Retallos 2010

54
1 XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA” BORJA CARLA ADRIÁN GORKA BORJA ADRIÁN BEATRIZ SARA AROA NEREA ALEJANDRO MARIO SUSANA NATALÍ BRUNO ANDREA IRENE NEREA CARLOS DENIS CARLOS FÉLIX TANIA MARÍA EVA Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nº 3-2010

Transcript of Retallos 2010

Page 1: Retallos 2010

1

XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”

BORJA

CARLA

ADRIÁN GORKA

BORJA

ADRIÁN

BEATRIZ

SARA

AROA NEREA

ALEJANDRO

MARIO

SUSANA

NATALÍ

BRUNO

ANDREA IRENE NEREA

CARLOS

DENIS CARLOS

FÉLIX

TANIA

MARÍA

EVA

Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Nº 3-2010

Page 2: Retallos 2010

2

RETALLOS SUMARIO

Opinión ................................................................... páxina 2

Reportaxes ............................................................... páxina 5

Xogos populares ...................................................... páxina 18

Literatura popular ...................................................... páxina 25

Páxinas de historia ...................................................... páxina 31

Colaboracións literarias ............................................. páxina 32

Pasatempos ............................................................... páxina 42

Sociedade ............................................................... páxina 50

Sinaturas ............................................................... páxina 52

Page 3: Retallos 2010

3

RETALLOS OPINIÓN

COMENTARIO EDITORIAL

Estaba decidido que o comentario editorial deste ano fose sobre a paz, tema ao

que lle demos maior relevancia este curso, o que desembocou na celebración

dun festival para conmemorar o “Día da Paz”, no que todos os cursos fixeron

unha actuación con cancións ou espectáculos centrados nese tema e que na súa

meirande parte foron montados sobre letras que @s mesm@s nen@s crearon.

Á vista do que fixeran, decidimos que o mellor era calar nós e cederlles a

palabra. Estamos seguros de que non se perde en profundidade e ganamos

frescura e espontaneidade. Aí vai unha pequena selección feita case ao chou:

prestádelles atención!

DÍA 30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe no noso cole estamos a

celebrar o tan nomeado día da

paz. Outros anos fixemos murais,

poesías, escritos, ... para

conmemoralo. Na nosa clase falamos do tema e

acordamos solidarizarnos con

Haití, coa súa xente, cos necesitados, cos sen familia, ...

Xa que a súa desgraza nos

atinxe a todos.

Catástrofes naturais pódenos pasar a nós en calquera

momento.

Neste caso, pasou en Haití e temos que axudar xa, evitando

así máis miseria, a violencia

pola supervivencia, aos que se aproveitan desta situación de

caos, ...

Todos nos manifestamos.

Polo pobo de Haití.

Pola non violencia.

Pola súa axuda.

Polos máis desfavorecidos.

Xuntos pola reconstrución dun país.

Polos tristes, feridos e agoniados.

Polos sen familia.

Porque os esforzos se convertan nunha realidade.

Page 4: Retallos 2010

4

RETALLOS OPINIÓN

Viva a súa paz!

Para o pobo de Haití

Para aqueles que quedaron sen casa.

Para os que perderon algún familiar ou amigo.

Para aquelas nais que perderon os seus fillos e eses fillos que perderon aos seus pais.

Para todos eles, comprensión e amor.

Para os que están nos hospitais.

Para aqueles que por falta de medios non poden estar.

Para os que loitan por sobrevivir e ter algún alimento que lles

quite a fame e a sede.

Para todas aquelas persoas que están axudando para que Haití

poida volver á normalidade. Gratitude.

E por último, para todos aqueles que morreron e xa non están. O

recordo.

Xamais se vos esquecerá!!

Patricia Fernández. 5º A

A BRANCA POMBA

QUÉRENOS ENSINAR

QUE UN POBO SEN GUERRA

TEMOS QUE ALCANZAR

TRÁENOS A ALEGRÍA,

A PAZ, O AMOR,

E QUERE QUE TODOS

VIVAMOS MELLOR.

Mario. 5 anos A

Se a paz cantamos.

Se a paz facemos

no noso corazón

PAZ teremos.

Traballo colectivo. 2º B

Page 5: Retallos 2010

5

RETALLOS OPINIÓN

A PAZ

A Guerra non ten sentido.

Non sería mellor ser amigos?

En vez de loitar,

non podíamos xogar?

Non ten sentido ir, nin ir armado,

porque se pode saír moi ferido

e sempre todos derrotados.

En vez de capturar animais, como furtivos,

non podíamos coidalos e ser amigos?

É que xa non recordades o que é a Paz?

É o símbolo da amizade.

E o outro símbolo da Paz

é aquela pombiña branquiña, que voa vixiando

que haxa Paz todos os días.

Zaira María Piñeiro García. 3º B

Día da Paz

A Paz é amor,

a guerra é dor,

axúdanos a ter

un mundo mellor.

Adrián C. 6º A

O día da Paz

é un día fugaz.

Como bos cidadáns

debemos vivir en paz.

Por favor, nestas 24 horas

de Paz, colabora e xa verás.

Jonatan. 6º B

Page 6: Retallos 2010

6

RETALLOS REPORTAXES

Os nenos e nenas de 3 anos fixemos unha visita os bombeiros. Mirade

que ben o pasamos, e cantas cousas aprendidos.

Saímos do colexio moi ilusionados. Gústanvos os nosos gorros? A

eles lles encantaron.

En canto chegamos empezaron as sorpresas…

Page 7: Retallos 2010

7

RETALLOS REPORTAXES

Uauh! Que rápido sube esta escaleira. Como se non ían chegar ó alto das casas cando hai un lume? Así poden sacar a xente dunha maneira

rápida e segura.

Que fortes somos! Cortamos un tubo de ferro soamente cunha man.

Con estes aparellos, que se chaman de excarceración, sacan a xente

dos coches cando houbo un accidente.

Page 8: Retallos 2010

8

RETALLOS REPORTAXES

Deixáronos probar a súa roupa. Aínda que nos quedaba un pouco grande parecíamos auténticos bombeiros. Agora xa sabemos como se

protexen do lume para non queimarse.

E tamén subimos ós camións. Este no que nos vedes é un modelo moi

antigo que veu de Francia. E sabedes que… era o que utilizaban hai

moitos anos. Fíxonos moita graza porque tiñan que ir sentados nun banco como o do parque.

Page 9: Retallos 2010

9

RETALLOS REPORTAXES

Como este traballo é tan duro, necesitan estar sempre en forma. Este é o ximnasio no que se entrenan. Con tantas cousas que tiñan,

animámonos a facer nós tamén un pouco de deporte.

E a que non sabedes que… Os bombeiros pasan moito tempo no

parque, 24HORAS SEGUIDAS! Por iso tamén teñen que descansar e

xantar moi ben. Para iso teñen unha cociña, un salón… e ata camas!

Page 10: Retallos 2010

10

RETALLOS REPORTAXES

Ah!!! Casi nos esquecemos de contarvos unha cousa; a este posto de

control foi ó que chegou a chamada para avisar de que había un lume. Que rápido marcharon, non nos deu tempo nin a despedirnos deles.

Pero como volveron axiña (menos mal que era un lume pequeniño),

estabámoslles esperando coa merenda.

Pasámolo xenial e os bombeiros portáronse moi ben con nos, por iso

lles fixemos un regalo con todo o noso cariño.

Page 11: Retallos 2010

11

RETALLOS REPORTAXES

Sabedes? téñeno colgado nunha parede do parque de bombeiros. Que

ilusión! Verdade?

Educación Infantil. 3 anos

Page 12: Retallos 2010

12

RETALLOS REPORTAXES

OBXECTIVOS

O principal obxectivo que nos levou

a traballar neste tema é concienciar

ós nosos alumnos sobre o respecto

polas normas viarias, e a partir deles,

transmitirlle ós pais as súas

aprendizaxes, chegando todos a

asumir a perigosidade a que estamos

expostos, e que, dende os centros

escolares coa colaboración dos

concellos, é o mellor sitio para

conseguilo

HISTORIA DO PROXECTO

Os mestres de E Física do colexio

pensamos que os nosos alumnos

andaban faltos dunha formación de

circulación viaria tan útil, como

necesaria para a mellora e o respecto

polas normas de tráfico.

Axiña tivemos respaldo tanto da

dirección do centro de todo o

claustro como dos monitores do

concello e a policía local

Así comezamos

O primeiro que fixemos foi sinalizar

o chan de todo o colexio colocando

en sitios estratéxicos as sinais de

tráfico que vimos máis axeitadas, así

como rotondas en tódolos descansos,

xa nos primeiros días notamos o

interese que espertou nos alumnos/as

toda esta “movida” que

consideramos coma un xogo no que

todos participamos dun xeito ou de

outro.

Os primeiros resultados xa os vimos

de inmediato pois os alumnos entran

en filas sen atropelos nin empuxóns,

con orden, tan difícil de conseguir, a

continuación o respecto polas sinais

que se atopan no seu percorrido.

Fixemos uns carnés para tódolos

nenos e mestres que levamos

colgado coa foto e o nome de cada

un, con 12 puntos que si se comete

unha falta grave vanse quitando

puntos sucesivamente, pero como a

nosa labor non é só castigar tamén

premiamos ós que o fan moi ben,

respectando as normas, nomeando a

estes alumnos como axudantes do

garda de tráfico e colocámoslles un

peto fluorescente sendo estes nenos

os primeiros e últimos de cada fila,

obtendo unha autoridade viaria

durante 1 semana.

Page 13: Retallos 2010

13

RETALLOS REPORTAXES

O noso concello solidarizouse con

este proxecto e pintounos o patio

cuberto como circuíto viario o que

nos facilitou moito a aprendizaxe das

sinais de tráfico.

O principio os alumnos colocábanse

en filas como si fosen autobuses

respectando e asimilando o

comportamento ante as sinais.O

mesmo tempo a policía local

mostrou tamén interese por este

traballo e tivemos a súa colaboración

total tanto dentro do centro como nas

saídas que realizamos o longo destes

dous anos. Parécenos interesante

explicar algunha delas tanto polo seu

contido como pola súa finalidade.

1º Saída polo barrio en grupos, coa

axuda dos monitores do concello,

dos compañeiros e da propia policía.

Nestas saídas a cada grupo

asignóuselle un percorrido no que

tiñan que anotar tódalas deficiencias

viarias que atoparan ( ao mesmo

tempo que coñecían o seu barrio

doutro xeito). Fixemos unha posta en

común e as anotacións recollidas

entregámolas no concello con esta

actividade queremos formar os

nosos alumnos de xeito responsable

e critica ante o entorno que os rodea

2º Polo Nadal saímos tódolos

alumnos de 6º agrupados de 3 en 3

aquí xa necesitamos máis axuda, e

tivémola a esgallo, colaboraron con

nós as asociacións do barrio as

asociacións de minusválidos e

algúns pais dos propios alumnos esta

saída consistía en escribir nunha

especie de postal unha frase alusiva

o respecto polas sinais e cunha sinal

de STOP que levábamos cada grupo

parábanse os condutores e

entregabámoslla deste xeito

intentamos sensibilizar tanto os

alumnos coma os condutores da

prudencia ante a condución

3º No curso seguinte comezamos a

traballar coa bicicleta, para iso

fixemos reunións cos pais dos

alumnos que dende 3º a 6º estivesen

dispostos a que os nenos viñeran na

bici ao colexio trazando 2 rutas

Page 14: Retallos 2010

14

RETALLOS REPORTAXES

seguras polas que os nenos coa

axuda da policía e combinando cos

seus pais puideran realizala coa

máxima seguridade. Conseguimos

que por estas rutas viñeran preto de

20 alumnos diariamente

neste punto foi moi importante a

colaboración cos pais xa que si

sumamos esforzos o resultado

duplicase

4º Realización de traballos en

colaboración coas titoras sobre o

entorno mais próximo trazando rutas

que o mesmo tempo serven de

exercicio de orientación

OS VALORES QUE

DESTACAMOS CON ESTE

PROXECTO SON VARIOS E

IMPORTANTES

a.-Concienciación e reflexión do

entorno do propio barrio fixándonos

nas deficiencias e posibles solucións

b.-Espertar o interese polo respecto ó

medio ambiente descubrindo nas

saídas os perigos os que estamos

expostos , e posibles solucións

c.-Sensibilización e respecto no

barrio ó paso dos alumnos, xa que en

moitos puntos non existen pasos de

peóns

d.-Axuda desinteresada por parte dos

compañeiros para axudar os demais

a aprender a dominar os vehículos

nos que algúns teñen dificultade

como andar en bici, en patinete ou

patines quedándose de forma

altruísta sen recreo

Ao longo destes 2 anos presentamos

o proxecto a un concurso da D.G.T.

así como o plan valora e con esta

dotación económica puidemos

mercar material para seguir co

proxecto

No presente curso estamos a pintar a

pista de fora cun circuíto viario e un

xogo de oca con sinais de tráfico e

aproveitamos os recadros de

descanso para pintar xogos

populares e ser utilizados polos

nenos nos ratos de lecer. Marita

Marcelino

Profesores de Educación Física

Page 15: Retallos 2010

15

RETALLOS REPORTAXES

O martes 19 de Xaneiro do 2010

fomos en bicicleta a Pena Molexa, os

nenos de 5º e 6º. Tamén algúns

pais e profesores foron connosco.

Saímos ás 9:30 aínda que nos

retrasamos un pouco porque algúns

nenos non tiñan as rodas das

bicicletas Ben inchadas.

Page 16: Retallos 2010

16

RETALLOS REPORTAXES

Cando saiamos, todos os nenos

estabamos ilusionados por saber

como era Pena Molexa. O camiño

foi longo, duns 12 quilómetros, e

ademais había moitas subidas e

poucas baixadas.

Por fin chegamos, aínda que para

subir había unha costa que case

caemos de cu. Tiñamos tanta fame

que axiña collemos o bocadillo.

Despois de comer, fomos a ver o

que era Pena Molexa, pero tivemos

tan mala sorte que comezou a chover

e tivémonos que refuxiar nunha

pedra que era Pena Molexa.

Quedamos moi desilusionados.

Parou de chover e continuamos a

ruta cun amigo que era un can e

como non sabiamos como se

chamaba puxémoslle o nome de

Pancho.

E cando menos o esperabamos

volveu a chover e empapámonos.

Entón chamamos ao colexio para

que cando chegaramos da ruta nos

viñeran a recoller os nosos pais.

Cando fixemos os 12 quilómetros de

volta os nosos pais estaban alí para

recollernos.

A verdade e que preferiamos ir un

día que non chovera, pois a

historiadora non puido darnos a

explicación nese momento e tivo que

vir ao centro para contarnos algo

máis da historia deste lugar.

Pero pasámolo moi ben xuntos e foi

como unha aventura.

Nosa impresión foi de que en Galicia

hai pouca xente que sae a beirarrúa.

Aínda que as poucas persoas que

saen á rúa van en coche e non en

bicicleta vimos moito verde na Pena

Molexa pero polas beirarrúas non

había moito.

Dous días despois, ou así, a

historiadora, chamada Anabel, da

Xunta de Galicia veu ao noso

colexio e contounos a historia de

Pena Molexa.

En calquera parte de Galiza

sobresaen os castros que nas largas

noites de inverno son motivo de

moitas historias arrepiantes que hoxe

escoitamos arredor do lume.

Pena Molexa e un dos monumentos

naturais máis singulares do Concello

de Narón. Trátase dunha gran rocha

de varias toneladas de peso sobre a

que se sitúan outras de menor

tamaño.

Pena Molexa é una lenda de hai

moitos anos:

Dise que un feitizo converteu a unha

fada moi guapa nunha rocha que é

Pena Molexa…

Na noite de San Xoán desfaise o

feitizo e durante uns segundos a

rocha transformase outra vez en

muller … Debería atopar un

pretendente que a librase de pasar

outro ano enteiro encerrada na rocha.

Pero o pretendente debería pasar

unhas probas para demostrar o seu

amor. A fada dálle a elixir entre ela

ou un tesouro, pero todos os anos el

elixe o tesouro e ámbolos dous se

funden na rocha e ela deberá esperar

un ano máis para repetir a historia.

Tamén nos contou sobre como era o

castro de Pena Molexa …

Page 17: Retallos 2010

17

RETALLOS REPORTAXES

Contounos que os que antes vivían

nos castros se chamaban

prerromanos.

E que traballaban na agricultura e

gandaría. Que fabricaban

ferramentas de ferro de pedra e paus.

Facían roupa de lá e pel de animais

que mataban para comer e vestirse.

Tamén nos contou que os castros

eran redondos ou cadrados, eran de

pedra e o teito tíñano feito de palla e

suxeitábano cuns grandes paus

arredor e un máis grande no medio.

As vivendas estaban moi xuntas.

Os nenos e os adultos xogaban a un

xogo moi peculiar agora chamado

xadrez e antes chamado

trancalatrunculata

Durmían e comían nas casas, o

demais facíano todo fóra porque as

casas eran moi pequenas.

Ás veces as familias vivían xuntas,

pai, nai e neno nunha e avós e máis

noutras. Entón se as vivendas as

construías xuntas farías un recinto

arredor delas.

A nosa opinión sobre esta rapaza foi

moi boa. Pareceunos unha boa

explicación do que era Pena Molexa,

porque nós non entendíamos e ela

axudounos a comprender o que era.

A verdade e que esta rapaza é moi

amable e non nos importaría que nos

contase cen historias mais.

Patricia Fernández Matesanz. 5ºA

Ester Castro Martinez. 5ºA

Page 18: Retallos 2010

18

RETALLOS REPORTAXES

O CORRELINGUAS

O día sete de maio fomos ao

Correlinguas polas rúas de Ferrol,

manifestando a nosa lingua que é o

Galego.

Fomos cos nosos titores e titoras que

eran os seguintes: Eduardo, Josefina,

Antonio e Maricarmen.

O que máis me gustou foi o grupo de

rock e estar alí cos meus

compañeiros de clase e cando

estábamos na praza de España

sacándonos as fotos coas pancartas.

Tamén cando íamos andando e a

xente se quedaba mirando para nós e

cando fomos en tren desde Santa Icía

ata Ferrol.

O que menos me gustou foi a obra

de teatro, aínda que se fora un pouco

máis curta, seguro que me gustaba.

Do demais todo me gustou.

A miña opinión sobre esta

manifestación é que toda a xente que

é de Galicia debe falar o galego, que

é a nosa lingua. Os que non foron

quere dicir que están en contra da

nosa lingua, o galego.

Celia Díaz Naveiras. 5º A

Page 19: Retallos 2010

19

RETALLOS XOGOS POPULARES

Este curso, coma sempre, seguimos a celebrar algunhas festas do colexio coa organización de xogos populares. Estes son algunhas

novidades deste ano.

NOME DO XOGO

O rabo do raposo.

NÚMERO DE XOGADORES

Varios equipos de 2 xogadores.

REGRAS

Non vale empuxar ao compañeiro.

Non vale pisar a corda do

compañeiro adrede.

COMO SE XOGA

Tratase de 2 xogadores, un debe

poñerse una corda en forma de

rabo. Un compañeiro, o

perseguidor, ten que atrapar ao

perseguido. Cando o atrapa os

papeis se intercambian (o

perseguidor convertese en

perseguido e ao revés)

MATERIAL NECESARIO

Una corda dobrada en forma de

rabo.

Shaila Santos Diez. 6º B

Paula Souto Seoane. 6º B

Page 20: Retallos 2010

20

RETALLOS XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO

Baile das cadeiras

NÚMERO DE XOGADORES

Indefinido

REGRAS

Intentar sentar nas cadeiras que están

colocadas en corro. Que non se sente

quedase eliminado. COMO SE XOGA

Colócanse unhas cadeiras ou aros

(sempre ten que ser unha cadeira ou

aro menos ca xogadores). Todos os

xogadores teñen que estar dando

voltas arredor das cadeiras ou aros

mentres soe a música, e, cando cesa a

música, hai que sentar nunha das

cadeiras ou meterse dentro dun aro.

Como sempre hai una cadeira ou aro

de menos, en cada quenda haberá un

xogador menos xa que quedara

eliminado. Tamén haberá que sacar

unha cadeira ou aro en cada quenda.

MATERIAL NECESARIO

Varias cadeiras ou aros.

Andrea e Carmen

Page 21: Retallos 2010

21

RETALLOS XOGOS POPULARES

OME DO XOGO

Carreira de sacos

NÚMERO DE XOGADORES

Ilimitado.

REGRAS

Non se pode adiantar nin pegarlle aos

demais.

COMO SE XOGA

Os nenos métense dentro dun saco e

cando se mande, corren con eles ata

chegar á meta.

MATERIAL NECESARIO

Uns sacos.

Carlos. 6º B

Page 22: Retallos 2010

22

RETALLOS XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO

Carreiras de relevos .

NÚMERO DE XOGADORES

2 grupos de 10 persoas

REGRAS

Non se pode saír antes de tempo e hai

que darlle a man claramente á outra

persoa para que saia correndo .

COMO SE XOGA

Xógase correndo ata a túa parella e

dáslle a man para que saia correndo.

MATERIAL NECESARIO

Algo con que marcar as raias de saída

e meta.

Miguel Lorenzo Rodríguez e Jonatan. Ramallo Pérez. 6º B

Page 23: Retallos 2010

23

RETALLOS XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO

Saltar a corda

NÚMERO DE XOGADORES

Ilimitado.

REGRAS

Formase unha fila de nenos e por

quendas saltan a corda.

COMO SE XOGA

Dúas persoas moven a corda de

distintas formas e o resto dos

xogadores sáltana.

MATERIAL NECESARIO

Unha corda.

Page 24: Retallos 2010

24

RETALLOS XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO

“Zapatito quieto es” NÚMERO DE XOGADORES

Ilimitado.

REGRAS

Un dos xogadores ten que pandar e

mentres de costas ao resto dos

xogadores di: “Un dos tres zapatito

quieto es”, o resto dos xogadores

ten que camiñar e, cando o xogador

que panda dá a volta teñen que

quedarse quietos, se un se move

queda eliminado, o gañador é o

primeiro que chegue á parede.

COMO SE XOGA

Os xogadores se moven mentres o

que panda di “un, dos, tres zapatito

quieto es”, e se o que panda dá a

volta e ve moverse a alguén,

mándalle volver ao principio. O

gañador é o primeiro que chegue á

parede onde está o que panda.

MATERIAL NECESARIO

Nada.

Page 25: Retallos 2010

25

RETALLOS XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO

Carreiras e pases de pelota

NÚMERO DE XOGADORES

Ilimitado.

REGRAS

Non vale contar demasiadas voltas.

COMO SE XOGA

Divídense en 2 grupos, un fai un

círculo e o outro ponse nunha liña

un pouco máis atrás, estes teñen que

rodear o círculo e os do círculo

contar as voltas que dan pasando un

a un polo xogador que empezaron.

MATERIAL NECESARIO

Unha pelota.

Page 26: Retallos 2010

26

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

A lenda conta que San Andrés, que

vía como á tumba de Sant Iago ían

grandes peregrinacións mentres que

a el non viñan a visítalo, paseaba

melancólico as súas soidades.

Un dia encontrouse co noso Señor

Xesucristo que viña visítalo e este

preguntoulle :

‒“Como é que estas tan triste?”

San Andrés respondeulle:

‒”¡Ai meu Señor! A pesar de que eu

tamén fago milagres como Santiago

ninguén se acerca por estes paraxes e

está o meu santuario baleiro. Ti

mesmo o podes ver”.

O Señor mirouno sorrindo e díxolle:

‒”Non has de ser menos que

Santiago. Prométoche que todo o

mundo pasará a lo menos unha vez

na vida polo teu santuario.”

‒”Moitas grazas Señor, pero ¿Cómo

será posible ?”

‒“Porque todo aquel que en vida non

vén, terá que pasar por aquí despois

de morto”.

Por iso ninguén molesta aos

animaliños que camiñan polos

sendeiros do santuario, porque di a

lenda que eles levan as almas dos

que non peregrinaron en vida. 5º A

Page 27: Retallos 2010

27

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

Segundo a Lenda, a Nai de Deus

arribou á “Costa da Morte” (Muxía -

A Coruña) nos primeiros anos do

cristianismo, e os restos da súa

embarcación, atópanse esparexidos

por esta zona.

Cóntase que a famosa PEDRA DE

ABALAR era o temón da barca

sobre a que chegou a Virxe e que

esta pedra non se move a vontade,

senón que abala en determinados

momentos, sendo a crenza xeral de

que só se axita cando os que están

libres de pecado mortal soben nela,

oíndose o ruído provocado en, polo

menos, un quilómetro á redonda.

Aqueles que o queiran comprobar,

non teñen máis que acudir, pero non

se vos ocorra un día en que o mar

ruxa, podedes voar!. Diego Caneiro , 5º A

Page 28: Retallos 2010

28

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

Castelo de Andrade

Nuno Freire de Andrade tiña varios

fillos varóns por unha soa filla

chamada Tareixa. Don Nuno tiña un

doncel chamado Roxín Roxal, un

mozo alegre e riseiro.

Este empezou a cambiar, gustáballe

a soidade e retirarse ao alto da torre

do castelo dende onde podía

contemplar a parte máis fermosa da

Ría de Ares.

Un día, atopou alí á filla do conde,

unha moza moi fermosa, e dende

aquel día os dous amantes víanse a

miúdo naquel lugar. O pai de

Tareixa decatouse e obrigouna a

casar cun home rico ao que lle

gustaba a caza.

Nunha desas cacerías, Tareixa foi

invitada e con tan mala sorte que

foi devorada polas feras porque o

seu marido non a soubo defender e

preferiu tirarse ao río.

Aos poucos días, a fera apareceu

morta co coitelo de Roxín Roxal

cravado no corazón no mesmo lugar

onde morrera Tareixa.

Tania Abad , 5º A

Page 29: Retallos 2010

29

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

Conta a lenda que preto da miña

aldea hai unha pedra que ten unha

cova que posúe un encanto.

Esta rocha está situada a 3 Km. de

Vilalba (Lugo).

Seguindo a ribeira do río Ladra, en

dirección ao seu nacemento, atópase

na beira esquerda do mesmo unha

fraga moi costeira.

A súa lenda consiste en que nas

noites de lúa chea saía da cova unha

galiña cos seus pitiños.

Esta lenda foise transmitindo de

boca en boca, pero ninguén dos

meus antepasados do lugar tiveron a

oportunidade de podelo confirmar.

Este lugar agora está con bastante

maleza, pero cando os meus avós

eran mozos era moi visitado, non sei

se pola cova ou pola beleza da

proximidade do río.

Espero que esta historia non vos

prive de durmir pola noite.

Ester Castro 5ºA

Page 30: Retallos 2010

30

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

REFRÁNS

Con bo mar todo o mundo pode navegar.

Pablo e Oscar. 2º A

En maio aínda a vella queima o tallo

Luis e Malena. 2º A

Polo San Xoán xa a sardiña molla o pan.

Mario e Claudia. 2º A

Predícame cura, predícame frade, por un oído me entra, por outro me sale.

Andrea e Antón. 2º A

Page 31: Retallos 2010

31

RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES

Na casa do ferreiro coitelo de pau.

Diego e Sergio G. P. 2º A

Polo San Martiño peóns ao camiño.

Sergio Goyanes e Rubén. 2º A

Onde vai Vicente, a onde vai a xente.

Borja e Nicole. 2º A

Febreiro, sete capas e un sombreiro.

Iago e Sara. 2º A

Page 32: Retallos 2010

32

RETALLOS PÁXINAS DE HISTORIA

Atenas, Capital de Grecia

Atenas na antigüidade era unha

polis grega, unha cidade-estado.

Era o centro principal da vida

económica, cultural e política

grega.

A cidade de Atenas existe desde

hai máis de 3000 anos, o cal

convértea nunha das cidades

máis antigas do mundo.

Durante a época clásica de

Grecia, Atenas foi unha cidade-

estado fundamental para o

desenvolvemento da democracia.

Tamén foi un centro cultural para

artistas, escritores e filósofos da

antigüidade. Cando se destruíu a

Grecia clásica quedaron algúns

restos de construcións e grazas a

iso desenvolveuse Grecia, Roma e

a cultura occidental.

Atenas é unha cidade moi rica en

restos antigos, de moita

importancia, entre eles o

Partenón que é un dos principais

templos dóricos que se

conservan, que se fixo en honor á

deusa Atenea, está dentro da

Acrópole. A Acrópole é a parte

alta de Atenas. Ademais de

construcións da época clásica

grega, tamén se conservan

monumentos romanos,

bizantinos e varias construcións

modernas.

Educación Primaria. 5º A

Page 33: Retallos 2010

33

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

O paxariño, o paxariño,

o paxariño vai cara ao niño.

O paxariño pequeniño, pequeniño.

Colectivo. 1º A

A pombiña, a pombiña, a pombiña

que come miguiñas. a pombiña,

a miña amiguiña, a miña amiguiña.

Colectivo 1º A

O cabaliño, o cabaliño, o cabaliño

xoga co porquiño. O cabaliño,

meu amiguiño, meu amiguiño.

Sandra1ºA

Page 34: Retallos 2010

34

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

O golfiño o golfiño

o golfiño que vai xogar co cabaliño.

O golfiño está cansadiño, está cansadiño.

Lara 1º A

O cabaliño, o cabaliño, o cabaliño

fai pis no cubiño. O cabaliño

que trota polo camiño, que trota polo camiño.

Hugo Lombao1º A

A formiguiña, a formiguiña, a formiguiña

que está aburridiña. A formiguiña, que pesadiña, que pesadiña.

Diego Couto 1º A

Page 35: Retallos 2010

35

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

Nas primaveras hai moitas pereiras.

Manuel Trillo. 1º B

Hai un mono que ten un quimono

Raúl Rodríguez.1º B

Eu teño un amiguiño que é moi pequeniño.

Julia Vigo. 1º B

Silvia e Kika son amigas, Silvia e Kika van á Índia, Silvia e Kika van á finca.

Silvia Sánchez. 1º B

Ana ten unha rá e comprou unha campá.

Ana Saá. 1º B

Page 36: Retallos 2010

36

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

O meu estoxiño é moi pequeniño.

Érika Padín. 1º B

O meu irmán foi a España e baixou por unha montaña.

Érika Rebollo. 1º B

Unha rá, unha serpe e un caracol coñeceron unha bolboreta que ía cara ó sol.

Ana Piñeiro. 1º B

O raposo está nervioso

Laura Primoy. 1º B

Un can ten cara de pan

Lucía Poncelas. 1º B

Page 37: Retallos 2010

37

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

Había uns moi pobres. Un dia os

seus perdéronse no e viron ao lonxe

unha , pero déronse conta de que era unha

de chocolate e ao momento abríuselles a ,

saíndo dela unha cousa moi fea. Era unha que quixo comelos no momento, pero eles foron moi listos e

empuxárona a unha que tiña no fogón da cociña e alí se queimou mentres eles colleron todo o

que puideron para axudarlle aos seus . 2º B

Hansel e Gretel

Page 38: Retallos 2010

38

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

BRUXIÑA, PINTORA

Bruxiña vive en Narón. Ten o pelo marrón, os ollos castaños e o nariz pequeno.

Sempre vai vestida de negro.

A Bruxiña gústalle moito facer beberaxes. Os nenos son

moi amigos dela. Sempre lle pedían que lles preparara

algunha beberaxe para aprobar e ela facíallela ata que unha

vez deulle unha a un rapaz que se portaba mal e entón

suspendeu.

Daquela a mestra decatouse de que lles daba beberaxes.

Uxía, que así se chamaba a mestra, falou con Bruxiña e

díxolle:

‒Non podes darlles apócemas aos nenos.

‒Por que non?‒ Contestou Bruxiña.

‒Porque senón non estudan e fanse uns burros.‒ Dixo Uxía.

Bruxiña púxose triste e prometeu que nunca xamais faría apócemas para

ninguén.

Os nenos empezaron a suspender e deixaron de falarlle pero despois dun tempo

comprenderon que para aprobar non era necesario tomar beberaxes senón

simplemente estudar.

Todos foron á casa de Bruxiña a pedirlle

perdón e volveron a ser amigos. Como xa

non facía beberaxes aburríase moito e

púxose a pintar.

Os nenos visitábana e gozaban vendo

como pintaba. Facíao tan ben que o seu

profesor presentouna a un concurso de

debuxo.

O día do concurso estaba tan nerviosa que non atopaba os tres cadros que

necesitaba. Por fin atopou dous e o outro púxose

a pintalo. Marchou correndo e colocounos na

exposición.

Cando o xurado dixo:

‒Gañadora Bruxiña!

Non o podía crer!

Púxose moi contenta e cos cartos que gañou,

abriu unha escola de pintura para nenos.

Traballo colectivo . 3º A

Page 39: Retallos 2010

39

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

O OGRO TITÁN & AARÓN

Hai moitísimos anos nun pobo africano chamado Akan vivía felizmente unha

tribo que se dedicaba á agricultura, á

pesca e á caza, para sobrevivir.

O pobo estaba nunha zona moi fértil.

Mentres os homes ían traballar, as

mulleres facían os labores domésticos

e xogaban cos nenos.

Un día ocorreu algo moi desagradable:

apareceu un ogro xigante. O ogro era

peludo, moi feo e cheiraba moi mal. Os

habitantes do pobo saíron correndo a

agocharse mortos de medo.

O ogro, que se chamaba Titán, foise de

alí levando con el a un meniño

chamado Aarón e non volveu nunca

máis. Cando os habitantes regresaron

ao pobo e se decataron de que faltaba

Aarón, pensaron que endexamais o

volverían a ver e puxéronse moi tristes.

Namentres tanto, Titán fíxolle crer a

Aarón que era o seu pai. Pasaron dez

anos e Aarón tiña que cazar tódolos

días para que o ogro se alimentase, xa

que só comía carne e do gordo que

estaba non podía saír da cova onde se

metera. De tanto cazar case non

quedaban animais.

Un día Aarón saíu a cazar e quedou

abraiado, xa que na selva todo era silencio. De súpeto apareceu unha pomba que

lle contou que Titán estaba acabando cos animais e que verdadeiramente Titán

non era o seu pai. A pomba díxolle:

-Eu sei onde está o teu pobo e o teu pai . Sígueme e levareite onda el.

-Grazas, seguireite.

Percorreron unha grande distancia e cando xa case estaba sen folgos, chegaron a

Akan, onde deu explicacións do que lle ocorrera.

Os habitantes do pobo celebraron unha gran festa e a familia de Aarón

recuperou a felicidade perdida.

Sergio Nieto Arguiz .3º B

Page 40: Retallos 2010

40

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

O MUNDO AO REVÉS

Había unha vez unha bruxa á que lle caeu unha bola de cristal e saíronlle dela

todos os contos que tiña.

Imos contar un deles:

Érase unha vez unha cidade que era ao revés de todas. Os nenos levaban no colo

aos adultos, os cans paseaban ás persoas, os adultos ían ao colexio e os nenos

traballaban, etc.

As mulleres vestíanse de homes e os homes de mulleres; os ratos perseguían aos

gatos e os gatos aos cans.

Un día apareceu o presidente

de España, que era un zapato

con garabata, e dixo:

‒Isto é unha marabilla!

Un neno chamado Charlie, que

vivía no mundo ao dereito, un

día que estaba na súa

habitación descubriu nela unha porta máxica. Atravesouna e chegou ata o

mundo ao revés. Cando viu todo aquilo, preguntou:

‒Por que os homes visten de muller? Por que os ratos perseguen aos gatos e os

gatos aos cans? Isto é un desastre!!!

Os cidadáns dixéronlle:

‒A nós gústanos tal e como vivimos ...

Charlie quedou estrañado e foise ao seu país.

Cando chegou a el, contoulles aos seus pais o que lle pasara.

Os pais non o creron. Entón o neno levounos ata a súa habitación para

ensinarlles a porta máxica, pero non a atopaba.

Os pais dixeron que todo o que dicía era unha parvada.

Page 41: Retallos 2010

41

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

Entón, de súpeto, abriuse a porta e, Charlie e mais os seus pais pasaron por ela.

Ao cabo de oito minutos chegaron ao mundo ao revés.

Cando estiveron nel, viron que todo era un desastre, porque todo era ao revés.

Entón quixeron amañalo. Os pais foron falar co Presidente e cando estiveron con

el, dixéronlle:

‒Señor Presidente, queremos amañar o seu mundo!

‒Por que? Este mundo está moi ben así‒ dixo o Presidente.

‒Pero, que di? ‒dixo a nai de Charlie. ‒Este mundo está ao revés.

Despois de moitas disputas co Presidente, non conseguiron que o mundo

estivese ao dereito.

Entón volveron á súa casa. Pasado un tempo, botaban de menos o mundo ao

revés ... Venderon a súa casa e marcharon para vivir nel.

4º A

Page 42: Retallos 2010

42

RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS

A serpe de Cedeira

A serpe pode ser verde

pero non de sangue quente.

Pode ser velenosa

pero non luminosa.

É comedora e trepadora,

tamén é escamosa

e moi famosa.

A serpe de Cedeira non

che é moi silandeira.

Sara Rodríguez Vigo

Page 43: Retallos 2010

43

RETALLOS PASATEMPOS

Educación Infantil. 4 anos A

Page 44: Retallos 2010

44

RETALLOS PASATEMPOS

Educación Infantil. 4 anos B

Page 45: Retallos 2010

45

RETALLOS PASATEMPOS

Educación Infantil. 5 anos A

Page 46: Retallos 2010

46

RETALLOS PASATEMPOS

Educación Infantil. 5 anos B

Page 47: Retallos 2010

47

RETALLOS PASATEMPOS

Educación Infantil. 5 anos C

Page 48: Retallos 2010

48

RETALLOS PASATEMPOS

SOPA DE LETRAS

•Atopa os nomes destes animais:

galiña peixe

can serpe

gato elefante Irene. 5º B

•Atopa as diferenzas.

Paulo. 5º B

A E T N A F E L E

B S F K L P W Z A

P A G A T O E M O

E Q A E X O V I Q

I Z L N S L K N B

X H I M C E Ñ B S

E F Ñ N D T R X Z

G G A E A U W P P

Ñ H I D V C C O E

Page 49: Retallos 2010

49

RETALLOS PASATEMPOS

PIRÁMIDE DE NÚMEROS

A suma dos números colocados en dous cadros que están xuntos dá como

resultado o do cadro situado xustamente enriba deles.

Seguindo esta lóxica, completa a pirámide.

Solución:

Ainhoa. 5º B

TEST

Es divertid@?

1.-Nunha festa ...

a. fago chistes e bailo moito.

b. case nunca vou a festas.

2.-Sabedes contar chistes ben?

a. Si.

b. Non, nin falar!

3.-Ves o club do chiste?

a. Pois claro!

b. Non, non me gusta.

4.-Es a alma da túa pandilla?

a. Pois si, son o máis.

b. Non, e prefiro non selo.

5.-Na clase ...

a. son a graciosilla pero

estudo.

b. só estudo e nada máis.

Sabela. 5ºB

23

8

6 4

3

2

Maioría de a.

Es divertid@ e por iso lle gustas

aos teus amigos, segue así.

Maioría de b.

Nada de divertid@ pero non te

preocupes porque non pasa

nada, pero intenta ser algo

divertid@, só un pouquiño.

Page 50: Retallos 2010

50

RETALLOS PASATEMPOS

A CASA ENCANTADA

•Colorea.

Santy. 5º B

Page 51: Retallos 2010

51

RETALLOS SOCIEDADE

Coma todos os anos despedimos aos alumnos e alumnas de 6º.

Rapaces/as, moita sorte no instituto e na vida!

Por certo, tedes os seus nomes na portada e contraportada da revista.

Titora e alumn@s de 6º A

Titora e alumn@s de 6ºB

Page 52: Retallos 2010

52

RETALLOS SOCIEDADE

Tamén despedimos a dúas mestras, Bea e Manoli, que despois de moitos anos de

traballo acadaron a hora feliz da xubilación. O colexio da Solaina non será o

mesmo sen vós. Ata sempre!

Seguimos coas despedidas: Ata sempre Iván, Talía, Iago e máis Edu.

E a Angela, María José e Patricia, que, máis cohibidas, non se atreveron a saír

na foto.

Moita sorte a tod@s.

Page 53: Retallos 2010

53

RETALLOS SINATURAS

Nesta páxina podes gardar as sinaturas dos teus amigos e amigas.

Page 54: Retallos 2010

54

NICO

ANGEL

KEVIN PAULA

GUILLERMO

ESTEBAN

JOSÉ CARLOS

ARIADNA

ANDREA

OSCAR

DANIEL

PATRICIA SAMUEL

MIGUEL

CARMEN

ADRIÁN

PABLO

ANDREA ADRIÁN

JONATHAN

DIEGO

JOEL

PAULA SHAILA

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística Equipo de actividades extraescolares BORJA