Novas da xustiza 1028

10
novas da xustiza Número 1028 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014 Mesa sectorial ASÍ NOS IRÁ Priorizar a mediática nova oficina xudicial sobre os problemas laborais dos traballadores (arquivos, substitucións, gardas,...) determinou que as organizacións sindicais plantáramos á Dirección Xeral até unha negociación seria en beneficio dos nosos compañeiros. Non lles imos facer a campaña! Páxina 3 Gardas nos Xulgados de Instrución Denuncia ante a Inspección de Traballo A desidia da Dirección Xeral e a nova figura que ordena a nosa xornada por decisión unilateral e paralegal, o secretario coordinador, permiten xornadas maratonianas nas gardas de instrución, que poden chegar a superar as 60 horas semanais Páxina 5 Represión sindical Tres anos de prisión para dúas traballadoras por botar colorante nunha piscina No novo mundo que nos queren impor, a eliminación da protesta, a represión, a criminalización dos que reivindican os seus dereitos lexítimos é un requisito sine qua nom para conseguir os seus fins: a impunidade da explotación laboral, conduce a decisións cruentas como esta. Quérennos mudos e escravos! Páxina 7 Taboleiro de avisos Concurso de traslado Publicado no DOG e BOE do 19 de maio. O prazo de presentación de instancias remata o 20 de maio. Recomendamos o uso do AINOA para evitar erros MESA SECTORIAL 23/05/14 Ante a presión sindical a Dirección Xeral convoca mesa sectorial para este venres

Transcript of Novas da xustiza 1028

Page 1: Novas da xustiza 1028

novas da xustiza

Número 1028 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014

Mesa sectorial

ASÍ NOS IRÁ

Priorizar a mediática nova oficina xudicial

sobre os problemas laborais dos traballadores

(arquivos, substitucións, gardas,...)

determinou que as organizacións sindicais

plantáramos á Dirección Xeral até unha

negociación seria en beneficio dos nosos

compañeiros. Non lles imos facer a campaña!

Páxina 3

Gardas nos Xulgados de Instrución

Denuncia ante a Inspección de Traballo

A desidia da Dirección Xeral e a nova figura que ordena a nosa

xornada por decisión unilateral e paralegal, o secretario

coordinador, permiten xornadas maratonianas nas gardas de

instrución, que poden chegar a superar as 60 horas semanais

Páxina 5

Represión sindical

Tres anos de prisión para dúas

traballadoras por botar colorante

nunha piscina

No novo mundo que nos queren impor, a eliminación da

protesta, a represión, a criminalización dos que reivindican os

seus dereitos lexítimos é un requisito sine qua nom para

conseguir os seus fins: a impunidade da explotación laboral,

conduce a decisións cruentas como esta. Quérennos mudos e

escravos! Páxina 7

Taboleiro de avisos

Concurso de traslado

Publicado no DOG e BOE do

19 de maio. O prazo de

presentación de instancias

remata o 20 de maio.

Recomendamos o uso do

AINOA para evitar erros

MESA SECTORIAL

23/05/14

Ante a presión sindical a

Dirección Xeral convoca

mesa sectorial para este

venres

Page 2: Novas da xustiza 1028

2 Novas da Xustiza

Editorial

Van a por todas: o rostro

inhumano do capital

O memorandum que o estado español enviou

a Europa para o periodo 2014-2017 prevé un

recorte de 48.000 millóns en gasto público.

Cando remate a campaña electoral poñede os

chalecos antibalas

Páxina 9

Humor

Brotes verdes para daltónicos

Por Bernardo Vergara

Publicado na nosa páxina web

Outras novas

CCOO na negociación da LOPX

Concurso de traslado: publicación no BOE

Recuperación dos días por antigüidade

Page 3: Novas da xustiza 1028

3 Novas da Xustiza

Mesa sectorial

Así nos irá… O pasado martes 13 de maio, a Dirección Xeral de Xustiza convocou ás organizacións

sindicais a Mesa Sectorial, a fin de tratar a nova oficina fiscal e o decreto de nova oficina

xudicial.

Tras anos de recortes, de nulo respecto pola negociación colectiva e de decisións unilaterais

abusivas, CCOO, UGT e CiG, postura que tamén compartiu USO, decidimos non acudir a lavar

a cara a unha Dirección Xeral empeñada en vender grandes alardes moi afastados da

realidade: por moita nova oficina fiscal e xudicial, que publican nos medios antes incluso de

seren negociadas, os traballadores e traballadoras da Xustiza sabemos que o colapso, con

redución de medios persoais e materias e vulneración de dereitos constantes, non se

soluciona con catro titulares de prensa.

E por iso, por respecto aos compañeiros, polo que nos negamos a negociar só o que marca a

axenda política da Dirección Xeral, na que tamén incluíu no pasado:

- Eliminación da paga extra de decembro de 2012

- Eliminación do 4% da masa salarial (mínimo 400 euros nas extras) sine die

- Conxelación salarial dende 2010

- Decreto de IT’s: poderemos pagar máis de 400 euros por cometer o delito de enfermar

- Atribución de novas funcións

- Amortización do 5% do cadro de persoal no 2012

- Un futuro incerto para máis do 30% do cadro de persoal coas reformas do Rexistro Civil

ou a Lei Orgánica do Poder Xudicial

- Perda de días de vacacións e asuntos propio... e un largo etcétera

Page 4: Novas da xustiza 1028

4 Novas da Xustiza

Todas estas decisións foron impostas, e quizais sexa a hora de dicir até aquí chegamos. Non

é unha cuestión de parar o golpe do rodillo, o que non podemos é ser cómplices dese mesmo

rodillo, entrando ao xogo dos recortes como espectadores, sen ningún tipo de oposición máis

que a participación no paripé no que converteron as mesas sectoriais.

Polo tanto as organizacións sindicais contestamos á convocatoria, non negándonos, senón

demandando que se incluíran os seguintes temas:

- Arquivos e expurgo: polo incumprimento do compromiso de nomear dous funcionarios

itinerantes por provincia, cando hai xulgados sobresaturados, como os sociais, aos que xa se

lles está a impor esta función.

- Substitucións: pasaron xa seis meses dende que a Dirección Xeral se comprometeu a

procurar unha solución, para que a igual traballo igual salario

- Aplicación dos cómputos horarios nos SACES por dilixencias urxentes

- Gardas nos xulgados de instrución: un novo golpe de mano que, ao igual que pasa co

expurgo, deixa aos secretarios coordinadores a ordenación paralegal das nosas funcións

Esta decisión de non acudir senón se falaba primeiro dos compromisos incumpridos, foi

comunicada ao sindicato CSIF, quen, nunha postura oportunista e demagóxica, acudiu en

solitario a facerlle o xogo a administración, rachando unha unidade necesaria para sumar

forzas contra o expolio.

A Dirección Xeral volveu demostrar que o colectivo de funcionarios non está na súa

prioridade, e si o está ese deseño moderno de oficina que, subrepticiamente, agocha

reordenacións, mobilidade salvaxe e amortizacións. E si, así nos vai.

A presión sindical obriga á Adminsitración a unha nova convocatoria para este venres. A pesares de que un sindicato si acudiu a mesa anterior, esta foi suspendida e non se deu nada por negociado. CCOO seguirá a defender os intereses dos traballadores e traballadoras que representa.

Page 5: Novas da xustiza 1028

5 Novas da Xustiza

Gardas Instrución

CCOO, UGT E CIG DENUNCIAN

O ABUSO LABORAL ANTE A

INSPECCIÓN

As Organizacións Sindicais consideran responsable á

Dirección Xeral por omisión do seu deber e á secretaria

coordinadora por alterar a xornada laboral superando as 48

horas semanais que establece a lexislación europea

CCOO, UGT e CIG veñen de denunciar ante a Inspección de

Traballo a intolerable intromisión na nosa xornada e horarios por

parte dalgún Secretario Xudicial nos Xulgados de Instrución da

Coruña.

Até o de agora establecíanse quendas rotatorias entre os sete

funcionarios da garda nas tardes e fins de semana, sistema que

funcionaba e prestaba un servizo eficaz.

O recurso dunha funcionaria, desestimado pola Secretaria

Coordinadora no súa resolución, foi utilizado por un Secretario dun

xulgado concreto, baseándose perniciosamente nos razoamentos

xurídicos, que non poden servir de base para ditar un acordo,

senón tan só o fallo, para obrigar aos sete funcionarios da garda a

completar o horario completo, isto é 52 horas mínimo.

Este horario contravén de plano a directiva europea 2003/88/CE,

de directa aplicación no noso país e que establece un tope máximo

de 48 horas semanais na xornada de traballo. Denunciada a

situación ante a Dirección Xeral, non deu resposta, unha vez máis,

eludindo as competencias que lle corresponden, polo que tamén se

inclúe como denunciada no escrito.

Ao igual que sucede cos Arquivos e Expurgo, vemos como a

complicidade da Dirección Xeral permite que os secretarios

Enlace á denuncia ante a

Inspección de traballo,

preme aquí

Page 6: Novas da xustiza 1028

6 Novas da Xustiza

coordinadores asuman de facto a ordenación das nosas funcións

non xurisdicionais e as competencias sobre xornada e horarios.

Ademais da denuncia ante a inspección de traballo, denunciamos

nos medios de comunicación unha xornada que non se da en

ningún ámbito laboral, nin médicos nin bombeiros nin ningún outro

colectivo, e que repercute directamente non só na saúde laboral

dos compañeiros, senón tamén no servizo de calidade que

aspiramos a prestar.

Non podemos tolerar que por unha decisión arbitraria, as

condicións abusivas se tornen nun modelo de explotación laboral,

e se convertan nun pulso entre os nosos superiores xerárquicos e

os funcionarios, pola inacción da Dirección Xeral de Xustiza, polo

que tanto en mesa sectorial, como nos medios de comunicación e

exercendo accións legais que nos corresponden, loitaremos por

mudar a situación e volvela ao punto de orixe, para a prestación

dun servizo que funcionaba á perfección e que é un golpe de man

irracional máis de quen non sabe exercer a súa autoridade.

A Opinión da Coruña:

Los sindicatos denuncian el horario ´ilegal´ del

servicio de juzgado de guardia

Redacción | A Coruña

Los sindicatos UGT, CC OO y CIG denunciaron ayer la situación de

las guardias en los juzgados de A Coruña y calificaron de "ilegal" y

"anómalo" el horario impuesto a los trabajadores, quienes realizan

jornadas semanales "de 52 horas, en el mejor de los casos".

Los representantes de Justicia de las centrales sindicales

aseguraron ayer en una rueda de prensa que debido "a un

conflicto en un juzgado en concreto", la secretaria coordinadora

provincial, a través de una instrucción, determinó que

permanezcan en la guardia de lunes a sábado siete trabajadores

durante ocho horas; y el domingo, de 09.00 a 14.00 horas.

Page 7: Novas da xustiza 1028

7 Novas da Xustiza

Represión sindical

Tamara e Ana: tres anos de

cárcere por botar colorante

nunha piscina

Campaña de acoso e derribo contra o dereito lexítimo a

protesta cidadá contra os recortes

Tamara e Ana participaban nun piquete informativo nunha folga de

instalacións deportivas no ano 2010. Alguén botou colorante nunha piscina,

ocasionando danos por valor de 600 euros. Nun primeiro momento as dúas

mozas, que dende CCOO acreditamos que non foron identificadas como

autoras materiais, si como integrantes do piquete, foron condenadas a seis

meses de prisión. A fiscalía recurreu, por un defecto na valoración da pena e

a Audiencia Provincial deulle a razón: ambas veron como a súa pena se

convertía en tres anos de prisión!

Para estas dúas persoas, unha delas embarazadas, só queda o indulto. É

incrible que dende o poder se estea a impulsar unha campaña de represión

contra a protesta lexítima. Tamara e Ana, non son afiliadas a ningún

Page 8: Novas da xustiza 1028

8 Novas da Xustiza

sindicato, nin forman parte de ningún comando antisistema. Tan só loitaban

en conciencia por unhas condicións laborais dignas. Pero este sistema

corrupto de podremia consinte que a defensa dos dereitos se criminalice, e

así, estanse a espallar por todo o país condenas impulsadas pola fiscalía

contra traballadores e traballadoras na súa loita contra un modelo laboral de

explotación: despedimentos, salarios baixos, emprego precario e

desemprego estrutural.

O medo que pretenden instaurar na conciencia colectiva da clase

traballadora ten un fin: consolidar un novo modelo, onde os funcionarios

públicos tamén estamos directamente afectados: a nova oficina xudicial e a

reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, xunto coas privatizacións só

teñen un camiño: adelgazar os chibos expiatorios da crise, facer unha purga

de empregados públicos. Non nos deixemos amedrentar!

Manifesto: Defender os dereitos da clase traballadora non é

delito!

Asina para que lle concedan o indulto a Ana e Tamara!

Page 9: Novas da xustiza 1028

9 Novas da Xustiza

Editorial

Van a por todas: o rostro inhumano

do capital

A campaña electoral sitúanos nun mundo idílico, a fin da recesión económica,

o aumento das exportacións, o incremento do PIB, a macroeconomía, a senda

da recuperación póñense en boca do goberno e os candidatos, rodeados de

palmeiros, flashes, e amplas reportaxes nos telexornais.

Milongas. A pé de rúa está a realidade, non en gráficos e debuxiños de curvas

ascendentes. Nunha charla sobre servizos públicos, Maite Bustamante,

avogada especializada en Servizos Sociais, contaba que por primeira vez en

Cáritas non había prendas no roupeiro. Lupe Ces, profesora de primaria, dicía

que os pais xa non podían comprar gafas para os seus nenos. Milleiros de

persoas en Galicia non perciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo

país da Unión Europea, por detrás de Romanía, co índice máis alto en pobreza

infantil. Cóntanse por miles os mozos e mozas que emigran ao norte para

malvivir con minijobs en Holanda, Alemania ou o Reino Unido. Recuperación?

Si, dos ricos, das 300 persoas que acumulan máis riqueza que 3000 millóns de

pobres. Ese é o rostro inhumano do capital, o absurdo dese colectivo

acomodado que controla os medios de comunicación, o poder, as nosas vidas.

As organizacións sindicais non somos partidos políticos. Representamos os

intereses da clase traballadora, o que nos cualifica para pedir que non se

voten aos partidos que impulsan os recortes.

No Programa de estabilidade 2014-2017 enviado á Unión Europea polo

goberno español, prevese un recorte de 48.000 millóns en gasto público.

Cando pasa unha campaña electoral de promesas e programas que saben que

non van cumprir, chega “o tío do mazo”. Ese recorte sempre se deriva ao

capítulo I, o gasto en persoal. O deseño da nova oficina xudicial, que colle

pulo tras dez anos paralizado, non ten outro fin que dar cumprimento a ese

programa: amortizacións, mobilidade salvaxe, centro de destino provincial,

novas funcións,... iso é o que temos que agardar, non axilidade, eficiencia,

Page 10: Novas da xustiza 1028

10 Novas da Xustiza

expediente electrónico, dotación de medios persoais e materiais.

Aínda non vos destes conta, con este goberno sobramos a metade! E como

consecuencia, unha xustiza ao servizo da banca, das grandes corporacións,

dos corruptos e ladróns que en moitos casos nos gobernan, a xustiza de dobre

vía xa chegou!. Desapegar a resignación, organizarse, reivindicar a dignidade

é a nosa tarefa. Necesitamos asembleas e asembleas onde fixar unha folla de

ruta. Nós xa empezamos, a primeira no Proa na Coruña, e temos un

calendario establecido, onde informar e concienciar. Cando cheguen os golpes,

a conformación dunha conciencia colectiva debe axudar a crear frontes de

loita. Participade nas asembleas, eles están organizados e van gañando. Como

dixo o multimillonario Warren Buffet: “claro que hai loita de clases, pero polo

momento imos gañando nós”

Novas da Xustiza

Edita

CCOO de Xustiza

Subscricións-Colaboracións

Se queres publicar un artigo ou un

comentario no boletín, se queres

realizar unha consulta ou unha

suxestión ou se queres recibir o

boletín remítenos un correo

electrónico a

[email protected]

Síguenos en

www.ccooxustiza.com

twitter

facebook

google +