Revista TRÍPTICA XUÑO 2015

28
TRÍPTIC Xuño 2015 #3 Aida Valiño guíate polo circuíto do Porriño Os mellores sprints de Javi Gómez Noya Trucos para triatletas debutantes

description

Versión dixital do exemplar gratuíto distribuído no Tríatlon Popular do Porriño, circuíto analizado por Aida Valiño, con experiencias de triatletas debutantes, pequenos detalles a descubrir e mellorar, os sprints de Javi Gómez Noya, a alimentación para un ironman e a actualidade de Saleta Castro.

Transcript of Revista TRÍPTICA XUÑO 2015

TRÍPTICXuño

201

5 #3

Xu

ño 2

015

#3

Aida Valiño guíate poloAida Valiño guíate polocircuíto do Porriñocircuíto do Porriño

Os mellores sprints de Javi Gómez NoyaOs mellores sprints de Javi Gómez Noya

Trucos para triatletasTrucos para triatletasdebutantes debutantes

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTODE TUI A PORRIÑO PARA TI!!

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTODE TUI A PORRIÑO PARA TI!!NATACIÓN: 750 m (1 volta) DIFICULTADE:

CICLISMO: 20,2 km (1 voltas) DIFICULTADE:

CARREIRA A PÉ: 5 km (2 voltas) DIFICULTADE:

A triatleta de Castroverde afincada en Tui e gañadora da última edición, Aida Valiño, non agocha a súa predilección polo Tríatlon Popular do Porriño. “Paréceme –recoñece- un dos tríatlons máis bonitos do calendario galego. Saída espectacular na praia da Mariña, no paseo fluvial, a carón do casco histórico de Tui, e rematando no centro de Porriño. Tríatlon 100% recomendable”.

PRIMEIRO CONSELLO DE AIDA VALIÑO Esta proba conta coa particularidade de ter dúas zonas de transición separadas por 15km así que ollo á hora de organizarse, non esquezades o DNI na T2 porque é necesario para entrar á T1!!!

NATACIÓN: Saída e chegada na praia da Mariña, practicamente no centro de Tui. Un lugar espectacular para nadar no río Miño con vistas á Fortaleza de Portugal e a escasos 800m da ponte Internacional.

É un circuíto rectangular, con saída río abaixo e unha primeira boia a uns 300 m onde se fai o primeiro xiro. Este ano ao contar coa posibilidade de, no caso de superar os 300 participantes, facer dúas saídas–unha para federados e outra para o resto- supoño que será un pouco máis limpa e con menos xente, así que non haberá tantos golpes.

Tede en conta que a corrente do río varía coas mareas, polo que non teremos necesariamente corrente a favor río abaixo.

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTODE TUI A PORRIÑO PARA TI!!

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTODE TUI A PORRIÑO PARA TI!!

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTODE TUI A PORRIÑO PARA TI!!

T1: PRIMEIRA TRANSICIÓN Á saída da auga atópase a T1 no porto deportivo. Xusto á saida da transición atopámonos cunha rampla duns 50 m que recomendo subir correndo coa bici na man para os que non se vexan seguros de subirse en costa.

CICLISMO: Percorrido en liña moi bonito, repleto de tobogáns e cunha primeira parte que tende a subir e a segunda parte a baixar. A súa dureza tamén dependerá moito do vento que faga, podendo levalo en contra ou a favor.

É unha bici divertida, con curvas, que vale para marcar diferenzas neste sector, onde os participantes máis especialistas en bicicleta terán unha posibilidade de facer valer a súa destreza.É un dos lugares por onde acostumo adestrar, pódese facer bastante duro pero, á súa vez, espectacular.

T2: SEGUNDA TRANSICIÓNTransición rapidísima sen ningunha dificultade.

CARREIRA A PÉ: É un circuíto a dúas voltas, completamente urbano, rápido e pragado de público animando, ao ter a meta no centro de Porriño.

Circuíto voador onde poderemos facer a nosa mellor marca.

AIDA VALIÑO ANALIZA O CIRCUÍTO DE TUI A PORRIÑO PARA TI!!

Xunto co Porriño, cada ano en Oleiros, nunha das probas máis antigas de Galicia, debutan deportistas en tríatlon distancia sprint.

Ese era o caso do monfortino César Jesús Martínez que, animado por un compañeiro e polo bo tempo, estreouse na praia de Mera.

“Estar atento na transición, non machucarse moito na auga e, ao final, correr como se poida”

“A ver se non me esquezo de nada na transición porque non se pode saír sen casco e todo iso. Espero que saia ben, máis ou menos

xa o teño na cabeza”

“E botar vaselina para o neopreno!”

Facendo xa bici e carreira, hai un ano Estíbaliz García (Nosportlimit-Trek Galicia) comezou a nadar e decidiu que chegara o momento de sumalo todo.

“Na natación, estar atenta á dirección, tentar nadar recto, erguer a cabeza de cando en vez para non desorientarme, que non acostumo a facelo”

“Tomalo con calma e pasalo ben, que non é doado porque inevitablemente estás nerviosa e atenta a outras cousas pero é o principal”

“É complicado lembrarse de todo na transición porque son moitas cousas ata que te habitúas, é como

conducir”

Despois da maratón de Coruña de 2013, buscando vídeos, Enrique Fernando Pena atopou a Víctor Tasende, coruñés que de adolescente quedou tetrapléxico por un golpe na piscina e que hoxe leva feitos xa catro tríatlons distancia ironman. Esa historia de superación foi a que motivou ao xa triatleta de Malpica.

Que consellos recibiches ti antes dedebutar nun tríatlon?

“Estívenme asesorando con moitos libros. Un consello? Saír dos últimos na natación para non levar golpes”

“Facer as transicións ben, sobre todo o tema do casco para non ser penalizado”

“Como o circuíto de bici de Oleiros ten tobogáns, levalo con calma porque teño máis experiencia correndo e agardo terminar ben”

E que pasa ao cruzar a meta? A valoración de Estíbaliz García non pode ser mellor:

“Na auga moi ben porque conseguín ir con xente, entón sempre te sentes acompañada, non te parece que quedas atrás e dá algo de ánimos para chegar ao final”

“As transicións un pouco lentas, un pouco caóticas, porque non teño esa axilidade, doume de conta”

“Correndo? Duro, cansada pero con subidón pola xente que anima, pola que compite contigo ao lado, tiramos uns dos outros”

Ponte a proba e resolve estas preguntas dun exame de xuíz nivel básico!

1. Nunha competición de Tríatlon de Distancia Olímpicaa) Poden competir tódalas categoríasb) Poden competir tódalas categorías, agás os cadetesc) Só elite

2. Nunha competición de Grupos de Idade de Tríatlon de Distancia Olímpica, cando está prohibido o uso do traxe de neopreno?

a) A partir de 22ºCb) A partir de 20ºCc) A partir de 22ºC, coa excepción dos maiores de 50

3. Nunha revisión de material, que revisións son fundamentais para pasar o control de material?

a) Casco, bicicleta, equipamento e mochila.b) Dorsais, gorro, documento de identificación, casco, bicicleta, acoples e rodasc) Licenza, dorsais de peito, camiseta e gorro.

4. Cando se ten que poñer e abrochar o triatleta o casco?a) Cando entra na área de transiciónb) Antes de coller a bicicletac) Cando monta na bicicleta.

5. Que sanción é a que se debe aplicar cando se sorprenda un atleta indo a roda cando isto estea prohibido?

a) Sanción por tempo.b) Descualificaciónc) Cartón amarelo e indicación de que ten que parar na seguinte área de penalización.d) Amoestación verbal.

6. Se un atleta non corrixe a infracción despois dunha amoestación, o oficial deberá…a) Sancionar con tempo.b) Amoestar verbalmente.c) Sacarlle o cartón vermello e descualificalo.

7. Pode un participante correr o terceiro segmento co peito descuberto?a) Sib) Nonc) Si, sempre que a temperatura así o aconselle.

Dúbidas?? Na páxina de Facebook da Revista TRÍPTICA resolveremos a vindeira semana tódalas preguntas.

Liches algunha vez o regulamento de competicións FETRI?Coñeces as novidades introducidas en 2015?

ABANDONO DE MATERIAL: PROHIBIDO!

No espazo reservado para cada triatleta na zona de transición unicamente pode haber material co que se vai competir. Se imos en bici con gafas de sol e non queremos correr con elas, por exemplo, é nese lugar onde o triatleta debe deixalas. Nunca se pode abandonar nada no circuíto nin entregar nada aos espectadores.

QUE É A AXUDA EXTERNA?

O tríatlon é un deporte eminentemente individual por iso non está permitido ningún tipo de axuda externa. Quere dicir que o compañeiro ou rival non me pode desabrochar o neopreno (a excepción dos membros dun equipo na Copa do Rei ou en Dúatlon Contrarreloxo), teño que resolver só os problemas mecánicos que poidan xurdir, non me poden axudar a levantar se tropezo nin que o público me dea de beber.

O único permitido é o avituallamento oficial da proba e entre triatletas en competición. A Gómez Noya e Mario Mola, aínda que rivais, podemos velos compartindo auga en carreira e é perfectamente legal. Só cando se trata de deportistas que están a competir

POR QUE ME FAN TAPONAR O GUIADOR PARA ENTRAR EN TRANSICIÓN?

Ademais de comprobar que os freos da bici funcionan ou que o casco está colocado para que cumpra a súa función, o guiador ten que estar taponado porque o oco que se deixaría ao descuberto pode facer baleiro ao contacto co noso corpo en caso de caída. Desa forma, ao retirar o guiador cravado, desgarraríanos o brazo ou a perna.

A seguridade dos triatletas é o motivo polo que é obrigatorio taponar o guiador para competir pero, ao mesmo tempo, é recomendable adestrar do mesmo xeito para evitar accidentes.

CLUB ATLETISMO PORRIÑOCLUB ATLETISMO PORRIÑO

Presidenta:Patricia Biz

Responsable da sección de tríatlon:Víctor Mouriño

Adestradores:Alfonso Conde e Dani Mouriño

Só dous nenos do Club Atletismo Porriño teñen licenza de tríatlon pero, aínda así, countou con 18 menores clasificados para a Final Galega de Dúatlon Escolar.

A escola do club adestra tódalas semanas carreira e piscina pero os rapaces collen a bici de maneira esporádica coa chegada do bo tempo. “Queremos que proben de todo, dedicámonos ao atletismo porque non temos máis medios, o que queremos é que fagan deporte”, explica Alfonso Conde, encargado das categorías menores mentres que Dani Mouriño adestra a partir da categoría junior.

E co afán de facilitar a práctica deportiva ao máximo, os nenos poden escoller adestrar no Porriño ou co Tui Thermalia segundo mellor lles conveña xa que os fundadores do club tudense foran antes do Atletismo Porriño.

Cos alevíns destacando como o grupo máis numeroso da súa actual canteira, son os prebenxamíns os que piden explicacións para competir xa en dúatlon escolar ao pertence en atletismo á categoría benxamín, un ano antes que en tríatlon.

CLUB ATLETISMO PORRIÑO

Venta y reparación de bicicletas

Gran variedad de accesorios

Avda. Sanguieda, 149 – MOSTelf.:986 348 021 Fax: 986 348 022

C/ Ourense, 27 – CANGAS

Telf.:986 30 55 04

e-mail: [email protected]

Nuestras bicis:BMC-SCOTT-BH-CUBE-MONDRAKER-PINARELLONuestros accesorios:SHIMANOCASTELLIGIROKASKMAXXIS

POLAR226ERSROTORMAVICBELL

CLUB NATACIÓN RIVEIRACLUB NATACIÓN RIVEIRACLUB NATACIÓN RIVEIRAPresidente:Julio Simarro

Director técnico:Juan Carlos Brión

Cos tr iat letas juniors xa procedentes da natación, é no caso dos adultos do Natación Riveira onde se atopa a dificultade que supón nun tríatlon saír lastrado da auga, coa excepción de Ismael López que chega do waterpolo. “Con Ismael empezamos a traballar hai tres anos, propu-xémonos dar un salto na auga e onde máis mellorou foi na carreira a pé (xa fixo algún 10.000 en 32 minutos), sen descoidar a bici pero é máis agradecida para saír adestrar”, comenta o adestrador Juan Carlos Brión.

Futbolista, Javi Fontao é outro dos referentes actuais do Natación Riveira despois de ter formado parte do desaparecido Club Triatlón Noia, xunto os canteiráns Carlos Brión e Martín Carrera.

Moi parellas están Sabela Pensado, que fora nadadora no pasado, e Helena Varela. “Non vén do mundo da auga, Helena tíñalle medo e foi o que máis traballamos, quizais tamén –analiza Brión- porque é boa ciclista e na carreira deféndese moi ben”. Coma en moitos outros casos, a xornada laboral de Sabela Pensado condiciona a súa capacidade de adestramento: “é doutora e ten complicado sacar horas, cústalle máis correr pero domina a bicicleta”.

Verónica Montes enumera os erros que puido detectar coas novas técnicas de análise para o ciclismo e que son comúns entre triatletas.

Cando fixeches un estudio biomecánico de bici? A principio de temporada? Antes dunha proba concreta?

A principios desta temporada, realmente é o mellor momento para facelo. Se non, mellor que non sexa xusto antes dunha proba importante porque se necesita un proceso de adaptación ao cambio.

Que viches que tiñas ou facías mal?

Realmente eu non imaxinaba tódalas cousas que hai que ter en conta nun estudio biomecánico ata que o fixen. Ao final, tírannos enriba da bici e imos de calquera maneira pero, despois de facer o estudio, notas o cambio.

A miña bici era unha XS de chico e aínda así me quedaba un pouco grande o cadro, o guiador era moi ancho para os meus ombreiros (hai tallas, coma para case todo), o sillín era demasiado estreito e os meus isquións non apoiaban ben. As bielas (que tamén teñen tallas) eran longas de máis. Agora teño colocadas as calas das zapatillas á miña medida porque cada un as necesita diferentes, non hai un patrón igual. E puxéronme unha cuña na zapatilla para compensar un desequilibrio. En canto á electromiografía, teño que dicir que deu que pedaleo bastante ben, reparto o traballo muscular entre as dúas pernas e os grupos musculares con porcentaxes correspondentes.

En que notaches a mellora?

A mellora é clara porque o que gañas en comodidade é rápido. Síntome máis segura nas curvas, vou sentada como máis alta porque, ao levar as bielas antes tan longas, me obrigaba a ir sentada moi baixa. Agora vou sentada nun sillín da miña talla e apoiada correctamente. Cando vas pedaleando forte durante un bo rato, nótase porque a musculatura se fatiga menos e son quen de mover máis vatios durante máis tempo.

O E S T U D I OBIOMECÁNICO

A verdade é que todo o que me pasaba a min é bastante común pero quizais o peor pode ser o sillín porque, para que pese menos a bici, lévase un moi pequeno onde non apoian ben os isquións. A potencia acostúmase levar longa para verse nunha posición máis racing pero é un erro, sobre todo se non somos profesionais porque se precisan moitas horas de adestramento, ter unha flexibilidade adecuada e que a túa biomecánica natural o permita. A posición das calas non adoita ser a correcta case nunca.

O fallo por excelencia , dá igual que se leven moitos quilómetros enriba que poucos, é a técnica de pedaleo. Ao poñerse de moda o pedaleo redondo, a xente tira dos pedais demasiado, sobrecargando os isquiotibiais cando a porcentaxe maior de forza ten que levala o cuádriceps, que é quen empurra porque é moito máis grande e forte. Xa non é só isto senón que os desequilibrios entre unha perna e outra son brutais.

Hai diferenzas na postura entre homes e mulleres?

Claro que hai diferenzas, menos mal que hai marcas como Giant que aposta polas mulleres e fixo unha gama específica para nós, a gama LIV. As bicis de rapaza levan guiadores máis pequenos, bielas máis curtas, sillíns máis anchos –porque os isquións están máis separados- e a xeometría do cadro é diferente tamén. Se te dás de conta, mesmo nos profesionais a posición non é igual.

Vale a pena facer un estudio biomecánico na bici se non aspiramos a gañar?

Non só gañas en comodidade e melloras o rendemento, senón que evitas lesións ou desaparecen as que tiñas. Un estudio custa o mesmo que unha tixa ou potencia máis lixeira para a bici que mercaches.

A CORUÑA

El triatleta del Arcade Inforhouse de Santiago y técnico de taller en Decathlon A Coruña, Óscar Fernández Vázquez, después de haberte recomendado productos que mejoren tu natación y tu ciclismo en anteriores números de TRÍPTICA que tienes a tu disposición en issuu.com/revistatriptica, hoy te propone lo mejor para tu carrera a pie.

KALENJI

Seguro que cualquier corredor o amante del deporte que esté leyendo esto tiene o ha tenido en su poder alguna prenda de esta marca.

¿De dónde sale el nombre “Kalenji”? A 2.000 m de altitud, en las mesetas del oeste de Kenya, en Eldoret, viven los Kalenjins, una población de apenas tres millones de personas. Es de esta tribu de dónde proviene el nombre de Kalenji.

En los últimos años, desde la llegada de los primeros modelos, Kalenji ha colaborado con profesionales del atletismo, entre ellos, StéphaneDiagana, Benjamin Malaty, Julien Bartoli o Sophie Duarte.

Así describe Benjamin Malaty su colaboración con la marca:

“Desde un punto de vista técnico, informo constantemente de mis sensaciones con todos los modelos que me envían y utilizo para correr. Es mi opinión como corredor de alto nivel. Trabajamos conjuntamente con los responsables de las pruebas y de la gama de zapatillas Kiprun. ¿El objetivo? Que las zapatillas respondan a mis expectativas y sean lo más eficaces posible para todos los corredores”.

Kalenji KIPRUN

La gama de zapatillas de asfalto de Kalenji se denomina Kiprum, dentro de la cual se pueden diferenciar varios modelos:

KALENJI KIPRUM MD NEUTRAL

Tras saber cómo se dividen los modelos Kiprun, vamos a detallar las Kiprun MD. Como he comentado antes, las Kiprun MD son unas zapatillas de media distancia hasta los 21 km pero también se pueden utilizar en tiradas más largas.

En primer lugar, la parte superior de las Kalenji Kiprun MD o “upper” se divide en dos zonas. Del medio pié hasta la puntera, encontramos malla transpirable unida por una capa sin costuras para evitar molestias y roces en el interior. La zona de la mitad al talón, se compone de combinación de capas de malla y tela unidas que le dan forma e integridada esa zona.

Principales aspectos técnicos:

El concepto exclusivo K-Ring (K por Kalenji, Ring por Anilla) es el concepto de amortiguación lanzado por Kalenji en 2014. Su eficacia se basa en 3 principios: una materia de espuma EVA que absorbe los impactos, una forma circular que garantiza una mejor deformación y una abertura en el centro para proteger el talón.

ARKSTAB UP BAR.Con su forma de placa integrada en la entresuela, Arkstab es un concepto de estabilidad que sujeta el pie en línea en su fase de desarrollo.

El Up Bar es un concepto de dinamismo que adopta la forma de un inserto de TPU en la puntera, para favorecer el impulso.

La primera impresión que tenemos al ver las MD es que son unas zapatillas robustas, pero que con el paso de los kilómetros se van ablandando, es decir, adaptándose mejor al pie. Con un peso de 310 gramos en talla 43, se posicionan como una zapatilla de entrenamiento.

Las MD están indicadas para corredores con pisada neutra de hasta 90kg. Su versatilidad las hace aptas para todo tipo de salidas hasta los 21km y distancias mayores, como también para entrenamientos de velocidad.

En mi caso, las he probado tanto por asfalto como por algún tramo de tierra a ritmos medios, aunque cuando las he exprimido en series rápidas también se comportan muy bien. En lo que a ajustes se refiere, pude percibir su gran capacidad de acomodación al pie.

Esta zapatilla no defraudará a sus usuarios por sus prestaciones a un precio muy asequible de 79.95€. Hazte con ellas en cualquier tienda Decathlon.

MI OPINIÓN

Sen dúbida contar con triatletas da calidade da sub-23 Camila Alonso e as juniors Inés Santiago e Sara Guerrero foi o factor fundamental para o triunfo do Triatlón Ferrol no campionato de España de tríatlon por relevos pero non o foi menos que o adestrador do club, Jaime Ruiz, optase por non usar neopreno en 300 metros de natación.

As galegas foron as únicas que se botaron á auga sen el e o tempo gañado nas transicións foi unha das claves para cruzar a meta as primeiras.

Esa foi a medalla de ouro elite que conseguiu un club galego en Marina D'Or porque, despois dun enorme caos de cronometraxe na Copa do Rei e tendo xa subido ao máis alto do podio o día da competición, o Triatlón Ferrol feminino foi o único medallista ao que se lle variou a súa posición unha vez revisados os tempos pola FETRI e na noite do martes comunicóuselle que era subcampión.

Dúas pratas colgouse o equipo masculino do Cidade de Lugo liderado por Pablo Dapena tanto na Copa do Rei coma no relevos, bronce para os rapaces do Arcade Inforhouse de Santiago na Copa do Rei contando co tamén internacional Diego Paz e dobrete de bronce do Cidade de Lugo feminino en ámbalas dúas competicións estatais.

Conseguindo sete de 12, non houbo clubs doutra comunidade autónoma que obtivesen máis medallas que os galegos.

GAÑAR POLO NEOPRENO

Que fai Gómez Noya para gañaren sprints de vertixe? Carlos Prieto: “non fai nada específico de velocidade porque, se non estás ben antes, non chegas a xogarte nada ao sprint”

O segredo é dar prioridade á carreira a pé, adestrar case coma un atleta de fondo para ter máis cambio ao final porque “Javi xa sae en cabeza en natación –valora o seu adestrador-, non necesita máis porque te desgasta e xa vai en cabeza na bici. Non é mellorar o sprint, é o resultado de horas de ximnasio en inverno que parece que non valen para nada”.

DellyCarr / triathlon.org

“Convíñalle saír con Alistair da auga para ser o seu aliado contra Murray e Mola. Na bici, Javi preguntoulle por que non tiraba e Alistair dixo que non podía, que non tiña forzas. A pé xogárona entre os tres –Mola, Brownlee e Gómez Noya- e, desde o quilómetro seis, probouno para non agardar ao final. Alistair cambiou e Javi tivo capacidade de reacción, aguantou pegado tras del, Alistair entrou na curva, deulle o aire de fronte e Javi volveu cambiar”.

YOKOHAMA 2015: ALISTAIR BROWNLEE

DellyCarr / triathlon.org

“Foi tamén unha carreira dura. Mola pensaba que Javi tiña un penalti e, ao ver que non parou, atacou a un quilómetro pero Javi puido aguantar”

YOKOHAMA 2014: MARIO MOLADellyCarr / triathlon.org

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Sábado 20 de xuñocampionatos de España de tríatlon sprint

Domingo 21 de xuñocampionatos de España de ácuatlon

TODO SOBRE PONTEVEDRA 2015NAS REDES SOCIAIS!

“Foi unha carreira máis estratéxica porque se xogaban o Mundial. Deixou que tirase Jonathan, que fixese o traballo xa que estaba na casa e que se fose desgastando”. Gañándolle ao sprint ao menor dos Brownlee, algo que xa fixera en Auckland 2012, foi como Javi Gómez Noya acadou o seu terceiro campionato do mundo.

Carlos Prieto, adestrador do subcampión olímpico galego: “hai xente máis rápida que Javi desde 0 pero xa non están aí para chegar ao sprint, tes que eliminar antes a 80 que saen contigo para finalizar despois. Con dúas horas de esforzo, Javi en fatiga é quen de gañarlle a calquera”.

LONDRES 2013: JONATHAN BROWNLEE

Janos Schmidt / triathlon.org

Nunha competición tan esixente como un tríatlon de longa distancia é necesario un aporte nutricional constante e axeitado antes, durante e despois da proba, xa nos meses previos de adestramento.

É así como se consegue a resistencia e forza que nos axuden a recuperar adecuadamente do gran desgaste físico. Sábeo ben Natalia Míguez, nutricionista e campioa galega de distancia ironman no Northwest Triman das Pontes 2014, quen recomenda unha dieta personalizada pero con estas claves:

Adestramento previo: debe contemplar de cinco a sete comidas ao día -tres comidas importantes e dous ou tres máis pequenas- para completar as demandas de hidratos de carbono, proteínas, graxas, así como las vitaminas antioxidantes que nos axuden a soportar o tremendo desgaste ao que se somete o corpo.

Nunca hai que deixar de lado a hidratación con auga e bebidas deportivas con electrolitos, minerais e glucosa.

Os suplementos como barriñas enerxéticas, xeles e batidos de proteínas ou recuperadores poden cubrir o consumo tan alto de nutrientes e son unha boa axuda para completar unha dieta insuficiente.

Se imos tomar suplementos o día da proba, debemos probalos antes nos nosos adestramentos para saber os que nos sentan ben ao estómago e os que nos resultan máis agradables en sabor ou textura.

O mellor é probar sempre aproveitando tiradas longas de bici e carreira a pé.

Unha semana antes do ironman: a nosa estratexia en carreira ten que estar preparada tendo en conta a meteoroloxía para atopar a correcta alimentación e hidratación (segundo a humidade, a temperatura ambiente, a temperatura da auga...). En canto imos facer o Northwest Triman? Téndoo máis ou menos claro, poderemos estimar o gasto calórico. En tempos sobre as 11 ou 12 horas, precisaremos unhas 6.500-7.000 calorías, que provirán

Esqueciches a alimentación na túa preparaciónpara o Northwest Triman??

Ollo cos experimentos!

do glucóxeno maioritariamente. Por iso, a semana previa daremos maior relevancia ao aporte de hidratos de carbono sen esquecer incluír proteínas de calidade.

Horas previas: Débese dar prioridade á hidratación e a comidas non moi fortes, evitando as fibras (integrais ou verduras crúas) e alimentos que non sexan “familiares” para nós, sempre cun aporte de hidratos de carbono apropiado en cada unha das comidas do día. A cea? Lixeira e cedo. Rica en hidratos para ter unha boa dixestión e un bo descanso.O almorzo? Debémolo facer, polo menos, tres horas antes da proba. Comer algo ao que esteamos habituados, nunca probar nada novo.

28 de xuño de 2015 Natación: leva bebida enerxética para ir tomando antes da proba.

Ciclismo: aproveita que na bicicleta é onda máis cómodo podes inxerir alimentos sólidos. Leva barriñas, xeles e tamén algún pequeno sandwich e alimento salgado. Bebe auga e bebida isotónica. A recomendación é levalo contigo e, se usas os avituallamentos da organización, xa deberías ter probado a súa marca e sabores para non probar nada novo na carreira.

Carreira a pé: a alimentación será fundamentalmente líquida, con xeles, isotónicas, auga e algunha froita sinxela de dixerir. Os avituallamentos acostuman estar cada poucos quilómetros así que toma os xeles antes e bebe sempre para acompañar. Os xeles de cafeína daranche un aporte extra e poden servir de axuda nos últimos quilómetros pero debes ter probada a túa tolerancia.

Finisher: inmediatamente despois de chegar á meta, bebe bebidas de reposición con

electrolitos e glucosa (non beber auga soa). Se non toleras nada sólido, trata de tomar un batido con

hidratos e proteínas antes de que pasen 30 minutos. Na hora seguinte, debes comer unha comida

lixeira pero rica en hidratos de carbono e proteínas e repoñer líquidos.

Esqueciches a alimentación na túa preparaciónpara o Northwest Triman??

Coa suspensión de Riazor, a falta de coñecer se será posible celebrar a proba noutra data, o circuíto galego de tríatlon sprint 2015 estará composto por:

4 de xullo: V Tríatlon Concello de Poio18 de xullo: V Tríatlon Concello de Arteixo9 de agosto: XV Tríatlon Cidade de Ferrol

23 de agosto: XV Tríatlon Cidade de Pontevedra

Durante os meses de xullo e agosto xogaranse as prazas para o campionato galego do 6 de setembro no XXVII Tríatlon do Miño.

Para estar en Lugo, os participantes nas probas masculinas con tempo de corte deberán finalizar entre os 22 mellores de cada proba, cifra que se reduciría a 18 no caso de recuperar Riazor.

A partir de Poio, non se terán en conta os clasificados previamente nas anteriores probas de circuíto para obter o número total de participantes.

En categoría feminina, coa intención de ter a participación máis numerosa posible, as triatletas que compitan e finalicen algunha das probas de circuíto terán a súa praza gañada para disputar o campionato galego.

A maiores, a FEGATRI concederá invitacións para casos xustificados de triatletas que non queiran faltar ao autonómico desta modalidade e que lles fose imposible clasificarse con anterioridade.

C O M O C H E G A RA CLASIFICARSEAO CAMPIONATOGALEGO EN LUGO?

O pasado mes de maio o tetracampión do mundo, a proposta do presidente do Club Triatlón Ferrol, Cali Formoso, foi o ponente dunha conferencia sobre sacrificio e talento na Cátedra Jorge Juan de Ferrol que organizan conxuntamente a Armada e a Universidade da Coruña.

Despois de desenvolver os conceptos que fan un deportista de elite baseándose na experiencia persoal, abriuse unha rolda de preguntas entre os centos de asistentes.

Levas algún psicólogo que te apoie nos momentos de caída e que te teña en contacto coa terra?

Non teño psicólogo, hai outros deportistas que si e que me consta que lles axuda. No meu caso, nunca considerei que o necesitase, quizais co meu arredor, coa xente que me ten apoiado, me deron forza para seguir adiante e nunca o pensei.

Que comes?

De todo e abundante. Hai deportistas que, por afinar o peso, comezan a comer menos do que deberían e é un

arma moi perigosa. Ao final quedas sen forzas e é doado chegar ao sobreadestramento. Polo tanto, é

mellor arrastrar medio quilo de máis e ter forzas para arrastralo que quedar sen forzas.

Tes algunha idea pensada ao deixar o tríatlon?

Teño varias ideas, gustaríame seguir ligado ao deporte dunha forma ou outra. A maior parte da miña vida paseina adestrando, viaxando

e competindo e creo que toda esa experiencia e coñecementos técnicos poderían aportar algo, non

sei se a nivel elite ou a rapaces máis novos que empezan.

QUE LLE PREGUNTARÍAS A JAVI GÓMEZ NOYASE O TIVESES DIANTE?

Pensas renovar o título mundial?

Esa é a idea (risas). Vai estar complicado, creo que imos chegar ao final, á última carreira, catro ou cinco triatletas -Alistair e Jonathan Brownlee, Mario Mola, Vincent Luis e Javi- con tódalas opcións e esa é a carreira que vai decidir. Practicamente o que gañe esa carreira vai gañar o mundial, o cal vaille dar moita emoción.

Despois da proba de Londres coa presenza dos vigueses Antonio Serrat, debutante en Series Mundiais, e a paratriatleta Susana Rodríguez, o circuíto continuará o mes de xullo en Hamburgo, pasará por Estocolmo en agosto, chegará a Edmonton e setembro e rematará ese mesmo mes en Chicago, proba de obrigada participación e que se sumará aos cinco mellores resultados de cada triatleta para designar o campión 2016 que podería ser Javi Gómez Noya e, dese xeito, proclamaríase o único triatleta da historia con cinco mundiais.

A Gran Final das Series Mundiais terá lugar na semana previa ao Desafío Islas Cíes, medio ironman que modificou a súa data habitual para contar coa presenza do subcampión olímpico e para que xa hai máis dun cento de voluntarios confirmados. Se queres ser un deles, apúntate na web da proba, en www.desafioislascies.com/contacto/quieres-ser-voluntario/

QUE LLE PREGUNTARÍAS A JAVI GÓMEZ NOYA SE O TIVESES DIANTE?

A revista TRÍPTICA dedícalle este número ao triatleta do Atletismo Porriño Diego Salgueiriño que hoxe debía estar competindo na súa vila.

Petición de números atrasados: [email protected]

Na práctica da liberdade de expresión, TRÍPTICA pode publicar opinións coas que é posible que a súa liña editorial non coincida e das que non se fai responsable.

Respecta o medio ambiente. Reutiliza ou recicla TRÍPTICA.

Cando volve a revista TRÍPTICA?Se participas ou asistes ás probas do calendario galego, poderás conseguir un dos 300 exemplares gratuítos de TRÍPTICA en:

18 de xullo V Tríatlon Concello de Arteixo9 de agosto XV Tríatlon Cidade de Ferrol27 de setembro III Tríatlon Desafío PASTOR Islas Cíes

Xunto a ti en:

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Dirección e redacción:

Silvia Vieito

Fotografía:

Juan Luis Pedrosa

Maquetación e impresión:

Deseño de Impresión

Depósito Legal:

C 67-2015

ISSN:

2387-1865

De vacacións xa para coller forza para o final de ano que lle agarda, a pontevedresa Saleta Castro continuará a súa temporada con algunha proba de media distancia e cun novo Ironman a escoller entre Mallorca ou o mexicano de Cozumel. Iso despois de entrar no top-10 en Lanzarote e sumar unha nova medalla de finisher ao seu palmarés.

Sétima no Ironman de Lanzarote, durante as máis de dez horas de competición, cal foi o peor momento antes de conseguilo?

O peor momento viu nos primeiros 21 km da maratón, que me atopaba realmente baleira, non encontraba o meu ritmo e tiven que botarme a camiñar. Sabía que ía acabar a proba coma fose porque estaba miña nai en meta esperándome pero non sabía de onde ía sacar forzas para volver correr e realmente paseino moi mal. Pero, a partir do quilómetro 25, empecei a atoparme ben e finalmente, dunha décima praza que tiña, remontei até a sétima, entón estou moi contenta por ese sacrificio que ao final tivo a súa recompensa.

Porque nun tríatlon de longa distancia chega a haber momentos bos e n t r e t a n t o sufrimento?

Siii. Realmente momentos malos hai poucos, dous ou tres, momentos moi puntuais nos que hai que ser moi forte de cabeza para aguantar porque ese momento pasa e te volves sentir ben. Aí é onde hai que sacar toda a forza extra para manter o mesmo ritmo.

A preparación para un Ironman é longa pero, para poder chegar ao mítico Ironman de Hawaii, moito máis!

Saleta Castro: “nun tríatlon de longa distanciarealmente hai poucos momentos malos”

Eu corro en categoría profesional, é bastante diferente á de grupos de idade. Eles clasifícanse nun Ironman só, hai unhas prazas determinadas para eles e, se rematan primeiro ou segundo no seu grupo de idade, conseguen a súa praza.

Eu en cambio, teño que puntuar nun ranking mundial no que só entran as 35 mellores mulleres do mundo para Hawaii. Para puntuar temos que correr dende o 1 de setembro do ano anterior até o 30 de agosto do ano que queiras correr e puntuar en catro Ironmans por todo o mundo. Cada Ironman ten unha puntuación distinta e, se queremos facer medio Ironman, tamén ten outra puntuación distinta, entón temos que xogar un pouco cos puntos e movernos moito.

E ti queres estar aí, en Hawaii, en 2016?

Si, tentei a clasificación en 2013. Ía ben, levaba dúas probas puntuadas e estaba

colocada como a 45 do ranking mundial, aínda podía sumar máis puntos pero a

miña táctica era correr cinco Ironmans, un saíume mal,

acabei a 12ª, e por riba do oitavo posto os puntos xa

baixan moito entón non m e r e c e a p e n a rematalo. Eu aínda así a c a b e i n o , desgasteime moito e a miña clasificación de 2013 viuse a b a i xo . E n t ó n a í decidín que un ano tiña que ser medio

sabático, de competir nas probas que eu

q u i x e r a p e r o s e n puntuar para Hawaii,

collendo experiencia e podendo adestrar máis.

A partir do 1 de setembro deste ano comeza a miña clasificación para 2016.