465 55�Policía Local Xinzo �88 46� 4�5Garda Civil �88 46� 361Estación de autobuses �88 460 30�Centro de saúde Xinzo �88 46� �00Punto Atención Continuada �88 46� 456Rexistro civil de Xinzo �88 46 0 188Rexistro da Propiedade �88 460 �0�Taxis - Parada Xinzo �88 460 30�

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia �88 46� 364Servizos Sociais Xinzo �88 550 111Cáritas Parroquial �88 460 ���IES Lagoa de Antela �88 46� 454IES Cidade de Antioquía �88 461 �71CEIP Rosalía de Castro �88 460 480CEIP Carlos Casares �88 460 507Gardería Municipal �88 461 04�Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz �88 440 001Concello de Baños de Molgas �88 430 000Concello de Maceda �88 463 001Concello de Paderne de Allariz �88 ��3 000Concello de Xunqueira de Ambía �88 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo �88 ��1 001Policía Local Allariz �88 440 000Garda Civil Allariz �88 440 031Centro de Saúde de Allariz �88 440 �58Centro de Saúde de Baños de Molgas �88 430 331Centro de Saúde de Maceda �88 463 370Policia Local Maceda 6�6 511 038 Garda Civil Maceda �88 463 084Parada taxis Maceda �88 463 �04 CEIP Padre Feixoo �88 440 8�5IES Allariz �88 440 036Gardería municipal Allariz �88 440 �1�Servicio Municipal de Augas Allariz �88 440 004Xulgado de Paz Allariz �88 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova �88 431 481Concello da Bola �88 433 768Concello de Cartelle �88 4�1 111 Concello de Gomesende �88 485 000Concello da Merca �88 �60 000 Concello de Padrenda �88 4�4 783Concello de Pontedeva �88 4�5 005Concello de Quintela de Leirado �88 4�3 500Concello de Ramirás �88 4�1 5�3Concello de Verea �88 430 600Policía Local Celanova �88 431 806Centro de Saúde de Celanova �88 451 736IES Celanova �88 431 ��0CEIP Curros Enríquez �88 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova �88 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde �0� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV �0� 30� 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) �88 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAAlúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio.Tel. 637 00 5� 101Véndese casa a restaurar en es-trada de Santiago con finca. Tel. 637 00 5� 101Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.�00 euros. Tel.: 606 4�� 543.Vendo finca de 2.000 m2 edifi-cable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 5�.Vendo apartamento en praia América, � habitacións, a 5 mi-nutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.636 4�� 4�7Alugo apartamentos de 1 e � habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axardi-nados, zona aparcamento e bar-bacoa. Tel. 607 �7 1� 16.Vendo en piso en praza España, Vigo, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e ga-raxe. Tel. 63� 81 6� 0�.Ocasión vendo finca con galpón, zona Vilar de Astrés (Ourense), 450m�, parada de bus enfronte. 6690€. Tel. 606 42 25 43Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo (Coles), con � habi-tacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 64� 673 4�� e �88 �1 67 55Alúgase perruquería en Progre-so (Ourense), tel. 637 00 5� 10+Alúganse tres oficinas exterio-res acondicionadas en Progreso, Ourense, tel. 637 00 5� 10.Alugo habitación próxima aos novos xulgados de Ourense, con cama de matrimonio, amoblada, televisión na habitación, wifi, e dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes gastos incluidos. Tel. 600 �� �5 47 (WhatsApp).Necesítase mozo ou señor para compartir piso no Couto (Ouren-se), tel. 637 00 5� 10

EMPREGOOfrécese modista para parti-culares. Bo prezo. Calidade. Tel. �88 �55 30�.Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 6�� 31� �6�.Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou rea-lizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia. Tel. 661 08 0� 6�. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrati-vo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 6�� 154 ��5.Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 65� 783 8�7.Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou cal-queira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 65� 1�� 14�Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 5� 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 65� 417.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experiencia. Tel. 667 508 333.Piano e voz para eventos. Reper-torio variado. Clases particulares de piano, solfeo e canto. Tlf. 663 73317� (WhatsApp), [email protected], FacebookFanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 5�1 448

VENDASVendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 6� ��.Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo moto 1�5 cc a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo 600, azul turquesa, matrí-cula �644-Ou, 1.��5 euros nego-ciables. Tel. 63� 81 6� 0�Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr �000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Cha-mar ao �88 �1 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir �1 horas.Vendo calefacción de gas cida-de seminova e sofá. Tel.637 00 5� 101Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 �14

07�.Véndese Opel Astra 1.�CDTI 1�0cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 �14 07�.Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 0� 6� 53. Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano �011. Llantas alu-minio, climatizador, radio USB... , tel. 684 �14 07�.Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 �14 07�.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI �0cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684�1407�.

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 55 anos. Prezo anticrise. Tel. 6�7 7� 5� �8.

Page 24: 16 de xuño - Barrios

BARRIOSXuño de �015