Retallos nº 4

40
Retallos C.P.I. Tomás de Lemos- Ribadavia nº4 Decembro 2010

description

Xornal escolar 1º trimestre

Transcript of Retallos nº 4

Page 1: Retallos nº 4

Retallos C.P.I. Tomás de Lemos- Ribadavia nº4 Decembro 2010

Page 2: Retallos nº 4

ÍNDICE

Editorial 3

O Samaín 4

O magosto 10

Degustación de doces e froitos de outono 15

O Nadal 18

Concurso de postais 22

Festival de Nadal 23

Saidas 25

Biblioteca 27

Page 3: Retallos nº 4

Editorial Ben queridos alumnos , pais, nais e mestres, como tódolos anos ó chegar esta datas editamos un novo número da nosa revista escolar “Retallos” .

Esta revista é o esforzo compartido de todas e todos os que formamos parte desta a nosa comunidade escolar.

Olládea folla por folla con moita atención , aquí estan os traballos vosos, os dos vosos compañeiros e os dos vosos fillos.

Adiquémoslle uns minutos do noso tempo, é o menos que podemos facer para valora-lo esforzo e o traballo dos nenos.

Tamén é o xeito de que os vosos fillos e alumnos se sintan motivados e valorados, para que en vindeiros anos se sigan esforzando na realización desta revista.

O equipo de normalización e dinamización lingüística desexa que isto sexa ese gran de area que cada un de nón debéramos aportar para que o galego , o nosos idioma , se converta na lingua vehicular de todos nós.

Rematamos desexándovos a todos un feliz aninovo 2011 que o noso traballo sexa do agrado de todos e que merecera a pena o esforzo.

Un saúdo afectuoso do Equipo de Normalización e Din amización Lingüística

Page 4: Retallos nº 4

O SAMAIN Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.

Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…, que representaban tanto as forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:

• 1 Febreiro en honra á deidade Imbole. • 1 Maio en honra á deidade Beltain. • 1 Agosto en honra á deidade Lungh. • 1 Novembro en honra á deidade Samaín.

O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".

Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

Page 5: Retallos nº 4

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

UN FENÓMENO CULTURAL INT

Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que Galicia.

É sen dúbida a festa de Samaín o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e espallar polo planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de

iaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

UN FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL

Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de civilización semellante o que podían ter os Celtas cando chegaron a

É sen dúbida a festa de Samaín o fenómeno cultural máis intimamente vencellado á nosa tradición do tallado de caveiras. O mundo británico con raíces celtas semellantes ás galegas soubo manter e

planeta adiante esta tradición convertíndoa nun clásico moderno para a diversión do mundo infantil.

A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando

Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de

iaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para

E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas

ERNACIONAL

Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración, facéndose a carón seu rituais e costumes que aínda hoxe se atopan en pobos cun nivel de

podían ter os Celtas cando chegaron a

Page 6: Retallos nº 4

No Samaín, recoñecido como festa ou data de meigas e bruxas, os nenos tallan así mesmo caveiras nas cortizas dos melóns e argallan disfraces onde o motivo recorrente son a morte, as meigas e o Outromundo. Festa que aínda hoxe segue a celebrarse o 1 de Novembro coma testemuño da memoria milenaria a un legado histórico impresionante.

Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Halloween, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e antropolóxicas que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.

Page 7: Retallos nº 4

Durante a última semana de outubro, os rapaces e rapazas xuntamente co profesorado do CPI “Tomas de Lemos” celebramos esta festa. Entre as actividades levadas a cabo, destacan a decoración de cabazas e murais.

Os rapaces de 5º e 6º de

primaria , adornamos as

corredoiras do noso cole

cunha exposición de

caveiras e outros adornos

do Samaín.

Page 8: Retallos nº 4

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN EN INFANTIL

A semana anterior á celebración mandamos a casa un debuxo dunha meiga e dunha cabaza para que as familias o decoraran libremente. Con estes motivos adornamos os corredores do colexio.

Fixemos nas aulas a carauta dunha meiga para as nenas e dun mago para os nenos e o día 29 de outubro cantamos todos xuntos unha canción no corredor do cole. Os nenos puxeron as carautas e os profesores gorros de meigas.

Disfrazámonos

para o Samaín

Page 9: Retallos nº 4

Que fermosos

nos quedaron

os nosos

traballos!!!!

E.Infantil

tamén celebra

o Samain

Page 10: Retallos nº 4

magosto

Con novembro unha das festas máis antigas e queridas de Galicia: Os magostos que enchen o aire dun delicioso aroma a castañas asadas. A súa orixe pérdese no tempo. Dende que este froito era a base da alimentación do pobo galego, cada ano celebrase en cada recuncho do noso país e, como non, o noso centro uniuse a esta celebración. Dende Educación Infantil ata o último curso de ESO, degustamos as castañas asadas, os chourizos e, como non, disfrutamos dunha xornada de convivencia cos compañeiros e profesores. Para o alumnado de Educación Infantil e Primaria, esta xornada foi o día 12 de novembro.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO EN INFANTIL

Os nenos de infantil xunto cos nosos profes celebramos o magosto na alameda, levamos a cabo un circuito de xogos:

• Tragacastañas. • Circuíto de psicomotricidade. • Elaboración dun broche do magosto. • Piscina de castañas. • Taller de maquillaxe: se algún neno ten alerxia ás pinturas de Entroido

deberá comunicalo á titora. • Xogo da corda.

Cada xogo fíxose nunca aula e os alumnos ían rotando. Viñeron un grupo de pais e nais a colaborar cos profesores.

Paralelo á realización dos xogos, un grupo de pais/nais voluntarios fixeron unha fogueira e asaron as castañas. Cada neno trouxo un puñado de castañas picadas (cunha pequena abertura para que non estoupen) da casa.

Para meter as castañas asadas propuxemos que cada neno trouxera feito da súa casa un sinxelo recipiente feito cun tetra-brick.

Page 11: Retallos nº 4

Piscina de castañas Taller de maquillaxe

Xogo da corda Xogos de psicomotricidade

Elaboración dun broche

Page 12: Retallos nº 4

EXPOSICIÓNEXPOSICIÓNEXPOSICIÓNEXPOSICIÓN----DEGUSTACIÓN DOCES E FROITOS DO OUTONODEGUSTACIÓN DOCES E FROITOS DO OUTONODEGUSTACIÓN DOCES E FROITOS DO OUTONODEGUSTACIÓN DOCES E FROITOS DO OUTONO

Antes de asar as castañas na concentración os nenos do primeiro, segundo e terceiro ciclo fixemos a 1ª degustación de doces e froitos típicos do outono.

O pasado día 12 de novembro levouse a cabo unha Exposición coa posterior Degustación de Froitos e doces de Outono, nela participou o alumnado de primaria. Na primeira hora tivo lugar a preparación da Exposición no comedor escolar, coa aportación de froitos e doces por parte do alumnado e profesorado.

Na segunda sesión, por cursos, foron visitando a Exposición; unha vez rematada a visita pasouse a Degustación dos froitos e doces aportados e tamén dos que a cociña escolar agasallou (tartas de mazá e de castañas, cirolas e figos pasos).

Page 13: Retallos nº 4

Que saboroso

está todo

esto!!!

Como me gustan

estes doces feitos

cos froitos do

outono!

Page 14: Retallos nº 4

Xa na terceira sesión cada ciclo pasou a celebrar o Magosto do xeito previsto na programación.

No parque da Veronza os rapaces e rapazas do segundo e do terceiro ciclo de Educación Primaria, xuntamente cos seus mestres e mestaras pasaron un bonito día,fixeron a fogata,asaron as castañas ,comeronas e por suposto acabaron pintados.

Page 15: Retallos nº 4

DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO NA ALAMEDA COS NENOS DE INFANTIL.DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO NA ALAMEDA COS NENOS DE INFANTIL.DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO NA ALAMEDA COS NENOS DE INFANTIL.DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO NA ALAMEDA COS NENOS DE INFANTIL.

O venres 18 de Novembro fixemos unha exposición-degustación de froitos de outono. Entre profesores, alumnos, pais e nais elaboramos estes pratos tan apetitosos. Tamén aproveitamos para xogar coas froitas: nomealas, describilas, contalas, clasificalas, serialas e o mais importante de todo, ¡PROBALAS!

Page 16: Retallos nº 4
Page 17: Retallos nº 4

Profes e alumnos disfrutamos dunha bonita xornada de convivencia.

Page 18: Retallos nº 4

O NADAL Para rematar a 1ª avaliación e marcharmos de vacacións chega unha gran festa, a festa do Nadal, con concursos e un gran festival.

O nadal e tempo de ledicia e felicidade. Cando chega o nadal, as rúas, prazas,casas e negocios engalananse con luces brillantes e grinaldas. Todo está fermoso! O noso centro non ia a ser menos e así o alumnado e profesorado do CPI Tomás de Lemos adornou o centro con todo tipo de adornos de Nadal confecionado con papel pinocho, cartolinas, papel charol,algodón, ramas secas, purpurinas. O Nadal e tamén tempo de paz e amor para a familia, amigos compañeiros e seres queridos, tempo de agasallos. Papa Noel e os Reis Magos de Oriente farannos tamén a súa

esperada visita.

Confecionause na entrada do edificio da concentración un bonito mural con palabras propias do Nadal en varios diomas galego, castelan, ingles e

frances.

Aula de 1ºB

Page 19: Retallos nº 4

Coa chegada do Nadal, os nenos e nenas do C.P.I Tomás de Lemos debuxamos, pintamos e recortamos adornos para engalanar as nosas aulas e corredores. Así quedaron despois do noso traballo.

Os corredores de

1º ,2º e 3º

quedaron así de

bonitos.

Page 20: Retallos nº 4

Os rapaces de 6º

traballaron moito

para engalanar as

aulas e os pasillos.

Page 21: Retallos nº 4

DECORACIÓN DE AULAS E CORREDORES EN INFANTIL

Durante o mes de Decembro os nenos e nenas estiveron facendo traballos manuais e debuxos para decorar as aulas e corredores.

Cada clase fixo unha figura do nacemento con

material de refugallo.

Page 22: Retallos nº 4

CONCURSO DE POSTAIS

En Infantil as familias foron as encargadas de facer as postais que participaron no concurso.

Estiveron expostas nos corredores do colexio, cada neno elixiu a súa favorita e a máis votada foi a gañadora.

As postais gañadoras mandaronse as familias para felicitar o Nadal.

O gañador do concurso en infantil foi Diego Alonso de 5 anos A.

Postais gañadoras

E.S.O

Infantil

Primaria

Page 23: Retallos nº 4

O día 20 e 21 de decembro, na casa da Cultura de Ribadavia , os nenos e nenas do C.P.I Tomás de Lemos celebramos o festival do Nadal, coa presencia dos pais.

The mittens on my

hands

El abeto está vacio

Os nenos de 2º

interpretaron o

conto``O abeto´´

O coro do colexio

interpretou varios

temas.

Page 24: Retallos nº 4

Os nenos de 3 anos cantaron unha panxoliña .

4 anos

Vitamina C

5 anos

Esta noite é Noite Boa

Page 25: Retallos nº 4

O xoves día 30 de setembro as 12:00horas, os rapaces do terceiro ciclo de primaria do C.P.I. Tomás de Lemos asistiron a un concerto do grupo Murmel na igrexa da madalena de Ribadavia organizado pola conselleria de cultura.

O grupo Murmel está composto por tres mozas:

Lucia Vázquez: Teclado e carillón.

Iolanda Zúñiga: Pequenos instrumentos de percusión (güiro, crótalos, triángulos).

Sara Veneros: Guitarra acústica.

Page 26: Retallos nº 4

Felix estivo moi atento

durante toda a actuación.

O grupo Murmel en plena

actuación.

Page 27: Retallos nº 4

Biblioteca

Bota a andar o curso 2010-2011, e con el o Equipo de Dinamización de Biblioteca que, co obxectivo de fomentar a lectura entre toda a comunidade escolar, porá en marcha numerosas e diversas actividades. Neste primeiro trimestre, arrancaron algunhas delas: Confección do carné da biblioteca para o alumnado de E. Infantil e Primaria .

Este personaxe, a partir de agora, terá unha relevancia especial na vida do centro ademais de figurar no carné de usuario, será a encargada de darnos as novas do colexio. A través das súas cartas faranos participes de concursos , traballos etc.

Page 28: Retallos nº 4

Ribadavia, a 20 de outubro de 2010

Ola, rapaciñas e rapaciños!

Como vos foi durante o verán?

Agardo que moooi ben!!!, que descansarades moooito e que traiades unhas enormes ganas de traballar.

Como lembraredes do curso pasado son a mascota TOMASA que estou na Biblioteca do colexio, e como paso moito tempo soa penso en

cousas que poderiades facer para vires amosarme, e que, veredes, a min gústame que veñades ler e xogar, pero o que máis me gusta son aqueles traballiños que facedes coa axuda dos vosos titores e titoras.

E, como o curso xa vai avanzando e temos que pornos a traballar moito, lembrades que fixemos almanaques para as aulas o ano pasado, pois ben toca pórse de novo a faena; o curso pasado fixéstelo con fotos das parroquias, e quedouvos moooi ben. A miña proposta para este novo ano é que cada un fagades un debuxo dedicado a cada mes do ano, facédeo moi ben!!!, que logo eu escollo o mellor de cada clase! Cada nivel encargaríase dun mes, comezando os de 3 anos polo mes no que estamos, outubro, os de catro do mes de decembro, e así ata 4º da ESO que farían a portada. Debuxade e coloreade moi ben e cada un coa técnica que máis lle guste.

Outro recadiño máis, tamén lembraredes que o curso pasado pensamos en facer un recuncho onde me deixedes os libriños que fagades cos vosos titores e titoras para logo poder ler todos.

Pois ben, estamos no outono, época na que se recollen moitos froitos e que supoño vos gustarán moito igual que a min.

Gustaríame que o primeiro libriño deste curso, que acabamos de comezar, fose dedicado a estes froitos.

E, preguntarédesvos como tedes que facer?

Veredes, creo que vai ser moi sinxelo; cóntovos:

A cada curso voulle asignar un froito de outono, e vos tedes que facerme entre toda a clase un libriño no que contedes unha aventura dese froito, ben sexa comigo, ou a propia aventura da vida dese froito que vos tocou.

Page 29: Retallos nº 4

Os froitos quedarían do seguinte xeito:

Infantil de 3 anos...............as follas do outono

Infantil de 4 anos A............o limón

Infantil de 4 anos B............o figo

Infantil de 5 anos A............a landra

Infantil de 5 anos B............a noz

1º de Primaria......................a castaña

2º de Primaria......................a mazá

3º de Primaria.......................a pera

4º de Primaria.......................as uvas

5º de Primaria.......................os cogomelos

6º de Primaria.......................a cabaza

e…, para os maiores, os alumnos e alumnas da ESO, ímosllo por un chisco máis difícil, parécevos?

Como ademais de estar na época do outono está a chegares a festa do SAMAÍN, pois para eles…, uuuuuuuuuuuuuuu! A inventares historias, contos ou lendas de medoooo!

Agardo o pasedes moi ben coa creación dos libriños e que a vosa imaxinación nos leve a pasar un anaco divertido na Biblioteca.

Agardade, non rematei, quero lembrarvos que o vindeiro día 12 de novembro imos celebrar o Magosto. Como xa sabedes iso implica que uns días antes hai que traer, por suposto, as castañas.

Ademais este ano vaise celebrar a I Exposición-Degustación de froitos de outono no patio o mesmo día, polo que os titores pedíronme que traiades algún froito que teñades na casa, e así entre todos en cada aula preparamos unha cestiña que logo poremos na Exposición, para despois comelos, ummm!

Que vos parece?, eu creo que o imos pasar moooi ben, e imos aprender moito.

A organización de cómo será ese día explicárvola o titor ou titora.Tamén estaría moi ben que aproveitedes os debuxos que vos tocaron para decorar o cole e facer un cartel.

Agora si que xa se rematou, traballade moito para que saían cousas moi bonitas, e até a próxima.

Page 30: Retallos nº 4

Unha forte aperta de Tomasa!!!

Ribadavia, a 16 de novembro de 2010

Ola, rapaciñas, rapaciños, mozas e mozos!

Que tal de Magosto, e a Exposición-Degustación?

Agardo que moooi ben!!!.

Eu, escoitei por aí que trouxestes moitos froitos e tamén moitos doces propios do outono, ummm! Que saboroso debeu estar todo. Por iso quero dicirvos: MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN, en nome de todos o profesorado do cole.

Tamén sei que estades a traballares moito nos contos que vos pedín, estou desexando que os traiades para o voso Recuncho Creativo na nosa Biblioteca, que ben o imos pasar coa súa lectura, e creo que … as ilustracións son estupendas!!!

Lembrades a outra carta? Creo que si, verdade? Nela pedíavos que fixerades un debuxo ilustrativo do mes do ano, que vos tocara segundo o nivel ao que corresponderades. Ben, pois só quero que recordedes que a data límite para entregalo é o vindeiro día 22 de novembro. Que almanaque máis bonito imos ter este ano, nas nosas aulas!!

E, sabedes que festa está por chegares? Unha que celebramos moooito, con concursos e un gran festival para rematar a 1ª Avaliación e marchares de vacacións. Con tantas pistas xa sabes! Pois si, O Nadal. E, lembrades?, todos os anos hai un concurso de postais, este ano tamén, estades preparados e preparadas? Seguro que siiiii! Tedes que comezar xa!!

1º a data de entrega é entre o 9 e o 10 de decembro.

2º entregarásevos un papel de debuxo tamaño A4 que pregaredes pola metade, logo cada un ilustrarao o coa técnica que desexe.

3º lembrade que debe levar nome completo e curso, pero... moooi importante, non se pode ver, así que escribídeo por detrás.

4º entre o 13 e o 14 de decembro pegaranse polos corredores, no espazo correspondente a cada ciclo, e cada unha terá un nº, logo vos seredes os que elixades a gañadora. Como?

Page 31: Retallos nº 4

5º haberá un premio e diploma, que se entregará no festival, para E. Infantil, 1º Ciclo de Primaria, 2º Ciclo de Primaria, 3º Ciclo de Primaria, 1º Ciclo de ESO e 2º Ciclo de ESO.

6º por aulas cada alumno/a elixe un nº entre as do seu ciclo, a máis votada é a que gaña.

7º a postal gañadora de cada ciclo será a que se empregue para enviar a felicitación de Nadal ás familias dese ciclo.

8º DESÉXOVOS MOOOITA SORTE!!! E agora a traballar, e que sexan moi orixinais.

Quédame só un recadiño, tamén haberá premio para as aulas e corredores mellor decorados, e sabedes, para isto, o xurado estará formado polo profesorado do centro, que irá visitando as aulas e… pondo nota!

Agora si que xa rematei. Traballade moito para que saian cousas moi bonitas, e até a próxima.

Unha forte aperta de Tomasiña !!!

Page 32: Retallos nº 4

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O

PRIMEIRO PRIMEIRO PRIMEIRO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2.010TRIMESTRE DO CURSO 2.010TRIMESTRE DO CURSO 2.010TRIMESTRE DO CURSO 2.010----2.011.2.011.2.011.2.011.

No primeiro trimestre a Biblioteca do C.P.I. Tomás de Lemos ampliou os seus servizos e organizou varias actividades.

No mes de setembro a Biblioteca foi remodelada. No lugar que ocupaban os baños foi creado o Recanto Azul como un espazo de lectura informal.

Así era a Biblioteca ata setembro de 2010.

Page 33: Retallos nº 4

E así é agora.

No Recanto Azul cada mes podes ler

os números

das revistas “National

Geographic”, “Quo” e “De Viajes”. Revistas as que nos suscribimos neste curso para que podades estar

o día das novidades nas

ciencias naturais e sociais, e

conozcades

moitos lugares do mundo que, quén sabe, algún día podedes visitar en persoa.

Este curso comenzou a funcionar o Carné de Usuario da Biblioteca que foi repartido a todos os alumnos. A nosa mascota Tomasiña invita a cada un de vós a facer uso da biblioteca e a disfrutar cos seus libros, revistas e medios audiovisuais. Lembra que sempre debes deixar o teu carné cando leves algún libro en préstamo.

Page 34: Retallos nº 4

Os fondos da biblioteca foron ampliados. Destacamos a adquisición de dúas enciclopedias sobre o Camiño de Santiago e sobre a Xeografía de Galicia.

Os dous ordenadores da biblioteca foron postos a punto para que podades traballar e buscar información, e podan ser utilizados para dar algunhas clases. Ésta é a zona de ordenadores da Biblioteca, donde tamén se atopa a zona de Xadrez.

Na biblioteca tiveron lugar charlas sobre Educación Sexual para os alumnos de 3º da ESO e proxectáronse películas, documentais e fotografías relacionadas coas distintas asignaturas. Nela tamén celebráronse reunións cos pais e outras xuntanzas.

A Biblioteca en colaboración cos profesores de Educación Infantil e Primaria, confeccionou un Díptico con recomendacións de libros baixo o lema “Regala un libro”, que se

Page 35: Retallos nº 4

repartiu a todos os alumnos de Infantil e Primaria para que os pais tiveran unha orientación en caso de que quixeran regalar un libro no Nadal

Aquí vemos o anverso do Díptico.

E aquí o reverso coas recomendacións ordenadas por etapas e ciclos.

Page 36: Retallos nº 4

No día das vacacións de Nadal a Biblioteca organizou, como todos os cursos, un Torneo de Xadrez no que participaron 28 alumnos da ESO

Aquí temos os gañadores do torneo: Ismael Rodríguez de 4º da ESO, Julio Quinteiro de 2º da ESO e Luis Perdiz de 1º da ESO. Cada un deles recibiu unha medalla como recordatorio da súa participación e do seu trunfo.

Page 37: Retallos nº 4

Este é o momento no que Ismael vence na gran final, recibindo os aplausos dos seus compañeiros que en todo momento se comportaron como dignos rivais.

Actualmente están expostos na Biblioteca os “Nosos Contos” elaborados por alumnos de Educación Primaria do centro, e que non podedes deixar de ver.

Page 38: Retallos nº 4
Page 39: Retallos nº 4

Tamén neste curso tres profesores comenzamos a informatizar os fondos da biblioteca para que así sexa doado atopar rápidamente calquera libro que tanto alumnos como profesores podamos necesitar. A día de hoxe xa están informatizados 1.200 libros das seccións de Literatura en Galego e en Castelán, que son os de maior demanda polos alumnos do centro.

Dende a Biblioteca desexamos a toda a comunidade educativa que encare con forza e entusiasmo o segundo trimestre.

A mesma forza e o mesmo entusiasmo que nós mantemos para tratar de ofrecer cada curso un mellor servizo a todos aqueles que fan uso dela e que pensan que este espazo é un dos motores da vida académica do centro.

Un espazo de todos e que só pode funcionar de forma adecuada cando todos a sintamos como algo noso.

Manuel Ángel Fernández Rodríguez, profesor encargado da Biblioteca.

Page 40: Retallos nº 4